A fraseoloxía inédita do dicionario de Eladio Rodríguez
Full text
DSpace da Universidade de Santiago de Compostela http://dspace.usc.es/ Instituto da Lingua Galega ___________________________________________________ http://ilg.usc.gal A� lvarez de la Granja, Marıa / Ernesto Gonza lez Seoane (2016): «A fraseoloxıa ine dita do dicionario de Eladio Rodrıguez», en Manuel Gonza lez Gonza lez (ed.), Lingua, pobo e terra. Estudos en homenaxe a Xesu s Ferro Ruibal. Santiago de Compostela: Centro Ramo n Pin eiro para a Investigacio n en Humanidades, 163-189. ISBN: 978-84-453-5236-6 ________________________________________________________ You are free to copy, distribute and transmit the work under the following conditions: •Attribution — You must attribute the work in the manner specified by the author or licensor (but not in any way that suggests that they endorse you or your use of the work). •Non-commercial — You may not use this work for commercial purposes.
Xunta de Galicia: Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades Santiago de Compostela - 2016 Lingua, pobo e terra Estudos en homenaxe a Xesús Ferro Ruibal MANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ (ED.)
O noso agradecemento a María Carbajo pola axuda prestada na uniformización dos textos Maquetación e impresión: Grafisant, S.L. ISBN: 978-84-453-5236-6 Depósito legal: C 1602-2016 © Xunta de Galicia. Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades © González González, Manuel Edita: Xunta de Galicia. Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades Lingua, pobo e terra: estudos en homenaxe a Xesús Ferro Ruibal / edición a cargo de Manuel González González – Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, 2016. 544 p.; 24 cm. Homenaxes – Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades D.L. C 1602-2016 ISBN: 978-84-453-5236-6 1. Lingua galega 2. Lexicografía galega 3. Fraseoloxía 4. Historia da lingua galega 5. Onomástica 6. Dialectoloxía 7. Corpus I. Ferro Ruibal, Xesús II. González González, Manuel III. Xunta de Galicia: Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.
❘ 163 A fraseoloxía inédita do dicionario de Eladio Rodríguez María Álvarez de la Granja Ernesto González Seoane Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela 1. Introdución Hai case trinta anos, en 1987, saía do prelo o Refraneiro galego básico, unha obra na que Xesús Ferro Ruibal reunía e presentaba, organizadas tematicamente, as máis de 11.000 paremias recollidas por Eladio Rodríguez González na versión do Diccionario Enciclopédico Gallego-Castellano publicada por Galaxia. Algúns anos despois, a pretensión de reconstruír o longo e complexo proceso de elaboración desta obra cimeira da lexicografía galega premoderna levounos a analizar a súa versión manuscrita e permitiunos constatar as diverxencias existentes entre o texto orixinal composto polo lexicógrafo ribeirao e o que finalmente viu a luz en forma impresa entre 1958 e 1961 (cfr. Álvarez de la Granja e González Seoane, 2001). Entre as informacións contidas nas fermosas cuartillas que constitúen o manuscrito do dicionario e que se omitiron na edición da obra figuran un pequeno feixe de refráns e unhas cantas locucións e colocacións que, por razóns diversas, os editores decidiron suprimir. Ao recuperarmos agora estas informacións, inéditas ata o momento presente, pretendemos ofrecerlle a Xesús Ferro un testemuño de amizade, admiración e recoñecemento. El soubo apreciar, antes ca ninguén, a riqueza paremiolóxica que encerraban as páxinas do Eladio. Estamos seguros de que saberá tamén valorar esta modesta contribución á necesaria restauración da súa integridade. 1.1. Do manuscrito á versión impresa do dicionario Como é sabido, tras diversas tentativas de publicación ao longo dos anos 20 e 30 do século pasado, que seguramente non prosperaron por mor das dimensións da obra, o dicionario galego-castelán de Eladio Rodríguez quedou inédito á morte do seu autor en 1949. Arredor de dez anos máis tarde, entre 1958 e 1961, a editorial Galaxia publicou finalmente a obra, nunha edición en tres volumes que tomou como base o manuscrito de preto de 15.000 cuartillas depositado, xunto con outros materiais complementarios do dicionario, na Fundación Penzol.
