scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Aplicacións da ecografía no período xestacional da vaca

Botana Puñal, Candela

Abstract

A ecografía é unha técnica diagnóstica baseada na creación de imaxes mediante a propagación de ultrasóns a través dos tecidos, que se introduciu na medicina veterinaria como método de diagnóstico na década dos 80. Dentro da mesma, un dos campos onde a ultrasonografía ten unha maior presenza é a reprodución animal, ámbito no que actualmente se consolidou como a modalidade de diagnóstico por imaxe por excelencia en animais de renta e de compañía. No caso do gando vacún, a ecografía representa unha ferramenta moi útil para a mellora da eficiencia e a xestión reprodutiva das explotacións, sobre todo en rabaños leiteiros. Esta técnica de imaxe permitiu o estudo e comprensión do ciclo estral grazas á posibilidade de visualizar os ovarios e as súas respectivas estruturas, así como facilitou o seguimento e avaliación do proceso de xestación. Respecto a esta, a ultrasonografía conseguiu ser un procedemento minimamente invasivo co que poder realizar diagnósticos fiables e precoces de preñez, ademais de detectar posibles perdas ou anomalías na mesma. Dita técnica permitiu tamén o estudo e a determinación da idade e o sexo fetal, unha práctica que hoxe en día moitos gandeiros demandan polos beneficios comerciais que supón o coñecemento do futuro sexo da cría. Así mesmo, a ecografía reprodutiva posibilitou a identificación de xestacións múltiples, importantes por supor unha situación desfavorable para as explotacións gandeiras.

Full text

Candela Botana Puñal Facultade de Veterinaria Grao en Veterinaria Ano 2022 Modalidade do Traballo: Revisión Bibliográfica Aplicacións da ecografía no período xestacional da vaca Traballo de Fin de Grao 2 Licenza Agás onde se faga constar explicitamente, esta obra pertence a Candela Botana Puñal e está baixo unha licenza de “Creative Commons Reconocimiento 4.0 Internacional”. 3 Resumo Aplicacións da ecografía no período xestacional da vaca A ecografía é unha técnica diagnóstica baseada na creación de imaxes mediante a propagación de ultrasóns a través dos tecidos, que se introduciu na medicina veterinaria como método de diagnóstico na década dos 80. Dentro da mesma, un dos campos onde a ultrasonografía ten unha maior presenza é a reprodución animal, ámbito no que actualmente se consolidou como a modalidade de diagnóstico por imaxe por excelencia en animais de renta e de compañía. No caso do gando vacún, a ecografía representa unha ferramenta moi útil para a mellora da eficiencia e a xestión reprodutiva das explotacións, sobre todo en rabaños leiteiros. Esta técnica de imaxe permitiu o estudo e comprensión do ciclo estral grazas á posibilidade de visualizar os ovarios e as súas respectivas estruturas, así como facilitou o seguimento e avaliación do proceso de xestación. Respecto a esta, a ultrasonografía conseguiu ser un procedemento minimamente invasivo co que poder realizar diagnósticos fiables e precoces de preñez, ademais de detectar posibles perdas ou anomalías na mesma. Dita técnica permitiu tamén o estudo e a determinación da idade e o sexo fetal, unha práctica que hoxe en día moitos gandeiros demandan polos beneficios comerciais que supón o coñecemento do futuro sexo da cría. Así mesmo, a ecografía reprodutiva posibilitou a identificación de xestacións múltiples, importantes por supor unha situación desfavorable para as explotacións gandeiras. Palabras chave: ultrasonografía, xenital, reprodución, xestación, bovino. 4 Resumen Aplicaciones de la ecografía en el periodo gestacional de la vaca La ecografía es una técnica diagnóstica basada en la creación de imágenes mediante la propagación de ultrasonidos a través de los tejidos, que se introdujo en medicina veterinaria como método de diagnóstico en la década de los 80. Dentro de la misma, uno de los campos donde la ultrasonografía tiene una mayor presencia es la reproducción animal, ámbito en el que actualmente se consolidó como la modalidad por excelencia de diagnóstico por imagen en animales de renta y de compañía. En el caso del ganado vacuno, la ecografía representa una herramienta muy útil para la mejora de la eficiencia y la gestión reproductiva de las explotaciones, sobre todo en rebaños lecheros. Esta técnica de imagen permitió el estudio y la comprensión del ciclo estral gracias a la posibilidad de visualizar los ovarios y sus respectivas estructuras, así como facilitó el seguimiento y evaluación del proceso de gestación. Respecto a esta, la ultrasonografía consiguió ser un procedimiento mínimamente invasivo con el que poder realizar diagnósticos fiables y precoces de preñez, además de detectar posibles pérdidas o anomalías en la misma. Dicha técnica permitió también el estudio y la determinación de la edad y el sexo fetal, una práctica que hoy en día muchos ganaderos demandan por los beneficios comerciales que supone el conocimiento del futuro sexo de la cría. Así mismo, la ecografía reproductiva posibilitó la identificación de gestaciones múltiples, importantes por suponer una situación desfavorable para las explotaciones ganaderas. Palabras clave: ultrasonografía, genital, reproducción, gestación, bovino. 5 Abstract Ultrasonography applications in the gestational period of the cow Ultrasonography is a diagnostic technique based on the creation of images by means of the propagation of ultrasound through tissues, which was introduced in veterinary medicine as a diagnostic method in the 1980s. Within this field, one of the areas where ultrasonography has a greater presence is animal reproduction, an area in which it is currently consolidated as the diagnostic imaging modality par excellence in livestock and small animals. In the case of cattle, ultrasonography represents a very useful tool for improving the efficiency and reproductive management of farms, especially in dairy herds. This imaging technique allowed the study and understanding of the oestrous cycle due to the possibility of visualising the ovaries and their respective structures, as well as facilitating the monitoring and evaluation of the pregnancy process. Ultrasonography became a minimally invasive procedure to carry out reliable and early pregnancy diagnoses, as well as to detect possible pregnancy losses or anomalies. This technique also allowed the study and determination of foetal age and sex, a practice that many livestock farmers nowadays demand due to the commercial benefits of knowing the future sex of the offspring. Reproductive ultrasound also made it possible to identify multiple pregnancies, which are important for being an unfavourable situation for cattle farms. Key words: ultrasonography, genital, reproduction, pregnancy, cattle. 6 Índice 1. Introdución e obxectivos ............................................................................................... 