scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 10 de xuño de 2024 que aprobou o Regulamento de estudos de doutoramento da USC

USC. Acordo Consello de Goberno

Full text

DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICO, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria do día 10 de xuño de 2024 aprobou o Regulamento de estudos de doutoramento da USC, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 1 / 44 1 Acordo do Consello de Goberno do 10 de xuño de 2024, polo que se aproba o Regulamento de estudos de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela A Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema Universitario, estrutura o ensino universitario en tres ciclos: Grao, Máster Universitario e Doutoramento. Segundo a devandita norma, os estudos de doutoramento, correspondentes ao terceiro ciclo e conducentes á obtención do título de Doutora ou Doutor, teñen como finalidade a adquisición das competencias e as habilidades concernentes á investigación dentro dun ámbito do coñecemento científico, técnico, humanístico, artístico ou cultural, e organizaranse na forma que determinen os Estatutos ou normas de organización e funcionamento das respectivas universidades, de acordo cos criterios que para a obtención do título de Doutora ou Doutor aprobe o Goberno, mediante real decreto, previo informe do Consello de Universidades. A normativa dos estudos de doutoramento ten o seu desenvolvemento máis específico no Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, e no Real Decreto 576/2023, do 4 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, e que recolle as novidades normativas contempladas na Lei Orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema Universitario, que afectan aos estudos de doutoramento; en particular, aquelas directamente relacionadas co reforzo da internacionalización dos estudos universitarios, a súa conexión coas necesidades sociais e coa súa contorna local e global, así como a aposta pola Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá. A nova lei orgánica tamén regula de maneira expresa a Mención Internacional e a Mención Industrial dos títulos de doutoramento, á vez que reforza a autonomía das universidades. Así mesmo, o Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, incorpora referencias á interdisciplinariedade e á adquisición de habilidades concernentes á investigación que deben ser contempladas na regulamentación de doutoramento. Así, o presente texto incorpora estes cambios normativos producidos desde a aprobación do anterior Regulamento de estudos de doutoramento da USC, aprobado polo Consello de Goberno do 24 de xullo de 2020, e que implican a modificación de aspectos substanciais do funcionamento dos programas de doutoramento que redundarán na mellora das condicións nas que as persoas doutorandas desenvolven os seus estudos. Entre as principais novidades que se introducen no presente Regulamento está a previsión de que a Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago de Compostela proporcione asesoramento ás persoas doutorandas para a súa integración nos programas de doutoramento, así como a obrigatoriedade de contar cun plan de formación persoal. Ademais, establécese que aquelas teñan a consideración de investigadores e investigadoras en formación e refórzase a obrigación da persoa directora da tese de acompañar e asesorar durante todo o proceso de elaboración desta. Ademais, amplíase a duración máxima dos estudos de doutoramento, tanto na modalidade de tempo completo como na de tempo parcial, establecendo a posibilidade de autorizar unha prórroga por un ano. Cando a persoa doutoranda posúa un grao de Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 2 / 44 2 discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, a duración dos estudos de doutoramento será dun máximo de seis anos a tempo completo e de nove anos a tempo parcial. Así mesmo, revísanse as causas de suspensión do cómputo de tempo para a realización dos estudos de doutoramento como consecuencia de situacións de incapacidade temporal, nacemento, adopción, garda con fins de adopción, acollemento, risco durante o embarazo, risco durante a lactación e violencia de xénero. Por outra banda, introdúcense unha serie de medidas vinculadas coa supervisión e avaliación do traballo desenvolvido pola persoa doutoranda e a garantía da súa calidade. Así, por exemplo, esíxese que cada tese de doutoramento conte cun mínimo de dous informes emitidos por persoas doutoras expertas na materia e externas á universidade na que se atopa matriculada a persoa doutoranda, quen poderá propoñer aspectos de mellora. Prevese, ademais, que o tribunal que avalíe a tese estea formado por unha maioría de membros externos non só á universidade onde se defende a tese, senón tamén ao programa no que ten formalizada a matrícula a persoa doutoranda, e garántese que o tribunal teña unha composición equilibrada entre homes e mulleres. Por último, regúlanse diversos aspectos relacionados cos requisitos de acceso e admisión aos programas de doutoramento, a Mención Internacional e a Mención Industrial no título de Doutora ou Doutor, e as teses en réxime de cotutela. Por todo o anterior, para a actualización das regulacións da Universidade de Santiago de Compostela relativas aos estudos de doutoramento e a súa adaptación ás novas disposicións normativas de ámbito estatal, o Consello de Goberno, na súa reunión do GH[XxRGH, acordou aprobar o presente Regulamento. CAPÍTULO PRELIMINAR Principios xerais Artigo 1. Ámbito de aplicación A presente normativa ten por obxecto regular a organización dos estudos de doutoramento conducentes á obtención do título de Doutora ou Doutor na Universidade de Santiago de Compostela (en diante, USC), que terán carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. CAPÍTULO I Estrutura e organización dos estudos de doutoramento Artigo 2. A Escola de Doutoramento Internacional 1.A Escola de Doutoramento Internacional da USC (en diante, EDIUS) asume a organización, planificación, xestión, supervisión e seguimento dos estudos e actividades propias do doutoramento na Universidade. Ademais, proporcionará asesoramento ás persoas doutorandas que se incorporen aos programas de doutoramento sobre todos aqueles aspectos necesarios para a súa integración plena nos devanditos programas. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 3 / 44 3 A finalidade da EDIUS será concibir un modelo de formación doutoral flexible, interdisciplinaria e de calidade, orientada a potenciar as liñas de investigación dos programas de doutoramento da USC. 2. A EDIUS e os programas de doutoramento planificarán a oferta das actividades destinadas á formación transversal e específica, respectivamente, das persoas que estean realizando os seus estudos de doutoramento. 3. Son membros da EDIUS as persoas matriculadas nos estudos de doutoramento da USC; o persoal docente e investigador (en diante, PDI) e as persoas investigadoras que formen parte dos programas de doutoramento; o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos adscrito á EDIUS; e os membros dos distintos órganos de dirección en que se organiza e estrutura a EDIUS. 4. A EDIUS, de acordo co artigo 120 dos Estatutos da Universidade, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (D.O.G. nº 29, do 12 de febreiro de 2014), ten como órganos de goberno: o Comité de Dirección, a persoa que asume os labores de dirección e a persoa que actúa como secretaria. 5. A EDIUS conta ademais con catro subdireccións, unha por cada unha das seccións en que se agrupan os grandes ámbitos da Universidade; cinco comisións delegadas do Comité de Dirección: a Comisión Executiva da Escola e catro comisións sectoriais; unha Comisión de Calidade e un Comité Consultivo como órgano de asesoramento externo. Tanto a composición destas comisións como as súas funcións desenvolveranse no Regulamento de Réxime Interno da EDIUS. Artigo 3. Os programas de doutoramento 1. Denomínase programa de doutoramento o conxunto de actividades conducentes á obtención do título de Doutora ou Doutor. Os programas de doutoramento terán por obxecto o desenvolvemento dos distintos aspectos formativos do estudantado de doutoramento e establecerán os procedementos e liñas de investigación para o desenvolvemento das teses de doutoramento. 2. Os estudos de doutoramento organizaranse a través de programas de doutoramento dos diversos ámbitos científicos, tecnolóxicos, humanísticos, sociais e artísticos, cun enfoque interdisciplinario do coñecemento, na forma en que determinen os Estatutos da Universidade e de acordo cos criterios establecidos na normativa estatal vixente. O seu obxecto final é a adquisición dos coñecementos, competencias e habilidades necesarias pola persoa doutoranda conducentes á elaboración, defensa e aprobación dunha tese que incorpore resultados orixinais de investigación. 3. Os programas de doutoramento poden ser organizados de forma exclusiva pola USC ou de maneira conxunta entre varias universidades, e contar coa colaboración, expresada mediante un convenio doutros organismos, centros, institucións e entidades con actividades de I+D+i, públicos ou privados, estatais ou estranxeiros. 4. Os programas de doutoramento incluirán aspectos organizados de formación investigadora, que non requirirán a súa estruturación en créditos ECTS, e comprenderán tanto formación transversal e interdisciplinaria como específica do ámbito de cada programa. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 4 / 44 4 5. Na memoria de verificación do programa establecerase a relación de actividades formativas que poden realizar as persoas doutorandas con indicación expresa, de ser o caso, daquelas que teñan carácter obrigatorio. 6. A actividade esencial das persoas doutorandas será a investigación e a súa tese debe capacitar para o traballo autónomo no ámbito da I+D+i e alcanzar os resultados de aprendizaxe correspondentes ao nivel 4 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (en diante, MECES). 