A disciplina de Física e Química na educación secundaria do século XIX, modelos, recursos e produción do coñecemento, o modelo español á luz das ideas vixentes en Europa e a súa concreción en Galicia
Full text
UNIVERSIDADE DE SANTIA GO DE COMPOSTELA
Facultade de Ciencias da Educación
Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e
Pedagoxía Social
TESE DE DOUTORAMENTO
A disciplina de Física e química na educación secundaria do
século XIX. Modelos, recursos e produción do coñecemento.
O modelo español á luz das ideas vixentes en Europa e da
súa concreción en Galicia
Autor: Rafael C. Sisto Edreira
Director: Prof. Dr. Antón Costa Rico
2007
RAFAEL CARLOS SISTO EDREIRA presenta o traballo de investigación «A
disciplina de Física e quím ica na educación secundaria do século X IX.
Modelos, recursos e produción do coñecemento. O modelo español á luz das
ideas vixentes en Europa e da súa concreción en Galicia» como Tese de
Doutoramento, co obxecto de acadar o grao de Doutor en Ciencias da
Educación pola Universidade de Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, a 8 de xaneiro de 2007
Asdo.: Rafael C. Sisto Edreira
A disciplina de Física e química na educación secundaria do
século XIX. Modelos, recursos e produción do coñecemento.
O modelo español á luz d as ideas vixentes en Europa
e da súa concreción en Galicia
ÍNDICE XERAL
Índice Xeral I
Introdución VII
Comentari o introd utorio IX
Delimitación temática X
Obxectivos da investigación XII
Ámbito xeográfico e temporal XIII
Relevancia social e científica XIV
Hipóteses XV
Criterios hi storiográfic os e metod oloxía de tr aballo XVI
Fontes históric as XIX
Centros de documentación XXIII
Estrutura do traballo XXV
Agradecementos XXVI
CAPÍTULO 1. A Física e química como disciplina escolar. Historia da ciencia
e historia da educación
1.1. A historiog rafía sobre a fí sica e a química, e o seu ensino, n o Estado esp añol 3
1.1.1. Unha vis ión de Estado. Referencias c omúns e d iferenzas 3
1.1.2. A situación en Galici a 7
1.2. O contexto educativo. Referenci as básic as na historia da educ ación secun daria 11
1.3. O código d isciplinari o da Física e quím ica 14
CAPÍTULO 2. As raíces do código disciplinario da Física e química
2.1. O proceso de instituci onalizaci ón da Física 23
2.1.1. A física: un saber c on tradición. As op inións relativas ao método científico
en relación c oa física
23
2.1.2. A incor poración d a física ao mund o acad émico das universid ades 36
2.1.3. A crise d o modelo: Física ex periment al versus Física arist otélica 38
A creación da cátedra de Física ex periment al na Universidade de San tiago
de Compostela 44
Unha ex perienc ia compar ativa: a Físic a experim ental en P ortugal 59
2.1.4. As cátedras d e Mecánica nas R eais Socie dades Económic as de Am igos
do País
61
A cátedra de M ecánica ap licada ás Artes da Real Sociedad Económica de
Amigos del País de S antia go 63
2.2. O proceso de instituci onalizaci ón da Q uímica 67
2.2.1. A químic a: un saber tar dío cunha longa tradici ón prá ctica 67
A Alquimia. En tre a perturbaci ón filosófic a e a contri bución t écnica 76
2.2.2. A incor poració n da quí mica ao m undo ac adémico. Universi dade e colexios
prácticos
81
A química en Gali cia. Antecede ntes e concr eción un iversitari a 82
2.2.3. As cátedras d e Química aplic ada ás Ar tes nas Reais Soci edades
Económicas de Amigos do Pa ís
91
A cátedra de Qu ímica aplicada ás Artes da Real So ciedad Económica de
Amigos del País de S antia go 94
2.3. A Física e química : O ac hegament o educativ o e formal de dúas disc iplinas con
distintas tradicións e contidos difer enciados
101
2.3.1. Un camiño parel lo pero distante dentr o da filosofí a natural 101
2.3.2. A progre siva conflu encia das d úas disc iplinas 109
CAPÍTULO 3. A segunda ensinanza en Europa e o ensino da física e a
química. Modelos, concrecións e medios.
3.1. O concept o de segun da ensin anza. Aspect os ideolóx ico-educat ivos 115
3.1.1. A sistematiz ación da escolariz ación secun daria. A ins titucionaliz ación dun
novo sistem a educativ o
122
3.1.2. Educac ión sec undar ia e educ ación i ndustria l. Defin indo mod elos 126
3.2. A segu nda ensinanza en Europa. Re ferencia s comparativa s 131
3.2.1. O modelo educ ativo prusi ano. Características xer ais 133
3.2.2. O modelo educ ativo francés. Car acterísticas x erais 143
3.2.3. O modelo educ ativo po rtugués. Car acterísticas xer ais 151
3.2.4. O modelo educ ativo br itánico. Características x erais 154
3.2.5. Visión x eral sobre o m odelo educati vo doutr os países europ eos 156
A situación educat iva en Grecia 157
A situación educat iva na Lombar día e noutros estados itali anos 158
A situación educat iva en Bélx ica 159
A situación educat iva en Rusia 160
3.3. As posíbei s referenc ias: A física e a quí mica no s curricul a da educac ión
secundar ia eur opea no perío do previo á conc reción do mo delo
educativ o españo l para o e nsino sec undar io.
162
3.3.1. A física e a q uímica no curric ulum da educaci ón secun daria en Prusia 162
3.3.2. A física e a quími ca no curric ulum da educación s ecundar ia en Fr ancia 170
CAPÍTULO 4. A fase constituínte do código disciplinario da Física e Química
no Estado español
4.1. Os pasos dec isivos. Refe rencias e c haves prop ias 185
4.1.1. ¿Que física cóm pre integrar no curri culum? A «cie ncia das cousas
comúns»
186
4.1.2. A física e química no ensino in dustrial 191
4.1.3. As pezas cha ve no m odelo educativ o españo l 192
4.2. A construc ión social d a Física e química como di sciplina esc olar 197
4.2.1. O proce so de integrac ión curric ular 198
4.3. A materia de Físic a e química nos curr icula d o ensino s ecundar io en Espa ña. 203
4.3.1. Os primeir os pasos. Das Cortes de Cádiz a 1836: un difíc il encadr e 203
O proxecto libe ral: Proyecto d e decreto par a el arregl o de la enseñanza
pública , de 7 de marzo d e 1814 203
O regreso de Fernando VII: A volta aos vellos plans 205
O trienio libera l (1820-1823): O Reglamento Gen eral de Inst rucción Pú blica
de 1821 206
A reacción ab solutista: Os plans de C alomarde 207
4.3.2. Asentan do un model o: do Pla n do Duque d e Rivas ao Pl an Pidal 211
O proxecto dos liberais m oderados: O Plan General de Ins trucción P úblic a
de 1836 (Pl an do Duque de Rivas) 211
Desorde l exislativa: O Arre glo Provisi onal de 1 836 e os proxe ctos de
Someruelos ( 1838), d e Infante (184 1) e do Cons ejo de Ins trucción
Pública (1844)
214
4.3.3. Unha et apa de co nsoli dación: de 1 845 a 1857. O Pl an Pidal e as s úas
posteriores mo dificacións
220
O Plan Xeral d e Estudos de 1845 (Pl an Pidal ), o seu dese nvolvem ento
regulament ario e o Pl an de Es tudos de 184 6 221
Unha progr esiva involuc ión: As perm anente s reformas at a 1852 229
4.3.4. A consol idación do mod elo educativ o liber al: a Lei M oyano de 1 857 e as
súas posteriores ref ormas
240
A Lei de Instru ción Públic a de 18 57 (Lei Moy ano) 240
As reformas ne cesarias: O Pr ograma Ge neral de es tudios de s egunda
enseñan za de 1 858, o Re glamento de segun da ense ñanza de 1859 e o
Real Decreto de agost o de 1861
244
4.3.5. Os camb ios que se av eciñan: a "cuest ión univer sitaria" com o prel udio da
revolución de 1 868. Reacción e revol ución.
251
A reacción: O Pla n de estudo s de 1866 e o Regula mento d e 1867 251
A revolución: O Re al Decreto d e outubro de 186 8 253
4.4. O profesor ado que s e necesit a. Capacit ación e sele cción 258
4.5. Os libros d e texto como ferramenta s ignificat iva de inst rución 268
CAPÍTULO 5. O ensino da materia de Física e Química : espazos, materiais
didácticos, programas, contidos e métodos de ensino
5.1. Os centros de e nsino. Xénes e e características dos inst itutos 279
5.2. Os gabinetes d e física e os labor atorios de química: A spectos l exislativ os e
normativos. D otación bás ica e mob iliario
284
5.3. O ensino da Física e quím ica : programas, contidos e méto dos de ensino 295
X
dende unha formación «de ciencias» que o sistem a formativo tende a distanciar do campo
educativo e da súa propia histor ia, asumimos parte dese reto, colaborando nun proxecto global
que necesariamente debe facerse dende o estudo e reflexión sobre cada unha das disciplinas.
Esta investigación obríganos, por outra banda, a incidir no camp o -tamén relegado educativa e
institucionalmente no noso país- da historia da cienc ia e, en particular, o da historia da física e a
química. Recoñecemos este saber emerxente co mo a orixe das nosas inquedanzas educativ as,
coma o motor das nosas preocupacións inte lect uais, e pretendemos colaborar a un
achegamento interdisciplinario que consideramos chave para c ompletar o horizonte do xa
consolidado campo da historia da educación. Disc ut ir sobre «a ciencia que s e fai» e a «ciencia
que se ensina», tanto no present e como cunha visión retrospec tiva, require deste traballo
conxunto que ten pendente delimit ar o campo e as regras dun xogo de enorme potencialidade,
tal e como nos ten demostrado nas últimas déc adas a cooperac ión entre os investigadores
franceses da historia da educaci ón e da historia da ciencia.
Non esquecemos que a investigació n histórico educativa non se limita á análise e valoración da
documentación formal, ao estudo das liñas or ientadoras que se conc retan en proxectos e
decretos, aínda que se complemente co papel desen volvido polos distintos actores -persoais e
institucionais- que interveñen no proceso. Neste sentido pres tamos unha especial atención a
determinar as concrecións reais da política educat iva nun ámbito delimitado e periférico como o
de Galicia, mostra que consideramos fiel e r epresentativa do conxunto do territorio peninsular
con moi marcadas excepcións.
Delimitación temática
O ámbito da investigación céntrase na xénese da disciplina de Físic a e química , entendida co mo
un conxunto de saberes máis ou menos compatí beis e/ou c omplementarios aos que se lles dá
un status formal; na identificac ión do modelo educ ativo -orixina l ou copiado- que rexe a súa
concreción académica; na inclusión da mate ria no curriculum do ensino secundario e na
identificación dos autores dese deseño; nas decisións políticas e administrativas que condicionan
o seu desenvolvemento e alteran o seu prot agonismo; no papel que desempeñan as persoas
encargadas de poñer en práctica o modelo e no c onxunto das súas prácticas profesionais; nos
medios, materiais e espazos dos que dispoñen; na r elevancia e incidencia soc ial que acada o
proxecto e os seus actores; na avaliación dos resultados obtidos en relación cos obxectivos
propostos; e na posta en valor das testemuñas pat rimoniais histórico-ci entífico-pedagóxicas que
conservamos do proceso.
Consecuentemente tomamos como referencia de delimitación temática e asumimos como punto
de partida, o concepto de «código disciplinario» def inido polo profesor Cuesta Fernández como
Introd ución
XI
aqueles elementos claves que organizan unha disci plina académica, coas matizacións e
consideracións que, polo miúdo, discutiremos e fixaremos no capítulo 1.3. En calquera caso,
esta decisión implica artellar a estrutura da investigación nas distin tas etapas temporais e
conceptuais que define o propio concepto, entendido tamén como ferramenta de procedemento.
Unha parte importante da investigac ión estará orientada a detectar as influenzas que os dist intos
sistemas educativos europeos pu ideron ter na xénese e incorporación da disc iplina ao ensino
español, así como as imitacións ou emulacións que puideran terse dado no campo da formación
dos profesionais, da selección e estruturación de contidos, da elección de materiais didácticos e
do deseño de espazos destinados a esta practi ca educativa. Esta in tención obriga a unha
descrición básica dos modelos educativos xerais nos que a materia se integra nos distintos
países, cando menos daqueles que supomos que tiveron unha maior incidencia.
A conxunción das distintas liñas temátic as de investigación que propoñemos realizarase coa
orientación que mostramos no seguinte mapa conceptual:
Código disciplinario da F e Q
Raíces - Fase constituínte
Física e Química Incorpora a Modelos
Paradigmas materia no educativos
Ideas chave - Debates europeos
Experimentalidade
Modelo educativo español
para o ensino secundario
¿Incorporadas no? ¿Referencias guía para o?
Programas
Determina un tipo de Definen necesidades Ordena e regulamenta
Profesorado Materiais didácticos Concreción normativa
Produción do coñecemento (Disponibilidade e uso) Disposicións xerais
Manuais
Recursos
Referencia para Referencia para Referencia para
Avaliación do Modelo
Análise da súa aplicación e funcionalidade
Claves para Claves para
Resultados académicos Resultados sociais
Profesionais - industria
XII
Obxectivos da investigación
1. Definir o código disciplinario da Física e química , materia que se incorpora ao ensino
secundario español na década de 1840. Trátas e, entre outras cousas, de recuperar a
memoria histórica do ensino desta disciplina, de bus car o conxunto de valores e ideas que
lexitiman a súa incorporación ao curriculum, de determinar o contexto social no que isto se
produce -tamén os intereses sociais que este feit o reflicte-, e de categor izar xeneticamente os
contidos do ensino e a súa práctica docente, en si mesmos considerados e no contexto dos
plans de estudos que se analizará n, observando tamén a súa estab ilidade e posíbeis rupturas
e innovacións.
2. Buscar o modelo seguido polos gobernos españois no deseño e concreción lexislativa das
disposicións que deron lugar ao ens ino secundar io e á incorporación a el da materia de Física
e química . Esta busca ten un sentido xeográfico -comparación de realidades educativ as
nacionais diferenciadas- e un sentido ideolóxi co -fluxo de ideas e modelos representados
polas diversas correntes ideolóxicas, espalla das polos distintos países, pero con mutuas
dependencias e referentes conxuntos-.
Trataríase de atopar, na educación secundaria , un modelo similar ao que Prusia supuxo para
a instrución primaria. A lei de instrución primaria deste Est ado, preparada con disposicións e
ensaios parciais por espazo de dezaoito anos -que respondían a medio século de tradición
innovadora-, supuxo despois un m odelo para as leis sobre educac ión primaria de case toda
Europa.
3. Estudar e comparar a preparación do profesorado que accede ao ensino da Física e Química
na ensinanza secundaria en Europa. Partindo de r ealidades ben diferenciadas, e máis alá do
expresado nas leis educativas dos Estados, o éxito dos modelos educat ivos no ensino das
ciencias pasa, necesariamente, polo nivel de preparación dos docentes, que implica o
recoñecemento do saber teórico e/ou empírico no que se apoian, con maior razón se nos
referimos a unha utilización práctica nas aulas do material didáctic o, das máquinas e do
instrumental científico.
4. Descubrir, a partir dos programas, manuais, mate riais didácticos e do inst rumental científico, a
actualidade científica do que se ensinab a, a metodoloxía empregada no ensino da Física e
química pola xeneralidade do profesorado, o carácter máis ou menos práctico da materia, a
súa adecuación ao modelo teór ico deseñado para a disciplina, os autores e textos que
Introd ución
XIII
gozaban de maior prestixio, e o carácter máis ou menos permeábel do sistema ás
innovacións externas e ao posíbel control ou avaliación interna.
5. Determinar os resultados prácticos do m odelo de instrución científica no Estado español
durante o século XIX -en particular , no que se refire á materia de Física e química -, á luz da
análise intensiva dunha zona concreta de aplic ac ión do plan, Galicia. Esta valoración
microhistórica -que en principio non ten por que te r moitos riscos particulares ou diferenciais-,
xunto coas referencias de carácter xeral e cos dat os selectivos de fóra , permitiranos valorar o
grao de eficacia e de extensión do modelo.
Ámbito temporal e xeográfico
A investigación céntrase, de forma prioritaria, nun intervalo temporal que engloba o último cuarto
do século XVIII e os tres primeiros cuartos do sé culo XIX, uns cen anos nos que consideramos
que se perfilou a delimitación de contidos e procedementos das dúas disciplinas científicas -a
física e a química-, un tempo no que confluíron entre elas e se distanciaron doutras na súa
orientación cara o ensino -máis marcadament e no caso do nacente ensino secundario-, un
período no que se deron os pasos clave para defin ir e asentar o sist ema educativo no que á
ensinanza secundaria se refire, e no que se produciu unha integración estábel da nova materia
nos curricula da secundaria.
Se buscamos datas de referencia, o punto de partida poderíamos situal o en 1771, ano no que o
ministro Campomanes presenta a súa proposta para incorporar as novas di sciplinas científicas á
universidade española favorecendo o seu tratam ento experimental, feito que dará lugar, por
exemplo, á creación das cátedras de Física ex perim ental nos anos seguintes. O punto final de
referencia temporal sitúase arredor de 1874, ano no que un golpe de estado remata coa
experiencia republicana e co cham ado sexenio revolucionario no que se produciran os intentos
de modificación curricular máis ambiciosos e signi ficativos, moi especialmente no que se refire
ás materias de ciencias.
Temos que sinalar que estas datas non son lindes pechadas, xa que mesmo teremos que
retroceder ao tempo da Grecia clásica para bu scar as correntes filosó ficas que condicionaron de
xeito drástico o desenvolvemento da física, e ta mén miraremos cara as primeiras décadas do
século XX, se consideramos necesario ver cara onde evolucionaron certas tendencias
pedagóxicas que xa se insinuaban nos anos que abrangue o noso estudo.
Xeograficamente, as lindes son máis claras e t eñen tres distintos niveis: o marco central é o do
Estado español, ámbito territor ial afectado polas actuacións en política educativa e que mostra
unha certa homoxeneidade -non sen marcadas dife renzas- nos procesos que afectan ao
XIV
desenvolvemento das disciplinas ci entíficas que tratamos. Nun nivel máis amplo, e tamén tratado
de xeito máis superficial, situamos o continent e europeo como zona de influenza educ ativa e de
interacción entre sistemas, con posíbeis fluxos de ideas e de comunicac ión de experiencias. Por
último, no nivel máis próximo situamos a Galic ia, espazo no que facemos unha análise máis
detallada das actuacións educativas e das súas consecuencias.
A incursión circunstancial noutros ámbitos terri toriais, fundamentalmente no momento de sinalar
feitos significativos na historia da ciencia e na historia da educ ación que puider an ter relevancia
para o noso estudo, non resultan significativos dende o punto de vista da del imitación territorial
da investigación.
Relevancia social e científica
Dende o punto de vista científico, a relevancia da investigación propos ta reafírmase coa
existencia de varios traballos e teses que, c un enfoque máis ou menos coincidente segundo os
casos, abordan outras disciplinas académicas como a historia, as matemáticas ou as ciencias
naturais, e cos estudos rea lizados noutros países -fundament almente en Francia-, cunha
orientación relativamente semell ante. Ao tempo constátase unha escasa produción sobre a nosa
materia no Estado, no que en todo caso os est udos existentes t eñen un perfil parcial e moi
concreto, ou un carácter marcadamente xeral e pouco definido.
A este respecto, comprobamos que nos estudos sobre a socioxénes e doutras disciplinas
escolares non se atopa unha análise comparativa co n outros países europeos, proceso que nós
consideramos clave para a investigación. Ben é certo que a materia de Física e química pola
incorporación do seu carácter experimental no ei do educativo, podía ter referentes claros ou
experiencias previas noutros países, con reflexos vis íbeis nos plans de estudo e nas posicións
político-educativas concretas, pero podemos conx eturar que algo similar poder ía ter acontecido
con respecto a outras disciplinas. De tal modo, pretendemos que a nosa tese ofreza ese
necesario e rico contraste comparativo ao panor ama emerxente do coñecemento histórico dos
curricula escolares.
Dende o punto de vista social, a análise histórica das políticas educativas s emella unha peza
básica para a toma de decisións cara ao futuro. Nos últimos anos asistimos a un intenso debate,
con importante presenza mediática, sobre o escaso peso das «humanidades» no curriculum
escolar, fronte a visións que valoraban máis a compoñente técnica e cien tífica que os cidadáns
deben ter para enfrontar o mundo actual. Esta di scusión -practicamente nos mesmos termos-,
condicionou os debates educativos ao longo de todo o século XIX; determinar os modelos e as
concepcións que primaron na toma de decisións e analizar as sú as consecuencias educativ as e
sociais semella un coñecemento útil e rendíbel para o conxunto da sociedade.
Introd ución
XV
Hipóteses
Hipótese principal
Consideramos que a percepción dominante na comunidade cient ífica vencellada á historia da
educación é a existencia dunha ma rcada influencia francesa no modelo de desenvolvemento do
ensino secundario español, sinaladamente na ensinan za dos contidos científicos. Os primeiros
achegamentos ao tema investigado -previos ao inic io deste traballo-, fannos pensar que esta
afirmación debe ser cuestionada, cando menos par cialmente, ou debidam ente complementada.
A plena incorporación das cienc ias ao ensino secu ndario en Francia non ten lugar de forma
estábel ata o ano 1852, e aínda que os debates mantidos ao longo da década de 1840 tiveron
unha gran relevancia na prensa educativ a da época, non se pode af irmar que un suposto modelo
francés, sen mediana concreción e fortemente c ontestado, puidera ser a base da completa
redacción do Plan Pidal e da súa minuciosa regulam entación, especialmente no que ás ciencias
se refire.
Pola contra, a formación de gabinetes científico s semella, en Prusia, unha práctica máis ou
menos xeneralizada nos centros de ensino sec undario e nas casas de pensións que,
posteriormente, debeu ser incorporada á normativa ou á lexislación. Este proceso, froito dunha
longa tradición iniciada con Pest alozzi e continuada por Fröbel e outros, é contraposto ao
acontecido na maioría dos centros educativos do Estado español, nos que a lex islación é previa
á formación dos propios centros e das coleccións científicas dos gabinetes.
Sospeitamos unha disfunción entre a práctica educ at iva habitual, a transla ción lexislativa das
necesidades do ensino e a concreci ón real das obrigas impostas pol a lexislación no conxunt o
dos estados europeos. No Estado español inco rporouse na lexislació n a obrigatoriedade do
material científico de apoio ao ensino bastante cedo, e logrouse que os centros educativos
respondesen a esa demanda tamén con bastant e celeridade e de forma xeneralizada.
Non descartamos tampouco que o deseño ed ucativo xeral e mesmo da materia de Física e
química que se integra no curriculum do ensino secundario en España, tivera unha ampla
contribución xurdida de propostas orixinais. Ob viamente a transferencia de experiencias e a
análise premeditada da s ituación educativa doutros país es existiu e foi relevant e, pero este feito
non contradí que puideran xurdir propostas anovadoras e cun alto nivel de adaptación á
realidade existente no país.
XVI
Hipótese secundaria
No que se refire ao ensino da Física e química, todo indica que a actividade práctica,
demostrativa e/ou experimental desenvolvida na cá tedra polos profesores da materia, non foi
todo o ampla que sería de desex ar, limitando en certa medida os logros buscados coas
reformas, que supuxeron en todo caso a creación dos laboratorios e gabinetes . Semella que o
ensino da física foi, no mellor dos casos, marc adamente demostrativo por parte do profesor, sen
participación directa dos alumnos. O ensino da química, aínda que moi limitado e con graves
problemas pola dificultade para estabelecer nos centro s laboratorios independentes dos
gabinetes, parece que permitiu un traba llo máis experimental na aula.
Apúntase que esta limitada tendenc ia ao traballo experimental, sempre moi condicionada pola
actitude dos profesores, sufriu modificacións importantes nas últimas décadas do séc ulo XIX,
época na que se chegan a publicar nas revistas especializadas algunhas experiencias de aula
realizadas en institutos de Galicia.
Criterios historiográficos e metodoloxía de traballo
A presente investigación pretende situar as súas análises e conclusións no marco dunha visión
global da historia educativ a e soc ial do conxunto do Estado es pañol para o período estudado. O
marco político-pedagóxico é unha peza chave na investigación, que perdería moitas das súas
referencias válidas senón fósemos capaces de en caixalo nas dinámicas sociais, económicas e
relixiosas do momento.
Co obxecto de contrastar as hipóteses avanzadas procuramos recoñecer e recoller o conxunto
de feitos históricos que dan co rpo ao problema a estudo, sele ccionando os que cons ideramos
significativos e artellando con eles unha trama analítica que permita a contextualización e
valoración dos acontecementos educativos que están no cerne da investigación. Ademais,
resulta particularmente important e dispoñer dun par adigma novo con marcas post-estruturalistas
en relación coa historia do curriculum, que se enmarca dentro da perspecti va da historia socio-
cultural da educación, porque iso permite escudriñar unha parte fundamental do ensino que os
historiadores ignoraron anteriorment e; referímonos aos procesos internos ou de «caixa negra»
da escola.
A historia social do curriculum trata de explicar os procesos de constitución, formalización e
desenvolvemento escolar dos saberes académicos, e mesmo tamén as claves socio-estruturais
e pedagóxicas da súa operatividade, funcionalidade e eficiencia, o que nos debe aproximar a
dilucidar como as disciplinas escolares e as materias de estudo constituíron mecanismos para
Introd ución
XVII
designar e diferenciar estudantes. A corr ente analítica da «historia social do curriculum» ofrece
unha forma de analizar as complexas relacións ex istentes entre a escola e a sociedade, porque
mostra como as escolas reflicten e refractan a un tempo as definic ións da sociedade sobre o que
é un coñecemento culturalmente valioso, en fo rmas que desafían os modelos simplistas da
teoría da reprodución 2 .
Debemos sinalar, a este respecto, que nos re ferimos á análise da construción histórica dos
saberes e das ciencias, á historia dos diversos campos conc eptuais e á súa r e-construción e
translación didáctica. A perspectiva social enf ocada por Goodson, as aportacións de A. Giordan
dende as referencias didácticas e da aprendizaxe 3 , e os estudos relativos á interrelación entre a
«historia das disciplinas escolares» e o co nxunto da «c ultura escolar», abordados por A.
Chervel 4 e aos que tamén se refire A. Viñao 5 , ofrecen un panoram a suficientemente rico sobre
as cuestións implicadas na elucidación histórica das disciplinas escolares como «configuracións
específicas» da cultura escolar por unha parte, e na clarificación e comprensión da xénese das
prácticas docentes e discentes -e dos seus disp ositivos-, como escenario pr oblemático onde
encadramos os concretos problemas a estudo na presente investigación.
Non queremos perder a perspectiva da nosa proc edencia académica que, en todo caso, encaixa
perfectamente na aseveración de Giovanni Genovesi 6 de que non existe o historiador , existen os
historiadores dos diferent es dominios disciplinares , aplicada á historia da educación, á historia da
ciencia e aos que intentamos estabelecer pontes de colaboración interdisciplinaria. Dende ese
punto de vista vencellado á cienc ia, pretendemos e scapar da historiografía máis tradicional e
positivista, e buscar asento nas correntes críticas -xurdidas a partir de 1950-, que evitan
sacralizar a ciencia e a tec noloxía, e que mesmo evidencian a súa potenci alidade como
instrumento de dominio ao servizo do poder.
2 Ivor F. Goodson, Historia del curriculum. La construcción social de las disciplinas escolares , Barcelona,
Ediciones Pomares-Corredor, 1995, p.33.
3 André Giordan, Une didactique pour les sciences expérimentales , París, Belin, 1999, e André Giordan
(ed.), L´Éleve et/ou les connaisances scientif iques: appoche di dactique de la construction des concepts scientif iques
par les élèves , (2ª ed.), Berne, Peter Lang, 1987.
4 A. Chervel, La culture scolaire. Une approche historique , París, Belin, 1998.
5 A. Viñao Frago, «El libro de text o y las disciplina s esco lares: una mirada a sus orígenes», en A. Escolan o
Benito, Curriculum editado y sociedad del con ocimiento: texto, multimedia lidad y cultura de la escuela , Valen cia,
Tirant lo Blanch, 2006, pp. 109-140.
6 Giovanni Genovesi, «Problemas de historiografía de la educación», Revista de la Educación , 10, 1991, p.
302.
XVIII
En relación co estudo das influenzas e inte raccións que puideran ter orixe noutros países
europeos, compartimos a valoración metodol óxica expresada por Detlef K. Müller 7 . As anális es
comparativas da historia da educación deben basearse en complexa s investigacións rexionais ou
nacionais que, á súa vez, deben rexerse por unha estratexia investigador a que dende o principio
englobe perspectivas comparativas para así ev itar o illamento rexional e naciona l. Unha
comparación sistemática non pod e des cansar nos traballos tradici onais individuais, xa que as
cuestións desenvolvidas nestes estudos de tipo tr adicional foron tan restrinxidas que na práctica
excluían calquera referencia ás institucións educativas doutros países.
Consecuentemente buscamos fontes impresas, actuais ou publicadas no período estudado, que
incorporasen esa vocación com parativa. Aínda que na maioría dos casos facían referencia a
outras nacións europeas, estaban pensadas co obxe cto de contrastar ex periencias e discutir
prioridades sobre variados aspectos de relevancia no campo educativo, o que facilita a acció n
comparativa se somos capaces de, mediante f ontes primarias, completar datos que poidan ser
claros e contrastábeis.
Neste mesmo sentido, e diante da falta de estudos comparativos que se refiran ao instrumental
científico empregado nas cátedras e laboratorios, decidimos buscar fontes documentais noutros
Estados, que relacionasen o material didáctico estipulado lexislativa ou regulamentariamente
para os centros de ensino, ou publicacións actualiza das de textos oficiais de carácter histórico
que fixesen referencia a este tema. A nosa int ención era buscar similitud es e tendencias para
fixar desenvolvementos temporais que puideran ser comparábeis.
No que respecta ao estudo e análise da concreci ón do modelo definido de forma xeral para o
conxunto de Estado, aplicamos os criterio s microhistóricos: estudo de fenómenos socio-
antropolóxicos a moi pequena escala de observa ción, para así poder analizar certos procesos,
máis xerais, e tipificalos. Baséase este proc eso, pois, na redución da escala da observación e
nun estudo intensivo do material documental, unha etapa da investigació n que centramos no
marco territorial de Galicia. Este modo de observación e proc edemento racha coa forma
tradicional do discurso adoptado polos hist oriadores que presentan a realidade como
estritamente obxectiva, xa que na microhistoria o punto de vista do investi gador convértese en
parte intrínseca do relato.
No presente traballo pode que certos capítulos respondan, aínda, a unha parcial visión
metodolóxica positivista, que ten que ver co dezanove mais tamén cos tempos actuais. A
contribución do positivismo ao par adigma historiográfico do século XX está no interese polos
7 Detlef K. Müller, «El proceso de sistematización : El caso de la educación secu ndaria en Alemania» , en
Detlef K. Müller, Fritz Ringer e Brian Simon (Comp.), El desarrollo del sistema educativo moderno. Cambio
estructural y reproducción social 1870-1920 , Madrid, Ministerio de Trabajo y Seguridad Social, 1992, p. 37.
Introd ución
XIX
arquivos, polas fontes e a crítica das fontes, pol os datos e os feitos, pol os casos e a análise,
polas técnicas e a especialización. Moitos destes as pectos forman parte da presente memoria
pero, ante todo, neste traballo t éntase construír unha historia da ciencia e da educación que non
sexa nin lineal nin acumulativa, e que se apoie nas propostas realiz adas por Kuhn que, ao igual
que as novas correntes historiográficas, fala dun concepto narrativo da historia que rexeita a
simple crónica e resalta a súa natureza explicativa.
Consecuentemente, o traballo de investigación histórica artellouse nos seguintes pasos:
1) Estudar a bibliografía existente sobre as pectos históricos e filosóficos relativos á Física e
química como disciplina, datos necesario s para introducir o presente traballo.
2) Realizar o traballo de inve stigación histórica documental que nos permitise contar coa
información básica sobre as distintas fa ses do código disciplinario da materia.
3) Analizar de forma breve os aspectos sociolóx icos da educación, particularmente os que tratan
a temática xeral sobre a instrución púb lica e aqueles que informan das inquedanzas dos
reformadores das diferentes épocas e do esquema pedagóxico que estes aportan.
4) Consultar as obras que tentan si stematizar a información dispoñ íbel sobre a ciencia no Estado
Español que, ademais de ofrecer en un balance histórico, s on unha fonte de bibliografía
extraordinariamente útil.
5) Revisar o marco lexislativo pol o cal se rexe a Universidade de Santiago e os institutos de
bacharelato neses séculos. A historia do ensino das Cienc ias ven profundamente determinada
pola normativa emanada dos sucesivos ministerios encargados da Instrución Pública. Por est a
razón elixiuse o criterio lexislativo como liña de corte que vai marcando as distintas etapas.
6) Realizar un baleir ado bibliográfico de diversas publicac ións periódicas, relacionadas coa
universidade de Santiago e cos institutos de bacharelato, que fosen susceptíbeis de proporcionar
información sobre os gabinetes de física e os laboratorios de química, centrándonos
especialmente nas memorias dos distintos c entros. Fíxanse, así, unha serie de aspectos
académicos que poden ilustrar o des envolvemento dos gabinetes e laboratorios: o profesorado,
o número de horas impartidas, os libros de texto empregados, a biblioteca, etc.
Fontes históricas
Un dos piares do método histori ográfico reside, sen dúbida, na natureza e selección das súas
fontes de información, feito que aporta sempre unha compoñe nte subxectiv a que cómpre
explicar e valorar. No presente estudo consultá ronse como fontes, materiais de moi diferente
orixe e tipoloxía:
XXVI
asenta, os novos centros chamados institutos, e por outra están os espazos particulares como
son os gabinetes de física e os laboratorios de química, condicionados en boa medida pola súa
maior ou menor dotación. Os progr amas da materia, os seus cont idos e os métodos de ensino
empregados completan esta aproximación.
O seguinte paso, no capítulo sexto, é a análise pormenorizada das concrecións do modelo
educativo en Galicia, moi especialmente no que se refire ao asentamento e consolidación da
materia. Estúdase a situación de cada c entro de ens ino, tanto a nivel material c omo a nivel do
profesorado e do seu desempeño das cátedras, bu scando unha perspectiva próxima e completa
do acontecido.
Por último, no capítulo sétimo , avalíanse as formas de produc ión, distribución e produción do
coñecemento propiciadas polo novo modelo, buscando as orixinalid ades e as copias, e faise
unha valoración das concrecións funcionais tomando como base as ideas e obxectivos de orixe,
antes de pasar ás conclusións.
Agradecementos
Antes de rematar considero necesario f acer unha pequena reflexión sobre o nivel de heterodoxia
que esta investigación implica. Partindo da mi ña formación cient ífica na química, da vocación
histórica nesta materia, distancieime aos poucos da miña facultade de orixe e busquei novos
acubillos que me permitisen desenvolverme intelectualmente de forma cómoda e produtiva. A
distancia coa facultade de Educación fíxose c ada vez máis curta e a proximidade afectiva
permitiume gozar deste novo mundo, proceso no que a persoa do profesor Antón Costa Rico ten
todas as responsabilidades. A miña «patera» atopou a súa sentida axuda para a travesía entre
ortodoxias académicas tan dispares, e hoxe piso xa a praia do novo mundo sen renunciar á miña
orixe, e dende aquí quero darlle as grazas e o meu profundo recoñecemento e amizade.
Na outra beira quedan os mestre s e os amigos. E queda Manolo Bermejo, o pai adoptivo que me
ensinou o valor da heterodoxia, e que apoiou todos e cada un dos meus pasos. A avantaxe
deste distanciamento é que sei que volverei para facer as mil cousas que aínda temos
pendentes de facer xuntos, e que sempre estará alí cando o precise. Grazas por ser como es.
Quero tamén agradecer aos membros/ as do Grupo Interdisciplinar "R amón Mª Aller" de Historia
das Ciencias e das Técnicas de Galicia, do Se minario de Estudos Galegos, que me abriron os
ollos ao mundo da historia da ciencia e que me per mitiron ser feliz fac endo o que me gusta, e
moi especialmente a Xosé Antón Fraga que fo i a máquina que moveu os ventos do grupo.
Compartindo o traballo intelectual e as inquedanzas persoais, a colaboración e a felicidade na
aventura compartida, este é tamén o traballo de Ánxela.
1. A Física e química como disciplina es colar. Histori a
da ciencia e hist oria da e ducación
1
Capítulo I
A Física e química como disciplina escolar. Historia da ciencia e
historia da educación
1.1. A HISTORIOGRAFÍA SOBRE A FÍSICA E QUÍMICA, E O SEU ENSINO, NO ESTADO
ESPAÑOL
1.1.1. Unha visión de Estado. Referencias comúns e diferenzas
1.1.2. A situación en Galicia
1.2. O CONTEXTO EDUCATIVO. REFERENCIAS BÁSICAS NA HISTORIA DA EDUCACIÓN
SECUNDARIA
1.3. O CÓDIGO DISCIPLINARIO DA FÍSICA E QUÍMICA
2
1. A Física e química como disciplina es colar. Histori a
da ciencia e hist oria da e ducación
3
1.1. A HISTORIOGRAFÍA SOBRE A FÍSICA E A QUÍMICA, E O SEU ENSINO, NO ESTADO
ESPAÑOL
1.1.1. Unha visión de Estado. Referencias comúns e diferenzas
A física e a química son dúas disciplinas ci entíficas que non se teñen caracterizado por ser
obxecto de importantes e sistemáticas investi gacións históricas, nin dende o punto de vist a do
desenvolvemento e modernización da propia cienc ia, nin tampouc o dend e o punto de vista da
súa consolidación como materias educativas nos niveis primario, secundario ou universitario.
Estas dúas orientacións de estudo están f ondamente relacionadas, polo que os obxectivos da
nosa investigación obrígannos a abordalas de xeito conxunto e complementario. Os traballos
desenvolvidos ata o de agora con esta perspecti va son pouco ambiciosos e cuantitativamente
escasos, mesmo se comparamos a súa produción coa orixinada noutras disciplinas científicas.
Neste senso e dende o noso punto de vista, os dous traballos que a nivel estatal abordan con
maior rigor e solvencia o estudo histórico da física e da química, dende unha ampla perspectiva
e en relación co período que abordamos neste traba llo, son os realizados por Antonio Moreno e
Ramón Gago para o volume colectivo Ciencia y sociedad en Es paña 1 . Referido a un período
posterior cómpre destacar o estudo do propio c oordinador do volume, o profesor Sánchez Ron 2 .
Aínda que non aborden de xeito pref erente as disciplinas de física e química cómpre ademais
salientar algunhas obras que, tratando a ciencia dend e unha perspectiva xenér ica, resultan hoxe
imprescindíbeis para encadrar e entender a evol ución e modernización da ciencia en España,
sobre todo no que se refire ao perí odo que abrangue os séculos XVIII e XIX 3 .
Ao respecto, o desenvolvemento da investigación histórica sobre as disciplinas científicas ten
sido, e aínda é, moi desigual no conxunto do Es tado español. Sen pretender facer un relatorio
exhaustivo, senón só sinalar tendencias e referent es, apréciase que alí onde a Historia da
ciencia ou mesmo a historia dalgunha disciplin a científica logrou consolidarse no ámbito
académico universitario, se produciu un cham ativo empuxe das investigacións no ámbit o
1 Antonio Moreno, «De la física como medio a la física co mo fin. Un episodio entre la Ilu stración y la crisi s
del 98», en José M. Sánchez Ron (ed.), Ciencia y sociedad en España, Madrid, ediciones el arquero/CSIC, 1988,
pp. 27-70; e Ramón Gago, «Cultivo y enseñanza de la química en la España de principios del siglo XIX », en José
M. Sánchez Ron (ed.), Ciencia y sociedad en España, Madrid, ediciones el arquero/CSIC, 1988, pp. 129-142.
2 José M. Sánchez Ron, «La física en España durante el primer tercio del siglo XX», en José M. Sánchez
Ron (ed.), Ciencia y sociedad en España, Madrid, ediciones el arquero/CSIC, 1988, pp. 283-306.