9 1.1 Introdución ...................................................................................................................... 9 1.2 Obxectivos .................................................................................................................... 10 2. Material e métodos ..................................................................................................... 11 3. Exposición do tema ..................................................................................................... 12 3.1 Técnica ecográfica ........................................................................................................ 12 3.1.1 Principios físicos básicos da ultrasonografía ..................................................... 12 3.1.2 Transdutores e creación da imaxe ecográfica .................................................... 13 3.1.3 Modalidades ecográficas .................................................................................... 15 3.1.4 Artefactos ............................................................................................................ 17 3.2 Aplicacións da ecografía no período xestacional da vaca ............................................ 18 3.2.1 Diagnóstico de xestación .................................................................................... 19 3.2.2 Determinación da idade embrionaria e fetal ...................................................... 21 3.2.3 Determinación do sexo fetal ................................................................................ 22 3.2.4 Xestacións múltiples ............................................................................................ 26 3.2.5 Alteracións da xestación: viabilidade e anomalías embrionarias e fetais .......... 27 3.2.5.1 Viabilidade embrionaria e fetal ................................................................ 27 3.2.5.2 Anomalías embrionarias e fetais ............................................................... 31 4. Conclusións ................................................................................................................. 34 5. Bibliografía ................................................................................................................. 35 7 Índice de figuras Figura 1: diagnóstico de xestación duns 32-35 días. Cunha frecha amarela sinálase a vesícula embrionaria co embrión no seu interior. Imaxe cedida por Uxía Yáñez Ramil ……………….. 20 Figura 2: determinación do sexo fetal mediante a identificación do tubérculo xenital. Cunha frecha amarela sinálase o tubérculo xenital e cunha vermella o embigo. Nas fotografías superiores pode apreciarse un feto macho debido á posición do tubérculo caudal ao embigo; nas imaxes inferiores amósase unha femia, pola situación do tubérculo xusto por debaixo da cola. Imaxe cedida por Uxía Yáñez Ramil ………………………………………………………………….. 23 Figura 3: determinación tardía do sexo fetal. Na imaxe amósase unha femia; a frecha amarela sinala as mamilas como puntos hiperecoxénicos. Imaxe cedida por Uxía Yáñez Ramil ………. 25 Figura 4: ecografía Doppler dun ovario. Na imaxe amósase o fluxo sanguíneo dun CL. A cor azul representa o fluxo que se afasta do transdutor; pola contra, a cor vermella representa o fluxo que se achega ao transdutor. Imaxe cedida por Uxía Yáñez Ramil …………………………………………………………………………………………………. 30 8 Abreviaturas PRF: frecuencia de repetición de pulsos. CL: corpo lúteo. CRL: “Crown-rump lenght” (Lonxitude céfalo-caudal). TX: tubérculo xenital. IA: inseminación artificial. 9 1. Introdución e obxectivos 1.1 Introdución A ultrasonografía, máis comunmente coñecida como ecografía, trátase dunha técnica diagnóstica baseada na creación de imaxes mediante a propagación de ultrasóns (ondas sonoras que posúen frecuencias máis elevadas do que pode percibir o oído humano) a través dos tecidos (Blond e Buczinski, 2009). O uso desta técnica como ferramenta na reprodución animal estendeuse dende a súa utilización para a realización de diagnósticos precoces e fiables da xestación ata o seu uso para abordar a parte clínica desta materia (Talukdar et al., 2019). A ultrasonografía foi introducida como unha axuda no diagnóstico médico nos anos 40 coa súa primeira aplicación en veterinaria (a preñez ovina), que se comunicou no ano 1966 (King, 2006). Foi na década dos 60 cando esta novidosa técnica de imaxe baseada no uso de ultrasóns comezou a ser considerada na clínica de pequenos animais (Meomartino et al., 2021). Non obstante, non foi ata os anos 80 cando de verdade se introduciu na veterinaria e se incorporou como método de diagnóstico nesta profesión (Johnson, 2013). O comezo do uso da ultrasonografía na medicina veterinaria tivo un grande impacto no ámbito do diagnóstico e o tratamento dos pacientes. Catro exemplos destacables sobre a introdución do uso desta técnica na medicina veterinaria foron a ecocardiografía, a exploración dos tendóns en cabalos, os diagnósticos de xestación en grandes animais e a ecografía abdominal en pequenos animais (Johnson, 2013). Inicialmente, a ultrasonografía comezou a ser utilizada na década dos 80 para examinar clinicamente o tracto reprodutivo de eguas. Na especie bovina, os primeiros informes sobre o uso da ecografía transrectal para o exame do tracto reprodutivo de xovencas e vacas apareceron en Francia nun informe sobre o diagnóstico de xestación, e datan do ano 1982 (Ginther, 2014). Máis adiante, no 1984, apareceron informes sobre a ecotextura dos órganos reprodutivos e o embrión en “Theriogenology” (Ginther, 2014). O uso rutineiro desta técnica nos animais de granxa permitiu que a avaliación dos ciclos reprodutivos sexa precisa e fiable, coa conseguinte mellora na produtividade (Johnson, 2013). Tras o comezo do uso desta técnica, coas melloras na calidade da imaxe e unha maior conciencia sobre o beneficio da utilización da ecografía como procedemento diagnóstico, logrouse instaurar o seu uso xeral no ámbito veterinario (King, 2006). Durante os últimos 10 anos, producíronse importantes melloras tecnolóxicas nos equipos de ultrasóns. Hoxe en día, os equipos son máis pequenos, máis baratos e moito máis eficientes. 