Full text
Proxecto APS-ODS 11a 1 PROXECTO DE APRENDIZAXE E SERVIZO OBXECTIVO DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE 11 DESENVOLVEMENTO DAS POLÍTICAS RURAIS E URBANAS GRAO EN ECONOMÍA MAIO 2021 Traballo de Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local Lucía Paz Aldrey Alejandra Mosquera Pérez Marta Mañá Blanco.
Proxecto APS-ODS 11a 2 ÍNDICE 1. Introdución.......................................................................................................... 3 2. Contexto territorial e demográfico de Santiago.............................................. 4 3. O ODS 11a e a súa integración na política urbana de Santiago..................... 7 4. A realidade das parroquias rurais a través de entrevistas............................. 12 4.1. Entidades..................................................................................................... 12 4.2. Poboación do rural...................................................................................... 15 4.3. Poboación de Santiago centro .................................................................. 19 5. Propostas para dentro de 10 anos .................................................................... 20 6. Financiamento...................................................................................................... 22 7. Conclusión............................................................................................................ 23 8. Referencias bibliográficas................................................................................... 24
Proxecto APS-ODS 11a 3 1. Introdución A través da metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo (APS) analízanse as necesidades reais do entorno do Concello de Santiago de Compostela, en relación cun apartado concreto do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 11, como é o desenvolvemento das políticas urbanas. Esta metodoloxía consiste en empregar unha dobre orientación (de aprendizaxe e de servizo) que implica reflexionar, en base ás competencias adquiridas na materia de Desenvolvemento Rexional e Local e na investigación requirida para a elaboración do traballo. Grazas a este proxecto conseguimos coñecer a realidade profesional sobre os axentes implicados, ampliar as nosas opcións vocacionais e ter un compromiso real coa comunidade social que rodea a cidade de Santiago. Este traballo estrutúrase do seguinte xeito: Primeiro, contextualízase o territorio do Concello de Santiago de Compostela ;o que servirá de base para entender parte das conclusión dos apartados posteriores. Despois, explícase o obxectivo principal do traballo e a aplicación do ODS número 11 en Santiago de Compostela, mediante a súa integración nos vectores estratéxicos da Axenda Urbana do Eixo Atlántico xunto coa Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI). A continuación, coméntanse os puntos identificados na EDUSI e se as Axendas Urbanas coinciden coas necesidades reais dos cidadáns, a través dunha serie de entrevistas tanto a entidades locais, como a xente de Santiago.Para rematar, fanse unha serie de propostas de longo prazo que se consideran de carácter urxente unha vez vistos os puntos anteriores e unhas conclusións finais sobre todo o recorrido da investigación.
Proxecto APS-ODS 11a 4 2. Contexto territorial e demográfico de Santiago Santiago de Compostela é a capital de Galicia, está situada na provincia de A Coruña, e conta cunha superficie de 220.01 𝑘𝑘𝑘𝑘2 e unha poboación de 97.848 persoas. Esta cidade vive maioritariamente do turismo e a hostalaría, xa que é moi coñecida polo Camiño de Santiago e o seu casco histórico. Da superficie total, o 86% pertence ao rural, mentres que a poboación das parroquias tan so é superior a 16.000 persoas. Con estes datos vese como a maior parte da poboación vive na zona máis urbanizada e produtiva, polo que as zonas rurais e menos periféricas están menos poboadas. O concello de Santiago engloba as zonas do casco histórico, o Ensanche, a zona nova, os barrios dos arredores (Vite, Conxo, Santa Marta...) e 29 parroquias rurais, nas que nos centraremos ao longo do traballo, son: Aríns, Bando, Barciela, Busto, Carballal, O Castiñeiriño, César, Conxo, Eixo, Enfesta, Fecha, Figueiras, Grixoa, Laraño, Marantes, Marrozos, Nemenzo, A Peregrina, Sabugueira, Santiago (San Caetano), Santiago (San Fructuoso de Afora), Santiago (San Lázaro), Santiago (San Pedro de Afora), Santiago (San Xoán de Afora), Sar, Verdía, Vidán e Villestro. O Mapa 1 amosa todas as zonas que compoñen o concello de Santiago de Compostela.