3 José M. López Piñero, La intro ducción de la Ciencia Moderna en España , Bar celona, 1969; M. e J. L.
Peset, La Universidad española (siglos XVIII y XIX). Despotismo ilustrado y revolu ción liberal , Mad rid, Taurus, 1974;
J. L. Peset, S. Garma, e J. S. Pérez Garzón, Ciencias y enseñanza en la revolución burguesa , Madrid, Siglo XXI,
1978; M. A. Sellés, A. Lafuente e José L. Peset (eds.), Las ciencias durante el reinado de Carlos III , Madrid, 1988.
4
territorial, o que ás veces ten levado a dúas situac ións que non consi deramos desexábeis: por
unha banda, en ocasións magnifícase o traballo desenvolvido nunha universidade ou nunha
comunidade pola falta de element os comparativos noutras zonas menos estudadas; por outro
lado, nalgúns casos téndense a xeneralizar sit uacións a nivel español sen ter os datos de
investigación necesarios que avalen a uniformidade.
No caso concreto da física e a química, todos os investigadores somos debedores do gran
desenvolvemento acadado polo estudo histórico destas disciplinas na zona levantina e, moi
singularmente, do núcleo de invest igación creado na Un iversidade de Valenc ia, que estendeu as
súas investigacións ao papel desenvolv ido polas inst itucións educativas e por moitos dos s eus
profesores 4 . Noutros puntos do Estado téñense desenvolvido investigacións que, sen ser tan
sistemáticas, tocando só lateralmente a fís ica e a química, e adoecendo moitas veces do
arroupamento institucional que permitise estabiliza r e consolidar as liñas de investigación
iniciadas, aportan, con todo, unha importante información e permiten facer necesarias
comparacións, fundamentalmente no que se refire á historia dos c entros educativos locais, ao
seu patrimonio histórico-ci entífico e ao seu profesorado 5 .
4 Ramón Gago et al , «El plan de estudios del rector Blasco (1786) y la renovación de las disciplina s
científicas en la Universidad de Valencia: la quí mica y la enseñanza clín ica», Estudis , 6, 1977, pp. 157-170; Antonio
Ten Ros, «Un intento de renovación científica en la Un iversidad del sig lo XVIII. La cátedra de Química de la
Universidad de Valencia». LLull, 5, 1983, 133-147; Antonio Ten Ros, «La Fí sica experimental en la Universidad
española de fines del siglo XVIII y principios del XIX. La Universidad de Valencia y su aula de Mecánica y Física
experimental». LLull, 6, 1983, 165-189; Antonio Ten, «La ciencia exper imental en la Universidad española de la
Ilustración. El laboratorio químico de la Universidad de Valencia : 1787-1807», Asclepio , 37, 1985, pp. 287-320; J.M.
López Piñero et al ., La activida d científica valenciana de la Ilu stración , Valencia, Diputación de Valencia, 2 vols,
1988; José R. Bertomeu e Antonio G. Belmar, «El laboratorio químico de la Universidad de Valencia a través de sus
gastos (1709-1808)», en J. M. López Piñer o, H. Capel e J. Pardo (eds.), Ciencia e Ideología en la Ciudad , Valencia,
Generalitat Valenciana, 1992, I, pp. 123-133; Sandra Mocholí et al. , «Los instrumentos científicos de la Universidad
de Valencia: primeros resultados de un catálogo de la cultura material de la ciencia», Cronos , 4, 2001, pp. 29-61;
Antonio G. Belmar e J. R. Bertomeu, «La Real Sociedad Económica de Amigos del País de Valencia y la enseñanza
de la química a principios del siglo XI X», en L. Garrigos e G. Blanes (coords.), 150 anys de la consolidació de
l´ensenyament industrial a Alcoi , Valencia, Univ. Politécnica de Valencia, 2001, pp. 171-243; José R. Bertomeu e
Antonio G. Belmar (eds.), Abriendo las cajas negras. La colección de Instrumentos Científico s de la Universitat de
Valencia , Valencia, Universidad de Valencia, 2002 .
5 N. Mesa Fernández, «Un siglo de la enseñanza de la Física y Química en el Instituto Universitario y
Provincial de Sevilla», en Misceá nea de trabajos de investigación ofrecida al Dr. D. Vicente García de Diego López,
Catedrático de Latín de este Centro, con motivo de su jubilación en el mismo , Sevilla, In stituto de Bachillerato "San
Isidoro" de Sevilla, 1982, pp. 109-119; J. A. Vidal e C. López F ernández, «Cincuenta años de enseñanza de las
ciencias (1860-1910)», en R. Jiménez et al , El Instituto Alfonso X El Sabio: 150 años de historia, Murcia, Editora
Regional de Murcia, 1987, pp. 25 3-288; Carlos López, M. Varela e P. Marset, «La ciencia en un In stituto de segunda
enseñanza durante el período 1860-1916», en M. Esteban Piñeiro et al (coo rd.), Estudios sobre Historia de la
Ciencia y de la Técnica [IV Congreso de la Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas, 2],
Valladolid, Junta de Castilla y León, 1988, pp. 505-517; García Hourcade, Rubio Regueiro e Vallés Garrido, «El
Gabinete de Fisica en el Instituto de Segovia en el siglo XI X», en M. Esteban Piñeiro et al (coord.), Estudios sobre
Historia de la Ciencia y de la Técnica [IV Congreso de la Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las
Técnicas, 2], Valladolid, Junta de Castilla y León, 1988, pp. 519-527; A. Vázquez Alonso, «Arqueología científica en
el Instituto Balear: La enseñanza experimental de la electrostática», Revista de Ciència , 11, 1992, pp. 9-18; José D.
López Martínez, «Los Catedráticos de Física y Química de Instituto y la renovación pedagógica e n España durante
el primer tercio del siglo XX», en IX Coloquio de Historia de la Educación. El curriculum: Historia de una mediación
1. A Física e química como disciplina es colar. Histori a
da ciencia e hist oria da e ducación
5
Sen incidir nos estudos máis ou menos biográficos sobre químicos e físicos -abondosos e
desiguais-, os outros grandes polos da invest igación histórica son os estudos que, tomando
coma eixe unha disciplina, se refiren ao conxunto do Estado -en certa medida facendo unha
análise comparativa co acontecido nout ros estados europeos e americanos 6 -, e aqueles que
indagan no papel que xogaron no des envolvemento da física e da quími ca as institución creadas
na capital do Reino -ou fóra, pero cun deseño c laramente central-, in cluída a Universidade
central 7 .
Non debemos esquecernos tampouco de investig acións realiz adas no século XIX e nas
primeiras décadas do século XX que, quizais s en os criterios que hoxe semellan comunmente
aceptados no estudo da historia das disciplinas científicas, e moitas veces orientados por unha
visión apoloxética no persoal e acrítica no xera l, permitiron, cando m enos, a recuperación de
social y cultural , Granada, Universidad de Granada, 1996, vol. 2, pp. 461-471; Grana Gil, «La cátedra de Química y
Mecánica en Málaga. Cuestiones Pedagógicas», Sevilla , 12, 1998, pp. 330-340; José M. Cano Pavón, «La
enseñanza científica en los instit utos andaluces de la segunda mi tad del siglo XIX: medios humanos y materiales»,
en Elena Ausejo e Mª Carmen Beltrán (eds ), La enseñanza de las ciencias: una perspectiva histórica , Zaragoza,
Universidad de Zaragoza, 2000, pp. 671-679; José M. Vaquero, «Dos aparatos del antiguo Gabinete de Física del
Seminario de San Atón de Badajoz (España)», Llull , 50 (vol. 24), 2001, pp. 473-482; Juan J. Rodríguez, «La
introducción de la Física en los estudios médico -quirúrgicos y en la Armada gaditana (1735-1845)», Llull , 59 (vol.
27), 2004, pp. 475-493.
6 Eugenio Portela, Los orígenes de la química moderna [Tese de doutoramento], Valencia, Universidad de
Valencia, 1977; Eugenio Portela e A. Soler, «La química en el periodismo médico-farmacéutico español (1851 -
1868)», Llull , 4 (vol. 2), 1978, pp. 73-83; Ramón Gago e J. L. Carrillo, La introdución de la nueva nomenclatura y el
rechazo de la teoría de la acidez de Lavoisie r en España , Málaga, 1979; Ramón Gago e S. Mauskopf, «La
producción de pólvora en la España de fina les del siglo XVIII: I nforme inédito de L. Proust (1754-1826) sobre los
métodos para fabricar pólvora ideados por el in g eniero francés J. F. C. Cossigny (1730-1809)», Dynamis , I, 1981,
pp. 311-319; José M. Sánchez Ron, «Documentos para una historia de la Física moderna en España: Arnold
Sommerfield, Miguel Angel Catalán, Angel del Campo y Blas Cabrera», Llull , 5, 1983, pp. 97-109; Antonio Moreno,
Evolución de la física en España desde la Ilu stración hasta 1900 , [Tese de doutoramento], 2 vol., Universidad
Autónoma de Madrid, 1985; Elena Ausejo e Esther Royo, «Nue vos datos para el estudio del periodismo científ ico en
España en el siglo XIX: Los Anales de Física y Química Puras y Aplicadas (1877-1878), Llull , 31 (vol. 16), 1993, pp.
648-657; Pere Grapí e Mercé I zquierdo, «Valoración de la obra de Proust y Berthollet en los textos de Química
General», Llull , 33 (vol. 17), 1994, pp. 325-341; Patricia Aceves , «Tradición y modernidad en la Nueva España:
Estudios sobre aguas minerales (s. XVII-XVIII)», Llull , 37 (vol. 19), 1996, pp. 325-345; Manuel Castillo e Alfredo
Bernal, «Influencia del desarrollo de la química en la minería española y novohispana», Llull , 37 (vol. 19), 1996, pp.
363-380; Inés Pellón, La recepción de la teoría atómica química en la España del siglo XIX [Tese de doutoramento],
Universidad del País Vasco, 1998.
7 J. Simón, Historia del Colegio I mperial de Madrid , 2 vo l., Madrid, 1952-59; P. Pérez Ruíz, Biografía del
Colegio-Academia de Artillería de Segovia , Segovia, 1960; G. Folch Jou, El Real Colegio de Farmacia de San
Fernando , Madrid, 1977; A. Rumeu de Armas, «La Real Escuela Mineralógica de Madrid», Hispania , 39, 1979, pp.
301-355; Manuel Valera e Pedro Marset, «Aspectos bibliomé tricos e in stitucionales de la Real Sociedad Españo la
de Física y Química para el período 1903-1937», en El científico español ante su Historia. La Ciencia en España
entre 1750-1850 , Madrid, S. Garma ed., 1980; J. L. Peset, «Ciencia, nobleza y ejército en el Semin ario de Nobles de
Madrid (1770-1788)», en Mayans y la Ilustración , Valencia, 1982, pp. 519-535; Manuel Valera, «La Física en España
durante el primer tercio del siglo XX», Llull , 5, 1983, pp. 149-173; Ramón Gago, «La enseñanza de la química en
Madrid a finales del siglo XVIII», Dynamis , 4, 1984, pp. 277-300.
6
datos básicos para futuras investigacións ou aportaron unha visión c oncisa do momento
científico vivido 8 .
Dende o punto de vista educativo, o ensino das di sciplinas científicas ten avanzado moito nos
últimos anos, fundamente no que se refire ás matemáticas e ás ciencias naturais 9 . Con todo, as
investigacións históricas feitas na actualida de e referidas ao ensino da física e a química son
escasas, e moitas veces relacionadas con as pectos puntuais ou co labor de determinados
científicos 10 . Deste xeito, non resulta estraño que as crónicas e discursos dos actos académicos,
que propiciaron reflexións sobre a ev olución e desenvolvement o das disciplinas e do seu
tratamento educativo, sigan sendo font es fundamentais para as investigacións 11 .
8 Mariano Santisteban, Breve historia de los Gabinetes de Física y Química del I nstituto de San Isidro de
Madrid , Madrid, Vda. de Aguado e Hijo, 1875; J osé Rodríguez Carracido, Estudios histórico-críticos da le Ciencia
Española , Madrid, Fortanet, 1897; J. Fages Virgili, Los químicos de Vergara y sus obras , Madrid, 1909; E. Mol es,
Del Momento científico español 1775-1825 , Madrid, 1934.
9 Santiago Garma, «La enseñanza de las matemáticas en España durante el segundo tercio del siglo XIX»,
Llull, 2 (vol. 1), 1977, pp. 26-34; Xosé A. Fraga, Bioloxia na Galiza na segunda metade do século XIX (1868-1903):
ensino, divulgación, debates, produción, instituc ionalización e r ecepción de no vidades [Tese de doutoramento],
Santiago, Universidade de Sant iago, Servicio de Publicac ións e Intercambio C ientífico, 1992; Xosé A. Fraga, «O
ensino das Ciencias Naturais. A Historia Na tural na Universidade de Santiago (1815-1919)», Ingenium , 3, 1992, pp.
31-54; Ánxela Bugallo, O Gabinete de Historia Natural da Universidade de Santiago e a súa relación co ensino das
Ciencias [Tese de licenciatura, inédita] , Santiago, Facultade de Bioloxía-Universidade de Santiago, 1992; Fernando
Vea, Las matemáticas en la enseñanza secundaria en España en el siglo XIX, [Tese de doutoramento, 2 tomos],
"Cuadernos de Historia de la Ciencia 9- I-II", Zaragoza, Seminario de Historia de la Ciencia y de la Técnica de
Aragón-Facultad de Ciencias (Matemáticas), 1995; Ánxela Bugallo, Formación e uso dos gabinetes de Historia
Natural no ensino público en Galicia no século XIX [Tese de doutoramento], Sa ntiago de Compostela, Servicio de
Publicacións e Intercambio cient ífico da Univer sidade de Santiago de Compostela (en CD), 1998.
10 J. Carrera s y Pujal, La enseñanza profesional en Barcelona en los siglos XVIII y XIX , Barcelona, 1957; F.
Aguilar Piñal, «Sobre la primera cátedra de química en Sevilla», Anales de la Universidad Hispalense , XXIII, 196 3,
pp. 155-171; L. Silvan, Los estudios científicos en Vergara a fines del siglo XVIII , San Sebastián, 1977, (2ª ed);
Ramón Gago, «Bicentenario de la fundación de la cátedra de química de Vergara. El proce so de constitución», Llull ,
2 (vol. 1), 1978, pp. 5-8; José L. Cebollada, «Antonio de Gregorio Rocasolano y la Escuela Química de Zaragoza»,
Llull , 21 (vol. 11), 1988, pp. 189-216; Luís A. Inda, «La Cátedra de Química de la Real Sociedad Aragonesa de
Amigos del País (1797-1874)», Llull , 39 (vol. 29 ), 1997, pp. 120-126; José M. Cano e José M. López-Cepero, «La
Física en las escuelas Industriales española s en la época isabelina», Llull , 54 (vol. 25), 2002, pp . 595-620; Antonio
G. Belmar e J. R. Bertomeu, « El curso de química general aplicada a las artes (1804-1805) de José Mª de San
Cristobal y Josep Garriga i Buach», en J. L. Baro na, J. Moscoso e J. Pimente l, La Ilustración y la s ciencia s. Para una
historia de la objetividad , Valencia, Univ. de Valencia-Bibliote ca Valenciana, 2002.
11 F. Carbonell y Bravo, Discurso que en la apertura de la Escuela Gratuita de Química esta blecida en
Barcelona...dijo... , Barcelona, 1805; Luís A. de la Llama, Breve r eseña histórica de la Química [d iscurso investidu ra
de doutor na Universidade Central], Madrid, 1853; Gumersindo Vicuña, Cult ivo actual de las Ciencias fí sico-
matemáticas en Españ a [Discurso de apertura do curso 1875-1876 na Univ ersida de Central], Madrid, 1875; Ignacio
González Martí, «Estado de la enseñanza de la física en las Universidades de España», en Actas del Se xto
Congreso de la Asociación Española para el Progreso de las Ciencias , t. I, Madrid, 1917, pp. 35-57; José Casare s
Gil, De la Ciencia, de su importancia y en particular de Química [Discurso na Universidade Central], Madrid, Imp.
Colonial, 1922; Angel del Campo, «El momento actual de la enseñanza química en España» [ Discurso inaugural
sección 3ª], en IX Congreso de la Sociedad Española para el progreso de las C iencias , t. I, Ma drid, 1923, pp. 89-
107.
1. A Física e química como disciplina es colar. Histori a
da ciencia e hist oria da e ducación
7
1.1.2. A situación en Galicia
No que respecta a Galicia e en relación cos estudos de física e química, o papel xogado pola
Universidade de Santiago de Compost ela -a única do país dur ante case 500 anos- foi chave,
tanto na fase constituínte do seu código disc iplinar como na etapa precedente. Aínda así, como
veremos posteriormente, a física acadou a s úa integración académica moito antes que a
química, que permaneceu relegada at a mediados do século XIX.
Os traballos publicados inicialmente sobre a cá tedra de Física da universidade compostelá
limitábanse ao período inmediatam ente posterior a súa creaci ón. Dispúñase dun document ado
achegamento á creación da cátedra e á controversia suscitada sobre o cará cter experimental da
materia 12 , pero se ben este estudo relaciona parc ialmente o profesorado que s e ocupou da
docencia ata o ano 1830, as súas contribucións sobre os primeiros anos do século XIX son xa
moi superficiais e, por exemplo, non se fa i referencia algunha á creación do gabinete de
máquinas.
Sobre este mesmo período, se ben dende un punto de vista máis filosófico e centrado
fundamentalmente na polémica sobre a física experimental, debemos ci t ar o traballo de
Rioboo 13 . Esta primeira aproximación complétase cos traballos do profesor Díaz-Fierros que
contrastan, comparan e contextualizan os fe itos que rodearon a creación e primeiros anos da
cátedra, aínda que os seus estudos rematan coa creación do gabinete, do que xa se fai escasa
referencia 14 .
Para atopar datos documentais sobre anos posterior es era necesario recorrer aos escritos do
reitor Viñas 15 , que aportaban información referida fund amentalmente aos anos nos que ocupara
o reitorado e que foran importantes para a consol idación do gabinete. Tr aballos realizados
posteriormente como os de Pérez Costanti 16 e Bustamante 17 , só reproducen ou amplían
escasamente a información aportada polos autores citados.
12 Cabeza de León e Fernández Villamil, Historia de la Universidad de Santiago de Compostela , Madrid,
CSIC, 3 vol., 1845-47.
13 M. Rioboo, «La controversia sobre la Física experimental a finales del sig lo XVIII en la Universidad de
Santiago de Compostela», Compostellanum , vol. XXXIII, nº 3-4, 1988.
14 Francisco Díaz-Fierros, «Comezos da ciencia moderna na Universidade compostelana», Compostellanum ,
XVI, nº 1-4, pp. 397-423; Francisco Díaz-Fierro s , «Las enseñanzas científicas en Santiago», en La Universidad de
Santiago , pp. 129-140, Santiago, Publicacións da Universidade de Santiago, 1980.
15 Juan José Viñas, «Breve reseña de la Universida d por el actual rector JJV», Anu ario de la Universidad de
Santiago para el curso 1856-57 , Santiago, 1857.
16 Pérez Costanti, Notas viejas galicianas , Vigo, Imprenta de los Sindicatos Católicos, 3 tomos, 192 5-27
17 Pérez Bustamante e González García, La Universidad de Santiago (El pasado y el presente) , Santiago,
Instituto de Estudios Regionales, 1934.
8
Esta situación que se mantivo ata ben entrada a década dos pasados anos noventa, levounos a
un grupo de investigadores vinculados ao Grupo de Historia da Ciencia do Seminario de Estudos
Galegos, a intentar completar a información ex is tente, e a ampliar, valorar e contextualizar
algúns dos traballos previos. Como froito desta decisión viron a luz varios estudos, algúns deles
relacionados coa celebración do quinto centenario da universidade compostelá 18 .
Algúns outros traballos viñeron a complementar o anterior, ao estudar o labor dalgúns
destacados científicos e a actividade desenvolvi da polas persoas que oc uparon as cátedras na
universidade compostelá. Neste sentido, destaca o traballo de Meijide Pardo pola súa meticulosa
documentación, se ben feita dende un punto de vista estritamente histórico e non comprometido
coa perspectiva da ciencia 19 . En contraposición, primando o coñecemento científico fronte á
documentación, pero cun carácter máis divulg ativo, téñense publica do algúns outros traballos 20 .
18 Manuel R. Bermejo, «O Laboratorio de Química», en Gallaecia Fulget: (1495-1995): cinco séculos de
historia universitaria [Catálogo da exposición do V centenario da Universidade de Santiago de Composte la],
Santiago, Universidade, 1995, pp. 324-329; Rafael Sisto, «O Gabinete de Física», en Gallaecia Fulget: (1495-1995):
cinco séculos d e historia universitaria [Catálogo da exposición do V centenario da Universidade de Santiago de
Compostela], Santiago, Universidade, 1995, pp. 310-317; Manuel R. Bermejo, Ánxela Bugallo, Xosé A. Fraga e
Rafael Sisto, «O Patrimonio Científico», en Mª Dolores Vila (coord.), O Patrimonio histórico da Universidade de
Santiago de Compostela. Estudios , Santiago, Universidade de Santiago-Parlamento de Galicia, 1996, pp. 163-227;
Ánxela Bugallo e Rafael Sisto, «O Patrimoni o Científico», en Mª Dolores Vila (coord.), O Patrimonio histórico da
Universidade de Santiago de Compostela. Catálogo , Santiago, Universidade de Santiago-Parlamento de Galicia,
1996, pp. 9-80; Rafael Sisto e Xosé A. Fraga, « A recepción da ciencia moderna na universidade de Santiago, 1772-
1845. A incorporación da Física e a Química e o labor docente dos colexios prácticos», Ingenium , vol. 5, 1996, pp.
23-58; Rafael Sisto, «O Gabinete de Física da Univer sidade de Santiago de Compostela. Creación e Evo lución ó
longo do século XIX», en Xosé A. Fraga (ed), Ciencias, educación e historia , [Acta s V Simposio de Historia e Ensino
das Ciencias], Sada-A Coruña, Publicacións do Seminar io de Estudos Galegos-Edicios do Castro, 1997, pp. 339-
346; Rafael Sisto, Xosé A. Fraga e Ánxela Bugallo, «L´est udi i la recuperació del pat rimoni historicocientífic a
Galicia», Mètode , 25, 2000, pp. 30-31; Manuel R. Bermejo, Rafael Sisto, Mª Alvarez Lires e Andrés Díaz, « Os
primeiros pasos da Química en Galicia: de Sarmiento a Casares», en M ª Álvarez, Ánxela Bugallo, José Mª
Fernández, Rafael Sisto e Carlos Valle (coord.), Estudios de Historia das Cie ncias e das Técnicas [Actas do VII
Congreso de la Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas, 1999], Vigo, De putación Prov. de
Pontevedra, 2001, pp. 419-427; Rafael Sisto, Manuel R. Bermej o, , Mª Alvarez Li res e Andrés Díaz, «O proceso de
especialización e diversificación da Química en Galicia (1857-1900)», en Mª Álvarez, Ánxela Bugallo, José Mª
Fernández, Rafael Sisto e Carlos Valle (coord.), Estudios de Historia das Cie ncias e das Técnicas [Actas do VII
Congreso de la Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas, 1999], Vigo, De putación Prov. de
Pontevedra, 2001, pp. 509-517.
19 Antonio Meijide, El científico Fernández Taboada (1776-1841) . O Castro-Sada (A Coruña) [Publicacións do
Seminario de Estudos Galegos], 1988.
20 José A. Rodríguez Vázquez, «O Doutor Antonio Casares, grande impulsor da Química na Galiza», en Mª
Álvarez, Ánxela Bugallo, José Mª Fernández, Rafael Sisto e Carlos Valle (coord.), Estudios de Historia das Ciencias
e das Técnicas [Actas do VII Congreso de la Sociedad Española de Historia d e las Ciencias y de las Técnica s,
1999], Vigo, Deputación Prov. de Pontevedra, 2001, pp. 89- 99; Manuel R. Bermejo e José A. Rodríguez, «Antonio
Casares: a súa contribución á ciencia», en Xosé A. Fraga (ed), Ciencias, educación e historia , [Actas V Simposio de
Historia e Ensino das Ciencias], Sada-A Coruña, Publicac ións do Seminario de Estudos Galegos-Edicios do Castro,
1997, pp. 525-532.
Aínda que na fase constituínte da materia de Física e química no ensino m edio xa non incide directamente a
creación da facultade de Farmacia en Santiago, e n referencia a este centro citaremos os traballo s de Máiz Eleizegui,
Historia de la Enseñanza de Farmacia de Santiago (Cien a ños de vida de la Facultad) 1857-1957 , Santiago,
Facultad de Farmacia, 1961, e de Susana Alba, «Profesores de Química en la Facultad d e Farmacia de la
Universidad de Santiago en el siglo XIX», en Mª Álvarez, Ánxela Bugallo, José Mª Fernández, Rafael Sisto e Carlos
1. A Física e química como disciplina es colar. Histori a
da ciencia e hist oria da e ducación
9
Outras investigacións tocan aspectos que mo stran o traballo desenvolvido nas academias
escolares ou literarias vinculadas a algunhas das facultades da Universi dade de Santiago de
Compostela, ás veces cun amplo contido científico e en relación directa coa química e, en menor
medida, coa física 21 .
Especial relevancia teñen algúns traballos de Xosé A. Fraga en relación cos c olexios prácticos
xurdidos na transición entre o século XVIII e XIX, especialmen te no relacionado co proceso de
institucionalización e coa incorporación da química ao colexio de Farmacia de Santiago 22 . Con
todo, concedemos especial relevancia ao pape l desempeñado polas cátedras de Química e de
Mecánica aplicadas ás Artes que, no segundo c uarto do século XIX, desenvolveron un ensino
práctico que moi ben puidera encadrarse dentro da concepción coa que naceu o ensino
secundario 23 .
Máis alá da realidade universitaria en relación c oa cátedra de Física e cos intentos de creación
da de Química, existen estudos que inciden en aspectos relacionados con estas disciplinas,
fundamentalmente ligados a pers oeiros salientábeis e centrados preferentemente nos séculos
XVII e XVIII 24 .
Valle (coord.), Estudios de Historia das Ciencias e das Técnicas [Actas do VII Congreso de la So ciedad Española de
Historia de las Ciencias y de la s Técnicas, 1999], Vi go, Deputación Prov. de Pontevedra, 2001, pp. 625-636.
21 Rafael Sisto, « As Academias literarias da Un iversidade de Santiago e a Academia Médica de Emulación
no período 1847-1850», Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación , vol. 2, 1998, pp. 125-152.
22 Xosé A. Fraga «A incorporación da Ciencia exper imental na Universidade de San tiago no inicio do século
XIX e os Colexios prácticos», en: Gallaecia Fulget: (1495-1995): cinco séculos de historia univer sitaria [Catálogo da
exposición do V centenario da Universidade de Santiago de Compostela], Santiago, Universid ade, 1995, pp. 300-
305; Xosé A. Fraga, «El Plan de la Real Escuela Práctica de Química de Madrid (1803), una alternativa institucion al
para la incorporación de la Química en el Estado español», Llu ll , vol. 18, 1995, pp. 35-65; Xosé A. Fraga, «Efectos
en Galicia da renovación científica promovida por Sarmi ento e outros ilustrados. A constitución da Academia de
gardas mariñas e dos Colexios prácticos», en O Padre Sarmiento e o seu tempo [Actas do Congreso Internacional
do tricentenario de Fr. Martín Sarmi ento (1695-1995)], Santiago, Consello da Cultura Galeg a-Universidade de
Santiago, 1997, pp. 405-427.
En sentido complementario sinalamos a contribu ción de Manuel R. Bermejo «O Colexio de Farmacia: unha xeración
gloriosa», en Gallaecia Fulget: (1495-1995): cinco séculos de historia universita ria [Catálogo da exposición do V
centenario da Universidade de Santiago de Compostela], Santiago, Universidade, 1995, pp. 306-309.
23 Rafael Sisto, «As cátedras de Química e Mecánica aplicada ás artes (Santiago, 1834-1846)», Sarmiento.
Anuario Galego de Historia da Educación , vol. 5, 2001, pp. 205-224.
24 Mari A. Lires, José Tojo e Ángeles Sanromán, «As cien cias experimentais na Universidade de Santiago de
Compostela na Ilustración: ¿Loita entre paradigmas? Unha aproximación ó tema », en Xosé A. Fraga (ed), Ciencias,
educación e historia , [Actas V Simposio de Historia e Ensino das Ciencias], Sada-A Coruña, Publicacións do
Seminario de Estudos Galegos-Edicios do Castro, 1997, pp. 511-516; Francisco Díaz-Fierros, A. Gago Martínez e
Mari A. Lires, «Los análisis de aguas minerales en el siglo XVIII», en Xosé A. Fraga (ed), Ciencias, edu cación e
historia , [Actas V Simposio de Historia e Ensino das Ci encias] , Sada-A Coruña, Publicacións do Seminario de
Estudos Galegos-Edicios do Castro, 1997, pp. 545-552; Mari Álvarez Lires, A Ciencia no século XVIII: Fr. Martín
Sarmiento (1695-1772), unha figura paradigmática [tese de doutoramento], Vigo, Universidade de Vigo, 1998; Mª
Alvarez Lires, «As novas ciencias, en España e en Galicia , a través da obra do Padre Sarmiento (1695-1772)», en
Mª Álvarez, Ánxela Bugallo, José Mª Fernández, Rafael Sisto e Carlos Valle (coord.), Estudios de Historia das
Ciencias e das Técnicas [Actas do VII Congreso de la Socieda d Española de Historia de la s Ciencias y de las
Técnicas, 1999], Vigo, Deputación Prov. de Pontevedra, 2001, pp. 59-87; Mari Álvarez Lires, Sarmiento: un científico
da segunda Ilustración , Santiago , Servicio de Publicacións e Intercambio científico da USC, 2002.
16
Se ben é certo que o sistema non podería ter perdurado se existise unha confrontación directa
sobre as súas características definitorias, e co incidindo tamén coa visión centrista e equidistante
que resultou do proceso, resulta máis difícil as umir que existise unha alianza ou compromiso
social entre clases, sobre todo porque os custes persoais que tiveron que asumir os que tentaron
provocar alteracións parciais no modelo -fundam entalmente as ligadas á visión política e á
relixión-, foron enormes e xeneralizadas, xerando un forte polo de enfrontamento a prácticas tan
discriminatorias e socialmente lacerantes coma as do ministro Orovio nas famosas cuestións
universitarias.
O sistema caracterízase por un forte centralismo , xa latente en Jovellanos e reforzado no informe
Quintana de 1813, contraposto porén ao modelo estendido por case t oda Europa durante boa
parte do século XIX, cunha ampla autonomía te rritorial e estrutural que mesmo -como veremos
no capítulo III- fai moi difícil o seu seguimento. Outra das características do tipo de ensino
consolidado na ensinanza secundaria en España é a feble presenza das opcións máis técnicas e
profesionais, esbozadas na tradición ilustrada e que noutros países aparec en con moita forza.
Aquí, coa aprobación da Lei Moyano, as ensinanz as técnico-profesionais quedan subsumidas
dentro das ensinanzas de aplicación que se imparten dentro dos propios institutos . O mosaico de
materias, unha e outra vez reelaborados por sucesi vas reformas, non deixa nunca de ter a marca
dun ensino marcadamente universitario que rexeita os saberes prácticos re lacionados co traballo
manual.
Cuesta Fernández valora como características máis sobresaíntes do novo sistema educativo do
liberalismo, o elitismo, o nacionalismo e o cent ralismo. A este modelo de educación e ensino que
nace en plena revolución burguesa e se prolonga no tem po dálle o nome de tradicional-elitista ;
de feito, o cambio ao modo tecnocrático de masas non se producirá ata mediados do século
XX 39 . Neste sentido discrepa coa opi nión de que o século XIX inco rpore á historia do curriculum
a vontade da educación de masas, xa que unha c ousa é a vontade de universalizar a educación
elemental e outra moi distinta democratizar o a cceso á cultura, e o m odelo liberal español non
tiña nin nas súas propostas teóricas, nin moito menos nas súas realidades prácticas, o proxecto
dunha incorporación de masas á educación, limit ada en todo caso ao ensino primario e á
declaración de intencións.
Neste marco cómpre abordar a estruturación interna do sistema, a definición curricular, as
características dos distintos actores e a prácti ca educativa que posibilitaba o propio modelo. Co n
esta orientación resulta tam én de interese a noción de transpos ición didáctic a introducida en
1975 polo sociólogo Michel Verret co obxect o de designar o proceso que transforma un saber
dado nun saber transmisíbel integrado nun cadro escolar.
39 Raimundo Cuesta, op. cit. , p. 90.
1. A Física e química como disciplina es colar. Histori a
da ciencia e hist oria da e ducación
17
No proceso de definición curricular é de moit a utilidade o termo «código disciplinario» acuñado
por Raimundo Cuesta Fernández, que alude a unha tradición social que se configura
historicamente e se compón dun conxunto de ideas, valores e crenzas cuxas funcións consisten
en lexitimar o valor educativo atribuído a unha disciplina e en regular os contidos e a práctica do
seu ensino. O código disciplinar io integra pois, discursos, c ontidos e prácticas acerca da
disciplina, elementos que inte raccionan e se transforman en función dos usos sociais
característicos das institucións escolares nas s úas diferentes fases. Aparece como unha longa e
duradeira tradición social, aínda que non invariáb el, que se adapta con certos desfases ao
transcurso dos modos de educación, e que de ni ngunha maneira segue de forma lineal os ritmos
impostos polos distintos réximes políticos 40 .
O estudo da historia das disciplinas escola res non pode tampouco contemplarse á marxe do
proceso de creación e expansión do Estado-nació n, que institúe e concede lexitimidade ás
materias curriculares, pero tamén resulta insepar ábel da historia cultur al, porque a conversión do
coñecemento socialmente acumulado en mate rias é unha operación que incide de xeito
relevante nas formas de acumulación e distribuci ón do capital cultural e, por tanto, na mesma
estruturación clasista das sociedades capitalistas 41 .
O concepto de código disciplinario enténdese como unha tradición social composta non só por
ideas ou principios [científicas, pedagóxicas, políti cas, etc.] sobre o valor da materia de ensino,
senón tamén coma un conxunto de prácticas prof esionais que cont ribúen a fixar a imaxe social
da materia como disciplina escolar.
Escasos son os traballos que abordan a historia das disciplinas escolares. Se excluímos
algunhas incursións no terreo da Filosofí a 42 , das Matemáticas 43 , das ensinanzas artísticas ou da
Xeografía 44 -ademais das obras referidas á materia da Historia-, pouco má is se ten feito para
reconstruír as claves do «mosaico cu rricular» da nosa historia contemporánea.
40 Raimundo Cuesta Fernández, «La historia como prof esión doce nte y como disciplina escolar en España»
Historia de la Educación , 12-13, 1993-94, p. 451; Raimundo Cuesta, Sociog énesis de una disciplina e scolar: La
Historia , Barcelona, Ediciones Pomares-Corredor [Colección Educación y Conocimiento], 1997, p. 20 e seguintes.
41 Raimundo Cuesta, Sociogéne sis de una disciplina escolar: La Historia , Barcelona, Ediciones Pomares-
Corredor [Colección Educación y Conocimiento], 1997, p. 11.
42 A. Heredia Sori ano, Política docente y filosofía oficial en la España del siglo XI X. La era isabelina (1833-
1868) [Colección Ciencias de la Educación, 11], Salamanca, ICE de la Universidad de Salamanca , 1982.
43 Fernando Vea, Las matemáticas en la enseñanza secundaria en España en el siglo XIX, [T ese de
doutoramento, 2 tomos], "Cuadernos de Historia de la Ciencia 9-I-II", Zaragoza, Seminario de Historia de la Ciencia
y de la Técnica de Aragón-Facultad de Ciencias (Matemáticas), 1995.
44 Horacio Capel et a l ., Ciencia para la burguesía: renovación pedagógica y enseñanza de la geografía en la
revolución liberal española 1814-1857 , Barcelona, Universitat de Barcelona, 1983; Horacio Capel et al ., Geografía
para todos : la geografía en la enseñanza española durante la segunda mitad del siglo XIX , Barcelona, Los libros de
la Frontera, 1985; Julia Melcón, La Enseñanza de la geografía y el profesorado de las escuelas normale s,
18
Estas investigacións soen adoecer do mesm o defecto, abordar unha pr oblemática case s ó
circunscrita á exploración das correspondencias entre ciencia e ensino. Por es tas razóns, as
moitas potencialidades do estudo das disciplin as escolares quedaron reducidas a unha rama
lateral da historia da ciencia e da difusión das id eas científicas. Como consecuencia, os manuais
e os programas escolares erixíronse nos vest ixios preferentes, cando non exclusivos, da
indagación sobre os ritmos de diseminación da ciencia académica nor malizada nos saberes
escolares 45 . Neste sentido é de relevancia a expres ión de Goodson sobre a importancia de abrir
a «caixa negra» do currículo escolar 46 .
Coincidimos con Cuesta na opini ón de que a hist oria social das disciplinas escolares require
unha diversificación das fontes de información e unha manipulación espec ial das mesmas, aínda
que moitas veces resulte case imposíbel a súa localización e dispoñibi lidade, s obre todo no que
se refire a certos períodos. As fontes habitual mente seleccionadas pola hi storia tradicional da
educación [os documentos xurídico-administrativ os, plans de estudo e libros de texto], os
chamados «textos visíbeis» da educación hist órica, transparentan un disc urso patente que
pretende definir e acoutar a materia. Para chegar á materia ensinada é necesario adoptar unha
interpretación de textos guiada pola confrontación do visíbel co «invisíbel» [os contex tos
escolares da práctica do ensino]. Segundo Cuesta, para chegar a reconstruír esta orientación o
tipo de fontes ten que diversificarse: fotografía , pintura, espazos e arquitectura escolares,
regulamentos, memorias de centro s, enquisas, informes adminis trativos, etc., e con este
obxectivo cobra especial relevancia no estudo da nosa disciplina o patrim onio histórico-científico
dos centros de ensino.
Por outra banda, non cabe dúbida q ue existen vencellos entre as disciplinas constituídas
academicamente e as disciplinas en tanto que mate rias de ensino. Polo que fai á distancia ent re
o coñecemento académico e escolar, a súa me sma discusión suxire a falsa idea de que o
coñecemento que se xera nas aulas resulta dunha miniaturización do saber académico de
referencia. Do mesmo xeito que Cuesta estabel ece para a materia de Historia, na física e na
química téndese a considerar a existencia imperturbábel no tempo destas ciencias, cando
sabemos que a súa institucionalización académica foi moi tardía.
Nacidas no contexto instituci onal dos sistemas educativos, as materias escolares non poden
construírse á marxe de certos intereses sociai s, e a súa mesma existencia implica unha
Barcelona, Universitat de Barcelona, 1989; Julia Melcón, Renovación de la enseñanza de la geografía en los
orígenes de la España contemporánea , Madrid, Universidad Autónoma, 1995.
45 Raimundo Cuesta, Sociogéne sis de una disciplina escolar: La Historia , Barcelona, Ediciones Pomares-
Corredor [Colección Educación y Conocimiento], 1997, p. 11.
