Full text
Facultade de Enfermería TRABALLO FIN DE GRAO EN ENFERMERÍA ‘‘A ENFERMERÍA NA PREVENCIÓN DAS ÚLCERAS POR PRESIÓN NO ÁMBITO HOSPITALARIO: UNHA REVISIÓN SISTEMÁTICA ’’ Autora: Sonia Rodríguez Caamaño Titor: Carlos Rodríguez Abad Cotitora: Alba Elena Martínez Santos 1ª Oportunidade. Curso académico 2021/22 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Enfermería da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Enfermería.
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Grao en Enfermería O Proxecto de Fin de Grao titulado “A Enfermería na prevención das úlceras por presión no ámbito hospitalario: unha revisión sistemática”, foi realizado pola abaixo asinante. Santiago de Compostela, 02 de Xuño de 2022 Vº Bº A alumna O titor Fdo.: Sonia Rodríguez Caamaño Fdo.: Carlos Rodríguez Abad A Cotitora Fdo.: Alba Elena Martínez Santos
ÍNDICE 1. Introdución.........................................................................................................páx. 1 2. Xustificación.......................................................................................................páx. 4 3. Obxectivos..........................................................................................................páx. 5 4. Metodoloxía........................................................................................................páx. 5 5. Resultados..........................................................................................................páx. 9 6. Discusión............................................................................................................páx. 13 7. Conclusión..........................................................................................................páx. 16 Bibliografía......................................................................................................................páx. 17
RESUMO Introdución As úlceras por presión (UPP) representan un dano do tecido epitelial e subxacentes debido a mecanismos como a presión, a fricción e o cizallamento. Ademais, certos factores individuais aumentan o risco de padecelas, como a idade avanzada e a presencia de pluripatoloxías. Existen escalas que avalían este risco e permiten actuar dun xeito precoz e previr a aparición de UPP. Constitúen un problema moi presente aínda na actualidade e desencadean numerosos problemas para o doente, os familiares e o entorno hospitalario. O persoal de Enfermería xoga un papel determinante na diminución da prevalencia destas lesións. Obxectivos Os obxectivos desta investigación foron mostrar a importancia dos coidados de Enfermería na prevención das UPP no ámbito hospitalario e sintetizar os materiais máis empregados na prevención das UPP neste medio. Metodoloxía Realizouse unha revisión sistemática nas seguintes bases de datos e motores de busca: Dialnet, WOS, Medline (a través de PubMed) e Scopus. Seleccionáronse 15 artigos seguindo a metodoloxía PRISMA. Resultados Observouse que os coidados de Enfermería teñen unha gran relevancia na prevención das UPP, están baseados na evidencia científica e deben ser individualizados e adaptados a cada persoa, empregando os recursos dispoñibles que mellor se adapten a cada situación. Conclusión O persoal de Enfermería pode diminuír a prevalenza das UPP cunha correcta realización e aplicación dun plan de coidados individualizado, para o cal, os materiais e produtos empregados deben diminuír os factores desencadeantes para seren efectivos. As enfermeiras deben adquirir as competencias necesarias para previr a aparición de UPP no medio hospitalario.
RESUMEN Introducción Las úlceras por presión (UPP) representan un daño localizado en el tejido epitelial y subyacentes debido a mecanismos como la presión, la fricción y el cizallamento. Además, ciertos factores individuales aumentan el riesgo de padecerlas como la edad avanzada y la presencia de pluripatologías. Existen escalas que evalúan este riesgo y permiten actuar de manera precoz y prevenir la aparición de UPP. Constituyen un problema muy presente aún en la actualidad y desencadenan numerosos problemas para el paciente, los familiares y el entorno hospitalario. El personal de Enfermería juega un papel determinante en la disminución de la prevalencia de estas lesiones. Objetivos Los objetivos de esta investigación fueron mostrar la importancia de los cuidados de Enfermería en la prevención de las UPP en el ámbito hospitalario y resumir los materiales más empleados en la prevención de las UPP en este medio. Metodología Se realizó una revisión sistemática en las siguientes bases de datos y motores de búsqueda: Dialnet, WOS, Medline (a través de Pubmed) y Scopus. Se seleccionaron 15 artículos siguiendo la metodología PRISMA. Resultados Se observó que los cuidados de Enfermería tienen una gran importancia en la prevención de UPP, están basados en la evidencia científica y deben ser individualizados y adaptados a cada paciente, utilizando los recursos disponibles que mejor se adapten a cada situación. Conclusión El personal de Enfermería puede disminuir la prevalencia de UPP con una correcta elaboración y aplicación de un plan de cuidados individualizados, para el cual, los materiales y productos empleados deben disminuir los factores desencadenantes para ser efectivos. Las enfermeras deben adquirir las competencias necesarias para prevenir la aparición de UPP en el medio hospitalario.
