scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Puntada sen fío na economía circular: exame das limitacións das fibras celulósicas e a bioeconomía no téxtil

Durán Rubí, Elisa

Abstract

O concepto de Economía Circular espertou un interese crecente polo seu potencial para transformar o modelo lineal de produción, consumo e residuos. Non obstante, a súa implementación adoita centrarse unicamente na expansión dos mercados "verdes", como a reciclaxe e a bioeconomía, para impulsar o crecemento económico. Este artigo defende a adopción dunha visión transformadora que englobe aspectos ambientais, sociais e institucionais para acadar un desenvolvemento sostible. O estudo examina especificamente o caso das fibras de celulosa na industria téxtil para exemplificar as limitacións das estratexias actuais de Economía Circular. O sector da moda, co seu importante impacto económico, ambiental e social, ofrece unha oportunidade para adoptar novos materiais derivados de fontes biolóxicas renovables e rexenerativas. Estratexias como a bioeconomía e a Economía Circular foron impulsadas pola Unión Europea e cada vez son máis implantadas por empresas de moda sostible, en consonancia coa perspectiva imperante de crecemento "verde" e diversificación de materiais "sostibles". O estudo fai fincapé na necesidade de considerar a vida útil do produto e modificar os patróns de consumo e produción para conseguir un enfoque máis integral da Economía Circular. A análise abrangue a definición, clasificación e relación histórica das fibras de celulosa coa industria química. Avalíase o estado actual do sector da fibra de celulosa a nivel mundial, destacando a concentración da produción en China e identificando líderes en sustentabilidade como Lenzing. O estudo tamén aborda os desafíos relacionados coas materias primas, as implicacións institucionais, o impacto ambiental e os patróns de crecemento, así como o comportamento do mercado e a necesidade de modelos localizados e ciclos de vida longos dos produtos para lograr unha transformación sostible. O estudo conclúe que o potencial das fibras de celulosa reside nos seus avances tecnolóxicos, pero a súa expansión non implica necesariamente impactos ambientais significativos nin cambios sistémicos no sector téxtil. Subliña a importancia de adoptar un concepto transformador de Economía Circular e a necesidade da súa implantación e promoción por parte das institucións.

Full text

Elisa Durán Rubí Puntada sen fío na Economía Circular: exame das limitacións das fibras celulósicas e a Bioeconomía no téxtil Master en Desenvolvemento Económico e Innovación Xullo 2023 Traballo de fin de máster presentado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Máster Desenvolvemento Económico e Innovación Traballo de fin de máster Folla de autorización Traballo fin de máster presentado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela por Elisa Durán Rubí, como requisito para obter o título de Máster Oficial Desenvolvemento Económico e Innovación e que conta coa autorización e dirección de Xavier Vence Deza, para a súa presentación e defensa. 3 Breve Resumo O concepto de Economía Circular espertou un interese crecente polo seu potencial para transformar o modelo lineal de produción, consumo e residuos. Non obstante, a súa implementación adoita centrarse unicamente na expansión dos mercados "verdes", como a reciclaxe e a bioeconomía, para impulsar o crecemento económico. Este artigo defende a adopción dunha visión transformadora que englobe aspectos ambientais, sociais e institucionais para acadar un desenvolvemento sostible. O estudo examina especificamente o caso das fibras de celulosa na industria téxtil para exemplificar as limitacións das estratexias actuais de Economía Circular. O sector da moda, co seu importante impacto económico, ambiental e social, ofrece unha oportunidade para adoptar novos materiais derivados de fontes biolóxicas renovables e rexenerativas. Estratexias como a bioeconomía e a Economía Circular foron impulsadas pola Unión Europea e cada vez son máis implantadas por empresas de moda sostible, en consonancia coa perspectiva imperante de crecemento "verde" e diversificación de materiais "sostibles". O estudo fai fincapé na necesidade de considerar a vida útil do produto e modificar os patróns de consumo e produción para conseguir un enfoque máis integral da Economía Circular. A análise abrangue a definición, clasificación e relación histórica das fibras de celulosa coa industria química. Avalíase o estado actual do sector da fibra de celulosa a nivel mundial, destacando a concentración da produción en China e identificando líderes en sustentabilidade como Lenzing. O estudo tamén aborda os desafíos relacionados coas materias primas, as implicacións institucionais, o impacto ambiental e os patróns de crecemento, así como o comportamento do mercado e a necesidade de modelos localizados e ciclos de vida longos dos produtos para lograr unha transformación sostible. O estudo conclúe que o potencial das fibras de celulosa reside nos seus avances tecnolóxicos, pero a súa expansión non implica necesariamente impactos ambientais significativos nin cambios sistémicos no sector téxtil. Subliña a importancia de adoptar un concepto transformador de Economía Circular e a necesidade da súa implantación e promoción por parte das institucións. 4 Resumo A Economía Circular esperta un crecente interese polo seu potencial para transformar o modelo lineal de produción, consumo e residuos. Aínda que tanto nas institucións como no mercado, este concepto adoita ser reducido á simple aplicación e expansión de mercados "verdes", como o da reciclaxe e a Bioeconomía, para impulsar o crecemento económico, faise necesario adoptar unha visión transformadora que englobe aspectos ambientais, sociais e institucionais para lograr un desenvolvemento sostible. A bioeconomía é concibida como o intento de substituír os produtos derivados de fontes fósiles por materiais biolóxicos renovables e rexenerativos. Dende esta perspectiva materialista, a Economía Circular convencional pon o acento na eficiencia na produción e consumo de materiais e na xeración de materias primas secundarias inorgánicas e residuos, mentres que a Bioeconomía focalízase nas fontes de materias primas biolóxicas. Polo tanto, cómpre analizar as limitacións desta estratexia e avaliar a aplicación dunha visión máis ampla da Economía Circular, na que é fundamental incluír tamén estratexias cara a vida útil dos produtos e modificar os patróns de consumo e produción. Para exemplificar esta teoría e estudar estes límites, neste estudo tómase o caso da expansión das fibras celulósicas no sector téxtil. O sector da moda ten un importante impacto económico, ambiental e social nunha ampla e fragmentada cadea de valor global. Un aumento significativo de novos materiais de orixe biolóxica e reciclados é visto como unha solución aparente para transformar e substituír os tecidos derivados de fontes fósiles, sendo actualmente máis do 60% da produción de fibras téxtiles. Estas son promovidas polas estratexias de Bioeconomía, Economía Circular da Unión Europea e amosan unha elevada implantación nas prácticas sostibles das empresas de moda, aliñándose así coa perspectiva predominante de crecemento “verde” e a diversificación de materiais “sustentables”. Ademais, a Unión Europea, coa súa longa tradición na industria forestal e da madeira, especialmente nas economías do norte, incorporou nos últimos dez anos a Bioeconomía forestal nos plans europeos de bosques e de biodiversidade. 5 Neste contexto, este estudo pretende ofrecer unha visión integral dos condicionantes das fibras téxtiles celulósicas cara a muda a un sistema da Economía Circular transformador na industria téxtil. Para iso, realízase unha exhaustiva revisión teórica e bibliográfica e a achega empírica do estudo da evolución das fibras celulósicas actualmente e da análise das potencialidades e limitacións destas fibras cara ó futuro. En primeiro lugar, ofrece unha definición e clasificación das fibras celulósicas, destacando a súa importante expansión nas últimas décadas e os distintos tipos de tecidos dentro desta categoría. Ademais, analízase a relación histórica entre o sector da fibra celulósica e a industria química, máis que co propio campo da moda. Posteriormente, realízase unha avaliación da situación actual do sector das fibras celulósicas a nivel mundial mediante unha base de datos específica para este estudo. Destaca a concentración da produción en China, onde varias empresas representan o 59% da capacidade produtiva total. India e Austria son os seguintes países con maior capacidade de produción, pero cada unha das súas contribucións representan o 15% e proceden só dun actor importante de cada país. En consecuencia, conclúese que as dez empresas principais, sete das cales son chinesas, son as responsables do 88,4% da capacidade de produción mundial de fibras celulósicas. En termos de sustentabilidade, Lenzing identifícase como a empresa líder en produtos e procesos con menor impacto ambiental e maior capacidade de produción. Non obstante, outros grandes grupos empresariais realizan algunhas estratexias circulares incorporando na súa carteira produtos cunha porcentaxe de reciclaxe ou produtos similares ó lyocell de Lenzing. Aínda así, as empresas que adoptan modelos de negocio circular e ofrecen propostas 100% recicladas ou ambientalmente máis respectuosas sitúanse principalmente no norte e centro de Europa. Tras establecer o contexto do sector, abórdase o segundo compoñente deste estudo, que consiste en explorar o potencial e as limitacións das fibras celulósicas. Estas cuestións están agrupadas en diferentes categorías: materias primas, implicacións das institucións, impacto ambiental e crecemento e patróns de produción e consumo. En relación as materias primas, en primeiro lugar, analízase a composición téxtil das prendas de vestir e o papel que xogan as fibras celulósicas. Estas serían un ben substitutivo tanto do algodón como das fibras sintéticas derivadas fósiles, polos seus derivados problemas ambientais. O algodón acadou un límite de area cultivada e de rendibilidade,e é posible que pronto se acade o do algodón transxenico, e tendo grandes repercusións ambientais na auga e solos. O reto das fibras sintéticas é que pesa máis do 60% da produción de fibras téxtiles, véndose estas no total cuadriplicadas nos últimos 6 30 anos. É neste punto onde as fibras sintéticas celulósicas se presentan como solución, supoñendo así tamén un reto da xestión forestal. Así pois, a xestión das materias primas forestais entran nunha dicotomía entre a súa explotación e a preservación dos bosques, principalmente debido a que o incremento da súa explotación pode dar lugar a dificultades para compensar a redución do sumidoiro forestal neto asociado ó aumento da explotación, perigos de biodiversidade, deforestación e perda de especies autóctonas e áreas forestais lonxevas. Cabería restablecer as prioridades dos servizos ambientais para darlle un maior peso na balanza. Respecto ó papel das institucións, poñendo o foco na Unión Europea, obsérvase que as estratexias emitidas atópanse compartimentadas para alcanzar o obxectivo común do crecemento verde. A Bioeconomía centraríase nos recursos biolóxicos, a Economía Circular, na reciclaxe, e o Pacto Verde e a Estratexia Industrial, na descarbonización. A consideración e mención de propostas para o téxtil é unha constante nestas visións. A acción base da Unión Europea no sector da moda é a Estratexia para os téxtiles sustentables e circulares, na liña do anterior. Ademais, estas estratexias acompáñanse con fondos que promocionan as fibras sintéticas celulósicas. Calcúlase que no período do 2021 o 2027 aproximadamente se desembolsaron 61 mil millóns de euros por proxectos coordinados principalmente por Finlandia e Suecia, que tamén son os países con maior área forestal. O impacto ambiental e crecemento indágase dende unha perspectiva dos distintos impactos ambientais asociados ó diferentes tipos de fibras celulósicas, así como os retos relacionados cos produtos químicos utilizados na súa fabricación e as novas instalacións necesarias. Con este análise, se apreciaría que a tradicional viscosa asiática tería un impacto ambiental maior que as fibras derivadas de fósiles na maioría das categorías de impacto calculadas na Análise de Ciclo de Vida (LCA). Polo tanto, a redución do impacto ambiental non se xeneralizaría a todo tipo de fibras celulósicas e procesos de fabricación. Sería máis relevante centrarse na expansión das fibras celulósicas e enfoques como o lyocell Tencel de Lenzing para acadar este obxectivo ambiental. Non obstante, ó realizar unha aproximación ás tendencias e ó interese no mercado nos últimos dez anos, non se podería esperar nun futuro próximo a expansión das fibras celulósicas máis sustentables en substitución das máis prexudiciais, e de ser existente, altamente concentrado en Europa, non nos principais países de produción actual. Os retos para esta propia transición das fibras máis respectuosas ambientalmente dentro dos tecidos celulósicos relaciónanse coas grandes cantidades 7 de produtos químicos utilizados, a precariedade aínda actual do proceso de reciclaxe téxtil e as incertezas que aínda supón, e o reto das novas instalacións. Ata agora se estaba levando a cabo unha reconversión de fábricas celulósicas tradicionais a este tipo de fibras, derivado dun aumento da demanda deste tecidos, pero agora requírese de novas fábricas que implicarían como valor acumulativo maior impacto ambiental que a súa inexistencia. Por último, analízase o comportamento do mercado da moda, analizando os patróns de consumo e produción xunto co reto das cadeas téxtiles globais mundiais en relación con estas fibras. Cómpre entender que estes avances tecnolóxicos non son suficientes para a transformación do sector téxtil e que é necesario apoiar un modelo moito máis localizado e que abranga o prolongamento dos ciclos de vida dos produtos (Stahel, 2019). Noutras palabras, un produto de moda é sostible se resulta dun proceso que considera tódalas etapas da seu ciclo da vida e vese reducido o seu consumo a favor dun maior uso do produto reducindo residuos. Finalmente estre traballo acada como principais conclusións: o potencial das fibras celulósicas está focalizado na súa caracterización como avance tecnolóxico, o aumento das fibras celulósicas ten altas posibilidades de non implicar impactos ambientais relevantes nin unha muda do sistema no sector téxtil e a necesidade do establecemento e a promoción ou, polo menos, consideración por parte das institucións dunha concepción de Economía Circular cunha perspectiva transformadora. Índice Índice de táboas ......................................................................................................... 10 Índice de gráficos ........................................................................................................ 11 Índice de figuras ......................................................................................................... 12 1. INTRODUCIÓN ................................................................................................... 13 1.1. Prólogo ......................................................................................................... 13 1.2. Interese do traballo ....................................................................................... 14 1.3. Obxectivos .................................................................................................... 16 1.4. Metodoloxía .................................................................................................. 17 2. MARCO TEÓRICO .............................................................................................. 18 2.1. Evidencias da necesidade de mudar o paradigma ........................................ 18 2.2. Dunha economía lineal a unha Economía Circular ....................................... 19 2.3. Reconceptualización da Bioeconomía .......................................................... 21 2.4. Contexto téxtil ............................................................................................... 24 2.4.1. Falta de sustentabilidade do impacto ambiental no mundo da moda ..... 24 2.4.2. A cadea global da moda ........................................................................ 26 2.4.3. Clasificación das fibras téxtiles .............................................................. 27 2.5. Contexto forestal e perspectiva europea ....................................................... 30 2.5.1. Relevancia dos bosques na transición ecolóxica ................................... 30 2.5.1. Oportunidade dos recursos forestais en Europa .................................... 31 3. AS FIBRAS CELULÓSICAS TÉXTILES .............................................................. 33 3.1. Evolución das fibras celulósicas ................................................................... 33 3.1.1. Orixe ...................................................................................................... 33 3.1.2. Evolución e anos recentes ..................................................................... 34 3.2. Definición e Principais fibras celulósicas ....................................................... 36 4. Análise empresarial do sector das fibras celulósicas ........................................... 38 4.1. Principais actores e mercados ...................................................................... 38 4.2. Lenzing: Pioneira circularidade das fibras celulósicas e outras propostas europeas ................................................................................................................. 42 9 5. EXPLORANDO AS POTENCIALIDADES E OS LÍMITES DAS FIBRAS CELULÓSICAS TEXTILES ......................................................................................... 43 5.1. Nova composición téxtil ................................................................................ 43 5.1.1. Algodón e crecemento demanda téxtil ................................................... 43 5.1.2. Fibras sintéticas derivadas do petróleo e transformación ...................... 46 5.2. Explotación dos recursos forestais ............................................................... 48 5.2.1. Xestión de bosques sustentables internacionais .................................... 48 5.2.2. Condicionantes forestais ....................................................................... 