46 Ivor F. Goodson, Historia del curriculum. La construcción social de las disciplina s escolares . Barcelona,
Ediciones Pomares - Corredor, 1995, p. 71.
1. A Física e química como disciplina es colar. Histori a
da ciencia e hist oria da e ducación
19
distribución de poderes entre os diferentes ax entes sociais que participan na súa creación e
reprodución. As materias escolares son pois cons trucións históricas socialmente condicionadas e
xestadas dentro de institucións específicas de s oci alización. As dis ciplinas escolares constitúen
un «conxunto cultural moi orixinal» e «os c ontidos do ensino concíbense como entidades sui
generis e non como meras adaptacións ou imitaci óns dos coñecementos científicos», polo que o
seu código disciplinario non pode separarse do marc o dos problemas propios da historia social
do currículo 47 .
O predominio da concepción acrítica e ahistórica do c oñecemento, segundo a cal a ev olución da
historiografía presentaríase co mo unha historia das ideas cien tíficas nun ascendente camiño de
perfección, atopa, certamente, ampla cabida en moitas materias. Esta idea do progreso
científico, despoxada de toda compoñente social ou histórica, ten o seu correlato na
consideración da escola coma un escenario ou re ceptáculo baleir o de significados sociais ou
culturais. Compartimos co profesor Bruno Belhoste 48 a valoración de que a hist oria do ensino
científico non se pode considerar exte rior ou allea á historia das ci encias. A historia das ciencias
escapa hoxe de contemplar a ciencia coma un pr oceso lineal e acumulat ivo de investigacións
«da verdade» no curso dos descubr imentos e dos grandes avances . Os aspectos considerados
noutros tempos como menores, son obxecto de investigación.
Moitos investigadores teñen referenciado e as umido nestes últimos anos este concepto de
«código disciplinario» acuñado por Raimundo Cues ta, na maioría dos casos sen valorac ións ou
consideracións particulares, especialmente nec esarias cando se aplica a outras materias ou se
fai de aplicación xeral. Dende o noso punto de vi sta, a aplicación deste concepto a outras
disciplinas corre o risco de non at opar as referencias ideolóxicas que tanta import ancia teñen no
campo da historia. Aínda así defendemos a utili dade dun concepto que, me smo noutras materias
científicas, coma a Historia natural e a Biolox ía, pode atopar todos os caracteres básicos do seu
enunciado.
Ben é certo que dentro da materia de Física e química atópanse máis dificultades de encadre e
asunción do concepto «código disc iplinar», como por exemplo nos aspectos relacionados coa
análise dos libros de texto. En moitas materias a investigación dos textos como transmisores de
ideoloxía -por máis que dea lugar a conclusións ir relevantes de c arácter t autolóxico como que os
textos de Historia, que son ideolóxicos por defin ición, albergan ideoloxía-, abre vías obxectivas
47 Raimundo Cuesta, Sociogéne sis de una disciplina escolar: La Historia , Barcelona, Ediciones Pomares-
Corredor [Colección Educación y Conocimiento], 1997, pp. 18-19.
48 Bruno Belhoste «Des science s instituées aux scien ces enseignées, ou comment prende en compte
l´activité didactiq ue en histoire des sciences », en Nicole Hulin (coord.), Études sur l´histoire de l´enseignement d es
sciences physiques et naturelles , Lyon, ENS Édit ions, 2001, pp. 19-30.
20
de análise das distintas concepcións que se enfrontar ou pretenden deixar sentir a súa influencia
na fixación do código disciplinario. En materias como a que nós investigamos esta apreciación é
moito máis sibilina, e materialízase en cuestións com a o trunfo -na fase de constitución, coas
posteriores consecuencias que aínda arrastramos- dunha dis ciplina académica «de bata
branca», orientada a estabelecer un ha diferenza social académica e laboral para as elites ou
pseudoelites que logran ac ceder ao seu dominio.
Quizás o propio Raimundo Cuesta avanza este s posíbeis desaxustes ao citar o feito de que
Aristóteles distinguise entre ciencias teoréticas [a física, as matemáticas, a filosofía] que se
refiren ao ser nalgunha das súas dimensións, ci encias prácticas [coma a política] e poiéticas
[encamiñadas á produción de obxectos].
Compartimos a apreciación de que as orixes dos sis temas educativos modernos, tan vinculados
ao desenvolvemento do capitalismo, constituían as plataformas institucio nais sobre as que se
erixían e fundaban as disciplinas escolares, e no importante papel que xogaron os modelos
colexiais de certas ordes como os xesuítas. Así, o Ratio studiorum, no que non hai referencia ás
materias científicas, supón unha declaración de principios con amplísima transcendencia.
A importancia que Cuesta atribúe a que a creación dun sistem a educativo de c a rácter nacional-
estatal é, no contexto da revolución burguesa, unha das rupturas que contribúen poderosamente
a «inventar» e fixar o códi go disciplinario da Historia 49 , perde referencias extrapolábeis a outras
disciplinas coma a Física e química, e o mesmo podería dicirs e, aínda que en menor medida, da
importancia do profesorado como condicionante da mensaxe - sempre en comparación con
materias máis ideolóxicas coma a Hist oria-. Con todo, compartimos o importante peso destes
actores na formación da Física e química como materia escolar, e a importancia da súa
traxectoria profesional como elemento destac ado para aprender o códi go disciplinario da Física e
química .
Consecuentemente, aceptamos o concepto de «código disciplinar » como referente relevante á
hora de estudar a orixe e desenvolvemento escola r da materia de Física e química, explicitando
a necesidade de subliñar as diferenzas e os axustes que sen dúbida será necesario facer ao
longo deste estudo. En calquera caso, a adaptaci ón do concepto a novas realidades -alonxadas
en principio do obxectivo inmedi ato que as orixinou- non fan má is que reafirmar a validez do
proceso de estudo que deseñan.
49 Raimundo Cuesta, Sociogéne sis de una disciplina escolar: La Historia , Barcelona, Ediciones Pomares-
Corredor [Colección Educación y Conocimiento], 1997, p. 87.
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
21
Capítulo II
As raíces do código disciplinario da Física e química
2.1. O PROCESO DE INSTITUCIONALIZACIÓN DA FÍSICA
2.1.1. A física: un saber con tradición. As opinións relativas ao método científico en
relación coa física
2.1.2. A incorporación da física ao mundo académico das universidades
2.1.3. A crise do modelo: Física experimental versus Física aristotélica
A creación da cátedra de Física expe rimental na Universi dade de Santiago de
Compostela
Unha experiencia comparativa: a Física experimental en Portugal
2.1.4. As cátedras de Mecánica nas Reais Sociedades Económicas de Amigos del País
A cátedra de Mecánica aplicada ás Artes da Real Sociedad Económica de Amigos
del País de Santiago
2.2. O PROCESO DE INSTITUCIONALIZACIÓN DA QUÍMICA
2.2.1. A química: un saber tardío cunha longa tradición práctica
A alquimia. Entre a perturbación f ilosófica e a contribución técnica
2.2.2. A incorporación da química ao mundo académico. A universidade e os colexios
prácticos
A química en Galicia. Antecedentes e concreción universitaria
2.2.3. As cátedras de Artes nas Reais Sociedades Económicas de Amigos del País
A cátedra de Química aplicada ás Artes da Real Sociedad Económica de Amigos
del País de Santiago
2.3. A FÍSICA E QUÍMICA : O ACHEGAMENTO EDUCATIVO E FORMAL DE DÚAS
DISCIPLINAS CON DISTINTAS TRADIC IÓNS E CONTIDOS DIFERENCIADOS
2.3.1. Un camiño parello pero distante dentro da filosofía natural
2.3.2. A progresiva confluencia das dúas disciplinas
22
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
23
2.1. O PROCESO DE INSTITUCIONALIZACIÓN DA FÍSICA
2.1.1. A Física: un saber con tradición. As opinións relativas ao método científico en
relación coa física
Se unha disciplina científica vai ligada na súa hist oria a unha concepción filosófica con tradición,
resistente e con vocación de inalte ribilidade, esa é a Física. Os in c endiarios debates vividos nas
últimas décadas do século XVIII arredor dos camb ios necesarios no proc eso modernizador desta
materia sitúan, nunha das frontes, aos defensores da tradición do f undador da Escola
Peripatética no Liceo ateni ense, Aristóteles, isto é, os coñecid os como aristotélicos, peripatéticos
ou antigos, ou quizais con máis razón, como escolásticos ou defensores da filosofía de Santo
Tomás, xa que as súas posicións eran o fr oito de séculos de evolución e reaxuste dun
pensamento que inzaba as súas raíces na filosofía grega clásica.
No século VI a.C. asistíras e ao agromar do pensam ento filosófico científico nas cidades
marítimas da Xonia [Asia Menor], cun centro referente na cidade de Mileto. Dende estas bases
construíuse, ao longo dos séculos, aquilo que hox e podemos designar por visión grega da
natureza e que constitúe o cerne da c hamada ciencia da antigüidade clásica 1 .
No contexto expansivo grego nacían tamén as pr eocupacións de carácter filosófico, pasándose,
arredor do século V a.C., dos interrogantes sobre o mundo da natureza física, aos interrogantes
sobre a natureza humana. Os filósofos presocrá ticos deixaban pas o aos sofistas, pensadores e
educadores preocupados pola elabor ación dunha cultura xera l humanista, que cultivan a
dialéctica como razoamento dedutivo e a retórica como ciencia do estilo e técnica literaria 2 .
O primeiro en afirmar a posibilidade de constru ír verdades de validez univ ersal acentuando a
natureza moral do coñecemento fr onte ao anterior relativismo mor a l, foi Sócrates (469-399 a.C),
empeñado en definir a esencia das cousas para así, dende o esencial, dende unha posición
racionalista e dedutivista, formar conceptos ver dadeiros e polo tanto de carácter universal. O seu
discípulo Platón (428/7-348/7 a.C. ) reelabora a concepción das ve rdades esenciais e universais
1 António Amorim, Introdução à história e filosofia das ciências , Mem Martins, Publicações Europa-América,
1986, p. 26.
2 Antón Costa Rico, Historia da educación e da cultura en Galicia , Vigo, Xerais, 2004, pp. 55-56. Este
investigador salienta a relevancia que o mundo cultural grecolatino tivo na configuración e vertebración do substrato
cultural europeo, estendido a diversos campos, dende as t eorías ligadas á filosofí a da natureza e á cosmoloxía , ata
a reflexión sobre a natureza humana: o razoamento lóxico, as t eorías matemático-dedutivas, os coñecementos de
álxebra, de trigonometría e de xeometría, o cultivo da x eografía e das ciencias naturais, as teorías e coñecementos
físicos en campos coma a estáti ca, a pneumática e a mec ánica, os coñecementos astronómicos, o paulatino axuste
nas medicións terrestres e astrolóxicas, e os saberes médico s, xunto ao cultivo artístico e literario e as elaboració ns
pedagóxicas.
24
que todo home leva no seu interior e das que poden chegar a ser consci entes a través do
exercicio dialéctico e da teoría da reminisc encia [recordo]. Platón non se satisfacía cun
coñecemento «meramente empírico» da sucesión e coexistencia de fenómenos. Esta clase de
«coñecemento» debía ser transcendido, de modo que se fixera patente a orde racional
subxacente, e neste sentido, ten sido acus ado de promulgar unha ori entación filosófica
prexudicial para o progreso da ciencia polos que c onsideran que a busca desa verdade máis
fonda supón deixar de lado o que se lle dá na experiencia sensíbel.
¿Como coñecer cientificamente na concepción platóni ca?: a través da alma individual, inmortal,
e da súa ca pacidade de recoñecemento e de re miniscencia, no contacto coa experiencia
captada sensitivamente. A dialéctica platónica permitía o ascenso do sensíbel ao intelixíbel,
servíndose de operacións intelectuais de división e de comparación, e de paso da multiplicidade
á unidade; permitía tamén facer deducións que facían posíbel a discriminación das ideas 3 .
Neste contexto, Aristóteles (384-322 a.C.) cons ideraba a investigación científica como unha
progresión das observacións cara os principios xerais, para des pois retornar ás observacións.
Mantiña que o científico d ebe inducir principios ex plicativos a partir dos fenómenos que precisan
ser explicados, para despois deduc ir enunciados acerca dos fenóm enos a partir de premisas que
inclúen estes principios, o coñeci do como procedement o indutivo-dedutivo 4 . Cada ciencia
particular ten, segundo Aristóteles, un xéner o de suxeitos e un conxunto de predicados
distintivos. O xénero de suxeitos da física é, por exemplo, a clase de casos nos que os corpos
cambian a súa posición no espazo, mentres que entre os predicados propios des ta ciencia están
a «posición», «velocidade» e a «resistencia» .
Aristóteles sostiña que unha ciencia en parti cular é un grupo dedutiv amente organizado de
enunciados. No nivel máis alto de xeneralidade at ópanse os primeiros prin cipios de todas as
demostracións, os principios de identidade, aplicábeis a todos os argumentos dedutivos. Os
primeiros principios da física incluirían, por exemplo, que todo movement o é natural ou violent o,
que todo movemento natural é un movemento ca ra un lugar natural [os obxectos sólidos
móvense por natureza car a o centro da Terra], que o movemento violento está causado pola
acción continua dun axente [a acción a distancia é imposíbel] e que o baleiro é imposíbel. Como
3 Antón Costa, op. cit. , p. 58. Posto que non se o btén fiabilidade da observación directa e das evidencias
sensoriais, para coñecer e estu dar o que é universal , e comprender a natureza des a realidad e eterna, debería
exercitarse a mente no pensamento abstracto e matemático, cu ltivar a razón e reducir o mundo finito da experien cia
a un conxunto de categorías básicas e inmutábeis.
4 John Losee, Introducción histórica a la filosofía de la ciencia , Madrid, Alianza Editorial, 2000, pp. 15-16.
Aristóteles pensaba que a investigación científica comeza co coñ ecemento de que suceden certos fenómenos ou de
que coexisten certas propiedades. A explicación cien tífica só se consegue cando se deducen enunciados sobre
eses fenómenos ou propiedades a partir dos principios explic ativos. Deste xeito, a explicació n científica é unha
transición dende o coñecemento dun feito ata o coñecemento das razóns do feito.
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
25
enunciados verdadeiros máis xerais que poden facerse acerca dos predicados propios da
ciencia, estes son os puntos de partida de todas as demostracións da ciencia 5 .
A observación sistemática da multiplicidade dos obx ectos existentes a partir das evidencias dos
sentidos, toma inicialmente a forma de perc epcións simples e fundamentais que o espírito
ensambla, mediante a súa capaci dade discriminativa conxénita, nuns modelos complexos por
medio da demostración e da indución lóxica. Cumpriría poi s buscar un método adecuado e certo
para a construción de xeneralizacións, un instru mento para a correcta estruturación do saber
científico e o estabelecemento do criterio de ver dade; unha forma correcta de raciocinio dedutivo
consistente en aplicar os principios xerais do razoamento aos casos particulares, o que se
chamou razoamento siloxístico, el aborado por Aristóteles no contexto das súas obras lóxicas.
Mediante este método Aristóteles formula a filosofía primeira [a metafísica] e a filosofía natural [a
física]. Na súa metafísica aborda o que denomi nou os primeiros principios, o conc epto
transcendental de ser referíndose aos entes en si, situados máis alá dos sentidos e das
aparencias fenoménicas. Na súa filosofía da nat ureza constrúe unha descrición física dun mundo
corporal e extenso, distinguindo unha física celeste e unha física sublunar 6 .
Aristóteles insistiu tamén en que toda explicac ión científica dunha correl ación ou proceso debe
dar conta da súa causa final ou telos . As explicacións teleolóx icas son as que usan a expresión
«coa fin de», ou algunha equivalente, e Aristóteles esixía explicac ións teleolóxicas non só ao
desenvolvemento dos seres vivos, por exempl o, senón tamén ao movemento dos obxect os
inanimados. Esa crítica aos filósofos que pretendían explicar o cambio exclusiv amente en termos
das súas causas materiais e eficientes, está na base da súa contestación aos atomistas como
Demócrito.
Aínda que Aristóteles criticou tamén a aqueles fi lósofos naturais pitagór ic os que crían ter
explicado un proceso cand o atopaban unha relación matemática exemplificada nel, recoñecí a a
importancia das relacións numéricas e xeométrica s na cienc ia física, e en realidade distinguiu un
grupo de «ciencias mixtas» -astronomía, óptica, música e mecánica- que teñen como tema as
relacións matemáticas entre obxectos físicos 7 .
No que respecta á física sublunar, Aristóteles, seguindo a Empédocles, di stinguiu catro especie s
de corpos fundamentais chamados elementos [terra, auga, aire e lume] que, combinados en
proporcións variábeis, daban or ixe aos mixtos animados [plantas, animais, humanos] e
inanimados. A ciencia deste mundo natural, a física, era entendida c omo explicación das
5 John Losee, op. cit. , p. 22.
6 Antón Costa, op. cit. , pp. 61-63.
7 John Losee, op. cit. , pp. 23-24.
32
aplicación práctica do coñecemento científico ex plica gran parte das polémicas excesivamente
hostís de Bacon en contra de Aristóteles 21 .
Pola súa parte, Bacon bus caba descubrir as leis xerais mediante un progresivo ascenso indutivo
a partir das relacións menos xerais, en tanto que, posteriormente, R ené Descartes (1596-1650)
pretendeu comezar polo vértice e chegar o máis abaixo posíbel m ediante un procedemento
dedutivo 22 . Descartes, que prestou especial atenci ón ao estudo do move mento, defendía unha
concepción totalmente mecanicista da causalidade, e ao restrinxir as caus as do movemento ao
choque e a presión [o baleiro non pode exis tir, polo que un corpo atópase en permanente
contacto con outros corpos], negaba a posibilid ade dunha acción a distancia. Sostiña ademais
que unha hipótese xustificábase pola súa capaci dade, en conxunción coas leis fundamentais,
para explicar fenómenos. A partir de principios metafísicos teís tas e creacionist as, procedeu a
derivar as leis xerais do universo 23 .
O fracaso do aristotelismo que dominara toda a Id ade media, proclamado por F. Bacon, fac ía
imperiosa a necesidade dunha base firme e inam ovíbel para unha nova f ilosofía que presentase
de novo, na súa orixe, o problema do ser. É neste contexto históric o-filosófic o no que se inxire
René Descartes. Tomando como referente a doutri na de Bacon, proclama como dialéctica de
procedemento a dúbida metódica q ue parte da irrefutábel afirma ción de «penso, logo ex isto» 24 . A
esencia da materia é a extensión, que é o propi o do saber xeométrico, e por iso mesmo todo o
espazo físico se identifica co espazo xeométri co e todas as propiedades da materia son
propiedades xeométricas: a grandeza, a forma, o cambio polo movemento, etc. Porque a esencia
da natureza é xeométrica, o verdadeiro coñec emento é, por extensión, un coñecemento
matemático que se propón unha descrición matemáti ca dos fenómenos. A experiencia inmediata
analízase en termos de hipóteses, axiomas e pos tulados mediante un proceso de resolución ou
análise, a partir dos que se deducen as conclusións, as leis matemáticas da natureza,
verificábeis pola experiencia [un proceso compositivo, a síntese] 25 .
21 John Losee, op. cit. , pp. 70-78.
22 Descartes, ao contrario que Bacon, apoiaba unha xerar quía dedutiva das proposicións. Así, esixía certeza
para os principios xerais do vértice da pirámide, e con esta fin comezou por dubidar metodicamente de todos os
xuízos que previamente se consideraran verdadeiros. Os seus principio s teístas e creacionistas derivan de
estabelecer a súa propia existencia como ser pensante e a existencia dun Deus benevolente que garante a verdade
de aquilo que se presenta claro e inmediato á mente. Descartes argumentaba que un Ser Perfecto non crearía ao
home de tal modo que os seus sentidos e a súa razón o enganasen sistematicam ente.
23 John Losee, op. cit. , pp. 80-87.
24 Partindo da súa afirmación de que «despois d e Bac on hai po uco que dicir sobre a experimentación»,
Descartes busca a clarividencia que debía caracterizar o verdadeiro método científico. Neste contexto, a «dúbida
metódica» que ten como punto de partida o «cogito ergo sum», non é po is puro escepticismo, é máis unha
expresión dunha actitude de de sconfianza e de cautela, a esixencia dunha evidencia indispensábel nun moment o
histórico no que o home tiña perdido as súas co nvicións.
25 António Amorim, op. cit., pp. 115-116.
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
33
Disco de Newton, para re compoñer a l uz
branca. Segunda metad e do XIX.
Museo do IES "Lucus Augusti" (Lugo)
Máis tarde, os comentarios de Isaac Newton (1642-1727) sobre o método científico dirixíronse
principalmente contra Descartes e os seus seguidores, que pretenderan derivar as leis físicas
básicas a partir de principios metafísicos 26 . Newton opúxose a esa forma de teorizar sobre a
natureza, e insistía en que o filósofo natura l debe basear as súas xeneralizacións nun exame
coidadoso dos fenómenos. Neste sentido, ao manter que o procedemento científico debe incluír
tanto unha etapa indutiva como dedutiva, Newt on afirmou as posició ns que xa defenderan
Grosatesta e Roger Bacon no século XIII, e Galileo e Francis Bacon a comezos do XVII. A
aplicación newtoniana do método do análise e a sínt ese, deu cumprido froito nas investigacións
da súa Optica e na súa grande obra sobre dinámica, os Principios matemáticos da Filos ofía
natural .
Newton fixo unha nova proposta de
procedemento. O seu método axiomático
estrutúrase en tres etapas: a formulación
dun sistema axiomático [grupo
dedutivamente organizado de axiomas,
definicións e teoremas], a definición dun
procedemento para correlacionar os
teoremas do sistema axiomático coas
observacións e, por último, a confirmación
das consecuencias dedutivas do sistema
axiomático empiricamente interpretado 27 .
Contemporáneo de Newton, Gottfried W.
Leibniz (1646-1716) fixo importantes
contribucións ás matemáticas e á física, e
extrapolou confiadamente, partindo dos
seus achádegos científicos, afirmacións meta físicas, estabelecendo un tráfico de ida e volta
entre as teorías científicas e os principios me tafísicos. Este proceso pode exemplificarse na
26 Así, a modo de exemplo, Desca rtes mantiña que Deus era a cau sa última do movemento no universo. Cría
que un Ser Perfecto crearía un universo «todo dunha vez». Consecuentemente concluía que, posto que a mate ria
do universo se puxera en movemento toda á vez, o Ser Perfecto aseguraría que ese movemento se conservase de
forma perpetua. Doutro modo, o universo pareceríase a un reloxo que eventualmente deixa de andar, ao produto
dunha obra demasiado humana. A partir deste principio máis xeral do movemento, Descartes derivou as outras tres
leis do movemento: que os corpos en repouso permanecen en repouso, e os corpos en movemento permanecen en
movemento a menos que, outro corpo, actúe sobre eles; que o m ovemento inercial é un movemento en liña recta; e
que se un corpo choca con outro corpo que te n maior resistencia ao moveme nto que o primeiro, este cambia de
dirección sen perder nada do seu movemento. Esta última lei implicaba tamén que se un corpo ten máis forza que
un segundo resistencia, entón o primeiro corpo arrastra ao segundo con el, perdendo tanto movemento como o que
ceda ao segundo.
27 John Losee, op. cit. , pp. 89-100.
34
relación entre os seus estudos dos fenómenos do ch oque e o principio de c ontinuidade. Leibniz
usou o principio de contin uidade para criticar as leis do choque de Descartes 28 , e despois de
corrixir estas, apelou aos fenómenos do choque para apoiar a afirmación ontolóxica de que a
natureza actúa invariabelmente de modo que evite as descontinuida des. Por regra xeral, Leibniz
salientou máis a certeza dos seus principios metafísicos que a natureza continxente do
coñecemento empírico 29 .
A negación que fai David Hume (1711-1776) da po sibilidade dun coñecemento necesario da
natureza 30 baséase en tres premisas: en que todo coñecemento pode subdividirse nas
categorías mutuamente excluíntes «relacións entre ideas» e «cues tións de feito», en que todo
coñecemento destas últimas xorde das impres ións sensíbeis, e en que un coñecem ento
necesario da natureza presuporía o coñecement o da conexión necesaria entre sucesos.
Hume restrinxiu o ámbito dos conceptos empiri camente significativos a aqueles que puideran ser
«derivados de» impresións, e tense interpre tado que sostiña que a ciencia comeza con
impresións sensíbeis e só pode abarcar conceptos que, dalgún x e ito, «se constrúen» a partir de
datos sensíbeis [opinión compa tíbel co método de aná lise, pero non co axio mático de Newton];
con todo, Hume recoñece que a formulación de teorías amplas, como a mecánica de Newton,
conséguese mediante unha intuic ión creadora que non é reducíbel á «unión, transposición,
aumento, diminución» de ideas «copiadas de» impresións. O que nega e que tales teorías
puideran conseguir o rango de verdade necesaria 31 .
Immanuel Kant (1724-1804), pola súa parte, distinguiu entre a materia e a forma da experiencia
cognitiva, argumentando en contra de Hume que as impresións sensíbeis proporcionan a materia
prima para o coñecemento empírico, pero que o pr opio suxeito cognoscente é o responsábel da
organización estrutural 32 . Kant estaba profundamente impres ionado pola amplitude e potencia da
xeometría de Euclides e da mec ánica de Newton, e atribuía esta amplitude e potencia á estrutura
dedutiva destas disciplinas. Na súa teoría do coñecemento, a facultade da raz ón prescribe ao
28 Segundo Descartes, se dous corpos chocaban de front e, as súas velo cidades despois do choq ue son as
mesmas pero en sentidos contrarios, pero se un corpo é maior que o outro, ambos os dous corpos desprázanse
despois do impacto no sentido no que se desprazaba o corpo maior. Leibniz obxectou que non é razoábel que unha
adición infinitesimal de materia dera coma resultado un cambio descontinuo n o comportamento. O principio de
continuidade é un principio metafísico, segundo o cal, a natureza actúa invariabelmente de modo que evita as
descontinuidades.
29 John Losee, op. cit. , pp. 107-109.
30 Hume negaba que un coñecemento das configuracións e interaccións atómicas, aínda can do puidera
lograse, constituíse un coñecemento necesario da natureza. Defendía que, aínd a se as nosas f acultades fosen as
adecuadas para penetrar na arquitectura interna dos corpos, non conseguiríamos coñecemento sobre unha
conexión necesaria entre os fenómenos. Ao máximo que poderíamos aspirar é a determinar que certas
configuracións e movementos dos átomos estiveran c onstantemente unidos a cert os fenómenos macroscópicos.
31 John Losee, op. cit. , pp. 110-115.
32 Hume sostiña que Locke estaba errado ao suxerir que, se coñecésemos a configuración atómica do ouro,
poderíamos comprender sen necesidade de ensaios que esta substancia debe ser solúbel en auga rexia .
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
35
entendemento certas regras para a or denación dos xuízos empíricos. Con respecto ás teorías,
citou coma criterios de aceptabilidade o poder preditiv o e a contrastabilidade.
Kant mantiña que os tres principios da mecáni ca son principios regul adores que deben guiar a
busca de leis empíricas específicas. Estes pr incipios estipulan que, para explicar un
acontecemento, débese atopar un conxunto de c ircun stancias anteriores a partir das cales se
seguen -segundo regras-, acontecementos do mesm o tipo, de tal xeito que se conserve a
materia, se atribúan os cambios nos movementos dos corpos a forzas extrínsecas ao propio
corpo, e a acción se equilibre coa reacción. Insi stiu en que o coñecemento empírico obxectivo só
podería conseguirse se as leis individuais se formulasen de acordo con estes principios 33 .
Opinións posteriores, que tiveron grande incidencia na historia da filosofía da ciencia e na forma
de «facer» a propia ciencia, caen xa fóra do que foi esta época na que asenta as súas raíces o
código disciplinario da materia de Físic a e química . Incluso na fase constituínte deste código
disciplinario, as diversas concepcións que na f ilosofía da ciencia foron xurdindo ao mesmo tempo
que este se ía definindo no ensino secundario [nas décadas centrais do século XIX], non foron
condicionantes nun proceso máis pendent e do inmediato no eido educativo.
Con esta visión histórica do pensamento filosófico na súa relación máis directa coa ciencia, coa
física en particular e co seu desenvolvemento, podemos enfrontar con certa perspectiva os
debates conceptuais vividos nos séculos posteriores, feitos que determinarían en gran medida a
complexa situación educativa e a concreción académica e institucional desta disc iplina.
33 John Losee, op. cit. , pp. 116-122.
36
2.1.2. A incorporación da física ao mundo académico das universidades
A incursión que de xeito moi sele ctivo e sintético acabamos de fa cer na filosofía da ciencia e, de
xeito especial, nas opinións relativas ao método científico en relación coa física, tiveron unha
ampla incidencia na forma na que esta ci encia tomou asento no mundo académico.
En opinión de José Luís Peset, a universidade de cuño clásic o, a que se creou na Baixa Idade
Media e se mantivo máis ou menos incólume ata ben entrado o século XVIII, establécese como
un acordo entre o papado e a c oroa para defender os seus saberes e os seus poderes. Tralo
estudo gramatical, o estudante con catorce ou máis anos, encamiñábase cara a facultade menor
de artes ou filosofía, destinada ao coñecemento daqueles rudimentos que se consideraban
necesarios para comezar os profundos traballos superiores. As ensinanzas nas facultades de
filosofía estaban dominadas polas escolas filosófico-teolóxicas, proporcionándose unha
formación puramente escolástica só animada polas pelexas retórico-ideolóxicas entre dominic os,
xesuítas e franciscanos, fundamentalmente.
En xeral, nelas discutíase a Aristóteles, sobre t odo os seus libros de física e de metafísica, aínda
que tamén era posíbel o ensino dalgunhas cienc ias que os médicos puideran necesitar. Os
curricula prestaban escasa atención aos tema s científicos e estes eran tratados dende unha
perspectiva obsoleta. As facu ltades de filosofía sempre foro n lugar de ensino escolástico
dominado polas grandes ordes relixios as, sen que prosper ase nunca de xeito definitivo a
ensinanza científica 34 .
O atraso manifestábase, esquemat icamente, en dúas cuestións. En primeiro l ugar, nun labor
docente anacrónico, coas clases impartidas en latín, sobre a base da lectura dun texto nese
idioma e de discusións especulativas, coa ausencia de instrumentos e actividades prácticas. En
segundo lugar, o atraso manifestábase no dominio das concepcións filosóficas precientíficas 35 .
Resulta ilustrativo desta circunstancia a posic ión da Universidade de Sala manca con ocasión da
aprobación do plan de estudos de 1771, ao defend er a persistenc ia dos saberes aristotélicos e
rexeitar os principios dos «Modernos Filósofos» [Newton, De scartes, ...], «porque non vemos nos
seus sistemas, que se estableza método, que descubra maiores ut ilidades e adiantos nas
34 José Luís Peset , «Educación y ciencia en e l fin del Antiguo Régimen», en José M. Sánchez Ron (ed.),
Ciencia y sociedad en España , Madrid, ediciones el arquero/CSIC, 1988, pp. 17-18.
35 Rafael Sisto e Xosé A. Fraga, «A recepción da ciencia moderna na universidade de Santiago, 1772-1845.
A incorporación da Física e a Química e o labor docente dos co lexios prácticos», Ingenium, Sada-A Coruña, vol. 5,
1996, p. 25.
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
37
Ciencias; e non sendo por este fin, parécenos escusado facer, e int roducir unha novidade coma
esta» 36 .
Buscando estabelecer os feitos que marcan as diferenzas entre estas posicións, cómpre
referírmonos aos Principia mathematica de Newton publicados en 1687, que unificaban nunha
teoría xeral os avances na mecánica e no movem ent o feitos por Galileo, Kepler, e outros. Deste
modo, a mecánica ficaba dende aquela me sturada e integrada como unha parte das
matemáticas, chegando a manterse dentro dos s eus programas ata mediados do século XIX,
mentres que a física semella un co ncepto difuso en permanente di scusión ent re aristotélicos e
mecánicos. Unha primeira clave que se converte u en elemento diferenciador a principios do
século XVII, podemos situala no paso da xeom etría euclídea á análise di ferencial, que agrupaba
un conxunto de saberes matemáticos coñecidos ou titulados nos programas de estudos como
matemáticas sublimes .
Durante o século XVIII faise neces aria a cualificación de física mecánica ou experimental para
distinguir aos que apostan «polo modelo newtoni ano» fronte á física aristotélica, «relegada» aos
amplos redutos nos que a ortodoxia relixiosa tiña a forza suficiente para impoñer a vell a
escolástica. A revolución científica discorrerá pare lla á revolución social, e o seu triunfo suporá a
aceptación xeneraliz ada da realidade d un universo material, a ut ilización da matemática como
instrumento no avance científico e o empr ego de aparellos demostrativos no ensino.
Nesta época empezan a xurdir en España posicións críticas que intentan modificar o mundo das
ideas, enfrontándose ao exceso de escolasticismo e á dependencia eclesi ástica do ensino e a
cultura en xeral, proceso que se estende dende finais do sécu lo XVII ata mediados do XVIII.
Diversos profesores, coñecidos como «novatores», interesados pola utilidade da ciencia, levan o
seu sentido práctico á acción política, convencid os de que non hai r eforma posíbel se non se ten
o poder necesario e suficiente 37 .
A física que tradicionalmente se ensinaba nas universidades estaba integrada na materia
«Institucións filosóficas» da facultade de Artes, despois chamada de Filosofía, que era unha
facultade menor, preparatoria para o acceso ás facultades maiores: Cánones, Leis, Teoloxía e
Medicina. As «Institucións filosófi cas» compúñanse habitualmente dos seguin tes estudos:
36 Antonio E. Ten, «La Física experimental en la Univ ersidad españ ola de fines del siglo XVIII y principios del
XIX. La Universidad de Valencia y su aula de Mecánica y Física e xperimental», Llull , vol. 6, 1983, p. 166.
37 Antonio Moreno, «De la física como medio a la física como f in. Un episod io entre la Ilustración y la crisi s
del 98», en José M. Sánchez Ron (ed.), Ciencia y sociedad en España , Madrid, ediciones el arquero/CSIC, 1988, p.
31. O nome de «novatores» procede de Dialogus physicotheologicus Novatore sive thomista contra atomista , do
relixioso da orde dos Mínimos, Francisco Polanco (1714).
38
I. Historia da filosofía e Elementos de matemáticas, II. Lóxica e Metafísica, III. Física xeral, e IV.
Física particular, materias cursadas nesa orde.
Segundo o frustrado plan de Olavid e de 1768, a Fí sica xeral sería «aquela parte da filosofía
natural que considera o corpo tom ado xeralmente, as súas afeccións, os principios naturais da
súa composición e propiedades». Segundo os libro s da época, algúns dos temas da física xeral
serían: Do corpo, espazo e movemento; Da gravidade; Das máquinas; Das atraccións e
coherencia dos corpos; Dos fluídos en xeral; e Do equilibrio entre sólidos e fluídos. A Física
particular sería «a que pr ocura in vestigar os corpos polos seus diversos xéneros, explor ar e
demostrar as súas forzas, movementos e efecto s». Entre os temas da física particular estarían:
Da auga; Da luz, as cores e a vi sión; Do imán; Da electricidade; Do aire e do son; e Dos corpos
celestes 38 .
Polo carácter eclesiástico das universidades e existindo unha co mpetencia pouco san entre as
escolas tomista, suarista e escotista, todas elas escolásticas per o cada unha desexosa de
dominar o ámbito académico da filosofía, esta, e con ela a física, estivo estancada nas formas
medievais: lectura dun texto aristotélico, en versión escolástica, sobre o que se estabelecía unha
discusión siloxística. Todo aqui lo nun latín cada vez máis det eriorado e menos adecuado para a
incorporación da terminoloxía xu rdida das novidades científicas 39 .
2.1.3. A crise do mode lo: Física experimental versus Física aristotélica
No século XVIII o Despotismo ilustrado impulso u importantes reformas do Antigo Réxime no
Estado español, favorecendo a incorporación da cu ltura e da ciencia europ eas. Esta salientábel
labor innovadora acadou certa recepción entre a e lite dirixente do Estado, o que se plasmou, no
eido científico, sobre todo na segunda metade do século, nunha serie de reformas tendentes á
introdución dunha ciencia moderna e experimental. A política cien tífica ilustrada tentaba atender
algunhas demandas sociais e necesidades do aparello do Estado, superando a ausencia da
revolución científica do XVII en España; e aínda que coa revolución francesa e o expansionismo
francés os reformistas do Antigo Réxime -os ilustrados-, observaron con horror o perigo que
corrían os seus privilexios, deuse un c erto retr oceso no proceso reformista, pero xa non era
posíbel unha volta atrás. En todo caso, extremaron as reticencias e xurdiu certo rexeitamento ás
transformacións en marcha.
38 Antonio Moreno, op. cit ., p. 32.
39 Antonio Moreno, op. cit ., pp. 32-33.
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
39
A renovación da docencia científica superior foi un dos aspectos básicos do proxecto ilustrado.
Tentouse reformar a universidade, unha instituci ón medievalizante e eclesiástica que se mantiña
á marxe da renovación científica europea. Neste s enso, a nova filosofía natural, a ciencia
«newtoniana», introduciuse oficia lmente na universidade española cun considerábel retraso con
respecto á europea, cos plans de estudo promovidos polos ministros de Carlos III 40 .
Carlos III asume o trono de Esp aña en 1759, aos 43 anos, con am pla experiencia tralo seu
reinado en Nápoles. Os historiadores considérano un ilustrado , no sentido xeral do termo, ás
veces caracterizado polas súas decisións antix esuíticas que reflectían unha actitude combativ a
contra a inmobilidade estament al. Durante o seu reinado, no Consejo de Ca stilla apréciase un
claro consenso na pretendida reform a das universidades do Reino: «a universid ade debería ser
un medio decisivo para acadar a pretendida felici dade para o pobo, entendida polos ilustrados
primeiro, e despois polos liberais, nun sentido más pr áctico -útil dirían eles- que espiritual». Este
cambio supuxo, entre outras cousas, o rec oñecemento da física como unha disc iplina separada
das «Institucións filosóficas», materia caracter ística da ensinanza universitaria escolástica 41 .
A reforma iniciase coa expulsión dos xesuítas e a modificación dos colexios maiores en 1767; a
principal estratexia reformista utilizada foi a da modificación dos plans de estudos, que dende a
proposta de Campomanes (1771) pretenden incorporar as novas disciplinas científicas,
favorecendo o seu tratamento dende unha perspec tiva experimental, ou, cando menos ,
comprobatoria. Os ilustrados defenderán un ensi no centralizado, uniforme e moderno, facendo
especial esforzo nas facultades con menor r ango -dereito e medicina -, con menos rendas,
menos cátedras e peor pagadas, pero con moito futuro.
Este cambio no ensino científico preténdese realizar dun xeito moderado, instando á
incorporación das matemáticas e a física e favorecendo un novo clima, unha mentalidade
científica que permitise a nova formación. Fr onte aos novos saberes prácticos e útiles, « os
estabelecementos universitarios (...) considerarans e de seu como recintos protectores do antigo
saber teórico» 42 .
Xa Feijóo expresara unha crítica á mentalidade precientífica que dominaba na universidade
española do XVIII: «Mentres no estranxeiro pr ogresa a física, a anatomía, a botánica, a
xeografía, a historia natural, nós esnaquizamos a cabeza e afundimos con berros as aulas sobre
40 Antonio E. Ten, op. cit ., p. 166.
41 Antonio Moreno, op. cit ., pp. 28-30.
42 M. Peset e J. Luis. Peset, La Universidad española (siglos XVIII y XIX). Despotismo ilustrado y revolució n
liberal , Madrid, Taurus, 1974, p. 275.
