Instrución X/2020 da xerencia pola que se establece o procedemento a seguir nos procesos selectivos en relación coa situación provocada pola COVID-19
Abstract
Instrución X/2020 da xerencia pola que se establece o procedemento a seguir nos procesos selectivos en relación coa situación provocada pola COVID-19
Full text
INSTRUCIÓN X/2020 DA XERENCIA POLA QUE SE ESTABLECE O PROCEDEMENTO A SEGUIR NOS PROCESOS SELECTIVOS EN RELACIÓN COA SITUACIÓN PROVOCADA POLA COVID-19 As accións que se indican son como consecuencia da aplicación das recomendacións sanitarias para facer fronte a COVID 19. Esta información podería modificarse en función do que a evolución da pandemia e as autoridades sanitarias aconsellen. Con carácter previo á celebración do exame, deberase comunicar ao tribunal cando a persoa aspirante presente síntomas compatibles coa COVID 19, se se lle diagnosticase a enfermidade e non rematou o período de illamento ou se se atopa en período de corentena domiciliaria por contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada nos últimos 14 días . En cumprimento do principio de igualdade nos procesos selectivos, poderá realizárselle a proba nunha data que non altere o desenvolvemento normal do proceso . En consecuencia, será necesaria unha ponderación da circunstancia concreta en cada caso por parte do órgano técnico de selección, aos efectos de velar polo cumprimento do dereito ao acceso á función pública en condicións de igualdade por todas as persoas aspirantes e, ao tempo, garantir a seguridade de todas elas. A persoa afectada, antes da celebración do exercicio, deberá comunicar ao tribunal a súa situación a través da secretaría deste órgano (o correo de contacto está publicado na páxina correspondente á convocatoria) ou ben a través de [email protected] e solicitar o aprazamento da proba. Esta circunstancia deberá estar acreditada co informe facultativo correspondente. En caso de non dispor do informe no momento da comunicación, concederase automaticamente un prazo extraordinario de 48 horas desde o fin da celebración do exercicio para achegalo. Os tribunais cualificadores sinalarán a data de realización do exercicio tendo en conta as circunstancias da persoa derivadas da COVID-19 e a necesidade de garantir o normal desenvolvemento das probas. Se o consideran necesario para preservar o principio de igualdade, os tribunais quedan facultados para recoller o caderno de preguntas ao finalizar a proba e non publicar as respostas ata que todas as persoas aspirantes se examinen. Neste suposto, o prazo para presentar as posibles reclamacións previstas nas bases da convocatoria tamén sería único, comezando a computarse cando se examine o último aspirante. Instrucións para o desenvolvemento dos exercicios: 1. Non poderán acceder ao exame aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas ás que se lles diagnosticase a enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19. 2. As persoas aspirantes, se teñen síntomas durante o exercicio compatibles coa COVID-19, deberán poñelo inmediatamente en coñecemento do Tribunal. Os síntomas máis comúns compatibles coa COVID-19 inclúen febre, tose e sensación de falta de aire. Nalgúns casos tamén pode haber diminución do olfacto e o gusto, calafríos, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/F531-51B4-4EAA-B684 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: F531-51B4-4EAA-B684 1 / 3
3. As persoas aspirantes deberán acudir o día do exame con máscara cirúrxica. Non se permitirán máscaras de tela nin as provistas de válvula exhalatoria. Durante todo o tempo de permanencia no centro de exame será obrigatorio o uso da máscara, agás os casos previstos na normativa. As exencións ao uso da máscara deberán ser acreditadas por informe facultativo e comunicadas previamente ao tribunal 4. Todas as persoas aspirantes deberán de manter o respecto da distancia de seguridade interpersoal nos accesos á aula onde se vaia realizar o exercicio. Atenderase ao disposto polo Tribunal en materia de sentidos de circulación. 5. Non se permitirá a saída da aula ata que remate o tempo establecido para a súa realización ou ben haxa acordo do Tribunal noutro sentido. As persoas aspirantes sairán de forma ordenada e mantendo a distancia de seguridade interpersoal. 6. Durante o exame permanecerán as portas e ventás abertas para garantir a ventilación, recoméndase polo tanto vir con roupa adecuada. 7. Non se permitirá o acceso ao edificio da proba de acompañantes das persoas participantes convocadas 8. Todas as persoas aspirantes deberán acudir co seu propio material (bolígrafos, lapis) para a realización do exercicio, evitando compartilos. 9. Aqueles aspirantes convocados para realizar un exame que necesiten un xustificante para entrar en Santiago por causa das medidas de protección fronte ao COVID-19, poderán solicitarllo á secretaría do tribunal. Para as cuestións non tratadas nesta instrución terase en conta o disposto na normativa ordinaria de selección de persoal nas administracións públicas, nas resolucións reitorais e instrucións da Xerencia relativas á COVID19, así como ao que poida dispor cada tribunal no exercicio das súas competencias. O Xerente Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/F531-51B4-4EAA-B684 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: F531-51B4-4EAA-B684 2 / 3
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO JAVIER FERREIRA FERNANDEZ, XERENTE, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26/11/2020 13:40:39. CSV: F531-51B4-4EAA-B684 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/F531-51B4-4EAA-B684 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: F531-51B4-4EAA-B684 3 / 3