7. Nun programa de doutoramento conxunto, as universidades participantes recoñecerán, para os efectos académicos e administrativos oportunos, as actividades formativas do programa cursadas en calquera delas nos termos que figuran na correspondente memoria de verificación do título. 8. Os estudos de doutoramento finalizarán coa elaboración, defensa e aprobación dunha tese de doutoramento, que presentará os resultados orixinais obtidos da investigación realizada. 9. Todos os programas de doutoramento da Universidade deberán estar adscritos á EDIUS. Artigo 4. As comisións académicas dos programas de doutoramento 1. A Comisión Académica do programa de doutoramento (en diante, CAPD) é o órgano responsable do deseño, implantación, actualización, organización, calidade e coordinación do programa, así como da supervisión do progreso da investigación, da formación e da autorización do depósito da tese de cada persoa doutoranda pertencente ao programa. 2. A composición da CAPD, os requisitos para ser membro desta e as súas competencias serán fixados no Regulamento de Réxime Interno da EDIUS. 3. Cada programa de doutoramento deberá contar cunha persoa coordinadora e cunha persoa secretaria da CAPD, conforme o Regulamento de Réxime Interno da EDIUS. 4. Só se poderá exercer a coordinación dun único programa de doutoramento. Artigo 5. Profesorado do programa de doutoramento 1. Considérase profesorado do programa a toda persoa doutora adscrita formalmente a algunha das súas liñas de investigación descritas na memoria de verificación do título, sen prexuízo da posible colaboración en determinadas actividades específicas doutras persoas ou profesionais en virtude da súa relevante cualificación no correspondente ámbito de coñecemento. 2. Como regra xeral, un membro do PDI só poderá estar adscrito a un programa de doutoramento, sen prexuízo de que poida colaborar en actividades formativas doutros programas como convidado. En casos xustificados de desenvolvemento ou participación en dúas liñas de investigación claramente diferenciadas, poderase permitir a adscrición dun membro do PDI en dous programas de doutoramento, previa autorización da EDIUS. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 5 / 44 5 3. A adscrición do PDI da USC como membro dun programa de doutoramento doutra universidade requirirá a autorización expresa da EDIUS. 4. No caso de programas orixinados ao amparo de convocatorias competitivas estatais ou internacionais ou no caso de programas de doutoramento declarados polos órganos de goberno da USC como de relevancia institucional, as limitacións recollidas no punto 2 deste artigo non serán de aplicación para os efectos da adscrición do PDI a un destes programas, ben como profesorado das súas liñas de investigación, ben como membro da CAPD. CAPÍTULO II Novas propostas de programas de doutoramento, de modificación ou de extinción, e seguimento e acreditación dos existentes Artigo 6. Presentación e tramitación de novas propostas e de modificacións de programas de doutoramento 1. As novas propostas de programas de doutoramento poderán partir dos órganos de goberno da Universidade, de agrupacións de persoal investigador, de grupos de investigación ou da EDIUS. Por outra banda, as propostas de modificación dun programa de doutoramento partirán da súa CAPD. 2. Para a presentación de novas propostas de programas de doutoramento, deberá proporse unha Comisión Redactora da memoria de verificación. Os membros desta Comisión deberán ser PDI con vinculación permanente coa USC e cumprir os mesmos requisitos académicos que os exixidos para ser membro dunha CAPD. Tras a aprobación da declaración de intencións do novo programa de doutoramento por parte do Consello de Goberno, procederase ao nomeamento desta comisión por parte do reitor ou reitora. 3. O calendario e os criterios de aprobación de novas propostas e de modificacións dos programas de doutoramento existentes serán establecidos anualmente pola Universidade, mediante acordo do Consello de Goberno. 4. Tanto nas novas propostas de programas de doutoramento como nas modificacións dos existentes, a EDIUS velará polo cumprimento dos requisitos xerais establecidos polas normativas estatal e autonómica, e a súa adecuación aos principios da estratexia en materia de I+D+i e da formación doutoral da Universidade. Artigo 7. Seguimento e renovación da acreditación dos programas de doutoramento 1. Conforme o disposto no Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade, e o Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, e a súa modificación recollida no Real Decreto 576/2023, do 4 de xullo, cada seis anos desde a data da súa verificación inicial ou desde a anterior renovación da acreditación, os programas de doutoramento deberán someterse a un procedemento de avaliación para renovar a súa acreditación. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 6 / 44 6 2. A EDIUS contará cun Sistema de Garantía Interna de Calidade (en diante, SGIC) no cal se fixarán os termos para o seguimento anual dos seus programas de doutoramento. Artigo 8. Extinción dos programas de doutoramento 1. A Universidade regulará, conforme a normativa xeral na materia, o procedemento de extinción dos programas de doutoramento que oferte. 2. Son causas de extinción dun programa de doutoramento as seguintes: a) Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento. b) Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente. c) Que a CAPD e/ou a EDIUS formule proposta de extinción do programa ao amparo dos procesos de revisión e mellora do título. d) Cando concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento. e) No caso de programas de doutoramento conxuntos, cando se propoña a retirada do programa dalgunha das universidades participantes. f) Por razóns de estratexia académica da USC e consecuente reorganización da súa oferta de titulacións; en particular, no caso de reformulación de programas de doutoramento con liñas de investigación complementarias, a proposta da EDIUS. 3. A extinción dun programa de doutoramento supoñerá: a) A perda do seu carácter oficial e a baixa no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (en diante, RUCT). b) A imposibilidade de matricular novas persoas doutorandas no programa de doutoramento. c) A obrigación de informar da extinción do programa de doutoramento e das súas consecuencias no desenvolvemento dos seus estudos a todas as persoas doutorandas matriculadas no programa. 4. A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos das persoas doutorandas matriculadas nun programa a extinguir nos termos establecidos na resolución de extinción. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 7 / 44 7 CAPÍTULO III Admisión e matrícula nos estudos de doutoramento Artigo 9. Requisitos xerais de acceso aos estudos de doutoramento 1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster Universitario, ou equivalente, sempre que sumen en conxunto un mínimo de 300 créditos ECTS. 2. Así mesmo, poderán acceder aos estudos de doutoramento aquelas persoas que se atopen nalgún dos seguintes supostos: a) Estar en posesión de títulos universitarios oficiais españois ou títulos españois equivalentes sempre que se superasen como mínimo 300 créditos ECTS no conxunto e se acredite un nivel 3 do MECES. b) Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros pertencentes ao Espazo Europeo de Educación Superior (en diante, EEES), sen necesidade da súa homologación, que acredite un nivel 7 do Marco Europeo de Cualificacións, sempre que o devandito título faculte para o acceso aos estudos de doutoramento no seu país de expedición. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que estea en posesión a persoa interesada nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso aos estudos de doutoramento. c) Estar en posesión dun título obtido conforme a sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES, sen necesidade da súa homologación, previa comprobación pola Universidade de que o título acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de Máster Universitario e que faculta o acceso aos estudos de doutoramento no país de expedición do título. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do que estea en posesión a persoa interesada nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso aos estudos de doutoramento. d) Estar en posesión dun título de Doutora ou Doutor. e) Estar en posesión dunha titulación universitaria que, previa obtención dunha praza na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superasen con avaliación positiva como mínimo dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en Ciencias da Saúde. Artigo 10. Requisitos específicos e criterios de admisión nun programa de doutoramento 1. Os requisitos específicos de admisión son aqueles que determina cada programa de doutoramento, en conformidade coa súa memoria de verificación, para a admisión das persoas doutorandas. En particular, poderase solicitar unha carta de referencia dun PDI do programa que avale a viabilidade da futura tese de doutoramento no marco da liña de investigación á que se vincule. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 8 / 44 8 2. Os criterios de admisión son os que permiten á CAPD establecer a prelación das solicitudes presentadas, en conformidade coa súa memoria de verificación, para a selección das persoas doutorandas. Os criterios respectarán, en todo caso, os principios constitucionais de mérito e capacidade xunto cos de igualdade e non discriminación. 