40
se o Ente é unívoco ou análogo; sobre se tr anscende; sobre se a relación se distingue do
fundamento,...» 43 .
No medio daquel ambiente universitario de partidism o de escolas filosófi cas, houbo intentos de
introducir nas universidades a «nova física», defendida anos antes en Es paña polos novatores
sen moito éxito. Era un ha física cartesiana, enunciativa, al go fenoménica, nada siloxística e
timidamente experimental, nun sent ido comprobatorio -baseado na reprodución de experiencias-
e falto de investigación. Neste senso xenera lizouse o nome de «física experimental» para esta
outra forma de entender o ensino da física -herdeira das posicións dos novatores-, en todo caso
un paso importante para dist anciarse das formas escolásticas. Creáronse algunhas cátedras con
esta denominación, a primeira a destinada en 17 72 aos Reais Est udos de San Isidro de Madrid,
da que foi primeiro catedr ático Antonio Fernández Solano, e posteriormente tiveron lugar os
intentos de Alcalá, Valladolid, Santiago e Valencia , visualizado este co plan de estudos do reitor
Blasco 44 .
Estas transformacións acadaron certa relevancia e presenza social, como reflicte a prensa da
época:
Por último, houbo exames de Física experimental. Neles deron razón do corpo, espazo e movemento das
potencias comprimentes e das forzas ínsitas: da gravidade, das máquinas, das súas fricións e da rixidez da s
cordas; do movemento composto en xeral; da oscila ción dos péndulos; da elasticidade e da percusión; d a
atracción, fluidez, equilibrio, etc. Tamén se fixo experiencia cun pequeno globo aerostático, que estab a
prevido a este fin, dos fenómenos do gas 45 .
A prensa tamén recolle, por exemplo, os exerci cios literarios no Cole xio da Encarnación dos PP
agostiños calzados, con motivo do concurso opos ición ás cátedras de Artes que cada ano
quedaban baleiras na provincia da or de. Dos vintecatro examinados no día da noticia, 20 e 21 de
decembro de 1786, dez deles defenderon teses de física, moitos expoñendo opinións de Newt on
ou Descartes 46 . Os editores semellaban ter interese en que se coñeceran os novos saberes que
chegaban coas Luces.
Mesmo unha vez creadas as cátedras de física experimental, o debate entre os partidarios
dunha mentalidade científica «moderna» e os def ensores dunha suposta ciencia supeditada á
non contradición coa Revelación , os escolásticos, tiña unha im portante transcendencia na loit a
43 Benito Feijóo Montenegro, «Causas del atraso que padece Espa ña en orden a las Ciencias Naturales», en
Cartas eruditas y curiosas , t.II, páxs. 215-234, Madrid, 1750.
44 Antonio Moreno, op. cit ., p. 33.
45 Recollido do Memorial literario, instructivo y curioso de la Corte de Madrid , en xullo de 1787. Reproducido
por Carmen Labrador e Juan Carlos de Pablos, La Educación en los Papeles Periódicos de la Ilustración Española,
Madrid, Ministerio de Educación y Ciencia, 1989, p. 137.
46 Labrador e Juan Carlos de Pablos, op. cit. , p. 178.
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
41
pola hexemonía filosófico-científica. Así, a universidade de Santiago de Com postela viviu de
modo intenso este acendido debate, aínda que c on certo retraso con respecto a outras
universidades do Estado, e as intervencións sobr e o tema repítense nos libros copiadores de
informes, especialmente aqueles redactados polos que sustentaban o poder na Universidade.
Entre 1797 e 1799 podemos atopar varios exemplos:
«Declamen los modernos quanto quieran contra el escolasticismo y Peripato: lo cierto es que en la
Universidad de Santiago se enseña la teología escolástica por Santo Tomás: lo cierto es que nadie hay tan
osado y tan ignorante que se a treva a negar el singular mérito de las obras d e este Santo Doctor, cuia
solidez, método y claridad encantan a esos mism os filósofos del dia que hablan co n tanta libertad hasta de lo
más inefable y Sagrado (...)» 47
«La Junta Escolástica solo p uede servir para trat ar aquellas cuestiones p uramente metafísicas y de
supuesto imposible, (...) y que son las que con tanto dispendio de tiempo y en juicio de la erudición Sagrada
ocupan todavia a los profesores de este General Est udio, por ejemplo: ¿En qué se empleaba Dios antes de
criar el Mundo?; ¿Puede hacer entes de Razón?; ¿Dejaría de ser Omnipotente fal tando una mosca de todas
las posibles?; ¿Pudo el Verbo Divino encarnar en un mosquito?» 48
E como signo do debate e das súas consecuencias:
«(...)La universidad de Santiago ya desterró de sus est udios todas estas inepcias, y con ar reglo a lo
mandado por el Consejo en el año de 1795 en seña las Instituciones Filosófica s del P. Jacqu ier, obra que
aunque no carece de defectos ofrece ideas sólidas, inspira el gusto de la verdadera física y pre senta a los
que han de seguir la Teología las nociones físicas que son suf icientes para combatir varios errores que el Sr.
González cree que solo puede conjurarlos quien haya es tudia do a fondo la Física Experimental, es esta
utilísima sin dud a, lo conoce la Universidad, lo ha conf esado así (...) mas a pesar de esto la Universidad de
Santiago se halla firmemente persuadida de que para ser uno buen Teólogo no necesita manejar los
Instrumentos físicos, ni ver o hacer experimentos por si mismo» 49
Neste mesmo informe aínda se precisa máis:
«(...) Pero todavia el estudio de la Física experim ental y Matemáticas pued e acarrear otras consecuencias
más fatales a los que siguen la Teologia. Un jo ven abituado a las demostracione s Matemáticas y a ver con
sus propios ojos por decirlo así, las verdades qu e ofrece la física, está expuesto a querer estender a lo más
Sagrado la Jurisdición de la Evidencia, y de los sent idos; y si con esta prevención entra a indagar las
verdades teológicas, Quantos, quan transcendentales, y quam funestos no serán los perjuicios que podrían
resultar. Demasiado nos lo enseña la experiencia de estos últimos tiempos y ba stante lo llora la Religión ». 50
47 Arquivo Histórico da Universidade de Santiago (AHUS) , Libros de Arquivo, libro A-452., fol. 7 recto.
48 AHUS, Libros de Arquivo , libro A-452, folio 8 volto.[Contestación do Dr. González].
49 AHUS, Libros de Arquivo , libro A-452, folio 9 recto e volto.
50 AHUS, Libros de Arquivo , libro A-452, fol. 9 volto.
48
O Dr. José de la Vega foi o sucesor de Neir a na cátedra, en outubro de 1796. Seguiu
defendendo as ideas do seu antecesor, mesmo dunha forma máis combativa, xa que publicou
unhas Conclusiones que foron consideradas ofensivas por parte do Claustro. Vega foi
postergado na substitución da cátedra por Fer nando Carballeira, sen atender ás condicións
impostas no nomeamento de Neira, nin ás súas protestas 65 . En outubro de 1799 será nomeado
substituto Juan Camiña, que estudara nos Reales Estudios de San Isidro a botánica, a física
experimental e a química 66 . A cátedra seguiu sen poder contar cos instrumentos necesarios a
pesar das presións do propio Ministerio que, en maio de 1798, urxía ao reitor para que busca se
os medios « para proverse das máquinas máis prec isas para demostrar a Física experimental ».
En 1805 o Dr. Vega presenta un voto particular no Claustro da fac ultade de Filosofía con motivo
da publicación do novo plan de estudos. Explic a a necesidade dun gabinete de Física e Química
para levar a cabo as prev isións do novo plan de estudos, e coida que a Universidade deb e
fornecerse dalgunhas máquinas, instrumentos e reactivos, «os m áis precisos para o ensino da
Física e a Química».
A vida universitaria interrómpese desde o 9 de xaneiro ao 23 de maio de 1809, se ben a
actividade era moi escasa desde xullo de 1808. Un decreto de xuño de 1810 dispuña o peche
das universidades, polo que o 21 de novembro dese ano o doutor Joaquín Patiño eleva unha
representación ás Cortes, no nome da Universidad e, pedindo a derrogación do decreto e a
autorización para elaborar un plan provisorio de estudos 67 .
Trala paréntese de inactividade impos ta pola guerra contra os fr anceses, a situac ión non mudou
con respecto ás carencias de material didácti co nas cátedras. En out ubro de 1810 o Dr. Juan
Camiña pide, nun memorial dirixido ao Claustro, que se lle asigne a substitución da cátedra de
Física e a necesidade dalgúns in strumentos para o seu ensino, cun custe estimado entre 300 e
400 rs. O Claustro encomenda á Xunta de Filosofía o nomeamento do substituto e libra 400 rs.
para a merca de instrumentos, pero semella que esta nunca chegou a facerse efectiva.
A creación do gabinete de máquinas
Cos antecedentes sinalados, en novembro de 1813 son Gonzalo Berena e Domingo Fontán os
que propoñen, nun informe dirixido ao Alcalde de Santiago, que:
(...) teñan presente as melloras que espera no tocante ao ensino das Ciencia s Naturais e Exactas, para o
que é de primeira necesidade a adquisición dun teatro de máquinas e demais útiles sen os que non é
65 AHUS, Serie histórica , cartafol 183. Libros de Arquivo , A-136, fol. 308.
66 AHUS, Serie Libros de Arquivo , A-136, fol. 529.
67 AHUS, Serie Libros de Arquivo , A-138, fol. 42.
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
49
practicábel o seu ensino; (...) as leccións astronóm icas esixen un observatorio conveniente, un anfiteatro
anatómico as de Medicina, e un laboratorio químico as de Química. Artigos son todos estes tanto máis
necesarios canto que deles ca rece absolutamente a Universidade, e o peor é que faltan medios de
procurárllelos 68 .
A Universidade tiña daquela adaptado o seu ens ino ao plan provisiona l de 1807, pero estaban
sen cubrir as cátedras de Grego, Astronomía, Historia natural, Bo t ánica e todas as da Facultade
de Medicina.
Por fin, no Claustro do 18 de abril de 1816, acor douse que os catedráticos de Matemáticas e
Física experimental elaborasen un informe que recollera o número, calidade e custe dos
instrumentos de primeira necesidade para o ensino das devanditas materias 69 . O Dr. García
Lugín, substituto de Física, as umindo que a Universi dade non tiña cartos para construír unha
cátedra propia para a Física e menos para a merca do gabinete de m áquinas correspondente,
elabora unha proposta de compra pouco ambici osa que se limita a unha máquina pneumática,
unha eléctrica de indución, tres barómetros, dous termómetros, unha escopeta de vento e algúns
elementos simples de óptica 70 .
O Claustro do 9 de xullo de 1816 acorda a merca dos referidos instrumentos para o ensino das
Matemáticas, Física e Química á conta dos medi os soldos de todas as cátedras de Filosofía.
Responsabiliza da inversión a unha co misión form ada polos c atedráticos substitutos Domingo
Fontán, Luís Pose e Manuel García Lugín, aos que entrega a suma de 17.187 rs. e 16 maravedís
de vellón 71 . Realizada xa unha pequena merca para a cátedra de M atemáticas, en abril de 1817
a Comisión informa da grande op ortunidade de apr oveitar a chegada do matemático José
Rodríguez a París, e pide que se adianten as posíbeis cantidad es a librar nese curso para
remitilas a París e que o insigne científico mer que «...á súa discreción e elección os máis
indispensábeis instrumentos que con maior economía poida adquirir naquela capital que en
ningún outro punto de Europa» 72 .
José Rodríguez, catedrático de Matemáticas sublimes na Universid ade de Santiago dende 1801,
alternaba períodos de dedicación ao ensino con longas viaxes cien tíficas por toda Europa. Amais
de remitir numerosos informes sobre a situación dos estabelecementos científicos que visitaba,
68 Reproducido por Ánxela Bugallo, Formación e uso dos gabinetes de Historia Natural no ensino público en
Galicia no sécul o XIX , Santiago, Servizo de Publicacións e interc ambio científico da Universidade de Santiago, 19 98
[Teses de Doutoramento 98, formato CD], p. 1 82, documento do Arquivo Municipal de Santiago, Indeterminado,
Expedientes varios (1801-1816) , fols. 180 e 193, Informe do 27 de novembro de 1813 [orixinal en castelán].
69 AHUS, Serie Libros de Arquivo , A-139, fol. 126.
70 AHUS, Serie histórica , cartafol 23.
71 AHUS, Serie Libros de Arquivo , A-139, fol. 186.
72 AHUS, Serie histórica , cartafol 23 [orixinal en castelán].
50
Metro patrón comp arado por Fortin. Un dos
primeiros inst rumentos recibido pa ra o
Gabinete de Física da Uni versidade en 1818
en varias ocasións ofrecérase ao Claustro da Universidade para colaborar en todo o que puidera
ser de utilidade. Mediante as cartas que remitía ao seu colega e amigo Domingo Fontán temos
noticias do primeiro envío de se is caixas dende Parí s a Santi ago, por vía marítima Bayonne-A
Coruña, con instrumental de Física cun custe que excedía dos 20.000 rs. 73 Tras superar
numerosos problemas burocráticos e de transpor te, o 27 de maio de 1818 Fontán comunica ao
reitor ter baixo a súa chave na sala nº 15 os instrumentos coas correspondentes facturas
orixinais dos seus autores: Dumobier , Fortin, Candroix, Gambey e Breguet 74 .
Por estas mesmas datas remítese a
Rodríguez todo o capital do que dispón a
Comisión para o envío dunha nova remesa de
instrumentos, antes de que este marchase
para Italia. O 15 de abril de 1819 parte dende
París para Bayonne un segundo envío de
instrumentos de Matemáticas e Física, cun
custe de 13384 rs e 8 maravedís máis portes.
As primeiras décadas do século XIX resultan
confusas no que se refire aos plans de
estudos e aos programas na universidade de
Santiago de Compostela. A compra efectiva
do gabinete de máquinas mudara a situación, e documentos de arquivo confirman, polo menos,
o intento de aplicación do Plan de 1807 que encadra a cátedra de Física e Química na facultade
de Filosofía. O libro proposto para esta cátedr a é o Muschemps, mentre s que para a cátedr a de
Astronomía e Historia natural sinálase o libro de Bayes, «e no demais a xuízo do catedrático».
Dubidamos da aplicación efectiva do plan, polo m enos no que se refire á Historia natural, que
non terá cátedra propia ata 1840. Na explicac ión do plan de filosofía, concrétase ademais:
4. A Física ensinarase só na cátedra coñecida ata aquí co nome de experimental, porque dándose no teatro
propio do seu instituto fai patentes con experiencias e observacións prácticas as verdades que de outra
sorte quedan envolvidas en conf usión e escuridade. O catedrático dará o ensino pola mañá por espazo de
hora e media cando menos, entendéndose que deberá deterse máis cando o esixira a necesidade de facer
experimentos a fin de completar as explicacións dos puntos que sen eles quedan escuros e moito máis
cando en cumprimento do seu ministerio faga experiencia s pú blicas, citando a elo por impresos como ata
aquí.
73 AHUS, Serie Libros de Arquivo , A-140, fol. 193; Serie histórica , cartafol 23.
74 AHUS, Serie histórica , cartafol 23.
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
51
5. Este mesmo catedrático ensinará Química pola tarde no Teatro con a sistencia de unha hora p olo menos,
debéndose deter ademais todo o tempo que o e sixa a necesida de de executar análises e experiencias, sen
os que é imposíbel conseguir a instrución que se desexa nest a materia. O axudante de Química terá a
obriga de asistir diariamente ao ensino.
6. A esta cátedra concorrerán pola mañá todos os que han de seguir a carreira de Teoloxía e Medicina, e
pola tarde só os últimos, ao ensino da Química
8. Cátedra de Astronomía: hora e media pola mañá. Pola tarde Historia Natural 75 .
Nos anos seguintes poucos son os investim entos realizados na cátedra, e mesmo nun
Interrrogatorio do ano 1821 o Claustro manifesta á Dirección General de Estudios del Reino que
o Gabinete de Física «non ten fondos, nin ax udante e só un catedrático substituto».
O Plan de estudos de 1824 encadra a Física exper imental entre as materias da Filos ofía
Superior [que se cursaba aos 16 ou 17 anos], s endo esta materia de absoluta necesidade para
poder entrar na carreira de Medicina, pero tam én no segundo curso de Institucións Filosóficas 76 .
Luís Pose afirmaba anos máis tarde que ás s úas clases, no período de 1824 a 1832, asistían
entre 20 e 24 alumnos, afirmación que contra sta coa de Domingo Fontán, catedrático de
Matemáticas sublimes, que cando en setembro de 1829 solicita licenza para elaborar a Carta
Xeométrica de Galicia afirma que «nin neste curso nin nos ant eriores tiven discípulo nin
afeccionado algún» 77 . Sobr e o número de alumnos matriculados na materia de Física
experimental nas primeira s décadas do século, resulta moi ilustr ativa a táboa de elaboración
propia confeccionada en base aos datos ofrecidos polos documentos do arquivo universitario -
nos anos dispoñíbeis-, na que salient a o escaso número de alumnos:
Cursos 1797-98 1798-99 1799-00 1800- 01 1801-02 1803-04 1818-19 1819-20 1820-21
Profesor José de
la Vega
Francisco
Domínguez
Juan
Camiña
Francisco
Domínguez
José de
la Vega
Francisco
Domínguez
Domingo
Fontán
Fdez.
Losada
Fdez.
Carballido
Alumnos 0 3 5 9 1 1 1 2 3 6
En 1824 Luís Pose Varela 78 accede com o substituto á Cátedr a de Física Exper imental, posto
que ocupa ata que en 1831 gaña por oposición a titula ridade. Os anos de certa continuidade na
75 AHUS, Serie histórica, cartafol 570, folio 223, «Claustro do 6 de outubro de 1818» Contraditoriamente, ao
final do documento pon: Claustro do 6 de Agosto de 1807 [ Orixinal en castelán]. Esta contradición pode deberse a
que, coa volta ao poder de Fernando VII, anúlanse as d isposicións emanadas das Cortes de Cádiz e retómase o
Plan de 1807, que en Santiago estará vixente ata que o 14 de setembro de 1818 unha Real Ord e estipula que esta
Universidade se organice de novo segundo o Plan de 1771.
76 AHUS, Serie histórica , cartafol 450.
77 AHUS, Serie Histórica, cartafol 652 [orixinal en castelán].
78 Luís Pose naceu en Santiago e n 1790, e despois de obter a lice nciatura en Filosofía asistiu á s leccións de
Física experimental no Colegio I mperial de la Compañía en Madrid (sic) [Debe referirse aos Reales estudios de San
Isidro ]. Tras estudar tamén Leis e opositar á cáte dras de Matemáticas, en 1833 foi nomeado catedrático de Químic a
52
cátedra da Universidade vír onse truncados cando, en decembro de 1836, Pose foi elixido
deputado, e de novo a cátedra ten que ser cuberta por substitutos que mudan case cada ano.
De maior interese para a nosa investigaci ón, centr ada no ensino secundario, é achegarnos á
física que se imparte no 2º curso de Institucións filosó ficas, analizando o programa do substituto
da materia, o profesor José López Cres po, se ben na súa argumentación reflicte a necesidade
de aterse á orde e método do titu lar da cátedra no seu programa 79 :
Como esta cátedra é unha das preliminares ao estudo das facultades superiores, con máis esmero debe
tratarse nela... Así empregarase máis tempo n as lecci óns de física xeral, medida que semella tanto máis
necesaria adoptar, en canto que para os demais ramos da fís ica hai outra cátedra provista de instrumentos á
que poden asistir os afeccionados destas ciencias. Ocuparei pois as dúas terceiras partes do curso e n
percorrer as cinco disertacións en que trata o Autor [refírese ao titular da cátedra e autor do programa] da
natureza dos corpos, o seu movemento, forzas, aplicación destas e da Astronomía, farei que se estuden de
memoria as máis interesantes co obxecto de que se radiquen nestes coñecementos elementais; na outra
terceira parte do curso darans e leccións sobre os má is importantes ramos da física particular: aquí non
cargarei a memoria dos alumnos tanto como na físic a xeral, ben que traerán máis lido para dar conta na
cátedra.
Os contidos da materia estrutúranse do seguinte xeito:
Disertación primeira
Idea desta ciencia, obxecto e divisións, utilidade.
Regras polas que ten que rexerse o físico no exame da natureza e averiguación das causas que producen
os seus fenómenos.
Opinións que houbo acerca da esencia e principios dos corpos.
Propiedades dos corpos, en especial extensión, impenetr abilidade, figurabilidade, divisibilidade, d o baleiro e
da inercia.
Disertación segunda
Idea do movemento e en xeral do espazo, tipo e lugar exced iendo (?) para el á Cosmoloxía, onde o Autor
quixo anticipar esas nocións.
Cousas que hai que considerar no movemento, das súas especies e leis en xer al, das particularidades do
movemento reflexo e refracto ou variacións oc asionadas polos fluídos intermedios e obstáculo s
insuperábeis.
Do choque dos corpos elásticos, das diferentes di reccións en q ue pode verificarse e dos fenó menos que
desta diversidade resultan.
Terceira disertación
Previrei a obxección que se fará aos alumnos así que lean o tema de viribus corporum , cotexándoo coas
proposicións xa estabelecida s, a saber, que a in ercia é unha propiedade esencial dos corpos, exposto
no sentido en que admitimos forzas nestes, falarei da fo rza de inercia, acción e reacción, forzas vivas e
mortas.
da Escola de Artes de Santiago, e posteriormente da de Aritmética, Xeometría e Mecánica na mesma Escola. Datos
tomados de AHUS, Serie Expedientes Persoais : Pose Varela, Luís, cartafol 1.118.
79 AHUS, Serie Histórica , cartafol 449, Doc.: Razón de las leccións pertencentes á materia de segundo curso
de Institucións filosóficas, e orde que se obser vará en dalas aos seus alum nos o Dr. D. José López Crespo
substituto de este curso de vinte e cinc o a vinte e seis [orixinal en castelán]
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
53
Examinarei se a atracción convén a todos os corpos e se son uniformes o u variábeis, as leis que se
observan, cales serán as causas desta variación nos co rpos terrestres, celestes e as partes integrais de
cada corpo.
Como poden reunirse nun corpo forzas cuxas dire ccións sexan opostas, tratarei aquí o movemento chamado
composto, xa en liñas rectas xa en curvas, onde se exp licarán as forzas chamadas centrais, con cluíndo
cos fenómenos da gravidade terrestre a disertación terceira.
Disertación cuarta
Tratarase das aplicacións das forzas dos corp os tanto sólidos como fluídos nos estados de quietude e
movemento, das economías e medios que nos ofrece a natureza e a arte para aumentalas.
As leis do equil ibrio estabelecidas pola infin ita sabedor ía do Creador. Con este obxecto falarei do equilibrio
de forzas, das varias máquinas simple s e composta s das que se fa i uso na mecánica para lograr o
aumento e equilibrio de forzas nos corpos sólidos, obxecto da estática.
Hidrodinámica ou estado dos fluídos en est ado de quietude ou movemento, natureza de ste corpos,
esencias, modos en que exercen presión en todas as direccións, leis do equilibrio entre os fluídos
homoxéneos e heteroxéneos.
Fenómenos particulares dos tubos chamados ca pilares, di versa gravidade específica dos fluídos , variación s
que se observan na dos sólidos mergullados en aqueles.
Fluídos en movemento xa nos tubos xa nas grandes masas e ca nles abertas.
Disertación quinta de Astronomía física
Sendo esta cátedra a única destinada para dar nocións eleme ntais de Xeografía, indispensáb eis para a
Historia, tratarei esta parte con toda detención e posíbel esm ero. E para que os alumnos adquiran
nocións exactas e cumpridas neste rama, non só ampliarei o capítulo primeiro no que o Autor dá unha
idea da Esfera e fai aplicación desta ao Globo terráqueo, senón que tamén os ensinarei no man exo da
Esfera Armilar construída segundo os sistemas do mundo, no globo terrestre e mapas practicando sobre
eles a resolución dos problemas máis interesantes da Xeografía.
Manifestarei a correspondencia e relacións do Globo que habitamos cos dema is que compoñen este sistema
planetario, explicarei algúns termos desta facu ltade e concluirei cunha breve descrición do Globo .
A Cosmoloxía é outro ramo auxiliar da Historia (...) . Despois de expoñer rapidamente os diversos sistemas
do mundo, ocuparémonos en tratar do Sol e a Lúa co obxecto de averiguar os seus movementos reais
ou aparentes. Sendo o movemento deste dous corpos a regra pola que de máis antigo os homes
dividiron e regularon o tempo, definiremos as divi sións deste, os varios modos que houbo de miralo nas
nacións e as causas de onde ist o precedeu.
Noción do calendario, modo de facelo, motivos da súa reforma e corrección. Botaremos unha rápida ollada
aos planetas e cometas, á sú a influenza nos cor pos sublunares e opinións sobre a causa do seu
movemento.
Na física particular seguirei o método do Autor, empezando polas substancias máis universa is: luz, xofre,
fogo, auga, terra e concluíndo polas substancias minerais que encerran no seu seo plantas e animais.
En 1836 prodúcese un arranxo provisional do Plan de Estudos que, a pesar de ser provisorio, vai
durar bastantes anos. A materia de Física experimental con algunhas nocións de Química queda
estabelecida no segundo dos tres curs os que forman a Filosofía [hora e media diaria], e a
materia de Física experim ental e Química, de unha hora semanal, na F ilosofía superior 80 . O
substituto de Pose na cátedra, Mariano Moreno, propón as cen preguntas sobre as que versará o
exame final desta última materia. Nos c ontidos das preguntas teñen un peso importante a
hidrostática e a hidrodinámica, os temas relacionados coa calor, a dinám ica e a electricidade;
80 AHUS, Serie Libros de Arquivo , A-141, fol. 53. O Arreglo Provisional estabelece no seu artigo 1, baixo o
epígrafe «Segunda ensinanza», que «a ensinanza que se coñece co nome de filosofía nas universidades
completarase en tres anos ou cursos académicos», de xeit o que equipara os antigos estudos de Filosofía co ensino
secundario e diferenza unha Filosofía superior de carácter unive rsitario. De calquera xeito, esta disposición resulta
confusa ao non perfilar ben os distintos niveis educativos.
54
pola contra, só figuran se te estritamente de química 81 . No curso seguinte propóñense de novo as
cen preguntas do cuestionario final, observ ándose que aumenta o peso dos capítulos sobre
calor, óptica e electric idade, incluíndose así mesmo algunhas c uest ións relacionadas co carácter
experimental da materia, con algunha pr egunta concreta sobre instrumental.
No cuestionario da materia do 2º ano de Filosofía, Elementos de Física, Química e Xeografía ,
impartida por Pedro Mª de Sant iago y Neira, a xeografía ocupa máis dun terzo do temario. O
resto dos contidos son similares aos da materia do curso superior, pero cun carácter máis xeral,
como pode apreciarse no cuestionario de exame 82 :
Curso 1837 a 1838. Preguntas das que serán examinados os alumnos de segundo de Filosofía para a
materia de Física, Quí mica e Xeografía
1. ¿Que é o movemento?
2. ¿Que son os corpos simples?
3. ¿Que é o son?
4. ¿ Cantos e como se chaman os corpos simples?
5. ¿En cantas seccións se dividen os corpos simples e cale s son os correspondentes a cada unha?
6. A segunda sección de corpos simples ¿en can tas clases se su bdivide?
7. ¿Que é a Mecánica?
8. ¿Que é a Estática?
9. ¿Que é a Dinámica?
10. ¿Que son tubos capilares e por que a auga sube neles?
11. ¿Que é atracción e gravitación?
12. ¿Que se entende por centro de gravidade e se este é o mesmo ou diverso do da figura [non hai]
13. ¿Cales son as propiedades xerais dos corpos?
14. ¿Que é a electricidade?
15. ¿Que é o magnetismo?
16. ¿Que se entende por sistema do mundo?
17. ¿Que son fases da lúa e cando ocorren estas?
18. ¿En que consistía o sistema de Tolomeo?
19. ¿Cal era o sistema de Titho Brahe?
20. ¿Que ensinou Copérnico no seu sistema?
21. ¿Que é a elasticidade?
22. ¿Poden os corpos perder a elasticidade que naturalmente lles corresponde?
23. ¿Que é a porosidade e se esta calidade perte nce aos corpos esencial ou accidentalmente?
24. ¿Que é a inercia?
25. ¿Cales son as leis do movemento simple?
26. ¿Que é a óptica?
27. ¿Que é a luz e cal a súa orixe?
28. ¿Que é ao calórico e cales as súas fontes principais?
29. ¿Diferéncianse o calórico e a calor?
30. ¿Cantos son os planetas que xiran arredor do Sol no sistema de Copérnico e os seus nomes?
31. ¿Que son os satélites e se estes e os planetas son ou non cor pos opacos?
32. ¿Cantos son os círculos da Esfera, os seus nomes e oficios?
81 AHUS, Serie Histórica, cartafol 449.
82 AHUS, Serie histórica , cartafol 449: catro follas manuscritas asinadas por Pedro Santiago o 30 de maio de
1939. Resulta curioso comprobar o encadre nunha mesma mat e ria da física, a química e a xeografía. A explicación
pode ser de tipo funcional, dado que dos tres catedrátic os que impartían o en sino da Filosofía, dous ocupábanse
das tres materias do segundo ano: un das matemáticas e outro das outras dúas materias, é dicir, Física
experimental con nocións elementais de química e Xeografía matemática e física . Na práctica, o título da materia
que se recolle neste documento é unha mestura das dúas materias oficia is.
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
55
33. ¿Que é altura de Polo?
34. ¿Que é latitude e lonxitude dun lugar?
35. ¿Que é o ruído?
36. ¿Baixo que latitude e lonxitude está situada a nosa Península?
37. ¿Cales son os ríos principais de España e onde teñen a súa orixe?
38. ¿Que é unha pila?
39. ¿Cantas son as partes da terra e como se chaman?
40. ¿Quen ocupa maior parte da terra: as augas ou os continentes?
41. ¿Que é continente?
42. ¿Que é Mar Mediterráneo?
43. ¿Cales son as nacións de Eur opa, as súas situacións e nomes?
44. ¿Cantos e como se chaman os principais montes de España?
45. ¿Que é polarización?
46. ¿Que é calórico latente?
47. ¿Que é saturación?
48. ¿Cal é a medida da afinidade dos corpos?
49. ¿Que cousa é a atracción molecular e que causas modifican a súa acción?
50. ¿Cantas clases de corpos compostos se poden formar cos simples?
51. ¿Que é a harmonía?
52. ¿Que é melodía?
53. ¿Que é movemento reflecto e refracto?
54. ¿Que corpos simples entran en este composto "ácido sulfúrico"?
55. "Dobre carbonato de ferro"¿ Que corpos simples entran neste composto e como se chama este?
56. Amalgama de prata ¿Que composto é este?
57. ¿Que se entende por movemento de revolución e rotación dos planetas?
58. ¿Por que sistema se explican mellor os movementos celestes?
59. ¿Cales son as leis do movemento composto?
60. ¿Cales son as leis de Keplero e consecuencias que das mesmas se derivan?
61. ¿Que son os equinocios, cando suceden e en que constelación?
62. ¿Que son os trópicos?
63. ¿Que se entende por postura da Esfera, cantas hai e que pobos teñen cada unha delas?
64. ¿Cantas son as provincias de España?
65. Castela a Nova ¿Con quen confina?
66. ¿Galicia, con quen confina?
67. ¿Que cousa é máquina e cales son as que en mecánica se chaman simples?
68. ¿Que cousa é a presión atmosférica e a que peso de auga e mercurio corresponde?
69. ¿Por que sube a auga nas bombas?
70. Sulfuro de cobre¿Que composto é?
71. ¿Cal é a terminación dos ácidos e das sales?
72. Subcarbonato de amoníaco ¿Que composto é ese?
73. ¿Que corpos entran neste composto "dobre dento (?) sulfato de cobre"?
74. ¿Que é a auga e que simples se combinan para a súa composición?
75. ¿Que é o aire e cal é a súa composición?
76. ¿Que cousa é o eco?
77. ¿Cantos son os meteoros ígneos?
78. ¿Cantos son e como se chaman os fluídos imponderábeis?
79. ¿Cal é o efecto que o calórico fai nos corpos?
80. ¿Cantos son e como se chaman os meteoros acuosos?
81. ¿Que cousa é o raio, o trono e o lóstrego?
82. ¿Cantos e como se chaman os meteoros luminosos?
83. ¿En cantas cores se divide o raio luminoso do sol e por que orde refracta?
84. ¿Que son gases permanentes e non permanentes?
85. ¿En que se diferencian os ácidos dos óxidos ?
86. ¿Cales son as bases salifiab les ?
87. ¿Cales son os defectos dos présbitos e dos miopes e con que lentes se corrixen?
88. ¿Onde se representa o obxecto nos espellos planos, cóncavos e convexos?
89. ¿En que paraxe do ollo se pintan os obxecto s ?
90. ¿Por que os miopes ben mellor os obxectos próx imos e os présbitos os que se atopan máis lonxe?
56
91. ¿Cantas especies hai de lentes?
92. ¿Por que os espellos convexos diminúen os obxectos, os cóncavos os aume ntan e nas lentes sucede ao
revés aumentando as convexas e diminuíndo as cóncavas?
93. ¿Que diferenza hai entre combinación de cohesión e de afinidade?
94. ¿Por que se di que o calórico é raionante?
95. ¿O frío é ou non corpo?
96. ¿O negro e o branco son ou non en verdade cores?
97. ¿A cor parda, a gris e outras semellantes de onde traen a súa orixe?
98. ¿Que cousa é o fume que se desprende dun corpo en estado de combustión?
99. ¿A que corpos se lles dá o nome de queimados e combustíbe is?
100. ¿De cantos principios ou corpos simples se compoñen animais e vexetais?
En virtude do Real Decreto de 26 de setembro de 1839 a materia de Física e Química volve a
encadrarse exclusivamente no segun do curso de Filosofía, co ca l se rebaixaba necesariamente
o nivel ao chegar os alumnos c on 10 ou 11 anos e coa única in strución científica que aportaba a
materia Elementos de Mat emáticas , impartida no primeiro curso de Filosofía que era estudo
común e previo para todas as carreiras. Este carácter xeral impedía unha maior especialización
dos estudantes que quixeran seguir algunha carreira de ciencias.
O substituto de Pose durante o curso 1839-40, Pedro Mª de Santiago y Neira, inclúe no seu
programa unhas nocións básicas so bre Historia natural, o estudo da natureza da materia, dos
seus estados, das forzas e os movementos, e dos fluídos, engadindo que «(...) cando o crea
oportuno demostrarei as verdades teóricas cos experimentos prácticos conducentes nas
máquinas que hai no Gabinete, fa cendo advertir aos oíntes o se u mecanismo, uso e partes das
que se compoñen» 83 . A parte de Química, despois dunha introdución sobre nomenclatura e
principios fundamentais, ten un marcado carácter descritivo.
Os libros de texto propostos por Pedro Mª. de Santiago eran o Beudant e o Lafuente, apoiados
por textos de Pedet, Libes, Depretz e Orfila . O que mellor pode dar i dea do sistema de ensino
seguido é a distribución de tempos que estipula par a as dúas horas diarias da materia, que xa
ensaiara durante os dous últimos anos na materia de segundo: nos tres primeiros cuartos de
hora lista e lección de memoria, nos seguintes corenta e cinco mi nutos explicación desta, e na
media hora restante preguntas acerca da lección do día e dos días anteriores 84 .
Pode resultar significat ivo á hora de valorar os coñecementos e interese dos profesores que
ocuparon a cátedra que, en 1838, Antonio Ca sares, que nada tiña que ver daquela coa
Universidade, elabora un informe sobre o estado dos instrumentos do gabinete e as reparacións
necesarias, encargándolle posteriormente o Claustro, a el, a súa limpeza e reparación 85 .
83 AHUS, Serie histórica , cartafol 450 [orixinal en castelán].
84 AHUS, Serie Histórica, cartafol 450.
85 AHUS, Serie Libros de Arquivo , A-141, fol. 86, 88. Antonio Casares era dende 1836 catedrático de
Química aplicada ás Artes en Santiago (Ver capítu lo 2.1.4 e 2.2.3 sobre as cátedras de Artes na Real Sociedad
Económica de Amigos del País , de Santiago).
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
57
Relación de profesorado qu e ocupou a cátedra/s de Física dende a súa creación ata 1845 86
Cursos Profesores titul ares (T) ou substitutos (S) Profesores axuda ntes
1772-178 2 Cao (T)
1787 Blanco, frade J acobo (S)
1788 Rey, frade Simón (S)
1789 Pecul, Cristoba l (S)
1789-179 6 Neira, Francisc o (T)
1796-1797 Ve ga, Josef de la
1797-1798 Ve ga, Josef de la / Ca rballeira, Fe rnando
1798-179 9 Domíngu ez, frade Francisco (S)
1799-1800 Ca miña, Juan (S)
1800-180 1 Domíngu ez, frade Francisco (S)
1801-1802 Ve ga, Josef de la
1803-180 4 Domíngu ez, frade Francisco (S)
1808-1814 Ca miña, Juan (S)
1814-181 5 Malbárez P iñeiro, Ra món (S)
1815-181 6 García Lugín, M. (S)
1816-181 7 Halboe s Piñeir o, Ramón (S) Malbárez P iñeiro, Ra món (1)
1817-1818 Fernánde z Losada, Jo sé (S)
1818-181 9 Fontán, Domin go Malbárez P iñeiro, Ramó n (1)
1819-1820 Fernánde z Losada, Jo sé (S) Fernández Lo sada, Jo sé (1)
1820-18 22 Fernánde z Carballido , Rufo M (S)
1823-182 4 Pecul, Cristo bal (S)
1824-183 1 Luís Pose (S) 1825-26 L ópez Cres po (2)
1831-1835 L uís Pose (T) Avelendo, Migu el (3)
1835-183 6 Luís Pose (T) Fontán, Domingo ( 4)
1836-183 7 Moreno, Mar iano (S) Amigo, Joaquí n (4)
1837-183 8 Moreno, Mar iano (S) Santiago y Neira, Pedro ( 4)
1838-183 9 Lastres, José María (S) Santiago y Neira, Pedro ( 4)
1839-184 0 Santiago y Neira, Pe dro Mª ( S)
1841-184 2 Lastres, José María (S) Cas as, Ángel
1842-184 3 Novoa y Var ela, Antoni o (S) Casas, Ángel
1843-184 4 Pose, Luís (T) Casas, Ángel
1844-184 5 Lastres, José María (S) Cas as, Ángel
(1) Imparten Física no terceiro curso da facultade de Filosofía
(2) Imparte a Física do 2º curso de Institucións Filosóficas
(3) Actúa como substituto, a pesar de que a cátedra está ocupada polo titular
(4) Imparten a materia Física, Química e Xeografía
86 Elaboración propia en base a AHUS, Libros de Arquivo , A-136, A-137, A-141, A-146, A-166, A -167, A-235,
A-441, A-452, Serie Histórica , cartafoles 13 e 14. Reproducida con anterioridade en Rafael Sisto e Xosé A. Fraga,
op. cit. , p. 39 [corrixida]. A materia recibiu distinta s denominacións durante este período dependendo do plan de
estudos vixente: Física experimental, Física e quí mica, Ampliación de física,...
64
relixiosos, algúns militares e varios cargos académic os, catorce deles doutores e cinco co grao
de licenciado 98 .
Consecuentemente, débese consider ar que as cátedras de Química e de Mecánica aplicadas ás
artes non son cátedras que a Sociedade Económica de Santiago promova inicialmente, senón
que, curiosamente, as cátedras son utilizadas como punto de partida par a o res tablecemento da
Sociedade.