SUMMARY Introduction Pressure ulcers (PU) represent localized damage to epithelial and underlying tissues due to mechanisms such as pressure, friction and shear. In addition, certain individual factors increase the risk of suffering from them, such as advanced age and the presence of multiple pathologies. There are scales that asses this risk and make it possible to act early and prevent the appearance of pressure ulcers. They are a very present problem even today and it cause numerous problems for the patient, family members ans the hospital envvironment. The Nursing staff plays a determining role in reducing the prevalence of these injuries. Objectives The objectives of this research were show the importance of Nursing care in the prevention of PU in the hospital environment and summarize the most used materials in the prevention of PU in this medium. Methodology A bibliographic review was carried out in the following databases as search engines: Dialnet, WOS, Medline (through Pubmed) and Scopus. 15 articles were selected following the PRISMA methodology. Results It was observed that Nursing cares have a great importance in the prevention of pressure ulcers, they are bases on scientific evidence and they must be individualized and adapted to each patient, using the available resources that best suit to each situation. Conclusion Nursing staff can reduce the prevalence of pressure ulcers with a correct preparation and application of an individualized care plan, for wich the materials and products used must reduce the triggering factors to be effective. Nurses must acquire the necessary skills to prevent the appearance of pressure ulcers in the hospital environment.
1 1. INTRODUCIÓN As úlceras caracterízanse pola súa cronicidade. Para que unha ferida sexa considerada crónica o tempo de curación debe ser superior a 6 semanas. (1) Así, as úlceras por presión (UPP) son definidas como un dano localizado no tecido epitelial e nos tecidos subxacentes debido a forzas coma a presión, o cizallamento, ou ámbalas dúas, que normalmente aparecen sobre unha prominencia ósea. A presión exercida nunha zona precisa durante un período de tempo determinado provoca un déficit da irrigación sanguínea da parte afectada. Isto fai que cando a presión cutánea é superior á presión capilar se produza unha isquemia local que inicia o proceso de aparición da úlcera. (2,3) Os mecanismos desecadeantes das UPP son os seguintes: (3, 4) • A presión: é unha forza perpendicular á pel que actúa debido á forza da gravidade causando un aplanamento do tecido entre dous planos, o paciente e a superficie de apoio. A formación da UPP está relacionada tanto coa presión exercida como co tempo de exposición á mesma. • A fricción: é unha forza paralela á pel producida polos rozamentos ou arrastramentos. • Cizallameto: combina as dúas forzas anteriores. As UPP divídese en 4 estadios segundo a clasificación National Pressure Injury Advisory Panel: (5) • Estadio I: caracterízase por ter a pel intacta. Ten unha aparencia local de eritema non branqueable; é dicir a pel está avermellada e non branquea coa presión. • Estadio II: existe unha perda do espesor parcial da pel. Presenta a derme exposta. • Estadio III: existe unha perda total do grosor da pel. A graxa subcutánea pode estar visible pero os tendóns, osos e músculos non están expostos. Pode haber cavitacións e tunelizacións. • Estadio IV: caracterízase por unha perda total da pel. Están visibles o tecido muscular, tendóns, ligamentos, cartilaxes e ósos. Poden aparecer esfácelos ou éscaras. A pesar destes estadios, existen lesións por presión non clasificables, que son aquelas que contan con todo o espesor da pel escurecido por éscaras ou esfácelos, polo que non se pode establecer a gravidade da lesión ata que esta sexa desbridada. (5) As UPP son máis prevalentes en persoas de idade avanzada ou con pluripatoloxías, xa que contan cunha reserva fisiolóxica diminuída e cun déficit de mobilidade. Ademais, existen unha serie de factores individuais que aumentan a posibilidade de aparición deste tipo de lesións, que poden ser intrínsecos ou extrínsecos: (3) • Factores intrínsecos: o Inadecuado estado nutricional: obesidade, deshidratación ou desnutrición.
2 o Trastornos da aportación de osíxeno. o Idade maior de 70 anos. o Trastornos neurolóxicos como a perda motora e sensitiva. • Factores extrínsecos: o Deficiente hixiene persoal. o Presenza de humidade e de temperatura inadecuadas; é dicir, un déficit de hixiene persoal pode producir unha maceración da pel, igual que un exceso da temperatura. o Superficies de apoio inadecuadas; é dicir, que non conseguen aliviar a presión en determinados puntos de apoio. o Ausencia de cambios posturais. o Presenza de dispositivos como sondas ou férulas. o Inadecuada formación do coidador; é dicir, que non se desenvolven as medidas preventivas ou que se realizan erroneamente, favorecendo a aparición das UPP. Co fin de coñecer o risco que ten un paciente de sufrir unha UPP, disponse de escalas de avaliación de riscos (RAS) que constitúen unha ferramenta moi valiosa na prevención desta patoloxía. Arredor do 95 % das UPP pódense evitar ca instauración de certas medidas de xeito precoz. Existen máis de 40 ferramentas RAS validadas, destacando entre elas as escalas Norton, Waterlow e Braden. Esta última é a máis empregada por Enfermería. (6) Así, avalía o risco que ten un paciente de padecer UPP a través de seis dimensións: percepción sensorial, nutrición, actividade, mobilidade, humidade e fricción e cizallamento, explicadas na táboa 1. A suma das cualificacións obtidas nestas dimensións, cun rango entre 6 e 23 puntos, proporciona información sobre o risco de padecer UPP, tal como mostra a táboa 2: (2, 6, 7, 8, 9) Táboa 1: escala Braden 1 punto 2 puntos 3 puntos 4 puntos PERCEPCIÓN SENSORIAL Completamente limitada Moi limitada Lixeiramente limitada Sin limitación EXPOSICIÓN Á HUMIDADE Sempre húmida A miúdo húmida Ocasionalmente húmida Raramente húmida ACTIVIDADE FÍSICA Encamado En cadeira Deambula ocasionalmente Deambula frecuentemente MOVILIDADE Completamente Inmóbil Moi limitada Lixeiramente limitada Sen limitación NUTRICIÓN Moi pobre Probablemente inadecuada Adecuada Excelente CIZALLAMENTO E FRICCIÓN Risco máximo Risco potencial Sen risco aparente
