Full text
Grao en Mestra de Educación Primaria Curso 2014-15 Traballo Fin de Grao As saídas escolares en Educación Primaria: unha necesidade de onte e de hoxe Autora: Rosa Mouzo Villar Titor: Xosé Armas Castro Santiago, xullo, 2015
As saídas escolares en Educación Primaria: unha necesidade de onte e de hoxe Las salidas escolares en Educación Primaria: una necesidad de ayer y de hoy School trips at Primary school: a past and present need
Resumo As saídas escolares son actividades académicas dun importante valor no proceso de ensino-aprendizaxe. Este tipo de prácticas introduciuse na escola da man dos movementos de renovación pedagóxica co propósito de unir aprendizaxe e experiencia, de establecer un vínculo estreito entre a escola e o contexto que a rodea. As saídas didácticas foron pensadas para romper esa barreira entre a escola e a comunidade, e polo tanto, é fundamental a súa integración no currículo de Educación Primaria, xa que contribúen a un desenvolvemento pleno dos alumnos e alumnas, tanto desde o nivel educativo coma desde o nivel persoal. A indagación que realizamos con seis mestras de educación primaria da área próxima a Carballo pon de manifesto que os mestres utilizan habitualmente este recurso e consideran que ofrece moitas vantaxes educativas, aínda que non están exentas de dificultades e obstáculos. Palabras chave: saídas escolares, educación primaria, concepcións do profesorado, cuestionario Resumen Las salidas escolares son actividades académicas de un importante valor en el proceso de enseñanza-aprendizaje. Este tipo de prácticas se introdujo en la escuela por medio de los movimientos de renovación pedagógica con el propósito de unir aprendizaje y experiencia, de establecer un vínculo estrecho entre la escuela y el contexto que la rodea. Las salidas didácticas han sido pensadas para romper esa barrera entre la escuela y la comunidad, y por lo tanto, es fundamental su integración en el currículo de Educación Primaria, ya que contribuyen a un desenvolvimiento pleno de los alumnos y alumnas, tanto desde el nivel educativo como desde el nivel personal. La indagación que realizamos con seis maestras de educación primaria de una área próxima a Carballo pone de manifiesto que los maestros utilizan habitualmente este recurso y consideran que ofrece muchas más ventajas educativas, aunque no está exento de dificultades y de obstáculos. Palabras clave: salidas escolares, educación primaria, concepciones del profesorado, cuestionario
Abstract School trips are academic activities of vital importance in the teaching-learning process. This practice was introduced in schools thanks to educational renovation movements in order to join learning and experience as well as establish a strong bond with the school and its surroundings. School trips were conceived so as to break that barrier between the school and community. Therefore, its implementation in the curriculum of Primary Education is essential as they contribute to an enriching personal and educational development among the pupils. The research that has been done concerning six primary school teachers near Carballo clearly shows that teachers frequently use this resource as they firmly believe it has several educational advantages even though it also does have drawbacks. Key words: school trips, primary education, teacher´s perceptions, questionnaire.
Índice 1. Introdución ................................................................................................................................ 2 2. Obxectivos ................................................................................................................................. 3 3. Metodoloxía .............................................................................................................................. 4 4. As saídas escolares como actividades innovadoras en educación ............................................ 7 4.1. Orixes.................................................................................................................................. 8 4.2. Diferentes tipos de saídas ................................................................................................ 10 4.3. Deseño e desenvolvemento das saídas ........................................................................... 11 4.4. Valoración ........................................................................................................................ 13 5. Os mestres de primaria e as saídas escolares ......................................................................... 16 5.1 Aspectos que ten en conta o profesorado de cara ás saídas escolares ............................ 18 6. As concepcións e as prácticas do profesorado informante .................................................... 19 6.1 Análise dos cuestionarios .................................................................................................. 21 6.1.1. Frecuencia e destinos ................................................................................................ 21 6.1.2 Actividades desenvolvidas ......................................................................................... 23 6.1.3 Vantaxes educativas ................................................................................................... 26 6.1.4 Nivel de satisfacción ................................................................................................... 27 6.1.5 Obstáculos .................................................................................................................. 27 7. Conclusións.............................................................................................................................. 28 8. Referencias bibliográficas ....................................................................................................... 31 Anexos ......................................................................................................................................... 33 1. Modelo de cuestionario ...................................................................................................... 34 2. Cuestionarios cubertos........................................................................................................ 37 2.1 Cuestionario M1 ............................................................................................................ 37 2.2 Cuestionario M2 ............................................................................................................ 46 2.3 Cuestionario M3 ............................................................................................................ 52 2.4 Cuestionario M4 ............................................................................................................ 57 2.5Cuestionario M5 ............................................................................................................. 61 2.6 Cuestionario M6 ............................................................................................................ 65
2 1. Introdución Ó pensar en saídas escolares probablemente todos e todas lembremos algunhas nas que participamos de nenos/as, aínda que pasaran xa moitos anos, pois como apunta Molina (2010), non cabe dúbida que as saídas escolares teñen unha importancia de primeira orde no proceso de ensino-aprendizaxe de todo alumno. Seguramente recordemos lugares que visitamos, anécdotas que vivimos cos nosos compañeiros/as e contidos curriculares que traballamos durante esa actividade extraescolar, pois quedaron gardados para sempre na nosa memoria, fundamentalmente porque contan con dous compoñentes significativos: a motivación e a diversión. Estas actividades constitúen unha apertura ó mundo para os nenos e nenas, xa que lles brindan a oportunidade de experimentar, de observar, de manipular, de vivir en directo, ó tempo que obteñen coñecementos, amplían destrezas ou fomentan o desenvolvemento persoal. Para que estas prácticas acaden un bo resultado no proceso de ensino-aprendizaxe do noso alumnado, é preciso facelos partícipes delas, pois como sinala Wass (1992): Ó examinar o entorno proporcionámoslles ós alumnos unha oportunidade de exercer as súas destrezas en situacións nas que é preciso resolver problemas reais, en especial se tiveron algunha influencia na planificación e no desenvolvemento das excursións. Calquera que sexa a denominación que empreguemos para referirnos a elas (Travé 2003), as saídas de investigación, visitas educativas, itinerarios didácticos ou saídas escolares, como preferimos denominalas,son un recurso didáctico que ten lugar fóra da aula cun importante valor educativo, pero tamén social. A súa posta en práctica permite experimentar in situ contidos do currículo dunha maneira máis amena e atractiva, escapando do academicismo máis estéril. Dado que toda saída está pensada para un grupo, os nenos/as teñen que convivir cos compañeiros/as, e polo tanto deben acatar unhas normas, chegar a acordos, cooperar entre eles/as, etc., o que provoca que se desenvolvan socialmente a un ritmo moito maior do que o farían na aula. Deste xeito, as saídas contribúen á súa formación como alumnos, a nivel educativo, e como individuos dunha sociedade, a nivel persoal.
3 Ademais, son unha boa ferramenta para conseguir que a escola e a sociedade se unan eliminando as barreiras que as separa, estando tan próximas e tan afastadas ó mesmo tempo, como ilustra este pequeno fragmento tirado do filme A lingua das bolboretas 1 : Non sei se vostedes se decataron, pero achégase a primavera, de xeito que en canto o tempo se asente un pouco, a clase de historia natural darémola no campo. A vostedes gústalles a natureza? Xa, non se detiveron a mirala. Ás veces resúltanos alleo algo que temos ó noso carón, algo no que participamos todos os días sen reparar nel, por iso a escola debe ir máis alá das paredes da aula. As saídas didácticas son un bo instrumento para combater isto, proporcionándolle ó alumnado unha aprendizaxe significativa sobre o mundo que o rodea. 2. Obxectivos Este Traballo Fin de Grao (de aquí en diante TFG) concibímolo como unha aproximación ó estudo das saídas escolares. Consideramos que é importante reflexionar sobre elas durante o proceso da nosa formación para así asentarmos mellor a súa utilidade educativa e tirarlle todo o rendemento posible no futuro como mestres/as de educación primaria. A liña na que se insire este TFG é de iniciación á investigación. Ó abeiro desta modalidade realizamos un traballo de campo a través da distribución de cuestionarios que nos serven para aproximarnos ás representacións que teñen os mestres/as dunha pequena área (que delimitaremos máis adiante) sobre as saídas didácticas. Deste xeito, os obxectivos que vertebran este traballo son: 1. Levar a cabo unha revisión da bibliografía existente en relación coa práctica das saídas escolares en xeral, e en particular en educación primaria. 2. Identificar as representacións dos mestres/as sobre estas actividades atendendo ás utilidades, beneficios, dificultades, etc. 1 José Luís Cuerda (dir) (1999), producida por Sogetel, Las Producciones del Escorpión, Grupo voz, 91’,32’’.