16 entre a frecuencia xerada e a recibida, o que se coñece como desprazamento Doppler, é proporcional a velocidade do movemento. Este principio tamén se produce con ondas de ultrasón, de maneira que a diferenza nas frecuencias que se provoca por mor do movemento das células sanguíneas permite detectar e medir o fluxo sanguíneo (Viana et al., 2013). Polo tanto, a ecografía Doppler constitúe un procedemento diagnóstico baseado na utilización dun escáner de ultrasóns para converter ondas sonoras en imaxes do fluxo sanguíneo en órganos e tecidos (Matsui e Miyamoto, 2009). Existen dous tipos de sistemas Doppler: Doppler continuo e Doppler pulsado. No primeiro, o transdutor emite e recibe o sinal a un tempo, polo que se obteñen os fluxos e os movementos ao longo do feixe de ultrasóns. Pola contra, no caso do Doppler pulsado, o transdutor emite o sinal e este debe retornar ao mesmo antes de enviarse outro pulso. Este tipo de sistema Doppler permite precisar a posición do vaso no espazo (Yáñez et al., 2022). Dentro do Doppler pulsado distínguense 3 modalidades: Doppler Espectral, Doppler Cor e Doppler Potencia. A primeira modalidade dispoñible foi o Doppler Espectral, baseado na representación dun gráfico onde o eixe “Y” fai referencia ás velocidades do fluxo sanguíneo e o eixe “X” ao tempo. Máis tarde, instaurouse o Doppler Cor, unha variedade que combina o efecto Doppler coa ultrasonografía en tempo real, de xeito que a información da técnica Doppler intégrase na ecografía modo B coma un sinal de cor. Xeralmente utilízanse dúas cores, vermello e azul, que reproducen a dirección do fluxo sanguíneo. A cor vermella simboliza o fluxo cara ao transdutor, mentres que a cor azul indica o fluxo que se afasta do mesmo (Naredo e Monteagudo, 2014). Por conseguinte, considérase que o desprazamento Doppler é positivo cando a frecuencia das ondas reflexadas é maior á das ondas emitidas e polo tanto os glóbulos vermellos móvense cara ao transdutor, e considérase que é un desprazamento negativo cando a frecuencia das ondas emitidas é maior ca das reflexadas e en consecuencia os glóbulos vermellos afástanse do mesmo (Bollwein et al., 2016). A modalidade máis recente foi introducida na década dos 90 e recibe o nome de Doppler Potencia. Este modo de ecografía Doppler representa a intensidade do sinal, é dicir, a cantidade de eritrocitos que están a fluír, xa que amosa a potencia ou intensidade do desprazamento Doppler en cada célula. Desta forma, esta variedade posúe unha maior sensibilidade á hora de detectar fluxos sanguíneos de baixa velocidade en vasos de pequeno calibre. Aínda así, a sensibilidade do Doppler Cor para detectar fluxos a nivel microvascular mellorou en gran medida nos últimos tempos (Naredo e Monteagudo, 2014). No ámbito da reprodución animal, o uso da ecografía Doppler vía transrectal para estudos de investigación presentouse por vez primeira en Alemaña nunha serie de publicacións en 17 “Theriogenology”, comezando no ano 1998 en eguas e no ano 2000 en vacas (Ginther, 2014). Na actualidade e durante os últimos anos, a ultrasonografía Doppler Cor estase a utilizar cada vez máis para o estudo do fluxo sanguíneo na reprodución bovina. Isto posibilitou a obtención de nova información sobre os procesos fisiolóxicos e patolóxicos do tracto xenital das femias bovinas (Bollwein et al., 2016). 3.1.4 Artefactos Un artefacto é un termo que fai referencia a calquera parte dunha imaxe que non represente con exactitude a anatomía ou a fisioloxía do que se está a observar (Prabhu et al., 2014). Os artefactos son polo tanto erros nas imaxes e resultan do non cumprimento dos supostos básicos dun sistema de imaxes de ultrasóns (Shriki, 2014). Os artefactos ultrasonográficos poden dividirse ou clasificarse naqueles que se poden apreciar na ecografía en modo B ou naqueles que poden verse na ecografía Doppler. Así mesmo, dentro destes dous grupos poden clasificarse á súa vez en artefactos relacionados coa estrutura e en artefactos relacionados co procesamento da imaxe e as propiedades do feixe de ultrasóns (Prabhu et al., 2014). No caso da medicina bovina, os principais artefactos que se poden producir nas imaxes ecográficas en modo B son a reverberación, o artefacto do lóbulo lateral, o artefacto de grosor de corte, a sombra acústica, a sombra lateral e o reforzo posterior (Blond e Buczinski, 2009). En primeiro lugar podemos falar do artefacto de reverberación. Este prodúcese polas diferenzas de impedancia acústica de dous tecidos adxacentes na súa interfase e obsérvase como liñas paralelas e brillantes dispostas a intervalos uniformes na interfase entre dous tecidos. As grandes diferenzas de impedancia provocan que a parte reflexada do feixe de ultrasóns se maximice, de xeito que os ultrasóns reflexados chegan ao transdutor e volven cara ao suxeito. Este proceso pode repetirse varias veces creando múltiples ecos e xerando polo tanto este artefacto (Prabhu et al., 2014). Un dos supostos básicos dun sistema de imaxe de ultrasóns é o feito de que os ecos se xeran unicamente a partir de reflectores situados dentro do feixe principal de ultrasóns. A enerxía producida polos ultrasóns concéntrase de maneira maioritaria no centro, pero parte da enerxía emitida diríxese cara aos lados formando lóbulos laterais de enerxía. Normalmente estas pequenas cantidades de enerxía dispérsanse sen emitir ningún eco importante, pero se nos lóbulos laterais existe un reflector forte, as reflexións que se xeran interprétanse como orixinadas polo feixe principal de ultrasóns. Por conseguinte, as imaxes superpóñense producindo un artefacto lineal 18 con forma de arco xunto á imaxe real. Isto é o que se coñece como artefacto de lóbulo lateral (Quien e Saric, 2018). Outro dos artefactos máis habituais é o artefacto de grosor de corte ou de anchura do feixe. A imaxe de ultrasóns fórmase polos ecos que xeran as estruturas contidas dentro do grosor do feixe. O feixe de ultrasóns no seu grosor pode incluír estruturas de diferente ecoxenicidade, polo que se ao explorar unha estrutura anecoica o grosor do feixe inclúe tamén unha estrutura máis ecoxénica e parte deste incide nela, produciranse ecos que se van situar a nivel da área anecoica. Por esta razón orixínase este tipo de artefacto, que pode chegar a confundirse con sedimentos ao dar unha imaxe similar (Blond e Buczinski, 2009). Por outra banda, é frecuente que nas imaxes ecográficas se poidan producir sombras acústicas. Esta clase de artefacto orixínase cando o feixe choca cunha interfaz moi reflectante e a través do reflector pasa pouco ou ningún son. O feixe de ultrasóns refléxase por completo e detrás só se observa ausencia de sinal ou sombra (Vargas et al., 2008). A sombra lateral prodúcese pola refracción dos ultrasóns na interfaz de estruturas redondeadas ao incidir o feixe de forma oblicua. Deste modo as ondas dispérsanse e non retornan á sonda, xerando unha imaxe negra pola falta de sinal. Por último, o reforzo posterior prodúcese polo aumento da amplitude dos ecos distalmente a unha estrutura con menor atenuación, de maneira que os ecos amosan unha sinal aumentada e polo tanto obsérvanse dunha cor máis brillante (Blond e Buczinski, 2009; Prabhu et al., 2014). Na ecografía Doppler, un dos principais artefactos que podemos encontrar é o artefacto coñecido como “aliasing”. O desprazamento Doppler fai referencia á diferenza nas frecuencias provocada a causa do movemento das células sanguíneas, que permite detectar e medir o fluxo sanguíneo (Viana et al., 2013). A frecuencia máxima do desprazamento Doppler debe ser igual á metade do PRF do transdutor. Se a frecuencia do desprazamento supera a metade do PRF é cando se produce este tipo de artefacto. A imaxe que se produce resulta dun efecto envolvente no que os compoñentes de alta frecuencia se sitúan no extremo negativo da escala. No Doppler espectral, as velocidades do fluxo máis elevadas localízanse na parte negativa do gráfico, e no Doppler cor, a imaxe semella unha ilusión de inversión do fluxo dentro do volume da mostra (Quien e Saric, 2018). 