Proxecto APS-ODS 11a 5 Mapa 1: Mapa político Santiago de Compostela Fonte: Concello de Santiago(2015). Entre todas as parroquias do rural, hai unha gran diferencia entre as do norte e as do sur. As do norte non son tan urbanizadas, teñen escaseza de servizos básicos e non están ben comunicadas co centro da cidade, mentres que as do sur están nunha situación , a priori, máis favorecida cas do norte. Isto ocasiona un gran despoboamento na zona norte, posto que teñen bastante inconvenientes para atraer a nova poboación ou incluso para manter á que reside alí. Pola contra, as do sur cada vez están mais poboadas, xa que teñen unhas características máis óptimas que se indicarán máis adiante.
Proxecto APS-ODS 11a 6 Gráfico 1: Habitantes do rural de Santiago de Compostela Vemos reflexado como, en xeral, a poboación do rural entre os anos 2007 e 2017 mantívose bastante constante. Isto é debido a que a poboación das parroquias do norte (liña vermella) tivo unha tendencia decrecente, fronte á tendencia crecente da poboación da zona rural sur (liña azul). Fonte: FERUSA(2019) Gráfico 2: Poboación por tramos de idade das parroquias de Santiago Amósase a idade de poboación dalgunhas parroquias de Santiago. En xeral, as parroquias do norte contan con moi pouca poboación de 0 a 16 anos, mentres que as do sur teñen unha maior porcentaxe. Por outro lado, a poboación que mais abunda en ambas parroquias son de 16 a 64 anos. E, por último, observase a abundancia de persoas maiores de 65 anos nas parroquias do norte, mentres que no sur non contan cunha porcentaxe tan elevada. Se comparamos con Santiago, a poboación máis abundante segue sendo entre 16 e 64 anos. Mentres que a porcentaxe de menores de 16 en comparación cos maiores de 64 anos é mais baixa. Isto mostra como as familias que teñen rapaces menores de 16 anos soe vivir en zonas máis rurais e sobre todo do sur. E a xente maior de 64 anos, soe vivir en parroquias do norte ou no centro da cidade
Proxecto APS-ODS 11a 7 Fonte:FERUSA(2019). Polo tanto, a pesar de ocupar unha maior superficie territorial, a zona rural estase a enfrontar cun serio problema de despoboamento, sobre todo as parroquias do norte que están afastadas tanto do núcleo urbano de Santiago como doutras zonas urbanas influentes, como poden ser Bertamiráns ou Milladoiro. No seguinte apartado afóndase máis nesta cuestión mediante o estudo do ODS 11 na política municipal de Santiago. Dese xeito, trasládanse estes primeiros puntos relevantes a un ámbito máis institucional. 3. O Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 11a e a súa integración na política urbana de Santiago No contexto da Axenda 2030, o ODS 11 céntrase no ámbito urbano. En concreto, pretende lograr cas cidades e asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resilintes e sostibles e conta con 10 subapartados que tratan a Vivenda, o Transporte Público, a Urbanización, o Patrimonio Cultural e Natural, os Desastres, a Calidade do Aire e Xestión de residuos, Zonas Verdes... Como se pode observar, é un ODS bastante amplo que conta con 10 apartados e cunha relación directa cos demais, pero a nosa análise está centrada no punto 11.a: Apoiar vínculos económicos, sociais e ambientais positivos entre as zonas urbanas, periurbanas e rurais mediante o fortalecemento da planificación do desenvolvemento nacional e rexional. En definitiva, estúdase a realidade das políticas urbanas e rurais que se están levando a cabo e ver se nas zonas
Proxecto APS-ODS 11a 8 rurais, que se expuxeron no apartado anterior, hai unha desigualdade significativa e que dirección está tomando. No contexto territorial vimos que a maior parte do Concello de Santiago forma parte do rural e, aínda que a poboación se concentra na zona urbana, unha das cuestións claves é ver as condicións de vida e as dificultades coas que se atopa día a día as persoas do rural. Dende a Comisión Europea financian os proxectos e plans comprometidos con este ODS mediante os Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que seguen as seguintes areas temáticas: • Innovación e investigación. • Programa dixital. • Apoio ás pymes. • Economías das baixas emisións de carbono. O obxectivo principal destes fondos é o fortalecemento da cohesión socioeconómica dentro da Unión Europea a través da corrección dos desequilibrios que se dan entre as diferentes rexións. Ademais dos FEDER, existen os Fondos de Cohesión e os Fondos Sociais, centrados en rexións cunha Renda Nacional Bruta (RBN) inferior ao 90% da media europea e nas persoas en situación de pobreza, respectivamente. Centrarémonos nos fondos FEDER pola relevancia que teñen con respecto ao desenvolvemento rexional e local dende a súa creación no ano 1975 e, pola relación que teñen co ODS 11. Ademais das 4 liñas mencionadas, este financiamento atende ás características específicas de cada rexión e tratan especialmente ás áreas que teñen inconvenientes debido o seu afastamento. Polo tanto, pretende reducir os problemas socioeconómicos e medioambientais das áreas urbanas para acadar o desenvolvemento urbano sostible. Non debemos esquecer que, aínda que o obxectivo principal da investigación sexan as políticas urbanas e as rurais, o ODS 11 está orientado a conseguir que as cidades sexan o centro do desenvolvemento sostible no mundo. Por iso a maioría de estratexias estarán financiadas, total ou parcialmente, con estes fondos. Incluso destinan un 5% a accións integradas que xestionan as propias cidades que, para o noso interese, na cidade de Santiago a estratexia aprobada para o Programa
