Full text
TESE DE DOUTORAMENTO
Mode los d e p rod uci ón e per fí s
profesionais par a a infografía
mult imed ia en medio s d e
comunicación
Ángel Anton io Vizoso García
Escola de Dou torame nto In ternac ional da Uni versi dade
de Santiago de Compostel a
Programa de Dout oramento en Comunicac ión e
Información Contempo ránea
Santiago de Compostela
Ano 202 1
DECLARACIÓN DO AUTOR DA TESE
D. Ángel Antonio Vizoso García
Título da tese: Modelos de produción e perfís profesionais para a
infografía multimedia en medios de comunicación
Presento a miña tese, seguindo o procedemento axeitado ao Regulamento
e declaro que:
1) A tese abarca os resultados da elaboración do meu traballo.
2) De ser o caso, na tese faise referencia ás colaboracións que tivo
este traballo.
3) Confirmo que a tese non incorre en ningún tipo de plaxio doutros
autores nin de traballos presentados por min para a obtención
doutros títulos.
E comprométome a presentar o Compromiso Documental de
Supervisión no caso de que o orixinal non estea na Escola.
En Santiago de Compostela, a 16 de xullo de 2021 .
AUTORIZACIÓN DO DIRECTOR/TITOR DA TESE
D. Xosé López García
En condición de: titor e director
Título da tese: Modelos de produción e perfís profesionais para a
infografía multimedia en medios de comunicación
Que a presente tese, correspóndese co traballo realizado por D. Ángel
Antonio Vizoso García, baixo a miña dirección/titorización, e autorizo a
súa presentación, considerando que reúne os requisitos esixidos no
Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC, e que como
director/tiro desta non incorre nas causas de abstención establecidas na
Lei 40/2015.
En Santiago de Compostela, a 16 de xullo de 2021 .
AUTORIZACIÓN DO DIRECTOR/TITOR DA TESE
D. José Pereira Fariña
En condición de: director
Título da tese: Modelos de produción e perfís profesionais para a
infografía multimedia en medios de comunicación
Que a presente tese, correspóndese co traballo realizado por D. Ángel
Antonio Vizoso García, baixo a miña dirección/titorización, e autorizo a
súa presentación, considerando que reúne os requisitos esixidos no
Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC, e que como
director/tiro desta non incorre nas causas de abstención establecidas na
Lei 40/2015.
En Santiago de Compostela, a 20 de xullo de 2021 .
Agradecementos
As teses de doutoramento son un documento inxusto. Na súa
portada aparece só un nome, pero o certo é que son unha obra colectiva.
É imposible asinar un traballo destas características sen un equipo que
axuda, aconsella e apoia sempre que é necesario. As persoas que figuran
nestas liñas son o meu equipo. Eu puxen o traballo, pero esta xente puxo
todo o demais. Así, diríxome a eles sen artificios e co agarimo que creo
que merecen por permitirme chegar aquí. Pídolle tamén desculpas ao
lector polo extenso destes parágrafos. Síntoo, pero o equipo era grande.
En primeiro lugar grazas a Xosé Pereira, porque me axudou a abrir
este camiño cando do doutoramento só sabía que comezaba pola letra
de. Grazas por todas as corr eccións, por todos os ánimos cando as
cousas n on saían ben e tamén por deixarme nas mellores mans posibles,
as doutro Xosé.
Levo aprendendo de Xosé López dende aquel setembr o de 2011
no que un monte de follas en branco apareceron na mesa duns
inexpertos aspirantes a xornalistas para ver como andaban de
actualidade. Dende aquela, por unhas cousas ou por outras e sempre
con aquel “Xosé López Styl e” que tanto lle cantei, chegou a ser unha
peza indispensable no día a día. Mil grazas por todo, profesor López.
Creo que nunca saberei dar a medida do que sup uxo un simple “Mire
na axenda para quedar” daquel martes 7 de novembro de 2017. Foi o
impulso que precisaba alguén que estaba máis preto de tirar a toalla que
de erguerse para pelexar o seguinte asalto.
Resum en
La infografía per iodística es un campo en continua evolució n. La
aparición de los cibermedios dio origen a una nueva forma de
representar visualmente las historia s, aprovechando las características
que le son propias al soporte web: la infografía multimedia. El objetivo
de esta tesis es dar cuenta de las decisiones y procedimientos que dan
lugar a la aparición de este tipo de pr oductos informativos en los medios
de comunicación en línea. A partir del análisis en profundidad de los
casos de El P aís, El Mu ndo, La Voz de Galicia y elDiario.es y del testimonio
de diversos profesionales que trabajan a diario con este género
informativo es posible dar cuenta de las princi pales tendencias en
términos de estilo, lenguaje gráfico o función en el r elato de los
cibermedios. De acuerdo con lo observado, la utilización de este género
en las cabeceras estudiadas se encuentra todavía en una fase muy inicial.
En ella la dependencia de los modelos imperantes en el periodismo
impreso sigue muy vigente, tanto en lo relativo a los ritmos de
producción como en la configuración de los equipos de profesionales
que la hacen posible. No obstante, es posible advertir un cierto giro o
aproximac ión cara los lenguajes propios de los conte xtos en línea,
generando poco a poco pr oductos que les son más propios.
Palabras clave: visualización de la información, infografía, infografía
multimedia, cibermedios, perfiles profesionales, producción informativa.
Abstract
The production of journalistic infographics is a field in continuous
evolution. The emergence of digital media gave rise to a new way of
visually representing stories, taking advantage of the characteristics that
are specific to the web support: multimedia infographics. The aim of this
thesis is to give an account of t he decisions and procedures that led to the
appearance of this type of informative product in the online media. Based
on the in-depth analysis of the cases of El País, El Mundo, La Voz de Galicia
and elDiario.es, and the testimony of various professionals who work daily
in this informative genre, it is possible to account for the main trends in
terms of style, graphic language or function in the online media narrative.
According to what has been observed, the use of this genre in the studied
news outlets is still at a very early stage. Here, the dependence on the
prevailing models of print journalism is still very much in force, both in
terms of production rhythms and in the configuration of the teams of
professionals who make it possible. Nevertheless, it is possible to notice a
certain shift or approximation towards the languages of online contexts,
gradually generating products that are more specific to them.
Keywords: information visualization, infographics, multimedia
infographics, digital media, professional profiles, newsmaking.
21
Índice
I NTRODUCIÓN
45
2. Obxecto de estudo
46
2. Investigación no campo da infografía
46
2. Xustificación do interese da investigación
49
2. Estrutura da investigación proposta
50
M ARCO T EÓRICO
A VISUALIZACIÓN DA INFORMACIÓN
55
1. Cara a unha definición da visualización da
información
56
2. A visualización da información a través dos séculos
60
2.1. Os primeiros vestixios
61
2.2. A astronomía como disciplina clave para a evolución
da visualización da información
64
2.3. Cartografía, demografía e economía como campos
emerxentes para a visualización
65
2.4. A idade moderna da visualización da información
75
2.5. O estancamento da primeira metade do século XX
83
2.6. Cara a visualización da información na actualidade
85
3. Funcións e usos da visualización
86
3.1. Funcións da visualización
86
4. Ámbitos nos que é máis frecuente o emprego da
visualización
92
22
T IPOLOX ÍAS GRÁFICAS , PROPIEDADES E RETOS PARA A
PERCEPCIÓN DO USUARIO
95
1. Caracterizacións para a visualización da información
96
1.1. Aproximacións dende a informática e a natureza dos
datos
96
1.2. Das formas gráficas á súa función no conxunto
99
1.3. As dúas preguntas de Berinato
10 4
1.4. Divisións a partires da disposición dos elementos no
espazo
10 6
2. Propiedades e compoñentes
11 4
2.1. Anatomía da visualización
11 5
2.2. Proceso de deseño. Diferentes aproximacións
11 7
2.3. Percepción e usabilidade
123
O S CIBERMEDIO S , ESCENARIO PARA A EVOLUCIÓN DA
VISUALIZACIÓN DA INFORMACIÓN
135
1. Novo escenario e nova forma de facer xornalismo
13 6
1.1. Aparición dos cibermedios
13 7
1.2. Características do xornalismo no novo contexto
1 40
1.3. Internet, espazo para as transformacións
14 4
2. A obrigada converxencia cara ao dixital
14 6
3. Adaptación de formas e modelos para o contexto
actual
152
3.1. Un novo rol para as audiencias
152
3.2. Cambios na linguaxe xornalística e nas ferramentas
empregadas
153
3.3. Transformacións nos modelos de negocio
15 5
O DESEÑO NA PRENSA
159
1. Evolución do deseño na prensa
1 60
1.1. Un deseño herdado nas primeiras mostras da prensa
1 60
23
1.2. A prensa como proceso industrial
1 61
1.3. Diferencias culturais e chegada da rede
163
1.4. As particularidades do deseño xornalístico
16 5
1.5. O deseño precisa de deseñadores
16 8
2. Elementos esenciais do deseño xornalístico
16 9
2.1. Tipografía
1 70
2.2. Cor
172
2.3. Retícula e arquitectura da páxina
17 4
2.4. Imaxes
17 6
2.5. Infografías
17 7
2.6. Brancos
17 7
A INFOG RAFÍA XORNAL ÍSTICA
1 81
1. Definindo a infografía xornalística
182
2. Evolución histórica da infografía xornalística
18 8
2.1. A dificultade de dar coas precursoras
18 8
2.2. Estancamento e recuperación no último cuarto do
século XX
19 8
2.3. Guerras e ordenadores
200
2.4. A relevancia de asociacións, premios e axencias no
desenvolvemento da infografía
20 2
2.5. Evolución da infografía en España, unha mimese do
acontecido no resto do mundo
20 4
3. A infografía multimedia
20 6
3.1. Orixe e definición
20 6
3.2. A revolución chega da man da integración dos códigos
propios de Internet
20 9
3.3. Tipoloxías
21 4
3.4. Documentando a evolución da infografía multimedia
21 6
4. Función como xénero xornalístico
222
4.1. Consideración como xénero
222
4.2. Dentro do relato xornalístico
223
24
4.3. Aportación a diversas correntes xornalísticas
22 4
4.4. Papel como solución ao desafío da complexidade e
elemento para a captación da audiencia
22 5
5. O proceso de traballo coa infografía
22 6
5.1. O paso a paso da produción infográfica
22 6
5.2. Un traballo en equipo
22 9
5.3. A evolución tecnolóxica e narrativas redefine o papel
do infografista
2 31
P RODUCIR INFORMACIÓN NOS MEDI OS DE COMUNICACIÓN
233
1. Aproximación á produción de información
23 4
1.1. Producir noticias
23 4
1.2. A configuración da axenda
2 40
2. Vixías na comunicación da realidade
243
3. Buscando aquilo que é noticia
24 6
4. Un traballo de rutina?
24 9
5. Producir información para o dixital
253
5.1. Adaptar as rutinas ás esixencias dun novo contexto
253
5.2. Novos ritmos de traballo
25 4
5.3. As redes sociais: novas ferramentas para novos
procesos
25 6
5.4. Adaptarse a unha audiencia que agora participa
25 7
O S PERFÍS PROFESIO NAIS NO XORNALISMO
2 61
1. O antes e o agora do xornalista
262
2. Preparados para un contexto tecnolóxico e en
evolución
26 6
2.1. Narrar para o dixital
26 6
2.2. Novas ferramentas, linguaxes e plataformas
26 7
2.3. A tecnoloxía: ameaza e oportunidade
26 8
2.4. O escenario dos ciberxornalistas
26 9
2.5. Novos profesionais nas redaccións
2 71
25
3. Formar xornalistas
27 4
3.1. Os estudos de xornalismo
27 4
D ESEÑO DA IN VESTIGACIÓN
O BXECTIVOS , HIPÓTESES E P REGUNTAS DE I NVESTIGA CIÓN
2 81
1. Obxectivos
282
1.1. Obxectivos principais
282
1.2. Obxectivos secundarios
283
2. Hipóteses
28 4
3. Preguntas de investigación
28 6
M ETODOLOXÍA E DESEÑO DA INVESTIGACIÓN
2 91
1. Investigar a comunicación
292
2. Aplicación de métodos mixtos
29 4
3. Análise de contido
29 8
3.1. Notas sobre a análise de contido
29 8
3.2. A semana composta. Entender un conxunto ollando
cara as súas partes
30 4
3.3. Análise de contido aplicada á infografía
3 11
3.4. Límites da mostra empregada
32 6
4. Estudos de caso
32 7
5. Entrevistas
3 30
5.1. A entrevista como técnica metodolóxica
3 30
5.2. Realización das entrevistas
33 5
R ESULTADOS
P RESE NZA DA INFOGRAFÍA COMO ELEMENTO INFORMATIVO
343
1. Ideas xerais sobre o estudo
34 4
2. Análise da presenza da infografía nas informacións
de portada de elpaís.com
34 5
32
2. Liñas temáticas e preguntas empregadas para as
entrevistas
73 8
3. Actividade científica desenvolta en relación co
obxecto de estudo da tese
742
3.1. Participación en proxectos de investigación
742
3.2. Artigos en revistas científicas
743
3.3. Libros e capítulos de libros
74 4
33
Índice de táboas
Táboa 1.
Ficha de análise aplicada a cada unha das pezas
informativas seleccionadas na aplicación da
semana composta
30 9
Táboa 2.
Ficha de análise das infografías presentes nunha
peza informativa
31 9
Táboa 3.
Xornalistas entrevistados
33 9
Táboa 4.
Exemplos de infografía atopados en elpaís.com
para cada un dos anos revisados
34 5
Táboa 5.
Ámbito xeográfico no que se encadran as
noticias con infografía en elpaís.com
35 4
Táboa 6.
Exemplos de infografía atopados en elmundo.es
para cada un dos anos revisados
35 6
Táboa 7.
Ámbito xeográfico no que se encadran as
noticias con infografía en elmundo.es
36 5
Táboa 8.
Exemplos de infografía atopados en
lavozdegalicia.es para cada un dos anos revisados
36 7
Táboa 9.
Ámbito xeográfico no que se encadran as
noticias con infografía en lavozdegalicia.es
37 5
Táboa 10.
Exemplos de infografía atopados en elDiario.es
para cada un dos anos revisados
37 6
Táboa 11.
Ámbito xeográfico no que se encadran as
noticias con infografía en elDiario.es
38 4
Táboa 12.
Presenza dos diferentes tipos de infografía en
elmundo.es
39 8
Táboa 13.
Presenza dos diferentes tipos de diagramas na
mostra analizada para elmundo.es
41 8
34
Táboa 14.
Presenza dos diferentes tipos de infogramas na
mostra analizada para elmundo.es
4 21
Táboa 15.
Presenza dos diferentes tipos de mapas na
mostra analizada para elmundo.es
42 5
Táboa 16.
Elementos que compoñen a infografía en
elmundo.es
4 31
Táboa 17.
Función dos diferentes tipos de infografía en
elmundo.es
43 5
Táboa 18.
Presenza dos diferentes tipos de elementos
gráficos en elmundo.es
43 7
Táboa 19.
Diagramas máis frecuentes en elmundo.es
43 8
Táboa 20.
Os infogramas en elmundo.es
43 9
Táboa 21.
Os mapas en elmundo.es
4 40
Táboa 22.
Tipos de visualización en elmundo.es
4 41
Táboa 23.
Presenza de elementos na infografía de elmundo.es
443
Táboa 24.
Autoría e fontes no relato infográfico de
elmundo.es
443
Táboa 25.
Emprego de ferramentas en liña para a
produción de gráficos en elmundo.es
44 4
Táboa 26.
Presenza dos diferentes tipos de infografía en
elpaís.com
44 9
Táboa 27.
Presenza dos diferentes tipos de diagramas na
mostra analizada para elpaís.com
463
Táboa 28.
Presenza dos diferentes tipos de infogramas na
mostra analizada para elpaís.com
46 5
Táboa 29.
Presenza dos diferentes tipos de mapas na
mostra analizada para elp aís.com
46 7
Táboa 30.
Elementos que compoñen a infografía en
elpaís.com
4 70
Táboa 31.
Función dos diferentes tipos de infografía en
elpaís.com
47 4
Táboa 32.
Presenza dos diferentes tipos de elementos
gráficos en elpaís.com
47 6
Táboa 33.
Diagramas máis frecuentes en elpaís.com
47 7
Táboa 34.
Os infogramas en elpaís.com
47 8
35
Táboa 35.
Os mapas en elpaís.com
47 9
Táboa 36.
Tipos de visualización en elpaís.com
4 80
Táboa 37.
Presenza de elementos na infografía de elpaís.com
4 81
Táboa 38.
Autoría e fontes no relato infográfico de
elpaís.com
482
Táboa 39.
Emprego de ferramentas en liña para a
produción de gráficos en elpaís.com
483
Táboa 40.
Presenza dos diferentes tipos de infografía en
lavozdegalicia.es
48 7
Táboa 41.
Presenza dos diferentes tipos de diagramas na
mostra analizada para lavozdegalicia.es
49 6
Táboa 42.
Presenza dos diferentes tipos de infogramas na
mostra analizada para lavozdegalicia.es
49 7
Táboa 43.
Presenza dos diferentes tipos de mapas na
mostra analizada para lavozdegalicia.es
49 9
Táboa 44.
Elementos que compoñen a infografía de
lavozdegalicia.es
50 3
Táboa 45.
Presenza dos diferentes tipos de elementos
gráficos en lavozdegalicia.es
50 7
Táboa 46.
Diagramas máis frecuentes en lavozdegalicia.es
50 8
Táboa 47.
Os mapas de lavozdegalicia.es
50 9
Táboa 48.
Tipos de visualización en lavozdegalicia.es
5 10
Táboa 49.
Presenza de elementos na infografía de
lavozdegalicia.es
511
Táboa 50.
Autoría e fontes no relato infográfico de
lavozdegalicia.es
512
Táboa 51.
Emprego de ferramentas en liña para a
produción de gráficos en lavozdegalicia
513
Táboa 52.
Presenza dos diferentes tipos de infografía en
elDiario.es
51 7
Táboa 53.
Presenza dos diferentes tipos de diagramas na
mostra analizada para elDiario.es
52 5
Táboa 54.
Presenza dos diferentes tipos de infogramas na
mostra analizada para elDiario.es
52 7
36
Táboa 55.