49 5.2.2.1. Substitución coa industria madeireira e consecuencias como sumidoiro de CO2 49 5.2.2.2. Deforestación e perda de especies autóctonas e areas forestais lonxevas 51 5.2.3. Compatibilizar cos servizos ambientais ................................................. 53 5.3. Políticas da UE para a promoción da Bioeconomía téxtil .............................. 54 5.4. Diferencias ambientais entre o aumento de distintas fibras celulósicas ........ 59 5.4.1. Avaliación do impacto ambiental das diferentes fibras celulósicas ......... 59 5.4.2. Tendencias dos diferentes tipos de fibras celulósicas ............................ 62 5.4.3. Reciclaxe como materia prima secundaria e “biodegradabilidade” ........ 63 5.5. Procesamentos químicos .............................................................................. 64 5.6. Novas instalacións ........................................................................................ 66 5.7. Cadea téxtil moi fragmentada e global .......................................................... 67 5.8. Ciclos de vida curtos dos produtos e hiperconsumismo téxtil ....................... 71 6. CONCLUSIÓNS .................................................................................................. 74 7. LIMITACIÓNS E POSIBLES AMPLIACIÓNS ....................................................... 78 8. Bibliografía ........................................................................................................... 79 16 peza transcendental para a muda dun cambio de modelo, evidenciando a insuficiencia que este tipo de ecoinnovación pode supoñer para unha muda do sistema e un cambio significativo no impacto sociales e ambiental, sendo preciso tamén incluir otras innovacións como as funcionais (Giurca e Befort, 2023) ou cuestionarse o foco no crecemento económico. Ó final as fibras téxtiles celulósicas constitúen un caso práctico ilustrativo da perspectiva da Economía Circular predominante nas institucións enfocadas na oportunidade de crecemento “verde”. A través deste exemplo, é posible avaliar as limitacións de aplicar unha perspectiva de Economía Circular baseada só nos avances tecnolóxicos, sen contar cun enfoque máis transformador. 1.3. Obxectivos Na actualidade, non existe unha explicación amplamente aceptada e sistémica dos determinantes do crecemento exponencial no uso destas fibras celulósicas nin esta interpretación no marco da Economía Circular. Entón o presente traballo busca analizar o impacto e os determinantes do aumento da produción de fibras téxtiles celulósicas como proposta sustentable dende a perspectiva da Unión Europea e para avaliar, de modo holístico e sistémico, as limitacións desta nova concepción da Bioeconomía nunha Economía Circular transformadora. Para acadar este obxectivo xeral proponse os seguintes obxectivos específicos: - Contextualizar as fibras celulósicas téxtiles non aglomeradas en relación con outros materiais téxtiles e comprender a cadea de produción da moda. - Avaliar a traxectoria e a situación actual do sector das fibras celulósicas, tendo en conta aspectos forestais como os sumidoiros de CO2, a deforestación e os efectos sobre a perda de especies autóctonas e superficies forestais a longo prazo. - Estudar os diferentes impactos ambientais asociados ás diferentes fibras e procesos celulósicos, así como o seu crecemento desigual. - Identificar as principais políticas e financiamento relacionados coas fibras celulósicas dende unha perspectiva europea. - Integrar unha visión crítica baseada na Economía Circular no seu sentido máis amplo, máis aló da Bioeconomía. Unha vez establecido este contexto, os principais elementos clave para a transición ás fibras téxtiles celulósicas a estudiar clasificaríanse en: materias primas (composición téxtil, recursos forestais e reciclaxe), implicación do Estado (propostas e accións da 17 Unión Europea), implicación do impacto ambiental co seu crecemento (diferentes fibras celulósicas con diferentes impactos, o reto dos químicos e as novas instalacións) e comportamento do mercado (consumo e cadeas globais téxtiles). 1.4. Metodoloxía A metodoloxía empregada neste traballo consta de varias etapas. En primeiro lugar, realízase unha exhaustiva revisión bibliográfica sobre a Economía Circular, a Bioeconomía e o contexto téxtil e forestal. Posteriormente, procedeuse ó estudo da bibliografía específica da Economía Circular e da Bioeconomía, investigando o carácter académico, institucional e empresarial das fibras téxtiles celulósicas. Para rematar cunha síntese e clasificación do sector das fibras téxtiles e os seus principais actores, identifícase os principais determinantes produtivos e ambientais do seu crecemento. Para a revisión bibliográfica foron consultadas diferentes fontes de información como libros, revisas electrónicas, informes de institucións ou organismos supranacionais ou especializados na cuestión téxtil, forestal ou ambiental. A busca levouse a cabo dende xaneiro a maio do 2023. As fontes utilizadas foron: organismos sen animo de lucro (Textile Exchange, Changing Marets, Canopy Planet, Ellen MacArthur Foundation...), ferramentas informáticas (Google trends), institucións internacionais (OECD, UE, UNECE, EEA...) e bases de datos (Publications Office of European Union, Scopus, Google Scholar...). De cara ó estudo empírico, xunto cos datos aportados da revisión bibliográfica, elaboramos bases de datos cualitativas e descritivas dos principais actores do sector da fibra téxtil e das principais políticas, acordos e financiación relacionados. Adicionalmente, nas áreas concretas onde se dispoñía de datos estatísticos, xeráronse representacións gráficas para afondar nos diferentes factores relacionados coa cuestión obxecto de estudo. As principais bases de datos utilizadas foron: FAOSTAT, Eurostat, CORDIS, Comité Consultivo Internacional do Algodón (ICAC), OECD (Táboa 1) Táboa 1: Descrición bases de datos empregadas na investigación Base de datos Cuestión Variables consultadas Período Alcance FAOSTAT Materia prima fibras téxtiles celulósicas (polpa a disolver) Produción, Exportación, Importación 19602021 Mundial, Europa, China Eurostat Pautas de consumo Gasto de consumo doméstico en prendas de roupa e calzado, Índice de prezos de prendas de roupa e calzado 19962021 Unión Europea CORDIS Financiamento europeo proxectos fibras téxtiles celulósicas Nome e acrónimo proxecto, período do proxecto, coordinador e país de orixe, aportación UE, tipos e foco dentro dos fondos 20072021 Unión Europea 18 Base de datos Cuestión Variables consultadas Período Alcance ICAC Algodón Produción, Área cultivada, Rendemento 19402022 Mundial OECD Evolución fibras téxtiles Total fibras téxtiles, fibras sintéticas 19602020 Mundial Tiva OECD Evolución posición cadea global téxtil Elaboración propia indicadores de Koopman (2010) 19952018 Mundial - Perspectiva Unión Europea Fonte: Elaboración propia A dispoñibilidade de bases de datos estatísticas específicas para o sector da Bioeconomía, especialmente en relación coa combinación das industrias forestal e téxtil, é cativa. As principais organizacións e institucións estatísticas que proporcionan información estatística céntranse na clasificación NACE (Clasificación Estatística de Actividades Económicas da Comunidade Europea), que presenta limitacións para esta área específica e novidosa de investigación. Ata o momento, só se desenvolveu en Europa unha base de datos de Bioeconomía limitada, pero que redefine a nomenclatura das actividades económicas e ofrece datos sobre o valor engadido e o emprego por países para o período 2008-2020 (Lasarte-López et al., 2023). Por último, os datos recollidos foron sometidos a unha ampla análise e interpretación co fin de identificar tanto as capacidades como as limitacións asociadas ás fibras celulósicas, considerando unha visión holística do sistema en cuestión. Unha vez rematada a análise empírica, volveuse o fundamento teórico para contextualizar as apreciacións e observacións obtidas, e realizar así unha avaliación crítica das fibras téxtiles celulósicas dende a perspectiva da Economía Circular. 2. MARCO TEÓRICO 2.1. Evidencias da necesidade de mudar o paradigma Actualmente é patente un grao de preocupación crecente na sociedade e na comunidade científica dos efectos medioambientais xerados polas actividades económicas. Os problemas ambientais actuais e futuros aumenta tanto en número como en gravidade, como poderían considerarse o cambio climático, a proliferación de residuos, a calidade de auga e solo ou a extinción de especies na natureza. Esta situación non é acumulable no longo prazo, sendo xa múltiples os autores que cuantifican certos límites do ecosistema (O’Neill et al., 2018; Raworth, 2017; Rockström et al., 2009) e identifican unha superación da maioría deles (Rockström et al., 2023). A economía convencional denomina externalidades ós efectos ou consecuencias que se producen como resultado da produción ou o consumo de bens e servizos, que non 19 se recollen vía prezos de mercado. Poden ser tanto locais ou globais, positivas ou negativas, e producen custos sociais adicionais ós habituais de mercado. No caso de externalidades negativas, sexan de consumo ou de produción, o beneficio social da actividade é inferior ó individual, polo que o sector público adoita a establecer compensacións. O modo clásico de intervir ten forma de regulación ou impostos pigouvianos, que pretenden a interiorización da externalidade xerada, de xeito que compense o impacto negativo a nivel social. Mais este tipo de medidas mostráronse como insuficientes ante a crise climática actual (Bradshaw et al., 2021; Wiedmann et al., 2020; IPCC, 2023; PNUMA, 2022). A insuficiencia e inconsistencia das solucións propostas pola economía convencional magnifícase no acompañamento intrínseco deste contexto crítico ambiental cunha, cada vez máis acrecentada, desigualdade social do sistema (Piketty, 2019). A parte, algúns dos novos retos en relación o medio ambiente e a desigualdade estarían vinculados a distribución dos beneficios e cargas ambientais, acceso a recursos naturais, brechas de adaptación o cambio climático, exposición a contaminación ou participación na toma de decisión ambientais. Neste contexto, para asegurar un desenvolvemento sostible para a sociedade actual que non comprometa as xeración futuras (Brundtland, 1987), apréciase a necesidade de levar a cabo unha transformación do sistema. Nesta transición é necesario ir máis aló de aplicar meros avances tecnolóxicos e englobar tamén cuestións sociais e institucionais. 2.2. Dunha economía lineal a unha Economía Circular O Informe Brundtland (1987) e a Declaración de Río sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento (UN, 1992) preséntanse como un punto de inflexión para a maior consideración e incorporación do enfoque ambiental nas institucións e, en relación, na consciencia da sociedade. En concreto, dende unha perspectiva da Unión Europea, a integración dos retos medioambientais, moi ligados a innovación, fóronse incorporando paulatinamente ata acadar o primeiro Plan de Acción da Economía Circular (Comisión Europea, 2015). As actualizacións das perspectivas presentadas neste primeiro pódense atopar no Pacto Verde Europeo (Comisión Europea, 2019a) e no propio segundo Plan de Acción da Economía Circular (Comisión Europea, 2020a). Polo tanto, a Economía Circular podería supoñer o cambio de paradigma necesario para o sistema sendo necesario incluír, en liña co desenvolvemento sustentable (Brundtland, 1987), as dimensións ambientais, sociais, institucionais e económicas interrelacionadas. Unha das primeiras aproximacións teóricas da Economía Circular (Antikainen et al., 2018; Geissdoerfere et al., 2017; Friant et al., 2020) podería atoparse na visión de 20 Boulding, onde se integra a evolución, a economía e a biosfera nun “sistema ecolóxico cíclico” (1966). Posteriormente a primeira mención explícita a “ Economía Circular” viría da man Pearce e Turner (1995). Porén, o incremento exponencial da súa difusión académica (Gráfica 1) viría acompasado coa súa maior integración nas estratexias políticas institucionais, focalizándose o estudo nas súas potencialidades e limitacións. En particular, nos últimos anos, a maior promoción da Economía Circular foi levada a cabo pola Ellen MAcArthur Foundation, moi aliñada coa visión establecida coa Unión Europea (Friant et al., 2020). Esta visión se basearía, como elementos clave, en favorecer os materiais naturais e recursos renovables, xerarquizar os ciclos de materiais e procesos para optimizar o rendemento dos recursos e a súa utilidade e fomentar o deseño preconcibindo o proceso de redución de residuos (Ellen MacArthur Foundation, 2013). Deste modo, a elección do termo de Economía Circular estaría claramente enfocado na contraposición radical ó modelo lineal, de “extraer-fabricar-comprar-usar-eliminar” (Vence, 2021), sendo representado este cambio de sistema cunha visualización con formas circulares ou xerárquicas, e ata unha mestura dos dous, con bucles (Boulding, 1996; Stahel, 1984; Ellen MacArthur Foundation, 2013; Circle Economy, s.d.). Polo tanto, máis alá da súa representación gráfica, a transición cara a Economía Circular implica unha metamorfose do modelo lineal de produción e consumo. A Economía Circular poderíase concibir como un sistema onde biosfera, sociedade e economía se superpoñen ó tempo que se promove a redución do consumo de recursos, das enerxías non renovables e de residuos mediante un comportamento baseado no prolongamento do valor e da vida útil dos produtos para asegurar a rexeneración, actual e futura, do medio ambiente (Brundtland, 1987; Comisión Europea, 2020a; Ellen MacArthur Foundation, 2013; Vence, 2021; Stahel, 2019). Non obstante, considerando que o termo adquiriu unha ampla popularidade nos últimos anos, tanto en organizacións e empresas como na opinión pública en xeral (Lazarevic e Valve, 2017), dentro da comunidade académica non existe un consenso claro e definitivo (Jiménez Herrero, 2020; Vence, 2021). Por iso, son varios os autores que fan unha aproximación ou mapa conceptual destas diferentes visións da Economía Circular (Friant et al., 2020; Kirchherr et al., 2017). En definitiva, nos últimos anos, de forma pronunciada, o mensaxe da Economía Circular tivo diferentes interpretacións nos diversos receptores acorde coas necesidades e intereses dos mesmos. Os propios organismos que levan a cabo as medidas de Economía Circular estarían utilizando este discurso para os seus propios intereses 21 políticos ou económicos (Korhonen et al., 2018). Deste modo, a diferente lectura e interpretación do concepto convértese nunha peza clave á hora de definir o grao de cambio que se considera para o sistema (Friant et al., 2020). O posicionamento dalgunhas institucións da Economía Circular atoparíase directamente vinculado co “crecemento verde”, como na Unión Europea ou a China (Comisión Europea, 2015; 2020a; UNLEAP,2008). Esta visión recaería na confianza nos avances tecnolóxicos, apostando por unha desmaterialización da economía ou, o que é o mesmo, conseguir crecemento económico á vez que se reduce a pegada ambiental. Esta sería unha visión reducionista da Economía Circular, lonxe de buscar unha muda do sistema, conformaríase e focalizaríase nos avances tecnolóxicos ligados a unha perspectiva de ecoinnovación (Kemp e Pearson, 2007; Pereira, 2016; Rennings, 1998); sen sequera avaliar os posibles efectos rebote que poderían vir asociados (Korhonen et al., 2018) e deixando de lado unha perspectiva máis ampla de innovacións funcionais (Giurca e Befort, 2023) e a prolongación da vida útil dos produtos (Stahel, 2019). Stahel aporta unha visión máis crítica do volume de produción, promovendo unha visión dunha Economía Circular máis autosustentada, con ciclos sen principio nin fin, onde a perpetuidade do stock afonda na calidade, función e valor do produto prolongada no tempo (Stahel, 1984; 2019). Esta perspectiva céntrase máis nos procesos e usos do stock máis que na propia acumulación ou propiedade e materiais. Non é só estreitar e minorar os fluxos, como indican visións como a Circle Economy (s.d.), máis próximas a ecoficiencia, producindo máis con menos; senón que se propón como núcleo central un cambio radical de como e a que nivel e velocidade se produce e consume. De este modo, sen deixar en desconsideración as ecoinnovacions, teríase esta visión máis “transformadora” e “reformista” da Economía Circular (Friant et al., 2020). Estas conlevarían un transfondo e implicación máis alá das propias innovacións, implicando unha revisión e cambios de patróns sociais de produtores e consumidores, dimensións sociais e políticas. 2.3. Reconceptualización da Bioeconomía Dentro do paraugas da Economía Circular, o nexo entre enerxía, recursos, biodiversidade e o crecemento económico son “complexos e controvertidos”, provocando a súa escaseza e unha debilidade do concepto (Korhonen et al., 2018; Friant et al., 2020). Porén, o termo actualmente que máis se enfocaría neste aspecto, sobre todo no aproveitamento dos materiais e procesos orgánicos así como na relación entre biodiversidade, recursos e economía, sería a Bioeconomía (OECD, 2009). 22 O primeiro autor que debería vir á mente ó tratar de “Bioeconomía” é Nicholas Georgescu-Roegen. Este acuñou o termo polos anos 1960 co obxectivo de dotar ó pensamento económico dunha nova visión, onde os procesos económicos son evolutivos e irreversibles, explicitamente sometidos ás leis da termodinámica, en particular, a lei de entropía, onde a actividade económica e social está inscrita e supeditada ó sistema natural ou biosfera da que forma parte. Mediante a mestura entre “biology” e “economy”, o autor aplica as implicacións da termodinámica e os relaciona cos procesos biofísicos e socioeconómicos (Rodríguez-Chaves, 2020). Esta sería a literatura base da relación entre a entropía a economía, xa que na visión xeral da Economía Circular é aínda un punto con “pouca claridade” (Friant et al., 2020) máis desenvolvido pola economía ecolóxica. Cabe mencionar, que a proposta económica descrita por Georgescu-Roegen da Bioeconomía está lonxe do concepto de circularidade predominante na actualidade. O punto común de ambas vertentes sería a consideración da biosfera como un sistema pechado e que as actividades económicas se nutren dunha cantidade finita de recursos dentro da propia biosfera. Non obstante, o autor deduce que o crecemento ilimitado da produción e ingresos é incompatible cos límites propios da biosfera e das leis da termodinámica. A visión de Georgescu-Roegen avogaría máis por unha visión irreversible dos procesos. Aínda que pon o foco tamén na materia e nos materiais, considera imposible o reciclaxe total, debido a perda de entrópica asociada a todo proceso na materia (Georgescu-Roegen, 1996; Bonaiuti, 2022). En particular, a degradación en cantidade e calidade dos materiais no proceso de reciclaxe tamén sería unha teoría fundamentada por autores posteriores (Korhonen et al., 2018). Entón, poderíase apreciar que o concepto de Bioeconomía que se utiliza hoxe en día, dentro do marco de crecemento verde que se propón (Comisión Europea, 2012 ; 2018a; OECD, 2009), non podía estar máis alonxado da visión do argumentado por este autor. Na última década, o uso do termo Bioeconomía foi baleirado das connotacións orixinais de Georgescu-Roegen. O novo concepto estaría máis vinculado coa valorización dos recursos biolóxicos e co “marketing”, tratándose da apropiación dun simbolismo “máis natural” ó engadir o prefixo “bio”. Pero, o mesmo tempo, este reaxuste do termo fai que se atope máis preto da visión xeral do “crecemento verde” (Fletcher, Grose e Hawyken, 2012; Bonaiuti, 2022). Este último vínculo posiblemente xa complete a total contraposición coa visión de Georgescu-Roegen, como precursor do pensamento decrecentista (Bonaiuti, 2022). 