3 Fonte: Blümel JE, Tirado K, Schiele C, Schönffeldt G, Sarrá S. (2004). (9) Táboa 2. Risco de padecer UPP en función da puntuación obtida na escala Braden. Puntuación obtida tras a suma das 6 dimensións Tipo de risco 19 a 23 Non hai ningún 15 a 18 Moi baixo 13 a 14 Moderado 10 a 12 Alto Menor ou igual a 9 Moi elevado Fonte: Magnani L y Larcher MH (2008). (7) Deste xeito, en función do risco que presente o paciente, pódense establecer medidas preventivas que contribúan a reducir a posibilidade de ocorrencia de UPP xa que, tal como se mencionou anteriormente, a maioría delas son evitables. (2, 7, 8) Por outra banda, estas feridas crónicas provocan unha importante carga social que afecta de forma moi negativa ao doente e aos seus familiares. Ademais, poden ser causa ou consecuencia de dependencia ou discapacidade. Estas lesións empeoran o prognóstico da enfermidade do doente, diminuíndo tanto a esperanza coma a calidade de vida da persoa que as sofre. (2, 6) Son un problema de primeira orde, estímase que a súa incidencia é do 1,7% anual entre toda a poboación de 55-69 anos e do 3,3% entre a poboación de 70-75 anos. Anualmente afectan a 3,1 millóns de persoas a nivel mundial. (6, 10,11) ‘’En España a prevalencia de UPP a nivel global nas unidades de hospitalización de adultos é dun 8,7%’’. (12) No ámbito hospitalario, as cifras de incidencia e prevalencia máis elevadas deste tipo de lesións atópanse nas unidades de coidados intensivos. (2, 3, 7, 8 ) Cabe dicir que, entre un 3-11% dos pacientes que ingresan nos hospitais desenvolven UPP, o que causa un incremento do tempo da estancia hospitalaria, concretamente entre 4 e 31 días. Ademais, os enfermos experimentan máis dor, infeccións, retrasos na cicatrización das feridas e alteracións na imaxe corporal que desata un maior deterioro da saúde. A OMS inclúe a presenza de UPP como un indicador negativo da calidade de atención asistencial. (3, 7, 10) Este tipo de feridas crónicas xeran un importante cargo económico para os sistemas sanitarios. Nos Estados Unidos destínanse entre 9,6 e 11 mil millóns de dólares anuais para o custo das úlceras por presión. (2, 13) O custo para o seu tratamento é máis elevado que para a súa prevención. Deste xeito o importe por paciente e día para o tratamento pode chegar ata un máximo de 470.49€, mentres que para a prevención sería de 87.57€, unha cifra visiblemente menor. (13)
10 de apoio sobre a incidencia das UPP(1). As superficies de aire activas son máis custoefectivas que as superficies de espuma na prevención de UPP(1). Lim E, et al. (2019)8 Comparar a previsibilidade do risco de UPP(1) entre as subescalas individuais de Braden e a escala total en pacientes hospitalizados. Estudo retrospectivo Os pacientes avaliados ao ingreso coa escala Braden tiveron un 24,2% menos de probabilidade de desenvolver UPP(1) que os que non foran avaliados. O tempo de estancia e a presenza de comorbilidades non foron significativos como preditores independentes. Son 6 veces máis propensos a desenvolver UPP(1) os pacientes espertos. Todas as subescalas de Braden son predictores independentes de UPP(1). A escala Braden, no seu conxunto, ten mellor capacidade preditiva que as súas subescalas. Os preditores de risco de UPP(1) significativos foron: nivel de conciencia, entorno previo ao ingreso e a puntuación total de Braden. Hekmatpou D, et al. (2018)10 Investigar o efecto do xel de Aloe Vera na prevención das UPP(1) en pacientes hospitalizados en ortopedia. Ensaio clínico aleatorizado de triplo cego de dous grupos. A temperatura na cadeira, o enroxecemento e o edema analizados ao largo do estudo foron menores no grupo intervención, igual que o dor na cadeira. Asemade, no grupo control houbo un incremento da dor. Entre os grupos control e intervención había diferenzas estatisticamente significativas na incidencia de UPP(1). O uso do Áloe Vera pode previr a aparición de UPP(1) de grado 1. O Áloe Vera podería empregarse como un método complementario na prevención de UPP(1). Beeckma D, et al. (2019)13 Comparar o custoefectividade das superficies de soporte de aire estático vs de presión de aire alterna nunha poboación de anciáns con alto risco de UPP(1). Ensaio clínico prospectivo, multicéntrico aleatorizado controlado e con xuízo de non inferioridade. No grupo control usáronse superficies de presión de aire alternante e no grupo experimental usáronse superficies de aire estático. No grupo intervención o 5,2% desenvolveu UPP(1) de grado 2-4, mentres que no control apareceron no 11,7% dos participantes. No grupo intervención a mediana de tempo para a aparición de UPP(1) foi de 10,5 días, mentres que no grupo control foi de 5,4 días. A vida media dun colchón de aire estático é de 2 anos e o seu coste diario de 0,20€; a vida media dun colchón de aire por presión é de 7 anos e o seu custo diario é de 0,53€. O colchón de aire estático é moito máis eficaz estatisticamente que un colchón de presión alternante na prevención de UPP(1). Asemade, o colchón de aire estático é máis rentable economicamente que o colchón de presión de aire alternante.