Presenza dos diferentes tipos de mapas na
mostra analizada para elDiario.es
52 8
Táboa 56.
Elementos que compoñen a infografía en
elDiario.es
5 30
Táboa 57.
Emprego de ferramentas en liña para a
produción de gráficos en elDiario.es
532
Táboa 58.
Tres vías para a composición dos equipos de
traballo
672
37
Índice de gráficos
Gráfico 1.
Distribución por seccións das pezas revisadas
en elpaís.com
352
Gráfico 2.
Distribución por seccións das pezas revisadas
en elmundo.es
363
Gráfico 3.
Distribución por seccións das pezas revisadas
en lavozdegalicial.es
372
Gráfico 4.
Distribución por seccións das pezas revisadas
en elDiario.es
382
Gráfico 5.
Distribución por seccións da infografía de
elmundo.es
4 10
Gráfico 6.
Tipos de visualización de datos en elmundo.es
42 9
Gráfico 7.
Distribución por seccións da infografía de
elpaís.com
45 8
Gráfico 8.
Tipos de visualización de datos en elpaís.com
46 9
Gráfico 9.
Distribución por seccións da infografía de
lavozdegalicia.es
493
Gráfico 10.
Tipos de visualización de datos en
lavozdegalicia.es
50 1
Gráfico 11.
Distribución por seccións da infografía de
elDiario.es
522
Gráfico 12.
Tipos de visualización de datos en elDiario.es
52 9
39
Índice de imax es
Imaxe 1.
Estatua sedente de Gudea, príncipe de Lagash
62
Imaxe 2.
Parágrafo 165 do Código de Hammurabi
62
Imaxe 3.
Táboa sumeria con escritura cuneiforme con
datos relativos ao reconto das reservas de prata
63
Imaxe 4.
Ilustración do século X coa inclinación ao longo
do tempo das órbitas dos planetas, o Sol e a Lúa
64
Imaxe 5.
Mapa de Johannes Schnitzer elaborado a partires
das descricións de Claudio Ptolomeo
66
Imaxe 6.
Gráfico La verdadera longitude por mar y tierra de
Michael Florent Van Langreen (1644)
67
Imaxe 7.
Gráfico elaborado por Joseph Priestley a modo
de cronoloxía coa vida de diferentes personaxes
históricas
69
Imaxe 8.
A New Chart of History (1769), elaborado por
Joseph Priestley
70
Imaxe 9.
Páxina con gráficos de barras de Nicolás de Oresme
71
Imaxe 10.
Gráfico de barras horizontais coa importación e
exportación de mercadorías en Escocia en 1780 e
1781. Publicado en The Commercial and Political
Atlas (1786)
72
Imaxe 11.
Gráfico de liñas coas relacións comerciais de
importación e exportación de mercadorías entre
Inglaterra e Dinamarca e Noruega entre 1700 e
1780 . Publicado en The Commercial and Political
Atlas (1786).
73
Imaxe 12.
Gráfico circular publicado no Statistical Breviary
( 1801) con da tos sobre diferentes nacións europeas
74
40
Imaxe 13.
Carte figurative de l’instruction populaire de la
France (1826)
77
Imaxe 14.
Mapa do brote de cólera no barrio do Soho,
publicado no ano 1855
78
Imaxe 15.
Gráfico coas causas de morte do exército no leste
80
Imaxe 16.
Gráfico da campaña rusa de Napoleón (1869)
81
Imaxe 17.
Mapa do metro de Londres ideado por Harry
Beck (1933)
84
Imaxe 18.
Os catro tipos de visualización de Berinato
10 4
Imaxe 19.
Xéneros narrativos da visualización
10 6
Imaxe 20.
Ilusión óptica da Copa de Rubin
12 7
Imaxe 21.
Descrición do ataque á baía de Cádiz
1 91
Imaxe 22.
Mapa descritivo do ataque a Portobello
192
Imaxe 23.
Infografía sobre o asasinato de Isaac Blight
19 4
Imaxe 24.
Ilustración “Join or Die”
19 6
Imaxe 25.
Descrición dun volcán nas Illas Azores
19 7
Imaxe 26.
Primeira plana do USA Today no día do seu
lanzamento
19 9
Imaxe 27.
Uso da visualización como elemento ilustrativo
das portadas de elpaís.com
34 7
Imaxe 28.
Uso da visualización como elemento
complementario do texto informativo
34 8
Imaxe 29.
Uso da visualización como elemento principal da
peza
34 9
Imaxe 30.
Uso da visualización como elemento ilustrativo
das noticias na portada de elmundo.es
35 7
Imaxe 31.
Uso de formas gráficas amplamente coñecidas
como complemento do texto en elmundo.es
35 9
Imaxe 32.
Uso da infografía para explicacións complexas en
elmundo.es
3 61
Imaxe 33.
Uso da visualización como imaxe para as noticias
na portada de lavozdegalicia.es
36 8
41
Imaxe 34.
Exemplo de uso da infografía para a narración
dun acontecemento en lavozdegalicia.es
3 70
Imaxe 35.
Uso da visualización c omo acompañamento visual
das noticias na páxina principal de elDiario.es
37 8
Imaxe 36.
Infografía como complemento do texto en
elDiario.es
37 9
Imaxe 37.
Espazo para os datos da COVID-19 na páxina
principal de elpaís.com
38 7
Imaxe 38.
A COVID-19 na páxina principal de elmundo.es
38 9
Imaxe 39.
Destacado para a COVID-19 na edición dixital
de La Voz de Galicia
3 91
Imaxe 40.
Uso da infografía para o tratamento da COVID-
19 na páxina principal de lavozdegalicia.es
392
Imaxe 41.
Apartado especial para o tratamento da
evolución da pandemia en elDiario.es
393
Imaxe 42.
Exemplo de uso da infografía estática para a
contextualización dos datos en elmundo.es
39 9
Imaxe 43.
Exemplo de uso da infografía estática para a
explicación de realidades complexas en elmundo.es
401
Imaxe 44.
Infografía animada con reprodución automática
en elmundo.es
40 3
Imaxe 45.
Infografía animada activada polo usuario en
elmundo.es
40 4
Imaxe 46.
Infografía interactiva para a presentación de
múltiples elementos en elmundo.es
40 6
Imaxe 47.
Exemplo de estilo propio para algúns dos
traballos publicados na sección “PAPEL” de
elmundo.es
413
Imaxe 48.
Exemplo de traballo de infografía que actúa
como a información por si mesmo en elmundo.es
41 5
Imaxe 49.
Exemplo dun traballo de infografía cunha
explicación paso a paso en elmundo.es
422
Imaxe 50.
Exemplo dun traballo de infografía cunha
explicación a través da técnica do corte en
elmundo.es
42 4
Imaxe 51.
Exemplo de infografía cun cartograma en
elmundo.es
42 6
Á NGEL V IZOSO
48
prensa diaria española (1999) , proxecto de tese de José Luis Valero Sancho
quen nos anos vindeiros, pasaría a ser unha das voces máis autorizadas á
hora de tratar de definir o papel da infografía xornalística en cada unha
das etapas polas que foi pasando. Finalmente, dentro destes compases
iniciais é posible dar conta de obras como Infoperiodismo. El periodista como
creador de infografía (de Pablos, 1999), na que xa non só se identifican as
principais características do xénero, senón que se introduce tamén o rol
dos xornalistas na súa materialización.
Unha segunda etapa na investigación é a que podemo s atopar na
primeira década do novo milenio. Nela comezan a afondarse cada vez
máis nas características dos produtos infográficos producidos tendo xa en
conta as posibilidades que ofrece Internet. Así, é posible atopar unha
investigación que combina a ollada técnica ou académica coa profesional.
Esta última está representada por traballos como, por exemplo, Infografía
2.0: visualización interactiva de la información en prensa (Cairo, 2008) ; La infografía
digital, una nueva forma de comunicación (Marín Ochoa, 2009) ou Infográfico
jornalístico de terceira geração: análise do uso da multimidialidade na infografia
(Gomes Amaral, 2010) .
Os esforzos máis recentes no plano da investigación neste campo
buscan xa tentar dar conta dos avances en materia de presentación deste
xénero xornalístico. Así, é posible atopar traballos como How to tell stories
using visualization: strategies towards narrative visualization (Figueiras, 2016)
buscan desentrañar as principais características das narrativas nesta
fórmula de presentación do contido. Tamén outros que doc umentan a
evolución da presentación de materiais deste tipo nos medios de
comunicación como Nerd Journalism: How Data and Digital Techmnology
Transformed News Graphics (Cairo, 2017) ou La visualización de datos: evolución
de la infografía en el siglo XXI (Esteban Gracia, 2016).
Ademais, o estudo desta área veuse beneficiado en grande medida
nos últimos anos pola aparición e o afianzamento de citas como a
International Conference Information Visualization — que suma xa máis de 25
Introdución
49
edicións— , ou os Premios Malofiej que, con 29 anos de traxectoria non só
serven para recoñecer os mellores traballos neste ámbito, senón que
contribúen á difusión dos avances no campo e a posta en común de ideas
e investigacións.
En definitiva, a visualización da información como área xeral e a
infografía xornalística como elemento máis particular levan sendo
estudadas dende diferentes ópticas var ias décadas. Porén, resulta posible
afirmar que o momento expansivo que vi ve o xénero e as posibilidades
para a posta en común de ideas por parte de quen traballa sobre el deron
lugar a unha etapa cunha investigación internacional, abundante e de
interdisciplinaria .
3. Xustificación do interese da investigación
A xustificación do interese do proposto nesta tese de doutoramento
chega da man dalgunhas das realidades apuntadas nas liñas anteriores para
a evolución recente do xénero da infografía. A alta dependencia da
tecnoloxía que este presenta e os propios avances neste terreo dan lugar a
unha continua necesidade de adecuación ás demandas das audiencias,
especialmente nos novos contextos dixitais. Neles resulta crucial a busca
de elementos distintivos e que sirvan para crear imaxe de marca , aspecto
no que a infografía pode chegar a ter un papel moi relevante.
Estas mudanzas afectan tamén ao propio traballo con calquera
xénero informativo. Porén, o traballo dos equipos de infografía ten lugar
con ferramentas distintas ás empregadas pola meirande parte da
redacción. Este feito resulta de interese dende a óptica do estudo da
produción xornalística, xa que é necesario coñecer como é a abordaxe das
informacións mediante estas técnicas para os cibermedios. Neles a
velocidade e a resposta inmediata ás demandas da audiencia viñeron sendo
dúas das características principais. Un dos puntos de interese da
investigación proposta é coñecer como se desenvolve o traballo dos
Á NGEL V IZOSO
50
xornalistas que producen infografía para os cibermedios nun contexto
que, en termos de ritmos de produción, pode non ser propicio para as
características dos materiais que elaboran.
Por último, outr o dos intereses desta tese rad ica en coñecer como
é a formac ión dos grupos encargados de darlle vida a este xénero
xornalístico dixital. O campo dos perfís profesionais na comunicaci ón
leva anos experimentando múltiples mudanzas como consecuencia da
introdución de cada vez máis factores tecnolóxicos e organizativos nos
medios. Así, búscase coñecer cales son as necesidades apuntadas dende
os propios medios de comunicación á hora de xun tar nunha mesma
sección profesionais con diferentes cap acidades, formación e habilidades
para o traballo nas diversas fases de produción desta presentación visual
dos contidos.
4. Estrutura da investigación proposta
A investigac ión que se ofrece a continuación consta, en esencia,
de catro seccións. Estas buscan ir dende a base — a teoría existente nos
diversos campos nos que é posible encadrar este proxecto — ata a
exposición das conclusións obtidas logo da aplicación das
metodoloxías seleccionadas .
Así, en primeiro lugar preséntase un marco teórico no que se tenta
trasladar un percorrido dende o xeral ao específico. Comézase por abordar
o campo da visualización da información dende unha óptica global e
histórica, documentando algúns dos fitos máis relevantes na súa evolución
e tamén algunhas das teorías fundamentais en termos de percepción por
parte dos usuarios. Neste tamén se inclúen algunhas nocións sobre o
deseño xornalístico, disciplina sen a cal sería difícil comprender a
evolución da infografía. Abórdase tamén a evolución e as principais
características dos cibermedios, xa que son os espazos nos que a infografía
multimedia ten a súa orixe e continúa a súa evolución. Finalmente, é
Introdución
51
preciso salientar que se incide de xeito pormenorizado nos tres elementos
que protagonizan esta investigación e que mesmo forman parte do seu
título: infografía, produción e perfís profesionais no xornalismo.
En definitiva, este percorrido serve como base para asentar sobre el
unha serie de hipóteses e preguntas de investigación que buscan dar
resposta aos obxectivos marcados para este proxecto. Esta é a materia
presente na segunda das partes do estudo. Nela exponse con detemento a
estratexia seguida para a recolección de materiais e a selección dos casos
estudados, detallando tamén os instrumentos empregados para tal fin.
En terceiro lugar atopamos a exposición dos resultados. Estes
comezan coa presentación dos datos cuantitativos e rematan coas
aportacións recollidas a partires das conversas cos profesionais que
trab allan no día a día co xénero da infografía. Grazas á diferente natureza
destes recursos resulta posible obter unha visión tanto externa como
interna do traballo neste ámbito.
Finalmente, a derradeira d a s par tes deste p roxecto de tese serve para dar
conta d as principais conclusións que foi posible obter no transcurso da súa
realización. Ademais, como froito da observación realizada inclúense unha
serie de reco mendacións ou liñas marco para a construción dos equipos de
infografía multimedia e n publicacións co n diferentes recursos, así como para
a abordaxe da produción deste xénero informativo.
Marco teórico
55
A visualización da
informació n
A visualización da información é o contedor no que podemos
inscribir o desenvolvemento da infografía xornalística. Trátase dun campo
cuxa orixe é difícil de datar, pois o ser humano leva facendo uso de
elementos visuais para comunicarse cos seus semellantes e deixar
constancia das súas accións dende practicamente as súas orixes. Porén,
neste capítulo búscase sintetizar o percorrido da comunicación visual da
información dende a súa inscrición en paredes e vasillas ata a súa presenza
nas pantallas da máis alta resolución. As seguinte s páxinas conte ñen
exemplos de inscricións en rochas, liñas do tempo, mapas e formas
primixenias de gráficos amplamente utilizados hoxe en día. Grazas ao
contido neste capítulo é posible comprender cales son os alicerces sobre
os que se asenta o uso deste tipo de materiais nos nosos días, podendo
ademais apreciar que en moitas delas case non se teñen producido
mudanzas significativas dende o comezo do seu uso ata a actualidade.
Á NGEL V IZOSO
56
1. Cara a unha definición da visualización da
información
A investigación sobre a visualización da información ou visualización
de datos intensificouse dende as décadas finais do século XX e
especialmente a partires da introdución e popularización das
computadoras persoais e a World Wide Web (Chaomei Chen, 2006, p. 1).
Neste tempo, son múltiples os esforzos por establecer unha definición
clara que sirva para identificar o concepto. Por tanto, antes de detallar as
particularidades desta área da comunicación e tamén a súa evolución
histórica, resulta imprescindible dar conta das diferentes ópticas dende as
cales se abordou a súa definición.
Inicialmente, parece preciso acudir aos principais dicionarios para
observar como estes se refiren aos dous conceptos que forman parte deste
termo.
Tanto o dicionario da Real Academia Galega como o da Real
Academia Española fan referencia ao termo “visualización” como a
“acción ou efecto de visualizar” (Real Academia Española, s.d.; Real
Academia Galega, s.d.-b). Cando acudimos ao termo “visualizar” ao que
se nos refire, a Real Academia Galega inclúe as seguintes acepcións:
• Facer visible [algo que a simple vista non o é].
• Formar ou concibir na mente unha imaxe visual [de algo abstracto ou
de algo que non se ten ante os ollos]
• Representar con imaxes, darlle forma visible a. (Real Academia
Galega, s.d.)
Pola súa banda, a primeira das acepcións recollidas no dicionario da
Real Academia Española para o termo “visualizar” fai referencia a:
“Representar mediante imágenes ópticas fenómenos de otro carácter; p. ej.,
el curso de la fiebre o los cambios de condiciones meteorológicas mediante
A visualización da información
57
gráficas, los cambios de corriente eléctrica o las oscilaciones sonoras con el
oscilógrafo, etc.” (Real Academia Española, s.d.)
Do mesmo xeito, o Cambridge Dictionary , un dos máis importantes
para a lingua inglesa, fala do termo visualization como:
“ The act of visualizing something or someone (= forming a picture of it in
your mind [o acto de visualizar algo ou a alguén (= formar unha
imaxe súa na propia mente)].
The act or an example of creating an image, etc. to represent something [o
acto ou exemplo de crear unha imaxe, etc. para representar
algo] (Cambridge Dictionary, s.d.) ”
Por tanto, a observación das definicións aportadas para o termo
“visualización” lévanos ao traslado de actos ou elementos da realidade á
mente mediante a creación de imaxes. Para o caso que nos ocupa, esa
realidade é a información que completa o nome da ferramenta
comunicativa estudada neste texto.
Con todo, a expre sión visualización da información foi acuñada a
finais da década dos 80 polos investigadores de XEROX Park para
distinguir unha nova disciplina centrada na creación de pezas visuais cuxo
obxectivo principal era o de ampliar o coñecemento (Mazza, 2009, p. 8).
De forma xe ral , fálase da visualización da información como a arte
de representar os datos dunha forma que sexan sinxelos de manipular e
comprender, axudando a dotalos de sentido (Interaction Design
Foundation , 2020a) . Tamén como a representación de valores numéricos
—información abstracta— en forma de gráficos e táboas, dun xeito no
que os datos en bruto son transformados para a súa representación gráfica
(Alcíbar, 2018).
Outros introducen precisións ao diferenciar entre a visualización da
información e a visualización de datos. Así, Ignasi Alcalde (2015b, p. 20)
precisa as diferenzas entre ambos termos do seguinte xeito:
Á NGEL V IZOSO
64
(Few, 2007a) . Stephen Few (2007) fala deste xeito de organización da
información — a táboa — como unha representación textual primaria dos
datos, xa que emprega os atributos visuais do aliñamento, o espazo en
bran co e en ocasións regras para organizar a información en columnas e
filas. Por tanto, aínda que as táboas adoitan estar constituídas
fundamentalmente por elementos textuais, son os alicerces sobre os que
se asentaron unidades visuais desenvoltas con posterioridade.