4 3. Realizar suxestións de liñas de mellora para que estas experiencias educativas produzan os efectos máis beneficiosos. Nun traballo destas características é necesario realizar unha revisión da bibliografía que consideramos máis relevante, tanto do ámbito nacional coma internacional, que nos ofreza unha panorámica da situación das saídas didácticas nas diferentes etapas educativas, aínda que nos centraramos especialmente na educación primaria por ser a especialidade á que pertencemos. Tamén nos resultou interesante, máis alá da información e dos coñecementos que nos achega a bibliografía especializada, coñecermos as ideas que o profesorado ten sobre estas actividades a través dun cuestionario de preguntas abertas no que deron conta de todo aquilo que consideraron pertinente sobre as saídas: a súa preparación, desenvolvemento e reflexión; as súas vantaxes e utilidades pedagóxicas; o nivel de satisfacción tanto do profesorado como do alumnado e as dificultades ou obstáculos cos que se atopan. Para finalizar, despois de revisarmos a bibliografía e analizar os datos obtidos no traballo de campo, contrastando a información obtida dunha e doutra análise, consideramos que é proveitoso propoñer algunhas ideas coas que mellorar, se cabe, estas experiencias educativas fóra da aula. Isto sería interesante tanto desde o ámbito educativo coma desde o persoal, xa que as saídas escolares abren a escola ó contorno establecendo unha conexión entre o alumnado e a vida, aprendéndolle a observar, interpretar e valorar, promovendo relacións persoais e valores democráticos (Armas 2012). 3. Metodoloxía Como xa se pode inferir a partir da epígrafe anterior, este traballo realizámolo principalmente en tres fases consecutivas: consulta bibliográfica, traballo de campo a través de cuestionarios a unha mostra de mestres e análise dos resultados obtidos. Comezamos realizando a consulta dos estudos previos existentes sobre as saídas escolares que nos foron abrindo camiño nun tema que para nós era descoñecido.
5 Neste terreo resultáronnos especialmente útiles os traballos de Vilarrasa (2003), del Carmen (2003), Travé (2003), Ruíz Medina (2008), e Armas (2012), para o caso español, e Wass (1992), Kisiel (2005) ou Dillon (2006) nos países da nosa contorna. Posteriormente, realizamos un traballo de campo aplicando un cuestionario a unha mostra de mestres da área noroccidental da provincia da Coruña. Para a recollida de información utilizamos un cuestionario de preguntas abertas coas que pretendiamos obter información rica e detallada sobre as concepcións e representacións que este profesorado ten sobre as saídas escolares na educación primaria. A nosa finalidade era comprender, analizar e explicar nun contexto determinado unha práctica educativa concreta: as saídas didácticas. Non nos interesaba obter unha grande cantidade de datos, senón descricións interpretativas en profundidade, que nos permitisen obter información detallada a pequena escala e que nos ofrecese unha maior profundidade no que respecta ó estudo destas prácticas educativas (Blaxter, Hugues e Tight, 2008). Elaboramos un cuestionario composto por once preguntas, todas elas de resposta aberta para que quedase constancia de todo aquilo que as persoas entrevistadas considerasen oportuno sobre estas actividades fóra da aula, e sobre cada un dos interrogantes, estando focalizada a atención nas motivacións, o desenvolvemento, as vantaxes e utilidades e os obstáculos cos que se poden atopar. Dado que o noso obxectivo era elaborar un estudo detallado das saídas escolares nunha área xeográfica limitada e próxima, seleccionamos o profesorado que participaría na nosa pescuda e os lugares de traballo deste en función da facilidade de acceso aos informantes e da súa voluntariedade de participación. Ademais, ó tratarse dunha investigación de tipo cualitativo, consideramos que a confianza á hora de responder ás preguntas ía facilitar que se desinhibisen máis á hora de contestar e que fosen o máis explícitos posibles nas respostas. Contamos con seis informantes pertencentes ó ensino primario que, para non revelar a súa identidade, referirémonos a eles como M1, M2, M3, M4, M5 e M6. M1. Mestra da especialidade de música, de 33 anos de idade e sete anos de experiencia no ensino público. Adoita levar a cabo festivais nos que o alumnado interpreta no escenario diversas actividades representadas coa música e os seus
12 A comprensión por parte de alumnos e alumnas dos propósitos da saída e do seu papel nelas. A súa participación na preparación, desenvolvemento e traballo posterior á saída. A relación das saídas cos contidos e actividades que se traballan na aula. Polo tanto, é imprescindible unha integración curricular, o que implica uns obxectivos, desenvolvemento, medios e recursos, así coma unha avaliación, en relación coa saída didáctica (Travé, 2004). Tamén é necesario o “diálogo previo” que lle defina ó alumnado os referentes concretos ós que se aproximarán a través da actividade que terá lugar fóra da aula, así coma a delimitación dos instrumentos conceptuais, dos procedementos que posúe o seu alumnado e das expectativas que marcan de cara á saída didáctica (del Carmen, 2003; Ruíz Medina, 2008). Os nenos son o elemento central das nosas saídas escolares, pois cando as proxectamos dentro das nosas actividades educativas é para lograr unha aprendizaxe máis efectiva, como resultado de mesturar coñecemento científico e experiencias vividas. Para que isto sexa posible debemos facer que sexan partícipes de todo o proceso, e así a saída será significativa para o alumnado. Isto serviranos tamén para ver de onde partimos (cales son os coñecementos que os nenos levan da aula) e a onde chegamos (se adquiriron novos coñecementos, se reformularon outros, etc.). Se temos isto en conta, cómpre levar a cabo unha saída didáctica despois de ter contacto durante un tempo co noso alumnado, xa que para que esta funcione é necesario coñecelos, saber os coñecementos que teñen, os seus gustos e as súas reaccións a diferentes estímulos. Pero ademais, se estamos a preparar unha saída en educación primaria, tamén debemos ter en conta outros aspectos que destaca Ruíz Medina (2008): a comida, o calzado, a vestimenta e os complementos axeitados (gorra, protección solar...), e unhas normas de comportamento, podendo incluso facilitarlle todo isto nunha folla por escrito a cada alumno para que lembre mellor as normas e para que llas fagan coñecer tamén ós seus pais. Probablemente todo isto contribúa a que a saída conclúa cun maior éxito.
13 Tamén resulta imprescindible que os mestres realicen a saída antes de levar o grupo de estudantes (Wass, 1992). Isto permitiralles prever o tempo que se precisa, as paradas que se deben realizar, as actividades máis apropiadas en cada parada, así como os riscos e inconvenientes que cómpre evitar. Ruíz Medina (2008) traza as principais accións que se levan a cabo mentres se está a desenvolver a saída: realízanse diversas actividades segundo sexa o tipo de saída, vaise comentando o que vai ocorrendo e axudámoslles ós nenos a expresar as súas opinións e preferencias, reparamos naquilo que vemos, observando formas, tamaños, texturas, sons, podendo debuxar ou fotografar todo isto para recordalo mellor, etc. Todo isto permitiranos facer distintas actividades unha vez rematada a saída, ben na aula, ben en talleres no mesmo lugar ó que acudimos cos nenos (campo, museo, fábrica...), aínda que autores coma Anderson e Zhang (2003) insistan en que son moito máis importantes as actividades previas á saída que as que se realizan despois da saída.Na nosa opinión, consideramos que é moi importante realizar exercicios de síntese tamén, para que os nenos/as reflexionen detidamente sobre o que viron e viviron, e reparen na importancia da experiencia que ten lugar fóra da aula de principio a fin. É dicir, que o alumnado non interiorice a idea de que a saída foi unha experiencia anecdótica, senón unha vivencia útil para a súa formación, tanto educativa como persoal. Xa que o importante das saídas tamén é formar persoas, ademais de proporcionarlles coñecementos, podemos aproveitar para incorporar nelas outras dimensións, coma a educación ambiental, a educación para a saúde, etc., e promover unha nova relación dos nosos alumnos coa sociedade, como suxire Medir (2003). Deste xeito contribuíremos a formar cidadáns críticos, respectuosos e coidadosos co medio no que viven, con iniciativa para actuar e comprometidos coa creación dunha sociedade mellor. 4.4. Valoración O valor educativo e tamén social das saídas escolares está avalado por numerosos estudos (Medir, 2003, Vilarrasa, 2003, Travé, 2003, Anderson e Zhang: 2003, Dillon et
14 al., 2006 ou Armas, 2012). Como xa indicamos, este tipo de actividades teñen unha longa tradición que puido iniciarse, polo menos, a finais do século XVI. Os mestres/as que fan das saídas un elemento máis da aprendizaxe, en moitos casos un elemento central, opinan que se lle pode tirar tanto proveito a estas actividades fóra da aula coma ás que se levan a cabo na propia aula, ou incluso máis. En calquera caso, cando preparamos unha saída de forma adecuada, o feito de mesturar a realidade escolar coa realidade extraescolar probablemente resulte moi beneficioso. Se ademais a formulamos como unha experiencia motivadora para o noso alumnado, da que o facemos partícipe dende o comezo, seguramente contribuiremos a mellorar a súa autoestima, autonomía, sociabilidade, actitude cooperativa, etc. Actualmente, na era dixital, estamos illándonos cada vez máis da experiencia vivida. Cremos que o número de xente que vive practicamente nunha realidade virtual vai en aumento, e a súa sociabilidade redúcese ás redes sociais, ou a súa experiencia de visitar lugares, monumentos, etc., está mediada tecnoloxicamente. Isto pode ter aspectos positivos e negativos, pero sendo conscientes de que convivimos con isto, cremos que é importante que desde a escola apostemos pola experiencia directa e tamén fagamos ó noso alumnado partícipe dela e deixemos que expresen e comuniquen todo aquilo que senten, que observan. Medir (2003), despois de realizar unha investigación cualitativa acerca das saídas escolares, indica vinte razóns para saír da aula: 1. Ver e observar: ver na realidade o que se estuda na escola dunha forma guiada. 2. Vivir: no sentido socioafectivo, de poñerse no lugar do outro/a. 3. Ver e coñecer: referíndose a coñecer por primeira vez aspectos do medio, pero sen a implicación socioafectiva anterior. 4. Manipular: a importancia de manipular obxectos e elementos do medio fóra da aula.
