scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Os límites da sexualidade: o valor do consentimento na pornografía

Ferro Diz, Lucía

Abstract

A pornografía é un dos novos planos da sociedade que actualmente se sitúa no cumio da economía global e que conseguiu chegar a gran parte da poboación e á súa visión da sexualidade. Debido á súa importancia, o obxectivo deste traballo é analizar esta industria e os seus efectos sobre a sociedade. Máis concretamente, o obxecto de estudo é o valor do consentimento na pornografía meinstream. O consentimento é o principio político que regula o sexo, por iso é determinante facer unha análise de como se describe nun plano tan representativo como o pornográfico. En consecuencia, tamén se estudarán os efectos da pornografía: as consencuencias do consumo de porno nas novas xeracións; o proceso de (auto)obxectualización feminina; o poder do discurso e da linguaxe pornográficas sobre a submisión e o silenciamento das mulleres; a relación entre o consumo de porno hardcore e a tolerancia da violencia; e a normalización da violencia sexual. Así pois, concluirase que na pornografía o consentimento adquire un maior grao de complexidade debido aos diferentes planos nos que se aplica (grabación, participación e publicación) e que existe unha desvalorización do acto de consentir e da vontade do suxeito feminino. Esta análise destacará a relevancia do consentimento, xa que permite a participación das mulleres dentro do contrato social e das relacións de poder, e a importancia de mellorar a representación deste principio político para normalizar o seu uso

Full text

MÁSTER EN FILOSOFÍA. COÑECEMENTO E CIDADANÍA TRABALLO DE FIN DE MÁSTER CURSO 2023/24 Os límites da sexualidade: o valor do consentimento na pornografía Autor/a: Lucía Ferro Diz Titor/a: Yolanda Martínez Suárez Máster en Filosofía. Coñecemento e Cidadanía 2 MÁSTER EN FILOSOFÍA. COÑECEMENTO E CIDADANÍA Traballo de fin de Máster Os límites da sexualidade: o valor do consentimento na pornografía Los límites de la sexualidad: el valor del consentimiento en la pornografía The boundaries of sexuality: the value of consent in pornography Eu, Lucía Ferro Diz, declaro que este Traballo de Fin de Máster cumpre coa normativa de propiedade intelectual e de protección de datos vixente. Santiago de Compostela, 26 de xullo do 2024 3 Por un mar de estrelas iridiscentes, de cambio, de ruibéns e de alomorfos sociais. Polas Verbas e a Imaxinación. Polo poder do Zeitgeist. Para a miña familia e os meus cariños. Para as miñas amigas e compañeiras que comparten a forza da súa voz. Porén, agora temos obxectivos definidos: servirémonos da linguaxe para cambiar o mundo (Moure, 2009: 92) 1 . 1 Moure, Teresa (2009). A Palabra das Fillas de Eva. Galaxia. 4 Os límites da sexualidade: o valor do consentimento na pornografía 1. Introdución ............................................................................................................ 8 2. Marco contextual e conceptual ............................................................................. 10 2.1. A comercialización do sexo e a industria de explotación sexual ................... 10 2.1.1. Posicións actuais sobre a pornografía: pro ou antiporno ....................... 11 2.2. O suxeito moral ........................................................................................... 13 2.3. O consentimento .......................................................................................... 14 1. Discusión ............................................................................................................. 17 1.1. Os límites da sexualidade: o valor do consentimento na pornografía ............ 17 1.2. Os efectos actuais da pornografía ................................................................. 25 4. Conclusións ......................................................................................................... 35 Referencias bibliográficas ........................................................................................... 38 5 Resumo A pornografía é un dos novos planos da sociedade que actualmente se sitúa no cumio da economía global e que conseguiu chegar a gran parte da poboación e á súa visión da sexualidade. Debido á súa importancia, o obxectivo deste traballo é analizar esta industria e os seus efectos sobre a sociedade. Máis concretamente, o obxecto de estudo é o valor do consentimento na pornografía meinstream. O consentimento é o principio político que regula o sexo, por iso é determinante facer unha análise de como se describe nun plano tan representativo como o pornográfico. En consecuencia, tamén se estudarán os efectos da pornografía: as consencuencias do consumo de porno nas novas xeracións; o proceso de (auto)obxectualización feminina; o poder do discurso e da linguaxe pornográficas sobre a submisión e o silenciamento das mulleres; a relación entre o consumo de porno hardcore e a tolerancia da violencia; e a normalización da violencia sexual. Así pois, concluirase que na pornografía o consentimento adquire un maior grao de complexidade debido aos diferentes planos nos que se aplica (grabación, participación e publicación) e que existe unha desvalorización do acto de consentir e da vontade do suxeito feminino. Esta análise destacará a relevancia do consentimento, xa que permite a participación das mulleres dentro do contrato social e das relacións de poder, e a importancia de mellorar a representación deste principio político para normalizar o seu uso. Palabras chave: Pornografía, Consentimento, Desexo, Vontade, Suxeito/Obxecto, Poder, Violencia, Consumo/Mercado. 6 Abstract Pornography is one of the new planes of society that is currently at the top of the global economy and that has managed to reach a large part of the world's population and their vision of sexuality. Due to its importance, the aim of this paper is to analyze this industry and its effects on society. More specifically, the object of study is the value of consent in mainstream pornography. Consent is the political principle that regulates sex, which is why it is crucial to do a study of how it is described on a plane as representative as the pornographic one. Consequently, the effects of pornography will also be studied: the consequences of porn consumption in the new generations; the process of female (self) objectification; the power of pornographic discourse and language over the subjugation and silencing of women; the relationship between hardcore porn consumption and tolerance of violence; and the normalization of sexual violence. Thus, it can be concluded that pornography or consent acquires a greater degree of complexity due to the different levels to which it is applied (recording, participation and publication) and that there is a devaluation of the act of consent and the vote of female sex. This analysis will highlight the relevance of consent, which allows the participation of women within the social contract and power relations, and the importance of enhancing the representation of this political principle to normalize its use. Keywords: Pornography, Consent, Desire, Will, Subject/Object, Power, Violence, Consumption/Market. 