11 Trébol C, et al. (2021)18 Comprobar si os AGHO(2) son un método útil de prevención de úlceras por presión. Revisión bibliográfica. Os AGHO(2) poden constituír unha medida preventiva eficaz nas UPP(1). O aceite de oliva é tan eficaz coma os AGHO(2) neste fin. A incidencia de curación con AGHO(2) é 1,26 veces maior que no grupo Mepentol e a súa media de días de curación é inferior. O emprego de AGHO(2) presenta unha moi boa relación custobeneficio. Os AGHO(2) son unha moi boa opción para previr as UPP(1) e para o coidado da pel: diminúen a incidencia de UPP(1) xa sexa evitándoas ou retardando o tempo de aparición. Deben estar incluídos nos protocolos clínicos de actuación de Enfermería. Juan A, et al. (2021)19 Coñecer a eficacia dos AGHO(2) na prevención das UPP(1) e determinar o seu uso no tratamento das mesmas. Revisión bibliográfica. Analizan unha serie de artigos sobre a eficacia dos AGHO(2): o efecto beneficioso para o coidado da pel e para a cicatrización tanto por vía oral coma tópica. Estudo da eficacia dos AGHO(2) na mellora da hidratación para evitar a sequidade cutánea debido a que teñen unha grande absorción. Os AGHO(2) son moi eficaces, conseguindo evitar a aparición de UPP(1) ou retardando o tempo de inicio. Os AGHO(2) son unha opción terapéutica óptima que forma parte dos protocolos clínicos de actuación enfermeira na prevención de UPP(1) e no coidado da pel perilesional. William P. (2017)20 Examinar a efectividade dos apósitos profilácticos de espuma de 5 capas no sacro para previr as taxas de UPP(1). Estudo de cohorte observacional retrospectivo Observouse unha diminución nas taxas de UPP(1) asociada cun maior emprego de apósitos sacros profilácticos de espuma de 5 capas. O hospital experimentou unha diminución das taxas de UPP(1) grados 3-4 e non clasificables. Nestes hospitais en 5 anos o gasto en UPP(1) diminuíu de 120$ a 43$ por paciente. A inversión en apósitos profilácticos de espuma aumentou de 2,60$ a 20$ por paciente. Co emprego de apósitos de espuma profilácticos para sacro visualizáronse importantes reducións de UPP(1) grados 3,4 e non clasificables. Estes apósitos poden aforrar aos hospitais de 200.000$ a 600.000$ ao ano asociados a custos de UPP(1). SianesGallén M, et al. Determinar si certas alteracións en pacientes con COVID 19+ se relacionan coa Estudo retrospectivo de casos e controis. Participaron 284 pacientes no estudo e, evidenciáronse 136 lesións no total dos pacientes. Hai tres variables asociadas a recorrencia de lesións relacionadas coa dependencia: a puntuación de Barthel ao ingreso, o valor da Unha das complicacións derivadas da Covid-19 son as UPP(1) e, hai unha serie de variables asociadas na súa aparición. Para diminuír a súa aparición hai que aumentar os coidados de Enfermería naqueles pacientes cunha baixa saturación ao ingreso, cun
12 (2021)21 aparición de lesións por dependencia. saturación de osíxeno ao ingreso e o número de días de hospitalización. alto nivel de dependencia e os que vaian a ter unha longa estancia hospitalaria. Gupta P, et al. (2020)22 Diminuír a incidencia de UPP(1) adquiridas nas unidades de hospitalización de Heart Hospital. Estudo Plan, Do, Check e Act (PDCA) A extensión deste enfoque colaborativo a todo o hospital conseguiu diminuír un 83,4% do total de UPP(1). A incidencia de UPP(1) por 1000 pacientes-día diminuíu de 6,1 a 1,1. A prevalencia de UPP(1) tamén diminuíu notablemente tras realizar unha enquisa trimestral a todos os pacientes do hospital. Empregar un enfoque probado da mellora da calidade demostrou unha alta eficacia e beneficios para o paciente, a organización e o profesional. A identificación e o manexo oportunos de UPP(1) poden deter o progreso da lesión. A prevención de UPP(1) é unha parte clave e esencial da labor enfermeira. Eglseer D, et al. (2018)23 Describir as intervencións nutricionais nos pacientes hospitalizados con risco de UPP.(1) Estudo transversal multicéntrico As 3 intervencións realizadas con menos frecuencia en pacientes con risco de UPP(1) son: administrar nutrición parenteral, nutrición enteral e suplementos complementarios vía oral. Desenvolvéronse UPP(1) durante a estancia hospitalaria nun 1,7% dos participantes do estudo. A maioría foron no sacro ou nos talóns. Existe unha relación entre a malnutrición e o desenvolvemento de UPP(1), pero realízanse poucas intervencións no coidado nutricional. As pautas baseadas na evidencia establecen exactamente as intervencións que hai que realizar na práctica clínica. Sternal D, et al. (2017)24 Analizar os factores asociados á aparición das UPP(1) nos pacientes con enfermidades avanzadas. Estudo retrospectivo Os 4 factores avaliados individualmente no ingreso e predictivos das UPP(1) son: Waterlow, pacientes que veñen doutras plantas hospitalarias, nivel de hemoglobina e PAS(3). Os 5 factores avaliados na estancia que parecen estar relacionados co desenvolvemento de UPP(1): a temperatura corporal media nocturna,Waterlow, a menor concentración de sodio rexistrada e a PAM(4). A presenza de hiponatremia e dunha presión arterial baixa poden contribuír á formación de UPP(1) en pacientes que teñan unha enfermidade avanzada. Beeckma D, et al. (2020)25 Determinar si reducen a incidencia de UPP(1) os apósitos de espuma multicapa e a atención estándar. Ensaio pragmático, multicéntrico e aleatorizado. O 4,8% dos pacientes do estudo desenvolveron UPP(1) desde o grado 2 para arriba (4% do grupo tratamento e 6,3% do grupo control). Asemade, no grupo tto os pacientes tiveron unha redución do 36% do risco de desenvolver unha nova UPP(1) en comparación co grupo control. O risco de ter UPP(1) no sacro reduciuse un 41% no grupo tto. Este estudo confirmou que os apósitos multicapa diminúen a incidencia de UPP(1) localizadas no sacro. Asemade, hai moitos pacientes que requiren un tratamento con apósitos complementarios para conseguir unha maior eficacia.
13 A incidencia de UPP(1) aumentou coa idade, é maior para as mulleres. Xue J, et al. (2021)26 Atopar a mellor evidencia sobre o cambio postural para previr as UPP(1). Revisión bibliográfica. Para evitar as UPP(1) hai que realizar: avaliación individual, frecuencia de cambio postural, ángulo de cambio postural, estratexia de cambio postural en pacientes críticos con inestabilidade hemodinámica, avaliación durante o cambio postural, cooperación do equipo multidisciplinario e capacitación e educación. As enfermeiras non realizan ben os cambios posturais. Un exceso de cambios posturais altera o sono dos pacientes e aumenta a carga de traballo das enfermeiras; é dicir, non resulta preventivo. Fonte: elaboración propia. UPP(1): úlceras por presión. AGHO (2): ácidos graxos hiperoxigenados. PAS(3): presión arterial sistólica. PAM(4): presión arterial media. 6. DISCUSIÓN Como se pode observar na síntese de resultados da táboa 6, no referente ao primeiro obxectivo, que é mostrar a importancia dos coidados de Enfermería na prevención das úlceras por presión no ámbito hospitalario, sábese que a formación das UPP é debida a un proceso multifactorial debido a forzas como a fricción, o rozamento ou o cizallamento e a unha serie de factores predispoñentes, xa sexan extrínsecos e intrínsecos. (3, 21) A prevalencia destas lesións é moi elevada na poboación, incrementándose a medida que aumenta a idade das persoas, e unha correcta prevención evitaría moitos problemas para o doente, os coidadores e o ámbito hospitalario. Na literatura incluída na presente revisión exponse que o persoal de Enfermería ten un papel primordial, pois é o encargado de realizar unha correcta prevención e conseguir a diminución da incidencia das UPP. Con este fin, estos profesionais deben realizar unha valoración do risco integral e estruturada, elaborando un plan de coidados individualizado xa que o risco de padecer UPP é distinto en cada individuo e, por tanto, o emprego de plans estandarizados non produce resultados beneficiosos para todas as persoas. (3, 21, 22) Para realizar correctamente esta valoración do risco disponse dunha serie de escalas que facilitan estes coidados como a Norton, Waterlow e a Braden. Entre as anteriores destaca a escala de Braden por ser un preditor eficaz das UPP, pois permite avaliar o risco do paciente de desenvolver
14 UPP e instaurar medidas preventivas de xeito precoz nos doentes con risco. Un dato a comentar é que os pacientes que foron avaliados con ela nun estudo incluído nesta revisión tiveron un 24,2% menos de probabilidades de desenvolver UPP que os que non foran avaliados con ningunha escala. (8) Tamén se sabe que, unha puntuación baixa nas escalas de Barthel e Waterlow está asociada cun maior risco de padecer estas lesións. Ademais da eficacia que ten a puntuación total da escala Braden para identificar o risco de padecer UPP, existen outros preditores como son o nivel de conciencia do paciente e o ambiente existente antes do ingreso; é dicir, as condicións nas que se atopaba o mesmo. (8, 12, 24) Cabe concretar que, estes coidados de Enfermería deben ser incrementados naqueles pacientes cun maior risco de padecer estas lesións, pois ao aumentar o risco nestas persoas os coidados estándar non serían suficientes para evitar a aparición das UPP. Nalgúns estudos incluídos neste traballo refírense a algunha patoloxía ou a un mal estado nutricional do paciente como factores que aumentan estos riscos. Cabe dicir que todas estas intervencións que hai que realizar na practica clínica están recollidas nas pautas