15 5. Romper a monotonía: os cambios de ritmo da vida escolar son considerados positivamente. 6. Desenvolver a autonomía persoal: as situacións fóra da aula considéranse ideais para traballar este ámbito de traballo do coñecemento do medio. 7. Situarse noutro tempo histórico: as saídas dedicadas á historia considéranse tamén situacións privilexiadas para a comprensión do tempo histórico. 8. Desenvolver a imaxinación: momentos de incentivación. 9. Formular preguntas: as saídas son situacións diferentes do habitual, polo que as preguntas xorden con máis facilidade. 10. Desenvolver interese cara a: son os mellores momentos para traballar e desenvolver o interese e o achegamento dos alumnos cara a temas ambientais, patrimoniais. 11. Comportamentos e actitudes: momentos idóneos para traballalos. 12. Comparación: desenvolver a capacidade de comparar entre fenómenos e/ou espazos coñecidos e menos coñecidos. 13. Educar para o ocio: aproveitando os momentos de xogo e diversión presentes en case todo tipo de saídas. 14. Aprendizaxe do propio mestre/a: as actividades fóra dan a posibilidade ó docente de seguir aprendendo, especialmente cando a actividade é conducida por expertos externos. 15. Desenvolver a implicación social: a través da observación e da participación directa é máis fácil desenvolver as capacidades de “implicarse en” (capacidades de educación ambiental).
16 16. Socializar: as relacións entre o propio alumnado vense modificadas nas situacións no exterior; ou incluso as capacidades de relación con persoas alleas ó mundo escolar. 17. Andar: algunhas saídas serven para recordar o interese de andar pola cidade ou pola aldea ou pola natureza, como unha actividade saudable para o propio corpo e para o medio ambiente. 18. Arraigarse ó propio entorno: desenvolver a capacidade de arraigo á poboación, sexa aldea ou cidade. 19. Coñecer a tradición: especificamente, desenvolver o arraigo coas tradicións propias. 20. Convivir: traballar os comportamentos e as actitudes xerais de convivencia, especialmente nas saídas de máis dun día de duración. Concordando con Rosa Medir, cremos que todas estas razóns xustifican o valor que teñen as saídas escolares e defenden que se sigan realizando nas diferentes etapas educativas, nas diferentes partes do mundo. Por exemplo, un estudo realizado entre a University of British Columbia e a Science World British Columbia, que presentaron Anderson e Zhang (2003), revela que o 90% do profesorado opina que as saídas escolares son dun enorme valor educativo. E coma esa alta porcentaxe de mestres estadounidenses, moitos outros que seguiron os pasos trazados polos movementos renovadores, por Dewey, por Freinet, etc., vendo nas saídas a ruptura do distanciamento entre a realidade e a aula, entre a teoría e a práctica, pois son unhas das actividades de maior importancia didáctica que se poden levar a cabo na escola (Travé: 2003). 5. Os mestres de primaria e as saídas escolares Son moitos os docentes que incorporaron nas súas actividades escolares as saídas escolares ou que fan delas un elemento central na aprendizaxe. Pero no período de formación,os mestres contan coa preparación necesaria para poder levalas a cabo con
17 éxito no seu futuro como docentes? Experiméntano eles mesmos durante os anos de universidade? Rosa Medir (2003) dá conta da existencia dun dos mellores plans de estudo de maxisterio de España: o Plan Profesional de 1931, no que as saídas formaban parte inherente do desenvolvemento pedagóxico. Alumno deste plan foi Ferran Rahola, que tivo a oportunidade de aprender xeografía viva da man de xeógrafos de recoñecemento, coma Miquel Santaló. Deste xeito puido trasladar ás súas aulas experiencias coma as que el mesmo viviu mentres se estaba formando. Nos actuais estudos de grao en mestre en Educación Primaria tamén podemos atopar exemplos nos que o profesorado universitario leva a cabo nas súas aulas prácticas deste tipo para que os futuros docentes aprendan facendo. Armas (2003) describe unha saída didáctica que se realizou nos últimos anos na USC co alumnado da materia de Introdución ás Ciencias Sociais: consistía en aproveitar para traballar diferentes contidos da materia, pero ademais buscábase a reflexión dos alumnos/as sobre o uso didáctico destas actividades, que tamén lles sería de proveito para o seu futuro como docentes. Tras realizar a saída, o alumnado que participou nela afirmou que estas prácticas escolares proporcionan un coñecemento útil, en contacto directo coa realidade, contextualizado, que actúan como complemento e tamén como contraste do traballo na aula, e que desenvolven capacidades e actitudes dos estudantes. Ademais, algúns manifestan que é necesario preparar, organizar e desenvolver axeitadamente as saídas para tirar delas todo o proveito posible. En canto á reflexión, practicamente todos os alumnos ós que se lle fixo a consulta confirmaron que non se lles realizou ó longo dos seus estudos de mestre máis de 2 ou 3 saídas, o que resulta preocupante, xa que se trata “dunha titulación que debe capacitar os futuros mestres para deseñar e desenvolver diferentes estratexias didácticas, entre elas saídas e investigacións no entorno” (Armas, 2003, 676) Cabe ter en conta, que, como indican Bonil et al. (2005), a universidade, como institución vinculada ó seu medio, non pode alienarse dos retos que lle presenta a sociedade e ha de mostrar a capacidade de elaborar respostas funcionais e significativas. Este reto no caso da formación de mestres e mestras ten unha dobre
18 dimensión: cidadá (forma persoas que integran a sociedade) e profesional (forma persoas que adquiren como responsabilidade social unha parte significativa da educación dos nenos e nenas). Polo tanto, aínda que como apunta Armas (2003) na universidade se aprende dunha maneira máis autónoma e menos lúdica, seguen sendo necesarias as saídas didácticas, demostrando que tamén teñen a capacidade de producir coñecemento relevante e de favorecer o desenvolvemento de capacidades intelectuais e de actitudes críticas dos estudantes. 5.1 Aspectos que ten en conta o profesorado de cara ás saídas escolares Os docentes deben valorar múltiples aspectos á hora de realizar unha saída escolar co seu alumnado non só para evitar o espontaneísmo, senón tamén para aproveitar ó máximo as posibilidades didácticas, como afirma Travé (2003). Seguindo a del Carmen (2003), Ruíz Medina (2008), Anderson e Zhang (2003) e Dillon et al. (2006), o profesorado tamén debe examinar, á hora de realizar unha saída, os materiais dos que pode botar man ou que lles facilitan as entidades que van visitar (se é o caso) para preparala, a colaboración con ditas entidades, pero tamén os aspectos económicos, burocráticos, cronolóxicos e persoais, que ás veces poden resultar un obstáculo. En canto ós materiais, Anderson e Zhang (2003) consideran de moita importancia os materiais pre-visita, xa que interesa preparar co alumnado a saída e ver: a ónde imos, qué imos facer, porqué imos a alí e qué debemos observar. Deste xeito imos preparando o noso alumnado para que poida dar resposta a moitas preguntas que poden xurdir durante a saída, e así entenden a razón de realizar unha saída a un lugar determinado. Os materiais previos, así como as reunións preparatorias, charlas e explicacións van creando un ambiente pro-saída. No que se refire á economía, Anderson e Zhang (2003) revisaron diversos estudos internacionais, e en todos eles está presente o problema do custo das saídas escolares e do transporte. Se pensamos en realizar unha saída didáctica a un museo, ó teatro, ou a outros lugares nos que sexa obrigatorio obter un ticket para a entrada ó recinto, debemos contar co seu prezo e ver como enfrontamos ese gasto. Ademais, se a saída ó campo (parque natural, etc.) ou a calquera recinto se vai levar a cabo lonxe das inmediacións do centro escolar, necesitarase un autobús no que trasladar o alumnado,