3. Entre as persoas candidatas que cumpran os requisitos de acceso xerais e os específicos do programa no que solicitan o seu ingreso, a CAPD aplicará os criterios de admisión para a cobertura das prazas ofertadas. Cada programa de doutoramento deberá reservar, como mínimo, un 5 por cento das prazas ofertadas para persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, así como para aquelas con necesidades educativas especiais permanentes e que nos seus estudos anteriores tiveran precisado de recursos e apoios para a súa plena normalización educativa. As prazas que non se cubran nesta cota especial pasarán a formar parte da oferta xeral de prazas do programa. Artigo 11. Complementos formativos 1. Se a persoa candidata carece da formación previa completa esixida no programa de doutoramento, a admisión poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que deberán ser concretados para cada persoa doutoranda pola CAPD, cun máximo de 15 ECTS. 2. Estes complementos de formación poderán ser materias ou módulos de titulacións de Máster e/ou Grao e terán, para os efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento. 3. A realización destes complementos deberase levar a cabo e superarse no período inicial de desenvolvemento da tese, no prazo máximo dun curso académico a contar desde o momento en que a persoa doutoranda poida realizar a matrícula nos devanditos complementos. A non superación destes complementos formativos é unha das causas de baixa definitiva no programa de doutoramento, contempladas no artigo 23 deste Regulamento. Artigo 12. Persoas doutorandas con titulacións estranxeiras 1. As persoas doutorandas que estean en posesión de titulacións obtidas conforme a sistemas educativos estranxeiros alleos ao EEES que lle permitan o acceso aos estudos de doutoramento no país de expedición do título e sexan equivalentes á titulación que permite o acceso aos estudos oficiais de doutoramento que desexe realizar na USC poderán solicitar a súa admisión, ademais de nas convocatorias ordinarias de matrícula nos estudos de doutoramento, na convocatoria de matrícula anticipada habilitada para este tipo de estudantes. 2. Estas persoas doutorandas poderán matricularse sen esperar á resolución de recoñecemento do seu nivel de formación de estudios na USC, se ben a validez da súa matrícula quedará condicionada á emisión dunha resolución favorable. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 9 / 44 15 c) Non ter presentada a tese ou superada a súa defensa nos prazos establecidos. 4. Ante calquera baixa definitiva, a persoa doutoranda afectada poderá solicitar, por unha única vez e nun curso académico posterior, a matrícula noutro programa de doutoramento diferente na USC para desenvolver uns novos plans de investigación e de formación, previa autorización da EDIUS. 5. A matrícula no mesmo programa só será posible cando se derive dunha baixa definitiva de carácter administrativo, por unha única vez e tres cursos académicos despois de que se producise a citada baixa. Esta nova matrícula implica a anulación de todas as actuacións do expediente anterior. 6. A baixa definitiva nun programa de doutoramento realizarase mediante resolución reitoral. CAPÍTULO V Supervisión e seguimento do estudantado de doutoramento Artigo 24. Competencias e destrezas que debe adquirir a persoa doutoranda Os estudos de doutoramento garantirán, como mínimo, a adquisición por parte das persoas doutorandas das competencias básicas recollidas no Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento, así como aqueloutras que figuren no MECES. Artigo 25. Persoa titora de tese 1. A persoa titora é a responsable tanto da idoneidade como da adecuación da formación e da actividade investigadora da persoa doutoranda aos principios do seu programa de doutoramento e, no seu caso, da EDIUS. 2. No proceso de admisión definitiva dunha persoa doutoranda, a CAPD designará a persoa que titorice a tese, a quen corresponderá velar pola súa interacción coa CAPD e, de ser o caso, coa persoa directora da tese. 3. O PDI que actúe como persoa titora da tese debe cumprir os seguintes requisitos: a) Ter experiencia investigadora acreditada. Para os efectos deste Regulamento, enténdese por experiencia investigadora acreditada a posesión de, como mínimo, un período de actividade investigadora recoñecida pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (en diante, CNEAI) en aplicación do Real Decreto 1086/1989, do 28 de agosto, sobre retribucións do profesorado universitario. No caso de non estar en situación de poder acreditar a excelencia investigadora por esta vía, o PDI deberá contar con méritos de investigación equiparables. b) Formar parte do profesorado do programa de doutoramento no que está matriculada a persoa doutoranda a quen titorizará. c) Ter vinculación permanente coa USC ou atoparse en situación de excedencia temporal da USC por estar acollido a programas de excelencia investigadora. O Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 16 / 44 16 PDI sen vinculación permanente coa USC poderá ser asignado como persoa titora durante o tempo que se manteña a súa vinculación contractual coa USC. 4. Co fin de garantir o adecuado cumprimento das funcións que corresponden á persoa que asume a titorización da tese, a súa designación non poderá recaer naquelas persoas que teñan coa persoa doutoranda vínculo matrimonial ou situación de feito asimilable, parentesco por consanguinidade dentro do cuarto grao ou por afinidade dentro do segundo, así como situacións de conflitos de intereses ou persoais. O cumprimento destes requisitos quedará recollido no compromiso documental de supervisión indicado no artigo 28 deste Regulamento. 5. A CAPD poderá, oída a persoa doutoranda, modificar a designación de quen asuma as funcións de titorización da tese en calquera momento do período de realización dos estudos de doutoramento, sempre que concorran razóns xustificadas. 6. Cada tese de doutoramento só poderá ser titorizada por unha única persoa. 7. O traballo de titorización será recoñecido como parte da dedicación docente e investigadora do PDI. Artigo 26. Persoa directora da tese 1. No momento da admisión da persoa doutoranda nun programa de doutoramento, a CAPD asignaralle un PDI con experiencia investigadora acreditada, segundo o recollido no artigo 25.3.a), na liña de investigación na que se adscribe seu tema de estudo para exercer as funcións de dirección da tese. No caso de que a asignación non se poida efectuar nese momento, realizarase no prazo máximo de tres meses desde a data da matrícula da persoa doutoranda nos estudos de doutoramento. 2. A persoa directora da tese será a máxima responsable da planificación, coherencia e idoneidade das actividades de formación e investigación, así como da orixinalidade, impacto e a novidade da tese de doutoramento no seu campo de coñecemento e, no seu caso, da súa adecuación a outros proxectos e actividades nos que participe a persoa doutoranda. 3. Poderá exercer a dirección da tese calquera persoa doutora española ou estranxeira con experiencia investigadora acreditada con independencia da universidade, centro ou institución en que preste os seus servizos. 4. Co fin de garantir o adecuado cumprimento das funcións que corresponden ao PDI que dirixe a tese, estas non poderán recaer naquelas persoas que teñan coa persoa doutoranda vínculo matrimonial ou situación de feito asimilable, parentesco por consanguinidade dentro do cuarto grao ou por afinidade dentro do segundo, así como situacións de conflitos de intereses ou persoais. O cumprimento destes requisitos quedará recollido no compromiso documental de supervisión. 5. A CAPD poderá autorizar a codirección da tese por parte de persoas doutoras que non posúan experiencia investigadora acreditada a condición de que cumpran, como mínimo, un dos seguintes requisitos: a) Participar nos últimos 6 anos, ben como persoa investigadora principal ou como membro do equipo de investigación, nun proxecto de investigación financiado Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 17 / 44 17 mediante convocatoria pública competitiva (excluíndo os proxectos de convocatorias propias de universidades). b) Acreditar nos últimos 6 anos a autoría ou coautoría de, como mínimo, cinco contribucións de impacto científico recoñecido, por exemplo, en revistas incluídas no Journal Citation Reports (en adiante, JCR) ou en Scopus, na súa área de coñecemento e no campo científico da tese a dirixir. Naquelas áreas nas que estes índices non sexan relevantes, estes poderán substituírse polas bases de datos relacionadas pola CNEAI para as devanditas áreas. Nos campos científicos nos que polas características da investigación desenvolvida e/ou pola súa tradición non sexa aplicable o criterio anterior, substituirase por un requisito comparable, segundo o establecido pola CNEAI para eses campos científicos. c) Acreditar a autoría ou coautoría dunha patente con explotación. d) Ter dirixido, como mínimo, unha tese de doutoramento coa cualificación de sobresaliente cum laude ou apto cum laude, ou cualificación equivalente noutros países, que dese lugar a unha ou máis publicacións en revistas de impacto científico recoñecido, en particular aquelas incluídas no JCR ou en Scopus, ou a algunha contribución científica publicada relevante derivada da tese no seu campo de coñecemento, segundo os criterios da CNEAI para ese campo científico concreto. e) Ter dirixido ou participado en proxectos e/ou contratos de investigación industrial e/ou de innovación empresarial, no caso de teses que opten á “Mención de doutoramento industrial”. 6. A USC habilitará un rexistro de posibles persoas directoras e codirectoras de teses, que incluirá a aquel persoal investigador que pode exercer a dirección e codirección daquelas na USC segundo os criterios recolleitos nos puntos 3, 4 e 5 deste artigo. Unha vez incorporada unha persoa investigadora neste rexistro, non será necesaria a actualización dos méritos requiridos para a súa permanencia no mesmo. A incorporación deberá ser solicitada pola CAPD á EDIUS e motivada pola asignación da persoa investigadora para exercer a dirección de tese. 7. O número máximo de persoas que poderán exercer a dirección dunha tese será de dúas, agás nas seguintes circunstancias, nas que o número poderá ser de tres: a) Que a tese posúa interdisciplinariedade temática e que as tres persoas directoras propostas pertenzan a ámbitos de coñecemento diferenciados. b) Que a tese se desenvolva no marco dun proxecto de investigación estatal ou internacional obtido mediante convocatoria competitiva en colaboración con outro centros ou institucións estatais ou estranxeiras. c) Que a tese se desenvolva en réxime de cotutela con máis dunha universidade estranxeira. Nestes casos, unha das tres persoas directoras necesariamente deberá asumir a titorización da tese. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 18 / 44 18 8. Será necesaria a autorización da EDIUS para a asignación dunha persoa directora, previa proposta da CAPD, nos seguintes casos: a) Inclusión dunha segunda persoa directora na dirección da tese transcorridos 36 meses desde o inicio dos estudos de doutoramento cando a persoa doutoranda teña dedicación completa ou de 63 meses cando a súa dedicación sexa a tempo parcial. Para dedicacións de tempo mixtas, aplicarase a pro rata correspondente mediante a fórmula recollida no artigo 20.1. Esta incorporación deberá vir acompañada dunha modificación do plan de investigación e/ou do plan de formación, de xeito que se reflictan as achegas da nova persoa directora á supervisión do traballo de tese. Esta inclusión non poderá realizarse para quen estea no período de prórroga dos seus estudos de doutoramento. b) Inclusión dunha terceira persoa que exerza a dirección de tese. 9. A CAPD poderá revogar con posterioridade a nova dirección se, ao seu xuízo, non beneficia o desenvolvemento da tese. 10. Se quen dirixe a tese pode exercer tamén a titorización da persoa doutoranda, asumirá as dúas funcións. 11. A CAPD poderá, oída a persoa doutoranda, modificar a designación da persoa que asume a dirección da tese en calquera momento do período de realización dos estudos de doutoramento, sempre que concorran razóns debidamente xustificadas. 12. O traballo de dirección de tese será recoñecido como parte da dedicación docente e investigadora do profesorado da Universidade. 13. O número máximo de teses de doutoramento que poderá dirixir de forma simultánea un membro do PDI será determinado pola CAPD. En ningún caso se poderá exceder o valor de 10. Para o cómputo deste valor, as direccións unipersoais terán asignado un valor de 1, mentres que as direccións conxuntas terán un valor de 0,6. 14. O Código de Boas Prácticas na Investigación da Universidade e o Código de Boas Prácticas da EDIUS incluirán as directrices aplicables á dirección de teses de doutoramento en consonancia co disposto neste Regulamento. Artigo 27. Perfil autorizado Considerarase como perfil autorizado a persoa que exerza as funcións de titorización ou dirección dunha persoa doutoranda, designada segundo o criterio da CAPD e responsable de trasladar todos os informes de avaliación e de realizar as xestións pertinentes a través da plataforma informática da Universidade. Artigo 28. Compromiso documental de supervisión 1. O compromiso documental de supervisión é o documento que recolle as funcións de supervisión, tutela e seguimento das persoas doutorandas. 2. No compromiso documental de supervisión especificaranse as condicións de realización da tese, os dereitos e deberes da persoa doutoranda, os aspectos relativos aos dereitos de propiedade intelectual ou industrial derivados da investigación doutoral desenvolvida, ademais da aceptación do procedemento de resolución de conflitos. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 19 / 44 19 Ademais, incluiranse tamén os deberes e dereitos das persoas que exerzan a titorización e dirección da tese. 3. O compromiso documental de supervisión será asinado pola persoa doutoranda, as persoas titora e directoras da tese, así como por aquelas que coordinen o programa de doutoramento no que a persoa doutoranda estea matriculada. A sinatura do compromiso documental de supervisión realizarase a través da Secretaría Virtual da Universidade antes da aprobación dos plans de investigación e de formación por parte do perfil autorizado e a CAPD. 4. No caso de que se produzan cambios nas condicións de realización da tese, será necesaria a firma dun novo compromiso documental de supervisión. Así mesmo, no caso de modificación da persoa que titoriza a tese e/ou de incorporación ou cambio da que a dirixe, será necesaria a firma dun novo compromiso documental de supervisión. Artigo 29. Documento de actividades 1. O documento de actividades das persoas doutorandas é o rexistro individualizado e de control do seu traballo de doutoramento. 2. Unha vez efectuada a matrícula no programa de doutoramento, este documento materializarase para cada persoa doutoranda para os efectos do rexistro da súa actividade doutoral. 3. Este documento deberá axustarse ao formato establecido e rexistrarse na aplicación informática, onde deberá quedar constancia documental que acredite a realización e validación de todas as actividades formativas de interese relacionadas co desenvolvemento da tese de doutoramento. 4. As persoas doutorandas anotarán no seu documento de actividades en cada curso académico aquelas que realicen no contexto do programa e da tese, dentro dos prazos marcados pola Universidade. Os rexistros do documento de actividades serán posteriormente valorados e validados polo perfil autorizado e avaliado anualmente pola CAPD. Artigo 30. Plan de investigación e plan de formación persoal 1. O plan de investigación proporcionará a información relativa á investigación que levará a cabo unha persoa doutoranda, incluíndo o estado da arte da investigación a desenvolver, a metodoloxía que se empregará, os obxectivos a alcanzar, ademais dos medios e a planificación temporal para facelo. A lingua na que se redacten os plans de investigación e de formación deberá corresponderse coa lingua de redacción da tese de doutoramento. 2. O plan de formación da persoa doutoranda contará cunha previsión das distintas actividades formativas que se desenvolverán durante o período de formación doutoral para complementar a súa formación académica en termos de coñecemento, competencias e habilidades, tanto transversais como específicas, así como a súa formación investigadora. Como mínimo, o plan de formación deberá conter aquelas actividades de formación de carácter obrigatorio establecidas por parte do programa de doutoramento na memoria de verificación da titulación. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 20 / 44 20 3. No seu primeiro curso académico, as persoas doutorandas deberán presentar os plans de investigación e de formación antes de que finalicen os seis primeiros meses naturais desde a data da súa matrícula e, en todo caso, antes de finalizar o primeiro curso académico. Os plans deberán ser aprobados pola CAPD, previo informe do perfil autorizado, quen deberá informar ás demais persoas que exerzan a dirección e/ou titorización da tese, segundo corresponda. 4. A non presentación pola persoa doutoranda do plan de investigación e do plan de formación no prazo marcado pola Universidade será causa de baixa definitiva no programa de doutoramento, segundo o recollido no artigo 23 deste Regulamento. 5. O plan de investigación e o plan de formación poderanse modificar, mellorar e detallar ao longo da permanencia da persoa doutoranda no programa mediante a presentación de novos plans, que contarán co aval do perfil autorizado, quen deberá informar ás demais persoas directoras e/ou titora, segundo corresponda, así como coa aprobación da CAPD. 6. No caso de rexeitamento do plan de investigación e/ou do plan de formación pola CAPD, que será debidamente motivado, a persoa doutoranda deberá presentar un novo plan de investigación e/ou de formación no prazo marcado pola CAPD, que non poderá exceder os tres meses desde a data de rexeitamento do plan inicial. A non presentación do plan de investigación e/ou do plan de formación ou unha segunda valoración negativa por parte da CAPD supoñerá o rexeitamento definitivo do plan de investigación e/ou do plan de formación e, por tanto, a baixa definitiva da persoa doutoranda no programa de doutoramento. Artigo 31. Avaliación anual 1. Anualmente, a CAPD avaliará o progreso da persoa doutoranda tendo en conta o plan de investigación, o plan de formación e o documento de actividades, para o que dispoñerá dos informes que deberá emitir o perfil autorizado. 2. No caso de que a CAPD detecte carencias importantes e, polo tanto, a persoa doutoranda reciba unha avaliación anual negativa, que será debidamente motivada mediante informe da CAPD, aquela deberá ser reavaliada segundo o prazo fixado pola Universidade, que nunca excederá os seis meses desde a anterior avaliación, para demostrar a superación das carencias sinaladas previamente pola CAPD. 3. No caso de que as devanditas carencias continúen existindo, a CAPD deberá emitir un informe negativo definitivo debidamente motivado, previa audiencia coa persoa interesada. Contra a avaliación negativa definitiva, a persoa doutoranda poderá solicitar a súa revisión de forma motivada ante a CAPD nos prazos marcados pola USC. 4. No caso de desestimación da súa reclamación, a persoa doutoranda causará baixa definitiva no programa mediante resolución reitoral. Fronte esta resolución a persoa doutoranda poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o reitor ou reitora. Artigo 32. Mobilidade das persoas doutorandas 1. A mobilidade consiste no desenvolvemento dunha estancia de investigación realizada durante os estudos de doutoramento nunha institución externa respecto daquela na que Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 21 / 44 21 a persoa doutoranda estea matriculada, co fin de completar algunha das fases do desenvolvemento da súa tese. 2. No ámbito dos estudos de doutoramento, no presente Regulamento diferéncianse dous tipos de estancias: a) A mobilidade entrante, que se define como a estancia das persoas doutorandas doutras universidades na USC. Para elas, requirirase a formalización dunha matrícula por estancia nun dos programas de doutoramento da Universidade, previa aceptación pola CAPD do devandito programa, e a asignación dunha persoa investigadora do programa como titora da estadía. b) A mobilidade saínte, que comprende todas as estancias das persoas doutorandas da USC noutras universidades, centros de investigación, institucións, entidades, empresas ou administracións nas que realizarán actividades directamente relacionadas co desenvolvemento da tese. Dentro desta categoría atópanse tanto as estancias que permitirán optar á Mención Internacional como aquelas que non, con independencia da orixe do seu financiamento. Para a realización das mobilidades saíntes é imprescindible o informe previo e favorable da persoa que dirixe a tese e da CAPD do programa no que estea matriculado a persoa doutoranda, así como o informe da CAPD unha vez realizada a estancia. Este último formalizarase a través do documento de actividades da persoa doutoranda e do informe anual, previa presentación da certificación xustificativa da estancia emitida polo centro receptor. 