2.2. A astronomía como discipli na clave para a
evolución da vi sualiz ación da i nformación
Continuando coa evolución da disciplina da visualización da
información, é preciso deterse nun traballo vinculado á disciplina da
astronomía e datado no século X —imaxe 4—. Trátase dunha ilustración
que recolle unha serie temporal sobre a evolución da inclinación das
órbitas dos planetas —Venus, Mercurio, Saturno, Marte, Xúpite r— e
tamén da Lúa e o Sol, dividindo o tempo en trinta intervalos .
Imaxe 4. Ilustración do século X coa inclinación ao longo do
tempo das órbitas dos planetas, o Sol e a Lúa.
Fonte: https://cutt.ly/LygH8cB
Autor descoñecido / Dominio Público
A visualización da información
65
Este traballo de autor descoñecido emerxe nesta época como un
elemento diferencial para o momento, pois Edward Tufte (2001, p. 28)
salienta o feito de que o seguinte exemplo visualización de series
temporais non aparecería ata 800 anos despois. Algúns expert os na
materia sinalan como algún s dos elementos que integran o gráfico
presentado poden ch egar a ser confuso s ou desconcertante s (Funkho user,
1936) . Emporiso, non hai dúbida do salientable que é a súa elaboración,
xa que iniciou un camiño —o das series temporais— que tería
continuidade ata os nosos días.
Outra etapa a salientar pola súa re levancia para o progreso do c ampo
da visualización da información son os traballos de Leonardo Da Vinci no
Renacemento (Cairo, 2008, p. 45). Do mesmo xeito que ac onteceu con
outras das disciplinas practicadas polo estudoso italiano, a visualización da
información viuse beneficiada polo seu xeito de present ar algúns dos seus
traballos e innovacións. Así, traballos como os seus estudos sobre o
embrión humano , o Home de Vitruvio ou os numerosos planos para
máquinas que realizou son claros exemplos do emprego da visualización
como ferramenta para comunicar a realidade.
2.3. Carto grafía, demografí a e eco nomía como
campos emerxentes para a visuali zación
Cando falamos dos inicios da cartografía é preciso remontarse aos
traballos e deseños de Claudio Ptolomeo no século II. Estes foron
empregados ata ben entrado o século XV e, a partires das súas descricións,
elaboráronse algún exemplos de mapas como o contido na imaxe 5,
elaborado no ano 1482 por Johannes Schnitzer a partires das descricións
do mundo coñecido elaboradas por Ptolomeo (Interaction Design
Foundation, 2017).
Como se pode apreciar na imaxe 5, este mapa sitúase entre os
iniciadores dunha corrente no campo da cartografía que aínda hoxe
Á NGEL V IZOSO
66
podemos apreciar nos traballos actuais, cando menos no relativo á
presentación dos diferentes espazos e accidentes.
Imaxe 5. Mapa de Johannes Schnitzer el aborado a par tires das
descricións de Claudio Ptolomeo.
Fonte: https://cutt.ly/Zyhkepm
Johannes Schnitzer / D ominio Público
Xa de cheo no século XVI, continuou o desenvolvemento de técnicas
e instrumentos para a medición e a observación que foron amplamente
aplicadas ao estudo dos corpos celestes e tamén do espazo físico, abrindo
o camiño seguido por estas disciplinas nos séculos posteriores (Friendly,
2 008, p. 19) . Así, avances como a triangulación posicional dos
matemáticos Regnier Gemma Frisius ou Nicolò Fontana Tartaglia. Frisius
está considerado como o precursor no uso da trigonometría para a
localización dos barcos no mar a partires de métodos de triangulación,
unha técnica vixente ata a introdución de sistemas baseados na tecnoloxía
GPS. Tartaglia, pola súa banda, é o responsable da elaboración dunha serie
A visualización da información
67
de rec ursos destinados á mellora da precisión do lanzamento de proxectís
de artillería. Est as contribucións resultan relevantes para o campo da
visualización da información, pois facían uso de técnicas de presentación
visual dos datos máis ou menos complexas que serviron de continuación
ao que se viña realizando ata o momento e como base a avanc es
posteriores nos seus respectivos campos.
No século XVII o campo da visualización continuou benefic iándose
da grande inquedanza por retratar e medir o mundo coñecido ata o
momento. Así, continuou o desenvolvemento da cartografía, a astronomía
e de novos instrumentos para a navegación e a expansión territorial das
nacións existentes. Deste florecemento en determinadas disciplinas dan
boa conta os traballos de Galileo, os inicios da teoría da probabilidade de
Pascal e Fermat, o comezo da teoría demográfica da man de John Graunt
e da aritmética política —estudo da poboación, o territorio, os impostos,
o valor das mercadorías, etc.— de William Petty (Friendly, 2008, p. 20).
Grazas ao florecemento de todas estas disciplinas e aos avances realizados
nas xa existentes, é posible falar do nacemento dun pensamento visual
dentro de moitas delas (Interaction Design Foundation, 2017).
Imaxe 6. Gráfico La verdad era longitude por ma r y tierra de Michael
Florent Van Lan gren (1644).
Fonte: https://cutt.ly/jyhlLNK
Michael Flore nt van Langren / Dominio Púb lico
Deténdonos a analizar traballos concretos, é preciso falar d a
contribucións realizadas por Michael Florent van Langren . Aínda que van
Langren é autor de diferentes mapas entre os que destaca un mapa da
Luna elaborado en el año 1645 e n el que se ident ifican sus cumbres y
Á NGEL V IZOSO
68
cráteres . Este cartógrafo e astrónomo flamenco ao servizo da Corte do
Rei de España (Real Academia de la Historia, s.d.) conta cun traballo
especialmente coñecido pola súa influencia posterior na medición e
representación da distancia. Trátase dun gráfico do ano 1644 que actúa
como instrumento para a medición entre as cidades de Toledo e Roma.
Observando este gráfico —contido na imaxe 6— podemos ver doce
estimacións da lonxitude nunha escala situada entre 0º e 30º cunha
etiqueta escrita en vertical na que se identifica quen realizou cada unha das
mesmas (Friendly, Valero-Mora, e Ulargui, 2010) .
O traballo de van Langren está considerado por algúns estudosos da
materia como a primeira representación visual de datos ou, o que sería o
mesmo, o primeiro exemplo de visualización da información (Tufte, 1997,
p. 15) . Ademais, no seu momento, foi unha ferramenta de utilidade para
comprender as distancias entre territorios e facilitar o desprazamento.
Nos albores da t eoría estatística e a crecent e dispoñibilidade de datos
unidas á idea da utilidade da representación gráfica dest es, o século XVIII
foi o da aparición de toda unha serie de fórmulas gráficas que perduraron
ata os nosos días. Na cartografía, por exemplo, comezouse a tratar de
amosar máis que a posición xeográfica introducindo novos elementos nos
mapas. O resultado desta aposta foi a aparición dos primeiros mapas
temáticos baseados en datos xeolóxicos, económicos ou médicos
(Friendly, 2008, p. 22; Kmeťová, 2010).
Exemplo de evolución durante este século foi o traballo realizado por
Joseph Priestley, científico, teólogo, pedagogo e historiador británico.
Priestley é autor dun gráfico publicado no ano 1765 no que se amosa a
vida de numerosas personaxes históricas amplamente coñecidas a modo
de cronoloxía (Friendly, 2008, p. 22).
A visualización da información
69
Imaxe 7. Gráfico elabo rado por Jo seph Priestley a modo de
cronoloxía coa vida de diferentes personaxes históricas.
Fonte: https://cutt.ly/ZyhTo6e
Joseph Priestley / Do minio Público
A cronoloxía de Priestley, presentada na imaxe 7, parte de personaxes
históricas de grande relevancia como o filósofo Tales de Mileto (625 a.C.
– 546 a.C.) at a chegar a outros como o poeta Virxilio (70 a.C – 19 a.C) ou
o emperador romano Augusto (63 a.C. – 14 d.C.). Todo iso amosando de
xeito visual a coincidencia no tempo da vida duns e outros no marco do
ensino da historia. Con este obxectivo está realizada a que probablemente
é a contribución máis notable deste estudoso. En 1769 ve a luz a súa A
New Chart of History , na que se detalla tanto a duración como a extensión
xeográfica das maiores civilizacións existentes ao longo da historia
(Hidalgo, 2010). Tal e como se pode apreciar na imaxe 8, Priestley amosa
a presenza das diferentes civilizacións en diversos territorios –América,
África, China, India, Persia, Asia, Turquía, Alemaña, España, Francia,
Italia, Gran Bretaña, Rusia, Polonia e os pobos do norte de Europa—
dende o ano 1200 a.C. ata os seus días. Vemos, pois, dous exemplos que
sentaron as bases para a realización de cronoloxías mediante o cruzamento
de datos non só temporais, senón tamén xeográficos.
Á NGEL V IZOSO
70
Imaxe 8 . A New Chart of Hi story (1769), elaborado por Joseph Priestley.
Fonte: https://cutt.ly/PyhYDOW
Joseph Priestley / Do minio Público
As décadas finais do século XVIII foron testemuñas dos traballos de
William Playfair (1859-1823), considerado o iniciador do uso de formas
gráficas como os gráficos de barras, de liñas e circulares, de uso cotián
aínda nos nosos días (J. Bailey, 2014; Few, 2007a; Funkhouser, 1937) .
Dúas son as obras de maior impacto deste enxeñeiro, economista e
estatístico escocés. En primeiro lugar The Commercial and Political Atlas
(1786) e no an o 1801 o Statistical Breviary , publicacións as dúas que
contiñan no seu interior algúns dos primeiros exemplos das formas
gráficas citadas anteriorment e —gráficos de barras, de liñas e circulares—
así como algunhas evolucións na exposición dos datos a través de táboas
estatísticas (Cairo, 2008, p. 48).
No relativo aos gráficos de barras, existiron aportacións anteriores
como as realizadas por Nicolás de Oresme, bispo de Lisieux, quen no
século XIV iniciou o camiño para a elaboración dos gráficos de bar ras
A visualización da información
71
(Friendly, 2008, p. 19). Son os tres gráficos contidos na imaxe 9 que, tal e
como se pode apreciar, actúan como complemento ou decoración da
páxina na que están contidos, sen posibilidade de aportar información por
si mesmos ou contar a realidade dos datos de forma autónoma.
Imaxe 9 . Páxina con gráfi cos de barras de Nicolás de Oresme .
Fonte: https://cutt.ly/lyjYDaK
Nicolás de Or esme / Dominio Público
Porén, os especialistas adoitan sinalar que o primeiro gráfico de
barras con pleno sentido que serve para sinalar un punto de inflexión é o
que amosa a relación das exportacións de Escocia entre os anos 1780 e
1781 publicada en The Commercial and Political Atlas no ano 1786. Na imaxe
10 recóllese e ste gráfico que busca dar conta de forma visual das relacións
comerciais —exportacións e importacións— de Escocia con outros
territorios —a relación con cada país está representada por cada par de
barras horizontais, a de cor máis clara e a de cor máis escura— . Con este
traballo o lector pode comprender de forma máis clara cal é o grao de
Á NGEL V IZOSO
72
importancia do tránsito de mercadorías para cada un dos territorios
recollidos, podendo chegar a entender a importancia de cada un deles para
a economía do país. Así, da análise deste exemplo de William Playfair
podemos obter como Irlanda resulta ser o territorio con maior interese
nas relacións comerciais de Escocia, tanto para a exportación como para
a importación de bens. Do me smo xeito, o gráfic o amosa a grande
cantidade de produtos importados dende Rusia —a barra de cor máis
clara—, especialmente se son comparados co volume de exportacións cara
a ese país (Vizoso e López -García, 2019).
Imaxe 10 . Gráfico de bar ras horizont ais coa impo rtación e
exportación de mercado rías en Esco cia en 1780 e 1781 . Publicado
en The Commercial and Political Atlas (1786).
Fonte: https://cutt.ly/tyjOw56
William Pla yfair / Dominio Público
The Commercial and Political Atlas alberga tamén outro dos fitos de
importancia para o desenvolvemento dalgunhas das fórmulas gráficas que
empregamos con maior frecuencia nos nosos días. Trátase dun exemplo
A visualización da información
73
do popularmente coñecido como gráfico de liñas ou de febre, no que se
amosa a evolución das variables ao longo do tempo. No caso que nos
ocupa, reproducido na imaxe 11, Playfair amosa a comparativa nos
procesos de importación e exportación de mercadorías entre Inglaterra e
Dinamarca e Noruega. Trátase, por tanto, dunha serie temporal que
abrangue dende o ano 1700 ata o 1780 e na que o autor escocés inclúe
varios aspectos que marcarían a pauta a seguir na realización deste tipo de
gráficos.
Imaxe 11 . Gráfico de li ñas coa s relacións comerciais de impo rtación e
exportación de mercadorías entre Ingla terra e Din amarca e Noruega entre
1700 e 1780 . Publicado en The Commercial and Political Atlas (1786).
Fonte: https://cutt.ly/HyjOjzi
William Pla yfair / Domi nio Público
O gráfico da imaxe 11 recolle información de corte similar ao de
barras contido na imaxe 10, pois está centrado na relación entre a
importación e a exportación de bens entre Inglaterra e Dinamarca e
Á NGEL V IZOSO
80
Imaxe 15 . Gráfico coas ca usas de morte do exército no l este (1858) .
Fonte: https://cutt.ly/VyjJTEl
Florence Night ingale / Dominio Pú blico
Aínda que o traballo máis popular de Minard é o seu famoso mapa
da campaña rusa de Napoleón —imaxe 16— , é autor de múltiples
exemplos de mapas temáticos que o sitúan como un pioneiro da disciplina
(A. H. Robinson, 1967). Durante a súa traxec toria profesional realizou
estudos e representacións gráficas dirixidas a facer máis comprensibles
diversas realidades case sempre relacionadas co seu país. Exemplo disto
son os seus mapas sobre a produción de carne en Francia, dos
movementos comerciais a través do Canal du Centre ou as súas series de
táboas gráficas sobre a circulación de ferrocarrís. Todos estes traballos
gráficos serviron para situar a Minard como un referente necesario na
evolución posterior da visualización da información (Friendly, 2002) .
Tal e como citamos anteriormente, Charles Joseph Minard é autor de
múltiples traballos visuais que fan comprensibles a simple vista datos
sobre diferentes disciplinas. Por én , un dos seus diagramas de fluxo —
tipoloxía gráfica na que se conside ra que as súas aportacións son máis
A visualización da información
81
relevantes— goza dun recoñecemento superior aos demais (Spence, 2014,
p. 7; T u fte, 2001, p. 25) . Falamos do famoso diagrama de fluxo da
incursión en Rusia do exército napoleónico entre nos anos 1812 e 1813.
Este exemplo foi publicado en novembro de 1869, un ano antes do
falecemento do enxeñeiro natural de Dijon, polo que constitúe unha das
últimas contribucións deste á disciplina.
Imaxe 16 . Gráfico da campa ña rusa de Napoleón (1869) .
Fonte: https://cutt.ly/jykzDom
Charles Joseph Minard / Dominio Público
O diagrama, reproducido na imaxe 1 6, amosa en cor máis clara o
percorrido dos 422.000 soldados que partiron de Francia en dirección a Rusia.
A simple vista pode apreciarse o xeito no que a liña é cada vez máis estreita,
e tamén como os estreita mentos coinc iden con lugares nos que aparece
escrito un nome. Isto débese a que Minard tentou reflectir o modo no que o
paso por de terminadas cidades e accidentes xeográficos — como ríos que era
necesario cruzar e que se representan con trazos finos en cor negra que
re pr e sentan o seu curso — foi motivo de mingua para a armada francesa. Na
parte dereita do gráfico — a que amosa a chegada a Moscova por parte de
100.000 soldados — obsérvase o inicio doutra liña en cor máis escura, que dá
conta do vo lume do exército no retorno a Francia. Novamente inclúense no
trazo desta liña o curso dos rí os que foi preciso cr uzar e tamén das ci dades
Á NGEL V IZOSO
82
polas que tivo q ue pasar a expedición para, finalmente, cruzar a fronteira co
país galo, algo que só conseguiron 1 0.000 homes.
Aínda que a parte máis visual deste exemplo son os dous trazos en
cor que dan conta do tamaño do exército en cada momento, a parte
inferior do gráfico serve para sinalar a temperatura —baixo cero— que
tiveron que soportar os seus integrantes en cada momento. Esta
información complementaria —que se une á dos ríos e cidades que foi
preciso atravesar no camiño cara a Moscova— serve como explicación
pa ra a progresiva redución do grosor dos dous trazos en cor.
Por todo isto este traballo de Minard serve para poder comprender
dun xeit o c laro e case a simple vista a evolución do fracaso do exército de
Napoleón durante a súa incursión en Rusia. Dende un punto de vista
técnico e ollándoo dende a visualización da información, o gráfico de
Minard resulta innovador pola capacidade de relacionar e conectar datos
de diferente natureza. Así, aquelas persoas que contemplen este exemplo
terán acceso á cantidade de persoas que integraban o exército en cada
momento, datos xeográficos da súa situación e dos accidentes xeográficos
que foi preciso sortear e datos climatolóxicos da te mperatura á que se
enfrontaban en cada momento (Tufte, 2001, p. 40) . Todo iso sobre unha
mesma superficie.
A maiores dos traballos de Minard, a segunda metade do século XIX
foi a da expansión no uso de materiais visuais, ben como complemento
dos datos ou ben como vía principal para dar conta destes. Un dos
principais motivos para esta expansión foi o afianzamento das nacións e
as necesidades de re xistro económico, demográfico e comercial derivadas
deste. Así, viron a luz as primeiras oficinas de rexistro estatístico en
Europa co obxectivo de agrupar a información relativa aos procesos de
industrialización, o transporte de mercadorías e viaxeiros e a evolución da
poboación (Friendly, 2008, p. 29).
Así pois, este contexto foi o caldo de cultivo perfecto para que
xurdira unha aposta pola visualización da información tal e como amosan
A visualización da información
83
as contribucións de Snow, Nightingale ou Minard. Neste escenario
favorable popularizáronse os Atlas Estatísticos, volumes especializados
que recollían datos oficiais sobre a poboación, o comercio e outros
ámbitos abordados mediante a técnica da visualización co obxectivo de
facelos máis accesibles e comprensibles (Macrosty e Westergaard, 1932).