23 Moitos outros autores, en liña con esta nova terminoloxía, aportan novas definicións de Bioeconomía, lonxe desa primeira definición de Georgescu-Roegen (Bauer, 2018; Bugge et al., 2016). A visión do conxunto destas definición derivaría máis da tendencia actual na ciencia e na tecnoloxía cara unha transformación biolóxica. O pretexto do desenvolvemento deste novo concepto é unha maior comprensión dos procesos biolóxicos para logo redeseñalos de cara o seu aproveitamento económico. En liña a esta tendencia, poderíase entender esta nova Bioeconomía como o compoñente de base biolóxica da Economía Circular no que se recollen tódalas actividades relacionadas coa xestión e procesamento dos recursos, insumos, procesos industrias e residuos de base biolóxica a partir da agricultura, silvicultura e pesca para substituír materiais non renovables (OCDE, 2009; Comisión Europea, 2013). Gráfica 1: Resultados da busca das comandas de Bioeconomía respecto á busca de Economía Circular en Google Academics, 1992-2022 (Nº de publicacións) Fonte: Elaboración propia segundo datos de Google Academics O acompañamento do concepto actual da Bioeconomía e a Economía Circular apreciase ó analizar o aumento de ambos termos de número publicacións ó longo do tempo (Gráfica 1). Aínda así, en cada termo, atópanse dous puntos de inflexión. Por un lado, o crecemento da investigación da Economía Circular exponencial dende o ano 2015, coincidindo co lanzamento do Plan de Acción da Economía Circular da Unión Europea, e, por outro, o repunte da Bioeconomía no ano 2019, en correspondencia o ano posterior do lanzamento do Plan Estratéxico da Bioeconomía na Unión Europea. Isto destacaría a relevancia das institucións a hora de fundamentar e difundir un termo concreto nas súas estratexias e a súa consecuente orientación as investigacións. Pero, 0 10000 20000 30000 40000 50000 60000 1992 1994 1996 1998 2000 2002 2004 2006 2008 2010 2012 2014 2016 2018 2020 2022 Nº de publicacións "Circular Economy" or "Economía Circular" "Bioeconomy" or "Bioeconomics" or "Bioeconomía" 24 a pesar do aumento de ambos, o crecemento da popularidade do termo da Economía Circular é significativamente superior o da Bioeconomía (Gráfica 1). Táboa 2: Evolución da comparación de resultados da busca das comandas de "Bioeconomics" ou "Bioeconomía" respecto á busca de "Circular Economy" ou " Economía Circular" en Google Academics nun período de 10 anos, 1992-2022 (Nº de publicacións). Ano "Circular Economy" or " Economía Circular" "Bioeconomy" or "Bioeconomía" Bioeconomía/ Economía Circular 1992 20 266 13,30 1997 38 321 8,45 2002 92 578 6,28 2007 391 1163 2,97 2012 1222 3096 2,53 2017 10440 8221 0,79 2022 49130 25030 0,51 Fonte: Elaboración propia segundo datos de Google Academics Cabe subliñar que, ata 2017 o termo da Bioeconomía en número de publicacións anuais era superior co da Economía Circular (Táboa 2). Quizais isto se explique polo asentamento do termo xa máis maduro de Georgescu-Roegen xunto coa suma do comezo das publicacións en relación a nova conceptualización da Bioeconomía (OECD, 2009; Comisión Europea, 2012). Polo tanto, a Economía Circular e a Bioeconomía actual serían perspectivas que irían da man. Isto se evidenciaría aínda máis na especificación da Unión Europea como “Bio Economía Circular sustentable” (Comisión Europea, 2018a). Estas dúas definicións complementarias exemplificarían a “suma de parches para corrixir ineficiencias” (Vence, 2021). Polo tanto, podería tratarse dun simple continuísmo e resolución de conflitos específicos do modelo lineal: o problema de final da cadea, dos residuos e reciclaxe, sería solventado pola proposta da Economía Circular (Vence, 2021) mentres que os problemas do inicio do proceso, da escaseza de recursos limitados, se solucionaría coa Bioeconomía e a capacidade de rexeneración dos sistemas biolóxicos. 2.4. Contexto téxtil 2.4.1. Falta de sustentabilidade do impacto ambiental no mundo da moda O sector téxtil europeo constitúe preto do 5% do nivel de emprego dentro de Unión Europea e un nivel de facturación que ronda o 2% do total (Comisión Europea, 2022). Mais a industria da moda non é allea ós problemas ambientais, sendo cuarto sector cun maior impacto sobre o medio ambiente, no relativo ó uso de materias primas 25 e no consumo de auga dentro da Unión Europea 1 . E o quinto no relativo á emisión de gases de efecto invernadoiro (Comisión Europea, 2022b; D’Itria e Colombi, 2022). O impacto ambiental da moda reside no exceso de roupa e de residuos, impulsado fundamentalmente pola “moda rápida” (Niinimäki et al., 2020). A nivel mundial xéranse cada ano 40 millóns de toneladas de residuos téxtiles, a maioría dos cales vertedoiros ou incinerados (Ellen MacArthur Foundation, 2017). Dos preto de 6,6 quilogramos de residuos téxtiles xerados por habitantes, unicamente é reciclado o 1% máis para panos de cociña que para novas prendas (Minney, 2022). Ademais, a isto úneselle o impacto negativo no medio ambiente debido a factores como uso intensivo de recursos como de materias primas, produtos químicos tóxicos, enerxía e auga. A moda é responsable de preto do 8% das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro e cun consumo anual de 215 trillóns de litros de auga, 2.167 toneladas de plástico e da liberación de 43 millóns de toneladas de produtos químicos ó mar (Ferrer et al., 2022). Destas emisións, máis do 70%, proveñen dos procesos de produción (Niinimäki et al., 2020). Acompañando os problemas ambientais atópanse na industria da moda importantes desigualdades e inxustizas sociais. Os traballadores da industria da confección de países onde se produce roupa a baixo custo enfróntanse a condicións laborais precarias, baixos salarios ou falta de seguridade laboral, sendo a ausencia de dereitos laborais básicos habituais neste sector. É aínda fácil de atopar casos de traballo infantil, atopándose en condiciones perigosas e privados da súa educación. Ademais, persisten as desigualdades de xénero no sector, onde as mulleres constitúen unha parte importante da forza de traballo, especialmente na confección e costura, pero afrontan vulnerabilidade e reciben salarios nimios. Estas cuestións poñen de manifesto a necesidade de abordar e corrixir estas desigualdades, promovendo condicións de traballo xustas e equitativas no sector da moda. Non obstante, para moitas empresas a sustentabilidade adoita quedar marxinada en favor da promoción do entorno dixital e da superación das ameazas nas cadeas de subministración, a loxística e a xestión de inventarios (BOF e McKinsey&Company, 2022). Por outro lado, institucións cunha visión da Economía Circular imperante, como a Ellen MacArthur, identifican os principais retos do sector na eliminación de emisións nocivas e microfibras tóxicas, o deseño de produtos sostibles e a correcta xestión dos 1 Sectores de maior presión ambiental respecto ó uso de materias primas e o consumo de auga na Unión Europea: 1. Alimentario, 2. Construcción, 3. Transportes e 4. Textil 32 Na loita contra a deforestación, a Unión Europea conseguiu reverter a tendencia e presenta un incremento de 11 millóns de hectáreas entre 1990 e 2010 (Parlamento Europeo, 2022). Analizando a variación neta da superficie forestal, entendido como suma de tódalas perdas forestais (deforestacións) e os aumentos de superficies forestais, Europa atoparíase por detrás de Asia (FAO, 2020). Porén, esta variación neta positiva non é un bo indicador da xestión sustentable dos bosques o non diferencialos de plantacións. Os bosques representan ecosistemas naturais de gran importancia pola súa diversidade de árbores, plantas, animais e microorganismos autóctonos, desempeñando un papel crucial na biodiversidade. Pola súa banda, as plantacións forestais refírense a zonas específicas destinadas ó cultivo de árbores con fins comerciais e, a diferenza dos bosques, adoitan estar formadas por unha única especie arbórea e teñen un enfoque máis centrado na colleita e rendibilidade. Esta diferenciación dos termos evidénciase en que, respecto a área forestal mundial, as plantacións representan ó redor do 3%, pero un 44% destas están compostas principalmente por especies introducidas ou non-autóctonas (FAO, 2020). Poñendo o foco no posible potencial forestal europeo, os bosques ocupan o 37,7 % do territorio da Unión Europea. Os seis Estados membros con maior superficie forestal concentran máis de dous terzos do total da superficie (Táboa 4). Táboa 4: Datos socioeconómicos forestais da Unión Europea e os principais países. Estado membro EU27 Superficie arborada (miles de hectáreas, 2019) Proporción de bosques na superficie total (%) (2019) VAB/superficie forestal (EUR/hectárea) (2018) % de bosques públicos (2015) Bosques por habitante (hectáreas, 2015) Persoas empregadas na silvicultura (miles UTA) (2018) EU-27 158. 823 37, 7 168 39, 7 0, 36 519, 4 Suecia 27. 980 63, 8 110 24, 3 3, 18 40 Finlandia 22. 409 66, 2 183 30, 4 4, 23 20, 8 España 18. 568 36, 7 54 29, 2 0, 59 88, 8 Francia 17. 170 27, 1 206 24, 7 0, 27 30 Alemaña 11. 419 32 275 52 0, 14 39 Italia 9. 512 31, 5 208 33, 6 0, 19 38, 8 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos obtidos do Parlamento Europeo, 2022 Dende o punto de vista económico, ten un peso superior a propiedade privada que a pública (Táboa 4), sendo así que a explotación dos montes representa preto do 1% do PIB da Unión Europea, chegando ata o 5% en Finlandia. Estes recursos, derivados principalmente madeira, destínanse maioritariamente a fins enerxéticos (42%), ademais de para serradoiros (24%), industria papeleira (17%) e fabricación de paneis (12%). A nivel emprego, isto implica aproximadamente 500 mil postos de traballo na silvicultura en concreto (Táboa 4), pero chégase a calcular que o sector forestal en xeral dá traballo a uns 2,6 millóns de persoas 33 (Parlamento Europeo, 2022). En consecuencia, estimase que un 25% das persoas dependen dos bosques para subsistencia e ingresos (Comisión Europea, 2023b) da Unión Europea. A UE céntrase así estratexicamente na mellora dos mercados e da competitividade na Bioeconomía forestal (Comisión Europea, 2013). A protección e aumento da cantidade, calidade e resiliencia dos bosques destaca na Estratexia de Biodiversidade 2030, pero o mesmo tempo vincula estes parámetros coa monetización e explotación forestal, recoñecendo o seu papel fundamental na “Bioeconomía Circular” (Comisión Europea, 2020b). Esta promoción viría da man da busca dunha ampliación do mercado forestal, “reforzando a base industrial”, creando novas cadeas de valor “máis verdes” co pretexto de protexer o medio ambiente (Comisión Europea, 2018). Alegan que esta substitución dos materiais non renovables por produtos renovables, reciclables e biodegradables, xera beneficios tanto para a prosperidade humana como para a protección do medio ambiente (Martínez de Arano et al, 2018). Non obstante, asemella só unha oportunidade máis para favorecer o crecemento económico coa magnificación da explotación dun recurso no que a industria europea xa ten un longo percorrido. 3. AS FIBRAS CELULÓSICAS TÉXTILES 3.1. Evolución das fibras celulósicas 3.1.1. Orixe A orixe das propias fibras artificiais remonta xa a súa orixe na industria papeleira e química a finais do século XIX (Woodings et al., 2001); sendo aínda recorrente este tipo de transformación de fábricas a día de hoxe. A súa aparición xorde como a busca da alternativa á seda, que era custosa e considerada de luxo. Buscábase, mediante unha estratexia de “liderado en costes” (Porter, 1997), xeralizar e estandarizar o uso das prendas de vestir dunha maior proporción da sociedade (Woodings et al., 2001). Paralelamente, poderíase entrever que estes altos custos viñan derivados dunha limitación de recursos, complexidade do proceso de extracción e conflitos en cadeas loxísticas longas. A pesar de cambiar o ben que se quería substituír, como pode ser o algodón ou as fibras sintéticas derivadas do petróleo, esas causas para a busca de alternativas manteríanse constantes na actualidade como oportunidades para as fibras celulósicas. Como toda innovación, a aparición destes tecidos foi o resultado dunha serie de descubrimentos, interaccións e colaboracións acumulativas entre profesionais de distintas disciplinas (Kline e Rosenberg, 1986; Táboa 6). O Conde de Chardonnet é recoñecido como o pai do raión pola súa introdución en 1889 e posteriormente desenvolveuse o material coa 34 creación da “Viscose Spinning Syndicate” en 1898. Finalmente a súa difusión foi levada a cabo por Courtlaud no comezo do século XX (Táboa 6), sendo considerada a súa adquisión de dereitos como un dos investimentos máis rendibles de tódolos tempos e un dos “grandes símbolos do progreso industrial” (Woodings et al., 2001). O crecemento da produción de fibra celulósica foi impresionante, pasando de 14.000 toneladas en 1920 a 225.000 toneladas en 1931. Inicialmente, esta expansión non tiña que ver nada co sector téxtil, sendo este crecemento impulsado pola demanda de fibras para a fabricación de pneumáticos debido ó auxe do automóbil e á guerra (Woodings et al., 2001). Táboa 5: Principais aportacións históricas no sector das fibras celulósicas Protagonista (disciplina e orixe) Principais aportacións no sector de fibras celulósicas Robert Hooke (físico inglés) Descubridor da lei da elasticidade Pequenos debuxos, 1165: posibilidade de imitar a seda Louis Schwabe (tecedor de seda inglés) Desenvolvemento precursores actuais fieiras, con boquillas con finos orificios que permitían pasar líquidos Charles Freidrich Schönbein (químico xermano-suízo) 1846 Descubrimento de algodón para armas - nitrocelulosa George Audemars (químico suízo) Patente 1855 Obtaining and Treating Vegetable Fibres Extracción celulósica das moreiras para fío como algodón ou explosivo Joseph Swan (físico e químico inglés) Patente para desnitrificar o nitrato de celulosa ó hidrosulfato de amonio → Busca mellor fibra de carbono para lámpadas incandescente Protagonista (disciplina e orixe) Principais aportacións no sector de fibras celulósicas Count Bernigaud, Conde de Chardonnet (científico e inventor francés) “Pai do raión” Presentación tecidos Exposición de París 1889 Primeira transformación de fábrica papeleira en Besançon Cross, Bevan e Beadle (físicos ingleses) 1881 Descubrimento da disolución da celulosa de algodón ou madeira Asociación con químicos e analistas e consultores papeleiros Charles Henry Stearn e Charles Fred Topham (electricista e soprador de vidro ingleses) 1893 Desenvolvemento do proceso de fiado de filamento continuo e maquinaria necesaria para lavar e recoller fíos viscosa → Colaboración con Swan (lámpada) Asociación conxunto de Kew 1898 Creación da Viscose Spinning Syndicate (socios Alfred Nobel (explosivos) e Andrews Pears (xaboeiro)) Samuel Courtlaud (tecedores de seda inglés) 1904 compra dereitos e patentes de procesos por 25. 000 libras → Adquisición laboratorios Kew Fonte: Elaboración propia a partir de (Woodings et al., 2001) 3.1.2. Evolución e anos recentes Cando se produce a aparición en 1941 dos novos tecidos derivados do petróleo, a produción mundial da viscosa atopábase xa en 1.250 mil toneladas, chegando a rexistrar o seu máximo en 1973 con 3.856 mil toneladas (Woodings et al., 2001). Aínda así, a aparición destas novas fibras sintéticas, con prezos máis baixos, supón o declive das fibras celulósicas a partir de 1980. Considérase, en retrospectiva, que, grazas a redución de costes que ofreceu a viscosa, ampliouse a oferta de prendas de vestir dispoñibles no mercado; sendo as tradicionais fibras naturais insuficientes para satisfacer este aumento da demanda téxtil neses anos (Woodings et al., 2001). Quizais as fibras que agora se presenta como unha opción “verde” na Economía Circular, poden ser parte da causa do exceso de produción e do consumo de prendas de roupa. 35 As fibras celulósicas alcanzaron a súa maior cota en 1950 e o seu máximo valor de produción en 1975 (Woodings et al., 2001). Polo tanto, non son ningún invento ecolóxico e ecoeficiente novo senón que xa levan moito tempo no mercado, e incluso con épocas de maior esplendor que hoxe en día. Ata o ano 2000, a gran expansión das fibras sintéticas derivadas do petróleo xunto a competencia do algodón transxénico, mantivo as fibras celulósicas cunha cota de mercado limitada (Woodings et al., 2001; Kallio, 2021). Entre 2000 e 2018 rexistrouse un aumento do 6,3% na produción mundial de pasta de papel disolvente (FAOSTAT, 2019). Esta materia prima emprégase en aproximadamente o 80% das fibras téxtiles celulósicas (Kallio, 2021). Durante o mesmo período, o crecemento do algodón foi só do 1,3% e o das fibras téxtiles sintéticas foi do 5,1% (OECD/FAO, 2021). A produción mundial de fibras celulósicas só no período 2012-2021 duplicouse (Gráfica 2) e, se a demanda de fibras celulósicas téxtiles crecese coa mesma tendencia que dende o comezo deste século, no ano 2030 consumiríase 23,5 Mt/ano, o que triplicaría o crecemento do PIB mundial (Kallio, 2021). Gráfica 2: Evolución da produción global de fibras celulósicas, 2012-2012 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos recollidos de Textile Exchange, 2017; 2022 A produción e a demanda de fibras celulósicas indican a posibilidade dun crecemento continuado no futuro, apoiado nas declaracións e as afirmacións das principais empresas de moda. Un exemplo é Inditex, que experimentou un importante incremento na produción de viscosa e outras fibras celulósicas artificiais preferentes, ó pasar de 3.178 toneladas en 2018 a 36.268 toneladas en 2022. O seu obxectivo é alcanzar o 100% de uso destas fibras en 2030, aínda que en 2022 o 66% das súas fibras celulósicas cumpren estes requisitos. Para apoiar esta estratexia, Inditex colaborou con empresas innovadoras como Renewcell no ámbito das fibras de celulosa. Non obstante, cómpre sinalar que as fibras celulósicas artificiais representan na actualidade só o 9% das principais materias primas exportadas por Inditex, fronte ó 41% do algodón e o 27% do poliéster (xunto ó 21% do resto de materias primas sen especificar) (Inditex, 2022). 