7 Resumen La pornografía es uno de los nuevos planos de la sociedad que actualmente se encuentra en la cima de la economía global y que ha logrado llegar a gran parte de la población y su visión de la sexualidad. Debido a su importancia, el objetivo de este artículo es analizar esta industria y sus efectos en la sociedad. Más específicamente, el objeto de estudio es el valor del consentimiento en la pornografía meinstream. El consentimiento es el principio político que regula el sexo, por lo que resulta crucial hacer un análisis de cómo se describe en un plano tan representativo como el pornográfico. En consecuencia, también se estudiarán los efectos de la pornografía: las consecuencias del consumo de pornografía en las nuevas generaciones; el proceso de (auto) cosificación femenina; el poder del discurso y el lenguaje pornográfico sobre la subyugación y el silenciamiento de las mujeres; la relación entre el consumo de pornografía hardcore y la tolerancia a la violencia; y la normalización de la violencia sexual. Por tanto, se concluirá que en la pornografía el consentimiento adquiere un mayor grado de complejidad debido a los diferentes planos en los que se aplica (grabación, participación y publicación) y que se produce una desvalorización del acto de consentimiento y de la voluntad del sujeto femenino. Este análisis resaltará la relevancia del consentimiento, ya que permite la participación de las mujeres dentro del contrato social y de las relaciones de poder, y la importancia de mejorar la representación de este principio político para normalizar su uso. Palabras clave: Pornografía, Consentimiento, Deseo, Voluntad, Sujeto/Objeto, Poder, Violencia, Consumo/Mercado. 8 1. Introdución O obxecto de estudo deste traballo é o valor do consentimento na pornografía. Este tema ten tres liñas principais que constrúen o perímetro de análise: a comercialización do erotismo, a pornografía e dentro da “filosofía política” o concepto de consentimento. Este tema é importante xa que na actualidade pode observarse nos medios reiteradamente os diferentes casos de violencia sexual que cada vez suceden a máis pronta idade. Tamén destaca a cuestión do consentimento nas relacións sexuais como principio político, a definición de agresión sexual e de violación ante a lei e o Estado e a progresiva hipersexualización. Todo isto ocorre baixo o novo escenario do avance tecnolóxico, que fomentou o avance da pornografía a nivel global, converténdose nunha forte industria da economía mundial (Cobo, 2020). Ademais, a lexitimación da pornografía a través do discurso filosófico do dereito da liberdade individual é un dos puntos principais nos que se apoia toda a teoría da regularización da industria de explotación sexual, polo que deberiamos cuestionar a súa verdadeira natureza dentro do contexto no que se desenvolve: o capitalismo e o neoliberalismo. O principal obxectivo deste traballo é analizar a relación entre a pornografía como método de educación sexo-afectivo para as novas xeracións e o que se coñece como “cultura da violación” dentro do marco do consentimento sexual. Tamén se pretende observar como se desenvolve o acto de consentir dentro do porno e o seu efecto na sociedade. Outros puntos a analizar en relación co “tema principal” son: o perigo de proclamar o sexo como un dereito; o intento de introducir o desexo na teoría do consentimento; a conexión entre os conceptos de liberdade, igualdade, autonomía, vontade, poder, violencia, (auto)obxectualización e suxeito co de consentimento; as diferentes perspectivas dentro do feminismo que trataron esta temática xunto coa regularización ou non da industria de explotación sexual; a intervención das mulleres no plano da pornografía; e a existencia duns límites na sexualidade que poden conectarse con esta industria e co consentimento. A partir deste punto tratarase o consentimento dentro da pornografía, como esta actividade promove a través do seu discurso certos patróns de comportamento e prácticas sexuais onde permanecen estruturas de desigualdades de poder. Alén disto, tamén é importante destacar a análise do xogo comunicativo que emprega o porno para desenvolver este discurso mediante o recurso da interpretación e do ficticio fronte a realidade. 9 A metodoloxía deste estudo consiste na revisión teórica do concepto de consentimento en relación coa comercialización do sexo, a través das autoras máis relevantes no debate e das súas obras, para poder situalo no contexto actual da pornografía e das novas tecnoloxías. Nestes estudos desenvólvense diferentes perspectivos sobre o acto de consentir, polo que isto permitirá ter unha visión periférica completa. En relación con isto, o marco teórico sitúase dentro de dúas liñas temáticas principais: (1) o mercado do sexo e a industria de explotación sexual e (2) o suxeito moral e a súa relación coa construción do eu e co consentimento. Entre as autoras citadas sitúanse: Nancy Chodorow (1984); Carol Gilligan (1985); Sheyla Benhabib (1990, 1992); Geniève Fraisse (2012); Kate Millet (2017); Nancy Bauer (2019); Rosa Cobo (2020); Milena Popova (2021); Ana Valero (2022); Paula Sánchez (2022); Rebeca Kukla (2023); Clotilde Leguil (2023); e Clara Serra (2024). Así pois, a partir dos conceptos e das teorías citadas procederase a realizar o estudo sobre o valor do consentimento na pornografía e o seu efecto no actual contexto das novas tecnoloxías. A través da teoría de Fraisse determinarase que o acto de consentir para as mulleres non é compatíbel cun feito libre na súa totalidade, debido ao contexto de dominación masculina e das relacións de forzas que predominan dentro do sistema patriarcal, caracterizado polas situacións de desigualdades de poder entre homes e mulleres. Aínda así, o consentimento móstrase como un principio político necesario para manter a diferenza entre a submisión e a liberdade. 