3.2 Aplicacións da ecografía no período xestacional da vaca A ultrasonografía é un dos métodos diagnósticos máis rápidos, seguros e rendibles no ámbito da medicina reprodutiva bovina. A utilización desta técnica no estudo da reprodución animal representou un gran avance tecnolóxico que revolucionou a bioloxía reprodutiva (Medan e Abd El-Aty, 2010). 19 Dentro do campo da reprodución animal, a ecografía consolidouse como a principal modalidade de diagnóstico por imaxe do século XXI, tanto en animais de granxa como en animais de compañía (Mali et al., 2022). No caso do gando vacún, o uso da ultrasonografía revolucionou o estudo do tracto reprodutivo, ao permitir unha maior comprensión do ciclo estral, da xestación e das posibles patoloxías que poden suceder a este nivel. Debido ao tamaño destes animais, foi sinxelo utilizar esta técnica vía transrectal para observar os ovarios e as súas respectivas estruturas, un feito que permitiu a observación a tempo real das dinámicas de desenvolvemento folicular e o descubrimento das respectivas ondas de crecemento, algo que non fora posible en humanos. Isto contribuíu á comprensión da fisioloxía ovárica e ao desenvolvemento de numerosos protocolos para a sincronización do estro e a ovulación (Jones e Beal, 2003; Miyamoto et al., 2006). En relación ao período xestacional, a utilización desta técnica proporcionou unha ventá para poder examinar o ambiente do embrión ou feto, permitindo deste modo realizar diagnósticos precoces de preñez, vixiar o desenvolvemento embrionario ou fetal e a súa viabilidade. Así mesmo, tamén permitiu detectar xestacións múltiples e incluso predicir con precisión o sexo do feto. Por todo isto, a ecografía transrectal constitúe unha ferramenta de diagnóstico moi útil para o alcance dunha óptima xestión reprodutiva nas explotacións, xa que todas as aplicacións que ofrece contribúen á mellora da eficiencia reprodutiva nos rabaños leiteiros (Fricke, 2002; Jones e Beal, 2003). 3.2.1 Diagnóstico de xestación A posibilidade de realizar un diagnóstico de xestación temperá é clave para acortar os días abertos (período que se estende dende o parto ata que a vaca queda de novo xestante) grazas á identificación prematura de animais baleiros. Isto permite mellorar o rendemento reprodutivo do rabaño ao conseguir manter un intervalo parto-xestación preto aos 60 días, mediante o establecemento de estratexias que fagan que os animais retomen o seu ciclo reprodutivo canto antes (Balhara et al., 2013; Bogdan et al., 2019). Aínda que tecnicamente podería ser posible identificar un embrión utilizando a ecografía aos 21 días post-inseminación artificial (IA), non é práctico en condicións de campo. Débese ter en conta que o desenvolvemento embrionario ocorre moi rápido, de maneira que o feito de esperar uns cantos días pode mellorar a precisión e a lixeireza dos diagnósticos de xestación (Colloton, 2021). Romano et al. (2006), observaron que a sensibilidade da ecografía transrectal (que se refire ás vacas correctamente identificadas como preñadas), se incrementaba progresivamente dos días 24 a 30 en vacas e dos días 21 a 27 en xovencas. A máxima sensibilidade foi alcanzada no día 29 en vacas e no día 26 en xovencas (Romano et al., 2006). A efectos prácticos, para poder obter 20 diagnósticos de xestación con gran nivel de exactitude estes deberían realizarse a partir do día 27 tras a inseminación (DesCôteaux et al., 2009). Non hai que esquecer que a probabilidade de que se produza mortalidade embrionaria é máis elevada durante os primeiros días post-IA; estímanse sobre un 35-40% de perdas embrionarias entre os días 14 e 19 tras a fecundación, é dicir, antes do recoñecemento materno da xestación (Whitlock e Maxwell, 2008). Consecuentemente, a perda da xestación increméntase canto máis cedo se realice un diagnóstico de preñez positivo. Por esta razón, o diagnóstico de preñez debe realizarse o antes posible tras a IA pero sen que este se vexa confundido pola perda posterior da xestación. Na práctica, na maioría de explotacións os diagnósticos de xestación teñen lugar entre os días 28 e 35 post-IA. Posteriormente, na meirande parte das explotacións gandeiras, reconfirmanse as preñeces entre 4 e 6 semanas máis tarde así como no momento próximo ao secado para identificar perdas na xestación (Fricke, 2016). Para realizar un diagnóstico de xestación prematuro con axuda da ultrasonografía, deberá explorarse toda a superficie do útero de maneira sistemática, para unha maior precisión neste. Así mesmo, tamén será importante o momento no que se realiza a exploración; para unha maior exactitude os diagnósticos deberían realizarse a partir do día 27 post-IA tal e como se comentaba Figura 1: diagnóstico de xestación duns 32-35 días. Cunha frecha amarela sinálase a vesícula embrionaria co embrión no seu interior. Imaxe cedida por Uxía Yáñez Ramil. 21 en parágrafos anteriores, xa que antes deste momento os embrións poderían non ser visualizados por estar aínda moi adheridos á parede uterina. Para realizar un diagnóstico fiable de preñez deberá visualizarse a vesícula embrionaria como unha estrutura anecoica coa masa embrionaria no seu interior nun dos cornos uterinos, o cal se visualizará levemente dilatado. Ademais, deberá verificarse que dito embrión é viable, valorando se presenta ou non latexo cardíaco (Quintela et al., 2012). O latexo cardíaco aparece coma unha luz escintilante no centro do embrión, cunha frecuencia variable dependendo da idade do mesmo (DesCôteaux et al., 2009b). Un factor que pode resultar de gran axuda durante a realización dos diagnósticos de preñez é a visualización das estruturas ováricas. Saber se hai ou non un corpo lúteo (CL) presente pode resultar de proveito durante este tipo de práctica. Pola súa banda, a existencia de 2 CL pode supoñer un potencial indicador da presenza de xemelgos; pola contra, un CL contralateral ao embrión ou feto ou un CL de pequeno tamaño pode significar un alto risco para que se produza a perda da xestación (Colloton, 2021). É importante destacar que antes dos 21 días tras a inseminación, o útero e os ovarios dunha vaca preñada obsérvanse en ecografía dun xeito similar aos dunha vaca na fase de diestro. Nesta fase, o útero é homoxéneo, amosa unha tonalidade gris media e no seu lumen haberá pouco ou nada de fluído. Non obstante, no caso dunha preñez, sobre os días 21 e 23 de xestación producirase un pequeno incremento do mesmo que poderá ser observado na luz uterina. Por outra banda, o CL durante o diestro será tamén homoxéneo e da mesma tonalidade que o útero en dita fase, e poderá ter ou non cavidade. Pola contra na preñez adoita ser sólido, aínda que tamén pode aparecer un CL cavitario (Colloton, 2021). 