Organizativamente son cátedras
dependentes do Goberno do Estado nas que
a Sociedade Económica, unha vez
constituída, exerce o papel de inspección e
dirección. De feito, na primeira xunta xeral
ordinaria da Sociedad Económica de Amigos
del Pais de Santiago, ce lebrada o 9 de
xaneiro de 1834, acor douse a constitución
dunha comisión encargada de «plantear» as
cátedras de debuxo, xeometría, mecánica e
química aplicadas ás Artes 99 .
En oficio dirixido ao concello de Santiago
con data do 1 de decembro de 1833, dáse
conta do nomeamento dos primeiros
profesores das cátedras aplicadas ás Artes:
Domingo Fontán para a de Xeometría e
mecánica e Luís Pose para a de Química 100 .
O 18 de abril de 1834 iniciaron a súa
98 AHUS, Fondo Municipal, Libro de Consistorio 389, 1833 2º semestre, folio 377, sen data. Tamén no
ARSES (Arquivo da Real Sociedade Económica de Santiago), Ca ixa 1, Cartafol 9, convocatoria asinada por Miguel
Cotón y Zúñiga con data do 26 de decembro de 1833.
99 Carmen Fernández Casanova, La Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago en el siglo XIX.
Un estudio de su organización interna y de su actuación en fa vor de Galicia , Sada-A Coruña, Ediciós do Castro,
1981, p. 83.
100 ARSES, Caixa 1, 1674-1834, Papeles varios , Cartafol 11, «Expediente de la in stalación de cát edras de
química y mecánica». Oficio do catedrático D. Luís Pose contestando atoparse disposto a desempeñar as funcións
de profesor tan axiña como llo ordene o «M Y Ayuntamient o», con data do 20 de decembro 183 3, e escrito similar
asinado por Domingo Fontán con data do 23 decembro de 1833.
Domingo Fontán (Portas, 1788-Cuntis, 1866), formado na unive rsidade compostelá, foi profesor substituto na
cátedra universitaria de Matemáticas Sublimes d urante varios an os e profesor de francés e inglé s na Escola Milita r
do IV Exército en Santiago. En 1817 iniciou a triangulación para levantar a Carta Xeométrica de Galicia (Escala
1:100000) que acabaría publicando en 1845. Deputado liberal en va ria s ocasións, foi director do Observatorio
Astronómico de Madrid e da Escola especial de Enxeñeiros Xeógrafos.
Sobre Luís Pose pode consultarse a nota ao pé 78 deste mesmo capítulo.
Solicitude de admisión para a cáted ra de
Química aplicada ás Artes dun mozo de 16
anos veciño de Com postela
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
65
actividade as cátedras de Químic a e de Xeometría e Mecánica ap licadas ás artes, así como a de
Debuxo 101 . As clases impartíronse, nun primeiro mo mento, na habitación de esmolas do mosteiro
de San Martiño Pinario, pero a pequenez da sala fixo necesario o alugueiro da casa de
Bermúdez de Castro trala infrutuosa petici ón á Raíña dalgún local en San Clemente e das
rendas do priorado de Sar 102 . A finais de 1835, trala exclaus tración, a Sociedade r ecupera unha
habitación en San Martiño e alí retornan as clases 103 ; con todo, o 19 de decembro de 1836, as
cátedras xa están instaladas no edificio de Fonseca, sede na que se mantiveron ata a súa
desaparición en 1846 104 .
Por Real Orde do 12 de agosto de 1834 Fontán debe ausentars e de Santiago para asistir os
traballos para litografar a Carta Xeométrica de Galicia; durante a s úa ausencia debe manter
íntegro o soldo da cátedra, pero co inconveniente de que aínda non percibira ningunha
mensualidade. O seu substituto será Beni to Ángel Sotelo, nomeado o 4 de outubro de 1834 105 .
Poucos meses despois, o 17 de febreiro de 1835, Domingo Fontán fo i nomeado Director do Real
Conservatorio Astronómico de Madrid e cesou definitivamente na cá tedra de Mecánica aplicada
ás Artes 106 . Como consecuencia desta baixa, Luí s Pose, ata aquela cat edrático de química,
solicita pasar a ocupar a cátedra baleira, e o 11 de abril de 1835 reci be o nomeamento como
profesor de Mecánica 107 .
A matrícula na cátedra de Mecánica aplicada ás Artes de Santiago tivo un progresivo medre, tal
e como pode observarse no seguinte cadro 108 :
101 ARSES, Caixa 1, 1674-1834, Papeles varios , Cartafol 11. Oficio da Subde legación principal de Fomento
da provincia da Coruña, con data do 24 de abril de 1834, na que se acusa recibo dun escrito do 11 de abril no que
se incluían os anuncios da aper tura, o día 18, das cátedras de Química, Xeometría e Debuxo, baixo a direcció n da
Sociedade, pedíndose ó tempo o número de matriculados.
102 ARSES, Caixa 3, 1834, Papeles varios , Cartafol 21. Escrito sen a sinar con data do 16 de abril de 1834.
103 ARSES, Caixa 5, 1835, Papele s varios , Cartafol 26. Cuenta de los gastos ocasionados en las Salas de
Química y Mecánica en el prese nte mes..... Asin ada o 2 de xaneiro de 1836, inclúe a conta por do us días de traballo
dun carpintero que empregou en desarmar as dúas cátedras e armar unha en San Martiño.
104 ARSES, Caixa 5, 1835, Papeles varios , Cartafol 32. Inclúe diversos docum entos que dan conta da
recepción das salas en Fonseca e un escrito do propio Casares, profesor de Química, indicando que todo está a
punto para o inicio das clases.
105 ARSES, Caixa 1, 1834, cartafo l 11, Expediente de la insta lación de cátedras de química y m ecánica.
Escrito de Fontán asinado o 16 de outubro de 1834. No mesmo cartafol existe escrito de Benito Ángel Sotelo
reclamando os seus haberes pola substitución da cátedr a, asina do o 11 de xuño de 1835 e reiterado o 29 de xullo.
106 ARSES, Caixa 1, 1834, cartafol 11, Expediente de la instalación de cátedras de química y mecánica., doc.
33. Escrito asinado por Fontán o 22 de xullo de 1835, af irmando que tomou posesión en Madrid o 18 de abril. Afirma
ter un deber de gratitude coa Sociedade Económica.
107 ARSES, Caixa 3, 1834, Papeles varios , cartafol 19. Escrito que dá conta dun oficio con data do 23 de abril
de 1835 do Ecmo. Sr Secretario de Estado y del despacho del interior comunicando a Real Orde.
108 Elaboración propia. Os datos de matrícula están obtidos do Boletín Oficial de Instrucción Públi ca , t. II,
1841, pp. 372-74, 376-77 e 424-25 e de diversos documentos do ARSES, Caixa 2, 1834, Papeles varios , Cartafol
18, Matricula y prueba de curso correspondientes a las cátedras de Química y Mecánica .
66
Número de alumnos matriculados/aprobados na cátedra de Mecánica de Santiago
1834 35-36 36-37 37- 38 38-39 39- 40 40-41 41- 42 42- 43 43-44 44-45
Mecánica 65/8 11/ 5 -/27 24/- 22/- 27/-
Dos libros de texto empregados só temos notic ia pola convoc atoria de premios feita pola
Sociedade Económica para os alum nos das cátedras. A cátedra de Mecánic a adxudicaba ao
«artesán» máis sobresaínte dos matriculados un exemplar da tradución ca stelá do libro de Dupin
Geometría y mecánica de las artes 109 . A política de premios da So ciedade en relación coas artes
e a industria, premiaba tamén o mellor artefact o ou manufactura, así como os instrumentos ou
máquinas de nova invención e utilidad e.
Durante os primeiros anos a dotación instrumental e de material didáctico das cátedras debeu
ser moi escasa, especialmente na de Mecánica, xa que en 1840 o profesor afirmaba ter
explicado as primeiras leccións de xeometría va léndose só do taboleiro, algunhas pezas das
cátedras e «outras máis que pui den proporcionar en particular dos artistas deste pobo», e
reclamaba para seguir as demostracións dos pl anos e os sólidos «doce cartóns, a fin de
preparalos para as leccións que corresponden aos primeiros, e en canto aos sólidos sírvase
facer as dilixencias que crea necesarias a c onseguir os da Universidade desta cidade polo curto
tempo que precisarán de 15 días» 110 .
A preguntas do novo director do Conservatorio de Artes, Francisco Orlando, nas que solicitaba
coñecer se existía laboratorio no ensino da Quím ica e, neste caso, que se individualizasen os
útiles engadindo se fan falla algúns deles par a dar debidament e as le ccións, a Sociedade
Económica contestaba con total concisión:
As cátedras de Química e Mecánica n ingunha m áquina posúen, nin aparellos propios, per o contan os
profesores co gabinete de Física da Real Universidade, que ofrece os máis necesarios para o estudo dos
fluídos imponderábeis e outros obxectos comúns á Hydrostatica, Soplete de Newman, Eudiómetro de Volta,
Hygrómetro de Sausure , Termómetros, Barómetros, Máquina Pneumática, Un círculo repetidor, Regras,
Escuadras, Compases e unha colección de sólidos. Con es tes aparellos, que son os propios do profesor que
actualmente desempeña as dúas cátedras, os que puido proporcionar de algúns amigos, presento u no curso
anterior e segue neste, as leccións do mellor modo que lle foi posíbel (...) 111 .
109 Boletín Oficial de Instrucción Pú blica , t. V, 1843, pp. 544-545.
110 ARSES, Caixa 2, 1834, Papeles varios , cartafol 18, Matricula y prueba de curso correspondientes a las
cátedras de Química y Mecánica . Escrito asinado por Gabriel Castro Arias o 30 de marzo d e 1840 dirixido ao
Director da Sociedade Económica [Orixinal en castelán].
111 ARSES, Caixa 3, 1834, Papeles varios , cartafol 19. Escrito que remite a Sociedade Económica o 21 de
noviembre de 1835, asinado por Juan Gutierrez de la Cruz, ao Director do Conservatorio en co ntestación a outro do
6 de novembro de 1835 [Orixinal en castelán].
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
67
2.2. O PROCESO DE INSTITUCIONALIZACIÓN DA QUÍMICA
2.2.1. A química: un saber tardío cunha longa tradición práctica
A química, como ciencia diferenciada, é un saber moi tardío na súa concreción institucional e
académica. Este feito contrasta cunha longa tradici ón práctica que nos sitúa, moito antes do
século VI da era pre- cristiá, nunha cultura chines a que coñec ía a pólvora, que era experta na
fabricación de porcelana, e que recorría a operac ións extremadamente complexas para disolver
os metais. As súas interrogantes sobre a composición da materia deran pé ás doutrinas que
máis tarde haberían de arborar un sistema filosófic o sobre o principio único e os elementos
contrarios nos que procuraban unha explicación racional do universo; da unión do Yang, o
principio activo, co Ying, o principio pasivo, derivaran os cinc o elem entos cos que todo se
formou: o lume, a auga, a terra, o metal e a madeira 112 . Máis próxima cultural mente, a teoría dos
catro elementos [terra, aire, lume e auga] formulada por Empédocles no século V a.C.,
constrinxiu o pensamento científico durante bastantes séculos.
Durante o período helénico o mundo antigo descubrira c ando menos seis elementos metálicos e
un par de non metais. Sábese que os exipcios coñecí an o ouro, a prata, o c obre e o ferro, e que
os fenicios usaban chumbo para dar peso ás súas áncoras antes de comerciar co estaño
procedente das minas de Cornualles. De feito, fo i o bronce [unha aliaxe de estaño e cobre] o que
deu nome a unha era que comezou na rexión mediterránea arredor do 3000 a.C.. O outro
elemento metálico coñecido polos antigos era o mercurio [atopado en tumbas exipcias que datan
do 1500 a.C.], mentres que os non metálicos carbono e xofre eran c oñecidos dende tempos
remotos 113 .
A química non é pois unha ciencia primitiva co mo a xeometría ou a as tronomía; é unha cienc ia
constituída sobre unha formación científica anterior, unha formación semiquimérica e
semipositiva en palabras do pr ofesor Amorim, fundada de seu sobre o saber lentamente
estruturado cos descubrimentos prácticos no campo da metalurxia, da medicina, da industria e
da economía doméstica, ao te mpo que deturpada pola pesada carga da alquimia en aspectos
como o alto interese nas ciencias misteriosas, o excesivo gusto polo s símbolos ou un profundo
misticismo relixioso. Existe unha evidente diferenza entre desenvolver procesos químicos e facer
112 António Amorim, Introdução à história e filosofia das ciências , Mem Martins, Publicações Europa-América,
1986, p. 27.
113 Paul Strathern, El sueño de Me ndéleiev. De la alquimia a la química , Madrid, Siglo XXI editores, 2000, pp.
8-11.
68
ciencia química polo que, centrados neste último conc epto, a química é unha ciencia moderna,
radicada na nova ciencia saída da evol ución científica dos séculos XV-XVIII.
No aspecto teórico, moitas das opinións que sobre o método científico recollemos con
anterioridade son aplicábeis, dun xeito xenér ico, á química, aínda que son moi poucas as
referencias concretas dos filósofos da ciencia que podemos atopar. Entendendo a química coma
a ciencia que trata da constitución, propiedades e transformación da materia, que estuda a súa
composición e a súa estrutura, si convén refl ectir algunhas opinións que tocan este último
aspecto.
A mediados do século V a.C. desenvólvese en Abdera, na co lonia grega de Trácia, a escola
atomista que ten coma precursor ao siciliano Em pédocles (490-430 a.C.), cuxa doutrina é unha
tentativa expresa de conciliaci ón da problemática da perm anencia do ser coa experiencia do
cambio e o movemento. A plur alidade limitada de elementos po r el afirmada dá lugar a unha
pluralidade infinita con Anaxágor as, Leucipo e Demócr ito, para os que toda a realidade ten a súa
orixe nunha multiplicidade infinita de masas in finitamente pequenas e invisíbeis que constitúen
unha poeira de átomos. Pa ra Anaxágoras (500-428 a.C.) as cousas resultan da mestura de
fluídos-calidades preexistentes [homeomerias], verdadeiras substancias primar ias das que todo
está feito, e que son tantas como as di ferentes calidades que as cousas poden presentar 114 .
Da obra que chegou ata nó s de Leucipo (s. V a.C.) e Demócrit o (460-370 a.C.) é difícil distinguir
o que é propio dun e doutro. Hai unha multipli cidade infinita de átomos, en número, e son
invisíbeis por causa da pequenez das súas masas. Homoxéneos, móvense no baleiro, en todas
as direccións, animados dun movemento circul ar turbulento, espontáneo e eterno. O mundo non
naceu dunha vontade exterior aos propios átomos constitutivos das cousas, mais si dun feito
fortuíto que, Lucrecio, discípulo de Demócrito, aclara así:
Non foi en virtude dun plan ordenado dun espírito clarividente que os átomos se colocaron cada un no seu
lugar. Seguramente non combinaron entre si os respec tivo s movementos, pero despois de ter soportado e
sufrido mil cambios, de mil modos, a través da inmensidade, empuxados, entolecidos den de toda a
eternidade por choques sen fin, á forza de tentar movementos e combinacións de todo tipo, chegan
finalmente a arranxos como os que crearon e constitúen o noso universo 115 .
As calidades sensíbeis das cousas resultan do m odo como percibimos as mesturas dos átomos,
base da teoría dos simulacros , efluvios ou correntes de át omos que emanan continuamente dos
obxectos -dado os baleiros neles existentes - e que, cando entran en contacto cos órganos dos
sentidos, tórnase calidades sensíbeis, explic ando así as calidades secundarias das cousas.
114 António Amorim, op. cit. , pp. 43-48.
115 Lucrecio, De Rerum Natura , I, vs. 1021 [reproducido por António Amorim, op. cit. , pp. 49-50].
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
69
Aristóteles (384-322 a.C.) defendí a que toda explicación científi ca dun proceso debe dar conta
da súa causa final ou telos , esixía explicacións teleolóxicas e criticaba aos filósofos que
pretendían explicar o cambio excl usiv amente en termos das súas causas materiais e eficientes.
Estas ideas están na base da crítica que Aristótele s fai dos atomistas como Demócrito e Leucipo,
que explicaban os procesos natur ais polo agrupamento ou dispersión de átomos invisíbeis. Es ta
crítica baseábase, en gran medida, no rexeitamento que os atomistas facían das causas
finais 116 .
Algúns seguidores de Platón, pola súa parte, interpretaban o mu ndo coma un reflexo imperfecto
dunha realidade subxacente, per o os atomistas Demócrito e Leucipo suxeriron unha
discontinuidade máis radical: a relación entre aparencia e realid ade non era a que se dá entre o
orixinal e unha copia imperfecta, xa que os obxectos e relacións do «mundo real» eran de tipo
diferente dos do mundo que nos d an a coñecer os nosos sentidos . O que é real, de acordo c os
atomistas, é o movemento dos átomos a través do baleiro, e este movemento é o que motiva a
nosa experiencia perceptiva das cores, olores e sabores.
Os átomos só teñen de seu as propiedades de tamaño, forma, impenetrabilidade e movemento,
e a propensión a combinarse e asociarse de dive rsos modos. Os cambios fenoménicos debíans e
para os atomistas á asociación e disociac ión dos átomos, que non poden atravesarse nin
dividirse en contraposición aos co rpos macroscópicos. Un aspecto influínte do atomismo é a idea
de que os cambios observados p oden ser explicados facendo referencia a procesos que teñen
lugar nun nivel de organización máis elemental , feito que chegou a ser un artigo de fe para
moitos filósofos naturais do século XVII como Gassendi, Boyle e Newton, que afirmaban que os
cambios macroscópicos son causados por cambios sub-macroscópicos.
Dous factores pesaron en contra dunha ampla aceptación da versión clás ica do atomismo: por
unha banda, o materialismo intransixente desta filo sofía [ao explicar a percepción e inc luso o
pensamento en termos do movemento de átomos, os atomistas recusaban a propia
autoconciencia do home] e, por outra banda, o carácter ad hoc das súas explicac ións. Así,
explicaban a dilución da s al en auga porque podía es tar producida pola dispersión dos átomos
de sal no líquido, pero non podían explicar por que a sal si se disolv e e a area non 117 .
Na historia da química resulta especialment e relev ante a contribución do desenvolvemento
científico árabe, a partir do sécu lo VIII, tralo seu asentamento ao sur de Europa e a consolidación
de grandes centros culturais como Córdoba ou Tole do. A medicina, a quími ca farmacéutica e a
alquimia son partes importantes dos centros de ir radiación cultural xurdidos á sombra das
mezquitas. Así, Abu Mu ssah Djabir al Sufi, Geber ( c. 721-813), nos seus numerosos tratados,
116 John Losee, Introducción histórica a la filosofía d e la ciencia , Madrid, Alianza Editorial, 2000, p. 23.
117 John Losee, op. cit. , pp. 37-38.
70
disertou longamente sobre as diversas operac ións do proceso alquímico, nomeadamente a
disolución e destilación, a sublimaci ón, a coagulación e a cristalización.
Geber caracterizouse por un espírito claro, penetrante e metódico, contraposto ás
extravagancias de numerosos alquim istas, deixando afirmacións nos seus escritos como, por
exemplo, que «non podemos tr ansformar os metais uns nos outros, coma non podemos
transformar un boi nunha cabra; e se a natureza emprega milenios para facer os metais, ¿como
poderíamos nós alimentar a esperanza de face r o mesmo cando non chegamos a viv ir cen
anos?». Entre as preparacións citadas na súa Alchimia atopamos a auga rexia, o nitrato de prata
[chamado pedra infernal], o óxido vermello de mercurio, etc. 118 .
Non sempre se ten en conta ata que punto, na I dade Media, as ciencias constituían materia
daquilo que hoxe chamaríamos «transmisión litera ria» e de como entraron na historia europea
como herdanza da Grecia anti ga e do Imperio romano. O que hox e chamamos ciencia e que ben
podería ser apelidada «filosofía da naturez a» consistía, fundamentalmente, nunha serie de
textos antigos sobre os que era posíbel acumul ar comentarios s ucesivos. A pesar de existiren
persoas que observaban meticulosamente a natureza e avanzaban no perfeccionamento das
observacións, a finais da Idade Media tendíase a compilar enciclopedias fundamentalmente
descritivas. Cando xurdía algo que requiría explicación, resu ltaba imposíbel tirar conclusións
teóricas das observacións e c ontinuábase a argumentac ión a partir do sistema de explicación
facultado pola filosofía antiga. No inicio do século XVII, Francis Ba con criticou este divorcio entre
observación e explicación 119 .
A partir da época de Boyle e de Hooke, a acti vidade empezou a concentrarse en procesos
fundamentais dende o punto de vist a químico, tales como a com bustión, a calcinación e a
respiración. Robert Boyle ( 1627-1691) criticaba que os aristo télicos tiñan ut ilizado po uco a
experiencia, que recorreran a ela só para ilustra r os principios aos que chegaran ao través do
seu sistema filosófico global. Na mesma di rección, marcadamente bacon iana, afirmaba que os
filósofos mecánicos fixeran poucas experiencias para verificar as súas afir macións. Boyle
salientou a necesidade dunha al ianza entre a química e a ci enc ia mecánica no estudo dos
corpos, a necesidade de xente es pecializada ao tempo nas dúas cienc ias, e demostrou que a
química tiña un papel a desempeñar, por exemplo, nas investigaci óns sobre a dixestión. Os
principios da mecánica foron frecuentemente utilizados por Boyle en conexió n con cuestións
químicas e medicinais e, por outra banda, recorreu constantemente a estas ciencias
118 António Amorim, op. cit. , pp. 79-80.
119 Herbert Butterfi eld, As origens da ciência moderna , Lisboa, Edições 70, 1991, pp. 75-77 [orixinal The
Origins of Modern Science, London, Unwyn Hyman, Ltd, 1949].
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
71
relacionándoas coas hipóteses acerca da estrutur a da materia. Nas súas críticas a Aristóteles e
aos alquimistas dános unha visión bastante aproximada da concepción que a nova filosofía
mecánica tiña da estrutura da materia. Na súa perspectiva, o univ erso pode explicarse a partir de
tres principios fundamentais: materia, movemento e repouso 120 . Na súa obra Sceptical Chymist ,
ataca a natureza elemental da terra, o ar, a auga e o lume, ao mesmo tempo que a teoría dos
alquimistas sobre a constitución dos metais.
John Locke (1632-1704), quen coma Newton era adepto ao atomismo, especificou as condic ións
que debían cumprirse para conseguir un coñecement o necesario da natureza: coñecer tanto as
configuracións e movementos dos átomos coma os modos nos que os movem entos dos átomos
producen as ideas das calidades pr imarias e secundarias no obs ervador, condicións c oas que
poderíamos determinar a priori que o ouro debe disolverse en aqua regis pero non en aqua
fortis 121 . Neste sentido, a ignorancia das configur acións e movementos dos átomos era unha
cuestión continxente, orix inada pola pequenez dos átomos , pero incluso coñecéndoas non
poderíamos acadar un coñecemento necesario dos fenómenos porque ignoramos o modo no
que os átomos manifestan certos poderes.
Segundo estas reflexións, os constituíntes atómicos dun corpo teñen o poder, en virtude dos
seus movementos, de producir en nós ideas de calidades secun darias como cores ou sons, e
teñen ademais o poder de afectar a átomos doutro corpo, de xeito que alteran os modos nos que
estes corpos alteran os nosos sentidos. Locke sostiv o que un abismo epi stemolóxico insalvábel
separa o «mundo real» dos átomos do ámbito das ideas que constitúen a nos a experiencia, e
non expresou interese algún en arriscar hipóteses sobre a estrutura atómica 122 .
O enfoque escéptico de Locke foi ampliado e dotado de coherencia en canto á posibilidade dun
coñecemento necesario da natureza por Da vid Hume (1711-1776), que por outra banda negou
que un coñecemento das confi guracións e interaccións atóm icas –aínda cando puideran
lograrse- constituísen un coñecemento necesario da natureza. Se as nosas facultades f osen
adecuadas para penetrar na arquitectura interna dos corpos, o máis que poderíamos agardar
aprender é que certas configuracións e movem entos dos átomos estiveron constantemente
unidos a certos fenómenos macroscópicos, e nese sentido negaba a Locke ao sinalar que, se
coñecéramos a configuración at ómica do ouro, puidéramos, s en necesidade de ensaios, dicir
que debía ser solúbel en aqua regis 123 .
120 Herbert Butterfield, op. cit. , pp. 120-121.
121 Aqua regis , chamada despois á cido hidrocloro-azoico , é unha mestura de ácido n ítrico e ácido clorhídrico
que é capaz de disolver o ouro. Aqua fortis , ácido nítrico diluído en auga que se emprega na actualidade no gravado
do cobre.
122 John Losee, op. cit. , pp. 104-107.
123 John Losee, op. cit. , pp. 110-112.
72
Con todo, é un feito obxectivo que a emerxencia da química m oderna ten ocorrido tardiamente
na historia do progreso científico. No século XV I producíranse notábeis progresos con respecto a
todo aquilo que se sabía no mundo antigo sobre o que se podería chamar tecnoloxía química: a
fundición e o refino de metais, a produción e trat amento do vidro, da porcelana e das cores, ou o
desenvolvemento de substancias como explosivos, materiais artísticos e produtos medicinais;
pero as experiencias e o progreso tecnolóxico precisan ser relacionados cun cadro intelectual
adecuado que, por unha banda, englobe os datos observados e, por outra, contribúa para decidir
en cada momento a dirección a tomar na investig ación seguint e. De fe ito, a alquimia non
conseguira aportar a estrutura r equirida para o pensamento científico e, ata é probábel que fora
un factor de perturbación e non de colaboración. Dende o século XVI, os precursores máis
recoñecíbeis da química foron os «iatroquímico s», seguidores de Paracelso que insistiron na
importancia dos medicamentos químicos; de feit o, ata finais do século XVIII a química aparece
sempre asociada á práctica e ao ensino da medicina 124 .
Neste contexto semellaba necesario, en primeiro lugar, saber ident ificar os elementos químicos.
Durante centos de anos o aire, a auga e o lume estiveron envolvidos en mitos semellantes ao
mito dunha substancia etérea, a partir da que se pensaba que foran feitos os corpos e as esferas
celestes. Mesmo o lume parecía ser outro elem ento oculto en moitas s ubstancias, pero que se
liberaba durante as combustións escapando en fo rma de chama. Se ben Bacon e algúns dos
seus sucesores do século XVII conxecturar on que a c alor podería ser unha forma de movemento
das partículas microscópicas da materia, a idea de que era unha substanc ia material prevaleceu
durante o século XVIII. O proceso de avance dependía fundamentalment e da posibilidade de
recoñecer e pesar os gases.
O problema do aire sería
esclarecido a través dunha
investigación máis
metódica e dunha
observación máis coidada
do proceso da combustión.
Neste contesto, a aparición
da teoría do floxisto
constituíu un momento
significativo na historia da
química. Esta teoría
representaba unha tradición
124 Herbert Butterfield, op. cit. , pp. 171-172.
Aparello de Woolf, pa ra lavar ou disolv er gases
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
73
Forno de reverbero, utiliz ado nas calc inacións
que tiña as súas orixes no mundo ant igo, a idea de que c ando algo arde, algo da súa substancia
é liberado procurando escapar no tr emor da c hama. Esta idea baseábase nunha das conclusións
fundamentais da observación vulgar [como a idea de Aristóteles do movemento], e mantivo a
todos no erro e impediu o progres o científico durante séculos. Cu r iosamente, Stahl, o impulsor
da doutrina do floxisto , sabía que cando algo ardía ou os me tais se calc inaban, producíase un
aumento real no peso do residuo. Esta é unha clar a evidenc ia de que os resultados obtidos coa
pesada e a medición non eran, daquela, factores decisivos na formación dunha doutrina
química 125 .
Outra desvantaxe da teoría do floxisto
era a idea implícit a de que un elemento
non podía sufrir combustión ou
calcinación, xa que a combustión
implicaba descomposición e só despois
de eliminar o floxisto se podía atopar
materia na súa forma elemental. A
aceptación xeral da teoría do floxisto
provoca, con todo, que a partir de 1750
se poida falar de algo máis parecido á
historia da química, ata onde antes só
había historia de químicos. Algúns
autores mesmo salientan o feito de
terse producido no interior da química do floxis to moitas experiencias que non terían ocorrido se
o sistema corrente fose outro. Mais se é certo que a química fixo grandes progresos a partir de
1750, é moito máis evidente que a evolución dos métodos de recollid a de gases, as
demostracións de Joseph Black sobre os re sultados que se poderían acad ar utilizando a
balanza, así como o progreso xeral na manufactu ra de instrumentos, foron motivos de progreso
moito máis concretos e tanxíbeis 126 .
En Alemaña e Holanda, onde existía un consider ábel interese pola aplicación da ciencia nas
artes industriais, produciuse un novo ímpeto. Os discípulos de Boer haave en Leyden levar an a
súa influenza ata moitas universidades en varios paí ses. En Inglaterra , a mediados do século
XVIII, os químicos estaban moi centrados na farm acoloxía e na tecnolox ía, ou comprometidos
con cuestións relacionadas coa física. Tense afirmado que a revolución industrial dependeu tant o
dos descubrimentos na química como dos ac hádegos da mecánica, desempeñando o ácido
125 Herbert Butterfield, op. cit. , pp. 174-175.
126 Herbert Butterfield, op. cit. , pp. 177-178.
80
filosofal» [recipiente de vidro de forma ovala da no que se realiz aban as transformacións], os
fornos [que subministraban a calor necesaria] e os alambiques, nos que se destilaba. O forno
coñecido como atanor [do árabe al-tannu r], era un forno especial de calcinación; segundo a
descrición de Jabir Ibn Hayyan al-Suffi [Geber], consta de tres niveis: no inferior o forno
propiamente dito, no centro a cámara de calor con mira para observar o proceso [o ovo filosófico
ou retorta recuberta por un leito de cinzas ou ar ea quente] e, na parte superior, unha cúpula de
reverbero para concentrar a ca lor. Os alambiques [do árabe al-anbiq ], para os procesos de
destilación e condensación do destilado, comple taban a dotación básica dos laboratorios; o
proceso chamado cohobación [desti lar, condensar, e volver a des tilar reiteradamente], obrigou a
modificar os alambiques facéndoos voluminosos e con formas estrañas [pelícanos, xémeos....]
Algunhas das operacións
e do instrumental citado
poden observarse no
cadro de Stradano titulado
«O duque Francisco I de
Medicis no seu laboratorio
alquimista»: a prensa para
extraer os xugos á
dereita, os atanores para
as destilacións ao fondo,
os fornos de reverbero na
parte frontal, o morteiro
para a contusión,
disgregación ou moenda,
unha fundición á esquerda
e algúns elementos que
puideran servir para a
calcinación e a
cristalización no chan.
Stradano. O du
q
ue Franci sco I de Medicis no se u laboratorio al
q
uimista
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
81
2.2.2. A incorporación da química ao mundo ac adémico. A Universidade e os colexios
prácticos
A incorporación de la Química moderna no Estado español tivo lugar a finais do século XVIII,
como unha ciencia ligada á actividade no l aboratorio e de cl ara vocación práctica 132 . As
Sociedades Económicas de Amigos del País foron un dos camiños preferentes no seu
espallamento; a Sociedad Económica de Ami gos del País de Vergara foi pioneira nese labor, coa
creación dun curso de Química a cargo de L ouis Proust (1778-1780) e Francisco Chavaneau
(1780-1787) 133 . Tamén tiveron relevancia nesta recepción a Junta de Comercio de Barcelona , os
Colexios de Cirurxía e as Escolas específica s [entre elas, a cátedra de Química do Colexio de
Artillería de Segovia -con Proust de profesor entre 1785 e 1799-], a cátedra de Química Aplicada
ás Artes [fundada polo Ministerio de Fac enda o 3 de xullo de 1787, con Domingo Gar cía
Fernández] e o Real Laboratorio de Química [creado polo Ministerio de Estado o 26 de xullo de
1787, con Gutiérrez Bueno] 134 .
O ensino regular da química comezou no Est ado o 20 de maio de 1779 no seo da cátedra de
Química de Vergara [Guipuzkoa], custeada polo Mi nisterio de Mariña e baixo a dirección da
Sociedade Vascongada de Amigos do País. A lecc ión inaugural foi impa rtida por Louis Proust,
que só impartiu docencia durante un curso, para despois ser substituído polo seu compatriota
Chabaneau. En 1787 Chabaneau trasladarase a Madrid para diri xir a fabricación de platino e
impartir docencia na Real Escuela de Física, Química y Mineralogía fundada polo Ministerio de
Indias, sendo substituído en Vergara por Jeróni mo Mas. Este profesor encargouse da docencia
ata a destrución do laboratorio en 1794, na guerra contra o goberno revolucionario francés. O
ensino da química xa nunca se reanudaría en Vergara 135 .
Este período de institucionalizac ión da química en España está condicionado pola figura do
célebre químico francés Louis Proust que, despois da súa curta estadía en Vergara, volve en
1792 para ocupar a cátedra de química do Colexio de Artillería de Segovia. En 1799 trasláda se a
Madrid para asumir a dirección da Real Esco la de Química, centro que se acababa de crear
refundindo a cátedra de Segovia e os dous centros existentes en Madrid: a cátedra de Química
aplicada ás Artes [do que falare mos máis adiante] e o Real L aboratorio de Química, que fora
132 Ramón Gago, «Cultivo y enseñanza de la química en la España de principios del siglo XIX», en José M.
Sánchez Ron (ed.), Ciencia y sociedad en España , Madrid, ediciones el arquero, CSIC, 1988, pp. 129-142; e F.
Javier Puerto Sarmiento, «Las huellas de Proust: el laboratorio de Química del Museo de Historia Natural», Asclepio ,
XLVI (1), 1994, pp. 197-220.
133 Fausto Elhuyar ocupou en 1781 a cátedra de Mineraloxía, mentres que o seu ir má Juan José se dedicaba
aos estudos de metalurxia e xeoloxía.
134 En Rafael Sisto e Xosé A. Fraga, op. cit ., p. 37.
135 Ramón Gago, op. cit. , pp. 129-130.
82
fundado polo Ministerio de Estado e inaugurado en xaneiro de 1788 con Pedro Gutiérrez Bueno
como profesor 136 .
A química en Galicia. Antecedent es e concreción universitaria
Antes de analizar a situación da química en rela ción coa universidade, no caso galego cóm pre
salientar o relevante papel que na modernizac ión científica ten o pensamento e a actividade
dalgúns persoeiros. Este é o caso do frade Ma rtín Sarmiento (1695-1772), beneditino de orixe
galega de gran erudición e avanzado pensamento científico. Tratou na súa obra, entre outros
saberes, a farmacognosia e a medicina, a física, a xeografía, a historia , as matemáticas e a
astronomía 137 . A química aparece tamén nos seus escritos nos que, a pesar de ser unha
contribución exclusivamente t eórica -non exercitou a química-, móstrannos a un científico
moderno, coñecedor das correntes científicas má is avanzadas da época e moi ben relacionado.
Nos escritos de Sarmiento aprécianse xa, en relación coa química, características que nos
permiten integralo dentro dos promotores e precursores da moderna disciplina en Galicia.
Defensor a un tempo da experiencia, da observa ción e da tradición, as súas opinións aparecen
sempre detalladamente documentadas; de feito, a súa biblioteca está chea de libros de alquimia,
metalurxia, química médica, etc.
A súa incursión na química ven dada, en relación c oa historia natural, polo seu interese nas
análises de vexetais con aplicacións médicas; por outra banda, en relación coa metalurxia,
interésalle o coñecemento dos metais e dos minerais co obxectivo da súa explotación.
No que respecta a súa formación, el mesmo se re coñece froito dos libros do mosteiro de S.
Martín de Madrid [10.000 exemplares], dos volumes da súa cela, do saber dos monxes e monxas
conventuais, da sabedoría popular, das actas das academias científicas europeas, das súas
relacións eruditas e das bibliotecas e arquivos dos mosteiros e igrexas nas que traballou.
A falta de actividade práctica non impediu que Sarmient o mantivera interesantes contactos c on
químicos de renome, tanto no que se refire ao intercambio de opinións coma co obxecto de
fornecelos de materiais de análise que el consideraba interesantes. Así sabemos dos s eus
contactos, sempre mediante terceiras persoas, con Geoffroy e Musschenbroek, con este último
para remitirlle platina coa in tención de afondar no estudo das gr avidades especí ficas. Sarmiento
136 Ramón Gago, op. cit. , pp. 129-130.
137 Un estudo en profundidade sobre a obra de Sarmiento dende o punto de vista da ciencia e da química en
particular, é a tese doutoral de Mari Álvarez Lires, que baixo o título A ciencia no século XVIII: Fr Martín Sarmiento
(1695-1772), unha figura paradi gmática , foi presentada na Universidade de Vigo no ano 1998. Posteriormente deu
lugar a unha publicación divulgativa Sarmiento: un científico da segunda Ilustración , Santiago, Serv. de Publicacións
da USC, 2002.
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
83
tamén remitiu platina a Linneo e mantivo contac tos con Bowles sobre a análise dun mineral de
Galicia que contiña arsénico 138 .
Fr. Martín Sarmiento entendía a ciencia como camiño para a busca da felicidade humana e neste
sentido van as súas iniciativas de purificación da plat ina ou o seu interese na purificación da
auga do mar. Outros campos nos que se ocupou e dos que quedou constancia escrita foron a
natureza do fogo, a polémica sobre o antimonio, a composición do aire,...
No estudo da introdución da quí mica en Galicia cómpre facer tamén unha pequena referencia a o
médico Pedro Gómez de Bedoya, cat edrático de Cirurxía e Anatomía na Universidade de
Santiago dende 1755 ata 1783 -dende 1772 só de Anatomía-, e que pode ser considerado como
un dos precursores das ideas il ustradas na Universida de galega, se ben tardías en comparació n
co resto do Estado. Formado en Alcalá e, posteri ormente, en Francia e Italia, Bedoya é autor da
Historia Universal de las Fuentes Minerales de España , obra da que public ou dous tomos dos
catro previstos, en 1764 e 1765.
Bedoya confeccionou par a este traballo un mode lo de enquisa que distri buíu entre científicos
relacionados co ámbito sanitario, coa fin de realizar as oportunas análises. Ademais de solicitar
as propiedades, virtudes da auga, análise química e numerosos datos históricos, nos casos nos
que non se apreciaba unha relación entre a com posición das augas e os efectos a elas
atribuídos, solicitaba un cántaro de auga e unha porción de residuo seco para que os seus
colaboradores realizaran outra análise. Logrou as í reunir datos analíticos dunhas corenta augas
minerais do Estado, se ben nun pr imeiro momento a maioría das anális es foron realizadas en
Madrid por algúns boticarios da Corte. Des pois do seu traslado a S antiago, o boticario
compostelán Juan Fariña asumiu a realizac ión dun gran número de aná lises nas que tamén
colaboraron outros boticarios galegos, como Benito de Castro da vila de Caldas de Reis. Os
boticarios citados seguían con preferencia a marcha analítica de Hoffman, un dos mellores e
máis prácticos métodos da época 139 .
Dende o punto industrial débese cita r a José González Salgado (¿ ?- 1809), que salienta por ser
o primeiro industrial galego que estableceu unha fábrica c un proceso técnico-químico
relativamente complexo, a partir dos seus c oñecementos propios e sen recorrer a técnicos
estranxeiros. Os seus estudos e o seu l abor científico tiveron unha forte compoñente
experimental e práctica. O proxecto químico-té cnico modelado e desenvol vido durante toda a
138 Véxase Mari A. Lires, A cien cia no século XVIII: Fr Martín Sarmiento (1695-1772), unha figura
paradigmática , Tese de doutoramento, Universidade de Vigo, 1998, pp. 244-248.