3,6 4,4 4,6 4,7 5,3 6,5 6,7 7,1 6,5 7,2 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 PRO DUCI ÓN GLOBAL FIBRAS C ELULÓSIC AS (MILL ÓNS DE TONEL ADAS) 36 Este exemplo ilustra como un actor importante da industria da moda está a responder ós movementos en favor das fibras celulósicas nas institucións e, consecuentemente, no mercado, o que provoca o seu crecemento. Non obstante, cómpre valorar se nas estratexias futuras da empresa tamén se inclúen estratexias para prolongar a vida útil dos produtos e reducir a produción, o que suporía un significativo cambio cara a aplicación da Economía Circular. Así mesmo, a estratexia de aumentar o uso de fibras celulósicas podería verse como unha oportunidade para que estas empresas diversifiquen os materiais no mercado e supoña un simple enfoque cara ó crecemento económico. 3.2. Definición e Principais fibras celulósicas A industria das fibras sintéticas celulósicas téxtiles, asentada en sectores como a agricultura, silvicultura, petroquímica e no téxtil (Woodings et al., 2001), erixiuse como unha opción “verde” en comparación ás fibras sintéticas de orixe fósil. Estas fibras obtéñense da pulpa de madeira de diferentes árbores, como piñeiro, abeto ou eucalipto (Seisl e Hengstmann, 2021; Lawson et al., 2022), ou do reciclaxe de tecidos téxtiles. Unha vez transformados en filamentos, estes son sometidos a procesos de lavado, branqueo e secado para o seu uso na industria téxtil (Figura 1). Aínda que se fale de fibras celulósicas a nivel xenérico, é necesario subliñar que existen diferentes variantes, con diversas propiedades e impacto ambiental e con diferente peso no mercado (Woodings et al., 2001; Shen e Patel, 2010; Textile Exchange, 2022). Na produción de fibra celulósica existen tres procesos principais que xeran diferentes materiais a nivel industrial. As fibras descontinuas de viscosa como a viscosa, modal, raión ou o lyocell, úsanse en téxtiles e non tecidos e representan preto do 79% da produción total das fibras celulósicas (Táboa 5). Outros tipos de fibras celulósicas utilizadas inclúen o cupro, o acetato ou as derivadas da reciclaxe, que teñen usos dende filtros de cigarrillos (Shen e Patel, 2010) a panos de cociña (Minney, 2022). Táboa 6: Distribución da produción dos diferentes tipos de fibras sintéticas celulósicas no ano 2021 Fibras sintéticas celulósicas (MMCF: manmade cellulosic fibers) Produción (millóns de toneladas) % Total 7, 24 100% Viscosa 5, 8 79% Acetato 0, 9 13% Lyocell 0, 3 4% Modal 0, 2 3% Cupro 0, 02 0, 20% Reciclado ou de outras fontes alternativas a madeira <1% Fonte: Elaboración propia a partir dos datos de Textile Exchange, 2022 A continuación, realizarase unha análise detallada das propiedades das fibras viscosas descontinuas máis relevantes no sector téxtil. 37 - Viscosa: é a fibra celulósica máis común (Táboa 5), obtida a partir da madeira de eucalipto, e destaca pola súa facilidade para tinguirse e a súa capacidade para absorber a humidade. Non obstante, presenta unha baixa resistencia á humidade. - Modal: difire da viscosa nun maior grao de polimerización, o que lle confire maior brillo e facilidade de lavado pero tamén un maior intensidade de procesos químicos. Ademais, caracterízase pola súa mellor resistencia á humidade. - Lyocell: é o material líder nunha nova xeración de fibras celulosas con menor impacto ambiental. É versátil en canto ós diferentes pesos que pode alcanzar e presenta propiedades como a biodegradabilidade, boa resistencia á auga e unha estrutura lixeira e delgada. Na súa elaboración redúcese o uso de auga para refrixeración e os diferentes procesos químicos contaminantes, coa desaparición de elementos como a soda caucásica, sulfuro de carbono ou ácidos sulfúricos. - Reciclado: debido o gran problema de excedentes e residuos no sector téxtil, o reciclado de téxtiles para obter disolución de polpa espérase que aumente significativamente nos próximos ano. No 2021 estas materias só supuxeron un 0, 5% de tódalas fibras celulósicas (Táboa 5). Todas as fibras celulósicas soen considerarse "sostibles" pola súa orixe forestal ou reciclada pero non todas teñen o mesmo impacto ambiental. Na cadea de produción identifícanse etapas que están estreitamente relacionadas cun maior ou menor impacto ambiental dependendo da actividade (Táboa 7). Por iso, á hora de avanzar cara a prácticas máis respectuosas co medio ambiente, é fundamental ter en conta o proceso empregado e avaliar o seu impacto ambiental. Táboa 7: Principais impactos ambientais no sector de fibras celulósicas Produción de materias primas no sector forestal Disolución para a produción da polpa e Extrusión, grapa e filamento na produción da fibra - Deforestación - Cambio climático - Perda de biodiversidade - Uso enerxético - Emisión de gases invernadoiro - Prácticas daniñas para a xestión da vida salvaxe - Especies invasoras - Ocupación do terreo - Perda de hábitat natural e conectividade - Especies en perigo ou extinción - Contaminación hídrica - Escaseza auga - Transmisión de enfermidades zoonóticas - Contaminación atmosférica - Risco químico - Uso enerxético - Emisión de gases invernadoiro - Eliminación de residuos sólidos - Contaminación hídrica - Escaseza auga Fonte: Elaboración propia a partir de información obtida en Textile Exchange, 2022 38 4. Análise empresarial do sector das fibras celulósicas 4.1. Principais actores e mercados A hora de analizar os principais axentes do mercado respecto a súa localización e impacto sustentable, fíxose unha base de datos propia (Táboa 8). Esta baséase no listado das principais empresas 3 designadas por Textile Exchange e o listado Hot Button de Canopy Planet 2022. Na información presentada (Táboa 8), pódese apreciar que, dentro dos principais actores, a capacidade total de produción de fibras celulósicas concéntrase principalmente en China, representando aproximadamente o 60% do total. Dentro desta porcentaxe, preto do 20% pertence a Sateri, empresa do grupo empresarial Royal Golden Eagle. O 40% restante da capacidade en China repártese entre outras 13 empresas, sendo 5 delas entre as 10 primeiras do “ranking”, que cobren o 30% da capacidade de produción global, mentres que as outras 8 empresas teñen menor escala, representando só o 10% da a capacidade. Esta distribución mostra o control e poder que China ten na industria da fibra celulósica. India e Austria son os dous seguintes países con maior capacidade de produción de fibra celulósica, con aproximadamente un 15% do total cada unha a unha longa distancia do país líder. A diferencia de China, onde se pode atopar amplo número de empresas, o tecido produtivo destes países atópase concentrado en empresas líderes como Aditya Birla Grasim na India e Lenzing en Austria. No décimo lugar sitúanse Eastman en Estados Unidos, cun 2,5% da capacidade produtiva total, e, no décimo cuarto, Kelheim en Alemaña, cun 1,1% da capacidade global. Polo tanto, as dez primeiras empresas, das cales sete son de China, serían responsables do 88,4% da capacidade de produción de fibras celulósicas global. Estas empresas teñen unha longa tradición industrial, vinculada principalmente á industria química, como xa sucedía históricamente, e non ó sector téxtil. 3 As empresas incluidas representan industrias de fibras celulósicas, tanto de orixe forestal como reciclado. Excluiríase así os produtores de pasta celulósica para disolver (Canopy, 2022). 39 Táboa 8: Principais actores do sector das fibras celulósicas virxes e recicladas mundialmente con datos clave da súa orixe e actividades sustentable. Nome provedor Capacidade de produción (Fonte: Canopy Planet, 2022) Ranking sostible (Fonte: Canopy Planet, 2022) País Ano Fundació n Industria de orixe Tipo de fibra natural MMCF Lanzamen to produto "sostible" Fonte Sateri (Royal Golden Eagle group) 19,90% 19 China 1967 Petroleira, Madeireira Pulpa virxe, Close-loop químico, Mestura reciclado e polpa 2020 (Sateri, s.d.) Aditya Birla Grasim (Aditya Birla Group) 15,90% 31,5 India 1947 Química Pulpa virxe, Close-loop químico, Mestura reciclado e polpa 2022 (Aditya Birla Group, s.d.) Lenzing 14,10% 32 Austria 1938 Celulosa Pulpa virxe, Close-loop químico, Mestura reciclado e polpa 2017 (Lenzing, s.d.) Tangshan Sanyou 9,90% 30 China 1999 Química Pulpa Virxe (TS Sanyou, s.d.) Xinjiang Zhongtai Textile Co., Ltd. and Alaer Zhongtai 8,60% 3,5 China 2001 Química Pulpa Virxe (Crunchbase, s.d.) Yibin Grace Group Co., Ltd. 4,60% 29 China 1980 Celulosa Pulpa Virxe (CN Grace, s.d.) Asia Pacific Raión (Royal Golden Eagle group) 3,70% 9,5 Indonesia 1973 Química Pulpa Virxe, Mestura reciclado e polpa 2022 (Apraión, s.d.) Shandong Yamei 3,70% China 1978 Téxtil, Química Pulpa Virxe (CNYM-Tex, s.d.) Silver Hawk 3% -5 China - Téxtil, Química Pulpa Virxe (Silver Hawk Fiber, s.d.) Eastman 2,50% 30 Estados Unidos 1920 Celulosa Pulpa Virxe, Mestura reciclado e polpa 2022 (Naia by Eastman, s.d.) Shandong Xinlong 2,50% 3 China 1989 Química Pulpa Virxe (SDXL Chem, s.d.) Jilin Chemical Fibre 2,20% 30 China 1960 Química Pulpa Virxe, Mestura reciclado e polpa 2022 (Crunchbase, s.d.) Nanjing Chemical Fibre Co. Ltd. 1,50% 18 China 1964 Química Pulpa Virxe (Viscose Fiber, n.d) Kelheim Fibres 1,10% 29 Alemaña 1935 Celulosa Pulpa Virxe (Kelheim Fibres, s.d.) P. T. Raión Utama Makmur (P. T. RUM) 1% 15 Indonesia 2018 Forestal Pulpa Virxe (Rum Indonesia, s.d.) Xinxiang Chemical Fiber Co., Ltd. (Bailu Group) 1% 30 China 1993 Química Pulpa Virxe (Bailuhuaxian, s.d.) 40 Nome provedor Capacidade de produción (Fonte: Canopy Planet, 2022) Ranking sostible (Fonte: Canopy Planet, 2022) País Ano Fundació n Industria de orixe Tipo de fibra natural MMCF Lanzamen to produto "sostible" Fonte Formosa Chemical and Fibre Corp. 0,70% - China 1993 Materiales Pulpa Virxe (FCFC Plastics, s.d.) Hubei Golden 0,70% - País 1993 Materiales Pulpa Virxe (Hubei Golden Ring, s.d.) Daiwabo Raión 0,40% 20 Xapón 1988 Textil Pulpa Virxe (Daiwa Boron, s.d.) Shandong Yingli 0,40% - China 2010 Energía térmica Pulpa Virxe (Yingcell, s.d.) Baoding Swan Fiber 0,40% - China 1955 Química Pulpa Virxe 2015 (Swanoricell, s.d.) Kara Fibers 0,20% 28 Turquía 2019 Textil Pulpa Virxe (Kara Fiber, s.d.) Enka 0,10% 29 Alemaña 1924 Biotech Pulpa Virxe (ENKA, s.d.) GP Cellulose <0,1% s. d. Estados Unidos 1937 Química Pulpa Virxe 2022 (GP Cellulose, s.d.) Asahi Kasei <0,1% s. d. Xapón 1928 Química Pulpa Virxe, Mestura reciclado e polpa 2022 (Asahi Kasei, s.d.) Renewcell <0,1% s. d. Suecia 2012 Biotech 100% Reciclado 2022 (Renewcell, s.d.) Infinited Fiber Company <0,1% s. d. Finlandia 2016 Biotech 100% Reciclado 2021 (Infinited Fiber Company, s.d.) SaXcell <0,1% s. d. Holanda 2011 Universidad 100% Reciclado 2021 (SaxCell, s.d.) Aalto University <0,1% s. d. Dinamarca 2020 Universidad 100% Reciclado 2020 (Textile Exchange, 2022) Södra <0,1% s. d. Suecia 1938 Forestal Mestura reciclado e polpa 2021 (Södra, s.d.) Evrnu <0,1% s. d. Estados Unidos 2014 Biotech 100% Reciclado 2020 (Evrnu, s.d.) Metsa Group <0,1% s. d. Finlandia 1947 Forestal Mestura reciclado e polpa 2022 (Kuura, s.d.) Spinnova <0,1% s. d. Finlandia 2014 Biotech Pulpa Virxe, Mestura reciclado e polpa 2014 (Spinnova, s.d.) PHOENXT <0,1% s. d. Alemaña 2018 Biotech 100% Reciclado 2018 (Phoenxt, s.d.) Treetotextile <0,1% s. d. Suecia 2014 Biotech Mestura reciclado e polpa 2014 (TreeToTextile, s.d.) Fonte: Elaboración propia a partir do Canopy Planet, 2022 e Textile Exchange, 2022 xunto coas diferentes webs propias especificadas na táboa 41 Adicionalmente, obsérvase que o consumo aparente 4 de polpa a disolver en 2021 tamén se atopa en maior proporción en China, superando o 55%. A continuación, por orde de consumo, sitúanse India (9%), Estados Unidos (7%), Indonesia (6%), Alemaña (4%) e Austria (4%) (FAOSTAT, 2023). Estes datos reflicten como o crecemento das fibras celulósicas nos últimos anos se relacionou paralelamente ó crecemento da polpa a disolver, especialmente en Europa e China, sendo esta última onde se experimentou o crecemento máis significativo. (Gráfica 3). Gráfica 3: Evolución producción global de polpa a disolver xunto con Europa e China, 1960-2021 Fonte: Elaboración propia a partir de FAOSTAT, 2023 China destaca por ter unha cadea integrada verticalmente na produción de fibras celulósicas. Aínda que produce a súa propia madeira e polpa, tamén importa madeira doutros países produtores, como Estados Unidos, Canadá, Indonesia, Papúa Nova Guinea e Malaisia. (Freitas e Mathews, 2017). Por exemplo, o grupo Royal Golden Eagle, que inclúe tanto Sateri en China como Asia Pacific resources International Limited (APRIL) en Indonesia, mostra un exemplo de integración vertical, sendo a primeira o maior produtor mundial de fibras celulósicas e segunda o maior provedor de polpa e madeira (Changing Markets, 2020). Na liña da sustentabilidade, tódolos grandes grupos empresariais ofrecen, nos últimos anos, produtos máis circulares, como o lyocell ou cunha porcentaxe de reciclaxe. Outras empresas novas ou máis pequenas ofrecen produtos cun impacto ambiental menor, 100% recicladas ou biodegradables, pero a súa capacidade de produción é limitada e cun mercado reducido. É interesante notar como estas iniciativas máis respetuosas co medio ambiente están máis presentes nos países do norte e centro de Europa, mentres que un desenvolvemento similar non se observa en países como China, como principal produtor das fibras celulósicas, ou 4 Consumo aparente: Elaboración propia a partir de producción + importación – exportación (FAOSTAT, 2023) 0 2000 4000 6000 8000 10000 1961 1964 1967 1970 1973 1976 1979 1982 1985 1988 1991 1994 1997 2000 2003 2006 2009 2012 2015 2018 2021 Miles de toneladas producidas pulpa a disolver Global Europa China 48 necesidade ambiental dunha transición da sobreproducción do transxénico ó cultivo orgánico. É neste punto onde as fibras sintéticas celulósicas se presentan como a gran solución. Gráfica 7: Distribución da produción global de fibras téxtiles 2021 Fonte: Datos extraídos de Textile Exchange a partir de ICAC, FAO, IWTO, Mohair South Africa, Inserco, CIRFS, IVC, Maia Research, Unha das teorías para a alta aplicabilidade da substitución de fibras de derivados fósiles a celulósicas é que “se trata dunha solución rápida da que se obteñen beneficios nun curto prazo” (Fletcher, Grose e Hawyken, 2012). A industria da moda ten unha longa práctica de desenvolver e comercializar rapidamente novos materiais e deseños. A substitución das fibras fósiles por celulósicas pódese implementar rapidamente, cun impacto rápido sobre as vendas e posiblemente incrementándoas ó promover o seu carácter sustentable. Esta práctica adáptase á dinámica actual da industria sen esixir unha transformación radical, evitando cambios na produción ou impacto ambiental, así como prácticas de reparación ou "upcycling". Esta substitución redúcese a unha visión materialista de "máis do mesmo, pero ecolóxico". 5.2. Explotación dos recursos forestais 5.2.1. Xestión de bosques sustentables internacionais A xestión forestal sostible defínese pola Comisión Europea na súa Estratexia Forestal 2030 como a busca de equilibrar a explotación e a preservación dos bosques (Comisión Europea, 2021a). Para tal misión, na industria téxtil, moitas empresas apostaron por certificacións de terceiros como Forest Stewardship Council (FSC) e o International Forest Certification Endorsement Program (PEFC). Ambas organizacións teñen orixe europeo e se fundaron na década dos 90, pero non foi ata 2014 cando ambas, lideradas por UNCE/FAO, impulsan a iniciativa “Forest4Fashion” (FSC, s.d.; PEFC, s.d.; FORESTS4FASHION | UNECE, s.d). Poliester 55% Poliamida 5% Outras fibras sintéticas fósiles 3% Algodón 22% Outras fibras vexetais 6% Viscosa 6% Outras fibras sintéticas celulósicas 2% Lana 1% Outras fibras de animais 0% 49 “Forest4Fashion” é un programa para a promoción de prendas de roupa de fibras celulósicas a través de actividades de investigación e sensibilización (FORESTS4FASHION | UNECE, s.d). A partir de aí, dende o ano 2017 FSC e o 2021 PEFC, lanzan o mercado prendas de roupa con etiquetado propio (FSC, s.d.; PEFC, s.d.; Textile Exchange, 2022). A cota de mercado das empresas téxtiles con estas certificación aumentou do 55-60% en 2020 ó 6065% en 2021 (Textile Exchange, 2022). Para a iniciativa “Forest4Fashion” o rápido crecemento deste tipo de fibras téxtiles implica "o comezo dalgo máis grande" (UNECE, 2017) e representan a "única fonte potencial" de materiais téxtiles sostibles capaces de satisfacer as necesidades globais. (FORESTS4FASHION | UNECE, s.d). Non obstante, existe unha dicotomía entre a silvicultura e a preservación dos servizos ambientais. Aínda que estas certificacións favorecen a silvicultura sostible, a preservación dos bosques e dos seus servizos ecolóxicos non é un foco prioritario. Quizais para sumarse a esta visión ou en contraposición a ela, a Unión Europea tiña previsto implantar para o primeiro trimestre de 2023 un esquema de certificación de xestión forestal "próxima á natureza", pero non se estableceu directrices específicas ó respecto (Comisión Europea, 2021a). Actualmente aínda está pendente a elaboración desta certificación, e as únicas directrices levadas a cabo desta estratexia son para apoiar as accións de plantacións de árbores e protexer bosques maduros (Comisión Europea, 2023b), parecendo, a primeira instancia, contraditorias. Deste modo, a explotación e preservación dos bosques parecen medidas que entrelazan moitas eleccións nas que é necesario primar unha ou outra vertente. 5.2.2. Condicionantes forestais 5.2.2.1. Substitución coa industria madeireira e consecuencias como sumidoiro de CO2 A actividade forestal pode ter impactos negativos sobre a capacidade dos bosques de captar carbono ó longo prazo, a pesar da xestión sostible e esa busca do equilibrio entre explotación e preservación do medio ambiente. Na propia Estratexia Forestal de 2030 da Unión Europea, se recoñece que é improbable que os beneficios dos produtos de madeira superen a redución do sumidoiro forestal neto asociado ó aumento da explotación a curto e medio prazo (Comisión Europea, 2021). O período necesario para esta compensación sería, para algúns, ata 2050 (Comisión Europa, 2021) ou para outros, mínimo dun século (Hurmekoski et al., 2022; 2023). Isto ven debido, entre outros, a presión que se exerce na explotación forestal e na industria da madeira. Un aumento da cota de mercado da madeira pode aumentar a concentración de dióxido de carbono (CO2) atmosférico para 2050 (Hurmekoski et al., 2023). 