19 polo que tamén será necesario contabilizar estoutro gasto e ver como se xestionan estas e calquera outras necesidades económicas que poidan xurdir. O tempo que emprega o profesorado en preparar unha actividade deste tipo e o conflito que poida haber no que se refire ó horario escolar en relación coas saídas son tamén variables importantes a ter en conta á hora de saír fóra da aula. Estas son prácticas que precisan de moitas horas de traballo: preparar materiais ou revisar outros que poidan proporcionar as entidades colaboradoras, deseñar clases preparatorias e clases posteriores, realizar a visita antes para observar todo o que se pode aproveitar e os obstáculos que se poidan presentar, dialogar coas familias do alumnado e cos responsables escolares, deseñar a visita tendo en conta todos os detalles, ou establecer unha comunicación entre o colexio e as entidades a onde se realiza a saída, xa que comparten responsabilidade para que se cubran diversas necesidades, como apuntan Anderson e Zhang (2003). A isto debemos engadir a preocupación do profesorado a miúdo pola seguridade dos alumnos e alumnas, os problemas de discapacidade que poidan ter algúns nenos, que tamén hai que ter en conta pola posible existencia de barreiras arquitectónicas que debemos evitar, ou mesmo pola propia inseguridade que poden sentir os docentes á hora de levar a cabo unha saída e de ensinar fóra da aula. Con todo, o desafío é buscar as estratexias que poidan axudarlle ós docentes a facer as experiencias das saídas máis eficaces e levalas a cabo máis a miúdo cunha maior facilidade e cun maior éxito, tanto para eles coma para o alumnado. 6. As concepcións e as prácticas do profesorado informante O cuestionario que empregamos para realizar o traballo de campo é un cuestionario aberto composto por once preguntascoas que pretendemos obter toda a información posible sobre a traxectoria profesional das mestras que o responderon e a súa relación coas saídas escolares. Empregamos unha linguaxe clara, sinxela e directa, e preguntas que se interrelacionan entre si para obter unha análise máis profunda sobre este tipo de prácticas escolares.
20 O noso propósito era indagar sobre o uso que se fai das saídas escolares nos centros educativos a partir do testemuño de seis mestras dunha área próxima ó concello coruñés de Carballo, nunha ampla área xeográfica situada na provincia da Coruña. Principalmente interesábanos coñecer o número medio de saídas que realizan, como é o proceso de preparación (antes, durante e despois), que tipo de materiais empregan para elaboralas, cales son os destinos que adoitan frecuentar, que vantaxes lles atopan, cales son os principais obstáculos cos que se encontran e cal é o seu nivel de satisfacción 3 . Unha vez elaborados os cuestionarios, dispuxémonos a aplicalos seguindo dous procedementos: por entrevista persoal e autoadministrándoos as informantes despois de enviarllos por correo persoal. No primeiro caso contestáronnos ás preguntas dúas mestras, as de máis idade, xa que lles era máis cómodo contestar ás preguntas a modo de entrevista. No segundo caso, as catro restantes, cunha idade comprendida entre os 31 e os 41 anos de idade, preferiron o segundo procedemento para poder reflexionar detidamente e entregar o cuestionario coas respostas o máis completas posibles. En calquera caso, despois de explicarlles o tipo de estudo que estabamos a realizar, informámoslles 4 que o cuestionario era anónimo e que a información que nel presentaran sería confidencial, coñecida unicamente na súa totalidade polos investigadores. As persoas que responderon os cuestionarios son na súa totalidade mulleres, cunha idade comprendida entre os 31 e os 58 anos. Todas elas desenvolven a súa actividade profesional en colexios públicos da área noroccidental da provincia da Coruña e contan cunha experiencia profesional de trinta e trinta e dous anos, no caso das máis veteranas, e de cinco, sete, oito e dez anos no caso das máis novas. 3 Véxase cuestionario completo no Anexo. 4 Aínda que lle fixemos esta advertencia, ó falar en persoa coas mestras que nos responden ós cuestionarios, na primeira páxina do cuestionario en papel recollemos isto mesmo por escrito para que quedase constancia disto en todo momento. (Véxase Anexo)
21 6.1 Análise dos cuestionarios Como fomos vendo ó longo destas páxinas, son moitos os estudos que avalan a integración das saídas escolares no proceso de ensino-aprendizaxe. É unha práctica con moita tradición, e a través dos cuestionarios que elaboramos interesábanos saber a súa situación hoxe en día nun ámbito educativo moi próximo a nós a través do testemuño das seis mestras que os contestaron. Presentamos a continuación a análise que realizamos das súas respostas atendendo á frecuencia e destinos das saídas didácticas, actividades desenvoltas, vantaxes educativas, satisfacción do profesorado e dificultades que poden atopar. 6.1.1. Frecuencia e destinos En primeiro lugar, en canto á frecuencia, na maioría dos casos (M3, M4 e M6) as mestras entrevistadas realizan unha media de tres saídas escolares por curso académico, ou o que é o mesmo, unha por trimestre. Nos tres casos restantes, atopamos respostas diferentes: O número máximo non é fixo, xa que depende do organigrama do centro, a disposición da directiva, a oferta de actividades que teñan as entidades culturais, a disposición do alumnado, etc. Ó depender de tantos factores non podo dar unha cifra xeral. Como mínimo unha ao ano. (M1) Habitualmente realízanse entre dúas e tres saídas por trimestre, aínda que ás veces xorde algunha outra a maiores. (M5) En canto ós destinos, as seis mestras responderon lugares diversos nos que realizar diferentes actividades para traballar contidos curriculares fóra da aula. Deste xeito, as saídas poden ser: No contorno do colexio No contorno próximo (visitas a fábricas, actividades deportivas –vela-...) A cidades próximas como Santiago de Compostela, A Coruña, Pontevedra, etc, que parecen ser os destinos máis frecuentes, aproveitando os recursos existentes nestas cidades: Auditorio de Galicia,
28 que as saídas non estean programadas, xa que deste xeito, cando se celebran, altéranlle o programa do profesorado. Pola contra, M1 respecto disto opina que: No caso do programa, a miña postura é clara. Non só non impiden o seu desenvolvemento, senón que axudan e potencian o mesmo!, dun xeito significativo e auténtico, que perdurará na memoria dos rapaces durante toda a súa vida. Afortunadamente son máis numerosos os aspectos positivos relacionados coas saídas escolares que as dificultades que se poden atopar á hora de realizalas. As mestras que nos responderon os cuestionarios resaltan as vantaxes e os beneficios da realización das saídas pensando principalmente na formación do alumnado, xa que lles ofrecen experiencias multidisciplinares en contextos reais das que se poden obter múltiples aproveitamentos e beneficios. 7. Conclusións Ó longo destas páxinas expuxemos unha pequena investigación que levamos a cabo sobre as saídas escolares para demostrar que estas prácticas educativas son unha necesidade de onte e de hoxe. Son actividades dunha longa tradición que, aínda que actualmente están amplamente difundidas, tamén están experimentando un alarmante retroceso debido ás dificultades económicas, de aí que atopemos opinións entre o profesorado coma a que compartiu connosco M2: Realizaría máis se a oferta gratuíta fose máis ampla. Hai que ter en conta que as saídas a concertos inclúen gastos de transporte na maioría dos casos, que hai que ter en conta no presuposto anual ou pedirlles ás familias. Pero máis alá do retroceso tamén é preocupante o tipo de saídas que se están a realizar, polo que puidemos observar por medio dos cuestionarios. Na nosa opinión parecen ser escasas as saídas escolares que se realizan actualmente fieis a aquelas primeiras que introduciron na escola os movementos de renovación pedagóxica: as clases fóra da aula. Sorprendeunos atopar poucas respostas neste sentido. Cremos que son moi abondosos os posibles destinos ós que dirixirse para realizar unha saída didáctica e, polo tanto, en comparación, parécennos escasas as referencias ó aproveitamento do contorno próximo para materias como Coñecemento do Medio,