Proxecto APS-ODS 11a 9 Operativo de Crecemento Sostible foi a EDUSI. A continuación, compáranse os obxectivos da EDUSI REvive de Santiago coas liñas estratéxicas da Axenda Urbana do Eixo Atlántico que corresponden coa idea principal do ODS 11a. A EDUSI Revive de Santiago foi aprobada o 29 de setembro de 2016 o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas aproba a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado. A EDUSI ten un carácter de longo prazo, progresivo e fíxose a partir da identificación dos problemas e dos retos urbanos dende o punto de vista económico, demográfico, climático e social seguindo a metodoloxía DAFO. As tres necesidades fundamentais que se identificaron tras a análise realizada e que foron validadas pola cidadanía foron as seguintes: • Maior atención ás problemáticas dos barrios e asentamentos de poboación “non centrais” . • Cambio de modelo na planificación e xestión da mobilidade, actuando nas distintas escalas dun modo integral e apostando pola concienciación cidadá para fomentar unha mobilidade sostible. • A posta en valor do patrimonio cultural e natural en todo o termo municipal. Cando se determinaron estas necesidades, deseñáronse os seguintes vectores estratéxicos e as liñas de actuacións para determinar os obxectivos para alcanzar no longo prazo: • Santiago Accesible: Mobilidade Sostible e a accesibilidade universal dos servizos e dotacións. • Santiago Inclusiva: Accións para a posta en valor dos barrios e asentamentos de poboación “non centrais”, para derivar na cidade policéntrica, a cidade vivida e a cidade dos barrios. • Santiago Patrimonial: A posta en valor do binomio patrimonial natural-cultural: verde e auga-pedra. As 10 liñas de actuación enmarcadas dentro dos tres vectores son as seguintes: 1. Rexeneración económica e social de barrios e/ou colectivos desfavorecidos. 2. Revitalización do espazo público das comunidades desfavorecidas. 3. Actuación en vivendas en barrios desfavorecidos. 4. TIC para mellorar a calidade de vida. 5. Recuperación do espazo público.
Proxecto APS-ODS 11a 16 En canto á rede de transporte, a nosa entrevistada alega que ela ten sorte porque ten un bus cada hora, pero que noutras partes da súa parroquia nin se quera teñen. Por último, esta rapaza puido informarnos de que estaban construíndo unhas novas casas, pero que pararon as obras porque non se vendían e que, en definitiva, Aríns comparado con Castiñeiriño estaba mal, pero coa Sionlla estaba moi ben. Sobre o resto das preguntas, non notou ningunha mellora significativa nos últimos 5 anos, non tiña reflexionado sobre esta distinción de parroquias de Norte e as do Sur, pero era consciente de que había unha brecha en canto a servizos básicos públicos con respecto a Santiago e coas que están máis preto da cidade. Para rematar, considera que se precisa unha maior axuda económica e que os políticos non teñen a suficiente empatía coas persoas que viven no rural. 2. Santa María de Villestro A seguinte persoa dounos información sobre unha das aldeas que pertence á zona sur. En canto aos servizos básicos, notamos que as estradas era o que máis reclamaba esta rapaza, xa que só teñen boas condicións na xeral e na zona da urbanización, no resto están en mal estado e non están pintadas. Con respecto ao alumeado público, na rúa onde vive ela non hai lámpadas e, novamente, a zona da urbanización é a que presenta as mellores condicións da parroquia. Polo que puidemos observar moitos dos servizos básicos estaban presentes na zona urbanizada da parroquia xa que, ademais de ter beirarrúas e alumeado, contan cun coidado periódico do céspede e do parque desta zona. Porén, as casas que non están na urbanización están en peores condicións. O camión do lixo pasa cada 5 días e o transporte público, só está dispoñible pola semana e sen horarios fixos. De feito, a entrevistada asegura que ela emprega o transporte de Bertamiráns para ir e volver de Santiago Cidade, e que moita xente prefire facer vida en Bertamiráns e Milladoiro polas facilidades e a proximidade que teñen. O Internet tardou en chegar, pero agora en case todas partes de Villestro o teñen.Ata fai 3 anos só podían contar con R porque ningunha compañía cubría a zona. Non hai supermercados nin tendas, o máis próximo está nunha gasolineira.