Estas publicacións, con grandes influencias da crecente popularidade da
visualización en Francia e Reino Unido, exploran a representación de
múltiples variables dentro dun mesmo gráfico para representar a realidade
de cada Estado e comparala ao seu tempo cos territorios veciños. Todo
isto a través do emprego da cor, a combinación de diferentes formas
gráficas —táboas, mapas, polígonos e gráficos— a modo de mosaicos ou
conxuntos de visualizacións (Friendly e Kwan, 2003).
2.5. O e sta ncamen to da pri meira met ade do sécu lo XX
Deixabamos as décadas finais do século XIX coa aparición de
traballos que aínda na actualidade gozan de ampla popularidade como os
de Florence Nightingale ou Charles Joseph Minard . A o mesmo tem po,
documentabamos como estes serviron de influencia para a produción de
volumes impresos nos que a visualización de datos era a protagonista.
Emporiso, o cambio de século trouxo aparelladas algunhas dificultades
para o progreso deste campo visual (Friendly e Denis, 2000) .
Aínda que durante a primeira do século XX non continuaron as
evolucións no campo da visualización da información ao mesmo ritmo
que na s décadas finais do século XIX, isto non quere dicir que cesase o
seu uso. O historiador da materia Michale Friendly (Friendly, 2008, p. 37)
apunta a como os gráficos estatísticos continuaban tendo unha alta
presenza en publicacións como os libros de texto para a aprendizaxe, as
estatísticas oficiais presentadas polos gobernos, a presentación de
resultados científicos e técnicos e tamén o comercio —exemplo disto é a
popularización do uso do coñecido diagrama de Gantt—.
Á NGEL V IZOSO
84
A pesar do estancamento descrito polos historiadores da materi a, esta
primeira metade do século XX foi a orixe de algunhas formas gráficas que
sobreviviron ata os nosos días. O exemplo máis claro é o mapa do metro
de Londres ideado polo enxeñeiro Henry Charles Beck, coñecido
popularmente como Harry Beck.
Imaxe 17 . M apa do metro de Lond r es ideado por Harry Beck (1933).
Fonte: https://cutt.ly/0yldzbz
Henry Charles Beck / Transpo rt for London
Antes de 1933 o mapa coa distribución das liñas de metro de Londres
tiña unha distribución xeográfica. Neste as liñas que o integraban seguían o
trazado real sobre un mapa da cidade (Toor, 2013) . Porén, a modernizació n
deste medio de transp orte e a súa propi a expansión dificultou a
representación do seu trazado dun xeito claro para os seus usuarios
(Cartwright, 2015) . A solución ideada por Harry Beck — imaxe 1 7 — foi a de
restarlle importancia á dis posición xeográfica dos elementos para dispoñer
estes de xeito similar a un circuíto eléctrico (Transport for London, s.d.) .
A visualización da información
85
Por tanto, o maior avance do mapa de Harry Beck é o de abandonar
o concepto da cartografía para centralo en maior medida na visualización
da información (Field e Cartwright, 2014). Aínda que a disposición das
liñas de metro segue vinculada á posición xeográfica destas na cidade, esta
localización pasa a un segundo plano para facer comprensible o mapa e
evitar a superposición de nomes ou elementos. Por todo isto, o mapa de
Beck iniciou a modernización dos mapas de transporte, constituíndo
posiblemente o maior expoñente da aplicación da visualización da
información á nosa vida cotiá (Avelar e Hurni, 2006) de xeito que hoxe en
día podemos ver exemplos similares na práctica totalidade das cidades do
mundo (Spence, 2014, p. 6).
2.6. Cara a visu alizaci ón da i nformación na
actualidade
Se anteriormente falabamos dun certo estancamento na evolución do
campo da visualización durante a primeira metade do século XX, a partires
dos anos 50 deste mesmo século muda totalmente a tendencia. Os avances
técnicos a partires deste moment o resultaron exponenciais, especialmente
en todo o relacionado coa computación e as fases iniciais da informática
(Friendly, 2008, p. 40). No marco destes ámbitos moi marcados pola
tecnoloxía aparecen novas ne cesidades para a represe ntación de datos,
procesos nos que a visualización da información demostra ser unha
ferramenta de grande utilidade.
Con todo, o último cuarto do século XX é o da expansión e o
fortalecemento da visualización da información como área autónoma,
especialmente grazas á introdución e popularización dos ordenadores
persoais. A utilización destes novos dispositivos ampliou a capacidade de
recollida, almacenaxe e procesamento de datos e fixo tamén posible a
produción de visualizacións de forma máis rápida e eficiente. Neste
sentido e atendendo ao repaso realizado polo historiador Michael Friendly
Á NGEL V IZOSO
86
(Friendly, 2008, p. 41) , pódese falar da aparición das linguaxes de
programación —como, por exemplo, Java — e a mellora dos procesos de
computación —ampliación da capacidade de procesamento ou a conexión
a través da rede— como claros antecedentes da visualización da
información que coñecemos hoxe en día.
Xa no noso século, estamos a vivir un contexto no que o rexistro e
a dispoñibilidade de datos é cada vez maior (Gatto, 2015, p. 7) . Na
actualidade, organizacións públicas e privadas e tamén os propios
c idadáns de xeito individual son produtores de datos en case todos os
aspectos da vida . O rexistro dos movementos, das interacció ns, do
tráfico, das vi sitas a diferentes espazos, do consumo de medios de
comunicación e outros moitos aspectos do noso día a dí a xera cada vez
máis datos que é preciso almacenar e interpretar . Isto é o que algúns
investigadores na materia deron en chamar un proceso de crecente
datificación (Engebretsen, Kenned y, e Weber, 2017) . Neste contexto, a
visualización da informa ción aumentou a súa presenza como fe rramenta
para facilitar a comunicación dos datos contidos nestas bases de datos
(Moraes, Eler, e Brega, 2014) . Esta s son ca da vez máis frecuentes,
adoptan tamaños maiores e, de xeito progresivo, fóronse facendo un oco
como elementos a partires dos cales se orixina o trat amento informativ o
de determinadas temáticas (Barbosa, 2008) .
3. Funcións e usos da visuali zación
En todo este tempo a visualización da información foise adaptando
a diferentes usos e ámbitos de aplicación no marco da nosa vida diaria
mediante o aproveitamento de todas as súas características e
funcionalidades.
3.1. Funci óns da visuali zación
A visualización da información
87
Cando falamos de funcións a respecto da visualización da
información referímonos a aqueles aspectos da nosa condición de seres
humanos que se ven beneficiados do seu emprego, ben sexan actividades
ou características do ámbito cognitivo.
3.1.1. Maior facilidade para a percepción e a comprensión
Unha das primeiras características que adoita atribuírselle á
visualización da información é a súa capacidade para facer perceptibles
datos e realidades que serían dificilmente narrables a través doutras vías.
En certa medida, a visualización da información axúdanos a dixerir
grandes cant idades de datos dun xeito máis eficiente mediante unha
presentación organizada dos mesmos. Esta presentación ten lugar
salientando relacións, patróns ou diferenzas mediante o emprego de
instrumentos gráficos, obtendo nun simple golpe de vista ou condensando
nun único traballo o que doutro xeito requiriría dun maior espazo e unha
explicación máis ampla (Gatto, 2015, p. 6).
McCandless (2010) fai tamén referencia a esa capacidade innata da
visualización como instrumento para o establecemento de patróns e
conexións entre os datos. Deste xeito, estes poden contar unha historia
por si mesmos ou incluso centrar o foco na información máis relevante,
aspecto que se considera fundamental na produción desta ferramenta
comunicativa.
Vemos, pois, como a principal función da visualización é a de servir
como instrumento simplificador para a percepción de informacións e
datos complexos e especialmente dos fenómenos e relacións agochados
no seu conxunto (Sánchez Bonvehí e Ribera, 2014). Esta capacidade
deriva do feito de que se adoita falar da mente do ser humano como
eminentemente visual no que se refire á percepción da realidade, polo que
comunicala de xeito gráfico é unha necesidade que , como se documentou
con anterioridade, vén de séculos atrás (Aparicio e Costa, 2015) .
Á NGEL V IZOSO
88
Esta idea foi resumida por Nathan Shedroff (1999, pp. 272 - 275) ao
falar do continuum of understanding ou o continuo da comprensión no q ue os
datos pasan por catro fases —orixinalmente descritas como data,
information, knowledge e wisdom — no proceso que vai dende o seu estado en
bruto ata que son procesados por cada ser humano. De forma sintética,
Shedroff define estes cinco estadios do seguinte xeito:
• Data —datos— . Son entidades que carecen de sentido pleno
por si soas, unha serie de números tomados de xeito singular
que carecen de utilidade para o público xeral cando se toman
de xeito illado.
• Information — información—. A transformación e
organización dos datos dá lugar á informción, segundo estadio
deste continuum of understandi ng. Fundamentalme nte trátase de
recoller, procesar e presentar os datos en bruto dun xeit o
comprensible acompañados, ademais, do contexto que os
rodea e os ubica no marco da realidade.
• Knowledge — coñecemento— . Este terceiro chanzo suma aos
dous anteriores o concepto da experiencia previa. Por tanto, o
coñecemento desta etapa xorde das posibles experiencias
previas vividas polas persoas que observan un traballo de
visualización da información, que axudan a relaci onar este coas
vivencias anteriores.
• Wisdom — sabedoría— . Este é o nome que Shendroff lle
outorga ao último estadio desta cadea de adquisición de
coñecemento. Neste caso estariamos a falar dunha etapa na que
o nivel de coñecemento adquirido acada un nivel superior no
que se poden establecer relacións e mesmo establecer xuízos
sobre os datos dos que parte.
Alberto Cairo (2011, pp. 31 - 32) realiza tamén unha escala ou proceso
para o afianzamento da información a través da visualización que, segundo
a súa proposta, constaría de cinco etapas:
A visualización da información
89
• Información desestruturada. Esta sería a realidade ou o
mundo que nos rodea con todos aquelas ideas e fenómenos
susceptibles de ser observados.
• Datos. É o rexistro resultante da observación da información
desestruturada, realizado a través de símbolos — núm eros e
palabras— empregadas para describir a realidade á que se fai
referencia.
• Información estruturada. Cairo sinala que para que unha
serie de datos poida chegar a ser comprendida é preciso adoptar
un segundo nivel de codificación —o primeiro era a
codificación da información desestruturada en datos— . Con
isto conséguese que os rexistros poidan ser prese ntados de
forma comprensible. Isto é, por exemplo, a tarefa que realizan
os xornalistas ao escribir unha historia fundamentada en feitos,
observacións e o contexto que os rodea.
• Coñecemento. O consumo da informac ión estruturada por
parte das persoas leva a un aumento do coñecemento a través
de procesos de asimilación e comparación con experiencias
previas.
• Sabedoría. É o punto máis alto desta escala, no que se pode
falar dun coñecemento profundo que xorde da avaliación e a
análise de todo o asimilado nos catro pasos anteriores. Así,
Cairo incide en que non todo o coñecemento acaba
converténdose en sabedoría, do mesmo xeito que non toda a
información chega a ser coñecemento. Son chanzos dun
proceso que, aínda que consecutiv os , non son acadados por
todas as persoas que observan un mesmo traballo de
visualización.
Así, pois, cando falamos da función outorgada á visualización da
información, debemos situar a súa facilidade como elemento facilitador da
comprensión en primeiro lugar. Ademais —e especialmente dende
mediados dos anos noventa—, os avances no plano da informática e a
Á NGEL V IZOSO
96
1. C aracterizacións para a vi sualización da
información
A evolución da visualización da información e a aparición de novas
fontes de recollida e preservación da información trouxo consigo a
necesidade de etiquetar e diferenciar as diferentes tipoloxías que se poden
atopar dentro deste campo. Así, cando buscamos afondar nalgúns dos
intentos por aportar clasificacións eficientes para este instrumento
comunicativo, atopamos como a abordaxe deste reto foi realizada dende
diferentes ópticas.
1.1. Aproxi macións dend e a in formática e a natur eza
dos datos
Unha das contribucións máis notables a este respecto é a realizada
por Ben Shneiderman (1996) , xa que aborda a complexa tarefa de
caracterizar os traballos de visualización dende dous ángulos: sete tipos de
datos que as poden avalar e sete tarefas que é posible realizar no proceso
da súa consulta. Isto ten como resultado a aparición dunha ampla gama
de variedades ou combinacións á hora de diferenciar este tipo de pezas .
Con todo, é preciso apuntar que esta categorización está estreitamente
vinculada á visualización de grandes conxuntos de datos, nomeadamente
os relacionados co campo da informática e a computación, campo no que
ten a súa orixe unha grande parte da teoría recente sobre a visualización
da información.
No relativo á división a partires do tipo de datos que fan posibles os
traballos de visualización Shneiderman fálanos de:
• 1-Dimensional (1-Dimensión). Datos lineais como os
procedentes de documentos, códigos de programación ou listas
organizadas de forma secuencial. Nestes casos, cada elemento
Tipoloxías gráficas, propiedades e retos
para a percepción do usuario
97
constitúe unha liña, formada á súa vez por diferentes atributos
propios de cada elemento.
• 2-Dimensional (2-Dimensións). Datos procedentes de
planos ou mapas como aqueles obtidos de mapas cartográficos,
planos de elementos ou retículas —dun xornal, dunha revista,
dunha web, etc.—. Cada elemento leva adheridas unha serie de
características que lle son propias —nome, valores
cuantitativos, etc.—, pero tamén outras —a segunda das
dimensións— que son relativas á interface na que se visualiza
como a cor, o tamaño ou a opacidade, entre outras.
• 3-Dimensional (3-Dimensións). Trátase de obxectos do
mundo real con volume e unha potencial capacidade de
relación con outros elementos. Exemplo disto poderían ser
células, o propio corpo humano ou un edificio, todos eles
elementos coa capacidade de ser conectados con outros
obxectos. Os deseños baseados neste tipo de datos súmanlle ás
particularidades propias das dúas categorías anteriores a
posibilidade de exploración ou movemento —arriba e abaixo,
interior e exterior, etc.—do presentado nestas visualizacións.
• Multi-dimensional (Multidimensionais). Aplicable ás bases
de datos relacionais e estatísticas nas cales unha cantidade de
atributos determinada se relacionan con puntos nun espazo en
unha, dúas ou tres dimensións.
• Tree (Árbore). Xerarquías nas cales se presenta un conxunto
de elementos que, á súa vez, contan con subdivisións ou
elementos aniñados no seu interior. Tanto cada elemento como
os subelementos que parten destes contan con atributos
propios e en común que permiten seguir o fío dos datos.
• Network (Rede). Serie de elementos conectados de forma
arbitraria con outros elementos. Estes poden compartir unha
característica con outro dos elementos presentes na
visualización e outra diferente cun terceiro, por exemplo. Isto
Á NGEL V IZOSO
98
serve para facilitar a exposición da conexión que pode existir
entre dous datos, obxectos, persoas ou realidades sen que esta
se manifeste a simple vista.
Os sete tipos de datos expostos son, en palabras deste investigador
estadounidense no eido da informática, unha abstracción da realidade . Isto
leva a que mesmo poidan chegar a producirse variacións destas
categorizacións: datos en catro dimensións, estruturas multiarbóreas e
tamén outros prototipos que sexan o resultado da combinación das
formas expostas.
No relativo ás accións ou tarefas de navegación ou recuperación da
información (Torres Ponjuán, 2010, p. 75), Shneiderman fala novamente
de sete diferentes, aínda que non se trata de categorías pechadas e sen
conexión. Do mesmo xeito que coa categorización relativa ao tipo de
datos que hai detrás da visualización, esta clasificación é aberta e dada á
combinación de elementos ou, neste caso, xeitos de proceder:
• Overview (Resumo). Posibilidade de acceder a unha vista de
toda a colección ou conxunto de datos. Este tipo de
visualizacións adoitan contar coa posibilidade de moverse
cadro a cadro ou espazo a espazo dentro do produto.
• Zoom. Achegamento ou vista en detalle de determinados
elementos ou grupos de elementos que susciten o interese dos
usuarios.
• Filter (Filtrado). Selección dos elementos de interese ,
desbotando aqueles sen el. Trátase dun dos elementos que
Shneiderman identifica como clave na visualización da
información dos nosos días. Apoiándose en estudos anteriore s
con propostas de mellora das interfaces existentes, salienta
como ofrecerlle ao público a oportunidade de adaptar a
visualización á consulta de datos que cumpran cunha serie de
características introducidas polo usuario redunda nunha maior
eficiencia e unha maior comprensión de contidos complexos,
Tipoloxías gráficas, propiedades e retos
para a percepción do usuario
99
especialmente cando a selección destes filtros é sinxela e
accesible a calquera persoa (Ahlberg, Williamson e
Shneiderman, 1992).
• Details- on -demand (Detalles baixo demanda ou á carta).
Selección dun grupo de elementos para os cales é posible obter
a información que hai tras eles cando o usuario o decide.
• Relate (Relación). Acce so ás relac ións existentes entre os
elementos do conxunto de datos expresados a través da
visualización. Por exemplo, nun traballo sobre obras literarias,
ao consultar ou acceder á ficha dun libro en concreto
ofrécesenos a posibilidade de relacionalo con outras obras
asinadas pola mesma persoa.
• History (Histórico de accións). Opción de gardado dos
pasos ou accións realizadas polos usuarios durante a
exploración da información. Este tipo de posibilidades resulta
efectiva para os usuarios, pois a consulta da información
presentada pola vía visual é un proceso composto por
diferentes etapas nas que pode ser necesario retroceder e
avanzar de novo.
• Extract (Extracción). Posibilidade de gardar — extraer —
partes ou subconxuntos para ser compartidos ou para un
futuro regreso ao mesmo conxunto de datos.
1.2. Das f ormas gráf icas á súa fun ción no co nxunto
Unha aproximación máis sinxela pero derivada da de Ben
Shneiderman é a clasificación elaborada por Angela Zoss (2019) no marco
das LibGuide da Universidade de Duke. Esta lista, constituída tamén por
sete tipos de visualizacións diferentes trata de desmarcarse doutras como
a propia de Shneiderman pois, como se narraba anteriormente, está moi
vinculada ao campo da informática e resulta difícil extrapolala a outros
contextos comunicativos como poden ser o xornalismo ou a educación.