3.2.2 Determinación da idade embrionaria e fetal A ecografía trátase dunha técnica lixeiramente invasiva que ofrece certas vantaxes respecto á palpación rectal á hora de determinar preñeces. Esta técnica permite medir o tamaño do embrión en base a algo máis que o tamaño do saco amniótico ou a cantidade de fluído, a cal pode variar coa temperatura ou mesmo entre individuos (Colloton, 2021). Unha gran vantaxe da ultrasonografía é o feito de que ofrece a oportunidade de medir de maneira secuencial o embrión durante diferentes fases do seu desenvolvemento, podendo identificar deste modo variacións no seu tamaño, as cales poden ser de gran axuda xa que poden indicar consecuencias negativas, tales como a morte embrionaria (Malvaez et al., 2019). O período embrionario abarca dende a fertilización ata o final da organoxénese, que ocorre sobre o día 42 de preñez. No día 26 de xestación, coa axuda da ecografía, pode observarse unha luz uterina cunha cantidade variable de líquido amniótico producido polo embrión. Non obstante, 22 a visualización do mesmo neste líquido pode verse dificultada ata o día 30 debido a que este pode quedar agochado tras os pregamentos da mucosa endometrial (DesCôteaux et al., 2009a). A maioría de equipos de ultrasóns posúen marcas a intervalos dun centímetro que poden utilizarse para medir o tamaño, mentres que algúns poden ter calibradores para facer estimacións máis precisas do tamaño embrionario ou fetal. Certos equipos poden incluso ter programas informáticos que, baseándose nas medidas do feto, calculen a data estimada de concepción ou de parto (Colloton, 2011). A estimación da idade fetal, a monitorización do crecemento fetal a través do tempo e a detección de certas anomalías na preñez poden precisarse coa axuda da fetometría ecográfica (Medan e Abd El-Aty, 2010). Existen certas medidas específicas que serven para estimar a idade do embrión ou do feto, tales como a lonxitude céfalo-caudal ou “crown-rump lenght” (CRL) e os diámetros da cabeza ou do tronco. Un dos métodos máis precisos e rápidos para poder estimar a idade fetal antes dos 50 ou 55 días é o CRL. Esta medida tómase dende a coroa do cranio ata a base da cola e calcúlase mediante unha fórmula simple, na que se lle suma 18 á lonxitude do feto en milímetros, obténdose a idade do feto en días. No día 30 de xestación, o CRL ten un valor de 1 cm aproximadamente e vai aumentando 1 mm diariamente ata o día 40 de preñez; posteriormente o crecemento é comparativamente maior (Mali et al., 2022). En fetos de maior tamaño poden utilizarse medidas distintas pero que precisan da súa comparación con gráficas de crecemento fetal xa que o seu cálculo non é lineal. Ademais, estoutras medidas son máis prácticas a partir do día 55, porque a partir desta idade é complicado poder abarcar na ecografía a lonxitude total do feto para proporcionar unha visión completa do mesmo, xa que a taxa de crecemento increméntase en maior medida a partir do día 50 en comparación co período anterior (DesCôteaux et al., 2009a,b; Colloton, 2011). 3.2.3 Determinación do sexo fetal A determinación do sexo fetal mediante ecografía foi reportada no gando vacún por vez primeira no comezo da década dos 90. Non obstante, non foi ata comezos do século XXI cando comezou a empregarse de maneira rutineira no traballo de campo, grazas a que cada vez foron máis os veterinarios que foron incorporando este procedemento no seu hábito profesional (Stroud, 2005). A determinación do sexo fetal no gando vacún ten especial relevancia por diversos motivos. Principalmente, esta práctica é de gran importancia polo feito de que aquelas vacas e xovencas preñadas con femias posúen un maior valor económico, sobre todo no vacún de leite. O coñecemento do sexo fetal tamén pode xogar un papel importante na venta de xovencas preñadas de gran calidade xenética, así como ten transcendencia nas xestacións múltiples, para saber se se 23 trata de dous xemelgos do mesmo sexo ou dunha femia e un macho, o que pode derivar nun caso de freemartinismo. Así mesmo, agrupar ás xovencas segundo o sexo do feto podería chegar a ser vantaxoso, xa que a incidencia de partos distócicos é maior no caso de tenreiros machos. Esta práctica tamén pode facilitar a decisión de eliminación: se hai unha vaca no rabaño que nos propoñemos desbotar, saber que está preñada cun feto macho pode axudar nesta resolución (Stroud, 2005; Bogdan et al., 2019). A determinación do sexo fetal soe levarse a cabo entre os días 55 e 65 post-IA. Arredor do día 50, o tubérculo xenital (TX), que é a estrutura que nos permite identificar o sexo do feto, atópase nun punto medio entre a súa posición inicial e final. Sobre o día 60, dita estrutura xa alcanzou a súa localización definitiva, que nos machos será caudal ao embigo e nas femias xusto por debaixo da base da cola (Bogdan et al., 2019). Ali (2004) concretou que a idade fetal afecta de maneira significativa á posibilidade dunha correcta identificación do sexo do feto. En dito estudo comprobouse que a posibilidade de determinar o sexo fetal incrementouse dun 26,7% no día 49 de xestación ata un 100% no día 56. Figura 2: determinación do sexo fetal mediante a identificación do tubérculo xenital. Cunha frecha amarela sinálase o tubérculo xenital e cunha vermella o embigo. Nas fotografías superiores pode apreciarse un feto macho debido á posición do tubérculo caudal ao embigo; nas imaxes inferiores amósase unha femia, pola situación do tubérculo xusto por debaixo da cola. Imaxe cedida por Uxía Yáñez Ramil. 24 Existen principalmente dúas limitacións que poden comprometer e limitar ao profesional veterinario á hora de determinar o sexo fetal. En primeiro lugar, segundo a xestación avanza e o feto incrementa o seu tamaño resulta máis complexo mover o transdutor sobre o mesmo buscando a imaxe desexada para poder determinar o sexo (Lamb e Fricke, 2005). No estudo realizado por Ali (2004) determinouse que entre os días 56 e 98 de xestación a identificación do sexo foi posible en todos os casos. Pola contra, observouse que segundo se ía desenvolvendo a preñez, a habilidade para realizar a determinación do sexo decreceu e fíxose imposible en todos os casos entre os días 161 e 168. Así mesmo, en animais de gran tamaño ou cun número elevado de partos, a matriz uterina descende máis ventralmente no interior da cavidade abdominal, dificultando ou imposibilitando a determinación do sexo (Lamb e Fricke, 2005). É importante recordar que na especie bovina os xenitais externos comezan a formarse na superficie caudoventral da parede abdominal, entre as extremidades posteriores. Nun primeiro momento visualízanse como unhas estruturas elevadas pouco