3. As estancias de mobilidades relacionadas coas teses en cotutela establecidas mediante convenio rexeranse segundo o establecido neste Regulamento ou convenio específico formalizado para cada persoa doutoranda que desenvolva a súa tese nesta modalidade. Artigo 33. Resolución de queixas, controversias e recursos 1. As controversias que xurdan en relación cos axentes implicados no desenvolvemento do programa e a tese de doutoramento serán presentadas polas persoas interesadas ante a CAPD do seu programa de doutoramento ou ante a EDIUS, dependendo de cal sexa o órgano que ten en primeira instancia a competencia sobre o contido da queixa ou reclamación. As competencias dos distintos órganos están recollidas no Regulamento de Réxime Interno da EDIUS. 2. No caso de conflitos interpersoais cuxa competencia sexa ostentada pola EDIUS, a Comisión de Calidade, como órgano interno con competencias para a análise e resolución de conflitos, será a encargada de mediar entre as partes. Os ditames desta comisión terán carácter de recomendación e non excluirán a posibilidade de que as partes, unha vez emitido o ditame, se acollan, en caso de perdurar o seu desacordo, aos procedementos oficiais de reclamación previstos pola normativa da USC. 3. Os acordos dos órganos colexiados da EDIUS serán executados pola persoa que ostente a súa dirección. Os acordos das CAPD serán executados pola coordinación do correspondente programa de doutoramento. Contra estas resolucións poderase presentar recurso de alzada perante o reitor ou reitora conforme as disposicións establecidas nos Estatutos da Universidade. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 22 / 44 22 CAPÍTULO VI A tese de doutoramento Artigo 34. A tese de doutoramento 1. A tese de doutoramento consistirá nun traballo orixinal de investigación relacionado co campo científico, técnico ou artístico do programa de doutoramento cursado pola persoa doutoranda que deberá capacitala para o traballo autónomo no ámbito da I+D+i. 2. A tese de doutoramento deberá incluír, como mínimo, un resumo, unha introdución, os obxectivos e hipóteses, a metodoloxía xeral, a análise dos resultados e a súa discusión, as conclusións xerais e a bibliografía. Estas partes deberán indicarse de xeito claro na tese para facilitar a súa identificación e lectura. 3. A CAPD autorizará unha tese para o seu depósito e defensa sempre que cumpra os criterios de calidade recollidos na memoria de verificación do programa de doutoramento. 4. Se na tese se fai uso ou se reproduce parcial ou totalmente os contidos dunha ou máis contribucións derivadas da investigación desenvolvida polo persoa doutoranda durante a súa etapa de formación doutoral, deberán observarse os seguintes requisitos: a) Incluír ao comezo da tese a relación de contribucións que achegan contidos a esta, especificando: i. O nome e a filiación de todos as persoas coautoras e a súa orde, así como a referencia completa das contribucións, a editorial e o ISSN ou ISBN para os libros e capítulos de libro. No caso de contribucións con aceptación definitiva e que no momento da presentación da tese aínda non estivesen publicadas, engadirase o seu código de identificación (o DOI nas publicacións dixitais), de ser o caso. ii. Os indicios de calidade das contribucións, como o factor de impacto das revistas nas que se atopan no ano de publicación, a posición relativa na categoría á que pertencen e/ou outros significativos. iii. Indicación dos capítulos nos que se inclúen ou reproducen os contidos das contribucións. iv. No caso de coautoría nas contribucións, identificación clara e inequívoca das achegas da persoa doutoranda. b) Incluír como anexos da tese: i. A autorización da revista/editorial para o uso do material derivado das contribucións presentes na tese de doutoramento no caso de que se excedan os límites recollidos na normativa estatal que regula os dereitos de propiedade intelectual e de explotación. De non contar coa devandita autorización, a persoa doutoranda deberá prover unha versión publicable da tese para o repositorio institucional cos contidos dos que se careza de autorización modificados convenientemente, de tal forma que non se contraveñan os dereitos de explotación da editorial. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 23 / 44 23 ii. No caso de publicacións en acceso aberto, indicación expresa do tipo de licenza e/ou ligazón á declaración de libre acceso por parte da revista ou editorial. c) As teses monográficas que inclúan contidos derivados de contribucións aceptadas ou publicadas deberán respectar sempre a estrutura formal recollida no artigo 34.2 deste Regulamento, polo que non poderán reproducir literalmente as devanditas contribucións como un ou máis capítulos ou bloques da tese. Ademais, os contidos presentes nas contribucións científicas que non sexan orixinais da persoa doutoranda só poderán introducirse na tese de forma resumida, co único obxectivo de dotar de comprensibilidade e coherencia ao traballo de investigación persoal desenvolvido pola persoa doutoranda. d) A persoa doutoranda deberá presentar como documentación adicional no momento de solicitude de defensa unha declaración responsable indicando que a súa aportación nas contribucións que achegan contidos á tese é orixinal e substancial, xunto coa identificación detallada da distribución das tarefas realizadas por todos as persoas coautoras. Este documento será tamén asinado pola persoa que dirixe a tese de doutoramento. Artigo 35. A lingua da tese de doutoramento 1. A tese de doutoramento redactarase, como norma xeral, en galego ou castelán. Ademais, en atención aos vínculos lingüísticos e históricos existentes entre o galego e o portugués, a tese tamén poderá estar redactada en lingua portuguesa. 2. A tese tamén poderá ser escrita e, de ser o caso, defendida nunha das linguas habituais de comunicación dos ámbitos científicos, técnicos ou artísticos do programa de doutoramento, e que serán definidas por cada programa. Nestes casos, deberase incluír ao comezo da tese un resumo en lingua galega non inferior a 3.000 palabras. Poderán tamén incluírse outros resumos de similar extensión noutras linguas. 3. A lingua de redacción da tese será autorizado pola CAPD a través da aprobación dos plans de investigación e de formación da persoa doutoranda. 4. No caso de que a tese se redacte nunha lingua distinta do galego ou castelán, a CAPD deberá garantir que tanto as persoas externas que avalíen a tese como os membros do tribunal proposto estean en condicións de xulgar a tese na lingua correspondente. 5. O título, o resumo, a introdución, os obxectivos e hipóteses, a metodoloxía xeral, a análise dos resultados e a súa discusión, as conclusións xerais e a bibliografía da tese deben estar redactadas na lingua seleccionada, aínda que poden incluírse referencias, mencións, achegas ou apéndices realizados pola persoa doutoranda e/ou por outras persoas autoras na lingua na que foron publicados. 6. Nas teses por compendio de publicacións, o corpo da tese estará redactado na lingua maioritaria das publicacións incluídas no compendio, sempre que non se empregue unha das linguas oficiais da Universidade. 7. As peculiaridades respecto á lingua no caso das teses que opten á mención de “Doutoramento Internacional” e aquelas en réxime de cotutela establecidas nos artigos 38 e 40 deste Regulamento, respectivamente, serán de obrigado cumprimento. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 24 / 44 24 8. A Comisión Executiva da EDIUS velará polo cumprimento do establecido neste artigo. Artigo 36. Tese con protección de dereitos 1. Enténdese por teses con protección de dereitos aquelas que se derivan da participación de empresas no proxecto de investigación, nas que existan convenios de confidencialidade e aquelas que poidan posibilitar a xeración de dereitos de propiedade industrial, por exemplo, en forma de patentes, que recaian sobre o contido e os resultados da tese. 2. Previa solicitude formal por parte da persoa doutoranda e co aval das persoas que titorizan e dirixen a tese, procederá asinar un compromiso de confidencialidade e custodia que garanta a non difusión dos devanditos contidos. Este compromiso será informado pola CAPD do programa e aprobado pola EDIUS. Ademais, todas as persoas que participen no proceso de avaliación da tese deberán tamén asinar o compromiso de confidencialidade: persoas que exerzan a titorización e a dirección da tese, membros da Comisión Executiva da EDIUS especialistas no campo de coñecemento da tese e membros do tribunal. 3. Este tipo de tese estará sometida á seguinte garantía formal: contará cunha versión reducida, da que se eliminarán os contidos afectados polo deber de non difundir ou polo deber de segredo ou confidencialidade, e cunha versión completa, que quedará arquivada na EDIUS. 