Á NGEL V IZOSO
100
Así, a taxonomía elaborada por Zoss fai mención a estas variantes da
visualización derivadas dos seguintes tipos de datos:
• 1-D/Linear (1- D/ Lineais). Listas de elementos organizados
conforme a unha soa característica —orde alfabética,
cronolóxica ou outro criterio—. Segundo recolle a autora, no n
é común ver visualizacións que deriven deste tipo de
estruturación dos datos.
• 2D/Planar (2D/Planos). Formas fundamentalmente
vinculadas á comunicación de datos sobre planos ou mapas.
Dentro destes poderían agruparse formas como:
o Mapas coropléticos ( coropleth ). Serven para identificar
a presenza dunha variable sobre unha se rie de áreas
xeográficas a través da intensidade da cor, xeralmente
dentro dun mesmo rango cromático que figura a carón
da representación visual (Kumar, 2004) .
o Cartogramas ( cartogram ). Mapas nos que existe unha
distorsión da distancia ou a área derivada da introdución
dos datos que dan lugar á visualización. En ocasións
poden empregarse estratexias baseadas na cor
semellantes ás dos mapas coropléticos (Markowska,
2019) .
o Mapas de distribución de puntos ( dot distribution
map ) . Ferramenta para a representación da
concentración dunha variable en diferentes localizacións.
O exemplo máis salientable deste tipo de mapas é aínda
hoxe o mapa da epidemia de cólera do doutor John
Snow. A súa orixe está na cartografía tradicional, coa que
comparte o obxectivo de situar os elementos sobre un
mapa de un en un (Hey e Bill, 2014)
o Mapas de símbolos proporcionais ou de burbullas
( proportional symbol / bubble map). Fórmulas nas que
se empregan símbolos que serven para representar a
Tipoloxías gráficas, propiedades e retos
para a percepción do usuario
101
presenza da variable en cuestión nun territorio,
xeralmente a través do seu tamaño e/ou a cor que
adoptan (Cabello, Haverkort, Van Kreveld e Speckmann,
2006).
o Mapas de curvas de nivel, isogramas ou isopletas
( contour, isopleth or isarithmic map ) . O exemplo máis
claro na nosa vida diaria son os mapas de isóbaras da
información meteorolóxica. Trátase de mapas que
representan cruzan dúas variables. Por un lado o valor
dos datos e, por outro, a súa localización. O xeito de
representar estes mapas é con espazos continuos —
marcados por liñas— nos que a variable permanece
constante (Munzar, 1967; A. H. Robinson, 1971) .
o Mapas dasimétricos ( dasymetric map ) . Tipoloxía de
mapa temático empregado para a exposición de datos
cu antitativos sobre diferentes áreas. Afonda un nivel
máis que o mapa coroplético ao ofrecer información
complementaria sobre o xeito no que se distribúe a
variable en áreas de interese máis concretas (Eicher e
Brewer, 2001).
o Mapas autoorganizados ( self-organizing map ).
Trátase dun plano artificial, unha recreación dunha rede
neuronal cread a para a representación de trazos comúns
ou patróns sobre unha superficie en dúas dimensións
(Kohonen e Honkela, 2007).
• 3D/Volumetric (3D/Volumétricas) . Nesta c ategoría estarían
incluídos os elementos en tres dimensións deseñados por
ordenador, as simulacións e as animacións.
• Temporal (Temporais) . Formas gráficas destinadas a trasladar
de xeito visual a evolución das variables ou a súa presenza ao
longo do tempo, un obxectivo que a humanidade leva
perseguindo dende hai séculos (Wills, 2012, p. 2) con mostras
Á NGEL V IZOSO
102
que serviron de inspiración e influencia para algunhas das máis
empregadas na actualidade: liñas do tempo — timeli ne s— (D.
Rosenberg e Grafton, 2009), series temporais — time series —
(Bloomfield, 2000, p. 1), gráficos de área — area graphs — (Byron
e Wattenberg, 2008) , diagramas de Gantt (W. Clark, 1922, pp.
3- 5) , diagramas de arco — arc diagrams — (Wa ttenberg, 2002) ,
diagrama de Sankey — Sankey diagram— (Schmidt, 2008) ou
diagramas aluviais — aluvial diagram— (Rosvall e Bergstrom,
2010) , entre outras formas cuxo obxectivo e amosar o camiño
que seguen os datos ao longo do tempo.
• nD/Multidimensional (Multidimensionais con diferentes
dimensións) . Nesta categoría estarían incluídas algunhas das
formas máis populares e amplamente empregadas, tanto ao
longo da historia como no momento actual. Trátase de gráficos
que serven para o cruzamento de diferentes variables, aínda que
as posibilidades e a capacidade de presentación deste
cruzamento varía dunhas fórmulas a outras. Algunhas destas
modalidades gráficas son evolucións ou adaptación ás
necesidades actuais dalgúns dos exemplos vistos no capítulo
anterior ao detallar os principais alicerces sobre os que se
sustenta o campo da visualización da información nos nosos
días. Exemplos de tipoloxías gráficas incluídas nesta categoría
poderían ser: gráficos circulares ou de torta — pie or circle
charts— (Few, 2007b) , histogramas — histogram — (Herkenhoff,
Fogli, Herkenhoff e Fogli, 2013), nubes de palabras — wordle,
tag cloud— (Helic, Trattner, Strohmaier e Andrews, 2011) ,
gráfico de burbullas — bubble chart— na súa versión
desordenada e ordenada (Viegas, Wattenberg, Van Ham, Kriss
e McKeon, 2007) , gráfico de barras — bar chart— (Beniger e
Robyn, 1978) , mapa de árbore — tre emap— (Kong, Heer e
Agrawala, 2010), diagrama de dispersión — scatter plot—
(Friendly e Denis, 2005) , gráfico de liñas — line chart– (Kong e
Tipoloxías gráficas, propiedades e retos
para a percepción do usuario
103
Agrawala, 2009), mapa de calor — heatmap— (Wilkinson e
Friendly, 2009), conxuntos paralelos/coordenadas paralelas —
paralell sets/paralell coordinates— (Heinrich e Weiskopf, 2013) ,
gráfico radial — radar chart— (Porter e Niksiar, 2018), gráfico
de velas — box plot — (Beniamini, 1988) ou o diagrama de
Marimekko — Marimekko chart— (Few, s. d .) ,
• Tree/Hierarchical (Arbóreas/Xerárquicas) . Esta
clasificación, ao ser herdeira da liña iniciada por Shneiderman,
inclúe tamén as estruturas arbóreas ou xerárquicas. Do mesmo
xeito que acontecía na proposta do informático
estadounidense, esta tipoloxía fai referencia a presentacións
visuais de datos aniñados uns dentro dos outros. Nestes casos,
cada categoría conta con divisións internas, polo que os datos
que forman parte da mesma rama comparten trazos comúns.
As visualizacións máis comúns dentro desta categoría son :
diagrama de árbore — tree diagram – (Cork, 2011) , dendograma
— dendogram — (Everitt, 2002, p. 112), árbore radial — radial
tree— e árbore hiperbólica — hyperbolic tree — (Yee, Fisher,
Dhamija e Hearst, 2001) ou diagrama de torta multinivel —
sunburst diagram — (Clark, 2006).
• Network (Redes) . A derradeira agrupación desta clasificación
fai referencia ás visualizacións que serven para conectar
elementos —nodos— con carac terísticas comúns que a simple
vista non son perceptibles (Börner, Chen e Boyack, 2005).
As achegas de Shneiderman (1996) e Zoss (2019) non son exclusivas
nin da vertente física —impresa— nin da dixital —multimedia e
interactiva— da visualización da información, aínda que si recoñecen o
papel da informática nos procesos necesarios para a súa elaboración. Así
mesmo, existen propostas encamiñadas a definir os tipos de visualización
accesibles a través d a web.
Á NGEL V IZOSO
104
1.3. As dúas preguntas de Berinato
Unha achega interesante a esta carreira por categorizar a visualización
da información é a que realiza Scott Be rinato (2016) , pois é o resultado da
realización de dúas preguntas no momento de ideación dun contido de
visualización:
1. Trátase dunha información conceptual ou baseada en datos?
2. A miña intención é narrar ou explorar algo?
O cruzamento das respostas obtid as logo da formulación destas
preguntas ofrece como resultado catro potenciais tipoloxías visuais que
Berinato representa do servíndose do seguinte diagrama:
Imaxe 1 8 . Os catro tipos de visualizaci óns de Berinat o
Fonte: Good Charts: the GBG guide to Maki ng Smarter, More Persuasive
Data Visualiz ations ( Berinato , 2016)
No primeiro cuadrante atopariamos a tipoloxía Idea illustration .
Segundo o autor, estas serven para a simplificación de ideas complexas a
Tipoloxías gráficas, propiedades e retos
para a percepción do usuario
105
través de metáforas visuais simpl es e con vencións instala das no marco d a
sociedade. Exemplo disto poderían ser cadros ou esquemas de
organización, que representan estruturas xerárqu icas e complexas de forma
que as relacións contidas nelas poidan ser entendidas con maior facilidade.
Unha segunda opción, denominada por Berinato como Idea generation ,
é o resultado da elaboración de informacións conceptuais de carácter
exploratorio. Este s traballos están novamente apoiados nas convencións
ou metáforas visuais que se atopan instaladas co imaxinario da audiencia ,
pero o seu carácter exploratorio pode chegar a facelas máis complexas de
entender. O autor salienta como a aproximación a estes traballos rompe
con moitas das nocións da visualización da información, especialmente
con aqueles traballos máis exploratorios, pois é algo semellante a ir
enchendo unha folla en branco, sen dato ningún. Con todo, pode resultar
útil nalgúns casos.
O cruzamento da intención de elaborar un traballo exploratorio
baseado en datos dá como resultado a aparición da categoría Visual
discovery , na que os usuarios poden consultar e explorar os datos. Esta
adoita ser unha das tipoloxías máis frecuentes nos nosos días, pois é
aplicable a case calquera ámbito. O momento actual vén marcado pola
abundancia de iniciativas de rexistro e almacenaxe de datos, polo que
resultan tamén necesarias formas narrativas que axuden a trasladar este
tipo de informacións do xeito máis claro posible, aínda que nesta
nomenclatura se inclúan elementos que pola súa complexidade precisan
dun certo coñecemento ou alfabetización no seu uso.
A última das categorías son os traballos nomeados como Everyday
dataviz , visualizacións máis comúns ou do día a día. Están baseadas en
datos pero contan cunha intención narrativa, en lugar de exploratoria.
Nesta cuarta e derradeira división atopariamos formas gráficas moito máis
sinxelas que na anterior, en especial todas aquelas que empregamos con
maior asiduidade en cada vez máis ámbitos da vida —traballos
académicos, informes de empresa, etc.— e que non precisan nin dunha
Á NGEL V IZOSO
112
formas simples de visualización, como unha táboa na que se
comparen varios gráficos sobre unha mesma realidade.
• Visualización posicional. Nesta categoría estarían incluídas
formas como as arbores xenealóxicas, os esquemas, as liñas do
tempo ou os diagramas de fluxo. Todas elas son formas que
trasladan relacións entre elementos ou posicións nunha escala
ou un rango.
• Visualización topográfica. Representación dos datos sobre
os territorios ou elementos nos que están integrados. Este tipo
de presentacións poden ter como obxectivo a localización das
variables —en mapas, por exemplo—, pero tamén a
explicación das súas propiedades a través da imaxe e a
ilustración —unha disección dun automóbil para explicar o seu
funcionamento—. Os autores salientan a notable influencia da
evolución dos sistemas de programación e deseño gráfico, pois
a súa mellora dende a década dos anos 80 fai posible a
elaboración de modelos máis axustados á realidade e con maior
nivel de detalle.
• Visualización teledinámica. Traballos automatizados e
vinculados a datos en tempo real que poden ter unha natureza
diferente segundo os datos que as orixinan: coordenadas
espaciais, datos numéricos, etc. En ocasións, este tipo de
elementos só actúan como tal durante o tempo que dura o
evento ao que fan referencia. Por exemplo, un mapa co
resultado dunhas eleccións vinculado á base de datos do
reconto dos votos só experimentará cambios en tempo real
durante o propio reconto. Unha vez remate este o mapa pode
permanecer, pero como unha foto fixa do acontecemento, non
como unha comunicación en vivo no momento no que está a
suceder.
• Visualización de arrastre interactivo ( Drag and drop ).
Estaría considerada como o nivel máis alto da interactividade,
Tipoloxías gráficas, propiedades e retos
para a percepción do usuario
113
pois o usuario ten a oportunidade de elixir os elementos e
mesmo arrastralos dentro da visualización, obtendo unha
experiencia personalizada.
• Visualización de identificación aumentada. Este tipo de
traballos están realizados a partires de imaxes sobre as cales se
engaden certas doses de interactividade co obxectivo de
ampliar a información, ao xeito do que acontece coa Realidade
Aumentada (Carmigniani e Furht, 2011, p. 3).
• Miscelánea de varias visualizacións. Esta última categoría
serve para agrupar aqueles traballos que resultan da
combinación de máis dunha das tipoloxías anteriores.
En resumo , as categorías ideadas por Valero Sancho, Català
Domínguez e Marín Ochoa buscan tipificar as visualizacións conforme
aos elementos que as integran. No entanto, ao longo dos parágrafos
anteriores foi posible ver como outros autores acoden ao tipo de datos a
partir dos cales se xeran as visualizacións ou a como é a súa presentación
para establecer as súas taxonomías.
Ademais de todo o apuntado, a popularización e democratización da
visualización da información ao longo dos últimos anos motivou a
aparición de diferentes espazos encamiñados a diferenciar as múltiples
formas gráficas existentes, así como as súas variables. Portais como
datavizcatalogue.com
1
, datavizproject.com
2
ou mesmo os espazos en liña de
firmas come rciais e specializadas na prestación de servizos de
visualización
3
actúan como nexo entre as dúbidas dos usuarios á hora de
entender ou afrontar a creación dun contido de visualización e o resultado
final. Nestes espazos calquera persoa pode ver a modo de catálogo as
1
Accesible en https://datavizcata logue.com/
2
Accesible en https://datavizproj ect.com/
3
Exemplo disto pode ser a galer ía de gráficos da firma AnyC hart , especializada na
comercialización de solucións de visualización. Accesible en
https://www. anychart.com/es/products/any chart/gallery/
Á NGEL V IZOSO
114
diferentes formas existentes e mesmo algunhas das súas variacións. A
maiores, poden ser agrupados conforme a diferentes criterios —forma,
función, familia gráfica, etc.— para ent ender o uso potencial que pode ter
cada tipoloxía nos proxectos que se busca elaborar. Por último, os
catálogos abertos ao público e non vinculados a entidades comerciais
especializadas no sector, non só ofrecen unha explicación técnica ou
funcional de cada forma gráfica, senón que actúan como porta de entrada
a aplicacións —gratuítas ou de pago— nas que se poden materializar.
A categorización e distinción das diferentes formas e elementos que
suman á hora de construír o relato narrativo da visualización da
información é, pois, un esforzo que se veu intensificando ao longo dos
últimos anos. No entanto, do mesmo xeito que acontece con outras áreas
da comunicación, estas categorías ou tipoloxías están altamente ligadas á
evolución tecnolóxica. E é que esta inflúe en grande medida tanto na
produción coma nas canles distribución dos instrumentos empregados
para a difusión deste tipo de mensaxes, modificando as realidades
existentes e dando lugar a outras novas nalgunhas ocasións.
2. Propiedades e compoñentes
Todas as formas comunicativas contan con particularidades e
instrumentos que lle son propios. Pensemos, por exemplo, na lingua
escrita —que non é espontánea e que emprega soportes como o papel ou
o dixital— ou a lingua falada —espontánea, máis flexible e que emprega a
voz como soporte— (de Castro, 2013, p. 6). Coa visualización da
información acontece algo semellante. Ao tratarse dunha forma de
comunicación máis conta cunha serie de elementos que lle result an
propios e exclusivos. Ao mesmo tempo, c onta con toda unha serie de
particularidades e códigos que derivan da súa natureza visual, e que
comparte con outras formas de comunicación que se serven tamén da
Tipoloxías gráficas, propiedades e retos
para a percepción do usuario
115
representación dos contidos a través de elementos g ráficos para trasladar
información.
2.1. Anato mía da v isualiz ación
Dedicamos esta sección a falar dalgunhas achegas que buscan facer
unha disección da visualización da información a través da determinación
dalgúns dos seus principais compoñentes.
Así, detémonos en primeiro lugar na aportación de Card, Mackinlay
e Shneiderman (1999, pp. 26 - 32) , que fan referencia aos seguintes
elementos como identitarios desta modalidade comunicativa:
• Substrato espacial — Spatial Substrate— . Os autores
identifican con este termo a necesidade de aproveitamento do
espazo que lle é propia á visualización da información, pois é o
medio habitado por esta tipoloxía comunicati va. Dentro desta
distinción, existiría a posibilidade de representacións en
espazos de dúas dimensións —a través dos eixes X e Y— , pero
tamén a presentación de contidos en 3 dimensións e mesmo en
máis, o que os autores definen como representacións
hiperdimensionais.
• Elementos gráficos —Graphical Elenents—. Dentro desta
segunda caracterización estarían aquelas unidades que se sitúan
sobre o substrato espacial. Así, Card, Mackinlay e Shneiderman
determinan a existencia de catro tipos de elementos visuais —
pu ntos, liñas, superficies e volumes— que as persoas
encargadas de producir os contidos de visualización deberán
seleccionar e combinar segundo a súa pertinencia para a
comunicación dos datos ou as realidades que dan orixe aos seus
traballos.
• As propiedades gráficas — Graphical Properties— . Estas
propiedades entran en conexión coa percepción dos usuarios e
Á NGEL V IZOSO
116
a capacidade do seu ollo para a distinción e relación do
percibido co coñecemento adquirido previamente . De acordo
co exposto por estes tres investigadores estadounidenses,
existen múltiples propiedades gráficas que poden ser
empregadas neste tipo de contidos, aínda que as máis
frecuentes son: tamaño, orientación, cor, textura e forma. A
elas dedicámoslle a seguinte sección, pois resultan
fundamentais á hora de comprender a natureza dos traballos de
visualización.