Proxecto APS-ODS 11a 17 A pesar das certas dificultades expostas, esta parroquia é unha das que máis vida ten, xunto ca do Castiñeiriño, das que analizamos neste traballo. Conta cun colexio, un centro sociocultural que oferta diferentes actividades e un campo de fútbol no que xoga o equipo local. Sobre todo en fin de semana ves a moitas familias paseando polo monte e pola parte da urbanización; no campo de fútbol, antes da covid, vías o aparcadoiro cheo, era habitual ir a ver os partidos tanto dos equipos máis importantes como as categorías baixas do club. Vemos que o tipo de poboación correspóndese co modelo das parroquias do sur que viñemos comentando ao longo da investigación. En cambio, hai moitos servizos dos que carecen moitas zonas de Villestro dos que goza a zona urbanizada. Sobre a cuestión da consciencia rural norte/sur, a entrevistada non coñecía moito a situación das do norte e, de feito, pensaba que estas estaban mellor conectadas co centro de Santiago. O único cambio significativo que veu nos últimos 5 anos foi a nova urbanización, pero no resto da aldea non. Como propostas principais reclama o problema das estradas e as horas do autobús, ademais de que non se traten estas zonas como simple cidades dormitorio e permitir que a poboación poida facer máis vida. 3. A Sionlla de Arriba O seguinte territorio é un dos máis deficitarios, xunto cas demais parroquias do norte, en canto a servizos elementais. Fundamentalmente, as estradas están en mal estado, destacando a entrada da nacional e as aberturas atopadas en diferentes partes da aldea. As cunetas só as limpan cando son as festas en xuño, o resto do ano están cheas de herbas que dificultan a vista dos condutores. Ademais, tampouco dispoñen de beirarrúas. Se xuntamos todas as condicións das calzadas, compréndense o perigo que hai, tanto para os condutores coma para os peóns, ao circular por esta parroquia. Non chega a fibra óptica, e se pagas a WIFI non chegan todos os gigas contratados coa compañía pola debilidade da conexión.
Proxecto APS-ODS 11a 18 Tiñan unha marquesiña feita polos propios veciños para os rapaces que collían o bus escolar e os residentes que collían o urbano, pero o ano pasado os do concello retirárona. Os horarios do transporte urbano son cada 4 horas, dependendo do día. Ata o ano pasado, eran os veciños os encargados de cortar e coidar a herba que está ao redor da Igrexa, agora xa se fan cargo os do concello. En canto ao tratamento do lixo e saneamento, non se dispón de colectores para reciclar, só hai para orgánico e ao final a xente non separa os refugallos porque ten que desprazarse en coche ata os depósitos máis cercanos. Algunhas casas non teñen acceso ao alcantarillado, e as que si que o teñen é recente. Por último, a única diferencia que notou nos últimos 5 anos foi a instalación do alcantarillado. A persoa entrevistada distinguiu a zona sur como a que ten mellores condicións para vivir e a poboación máis nova; era consciente da diferencia entre o norte e o sur. 4. O Castiñeiriño Esta zona do rural é unha das mellores de Santiago, ten todos os servizos básicos cubertos, é dicir, auga, saneamento, transporte cada 20 minutos, e fibra ótica aínda que esta non chega a todos os puntos da aldea. Ademais, é unha zona moi urbanizada e ten bares, salóns de peiteado, academias etc. O centro sociocultural realiza actividades tanto para os mais xoves como para os maiores. Nesta zona, viven moitas familias e hai moitos rapaces, pero tamén hai xente maior. Nos últimos 5 anos, a nosa entrevistada di que non viu melloras significativas pero tampouco recorda falta dalgún servizo dende que naceu . Ademais, non sabe diferenciar o rural do norte e o do sur, pero considera que o sur está moito mellor comunicado co centro de Santiago e ten moitos mais servizos. As propostas son: financiar actividades no norte para así chamar a atención das persoas e, destinar fondos para que todas as zonas teñan mínimo os servizos básicos. 5. Cesar, A Igrexa Esta parroquia atópase no norte de Santiago, é unha das zonas que mais adoece os servizos básicos. Esta aldea está cada vez máis despoboada, e a xente que vive nela é, predominantemente, maior. O centro sociocultural leva moitos anos sen funcionar. O supermercado mais cercano está no concello de Oroso, e de Santiago o que mais preto lles queda está a 15 minutos en coche.