definidas, que constitúen o TX, o pregamento uroxenital e as inchazóns xenitais. Segundo o sexo do feto, estas estruturas irán desenvolvéndose a medida que este vaia crecendo e darán lugar aos xenitais correspondentes. No caso dos machos o TX alárgase e forma o pene, o pregamento uroxenital encérrao formando o prepucio e as inchazóns xenitais agrándanse configurando o escroto. Nas femias, o TX compón o clítoris, o pregamento uroxenital envolve o tubérculo formando os beizos e as inchazóns xenitais, a diferenza dos machos, desaparecen por completo (Quintela et al., 2012). Os órganos sexuais do feto confórmanse por un tecido denso e hiperecoxénico, polo que se van a visualizar na pantalla como estruturas brillantes ou brancas, dunha forma semellante a como se aprecia o tecido esquelético. O TX posúe unha forma bilobulada, na que cada lóbulo ten unha forma oval (Stroud, 2005). A precisión dos diagnósticos ultrasonográficos asociouse coa presentación fetal (Ali, 2004). Segundo o estudo realizado por Quintela et al. (2011), a eficacia é maior cando se utiliza un plano de corte lonxitudinal na exploración ecográfica, debido a que permite visualizar as dúas posibles localizacións do TX nunha soa imaxe. En dito estudo, a vista ecográfica máis repetida nas primeiras exploracións (entre os días 51 e 54) correspóndese coa lonxitudinal, sendo a transversal e saxital raramente usadas. Este plano lonxitudinal é o máis empregado para a determinación do sexo no primeiro trimestre da xestación, mentres que o plano transversal é máis preciso se o diagnóstico se realiza cando a xestación está máis avanzada. Durante a exploración ecográfica dun feto para a determinación do seu sexo nun corte transversal, debe desprazarse o transdutor caudalmente dende o cranio ata atopar o tubérculo xenital. As tres referencias anatómicas principais para unha correcta orientación do feto durante a exploración ultrasonográfica son a cabeza, o corazón (latexo cardíaco) e o cordón umbilical. 25 Unha vez se coloca o transdutor sobre o cranio do feto, este vaise movendo de maneira caudal ata atopar o latexo cardíaco, no caso de que o feto sexa viable. Posteriormente, se se continúa desprazando o transdutor de maneira distal encontrarase o cordón umbilical. Neste momento debe procederse con coidado para valorar se se trata dun macho; no caso de non achar o TX inmediatamente caudal ao embigo, debe moverse o transdutor cara a zona perineal ata encontrar o TX por debaixo da cola (Stroud, 2005). Ademais da determinación do sexo no primeiro trimestre da xestación, este pode identificarse de maneira máis tardía, mediante a identificación das estruturas xenitais específicas de machos e femias entre os días 80 e 100 de preñez. Nos machos, o pene pode observarse neste período como unha liña hiperecoxénica entre as patas traseiras, e as bolsas escrotais aparecen coma dous puntos brillantes a ambos lados do mesmo. No caso das femias, entre os días 80 e 100 poden visualizarse as mamilas como catro puntos hiperecoxénicos. Así mesmo, poden observarse o rafe perineal coma unha liña ecoxénica entre as patas traseiras e o clítoris, resultante do TX, en contacto directo coa cola (Bogdan et al., 2019). Figura 3: determinación tardía do sexo fetal. Na imaxe amósase unha femia; a frecha amarela sinala as mamilas como puntos hiperecoxénicos. Imaxe cedida por Uxía Yáñez Ramil. 32 quedan expostas. A prevalencia deste síndrome oscila entre o 0,01% e o 1,3% (Laughton et al., 2005). Utilizando a ecografía transrectal podería observarse como o estómago fetal se atopa cheo de líquido e fóra da cavidade corporal. Así mesmo en moitos dos casos a columna vertebral está visiblemente arqueada, incluso ás veces con forma de “V” (Colloton, 2021).  Amorphus globosus: É unha masa asimétrica de forma esférica ou ovalada que se expulsa no parto xunto a outro tenreiro vivo e viable. Trátase dunha masa de células que se desprende durante o desenvolvemento embrionario do resto do feto e consecuentemente presenta un desenvolvemento anormal. Esta masa componse de distintos tecidos, tanto mesodérmicos (conectivos, musculares, adiposos, adenoides, cartilaxinosos e óseos) como ectodérmicos. Xeralmente non forman ningunha estrutura anatómica e tampouco presentan órganos diferenciados nin funcionais (Gerkhe et al., 2019). Nun exame ecográfico este defecto podería chegar a observarse como unha estrutura redondeada composta de tecido fetal irrigada polo sistema circulatorio do feto viable (Colloton, 2021).  Ascite fetal: A ascite defínese coma a hidropesía ou acumulación de líquido no peritoneo. No caso da ascite fetal, aínda sendo un proceso que ocorre de maneira ocasional, esta adoita ser máis común na especie bovina que noutras. Este defecto pode producirse a causa dunha sobreprodución de líquido peritoneal ou un drenaxe insuficiente do mesmo, provocado por exemplo por unha obstrución dos ganglios linfáticos. Esporadicamente esta anomalía pode estar asociada a unha condición hidrópica do útero, a mesoteliomas do abdome fetal ou incluso se vinculou nalgunha ocasión á brucelosis (Patel et al., 2014). Nun caso de ascite fetal observado mediante ultrasonografía podería verse líquido libre dentro da cavidade peritoneal, mentres que en condicións normais os órganos abdominais deberían estenderse por toda a cavidade sen presenza de fluído na mesma (Colloton, 2021).  Xemelgos unidos: Os xemelgos unidos resultan da división incompleta dun óvulo fecundado. A súa forma de presentación varía dende a duplicación parcial dalgunha parte do corpo (sendo máis común a duplicación das partes craneais) ata a separación case completa de ambos individuos, quedando unidos soamente por certos puntos. Aqueles que presentan partes ou compoñentes simétricos reciben o nome de monstruos diplopáxicos ou xemelgos siameses. Segundo o lugar polo que se 33 atopen asociados denomínanse de distinta forma: craneópagos (unidos pola cabeza), toracópagos (unidos polo esternón ou proximidades), isquiópagos (xemelgos unidos pola cabeza e a rexión pélvica en direccións opostas) e pigópagos (unidos polo sacro) (Purohit et al., 2012). Por exemplo, fetos que posúan unha duplicación da cabeza observaríanse en ecografía como un único tórax do que emerxen dúas cabezas. Os xemelgos siameses son raros de ver e deben diferenciarse de xestacións múltiples nas que os fetos estén xuntos (Colloton, 2021). 34 4. Conclusións  A ultrasonografía transrectal resulta ser un método de diagnóstico eficaz, minimamente invasivo e inocuo, que proporciona unha ventá para o exame e a valoración visual do embrión ou feto durante a xestación.  Dentro da mesma, a ecografía posibilita a realización de diagnósticos de preñez máis precoces e fiables en comparación ao uso da palpación rectal.  