16 durante o intercambio. Nestas propostas non se analiza en detalle a posibilidade de que o suxeito se sinta ambivalente respecto á súa vontade e o seu desexo, un trazo esencial no acto de consentir. A idea de Kukla sobre o consentimento parcial a través da axencia é moi interesante, debido á súa compatibilidade coa ambivalencia do suxeito sobre o seu desexo e a súa vontade. A súa concepción do acto de consentir como unha negociación dialóxica e un continuum permite ter unha maior adaptabilidade en cada intercambio sexual e un maior dinamismo de cambio sobre a decisión. Ao longo da análise do consentimento en relación coa liberdade, a igualdade, o poder, a vontade, a violencia, a autonomía, o desexo e a pornografía observarase como o consentimento internaliza unha gran complexidade. 17 1. Discusión 1.1. Os límites da sexualidade: o valor do consentimento na pornografía As principais cuestións a resolver neste traballo son a aplicación do consentimento na pornografía, a súa análise como un principio político, a súa realidade práctica actual dentro desta industria e os seus efectos na sociedade. Neste apartado da discusión, centrarémonos en describir o consentimento a partir da teoría de Geniève Fraisse e aplicaremos o valor do consentimento dentro da pornografía para observar o seu desenvolvemento. Antes de introducirnos no estudo do consentimento dentro do plano pornográfico, é relevante observar o seu funcionamento a nivel global. En relación cos conceptos de liberdade e de elección, o consentimento pode considerarse un dereito en si mesmo, o que se entendería como o dereito a consentir. Baixo o pensamento do xurista Daniel Borillo (2002) podería estabelecerse unha ética do consentimento baseada na liberdade. Dito con Fraisse: “a capacidade de consentir constitúe a base ética desta liberdade” (2012: 88). Esta posición filosófica é un intento de afastar a sexualidade da condición sexuada dos individuos que convirte en substanciais os propios órganos xenitais, de maneira que a moral e a relixión fican relegadas a un segundo plano. Polo tanto, nesta proposta obsérvase o predominio da liberdade sexual sobre a natureza ou a cultura sexual. Esta idea é unha especie de disociación entre o plano económico e o moral, como un dobre xogo entre a moralidade e a economía, no que o corpo se introduce dentro do mercado sen unha carga ética subxacente que implique o valor positivo ou negativo do corpo e da sexualidade. Polo tanto, a ética do consentimento debe loitar por estabelecer a liberdade e a igualdade sexual, de maneira que o único límite é o dano que se poida provocar ao outro, tendo maior peso o poder do individuo sobre o seu propio corpo e a protección da vida privada e do íntimo. Na obra de Fraisse (2012) explícase esta postura, a cal afirma que a intervención do Estado e da esfera política na sexualidade individual implica que existe unha presión social, moral e relixiosa. A partir desta perspectiva existe a posibilidade de reforzar o valor do consentimento na industria de explotación sexual e de criticalo no contexto da violencia sexual a través do argumento da liberdade e do poder do suxeito sobre o seu corpo. Ademais, segundo Marcela Iacub (2002), o consentimento permite a contradición entre a deconstrución da 18 súa importancia no escenario da violación e a construción do seu valor na prostitución (Fraisse, 2012). Ademais, a ética do consentimento parte argumentativamente de dúas ideas: a liberdade e a igualdade 13 , dous principios políticos democráticos e republicanos. O primeiro conseguiu un novo valor no dereito penal, por exemplo, no caso da violencia sexual considérase que a ausencia de consentimento indica un detrimento da liberdade e da propia vontade do suxeito. Sobre o segundo, a igualdade, é importante nomear que a violencia está ligada coa autoridade e coa discriminación (Fraisse, 2012). Como crítica á ética do consentimento que defende Borillo, Fraisse (2012) afirma que a liberdade dentro das relacións de forzas non pode entenderse na súa plena aplicación, pois este termo está limitado e definido polo marco social. Aínda así, esta limitación da liberdade sexual baixo o contexto do poder non implica que deba equipararse coa violencia sexual. Sobre os conceptos de poder e violencia, Hanna Arendt (1972) afirma que a violencia xurde ao carón do poder, mais este e a violencia son opostos, de maneira que onde domina un falta o outro. Aínda que o poder e a violencia parece que xorden xuntos e o segundo pode destruír o primeiro, o poder nunca xorde a partir da violencia. Así, a violencia sería naturalmente instrumental, un simple recurso do poder, elemento que parte da condición política da pluralidade na diferenza e que pertence á condición humana en comunidade. Outra filósofa que respalda esta diferenza entre ambas ideas é Clara Serra (2024), quen afirma que a equiparación de poder e violencia provocaría unha moralidade cunhas ríxidas regras arredor da sexualidade, próximo á categorización máis alá do consentimento e preto da diferenza entre sexo bo e malo (“sexo feminista”). Por exemplo, a dicotomía entre o sexo afectivo e o sexo sadomasoquista. Así, cando non existe diferenza entre ambos termos toda desigualdade de poder pode transformarse nunha cuestión de forza, de maneira que o carácter viciado da capacidade de consentir se expande e adquire o estatuto de condición xeral e a desigualdade de poder sería indicio de violencia. 13 Segundo o feminismo da igualdade, a igualdade non pode efectuarse entre homes e mulleres no contrato social vixente baseado nun contrato sexual, por iso reclama a necesidade de estabelecer un novo contrato social. Existen tres liñas principais deste movemento (a radical, a socialista e a liberal). En España pertencen certas autoras máis alá das diferenzas entre as súas teorías: Victoria Sau, Lidia Falcón, Celia Amorós e Amelia Valcárcel. 