Proxecto APS-ODS 11a 19 A persoa entrevistada asegurou que apenas viu mellora nos últimos 5 anos, excepto no arranxo de varias estradas e a construción dunha beirarrúa na estrada principal. Nunca pensou na diferenza entre o norte e o sur, pero é consciente de que o sur ten moitos mellores servizos que o norte. Para mellorar considera importante que os políticos non so se centrasen no centro da cidade e que explotasen mais a zona rural do norte, xa que non ve ben que estas aldeas sufran un despoboamento por culpa da escaseza de servizos tan básicos como a auga ou o transporte. Tamén pensa que os fondos non son suficientes para o rural. 4.3. Entrevistas na zona urbana A continuación, expoñeremos as ideas principais recollidas nas entrevistas que realizamos a un numero de persoas aleatoria polo centro de Santiago de Compostela, que poden representar as opinións da poboación da cidade con respecto ao rural santiagués. O fin destas entrevistas era saber se a xente que pertence á cidade coñecía os problemas que sufre o rural e cales consideran que serían as solucións para este. As preguntas que lle realizamos a xente da rúa foron: 1. De onde eres? 2. Eres consciente do abandono do rural de Santiago? 3. Sabes diferenciar o rural norte do rural sur? 4. Pensas que se destinan os fondos suficientes, e de forma eficiente para o rural? 5. Algunha proposta para mellorar a situación do rural. En total falamos con 6 persoas de distintas idades e ambos sexos, e todas elas pertencentes ao centro da cidade de Santiago. Polo xeral, as persoas eran conscientes das diferenzas de desenvolvemento das parroquias coa cidade. Afirmaron que tamén notan un maior abandono da zona norte con respecto da zona sur: está máis abandonada e a poboación moi envellecida, que se atopa desamparada. Ademais, case todos destacaron a escaseza e a complexidade das liñas de transporte público. As propostas que máis se repetiron para lograr unha maior inclusión destas zonas na cidade foron destinar máis fondos para solventar un problema que consideran invisibilizado, explotar a industria dos arredores da cidade, establecer unha serie de servizos sociais para a terceira idade, e potenciar tanto o comercio como asociacións e centros socioculturais para captar atención e dar a coñecer a situación.
Proxecto APS-ODS 11a 20 No que todas as persoas estiveron de acordo, tanto as que coñecían os problemas do rural como as que non, é que resulta imprescindible dotar a estas parroquias dos servizos básicos para que os habitantes tiveran boas condicións de vida. 5. Propostas no horizonte de 10 anos O Concello de Santiago de Compostela, como xa mencionamos anteriormente, engloba 29 parroquias, que ocupan a maior parte do territorio total de Santiago. A día de hoxe, a xente esta marchando destas parroquias, sobre todo das do norte, a outros lugares que teñan mellores condicións de vida preto de Santiago. Por iso, é importante que estas zonas rurais revivan cuns servizos axeitados, e sexan coñecidas entre os habitantes deste concello. A continuación, amosaremos unhas propostas que se poderían levar a cabo nos próximos 10 anos: 1. Servizos básicos en todas as zonas rurais É importante que todas as zonas rurais gocen dos mesmos servizos, especialmente dos que son básicos para unha vida cotián. Entre eles atópanse os seguintes: a auga, xa que a día de hoxe hai moitas parroquias que non teñen auga pública, e isto ocasiona un gasto moi grande para as familias que viven nesas zonas. O saneamento, ao igual que os demais servizos, é imprescindible para calquera terreo ou vivenda. Con respeto a recollida do lixo, en moitas destas parroquias pasan a recollelo unha vez a semana, o que ocasiona a súa acumulación. Ademais, non hai papeleiras de reciclaxe, o que leva a non reciclar e consecuentemente a unha importante contaminación para o medio ambiente. En referencia o alumeado público, actualmente seguen existindo estradas nestas aldeas onde non gozan deste servizo. A fibra óptica, hoxe é fundamental xa que, por mor da pandemia moita xente estuda ou traballa dende as casas, e non ter unha boa conexión afecta negativamente no seu día a día. E o transporte tamén é fundamental, posto que todas as parroquias teñan transporte público para achegarse ao centro da cidade, pero este aspecto abordarase de forma mais detallada no seguinte apartado. Esta falta de servizos, dende a nosa perspectiva, so se pode arranxar dunha forma, que esta é investindo nas aldeas de forma máis eficiente. Posto que son servizos públicos, e tódolos habitantes do concello de Santiago deberían gozar deles. Ademais, estes axudarían a regular o abandono que está sufrindo o rural.