María Álvarez de la Granja ❚ Ernesto González Seoane ❘ 164 Son varios os indicios que suxiren que o manuscrito que o autor deixou á súa morte, e que foi utilizado por Galaxia para a publicación do dicionario, estaba en realidade formado por dous fragmentos de dúas versións diferentes e sucesivas da obra, que responden a dúas concepcións así mesmo distintas. Nesta dirección apuntan, por exemplo, as profundas diferenzas que se poden apreciar doadamente se se comparan as primeiras e as últimas letras do manuscrito, e que afectan, tanto á extensión e ao volume das entradas (moito menores a partir da letra H) como ás fontes, literarias e non literarias, empregadas para a redacción dos artigos (abonde con indicar neste sentido que o 90% das citas de autoridade contidas no dicionario corresponden ao fragmento A-E). Tomando como base estes e outros indicios, consideramos que a segunda metade do manuscrito, moito máis breve que a primeira, pobre en información enciclopédica e apenas autorizada, formaba parte dunha versión do dicionario que Eladio decidiu reescribir, ampliar e autorizar, posiblemente a partir dos anos finais da década de 1930. Con todo, o noso autor só chegaría a culminar este proceso de reelaboración nas primeiras letras do dicionario. Cando algún tempo despois da morte do autor, o seu fillo Julio Rodríguez Yordi confiou o manuscrito á editorial Galaxia, os seus responsables iniciaron de contado as xestións para a súa publicación. Ao que parece, a iniciativa non atopou en Galicia quen puidese ou quixese asumir os custos da edición, e finalmente o proxecto saíu adiante mercé ao apoio económico da Galicia emigrante, e nomeadamente da Casa de Galicia de Caracas. Como é ben sabido, os editores non se limitaron a transcribir a obra orixinal, senón que interviñeron nela para introducir diversas correccións, fundamentalmente co fin de modernizar e acomodar a ortografía ás convencións que rexían na editorial (eliminación de apóstrofos, modificación do sistema de acentuación gráfica, supresión dos guións de enlace etc.) e de reducir a extensión do texto. De maneira xeral, pódese dicir que as intervencións deste último tipo estaban encamiñadas a eliminar do dicionario lemas e acepcións non diferenciais con respecto ao español, e de xeito especial palabras cultas ou pertencentes á linguaxe científico-técnica, e tamén informacións enciclopédicas non especificamente galegas. Por regra xeral, a intervención dos editores, en particular a consistente na supresión de elementos, quedou rexistrada no manuscrito en forma de riscaduras. Por outra banda, polo que se refire á intensidade e regularidade da intervención, cómpre advertir que a actuación dos editores dista moito de ser regular e sistemática. Existen diferenzas ostensibles de letra a letra que non sempre resulta doado xustificar. En calquera caso, e como tendencia xeral, si se pode
165 ❘ A fraseoloxía inédita do dicionario de Eladio Rodríguez dicir que a intervención é moito máis intensa nas primeiras letras do dicionario, coincidindo coa parte do manuscrito que, conforme diciamos pouco máis arriba, don Eladio tivo tempo de reescribir e ampliar. Capítulo á parte merece a letra X, na que as versións manuscrita e impresa presentan tal grao de discordancia que é posible afirmar con absoluta certeza que neste punto, e por razóns que ignoramos, os editores non empregaron o texto do lexicógrafo ribeirao. De feito, esta letra non presenta no manuscrito, a diferenza do que acontece con todas as demais letras, ningunha marca nin riscadura. Polo demais, a versión impresa inclúe nela referencias a sucesos acaecidos despois da morte de don Eladio. 1.2. Criterios de selección das expresións Nas páxinas que seguen ofrecemos unha listaxe das expresións (nomeadamente locucións, fórmulas e refráns) que Eladio Rodríguez incluíu no seu manuscrito baixo as etiquetas «Locs., frs. y mods.», «Rfrs.» ou, menos frecuentemente, «Frs.», «Loc. adv.» e «Mod. adv.», e que non pasaron á edición de Galaxia. Así e todo, debe terse en conta que esta relación non é o resultado dun confronto exhaustivo entre as versións manuscrita e impresa do dicionario, senón simplemente un inventario das expresións de cuxa eliminación quedou constancia explícita a través das riscaduras que realizaron os editores de Galaxia. A única excepción constitúea a letra X, un caso singular, segundo acabamos de ver, para o que si realizamos un expurgo sistemático do texto orixinal. Baixo as etiquetas indicadas no parágrafo precedente encontramos expresións de moi diferente tipo: unidades fraseolóxicas (locucións como pechal-os beizos, fórmulas como ¡bato á Dios! e, por suposto, refráns como Unha auga de Abril e duas de Maio valen máis que os bois i-o carro), colocacións (arriar un bote), combinacións frecuentes sen carácter fraseolóxico (apartar de sí) ou mesmo algunha unidade monolexical (¡acabouse!). A maior parte destas expresións figuran baixo a entrada dalgúns dos seus compoñentes, pero encontramos tamén unhas poucas locucións que constitúen entrada propia (vid, por exemplo, a granel). Excluímos do noso traballo as expresións, normalmente compostos sintagmáticos e colocacións, que o lexicógrafo situou, sen epígrafe introdutora, despois da última acepción do lema e antes das locucións, frases e modismos, cando estes existen. A modo de exemplo, na entrada arco Eladio Rodríguez introduciu e definiu os compostos sintagmáticos arco de ferradura, arco gótico, arco mourisco, arco oxival, arco trunfal e arco voltaico e na entrada absolver as
María Álvarez de la Granja ❚ Ernesto González Seoane ❘ 166 colocacións absolver con cautela e absolver de Prior, todas elas suprimidas na edición de Galaxia. Nótese que estes sublemas van frecuentemente acompañados de extensos comentarios de carácter extralingüístico que, por razóns de espazo, fan inviable a súa inclusión neste traballo. Excluímos tamén as expresións suprimidas na edición de Galaxia que teñen carácter meramente remisivo, así como aqueloutras que simplemente foron desprazadas polos editores a outro lugar da obra: así, por exemplo, a expresión tomballós (andar ôs) figura con entrada propia no manuscrito de Eladio Rodríguez, entrada que foi eliminada ao se publicar a obra. No entanto, a combinación, co lema andar ós tomballós, foi situada polos editores baixo a entrada tomballón. 1.3. Criterios de presentación das expresións O noso obxectivo é reproducir fielmente as expresións que figuran no manuscrito de Eladio Rodríguez. Por tal motivo, mantemos as solucións gráficas do lexicógrafo (En Xaneiro, sete lobos pol-o carreiro, Estar á grande altura), así como as súas propostas de lematización. Cada expresión aparece normalmente encabezada por unha palabra clave en negriña que coincide co lema baixo o cal Eladio Rodríguez situou a combinación no seu manuscrito. As distintas palabras clave ordénanse alfabeticamente entre si. Cando figuran introducidas por un asterisco, debe interpretarse que as correspondentes entradas foron suprimidas na súa totalidade na edición de Galaxia. Así, nun caso como o seguinte, debemos entender que o artigo lexicográfico encabezado por abecé non existe na obra publicada1: *abecé Estar no abecé, estar en las primeras letras del abecedarios, o en los principios de algún arte o ciencia. Non sabel-o abecé, no saber leer, ignorar muchas cosas por falta de ilustración, no entender de cosa alguna. Nas poucas ocasións en que o autor outorgou entrada propia e independente ás expresións, estas funcionan como elemento ordenador, coa mesma le1 Esta é a entrada completa que foi eliminada: Abecé s.m. Abecé, nombre vulgar del alfabeto —Abecé, principios o rudimentos de algún arte, ciencia o facultad. Var. ABC. Locs., fras. y mods.: Estar no abecé, estar en las primeras letras del abecedario, o en los principios de algún arte o ciencia —Non sabel-o abecé, no saber leer, ignorar muchas cosas por falta de ilustración, no entender de cosa alguna.