19 A crenza de que a desigualdade de poder é sinónimo de violencia relaciónase cunha socialización no perigo e coa construción dun sentimento negativo da sexualidade, como un espazo no que nunca pode ocorrer a presenza da vontade e da autonomía do suxeito. A respecto disto, Paula Sánchez expresa unha idea relevante sobre a complexidade da escena sexual en canto á confianza no outro, ao descoñecemento no sexo e ao risco de manterse neste tipo de socialización: “ou vivir o pracer a cambio de asumir un risco ou evitar os seus perigos a costa de castrar o desexo” (2022: 239). En adición, Butler afirma nunha entrevista que a completa ausencia de poder non pode ser o principio mediante o que se lexitime o sexo, como pretende postular parte do feminismo radical: “Pour ma part, j’irais même jusqu’à dire, avec Michel Foucault, que le pouvoir et la sexualité sont co-extensifs; qu’on ne trouvera pas de sexualité sans pouvoir. Je dirais que le pouvoir est une dimension très excitante de la sexualité” (FassinFeher, 2003: 46). Non obstante, aínda que se consegue diferenciar o poder da violencia, afastar a moral da sexualidade e compatibilizar o consentimento co contexto das desigualdades de poder e da dominación masculina que limita a liberdade feminina, Serra (2024) critica que a vontade que se presenta como principio para o consentimento non mostra a totalidade do querer da persoa. Este é un trazo que problematiza a súa regulación, debido a que a liberdade sexual das mulleres necesita que a lei recoñeza a súa vontade sen coñecer a totalidade dos seus desexos. A estas problemáticas do consentimento, que dificultan que se poida considerar un principio político, súmaselle a crítica que realiza Fraisse (2012), quen cuestiona como se pode asociar o concepto de consentimento co de liberdade cando o primeiro parte dunha suposta “servidume voluntaria”. Relacionar ambas ideas parece unha contradición, maiormente no caso do consentimento feminino, xa que a condición da muller como suxeito non conseguiu desprazala de ser vista e tratada como obxecto ao mesmo tempo. Así compréndese que a noción de consentimento aparece logo dunha derrota, esa na que unha cede en lugar de decidir ou de querer, esa onde unha decide sobrevivir antes que perder ou morrer. En consecuencia, a idea de consentimento caracterizará en adiante dúas situacións: a da relación de forzas e o seu resultado imposto (ceder máis que consentir) e a do contrato entre partes máis ou menos iguais (o consentimento mutuo) (Fraisse, 2012: 47). 20 Como solución para esta dobre perspectiva semántica do consentimento que presenta Fraisse (2012), o termo defínese a través dun só dos dous sentidos. Asúmese o consentimento como un feito de liberdade dentro do marco da dominación, é dicir, o acto de consentir como un acto mutuo dentro do contrato, deixando a un lado as desigualdades. A través desta nova realidade o consentimento transfórmase nun factor determinante dentro do sexo, mediante o cal si se pode desenvolver a autonomía e a vontade do individuo en liberdade. Alén da complexidade que garda o consentimento, na actualidade é o concepto recollido na maioría dos Estados para a regulación da sexualidade. Esta posición convirte o consentimento nun principio necesario para poder distinguir a submisión da liberdade, aínda que as mulleres estean condicionadas por este contexto patriarcal. Como intento de paliar estes defectos que se recollen no consentimento tendo só en conta a vontade do suxeito, unha parte da sociedade defende o argumento do desexo dentro do consentimento como un principio a ter en conta na súa lexitimidade. Neste punto de vista moral sobre a sexualidade téndese a recorrer ao desexo como principio para afirmar que algo é consentido de maneira activa, pois o consentimento pode verse dende unha postura pasiva á hora de tolerar o intercambio sexual e non aprobalo en si pola vontade do suxeito. Pola contra, o desexo é un parámetro que tamén se constrúe a partir duns marcos culturais como o patriarcal, polo que tampouco se pode definir este principio alleo ao poder e ás estruturas sociais imperantes: “A que outro adulto se lle esixe que estea tan ligado ao desexo para que os seus actos sexan lícitos? Iso si que é unha gran infantilización das traballadoras sexuais” (Sánchez, 2022: 184). Esta perspectiva sobre o desexo propón un novo suxeito do contractualismo sexual no contexto do liberalismo moderno, que sempre sabe o que quere para aceptar o pacto. Mais, a psicanálise freudinana combate este suxeito, no que no seu interior existe unha dicotomía sobre o seu desexo: pode querer e non querer á vez e pode descoñecer o que quere. Por isto, é que o desexo ao formar parte do inconsciente do suxeito non pode tomarse como un principio para determinar a lexitimidade do consentimento. Así pois, non é o mesmo consentir que desexar, porque, como lembra Serra (2024), en realidade non se sabe o que se desexa até o propio momento de interacción, un trazo do desexo que dificulta a súa condición como principio político. Esta postura que presenta o desexo como unha opción mostra certa contradición, pois para saber e coñecer o noso 21 propio desexo é preciso explorar e para experimentar é necesario sucumbir cara un camiño descoñecido a través do “non sei” (Serra, 2024). A perspectiva que defende o desexo dentro do consentimento afirma que sería ir máis alá do propio consentimento, relacionado este coa actitude pasiva das mulleres fronte o desexo masculino e cun “deixarse facer”, posto que se alzaría a voz do desexo feminino no lugar da acción e suporía a positividade afirmativa dun suxeito activo na relación sexual. Leguil (2023) na súa obra apuntala a equivalencia do desexo reivindicado socialmente co goce psicanalítico dentro dunha lóxica mercantilista (desexo sádico), de maneira que a autora advirte que gozar absolutamente conleva á aniquilación do outro. Así mesmo, Leguil (2023) realiza unha crítica dos discursos contemporáneos que entenden a liberdade sexual baixo o termo de “empoderamento” que invita á muller a coñecer o seu propio pracer dende unha perspectiva autárquica e solipsista. Esta psicanalista defende o consentimento ligado á noción de feminidade de Lacan e despréndese da imposición sobre o suxeito feminino de converterse en axentes autónomos afastados da vulnerabilidade a da dependencia cara o outro. O desexo feminino que o feminismo debe defender non pode desligarse da opacidade, do non saber e da relación co outro, pois este caracterízase por estes trazos. De volta no concepto de consentimento en relación coa sexualidade, para poder tratar o consentimento sexual e que sexa compatíbel neste contexto patriarcal, pódese empregar a teoría de Kukla (2023). Nesta proposta a autora afirma que a axencia do suxeito está condicionada polo marco no que se desenvolve e por iso é importante tomar o concepto de axencia parcial. Esta idea, a través da imaxe do consentimento como un continuum tanto en encontros puntuais como en relacións continuadas, permite unha maior flexibilidade sobre a ambivalencia na decisión do suxeito. Ademais, Popova (2021) resalta a importancia de ter en conta o proceso de negociación do consentimento, que pode entenderse, alén da vontade e do desexo, a través da perspectiva da autonomía corporal, do respecto da autonomía propia e da outra persoa. Un