O uso desta ferramenta diagnóstica facilita a monitorización do desenvolvemento fetal ao permitir a determinación da idade grazas a unha toma de medidas máis precisas e realistas. Do mesmo modo, a ecografía proporciona un recurso para a identificación do sexo fetal en estadios precoces da xestación.  Este método diagnóstico ofrece ademais unha maneira rápida, fácil e práctica de detectar casos de xestacións múltiples.  Permite a avaliación de alteracións na xestación, tales como o estudo da viabilidade embrionaria e fetal para detectar situacións de mortalidade embrionaria dun xeito cómodo, sinxelo e prematuro. Por outra banda, a ecografía fai posible o descubrimento de anomalías embrionarias e fetais.  Respecto das novas tecnoloxías, a ecografía Doppler é unha das modalidades máis estudadas en reprodución bovina nos últimos anos. Aínda que segue a ser obxecto de investigación, parece constituír un sistema interesante e eficiente para a identificación prematura de perdas embrionarias mediante o estudo da vascularización das estruturas ováricas e a matriz uterina. 35 5. Bibliografía Aldrich, J. (2007). Basic physics of ultrasound imaging. Critical Care Medicine, 35(5 Suppl), S131-S137. Ali, A. (2004). Effect of Gestational Age and Fetal Position on the Possibility and Accuracy of Ultrasonographic Fetal Gender Determination in Dairy Cattle. Reproduction in Domestic Animals, 39(3), 190-194. Balhara, A. K., Gupta, M., Singh, S., Mohanty, A. K., & Singh, I. (2013). Early Pregnancy Diagnosis in Bovines: Current Status and Future Directions. The Scientific World Journal, 2013, 958540-10. Blond, L., & Buczinski, S. (2009). Basis of Ultrasound Imaging and the Main Artifacts in Bovine Medicine. The Veterinary Clinics of North America. Food Animal Practice, 25(3), 553-565. Bogdan, L. M., Petrean, A. B., Coman, I., Nadăş, G., Cenariu, M., Bogdan, I., Bogdan, S., & Berean, D. (2019). The Diagnosis of Fetal Sexing in Cattle Using Ultrasound. Bulletin of University of Agricultural Sciences and Veterinary Medicine Cluj-Napoca. Veterinary Medicine, 76(2), 149-153. Bollwein, H., Baumgartner, U., & Stolla, R. (2002). Transrectal Doppler sonography of uterine blood flow in cows during pregnancy. Theriogenology, 57(8), 2053-2061. Bollwein, H., Heppelmann, M., & Lüttgenau, J. (2016). Ultrasonographic Doppler Use for Female Reproduction Management. The Veterinary Clinics of North America. Food Animal Practice, 32(1), 149-164. Cabrera, V. E., & Fricke, P. M. (2021). Economics of Twin Pregnancies in Dairy Cattle. Animals (Basel), 11(2), 552. Colloton, J. (2011). Applications of ultrasonography in dairy cattle reproductive management. En Risco, C. A., Melendez, P. (Eds) Dairy Production Medicine (pp. 99-116). Wiley. Colloton, J. (2021). Ultrasound Evaluation of the Female Reproductive Tract. En Hopper, R. M. (Ed) Bovine Reproduction (2nd ed., pp. 486-508). Wiley. DesCôteaux, L., Carrière, P. D., & Durocher, J. (15-19 Outubro, 2006). Ultrasonography of the reproductive system of the cow: basic principles, practical uses and economic aspects of this diagnostic tool in dairy production. [Comunicación en congreso] 24th World Buiatrics Congress, Nice. Recuperado de URL: 36 https://d1wqtxts1xzle7.cloudfront.net/45247328/ultrasonography-with-cover-pagev2.pdf?Expires=1657033045&Signature=FunTFHM74TLSjns17mqBP0yZtjEGNy~yzRxq NyPRtXon9HUpznHSKD0qWcPkEhchJfN~4NcXKuSoEEeMgfdhfQ~DNiNAGR6KpxxUSzTKtFZDIjEGtutVEFH3b1StMxdQyLwVq9girCloJOlCxIUb1R PmqGaNH1KiJQ2e9Y709C1io7kACACts7WffDM3rmVktGpysJsWH19IbPPmMV0xnah HKofiWGTrZlp1Oiv27xyz6LFpLuLVLMG8Fts0wOo9wqHQrLaO221HTAUjh-1wnQoH1Kyk3nB-ApmXTZzIZQyHcbzLyMU24TfJVEyE7qmQY0SOxcIef4TK1ss-HAQ__&Key-Pair-Id=APKAJLOHF5GGSLRBV4ZA DesCôteaux, L., Colloton, J., Gayrard, V., e Picard‐Hagen, N. (2009b). Bovine pregnancy. En DesCôteaux, L., Gnemmi, G., Colloton, J. (Eds) Practical atlas of ruminant and camelid reproductive ultrasonography (pp. 81-99). Wiley. DesCôteaux, L., Gnemmi, G., & Colloton, J. (2009a). Ultrasonography of the Bovine Female Genital Tract. The Veterinary Clinics of North America. Food Animal Practice, 25(3), 733752. DesCôteaux, L., Picard‐Hagen, N., Durocher, J., Buczinski, S., Colloton, J., Chastant‐Maillard, S., & Curran, S. (2009c). Bovine Fetal Development after 55 Days, Fetal Sexing, Anomalies, and Well‐Being. En DesCôteaux, L., Gnemmi, G., Colloton, J. (Eds) Practical Atlas of Ruminant and Camelid Reproductive Ultrasonography (pp. 101-124). Wiley. Diskin, M. G., Parr, M. H., & Morris, D. G. (2011). Embryo death in cattle: an update. Reproduction Fertility and Development, 24(1), 244-251. Ealy, A. D., & Seekford, Z. K. (2019). Symposium review: Predicting pregnancy loss in dairy cattle. Journal of Dairy Science, 102(12), 11798-11804. Esteves, A., Båge, R., & Payan-Carreira, R. (2012). Freemartinism in cattle. Ruminants anatomy, behavior and diseases. New York: Nova Science Publishers, 99-120. Fricke, P. M. (2001). Twinning in dairy cattle. The Professional Animal Scientist, 17(2), 61-67. Fricke, P. M. (2002). Scanning the future—Ultrasonography as a reproductive management tool for dairy cattle. Journal of Dairy Science, 85(8), 1918-1926. Fricke, P. M., Ricci, A., Giordano, J. O., & Carvalho, P. D. (2016). Methods for and Implementation of Pregnancy Diagnosis in Dairy Cows. The Veterinary Clinics of North America. Food Animal Practice, 32(1), 165-180. 37 Gábor, G., Kastelic, J., Abonyi-Tóth, Z., Gábor, P., Endrődi, T., & Balogh, O. (2016). Pregnancy Loss in Dairy Cattle: Relationship of Ultrasound, Blood Pregnancy-Specific Protein B, Progesterone and Production Variables. Reproduction in Domestic Animals, 51(4), 467-473. Gehrke, M., Blaszak, B., Stachowiak, M., Szczerbal, I., Stefańska, B., Jaśkowski, J. M., Nowak, W., & Świtoński, M. (2019). Amorphus globosus foetuses in Polish Holstein cattle: anatomical, histological, and genetic studies. Journal of Veterinary Research, 63(3), 391398. Ginther, O. J. (2014). How ultrasound technologies have expanded and revolutionized research in reproduction in large animals. Theriogenology, 81(1), 112-125. Hansen, P. J. (2002). Embryonic mortality in cattle from the embryo's perspective. Journal of Animal Science, 80(E-suppl_2), E33-E44. Herzog, K., Voss, C., Kastelic, J. P., Beindorff, N., Paul, V., Niemann, H., & Bollwein, H. (2011). Luteal blood flow increases during the first three weeks of pregnancy in lactating dairy cows. Theriogenology, 75(3), 549-554. Johnson, V. (2013). Diagnostic imaging: reflecting on the past and looking to the future. The Veterinary Record, 172(21), 546. Jones, A. L., & Beal, W. E. (2003). Reproductive applications of ultrasound in the cow. The Bovine Practitioner, 1-9. King, A. M. (2006). Development, advances and applications of diagnostic ultrasound in animals. The Veterinary Journal, 171(3), 408-420. Lamb, G. C., & Fricke, P. M. (2005). Ultrasound—early pregnancy diagnosis and fetal sexing. Proceedings, Applied Reproductive Strategies in Beef Cattle, 253-262. Laughton, K. W., Fisher, K. R. S., & Halina Partlow, W. G., G. D. (2005). Schistosomus Reflexus Syndrome: A Heritable Defect in Ruminants. Anatomia, Histologia, Embryologia, 34(5), 312-318. Lonergan, P., Fair, T., Forde, N., & Rizos, D. (2016). Embryo development in dairy cattle. Theriogenology, 86(1), 270-277. López-Gatius, F., & García-Ispierto, I. (2010). Ultrasound and Endocrine Findings that Help to Assess the Risk of Late Embryo/Early Foetal Loss by Non-Infectious Cause in Dairy Cattle. Reproduction in Domestic Animals, 45(s3), 15-24. 