167 ❘ A fraseoloxía inédita do dicionario de Eladio Rodríguez matización proposta por Eladio Rodríguez. Nestes casos, utilizamos tamén asterisco cando a entrada foi eliminada na edición de Galaxia. *da capo mod. adv. ital. que se emplea en música para denotar que debe volver a principiarse aquel pasaje que hay que repetir. Contrariamente, se a palabra clave (ou a expresión ordenadora) non figura precedida de asterisco, debemos entender que a entrada se mantivo na obra publicada, pero que a combinación ou as combinacións ofrecidas por nós foron suprimidas. As diferentes expresións situadas baixo cada palabra clave preséntanse na mesma orde, normalmente alfabética, en que figuran no manuscrito. Aínda que Eladio Rodríguez dispuxo as locucións nun mesmo parágrafo, separadas por trazo longo, nós introducimos un salto de liña despois de cada unha delas para facilitar a lectura. Por outro lado, prescindimos en xeral das diferentes etiquetas clasificatorias empregadas por Eladio Rodríguez: unicamente mantemos a indicación «Rfrs.» e aquelas indicacións categoriais inseridas na propia definición e que, por tal motivo, non poden ser suprimidas (vid. supra a definición de da capo). Algunhas das expresións listadas nesta recadádiva van acompañadas de marcas cuxo sentido aclaramos a continuación. Empregamos corchetes ([ ]) nos casos en que os editores de Galaxia mantiveron a expresión, pero suprimiron unha parte da súa definición. Os corchetes encerran o fragmento da subentrada que se conservou na obra publicada. Así, en [¡Acabouse!, úsase para poner término a una conversación o discusión que comienza a ser violenta; y equivale a: deixemos eso]. También se emplea cuando entre un vendedor y un comprador se regatea en el precio de una cosa sin llegar a un acuerdo, hasta que uno desiste de seguir porfiando, caso en el cual suele decir: non hai nada do dito. debemos entender que na edición de Galaxia figura o texto situado entre corchetes, pero que se suprimiu a aclaración posterior relativa ao emprego da expresión no ámbito da compravenda. O símbolo ‘aproximadamente igual a’ (≈) indica que a expresión suprimida polos editores aparece recollida no manuscrito e na publicación de Galaxia baixo outra entrada diferente, ben sexa con outra definición, ben sexa con outra lematización. Só introducimos a etiqueta cando entendemos que as
María Álvarez de la Granja ❚ Ernesto González Seoane ❘ 168 expresións das dúas entradas son en realidade as mesmas, pero que foron definidas e/ou lematizadas de distinto xeito por Eladio Rodríguez. Vexamos un exemplo en que se dan as dúas circunstancias ao tempo: no manuscrito e na edición de Galaxia, baixo a entrada cabeza, encontramos a expresión abrirlle a un a cabeza definida como ‘descalabrarlo, herirlo en ella’; por outra banda, a expresión abrirlle a cabeza á un, definida como ‘descalabrársela, darle en ella un fuerte golpe produciéndole herida grave’ figura no manuscrito baixo a entrada abrir e foi suprimida polos editores. Por tal motivo, reproducímola na nosa listaxe, pero introducida por ≈, dando conta así da presenza dunha subentrada moi similar baixo outra entrada do dicionario editado por Galaxia2. ≈Abrirlle a cabeza á un, descalabrársela, darle en ella un fuerte golpe produciéndole herida grave. Non empregamos a citada marca cando o que encontramos noutra entrada da obra publicada é unha expresión coincidente ou próxima na forma, pero cun significado claramente distinto. Por outro lado, algunhas das unidades etiquetadas como refráns por Eladio Rodríguez van precedidas do símbolo igual (=), que dá conta da presenza da mesma paremia noutra entrada do dicionario. Só empregamos o citado símbolo cando a expresión coincide exactamente en ambas as entradas, prescindindo de diferenzas de puntuación ou de carácter gráfico. A este último respecto, debe terse en conta que, como xa indicamos, os editores de Galaxia modificaron a ortografía do manuscrito, o que nos leva a considerar coincidentes, por exemplo, a paremia suprimida ¿Por qué non te casas, Xan? As que me dan non-as quero, i-as que quero non mas dan, que figura no manuscrito de Eladio Rodríguez baixo a entrada Xan, e a expresión ¿Por qué non te casas Xan? As que me dan nonas quero, e as que quero non mas dan, que pode atoparse naquel e na publicación de Galaxia baixo casarse. No caso de que a variación teña maior entidade non se introducirá marca de ningún tipo (cf. por exemplo, Obreiro en Xaneiro, pan che comerá, e obra non che fará, que encontramos en Galaxia baixo obreiro e En Xaneiro, o obreiro pan che comerá, e obra non che fará, que pode atoparse baixo Xaneiro no manuscrito, pero non na obra publicada; esta última variante figura na listaxe sen marca introdutoria por ter unha estrutura lixeiramente diferente da anterior). 2 Non encontramos ningún caso de expresións suprimidas que se repetisen noutra entrada de Galaxia con exactamente a mesma definición.