exemplo sobre a negociación do consentimento sexual cun carácter contractual atópase nas prácticas libremente consensuadas do BDSM (Bondage e Disciplina, Dominación e Submisión, Sadismo e Masoquismo) e nas relacións d/s (dominantesubmiso). Neste escenario non intercede tanto o desexo ou a autonomía corporal como a confianza no outro que estimula a vontade de consentir. Este é un espazo no que se 22 desenvolve explicitamente o consentimento informado aplicado noutros eidos da sociedade e que permite un maior grao de claridade sobre o intercambio, mais a cesión ao descoñecemento segue presente. Estas prácticas dan moita importancia á consciencia e á presenza do suxeito no acto, de maneira que estean totalmente presentes e que sexan capaces de comunicarse: de pedir, dar, recibir, negar ou retirar o seu consentimento en calquera momento (Popova, 2021). Un obstáculo é a negociación individualizada do consentimento que xurde a partir dos discursos dominantes sobre a responsabilidade persoal. A comunidade BDSM intenta solventar este problema mediante a responsabilidade en plural, a través da comunicación directa, concreta e explícita na negociación do consentimento e da creación de espazos seguros nos que desenvolver estas prácticas pola necesidade dunha posíbel intervención. O BDSM é case o único espazo no que se trata o consentimento no asesoramento sexual convencional, un conxunto de prácticas categorizadas fóra do “sexo normal”. Polo tanto, existe unha fronteira na intervención do consentimento entre o “sexo normal” (penevaxinal) e o “sexo anormal”, como se o primeiro non precisase dunha negociación explícita. Desta maneira, asúmese que toda a sociedade ten pleno coñecemento do guión sexual e que todo suxeito pode expresar facilmente si e non e que pode respectar a vontade do resto (Popova, 2021). Tamén existe unha fronteira de idade sobre a presuposición de coñecementos sobre o acto de consentir. O único tratamento desta información desenvólvese no material dirixido a adolescentes, de maneira que se asume que no resto de fases vitais do individuo este tipo de coñecementos xa son sobreentendidos (Popova, 2021). Sobre isto, é importante evidenciar que a infancia e a adolescencia non son os únicos tempos nos que o individuo pode mostrar problemáticas no entendemento do acto de consentir e por isto é preciso expresar este fenómeno dirixido cara todo tipo de receptor. Dentro da pornografía 14 hai múltiples aplicacións do consentimento debido a que non só depende da acción dentro do intercambio sexual, tamén intercede a cuestión do material audiovisual: a gravación, a participación, a publicación e a distribución ou o intercambio de arquivos audiovisuais. Nestes diferentes planos é onde se determina se é consensual 14 Podemos incluír a literatura erótica dentro do marco pornográfico, debido á súa carga de contido sexual. Para máis información consúltese a obra de Kate Millet Política sexual (1970). 23 ou non consensual 15 a pornografía, xa que no momento que se viola o consentimento nalgún destes puntos, o material deixa de ser consensual. Por exemplo, os vídeos de violacións reais ou de intercambios sexuais nos que unha das partes non consinte a súa distribución, publicación ou a súa gravación. Neste punto son relevantes os conceptos de dereito de autoría e dereito á intimidade respecto ao suxeito e ao consentimento, pois neste escenario non consensual viólanse a privacidade e a vontade do individuo. No documental “Sociedad porno” pode observarse a importancia deste tipo de material audiovisual non consentido dentro do total do contido destas plataformas como PornHub (MindWeek) 16 . Polo tanto, non só existe a problemática da regulación da pornografía consensuada, tamén está o principal obstáculo: a pornografía non consensual. De maneira complementaria a esta situación sobre o consentimento, o porno mainstream mostra un forte grao de violencia sobre a muller en escenas nas que se ignora o seu propio consentimento, un imaxinario que alén de partir da ficción pode construír un discurso sexual arredor da ignorancia da súa vontade e autonomía. En consencuencia, esta imaxe pornográfica provoca que non exista unha correspondencia entre o consentimento na realidade e o que aparece na pornografía. Alén destas características que mostran a ilexitimidade desta representación da pornografía meinstream, este material ten unha forte demanda nas plataformas actuais, un feito que pode deberse ao efecto do movemento de banalización na sociedade moderna baixo as diversións cambiantes do espectáculo, onde o consumo multiplicou até o infindo os roles e os obxectos a escoller polo consumidor e a súa insatisfacción sempiterna (Debord, 1998). Ademais, para xustificar esta representación sobre a sexualidade a propia industria, os consumidores e as persoas que se sitúan a favor empregan o argumento da liberdade de expresión. Sobre a participación das mulleres no eido pornográfico e o seu consentimento neste tipo de prácticas existe un debate todavía activo na sociedade, así como a liberdade de elección é un tema recorrente na regulación e na abolición da pornografía. Por parte das abolicionista existe unha serie de argumentos que permiten cuestionar a súa existencia 15 Esta pornografía non consensual relaciónase co concepto de “pornovinganza” ou “pornografía de vinganza”, un fenómeno dado na difusión non consentida de imaxes privadas como método de vinganza. 16 https://www.rtve.es/rtve/20240209/noche-tematica-se-acerca-mundo-porno/15962770.shtml 24 dentro deste escenario: a dominación masculina, a inviabilidade do consentimento en condicións de coerción patriarcal e a problemática que xurde a partir de ambos puntos. Un argumento recorrente en contra da participación das mulleres na industria de explotación sexual é a cuestión da alienación e da disociación que sufren, como un intento de ilexitimar o seu consentimento. Son dous conceptos perigosos no momento de aplicalos sobre un grupo concreto, pois pode conformar unha xerarquización e desvalorización do suxeito e da súa vontade. De feito, a disociación xustifícase mediante a separación do eu, un escenario non moi diferente a calquera outro traballo no que se separa a identidade do suxeito da identidade do traballador. Outro punto da crítica abolicionista céntrase na comercialización do corpo. Por un lado, na obra de Carole Pateman O contrato sexual (1988) explícase a base do sistema patriarcal a través da imaxe do contrato, que permitiría o acceso continuado ao corpo feminino por parte dos homes e a separación de sexos entre a