baseadas na evidencia. Entre elas destácase que un correcto manexo nutricional contribúe a diminuír este risco e en moitos casos é unha intervención esquecida; é dicir, que non se lle da toda a importancia que posúe. (3, 8, 18, 21, 23) Entre os protocolos clínicos de actuación enfermeira atópanse certas intervencións a realizar co obxectivo de diminuír a prevalencia das UPP. (18) Por exemplo, na prevención do ámbito hospitalario, os pacientes cunha larga estancia son máis propensos a desenvolver UPP segundo Sianes-Gallén et al. (2021) e a realización de xeito adecuado dos cambios posturais é primordial na prevención das UPP. Pese a isto, segundo o estudo de Xue et al. (2021), gran parte do persoal de Enfermería non realiza correctamente esta tarefa debido a que existe a falsa crenza de que canto maior sexa a frecuencia de cambio máis efectiva será esta medida de cara a prevención das UPP. (21, 26) O certo é que unha frecuencia excesiva de cambios posturais perturba o sono dos pacientes e aumenta o traballo do persoal de Enfermería sen conseguir mellores resultados neste fin. É por isto que un correcto ensino neste ámbito conseguiría mellorar o coñecemento do persoal de Enfermería e realizar correctamente esta práctica. (26) Hai certas patoloxías que poden aumentar a aparición das UPP, como se comentou anteriormente. Nestes casos tamén se deben incrementar os coidados por parte do persoal de Enfermería, sobre todo naqueles pacientes que teñan unha baixa saturación no ingreso, que conten cun elevado nivel de dependencia ou que se espere unha larga estancia hospitalaria. (21) Con todos estes coidados correctamente realizados e cunha boa identificación dos paciente de risco poden chegar a conseguirse numerosos beneficios. Melloraríase a
15 calidade de vida do paciente e diminuiríase a estancia hospitalaria ao diminuír o risco da UPP. Asemade, todos os custos relacionados cas UPP tamén se verían reducidos. Todo isto aporta unha gran satisfacción para o profesional a nivel persoal ao conseguir mellorar os resultados esperados dos pacientes. (22) No referente ao obxectivo secundario, que é sintetizar os materiais máis empregados na prevención das úlceras por presión no medio hospitalario, o emprego dunha superficie de apoio ou duns materiais que consigan evitar ou amortecer os puntos de presión do paciente, contribúe a diminuír a incidencia das UPP. Hai unha serie de materiais que destacan pola súa efectividade neste fin. As superficies de aire activa son máis eficaces que as superficies de espuma e, por tanto, reducen os custos asociados ao manexo do paciente con UPP. (5) Asemade, os colchóns de aire estático tamén son máis efectivos e máis rendible economicamente que os de aire alternante. Hai que ter en conta que no ámbito hospitalario moitos pacientes presentan a maioría do tempo encamados e que o seu nivel de actividade física se ve diminuído; é dicir, a superficie de apoio é un tema de gran relevancia e, un maior ingreso nestes materiais consegue bastantes beneficios. (16) Outros materiais capaces de diminuír os puntos de presión sobre a pel son os apósitos Da Silva et al. (2019) compararon os apósitos de espuma hidrocelular coa placa hidrocoloide, realizando os cambios cada 5-8 días e recibindo entre 1-11 cambios durante toda a duración do estudo. Ningún paciente desenvolveu unha UPP, ainda que no grupo hidrocoloide, un maior número de pacientes presentaron dor na retirada do apósito. (2) É por iso que destacan os de espuma hidrocelular ou as placas hidrocoloides pola súa efectividade na prevención das UPP, tendo moi boa relación custo-beneficio. (2, 22) Willian et al. (2017) observaron que cos apósitos multicapa, coma os profilácticos de espuma de 5 capas, que están respaldados pola Axencia para a Investigación e a Calidade da Atención Médica e a National Pressure Ulcer Advisory Panel se obteñen numerosos beneficios na prevención e no tratamento das UPP, sobre todo evitando a súa aparición na rexión sacra ou diminuíndo as UPP dos grados 3,4 e non clasificables. Estes apósitos son de silicona e son capaces de redistribuír a presión sobre unha superficie máis grande, dispersando as forzas de cizallamento externas sobre a pel e axudando a manter o microclima da mesma. Tamén teñen un forte poder de adherencia sobre zonas irregulares da pel pero son fáciles de retirar e poden volver a recolocarse sen ningún problema. Asemade, os hospitais que inverteron nestes apósitos a razón de 1 apósito por paciente conseguiron un retorno do 100% nun período inferior a un ano. (2, 20, 25) Existe outro produto orientado a evitar a aparición de UPP que consiste en protexer a pel por medio da súa aplicación co fin de manteña hidratada sen causar maceración.