29 principalmente. Por que temos que limitarnos a observar minerais nun libro cando podemos velos en directo, tocalos e experimentar con eles? Por que nos imos conformar con distinguir elementos da paisaxe en fotografías cando podemos facelo gozando das nosas marabillosas paisaxes? E poderiamos seguir con moitos porqués, pero a resposta é unha: hai que saír da aula e aproveitar o noso contorno, xa que para os nenos e nenas é unha aprendizaxe significativa e moito máis valiosa que a que queda dentro das catro paredes da aula. Os rapaces e rapazas poden observar en directo, experimentar..., son partícipes da súa aprendizaxe e, en relación con isto lembramos o dito de Confucio: “dime algo e esquecereino; ensíname algo e recordareino; faime partícipe de algo e aprendereino”. As saídas que se realizan nos colexios dirixidas ó alumnado de primaria deberían ser saídas participativas ou experimentais maioritariamente, mais pola contra, as máis numerosas son as vivenciais nas que os nenos e nenas “reciben explicacións” (M2), “tiran fotos, anotan datos, recollen mostras, fan algún debuxo...”(M3), “visualizan contidos específicos”(M4) e “observan, fan o que o guía indique, coñecen...”(M6). Que sexan maioritarias este tipo de saídas cremos que pode deberse, por unha banda, á falta de implicación por parte do profesorado. Esta pode deducirse da falta de preparación, que se ve reducida en moitos casos a elaborar cadernos de campo para recoller datos (material máis relacionado con este tipo de saídas) ou a contarlles ós nenos e nenas a onde van ir, ou tamén das queixas polos desaxustes que crean unha saída cando non está deseñada polo profesorado da materia. Por outra banda, a unha concepción errónea das saídas escolares. Existe profesorado que concibe as saídas escolares unicamente como un apoio da aula no que poder observar en directo o que antes se viu no libro; non obstante, por medio das saídas tamén é posible adquirir novos coñecementos, reelaborar contidos, etc. É necesario dedicarlle moitas horas de traballo ó deseño e preparación dunha saída para obter uns bos resultados, o que implicará traballar contidos previos e traballar con diversos materiais, sendo moi probable que teñamos que elaborar materiais para apoiar a saída se non son suficientes os que temos no centro ou os que nos envían as entidades culturais, se é o caso. Como nos sinalaba M1:
30 Intento sempre aproveitar os materiais didácticos que nos envían as entidades culturais. Unhas veces son mellores e outras son algo máis escasos, pero compleméntoos con outros materiais audiovisuais sobre o tema, que atopo ou creo eu. Os resultados obtidos do noso traballo de campo advirten que existe un problema entre a teoría e a práctica que xira en torno ás saídas escolares. Aínda queda moito camiño por andar para que estas actividades poidan realizarse e conseguir o obxectivo de obter a máxima rendibilidade. Serían necesarias algunhas modificacións no sistema, entre as que sinalamos: Maior dedicación e compromiso dos docentes Máis actividades que impliquen a participación do alumnado Deseño de saídas de tipo experimental e participativas Entender as saídas como elemento central da aprendizaxe e non como un simple apoio Promover as saídas ó contorno máis próximo para aproveitar os recursos que este nos ofrece Concibir as saídas como un recurso máis, xa que permite ampliar coñecementos, profundar en determinados contidos, ó tempo que fomentan actitudes críticas para que os nenos e nenas participen na vida en sociedade Antepoñer os beneficios ós obstáculos Queremos concluír este estudo coa esperanza de que as saídas escolares experimenten xusto o proceso contrario ó que apuntan os estudos e a nosa investigación: que vaian en aumento, xa que significan a apertura da escola á vida. Ademais, en moitos casos estarémoslles dando a oportunidade a moitos rapaces e rapazas de coñecer e de poder observar lugares que de non ser pola escola non terían a posibilidade de chegar a eles, ben porque non repararan neles aínda que lles sexan próximos, ben porque non tiveron a oportunidade de coñecelos por circunstancias persoais. Polo tanto, a través das saídas os nenos e nenas descobren novos espazos, novas experiencias, e van abrindo os ollos ó mundo.
31 Dewey (1995), defensor das saídas didácticas, da aprendizaxe máis alá da aula, consideraba que a escola non é unha preparación para a vida, senón a vida mesma, e as saídas escolares son unha boa ferramenta para que asumamos esta idea e para que deixemos que o noso alumnado aproveite as vantaxes que lle proporcionan este tipo de prácticas educativas. 8. Referencias bibliográficas Anderson, D. e Zuochen Zhang (2003): «Teacher Perceptions of Field-Trip Planning and Implementation». Visitor Studies Today, Vol VI, Issue III, 6-11. Armas, X. (2012).«¿Qué se aprende fuera de las aulas? Discurso de los estudiantes de maestro sobre las salidas escolares». Congreso Internacional Innovación Metodológica y docente en Historia, Geografía y Arte. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago, 667-677. Blaxter, L., Hugues, C. e M. Tight (2008): Cómo se investiga. Barcelona: Graó. Bonil, J. et al. (2005): «Ambientalització Curricular: Integrar la complexitat en la formació inicial de mestres. El cas del creixement humà des de la didàctica de les ciències experimentals. L'ambientalització curricular en els estudis universitaris : per a una formació cap a la sostenibilitat : reflexions i experiències de la xarxa ACEU», Departament de Medi Ambient de la Generalitat de Catalunya, Barcelona, 85-96. del Carmen, L. (2003):«Salir para conocer, salir para participar», Aula de Innovación Educativa,125. Dewey, J. (1995). Democracia y educación: una introducción a la filosofía de la educación. Madrid: Morata. Dillon, J.et al. (2006) «The value of outdoor learning: evidence from research in the UK and elsewhere». School Science Review, 87, 107-111. Kisiel (2005): «Understanding elementary teacher motivations for science fieldtrips». Science Education, 89 (6), 936-955.
32 Medir, R. M. (2003): «Salir de la escuela: entre la tradición y la educación ambiental para la sostenibilidad». Íber. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, 36, 26-35. Molina, S. (2010): «El Museo La Casa Encantada de Briones en la enseñanza de la historia: propuesta para una salida escolar para educación primaria». Contextos Educativos, 13, 71-82. Molina, S. (2011): «Las salidas escolares para la enseñanza de la historia en educación primaria. Análisis de su uso en la Rioja». Íber. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, 67, 79-86. Ruíz Medina, V. (2008): «¿Cómo planificar una salida?». Revista Digital Ciencia y Didáctica, 3, 123-128. Tejada, L.(2009):«Las salidas escolares, un recurso para el aprendizaje en educación infantil». Innovación y experiencias educativas, 14, 1-11. Travé, G. (2003): «Más allá de las paredes del aula: salidas de investigación escolar». Kikiriki. Cooperación educativa, 71-72, 43-46. Vilarrasa, A. (2003): «Salir del aula. Reapropiarse del contexto». Íber. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, 36, 13-25. Wass (1992): Salidas escolares y trabajo de campo en la educación primaria. Madrid: Morata.
33 Anexos
34 1. Modelo de cuestionario Traballo Fin de Grao Este Traballo Fin de Grao realízase co obxectivo de elaborar un breve estudo sobre as saídas escolares, reparando na súa utilidade educativa e nas múltiples formas de levalas a cabo. Agradecémoslle de antemán a súa participación ó realizar este cuestionario. A información que aparecerá neste será en todo momento anónima. Os datos persoais que aparecen nesta mesma páxina só serán coñecidos polos investigadores e en ningún momento serán difundidos publicamente. Idade: Anos de experiencia como docente: Centro en que traballa: Localización do centro:
35 Traballo Fin de Grao Cuestionario para mestres/as sobre saídas escolares 1. Pode contarnos brevemente a súa traxectoria profesional (anos de traballo, destinos anteriores, proxectos e innovacións educativas)? 2. Realiza saídas escolares co seu alumnado? Cantas saídas escolares se realizan no seu centro durante un curso aproximadamente? Cantas realiza vostede normalmente nun curso? 3. Cales son os destinos das saídas escolares do seu centro habitualmente? Indique os lugares ou institucións que visitou co seu alumnado nos últimos anos. 4. Cales son as vantaxes pedagóxicas que ofrecen as saídas escolares? Para que serven, na súa opinión, as saídas e porque paga a pena facelas? 5. Pode describirnos o proceso normal de preparación e desenvolvemento dunha saída que realiza co alumnado?