4. A versión reducida da tese de doutoramento, que coincidirá co contido da exposición da persoa doutoranda no acto de defensa público da tese, será a que se presente ante a CAPD e a que se deposite para a súa consulta pola comunidade científica. No caso de que algún membro da CAPD solicite o acceso á versión completa da tese, deberá asinar o consecuente acordo de confidencialidade. A versión completa será entregada aos membros da Comisión Executiva da EDIUS especialistas no campo de coñecemento da tese e aos membros do tribunal para a súa avaliación. Se o tribunal, no acto de defensa, desexa formular cuestións á persoa doutoranda sobre os contidos protexidos, farao nunha sesión privada, con carácter previo ou posterior á defensa pública. 5. No caso de aprobación da tese, a versión reducida será a que se publique no repositorio institucional. Realizadas as oportunas proteccións ou vencido o prazo de confidencialidade, substituirase dita versión reducida pola tese completa. Artigo 37. Tese por compendio de publicacións 1. Enténdese por “tese por compendio de publicacións” aquela que, ademais de cumprir todo o previsto no artigo 34.4, consista nun conxunto de, como mínimo, tres contribucións científicas elaboradas pola persoa doutoranda durante a etapa de realización da tese e que conten coa aceptación definitiva ou estean xa editadas en publicacións de ámbito e prestixio nacional ou internacional relevante con revisión anónima por pares. Estas publicacións deben estar recollidas en revistas de impacto recoñecido no campo científico correspondente, por exemplo, aquelas incluídas no JCR ou en Scopus. Nos campos para os que non sexa aplicable este criterio, este poderá substituírse polas bases de datos relacionadas pola CNEAI para os respectivos campos. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 25 / 44 31 caso de que se presenten as modificacións ou correccións da tese en prazo, a CAPD dispoñerá, desde a data de presentación do requirido, dun prazo máximo dun mes para remisión á EDIUS do informe, neste caso favorable ou desfavorable. c) Desfavorable, que deberá estar suficientemente motivado academicamente. 4. Tras o informe favorable da CAPD e a comprobación de que o expediente está completo e correcto, abrirase un período de exposición pública de dez días hábiles en período lectivo, garantindo a máxima difusión institucional para que calquera persoa doutora poida examinar a tese e formular por escrito, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas, dirixidas á EDIUS. 5. Finalizado o período de exposición pública, a EDIUS autorizará ou non a defensa da tese tras a súa valoración, tendo en conta o informe da CAPD e as alegacións recibidas, de ser o caso, e sen prexuízo de convocar ou solicitar informe á persoa doutoranda, á persoa directora da tese e á CAPD e/ou contar co asesoramento doutras persoas doutoras especialistas na materia. 6. No caso de denegación da continuidade da tramitación, ditarase resolución pola dirección da EDIUS debidamente motivada, indicando os defectos que se deberán corrixir na tese antes de proceder a unha nova solicitude de depósito. 7. No caso de autorización da defensa da tese, procederase ao nomeamento dos membros do tribunal e á comunicación da devandita designación. 8. O prazo máximo para o acto da defensa da tese é o indicado no artigo 43.5. Artigo 42. Tribunal avaliador da tese 1. A CAPD, oída a persoa directora da tese (e, de ser o caso, a persoa titora), propoñerá unha relación de oito membros para o tribunal que a avaliará. 2. No caso de autorizar a trámite a defensa da tese, a EDIUS designará o tribunal encargado de xulgala, entre os oito membros propostos pola CAPD. 3. O tribunal contará con tres membros titulares e tres suplentes, un por cada titular, agás nos casos de teses que posúan interdisciplinariedade temática, nos que o tribunal poderá estar conformado por cinco membros titulares e cinco suplentes, sempre que se observen os límites orzamentarios que se establezan polo Consello de Goberno. Para a súa conformación, os tribunais respectarán os seguintes requisitos xerais: a) Todos os membros que integren o tribunal deberán estar en posesión do título de Doutora ou Doutor e contar con experiencia investigadora acreditada no campo de coñecemento da tese de doutoramento nos termos recollidos no artigo 25.3.a). En todo caso, o tribunal estará formado por unha maioría de membros externos á USC e ao programa de doutoramento, garantíndose unha composición equilibrada de homes e mulleres, tal e como indica a disposición adicional primeira da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes. Para a conformación dos tribunais de teses, considerarase como persoal asimilado á USC: i. O profesorado xubilado da Universidade. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 32 / 44 32 ii. O persoal investigador contratado de centros e institutos mixtos de investigación nos que participe a USC. iii. O profesorado alleo á Universidade que forme parte do programa de doutoramento. b) O tribunal titular non poderá estar formado por máis dun membro dunha mesma institución ou persoal asimilado desa institución, excepto nos casos das teses en cotutela nas que o número de membros do tribunal sexa superior a tres, segundo o establecido no correspondente convenio. c) Non poderán ser membros do tribunal: i. As persoas que exerzan a dirección da tese de doutoramento nin, de ser o caso, a súa titorización, salvo nos casos de teses en cotutela ou con acordos bilaterais con universidades estranxeiras nos que así o especifique o correspondente convenio. ii. As persoas coautoras das publicacións derivadas da tese. iii. As persoas que incorran en calquera dos motivos de abstención establecidos no apartado 2 do artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. iv. As persoas doutoras que se atopen en situación de baixa laboral. 4. O profesorado universitario que estea en situación de excedencia, servizos especiais ou en comisión de servizos poderá formar parte dos tribunais de teses de doutoramento. No caso de excedencias ou comisións que comporten unha prestación de servizos noutra universidade, centro de investigación ou administración pública, considerarase que o profesorado pertence á institución na que estea a prestar os seus servizos. 5. Na designación do tribunal deberanse observar, de ser o caso, os seguintes requisitos especiais: a) Para as teses de doutoramento en réxime de cotutela vía convenio ou de programas derivados de convocatorias competitivas estatais ou internacionais que así o teñan establecido e cuxo acto de defensa se celebra na USC, o número de membros titulares do tribunal e a súa composición concreta determinaranse no preceptivo convenio. b) Para a obtención do título de Doutora ou Doutor con mención de “Doutoramento Internacional”, terá que formar parte do tribunal titular, cando menos, unha persoa experta que sexa doutora pertencente a unha institución de ensino superior ou centro de investigación estranxeiro que non sexa a responsable da titorización da estadía de investigación, ou de ser o caso, da maior parte das estancias indicadas no artigo 38 deste Regulamento. Neste caso, nomearase unha persoa doutora pertencente a unha institución de ensino superior ou centro de investigación estranxeiro como membro titular e outra como suplente. Artigo 43. Defensa da tese 1. Unha vez autorizada a defensa pública da tese pola EDIUS, a persoa doutoranda deberá efectuar o pago dos prezos dos dereitos de exame do grao de Doutora ou Doutor. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 33 / 44 33 2. Con carácter previo ao acto público de defensa da tese, o tribunal avaliador dispoñerá do documento de actividades da persoa doutoranda coas actividades formativas levadas a cabo e os informes das persoas expertas externas, así como, no seu caso, a resposta da persoa doutoranda aos devanditos informes. O documento de actividades non dará lugar a unha puntuación cuantitativa, pero si constituirá un instrumento de avaliación cualitativa que complementará a avaliación da tese de doutoramento. 3. O acto de defensa pública da tese de doutoramento consistirá na exposición oral pola persoa doutoranda do traballo de investigación realizado, a súa metodoloxía, contidos e as súas conclusións, facendo especial mención das súas achegas orixinais. 4. No acto de defensa da tese, os membros do tribunal deberán expresar a súa opinión sobre esta e poderán formular cantas cuestións e obxeccións consideren oportunas, ás que a persoa doutoranda deberá responder. As persoas doutoras presentes no acto poderán formular cuestións e obxeccións, ás que a persoa doutoranda deberá tamén responder, todo isto no momento e forma que sinale a presidencia do tribunal. 5. A defensa da tese terá lugar nun prazo máximo de tres meses que se deberán contar desde o día seguinte ao da súa autorización pola EDIUS, excepto causas debidamente xustificadas non imputables á persoa doutoranda e previa autorización da EDIUS. De superarse este prazo, deberán reiniciarse os trámites para a autorización da defensa da tese pola EDIUS. 6. A persoa secretaria do tribunal, por orde da presidencia deste, convocará o acto de defensa da tese cunha antelación mínima de sete días naturais, indicando o día, a hora e o lugar, de todo o cal dará comunicación á CAPD. A Universidade fará a publicidade pertinente. 