esfera pública e privada. Analizando o contrato social de Locke, Pateman decátase de como os homes serían os únicos consentintes dentro deste pacto, pois son os únicos considerados como individuos ao pertencer á esfera pública. Desta maneira, o dereito natural no patriarcado deriva cara o dereito civil e cidadán mediante tres escenarios: o matrimonio, o contrato social e a prostitución (Sánchez, 2022). Outras autoras que se pronunciaron a prol desta crítica son Ana de Miguel (2015) e Valcárcel (1998), quen critican que non sempre se pode lexitimar unha práctica a través do consentir das partes implicadas nun marco democrático, porque a propia democracia se encarga de regular eses contratos que poderían ser voluntarios polos grupos máis vulnerábeis nunha situación de desigualdade e/ou de dominación. Ademais, o filósofo moral Scott A. Anderson (2002) afirma que a prostitución se lexitima no dereito das mulleres sobre o seu corpo, mais a legalización e normalización deste escenario pode provocar a perda de control e de dereito sobre a autonomía sexual. É dicir, a capacidade de marcar os límites sobre o acceso aos seus corpos nun espazo predisposto á reprodución da desigualdade de poder. En contraste con esta perspectiva, Fraisse (2012) afirma que existe un cambio sobre o suxeito feminino e o seu poder sobre si mesmo. No pasado este mercado do corpo realizábase dende unha posición de heteronomía no caso da muller, de maneira que tanto o matrimonio como a prostitución eran dous ámbitos nos que a vontade e a independencia 25 non tiñan moito que ver. Mais, no último século coa autonomía económica e a conquista do seu propio capital, o sexo feminino conseguiu converterse en comerciante e propietaria, alén de ser tratado igualmente como obxectos e produtos dentro do sistema comercial. Amais, Nancy Fraser (1996) apunta que o cliente compra a representación escenificada de poder como unha “fantasía de dominio”, finita no mesmo momento en que se realiza, en lugar de adquirir dito poder mediante esta dominación (Sánchez, 2022). Non obstante, Fraisse (2012) tamén determina que se a economía está presente en todos os puntos da realidade non pode haber espazo para a ideoloxía, co cal a liberdade individual que participa deste sistema social representa o pensamento de igualdade sen ter en conta a relación de forzas entre os contratantes. Como é difícil demostrar a reciprocidade e a igualdade dos participantes dentro do exercicio da pornografía, destaca a elección individual e a prevalencia da liberdade sobre a igualdade. En palabras da filósofa: Un non vende o seu corpo, alquílao [...] o dó mercantil inherente á prostitución podería transformarse nun contrato de traballo para aquelas que deciden que “consenten” en gañarse desa maneira a vida [...] Dicíase: “elas consenten”; agora dirase: “eu consinto”. (Fraisse, 2012: 58). Polo tanto, segue existindo a problemática do consentimento dentro do marco patriarcal, aínda que o cambio a través da autonomía económica e política permite que as mulleres sexan suxeitos de dereito e que o mercado do sexo se convirta nunha acción consentida en primeira persoa, sexa a través dunha pantalla ou do propio corpo. Alén da nova realidade para as mulleres, non debemos esquecer que estas accións libres no marco das relacións civís poden converterse nunha trampa a través do poder sádico que emprega a submisión e que o consentimento pode chegar a instrumentalizarse. Este é un dos obstáculos deste principio político, porque o límite entre ceder e consentir é difuso e poden existir cesións forzosas aparentemente consentidas (Leguil, 2023). 1.2. Os efectos actuais da pornografía Tras esta análise sobre o concepto de consentimento e a súa aplicación na pornografía mainstream xurde a seguinte cuestión deste traballo: os efectos que provoca esta representación do consentimento no ámbito pornográfico. As consencuencias son: a normalización da violencia na sexualidade e a relación entre o consumo de porno 32 gozada por ambas partes. Neste punto intercede a pragmática do discurso, a interpretación dos diversos significados que permite xogar con esta multiplicidade semántica da mensaxe onde cobran especial relevancia certos trazos que non se din mais que son percibidos (Bauer, 2019). Na obra de Bauer (2019) tamén se nomea a David Lewis, quen afirma que a conversa adoita regularse por unha “regra de acomodo”, un proceso que permite que unha presuposición se presente de maneira tácita. A través desta imaxe pode entenderse como a fala pornográfica implicitamente coloca as regras dos xogos do sexo coa introdución de presuposicións, que polo seu carácter tácito permiten unha maior permisión na súa mensaxe e un menor cuestionamento 24 . Este aspecto do acto de fala pode relacionarse coa cuestión da ausencia de diálogo e de comunicación verbal como factores que aumentan o valor interpretativo da escena e do consentimento. Así pois, que ocorre co silencio como resposta? É importante resaltar a imaxe da non equivalencia do silencio pola afirmación 25 . Segundo Bauer (2019), o que obriga á muller a dispoñer do silencio é a espectacular incapacidade do home para recoñecer algo que é absolutamente claro e obvio nun novo contexto, no que o erro perlocutivo e ilocutivo se da baixo as intencións do home que xa non trata a muller como unha persoa. Por último, é preciso aplicar estes efectos da pornografía nas novas tecnoloxías (TICS e IA) e nas redes sociais (Tik Tok, Instagram, WhatsApp, X (Twitter) e OnlyFans), xa que actualmente nestas plataformas obsérvanse contidos de carácter sexual de maneira máis ou menos explícita. Este é un ámbito que pode presentar un dobre efecto contraditorio: (1) permite a canonización da realidade, un feito que pode desembocar na xeralización dun discurso particular en común, que no caso da sexualidade pode provocar a asimilación social duns guións sexuais concretos; e (2) simultaneamente facilita a visibilización das realidades plurais que existen no mundo e a diversidade de discurso que combate estas pautas preconcibidas. 24 Esta análise sobre a pornografía como un tipo de forma de expresión debe completarse co caso da natureza de fotografías e películas pornográficas, xa que aquí só se estudan as palabras. Para isto serán necesarios os estudos de Cavell e Linda Williams (Bauer, 2019: 122-124). 25 Clara Serra (2024) destaca que existe unha diferenza substancial entre dicir que un silencio non debe servir aos homes para presupoñer a dispoñibilidade sexual dunha muller e afirmar á marxe de todo contexto que significa sempre unha negativa. Consúltese o capítulo “O que cala consinte?” (Clotilde Leguil, 2023: 55-57). 