38 López-Gatius, F., Andreu-Vázquez, C., Mur-Novales, R., Cabrera, V. E., & Hunter, R. H. F. (2017). The dilemma of twin pregnancies in dairy cattle. A review of practical prospects. Livestock Science, 197, 12-16. Mali, A. B., Mehar, R. M., Kapane, S. H., & Hadimani, M. R. (2022). Scanning the Future: Veterinary Reproductive Ultrasonography. Animal Reproduction Update, 1(2), 82-89. Malvaez, A. L., Galina, C. S., Gutierrez, I., Corro, M., & Pablos, J. L. (2019). Serial Ultrasonographic Measurements to Estimate Age and Viability in Bos indicus Embryos. Open Journal of Veterinary Medicine, 9(7), 91-99. Mantziaras, G., & Luvoni, G. C. (2020). Advanced ultrasound techniques in small animal reproduction imaging. Reproduction in Domestic Animals, 55(S2), 17-25. Matsui, M., & Miyamoto, A. (2009). Evaluation of ovarian blood flow by colour Doppler ultrasound: Practical use for reproductive management in the cow. The Veterinary Journal, 181(3), 232-240. Medan, M. S., & Abd El-Aty, A. M. (2010). Advances in ultrasonography and its applications in domestic ruminants and other farm animals reproduction. Journal of Advanced Research, 1(2), 123-128. Meomartino, L., Greco, A., Di Giancamillo, M., Brunetti, A., & Gnudi, G. (2021). Imaging techniques in Veterinary Medicine. Part I: Radiography and Ultrasonography. European Journal of Radiology Open, 8, 100382. Miyamoto, A., Shirasuna, K., Hayashi, K., Kamada, D., Kawashima, C., Kaneko, E., Acosta, T. J., & Matsui, M. (2006). A potential use of color ultrasound as a tool for reproductive management: New observations using color ultrasound scanning that were not possible with imaging only in black and white. The Journal of Reproduction and Development, 52(1), 153160. Naredo, E., & Monteagudo, I. (2014). Doppler techniques. Clin Exp Rheumatol, 32(1 Suppl 80), S12-S19. Panarace, M., Garnil, C., Marfil, M., Jauregui, G., Lagioia, J., Luther, E., & Medina, M. (2006). Transrectal Doppler sonography for evaluation of uterine blood flow throughout pregnancy in 13 cows. Theriogenology, 66(9), 2113-2119. Patel, A., Yadav, D., & Saxena, A. (2014). Management of Dystocia due to Fetal Ascites in a Buffalo. Intas Polivet, 15(2), 344-346. 39 Pohler, K. G., Reese, S. T., Franco, G. A., Oliveira, R. V., Paiva, R., Fernandez, L., de Melo, G., Vasconcelos, J. L. M., Cooke, R., & Poole, R. K. (2020). New approaches to diagnose and target reproductive failure in cattle. Animal Reproduction, 17(3), e20200057. Prabhu, S., Kanal, K., Bhargava, P., Vaidya, S., & Dighe, M. (2014). Ultrasound Artifacts: Classification, Applied Physics With Illustrations, and Imaging Appearances. Ultrasound Quarterly, 30(2), 145-157. Purohit, G. N., Kumar, P., Solanki, K., Shekher, C., & Yadav, S. P. (2012). Perspectives of fetal dystocia in cattle and buffalo. Veterinary Science Development, 2(1), e8-e8. Quien, M. M., & Saric, M. (2018). Ultrasound imaging artifacts: How to recognize them and how to avoid them. Echocardiography, 35(9), 1388-1401. Quintela, L. A., Becerra, J. J., Pérez-Marín, C. C., Barrio, M., Cainzos, J., Prieto, A., Díaz, C., & Herradón, P. G. (2011). Fetal gender determination by first-trimester ultrasound in dairy cows under routine herd management in Northwest Spain. Animal Reproduction Science, 125(1), 13-19. Quintela, L., Barrio, M., Peña, A., Becerra, J., Cainzos, J., Herradón, P., & Díaz, C. (2012). Use of Ultrasound in the Reproductive Management of Dairy Cattle. Reproduction in Domestic Animals, 47(s3), 34-44. Rani, P., Dutt, R., Singh, G., & Chandolia, R. K. (2018). Embryonic Mortality in CattleA Review. International Journal of Current Microbiology and Applied Sciences, 7(7), 15011516. Robinson, T. M. (2007). Basic principles of ultrasound. En Lemoigne, Y., Caner, A., Rahal, G. (Eds) Physics for Medical Imaging Applications (NATO Science Series II: Mathematics, Physics and Chemistry), (vol. 240, pp. 101-110). Springer, Dordrecht. Romano, J. E., Thompson, J. A., Forrest, D. W., Westhusin, M. E., Tomaszweski, M. A., & Kraemer, D. C. (2006). Early pregnancy diagnosis by transrectal ultrasonography in dairy cattle. Theriogenology, 66(4), 1034-1041. Scully, S., Evans, A. C. O., Carter, F., Duffy, P., Lonergan, P., & Crowe, M. A. (2015). Ultrasound monitoring of blood flow and echotexture of the corpus luteum and uterus during early pregnancy of beef heifers. Theriogenology, 83(3), 449-458. Shriki, J. (2014). Ultrasound physics. Critical care clinics, 30(1), 1-24. Siqueira, L. G., Arashiro, E. K., Ghetti, A. M., Souza, E. D., Feres, L. F., Pfeifer, L. F., Fonseca, J. F., & Viana, J. H. (2019). Vascular and morphological features of the corpus luteum 12 to 40 20 days after timed artificial insemination in dairy cattle. Journal of Dairy Science, 102(6), 5612-5622. Stroud, B. K. (2005). Bovine fetal sexing using ultrasound. Proceedings, Applied Reproductive Strategies in Beef Cattle, 1-10. Szelényi, Z., Szenci, O., Kovács, L., & Garcia-Ispierto, I. (2021). Practical Aspects of Twin Pregnancy Diagnosis in Cattle. Animals (Basel), 11(4), 1061. Szenci, O. (2021). Recent Possibilities for the Diagnosis of Early Pregnancy and Embryonic Mortality in Dairy Cows. Animals (Basel), 11(6), 1666. Talukdar, D., Borpujari, D., Ahmed, F. A., & Lalrintluanga, K. (2019). Ultrasound as a diagnostic aid for anatomical defects of female reproductive tract: An overview. Journal of Entomology and Zoology Studies, 7(2), 533-536. Vargas, A., Amescua-Guerra, L. M., Bernal, M. A., & Pineda, C. (2008). Principios físicos básicos del ultrasonido, sonoanatomía del sistema musculoesquelético y artefactos ecográficos. Acta ortopédica mexicana, 22(6), 361-373. Viana, J. H. M., Arashiro, E. K. N., Siqueira, L. G. B., Ghetti, A. M., Areas, V. S., Guimarães, C. R. B., Palhao, M. P., Camargo, L. S. A. & Fernandes, C. A. C. (2013). Doppler ultrasonography as a tool for ovarian management. Animal Reproduction (AR), 10(3), 215222. Villaseñor, C. P., Palacios, M. M., & González, A. B. (2012). Principios físicos básicos del ultrasonido. Investigación En Discapacidad, 1, 25-34. Whitlock, B. K., & Maxwell, H. S. (2008). Pregnancy-associated glycoproteins and pregnancy wastage in cattle. Theriogenology, 70(3), 550-559. Yáñez, U., Becerra, J. J., Herradón, P. G., Peña, A. I., & Quintela, L. A. (2022). Ecografía Doppler y su aplicación en reproducción bovina: revisión. ITEA: Información Técnica Económica Agraria, 118(1), 82.