7. A defensa da tese deberase realizar nunha sesión pública durante o período lectivo do calendario académico nun centro da USC. 8. A defensa da tese poderá ser presencial, híbrida ou telemática. a) Terá a consideración de defensa presencial aquela na que a persoa doutoranda e a maioría dos membros do tribunal, así como as demais persoas asistentes estean de forma presencial no acto. b) A defensa híbrida será aquela na que a persoa doutoranda e, polo menos, un membro do tribunal se atopen de xeito presencial no acto de defensa, podendo asistir o resto de participantes de xeito presencial ou telemático. c) Finalmente, a defensa telemática será aquela na que todos os membros do tribunal e a persoa doutoranda participen no acto de defensa de maneira non presencial. En todo caso, a celebración do acto de defensa por medios telemáticos estará supeditada a que se garantan os requisitos técnicos e administrativos necesarios para a defensa da tese. 9. A reitora ou reitor poderá permitir a celebración do acto de defensa presencial en universidades, entidades ou organismos colaboradores diferentes da USC. 10. Se antes do acto de defensa algún membro do tribunal titular non puidese asistir, incorporarase o suplente correspondente. Excepcionalmente, por motivos de imposibilidade de constitución do tribunal, e previa solicitude da CAPD, a dirección da EDIUS poderá cambiar a condición dos membros do tribunal, respectando o establecido neste Regulamento. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 34 / 44 34 11. No caso de imposibilidade de constitución do tribunal, a presidencia deste poderá convocar un novo acto dentro dos dous días seguintes ou fixar unha nova data que respecte un prazo mínimo de sete días de publicidade e non supere os tres meses desde a data de autorización da defensa da tese. CAPÍTULO VIII O título de Doutora ou Doutor Artigo 44. Cualificación da tese de doutoramento 1. Concluído o acto de defensa da tese, o tribunal emitirá un informe sobre esta e expresará a cualificación global concedida de acordo coa seguinte escala: non apto, aprobado, notable e sobresaliente. A presidencia do tribunal comunicará, en sesión pública, a cualificación outorgada. 2. A persoa que exerza a secretaría do tribunal levantará acta de colación do título de Doutora ou Doutor, que incluirá información relativa ao desenvolvemento do acto de defensa da tese e a expresión da cualificación outorgada. Se se opta á mención de “Doutoramento Internacional” e/ou á mención de “Doutoramento Industrial”, a persoa secretaria do tribunal incluirá na acta correspondente de colación do título a certificación de que se cumpren os requisitos esixidos. 3. O tribunal poderá propoñer que a tese obteña a mención de “cum laude”se a cualificación global é de sobresaliente e se emite en tal sentido o voto secreto positivo por unanimidade. A concesión final da devandita mención realizarase con posterioridade, en sesión diferente á da defensa da tese. 4. A persoa secretaria do tribunal será responsable da custodia da documentación correspondente á defensa da tese e deberá remitila debidamente cuberta ao Servizo de Xestión Académica no prazo máximo de cinco días hábiles posteriores á defensa da tese para o seu arquivo e documentación. Calquera outra situación poderá ser regulada por instrución da Secretaría Xeral. Artigo 45. Arquivo da tese de doutoramento 1. Concluído o procedemento para a obtención do título de Doutora ou Doutor, a USC procederá ao arquivo da tese en formato electrónico e en acceso aberto no repositorio institucional Minerva e remitirá un exemplar da tese, en formato electrónico, así como toda a información complementaria que sexa necesaria, ao Ministerio competente na materia para a súa publicación nun repositorio estatal. 2. Nas teses con protección de dereitos ás que se refire o artigo 36 deste Regulamento, os procedementos que garantan o cumprimento dos devanditos dereitos habilitaranse mediante acordo do Comité de Dirección da EDIUS. 3. En circunstancias excepcionais xustificadas, a persoa doutoranda poderá solicitar o aprazamento da publicación da súa tese no repositorio institucional por un período máximo de 12 meses ante a EDIUS, que resolverá a petición. En caso de denegación, a persoa doutoranda poderá presentar recurso ante a reitora ou reitor. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 35 / 44 35 Artigo 46. Título de Doutora ou Doutor 1. A superación dos estudos de doutoramento dará dereito á obtención do título de Doutora ou Doutor, coa denominación que figure no RUCT. 2. No caso de programas de doutoramento exclusivos da USC, a denominación dos títulos de Doutora ou Doutor será: Doutora ou Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela. 3. Así mesmo, a expedición material do título incluirá información que especifique o programa de doutoramento cursado, ademais das mencións que correspondan (“cum laude”,“Doutoramento Internacional”, “Doutoramento Industrial”), de acordo co establecido ao respecto na normativa sobre expedición de títulos universitarios oficiais. As teses en réxime de cotutela levarán unha dilixencia no anverso do título co texto “Tese en réxime de cotutela coa Universidade U”ou a que estableza a normativa vixente. 4. Para os programas xurdidos de convocatorias competitivas estatais ou europeas e programas interuniversitarios, actuarase segundo os convenios e acordos establecidos e a lexislación estatal na materia. CAPÍTULO IX O Premio extraordinario de doutoramento Artigo 47. Premio extraordinario de doutoramento 1. As teses de doutoramento defendidas na USC que alcancen a cualificación de sobresaliente cum laude e que resulten especialmente meritorias poderán ser obxecto da mención honorífica de “Premio Extraordinario de doutoramento”, cunha proposta de premio extraordinario por cada dez teses defendidas ou fracción. 2. O Consello de Goberno aprobará as bases xerais de concesión dos premios extraordinarios e o Comité de Dirección da EDIUS a convocatoria específica anual, na que se incluirá a relación de criterios xerais e específicos, de ser o caso, que se aplicarán na selección das teses para a obtención do premio. A EDIUS velará en todo momento polo cumprimento da convocatoria. 3. A EDIUS nomeará anualmente os tribunais encargados de elaborar a proposta de concesión dos premios extraordinarios de doutoramento. Os requisitos para poder ser membro do tribunal estarán recollidos na convocatoria anual. 4. Os tribunais enviarán as propostas de concesión á EDIUS para a súa posterior aprobación polo Consello de Goberno. O Servizo de Xestión Académica notificará ás persoas adxudicatarias a concesión do premio, anotándoo no seu expediente académico. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 36 / 44 36 CAPÍTULO X Dereitos e deberes das persoas doutorandas, titoras e directoras adscritas á EDIUS Artigo 48. Dereitos e deberes das persoas doutorandas adscritas á EDIUS 1. Son dereitos e deberes das persoas doutorandas adscritas á EDIUS os establecidos no Real Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do estudante universitario, os establecidos nos Estatutos da Universidade, de ser o caso, os incluídos no compromiso documental de supervisión e no Código de Boas Prácticas da EDIUS, e de ser o caso, aqueles fixados no Estatuto do persoal investigador predoutoral en formación e os que se citan a continuación, sen prexuízo doutros que poidan establecerse por lei. 2. Son dereitos das persoas doutorandas: a) Recibir unha formación investigadora de calidade, que promova a excelencia científica e atenda á equidade e á responsabilidade social. b) Contar cunha persoa titora que oriente o seu proceso formativo, así como cunha ou máis persoas directoras que supervisen a realización da tese de doutoramento. c) Solicitar, razoadamente, a designación dunha persoa que exerza a dirección da de tese ou a substitución da persoa titora e/ou a persoa directora. d) Solicitar, de forma xustificada, a dedicación a tempo parcial, as prórrogas ou baixas temporais. e) Ter acceso aos recursos necesarios para o desenvolvemento da súa tese de doutoramento. f) Procurar a súa integración en grupos e redes de investigación. g) Coñecer a carreira profesional de investigación e que se promovan oportunidades para o seu desenvolvemento. h) Recibir orientación profesional por parte das persoas directoras de tese, independentemente da súa situación contractual. i) Participar en programas e convocatorias de axudas para a formación investigadora e para a mobilidade nacional e internacional. l) Contar co recoñecemento e coñecer os mecanismos de protección da propiedade intelectual, industrial e de explotación a partir dos resultados da tese de doutoramento e dos traballos de investigación nos termos que se establecen na lexislación vixente na materia. m)Ser recoñecidas, mencionadas e/ou citadas, dentro das súas contribucións reais, como persoas coautoras de traballos, artigos, comunicacións, informes, patentes e outros nos que participasen de maneira relevante. n) Ser consideradas como persoal investigador en formación, de conformidade co indicado no Estatuto do persoal investigador, na Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, na Carta Europea do Investigador e no Real Decreto 99/2011, do 28 de xuño, e a súa modificación polo Real Decreto 576/2023, do 4 de xullo. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 37 / 44 37 o) Ter representación nos órganos de goberno como persoal investigador en formación nos termos establecidos nos Estatutos da Universidade e nos seus regulamentos. p) Participar no seguimento dos programas de doutoramento e nos procesos de avaliación institucional, nos termos previstos no SGIC e demais normativa vixente. 