175 ❘ A fraseoloxía inédita do dicionario de Eladio Rodríguez Suele usarse con algunos tiempos de los verbos andar, facer, ir, vir, etc. asentar Asentar praza, inscribirse como soldado voluntario. atado, da ≈Atado de pès e mans, sin libertad de acción. ≈Ter atádal-as maus, no poder intervenir ni desenvolverse libremente en alguna cuestión. atallo Un atallo de bribós. Un escritor gallego emplea esta locución, que es traducción literal de la castellana «Un atajo de bribones», y que nada tiene de gallega. En nuestra lengua vernácula, la equivalencia propia de ese castellanismo innecesario es un fato de galopís, que está muy en uso. V. en fato. atar Atar cabos, reunir antecedentes para averiguar algo o deducir consecuencias. Resumir, puntualizar los conceptos vertidos en un discurso. Combinar ideas, unir cosas. Rfrs. =Atar os cás con longanizas5. atardecer Ô atardecer, al atardecer, a la caída de la tarde, a última hora de la tarde. atravesarse Atravesárselle á un unha persoa, aborrecerla. auga É como auga de borraxas, expresa el desencanto que se experimenta por no dar una cosa el resultado que se esperaba o que uno se había propuesto. Máis craro, auga, da a entender que una cosa es tan patente que sólo el agua puede superarla en claridad. Rfrs. A auga de Xaneiro, hastr’ a sega tèn tempero. A auga de Xaneiro todo o ano tèn tempero. A auga fai á un limpo. Algo terá a auga cando a bendicen. Auga, auga, que se queima a casa. Da auga mansa líbreme Dios, que da brava librámonos nós. Unha auga de Abril e duas de Maio valen máis que os bois i-o carro. augas Facer augas maiores, defecar. Facer augas menores, orinar. ≈Nadar entre dúas augas, contemporizar con dos opiniones opuestas o con dos organizaciones de fines distintos. ausencia Facer boas ausencias, elogiar a uno cuando no está presente. Facer malas ausencias, vituperar, hablar o decir mal de una persona que no está delante. *autos Estar en autos, estar enterado de alguna cosa. Poñer á un en autos, exponerle los antecedentes de una cuestión. avante Ir avante, conseguirse, efectuarse, realizarse, progresar, continuar haciendo una cosa sin reparar en los obstáculos. Sacar avante unha cousa, llevarla a feliz término. ave Ser ave de paso, aplícase a la persona que se detiene muy poco en una población o en el ejercicio de un empleo. 5 Vid. infra s.v. can, onde a expresión aparece tratada como locución.
María Álvarez de la Granja ❚ Ernesto González Seoane ❘ 176 Ser unha ave fría, se dice de la persona de poco espíritu y viveza; de la que está como encerrada en su casa y sale poco a la calle, o que sólo puede verse de noche. aviso Estar sobre aviso, estar prevenido y con cautela o cuidado. axuda Coa axuda de Dios, Dios mediante, con la protección de Dios. axudar Axudar â misa, servir y responder al sacerdote en el santo sacrificio de la misa. ≈Diol-o axude, Dios lo ayude, dícesele al pobre a quien no se le da la limosna que pide. axustar Axustal-a conta, denota que una cosa o una partida liquidó o completó la cuenta. Axustarlle á un as contas, llamarle a capítulo, reprenderle por alguna acción que merece ser corregida. azougue Parecer o Ser un azougue, dícese de la persona sumamente inquieta, y particularmente de los niños. Ter o azougue no corpo, dícese del chiquillo que bulle, que está inquieto y sin sosiego, que no para un instante, como si tuviese el hormiguillo. B baba Caírlle a baba á un, sentir y demostrar excesivo gusto o complacencia por alguna cosa agradable. badana Zurral-a badana, dar una paliza. Zurrarlle a badana á un, pegarle, maltratarlo de obra, darle una zurra. baile Dar un baile, reunir una familia en su casa a sus amistades, para danzar y divertirse. baixa Dar de baixa, excluir a uno de la dependencia o cuerpo en que prestaba sus servicios. Darse de baixa, dejar de pertenecer a una corporación, sociedad, etc.; cesar en la industria o profesión a que venía dedicándose. bala Coma unha bala, pondera la presteza o velocidad con que una persona o cosa va de una parte a otra. É un bala perdida, dícese comúnmente del joven ligero de cascos o de juicio y cuya conducta deja bastante que desear. balesta Armal-a balesta, disponerla para tirar. bandeira Á bandeiras despregadas, abiertamente y sin el menor disimulo. bando Facer bando aparte, separarse de aquellos con quienes se ha vivido o estado acorde. *bañado, da Bañado en sangue, ensangrentado, mal herido. Bañado en suor, sudando copiosamente. *bañarse Bañarse en auga de rosas, sentir vivo placer por alguna cosa. Alegrarse del mal de otro. barato Cobral-o barato, predominar una persona imponiéndose a otras. barreira Rfrs. Onde hai barreira, logo se fai lameira.