36 6. Realiza vostede algunhas actividades de preparación da saída co alumnado na aula? Cal é a súa importancia? En que consisten? 7. Cales son as actividades que realizan os/as estudantes durante o desenvolvemento da saída? Pode citar as actividades que fan habitualmente os/as estudantes durante as saídas? 8. Realiza algunhas actividades de síntese ou de peche una vez rematada a saída? Cando? En que consisten? 9. Utiliza algúns materiais para apoiar a saída? Que tipos de materiais? Son feitos por vostede, reelaborados a partir doutros ou feitos polas institucións visitadas? 10. Cal é o seu nivel de satisfacción coas saídas escolares? E a do alumnado? 11. Cales son os principais obstáculos e dificultades cos que se atopa nas saídas escolares? Graciñas pola colaboración!
37 2. Cuestionarios cubertos 2.1 Cuestionario M1 Traballo Fin de Grao Este Traballo Fin de Grao realízase co obxectivo de elaborar un breve estudo sobre as saídas escolares, reparando na súa utilidade educativa e nas múltiples formas de levalas a cabo. Agradecémoslle de antemán a súa participación ó realizar este cuestionario. A información que aparecerá neste será en todo momento anónima. Os datos persoais que aparecen nesta mesma páxina só serán coñecidos polos investigadores e en ningún momento serán difundidos publicamente. M1 Idade: 33 Anos de experiencia como docente: 7 anos Centro en que traballa: Substituta de zona Santiago (último centro: CEIP San Marcos, Abegondo) Localización do centro: Zona Santiago
44 culturais. Unhas veces son mellores e outras son algo máis escasos, pero compleméntoos con outros materiais audiovisuais sobre o tema, que atopo ou creo eu. Por exemplo, no caso da saída xa mencionada para ver o concerto senegalés, os materiais enviados polo Auditorio eran interesantes para realizar exercicios de canto e expresión corporal, pero tamén incluín outro vídeos sobre a cultura senegalesa, bailes e danzas, que empreguei na aula. 10. Cal é o seu nivel de satisfacción coas saídas escolares? E a do alumnado? En xeral o meu nivel de satisfacción é moi bo. Sinto que o alumnado e o profesorado volvemos das saídas con máis enerxía e motivación, con outra visión nova dos temas tratados e cunha relación máis afianzada (xa que a relación afectiva e a confianza é fundamental para un ensino efectivo, especialmente cos rapaces). E polo que me teñen contado eles mesmos, os rapaces e rapazas volven xeralmente moi satisfeitos das saídas. Evidentemente hai excursións que saen mellor que outras, pero incluso as experiencias que non son como un espera resultan unha aprendizaxe fascinante, que sería moi difícil de conseguir na aula, e que son fundamentais para mellorar as saídas posteriores. 11. Cales son os principais obstáculos e dificultades cos que se atopa nas saídas escolares? O principal, habitualmente, é atopar profesorado acompañante. E moitas veces, se non o atopas, é imposible sacar o alumnado do centro. Todo isto depende do centro e da dispoñibilidade do profesorado, que varía moito. Pero as reticencias ás saídas baséanse principalmente en dous factores: a responsabilidade e medo de que algo aconteza, e a crenza de que as saídas impiden e entorpecen o desenvolvemento do programa curricular. No primeiro caso, a miña idea é que, para pasarlle algo a un rapaz, pode pasarlle en calquera sitio, tamén na aula. E igualmente que un non pode vivir con medo, tampouco pode saír cos rapaces pensando que lles acontecerá algo malo. Na miña experiencia, o alumando adoita comportarse incluso mellor durante as saídas, e nunca tiven ningún
45 problema nese sentido. Se eles teñen claras as normas, e tendo o profesorado un coidado e atención mínimas durante as saída, non ten por que acontecer nada. No caso do programa, a miña postura é clara. Non só non impiden o seu desenvolvemento, senón que axudan e potencian o mesmo!, dun xeito significativo e auténtico, que perdurará na memoria dos rapaces durante toda a súa vida. Tamén hai que contar coa boa dispoñibilidade da directiva e o claustro. Despois de recorrer tantos centros comprobei que esta disposición varía moito, e un pode ver que hai centros con moitas excursións programadas (normalmente os mesmos que levan a cabo proxectos innovadores e creativos, e que son premiados e coñecidos polos mesmos) e outro que non. En definitiva, se a disposición do profesorado é minimamente boa, non tería que haber ningún problema para realizar unha saída. Graciñas pola colaboración!
46 2.2 Cuestionario M2 Traballo Fin de Grao Este Traballo Fin de Grao realízase co obxectivo de elaborar un breve estudo sobre as saídas escolares, reparando na súa utilidade educativa e nas múltiples formas de levalas a cabo. Agradecémoslle de antemán a súa participación ó realizar este cuestionario. A información que aparecerá neste será en todo momento anónima. Os datos persoais que aparecen nesta mesma páxina só serán coñecidos polos investigadores e en ningún momento serán difundidos publicamente. M2 Idade: 35 Anos de experiencia como docente:10 Centro en que traballa: C.E.I.P. Praia de Quenxe Localización do centro: Corcubión.
47 Traballo Fin de Grao Cuestionario para mestres/as sobre saídas escolares 1. Pode contarnos brevemente a súa traxectoria profesional (anos de traballo, destinos anteriores, proxectos e innovacións educativas)? Anos de traballo: 10. Neles percorrín un total de 32 centros educativos distintos como interina. Obtiven praza na oposición de 2011 na especialidade de Educación Primaria, ano no que traballei como interina no C.E.I.P. O Areal, en Camariñas. O meu primeiro destino provisional foi en Lousame, no C.P.I. Cernadas de Castro, pola especialidade de Audición e Linguaxe, sobre a que non tiña coñecementos nin experiencia. O segundo ano repetín especialidade no C,E.I.P. Felipe de Castro, en Noia, traballando con alumnado escolarizado en aula específica, con necesidades educativas especiais. A continuación obtiven o meu primeiro destino definitivo como mestra de música no C.E.I.P. Praia de Quenxe, en Corcubión. Realicei Proxectos de Formación Permanente do profesorado referentes á concepción constructivista do proceso de ensino – aprendizaxe en canto á ensinanza da lectura e estiven en grupos de traballo nos que me formei sobre o traballo por proxectos na aula. 2. Realiza saídas escolares co seu alumnado? Cantas saídas escolares se realizan no seu centro durante un curso aproximadamente? Cantas realiza vostede normalmente nun curso? Como mestra de música, realizo saídas escolares se hai oferta de concertos didácticos que nos podamos permitir económicamente.
48 Durante un curso, un grupo de alumnado pode realizar entre cinco e dez saídas escolares, tendo en conta as que se realizan dentro do concello. Nun curso, eu como mestra de música podo organizar unha ou dúas. Realizaría máis se a oferta gratuita fose máis ampla. Hai que ter en conta que as saídas a concertos inclúen gastos de transporte na maioría dos casos, que hai que ter en conta no presuposto anual ou pedirlles ás familias. 3. Cales son os destinos das saídas escolares do seu centro habitualmente? Indique os lugares ou institucións que visitou co seu alumnado nos últimos anos. No noso centro as saídas este ano foron: - No 1º trimestre todo o alumnado de Educación Primaria saiu a Santiago de Compostela a ver unha obra teatral con música, dentro da área de Educación Musical. - O alumnado de infantil, na mesma data, ofreceu unhas panxoliñas aos pais e nais e sairon a ver o Belen que estaba montado na Igrexa de Corcubión, por invitación do párroco. - Todo o alumnado saiu a Finisterre a prantar árbores. - Os alumnos de cuarto curso saíron unha vez por semana durante un mes e medio a aprender vela dentro da área de Educación Física. - O alumnado de quinto e sexto foi a Cantabria como viaxe de final de etapa. - O alumnado de Educación Infantil visitou en A Coruña as instalacións de bombeiros e o planetario. - Todo o alumnado de Educación Primaria visitou como viaxe de final de curso as instalacións do Correo Galego en Santiago de Compostela e as do Museo do Pobo Galego, e visitaron o casco antigo da cidade. Destas excursións, eu fun á igrexa de Corcubión, a Finisterre, e a Santiago de Compostela cos de Educación Primaria, na saída ao Correo Galego e ao Museo do
49 Pobo Galego. Outras visitas que fixera anteriormente foron: - A unha granxa escola. - Ao Castelo de Vimianzo. 4. Cales son as vantaxes pedagóxicas que ofrecen as saídas escolares? Para que serven, na súa opinión, as saídas e por que paga a pena facelas? As saídas ofrecen ao alumnado experiencias reais e contextualizadas na aula. No caso da área de música, resulta moito mellor que vexan un concerto en directo, onde poden experimentar por si mesmos a audición, a disposición dos instrumentos, o seu timbre, textura, forma e sonido, etc. Dista moito a experiencia de velos en directo da de poder explicárllelo na clase e que o vexan nun video. Paga a pena facelas porque ofrecen a alumnado e profesorado un contexto real de aprendizaxe. Evidentemente, non é o mesmo dar unha clase sobre a Idade Media dentro da aula que dala no transcurso dunha visita a un castelo da zona, como no noso caso pode ser o de Vimianzo. 5. Pode describirnos o proceso normal de preparación e desenvolvemento dunha saída que realiza co alumnado? As saídas prográmanse, na medida do posible, desde principio de curso, contextualizadas dentro das unidades didácticas programadas, e avisando previamente ao coordinador de actividades complementarias e extraescolares do centro. Realízase un presuposto do que poden costar (na medida do posible inténtase que sexan gratuitas para o alumnado, e para iso, búscase colaboración da ANPA e do Concello). Fíxase a cota que terían que pagar os alumnos, de ser o caso que non puidesen ser gratuitas.