16 Así, os ácidos graxos hiperoxigenados (AGHO) son unha óptima opción terapéutica na prevención das UPP e, ademais contan cunha boa relación custo-beneficio. Por todos estes motivos, é necesario que o emprego dos AGHO estea incluído nos protocolos clínicos de Enfermería. (18, 19) Cabe mencionar que segundo un estudo de Trébol et al. (2021), o aceite de oliva é tan eficaz neste fin coma os AGHO. Asemade, outro produto a aplicar considerado como un posible método complementario no coidado da pel é o Aloe Vera. (9, 13) 7.CONCLUSIÓN A pesar dos grandes avances na materia, as UPP seguen a ser unha patoloxía de moita relevancia aínda hoxe en día, a cal ten asociados numerosos problemas tanto ao paciente, coma os coidadores e ao sistema sanitario. Por un lado é de moita importancia conseguir diminuír a súa prevalencia e, o persoal de Enfermería é capaz de realizar este obxectivo mediante a implementación dunha serie de medidas preventivas. Entre estas destaca a realización dunha correcta valoración do risco dos pacientes co fin de elaborar un plan de coidados individualizado. Asemade, a escala de Braden é unha das ferramentas máis adecuadas e empregadas para a identificación destes pacientes de risco. Paralelamente, é imprescindible realizar regularmente cambios posturais e manter un bo de estado nutricional do paciente. Cabe dicir que todas estas labores deben incrementarse naqueles pacientes cun maior risco de padecer UPP. Por outro lado, o emprego de certos materiais dun xeito propicio tamén axudan a evitar a aparición destas lesións. Isto é debido a que conseguen diminuír os factores causais destas lesións, os cales eran: a presión, a fricción e o cizallamento. Cabe mencionar que as superficies que destacan por obter os mellores resultados na prevención das UPP son as superficies de aire activa e os colchóns de aire estático. Entre os apósitos destacan os de espuma hidrocelular e as placas hidrocoloides, sendo os multicapa os máis efectivos. Asemade, os AGHO aplicados sobre a pel conseguen un efecto hidratante da mesma sen macerala, diminuíndo a incidencia de UPP.
17 BIBLIOGRAFÍA 1. Esperón JA, Loureiro MT, Antón VM, Rosendo JM, Pérez I, Soldevilla-Agreda JJ. Variability on the management of chronic wounds. What do nurses think about? Gerokomos. [Internet]. 2014 [citado 15 de febreiro de 2022]; 25(4):171-177. Dispoñible en: https://scielo.isciii.es/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S1134928X2014000400007 2. Da Silva F, Blanes L, Xiao PZ, Morita CM, Masako L. Hydrocellular foam versus hydrocolloid plate in the prevention of pressure injuries. Wounds. [Internet]. 2019 [citado 10 de xaneiro de 2022]; 31(8):193-199. Dispoñible en: https://www.hmpgloballearningnetwork.com/site/wounds/article/hydrocellularfoam-versus-hydrocolloid-plate-prevention-pressure-injuries 3. Aznar DA, Pinilla L, López C, Gadea B, Barreu C, Hernando C. Factores de riesgo y prevención de las úlceras por presión. RSI. [Internet]. 2021 [citado 10 de xaneiro de 2022]. Dispoñible en: https://www.revistasanitariadeinvestigacion.com/factores-de-riesgo-yprevencion-de-las-ulceras-por-presion/ 4. Moncada S, Luna D, Lezana MA, González MS, Meneses F. Calidad del cuidado enfermero. Úlcera por presión en paciente crítico. CONAMED. [Internet]. 2021 [citado 10 de xaneiro de 2022]; 26(2):82-88. Dispoñible en: https://www.medigraphic.com/cgi-bin/new/resumen.cgi?IDARTICULO=100350 5. Shi C, Dumville JC, Cullum N, Rhodes S, Mclnnes E. Foam surfaces for preventing pressure ulcers. Cochrane. [Internet]. 2021 [citado 10 de xaneiro de 2022]. Dispoñible en: https://www.cochranelibrary.com/cdsr/doi/10.1002/14651858.CD013621.pub2/f ull 6. Arango C, Fernández O, Torres B. Úlceras por presión. SEGG. [Internet]. [citado 10 de xaneiro de 2022]; 21:217-226. Dispoñible en: https://www.segg.es/download.asp?file=/tratadogeriatria/PDF/S3505%2021_II.pdf 7. Magnani L, Larcher MH. Uso de la escala Braden y de Glasgow para identificar el riesgo de úlceras de presión en pacientes internados en un centro de terapia intensiva. Rev. Latino-Am. Enferm. [Internet]. 2008 [citado 15 de febreiro de 2022]; 16(6). Dispoñible en: https://www.scielo.br/j/rlae/a/wZRDwB4gntJhjJyvZwr7Ntp/?format=pdf&lang=es