177 ❘ A fraseoloxía inédita do dicionario de Eladio Rodríguez barrer Rfrs. Us por outros, e a casa sin barrer. barriga ≈Sacal-a barriga de mal ano, comer opíparamente, matar el hambre. Rfrs. De corenta pr´arriba, non móllel-a barriga. batalla Presentar batalla, ponerse un ejército delante del enemigo provocándolo a batalla. bater Bater o cobre, dícese de las duras fatigas que se pasan para lograr algo que se desea y que se juzga difícil. ¡Bato á cribas!, expresión de enojo, de cólera o de contrariedad. ¡Bato á Dios! ¡Juro a Dios!, exclamación que se pronuncia en un arranque de ira; especie de juramento o execración (Abonada por el Dic. de la R.A.G.). baterse Baterse en retirada, retroceder peleando. *beabá Non saber o beabá, lo mismo que non saber o abecé. beber Bebel-os aires o Bebel-os ventos por unha cousa, desearla con ansia y hacer con diligencia cuanto es posible para conseguirla. Beber â saúde de algún, brindar, beber en un banquete o fiesta a la salud o prosperidad de alguno. Rfrs. Beber sin comer, é andar sin ver. becerro Cantar coma un becerro, cantar desagradablemente y con voz bronca. Ter voz de becerro, tener la voz áspera y desagradable. becho Rfrs. Becho que non come, morre. beizos [Lambel-os beizos, relamerse, lamer los labios con la lengua para saborear mejor la substancia de algún agradable manjar que quedó pegado a ellos]. Lo dice el Dic. de la R.A.G., pero es acción sólo propia de ineducados. Morderse os beizos, manifestar con ese gesto un sentimiento de rabia o de contrariedad. Non desapegal-os beizos, no descoser o no despegar los labios, callar o no contestar. Pechal-os beizos, no hablar ni una palabra. bès Rfrs. Bès, cantos vexas; e casa, canta queipas. Os bès do sancristán, cantando se veñen e cantando se van. bicho É un bicho raro, aplícase a la persona ridícula, que tiene rarezas y extravagancias. Mal bicho, dícese del hombre mal inclinado o de perversa intención. C cabalaría Meterse en cabalarías, meterse uno en empresas superiores a sus fuerzas. Meterse en libros de cabalarías, meterse en lo que uno no entiende o no le importa. cabalo Rfrs. Á cabalo bravo, carreira longa. O cabalo, grande; que ande ou que non ande. cabeceira  cabeceira, dícese de lo que está a la cabecera del lecho, como la mesa de noche, o cualquier otro objeto colocado detrás del testero de la cama.  cabeceira de un enfermo, haciendo compañía a un enfermo, asistiéndole
María Álvarez de la Granja ❚ Ernesto González Seoane ❘ 178 continuamente para todo lo que necesite. caber Non caber o corazón no peito, estar muy contento y alegre. Non caber un en sí, estar lleno de gozo, de satisfacción. Tener mucha soberbia o vanidad. cabeza Encasquetarse o sombreiro na cabeza, cubrirse, permanecer cubierto irrespetuosamente. Escarmentar en cabeza allea, tener presente el suceso ajeno funesto o trágico para evitar la misma adversidad. Mala cabeza, desarreglado, calavera, de poco juicio. Metérselle á un na cabeza algunha cousa, figurársela con poco o ningún fundamento, y obstinarse en considerarla cierta o probable. Pasarlle unha cousa á un pol-a cabeza, antojársele, imaginarla. Perdel-a cabeza, atolondrarse, perder la memoria. Poñer á precio a cabeza de alguén, prometer una suma a quien lo capture o lo mate. Poñerse na cabeza algunha cousa, ofrecerse a la imaginación sin antecedente ni motivo. Por cabeza, individualmente, por cada individuo. ≈Quitar da cabeza, disuadir a uno de algún empeño. En sentido vulgar también significa inventar o idear una obra de ingenio o de imaginación y llevarla a término. Romperlle á un a cabeza, descalabrarlo o herirlo en ella. Romperse un a cabeza, cansarse o fatigarse mucho con el estudio o investigación de alguna cosa . Sacar un da sua cabeza algunha cousa, inventarla o fingirla. ≈Saír coas maus na cabeza, salir mal en alguna empresa en que uno se metió. ≈Sen pès nen cabeza, disparatadamente. Sentar un a cabeza, hacerse juicioso el que era desordenado y turbulento. Sobirse â cabeza, ocasionar aturdimiento o mareo los vapores del vino u otra bebida alcohólica. Ter a cabeza á paxaros, no tener juicio, estar distraído. Ter na cabeza algunha cousa, tenerla presente con todo cuidado. Tocado da cabeza, dícese del que empieza a perder el juicio. Traer na cabeza, andar estudiando algún proyecto, llevarlo en la imaginación para darle forma y realidad. Virlle á un â cabeza algunha cousa, ocurrírsele alguna idea. cabezada Dar cabezadas, inclinar, torcer y volver a enderezar repetidas veces la cabeza el que dormita o se deja vencer del sueño. cabo ≈Dar cabo de un, quitarle a uno la vida. cabos ≈Átalle cabos, indica la dificultad de dar sentido a alguna cosa que se lee o se oye decir. Atar cabos, reunir antecedentes o datos para averiguar algo o deducir una consecuencia; puntualizar las cosas con toda claridad; resumir los conceptos de un discurso. caca Facer caca, defecar el niño, y por ext., las personas mayores. cachete De cachete, de repente, de golpe. Poñerlle á un os cachetes â cara, ponerle los puños a la cara.