50 Elabórase, se fose preciso, material didáctico para avaliar o seguimento da actividade por parte do alumnado. (fichas, cuestionarios, etc) Nalgúns casos, aparecen ofertas de saídas aproveitables no medio do curso, cando xa está elaborada a programación. Neste caso, varíase a programación na medida do posible e introdúcese unha temporalización para a actividade. 6. Realiza vostede algunhas actividades de preparación da saída co alumnado na aula? Cal é a súa importancia? En que consisten? Cando programo saídas, normalmente forman parte da programación e as unidades didácticas establecen unhas actividades de preparación e coñecementos previos. A saída forma normalmente parte das actividades de desenvolvemento, e posteriormente pode haber actividades de reforzo e ampliación. Por exemplo, cando este ano sairon á obra de teatro “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas” ao teatro principal, a actividade foi englobada dentro dunha unidade didáctica sobre a música no teatro. Falouse dos instrumentos que interviñan, dos seus timbres, de qué era un director musical, quen compoñía... Posteriormente, o alumnado elaborou fichas sobre a súa experiencia. 7. Cales son as actividades que realizan os/as estudantes durante o desenvolvemento da saída? Pode citar as actividades que fan habitualmente os/as estudantes durante as saídas? Durante as saídas normalmente reciben explicacións directas sobre o que visitan ou van ver. Convírtense en expectadores. Tamén hai saídas nas que eles realizan o traballo, como as saídas ás granxas escola, nas que dan de comer aos animais e colaboran nas actividades do campo, ou as que se realizan a panadarías, fábricas de queixo, etc, nas que participan directamente na elaboración do produto. 8. Realiza algunhas actividades de síntese ou de peche una vez rematada a saída? Cando? En que consisten?
51 Depende da saída. Normalmente actividades de avaliación que permitan obter información sobre os coñecementos acadados polo alumnado. Dependendo da saída, poden ser de diversa índole, como redaccións, fichas, elaboración de murais, simplemente repaso oral... 9. Utiliza algúns materiais para apoiar a saída? Que tipos de materiais? Son feitos por vostede, reelaborados a partir doutros ou feitos polas institucións visitadas? Depende da saída e da unidade didáctica. Hai que ter en conta que as saídas non son o centro arredor do que xiran as actividades, senón ao revés, realízanse dentro dunha unidade didáctica na cal van deseñadas outras actividades. A saída proporciona experiencias directas e en contextos reais. 10. Cal é o seu nivel de satisfacción coas saídas escolares? E a do alumnado? Quixera que fose posible que houbese máis saídas didácticas, e incluso máis participación do entorno na aula. Sempre ofrecen aprendizaxes máis significativas. O alumnado sempre se amosa altamente motivado ante todas as aprendizaxes que impliquen unha saída didáctica. 11. Cales son os principais obstáculos e dificultades cos que se atopa nas saídas escolares? A principal dificultade estriba en que a oferta de actividades amplíase durante o curso, e isto implica que moitas veces haxa que cambiar a programación en función do que se nos oferta. Graciñas pola colaboración!
52 2.3 Cuestionario M3 Traballo Fin de Grao Este Traballo Fin de Grao realízase co obxectivo de elaborar un breve estudo sobre as saídas escolares, reparando na súa utilidade educativa e nas múltiples formas de levalas a cabo. Agradecémoslle de antemán a súa participación ó realizar este cuestionario. A información que aparecerá neste será en todo momento anónima. Os datos persoais que aparecen nesta mesma páxina só serán coñecidos polos investigadores e en ningún momento serán difundidos publicamente. M3 Idade: 41 anos Anos de experiencia como docente: 5 cursos Centro en que traballa: CEIP de Carnota Localización do centro: Concello de Carnota
53 Traballo Fin de Grao Cuestionario para mestres/as sobre saídas escolares 1. Pode contarnos brevemente a súa traxectoria profesional (anos de traballo, destinos anteriores, proxectos e innovacións educativas)? Anos de traballo: 2 anos de substituta en períodos curtos de tempo e 3 cursos (co actual) de interina. Proxectos dos que participei nos últimos dous curso: -Aprendizaxe cooperativa. -Nós tamén creamos. 2. Realiza saídas escolares co seu alumnado? Cantas saídas escolares se realizan no seu centro durante un curso aproximadamente? Cantas realiza vostede normalmente nun curso? -Por norma realizo saídas escolares co alumnado dentro das programación de saídas que organizan desde o equipo de actividades extraescolares. Normalmente, prográmanse saídas por trimestre que moitas veces non chegan a realizarse. A maiores, hai unha saída a final de curso que se considera como excursión. -Moitas veces, ao longo do curso, nalgúns centros nos que estiven acabei participando de saídas organizadas por entidades culturais ou fundacións. No meu centro, este curso realizamos unha saída no segundo trimestre e estamos a piques de facer outra neste terceiro trimestre. -Eu cando son mestra titora procuro realizar unha cada trimestre en compañía da mestra de nivel ou coordinada co ciclo. Cando estou de mestra especialista de inglés non organizo saídas relacionadas coa miña materia mais participo daquelas que se organizan no centro.
60 7. Cales son as actividades que realizan os/as estudantes durante o desenvolvemento da saída? Pode citar as actividades que fan habitualmente os/as estudantes durante as saídas? - Xogos sobre procura de información. - Actividades grupais para fomentar a socialización do alumnado con outros centros. - Visualización propia dos contidos específicos da actividade. Desenvolvemento de actividades procedimentais co contacto directo co medio tratado. 8. Realiza algunhas actividades de síntese ou de peche una vez rematada a saída? Cando? En que consisten? Unha vez de regreso á aula, faise unha posta en común da experiencia, mediante diferentes tipos de actividades: - Debates. - Ilustracións. - Murais. - Resumos… 9. Utiliza algúns materiais para apoiar a saída? Que tipos de materiais? Son feitos por vostede, reelaborados a partir doutros ou feitos polas institucións visitadas? Non. Cando o alumnado leva cuestionarios para completar durante a visita, non goza plenamente da mesma (os nenos e nenas están máis pendentes de completar as táboas/cadros que de vivir a experiencia). 10. Cal é o seu nivel de satisfacción coas saídas escolares? E a do alumnado? Toda saída escolar é gratificante. Sobre todo para o alumnado. 11. Cales son os principais obstáculos e dificultades cos que se atopa nas saídas escolares? Sobre todo, o custe económico dalgunhas saídas (transporte, comida, entrada…). Graciñas pola colaboración!