50 Ademais, o crecemento sostido da produción de fibra celulósica a longo prazo enfróntase a dificultades debido ás grandes explotacións necesarias na industria forestal, cunha taxa media de 0,9 Mt/ano entre 2018 e 2035 (Kallio, 2021). Isto podería limitar a dispoñibilidade doutros produtos forestais elaborados a partir de madeira (Kallio, 2021) pero podería ocupar o oco da redución dos produtos como o papel, debido a dixitalización, nas industrias celulósicas (Hurmekoski et al., 2023). Independentemente, como resultado, os prezos mundiais da madeira e a polpa disolvente aumentarían debido ó aumento da demanda dos seus produtos derivados (Kallio, 2021). Para contrarrestar estas consecuencias non desexadas, unha opción próxima o “diagrama da bolboreta” ou dos bucles da Economía Circular (Ellen MacArthur Foundation, 2013; Stahel, 2019), sería aproveitar os subprodutos da produción de celulosa e convertelos en materiais e produtos químicos para as biorefinerías (Kallio, 2021; Van Heiningen, 2006) ou mesmo utilizar, para a súa propia produción, subprodutos e residuos da industria madereira e da limpeza forestal. Non obstante, o fomento da produción de fibras téxtiles a partir de residuos da industria da madeira podería aumentar a oferta de produtos intermedios de madeira nun 0,95% por cada aumento unitario da demanda global (Kallio, 2021; Hurmekoski et al., 2023). Isto subliña a necesidade de cambios na produción e uso da madeira en lugar de unha expansión indiscriminada. É fundamental considerar tódolos os axentes e sectores implicados na produción de fibras téxtiles celulósicas para avaliar o impacto ambiental global. A descarbonización doutros sectores reduciría máis as emisións de carbono das que se poderían conseguir mediante a substitución, o que implicaría un aumento das emisións de carbono procedentes da silvicultura e unha menor necesidade de evitar emisións adicionais de combustibles fósiles a través da madeira (Kallio, 2021). En concreto, considérase que se se cumprise a descarbonización doutros sectores como marca o Acordo de París, reduciríanse máis as emisións de carbono das que se poderían conseguir mediante a substitución. Isto vería incrementado o período de compensación do aumento de emisión de carbono da explotación forestal. Entón, se diminuiría a necesidade de evitar emisións adicionais de combustibles fósiles a través da madeira (Hurmekoski et al., 2023). Por outro lado, nestes estudios, non se teñen en consideración as fugas internacionais, intersectoriais ou intertemporais, nas que as emisións de combustibles fósiles evitadas nun sector poden ser utilizadas por outro país, sector (Kallio e Solberg, 2018; Harmon, 2019; Hurmekoski et al., 2023) ou no futuro, cos posibles efecto rebote (Korhonen et al., 2018). Isto evidencia a necesidade de accións que supoñan un cambio de paradigma global e sistémico en lugar de solucións ou “parches” específicos ou puntuais. 51 5.2.2.2. Deforestación e perda de especies autóctonas e areas forestais lonxevas A ameaza da protección dos bosques polo favorecemento da explotación forestal está fundamentada en casos de deforestación, tanto do pasado como da actualidade, de empresas de fibras celulósicas. Un dos máis recoñecidos atópase actualmente en Malaisia e Indonesia. Figura 3: Mapa de Malaisia e Indonesia coa representación da perda de cobertura arbórea coa densidade del dosel arbóreo > 10% no período 2001-2021 e concesións de fibra de madeira no 2021 Fonte: Elaboración propia coa ferramenta Global Forest Watch e datos aportados de Hansen/UMD/Google/USGS/NASA, Ministerio de Bosques/Asia Pulp and Paper/Abril e Earthsight Investigations & Global Witness; accedidos a través de Global Forest Watch 26/04/2023 Malaisia e Indonesia son dos países con maiores problemas de deforestación mundial, e ó mesmo tempo se seguen aumentando as concesións para fibra de madeira (Figura 3). Un dos casos de deforestación en Indonesia está directamente vinculado a un dos principais provedores de madeira para fibras celulósicas, APRIL; que pertence o mesmo grupo RGE que unha das máis grandes produtoras de fibras celulósicas, Sateri. Entre 2015 e 2020, se documentaron máis de 7.000 hectáreas de deforestación, na zona concedida a Adindo (provedora de APRIL) en Kalimantan, a parte indonesia da illa de Borneo. Aínda que APRIL fixo unha reclamación ó facerse público o desastre, tanto Adindo como APRIL continuaron aceptando polpa doutras concesión de Kalimantan, onde se sufriron grandes deforestacións en tódolos territorios en 2018 e 2019 (Changing Markets, 2020). Esta situación podería asemellar impensable nun contexto europeo, pero xa se atopan problemas de alta presión forestal de forma continuada, con consecuencias como a perda de especies autóctonas ou áreas forestais lonxevas. As fibras celulósicas, en xeral, xéranse cunha base de celulosa ou pasta de madeira, derivada de árbores como o eucalipto, a faia e o piñeiro, así como de plantas como o bambú ou cáñamo (Seisl e Hengstmann, 2021; Lawson et al., 2022). Polo tanto, o aumento da produción deste tipo de tecidos derivaría nun aumento de bosques desta tipoloxía de árbores, que poden non 52 ser autóctonos en moitas das grandes superficies forestais europeas. En Europa, incluíndo Rusia, nas plantacións forestais a proporción de especies introducidas (78%) é xa moito superior as de nativas (22%) (FAO, 2020). Isto podería contradicir a propia estratexia forestal europea e o principio de “plantar e cultivar a árbore adecuada no lugar axeitado e coa finalidade correcta” (Comisión Europea, 2021a). Esta substitución de especies é unha das presións forestais máis importantes que podería desencadear a deforestación en Europa ademais das consecuencias implícitas de mudas de bosques vírxenes a plantacións. A conversión a outros tipos de bosques, incluídos monocultivos, e a replantación con especies non nativas exerceu unha presión nos bosques que afectou a 12,5 mil hectáreas entre 2013 e 2018 na Unión Europea (EEA, 2023). Ademais, non se pode esquecer que os árbores de maior lonxevidade teñen unha maior capacidade como sumidoiros de carbono que as novas plantacións (Comisión Europea, 2021a). Na Unión Europea, no período 2013 a 2018, a propia xestión forestal reduciu os bosques de longa duración en 8,3 mil hectáreas mentres que a conversión dos bosques, tanto a outros usos da terra como a propia replantación, aplica presión a 7,3 mil hectáreas (EEA, 2023). Tanto a substitución por especies non autóctonas coma a disputa dos sumidoiros de carbono de áreas forestais lonxevas pódense apreciar en Galicia. Só eucalipto (Eucalyptus spp), a principal especie de plantación introducida, xa supón o 28% (409.026 ha) do total da superficie galega (IFCG, 2023). Este peso vese máis que duplicado con respecto ó que tiña no 2011 (12%) mentres que en valor absoluto é superior a metade (248.169 ha) (IFN, 2011). Entón, mentres que o crecemento da superficie forestal galega só foi do 2,9%, o dos eucaliptos foi do 64,8% (IFN, 2011; IFCG, 2023). Xustamente, a maioría das áreas forestais máis lonxevas están formadas por frondosas, como o castaño (Castanea sativa), e coníferas, como o pino marítimo (Pinus pinaster) (IFN, 2011). Ó facer unha valoración económica e ambiental desta substitución de especies das áreas forestais galegas, poderíase chegar a supoñer, dentro dunha visión económica convencional, esta situación como “subóptima”. O valor por hectáreas anualmente do eucalipto é de 1.241,65 €/ha mentres que do Quercus robur en mestura con frondosas autóctonas 429,7 €/ha; e se nos focalizamos nas repoboacións xoves de eucaliptos é de 1255,32 €/a mentres que o rexenerado de frondosas autóctonas 289,76 €/ha (IFN, 2011). Economicamente, poderíase supoñer que non hai incentivos para fomentar as especies autóctonas. Adicionalmente, respecto o papel dos bosques galegos como sumidoiros de carbono, mentres que en valor absoluto os eucaliptos son os que maior cantidade carbono absorben, cando se analiza o carbono fixado por hectárea, o maior sumidoiro serían os carballos en mestura con frondosas autóctonas (IFN, 2023). Isto se podería deber á propia lonxevidade 53 destas áreas forestais ó ser autóctonas de Galicia, tendo unha aportación ambiental maior por superficie. Entón, tanto os eucaliptos actuais derivados do impulso do sector madeireiro en Galicia, como o posible aumento de replantacións co incremento da demanda dunha nova instalación de fibras celulósicas téxtiles, reduciría a propia capacidade total dos bosques como sumidoiros de CO2. Polo tanto, a nivel ambiental, a decisión non se podería considerar tan óptima como asemella. En conclusión, no caso de instalar unha nova fábrica de produción de fibras celulósicas en Galicia, como a proposta por Altri, co eucalipto como principal materia prima, poderíase prever un reforzamento desta perda de especies autóctonas e areas forestais lonxevas coas implicacións de presión cara a deforestación que iso supoñería. 5.2.3. Compatibilizar cos servizos ambientais A explotación forestal de fibras celulósicas supón retos en termos de deforestación, perda de biodiversidade e servizos ambientais. As certificacións forestais, defensoras da “xestión sostible” poden entrar en conflito coa creación de áreas protexidas e a conservación da biodiversidade. Algunhas visións, como a da Unión Europea, manteñen que a rendibilidade económica dos montes mediante o aproveitamento sostible dos seus bens directos é unha forma de garantir os servizos ambientais que prestan, sinalando tamén a importancia da delimitación de fronteiras e de non comprometer os servizos ambientais. (Comisión Europea, 2021a; Rodriguez-Chaves, 2020). En consecuencia, son necesarias medidas adicionais, como o uso de técnicas de rexeneración melloradas e consideracións sobre os impactos nos sistemas de auga, a diversidade xenética e a resiliencia forestal; a parte da avaliar se realmente é necesario este aumento de produción. As certificacións para a explotación forestal como o PEFC ou FSC indirectamente poden ir á contra do establecemento de parques naturais ou a Rede Natura 2000 de protección na Unión Europa. Agora, esta rede inclúe uns 37,5 millóns de hectáreas de monte, é dicir, o 23% dos bosques europeos e a estimación da Estratexia da Unión en materia de biodiversidade que prevé, en particular, a ampliación das áreas protexidas 30% (Comisión Europea, 2021a; Parlamento Europeo, 2022). Pero esta monetización dos bosques incentivaría economicamente ós propietarios e xestores forestais a explotar os materiais e produtos madeireiros e non madeireiros, en vez de manter os servizos ecosistémicos mediante a protección, restauración e resiliencia dos bosques (Comisión Europea, 2021a). En conclusión, o aumento da produción e uso de produtos derivados da madeira supoñen retos adicionais para a mitigación do cambio climático; e co sector téxtil veríanse magnificados. Son necesarias consideracións adicionais para apreciar unha “xestión 54 sustentable” dos bosques cara o aumento da explotación forestal. Algunhas propostas son o uso de técnicas de rexeneración melloradas (Heinonen et al., 2018), pero un cambio significativo sería un cambio no consumo xeral e un prolongamento da vida útil dos produtos madeireiros. 5.3. Políticas da UE para a promoción da Bioeconomía téxtil A industria das fibras celulósicas está altamente interrelacionada cos sectores téxtil, forestal e químico. Para ter unha perspectiva sistémica da Economía Circular e a Bioeconomía nesta industria cabe identificar o impacto que a Unión Europea tivo, polo menos, nestes tres ámbitos. A Estratexia de Bioeconomía da Unión Europea 2018 ten como obxectivo avaliar as políticas e normativas que apoian ou dificultan as innovacións baseadas na biomasa sostible. Destácase o potencial das innovacións téxtiles baseadas na biomasa leñosa para substituír as fibras sintéticas e “revitalizar as rexións boscosas”, cun efecto de substitución estimado de 1,4-4,3 kg C/kg C. Nela se identifica a influencia e o papel do Estado no mercado coas evidencias da Directiva de Plásticos de Uso Único na promoción da substitución dos derivados fósiles co uso de envases de nanocelulosa e se incita a replicar este modelo (Comisión Europea, 2018). Cronoloxicamente, na década de 2010 foi cando se estableceu unha visión e as bases, a través do Plan de Acción de Bioeconomía de 2012 e do Plan de Acción de Economía Circular de 2015, e a partir da década de 2020 leváronse a cabo diversas estratexias e normativas específicas para sectores clave e industria. A complementariedade reducionista entre ambas iniciativas mantense o longo das estratexias, onde a Bioeconomía céntrase nas fontes de materiais biolóxicos mentres que a Economía Circular céntrase nos residuos. A cuestión dos proceso de fabricación e as emisión de CO2 veríanse reflexadas no Pacto Verde, configurando así o conxunto de “parches” (Táboa 9). Ó longo destas visións, a consideración e mención de propostas para o téxtil é unha constante. A acción base da Unión Europea no sector da moda é a Estratexia para os téxtiles sustentables e circulares. Nel se expresan as diferentes iniciativas que se están elaborando, no presente como de cara o futuro, para mellorar a sustentabilidade da moda fomentando a descarbonización da industrial téxtil mediante a reciclaxe e innovación de base biolóxica para a redución da dependencia dos combustibles fósiles (Comisión Europea, 2022). As fibras celulósicas téxtiles veríanse impulsadas así na Unión Europea ó relacionarse con esta visión en conxunto das estratexias (Táboa 9). 55 Táboa 9: Evolución das principais acción e Políticas da Unión Europea que inflúen no sector das fibras celulósicas téxtiles Accións e Políticas Unión Europea Ano Descrición ou aplicación específica o sector das fibras celulósicas téxtiles Fonte Directiva de Seguridade Xeral de Produto 2001 Estándares europeos para produtos específicos como roupa infantil , calzado e fibras téxtiles relacionadas coa toxicidade e materiais empregados Directiva 2001/95/EC Documento de referencia das mellores técnicas dispoñibles para o téxtil (BAT UE) 2010 Pon límites no uso de químicos no proceso; abrangue as operacións de pretratamento como o lavado, branqueament e tinguidura de fibras téxtiles, propoñendo ampliación ó acabado, e o tratamento de augas residuais. Foco contaminación aire e auga. Directiva 2010/75/EU Regulamento de Etiquetado Textil 2011 No téxtil obrigatoriedade no etiquetado de indicar o contido de fibras e partes non téxtiles de orixe animal Regulamento (EU) 1007/2011 Estratexia de Bioeconomía 2012 Téxtil como sector clave para reducir a dependencia de recursos non renovables COM(2012) 60 Plan de Acción para a Bioeconomía 2018 téxtil como “produtos manufacturados de base biolóxica”, potencial na creación de emprego e valor e como relación da Bioeconomía e a Estratexia Industrial do Pacto de Crecemento Verde COM(2018) 673 Pacto Verde Europeo 2019 Téxtiles identificado como requirimento de foco de acción por ser un sector intensivo en recursos e proposta da Bioeconomía como solución. Proponse estender a responsabilidade das empresas téxtiles. COM(2019) 640 Nova Estratexia Industrial para Europa 2020 Promover a competitividade global europea verde e dixital co téxtil COM(2022) 102 Plan de Acción de Economía Circular 2020 Téxtil identificado como foco de acción por ser un sector intensivo en recursos e alto potencial para a circularidade COM(2020) 98 Plan Climático Obxetivo 2030 2020 Lei para crear políticas acorde coa proposta do Plan Climático Obxetivo 2030. COM(2020) 562 Estratexia Química cara un Medio Ambiente Libre de Tóxicos 2020 Téxtil definido como clave para a Vía Transitoria da Industria Química COM(2020) 667 Estratexia Biodiversidade 2020 Recoñece o seu papel fundamental dos bosques na bio Economía Circular COM(2020) 380 Actualización Estratexia Industrial para Europa 2021 Engádese concepto resiliencia polo covid19 e a concreación rutas de transición para os ecosistemas industriais máis relevantes. Téxtil unha das tres sectores clave. COM(2021) 350 Pacto UE para las habilidades para los ecosistemas téxtiles 2021 Alianza de EURATEX, CEC e COTANCE. Parte do Pacto UE para as habilidades: formación en novas competencias; servizos de redes, centros de coñecemento e orientación e recursos Comisión Europea, 2021b Lei Climática Europea 2021 Propostas lexislativas para crear políticas co obxectivo de logra unha redución neta de do 55% en emisións de gases invernadoiro Regulamento (EU) 2021/1119 REACH4Textile 2021 Rexistro, Avaliación, Autorización e Restrición Química para a protección da saúde e ambiental abordando substancias perigosas no téxtil Regulamento (EC) 1907/2006 Regulamento de Envíos de Residuos 2021 Asegurar que os residuos exportados sexan xestionados de maneira ambiental nos países de destino COM(2021) 709 Estratexia Forestal 2021 Mención a Bioeconomía como pilar fundamental. Dentro deste, potencialmente dos téxtiles de base biolóxica. COM(2021) 572 Estratexia para os Téxtiles sustentables e circulares 2022 Estratexia específica co sector, onde se expresa a necesidade de transición e propostas de medidas a levar a cabo. Mención o desenvolvemento de fibras de orixe vexetal COM(2022) 141 Revisión Directiva sobre residuos 2022 Os Estados membros deberán establecer a recollida selectiva de residuos téxtiles a partir de xaneiro de 2025 e se considera a extensión da responsabilidade do produtor no téxtil Directiva 2008/98/ECL Ecodeseño para Produtos Sustentable 2022 Inclusión Pasaporte Dixital de Produto (DPP) . Téxtiles definido como unha das áreas prioritarias pero aínda pendente determinar o alcance COM(2022) 142 Plan Industrial de Crecemento Verde 2023 Escalar a manufactura de tecnoloxías limpas e equipar correctamente a industria para a transición dunha enerxía limpa COM(2023) 62 Lei de Industria Neta Cero 2023 Lei para cumprir ó obxectivo do Plan Industrial de Crecemento Verde COM(2023) 161 Fonte: Elaboración propia a partir de datos extraídos da diferentes fontes e utilizando como guía Mubareka et al., 2023 e Comisión Europea, Dirección Xeral de Mercado Interno, Emprendedora e PeMEs, 2023. 