33 Así e con todo, este novo lugar de encontro social permite unha maior difusión de contido nun contexto internacional. A raíz de varios estudos pode observarse como as problemáticas da nosa sociedade comezan a tomar forma sobre estes medios, como por exemplo o acoso de menores 26 . Estas redes están conectadas directamente co contido sexual mediante certos perfís, tanto de IA como de persoas reais que redirixen ao receptor mediante un link na súa biografía. A pornografía actualmente aparece na maioría de ámbitos: videoxogos, aplicacións, páxinas web... Por isto é relevante establecer unha regulación en tanto do contido como do perfil de receptor que remata nestes espazos, pois a súa recepción na infancia e na adolescencia cada vez é maior 27 . Sobre este efecto no receptor, no prólogo de Ana Valero (2022), Érika Lust trata a ausencia da consciencia do consumidor ao respecto do porno que consume habitualmente: “a pornografía é un discurso político que, polo tanto, é parte da nosa cultura e, como tal, afecta ás percepcións dos espectadores sobre como debería ser a sexualidade e as relacións humanas” (Valero, 2022: 13). Este escenario mesturado co estado de construción no que se atopan as novas xeracións pode determinar o futuro discurso que asuman e promovan na súa sexualidade. Segundo Cobo (2020), a pornografía suscita emocións concretas no espectador que a consume. Isto pode ser un proceso de construción do desexo, co cal é moi importante coñecer as implicación daquilo que se está erotizando. Este cambio precisa dun apoio na educación, de maneira que non só se transformaría o discurso normalizador da violencia na pornografía, senón que a demanda deste contido sería menor ao existir un desexo diferente mediante unha consciencia activa. Finalmente, pódese observar como a pornografía é unha industria que produce o seu propio discurso da violencia sexual sobre as mulleres e que mediante a súa representación do sexo promove unha desvalorización do consentimento. Concretamente, o porno ten efectos sobre a linguaxe, que poden producir o silenciamento e a submisión femininas a través do fenómeno da interpretación a da expresión non verbal; no proceso de (auto)obxectualización feminina; sobre a relación que existe entre o consumo de contido sexual hardcore e a tolerancia destas prácticas na sexualidade do suxeito; na 26 Consúltese “Capítulo cuarto: pornografía y daño a la juventud y a la infancia” (Valero, 2022: 155-190) e o artigo “La IA plantea nuevos escenarios delictivos de abuso sexual infantil”: https://www.nytimes.com/es/2024/02/01/espanol/inteligencia-artificial-abuso-infantil.html 27 Consúltese “Niñas y adolescentes en la pornografía” (Rosa Cobo, 2020: 191). 34 normalización da violencia dentro do eido sexual; na evolución destes parámetros do imaxinario sexual e pornográfico cara as novas plataformas tecnolóxicas como as redes sociais; e sobre as novas xeracións e a mocidade, feito que determina os futuros guións sexuais. 35 4. Conclusións O obxectivo do traballo era analizar o valor do consentimento na pornografía e os seus efectos sobre a sociedade actual, polo que se fixo un estudo do concepto de consentimento a través da teoría de Fraisse (2012). Isto determinou que o consentimento non é un principio político que poida ser aplicado en toda a súa extensión, debido á súa complexidade e ao contexto no que se desenvolve, da dominación masculina e das relacións de forzas que limitan a liberdade do suxeito feminino. Aínda así, a través do estudo de Clara Serra (2024) e da proposta de Kukla (2023) móstrase como, alén da súa problemática, é posíbel a aplicación do consentimento neste marco de liberdade condicionada a través da axencia parcial. Tamén, se observou que o consentimento é un termo necesario para poder distinguir a submisión da liberdade, senón ambas ideas serían equivalentes e non podería desenvolverse a autonomía do suxeito e os actos non consentidos e de violencia poderían converterse en normalidade. Despois desta conclusión sobre o consentimento, a aplicación deste principio político na pornografía ten diferentes esferas que determinan se é un acto consensual ou non: a participación, a gravación e a publicación. A participación refírese aos intercambios sexuais nos que interactúan os actores e actrices, a gravación é o rexistro das imaxes nun arquivo e a publicación relaciónase co acto de difundir dito material gravado. Así, a complexidade característica do consentimento adquire un novo nivel no ámbito pornográfico coas diferentes formas nas que pode aplicarse. Alén do anterior, é importante destacar que o consentimento pode verse silenciado pola falta de diálogo na escena pornográfica. Este fenómeno pode relacionarse co xogo comunicativo que desenvolve esta industria a través do fenómeno da interpretación. Este recurso permite que a mensaxe de violencia sexual esté presente na maioría de escenas pornográficas meinstream a través dunha linguaxe non verbal, unha expresión tácita que permite un menor cuestionamento da mensaxe ao non explicitarse lingüisticamente. Na maioría dos casos o porno mainstream direcciona a violencia cara a figura feminina e esta representación, alén de ser unha recreación ficticia, crea un discurso e comunica a normalización dun alto grao de violencia sobre as mulleres dentro da sexualidade. Desta maneira, a lexitimidade do porno e do consentimento dentro desta industria apóiase no discurso da liberdade de expresión e de elección (de Miguel, 2015), dentro do contexto do neoliberalismo, do capitalismo e da hipersexualización. A actual lexitimidade da 36 pornografía tamén se apoia na negación do porno como un acto de fala, unha categoría que lle permitiría ter un efecto sobre a sociedade a través do seu discurso. Mais, este argumento non atopa consistencia tras analizar o estudo de Bauer (2019), xa que afirma que existe unha forza ilocutiva e perlocutiva dentro do porno que repercute na comunicación real entre homes e mulleres. Neste punto, a pregunta é se a liberdade de expresión se está convertendo no argumento que permite a capitalización de calquera elemento ou se a moralidade intenta controlar a sexualidade. Esta dicotomía mostra o cambio na ideoloxía social, dunha represión do desexo cara o novo discurso arredor da pornografía do goce. En adición, a representación do consentimento na pornografía mostra unha desvalorización do acto de consentir e da vontade e do desexo do suxeito feminino. Tamén se poden observar diferentes efectos