Proxecto APS-ODS 11a 21 2. Mellorar as conexións entre o rural e o centro de Santiago Como mencionamos no apartado anterior, o transporte é un servizo básico nas aldeas. Este é un punto que se ten que ter moi en conta, posto que moita xente non ten como ir a Santiago se non posúe un turismo. Cabe mencionar, que moitas zonas non pertencentes a este concello, teñen mellores condicións no uso de transporte que unha gran parte das parroquias que pertencen a este. Isto afecta negativamente a Santiago, posto que se a xente das parroquias non ten como achegarse a esta cidade, van facer vida noutro concello que lles quede máis próximo e co que teñan mellores conexións. Polo tanto, remitímonos a mesma solución, que sería investir en transporte público para que así a maioría do rural faga vida no seu propio concello e este obteña proveito diso. 3. Urbanizar as zonas rurais Unha das opcións para que as zonas rurais teñan máis vida sería urbanizalas. Esta é unha medida que se implementou en moitas das parroquias do sur e que agora son moi concorridas. Outra opción sería converter estas parroquias en zonas produtivas, posto que estas contan con moito terreo e zonas moi amplas para construír fábricas. Con estas dúas opcións, o rural aumentaría a súa demanda e o concello de Santiago tamén se vería beneficiado. 4. Realizar actividades que xeren interese entre os habitantes de Santiago Para que o rural reviva, unha parte moi importante sería que se lle da visibilidade a estas zonas. Para iso, pensamos que se poderían facer actividades nos centros socioculturais de cada parroquia, que xeren interese entre os habitantes do concello de Santiago. Outra opción sería construír areas recreativas en espazos naturais, para que a xente poida achegarse a coñecer estes lugares. Porque un problema moi persistente é que hai xente, que non coñece a existencia destas parroquias, e estas dúas opcións servirían para darse a coñecer e xerarían interese entre os cidadáns. 5. Asignación económica anual fixa É importante que o rural posúa uns fondos económicos fixos anuais, para que estes non varíen dependendo da tempada. Posto que como vimos nesta investigación, as parroquias carecen de moitos servizos e necesidades básicas, a solución máis efectiva e destinar un fondo fixo, para arranxar os problemas do rural nun prazo de tempo.
Proxecto APS-ODS 11a 22 6. Continuar co Pacto do Rural Por último, pensamos que sería moi importante continuar co Pacto do Rural que propuxo FERUSA en 2019. Neste, recollíanse moitas das propostas que mencionamos anteriormente e que son fundamentais para que o rural non quede no esquecemento. 6. Financiamento Neste apartado, estableceremos uns orzamentos aproximados cara aos próximos dez anos para comezar a levar a cabo as propostas realizadas no punto anterior. A idea sería investir ao redor de 7 millóns de euros en total, para mellorar significativamente as condicións do rural de Santiago, especialmente do Norte. Baixo a pretensión de dotar ao rural dos servizos básicos, destinarase un total de 3,05 millóns de euros. Para superar a becha dixital, destinarase unha cantidade de 45.000 euros anuais a un plan de despregamento de rede e telecomunicacións ata o fogar para igualar as oportunidades de acceso entre o entorno urbano e o rural. Para realizar o saneamento das augas dos 215 núcleos que o precisan, serían destinados 260.000 euros anuais. Con respecto á mobilidade, propoñemos un investimento total de 4 millóns de euros: 100.000 euros destinados tanto para crear liñas que conecten aldeas con problemas de comunicación ca cidade, como para incorporar novos buses á flota actual. Ademais, 300.000 euros anuais serán destinados á urxente reparación dos pavimentos das parroquias máis esquecidas do rural. En dez anos isto traducirase nun total de catro millóns de euros na mellora das comunicacións do rural. Co fin de concienciar á poboación santiaguesa das condicións do rural e promover o achegamento da poboación urbana ás súas actividades, proponse destinar 20.000 euros totais en forma de campaña publicitaria. Desta forma, daríase a coñecer a oferta de actividades dos centros culturais, que podería atraer á poboación máis nova a unha zona na que a poboación está cada vez máis envellecida.