2.1.1. As propiedades gráficas como elemento definitorio dos trab allos de
visualización da información
Un dos elementos máis salientables á hora de recoñecer os traballos
de visualización da información e mesmo cando se busca diferenciar os
seus compoñentes son as formas gráficas que os integran, así como as
propiedades destas.
Se Card, Mackinlay e Shneiderman (1999, pp. 26 - 32) mencionaban
tamaño, orientación, cor, textura e forma como propiedades gráficas
inherentes a calquera traballo de visualización, William S. Cleveland e
Robert McGill (1984) enumeran as seguintes seis propiedades segundo o
seu grao de importancia á hora de determinar este tipo de contidos:
posición no eixe, lonxitude, orientación da liña ou o obxecto, área,
volume, cor e textura.
A clasificación destes dous autores serve para comprender a
influencia de cada unha destas características á hora de descifrar ou extraer
o coñecemento das narracións visuais. Así, grazas aos seus experimentos
puideron entender cales eran as máis relevantes dende a óptica do usuario
e ofrecer toda unha serie de recomendacións para fortalecer o relato de
fórmulas gráficas amplamente aceptadas como os gráficos circulares, os
de barras, ou os de dispersión.
Tipoloxías gráficas, propiedades e retos
para a percepción do usuario
117
O que resulta máis sorprendente desta división realizada por
Cleveland e McGill (1984) é o feito de que a cor e a textura apareza n en
sexto lugar como o elemento de menor relevancia. E é que a cor pode
resultar unha ferramenta de grande utilidade á hora de transmitir
información, pois o ollo humano conta cunha grande capacidade para
distinguir as diferentes variantes deste elemento (Tufte, 1990, p. 81).
A este respecto Ricardo Mazza (2009, pp. 21 - 22) sinala o feito de
que entre as propiedades expostas é a única que pode experimentar
variacións segundo o contexto cultural, lingüístico ou psicolóxico das
persoas. Un dos exemplos máis claros é o das persoas con patoloxías
visuais relacionadas coa percepción da cor, pois non terán un acceso ou
experiencia similar a quen non as presente (Interaction Design
Foundation, 2020b; Ware, 2004, pp. 99- 100) .
2.2. Proce so de deseño . Diferentes ap roximacións
A comprensión do papel que xogan todos estes elementos e das
diferentes opción existentes á hora de elaborar traballos de visualización
da información é tamén unha das temáticas que concentra os esforzos da
investigación nesta materia. Deste xeito, ao longo dos últimos anos foron
varios os intentos por determinar as principais fases que resultan esenciais
cando se trata de producir este tipo de contidos visuais, existindo
diferentes xeitos de enfrontarse a este reto segundo a natureza do produto
que se busca elaborar —interactivo ou estático— e tamén a procedencia
e a tipoloxía dos datos.
Stikeleather (2013) advirte tres propiedades da visualización da
información que condicionan o proceso de deseño que afectan a tres das
dimensións finais do produto:
• Audiencia . Do mesmo xeito que aco ntece con calquera outro
produto comunicativ o, a visualización da información ten a
obriga de comprender, situar e conectar coa audiencia. I sto debe
Á NGEL V IZOSO
118
realizarse a partires do emprego de formas e linguaxes que non
resulten estrañas e que sexan perceptibles polo público. Porén,
tamén hai que contar coa capacidade de adaptarse a este en cad a
momento, pois un traballo excesivamente sinxelo podería non
resultar efectivo en ámbitos de maior e sixencia, e vicev ersa.
• Marco . É preciso aportar os elementos necesarios para que a
historia ou os datos sexan comprendidos na súa totalidade, sen
fisuras ou ocos. Así, os deseñadores deberán confirmar que se
lle dá un correcto uso ás formas gráficas e textuais empregadas
co obxectivo de non crear confusión ou provocar que a
información se perciba só de xeito parcial.
• Historia . Esta dimensión fai referencia ao papel de narración
e de trasladar historias da visualización da información, algo
que resulta crucial. Neste sentido, Stikeleather salienta a grande
axuda que é o storytelling como elemento facilitador da
comprensión e a interpretación da información que rematará
en adquisición do coñecemento por parte das audiencias.
O protocolo elaborado por Mazza (2009, p. 25) inclúe cinco chanzos ou
pasos que funcionan coma un b orrador mental do que se busca facer coa
visualización a partires dos atributos e as tipoloxías gráficas e de datos que os
autores teñen á súa disposición no momento de enfrontarse ao reto de
comunicar visualmente. D este xeito, poderíanse establecer as seg uintes etapas:
• Definición do problema. O autor sinala que este primeiro
estadio debe ser a consecuencia de coñecer as necesidades da
audiencia para entender que é o que buscan obter da
información. Isto resulta complexo no día a día e para o
conxunto dos usuarios potenciais de calquera traballo de
visualización, pero no momento actual é sinxelo de abordar
grazas á grande cantidade de fórmulas para acceder ao parecer
dos usuarios de múltiples servizos sen que a comunicación
constitúa unha excepción entre ele s.
Tipoloxías gráficas, propiedades e retos
para a percepción do usuario
119
• Exame da natureza dos datos a representar. Coñecer o
material co que se conta para a comunicación visual resulta
tamén un factor fundamental á hora de darlle forma a este tipo
de produtos. Neste sentido, o tipo de datos dispoñible para a
súa elaboración resultarán cruciais, pois non todas as tipoloxías
poden ser representadas do mesmo xeito. Así, o propio autor
segue a proposta de tipoloxías de variables establecida por
Card, Mackinlay e Shneiderman (1999, p. 20) . Esta fálanos de
datos que poden ser cuantitativos —unha lista de números, por
exemplo—, ordinais —datos que non teñen unha natureza
numérica, pero que contan cunha orde que lles é propia, como
poderían ser os meses do ano— e, por último, datos
categóricos —este sería o caso de datos como nomes de
cidades, que non teñen unha orde establecida—.
• Número de dimensións dos datos ou atributos. Do mesmo
xeito que se debe ter presente a tipoloxía de datos que está
dispoñible á hora de elaborar un traballo, hai que facer o propio
cos seus atributos, pois indicarán se estes son dependentes ou
independentes ou mesmo cales contan con cada unha das
dimensións dentro dun conxunto de datos. Unha vez coñecidas
estas características pódese proceder á visualización de patróns
e relacións entre eles en diferentes graos, pois non é igual a
explicación dunha variable cuxa evolución depende só dun
suxeito —como as variables univariantes ( Everitt, 2002, p.
386) —, que aquelas na que a súa evolución é o resultado da
intervención de múltiples variables (Everitt, 2002, p. 258) .
• Estrutura dos d atos. Outro factor crucial neste proceso é
o coñecemento da estrutura contida nos datos . A este
respecto, Mazza fala de cinco opcións diferentes: lineais —
ao x eito de táboas ou vectores — , temporais — datos que
evolucionan ao longo dun tempo determinado — , espaciais
ou xeográficos — vinculados a referentes físicos sob re un
Á NGEL V IZOSO
120
mapa ou un plano — , xerárquicos — datos aniñados de forma
que ao avanzar polas novas categorías do conxunto se
conserven seme llanzas coas anteriores — e redes — datos
que presentan relacións entre elementos — .
• Tipo de interacción. Esta última fase do proxecto de ideación
dos traballos de visualización está encamiñada a decidir se estes
serán estáticos —ben sexa na súa forma impresa ou dixital— ,
transformable —cando o usuario pode tomar o control do
proceso de modificación dos datos elixindo rangos ou
filtrando— ou manipulable —para aqueles casos nos que o
usuario pode controlar algúns parámetros que serv en para
organizar a presentación das visualizacións a travé s do zoom , a
rotación de imaxes, etc.—.
Tamén dentro da persecución dun protocolo para a ma terialización de
proxectos de visualización da información Ware (2004, pp. 5 - 6) comparte
algunhas das ideas relativas á natureza dos datos e á súa capacidade para a
transmisión de información, pero estende este proceso ata a conexión co
sistema cognitivo e a per cepción final dos usuarios. Así, o seu modelo
quedaría condensado en catro fases n as que, segundo ap unta o propio autor,
non se produce un avance constante, senón que exist en certos mom entos
de r etroceso ou loop . Estes retrocesos a fases ou momentos anteriores da
produción son a consecuencia do aprendido nalgunha das fases anteriores
para ofrecer como resultado estes catro chanzos:
• Recompilación e almacenaxe dos datos.
• Proce samento previo dos datos en bruto para a obtención dun
conxunto que poida ser comprendido e traballado.
• Emprego de ferramentas gráficas e informáticas para a
representación visual deses datos a través dunha pantalla.
Como se pode observar neste punto, esta s catro fases están
fundamentalmente encamiñadas á produción de materiais con
Tipoloxías gráficas, propiedades e retos
para a percepción do usuario
121
ferramentas dixitais para seren reproducidos tamén neste
mesmo formato.
• Sistema cognitivo e de percepción dos seres humanos — a
audiencia—. Este derradeiro estadio xa non ten luga r no espazo
de traballo das persoas encargadas de producir a visualización
da información, senón que é o resultado da conexión deses
traballos coas habilidades de percepción e comprensión visual
das persoas que poidan chegar a eses materiais.
Por último, B en Fry (2008, p p. 5 - 6) fala dun proceso composto por
sete accións, algunhas delas mentais e outras físicas, para poder chegar á
comprensión dos datos a través da visualización da información. É
importante sinalar que este autor non identifica os pasos como unh a
sucesión inamovible, pois mesmo afirma que poden existir procesos nos
que algún destes pasos ou accións non sexan necesarios.
En primeiro lugar estaría a adquisición ou a obtención dos datos da
súa fonte orixinal. Seguidamente, atopariamos a fase de análise, na que se
organizan e estruturan os datos en categorías para facilitar a súa
comprensión e o traballo cos mesmos. En terceiro lugar estaría o proceso
de “minería” ou extracción dos patróns e conexións existentes entre os
datos a través do emprego de métodos estatísticos. A cuarta fase —aínda
que lembremos que non se trata dunha secuencia no sentido estrito— é
para Fry a de representación a través da elección dun modelo visual. En
quinto lugar estaría a fase de perfeccionamento, na que se debe corrixir e
mellorar todo o posible a visualización para facela máis clara e máis
atractiva visualmente. Finalmente estaría a fase de interactividade, na que
se engaden fórmulas para a manipulación e o control dos datos e
características da visualización elaborada.
Aínda que, como se pode observar, existen diferentes protocolos ou
tipoloxías de proceso á hora de darlle vida aos traballos de visualización
da información, hai dous aspectos que poderiamos identificar como
clásicos que seguen vixentes. Un deles é a necesidade de presentar calquera
Á NGEL V IZOSO
128
sabedoría—. Ademais, autores como McCandless (2010a) ou
Diakopoulos (2011) falan da súa necesidade non só na visualización
aplicada como ferramenta para a comunicación non só a nivel xeral, senón
tamén de xeito máis particular no ámbito do xornalismo.
2.3.2. A usabilidad e, factor irrenunciable nos tra ballos de visualización
A Organización Internacional da Normalización define o concepto
de usabilidade como “o punt o at a o c al un produto pode ser utilizado por
usuarios específicos para acadar obxectivos concretos con efectividade,
eficiencia e satisfacción nun contexto de uso específico ” (Organisation
Internationale de Normalisation, 2018) . Esta entidade aplica esta
definición a calquera tipo de produto, aínda que o desenvolvemento
recente do concepto permanece vinculado fundamentalmente ás
ferramentas informáticas, tanto no apartado do hardware —ordenadores,
teléfonos móbiles, tabletas e outros moitos dispositivos deste tipo—
como no relativo ao software —programas informáticos, videoxogos ou
aplicacións para dispositivos móbiles—.
No caso da visualización da información, o concepto da usabilidade
está presente en calquera das súas vertentes, mais é no apartado
multimedia no que cobra especial relevancia. Así elaboración de produtos
de visualización buscando seguir estes criterios seguen o camiño iniciado
por Jacob Nielsen (1993, p. 8) a comezos da década dos 90 , cando
comezou a salientar a crecente importancia de ter en conta esta idea á hora
de deseñar os compoñentes informáticos e os programas para estes .
Deste xeito, o desenvolvemento rec ente do concepto de usabilidade
preséntase máis vencellado ao concepto do coñecido como user -centred
design (UCD) , o deseño centrado no usuario (Organisation Internationale
de Normalisation, 2018). Esta modalidade do deseño basea os seus
procedementos na idea de coñecer ao máximo os posibles destinatarios
finais dos produtos para entender as súas necesidades e t entar satisfacelas
con aquilo que se elabora. Para a realización de proxectos en base aos
Tipoloxías gráficas, propiedades e retos
para a percepción do usuario
129
preceptos do deseño centrado no usuario establécense catro f ases
(Usability.gov, 2021a):
• Especificar o contexto de uso. Identificación das persoas
que van utilizar o produto e tamén as condicións na que se
realizará ese consumo.
• Especificar os requirimentos. É necesario ter claros cales
son os obxectivos dos usuarios, pois todos os esforzos na
produción deben encamiñarse a poder cumprilos.
• Creación de solucións de deseño. Esta fase pode ser
realizada á súa vez en etapas diferentes nas que se aborden ou
materialicen os diferentes aspectos que compoñen o deseño.
• Avaliación dos deseños e produtos. Esta resulta unha fase
fundamental en calquera traballo deste tipo, pois a realización
de probas e tests de calidade poden axudar a asegurar un mellor
funcionamento do producido.
Con todo, é preciso indicar que as catro expostas serían as fases a
nivel xeral, podendo ser entendidas como compartimentos que no seu
interior albergan multitude de procedementos e necesidades que deben
ser cubertas para dar lugar a un proceso de deseño na súa totalidade
(Usability.gov, 2021b).
A aplicación deste tipo de procesos e a adaptación ao público
obxectivo dá lugar a produtos que requiren baixos niveis de aprendizaxe
ou aprendizaxes sinxelas para a súa ut ilización (Mayhew, 1999) . Conforme
a estas ideas, Nielsen (1993, p. 26) establece cinco atributos característicos
para a usabilidade:
• Aprendizaxe. Os sistemas propostos deben ser sinxelos de
aprender para que os usuarios poidan comezar a traballar con
eles e a empregalos á maior brevidade posible.
Á NGEL V IZOSO
130
• Eficiencia. Deben tamén ser eficientes no seu uso. Unha vez
que os usuarios aprenden e comprenden o seu funcionamento
debe ser posible acadar un alto nivel de produtividade.
• Memoria . O proposto terá que ser sinxelo de lembrar. Unha vez
finaliza a exper iencia do usuario debe quedar a aprendizaxe inicial
para que, cando se produza o retorno ao contido ou ao material,
non resulte necesario aprender de novo t odo o conxunto.
• Erros. A posibilidade de erros ou fallos debe limitarse ao
máximo para que os usuarios non teñan a posibilidade de
incorrer neles ao longo da súa experiencia. Isto é especialmente
relevante no relativo á posibilidade da existencia de erros
considerados catastróficos que impidan o finalicen de xe ito
abrupto a secuencia.
• Satisfacción. O marco proposto debe result ar agradable no
seu uso co obxectivo de xerar un sentimento de satisfacción no
seo dos usuarios.
No momento actual vivimos rodeados por un alto número de
elementos e dispositivos cos que é posible establecer interacción (Bernacki
et al., 2016). Isto trouxo consigo a necesidade de adaptar tanto as
ferramentas —novas e existentes— como os produtos elaborados para
elas a esta nova realidade algo que, en moitos casos, pasa por facer do
usuario o elemento central do proceso de deseño e ideación (Interaction
Design Foundation, 2019). Con todo, como se puido constatar nas catro
fases da produción de contidos conforme ao deseño cent rado no usuario,
o último chanzo do proceso pasa por levar a cabo avaliacións ou tests do
produto e a súa funcionalidade. A este respecto, Amélie Rache, Véronique
Lespinet-Najib e Jean-Marc André (2014) falan da dobre aproximación á
avaliación da usabilidade: técnicas que requiren a presenza do usuario e
técnicas que non.
Entre as modalidades de avaliación que fan necesaria a participación
e presenza dos usuarios estes autores sinalan as sete seguintes:
Tipoloxías gráficas, propiedades e retos
para a percepción do usuario
131
• Test de usuario. Pídeselles aos usuarios que empreguen e
leven a cabo a interacción coas interfaces propostas, xa sexa de
forma libre ou pautada para levar a cabo tarefas concretas
(Turner, DeMers, Fox e Reed, 2001) .
• Clasificación de tarxetas. Presentación dunha serie de
tarxetas que os usuarios deben agrupar en diferentes categorías
que consideran relevantes e que deben nomear, dando como
resultado unha árbore de categorías (Hassan Montero e Martín
Fernández, 2004).
• Entrevistas. Estas poden ser directas, semiestruturadas ou
non estruturada, segundo a rixidez do cuestionario e a orde na
que se queiran realizar as cuestións (Blanchet e Gotman, 20 07) .
• Cuestionario. Aplicación de cuestionarios xa existentes para a
avaliación deste tipo de espazos como o WAMMI — Website
Analysis Measurement Inventory— ou SUMI — Usability
Measurement Inventory Software— , entre outros (Kirakowski, s. d .;
Kirakowski e Claridge, 2001).
• Métodos creativos . Teñen como obxectivo a incorporación
de novas ideas, novas utilizades, etc. Exemplos deste tipo de
técnicas poden ser a chuvia de ideas — brainstorming— ou a
asociación de ideas (Henningsen e Henningsen, 2013).
• Incidencia crítica. Técnica de entrevista cualitativa sobre
eventos ou procesos significativos identificados pola persoa
en trevistada. Neste caso, o usuario explica como acontecen
estes eventos e como manexalos para comprender a súa
aparición e o xeito de proceder dende a óptica da audiencia
(Butterfield, Borgen, Amundson e Maglio, 2005).
• Observación. O usua rio atópase nunha situa ción natural e é
observado mentres leva a cabo as súas actividades naturais. Os
avaliadores toman notas e realizan rexistros desas actividades para
a súa posterior interpretación (Simonet, Caroly e Clot, 2011) .