56 A promoción deste sector por parte da Unión Europea pódese apreciar máis explicitamente ó realizar unha análise dos fondos para investigación e innovación que se aportaron neste mesmo período en relación os diferentes plans de accións e estratexias. A Comisión Europea expresa que os axentes de interese destacan a produción e desenvolvemento de novas fibras de base biolóxica, reciclables ou renovables como un dos investimentos máis necesarios (2023a). Para levalo a cabo, identificase os principais programas de fondos europeos que poden executar esta tarefa no período 2021-2007 incluíndo Horizon Europe, Recovery and Resilience Facility e European Regional Development Funds (ERDF) and Cohesion Funds como os de maior peso (Táboa 10). Dos fondos Horizon 2020, incluídos os 5,4 mil millóns de euros dos Next Generation, para este período do 2021 o 2027 se dispoñía dun total de case un billón de euros (95,5 mil millóns de euros). Dese total, no mesmo período, os proxectos identificados como fibras téxtiles celulósicas supoñerían unha aportación de case 28,9 mil millóns, podendo supoñer o 30% da inversión total. Ó analizar o total aportado pola Unión Europea con fondos Horizon 2020 ó longo do tempo a estes proxectos de fibras celulósicas téxtiles, a cantidade podería alcanzar os 48 mil millóns de euros nos últimos 20 anos. Se a esta cantidade se lle engaden outros fondos, como os Horizon, FP7 ou FP5, o total acadado neste período pola industria de fibras celulosas téxtiles podería ser de aproximadamente 61 mil millóns de euros. Con estes datos, pódese apreciar a clara axuda que a Unión Europea aportou neste sector (Táboa 10). Por outro lado, si se escruta o detalle os principais coordinadores 5 destes proxectos de fibras celulósicas téxtiles, de orixe biolóxica ou reciclada, tamén podería apreciarse un interese e grao de especialización de certos países dentro de Europa. Os proxectos máis grandes en termos de financiación europea foron xestionados por Bélxica, seguida de Finlandia e Suecia. Ó analizar este mesmo podio por número de proxectos, atópase Finlandia seguida de Bélxica, Suecia e Francia empatadas no terceiro posto. Non é e estrañar a presencia de Finlandia e Suecia nos primeiros lugares polo seu amplo desenvolvemento forestal e dispoñibilidade da materia prima. Por outro lado, tamén chama a atención a mínima presenza de Francia no podio, probablemente causada pola súa forte tradición téxtil, aínda que a súa contía é moito menor cá dos outros países, sendo dez veces inferior á de Bélxica. É precisamente a posición dominante de Bélxica o máis salientable, xa que non hai unha intuición previa do motivo, polo que cabería indagar no tema máis a fondo para atopar posibles explicacións. 5 Os coordinadores non teñen que ser en tódolos casos os que recollen o 100% de ditos fondos, sendo repartidos normalmente por outras entidades colaboradoras. 57 Táboa 10: Proxectos de tecidos téxtiles celulósicos da Unión Europea, orde de maior a menos aportación da Unión Europea, no período 2007-2021 Tipoloxía de tecido celulósico do proxecto Acrónimo Nome Período Coordinador País coordinador Aportación UE Tipo Fondos Foco dentro do Fondo Reciclaxe RESYNTEX Un novo concepto de Economía Circular: dende os residuos téxtiles ata as materias primas das industrias químicas e téxtiles 20152019 Soex TextilVermarktungsgesellscha ft Alemaña 8.787.749,25 € H2020 Facilitar a transición cara a unha economía e sociedade verdes mediante a ecoinnovación e avanzar cara a unha Economía Circular mediante a simbiose industrial Reciclaxe SCIRT Circularidade do sistema e recling innovador de téxtiles 20212024 Vlaamse Instelling Voor Technologisch Onderzoek Bélxica 7.996.543,98 € H2020 Facilitar a transición cara a unha economía e sociedade verdes a través da ecoinnovación e desenvolver e pilotar sistemas circulares nos sectores de plásticos, téxtiles e mobles. Reciclaxe CISUTAC Téxtil e roupa circular e sostible 20222026 Centre Scientifique & Technique del'Industrie Textile Belge Bélxica 7.972.753,00 € HORIZO N Alimentación, Bioeconomía Recursos Naturais, Agricultura e Medio Ambiente e Sistemas Circulares Reciclaxe Trash-2-Cash Deseño produtos de alto valor a partir de téxtiles e fibras de valor cero mediante tecnoloxías orientadas ó deseño 20152018 Rise Research Institutes of Sweden Suecia 7.933.461,00 € H2020 Materiais para unha industria sostible, eficiente no uso dos recursos e de baixas emisións e solucións de materiais para o seu uso no sector da industria creativa Reciclaxe New Cotton Demostración e lanzamento de produtos téxtiles New Cotton rexenerados, biodegradables e de alto rendemento ós mercados de consumo mediante unha cadea de subministración circular innovadora que utiliza tecnoloxía Infinited Fiber 20202023 Infinited Fiber Company Finlandia 6.745.801,25 € H2020 Apoio ó desenvolvemento do mercado de produtos e procesos de base biolóxica e desenvolvemento de biorrefinerías integradas Base biolóxica HEREWEAR Desgaste circular sostible local de base bio 20202024 Centre Scientifique & Technique del'Industrie Textile Belge Bélxica 6.158.830,00 € H2020 Apoio ó desenvolvemento do mercado de produtos e procesos de base biolóxica e desenvolvemento de biorrefinerías integradas Base biolóxica FibreNet Unha rede de formación sobre o deseño de novos produtos de fibra de base biolóxica para propiedades avanzadas específicas e novas aplicacións 20172022 Tampereen Korkeakoulusaatio Finlandia 3.832.629,48 € H2020 Fomento de novas competencias mediante unha excelente formación inicial dos investigadores Base biolóxica GRETE Produtos químicos e tecnoloxías verdes para a cadea de valor da madeira ó téxtil 20192023 Teknologian Tutkimuskeskus vtt Finlandia 2.555.243,75 € H2020 Iniciativa tecnolóxica conxunta de industrias de base biolóxica (BBI-JTI) e aplica tecnoloxías innovadoras emerxentes para mellorar as cadeas de valor existentes 64 Aínda xa se poden apreciar no mercado certos avances na reciclaxe das mesturas, queda moito por investigar en solucións máis innovadoras. Algúnds dos avances serían as colaboracións entre empresas como Lenzing e Sodra, para aumentar a capacidade de procesamento de fibras mesturadas como algodón e poliéster (Lenzing, 2021); ou como Isko e HKRITA, con licenzas para a tecnoloxía “máquina verde” (Innovation in Textiles, 2021). Por outro lado, para materiais non mesturados, xa existen unha serie de solucións industriais e están aumentando progresivamente a súa capacidade (BOF e McKinsey&Company, 2022). A pesar destes desafíos, dentro das opcións de Economía Circular e fibras celulósicas, o 60% dos directivos do sector investiron ou prevén investir neste tipo de reciclaxe no próximo ano (BOF e McKinsey&Company, 2022). Así e todo, débese ter en conta que a reciclaxe non só inclúe os residuos téxtiles, sendo así que a fibra téxtil reciclada de maior peso é o PET (teraftalato de polietileno) a partir de botellas de plástico de recente uso (Textile Exchange, 2022). Polo tanto, estas afirmacións de apoio ó reciclaxe non teñen porque responder á necesidade de reconverter en materias primas secundarias o problema dos residuos téxtiles. Outros posibles grandes retos da reciclaxe son as distancias entre as instalacións de reciclaxe e a fonte da materia prima e o deseño de produtos preparados para o reciclaxe. A loxística e o transporte, sobre todo longa distancia, xeran importantes emisións, como recoñecía o propio dirixente de Renewcell, que recolle roupa de Asia para a súa transformación en Suecia (BOF e McKinsey & Company, 2022). Por outro lado, o 80% da circularidade se define no deseño (Puente-Cociña, 2021) e podería facilitar a separación dos materiais dende a súa concepción. Todos estes factores fan que a reciclaxe téxtil aínda non sexa unha práctica xeneralizada e ecoeficaz. As primeiras fibras celulósicas “recicladas”, total ou parcialmente, dispoñibles comercialmente utilizan principalmente borra de residuos de algodón preconsumo; polo que aínda non serían solución ós residuos post-consumo. Ademais, do 1% de material de roupa que se recicla en novas prendas, a maior parte se converte en panos de limpeza, illante e recheo de colchóns, non en novas prendas de roupa (Minney, 2022). 5.5. Procesamentos químicos Cabe non esquecer que a historia e evolución das propias fibras sintéticas está directamente ligada con la industria química. Estas fibras requiren grandes cantidades de produtos químicos como disolventes, que poden ser tóxicos e daniños tanto para a saúde humana como para o medio ambiente. A contaminación das fábricas a natureza adoita ser mediante a súa filtración química nas augas residuais, magnificando o problema de explotación do recurso acuífero. 65 En concreto, un dos principais perigos da viscosa é a alta dependencia para a súa produción do desulfuro de carbono (CS2). Este produto químico é tóxico e pode levar a problemas de saúde como enfermidades renais, síntomas de parkinson, ataque cardíaco e ictus. Se non se xestiona adecuadamente, este produto químico pode contaminar a auga, o aire e o chan ó redor das fábricas, o que pode ser devastador para os traballadores das fábricas, as comunidades locais e os ecosistemas (Changing Markets, 2020). O lyocell é a única das fibras celulósicas que non depende do uso deste composto. Consecuentemente, a química segue sendo unha das principais materias pendentes da industria das fibras celulósicas téxtiles. Da totalidade de axentes auditados polo organismo Canopy Planet, ningún consegue un “aprobado” na valoración química. A avaliación máxima que se pode atopar é de 2 sobre 5 no seu “ranking” de usos químicos e emisións, sendo só obtido por 8 das 31 empresas avaliadas (Canopy Planet, 2022). As novas empresas están a rachar coa tradición química contaminante adoptando un enfoque máis circular e sostible na súa proposta de valor. Estas apostan por prácticas como a reciclaxe, a “química verde” e o peche do ciclo. En lugar de utilizar compostos químicos nocivos, as empresas de "química verde" optan polo uso de compostos naturais menos daniños, en liña coa nova perspectiva da Bioeconomía. Outras céntranse en procesos de reciclaxe e reutilización de produtos químicos. En consecuencia, moitos deles distáncianse da imaxe tradicional do sector da fibra sintética celulósica e identifícanse máis coa “biotecnoloxía” ou directamente o téxtil. Dentro dos procesos químicos, o documento das Mellores Técnicas Dispoñibles da Unión Europea (EU BAT) tivo un efecto significativo dentro do sector das fibras celulósicas. Este informe proporciona directrices e normas para garantir tecnoloxías, procesos e prácticas recomendados e máis eficaces para a produción minimizando o impacto ambiental, fomentando o uso de disolventes e produtos químicos ecolóxicos, a xestión eficiente da auga e da enerxía, a redución e reciclaxe de residuos e o abastecemento responsable de materias primas; promovendo os sistemas de bucle pechado. Á parte, tamén xurdiron outros compromisos complementarios e específicos no téxtil (Táboa 13). Nestes acordos as empresas comprométense a tomar medidas para frear a contaminación do procesamento químico téxtil e a eliminar gradualmente o uso de substancias tóxicas na tinguidura de téxtiles e acabados, entre outros (Changing Markets, 2020). 66 Táboa 13: Exemplos dos compromisos das empresas a mellorar a xestión química na produción téxtil Nome organismo Descrición Principais melloras en amplitude de actuación TEXTILE EXCHANGE Organización non-gobernamental de promoción de melloras ambientais nas fibras e materiais téxtiles. >790 membros activos >48.000 lugares certificados 2021 BLUESIGN “sistema holístico” que provee solucións procesos e elaboracións sustentables as industrias e as marcas Crecemento 2019-20: +18% en firmas (727) OEKO-TEX Conxunto de institutos independentes en Europa e Xapón Crecemento 2020-21: +17% estándares (27.554) +46% pasaportes Eco (909) +17% certificados (28.463) ZDHC organización de múltiples axentes dedicada a eliminar as substancias químicas perigosas e implantar substancias químicas sostibles no sector téxtil Crecemento 2020-21: +13% membros (239) +3% informes de conformidade do inventario químico (7.331) +35% informes de conformidade coas guías de augas residuais (10.394) Fonte: Elaboración propia a partir de datos de Eurotex, 2022 Algúns dos maiores fabricantes de viscosa, que representan máis do 50 % da produción total de viscosa, - Aditya Birla Group, Asia Pacific Raión (APR), Lenzing, Sateri e Tangshan Sanyouxa aliñaron ou se comprometeren a aliñar o seu rendemento con EU BAT en tódalas súas instalacións nos próximos dous ou tres anos. Lamentablemente, o 75% das empresas asumiron poucos ou ningún compromiso para eliminar a “viscosa sucia”. Ademais, o propio documento precisa dunha actualización de novas prácticas e non son tódalas empresas que seguen a totalidade de pautas (Changing Markets, 2020). 5.6. Novas instalacións A produción adicional de fibras téxtiles celulósicas pode repercutir na capacidade de produción de pasta e papel, xa que compiten pola mesma materia prima. Estímase que cada tonelada adicional de fibras celulósicas reducirá a produción de pasta química en aproximadamente 0,5 a 0,6 toneladas para o ano 2035 (Kallio, 2021). Non obstante, esta situación é vista máis como unha oportunidade que como unha ameaza para a industria da pasta de papel, para mitigar o descenso da demanda de papel debido á dixitalización. En consecuencia, nos últimos anos produciuse un importante incremento na conversión das fábricas de pasta para papel cara fibras celulósicas, o que permitiu aumentar a produción e dispoñibilidade destas. Pódense atopar exemplos destas conversións en países como Finlandia (Stora Enso, 2019), Canadá (Risi, 2013) e Estados Unidos (Sappi, 2020). En China, en 2014 o 20% da produción de fibra téxtil celulósica baseouse nesta conversión de fábricas de pasta de papel tradicionais (Liu et al., 2016). Entón, parte do crecemento actual fas fibras textiles celulósicas provén desta conversión do papel (Kallio, 2021). Porén, co amplo aumento da demanda téxtil, tanto actual como esperada (Haemmerle, 2010), a conversión desta industria química tradicional de pasta para papel non asemella suficiente para cubrir a demanda de fibras celulósicas e, en consecuencia, se prevén investimentos en 67 novas instalacións (Kallio, 2021). Principalmente se podería esperar que se constrúan fábricas novas en áreas onde hai ampla dispoñibilidade de recursos forestais. En concreto, se proxectan escenarios con grandes inversións en Brasil, Estados Unidos e Indonesia (Kallio, 2021). En Brasil, en particular, xa houbo dous proxectos totalmente novos de plantas de celulosa para disolver que xeraría 0,75 Mt a partir de 2022 (Valmet, 2019; 2020). Un caso de investimento en novas instalacións é a proposta de Altri. En Galicia xa hai unha empresa de celulosa tradicional, Ence, pero rexeitaríase tódalas novas oportunidades para a súa reconversión ou traslado debido a estar directamente vinculada ós altos impactos ambientais na Ría de Pontevedra, contar cunha ampla mobilización cidadán para o seu peche e unha conflitiva situación da prolongación do seu contrato. Tamén estas novas fábricas han de ter en conta as novas tecnoloxías máis rendibles en fases piloto e de demostración. Un exemplo sería o deseño de “plantas xiratorias”, onde teñen a opción de cambiar de maneira flexible entre a produción de polpa de papel e téxtil dependo das necesidades de mercado; xa existentes en Estados Unidos (Sappi, 2020) e Canadá (Risi, 2013). Entón, cabería ter en consideración que converter fábricas existentes en plantas capaces de producir tanto pasta téxtil como de papel é menos custoso que construír novas fábricas (Kallio, 2021) e podería ser menos prexudicial ambientalmente. Aínda así, cabe explorar se estes novos métodos de fabricación son compatibles co lyocell e cos procesos de bucle pechado químicos, menos perniciosos para o medio ambiente. Por outro lado, débese ter en conta que estas novas instalacións están directamente ligadas a unha maior demanda de fibras celulósicas téxtiles. A excepción dos casos de aproveitamento de residuos téxtiles, estas novas instalacións supoñería unha explotación forestal aínda maior, cos problemas de deforestación, perdas de especies e sumidoiros CO2 asociados. Pero, independentemente da fonte de materias primas, en ambos casos o aumento destas fábricas sería altamente intensivo no consumo de auga e enerxía; cun valor superior significativo que cabería ter en conta a hora de avaliar a súa instalación. 5.7. Cadea téxtil moi fragmentada e global Pero sería limitado que unha vez elaboradas estas fibra téxtiles celulósicas o proceso dáse por rematado, xa que trátanse de insumos para outras industrias, principalmente, a téxtil. Dado que a produción téxtil, transformando a madeira a unha prenda de vestir, é global e consta de complexas cadeas de valor. Noutras palabras, aínda que China representa máis do 60% da produción mundial de pasta de disolvente (Táboa 7), non se pode supoñer que tamén represente a mesma porcentaxe da demanda de roupa a base de fibra celulósica. Polo tanto, a organización deste modelo a través de longas cadeas de valor mundiais implica que a trazabilidade e control dos impactos ambientais e sociais sexa complexa. 68 O sector téxtil caracterízase polas "cadeas impulsadas por compradores", nas que as empresas líderes dos países desenvolvidos se centran na venda polo miúdo, a distribución e a comercialización (Gereffi e Frederick, 2010), mentres que a produción ten lugar nos países en desenvolvemento (Schmitz e Knorringa, 2000). Isto pode deberse a que as actividades con maior valor engadido nestas cadeas atópanse na innovación tecnolóxica, o deseño creativo e as actividades de distribución e comercialización (IDE/JETRO, WTO, & OECD, 2013). En Europa, por exemplo, as principais empresas do sector téxtil son minoristas ou maioristas, mentres que o número de grandes empresas de transformación de fibras, fíos ou tecidos sintéticos é limitado (Gráfica 9). Gráfica 9: Principais 100 actores por facturación na Unión Europea por subsector oficialmente rexistrado Fonte: Elaboración propia a partir de datos extraídos de Comisión Europea-CSIL, 2021 baseados en Orbis data. A fragmentada cadea global do sector téxtil ponse de manifesto no contraste entre as principais marcas europeas de roupa e o limitado desenvolvemento interno das materias primas. Por exemplo, en Europa, Zara-Inditex (Galicia) e H&M (Suecia) son respectivamente a primeira e a segunda maiores empresas de gran distribución de moda no mundo (Modaes, 2022) e contan coa sétima e oitava marca de roupa máis valiosas do mundo, respectivamente (Brand Finance, 2022). Mentres tanto, a propia materia prima do algodón en Europa é residual, cunha superficie total aproximada de 320. 