Proxecto APS-ODS 11a 23 7. Conclusión Ao longo do traballo vese como segue existindo unha diferenza moi profunda no crecemento entre as zonas rurais e urbanas. Posto que estas últimas teñen maiores vantaxes nos servizos e, polo tanto, no estilo de vida. Ademais, apreciase unha diferenza significativa entre o rural norte e sur o sur goza de servizos e zonas máis urbanizadas como Conxo ou O Castiñeiriño, entre moitas outras, mentres que o rural norte carece destas características. Este apartado do ODS 11 para construír un modelo de cidade inclusivo, é imprescindible para cumprir coa filosofía da Axenda 2030 de que ninguén se quede atrás no crecemento económico. Na análise DAFO da EDUSI, todos os puntos que foron recoñecidos nas liñas estratéxicas que teñen que ver coas parroquias, cualificáronse como debilidades. Existen unha serie de plans e programas para favorecer e mellorar as condicións do rural, pero que ou ben están estancados, ou non se desenvolveron todavía. É necesaria o desenvolvemento dunha política propia para o rural, onde este teña maior nivel de protagonismo xa que, a día de hoxe, a maior atención vai destinada o centro da cidade. E o rural ten un patrimonio territorial e cultural que podía ser mellor empregado. Consideramos que Santiago abarca mais territorio do que debería, posto a que a maior parte dos fondos económicos destínanse a actividades e servizos relacionados co turismo e que se levan a cabo na cidade. Isto leva a que zonas rurais queden máis abandonadas. Por iso, tamén é importante que se estableza un fondo fixo para que este non se destine a outros medios ou territorios. Por último, é importante reflexar que o rural non esixe unhas condicións exaxeradas, é dicir, so pide uns servizos básicos para ter unha calidade de vida digna. Para isto, resulta clave que o centro da cidade non absorba toda a atención, e que unha parte vaia destinada ao rural.
Proxecto APS-ODS 11a 24 8. Referencias bibliográficas ALONSO, S., Galicia, L., melchor, x., Galicia, L., Porteiro, C., & Galicia, L. et al. (2019). Los vecinos piden un pacto por el rural a todos los partidos: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/03/17/vecinos-piden-pacto-ruralpartidos/0003_201903S17C6991.htm2. European Commission | Choose your language | Choisir une langue | Wählen Sie eine Sprache, from https://ec.europa.eu Galicia amplía el presupuesto para la Movilidad. (2018). https://www.nexotrans.com/noticia/92251/nexobus/galicia-amplia-el-presupuesto-parala-movilidad.htm Ige. I.G.E. (Instituto Galego de Estatística). Instituto Galego de Estatística. http://www.ige.eu O Rural que Queremos #errequeerre. (2019, febrero). https://drive.google.com/file/d/1YJnO9VWwqste_yRt86GTn0JwBRdXKSCz/view?usp= drive_open&fbclid=IwAR0luSCbzowQq-ZdPRnVP9DKOoxEF4cHaIvZ2WvcxmBn-- NoeTaiPPH2_7Y Plan director de las zonas verdes y espacios públicos. (2015). https://transparencia.santiagodecompostela.gal/media/documentos/2015_Plan_Directo r_Zonas_Verdes_e_espazos_publicos_Escala_territorial.pdf Portada | Web Oficial de Turismo de Santiago de Compostela y sus Alrededores. Santiago Turismo. https://www.santiagoturismo.com Santiago, C. (2021). EDUSI Santiago de Compostela - Revive Santiago | Concello de Santiago de Compostela. http://revivesantiago.gal/programacion/edusi-santiago-edusirevive