scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Abrindo camiños: as nosas pioneiras de ciencias

Fernández García, María Isabel; González Noya, Ana María; Maneiro Maneiro, Marcelino; Gómez Fórneas, Esther; Rodríguez Silva, Laura; Rouco Méndez, Lara

Abstract

Nesta comunicación queremos presentar as mulleres pioneiras de Lugo que a finais do século XIX e comezo do XX estudaron carreiras universitarias de Ciencias. Pretendemos dar unha visión do comezo da presenza da muller na universidade e máis concretamente nas carreiras consideradas de ciencias (Farmacia, Medicina, Física, Química, Matemáticas), mostrar o desenvolvemento da súa actividade profesional e que así sexa coñecido o seu labor e valorado na súa xusta medida. É máis importante e destacada do que poderiamos pensar, xa que como veremos temos un bo número de mulleres pioneiras que se prepararon e que desenvolveron a súa profesión dunha maneira seria e calada, que fixo que pasaran case desapercibidas salvo para as mulleres próximas, parentes ou non, e que as tomaron como exemplo para seguir a mesma traxectoria. Con esta visión feminista amosamos ás que hoxe desenvolven a práctica docente e ás novas xeracións o camiño xa feito, para tamén deixar patente o noso agradecemento ás loitadoras polo dereito a facer unha carreira universitaria, á par que as recoñecemos como exemplo e incidimos no que aínda nos queda por conseguir. Rescatar e poñer en valor estas pioneiras é contar esa metade da historia que está por contar, así como sentar as bases sobre as que se basearon e desenvolveron os estudos e profesións das mulleres actuais que nun número pequeno pero importante xa vai formando parte do mundo científico e tecnolóxico, mulleres que cursaron e cursan carreiras STEM ‹Science, Technology, Engineering and Mathematics›

Full text

(RE)CONSTRUÍNDO O COÑECEMENTO VI Xornada Universitaria Galega en Xénero VI Xornada Universitaria Galega en Xénero 2019 Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo VI Xornada Universitaria Galega en Xénero 14 de xuño de 2019 (RE)CONSTRUÍNDO O COÑECEMENTO Facultade de Ciencias da Educación Universidade da Coruña Edición a cargo de Ana Jesús López Díaz, Eva Aguayo Lorenzo e Águeda Gómez Suárez © Universidade da Coruña, 2019 © Universidade de Vigo, 2019 © Universidade de Santiago de Compostela, 2019 Promove Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade de Santiago de Compostela Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo Edición técnica Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións https://www.udc.gal/publicacions Universidade da Coruña Deseño e maquetación Mabel Aguayo, CB Xornada Universitaria Galega en Xénero (6º.2019.A Coruña) (Re)construíndo o coñecemento: A Coruña, 14 de xuño de 2019/ XUGeX, VI Xornada Universitaria Galega en Xénero; edición a cargo de Ana Jesús López Díaz, Eva Aguayo Lorenzo, Águeda Gómez Suárez. [A Coruña] Universidade da Coruña, [Santiago de Compostela] Universidade de Santiago de Compostela, [Vigo] Universidade de Vigo ; |c2019 1 disco compacto (CD-ROM) ;|c12 cm D. L.: C 2370–2019 ISBN: 978-84-9749-757-2 (CD-ROM) ISBN electrónico: 978-84-9749-758-9 DOI: https://doi.org/10.17979/spudc.9788497497589 Thema: JBSF | LNFJ2 | JBFA1 Esta obra publícase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-NonComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0 Internacional) Colección: Cursos_congresos_simposios, n.º 145 99 A1-10 VI Xornada Universitaria Galega en Xénero ABRINDO CAMIÑOS: AS NOSAS PIONEIRAS DE CIENCIAS Fernández García Mª Isabel Dpto Química Inorgánica Fac Ciencias Lugo. U. Santiago de Compostela misabel.fernandez.gar[email protected] González Noya Ana M, Maneiro Marcelino, Gómez Fórneas Esther, Rodríguez Silva Laura, Rouco Méndez Lara Dpto Química Inorgánica U. Santiago de Compostela [email protected], mar[email protected], esther[email protected], laura. rodrigue[email protected], lara.rouco.mende[email protected] RESUMO Nesta comunicación queremos presentar as mulleres pioneiras de Lugo que a finais do século XIX e comezo do XX estudaron carreiras universitarias de Ciencias. Pretendemos dar unha visión do comezo da presenza da muller na universidade e máis concretamente nas carreiras consideradas de ciencias (Farmacia, Medicina, Física, Química, Matemáticas), mostrar o desenvolvemento da súa actividade profesional e que así sexa coñecido o seu labor e valorado na súa xusta medida. É máis importante e destacada do que poderiamos pensar, xa que como veremos temos un bo número de mulleres pioneiras que se prepararon e que desenvolveron a súa profesión dunha maneira seria e calada, que fixo que pasaran case desapercibidas salvo para as mulleres próximas, parentes ou non, e que as tomaron como exemplo para seguir a mesma traxectoria. Con esta visión feminista amosamos ás que hoxe desenvolven a práctica docente e ás novas xeracións o camiño xa feito, para tamén deixar patente o noso agradecemento ás loitadoras polo dereito a facer unha carreira universitaria, á par que as recoñecemos como exemplo e incidimos no que aínda nos queda por conseguir. Rescatar e poñer en valor estas pioneiras é contar esa metade da historia que está por 100 Mª Isabel Fernández García, Ana M González Noya, Marcelino Maneiro, Esther Gómez Fórneas, Laura Rodríguez Silva, Lara Rouco Méndez VI Xornada Universitaria Galega en Xénero contar, así como sentar as bases sobre as que se basearon e desenvolveron os estudos e profesións das mulleres actuais que nun número pequeno pero importante xa vai formando parte do mundo científico e tecnolóxico, mulleres que cursaron e cursan carreiras STEM ‹Science, Technology, Engineering and Mathematics›. PALABRAS CLAVE: Pioneiras, Luguesas, Ciencias, Atrancos, Itinerarios. INTRODUCCIÓN Escribir sobre as mulleres que fixeron carreiras de ciencias en Galicia a finais do século XIX e comezo do XX non é doado. Non hai case datos documentais sobre elas, as referencias nos xornais da época son moi escasas; o cal se xunta coas dificultades de obtelos por mor da lei de protección de datos, moitas veces mal entendida, co que a busca se restrinxen a datos achegados por arquivos históricos (con datos académicos que non contan as dificultades atopadas por elas) e os aportados por familiares e coñecidos (os que moitas veces son moi escasos e difíciles de conseguir por ter pasados máis de cen anos). Pretendemos amosar moitos dos atrancos que as mulleres tiveron que salvar para acceder á Universidade e estudar unha carreira e desenvolvela. Como un aspecto máis do coñecemento destas mulleres imos mostrar os itinerarios das pioneiras de ciencias lucenses. ESTADO DA ENSINANZA PARA AS MULLERES Xa indicamos en anteriores traballos as dificultades que tiveron as mulleres para acceder á ensinanza tanto primaria, secundaria como a superior desde o século XVIII ao XIX (Fernández García M.I., 2016). Nun período de sucesivos cambios políticos as leis relativas á ensinanza tamén foron cambiando. O interese que comezan a amosar as mulleres polos estudos universitarios tamén inflúe nestas variacións. Reflexaremos os cambios que tiveron lugar a finais do século XIX e comezo do XX. No ano 1882 e perante case un ano, o Director General de Instrucción Pública mandou que non se admitira a matrícula de segunda ensinanza ás mulleres, pero si para a 101 ABRINDO CAMIÑOS: AS NOSAS PIONEIRAS DE CIENCIAS VI Xornada Universitaria Galega en Xénero Universidade para as que tiveran o grao de bacharelato. O 25 de setembro de 1883 autorízase de novo a matrícula de segunda ensinanza, e engádese a salvedade de que «sin derecho a cursar después los de Facultad». Despois a Real Orden, del 11 de junio de 1888, dí: “...ha tenido a bien acordar que las mujeres sean admitidas a los estudios dependientes de esa Dirección General como alumnas de enseñanza privada; y que cuando alguna solicite matrícula oficial se consulte a la Superioridad para que resuelva según el caso y las circunstancias de la interesada...”, polo tanto, tiñan que solicitar ao Ministerio de Instrucción Pública o permiso para facer estudos universitarios (Fernández García M.I. 2015, Bermejo M.R. 2017). Coa aplicación desta lei comeza o primeiro acceso e a matriculación dalgunhas mulleres na universidade. Mais a súa presenza é moi escasa e con moitos impedimentos xa que teñen que pasar outros case 20 anos ata a R.O. de 8 de marzo de 1910. A Real Orden de 1888 sería derrogada por outra do 8 de marzo de 1910; a Gaceta de Madrid publicou esta Real Orden del Ministerio de Instrucción Pública