sobre a sociedade, como a (auto)obsectualización feminina; a influencia nos guións sexuais e no consumidor e a conceptualización do sexo; a relación que existe entre o consumo de contido sexual harcore e a tolerancia e excitación da violencia no sexo; o silenciamento e a submisión das mulleres mediante o poder do discurso e do acto de fala, a través do xogo de interpretación e da linguaxe non verbal; nas novas xeracións e a súa percepción sexual, convertíndose no principal medio de educación sexo-afectiva, e na normalización da violencia sexual sobre a muller, como un feito desexado e excitante. Esta análise permite observar como a pornografía si ten un poder sobre a sociedade e por isto é preciso regular os contidos, descartando todo material non consensual, sexa na gravación, na participación ou na publicación. Sobre todo en relación coas máis novas, xa para elas discernir entre a ficción e a realidade é máis difícil, debido ao estado de desenvolvemento da súa sexualidade sitúanse en plena construción e nun momento chave no que a influencia externa é maior sobre o seu discurso. Polo tanto, este proceso debe levarse a cabo paralelamente cunha educación sexo-afectiva que explique e alimente todas as dúbidas e que recolla a diversidade que caracteriza ao sexo. Estas accións permitirán a transformación da cultura da violación nunha cultura do consentimento. É importante salientar que non se pode combater a través do discurso da represión, da socialización no perigo e do sistema penal, pois a sexualidade tamén é un 37 terreo de pracer e exploración 28 e esta opción debe ser o último recurso como sistema transformador. Como futuras propostas, sería interesante realizar un estudo sobre a evolución da pornografía e dos seus efectos na sociedade a través da recollida de datos cuantitativos e cualitativos con enquisas e entrevistas. Este proxecto tamén permitiría facer unha análise comparativa entre xeracións e a súa concepción sobre o sexo e o consentimento. Ademais, tamén se podería relacionar o valor do consentimento na pornografía co doutros ámbitos como o cine. 28 Tema presente no estudo de Carole S. Vance (1989). “El placer y el peligro: hacia una política de la sexualidad”. Placer y peligro. Explorando la sexualidad femenina. 9-49. 38 Referencias bibliográficas Alario, Mónica (2019). “La reproducción de la violencia sexual: un análisis de la masculinidad hegemónica y la pornografía”. Investigación joven con perspectiva de género IV, 55-66. Álvarez, Silvina (2023). La sexualidad y el concepto de consentimiento sexual. Doxa. Cuadernos de Filosofía del Derecho, (47), 349-380. https://doi. org/10.14198/DOXA2023.47.13 Arendt, Hanna (1972). Crisis de la República. Taurus. Austin, J. L. (1962). Cómo hacer cosas con palabras. Barcelona: Paidós. Ballester, L., Orte, Carmen, - Pozo, Rosario (2019). Nueva pornografía y cambios en las relaciones interpersonales de adolescentes y jóvenes. Vulnerabilidad y resistencia: Experiencias investigadoras en comercio sexual y prostitución, 249284. del Barrio, Elena (2014). Pornografía y educación sexual: ¿libertad de expresión? o ¿ prisión de géneros?. Análisis de la pornografía mainstreaming. In Libro de Actas del II Congreso Internacional de Comunicación y Género (pp. 108119). Dykinson. del Barrio, Elena - Garrosa, Eva (2015). ¿ Educando en igualdad? Análisis de la triada pornografía-discriminación-violencia. Feminidad y masculinidad en la pornografía convencional. Journal of Feminist, Gender and Women Studies, (1). Bauer, Nancy (2019). Cómo hacer cosas con pornografía. Cátedra. Benhabib, Seyla (1990). “El otro generalizado y el otro concreto: La controversia Kohlberg-Gilligan y la teoría feminista”. Teoría feminista, teoría crítica. Alfons el Magnànim. Benhabib, Seyla (1992). Una revisión del debate sobre mujeres y la teoría moral. Isegoría. Borillo, D. (2002). “Mettre Fin à la Morale ao Profit des Libertés Sexuelles Consentantes”. Prochoix, (22). 39 Chodorow, Nancy (1984). El ejercicio de la maternidad. Gedisa. Cobo, Rosa (2020). Pornografía. El placer del poder. Ediciones B. Debord, G. (1967). La sociedad del espectáculo. Pre-textos. Dines, Gail (2010). Pornland: How porn has hijacked our sexuality. Beacon Press. Fassin, É. - Feher, M. (2003). “Une éthique de la sexualité: harcèlement, pornographie, prostitution: entretien avec Judith Butler”. Vacarme, 44-51. Fraisse, Geniève (2012). Del consentimiento. Universidad Nacional Autónoma de México. Frazer, Nancy (1996). ”Redistribución y reconocimiento: hacia una visión integrada de justicia del género”. Revista Internacional de Filosofía Política, (8), 18-40. Gilligan, Carol (1985). La moral y la teoría. Psicología del desarrolo femenino. Fondo de Cultura Económica. González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: 25/07/2024] Iacub, Marcela (2002). Le Crime était presque Sexuel, et autres Essais de Casuistique Juridique. Flammarion. Jeffreys, Sheila (2011). La industria de la vagina. La economía política de la comercialización global del sexo. Paidós. Kukla, Quill Rebecca (2023).“Una teoría no ideal del consentimiento sexual”. Pensando el género, Lecturas contemporáneas, 221-247. Langton, Rae (1993). “Speech Acts and Unspeakeable Acts”. Philosophy and Public Affairs, 293-330. Langton, Rae - West, Caroline (1999).“Scorekeeping in a pornographic language game”. Australasian Journal of Philosophy, 77(3), 303–319. Leguil, Clotilde (2023). Ceder no es consentir. Ned Ediciones. Nussbaum, Martha C. (1995). “Objectification”. Philosophy and Public Affairs, 24(4), 249-291. 40 MacKinnon, Catharine (1987). Feminism unmodified: Discourses on life and law. Harvard university press. MacKinnon, Catharine (1995). Hacia una teoría feminista del Estado. Cátedra. Marzano, Michela (2006). La pornografía o el agotamiento del deseo. Manantial. de Miguel, Ana (2015). Neoliberalismo sexual: El mito de la libre elección. Cátedra. Millett, Kate (2017). Política sexual. Cátedra. Popova, Milena (2021). Consentimiento sexual. Cátedra. Sánchez, Paula (2022). Crítica de la razón puta: cartografías del estigma de la prostitución. La oveja roja. Sánchez, María José (2007). Ética e infancia: el niño como sujeto moral. Scott A. Anderson (2002). “Sexual Autonomy. Making sense of the prohibition of Prostitution”. Ethics, (4), 748-780. Serra, Clara (2024). El sentido de consentir. Anagrama. Valcárcel, Amelia (1998). La política de las mujeres. Cátedra. Valero, Ana (2022). La libertad de la pornografía. Athenaica Ediciones. Walter, Natasha (2010). Muñecas vivientes. El regreso del sexismo. Turner.