139 Un interesante traballo sobre o libro de Bedoya e sobre as té cnicas analíticas empregadas polos seus
colaboradores é o de Francisco Díaz-Fierros, Gago Martínez e Mari A. Lires, «Los análisis de aguas minerales en el
siglo XVIII», en Xosé A. Fraga (ed), Ciencias, educación e h istoria [Actas V Simposio de Historia e Ensino das
Ciencias], Sada-A Coruña, Publicacións do Seminario de Estudos Galegos-Edicios do Castro, 1997, pp. 545-552.
84
súa formación, materializouse co establecemento en Allariz, en 1796, dunha f ábrica de cristal
tártaro que funcionou ata os primeiros anos da década de 1820, a pesar da súa morte en 1809.
O sucesor á fronte dela foi Antonio Valdés, tamén boticario.
O proceso base semellou consistir na obtenció n e purificación do tartr ato ácido de potasa,
principal compoñente do tártaro bruto que se depón na superficie in terior das cubas durante a
fermentación do mosto. A partir desta sal elaboraríase o cremor tártaro , disolv éndoa en auga
fervente, deixando cristalizar, e volvéndoo a diso lver en auga quente con terras arxilosas que
actúan coma descolorantes. O cremor era un produto de gran de demanda, moi usado en
medicina xa que actuaba á vez coma pur gante, aperitivo, diur ético e antiséptico. Posibelment e o
proceso continuase ata a obtenci ón do cremor tártaro solúbel, xa que este foi o tema do seu
único traballo escrito, para o ca l se realizaría en quente un tratam ento con ácido bórico vitrificado
e auga.
Segundo a documentación aportada por Meijide 140 , a fábrica, a única que realizaba este proceso
industrial en todo o Estado, producía cristal tárta ro que era consumido «...non só en todas as
boticas, senón tamén en varias artes e manuf acturas do Reino». A boa calidade do produto
propiciou a súa demanda polas boticas do Exérci to, polo Colexio de Boticarios de Madrid e
incluso pola Real Botica. A fábrica apareceu anunciada na Gaceta de Madrid e no Correo
Mercantil de España y sus Indias , e tivo facultade para usar o escudo das Armas Reales e o
título de Real Fábrica.
A química na universidade compostelá
A Química aparece por primeira vez na Universidade de Santiago, dun x eito algo regular, a
principios do século XIX coma parte da materia de Física y Química , na cátedra de «Física
experimental e nocións de Quím ica», pero asumindo un lugar secundario que se traduce na
pouca dedicación de tempo e na carencia de mate riais que permitan un trat amento experimental.
A recepción da Química como disciplina científica diferenciada na Universidade dará lugar a un
significativo e longo contencioso entre o químico Fernández Taboada e o claustro da
Universidade. Gabriel Fer nández Taboada (Ourense, 1776-Santiago,1841) r ealizara estudos
farmacéuticos en Madrid, pasando despois á Escuela práctica de Química de Madrid , dirixida por
Louis Proust, principal institución da época na fo rmación de químicos superiores no Estado
español. En agosto de 1804 Taboada foi nomeado por El -Rey, a proposta de Proust, Profesor de
140 Sobre este tema pode consultarse Antonio Meijide, «Notas sobre una antigua fábrica de cristal tártaro en
Allariz », Cuadernos de Estudios Gallego s, t. XXVIII, fasc. 86, 1973, pp. 332-338, e Rafael Sisto, «González Salgado,
José» en Xosé A. Fraga e R. Sisto (Coord.), Diccionario histórico das cien cias e das Técnicas de Galicia. Autore s, II
(anteriores a 1868) , Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 2005, pp. 106-108.
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
85
Química de Santiago e acude a París para rematar a súa formació n. Na estadía asiste ás clases
de importantes químicos como Fourcroy, Vauque lin, Deyeux e Thenard, o que debeu permitirlle
completar unha interesante formación. Posteriormente, Taboada pospón a marcha ao seu
destino en Santiago e pasa a impartir docencia entre 1806 e 1809 no Seminario de Nobles de la
Montaña , patrocinado polo Real Seminario Cantábrico 141 .
Taboada foi admitido por fin como profesor de Química da Universidade de Santiago por ac ordo
do Claustro de 10 de novembro de 1811. Para a súa incorporación tivo que salvar fortes
reticencias iniciais, e só o conseguiu grazas a presión exercida polo Mariscal F. Xavier Abadí a,
Comandante do 6º Exército e autor idad e militar en Galicia nos tempos de gue rra que se vivían.
Aínda así, o Claustro nunca aceptou plenamente a integración do químico e puxo numerosos
atrancos ao seu labor, rexistrándose ao longo do ano 1812 varios intentos de cese, o qu e
consegue en novembro de 1812 ar güíndo incompatibilidade co pl an de estudos. Sen embargo,
as novas presións das aut oridades civís e milit ares forzan a readmisión en outubro de 1813,
ocasión que Taboada aproveita para a publicaci ón dun av iso no que, dun xe ito directo, ataca o
plan de estudos que unía a docencia da Física e da Química e postergaba a esta:
Don Gabriel Fernández Taboada, encargado polo Gober no de ensinar a Química nesta Universidade de
Santiago, movido só polo dese xo de arraigar no seu propio país os froitos de oito anos d a súa diaria
asistencia e aplicación ás leccións públicas e partic ulares dos célebres mestres D. Luís Proust, en Madrid,
Fourcroy, Vauquelin, Deyeux e Thenard, en Paris, invita a todos os que gusten oílo e honrarlle, para os luns,
mércores e sábados de cada semana e de once a doce, entre tanto non cheguen o s instrumentos
encargados para o Laboratorio, que entón estará aberto dende as oito ata as doce da mañá, para os que
queiran presenciar detidamente os procederes ou re sultados analíticos, que deberán servir despois nas
leccións da ensinanza. Espera que os mozo s que ata agora perdían o tempo co método bárbaro do
afrancesado Caballero, no cal se prevén se ensinen nas Universidades a Física e a Química por un mesmo
catedrático e nun mesmo día, experimentarán en adiant e as va ntaxes e adiantamentos de tal útil cien cia
para difundir as súas luces polos campos, fábrica s e talleres 142 .
No texto hai unha interesante nota sobre o s eu xeito de entender o ensino da química e d e
valorar a docencia de Proust:
141 Para o estudo d os primeiros pasos da Química na Universidade de Santiago, e specialmente para coñece r
os intentos de Fernández Taboada, resulta imprescindíbel o texto de Anton io Meijide, El científico Fernández
taboada (1776-1841) , O Castro-Sada, Publicacións do Seminario de Estudos galegos, 1988. En Xosé A. Fraga, «El
Plan de la Real Escuela práctica de Química de Madrid (1803) , una alternativa institucional para la incorporación de
la Química en el Estado español», Llull , 34 (18), 1995, pp. 35-65, valórase o contencioso de Taboada e relaciónase
coa proposta institucional de Louis Proust e a Escola de Química de Madrid.
142 El Sensato , nº 115, 18 de nove mbro de 1813. Reproducido en R afael Sisto e Xosé A. Fraga, op. cit. , p. 42.
A referencia a oito anos de asistencia ás leccións de Proust, Fourcroy, Vauquelin, Deyeux e Thenard non coincide
cos outros datos dispoñíbeis, podendo tratarse dunha esaxeración [Orixinal en castelán].
86
(...) atópome en estado de ensinala, non coa elocuencia e sabedoría dun Proust [de quen alaga o seu
método, precisión e claridade] (...), e de repetir e ex plicar con cla ridade todos os experimentos qu e lle vin
facer. Non se ensina, nin se ensinará nunca de soa c onversación, nin tampouco a xeometría, a física e os
demais ramos da filosofía natural (...). O profesor que desexa cumprir coa súa obriga, ao tempo de falar aos
seus discípulos da atracción molecular de dou s ou máis corpos, debe explicarlle s os fenómenos que van
ver, facerllos notar no tempo no que se efectúan, pres entarlles o resultado, e por último manifestarlles as
súas propiedades e aplicacións ás necesidades da vi da. Este é o verdadeiro obxecto da química. Para
desempeñalo debidamente é necesario recolle r unha multitude de procederes ou resultados analíticos.
Neso empregareime logo de que cheguen os instrumentos que xa están encargados, e o ilustre claustro
desta Universidade, tan amante das ciencias exactas, me proporcione lugar a propósito(...) 143 .
A chegada do absolutismo provocou a desapar ición das autoridades que apoiaban a Taboada,
ao tempo que o novo Goberno non parecía comprometido co proxecto científico e institucional
que significara a Escola de Madrid. A Universi dade de Santiago aproveita a conxuntura política
para queixarse das presións recibidas e des pedir a Taboada. A s úa prom etedora carreira
docente e investigadora fórase consumindo en anos de debates e contenciosos.
A actividade investigadora de Fer nández Taboada est á na liña dos traballos que, nese momento,
publican os seus mestres no resto de Europa. Un ha das primeiras notic ias sobre o seu labor
profesional é a memoria de ingreso no Real Colegio de Boticarios de Madrid que leva por título
Disertación sobre el ácido oxálico , presentada en 1803. Neste traballo estuda a síntese do ácido
oxálico a partir dun azucre [que el define como «óxidos carbonohidrosos »] e do ácido nítrico,
definido como «azoe combinado con el oxígeno máximo».
A maioría das súas publicación saíron á luz en 1807 144 , entre elas o artigo Sobre el análisis de la
pólvora no que expón a maneira de separar nas pólvo r as o xofre do carbón, problema só resolt o
ata aquela por Baumé e de forma inexacta. Nese mesmo ano publica os artigos Sobre una
combinación particular de azogue e Sobre la oxidación de la plata y su combinación con el ácido
muriático , facendo neste último unha revisión dos procedementos existentes na época para a
determinación cuantitativa da pr ata mediante os últimos adian tos da analítica. Outro traballo
desta época é Sobre el soliman, mercurio dulce, y precipitado blanco de mercurio , no que tenta
dar a composición exacta destes produtos de uso común, revisando e contrastando
experimentalmente as proporcións ofrecidas por outros autores.
143 Gazeta Marcial y Política de Sa ntiago , nº 130, 25 de novembro de 1813 [Orixinal en castelán]. N esta última
frase Taboada refírese, con ironia, aos atrancos que a Universidade lle e s taba poñendo para poder dispor dun local
digno.
144 Unha relación dos seus artigos pode consultars e en Xosé A. Fraga, «Fernández Taboada, Gabriel», en
Xosé A. Fraga e R. Sisto (Coord.), Diccionario histórico das ciencia s e das Técnicas de Galicia. Autores, II
(anteriores a 1868) , Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 2005, pp. 80-84.
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
87
Na Universidade de Santiago Taboada inicia o que máis adiante será unha liña de investigación
punteira do Dr. Casares, as análises da s augas mineiro-medici nais. Segundo Meijide 145 , no ano
1818 deu a luz unha comunicación titulada Avisos a los que están encargados del análisis de las
aguas minerales de Galicia na que, entre outras contribucións , sinala a presenza nas augas dun
novo hidrosulfato, a magnesia, que comple ta ás xa coñecidas potasa e cal.
As obxeccións da Universidade a dotar a cátedr a e o laboratorio de Química por motivo s
económicos tiñan certo fundamento; a súa econ omía estaba maltreita, afectada por un
importante roubo en 1807 e polos gastos do Batalló n literario. Tamén era certo que a química
non estaba prevista como ma teria autónoma no plan de estu dos e que a des ignación de
Taboada era irregular, pero nas posicións universitaria s apréciase un indisc utíbel ton corporativo
e de rexeitamento a toda «intromisión». En calquera caso, non entra nunha cuestión básica
como é a da necesaria incorporación da quí mica, como novo saber, ao ámbito do estudo
superior universitario; a legalidade é utilizad a para oporse á innovación e defender o s
privilexios 146 .
En 1820 a química continuaba, despois dos co mentados intentos de Taboada, integrada na
cátedra de Física e química. Encárgase dela Rufo Fernández Carballido quen, en novembro de
1820, solicita ao Claustro 2.000 rs. de vellón para material desti nado ao laboratorio de química,
que non dispón dun só inst rumento. Uns meses máis tarde a C onsiliatura négalle a suma pedida,
que ía ser destinada para iniciar prácticas de Química.
Como xa indicamos, en 1836 produciuse un arranxo provis ional do plan de Estudos que
estabeleceu a Física como materia do segundo curso de Filosofía e tamén nos estudos de
Filosofía superior, neste caso co nome de Física experimental e Química . A presenza da química
é moi reducida nos programas dese curso e o seguinte, non super ando nunca un 10 % da
materia. No curso 1839-40, con Pedro Mª de S antiago y Neira de substi tuto na cátedra, a
química semella aumentar o seu peso no program a. Despois duns prelim inares, da nomenclatura
e dos principios fundamentais, o profesor afirmaba que:
(...) darei unha breve noticia dos corpos binarios, ter narios e cuaternarios, así como do modo de combinarse
os corpos simples para formar os compostos, e das causas que modifican as af inidades de aqueles 147 .
Dun comentario complementario dedúc ese un marcado carácter descritivo:
145 Antonio Meijide, El científico Fernández taboada (1776-1841) , O Castro-Sada, Publicacións do Seminario
de Estudos galegos, 1988, pp. 126-127.
146 En Rafael Sisto e Xosé A. Fraga, op. cit. , p. 43.
147 AHUS, Serie Histórica , Cartafol 449, 28 de maio de 1838 [Orixinal en castelán].
88
Sendo os ácidos, óxidos, sa les..., amalgamas vexetais e animais os ún icos corpos compostos q ue resultan
das diversas combinacións, segundo as compoñentes e as súas diversas combinacións, segundo as
compoñentes e as súas diversas proporcións, d arei de todos u nha sucinta explicación, bastante con todo
para que os alumnos adquiran unha idea clara da Cienc ia, e se poñan desta maneira en disposición de
poder por si sós e co manexo dos libros, adiantados no estudo d e tan divertidas como útiles materias 148 .
Nos primeiros anos da década dos corenta a situac ión na Universidade era bas t ante curiosa, xa
que dispuña en 1843 dun l aboratorio «construído con todas as boas regras aínd a que sen us o e
sen aumento de útiles dende que a Química se ens inaba no Colexio de Farmacia desta cidade, a
onde foron trasladados todos os utensilio s e transportados despois a Madrid» 149 .
A cátedra de Química crearase finalment e coma consecuencia do plan de 1845 e na s úa
dotación e na formación do labor atorio terá un gran protagonismo o reitor Juan J osé Viñas. Nese
momento nace, realmente, a docencia da química na universidade compostelá, unha actividade
na que o labor de Antonio Casares sería fundamental.
Segundo o arriba exposto, vemos que a Universid ade de Santiago incorpora a ciencia moderna,
experimental, ou cando menos moderadamente práctica, no per íodo abranguido entre 1772 e
1845; unha integración que afecta exclusivamente ao ámbito docente, deixando fóra e pendente
o labor investigador. O proceso de innovación salient a pola súa longa dur ación, uns 75 anos, e
as dificultades atopadas para incorporar as novas disciplinas científicas.
Neste contexto, a química present aba a singularidade, con relación á física, de tratarse dunha
disciplina científica sen a súa tradición curric ular. Mentres que a física existía como materia
precientífica nos estudos tradicionais, a recepc ión da química esixía unha concepción moderna e
puña maiores dificultades aos anteriores profesores da universidade para apropiarse da súa
docencia.
A química nos colexios prácticos
Os colexios prácticos foron institucións que re collían o interese ilustrado polas ci encias «útiles»,
e representaban a recepción dos novos saber es prácticos fronte ao anacronismo dunha
universidade aristotélica e gremia l. O carácter innovador das súas ensinanzas viña dado tamén
pola incorporación de libros de texto -xeralmente estranxeiros e m oi ao día-, e pola ex istencia de
148 AHUS, Serie Histórica , Cartafol 450, 15 de novembro de 1839 [Orixinal en castelán ].
149 AHUS, Serie Histórica , Cartafol 451, Informes.
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
89
boas instalacións destinadas ao ensino prácti co. Exames periódicos e o emprego do idioma
español en explicacións e probas comple taban estas características innovadoras 150 .
A creación dos colexios prácticos en Galicia fo i algo tardía en relación con outros puntos do
Estado. Non foron institucións universitarias, aínda que tiveron ce rta relación coa universidade xa
que alumnos, profesores unive rsitarios e colex iais, com partiron a docencia e algunhas
instalacións, coincidindo en foros e in iciativas cidadáns como a s alientábel Sociedad Económ ica
de Amigos del País de Santiago 151 .
O Colexio de Cirurxía de Santiago inaugur ouse en decembro de 1799. O ministro Urquijo
suprimira o ensino de Medicina nas facultades, confiándoo aos colexios de Cirurxía Médica, o
que supuxo o cese inmediato do ensino de medicina e cirurxía en todas as universidades. Só
dous anos durou esta experiencia coñecida como Facultad Reunida , xa que no ano 1801 os
estudos de Medicina volven á universidade e os colexios pasan a chamarse só de Cirurxía,
ficando todos uniformados na estrutur a académica a semellanza do de Madrid 152 .
O noso interese neste colexio ben dado, fundament almente, porque semella que nel se impartiu,
por primeira vez no ensino superior de Galicia, a materia ou contidos de quí mica. O profesor
Eusebio Bueno Martínez (1774-1814) estudara en Madrid quím ica e cirurxía, e tomou posesión
da cátedra de Botánica de Santiago o 9 de decembro de 1799. Tamén atendeu ao ensino da
química, da física xeral e da mineraloxía relacionadas coa Medicina, converténdose así no
introdutor dalgúns destes estudos 153 .
O Colexio de Santiago mantivo a súa activi dade ata 1833, aínda que con notorias deficiencias
dende 1820. Un informe municipal daba conta, en 1821, que dos nove catedráticos previstos só
150 M. Peset e J. L. Peset, La Universidad española (siglos XVIII y XIX) . Despotismo ilustrado y revolució n
liber a, "Biblioteca política Taurus", 23, Madrid, Taurus, 1974.
151 O Colexio de Cirurxía formou, entre 1799 e 1801, a Facultad Reunida (centro universitario) coa facultade
de Medicina; do mesmo xeito, foron agrupados na Escuela Especial de l Arte de Curar os estudos de Medicina cos
dos Colexios de Cirurxía e Farmacia entre 1821 e 1823.
Sobre os colexios prácticos pode consultarse tamén Xosé A. Fraga, «A incorporación da Ciencia experimental na
Universidade de Santiago no inicio do século XI X e os Colexios prácticos», en Gallaecia Fulget: (1495-1995): cinco
séculos de historia universitaria [Catálogo da exposición do V centenario da Universidade de Santiago de
Compostela]. Santiago, Serv. de Publicacións da USC, 1995.
152 O traballo do profesor Delfín García Guerra , El Hospital real de Santiago (1499-1804) , A Coruña,
Fundación Barrié de la Maza, 1983, p. 429, achéganos ás dificultades que tivo o Colexio para instalarse dentro do
Hospital de Santiago, buscando ese carácter práctico que o definía, pero aínda que o conseguiu en setembro de
1801, en palabras do devandito autor «a vitoria deste resultará pírrica xa que o seu fun cionamento limitouse ao
ensino teórico, anulándose deste modo o motivo pr incipal da súa instalación dentro do Hospital».
153 J. Danón, «El Real Colegio de Cirugía Médica de Santiago», Medicina & Historia , 46, 1993.
96
Museo de Ciencias Naturais. En 1832 recibiu o grao de Bacharel en Farmacia no Colexio de San
Fernando de Madrid e en 1836 a licenciatura, mom ento no que oposita á cátedra de Química das
Artes en Santiago. Xa establec ido como profesor en Composte la obtivo a licenciatura e o
doutorado en Filosofía e Letras, no ano 1841, e aí nda habería de obter os doutoramentos en
Ciencias e en Medicina e Cirurxía 165 .
Aínda que o 23 de abril de 1840 o Claustro da Un iversidade nomeouno prof esor interino da
cátedra de Historia Natural acabada de crear, com patibilizouna coa que viña desempeñando
como catedrático de Química aplicada ás Artes, o mesmo que aconteceu, aínda que por escaso
tempo, cando por Real Orde do 25 de setemb ro de 1845 foi nomeado catedrático de Química
Xeral na Universidade. En 1850 foi elixido dire ctor da Sociedade Económica e posteriormente
impartiría leccións de química element al no Ateneo popular, fundado po la Económica para o
ensino da clase obreira 166 .
A matrícula na cátedra tivo un progresivo medre, tal e como pode observarse no seguinte cadro.
Este incremento é unha boa medida do interese social e da utilidade pública coa que ían sendo
consideradas as cátedras aplicadas:
Número de alumnos matricul ados/aprob ados na cáted ra de Química de Santiago 167
1834 35-36 36-37 37- 38 38-39 39- 40 40-41 41- 42 42- 43 43-44 44-45
Química -/2 23/2 38/- 75/24 90/-
Segundo a documentación consultada débese cons iderar que, ademais, era moi alto o númer o
de alumnos que asistían ás clases co mo oíntes, sen estar matriculados.
Chama moito a atención o feito de que entre os alumnos matriculados no curso 1840-41 figuren
Antonio Fernández Carril e Tomás Martínez Serv ida, que acadarían unha importante relevancia
científica ou, aínda máis, que no curso seguinte aparezan nomes como o de José Mª Lastres,
que despois sería durante bastante te mpo axudante das cátedras de ciencias na Universidade.
Outra curiosidade significativa é que o propio An tonio Casares [catedrático de Química aplicada
165 Sobre Casares pode consultarse o traballo de Manuel Be rmejo, «Casares Rodríguez, Antonio», en Fraga
Vázquez e A. Domínguez (coords), Diccionario Histórico das Ciencias e da s Técnicas de Galicia. Autores 1868-
1936 , Sada-A Coruña, Seminario de Estudos Galegos-Ediciós d o Castro, 1993, pp. 69-71 e Manuel Bermejo e José
A. Rodríguez, «Antonio Casares: a súa contribución á Ciencia», en Xosé A. Fraga (ed.), Ciencias, educación e
historia [Actas V Simposio de Historia e Ensino das Ciencias], Sada-A Coruña, Seminario de Estudos Galegos-
Ediciós do Castro, 1997, pp. 525-532.
166 AHUS, Serie Expedientes Persoais, cartafol 219, Antonio Casares Rodríguez.
167 Os datos de matrícula están obtidos do Boletín Oficial de Instrucción Pública , t. II, 1841, pp. 372-74, 376-
77 e 424-25 e de diversos documentos do ARSES, Caixa 2, 1834, Papeles varios , Cartafol 18, Matricula y prueba de
curso correspondientes a las cátedras de Química y Mecánica .
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
97
ás Artes] asistiu durante o curso 1839-40 á outra cát edra aplicada, á de Mecánica impartida por
Pose, o que tamén di bastante da extraord inaria actitude de Antonio Casares.
A conclusión evidente é que non estamos a falar dunhas cátedras de baixo nivel nin dun ens ino
meramente profesional para artesáns. Ademais do prestixio que as cátedras tiñan por ser obtidas
mediante oposición realizada en Madrid, non cabe dúbida que co nx ugaban un saber teórico base
cunha compoñente práctica e aplicada de grande prestixio, e que ofertaban unha preparación
semellante, ou superior incluso en moitos as pectos, ás ensinanzas universitarias con
anterioridade a 1845.
Dos libros de texto empregados só temos notic ia pola convoc atoria de premios feita pola
Sociedade Económica para os alumnos das cátedras. A de Química adxudicaba ao «artesán»
máis sobresaínte dos matric ulados un exemplar da obra Elementos de química aplicada á las
artes de Francisco Álvarez 168 . Entre as actividades desenvolvidas cítase a realizac ión de ensaios
aplicados á minería e da realización de electrólis es para o dourado e prateado de metais. Es tas
ensinanzas semellaban estar bastante adaptadas e dirixidas ás necesidades concretas das
poboacións locais.
A preguntas do novo director do Conservatorio de Artes, Francisco Orlando, nas que solicitaba
coñecer se existía laboratorio no ensino da Quím ica e, neste caso, que se individualizasen os
útiles engadindo se facían falla algúns deles para dar debidamente as leccións, a Sociedade
Económica contestaba con total concisión 169 :
As cátedras de Química e Mecánica n ingunha m áquina posúen, nin aparellos propios, per o contan os
profesores co gabinete de Física da Real Univer sidade (...), dando lugar a que economizando canto fose
menester os gastos, puidera reunirse das asignaci óns concedidas por SM para o ensino unha cantidade
regular coa que adquirir un surtido de retortas de todas cabidas e especies, matraces, recipientes, frascos,
campás e demais obxectos, que deben compoñer o Laboratorio de Química e ao efecto pedíronse a Francia
catálogos destes aparellos.
Na actualidade hai dispoñíbeis a cantidade de 14 mil e xa que segundo parece indicar no seu oficio disponse
a remitir o que falte no laboratorio, poderá dispoñer desde logo de aquela cantidade...
21 de novembro de 1835 Juan Gutierrez de la Cruz
De acordo coas previsións arriba apunt adas, a c átedra de Química cont ou aos poucos anos da
súa posta en marcha cunha considerábel dotación de instrumental científico e material de
laboratorio co que, sen dúbi da, debeu desenvolverse un traballo marcadamente práctico. Coa
168 Boletín Oficial de Instrucción Pública , t. V, 1843, pp. 544-545.
169 ARSES, Caixa 3, 1834, Papeles varios, cartafol 1 9. Escrito que remite a Sociedade Económica ao Director
do Conservatorio en contestación a outro do 6 de novembro de 1835 [Orixinal en castelán].
98
chegada á cátedra de Antonio Casares, en 1836, cóbrense unha serie de neces idades básicas
que tamén nos dan ampla idea do tipo de traballo desenvolvido. A xunta directiva da Sociedade
Económica acordou autorizar o gasto que supuñan as peticións de Casares ao día seguinte de
recibir a súa demanda:
Sendo indispensábel para a ensinanza da química que na peza onde se dan as lección s haxa unha
cheminea para dar saída aos gases e vapores que se desprenden do carbón prendido e de varias
operacións e experiencias, é necesario que a sociedade comisione algún socio para que este dea
disposicións que crea convenientes para a construci ón da devandita cheminea cun pozo e os fornillos que
nel poidan acomodarse.
É así mesmo necesario comprar as sustan cias e utensilios que expresa a adxu nta nota que por de pronto
son necesarias para a demostración das leccións sen prexuízo de avisar en adiante á socieda de cando se
necesiten máis obxectos para o máis completo e nsino da química
Ácido benzoico, unha onza
Ácido oxálico, dúas onzas
Ácido sulfúrico, media arroba
Ácido hidroclórico, catro libras
Ácido nítrico, catro libras
Iodo, dúas onzas
Fósforo, unha onza
Xofre (flores de... e canutillo), dúas libras
Ferro en arame e limaduras, dúas libras
Zinc, unha libra
Chumbo, dúas libras
Cobre, unha libra
Sublimado corrosivo, dúas onzas
Carbonato de potasa, unha libra
Barrilla, dúas libras
Sal amoníaco, dúas libras
Hidrodato de potasa, media onza
Alumbre, unha libra
Carbonato de amoníaco, unha onza
Nitrato de barita, dúas onzas
Sulfato de magnesia, media libra
Sulfato de ferro (caparrosa), unha libra
Clorato de potasa, unha onza
Acetato de chumbo, unha libra
Cardenillo, media libra
Cristais de venus, unha libra
Tártaro cru, dúas libras
Nitrato de prata, media onza
Fosfato de sosa, unha onza
Fosfato de amoníaco, unha onza
Mercurio, catro libras
Bismuto, catro onzas
Prata, dúas onzas
Ouro, catro adarnes (?)
Peróxido de manganeso, dúas libras
Óxido vermello de chumbo (minio),
unha libra
Citargivio (?) unha libra
Arsénico branco, catro onzas
Arsénico amarelo, dúas onzas
Antimonio cru, unha libra
Cinabrio, dúas onzas
Xabón, unha libra
Pasta de tornasol, 1 onza
Raíz de Cuvenva (?) unha onza
Raíz de cubia (?) dúas onzas
Flor de malvas, dúas onzas
Azul de Prusia, catro onzas
Anil, dúas onzas
Azul esmalte, unha onza
Cochinilla, media onza
Amarelo de cromo, media onza
Alcohol de viño, dúas libras
Eter sulfúrico, catro onzas
Papel branco e de filtro
Catro vexigas
Dúas chaves e un surtidor para estas
Dúas balanzas, unha común e outra
de ensaio
Un crisoliño de prata
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
99
Santiago, 27 de outubro de 1836 Antonio Casares 170
Dous novos documentos confirman a importante dotación material coa que cont aba a cátedra de
Química e o seu laboratorio nos últimos anos de actividade. O primeiro deles é unha crónica,
asinada polos profesores das cátedras, dos fe itos acontecidos en S antiago en abril de 1846 coa
entrada da tropa do xeneral Concha na cidade. A suspensión das cátedras que se impartían no
Colexio de Fonseca, do que se apodera a Xunta Re volucionaria, ven seguido da constatación, o
día 29, trala batalla do día 23 e a toma do edificio po lo exército de artillería, da rotura dos vidros
e das pechaduras dos andeis nos que se gardaban os instrument os e os produtos químicos,
algúns dos cales foron despois recuperados tralo intento de vendelos aos prateiros da cidade.
Estes feitos supoñen, na práctica, a destrución do laboratorio 171 .
O segundo documento é a confirma ción da desfeita, o traslado dos restos [aínda así moi
numerosos] ás dependencias da Universidade, asinad o o 23 de abril polos profesores Luís Pose
e Antonio Casares. Esta semella ser a acta de defunción das cátedras, xa que todo indica que o
último curso de funcionamento foi o 1845-46, doce anos despoi s de que as cátedras foran
creadas.
Inicialmente o soldo dos pr ofesores era de 12000 rs. vn. anuais, ademais de 4000 rs. tamén
anuais para os gastos de cada unha das cátedras, ca rtos que debían satisfacer os intendentes
provinciais ás sociedades económicas ou ás x untas de comercio por orde do Ministerio de
Facenda 172 .
Con todo, durante anos o goberno desatendeu os pagos e sucedéronse os oficios entre os
distintos entes administrativos e a propia Sociedade, nos que para c ada orde de pago semellaba
170 ARSES, Caixa 3, 1834, Papeles varios , Cartafol 21. Escrito asinado por Antonio Casares o 27 de outubro
de 1836 [orixinal en castelán].
171 ARSES, Caixa 3, 1834, Papeles varios , cartafol 19. Escrito asinado pol o s profesores das cátedras
aplicadas, Antonio Casares e Luís Pose, dirixido ó Sr Director da Real Sociedad Económica de Santiago con d ata
do 19 de xuño de 1846.
172 ARSES, Caixa 1, 1674-1834, Papeles varios , Cartafol 11, Doc. 25. Escrito asinado por Juan Lópe z
Peñalver (Dtor. do Conservatorio de Artes) dirixido á Sociedade Económica de Santiago con data do 5 de setembro
de 1834.
Varios utensilios de ferro como tenzas,
rexiñas,...
Dous laboratorios portátiles
Un baño hidropneumático
Catro ducias de crisois
Algunhas botellas negras
Unha xerra de louza
Dúas poncheiras de louza
Unha tinalla para auga
Catro barras de lenzo
Borras, dúas onzas
Nitro, dúas libras
Sal común, dúas libras
Vitriolo branco, dúas onzas
Sulfato de cobre, dúas onzas
Cremor tártaro, unha libra
Cromato de potasa, media onza
Nitrato de estronciana, una onza
Bicarbonato de potasa, una onza
Espato pesado, tres onzas
100
existir un organismo superior ao que a emitía capaz de ralentiz ala ou non efectivizala. Nesta
situación algúns socios prestáronse a dar as clases sen ningún tipo de retribución, como
aconteceu nos primeiros anos co profesor de mecánica, que se comprometeu a atender o ensino
da química que non tiña titular 173 .
A situación económica será sempre unha hipoteca, ás veces insostíbel. A fins de 1842 as
cátedras deixaron de depender administ rativamente da Dirección General de Estudios, pasando
a facelo do Ministerio de Facenda polo que o Intendente da Provincia debería ser o encargado
de dispoñer os pagos. O 4 de novembro de 1842 a Sociedade reclama sen éxito os 653 rs. para
gastos das cátedras, mentres que o cat edrático de Química, Antonio Casares, en escrito dirixido
ao Director da Sociedade Económica a fins dese ano, explica a s ú a precaria sit uación ao tempo
que deixa entrever a alta valoración que ten da utilidade das cátedras:
O 2 do corrente din principio ás leccións de Químic a aplicada ás artes, segundo estaba anunciado. Setenta
e sete discípulos matriculado s e varios oíntes acoden a ela s, de modo que o local é xa pequeno para a
concorrencia ¡Tal é a idea que empezou a formarse da utilidade destes coñecem entos!
Como a sociedade ten demostrado en todas as ocasións t anto interese polas ensinanzas aplicad as ás artes
que están baixo a súa inspecció n, véxome na dura necesidade de anunciar que a Química cesará moi en
breve. Os fondos asignados para gastos de alu meado, por teiro, carbón e dema is útiles necesarios ha i xa
tempo que non se pagan a pesar das repetidas reclamacións da Sociedade que os adiantou dos seus (...)
(...) Adiantei do meu peto o necesario para o alumeado, paguei o seu soldo ao porteiro e suplín canto foi
preciso para as demostracións que se fixeron ent re as cales algunhas houbo de valor, como o dourado e
prateado polo método galvánico. Mais o estado da miña fortuna, a miña numerosa familia e os 44 meses de
atrasos que conto na miña dotación, non me permiten continuar facendo por moito tempo dese mbolsos, e
así o mes próximo cesarei nas miñas explicacións , do que darei parte o mesmo día á Sociedade (...)
18 de novembro de 1842 Antonio Casares 174
As dificultades económicas estiveron na base da desaparición das cátedr as, e máis cando s e
empezou a cuestionar a súa compatibilidade con outr os cargos. Así, en agosto de 1846, Casares
emite un informe, a petición do Xefe político da provincia, no que indica que o que se pagaba
polo erario público par a manter as cátedras de artes era 2000 rs. mensuais para soldo dos
catedráticos e 666 rs. e 20 mv. para os gasto s das cátedras, incluído o soldo dos ax udantes,
pero que a última mensualidade q ue se pagou polo Tesouro aos ca tedráticos correspondía ao
mes de xullo de 1841, no que se refire á Química, e a outubr o do mesmo ano para a Mecánica.
Na práctica, este informe supón a cróni ca de defunción das cátedras aplicadas.
173 Carmen Fernández Casanova, op. cit. , p. 83.
174 ARSES, Caixa 1, 1674-1834, Papeles varios , Ca rtafol 11, 18 de novembro de 1842 [orixinal en castelán].
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
101
2.3. A FÍSICA E QUÍMICA : O ACHEGAMENTO EDUCATIVO E FORMAL DE DÚAS
DISCIPLINAS CON DISTINTAS TRADICIÓNS E CONTIDOS DIFERENCIADO S
2.3.1. Un camiño parello pero dist ante dentro da filosofía natural
Tendo en conta a relevancia de Aristóteles na estrut uración dos contidos da físic a e da química,
e a súa influencia no artellam ento do sistema educativo que duran te séculos condicionou o seu
ensino, semella necesario situar, aínda que sexa su perficialmente, o escenario e as directrices
das súas ideas educativas. Aristóteles, discípulo de Plat ón, evolucionou gradual e
progresivamente cara un sistema científico-filo sófico persoal que se separa dunha preparació n
mística para a morte e convértese en comprens ión da vida universal. Funda entón en Atenas, no
ano 335 a. C., a nova escola do Liceo x unto aos xardíns públicos c onsagrados a Apolo Líceo. Do
hábito desta escola de debater as cuestións científicas ou filosóficas paseando polos xardíns
anexos á escola, ven o seu nome de peripatéticos 175 .
Ensinar era para Aristóteles preparar no neno o home e o cidadán. Propedeuticamente debía
comezarse co estudo das letras, ao que seguí a o estudo da moral buscada na tradición e
natureza humana, para pasar de seguido á política –ilustrada pola historia dos Estados- e,
finalmente, ao estudo das ciencias naturais, o es tudo da terra e dos seus produtos, da fisiolox ía,
dos seres vivos, da astronomía, do ceo e do movem ento dos astros. Con esta orientación básica
utilizáranse moi especialmente as súas obras Retórica, Poética, Lóxica e o famoso Organon –
para o exercicio da memoria, o xuízo e o gusto polas cousas do espírito-; e A Historia dos
animais, A Xénese, A Corrupción, A Sensación, A Locomoción, As Cousas sensíbeis, A Alma, As
Auscultacións físicas, As Meteorolóxicas , e O Ceo 176 .
A diferenza de Platón, Aristóteles concedí a o máximo protagonismo á observación e á
investigación de todos os fenómenos sensíbei s coma obxectos inmediatos da experiencia
humana. A observación sistemática da multiplici dade obxectual existente a partir da evidencia
dos sentidos, toma inicialmente a forma de perc epcións simples e fundam entais que o espírito
ensambla, mediante a súa capacid ade discriminatoria conxénita, nuns modelos complexos por
medio da demostración e da induc ión lóxica. Para lograr is to cumpría un método adecuado e
certo para a construción de xeneralizacións, un instr umento para a correcta estruturación do
saber científico e o estabelecemento do criterio de verdade 177 .
175 António Amorim, Introdução à história e filo sofia das ciências , Mem Martins, Publicações Europa-América ,
1986, p. 56 [peripatético do grego Пερί - παθηος , pasear, deambular].
176 António Amorim, op. cit., pp. 56-57.
177 Antón Costa Rico, Historia da educación e da cultura en Galicia , Vigo, Xerais, 2004, pp. 61-62.
102
En lugar de centrarse nos estudos de base ma temática e abstracta, como suxería Platón,
Aristóteles preconiza aqueles que parte n da experienc ia [bioloxía, físic a, ética, política, retórica],
concedéndolle unha particular relevancia á músi ca, á danza e á poesía como vía educativa.
No mundo clásico, os nenos entre os sete e os trece anos recibían na Scholé ensinanzas de
lectura, escritura, aritméti ca e cálculo; entre os tr ece e os dezaseis recibían na palestra unha
educación gramatical, xunto ao ensino doutras a rtes liberais, e a parti r dos dezaseis anos unha
selecta minoría era educada nos ximnasios no cultivo da retórica, da or atoria e da filosofía, entre
outros coñecementos. 178 .
O famoso libro de Marciano Capella ( c . 248-330) De Nuptiis Philo l ogiae et Mercurii , unha especie
de «romance» alegórico escrito par a axudar na instrución do seu fillo, converterase na guía dos
mestre-escolas de toda a Idade Media. Neste libro pr esenta as sete artes liberais, consideradas
como regalos orixinais que acom pañan a voda da filoloxía con Mercur io: a gramática, a retórica,
a dialéctica, a aritmética, a xeom etría, a astronomía e a música.
Posteriormente, no reinado de Atalarico, Cassiodoro ( c. 490-585) empeñouse en ardente
campaña xunto cos senadores romanos, na intención de crear escolas rom anas nas máis
diversas localidades, nas que se ensinase a gram ática, a retórica, a m edicina e o dereito. En
Roma tentou crear unha escola superior na que se ensinasen as Sagradas Escrituras, tomando
como base todos os elementos das ciencias profanas, empresa na que envolveu ao Papa
Agapito que posuía no m onte Coelio a máis rica biblioteca romana. Ma is en Italia, a cultura
clásica desaparecerá con Gregorio Magno ( c. 540-604), máis literato que científico, que aínda
así conservou da súa formación clásica o gusto pola curiosidade científica 179 .
Co peche das escolas romanas, nas que as pr incipais compoñentes do ensino nos últimos
tempos eran a gramática, a poesía e a retórica, con pouca atenció n ás restantes artes liberais da
cultura clásica, o ensino non familiar ficou case por completo nas mans dos mosteiros e abadías.