que dirixía entón Conde de Romanones, permitindo por primeira vez a matriculación de alumnas en todos os establecementos docentes. Pero aínda tivo que facerse unha reforma, o 2 de setembro de 1910, para que as licenciadas puideran desenvolver a profesión para a que posuían o título, xa que non se contemplaba na anterior R.O. e despois de que a algunhas mulleres se lles prohibira facelo. Abriuse así un primeiro paso para o acceso das mulleres á ensinanza universitaria, polo menos desde o punto de vista formal. Desde a aplicación desta lei o acceso das mulleres á universidade vaise facendo notar pouco a pouco. Non é o caso de Manuela Barreiro Pico, que foi a 1ª Licenciada da USC (Fernández García M.I., 2017) que se matriculou no ano 1896 polo que tivo que solicitar os correspondentes permisos. ESTUDOS EN LUGO Nas últimas décadas do século XIX en Lugo e provincia algunhas mulleres, moi poucas, fan o bacharelato e examínanse por libre no Instituto de Segunda Enseñanza que de 1872 a 1942 tiña a súa sede no Pazo de S. Marcos; un número maior de mulleres fan estudos para mestras na Escola Normal Provincial. O Instituto Feminino de Lugo créase por decreto o 9 de outubro de 1939, pero non é ata o ano 1942 que comeza a funcionar ao separarse do Masculino, tiña a súa sede no Pazo de S. Marcos e no Pazo de Conde Pallares (Prado Gómez A. 2013). 108 Mª Isabel Fernández García, Ana M González Noya, Marcelino Maneiro, Esther Gómez Fórneas, Laura Rodríguez Silva, Lara Rouco Méndez VI Xornada Universitaria Galega en Xénero ano 1930. Foi moi activa na súa carreira facendo numerosos cursos: “Curso de análise bromatóxico” na Facultade de Farmacia de Santiago (29/9/1931), “Ampliación de estudos sanitarios” no Instituto Provincial de Sanidade de Pontevedra para farmacéuticos (29/10/1931). Foi Farmacéutica Titular e Inspectora Municipal desde o 15 de setembro de 1932 en S Clodio (Lugo). • Eloisa Rivadulla Álvarez, 1911 en Osedo (A Coruña): 1ª Médica Pediatra. (1940). Estudou en Santiago na Facultade de Medicina desde 1930 ata 1939. Exerceu como médica-pediatra en Chantada (Lugo) desde 1939, obtivo praza como Pediatra no Seguro Obligatorio de Enfermidade, (BOE nº 191 de 10 Xullo de 1951) e posteriormente Pediatra na Seguridade Social. Foi unha avanzada o levar con grande anticipación a Chantada as vacinas das enfermidades infantís, sendo moi estimada e respectada por tódolos veciños. Déronlle o seu nome o CEIP Eloisa Rivadulla de Chantada e o centro e o alumnado lle dedicaron unha revista. • Mª Teresa Fernández Rodríguez, 1913,Chantada (Lugo): 1ª Profesora Auxiliar de Universidade 1ª Investigadora.(1933-34). Estuda Farmacia na Universidade de Santiago, no último curso destaca polas brillantes cualificacións especialmente en Análise Químico onde consigue un sobresaliente con matrícula de honra. Realiza o depósito para el título de licenciada el 1 de agosto de 1932. No curso 1933-34 foi Profesora Auxiliar de prácticas de Química Analítica na Fac Farmacia de Santiago de Compostela. Deses anos de traballo de investigación no laboratorio resultan as publicacións en colaboración con A. Charro, o artigo «Análisis de los mostos gallegos», na revista “La Voz de la Farmacia”, Madrid, Issn/Isbn 02130890, ano 1933, Vol IV, num 4 de Agosto, pax 487-488, e colaborou noutros artigos que se publicaron na revista de Santiago de Compostela “Anales” como «Composición química de productos alimenticios gallegos» e «Análisis de las aguas minero - medicinales de Galicia».Coincide ca época da guerra e volve a Chantada onde tivo a Oficina de Farmacia e desenrolou súa vida profesional ata a súa xubilación. • Isaura Aurea Usero Souto, 1913, Carballiño (Ourense):1ª Profesora de Matemáticas de Instituto de Bacharelato (1940) e Catedrática (1980). Natividad Mejuto e Concepción Carnero, das primeiras profesoras auxiliares de clases prácticas na Facultade de Ciencias, presentaron a Isaura Usero na Sociedade Española de Física y Química no ano 1933. Foi profesora na Academia Balmes de Lugo de 1940 a 1942. É nomeada profesora de Matemáticas do Instituto Femenino de Bacharelato de Lugo no curso 1940-41. Tras revisión de expediente é rehabilitada na docencia en 1942 (BOE nº 124 de 4 de maio de 1942). Continou como profesora 109 ABRINDO CAMIÑOS: AS NOSAS PIONEIRAS DE CIENCIAS VI Xornada Universitaria Galega en Xénero ata que en 1958 é nomeada profesora Adxunta no Instituto Fray Luis de León de Salamanca. Foi nomeada catedrática de Matemáticas do Instituto da Coruña no 1980 ata a súa xubilación. • Mª de la Paz Gasalla Rivero, 1918, Lugo:1ª Médica Oftalmóloga (1945). Cursou a carreira de Medicina na Facultad de Medicina de Santiago de 1939 a 1945. Na súa promoción eran 4 mulleres e 84 homes. Especializouse en oftalmoloxía na clínica do Dr Gasalla, seu pai e traballou no Hospital Provincial de Lugo facendo a oposición como Oftalmóloga de dito Hospital o 14 de outubro de 1957. Pasou despois ao Seguro Obligatorio de Enfermidade, e posteriormente Oftalmóloga da Seguridade Social. Desempeñou súa profesión en Lugo na consulta privada na rúa Armañá e despois na rúa Ourense. • Celia Touza Pérez, 1919, Pobra de Brollón (Lugo): 1ª Estomatóloga Odontóloga (1947). Estudia Maxisterio de 1939 a 1941 e despois comeza os estudo de Medicina na Facultade de Santiago de Compostela, de 1942 a 1945, trasladase a Madrid onde estudia na “Escuela de Estomatologia - Facultad de Medicina” que se inaugurou no ano 1943 despois de trasladarse do vello caserón de S. Carlos. Era a única escola en España naqueles tempos. Acada o titulo no ano 1947. Na súa promoción foron 9 mulleres e 66 homes. Exerceu na súa consulta na Pobra de Brollón ata a súa xubilación no 1979. Orlas das promocións de Farmacia do curso 1941 e de Medicina curso 1945 NOTA Somos conscientes de que os itinerarios reseñados son unha moi pequena mostra das dificultades e loita das mulleres por acadar un posto na sociedade daqueles 110 Mª Isabel Fernández García, Ana M González Noya, Marcelino Maneiro, Esther Gómez Fórneas, Laura Rodríguez Silva, Lara Rouco Méndez VI Xornada Universitaria Galega en Xénero tempos tan desiguais para elas e con todo e así desenrolaron unha magnifica labor. Móstranos como foron progresando no abano de especialización das profesións abranguendo campos cada vez máis amplos e aloxados dos que a sociedade contemplaba como femininos. Haberá mulleres que están por rescatar do esquecemento a que foron sometidas e esperamos que esta lectura faga que os coñecedores delas nos transmitan seus datos. BIBLIOGRAFÍA Bermejo Patiño, Manuel R.; Fernández García, Mª Isabel; Fernández Fernández, Beatriz; Gómez Fórneas, Esther; González Noya, Ana M.; Rodríguez Silva, Laura; Maneiro Marcelino; Pedrido, Rosa; García-Seijo, Inés; Pintos Barral, Xoana (2015), A ciencia en Galicia e os científic@s do século XVIII; Boletín de Ciencias, nº 81, Ano XXVIII, Ed. ENCIGA, ISSN:0214-7807. Fernández García, M Isabel (2015), Os Científicos lucenses do século XVIII, Lvcensia, ISSN 1130-6831, nº 51, (Vol. XXVI), páx 85-102. Lugo Fernández García, Mª Isabel (2016), Cientifícas lucenses do século XIX e comezo do XX. As primeiras universitarias de Ciencias en Lugo, Lvcensia, Ed. Biblioteca Seminario diocesano de Lugo ISSN 1130-6831, nº 53, Vol XXVII, páx 31-64.Lugo. Fernández García, Mª Isabel (2017), Manuela A. Barreiro Pico, Ribadense destacada, 1ª Licenciada en Farmacia de Galicia (1900), Ed. Deputación Provincial de Lugo, ISBN 978-84-697-4468-0, DP Lu 102. Lugo. Pintos Barral Xoana Liste López Socorro (2013), Las primeras docentes de Ciencias en la Universidad de Santiago, XVI Coloquio internacional AEIHM.(Asociación Española de Investigación de Historia de las Mujeres), www.aeinm.org, Salamanca. Prado Gómez, A. (2013), O Instituto Provincial de Lugo 1842-1975, Ed. Servizo de Publicacións Deputación de Lugo, ISBN 978 84 8102482-4. Lugo Sanmartín Míguez, J. Santiago; Brasa Arias, Beatriz (2007), De pharmaceutica scientia:150 años de la Facultad de Farmacia (1857-2007), Ed. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela. ISBN, 978-849750-797-4. Santiago de C. 111 ABRINDO CAMIÑOS: AS NOSAS PIONEIRAS DE CIENCIAS VI Xornada Universitaria Galega en Xénero Varela González, Isaura (1989), La Universidad de Santiago 1900-1936, Ed. Castro, serie DOCUMENTOS, ISBN:84-7492-456-1. Santiago de C. Sobrado Correa, Hortensio (2001) La ciudad de Lugo en el antiguo Régimen, siglos XVI-XIX, Servicio de Publicaciones, Diputación Provincial de Lugo, ISBN 84-8192196-3. 112 VI Xornada Universitaria Galega en Xénero