18 8. Lim E, Mordiffi Z, Chew HSJ, López V. Using the Braden subscales to asses risk of pressure injuries in adult patients: A retrospective case-control study. IWJ. [Internet]. 2019 [citado 10 de xaneiro de 2022]; 16:665-673. Dispoñible en: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC7948767/pdf/IWJ-16-665.pdf 9. Blümel JE, Tirado K, Schiele C, Schönffeldt G, Sarrá S. Validez de la escala Braden para predecir úlceras por presión en población femenina. Rev. Méd Chile. [Internet]. 2004 [citado 10 de febreiro de 2022]; 132(5): 595-600. Dispoñible en: http://dx.doi.org/10.4067/S0034-98872004000500009 10. Hekmatpou D, Mehrabi F, Rahzani K, Aminiyan A. The effect of Aloe Vera gel on prevention of pressure ulcers in patients hospitalized in the orthopedic wards: a randomized triple-blind clinical trial. BMC Complement Altern Med. [Internet]. 2018 [citado 10 de xaneiro de 2022]; 18:264. Dispoñible en: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC6162886/pdf/12906_2018_Articl e_2326.pdf 11. Rumbo JM. Variabilidad e incertidumbre en el abordaje de las úlceras y heridas crónicas: situación actual. Enferm Dermatol. [Internet]. 2015 [Citado 15 de febreiro de 2022]; 9(25). Dispoñible en: https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/5423372.pdf 12. Pancorbo-Hidalgo PL, García-Fernández FP, Pérez-López C, Soldevilla JJ. Prevalencia de lesiones por presión y otras lesiones cutáneas relacionadas con la dependencia en la población adulta en hospitales españoles: resultados del 5° Estudio Nacional de 2017. Gerokomos. [Internet]. 2019 [citado 15 de febreiro de 2022]; 30(2):76-86. Dispoñible en: https://gneaupp.info/5o-enp-prevalencia-de-lesiones-por-presion-y-otraslesiones-cutaneas-relacionadas-con-la-dependencia-en-poblacion-adulta-enhospitales-espanoles-resultados-del-5o-estudio-nacional-de-2017/ 13. Beeckman D, Serraes B, Anrys C, Van H, Van A, Verhaeghe S. A multicentre propective randomised controlled clinical trial comparing the effectiveness and cost of a static air mattress and alternating air pressure mattress to prevent pressure ulcers in nursing home residents. IJNS. [Internet]. 2019 [citado 15 de febreiro de 2022]; 97:105-113. Dispoñible en: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0020748919301476?via%3D ihub 14. Organización Mundial de la Salud. La OMS mantiene su firme compromiso con los principios establecidos en el preámbulo de la Constitución. Estados Unidos de América: OMS Ginebra. Dispoñible en: https://www.who.int/es/about/governance/constitution
19 15. De Arco-Canoles OdelC, Suarez-Calle ZK. Rol de los profesionales de Enfermería en el sistema de salud colombiano. Univ. Salud. [Internet]. 2018 [citado 15 de febreiro de 2022]; 20(2):171-182. Dispoñible en: http://www.scielo.org.co/pdf/reus/v20n2/0124-7107-reus-20-02-00171.pdf 16. ORDEN CIN/2134/2008, de 3 de julio, por la que se establecen los requisitos para la verificación de los títulos universitarios oficiales que habiliten para el ejercicio de la profesión de Enfermero. Boletín Oficial del Estado, número 174, (19 de julio de 2008). 17. Moher D, Liberati A, Tetzlaff J, Altman DG. Preferred reporting items for systematic reviews and meta-analyses: The Prisma Statement. PLoS Med [Internet]. 2009 [citado 10 de xaneiro de 2022]; 6(7). Dispoñible en: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC2707599/pdf/pmed.1000097.pdf 18. Trébol C, Simón M, Murillo M, Pérez S, Moreno S, Simón A. Úlceras por presión. Efectividad de los ácidos grasos hiperoxigenados en la prevención. RSI. [Internet]. 2021 [citado 21 de febreiro de 2022]. Dispoñible en: https://revistasanitariadeinvestigacion.com/ulceras-por-presion-efectividad-delos-acidos-grasos-hiperoxigenados-en-la-prevencion/ 19. Juan A, Bricio C, Rodríguez RM, Sanchís T, Medrano A, Martín MI. Ácidos grasos hiperoxigenados en la prevención de UPP. RSI. [Internet]. 2021 [citado 21 de febreiro de 2022]. Dispoñible en: https://revistasanitariadeinvestigacion.com/acidos-grasos-hiperoxigenados-enla-prevencion-de-upp/ 20. William P. Effectiveness and value of prophylactic 5-layer foam sacral dressings to prevent hospital-acquired pressure injuries in acute care hospitals: An Observational Cohort Study. JWOCN. [Internet]. 2017 [citado 03 de marzo de 2022]; 44(5):413-419. Dispoñible en: https://journals.lww.com/jwocnonline/Fulltext/2017/09000/Effectiveness_and_V alue_of_Prophylactic_5_Layer.3.aspx 21. Sianes-Gallén M, Pujol-Garcia AM, Rus M, Partera C, López M, Call S, et al. Pressure injuries during the SARS-CoV-2 pandemic: a retrospective, casecontrol study. J Tissue Viability. [Internet]. 2021 [citado 03 de marzo de 2022]; 30(4):478-483. Dispoñible en: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0965206X21000966?via%3D ihub# 22. Gupta P, Shiju S, Chacko G, Thomas M, Abas A, Savarimuthu I, et al. A quality improvement ptogramme to reduce hospital-acquired pressure injuries. BMJ Open Qual. [Internet]. 2020 [citado 03 de marzo de 2022]; 9. Dispoñible en: