scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Acordo do Consello de Goberno do 22-04-2020 polo que se regula o réxime especial de avaliación do curso 2019-2020 como consecuencia da suspensión da docencia presencial pola COVID-19

Universidade de Santiago de Compostela. Consello de Goberno

Full text

DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 22 de abril de 2020, aprobou o Acordo polo que se regula o réxime especial de avaliación do curso 2019-2020 como consecuencia da suspensión da docencia presencial pola COVID-19, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/5DED-8212-42AF-A338 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 5DED-8212-42AF-A338 1 / 9 ACORDO DO CONSELLO DE GOBERNO DO 22 DE ABRIL DE 2020, POLO QUE SE REGULA O RÉXIME ESPECIAL DA AVALIACIÓN DO CURSO 2019-2020 COMO CONSECUENCIA DA SUSPENSIÓN DA DOCENCIA PRESENCIAL POLA COVID-19 O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, ordena a suspensión da actividade académica educativa presencial en todos os niveis académicos, incluída a ensinanza universitaria, e establece que durante o período de suspensión se manterán as actividades educativas a través das modalidades a distancia e “on line”, sempre que sexa posible. A Resolución Reitoral do 13 de marzo, pola que se adoptan medidas para a execución do acordo de suspensión de actividades, establece a suspensión das "actividades docentes presenciais, tanto de títulos oficiais como de títulos propios". Isto non implica, porén, a paralización total da actividade docente, senón que, conforme indica a Resolución, as actividades suspendidas “sempre que sexa posible, serán substituídas por actividades non presenciais atendendo ás particularidades de cada titulación". A Resolución precisa, ademais, que as medidas acordadas son aplicables "tanto aos estudos oficiais (grao, máster e doutoramento) coma aos títulos propios. Tamén a calquera outro tipo de actividade docente presencial realizada na USC (Cursos de Formación, Cuarto Ciclo, Escolas Deportivas, Cursos de Idiomas, Cursos de Extensión Universitaria…etc.)". A Resolución Reitoral do 23 de marzo regulou o procedemento para a modificación das guías docentes de cara á adaptación das actividades á nova realidade derivada da suspensión da docencia presencial. Vista a evolución da pandemia, ante a prolongación das medidas de confinamento, de momento ata mediados de maio, na reunión entre os Reitores e a Consellería do día 6 de abril valorouse a conveniencia de prolongar a docencia non presencial durante todo o período lectivo que resta deste segundo cuadrimestre. Ao mesmo tempo, por Resolución do 7 de abril, tendo en conta tamén o acordado nesa reunión sobre a necesidade de garantir unha formación de calidade, e á vista da Instrución da Secretaría Xeral de Universidades do 7 de abril, adoptáronse medidas para asegurar a calidade da docencia non presencial. É agora o momento tamén de adoptar as medidas precisas para ordenar o proceso de avaliación nestas circunstancias especiais, modificando o calendario académico deste curso, a normativa de planificación académica e as normativas de asistencia a clase e de avaliación e revisión de cualificacións. E así, logo de oídos os/as Decanos/as e os/as Directores/as de Centro, os/as Directores/as de Departamento, os/as representantes sindicais do PDI e a representación do estudantado, e por proposta do equipo de goberno, Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/5DED-8212-42AF-A338 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 5DED-8212-42AF-A338 2 / 9 o Consello de Goberno, na súa xuntanza do 22 de abril de 2020 ACORDOU aprobar o seguinte RÉXIME ESPECIAL DA AVALIACIÓN DO CURSO 2019-2020 COMO CONSECUENCIA DA SUSPENSIÓN DA DOCENCIA PRESENCIAL POLA COVID-19 Artigo 1. Obxecto Constitúe o obxecto desta norma a regulación especial da avaliación correspondente ao curso 2019/2020, derivada das medidas excepcionais de suspensión de actividade docente presencial e peche de instalacións como consecuencia da COVID-19. Artigo 2. Principios A avaliación da actividade docente desenvolvida no segundo cuadrimestre do curso responderá aos seguintes principios: a) Flexibilidade, para adaptarse á situación especial do estudantado nun contexto excepcional. b) Garantía de que todo o estudantado poida participar nas probas programadas en condicións axeitadas. c) Preferencia polos mecanismos de avaliación non presencial que non requiran da realización de exames. d) Garantía de continuidade do proceso formativo de forma que o impacto sobre o estudantado sexa mínimo, asegurando en todo caso a adquisición das competencias básicas. Artigo 3. Modalidades de avaliación 1. Contémplanse dúas modalidades de avaliación: a. Avaliación non presencial sen proba final (avaliación continua). b. Avaliación non presencial con proba final telemática. Será posible prever ambas modalidades para unha mesma materia. Neste caso, na medida do posible, terase en conta a elección do alumnado. 2. A avaliación non presencial sen proba final (avaliación continua) terá preferencia sobre a modalidade de avaliación con probas finais telemáticas. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/5DED-8212-42AF-A338 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 5DED-8212-42AF-A338 3 / 9 3. Para a realización de probas finais de carácter non presencial deberá terse en conta se os/as alumnos/as afectados/as poden dispoñer de medios adecuados para a súa realización. Ao mesmo tempo, deberase asegurar tamén a identidade e o carácter persoal da proba a realizar de acordo coas instrucións que se diten ao respecto. 4. No caso de que algún alumno/a non poida realizar a proba prevista en condicións similares ao resto deberán preverse probas alternativas para a súa avaliación que aseguren a igualdade de oportunidades. Para tal efecto, o/a profesor/a responsable deberá advertir ao alumnado, a través das canles de comunicación que veña utilizando habitualmente, que aquelas persoas que se encontren nesta situación deben comunicarllo co fin de que se poida habilitar unha solución. Artigo 4. Regras especiais para a avaliación de materias do segundo cuadrimestre e anuais Atendendo ás circunstancias excepcionais nas que se desenvolveu a docencia en boa parte deste segundo cuadrimestre do curso 2019-2020, na avaliación das materias do mesmo, tanto na primeira coma na segunda oportunidade, teranse en conta as seguintes regras: 1. A valoración da asistencia como criterio específico de avaliación deberá limitarse ás actividades desenvoltas durante o período de docencia presencial, polo que deberá revisarse a súa ponderación na cualificación final. A participación no conxunto de actividades desenvolvidas, tanto de carácter presencial coma non presencial, si poderá tomarse en consideración para os efectos da avaliación continua que se leve a cabo. 2. As actividades, especialmente as probas finais de carácter non presencial, deberán programarse axeitadamente para que non se produzan sobrecargas excesivas de traballo nin solapamentos con outras materias que dificulten a súa realización. 3. Para que esta situación excepcional non vaia en detrimento do expediente do alumnado, unha vez superada unha materia, esta recibirá unha cualificación que como mínimo será a correspondente á nota media do expediente do alumno/a. No caso de que a cualificación obtida da materia fose superior a esa nota media, no expediente reflectirase a cualificación obtida. Esta regra aplicarase a todas as materias anuais e do segundo cuadrimestre, incluídos TFG, TFM, prácticas e recoñecementos de cualificacións obtidas en réxime de mobilidade. A Secretaría Xeral ditará unhas instrucións específicas acerca do procedemento que se seguirá para implementar esta medida. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/5DED-8212-42AF-A338 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 5DED-8212-42AF-A338 4 / 9 4. A USC usará todos os mecanismos previstos na normativa de permanencia para evitar os prexuízos que poidan derivarse da non superación das materias deste curso. 5. A USC proporá que a normativa de prezos públicos contemple que a non superación das materias deste curso non supoña un incremento dos prezos públicos aos efectos de matrículas posteriores. Artigo 5. Avaliación de materias do primeiro cuadrimestre en segunda oportunidade Dado que a actividade docente das materias do primeiro cuadrimestre, e a súa avaliación en primeira oportunidade, se desenvolveu con normalidade, cómpre respectar o establecido nos seus programas e guías docentes para a ponderación da proba final da segunda oportunidade. Non obstante, os exames finais presenciais deberán ser substituídos por probas finais telemáticas; estas probas poderán ser tanto de carácter síncrono como asíncrono. Os Centros deberán incluír no calendario de avaliación as datas de celebración destas probas. Artigo 6. Calendario de avaliación Cada Centro fixará as datas de celebración dos exames de cada oportunidade respectando o seguinte calendario. 1. CALENDARIO DE AVALIACIÓN A) Primeira oportunidade. As datas posibles para as distintas modalidades de avaliación serán as seguintes: 1. Avaliación sen probas finais: desde o 15 de maio ata o 5 de xuño. Naquelas materias que só contemplen avaliación continua o prazo de entrega de traballos poderase estender ata o 27 de xuño. 2. Avaliación con probas finais: desde o 1 ao 27 de xuño. B) Segunda oportunidade. O calendario para as probas da segunda oportunidade estenderase desde o 1 ata o 22 de xullo. Dentro destas datas posibles os Centros programarán as probas da segunda oportunidade correspondentes tanto ás materias de primeiro cuadrimestre como ás do segundo cuadrimestre e ás anuais. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/5DED-8212-42AF-A338 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 5DED-8212-42AF-A338 5 / 9 2. PUBLICACIÓN DE RESULTADOS As datas límite para a publicación dos resultados das probas serán as seguintes: 1. Primeira oportunidade (materias anuais e de segundo cuadrimestre): 30 de xuño. 2. Segunda oportunidade (materias de primeiro e segundo cuadrimestre e anuais): 27 de xullo. 3. REVISIÓN As datas de revisión das cualificacións deben fixarse dentro dos 5 días seguintes á data de publicación dos resultados, sen que, en ningún caso, poidan ir máis aló do 3 de xullo para a primeira oportunidade, e do 29 de xullo para a segunda oportunidade. 4. PECHE DE ACTAS O peche de actas da primeira oportunidade terá lugar o 5 de xullo e o da segunda oportunidade o 30 de xullo. Artigo 7. Publicación de calendarios e modificación das guías docentes 1. Ata o 24 de abril a dirección do Departamento deberá comunicar ao Centro cales van ser as materias con probas finais, tanto do segundo cuadrimestre e anuais (primeira e segunda oportunidades), coma do primeiro cuadrimestre (segunda oportunidade), co fin de que se poidan elaborar os calendarios de exames. 2. As modalidades de avaliación para cada materia, así como as datas de celebración dos exames, deberán facerse públicas e poñerse en coñecemento do estudantado antes do 30 de abril. 3. Paralelamente tramitarase a modificación das guías docentes a través de Xescampus. Artigo 8. Presentación e defensa de TFG e TFM 1. Os TFG e TFM poderán defenderse con carácter xeral desde o 5 ao 24 de xullo e desde o 3 ao 30 de setembro de 2020. Non obstante, os Centros poderán programar, excepcionalmente, previa comunicación á Secretaría Xeral, datas de lectura anteriores ás citadas, para aqueles alumnos que acrediten cumprir os requisitos para proceder á defensa do TFG e TFM. Para determinar o cumprimento destes requisitos terase en conta o previsto na Resolución Reitoral de 27 de marzo sobre prácticas académicas externas. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/5DED-8212-42AF-A338 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 5DED-8212-42AF-A338 6 / 9 2. Excepcionalmente, os TFG e TFM poderán defenderse ata o 30 de novembro de 2020, cando, por circunstancias xustificadas, o traballo non puidera terse defendido dentro do prazo ordinario. 3. Os Centros determinarán a data límite de entrega dos traballos en función das datas previstas de lectura. 4. Como excepción ao previsto no artigo 6.7 da normativa de TFG e TFM, e só para o curso 2019-2020, os Centros poderán acordar que os TFG e TFM, ademais de poderen ser defendidos diante dun tribunal, poidan ser avaliados polo titor ou titora. De ser este o caso, os Centros deberán acordar así mesmo as características desta avaliación e poderán fixar unha puntuación máxima para as distintas modalidades de presentación. Estes acordos deberán ser adoptados antes do 31 de maio e comunicados á Vicerreitoría de Organización Académica, así como ao estudantado afectado para que este poida optar por unha das modalidades previstas. 5. En todos os casos, a defensa poderá realizarse por medios presenciais ou telemáticos, de acordo co que se dispoña ao respecto. Disposición adicional primeira. Instrucións sobre realización de probas A Vicerreitoría de Organización Académica e a Secretaría Xeral, oídos os representantes do estudantado, ditarán as instrucións ás que deben adaptarse as probas finais. Disposición adicional segunda. Adaptación do previsto á evolución das condicións sanitarias Autorízase á Secretaría Xeral para modificar o calendario previsto ou a modalidade de avaliación, en particular para adaptar a realización das probas ás condicións que puideran determinar as autoridades sanitarias en función da evolución da COVID-19 ou para facer fronte a dificultades técnicas sobrevidas. Disposición final As modificacións normativas introducidas por este acordo son de aplicación durante o curso 2019/2020 como consecuencia da situación especial xerada pola COVID-19. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/5DED-8212-42AF-A338 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 5DED-8212-42AF-A338 7 / 9 Entrada en vigor Este acordo entrará en vigor o día da súa publicación no taboleiro electrónico da USC. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/5DED-8212-42AF-A338 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 5DED-8212-42AF-A338 8 / 9 Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23/04/2020 09:43:02. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23/04/2020 09:32:26. CSV: 5DED-8212-42AF-A338 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/5DED-8212-42AF-A338 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 5DED-8212-42AF-A338 9 / 9