61 2.5Cuestionario M5 Traballo Fin de Grao Este Traballo Fin de Grao realízase co obxectivo de elaborar un breve estudo sobre as saídas escolares, reparando na súa utilidade educativa e nas múltiples formas de levalas a cabo. Agradecémoslle de antemán a súa participación ó realizar este cuestionario. A información que aparecerá neste será en todo momento anónima. Os datos persoais que aparecen nesta mesma páxina só serán coñecidos polos investigadores e en ningún momento serán difundidos publicamente. M5 Idade: 58 Anos de experiencia como docente: 32 Centro en que traballa: CPI Alcalde Xosé Pichel Localización do centro: Coristanco
62 Traballo Fin de Grao Cuestionario para mestres/as sobre saídas escolares 1. Pode contarnos brevemente a súa traxectoria profesional (anos de traballo, destinos anteriores, proxectos e innovacións educativas)? - Dende que aprobei a oposición estiven provisional neste centro, agás os tres cursos que estiven provisional nunha escola unitaria de Oca, que tamén pertenece a Coristanco. - Dende sempre me gustou innovar, en certa medida. De feito, aos poucos anos de empezar, eu traballaba polo que agora de lle chama “por proxectos”, pero antes non tiña un nome. Comecei a darme conta de que era moito mellor non guiarse polo libro, porque ás veces os contidos que se daban eran baleiros, non tiñan nada que ver cos nenos, cos seus intereses. Entón eu intentaba, que o sigo facendo, encamiñar todo cara o seu día a día, facendolles ver que todo estaba en relación, que todo ten que ver con todo. 2. Realiza saídas escolares co seu alumnado? Cantas saídas escolares se realizan no seu centro durante un curso aproximadamente? Cantas realiza vostede normalmente nun curso? - Si, habitualmente realízanse entre dúas e tres saídas por trimestre, aínda que ás veces, xurde algunha outra a maiores. 3. Cales son os destinos das saídas escolares do seu centro habitualmente? Indique os lugares ou institucións que visitou co seu alumnado nos últimos anos. - Adoitan ser saídas didácticas e culturais: concertos, escolas de belas artes, a Domus, o Muncit, o Acuarium, o planetario, o Melga, Santiago de Compostela: visitas guiadas á Catedral e percorrido pola cidade, ao museo do pobo galego ou visitas a reservas naturais. Moitas veces, en esas saídas que se fan con certa improvisación, son solicitadas por nós, os propios mestres, para aproveitar os recursos, sobre todo de tipo natural que nos ofrece a contorna, por exemplo, a última que fixen coa miña clase, foi a saída á Lagoa de Baldaio para explicar que
63 é e como funciona un ecosistema. 4. Cales son as vantaxes pedagóxicas que ofrecen as saídas escolares? Para que serven, na súa opinión, as saídas e por que paga a pena facelas? - Son necesarias porque sempre se adoitan aplicar os coñecementos adquiridos da aula, ademais, os alumnos saen do seu entorno habitual aproveitando eses coñecementos pero nunha xornada lúdica. 5. Pode describirnos o proceso normal de preparación e desenvolvemento dunha saída que realiza co alumnado? - Previamente á saída, sempre proxecto aos alumnos a onde vamos a ir ou que imos visitar e ver para poñelos un pouco en situación e reflexionar sobre como aproveitar na saída os coñecementos que estivemos vendo na clase . 6. Realiza vostede algunhas actividades de preparación da saída co alumnado na aula? Cal é a súa importancia? En que consisten? - Fago o dito na pregunta anterior, xa que considero importante que o feito de que sexa unha saída, non implica que sexa unha viaxe sen sentido, senón un acontecemento didáctico totalmente aproveitable, porque para iso, ao comezo de curso, se programan as visitas de acordo aos obxectivos do curso no que se fan. 7. Cales son as actividades que realizan os/as estudantes durante o desenvolvemento da saída? Pode citar as actividades que fan habitualmente os/as estudantes durante as saídas? - Depende moito da saída, normalmente adoitan ter un papel bastante activo, aínda que como xa digo, depende da situación. Por exemplo, na última saída á Lagoa de Baldaio, todos xuntos, con preguntas, dúbidas e exemplos, fomos chegando a conclusións. - Creo que na maioría dos lugares intentan que os rapaces aprendan dunha maneira divertida e máis ben dinámica, normalmente outórganlle a eles todo o protagonismo, sobre todo na educación primaria.
64 8. Realiza algunhas actividades de síntese ou de peche una vez rematada a saída? Cando? En que consisten? - Si, normalmente facemos unha posta en común coas ideas que sacaron da excursión e incluso ás veces unha redacción de opinión con todo o que aprenderon persoalmente e si a volverían a repetir, de forma que, eu sei se lles pagou a pena ir e si deberíamos volver a facela os vindeiros cursos ou non. 9. Utiliza algúns materiais para apoiar a saída? Que tipos de materiais? Son feitos por vostede, reelaborados a partir doutros ou feitos polas institucións visitadas? - Normalmente non os utilizo, pois nas saídas propostas, ou ben non son necesarios ou ben xa llelos dan eles. 10. Cal é o seu nivel de satisfacción coas saídas escolares? E a do alumnado? - A min gústanme moito, porque nós tamén saímos da rutina e aos alumnos sérvelle moito, volven despexados á aula nos días seguintes, aínda que ás veces tamén un pouco revolucionados. Pero creo que son un bo recurso, a todos nos fai falla cambiar de aires de vez en cando. 11. Cales son os principais obstáculos e dificultades cos que se atopa nas saídas escolares? - Cando van pasando os anos acostúmaste porque as saídas están perfectamente adaptada e sabes o que tes que facer. Tamén depende das idades dos alumnos, porque segundo sexan de máis ou menos ideade tes máis responsabilidade. Pero normalmente, ao falar dela previamente na clase xa os pos en antecedente, e por tanto, tamén lles comentas que se deben portar ben, fas que se poñan un pouco no teu papel. Hoxe en día, non considero que haxa ningún obstáculo no que é a saída en si, si falamos de obstáculos económicos por parte das familias e dos centros, xa é outro tema. Graciñas pola colaboración!
65 2.6 Cuestionario M6 Traballo Fin de Grao Este Traballo Fin de Grao realízase co obxectivo de elaborar un breve estudo sobre as saídas escolares, reparando na súa utilidade educativa e nas múltiples formas de levalas a cabo. Agradecémoslle de antemán a súa participación ó realizar este cuestionario. A información que aparecerá neste será en todo momento anónima. Os datos persoais que aparecen nesta mesma páxina só serán coñecidos polos investigadores e en ningún momento serán difundidos publicamente. M6 Idade: 57 anos Anos de experiencia como docente: 30 Centro en que traballa: C.P.I. O Cruce Localización do centro: Cerceda
66 Traballo Fin de Grao Cuestionario para mestres/as sobre saídas escolares 1. Pode contarnos brevemente a súa traxectoria profesional (anos de traballo, destinos anteriores, proxectos e innovacións educativas)? Levo 24 anos no mesmo colexio, antes traballei uns 6 anos nunha academia dando clases particulares. Participo en distintos proxectos: “Avalar”, “Regio”, “Comenius” , “Eva”... 2. Realiza saídas escolares co seu alumnado? Cantas saídas escolares se realizan no seu centro durante un curso aproximadamente? Cantas realiza vostede normalmente nun curso? Si, normalmente unha por trimestre, pero varían segundo os ciclos e cursos. 3. Cales son os destinos das saídas escolares do seu centro habitualmente? Indique os lugares ou institucións que visitou co seu alumnado nos últimos anos. - O entorno do colexio, concertos, a Costa da Morte. - A casa das ciencias, a Casa do home, a Casa dos Peixes ( na Coruña). - Este ano fomos todo o colexio a Santiago e fixemos un cadro do camiño de Santiago con outras comunidades autónomas. 4. Cales son as vantaxes pedagóxicas que ofrecen as saídas escolares? Para que serven, na súa opinión, as saídas e por que paga a pena facelas? As saídas teñen que servir para disfrute dos nenos/as, e tamén para conseguir algún obxectivo da programación. As saídas axúdannos a coñecer outras cousas, outras persoas, e a ter outras estimulacións. Paga a pena facelas. 5. Pode describirnos o proceso normal de preparación e desenvolvemento dunha saída que realiza co alumnado? Información detallada ás familias da viaxe: data, medio de transporte, custe económico, comida do centro ou da casa.
67 O máis importante é porque se fan as saídas (que queremos conseguir). Deben ir na programación xeral para ser aprobadas polo Claustro e polo Consello Escolar, pero deben ir concretadas nas programacións didácticas. 6. Realiza vostede algunhas actividades de preparación da saída co alumnado na aula? Cal é a súa importancia? En que consisten? Si. Non se pode improvisar, inda que ás veces haxa que facelo. Temos que preparar que imos visitar, a seguridade dis nenos, o compañeiro/a de viaxe, etc. 7. Cales son as actividades que realizan os/as estudantes durante o desenvolvemento da saída? Pode citar as actividades que fan habitualmente os/as estudantes durante as saídas? Disfrutar, observar, cumprir as normas, facer o que o guía indique, respectar o medio que visitan, coñecer e relacionarse. 8. Realiza algunhas actividades de síntese ou de peche una vez rematada a saída? Cando? En que consisten? - Si, sobre todo saber o que lle fustou, o que non lle gustou, o que lle molestou (oral). - Debuxo representativo. - Narración escrita sobre as súas impresións. 9. Utiliza algúns materiais para apoiar a saída? Que tipos de materiais? Son feitos por vostede, reelaborados a partir doutros ou feitos polas institucións visitadas? Si, material audiovisual, gráficos, poden ser feitos persoalmente ou reelaborados a partir de algo feito. 10. Cal é o seu nivel de satisfacción coas saídas escolares? E a do alumnado? O nivel de satisfacción é grande, tanto o dos mestres coma o do alumnado. 11.Cales son os principais obstáculos e dificultades cos que se atopa nas saídas escolares? O noso colexio está ben dotado de materiais e recursos, hai poucos atrancos para realizar as saídas. Graciñas pola colaboración!