000 hectáreas, con Grecia como principal produtor (80%) xunto con España (co 20%, principalmente Andalucía), representando en 2018 só o 1% da produción mundial (340. 000 toneladas) (Comisión Europea, 2019). En canto á análise do comercio e á saúde ambiental, existen posicións conflitivas na literatura. Os máis pesimistas consideran que as relacións entre ambas variables son incompatibles, é dicir, que un aumento do comercio leva inevitablemente á degradación do medio natural. Por outra banda, a hipótese do paraíso contaminante defende que os países cunha lexislación medioambiental ríxida trasladarán a súa produción a aqueles que a teñan máis laxa. Finalmente, varios autores confían na Curva de Kuznets e propoñen que o grao de 4 3 7 17 38 50 010 20 30 40 50 Fibras sintéticas Fiado Tecidos Prendas de vestir e accesorios Venta ó por maior de moda Venta polo miudo de moda Top100 69 contaminación dependerá do nivel de desenvolvemento do país. Afondando neste concepto, os países en vías de desenvolvemento incrementarán o seu nivel de emisións a medida que medre a súa economía, unha vez que comece a caer grazas ó progreso e á innovación en tecnoloxías máis eficientes (Campos Romero & Rodil Marzábal, 2021). No sector téxtil, a manufactura é un dos procesos máis contaminantes (Niinimäki et al., 2020), e a fase de procesamento de fibras, sexan celulósicas ou téxtiles en xeral, atópase nesta etapa. A externalización das grandes empresas destas actividades a países en desenvolvemento podería tratarse dunha situación de paraíso da contaminación (Campos Romero & Rodil Marzábal, 2021). A lexislación medioambiental máis laxa cos químicos e a xestión forestal en China sería un incentivo máis para a acumulación no territorio da capacidade de produción mundial das fibras celulósicas téxtiles (Táboa 6). Pero este fenómeno tamén oculta as verdadeiras responsabilidades detrás das reducións de emisións do téxtil en Europa. Gráfica 10: Evolución de Indicadores de Koopman da cadea global de valor téxtil europea do 19952018 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos obtidos da base de datos TiVA OECD e da aplicación da metodoloxía de cálculo de indicadores de Koopman et al., 2010. Non obstante, actualmente, Europa tería unha participación atrasada na cadea de valor téxtil global (Gráfica 10). Noutras palabras, os bens exportados conteñen máis valor estranxeiro que local. Respecto a esta cuestión, é posible que a Unión Europea vexa unha oportunidade nas fibras celulósicas sintéticas sostibles, co caso de Lenzing como exemplo, tendo aspiracións xeopolíticas relacionadas coa soberanía en recursos e enerxía (Giurca e Befort, 2023).Esta idea está aliñada coa perspectiva da Unión Europea, promovendo os avances tecnolóxicos e o desenvolvemento da industria verde como medio para promover un crecemento “verde”. -10,0% -5,0% 0,0% 5,0% 10,0% 15,0% 20,0% 25,0% 30,0% Backward Forward Participación Total Posición 70 Por outra banda, dende as propias empresas de distribución de moda e as marcas, tamén se está vendo unha preferencia polo retornamento das fases inicias do proceso produtivo próximo. Inditex basea parte da súa estratexia sostible en deslocalizar a súa produción en zonas máis próximas ós seus centros de distribución loxística, defendendo a produción en Marrocos e Turquía respecto a outros países asiáticos (Pereira, 2020). Certo é que unha redución de kilometraxe pode ter efectos positivos no impacto medioambiental do transporte, intensivo, a día de hoxe, de recursos fósiles e grandes emisores de CO2. Non obstante, é posible que a preferencia pola proximidade na distribución estea máis relacionada coa preocupación polo aumento dos custos loxísticos e da capacidade de transporte (BOF e McKinsey&Company, 2022) en lugar dunha perspectiva circular ou sustentable. Ata a propia substitución de fibras téxtiles celulósicas tamén podería ser unha resposta para abordar problemas de distribución, como a inflación dos custos e a dispoñibilidade de materias primas (BOF e McKinsey&Company, 2022), máis que unha estratexia motivada por preocupacións ambientais e sociais. Polo tanto, existe un gran reto tanto das cadeas de valor globais como da distribución global da moda a través da produción de fibra. Faise necesario entender que estes avances tecnolóxicos non son suficientes para a transformación do sector téxtil e é necesario apoiar un modelo moito máis localizado (Stahel, 2019). Esta aproximación da produción de fibras téxtiles das grandes marcas europeas podería ser beneficioso ambiental e socialmente, pero para ser realmente sustentable requiría tamén dunha proximidade de tódalas fases de produción, como a confección actualmente deslocalizada, e un enfoque integral da redución do volume de produción cara o foco do prolongamento da vida útil das prendas. Noutras palabras, un produto de moda é sostible se resulta dun proceso que considera tódalas etapas da seu ciclo da vida e vese reducido o seu consumo a favor dun maior uso do produto reducindo residuos. A distribución mundial de moda enfróntase a un gran reto na produción de fibra, e é necesario entender que os avances tecnolóxicos por si só non son suficientes para transformar o sector téxtil. Requírese apoiar un modelo que promova unha maior transformación, apostando por unha proximidade local e o chamado “slow fashion” que prolongue a vida útil das prendas (Stahel, 2019). Para que a produción de fibras téxtiles das principais marcas europeas sexa beneficiosa ambiental e socialmente, é necesaria a proximidade a todas as fases de produción, como a roupa, e un enfoque integral que contemple todas as etapas do ciclo de vida do produto. A sustentabilidade na moda implica reducir o consumo e promover un maior uso dos produtos, buscando unha aplicación sistémica (Stahel, 2019). 71 5.8. Ciclos de vida curtos dos produtos e hiperconsumismo téxtil Mais alá das materias primas e os procesos de fabricación naturais da Bioeconomía, para ter unha perspectiva transformadora da Economía Circular, cabe non omitir analizar a cuestión do consumo. Como formula Stahel, é de suma importancia prolongar a vida útil dos produtos e propón minimizar a cantidade de materia e fluxos de enerxía (1976). A moda como concepto en si proxecta repetición constante dun determinado parámetro de estilo nun período e espazo de tempo determinado. No pasado, esta reiteración de tendencias baseábase na difusión dunha tendencia dun grupo reducido de persoas a unha masa máis ampla da sociedade. Hoxe en día, a repetición se concentra nun período de tempo moi curto e focalizase máis na rapidez de expansión dun novo produto no mercado. En ambos casos, de forma intrínseca, asócianse ambos a procesos que implican máis volume de produción. A diferencia significativa é o tempo que transcorre na propagación desa tendencia na moda e o impacto que iso supón no propio uso das prenda de roupa. Este volume e a vida útil das prendas de roupa estarían relacionados coas etapas de exposición e difusión ó longo do ciclo de vida dunha peza. A diferenza doutras industrias, o ciclo de vida na moda adoita ser máis curto, podendo durar entre semanas a tempadas dende a introdución dunha tendencia ata a súa substitución por outra nova. Isto xera unha “taxa de cambio obsesiva” que se podería clasificar en tres niveis: estacionalidade, produtos básicos e continuo de modas pasaxeiras ou ampla variedade de produtos no tempo (Corbellini e Saviolo, 2015) (Figura 5). Figura 5: Ciclo de vida do produto básico, do produto de temporada ou "fashion" e das modas pasaxeiras ou "fad" Fonte: Corbellini e Saviolo, 2015 O cambio estacional da moda foi impulsado pola industria, o comercio polo miúdo e a comunicación de moda. O concepto de “cambio de armario” vai máis alá da adaptación do vestiario ó clima ou as estacións do ano. Esta práctica favorecería a “obsolescencia planificada”, xerando demanda constante, tempada tras tempada, e controlando a rotación dos produtos, a pesar de que a súa funcionalidade e características técnicas permitirían unha 72 maior duración (Corbellini e Saviolo, 2015). Este enfoque comezou na alta costura, pero estendeuse a tódolos elementos do sistema da moda como fiado, cores e tecidos. Seguidamente hai produtos básicos, aceptados durante longos períodos de tempo. Non obstante, as empresas buscan diferenciarse mediante a personalización ou pequenos cambios estacionais (Corbellini e Saviolo, 2015). Esta práctica crea un ciclo de produto novo baseado no coñecemento deses pequenos cambios por parte do consumidor xunto coa propia tendencia ou a fama da marca no mercado. Por último, atoparíanse as “modas pasaxeiras”, que son aínda máis curtas e que non atraen a atención do consumidor por moito tempo. A actual crecente variedade e variabilidade dos produtos ó longo do tempo esta relacionada con este constante lanzamento de produtos efémeros. Adóitase argumentar que a auxe da moda rápida buscaría satisfacer a individualización do consumidor e dotarlle dunha ampla gama de opcións. Porén, isto tamén provoca compras impulsivas e acumulación de produtos con tendencias “momentáneas” no armario. Estes produtos contarían cunha baixa repetición ou prolongación de uso derivado da súa rápida “obsolescencia planificada” (Corbellini e Saviolo, 2015). Figura 7: Crecemento das ventas de roupa e uso da roupa dende o 2000-2015 Fonte: Iniciativa de Fibras Circulares - Ellen Macarthur Foundation, 2017 O acurtamento da vida útil da roupa provocou un aumento previsto da demanda mundial de téxtiles, que se prevé que supere os 250 millóns de toneladas para 2050 (Alkhagen et al., 2015). Este crecemento das vendas de roupa supera o crecemento do PIB e vai acompañado da diminución do uso (Figura 7). As marcas e a venta por menor, destacando a “moda rápida”, teñen cada vez unha distribución máis extensa e intensa e un desenvolvemento de tendencias e novos produtos moi acelerado, implicando unha vida útil moi curta con alta 73 rotación de prendas de roupa. Isto ten un importante impacto ambiental, debido á acumulación de pezas excedentes e os seus desperdicios na industria da moda. Gráfica 11: Evolución da produción global das fibras téxtiles do 1900-2030 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos aportados de Haemmerle, 2011 e Textile Exchange, 2021; 2016 e extrapolación de datos en periodos vacíos do 1900-2000. En relación, estímase que para o ano 2020 alcanzarase un nivel de consumo de 102,8 millóns de toneladas métricas de fibra téxtil (Haemmerle, 2011), quedando lixeiramente por debaixo dos 109 millóns de toneladas métricas rexistradas (Textile Exchange, 2021; Gráfica 11). Polo tanto, para 2030 esperaríase un crecemento anual do 3,1%, o dobre do período 2000-2010, alcanzando un total de 133,5 millóns de toneladas métricas de fibras téxtiles (Gráfica 11; Haemmerle, 2011). Gráfica 12: Evolución do gasto de consumo final dos fogares en prendas de roupa e calzado e índice de prezos ó consumidor (base 2015) no período 1996-2021 Fonte: Elaboración propia a partir dos datos extraídos do Gasto de consumo final dos fogares por finalidade (COICOP) de Eurostat e Índice de prezos ó consumidor de Roupa e Calzado (EUCPICF) de Eurostat accedido a través de Ycharts 3,9 5,4 9,1 15 29,7 51,5 66,3 72,5 87,4 109 118,2 133,5 0 20 40 60 80 100 120 140 160 1900 1905 1910 1915 1920 1925 1930 1935 1940 1945 1950 1955 1960 1965 1970 1975 1980 1985 1990 1995 2000 2005 2010 2015 2020 2025 est 2030 est millóns de toneladas métricas 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 0, 50.000, 100.000, 150.000, 200.000, 250.000, 300.000, 350.000, 400.000, 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 Gasto en consmo final dos fogares Índice de prezos ó consumidor (INDEX 2015=100) 80 Bauer, F. (2018): “Narratives of biorefinery innovation for the bioeconomy: Conflict, consensus or confusion?”, Environmental Innovation and Societal Transitions, vol. 28, pp. 96-107. Biofabricate e Fashion For Good (2020): “Understanding "Bio”, material innovations: A primer for the fashion industry”, Biofabricate e Fashion For Good. Bonaiuti, M. (2022): “Actualidad del pensamiento de Georgescu-Roegen. La Bioeconomía cincuenta años después de la publicación de La ley de la entropía y el proceso económico”, en Arenas, L.; Naredo, J.M. e Riechmann, J [eds]: Bioeconomía del siglo XXI, pp. 77-93. Madrid: La catarata - Fuhem ecosocial. Boulding, K. E. (1966): “The Economics of the Coming Spaceship Earth”, en H. Jarret [ed.], Environmental Quality in a Growing Economy, pp. 3-14. Baltimore: Resources for the Future/Johns Hopkins University Press. Bradshaw, C. J., et al. (2021): “Understimating the Challenges of Avoiding a Ghastly Future”, Frontiers in Conservation Science, vol. 1, p. 9. Brand Finance. (2022): “Apparel 50 2022: The annual report on the most valuable and strongest apparel brands”, pp. 15. Brand Finance. London. Brundtland, G. H. (1987): “Our common future—Call for action”, Environmental Conservation, vol. 14, núm. 4, pp. 291-294. Bugge, M., Hansen, T., e Klitkou, A. (2016): “What Is the Bioeconomy? A Review of the Literature”, Sustainability, vol. 8, núm. 7, p. 691. BOF e McKinsey&Company (2020): “The State of Fashion 2020”, Business of Fashion e McKinsey&Company. London. BOF e McKinsey e Company (2022): “The State of Fashion 2022”, Business of Fashion e McKinsey&Company. London. Campos Romero, H., e Rodil Marzábal, Ó. (2021): “The Intra-EU Value Chain: An Approach to Its Economic Dimension and Environmental Impact”, Economies, vol. 9, núm 2, p. 54 Canopy Planet (2022): “Hot Button Report. Detailed Matrix of Viscose Producer Performance (2022 Edition)”, The Canopy Style. Columbia: Canopy Planet. Changing Markets Foundation (2023): “Trashion: The stealth export of waste plastic clothes to Kenya”, Changing Markets Foundation. Utrecht. Changing Markets (2020): “Dirty Fashion: Crunch time. Where does the industry stand on stamping out dirty viscose?”, Changing Markets Foundation, Utrecht. Circle Economy (s.d.): What is the circular economy? [en línea] Circle Economy. Recuperado o 22 marzo de 2023, from https://www.circle-economy.com/circular-economy/what-is-the-circular-economy 81 CN Grace (s.d.): Products [en línea] CN Grace. Recuperado o 26 de febreiro de 2023, de http://en.cngrace.com/product.aspx?t=5 CNYM-Tex (s.d.): About Us [en línea] CNYM-Tex. Recuperado o 26 de febreiro de 2023, de http://www.cnym-tex.com/mobile_en/page.asp?lanmu=en_aboutus&sid= Comisión Europea (2004): “Preguntas y respuestas sobre la reglamentación relativa a los OGM en la UE ¿Qué son los OGM y los MGM?”, Bruxelas: Unión Europea Comisión Europea (2012): “Innovating for sustainable growth. A bioeconomy for Europe”, DirectorateGeneral for Research and Innovation. COM(2012) 60. Bruxelas: Unión Europea Comisión Europea (2013): “A bioeconomy strategy for Europe: Working with nature for a more sustainable way of living”, Directorate-General for Research and Innovation. Bruxelas: Unión Europea Comisión Europea (2015): “Cerrar el círculo: un plan de acción de la UE para la Economía Circular. Nuevo Plan de Acción para la Economía Circular por unha Europa más limpia y más competitiva”, Comunicación de la Comisión al Parlamento Europeo, al Consejo, al Comité Económico y Social Europeo y al Comité de las Región. COM (2015) 614. Bruxelas: Unión Europea Comisión Europea (2017): Evaluation study of the forestry measures under rural development: Case studies. Directorate-General for Agriculture and Rural Development. Bruxelas: Unión Europea Comisión Europea (2018a): Bioeconomy: The European way to use our natural resources: Action plan 2018. Directorate-General for Research and Innovation. COM(2018) 673. Bruxelas: Unión Europea Comisión Europea (2018b): Evaluation study of the forestry measures under rural development: Executive summary. Directorate-General for Agriculture and Rural Development. Bruxelas: Unión Europea Comisión Europea (2019a): El Pacto Verde Europeo. Comunicación de la Comisión al Parlamento Europeo, al Consejo, al Comité Económico y Social Europeo y al Comité de las Región. Bruxelas: Unión Europea Comisión Europea (2019b): Algodón. Agriculture and rural development. Directorate-General for Agriculture and Rural Development. Bruxelas: Unión Europea Comisión Europea (2020a): Nuevo Plan de Acción para la Economía Circular por unha Europa más limpia y más competitiva. Comunicación de la Comisión al Parlamento Europeo, al Consejo, al Comité Económico y Social Europeo y al Comité de las Región. COM (2020) 98 final. Bruxelas: Unión Europea Comisión Europea (2020b): Estrategia de la UE sobre la biodiversidad de aquí a 2030. Reintegrar la naturaleza en nuestras vidas. Comunicación de la Comisión al Parlamento Europeo, al Consejo, al Comité Económico y social Europeo y al Comité de las Regiones. COM(2020) 667. Bruxelas: Unión Europea. 82 Comisión Europea (2021a): Nueva Estrategia de la UE en favor de los Bosques para 2030. Comunicación de la Comisión al Parlamento Europeo, al Consejo, al Comité Económico y social Europeo y al Comité de las Regiones. COM(2021) 572 Bruxelas: Unión Europea. Comisión Europea (2021b): Textiles ecosystem and LSP(s). Pact for Skills, Industrial Ecosystems and Partnerships, Textile. Bruxelas: Unión Europea. Comisión Europea (2022): Estrategia para la circularidad y sostenibilidad de los productos textiles. Comunicación de la Comisión al Parlamento Europeo, al Consejo, al Comité Económico y social Europeo y al Comité de las Regiones. Bruxelas: Unión Europea. Comisión Europea (2023a): Transition Pathway for the textiles ecosystem. Directorate-General for Internal Market, Industry, Entrepreneurship and SMEs. Bruxelas: Unión Europea. Comisión Europea (2023b): Forests. Environment. Directorate-General for Agriculture and Rural Development. Bruxelas: Unión Europea. Comisión Europea (2023c): EU forests: Commission adopts new guidelines to support tree planting actions and to protect old-growth forests. Directorate-General for Environment. Comisión Europea-CSIL (2021): Data on the EU Textile Ecosystem and its Competitiveness. Directorate-General for Internal Market, Industry, Entrepreneurship and SMEs. Bruxelas: Unión Europea. Corbellini, E., e Saviolo, S. (2015): Managing Fashion and Luxury Companies. 