3. Son deberes das persoas doutorandas: a) Formalizar a matrícula e aboar os prezos públicos establecidos en todos os cursos académicos de forma sucesiva, desde a admisión no programa ata a defensa de tese. b) Desenvolver as actividades formativas programadas nos estudos de doutoramento, documentalas no rexistro individualizado de control, levar a cabo a investigación e formación obxecto dos plans de investigación e de formación persoal baixo o seguimento e supervisión das persoas que exerzan a titorización e dirección da tese. c) Aceptar, asinar e respectar o compromiso documental de supervisión. d) Atender, observar e seguir as indicacións e recomendacións que lle fagan as persoas que exerzan a titorización e dirección da tese en relación coas actividades formativas programadas e a investigación desenvolvida, e informalas das iniciativas propias. e) Informar regularmente as persoas que exerzan a titorización e a dirección da tese da realización de tales actividades formativas e da evolución do traballo de investigación, dos resultados obtidos e dos problemas que poidan aparecer no seu desenvolvemento. f) Presentar nos prazos establecidos pola CAPD os plans de investigación e de formación persoal, así como a documentación xustificativa das actividades realizadas e incluídas no documento de actividades individualizado, para someterse á avaliación da actividade realizada no prazo previsto pola normativa. g) Observar os principios e prácticas éticas fundamentais e recoñecidos correspondentes ás súas disciplinas, así como as normas éticas recollidas nos diversos códigos deontolóxicos estatais, sectoriais ou institucionais. h) Garantir na medida en que sexa posible que o seu traballo sexa relevante para a sociedade e non duplique outro realizado previamente, evitando o plaxio de todo tipo e respectando a propiedade intelectual conxunta de datos cando a investigación sexa realizada en colaboración con outras persoas investigadoras. i) Seguir en todo momento prácticas de traballo seguras, conforme á lexislación estatal, incluída a adopción das precaucións necesarias en materia de saúde, seguridade e recuperación de accidentes informáticos, e respectar o Código de Boas Prácticas en Investigación eoCódigo de Boas Prácticas da EDIUS. l) Cumprir as normas e condicións relativas á publicación, autoría, propiedade intelectual e industrial e os dereitos de autor. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 38 / 44 38 m) Gardar a debida confidencialidade sobre o desenvolvemento do seu traballo, manter en segredo a información obtida e empregala exclusivamente, cando proceda, co obxecto de realizar a tese de doutoramento. n) Fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá a través da difusión por diversos medios das súas actividades de investigación á sociedade e dunha forma que poida ser comprendida polas persoas non especialistas, contribuíndo así a diseminar e mellorar a comprensión da ciencia por parte do público, co fin de que se considere o coñecemento científico como un ben común. o) Someterse ás regras de organización e uso de bens e equipos do centro onde realice a investigación e facer bo uso deles. p) Coñecer os mecanismos de financiamento, de ser o caso, debendo solicitar todos os permisos necesarios antes de iniciar o seu traballo ou acceder aos recursos proporcionados. q) Informar ás persoas que exerzan a titorización e dirección da tese se o obxectivo de investigación se atrasa, se redefine, se completa, se abandona ou se suspende. 4. No compromiso documental de supervisión asinado pola Universidade e a persoa doutoranda farase referencia a estes dereitos e deberes. Artigo 49. Dereitos e deberes das persoas titoras e directoras de teses de programas adscritos á EDIUS 1. Son dereitos e deberes das persoas titoras e directoras de teses de programas adscritos á EDIUS os incluídos no compromiso documental de supervisión e no Código de Boas Prácticas da EDIUS, así como os que se citan a continuación, sen prexuízo doutros que poidan establecerse por lei. 2. Son dereitos das persoas titoras e directoras de teses: a) Formar parte da EDIUS, de acordo coas normas establecidas no Regulamento dos estudos de doutoramento da Universidade e no Regulamento de Réxime Interno da propia EDIUS. b) Establecer e trasladar á persoa doutoranda as pautas, criterios e metodoloxías que considere adecuados para a elaboración da investigación que titorizan ou dirixen, así como da formación que debe realizar. c) Recibir información completa e puntual do progreso da investigación realizada pola persoa doutoranda e dos resultados obtidos, así como das actividades formativas realizadas. d) Presentar a renuncia motivada á titorización ou á dirección dunha tese de doutoramento. e) Ser oídas nas solicitudes de prórroga, baixas, avaliación dos plans de investigación e de formación persoal e calquera outro asunto que afecte ás actividades que desenvolvan as persoas doutorandas que titorizan ou dirixen. f) Informar sobre a pertinencia do inicio de depósito dunha tese titorizada ou dirixida. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 39 / 44 39 g) Recibir o recoñecemento que proceda pola dirección ou titorización de tese, como parte da dedicación docente e investigadora do profesorado. h) Participar en actividades de formación para persoas titoras e directoras de tese que poidan ser ofertadas pola EDIUS para cumprir de forma responsable coas funcións de supervisión das persoas doutorandas. i) Todos aqueles que sexan recoñecidos pola lexislación, os Estatutos e as normas propias da Universidade. 3. Á persoa que exerce a titorización correspóndelle: a) Velar pola adecuada interacción da persoa doutoranda coa CAPD e colaborar coa dirección de tese asesorándoa no proceso de formación da persoa doutoranda, facilitando información, orientación e recursos para a aprendizaxe. b) Velar pola adecuación da formación da actividade investigadora da persoa doutoranda ás liñas do programa de doutoramento correspondente. c) Orientar á persoa doutoranda nas actividades docentes e de investigación do programa. d) Aceptar, asinar e respectar o compromiso documental de supervisión da tese. e) Subscribir o seu compromiso de cumprir o Código de Boas Prácticas da EDIUS. f) No caso de que as persoas que exercen a dirección da tese sexan persoal docente e/ou investigador alleo á USC, avaliar as estancias e actividades necesarias para a obtención da mención de “Doutoramento Internacional” ou a memoria de traballo e actividades desenvolvidas para a obtención da mención de “Doutoramento Industrial”. g) Todas aquelas obrigacións establecidas na lexislación xeral, na normativa da Comunidade Autónoma e nos Estatutos e normas propias da USC. 4. Á persoa que exerce a dirección da tese correspóndelle: a) Dirixir as tarefas de investigación e supervisar a formación da persoa doutoranda, de maneira que se asegure a coherencia e idoneidade das actividades formativas, do impacto e novidade da tese, así como da adecuada planificación da investigación. b) Facilitar a configuración do itinerario curricular das persoas doutorandas baixo a súa dirección. c) Facilitar á persoa doutoranda os medios e a contorna científica adecuada. d) Encomendar á persoa doutoranda actividades que estean exclusivamente relacionadas coa súa condición de persoal investigador en formación. e) Aceptar, asinar e respectar o compromiso documental de supervisión da tese. f) Avaliar o plan de investigación e as actividades realizadas no ámbito da tese para realizar o informe anual da persoa doutoranda. Neste documento terán en conta tanto as actividades realizadas como o desenvolvemento dos plans de investigación e de formación, segundo o procedemento establecido pola Universidade. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 40 / 44 40 g) Velar por que as persoas doutorandas sigan prácticas de traballo seguras e acordes cos principios éticos da súa especialidade e conforme a lexislación vixente, para o que establecerán o plan formativo necesario. h) Velar por que as persoas doutorandas adopten as medidas necesarias para cumprir coas esixencias legais en materia de protección de datos e confidencialidade, para o que establecerán o plan formativo necesario. i) Velar por que as persoas doutorandas coñezan e cumpran as condicións relativas á propiedade intelectual e industrial, para o que establecerán o plan formativo necesario. l) Velar por que as persoas doutorandas coñezan os obxectivos estratéxicos que rexen o seu ámbito de actividade e os mecanismos de financiamento. m)Instar ás persoas doutorandas a que soliciten todos os permisos necesarios ou realicen a formación preliminar necesaria antes de iniciar o seu traballo ou acceder aos recursos proporcionados. n) Subscribir o seu compromiso de cumprir o Código de Boas Prácticas da EDIUS. o) Avaliar as estadías e actividades necesarias para a obtención da mención de “Doutoramento Internacional” ou a memoria de traballo e actividades desenvolvidas para a obtención da mención de “Doutoramento Industrial”. 5. Cada persoa doutoranda contará cun perfil autorizado, que será aquela persoa que sendo titora ou directora comprométese a dar traslado á aplicación informática dos informes necesarios para o seu seguimento, regulado polo Real Decreto 99/2011, do 28 de xuño, e a súa modificación polo Real Decreto 575/2023, do 4 de xullo (plans de investigación e de formación persoal, documento de actividades, informe anual e outros). A designación desta persoa é competencia da CAPD. 6. O incumprimento das obrigacións do perfil autorizado nos prazos marcados pola Universidade para os distintos trámites de avaliación das persoas doutorandas será notificado á CAPD para que traslade o requirimento pertinente ou poida tomar a decisión de substituíla nas súas funcións de titorización e/ou dirección de tese, así como dalo de baixa como PDI do programa de doutoramento, de ser o caso. Disposición adicional única Todo o PDI recollido no rexistro de persoas directoras da USC na data de entrada en vigor do presente Regulamento poderán seguir exercendo as funcións de supervisión das persoas doutorandas baixo a súa dirección. Ademais, todo o PDI que estea activo no rexistro de persoas directoras na data de entrada en vigor deste Regulamento poderá participar en codireccións de tese, asimilando os seus méritos aos establecidos no artigo 26.5 deste Regulamento. Disposición transitoria primeira. Excepcións á aplicación do presente Regulamento Este Regulamento aplicarase a todas ás persoas doutorandas matriculadas con anterioridade á entrada en vigor do presente Regulamento, coas seguintes excepcións: Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/0B41-1ED3-4B42-9193 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 0B41-1ED3-4B42-9193 41 / 44