O ensino alí impartido estaba pr imordialmente dir ixido cara un coñecemento profundo das
Sagradas Escrituras, e a formación clásica, es pecialmente a literaria e a oratoria, é posta ao
servizo dese coñecemento. A pesar de que Santo Agostiño no seu De Doctrina Christiana tivese
escrito que, para comprender ben as Escrituras, un intelectual debería posuír unha sólida
formación gramatical, coñecer ben o latín, o grego e o hebreo, sa ber as regras da retórica e da
dialéctica, e ter bos coñecementos das ciencias nat urais, da aritmética, da historia e a xeografía,
unha manchea de rigoristas defenderon axiña que non había compromiso posíbel entre a cult ura
clásica e a cultura cristiá na interpretación das Escrituras 180 .
178 Antón Costa, op. cit. , pp. 65-69.
179 António Amorim, op. cit., p. 75.
180 António Amorim, op. cit., p. 76.
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
103
Co avance do islamismo na Europa Occidental, esta fica dividida a parti r do século VIII en dous
mundos ben distintos: ao sur das penínsulas ibéric a e itálica dominan os árabes e ao norte está
o mundo dominado por Carlomagno. Córdoba, Sevilla, Granada, To ledo e Salerno convértense
nos grandes centros de ensino marcados polo desenvolvemento científico árabe, nos que se
ensina filosofía, astronomía, óptic a, trigonometría, álxebra, medi cina, química farmacéutica e
alquimia.
Neste contexto, Ibn Siná, Avicena (980-1037), un dos di scípulos do xa citado alquímico Geber,
ademais de escribir o seu Canon da Medicina que foi texto base do ensino nas facultades de
Asia e Europa durante un par de séculos, fi xo tamén unha clasificación das ciencias que
prevaleceu nalgunhas escolas europeas: a ciencia inferior –a física-, a ciencia media –a
matemática- e a ciencia superior –a metafísica e a teoloxía-, reforzando así o pouco interese que
se atribuía ao estudo da natureza física. A fís ica de Avicena é a física dun discípulo fiel de
Aristóteles, sen novas contribucións, e no que se aprecia unha notábel influencia do
neoplatonismo 181 .
Co Renacemento carolínxio, as bibliotecas dalgúns mosteiros prestixiosos -case todos
centroeuropeos- e das catedrais, tornaríanse nos mellores depósitos da sabedoría antiga. O
número de estudantes nestes lugar es aumenta e as escolas existentes tórnanse ins uficientes,
autorizándose polos cancelarios dalgunhas catedrais o estabel ecemento de novas esc olas,
próximas pero diferentes das monac ais, municipais ou episcopais xa ex istentes. Foi o primeiro
paso para o desenvolvemento das primeiras unive rsidades, que ao principio non eran máis que
gremios ou corporacións de mestres e alumnos re coñecidas por unha autoridade eclesiástica ou
civil, ou por ambas. A primeira desi gnación desas corporacións foi a de Studium , mudada axiña
para a de Studium Generale [centro de instrución para todos e aberto a todo tipo de saber]; de
Studium Generale a Universitas Studdii e, abreviadamente, tan só a Universidade , só había un
pequeno paso 182 .
As universidades xurdidas por toda Europa a parti r dos primeiros anos do século XIII, a pesar de
ter autonomía para organizar os s eus propios curricula, mantiver on unha estruturación ideolóxica
semellante que tomaba como modelo as univers idades de París, Oxford, Bolonia e Padua.
Dende o punto de vista do ensino todas elas es taban organiz adas en catro facultades: Artes,
Medicina, Canons [ou Dereit o canónico] e Teoloxía. Esta última tiña o primeiro lugar xerárquico,
xa que o obxectivo de toda aprendizaxe era o descubrimento da verdade [o amor a Deus, en
versión agostiña], polo que os estatutos universit arios prohibían o uso da teoloxía por mestres
doutras facultades, mentres que os de teoloxía podían explicar calquera asunto, relixioso ou
181 António Amorim, op. cit., pp. 80-81.
182 António Amorim, op. cit., p. 85.
104
profano. O acceso ao grao en Teoloxía requiría un longo e traballoso estudo ao que chegaban
moi poucos estudantes.
A facultade de Artes era a fa cultade na que se s ubministraba a preparación básica para o
posterior seguimento dos cursos noutras facult ades, trala obtención do pr imeiro grao que esta
proporcionaba. Xenericamente incl uía o estudo das sete artes liberais do citado Marciano
Capella divididas en dous grupos: o Trivium ou filosofía racional, que incluía a gramática, a
retórica e a lóxica, e o Quadrivium , ou filosofía natural, que incluí a a aritmética, a astronomía, a
xeometría e a música. O Quadrivium ocupaba un lugar moi restrinxido mentres que o Trivium ,
sempre en primeiro plano, nunca perdeu esta situación preponderante.
Os estatutos universitarios nada din sobre a orde de estudo ou a priori dade, pero semella que
esta estivo durante todo o século XIII na lóxi ca, e que iso provocou o empeño de Grosatesta e
Roger Bacon polo uso dunha metodoloxía na que a prioridade fosen as matemáticas,
nomeadamente a aritmética e a x eometría. Para Alberto Magno e Tomás de Aquino é coa lóxica
como se aprende o verdadeiro método para todas as ciencias e o seu contido debe ser un dos
primeiros tópicos de todo o ensino 183 .
Todos os grandes pensadores gregos, dende Tales ata os sofist as, especularon exclusivam ente
sobre o mundo físico, eran físicos que intent aban comprender o mundo. En cant o ao home, non
semellan experimentar ningunha necesidade de coñecelo e déixano, máis ou menos
sistematicamente, fóra das súas especulaci óns. Só con Sócrates, é dic ir, nunha época moi
tardía, o espírito humano convértese en obxecto de reflexión e, consecuentemente, de ensino.
Se a reflexión grega versou primeiro, e dun m odo case exclus ivo, sobre o mundo, debíase a que
o mundo era entón, para a opinión pública, algo e xcelente e santo.
En efecto, o mundo era considerado divino, ou má is ben, o ámbito mesmo das divindades. Os
deuses non están fóra do mundo, están nas cous as, e non hai cousas nas que non residan. Por
iso, considerábase ao home, á mente humana, como algo profano e de pouco valor. Para o
cristianismo, pola contra, o sagr ado e incomparábel é a mente, a c onciencia do home, porque a
alma -este principio da nosa vida interior-, é unha emanación directa da divindade. O mundo
defínese pola materia, e a materia é algo prof ano, vil, degradante, é o antagonis ta do espírito, a
fonte do mal e do pecado. As relixións da antigüi dade son, ante todo, sistemas de ritos que teñen
por obxecto esencial asegurar o ritmo normal do universo par a que o trigo xermole e dea a
colleita abundante, par a que os ríos flúan; pola contra, a relixión cristiá ten a s úa sede no home
mesmo, na alma do home. Relixión esencialmente i dealista, o seu deus aspira a reinar no mundo
das ideas, no mundo das almas e non no mundo dos corpos 184 .
183 António Amorim, op. cit., pp. 87-88.
184 Emile Durkheim, Historia de la educación y de las doctrinas pe dagógicas. La evolución pedagógica en
Francia , Madrid, Las ediciones de la Piqueta, 1982, pp. 351-352.
2. As raíces do código disci plinari o da Física e química
105
Posto que segundo a opinión unánim e -baseada na concepción cr istiá- a educación ten por
obxecto, ante todo, desenvolver no neno os pr incipios de humanidade que se atopan nel, nin
sequera debía vir á mente a idea de que a natureza e as ciencia s da natureza puideran servir
para este obxectivo. Só poderían desvialo. Ensi nándolles as leis da fís ica ou da química non se
lles ensina a dirixir mellor o seu pensamento, nin a regular mellor a súa conduta. Semella inclus o
que hai unha especie de contr adición e de profanació n en querer formar así ao home e á súa
conciencia na escola da natureza, a parte máis nobre do real co modelo do máis baixo 185 .
Para que as cousas puideran por último chamar a atención, para que se percibira por fin o
interese que tiña ensinarllas aos nenos, a concienc ia pública tiña que rec oñecerlles un valor que
durante moito tempo se lles negara. Así chegou un momento no que os intereses relixiosos e
morais xa non foron os únicos que s e tiveron en c onta, en que os in tereses económicos,
administrativos e políticos, cobraron demasiada importancia para que se puidera continuar
tratándoos como cantidades desprezábeis das que o mestre non tiña que preocuparse na
escola. A partir de entón vaise medir o interese que conviña atribuírlles, tomando como punto de
referencia non só os intereses morais má is altos que podían perseguir os homes, senón tamén
as necesidades vitais da sociedade, as c ondicións que son indispensábeis para o seu bo
funcionamento.
Experimentouse a necesid ade de engadir, de sobr epoñer á cultura puramente espiritual que se
lles dera ata entón, unha cultura te mporal que preparase mellor aos mozos para a vida real.
Agora ben, para isto había que obrigarlles a sa ír dese mundo de puros ideais onde se lles
mantivera ata ese momento, para poñelos en c ontacto coa realidade e principalmente coa
natureza e, dese modo, as cienc ias da natureza cobraron un inte r ese que durante moito tempo
se lles negaran. Esta nova concepción pedagóxic a produciuse por primeira vez nos medios
protestantes e, especialmente, nos paíse s alemáns que continuaron a ser o seu terreo
predilecto. Lutero non tiña en m odo algún un entusiasmo comparábel ao de Erasmo polas letras
clásicas, nin ao que tiñan os grandes humanistas dos países latinos 186 .
Os métodos e técnicas practicados nas primei ras universidades seguír onse usando nos séculos
seguintes e mantivéronse ata o século XV, baseados no recurso á lectura e no comentario dun
determinado texto, seguido dunha repetición ou revi sión da materia xa vista, e rematando cunha
discusión aberta, a collatio , ao estilo de conferencia dial ogada. As leccións dividíanse en
ordinarias , pola mañá e sobre materias regulares do curso escolar, e extraordinarias , pola tarde
ou en días festivos e que versaban sobre asuntos ex tracurriculares. As primeiras eran impartidas
polos mestres de facultade, mentres que as se gundas eran confiadas a bachareis. Estes dous
185 Emile Durkheim, op. cit., p. 353.
186 Emile Durkheim, op. cit., pp. 354-355.
112
Máis alá do citado plan de 1807 para as unive rsidades, o sistema educativo español mantén
diferenzas disciplinarias no Dictamen sobre el Proyecto de De creto de arreglo general de la
Enseñanza pública , de 7 de marzo de 1814, no que mesm amente se estabelece un curso de
Física Xeral e outro de «Química e mineral oxía aplicada ás artes e oficios», no que
manifestamente se aposta por outro achegamento. O Reglamento general de Instrucción
Pública , aprobado por Decreto das Co rtes o 29 de xuño de 1821 dispón no seu artigo 24 que
todas as Universidades de provincia do rei no contarán cunha cátedra de física e outra de
química, mantendo a diferenza histórica.
O Plan literario de Estudios y arreglo general de las Univerisdades del Reino , aprobado por real
orde de 14 de outubro de 1824, es tipula no artigo 36 que no s egundo ano da facultade de
Filosofía, por igual tempo mañá e tarde, daranse leccións de física xeral e particular en todos os
seus ramos, dedicando unha parte pola tarde ao estudo da Astronomía física. A única concesión
á progresiva aproximación das materias apar ece no artigo 41 cando sinala que «Onde hai
estabelecidas cátedras de Física experimental con máquinas competent es para o seu ensino,
combinarase este co da Química, da cal o mesm o catedrático dará lecc ións prácticas dúas
tardes en cada semana, procurando a Univer sidade proporcionarlle un pequeno laboratorio».
O Plan General de Instrucción Pública , aprobado por Real decreto do 4 de agosto de 1836
[coñecido coma Plan do Duque de Rivas], é o prim eiro documento da adminis tración educativa
española no que se recolle o agrupamento das dúas materias. O artigo 28, que trata da
instrución secundaria pública el emental, dispón que esta compr enderá, entre outras materias,
«Física e química», situación que despois sería contemplada nos plans posteriores.
Existen referencias da progresiva confluencia das disciplinas, incorporadas xa como unha únic a
materia nos institutos que se foron creando antes da aprobación do plan Pi dal, «(...) éntrase con
interese no estudo da física e a química: estas dúas cienc ias, asociadas xa en case todas as
escolas, constitúen un ramo tan ameno (...)» 202
202 Olayo Díaz, «Discurso pronunciado el día 1º de Novi embre de 1842 por Don Olayo Díaz en la apertura del
Instituto de segunda enseñanza de la ciudad de Lérida», Boletín Oficial de Instrucción Pública , t. V, 1843, p. 69.
3. A segunda en sinanza en Europa e o ensino da física e da química.
Modelos, conc recións e medios. Referenci as compar ativas
113
Capítulo III
A segunda ensinanza en Europa e o e nsino da física e da química.
Modelos, concrecións e medios . Referencias comparativas
3.1. O CONCEPTO DE SEGUNDA ENSINA NZA. ASPECTOS IDEO LÓXICO-EDUCATIVOS
3.1.1. A institucionalizac ión da educación secundaria e a súa sistematización
3.1.2. Educación secundaria e educ ación industrial. Definindo modelos
3.2. A SEGUNDA ENSINANZA EN EU ROPA. REFERENCIAS COMPARATIVAS
3.2.1. O modelo educativo prus iano. Características xerais
3.2.2. O modelo educativo francés. Características xerais
3.2.3. O modelo educativo port ugués. Características xerais
3.2.4. O modelo educativo británico. Características xerais
3.2.5. Visión xeral sobre o m odelo educativo doutros países europeos
3.3. AS POSÍBEIS REFERENC IAS: A FÍSICA E A QU ÍMICA NOS CURRICULA DA
EDUCACIÓN SECUNDARIA EURO PEA NO PERÍODO PREVIO Á CONCRECIÓN DO MODELO
EDUCATIVO ESPAÑOL PARA O ENSINO SECUN DARIO
3.3.1. A física e a química no curricu lum da educación secundaria en Prusia
3.3.2. A física e a química no curricu lum da educación secundaria en Francia
114
3. A segunda en sinanza en Europa e o ensino da física e da química.
Modelos, conc recións e medios. Referenci as compar ativas
115
3.1. O CONCEPTO DE SEGUND A ENSINANZA. ASPE CTOS IDEOLÓXICO-EDUCA TIVOS
Dende a perspectiva actual non result a doado fixar o concepto de segunda ensinanza [ ou
ensinanza secundaria], discutido a finais do sécu lo XVIII e formulado e estabelecido ao longo do
XIX. A subxectividade e a influencia ideolóxic a na súa concepción, xunto á transformación
educativa experimentada polo devandit o concepto ao longo da historia, permiten a coex istencia
de distintas acepcións 1 .
A necesidade de cubrir o baleiro educativo entre as escolas de primeiras letras e os estudos
universitarios, xa estaba pr esente na universidade tradicional antes das reformas do último terzo
do século XVIII, pero estas etapas educativas consti tuían graos menores dentro da formación
superior ou eran impartidas en centros privados, moi escasos en número. A orixe do concepto
«educación ou escola secundaria» para cualificar contidos educativos impartidos entre a
ensinanza primaria -ou de prim eiras letras- e a universitaria, hai que buscala na reforma
educativa francesa aprobada pola lei do 1 de maio de 1802 2 .
Baixo ese concepto de ensinanza secundaria englobaríanse aquelas ensinanzas que, dando por
supostas as primeiras letras, non chegan á cat egoría de universitaria, ben porque constitúan
unha etapa indispensábel para o acceso á univers idade, ben porque a súa finalidade se limite a
uns coñecementos prácticos ou de educación xe ral que non acadan a consideración de estudos
superiores 3 . Nesta situación atoparíanse os estudos de latinidade, fosen públicos ou privados,
seculares ou conventuais, a ensinanza impartida en colexios non universitarios ou en seminarios
eclesiásticos ou nobiliarios, as escolas profes ionais fundadas polas Soci edades Económicas, os
colexios de humanidades, etc. Podemos dicir, como referent e, que estes estudos encadrábanse
«grosso modo» no período de idade co mprendido entre os nove/dez e os doce/quince anos, se
ben podían chegar ata os 18 anos dependendo dos países.
A posíbel orixe da palabra bacharel podería situarse en que nos di stintos ofic ios recibían este
nome os mozos que, estando en condicións de desempeñar o oficio, non eran aínda mestres
xurados. Aplicouse tamén a palabra aos xentís homes que, sen estar en condicións de izar
bandeira, formaban na de outro, nun rango intermedio entre cabaleiro e escudeiro. Xa no século
XV se empezou a aplicar esta ver ba aos estudantes que tiñan un grao intermedio entre o escolar
1 Fernando Vea, Las matemáticas en la enseñanza secundaria en España en el siglo XIX , Z aragoza,
Seminario de Historia de la Ciencia y de la Técnica de Aragón-Facultad de Ciencias (Matemáticas), 1995, t. I, p. 93.
2 Bruno Belhoste, Les sciences dans l´enseigne ment secondaire français. Textes officiels, tom e I: 1789-
1914, París, INRP-Éditions Économica, 1995, p. 77.
3 Aguilar Piñal, «Entre la Escuela y la Universi dad: La enseñanza secundaria en el XVIII», en Riviere Gómez
(Dir.), La Educación en la Ilustración Española , Número extraordinario de Revista de Educación , Madrid, Ministerio
de Educación y Ciencia, p 227.
116
e o mestre 4 , e a partir da creación dos in stitutos esta titulación asociouse definitivamente á
superación do ensino secundario.
A concepción do ensino c omo servizo público abr íase paso lentamente fronte á concepción
tradicional que o encadraba na beneficencia social, fundamentalmente eclesiástica. Este proceso
de secularización que empeza no século XVIII tivo continuidade durante boa parte do XIX. Os
ilustrados, que vían na educación o método máis útil para lograr a felicidade e o progreso, non
incidiron tanto no significado da segunda ensin anza como estudos preparatorios para as
facultades maiores, canto en consideralo un ni vel educativo que elevas e a cultura media da
nación e formase ao home 5 .
Jovellanos, na súa Memoria sobre Educación Pública 6 , xa fai referencia á necesidade de espallar
por capitais e pobos, centros que impartan «aquel es estudos sen os cales a educación dos
mozos sería imperfecta»; pero o concepto innov ador de segunda ensinanza ap arece oficialmente
recollido por primeira vez no Estado español no Dictamen sobre el proy ecto de Decreto de
arreglo general de la Enseñanza pública , do 7 de marzo de 1814 7 , elaborado pola Comisión de
Instrucción pública emanada das Cortes de Cádiz. Neste documento reflíctese claramente o
concepto e a importancia da segunda ensinanza , sendo tamén un fiel reflexo da situación
educativa vivida nos séculos precedent es -que aínda se prolongaría coa volta de Fernando VII-,
e das súas consecuencias:
(...) A falta desta segunda ensinanza é, no sentir da Comisión, a principal causa do atraso no que se atopa a
educación na nosa Monarquía; porque nesta Nación, tan favorecida da natureza e tan distinguida polo
enxeño dos seus habitantes, case se carecía absolutamente du nha segunda educación, intermedia entre a
nenez e a que servía para unha profesión literaria. De aquí resultaba que, ao saír das escolas de primeiras
letras, todos os que tiñan que d edicarse ás artes, ao comercio e a outras profesións útile s, os que ían a
ocupar a maior parte dos destinos estabelecidos para o bo réxime da sociedade, e cantos desexaban
adquirir unha instrución xeral, útil a todas as clases e necesaria e n todas as épocas da vida humana, víanse
privados da esperanza de conseguilo por non atopar estabelecementos públicos nos que se lles franquease
a conveniente instrución. Só os que ían a estudar o que chamamos «facultades maiores» atopaban clases
costeadas polo Estado para inst ruírse nelas; pero aínda estes mesmos resentíanse ben presto d a falta dun
ensino preliminar ou preparatorio que os tivese dis posto a cult ivalas con froito. Ninguén emprendeu o seu
estudo sen notar este baleiro de instrución que atras ou os seus progresos, por ter aínda f eble o seu
entendemento e pouco acostumado a raciocinios abstractos (...)
4 Emile Durkheim, Historia de la educación y de las doctrinas pedagógicas. La evolución pedagógica en
Francia , Madrid, Las ediciones de la Piqueta, 1982.
5 E. Guerrero (c omp.), Historia de la educación en España: textos y documentos. I. Del Despotismo Ilustrado
a las Cortes de Cádiz , Madrid, Ministerio de Educación y Ciencia, 1985, 2ª ed., pp. 20 a 31 e 37 a 46.
6 Publicada en 17 97 e reproducida parcialmente en E. Guerrero (comp.), op. cit. , p. 364.
7 Reproducido en Julio Ruíz Berrio, Política escolar de España en el sig lo XIX (1808-1833), Consejo
Superior de Investigaciones Científicas, Madrid, 1 970, pp. 363-379 [Orixinal en castelán].
3. A segunda en sinanza en Europa e o ensino da física e da química.
Modelos, conc recións e medios. Referenci as compar ativas
117
A idea dos liberais sobre a segunda ensinanza in corpórase xa ao esquema do sistema educativo
con rango propio en obxectivos, contidos e alcance social 8 . Esta etapa educativa converteuse no
eixe central do seu interese ideolóxico-educativ o, como o demostran as sucesivas reformas dos
plans de estudo e as xustificacións que as acompañan.
A segunda metade do século XVIII vira nacer, no n sen dificult ades e frustracións, o ensino
profesional especializado en inst itucións propias; deste xeito as posibilidades educativas
incrementáranse coas escolas de náutica, debux o, química, etc., creadas polas Xuntas de
Comercio ou polas Sociedades Económicas de Amigos do País 9 . Como alternativas de carácter
profesional á aprendizaxe clásica do latín te mos que mencionar, antes de 1821, en Galicia: a
Academia de Guarda Mariñas de Ferrol (1776), as escolas de Náutica e Matemáticas vinculadas
ao Real Consulado de A Coruña (creado en 1785), o Colexio Mi litar de Santiago (1811), e os
Colexios prácticos de Cirurxía (1799) e Fa rmacia (1815), ambos os dous en Santiago.
A partir de 1820 aparecen ben perfiladas as tendencias políticas que im perarán durante case
todo o século: o absolutismo, o liberalismo m oderado e o liberalismo radical ou democrático,
cada unha delas cunha concepción definida sobre o sistema educativ o en xeral e sobre o ensino
secundario en particular. Dende es te punto de vista, e fronte ao inmobilismo e integrismo das
posturas absolutistas, os liberais radicais apostaron pola gratuidade da instrución pública en
todos os seus graos e polo principio de liberdade absoluta para a creación de centros de primeira
e segunda ensinanza. Os liberais moderados aba ndonan o principio da gr atuidade absoluta, que
só se reservará para algúns casos da prim eira ensinanza, e rematan propoñendo a segunda
ensinanza como un ensino non terminal, sen autonomía, e deseñado exclusivamente com o
preparación e camiño universitario.
O proceso lexislativo móstrase moi pouco útil para a consecución das nec esarias reformas
educativas. O 20 de maio de 1838 o Ministro da Gobernación l eu no Congreso dos Deputados
un proxecto de lei sobr e o ensino intermedio e superior que, despois de discutido e aprobado
8 Véxase Antonio Viñao, Política y educación en los orígenes de la España Contemporánea. Examen
especial de sus relaciones en la enseñanza secundaria , Madrid, Siglo XXI, 1982, pp. 432 a 467.
9 Con anterioridade, no que respecta ás cátedras de Gramática existentes no país, pode consultarse o
completo estudo do profesor Antón Costa sobre as cátedras e colexios de Gramática e Humanidades [Antón Costa
Rico, Historia da educación e da cultura en Galicia , Vigo, Xerais, 2004, pp. 548-564]. De singu lar interese resulta o
cadro cronolóxico que reflicte a evolución e características deste s estudos en Galicia.
Segundo o autor, estas cátedras pretendían asegurar unha fo rmación no campo do dominio lingüístico do lat ín,
aínda que tamén do castelán, a través do estudo gramatical que se a compañaba dalgunha formación literaria en
relación con algúns autores latinos clásicos. Complem entariamente podían impartir algunha formación nos dominios
da retórica, xeografía e da historia, caso má is infrecuente de no n ser nos colexios de xe suítas, considerándose esta
formación a modo de requisito para continuar cara os estudos eclesiásticos ou universitarios, ou mesmo para
exercer responsabilidades profesionais non mecánicas. Este s estudos, cando existiron, víronse sometidos a unha
pésima organización e didáctica.
118
nesa Cámara, naufragou no Senado, polo que fo i retirado polo goberno. A pesar da
inestabilidade política, o 13 de xullo de 1841 o Mini stro de Gobernación present a, outra volta, un
proxecto de lei coas mesmas intencións, que fo i informado por unha comi sión «activa e celosa»
e que, na valoración dos sectores políticos e pr ofesionais favorábeis á reforma, «satisfacía
convenientemente as máis altas necesidades entrambas ensinanzas» 10 .
A batalla sobre o carácter que debía ter o ensi no secundario está pr esente permanentemente no
debate educativo, como acontece con ocasión da presentación do citado proxecto de lei do
ensino intermedio e superior en 1841. Dende o Boletín Oficial de Instrucción pública , publicación
que consideramos clave na reforma educativa acont ecida a mediados do s éculo XIX e na que os
sectores políticos renovadores van ter unha canle de expresión e convencemento 11 ,
manifestábase a desconformidade c o cualificativo de «i ntermedia», xa que podía entenderse só
como preparatoria para a universidade, s eguindo o modelo que daquel a imperaba no Estado
francés. Posto que, como dicía o proxecto, debí a servir para a cultur a xeral, atendidas as
necesidades especiais dos pobos e das clases produtoras, «non vemos pois razón suficiente
para deixar de chamarlle segunda ensinanza ou secu ndaria coma se chama en todas partes, a
que en realidade é segunda [ despois da primaria], e non sempre é intermedia 12 . Apoiábase a
creación de institutos 13 en todas as provincias, aínda que semellase unha empresa complex a
pola dificultade das provincias para dispoñer de recursos.
10 «Parte no oficial. Instrucción se cundaria», Boletín Oficial de Instrucción pública , tomo VII, 1844, p. 488. No
artigo faise unha comparación entre as iniciat ivas lexi slativas de reforma do sistema educativo en Francia e en
España, das dificultades atopadas nos dous estados, e való rase a necesidade de coñecer ben o caso francés p ara
aproveitar a experiencia allea en dificultades parellas.
11 O Boletín Oficial de Instrucción Pública nace e n xaneiro de 1841 baixo os auspicios da Dirección General
de Estudios , que nomeará unha Comisión espe cial encargada da inspección directa do Boletín e de nomear ao seu
editor. A parte oficial do Boletín recolle datos est atísticos, proxectos, informes e toda a información e disposición s
que emanan da Dirección Xeral, mentres que na parte non oficial «consentirase a oportuna liberdade de opinións,
gardándose escrupulosamente a gravidade e o decoro que o cará cter e obxecto do periódico fan indispensábeis. As
doutrinas que se sosteñan nesta parte consideraranse polo tant o como propias enteiramente dos escritores que se
encarguen deste traballo ou contribúan a el con noticias, ob servacións e discursos».
Suprimida a Dirección Xeral de Instrución Pública, a Comisión encargada da edición do Boletín quedará formada en
novembro de 1843 polo Marqués de Valgornera , por Pablo Mont esino e por Antonio Gil de Zárate, futuro Di rector
Xeral de Instrución Pública e peza chave nas reformas educativa s que se aveciñaban. O dobre carácter do Boletín ,
oficial e non oficial, permitía inco rporar visións parcia lmente críticas dende dentro do propio sist ema e incentivar as
reformas propostas polos sectores máis avanzados. Formalmente aberto á liberdade de opinión, a Comisión da que
dependía -claramente decantada pola reforma-, filtra e orienta o tipo de opinións que se recollen.
12 «Parte no oficial», Boletín Oficial de Instrucción pública , tomo III, 1843, pp. 180-181.
13 Segundo se expresa nesta publicación, a Dirección Xera l de Estudos preferiu o nome de «institutos» ao de
«colexios» para evitar a idea de comunidade de vida en casa determinada que le vaba de seu [daquela] o nome d e
colexio. Queríase dar a entender que non se consi deraban convenientes os estabelecemen tos destinados ao
sostemento e ensino de alumnos internos, ten do que ser estes administrados e dirixidos polo Goberno e no seu
nome [aclárase que esta idea non contradí a conveniencia de que particulares ou concellos tomen ao seu cargo
empresas desta clase]. «Parte no oficial», Boletí n Oficial de Instrucción pública , t omo III, 1843, p. 182.
3. A segunda en sinanza en Europa e o ensino da física e da química.
Modelos, conc recións e medios. Referenci as compar ativas
119
A presión deste grupo reformista era persistente e cun grande eco nos sectores máis sensíbeis
do goberno, reiterando cada certo tempo as súas posicións nunha publicación tan influínte como
o Boletín Oficial de Instrucción Pública :
A reforma, ou con maior propiedade a creación da segunda ensinanza como preparatoria para os estudos
superiores, e sobre todo como medio de proporcionar a instrución ou educació n industrial tan descoñecida
entre nós, é sen dúbida de urxente necesidade; en primeiro lugar porque carecendo dela no n é posíbel
arranxar acertadamente, nin obter os resultados que se agardan dos estudos médicos e de xurisprudencia
(...); e en segundo lugar porque sen este medio non podemos prometernos adiantos positivos e
correspondentes ás necesidades da civilización actual , e sería inútil falar de prosperidade pública (...) 14 .
Javier de Quinto 15 é unha das persoas que desde un prim eiro momento defende a xeneraliz ación
do ensino secundario aos propietarios e artes áns, o que el chamaba as clases medias:
Despois dos estudos primarios que instrúen ás masas do máis necesario e indispensábel para a vida, hai
unha infinidade de obxectos útiles en alto grao ás artes e aos o ficios, á cultura das familias medianamente
acomodadas, ao desenvolvemento das súas indu strias , á felicidade en suma de clases numerosísimas.
O propietario necesita algo máis que ler, escribir e cont ar para dirixir con avanta xe as súas facendas e para
mellorar o cultivo das súas terras: nuns puntos, nocións de agricultura, coñecemento da natureza e
necesidades do gando noutras, e en todos unha tintura s equera do mundo fí sico, das súas leis principais,
das causas e efectos dos fenómenos atmosféricos máis frecuent es no país 16 .
Pola súa banda, Gil de Zárate matiza:
Despois da primaria, a segunda ensinanza é a parte máis importante da Instrución pública. Non ten o
carácter de xeneralidade que aquela, posto que n on é indispensábel á todos, pero exerce maior influenza no
mundo civilizado. Se prescinde das masas populares, diríxe se ás clases alta s e medias, isto é, ás máis
activas e emprendedoras; ás que se atopan apoderadas dos principais postos d o Estado e das profesións
que máis capacidade requiren; ás que le xislan e gobernan, ás qu e escriben, inventan, dirixen e dan impulso
á sociedade, conducíndoa polas diferentes vía s da civili zación; en suma, ás que son a alma d as nacións,
conmoven aos pobos e causan a súa felicidade ou a súa desgraza. A segunda ensinanza é a que procura a
estas clases o desenvolvemento intelectual necesario para alcanzar tan elevados fins; a súa transcendencia
é polo tanto inmensa, se a consideramos baixo o punto de vista social e humanitario.
14 «Parte no oficial», Boletín Oficial de Instrucción pública , tomo VI, 1843, p. 363 [orixinal en castelán].
15 Secretario da Dirección General de Estudios dende 1836 e p osteriormente do Consejo de Instrucción
Pública . A partir de 1844 dirixe e redacta o Boletín Ofic ial de Instrucción Pública , no q ue xa colaboraba
habitualmente. Este posto reflicte a confianza que Antoni o Gil de Zárate tiña nel, xa que formaba parte da comisió n
que o nomeou. Javier de Quinto é unha perso a chave no pr oceso da reforma educativa vivido en España cara a
metade do século XIX, especialmente no que se refire ao ensino secundario.
16 J. de Q., «De la Instrucción intermedia y de los medios de mejorarla», Boletín Oficial de Instrucción
pública , tomo I, 1841, p. 269, [orixinal en caste lán].
120
(...) Todos os demais estudos limítanse a formar especialidades út iles para diversos obxectos e
necesidades; pero a instrución secundaria exerce o seu influxo en toda a sociedade, sendo, por así dicilo, o
sangue que corre polas veas para darlle vida e enerxía, a sai ba que fai medrar e frutificar a árbore da
civilización(...) 17 .
A opinión xeneralizada dos prof esionais da educación a mediados do pasado século, era moi
crítica con períodos anteriores e bastante co mpracente coas reformas que deran lugar á
moderna ensinanza secundaria -a índa que non faltaran al gunhas críticas a aspectos concretos-.
Nas Memorias dos institutos galegos poden atoparse numerosas valo racións como a expresada
en 1866 por Francisco Fariña, director do Instit uto de Lugo dende 1848:
(...) En maior atraso e decadencia atopábase aínda o ensino se cundario: basta lembrar en proba diso que en
1825, época na que o Goberno expediu o primeiro Regulament o que empezou a organizala, creando os
primeiros estabelecementos lite rarios para difundila baixo a d enominación de Colexios de Humanidades,
estaba concretada case exclusivamente nas Universidades e Seminarios, e reducida aos estreito s lindes do
latín, algo de psicoloxía, lóxica e ética, e un pouco de física puramente teórica, incapaz de producir as
posteriores aplicacións que hoxe admiramos 18 .
A valoración dos obxectivos acadados e a crítica das deficiencias -inev itabelmente marcada pola
ideoloxía política-, non faltaron nas interv encións das autoridades académicas nin nas
publicacións oficiais. Algúns escritos, como o redactado polo secret ario da universidade de
Santiago e asinado polo reitor no Anuario para el curso 1859 á 1860 , permítenos unha visión
global do desenvolvemento da segunda ensinanza en Galicia: no curso de 1858 concluíran os
estudos de segunda ensinanza 90 alumnos nos ca tro institutos galegos, inscribíndose 78 nos
primeiros cursos da universidade 19 . Tendo en cont a que algúns puideron facelo noutras
universidades ou na Teoloxía dos Seminarios, se mella claro que os al umnos só acudían aos
institutos como vía de acceso á universidade, e afirmábase:
Cando se acuda aos institutos a adquirir os coñecement os máis indispensábeis para o exercicio de certas
profesións que non poderán mellorarse sen o seu auxilio; cando os nosos propietarios e labregos
comprendan a utilidade de aplicar á agricultura os progresos das ciencias; cando a industria, o com ercio e as
artes teñan alí os elementos necesarios para que sexan máis útiles os traballo s dos que a estes ramos se
dedican; cando os estudos e stean ligados de maneira que haxa o con veniente enlace entre elas e a s
17 Antonio Gil de Zárate, De la Instrucción pública en España , t. II, Oviedo, Pentalfa ediciones, 1995
[impresión facsimilar da orixinal, Madrid; Imp. del Colegio de Sordomudos, 1855], pp. 1-3.
18 Instituto Provincial de Lugo, Memoria leída en la apertura del c urso académico de 1866 á 1867 en el
Instituto Provincial de Lugo (...), Lugo, Imp. de Pujol y Masiá, 1866 [orixinal en castelán].
19 «Instrucción secundaria», Memoria del estado de la Instrucción pública en el Distrito de Santiago. Anuario
para el curso 1859 á 1860, Santiago, Manuel Mirás, 1860, pp. 18-36. O texto que se cita te xtualmente corresponde á
páxina 32 [orixinal en castelán].
3. A segunda en sinanza en Europa e o ensino da física e da química.
Modelos, conc recións e medios. Referenci as compar ativas
121
especialidades de varias carreiras superiores que os requiren, facendo así in necesario acudir a leccións
privadas para adquirilos; cando en fin a organización dos institutos sat isfaga estas xustas pr etensións,
prestarán maiores servizos sobre os moi grand es que ofrecen no día, e atraerán as súas au las a maior
número de alumnos.
A outra visión, máis finalista e menos social, obsérvase na circular remitida aos reitores e
asinada por Corvera o 22 de agosto de 1861 20 . Dise nela que a segunda ensinanza vai
encamiñada a que os alumnos adquiran, dos 10 aos 15 anos, os coñecementos elementais,
literarios e científicos que, espertando e des envolvendo o seu entendem ento, os preparen
convenientemente para o cultivo no máis alto gr ao das ciencias e de t odo xénero de literatura.
A revolución de 1868 supuxo un importante cambio nos obxectivos buscados polas distintas
etapas educativas e a súa clarificación e formulac ión explícita. Segundo o profesor Otero Urtaza,
os retos que ten que afrontar o ensino secundario neste período son: transformar uns estudos de
elite dirixidos unicamente á burguesía e á ol igarquía agraria nunha et apa educativa destinada a
todas as clases sociais; trasladar a tradicion al vinculación do ensi no medio coa universidade
buscando estabelecer, co ensino primario, un sistema de educación básica; asentar o seu
carácter público facendo que o Estado o asuma ao seu cargo fr onte á Igrexa e aos colexios
privados; resolver a polémica entre a educación confesional e a liberdade de concienc ia; aclarar
as contradicións entre as cienc ias e as human idades na elaboraci ón dos plans de estudo;
cambiar nestes o método concéntrico polo cíc lico progresivo; desenvolver no curriculum a
observación e habilidade coas mans fronte a un saber exclusivamente verbal; coordinar a
necesidade de ofertar unha completa educación xe ral coa orientación cara as distintas
profesións, e rematar coa exclusiva educac ión masculina admitindo no ensino secundario á
muller 21 .
Cómpre facer notar que, ata agora, falamos dun ensino dirixido aos homes , onde a preocupación
pola educación da muller se restrinxe -no mellor dos casos- á lectura, ás labores domésticas e ás
artes tradicionais, sempre desenvolvidas no ám bito do ens ino privado. Será en 1871 cando as
primeiras mulleres se presenten para matricularse nos institutos de Barcelona e Huelva, aínda
que só para asistir aos exames, non ás clase diaria s . Un caso excepcional, e como tal cómpre
sinalalo, foi o de Concepci ón Arenal quen, no ano 1841, semella que conseguiu acceder á
Universidade de Madrid -e permanecer estudando nela-, aínda que para logralo tivera que
vestirse de home.
20 Gaceta de Madrid , 26 de agosto de 1861.
21 Eugenio Otero Urtaza, «Os problemas da educación secundaria entre 1868 e 1 900. O instituto de Lugo no
Sexenio Revolucionario», en CL Aniversario d o Instituto Provincial de Lugo, Lugo, Serv. de Publ. da Excma.
Deputación Provincial de Lugo, 1994, pp. 58-59.
224
ramas que se dirixen a distintos fins». Segundo os estudos predominantes diferéncianse neste
nivel superior dúas seccións: ciencias e letras; as materias que abarcan estes estudos e que
sexan convenientes en cada caso, engadiranse ás da ensinanza elemental.
A segunda ensinanza elemental e a de ampliaci ón constitúen xuntas, segundo o artigo 8 do
decreto, a Facultade de Filosofía [de carácter menor, xa que se afir ma que nela «haberá graos
académicos como nas facultades maiores»]. Pa ra ser admitido ao grao de Bacharel era
necesario aprobar a segunda ensinanza elemental, e para poder ser Licenc iado en Cienc ias ou
Letras os bachareis debían seguir dous anos máis de estudos.
O Real Decreto fixa definitivamente o nome de in stitutos para os centro s nos que se imparte o
ensino secundario, e determina tres categorías: de primeira clase ou superiores [ademais da
ensinanza elemental imparten, polo menos, dúas materias das de ampliación], de segunda clase
[imparten a totalidade da ensinanza secundaria elem ental], e de terceira clase [só imparten parte
da mesma]. Cada instituto provincial tería un direct or [elixido polo goberno] e a reunión de todos
os profesores formaría o Claustr o; os institutos superiores unido s ás universidades formarían a
facultade de Filosofía, que tería o seu claustro formado polos seus doutor es e un decano propio.