179 ❘ A fraseoloxía inédita do dicionario de Eladio Rodríguez cadavre Parece un cadavre, dícese de la persona enferma, sumamente flaca y debilitada. cadea Botal-a cadea, echar la cadena para cerrar un puerto, un puente, etc. cagarse ≈Cagarse de medo, denota el mucho miedo o temor de que se halla poseída una persona. Caín ≈Pasal-as de Caín, dícese de la persona que pasa por graves apuros o se ve en situaciones muy comprometidas, quizá por referencia al personaje bíblico Caín, hijo primogénito de Adán y Eva, que por envidia mató a su hermano Abel y anduvo después errante y fugitivo. caír ≈Caír a alma ôs pes, descorazonarse ante un suceso desgraciado e imprevisto. Caír a cara de vergoña, quedar uno avergonzado y corrido. Caír a folla, despojarse los árboles de sus hojas. Caír chuzos, llover mucho y gotas muy gruesas. Caír da burra, darse cuenta, convencerse de algo que no se alcanzaba a comprender. Caír das nubes, suceder providencialmente o de una manera impensada. ≈Caír de pè com’os gatos, salir bien y felizmente de un asunto que presentaba muy mal cariz. Caír do burro, lo mismo que caír da burra. ≈[Caír do seu estado], descender de su estado, [venir a menos]. ≈Caír en desuso, pasar de época, estar fuera de uso. ≈Caír en disgracia, perder el favor o la protección de alguno. ≈Caír en gracia, agradar, hacerse simpático. Caír en saco roto, desaprovechar un consejo o advertencia. Caír en tentación, no tener fuerza de voluntad suficiente para resistir una tentación o sobreponerse a ella. Caír no ridículo, hacer el ridículo. Caír o maná, venir de guagua. Caír o pelo, encalvecer. Caír os anelos, empléase comúnmente precedida de negación: Non lle caen os anelos, refiriéndose al que parece desdorarse, rebajarse o decaer de su posición social si de dedica a menesteres humildes o impropios de la categoría o del rango que él cree tener. Caír pr´atrás, caer de espaldas. caírse Caírse a cara de vergonza, experimentar turbación del ánimo con encendimiento del rostro, por algo que se juzga bochornoso para la propia dignidad o el pudor. Caírse de risa, reírse a mandíbula batiente, desternillarse de risa. Caírselle a baba á un, babearse, mostrarse excesivamente encantado y orgulloso de una cosa propia o de algo que le pertenece. Caírse un redondo, quedarse tendido en el suelo por algún desmayo u otro accidente. Non ter onde caírse morto, estar en la mayor pobreza, carecer absolutamente de todo para vivir. cal Unha de cal e outra de area, expresa que alguien dice o hace cosas distintas o contrarias, alternativamente, para contemporizar. calada Dal-a calada por resposta, dejar intencionalmente de contestar.
María Álvarez de la Granja ❚ Ernesto González Seoane ❘ 180 calar Calar coma na misa, sin hablar. Rfrs. Calemos, que ben nos entendemos. O que cala, consinte. Quen calar non pode, falar non sabe. caldo Facerlle á un o caldo gordo, darle o proporcionarle los medios que para alguna cosa le faltaban, o en que principalmente estaba el conseguirla. Rfrs. Cando falta o pan, ben boa é a carne6. *calendas Prás calendas gregas, nunca, jamás, porque los griegos no tenían calendas. calor ≈Afogarse de calor, estar uno muy fatigado o sofocado por el calor excesivo. Con calor, con vehemencia, con entusiasmo, animadamente. Dar calor, fomentar, avivar, animar, ayudar a otro para acelerar alguna cosa. Entrar en calor, comenzar a animarse; adquirir vehementes deseos de terminar alguna cosa que se ha empezado. calquera Ser un calquera, ser una persona vulgar, poco importante o de poco más o menos. calzar Calzal-as esporas, calzar las espuelas, ceremonial con que en las antiguas órdenes de Caballería se armaba algún caballero poniéndole las espuelas. cama Facer cama redonda, acostarse varias personas en una misma cama. ≈Saltar da cama, lanzarse de ella ligera y aceleradamente. Volver pr´a cama, recaer en una enfermedad. Rfrs. A cama garda a fama. camiño Abrir camiño, facilitar el tránsito de una parte a otra; proporcionar o indicar a una persona el medio de salir de alguna dificultad. Abrirse camiño, prosperar, conseguir uno su mejoramiento por medio del trabajo, del estudio, etc. Atravesarse no camiño de algún, estorbarle sus planes o proyectos. Botar cada un pol-o seu camiño, estar discordes dos o más personas en sus dictámenes. Estar en bo camiño, obrar y proceder bien en todos los casos. Ir camiño da morte, se dice de todos desde que nacemos. Ir camiño da ruína, malgastar la hacienda propia sin provecho alguno. Ir camiño de un lugar, dirigirse a él. Ir camiño do ceo, dícese entre los católicos de las personas buenas, compasivas y virtuosas, a las que juzgan merecedoras de alcanzar la gloria eterna. ≈Levar mal camiño, dedicarse a vicios y malas costumbres; estropearse una cosa. Traer á un ô bo camiño, sacarlo del error en que estaba, o apartarlo de la mala vida a que venía dedicándose. camisa Dar hastr´a camisa, ser uno muy caritativo y en extremo dadivoso. Deixar á un en camisa o sin camisa, arruinarlo, quitarle cuanto tenía. En camisa, con sola la camisa puesta y con calzado cuando más. 6 Obsérvese que o refrán non contén a voz caldo, malia situarse baixo este lema.