3ª ed. Milano: Rizzoli Etas. CORDIS (2023): CORDIS [Base de datos]. Crunchbase (s.d.): Jilin Chemical Fiber [en línea] Crunchbase. Recuperado o 24 de febreiro de 2023, de https://www.crunchbase.com/organization/jilin-chemical-fibre Crunchbase (s.d.): Xinjiang Zhongtai Chemical [en línea] Crunchbase. Recuperado o 25 de febreiro de 2023, de https://www.crunchbase.com/organization/xinjiang-zhongtai-chemical Daiwa Boron (s.d.): Company [en línea] Daiwa Boron. Recuperado o 24 de febreiro de 2023, de https://daiwaboraion.co.jp/english/company Dicken, P. (2003): Global shift: Reshaping the global economic map in the 21st century. 4ª ed. London: Sage. D'Itria, E., e Colombi, C. (2022): “Biobased innovation as a fashion and textile design must: A European perspective”, Sustainability, vol. 14, núm. 1, p. 570. EEA (2023) “European forest ecosystems: key allies in sustainable development” European Environment Agency. Copenaghen. Ellen MacArthur Foundation (2013): “Towards the circular economy Vol. 1: An economic and business rationale for an accelerated transition”, Ellen MacArthur Foundation. Isle of Wight. 83 Ellen MacArthur Foundation (2017): “A new Textiles economy: Redesigning fashion's future. Ellen MacArthur Foundation”, Isle of Wight. ENKA (s.d.): Home. [en línea] Recuperado o 25 de febreiro de 2023, de https://www.enka.com/ Euratex (2022): Facts e Key Figures of the European Textile and Clothing Industry 2022. Bélxica: The European Apparel and Textile Confederation. Eurostat (2023): Eurostat [Base de datos]. Evrnu (s.d.): Home. [en línea] Recuperado o 24 de febreiro de 2023, de https://www.evrnu.com/ FÓ (2018): “State of Mediterranean Forest 2018”, Organisation des Nations Unies por l'alimentation et l'agriculture. Roma. FÓ (2020): “Evaluación de los recursos forestales mundiales 2020: Principales resultados”, Organisation des Nations Unies por l'alimentation et l'agriculture. Roma. FAOSTAT (2023): FAOSTAT [Base de datos]. FCFC Plastics (s.d.): Product [en línea] Recuperado o 26 de febreiro de 2023, de https://en.fcfcplastics.com/ Ferrer et al. (2022): “Proyecto Economía Circular España”, Accenture, Universidad Pompeu Fabra, Universitat Politècnica de Catalunya, FUNSEAM. Barcelona. Fletcher, K., Grose, L., e Hawyken, P. (2012): Gestionar la sostenibilidad en la moda: Diseñar para cambiar materiales, procesos, distribución, consumo. 1ª ed. Barcelona: Art Blume. Freitas, A., e Mathews, R. (2017): “Viscose fibres production. An assessment of sustainability issues”, Water Footprint Network. Enschede. Friant, M. C., Vermeulen, W. J., e Salomone, R. (2020): “A typology of circular economy discourses: Navigating the diverse visions of a contested paradigm”, Resources, Conservation and Recycling, 2020, vol. 161, p. 104917. FSC (s.d.): Home. [en línea] Recuperado o 14 de abril de 2023, de https://es.fsc.org/es-es Geissdoerfer, M., Savaget, P., Bocken, N. M., e Hultink, E. J. (2017): “The Circular Economy–A new sustainability paradigm?”, Journal of cleaner production, vol. 143, pp. 757-768. Georgescu-Roegen, N., Naredo, J. M., e Grinevald, J. (1996): La ley de la entropía y el proceso económico. 1ª ed. Madrid: Fundación Argentaria. Gereffi, G., e Frederick, S. (2010): The Global Apparel Value Chain, Trade and the Crisis. Washington: The International Bank for Reconstruction and Development / The World Bank. Giurca, A., & Befort, N. (2023): Deconstructing substitution narratives: The case of bioeconomy innovations from the forest-based sector. Ecological Economics, vol. 207, p. 107753. 84 Global Footprint Network (s.d.): “Huella Ecológica y Biocapacidade en la Comunidad Andina”, Global Footprint Network, Comunidad Andina, Cooperación Regional para los países andinos. Geneva. Global Forest Watch (2023) Global Forest Watch [Base de datos]. Google Trends (2023) Google Trends [Base de datos]. GP Cellulose (s.d.): Product Overview. [en línea] Recuperado o 25 de febreiro de 2023, de https://www.gp.com/product-overview/gp-cellulose/ H&M Group (2022): “Sustainability Reporting. Annual and Sustainability Report 2022”, H&M Group. Stockholm. Haemmerle, F.M. (2011): “The cellulose gap (the future of cellulose fibres)”, Lenzinger Berichte, vol. 89, núm. 1, pp. 12-21. Hangzhou K&M Textile (2022): ¿No puedes distinguir entre viscosa, modal e lyocell? [en línea] Conocimiento - Hangzhou K&M Textile Co., Ltd. Recuperado o 13 de maio de 2023, de https://www.kmoutdoorsports.com/info/can-t-tell-the-difference-between-viscose-mod-69554521.html Hansen, M. C., Potapov, P. V., Moore, R., Hancher, M., Turubanova, S. A., Tyukavina, A.,... e Townshend, J. (2013): “High-resolution global maps of 21st-century forest cover change”, Science, vol. 342, núm. 6160, pp. 850-853. Harmon, M. E. (2019): “Have product substitution carbon benefits been overestimated? A sensitivity analysis of key assumptions”, Environmental Research Letters, vol. 14, núm. 6, p. 065008. Hassegawa, M., Van Brusselen, J., Cramm, M., e Verkerk, P. J. (2022): “Wood-Based Products in the Circular Bioeconomy: Status and Opportunities towards Environmental Sustainability”, Land, vol. 11, núm. 12, p. 2131. Heinonen, T., Pukkala, T., Asikainen, A., e Peltola, H. (2018): “Scenario analyses on the effects of fertilization, improved regeneration material, and ditch network maintenance on timber production of Finnish forests”, European Journal of Forest Research, vol. 137, pp. 93-107. Hetemäki, L., e Hurmekoski, E. (2016): “Forest Products Markets under Change: Review and Research Implications”, Current Forestry Reports, vol. 2, pp. 177-188. Howard, C., Dymond, C. C., Griess, V. C., Tolkien-Spurr, D., e van Kooten, G. C. (2021): “Wood product carbon substitution benefits: A critical review of assumptions”, Carbon Balance and Management, vol. 16, pp. 1-11. Hubei Golden Ring (s.d.) Home. [en línea] Recuperado o 26 de febreiro de 2023, de http://www.hubeigoldenring.com/en/ Hurmekoski, E., Kunttu, J., Heinonen, T., Pukkala, T., e Peltola, H. (2023): “Does expanding wood use in construction and textile markets contribute to climate change mitigation?”, Renewable and Sustainable Energy Reviews, vol. 174, p. 113152. 85 Hurmekoski, E., Myllyviita, T., Seppälä, J., Heinonen, T., Kilpeläinen, A., Pukkala, T.,... e Peltola, H. (2020): “Impact of structural changes in wood-using industries on net carbon emissions in Finland”, Journal of Industrial Ecology, vol. 24, núm. 4, pp. 899-912. Hurmekoski, E., Smyth, C., Stern, T., Verkerk, P. J., e Asada, R. (2021): “Substitution impacts of wood use at the market level: A systematic review”, Environmental Research Letters, vol. 16, núm. 12, p. 123004. Hurmekoski, E., Suuronen, J., Ahlvik, L., Kunttu, J., e Myllyviita, T. (2022): “Substitution impacts of wood-based textile fibers: Influence of market assumptions”, Journal of Industrial Ecology, vol. 26, núm. 4, pp. 1564-1577 ICAC (2023): International Cotton Advisory Committe [Base de datos]. IDE/JETRO, WTO, e OECD (2013): Aid for trade and value chains in textiles and apparel. IFCG (2023): Inventario forestal continuo de Galicia, Xunta de Galicia. Santiago de Compostela. IFN (2011): Cuarto Inventario Nacional. Ministerio para la transición Ecológica y el Reto demográfico. Madrid. Impulsa Galicia (2023): Proyectos merecedores de fondos Next Generation. Inditex (2022): Estado de Información no Financiera 2022. Memoria Anual Inditex 2022. Infinited Fiber Company (s.d.): Home. [en línea] Recuperado o 23 de febreiro de 2023, de https://infinitedfiber.com/ Innovation in Textiles. (2021): HKRITA Green Machine for Isko [en línea] Recuperado o 23 de febreiro de 2023, de https://www.innovationintextiles.com/hkrita-green-machine-for-isko/ Institution of Mechanical Engineers (2018): Engineering out fashion waste. Wales: Institution of Mechanical Engineers. Intergovernmental Panel on Climate Change (IPCC): (2023): AR6 Synthesis Report. Climate Change 2023. Interlaken Switzerland: Intergovernmental Panel on Climate Change Jiménez Herrero, L.M. (2020): “ Economía Circular-espiral transición hacia un metabolismo económico cerrado”, Actualidad Jurídica Ambiental, núm. 98, pp.. 74-81 Kallio, A. M., e Solberg, B. (2018): “Leakage of forest harvest changes in a small open economy: Case Norway”, Scandinavian Journal of Forest Research, vol. 33, núm. 5, pp. 502-510. Kallio, M., Chen, X., Jonsson, R., Kunttu, J., Zhang, Y., Toppinen, A., Zhang, J., Chen, J., Krajnc, N., Cashore, B., Yu, B., Yong, C., e Pettenella, D. (2020): “China-Europe forest bioeconomy: Assessment and outlook”, European Forest Institute. Joensuu, Finland. Kallio, A. M. I. (2021): “Wood-based textile fibre market as part of the global forest-based bioeconomy”, Forest Policy and Economics, vol. 123, p. 102364 86 Kara Fiber (s.d.): About Kara Fiber. [en línea] Recuperado o 25 de febreiro de 2023, de https://www.karafiber.com/about-karafiber/ Kelheim Fibres (s.d.): Home. [en línea] Recuperado o 24 de febreiro de 2023, de https://kelheimfibres.com/ Kemp, R. e Pearson, P. (2007): “Final report MEI project about measuring eco-innovation”, UM Merit, Maastricht, vol. 10, núm. 2, pp. 1-120. Kirchherr, J., Reike, D., e Hekkert, M. (2017): “Conceptualizing the circular economy: An analysis of 114 definitions”, Resources, Conservation and Recycling, vol. 127, pp. 221-232. Kline, S. J., Rosenberg, N., e Landau, R. (1986): “The positive sum strategy: Harnessing technology for economic growth”, National Academy Press. Washington, DC. Konina, N. Y. (2023): “Smart Digital Innovations in the Global Fashion Industry and a Climate Change Action Plan”, en Smart Green Innovations in Industry 4.0 for Climate Change Risk Management. Cham: Springer International Publishing. pp. 255-263 Koopman, R., Powers, W., Wang, Z., e Wei, S. J. (2010): “Give credit where credit is due: Tracing value added in global production chains”, National Bureau of Economic Research. Korhonen, J., Nuur, C., Feldmann, A. E., e Birkie, S. E. (2018): “Circular economy as an essentially contested concept”, Journal of Cleaner Production, vol. 175, pp. 544-552. Kranthi, K. R. (2020): “Visión de algodón 2030”, ICAC Recorder, XXXVIII, vol. 4. ICAC, Comité Consultivo Internacional del Algodón. Washington, DC. Krifa, M. (2012): “Fiber Length Distribution Variability in Cotton Bale Classification: Interactions among Length, Maturity and Fineness”, Textile Research Journal, vol. 82, pp. 1244-1254. Krifa, M. (2013): “Cotton Fiber Length Distribution Modality Alteration in Ginning and Mill Processing”, The Journal of The Textile Institute, vol. 104, pp. 731-744. Krifa, M., e Stevens, S. (2016): “Cotton Utilization in Conventional and Non-Conventional Textiles—A Statistical Review”, Agricultural Sciences, vol. 7, pp. 747-758. Kuura (s.d.) Product. [en línea] Recuperado o 23 de febreiro de 2023, de https://www.kuura.io/product/ Lasarte-López, J., Ronzon, T., M'barek, R., Carus, M., e Tamošiūnas, S. (2023): Jobs and wealth in the EU bioeconomy / JRC - Bioeconomics [Dataset]. European Commission, Joint Research Centre (JRC) Lawson, L., Degenstein, L. M., Bates, B., Chute, W., King, D., e Dolez, P. (2022): “Cellulose Textiles from Hemp Biomass: Opportunities and Challenges”, Sustainability, vol. 14, núm. 22, p. 15337. Lazarevic, D., e Valve, H. (2017): “Narrating expectations for the circular economy: Towards a common and contested European transition”, Energy Research e Social Science, vol. 31, pp. 60-69. 87 Lenzing Group (2023): Productos. [en línea] Recuperado o 4 de abril de 2023, de https://www.lenzing.com/products Lenzing (2021): Two champions of postconsumer Textile recycling joining forces. [en línea] Recuperado o 5 de abril de 2023, de https://www.lenzing.com/newsroom/press-releases/press-release/twochampions-of-post-consumerTextile-recycling-joining-forces Lenzing (s.d.) Products. [en línea] Recuperado o 5 de abril de 2023, de https://www.lenzing.com/products Malik Chua, J. (2020): “Fashion Can't Solve the Ocean Plastic Problem”, The Business of Fashion. London. Martínez De Arano, I., Palahí, M., Farcy, C., Rojas Briales, E., e Hetemaki, L. (2018): “Perspectivas de unha Bioeconomía forestal en el Mediterráneo”, Mediterráneo Económico, núm. 31, pp. 63-91. McCormick, K., e Kautto, N. (2013): “The bioeconomy in Europe: An overview”, Sustainability, vol. 5, núm. 6, pp. 2589-2608. Meadows, D. H., Meadows, D. L., Randers, J., e Behrens III, W. W. (1974): The Limits to Growth: A Report for the Club of Rome's Project on the Predicament of Mankind. 5ª ed. New York: Universe Books. Minney, S. (2022): Moda regenerativa. unha perspectiva basada en la naturaleza: fibras, medios de subsistencia y liderazgo. 1ª ed. Barcelona: Naturart. Modaes (2022): “Los diez mayores grupos de distribución de moda del mundo”, Modaes. Barcelona Mubareka, S., Giuntoli, J., Sanchez Lopez, J., Lasarte Lopez, J., M`barek, R., Ronzon, T., Renner, A. and Avraamides, M., (2023) “Trends in the EU bioeconomy”, Publications Office of the European Union. Luxemburgo: Unión Europea. Naia by Eastman (s.d.) Renew. [en línea] Recuperado o 27 de febreiro de 2023, de https://naia.eastman.com/renew Neiva, K. N., Gonçalves, A. C. N., Bastos, B. G., e de Meira Vasconcelos, A., e de Jesus Lopes, J. C. (2022): “Bioeconomy: A Theoretical Essay on the dimensions of stakeholders' conceptual approaches”, Ciência e Natura, vol. 44, p. 16 Niinimäki, K., Peters, G., Dahlbo, Het al.., et al. (2020): “The environmental price of “moda rápida”, Nature Reviews Earth e Environment, vol. 1, pp. 189-200. NIST (2021): Facilitating a Circular Economy for Textiles. Colorado: National Institute of Standards and Technology. OECD (2009): The Bioeconomy to 2030: Designing a Policy Agenda. International Futures Programme. Paris: Organization for Economic Co-operation and Development. OECD (2022): Trade in Value Added (TiVA) 2021 ed: Principal Indicators.[Base de datos] 88 OECD/FÓ (2021): Cotton. OECD-FÓ Agricultural Outlook 2021-2030. Paris: OECD Publishing. O'Neill, D. W., Fanning, A. L., Lamb, W. F., e Steinberger, J. K. (2018): “A Good life for all within planetary boundaries”, Nature Sustainability, vol. 1, pp. 88-95. Parlamento Europeo (2022): La Unión Europea y los bosques. Fichas temáticas sobre la Unión Europea. Strasbourg: Parlamento Europeo. Patti, A., e Acierno, D. (2022): “Towards the sustainability of the plastic industry through biopolymers: Properties and potential applications to the textiles world”, Polymers, vol. 14, núm. 4, p. 692. Pearce, D., e Turner, R. (1995): Economía de los Recursos Naturales y del Medio Ambiente. 1ª ed. Madrid: Celeste ediciones. PEFC (s.d.): Home. [en línea] Recuperado o 12 de abril de 2023, de https://www.pefc.es/ Pereira, Á. (2016): Eco-innovación Factores impulsores e Experiencia na Industria Galega. 1ª ed. Santiago de Compostela: Andavira. Pereira, Á. (2020): “Inditex: A circular economy business model case”, R2piproject. Santiago de Compostela. Phoenxt (s.d.) Home. [en línea] Recuperado o 26 de febreiro de 2023, de https://www.phoenxt.com/ Piketty, T. (2019) Capital e ideología. 1ª ed. Barcelona: Deusto. PNUMA (2022): Emissions Gap Report 2022: The Closing Window - Climate Crisis Calls for Rapid Transformation of Societies. Nairobi: Programa de las Naciones Unidas para el Medio Ambiente. Porter, M. E. (1997): “Competitive Strategy”, Measuring Business Excellence, vol. 1, núm. 2, pp. 12-17. Puentes Cociña, B. (2021): “Ecodiseño de productos para la Economía Circular: durabilidad, reparación y reutilización”, en Nogueira, N. e Vence, X. [dir.]: Redondear la Economía Circular. Del discurso oficial a las políticas necesarias. Thompson-Reuters, Aranzadi. Raworth, K. (2017): Doughnut Economics: Seven Ways to Think Like a 21st-Century Economist. 1ª ed. London: Random House Business Books. Renewcell (s.d.) Home. [en línea] Recuperado o 27 de febreiro de 2023, de https://www.renewcell.com/en/ Rennings, K. (1998): “Towards a theory and policy of eco-innovation – Neoclasical and (Co)Evolutionary Perspectives”, ZEW Discussions Papers, pp. 98-24. Richetti, M. (2017): Neomateriali nell'economia circolare. Moda. 1ª ed. Milano: Edizioni Ambiente. Risi (2013): Fortress Paper to Operate Its Specialty Cellulose Mill as Swing Mill to Also Produce NBHK Pulp. [en línea] Recuperado o 30 de maio de 2023, de https://technology.risiinfo.com/mills/northamerica/projects/fortress-paper-operate-its-specialty-cellulose-mill-swing-mill-also-produce-nbhkpulp 89 Rockström, J., Gaffney, O., Rogelj, J., Meinshausen, M., Nakicenovic, N., Schellnhuber, H. J., et al. (2017): “A roadmap for rapid decarbonization”, Science, vol. 355, núm. 6331, pp. 1269-1271. Rockström, J., Gupta, J., Qin, D., Lade, S. J., Abrams, J. F., Andersen, L. S.,... Zhang, X. (2023): “Safe and just Earth system boundaries”, Nature, 1-10. Rockström, J., Steffen, W., Noone, K., Persson, Å., Chapin III, F. S., Lambin, E.,... Foley, J. (2009): “Planetary boundaries: exploring the safe operating space for humanity”, Ecology and Society, vol. 14, núm. 2. Rodríguez, D. (2017): El sector forestal y los mercados de carbono. 7º Congreso Forestal Español (CFE). Plasencia. Rodriguez-Chaves, B. (2020): “La Bioeconomía forestal como integradora de la cohesión territorial, prevención de incendios y lucha contra el cambio climático. Unos apuntes”, Actualidad Jurídica Ambiental, vol. 102, núm. 2, pp. 717-733. Rodríguez-Noriega, P., e Fernández, A. (2017): Proyectos de carbono de gestión forestal orientada al pago por servicios ambientales. LIFE FOREST CO2. 7º Congreso Forestal Español (CFE). Plasencia. Ronzon, T., Piotrowski, S., Tamosiunas, S., Dammer, L., Carus, M., e M'barek, R. (2020): “Developments of Economic Growth and Employment in Bioeconomy Sectors across the EU”, Sustainability, vol. 12, núm. 11, p. 4507. Rum Indonesia (s.d.): Home. [en línea] Recuperado o 22 de febreiro de 2023, de https://rumindonesia.com/home Sappi (2020): Cloquet Mill. [en línea] Recuperado o 31 de maio de 2023, de https://www.sappi.com/cloquet-mill SaxCell (s.d.): About. [en línea] Recuperado o 25 de febreiro de 2023, de https://saxcell.com/about Schmitz, H., e Knorringa, P. (2000): “Learning from Global Buyers”, The Journal of Development Studies, vol. 37, núm. 2, pp. 177-205. SDXL Chem (s.d.): Home. [en línea] Recuperado 24 de febreiro o de 2023, de http://www.sdxlchem.com/ Seisl, S., e Hengstmann, R. (2021): “Manmade Cellulosic Fibers (MMCF)—A Historical Introduction and Existing Solutions to a More Sustainable Production”, en A. Matthes, K. Beyer, H. Cebulla, M. G. Arnold, e A. Schumann [Eds.], Sustainable Textile and Fashion Value Chains. Cham: Springer. Shen, L., Worrell, E., e Patel, M. K. (2010): “Environmental impact assessment of man-made cellulose fibres”, Resources, Conservation and Recycling, vol. 55, núm. 2, pp. 260-274. Silver Hawk Fiber (s.d.): Home. [en línea] Recuperado o 26 de febreiro de 2023, de https://www.silverhawkfiber.com/