Cada provincia debía contar cun instituto -o tipo viría determinado polos rec ursos-, que se
custearía co produto das matrículas e depósit os para o título de bacharel, coas rendas de
fundacións e obras pías que sobr aran das aplicadas á educación pr imaria, e coas cantidades
consignadas no orzamento prov incial cando non c hegasen os fo ndos antes citados. Onde xa
existía unha universidade, o inst ituto debía ser forzosamente superior, custeado polo goberno -
como a universidade-, pero con axuda provincial.
Os estabelecementos privados, dirix idos por per soas particulares, non podían levar o nome de
institutos [senón o de colexios, liceos,...], per o podían ser das tres categorías fixadas para os
institutos. Para que os estudos cursados en cen tros privados tiveran va lidez, debíase facer un
exame especial no instituto ao que o c olexio esti vera incorporado. Os centros serían visitados
regularmente polo director do instituto, polos inspectore s nomeados ao efecto, ou pola
autoridade superior da provincia.
Resulta de interese a visión histórica do lexisl ador con respecto aos contidos do ensino
secundario, que determinará en gran medida este pl an. Así, no preámbulo do Real Decreto dise:
No antigo fixaba case exclusivamente a atención o e studo do Latín, que con algúns coñece mentos de
filosofía escolástica viña a constituír a nosa s egunda ensinanza. Botáronse logo de menos as ciencia s
exactas e naturais, cuxo aband ono foi tan funesto á industria española; e desp ois de varios ensaios fe itos
con non moi feliz éxito, caeuse no extremo contrario, abandonándose case de todo o estudo das
humanidades, e pretendendo converter aos nenos puramente en físicos e matemáticos. ¿Que resultou de
4. A fase constituín te do código discip linario da Física e
química no Estado españ ol
225
aquí? Sen conseguirse o último, perdéronse os estudos cl ásicos, e a nosa literatura actual reséntese por
desgraza de tan fatal abandono (...)
(...) O proxecto estabelece pois que o estudo do latín non se interrompa mentres dure a segunda ensinanza,
e que á par se faga o da lingua patria, que tanto apoio debe atopar no primeiro. [Orixinal en castelán]
En consec uencia, fací ase a seg uinte distrib ución:
ENSINANZA SECUNDARIA ELEMENTAL
Primeiro a no
1ª. Gramática castelá - Rudi mentos de l ingua lati na
2ª. Exercici os de cálc ulo arit mético - Noci óns eleme ntais de xeom etría - Eleme ntos de xeo grafía
3ª. Mitoloxía e principi os de historia xer al
Segundo ano
1ª. Lingua c astel á - Lingua lat ina, si ntaxe e p rincipios da traduc ión
2ª. Principios de moral e relixi ón
3ª. Continu ación da Hi storia e con especia lidade a de Espa ña
Terceiro ano
1ª. Continu ación d as linguas castelá e latin a; exercici os de tradu ción e c omposici ón en am bos o s
dous idiom as
2ª. Principios de psicolo xía, ideo loxía e lóx ica
3ª. Lingua fra ncesa
Cuarto ano
1ª. Continu ación da ling ua castelá; trad ución dos c lásicos l atinos; comp osición
2ª. Compleme nto da aritmética; álx ebra at a as ecuaci óns de segundo grao inclusi ve; xeom etría;
trigonometría r ectilínea; xe ometría práctic a
3ª. Continua ción da lingua francesa
Quinto ano
1ª. Tradución dos clásicos latinos - Ele mentos de retóri ca e po ética - Composic ión
2ª. Element os de físic a con al gunhas noción s de quím ica
3ª. Nocións de hi storia na tural
Engadíase que durante os cinco anos de ensinanza elemental, p oderíanse facer ademais -pero
non coma estudo obrigatorio- o do debuxo lineal e o da figura. Tamén se sinal aba que, onde
puidera ser, habería un segundo profesor de ma temáticas elementais que, alternando co
primeiro, explicara aos que quixeran seguir este estudo o complemento do álxebra, a aplicación
desta á xeometría, ás seccións cónicas e aos principios do cálculo diferencial e integral.
226
Esta distribución, que encadra os estudos da físic a e química e da historia natur al no último dos
cursos do ensino secundario, será xa unha const ante durante todo o século XIX, con contadas e
curtas excepcións.
No que se refire á segunda ensinanza de ampliación, «a que pr epara para o est udo de certas
carreiras, ou serve para perfeccionar os coñec ementos adquiridos na elemental», proponse:
ENSINANZA SECUNDA RIA DE AMPLIACI ÓN. Sección de Cienci as :
Matemáticas sublimes
Química xeral
Mineraloxía
Zooloxía
Botánica
Astronomía física
Destas materias engadiríanse á ensinanza elemental as que se creran convenientes,
dependendo dos medios de cada estabelecemento e das necesidades de instrución públic a de
cada localidade. Existía unha sección de Letras que relacionaba dez materias coas que se
actuaba de igual xeito.
Nos centros privados, e no que se refire ás cienc ias , requiríase un profesor para a materia de
Física e química, outro para Xeograf ía e Mate máticas, e outro para impartir Mineraloxía,
Botánica e Zooloxía.
Mediante Real Decreto do 22 de outubro de 1845 72 , cobra vixencia o Reglamento para la
ejecución del Plan de Estudios decretado por S.M. en 17 de setiembre ultimo . Este regulamento
detalla polo miúdo o goberno xeral da instrución pública en todos os s eus niveis, o réxime interior
dos centros de ensino, as disposicións relativa s aos cursos literarios e aos métodos de ensino,
os graos académicos, todo o relativo ao ensin o priv ado, e cuestións básicas relacionadas co
alumnado e co profesorado.
Con respecto aos estudantes, no a rtigo 252 do Regulamento sinálase que:
Non ingresará en primeiro ano de filosofía elemental [refírese ao primeiro ano de ensinanza secundaria
elemental], ningún alumno que non teña feito os estudos dispostos no art. 4º do plan de instrución primaria [a
saber: Principios de relixión e moral; Lectura; Escritura; Principios de aritmética, é d icir, as catro regras de
contar por números abstractos e denominados; e El ementos de gramática castelán, dando a posíbel
extensión á ortografía], debendo, para acreditalo, sufrir o correspondente exame diante dos catedráticos do
instituto ou facultade. [Orixinal en castelán]
72 Gaceta de Madrid , 31 de outubro e 1, 2, 3, 4, e 7 de novembro de 1845.
4. A fase constituín te do código discip linario da Física e
química no Estado españ ol
227
Unha vez superados os cinco cursos da ensinanza elemental, os alumnos podían aspirar a obter
o grao de bacharel na súa re spectiva facultade: despois de ser admitido e pagar os
correspondentes dereitos, o aspirante tíñase que so meter a un exercicio público consistente en
contestar, durante dúas horas, as preguntas feitas por unha comisión de censura sobre as
materias que tivera que estudar. A comisión estaba formada por cinco catedráticos da facultade
ou instituto, presididos polo máis antigo.
Este regulamento fixaba a semana lectiva de seis dí as, de luns a sábado, e asignaba distinta
duración ás clases de cada materia (art. 147). As matemáticas impartíanse no primeiro curso [6
horas semanais] e no cuarto [9 horas semanai s]. No quinto curso da ensinanza elemental, que
en principio é o que máis nos interesa por incorpor ar as materias de maior contido «de ciencias»,
tiñamos a seguinte distribución:
Elementos de fí sica con algunhas no cións de química 9 horas se manais
Nocións d e historia natur al 3 horas sem anais
O curso completaría se cos es tudios de Tr adución dos clásicos
latinos - Eleme ntos de retór ica e poétic a - Composici ón
15 horas sem anais
O título VI da sección terceira do Regulamento refírese aos medios materiais de instrución con
que debían contar os estabelec ementos públicos de ensinanza 73 . Con respecto ás aulas, dise
que deben ser capaces, claras e ventiladas, que os asentos deben estar dispostos en forma de
anfiteatro e a cátedra do profesor con certa elev ación para «que poida descubr ir a todos os seus
discípulos, y sexa oído con clar idade». Todo centro de instruci ón pública debía contar cunha
biblioteca e un arquivo.
Para os institutos de segunda ensinanza e as fa cultades de Filosofía establécese a necesidade
de material de apoio no ensino das matemáticas e xeometría, da histor ia, da xeografía, da
historia natural e, por suposto, da física e a química. Con respecto a estas últimas materias dise
que os institutos e facultades de Filosofía terán (art. 173):
- Un gabinet e de física c on todos os a parello s que es ixe o ensino elem ental de sta ciencia
- Un laboratori o de química c os aparello s e react ivos necesarios
- Un patio ond e se poidan f acer as op eració ns químicas que esixe n o ar libre
No que se refire á preparación e condicións de acceso do profesorado resulta de interese
salientar que as oposicións ás cátedras de Física e química debían facerse en Madrid, e que
estaba contemplada a realizació n de exercicios prácticos.
73 No capítulo 5.1 deste traballo, dedicado aos gabinetes e laboratorios, reprodúcese, polo seu interese, o
título completo.
228
O plan de 1845 que acabamos de ver será xa reformado no seguinte curso. Aínda que se
mantén a vixencia do regulament o de outubro de 1845 [que fixa a duración das clases en función
da hora do día na que se imparten], ao variar o seu ordenamento m údase a súa dedicación
docente. Con todo, debemos resaltar que as variacións que se producen non son comparábeis
aos cambios producidos noutros tempos, manténdose unha estrutura básica.
As modificacións introducidas polo Plan de Estudos do 24 de xullo de 1846 74 , promulgado tamén
baixo o ministerio de Pedro José Pidal , van máis orientadas a mudar o peso das materias
impartidas que a cuestionar os seus principi os básicos, de feito permanece vixente o seu
Regulamento de execución. No preám bulo explícase que foi elaborado a partir dos extensos
informes remitidos por todas as universidades valorando a experiencia de implantación do Plan
de setembro do ano anterior, cont raditorios en moitos casos, polo que non se fan alteracións
notábeis. Os cinco anos do ensino elemental de Filosofía quedan distribuídos así:
Primeiro a no
1ª. Rudim entos de gramátic a castelá e lat ina, princi pios de tradución
2ª. Element os de x eografía
Segundo ano
1ª. Sintaxe c astelá e l atina, traduci ón e com posició n
2ª. Relixión e moral
Terceiro ano
1ª. Perfe ccionamento da gramática ca stelá e latina , tradución e composición
2ª. Lóxica
3ª. Element os de hist oria xer al, e en espec ial da d e España
Cuarto ano
1ª. Element os de r etórica e p oética, traduci ón e comp osició n castel á e latina
2ª. Aritmética e xeometría
3ª. Continuaci ón da historia
Quinto ano
1ª. Element os de físic a experiment al e noci óns de químic a
2ª. Álxebra, trigono metría rect ilínea e topo grafía
3ª. Nocións de hi storia na tural
O novo plan supón a redución nun curso dos estudo s das linguas latina e castelá [que quedan
con 15 horas semanais nos catro primeiros cu rsos], o incremento da xeografía [que pasa de
dúas a seis horas semanais] e a liberdade que se estipula para o estudo do francés [obrigatorio,
74 Real Orde do 24 de xullo de 1846, publicada na Gaceta de Madrid do 26 de xullo de 1846.
4. A fase constituín te do código discip linario da Física e
química no Estado españ ol
229
pero posíbel en calquera curso]. Por outra banda, as matemáticas mantéñense pero retíranse do
primeiro curso e pasan a impartirse nos dous últi mos cursos [nove horas semanais en cada un],
as Nocións d e Historia Natural non se alteran, e os Elementos de Física ex perimental e nocións
de Química pasan a contar con 15 horas semanais ao converterse na primeira clase da mañá,
no último curso.
Consideramos que a atribución do termo experimental á materia de física non supón unha
modificación significativa, xa que non vai acompañada de ningún tipo de medidas ou
disposicións que primen o carácter práctico ou de mostrativo da materia en relación co anterior
plan de 1845. A recuperación do termo utilizado a finais do XVIII para opoñerse á física
aristotélica [fundamentalmente especulativa] semell a aquí unha cuestión simbólica. Engádese
ademais a materia de Ampliación de Física nos estudos de ampliación, pero condicionada a que
se obteñan resultados da creación da Escola Normal, disposta por Real Orde do 24 de xuño
dese mesmo ano.
O curso 1846-47 iníciase cun significativo cambio, xa que unha circ ular asinada o 24 de agosto
de 1846 75 impide que se admita no primeiro ano da F ilosofía elemental a ningún alumno que non
teña cumpridos os 10 anos, o que supón a primeira restrición de a cceso ao ensino secundario
ligada á idade.
Unha progresiva involución: As permanentes reformas ata 1852
O aumento de traballo que supuxo a reforma, e a actividade despregada para comunicar o
debido impulso á Instrución Pública, facía necesaria unha nova estrutura ministerial. Pedro Pidal
pensou pois en crear unha Dirección Xeral de Instru ción Públic a, pero esta vez integrada no
propio ministerio -a diferenza do que acontecera anos atrás-, e puxo á fr onte dela a Antonio Gil
de Zárate o 13 de maio de 1846. Por outra banda, o minist erio da Gobernaci ón dividiuse en
dous, nacendo así o Ministerio de Comercio, In strución e Obras públicas, dividido en tr es
direccións, unha delas a de Zárate.
O novo ministro, Mariano Roca de Togores, nomeou unha comisión revisora para o plan de
estudos que fixo tremer a todos os que defenderan a reforma, per o a comisión constituída por
Manuel Joaquín Tarancón como presidente, Pablo Montesino, Mateo Seoane, Florencio
Vaamonde, Claudio Moyano, Francisco Carbonell, G abriel Herrero, Pedro Gómez de la Serna,
Fermín Gonzalo Morón, Joaquin Hysern, Juan Jo sé Viñas, Andrés Leal e Eusebio María del
Valle, reitores uns e catedráticos acreditados outro s, fixeron un informe fa vorábel á reforma, e só
se propuxeron lixeiras melloras. O plan de 1847 non foi máis que a r epetición do de 1845, en
75 Gaceta de Madrid ,24 de agosto de 1846.
230
esencia e en forma. A única variación esenc ial foi deixar mellor definida e completamente
organizada a facultade de Filosofía, dividida en catro seccións.
A reorganización ministeria l que encadrou a educación no minist erio de Comercio, Instrución e
Obras públicas, trouxo como consecuencia que, á proposta do novo titular D. Nicomedes Pastor,
o 8 de xullo de 1847 se aprobasen mediante Real Decreto as Bases de la instrucción pública 76 .
No preámbulo do decreto faise unha valoración mo i positiva das consec uenc ias do plan Pidal,
afirmándose textualmente que «en efecto, a carreira do prof esorado, non hai moito desdeñada, é
agora apetecida dos homes máis eminentes; e v euse a unha xuventude bril lante acudir c on afán
ás oposicións...»; a fe nos novos estabelecement os é moi grande, sinalándos e que os institutos
serán, co tempo, o vehículo principal da ci vilización española. Valóranse os avances no que
respecta ao profesorado, ás instalacións xera is, e tamén aos gabinetes e laboratorios «sen os
cales non poden dar un paso as ciencias que má is influencia teñen na prosperidade públic a».
Recoñécese tamén unha oposición «máis ou menos violenta dos interesados no que deixaba de
existir», e algúns defectos, fundam entalmente na parte regulamentaria.
Estabelece catro clases de estudos nos centros de instrución pública: de segunda ensinanza, de
facultade, superiores [para obter o grao de doutor] e especiais [entre os que se atopaban os
impartidos nos seminarios conciliares]. Con re specto ao ensino secundario, continuación da
instrución primaria elemental completa, fíxase en cinco anos a súa duración e, a pesar de que a
facultade de Filosofía se inclúe con igual rango que as outras catro existentes [Teoloxía,
Xurisprudencia, Medicina e Farmacia], o título de bacharel en Filosofía séguese outorgando
despois dos cinco anos de estudo secundar io mediant e a realización dun exame.
Os institutos quedan reducidos a dúas categorías, provinciais e locais, contando cada provincia
con un na súa capital [agás casos especiais como o de Santiago]. Os institutos provinciais es tán
autorizados a impartir os cinco anos de ensino secundario -se contan coa dotación material
necesaria-, mentres que os locais só poden impa rtir os tres primeiros anos [agás no caso de que
se sosteñan exclusivamente con rendas propias ]. As provincias que contan con universidade
teñen a obriga de costear o instituto que lles corresponde, s ati sfacendo unha cantidade
proporcionada ao goberno que é quen corre cos gastos. Por outra banda, o decreto recolle unha
vella intención sinalando que nos institutos, tanto provinciais como locais, haberá alumnos
pensionistas-internos, medio pe nsionistas e externos [aí nda que na práctica moi poucos
institutos chegaron a contar con estes colexios de internos ].
Os colexios privados só poden impartir ensinanza secundaria -non a superior-, requiríndose un
exame especial para poder incorpor ar estes estudos nos institutos. Os colexios poden ser tamén
76 Gaceta de Madrid , 12 de xullo de 1847.
4. A fase constituín te do código discip linario da Física e
química no Estado españ ol
231
de distintas clases, segundo o número de anos que estean autoriz ados a impartir, e teñen que
adaptar os seus plans de estudos aos dos institutos, utilizar os li bros de texto autorizados polo
goberno, e contar con profes orado que posúa o correspondente título de rexente de segunda
clase.
O ensino secundario ten no novo plan unha durac ión de cinco anos, comprendendo as seguint es
materias:
Relixión e mor al
Lingua es pañol a
Lingua lati na
Retórica e poét ica
Elementos de xeogr afía
Elementos de hist oria xeral e particular de Espa ña
Elementos de matemáticas
Elementos de psic oloxía, ide oloxía e lóxica
Elementos de física exp erimental e noció ns de química
Nocións de his toria natur al
Linguas viv as
Debuxo
Ximnasia
O Decreto estabelece que nos inst itutos de provincias impartiranse os cinco anos de ensinanza
secundaria, pero para isto «haber án de estar provistos de cantos medios materiais sexan
necesarios ao efecto: sen este requisito indispens ábel só s e lles autorizará para os anos que
poidan ensinar debidamente» [mat ización redactada tendo en conta que é nos últimos anos
cando se imparten as materias de ciencias, que esixen un material didáct ico custoso e
instalacións específicas].
Os seminarios conciliares ficaban autorizados par a impartir o ensino secun dario nos catro
primeiros cursos -non no quinto-, podendo incorporarse estes alumnos aos institutos mediante
un exame previo. Con todo, os estudos de teol oxía realizados nos seminarios podían ser
incorporados na súa totalidade na Facultade, par a recibir o grao de bacharel, abríndose así unha
vía de titulación superior que non precisaba de aprobar as materias científicas do quinto curso da
secundaria. Modificacións en anos posteriores provocarían a necesidade de crear gabinetes
científicos tamén nos seminarios, conservándose en Galicia boas probas deste feito.
Un aspecto sen dúbida significativo ven dado pola necesidade de aprobar todas as materias dun
curso para pasar ao seguinte, conv ertendo cada curso nunha barreira.
Segundo afirma Gil de Zárate, o ministro Pastor Díaz emprendeu tamén unha reforma radical no
estudo da veterinaria, enviou ao estranxeiro alumnos pensionados para o est udo das Belas
232
Artes, e creou a Escola Normal de ciencias como ensaio para a xeral de filosofía que despois se
estabeleceu. Pola contra, ditou -tam én en opinión de Zárate-, a medida máis nefasta para
Instrución pública, a centralización de fondos no erario, que arrebatou ao ramo as súas
economías e imposibilitou as melloras materiais que se emprenderan en 1845 77 .
O 19 de agosto de 1847 aprobouse, tamén mediante Real Decreto, o Reglamento para la
ejecucion del Plan de Estudios dec retado por S.M. en 8 de Julio de 1847 78 . Este regulamento
confirma a idade mínima de acce so aos institutos, os dez anos 79 , ademais da ne cesidade de ter
aprobados os estudos primarios e superar un ex ame de ingreso (art. 182). A semana lectiva
mantense en seis días, en cursos comprendidos en tre o 1 de outubro e o 1 de xuño. Os institutos
dos pobos onde xa existía universidade, o caso de Santiago, aínda que tiver an director particular
ficaban suxeitos ao reitor, e aínda que os últi mos anos de estudos secundarios podían facerse
no edificio da universidade, os correspondentes aos tres primeiros anos debían de separarse
(art. 82)
Con respecto ao método de ensino dise que, ademais de mercar os libros de texto que se
sinalen, os alumnos tiñan que formar para c ada materia un cader no adaptado ás explicacións
dos profesores, que debían examinalos con fre cuencia. O regulamento sinala a celebrac ión de
exames en febreiro [para valora r o adiantamento dos alumnos] e ao final do ano escolar, como
proba de curso. Estes exames de curso consistían en dúas probas, unha escr ita e outra oral, de
carácter público; as leccións estaban numeradas e sacábase unha ao chou, de seguido c ada
xuíz examinaba por quenda ao alumno -da súa propia materi a-, facendo pr eguntas sobre a
lección escollida «con claridade e método», debendo dar ao alum no tempo para responder e ir
corrixindo os seus erros. Os xu íces daban cualificacións indivi duais por materia, que podían ser:
moi ben , ben , regularmente , ou mal . En setembro, realizábanse os exames extraordinarios.
A distribución de estudos era a que se observa na páxina seguinte:
77 Antonio Gil de Zárate, op. cit. , t. I, p. 204. Con respecto á creación da Escola Normal, esta aparece
recollida nos artigos 97-100 do R. D. de Bases de la Instrucción Pública de xu llo de 1847. Dispúñase un con curso
entre os bachareis en Filosofía en cada universidade, co obxecto de acceder como internos á Escola Normal
estabelecida en Madrid. Os aprobados na Escola tiñan o títu lo de licenciados na sección correspondente da
Facultade de Filosofía, garantíaselle o soldo durante tres anos, pero debían concorrer ás oposicións para obter as
cátedras.
78 Gaceta de Madrid , 22, 23, 24, 25 e 26 de agosto de 1847.
79 Esta condición xa estaba vixente dende a R.O. de 20 de agosto de 1846 ( Gaceta de Madrid , 24 de agosto
de 1846).
4. A fase constituín te do código discip linario da Física e
química no Estado españ ol
233
MATERIAS SESIÓNS SEMANAIS
Primeiro a no
Latín e castelán
Xeografía
Relixión e mor al
11 sesións
6
3
2
Segundo ano
Latín e castelán
Xeografía
Historia
Relixión e mor al
12 sesións
6
2
2
2
Terceiro ano
Latín e castelán
Historia
Relixión e mor al
Curso pre parat orio de matem áticas [aritméti ca e
algunhas nocións d e xeometrí a]
Repaso de xeografía
13 sesións
6
2
1
3
1
Cuarto ano
Retórica e poét ica
Historia
Relixión e mor al
Matemáticas el ementais [álxebra ata as ecu acións de
segundo grao inclusi ve, xeometría, trig onometría
plana e noc ións de topogr afía]
14 sesións
5
2
1
6
Quinto ano
Psicoloxía e lóxica
Elementos de física e nocións de química
Nocións de his toria natur al
Exercicios prác ticos de r etórica e po ética
Relixión e mor al
15 sesións
5
5
3
1
1
Os que quixeran seguir carreira nas escolas espec iais podían, no último ano, facer o segundo
curso de matemáticas elementais en vez do de lóxi ca, con contidos de álxebra, trigonometría,
xeometría analítica e topografía. Do mesmo xe ito, contemplábase a pos ibilidade de que algúns
alumnos quixeran estudar os cálculos sublimes 80 e a mecánica. Aclarábase que, mentres non se
80 Historicamente recibiron o nome de Matemáticas Sublimes aquelas que incorporaban o cálculo
infinitesimal.
240
intencións as promoveron. C ando o goberno é o primeiro en dicir que o existe nte non é bo, variándoo de
continuo, cando fai, desfai e renova, entregado a esa ve rtixe, ho xe día tan común de perpetuas innovacións
¿que vai pensar o vulgo destinado a xulgar só polas aparencias, senón que a institución obxe cto de tan
repetidas mudanzas merece o descrédito no qu e os inim igos int entan sumila para acabar con el a?. Entón o
goberno convértese en cómplice destes inimigos, e cando pensa mellorar, non fai máis que destruír,
quedando só as ruínas que amorea, e non o fráxil edifi cio que so bre elas ergue, destinado a aumentalas e n
breve cos seus propios escombros. (...) O qu e quere descansar á sombra dunha árbore corpulenta e
frondosa, coida, poda e rega o renovo que se plantou prim eiro, mais non o arrinca para substituílo todos os
anos con outro 92 .
4.3.4. A consolidación do modelo educat ivo liberal: a Lei Moyano de 1857 e as súas
posteriores reformas
A Lei de Instrución Pública de 1857 [Lei Moyano]
O plan Pidal de 1845 sufriu numerosas refo rmas durante a chamada década moderada de xeito
que, cando os progresistas acadan o poder en 1854, síntese a necesidade dunha norma que,
con rango de lei, regule o sistema educativo en todos os seus niveis. O proxecto de Lei de
Instrución pública de 9 de dec embro de 1855, present ado polo ministro de Fomento Alonso
Martínez, responde a estes obxectivos; curiosament e contén moitos dos principios defendidos
polos moderados, o que demostra unha circunstancia l -pero clara- coin cidencia nas grandes
liñas programáticas do sistema educativo liber al. Boa proba é que unha gran parte do proxecto
foi incorporado na Lei de Instrución Pública do 9 de setembro de 1857, xa cos moderados de
novo no poder; pode dicirse pois que a lei Moyano non foi unha lei innovadora, senón unha
norma que viña a consagrar un sistema educativ o que tiña as súas bases no Regulamento de
1821, no plan do Duque de Rivas de 1836 e no plan Pidal de 1845.
Coa lei Moyano implántanse defin itivamente os grandes principi os históricos dos moderados:
gratuidade relativa no ensino prim ario, centralización, uniformi dade, seculariza ción e liberdade
de ensino limitada 93 .
A ensinanza primaria divídese en elemental -obrigatoria para todo s os cidadáns entre os seis e
os nove anos-, e superior -que semella poderse cu rsar simultaneamente e na que se amplían os
contidos-. O ensino secundario, que só ten rec oñecemento académico se é realizada en centros
92 Antonio Gil de Zárate, op. cit. , t. I, p. 208 [orixinal en castelán].
93 Manuel de Puelles Benítez, op. cit ., p. 38.
4. A fase constituín te do código discip linario da Física e
química no Estado españ ol
241
públicos, adquire plena autonomía fronte ao ens ino superior que se regula mediante a
separación entre estudos técnicos e estudos prof esionais. As fac ultades recoñecidas son agora
seis: Filosofía e Letras, Ciencias exactas, físic as e naturais, Farmacia, Medicina, Dereito e
Teoloxía; as ensinanzas superiores son as de Nota riado, a Diplomática, a de Belas Artes, e as
enxeñerías de Camiños, canais e portos, de Mi nas, de Montes, de Agr ónomos e a enxeñería
Industrial. Por último, eran ensi nanzas profesionais a de Veterinar ia, a de Profesores mercantís,
a de Náutica, a dos Mestres de obra, aparelladores e agrimensores, e a de Mestres de Primeira
ensinanza.
Por outra banda, acentúase o control sobre a creación e xestión de c entros privados
-especialmente no que se refire á titulaci ón do profesorado-, pero c oa grande excepción da s
escolas e colexios dos institutos relixiosos de ambos os dous sexos [ de primeira e segunda
ensinanza], aos que se dispensa de que os seus xefes e profesores teñan a titulación que aos
demais se lles pide. As autoridades civís e académicas non debían poñer ningún impedimento
para que bispos e prelados diocesanos puider an velar pola pureza da doutrina, da fe e dos
costumes, así como pola educación relixios a da xuventude. A liber dade de cátedra non era
recoñecida como parte da liberdade de ensino, o que abriría nov os focos de tensión entre os
distintos sectores liberais.
Para ver en que medida se respectaron as ideas base da Lei Moyano, no que se refire ao ensino
secundario, son un bo exemplo as palabras do Marqués de Corvera no preámbulo do Programa
xeral de Estudos de segunda ensinanza apr obado por Real Decreto do 30 de agosto de 1858 94 :
Unha das ideas capitais que guían nesta materia ao Ministro que subscribe é a de que os institutos ofrezan
ao público, tanto a ensinanza que ten que recibir o que se propoña seguir unha carreira científica ou
pretenda só adquirir os coñecementos indispensábeis a tod a persoa culta, como a instrución que se n
carácter rigorosamente científico, conduce ao atinado exerci cio das diferentes industrias. Así a clase media
terá nestes estabelecementos facilidade para ilustra rse e para prepararse a desempeñar convenientemente
as diferentes profesións en que gañar a subsistencia.
A Lei de Instrución pública do 9 de setembro de 1857 95 , coñecida polo nome do Ministro de
Fomento que a elaborou, Claudi o Moyano, incorpora dentro do ensino s ecundario tanto os
chamados estudos xerais coma os estudos de apli cación ás profesións industriais. Os estudos
xerais aparecen na lei divididos en dous períodos de dous e catro anos, incluíndo coñecementos
que pouco varían de anteriores plans, mentres que os de aplicac ión inclúen o debuxo lineal e de
94 Gaceta de Madrid , 31 de agosto de 1858 [Orixinal en castelán].
95 Gaceta de Madrid , 10 de setembro de 1857.
242
figura, nocións de agricultura, ar itmética mercantil, e calquera outros coñecementos de inmediata
aplicación á agricultura, ás artes, industria, comercio e náutica.
Nunha decisión que posteriormente sería bastant e criticada, mantén a rebaixa na idade de
acceso aos estudos xerais de segunda ensin anza -nove en vez de dez anos-, aínda que se
mantén un exame de ingreso sobre os contidos da primeira ensinanza elemental completa. Para
acceder os estudos de aplicación requírese unha idade de dez anos, ter aprobado a ensinanza
primaria superior e super ar o exame de ingreso.
Os dous ciclos da secundaria son bastante difer enciados: o primeiro ciclo ten clases durant e
todo o ano «diminuíndose na canícu la o número de hor as de clase», mentres que no segundo
ciclo as clases duran dende o 1 de setembro ata o 15 de xuño -auméntase en mes e medio o
período lectivo con respecto a plans anteriores -. Para pasar do primeiro ao segundo ciclo era
necesario superar un exame xe ral de coñecementos; por outra banda, unha vez rematados os
dous ciclos podíase optar ao gr ao de Bacharel en Artes, mentre s que os estudos de aplicac ión
permitían recibir un certificado de peritos na carr eira á que se tiveran especialmente dedicado.
O artigo 86 sinala que todas as materias da pr imeira e segunda ensinanza, e da superior ata o
grao de licenciado, estudaranse por libros de text o, e estes serán sinalados nas listas que o
goberno publicará cada tres anos.
Nunha medida que en nada axudaría a estabilizar a situación, os institutos, centros públicos de
segunda ensinanza, pasan agora a se r de tres clases: de primeira os de Madrid, de segunda os
das capitais de provincia ou pobos con universi dade, e de terceira os das demais poboacións.
Mantense a diferenciación entre provinciais e lo cais, s egundo estean a cargo das provincias ou
dos pobos [deputacións ou concello s], e os locais pasan a ter un co ntrol moito máis rigoroso [que
mesmo non poderán ser suprimidos ou reformados sen autorización gobernativa].
No que se refire aos colexios privados, es íxese o número suficiente de profesores co
correspondente título académico [o necesario para se r catedrático de instit uto] -excepción feita
dos colexios de primeira e segunda ensinanza fundados por ordes relix iosa s, que teñen dispensa
na titulación do profesorado-, e que o colexio dispoña dos medios materiais que requir e a
ensinanza. Ademais, os estudos deben seguir os programas dos centros públicos e os exames
anuais celebrarse no instituto ao que estea incorporado o colexio.
Un dato claramente diferente dos anteriore s plans é o estabelecemento da ensinanza doméstic a ,
aquela recibida na casa de pais, titores ou enc argados de educación. Est e tipo de ensino
admítese no ensino primario, aínda cando sexa impa rtida por mestres sen título, e no primeiro
ciclo da secundaria; neste caso deben matricularse igual no inst it uto que lles corresponda, sufrir
os exames anuais preceptivos, e estudar baixo a dirección dun profesor debidamente autorizado.
4. A fase constituín te do código discip linario da Física e
química no Estado españ ol
243
A profesión de profesor en centro público é agora compatíbel con calquera outra, agás coa
ensinanza en colexios priv ados. Regulaméntase ademais o nomeamento de conselleiros para
formar o Consejo de Instrucción pública , que integran trinta individ uos de procedencia política,
académica ou relixiosa, e as Juntas de instrucción pública , órganos provinci ais de control e
goberno en cuestións de ensino.
A Lei Moyano de 1857 regula co n bastante detalle os estudos primarios, se cundarios e de
facultade [ademais das que chama ensinanzas superiores e profesionais]. No que á física e á
química se refire, estas materias inclúense na ensinanza primaria superior [destinada aos que
van seguir o ensino secundario]. O artigo catro estipula que, ademais dunha prudente ampliac ión
das materias da ensinanza elemental, o ensino prim ario superior comprende, entre outros temas,
«nocións xerais de Física e Historia natural ac omodadas ás necesidades máis comúns da vida».
Polo que respecta ao ensino secundario -no que polo menos haberá tres lección diarias-, os
estudos xerais comprenden no seu primeiro período (art. 14):
Doutrina cr istiá e Hist oria sagrad a
Gramática cast elá e l atina
Elementos de Xeogr afía
Exercicios de L ectura, escritur a, aritmética e debuxo
Os estudos xerais do segundo período eran (art. 15) :
Relixión e moral cristiá
Exercicios de a nálise, traduc ión e c omposició n latina e c astelá
Rudime ntos de lin gua gre ga
Retórica e poét ica
Elementos de Historia unive rsal e da particular de España
Ampliación dos Elementos de xeogr afía
Elementos de Aritmét ica, álxebr a e xeometría
Elementos de Física e Química
Elementos de Historia natu ral
Elementos de Psic oloxía e lóxica
Linguas viv as
O 23 de setembro de 1857 aprobáronse por Real Decreto 96 as Dis posiciones provisionales para
a execución da Lei de Instrución pública, que no n pretenden ser un completo regulamento -dada
a premura de tempo- e porque aínda se consider a aplicábel o de 1852. O máis salient ábel
destas disposicións é o ordenamento dos estudos nos dous ciclos do ensino secundario, con tres
leccións diarias de hora e media cada u nha, distribuídas do seguinte xeito:
96 Gaceta de Madrid , 24 de setembro de 1857.
244
Primeiro a no
Primeira le cción: Latín e c astelán
Segunda l ección: Ex ercicios de primeir a ens inanza, é dicir, lect ura, escritura, aritmétic a e
coñecement os prácticos dos mapas xeográficos.
Terceira lecc ión: Latí n e castel án
Segundo ano
O mesmo que o primeiro
Terceiro ano
Primeira le cción: Latín e l ectura do greg o
Segunda lecci ón: Historia s agrada, explicac ión do cat ecismo e mor al cristiá
Terceira lecci ón: Xeogr afía e Histori a xeral
Cuarto ano
Primeira le cción: Aritmétic a e álxebr a
Segunda lección: Xe ografía e Historia de España
Terceira lecc ión: Latí n e grego
Quinto ano
Primeira le cción: Ret órica e poéti ca con ex ercici os de tradució n latina e co mposició n castelá
Segunda le cción: Unh a lingua viva da s que se ensine n no centro . Lección en días alterno s.
Terceira lecc ión: Xeom etría e princi pios de trigonom etría plan a e de Xe ografía matem ática.
Sexto ano
Primeira lección: Elementos de Física e Quí mica
Segunda l ección: E lementos de Histori a natura l. Continuac ión do est udo da lingua v iva com ezado
no ano anter ior. Lecc ión en días a lternos.
Terceira lecci ón: Eleme ntos de Psicoloxí a e lóxica; en dí as alter nos
A materia de Física e química non muda en horas de dedicación con respecto ao plan de 1852,
nove horas semanais, mentres a Hi storia natural ve reducidas á metade as nove horas de que
dispuña. Entre os once catedráticos que se es tipulan para os ins titutos de segunda ensinanza,
nos estudos de ciencias sinálanse: dous de elem entos de matemáticas, un de elementos de
Física e química e un de elem entos de Historia natural.
As reformas necesarias: O Programa General de estudios de segunda enseñanza de
1858, o Reglamento de segunda enseñanza de 1859 e o R. D. de agosto de 1861
O Programa General de est udios de segunda enseñanza , aprobado mediante R eais Decretos do
26 e do 30 de agosto de 1858 97 , foi redactado -polo menos formalmente- coa idea de corrixir os
97 Gaceta de Madrid , 31 de agosto de 1858.
4. A fase constituín te do código discip linario da Física e
química no Estado españ ol
245
inconvenientes das Disposicións provisionais ap robadas para a execución da Lei de 1857, nas
palabras do Ministro «os inconvenientes que leva consigo todo réxime transitorio». Na miña
opinión, este programa supón unha importante modificación da Lei de 1857, se ben non nos
principios reitores e programáticos, si na filosofía da súa execución e desenvolvemento.
Para empezar, na Exposición previa asinada o 20 de Agosto 98 , e acolléndose á idea guía de que
o ensino secundario debe de valer para prepar ar aos rapaces que van seguir carreiras
científicas, pero tamén como preparación para desempeñar convenientemen te as diferentes
profesións e -implicitamente con esta intención- como medio de ilustraci ón da cl ase media, dáse
unha especial liberdade para exercer «o dereito que os pais teñen de dirixir a instrución dos seus
fillos». Consecuentemente, en vez de fixar unha secuenciac ión ríxida nos contidos, permítese
que os alumnos se matriculen das m aterias que prefiran, con ben pouc as limitacións. Coa
mesma intención dáse unha maior amplitude á ensinanza doméstica.
Por outra banda, o novo Programa refunde os dous ciclos que a Lei de 1857 fixaba para o ensino
secundario nun único, e o que é máis importante, fíxase a duración mínima da secundaria en
cinco anos -fronte aos seis antes estabelecidos - «a fin de que os sobresaíntes non se vexan
obrigados a permanecer no instit uto máis tempo del necesario ». Como a idade de aces o se
mantiña nos nove anos, con catorce anos un neno podía optar ao grao de Bacharel e
matricularse na universidade para obter a licenciatura.
O Programa General de est udios de segunda enseñanza viña formalmente a salvar as
deficiencias das Disposicións provisionais aprobadas para a execución da Lei de 1857, pero
como xa vimos, supoñen unha importante refo rma da ensinanza sec undaria. Agrupada nun único
ciclo que debe desenvolverse como mínimo en cinco anos, comprende agora os seguintes
estudos:
Explicaci ón da doutri na cristiá, noc ións de h istoria sa grada e
principios d e relixión e m oral
5 cursos
1 lección s emana l
Gramática cast elá e l atina 2 cursos 2 leccións a o día
Gramática gr ega, e ex ercicio s de tradución e anális e castelá
e latina
1 curso
1 lección ao día
Exercicios de a nálise, traduc ión dos ex presados idiomas, e
composici ón c astelá e lat ina
1 curso
3 leccións semanais
Elementos de retórica e poétic a 1 curso 1 lección ao dí a
Elementos de xeografía 1 curso 3 leccións sem anais
Elementos de histori a 1 curso 3 le ccións sem anais
Elementos de aritmétic a e álxebr a coa teoría e ap licació n
dos logaritmo s
1 curso
1 lección ao día
98 Ibidem .
[Document text truncated for crawler view.]