181 ❘ A fraseoloxía inédita do dicionario de Eladio Rodríguez En faldra de camisa, sin más que la camisa desde la cintura para abajo. En mangas de camisa, con el pantalón y la camisa y también con el chaleco. Estar sin camisa, ser muy pobre, vivir en la mayor indigencia. Meterse en camisa de once varas, meterse uno donde no lo llaman, mezclarse en asuntos que nada le importan, emprender negocios o trabajos superiores a sus facultades o fuerzas. ≈Non chegarlle á un a camisa ô corpo, estar muy asustado por algún riesgo que le amenaza. Quedar sin camisa, perder cuanto tenía para poder vivir. Vender hastr´a camisa, deshacerse de todo lo que tiene sin reservarse cosa alguna. Volvel-a camisa, variar de opinión. Xogar un hastr´a camisa, jugar cuanto uno tiene; tener desordenada afición al juego. campana Botal-as campanas á voo, echarlas a vuelo, dar publicidad jubilosa a un asunto que se cree satisfactorio y beneficioso. Ouvir campanas e non saber onde, tener noticias vagas, indefinidas y confusas de las cosas. campo Á campo aberto, dícese de los antiguos duelos o desafíos que se verificaban en terreno sin valla hasta rendir el vencedor al vencido, no bastando que éste cediese el campo, como en los duelos dentro de palenque cerrado. ≈Deixal-o campo libre, retirarse de alguna petición o empeño en que hay otros competidores; dejar en libertad a otro para algún fin. Levantal-o campo, abandonar un ejército el campo que ocupaba. Partil-o campo, en los antiguos retos y desafíos, señalar a los combatientes terreno igual para que peleasen sin ventaja de uno sobre otro. can Á outro can co´ese òso, expresión con que se repele al que artificiosamente propone una cosa denigrante que puede mancillar a otro. Atar os cás con longanizas, dar grandes beneficios sin esfuerzos, trabajos ni sacrificios. ¿Coidas que aquí atan os cás con longaniza?, suele decirse al que cree que la tierra en que se halla es la tierra de promisión donde cae el maná. Levarse como cás e gatos, dícese de los que están en constante disidencia, riñendo sin cesar e increpándose mutuamente. Non quedou can nin gato; por no quedar nadie. Non quedou can nin gato que non-o soupese, significa que lo supieron todos. Pasar vida de can, vivir con grandes trabajos y privaciones. Rfrs. Ô can bótalle un òso, se o queres amansar logo. Oubéeme o can e non me morda. candado Poñerlle un candado â boca, callar, cuando se está con otros que hablan o discuten; guardar un secreto. cantar Cantarllas craras á un, cantárselas claras, decirle con franqueza la verdad, aun en aquello que pueda molestarle. Cantar misa, decir la primera misa un sacerdote. Cantar vitoria, vanagloriarse, proclamar el triunfo cuando se está a punto de conseguirlo. Rfrs. Quen canta os seus males espanta.
María Álvarez de la Granja ❚ Ernesto González Seoane ❘ 182 cántaro Á cántaros, en abundancia, a torrentes, con mucha fuerza. Úsase precedida de los verbos caír y chover. canto Darse c´un canto no peito, darse uno por contento cuando lo que le ocurre es más favorable y menos adverso de lo que podía esperarse. O canto do cisne, dícese de la última obra de un poeta o de un músico, terminada pocos días antes de la muerte. Los antiguos creían que el cisne entonaba antes de morir un canto muy melodioso. capa Andar de capa caída, padecer uno gran decadencia en su bienes, fortuna o salud. Úsase también precedida de los verbos estar, ir y otros. Defender á capa i-espada, defender a todo trance y con gran empeño a una persona o cosa. Facer capa, proteger, encubrir a uno. ≈Facer un da súa capa un saio, hacer lo que quiere con toda libertad en lo que a él solo pertenece o atañe. capela Estar en capela, dícese del reo que está en la capilla de la prisión desde que se le notifica la sentencia de muerte hasta que se le ejecuta. También expresa que uno está esperando un inminente suceso próximo que puede serle adverso. capítulo Chamar á un á capítulo, hacerlo comparecer para reprenderle o reconvenirle. cara Á cara descoberta, a vista de todos, sin recelo ni temor, con la conciencia tranquila. Á cara ou cruz, a cara o cruz, especie de juego cuya decisión se deja al azar, echando al aire una moneda y ganando el que acierta el lado que queda visible al caer la moneda al suelo. Botar na cara á un algunha cousa, decirle sus defectos; recordarle algún beneficio o favor que se le ha hecho. Botarse un â cara algunha persoa o cousa, encontrarse o topar con ella de improviso. Caírselle á un a cara de vergonza, padecer sumo rubor por haber incurrido en alguna nota. Cara á cara, frente a frente y en presencia de alguno; manifiesta y descubiertamente. Cruzarlle a cara á un, cruzársela, herirle en el rostro, darle una bofetada. Dar coa porta na cara, despedir a uno con enojo, sin dejarle entrar, darle con la puerta en las narices, como se dice vulgarmente. ≈Dar un a cara, responder personalmente de algún hecho o dicho que se supuso molesto. Dar un a cara por outro, salir a su defensa, abonarlo, responder por él. Estar mirando á un â cara, poner gran cuidado y esmero en complacerle y darle gusto a la más leve insinuación. Na cara de un, en su misma presencia, sin miramiento alguno. Na cara se lle conoce, dícese de aquel cuyo semblante revela a simple vista su estado de ánimo y aun sus condiciones físicas o morales. Non mirarlle â cara á un, tener enojo o enfado con él. ≈Sacar un a cara por outro, lo mismo que Quital-a cara por un. Saírlle á un â cara algunha cousa, conocérsele en el semblante las señales de alguna cosa; tener que sentir por haber hecho o dicho algo.
183 ❘ A fraseoloxía inédita do dicionario de Eladio Rodríguez Tén cara de non, dícese de la persona de gesto áspero y duro que parece que no está conforme con nada. Tèn cara de poucos amigos, aplícase al displicente y ceñudo, que es al mismo tiempo de semblante huraño y arisco. Tèn cara de vinagre, dícese de la persona malhumorada, agria y poco tratable. Ter cara de desenterrado, de aspecto cadavérico. Ter cara de pau, tener poca vergüenza. Verse as caras, avistarse una o más personas con otra u otras, para dilucidar divergencias o discrepancias, para reconvenirse vivamente o para mostrar enojo o resentimiento. Viral-a cara, torcer a uno la cara, no mirar para él, pasar sin saludarle. Volvel-a cara ô enemigo, rehacerse los que van huyendo, y pelear con los que los perseguían. carabina A carabina de Ambrosio, dícese de una cosa que no sirve para nada. careta Quitarlle á un a careta, desenmascararlo, poner al descubierto sus mañas. carga ≈Á paso de carga, a toda prisa. Botar unha carga á outro, procurar que otro desempeñe la parte más pesada y molesta de la obligación propia. Tercial-a carga, repartirla en tercios o porciones de igual o parecido peso. Volver â carga, insistir en un empeño o tema; renovar una cuestión; hacer nuevas tentativas; reiterar los argumentos, las instancias, etc. carne ≈Poñerse carne de galiña, sentir una repentina impresión de terror ante un suceso espeluznante. caro, ra ≈Pódelle custar caro, dícese de algo que alguno realizó o trata de llevar a cabo y que puede traerle malas consecuencias o acarrearle serios disgustos. carreira Aforcal-a carreira, ahorcar la carrera, dejar los estudios después de comenzados. Darlle carreira á un, costearle los estudios hasta ponerle en estado de ejercer alguna facultad, arte u oficio. carrelo [Ô carrelo], al aire libre, al descubierto: [traía o pelexo ô carrelo]7. carreteiro Xura coma un carreteiro, dícese del que blasfema o prorrumpe en maldiciones. *carretilla De carretilla, por costumbre, sin reflexión ni reparo. Saber de carretilla unha cousa, decir corrientemente de memoria lo que se ha estudiado o leído, pero sin darse mucha cuenta del alcance de lo que se estudió o leyó. carrillo Comer á dous carrillos, tener dos empleos lucrativos al mismo tiempo; sacar utilidad de dos personas o parcialidades que tienen intereses encontrados, complaciendo o sirviendo a la vez a una y otra. 7 En Galaxia, sv. carrelo: Ó carrelo, a cuestas: traía o pelexo ó carrelo. No manuscrito, a definición (‘Al aire libre, al descubierto’) aparece riscada e corrixida por outra man para ‘a cuestas’).
María Álvarez de la Granja ❚ Ernesto González Seoane ❘ 184 carro Merece tirar de un carro, dícese del hombre muy torpe, pesado e inepto. Rfrs. Carro derradeiro, ou moi cargado, ou moi valeiro. carta Certifical-a carta, ponerle los sellos correspondientes y llenar los demás requisitos establecidos para seguridad de que llega a su destino, pues en caso de extravío la oficina de correos donde se certificó está obligada a pagar cierta indemnización. Darlle carta branca á un, deshacerse o desligarse de él, despedirlo. Franqueal-as cartas, ponerles en el sobre los sellos correspondientes y depositarlas en el correo. Non saber á qué carta quedarse, estar indeciso. Ser un home á carta cabal, ser muy cumplido, muy honorable. Tomar cartas n´un asunto, intervenir directamente en él para encauzarlo. Xogar á cartas vistas, obrar a ciencia cierta y de manera clara en asuntos embrollados o de resultado dudoso. [Xogar a] última carta, o [derradeira carta, hacer un último y supremo esfuerzo para lograr alguna cosa.] carto Dar un carto ô pregoeiro, divulgar o hacer pública una cosa que debía callarse. Non dárselle un carto á un, no importarle nada una cosa. cartucho Queimar o derradeiro cartucho, quemar el último cartucho, agotar todos los medios de defensa, y por extensión, apelar al último recurso en casos apurados. Dícese especialmente de los medios económicos cuando éstos se acaban. cas Rfrs. [En cas do ferreiro, coitelo de pau], En casa del herrero, cuchillo de palo. casa Botal-a casa pol-a ventana, gastar con esplendidez en un convite o con cualquier otro motivo. Casa por casa, recorriendo varias casas. Franquear á un a casa, darle permiso para que venga a ella y entre siempre que guste. Gardal-a casa, vigilarla, tener cuidado de que no entren en ella personas ajenas o sospechosas. Gobernal-a casa, administrarla bien, tenerla en buen orden. Mudar de casa, irse a vivir a otra. Na propia casa, en el propio domicilio, en donde suele morar. Poñer casa, tomar casa el que antes no la tenía, haciéndose cabeza de familia. Poñerlle a casa á un, amueblársela para que pueda habitarla. Rfrs. Â casa de túa tía, non vaias cada día. Casa sin fume nin labarada, é coma corpo sin alma. casaca Viral-a casaca, mudar de opinión, cambiar de criterio. casarse Non casarse con ninguén, no fundar ciegamente la opinión o la conducta propias en las de los demás. cascos Lixeiro de cascos, informal, de escaso juicio. Quentarse un os cascos, fatigarse mucho en trabajos intelectuales. caso En caso de que, si sucediese tal o cual cosa. En tal caso, en parecido caso; entonces. En todo caso, sea lo que fuere, como quiera que sea.