Á NGEL V IZOSO
132
Por outra banda, estarían os métodos de avaliación que non implican
a presenza ou a participación dos usuarios finais, senón que se asentan
sobre a observación doutro tipo de elementos. Estas poden ser:
• Análise heurística. Inspección da interface coa finalidade de
atopar os aspectos positivos e negativos desta no campo da
usabilidade. Esta inspección realízase conforme a uns criterios
establecidos con anterioridade (Bastien e Scapin, 1995).
• Paseo cogn itivo. Simulación do comportamento cognitivo do
usuario a través de tres fases: definición do escen ario e obxectivos
do estudo, realización das cuestións pr opias de cada unha das
tarefa s a realizar e identifi cación dos posibl es problemas de
usabilidade a partires das repostas obtidas nas preguntas realiza das
(Blackmon, Polson, Kitaj ima e Lewis, 2002) .
• Persoas. Estudo do perfil dos usuarios obxectivo para a
elaboración de perfís cara os cales encamiñar o deseño das
interfaces (Chapman e Milham, 2006).
• Avaliación automatizada. Emprego de algoritmos para a
análise automática dos criterios de usabilidade establecidos.
(Card, Moran e Newell, 1980).
• Avaliación de expertos. Neste método aprovéitase o
coñecemento de expertos que axudan na identificación de
posibles problemas re lacionados coa usabilidade (Molich, Ede,
Kaasgaard e Karyukin, 2004).
• Enfoques baseados en modelos. Elección e aproveitamento
dalgún dos modelos teóricos para o estudo do comportamento
dos usuarios desenvolvidos con anterioridade.
• Análise de documentos e informes. Emprego e revisión en
profundidade de documentos por parte de especialistas no
campo da usabilidade. Este tipo de fontes poden ser de ut ilidade
tamén á hora de r ealizar estas avaliació ns (Molich et al., 2004) .
Tipoloxías gráficas, propiedades e retos
para a percepción do usuario
133
• Métodos creativos. Semellantes aos indicados para a
modalidade de avaliación na que se conta coa participación dos
usuarios, mais sen que se conte coa súa presenza para levalos a
cabo, neste caso.
Este tipo de procedementos tamén poden ser aplicados á
visualización da información, especialmente a aquela que se serve de
interfaces dixitais para ser consultada nas pantallas de ordenadores,
tabletas ou teléfonos móbiles. Deste xeito, ao longo dos últimos anos
deseñáronse multitude de procedementos para a avaliación dos traballos
de visualización, tanto dende o punto de vista técnico (Bateman et al.,
2010; Johanss on e Forsell, 2016; Kurzhals, Fisher, Burch e Weiskopf,
2016), o narrativo (Boy, Detienne e Fekete, 2015; Brehmer, Lee, Bach,
Riche e Munzner, 2017) , da percepción por parte da audiencia (Bo rk in
et al., 2015; Dimara, Bezerianos e Dragicevic, 2017; Haroz, Kosara e
Franconeri, 2015; Yi, Stasko e Jacko, 2008) e mesmo combinacións de
todos estes aspectos (Rossi de Oliveira e Guimarães da Silva, 2017).
Todo o exposto no relativo ás particularidades da usabilidade e a os
criterios que deben seguir os traballos para poder satisfacer as preferencias
dos usuarios ten como resultado as decisións de deseño que se toman nos
procesos de produción da visualización. Así, por exemplo, Nussbaumer
(2015, pp. 19 - 20) fálanos da posibilidade de elaborar traballos que poden
ser exploratorios ou explicativos. Esta distinción é importante do mesmo
xeito que o son todas as características da visualización apuntadas ao longo
deste capítulo . A presentación conxunta destes elementos é a
consecuencia dun proceso creativo e técnico no que se busca o correcto
funcionamento dos diferentes elementos e ideas que hai detrás dun
proxecto de xeito simultáneo.
135
Os ci bermedios ,
escenario par a a evolución
da visualización da información
As páxinas seguintes revisan o desenvolvemento dun dos fenómenos
de maior relevancia para a evolución do xornalismo nas últimas décadas:
os cibermedios. A chegada de Internet ao día a día da cidadanía e o
constante crecemento do seu uso en todo o mundo fix o que este novo
espazo virtual fose tamén suxeito do interese do xornalismo. Así, dende
mediados da década de 1990, medios de comunicación de diferentes
contextos foron integrando a rede de redes na súa estratexia. Inicialmente
este foi un lugar para a experimentación con novos xeitos de narrar a
información e novas vías para chegar a unhas audiencias que se tornaron
globais. Con todo, a súa progresiva popularización propiciou o nacemento
de proxectos xornalísticos plenamente deseñados para a web. Estudar a
evolución dos cibermedios resulta fundamental para entender a evolución
do xénero da infografía multimedia, xa que se trata dunha presentación da
información nacida en exclusiva para este contexto. Así, ao longo das
vindeiras seccións tentarase dar conta das particularidades da produción
informativa neste espazo virtual, algunhas das cales son identificables coas
que lle son propias ao xénero visual estudado neste proxecto.
Á NGEL V IZOSO
136
1. Novo esce nario e nova forma de face r
xornalismo
O xornalismo é unha actividade fondamente ligada e dependente das
ferramentas e innovacións técnicas dispoñibles en cada momento (Pavlik,
2000) . Estas condicionan a forma na que se leva a cabo a profesión,
facendo necesarias modificacións e adaptacións nas fases de recollida,
produción, difusión e consumo da información.
Se a incorporación á vida diaria e á actividade profesional de
instrumentos como a imprenta —coas súas sucesivas melloras— , o
telégrafo ou o teléfono exerceron como elementos renovadores da
comunicación entre as persoas, a aparición de Internet foi un cambio
moito maior.
Os inicios deste espazo remóntanse á primitiva conexión entre os
principais centros de investigación e laboratorios estadounidenses
integrados na denominada Advanced Research Projects Agency Network —
ARPANET, polas súas siglas—. Na década de 1960 estableceuse a
primeira conexión entre dúas computadoras, abrindo así o camiño a unha
tecnoloxía que facilitaría a existencia de conexións globais (H afner e Lyon,
1998, p. 8) . Os primeiros compases desta nova forma de conexión entre
máquinas permaneceron ligados a ámbitos tecnolóxicos e científicos e, en
especial, ao apart ado militar (Hafner e Lyon, 1998, pp. 23 - 24) ata que
puido romper a barreira deste contexto e ampliar o seu alcance grazas ás
aportacións do británico Tim Berners- Lee a comezos da. Este científico
da computación sentou as bases da Internet que coñecemos hoxe en dí a
ao conseguir a conexión entre un servidor e un cliente a través do
protocolo HTTP — Hypertext Transfer Protocol —, a linguaxe HTML —
HyperText Markup Language— , e un sistema de localización de elementos
denominado URL — Uniform Resource Locator— . Todos estes elementos
seguen vixentes no momento actual, dando forma ao que se coñece
popularmente como a World Wide Web, que fai posible a conexión entre
Os cibermedios, escenario para a
evolución da visualización da información
137
millóns de sistemas en todo o mundo entre os cales se pode transferir
información.
1.1. Aparición d os cibermedios
No plano do xornalismo, a introdución de calquera tecnoloxía tamén
trae aparellada a necesidade de renovación e actualización dos
procedementos e as relacións coa audiencia (García de Torre s e Pou
Amérigo, 2003, p. 49). Neste sentido, a introdución de Internet tanto nas
rutinas de produción dos medios (S. Robinson, 2010) como nas súas
estratexias comerciais (Carpes da Silva e Gruszynski Sanseverino, 2020)
supuxo un impacto que resulta complexo comparar mesmo con algunhas
das fondas revolucións anteriores (Rupérez Rubio, 2007, p. 38) . E é que a
rede de redes mudou por completo o sistema de comunicación vixente,
rompendo o tradicional control que o emisor podía exercer sobre a
mensaxe a través da implantación da noción de interactividade (Caminos
Marcet, Marín Murillo e Armentia Vizuete, 2007).
O camiño do xornalismo en Internet comezou o 19 de xaneiro de 1994
co inicio d a publicación en li ña do Palo Alto Weekly , que adoita ser
identificado como o primeiro cibermedio do que se ten constancia (D.
Carlson, 2003) . Porén, algúns meses antes do inicio das difusións deste
medio en liña, algunhas mar cas xornalísticas como o Chicago Tribune xa
realizaran difusións de contido a través da World Wide Web empregando a
rede de servizos Am erica OnLine (Díaz - Noci e Meso - Ayer di, 1998) . Dous
dos pr oxectos que prenderon a chama da integración do xornalismo en
Internet e de Internet no xornalismo, pois exerceron como detonantes de
toda unha serie d e innovacións dirixidas a mell orar e ampliar a difusión de
contidos infor mativos , pero ta mén supuxeron a introdución de cambio s no
xeito de darl les forma. Deste xeito, adóitase sinalar o pe ríodo comprendido
entre os an os 1994 e 1996 como o inicio da expansión do x ornalismo na
rede, pois foi nesta etapa na que un grande número de medios de
Á NGEL V IZOSO
144
Herreros, 2009) no que o público abandona a pasividade e pasa a ser
activo. Isto provoca estruturas de comunicación máis horizontais
(Herrero Curiel, 2012) nas que os cidadáns contan coa oportunidade de
ser escoitados e onde os medios e os seus xornalistas poden coñecer de
primeira man e en tempo real o sentir daqueles aos que se dirixen.
1.3. Internet, espazo para as transform acións
A integración dos medios de comunicación en Internet supuxo un
cambio de paradigma con respecto ao modelo existente ata o momento.
O espazo de loita pola atención dos públicos muda por completo, pois as
marcas xornalísticas deixan de competir nos seus contextos de publicación
máis próximos para tomar parte nunha loita polas audiencias que adquire
unha dimensión mundial (Pavlik, 2000). Isto fai que a información pase a
un plano global no que cabeceiras de diferentes contextos compiten por
nichos de audiencias que noutrora lles resultaban alleas pola incapacidade
ou dificultade de conectar con elas (van der Wurff, 2005).
Este novo escenario non só modifica as posibilidades de acceso á
información da cidadanía, senón que abre un contexto de cambios na
profesión xornalística para adaptarse ao novo soporte (Waisbord, 2019) .
Estes cambios chegan tanto no apartado das persoas que fan posibles as
historias xornalísticas a través da modificación de perfís e rutinas (Singer,
2011, pp. 216 - 217) , c omo abordaremos en profundidade máis adiante.
Ademais, a influencia da tecnoloxía fai que a forma de contar historias
viva nunha adaptación constante á tecnoloxía dispoñible —como pode
ser o caso dos dispositivos móbiles (Canavilhas, 2015)—, pois os medio s
de comunicación no marco do xornalismo dixital buscan sempre situarse
á vangarda no que se refire ás ferramentas e espazos empregados no seu
día a día para a difusión de contidos (Örnebring, 2010).
Este contexto evoluti vo e de transformacións fai que resulte
posible falar do xornalismo dixital como unha tarefa ou un xeito de
Os cibermedios, escenario para a
evolución da visualización da información
145
desenvolver esta profesión que conta cunha capacidade case ilimitada
(Caminos Marcet et al., 2007) , pois a única barr eira para dar cabida ás
ideas que poidan xurdir no marco dunha redacción é a tecnoloxía
dispoñible. Co paso dos anos, a mellora das linguaxes e das
posibilidades de introdución e mestura de elementos nos espazos en
liña fixo que cada vez existan menos condicionantes á hora de facer
dos cibermedios espazos capaces de admitir calquera tipo de linguaxe.
Así, o que comezou como un soporte fundamentalmente textual no
que as imaxes exercían como apoio foi co nverténdose de for ma
progresiva nunha “ contorna audiovisual” (Salaverría e García Avilés,
2008) con múltiples planos entre os cales o usuario pode moverse
xeralmente ao seu gusto grazas ao emprego do hipertexto (García de
Torres e Pou Amérigo, 2003, p. 75 ).
Todas estas mudanzas teñen lugar en etapas complexas, pois a
historia dos cibermedios ten lugar no marco dun proceso de progresiva
perda de lectores e audiencia nos medios tradicionais (Lewis, 2019; van
der Wurff , 2005) , que é especialmente importante no caso do xornalismo
impreso (Othman, Nayan, Tiung e Hassan, 2019) . Nos últimos anos este
descenso da audie ncia está marc ado tamén por unha corrente de certa
perda de confianza nos medios de comunicación (Schudson, 2019). Deste
xeito, prodúcese unha viaxe dende marcas xornalísticas tradicionais cara a
novos espazos para a información (Fuchs, 2010) . E é que o xornalismo en
Internet ten entre as súas fortalezas a capacidade de exercer como
ferramenta para o fortalecemento do pluralismo e a diversidade cultural e
lingüística (López -García e Pereira-Fariña, 2008, pp. 1 77 - 178). A crecente
accesibilidade á rede e a facilidade de difundir contidos a escala global a
través destes e spazos virtuais fai que se multipliquen as voces e poidan
emerxer sensibilidades que non desfrutaban de tanta presenza en etapas
anteriores . I sto ten lugar en moitos ámbitos da vida, pero no relativo ao
xornalismo fai posible a aparición de proxectos de base local que acceden
a un mercado global no que dar conta de realidades que, en moitos casos,
permanecían silenciadas (Tenor, 2018) .
Á NGEL V IZOSO
146
2. A obrigada converxencia cara o dixital
A situación de transformacións debuxada no epígrafe anterior vese
completada coa idea dos procesos de converxencia no seo dos medios de
comunicación, unha terminoloxía amplamente empregada nos primeiros
anos do século XXI (Dailey, Demo e Spillman, 2005) . Co emprego deste
concepto búscase facer referencia á integración de procedementos ,
tar efas, tecnoloxías e espazos nunha mesma cont orna para que funcionen
de xeito coordinado en lugar de como partes illadas (Carr, 2002) . Tal e
como se adiantaba, dende os comezos deste século tense producido un
esforzo constante por etiquetar e determinar o que se pode entender por
converxencia no ámbito do xornalismo, tentando afinar ao máximo a
precisión de stas definic ións. Por exemplo, Wirtz define o concepto da
converxencia como:
“o achegamento dinámico ou a integración parcial de diferentes aplicacións
do mercado baseadas na comunicación e a información. Outra característica
da converxencia é que dá lugar a produtos e servizos multimedia que fan
posible a satisfacción de múltiples preferencias dos consumidores”
Jenkins (2006, pp. 2- 3) refírese a este fenómeno como:
“o fluxo de contido a través de múltiples plataformas, a cooperación entre
múltiples industrias mediáticas e o comportamento migratorio do
comportamento das audiencias, que irán a calquera lugar na procura das
experiencias de entretemento que buscan.”
Salaverría e Negredo (2008, p. 45) amplían e precisan en maior
medida o exposto por Jenkins cando falan da converxencia xornalística do
seguinte xeito:
“Un proceso multidimensional que, facilitado pola implantación
xe ne ralizada das tecnoloxías dixitais de telecomunicación, afecta ao ámbito
tecnolóxico, empresarial, profesional e editorial dos medios de comunicación,
propiciando unha integración de ferramentas, espazos, métodos de traballo
Os cibermedios, escenario para a
evolución da visualización da información
147
e linguaxes anteriormente disgregadas, de forma que os xornalistas
elaboran contidos que se distribúen a través de múltiples plataformas ,
mediante as linguaxes propias de cada unha.”
Un tempo despois, Salaverría, García Avilés e Masip (2010, p. 58)
afinan esta definición inicial para falar dun:
“proceso de integración de modos de comunicación tradicionalmente
separados que afecta a empresas, tecnoloxías e audiencias en todas as fases
de produción, distribución e consumo de contidos de calquera tipo. A
converxencia incide en múltiples esferas do quefacer xornalístico: nas
estratexias empresariais, nos cambios tecnolóxicos, na elaboración e
distribución de contidos a través de distintas plataformas, no perfil
profesional dos xornalistas e nas formas de acceso aos contidos”
Entre a primeira e a segunda das definicións con intervención de
Ramón Salaverría —entre as que median dous anos de traballo e evolución
desta realidade— apréciase unha certa evolución. Aínda que se trata de
dúas achegas moi semellantes —ambas mencionan as mudanzas en áreas
como o ámbito tecnolóxico, profesional, empresarial ou editorial dos
medios de comunicación—, a segunda das aportacións contén unha
referencia a unha das maiores innovacións ás que tiv o que enfrontarse o
xornalismo nos últimos tempos: a aparición de múltiples formas de acceso
aos contidos, recuperando así unha idea xa mencionada por Jenkins con
anterioridade. A incorporación de novos soportes e mecanismos
tecnolóxicos fai posible o acce so aos produtos xornalísticos dende
diferentes dispositivos, polo que os produtos nos seus diversos formatos
(Barbosa, 2013, p. 34) deben ser tamén elaborados conforme ás
particularidades de cada unha das plataformas. Ademais, entre todas é
posible advertir a presenza da idea da integración como vehicular á hora
de etiquetar a converxencia.
E stes son só catro exemplos dun grande esforzo da investigación
nesta materia por dar conta das diferentes particularidades e fases destes
procesos (Stöber, 2004), así como a interacción e a integración entre os
Á NGEL V IZOSO
148
medios tradicionais e os novos medios (Dwyer, 2010, pp. XIV- XV) na
nova escena. No que tamén é posible advertir coincidencia é na división
en catro esferas ou modalidades nas cales se pode producir a converxencia
dentro dos medios de comunicación. Trátase das dimensións tecnolóxica,
empresarial, profesional e de contidos (Dal Zotto e Lugmayr, 2016, pp. 6-
7; D omingo et al., 2007; Salaverría e Negredo, 2008, pp. 47- 50), a tra vés
das cales se modifican diferentes aspectos da produción xornalística que
dan lugar a novas formas de contar a información e a novos perfís e
necesidades dentro das redaccións (Erdal, 2007).
• Dimensión tecnolóxica . Transfor mación nos sistemas
empregados polos medios de comunicación para a produción
e d if usión de contidos. As modifica cións n este apa rtado
poden ter lugar no plano das redes — a través do uso da
Web — , de instrumentos — o ordenador como nexo común
ao xornalismo realizado para os diferentes soportes — e
tamén das aplicacións de xestión de contido, tamén inherentes
no día de hoxe a todas as formas de facer xornalismo
(Salaverría e García Avilés, 2008) .
• Dimensión empresarial . Prodúcese o progresivo abandono
do monomedia e a publicación ou emisión a través dunha única
marca para dar paso a procesos de diversificación. Así, ten lugar
unha aposta por diferentes plataformas, soportes e marcas
xornalísticas grazas ao potencial contido na integración no
traballo diario das sucesivas evolucións tecnolóxicas, un feito
no que a evolución de Internet ten especial relevancia (Flor es
Vivar e Aguado Guadalupe, 2005, pp. 13- 17) .
• Dimensión profesional . Da especialización imperante no
modelo anterior —na que os xornalistas realizaban xeralmente
unha tarefa moi concreta e ao longo de grande parte na súa
traxectoria nun medio— pásase á incorporación do concepto
de polivalencia. Nesta nova etapa os xornalis tas realizan
múltiples tarefas en diferentes partes do proceso de produción
Os cibermedios, escenario para a
evolución da visualización da información
149
e difusión da información (Micó-Sanz, 2006, pp. 130- 141).
Seguindo o disposto por Scolari (2008, p. 207) , a polivalencia
pode ter lugar no ámbito funcional, temático e mediático,
chegando a producirse nalgúns casos en dous ou mesmo nos
tres campos citados. A polivalencia funcional fai referencia á
multiplicidade de tarefas diferentes, tendo en conta ademais
que algúns xornalistas non están preparados para levalas a cabo,
o que esixe unha reciclaxe e aprendizaxe para poder sacar
adiante estes novos cometidos. A polivalencia temática fai
referencia á ausencia de especialización nun campo ou tema
concreto para dar lugar á publicación de contidos de diversa
índole. Finalmente, a polivalencia mediática refírese ao traballo
para diferentes marcas xornalísticas. Esta última característica
adoita darse en grupos do sector da comunicaci ón que contan
con cabeceiras que publican ou emiten a través de diferentes
soportes e nas que se conta coa participación —máis frecuente
ou ocasional, segundo as circunstancias— dos xornalistas que
integran o conxunto da empresa, independentemente de se o
seu traballo está máis centrado no audiovisual, na rede ou no
papel, de ser o caso (Cottle e Ashton, 1999) . Nas fases iniciais
deste tipo de procesos tivo lugar a convivencia entre dous tipos
de xornalistas. Conforme ao descrito por Sue Robinson,
(2010) , nos primeiros pasos da converxencia existían dous tipos
de xornalistas. Por un lado estarían os traditionalist ou
tradicionalistas, chegados de contextos impresos e que
aplicaban os códigos e linguaxes aos novos espazos en liña. Por
outra banda, atopábanse os convergers ou converxentes, que xa
realizaban o seu traballo de acordo cos preceptos do
xornalismo en liña, fortalecendo ideas como a interactividade
ou a conversa coas audiencias na ideación dos seus traballos.
Co paso dos anos este modelo foi mudando, pois a progresiva
integración das redaccións (Ramos Pascual, 2014) levou a unha
Á NGEL V IZOSO
150
maior presenza de profesionais con dominio das caract erísticas
de todos os espazos nos que está presente o seu medio.
• Dimensión dos contidos . A cuarta destas dimensións é a
dos contidos, pois ao ter lugar a converxencia nos tres
apartados anteriores é de supoñer que tamén teña lugar un
encontro dos temas e mesmo dos enfoques dentro deste s
novos conglomerados multimedia. Así, no novo modelo ten
lugar unha produción cruzada a través das diferentes
plataformas, nas que cada unha explota do mellor xeito
posible o potencial que lle outorgan as características do seu
soporte (Quandt e Singer, 2009, pp. 136 - 137) . Este novo xeito
de producir contidos dá lugar a diferentes fórmulas novidosas
de narración como pode ser o modelo cross - media ( García
Avilés e Carvajal, 200 8) ou transmedia (Rampazzo Gambarato,
2018, pp. 91 - 92), nos que se busca aproveitar a audiencia e a
linguaxe propia de cada un dos espazos nos que están
presentes os medios (Cabrera Go nzález, 2010, p. 162) .
Cando se producen cambios conforme ao descrito para estes catro
posibles ámbitos pérdese tamén a posibilidade de identificación dunha
marca xornalística como propia dun soporte. Así, Konstantinos Saltzis e
Robert Dickinson (2008) falan de como, por exemplo, The Guardian ou a
British Broadcasting Corporation deixaron de ser un xornal e un operador
televisivo para pasar a ser grandes conglomerados do sector da
comunicación que difunden os seus contidos a través dun grande número
de plataformas. Porén, é preciso sinalar tamén que non existe unha
fórmula única á hora de acometer este tipo de procesos de converxencia.
O feito de que cada empresa ou grupo presente as súas particularidades
fai que tanto o propio proceso como a organización resultante logo da
introdución progresiva destes cambios sexan tamén únicos ao depender
dun grande número de factores (Menke et al., 2016).
Do mesmo xeito que acontece con calquera innovación ou cambio
en calquera outro proceso laboral ou empresarial, existen posicións tanto
Os cibermedios, escenario para a
evolución da visualización da información
151
a favor como en contra destes que salientan os beneficios e as debilidades
dos modelos resultantes. O caso da converxencia no seo das empresas
xornalísticas non é unha excepción, e tamén hai posicións de todo tipo á
hora de analizala. Por exemplo, Fortunati et al. (2009) falan de aspectos
positivos como a apertura de posibilidades que se xeran cos novos espazos
en rede, pois facilitan a ampliación do alcance do traballo dos xornalis tas
ao tempo que fan posible unha maior conexión e conversa cos seus
lectores (Schultz, 2000). Outra nota positiva é que os profesionais da
comunicación non son só gatekeepers ou porteiros da información, senón
que son os encargados de facilitar a súa distribución e asegurarse de que
rematan en produción de coñecemento nas audiencias dos novos espazos
grazas ás posibilidades de intercambio comentadas con anterioridade
(Boczkowski, 2004, p. 143).
Pola contra, no plano das debilidades ou puntos críticos do novo
modelo atopamos feitos como a excesiva carga de funcións dos xornalistas
no marco do novo perfil polivalente que se lles require. Esta realidade
derivou no concepto de xornalista orquestra, que fai todas as partes do
proceso (Arroyo Cabello, 2011). Ademais, o alto ritmo de produción
informativa das novas contornas virtuais pode provocar tamén unha perda
na calidade do difundido (Fortunati et al. , 2009) . Isto suceder como
consecuencia da replicación de contidos xa difundidos a través doutras
marcas do grupo, en lugar de ser elaborados cos novos escenarios en
mente durante os procesos de planificación (van der Wurff, 2005).
Así, do mesmo xeito que acontece noutros ámbitos, a incorporación
dos medios de comunicación á rede e os procesos de converxencia
derivados deste feito deron lugar a mudanzas en diferentes aspectos. No
entanto , estas mudanzas deben ser a resposta a plans estudados e
pensados para facer desta suma de forzas un valor positivo que busque
fortalecemento de cada un dos soportes a través dos cales se realiza a
difusión dos contidos. Esta é unha realidade que cada vez está máis
presente no modelo actual. Tal e como se detalla no vindeiro epígrafe, a
evolución dos medios de comunicación en xeral e os cibermedios en
Á NGEL V IZOSO
152
particular deu lugar a novas for mas e modelos narrativos, profesionais e
empresariais que fan posible falar dunha certa madurez nun dos campos
máis recentes do xornalismo.
3. Adaptación de formas e modelos para o
contexto actual
O xornalismo en Internet leva cuberto xa un cuarto de século de vida
(Salaverría, 2019), un tempo no que esta forma de comunicar
experimentou numerosas mudanzas que son consecuencia directa das
particularidades do novo soporte. Tal e como se narraba nos epígrafes
anteriores, a Web ofrece unha grande variedade de opcións e posibles
configuracións para todo o que se presenta a través dos seus espazos, e os
cibermedios non son unha excepción (Siapera e Veglis, 2012, p. 4) . Deste
xeito, a crecent e dispoñibilidade de novas ferramentas e a mellora das
tecnoloxías xa dispoñibles nas redaccións fai que os xornalistas poidan
innovar en diferentes ámbitos, facendo dos cibermedios o chan perfecto
para a experimentación (Herrero -Curiel e Planells de la Maza, 2020).
A realidade descrita fai da produción de noticias para a rede nun
proceso creativo aberto, que conserva os preceptos clásicos do xornalismo
de sempre, mais adaptados á nova realidade e á velocidade dos cambios
na nova contorna (S. Robinson, 2012, p. 59). Ademais disto, teñen lugar
cambios en diferentes áreas do xornalismo que se ven modificadas na súa
esencia grazas a esta evolución enmarcada na loita por lograr a
diferenciación nun espazo tan competitivo como é a rede.
3.1. Un novo rol para as audienci as
A incorporación dos medios á rede trouxo, como se apuntaba
anteriormente, a posibilidade de darlle un xiro á relación entre as
audiencias e o xornalismo (Herrero Curiel, 2012). Se anteriormente o
Os cibermedios, escenario para a
evolución da visualización da información
153
contido só viaxaba nunha dirección —dos medios aos cidadáns— , hoxe
en día é posible establecer canles de comunicación en ambos sentidos
(Singer et al., 2011, p. 1) .
Conforme ao descrito por Bruns (2008, p. 1) o termo “produción”
perde validez ao falar da comunicación na rede, pois os usuarios teñen á
súa disposición diferentes capacidades, ferramentas e formas de actuar que
provocan unha mudanza na súa función. Se antes actuaban como meros
consumidores dos contidos aportados por outros, na actualidade actúan
tamén como produtores e difusores dos mesmos. Grazas aos avances
técnicos da actualidade, a audiencia pode aportar contido, modificalo e
trasladalo á súa comunidade, actuando como produsers , termo nace da
combinación das funcións de produtores e usuarios. Este tipo de
participación pode ter lugar tanto a nivel individual como ao nivel da
comunidade que se forma ao redor de cada marca xornalística. Tendo en
conta isto, os medios de comunicación buscan fomentar estas
posibilidades, facendo dos seus usuarios co-creadores de contido
empregando para tal fin todas as ferramentas existentes no momento
actual (Sixto-García, Rodríguez- Vázquez e Soengas- Pérez, 2020; Vaz -
Alvarez, Tunez- Lopez e Fraz ão-Nogueira, 2020).
3.2. Cambios na li nguaxe xornalística e nas
ferrame ntas empreg ad as
Ademais desta aproximación ás audiencias, prodúcese unha mudanza
no xeito de construír os contidos xornalísticos. Neste contexto de crecente
competitividade e descenso dos ingresos publicitarios (Lowr ey, 2012) é
preciso buscar novos enfoques e canles para poder chegar aos novos
públicos nos contextos virtuais. Os textos xornalísticos da actualidade
volvéronse máis curtos (Calderone, 2013) e apostan por construcións e
linguaxes que buscan lograr o maior impacto posible na experiencia dos
usuarios (Tandoc e Jenkins, 2017), pois a súa publicación coincide no
Á NGEL V IZOSO
256
5.3. As r edes soci ais: n o vas ferramentas para no vos
procesos
Outra das mudanzas necesarias na realidade do xornalismo dixital é
a do acceso a novas fontes. As redes sociais constitúen lugares a través
dos cales os individuos ou entidades que xa actuaban como fonte antes da
aparición de Internet seguen exercendo esta actividade, mais tam én
propician a aparición doutras novas vinculadas a este novo espazo.
Un dos puntos positivos na configuración das rutinas de produción
a partires do traballo nas redes sociais é a grande dispoñibilidade de datos
e información que ofrecen cando exercen com o fonte (Bossio e Bebawi,
2016) . Porén, a confianza nas fontes que proveñen da rede introduce unha
dificultade maior á que os profesionais deben estar atentos como é a
circulación de contidos falsos. Por tanto, a tarefa de verificación, crucial e
básica no desempeño desta profesión, adquire unha importancia maior
cando se procura a información a través do online (Brandtzaeg, Følstad e
Chaparro Domínguez, 2017) .
Espazos como as redes sociais son tamén, como se enumerou en
diversas ocasións, útiles para a difusión dos contidos informativos
(García- Orosa e López -García, 2016) . Porén, o seu valor como lugar para
a adquisición ou o acceso á información non é menor. Estas plataformas
constitúen lugares de constante emisión de mensaxes, moitos deles con
interese informativo. Os xornalistas, que non son alleos a este feit o, levan
tempo facendo dos discursos e contidos difundidos a través delas parte
do seu traballo como informadores (Gulyas, 2013) .
En definitiva, nas redes sociais os xornalistas atopan un espazo no
que non só se pode buscar e compartir contido, senón que é de utilidade
para o establecemento dunha nova relación coa audiencia. As
características desta contorna dixital aprovéitanse para facer seguimento
do percorrido dos temas e dos propios contidos public ados, mais tamén
para levar a cabo unha boa parte dos procesos de interacción coa audiencia
Producir información
nos medios de comunicación
257
(Tandoc e Vos, 2015) . A maiores, medios e xornalistas buscan facer d as
redes espazos para a creación de comunidade e o denominado engagement
ou atracción das audiencias (Agarwal e Barthel, 2013). Serven tamén entón
para acelerar o proceso de comunicación coa audiencia, coa que neste
momento é posible establecer unha comunic ación máis fluída. Unha
audiencia que, como se revisará no epígrafe seguinte, adopta un novo rol
no context o dixital, circunstancia que intervén tamén na modificación dos
procedementos dos xornalistas.
Porén, as redes sociais non son as únicas ferramentas novidosas e
ligadas á rede de redes. O paso dos anos permitiunos observar como
tecnoloxías hoxe tan frecuentes no noso día a día como o correo
electrónico ou a navegación por Internet entraron a formar parte do
catálogo de utilidades dos xornalistas , simplificando algunhas das súas
tarefas e facilitando o seu labor. Máis recentemente, unha das
incorporacións máis salientables é a do teléfono móbil, que na súa versión
intelixente fai posible que os reporteiros poidan comunicar dende o lugar
dos feitos en diferentes formatos (Westlund, 2013).
5.4. Adaptarse a unha audiencia que agora par ticipa
A audiencia conta cun novo rol no xornalismo. A emerxencia de
espazos como as redes sociais acelera o intercambio de pareceres entre os
produtores da información —os xornalistas— e os receptores dos
contidos —o público— . No escenario dixital perde vixencia o concepto
de unidireccionalidade dos medios tradicionais, nos que a mensaxe partía
case exclusivamente dende o medio cara a audiencia, sen posibilidade de
retorno ou intercambio (Lu e Zhou, 2016) .
Os cidadáns son hoxe en día parte activa do proceso de produción
das noticias. Se ben non en todos os casos, cada vez son máis as iniciativas
que buscan facer das persoas que están ao outro lado dos medios parte da
configuración daquilo ao que poderán acceder despois nas súas cabeceiras
Á NGEL V IZOSO
258
de confianza (Thorsen, 2016, pp. 48 - 49) . Conforme ao descrito por David
Domingo (Domingo, 2008a), existen varias fórmulas para a integración da
participación dos usuarios no discurso do xornalismo:
• Personalización de contido. A publicación de información a
través dos espazos en liña fai que cada usuario poida manexar
a súa experiencia de xeito individual. Así, os promotores do
publicado poden deixar ocos á selección dunhas partes da
historia ou outras ou á existencia de varios itinerarios para a
adquisición do coñecemento que se busca trasladar. Isto
redundará en que resulte moi complexo que dous usuarios ou
mesmo un mesmo usuario en ocasións diferentes cheguen a
replicar a mesma experiencia.
• Feedback da audiencia. O escenario actual ábrelle a porta
á participación das persoas a través da opinión e valoración
dos contidos que consume a través dos medios de
comunicación. Os usuarios das noticias poden c omentar,
criticar ou valorar o traballo dos xornalistas. A maiores ,
poden aportar mate riais e datos que s irvan para complet ar o
discurso ofrecido. Poden desempeñar, por tanto, unha tarefa
de enriquecemento da información presentada, que cobra
unha nova vida grazas ás súas co ntribucións.
• Debate cidadán. Como consecuencia das posibilidades de
valoración e comentario , esta interactividade entre medios
— e xornalistas — e a súa audiencia dá luga r a interesantes
debates públicos sobre os temas abordados. Ao contrario do
que a contece n outros soportes, Inter net ofr ece a
posibilida de de establecer conversas entre varios actores,
polo que se amplían as marxes do diálogo, abríndolle a porta
a novas incorporacións.
• Xornalismo cidadán. O concepto de xornalismo cidadán fala
da incorporación do público ao discurso do medio en lugar de
com petir con el pola atención (Gilmor, 2004). No marco destas
Producir información
nos medios de comunicación
259
iniciativas, os medios poden integrar contidos de asociacións
ou usuarios individuais. Isto fai que poidan chegar a sentirse
parte da cabeceira e, ao mesmo tempo, serve para acadar novos
públicos en escenarios tan competitivos como os actuais
Grazas á posta en marcha deste tipo de estratexias os medios non só
se benefician de contidos que poden chegar a ser de calidade e axeitados
ao relato da súa narración, senón que poden comprender dun xeito máis
claro os temas que lle preocupan á súa audiencia para, así, poder
satisfacelos en maior medida (Paulussen, Heinonen, Domingo e Quandt,
2007) . A información é o resultado dun traballo colectivo que acontece
non só entre xornalistas, senón tamén a partires do diálogo coa audiencia
(Domingo e Le Cam, 2015, p. 137) Este diálogo fai que o traballo no día
a día dos xornalistas se vexa tamén modificado, pois a mudanza nas
estratexias dos medios para os que traballan fai que deban aprender novos
códigos e integralos no fío do seu discurso informativo sen esquecer os
va lores, preceptos e normas xa fixados para a súa actividade.
Como resumo, a produción da información é unha desas realidades
do xornalismo en estudo dende as súas orixes. Esta análise e revisión
constante dos modelos vén determinada polos continuos procesos de
adaptación que vive a profesión que obrigan a adaptar o día a día das
persoas que constrúen as noticias tanto á súa propia realidade como á das
audiencias. Así, nos últimos anos foi posible apreciar grandes mudanzas
no plano das rutinas xornalísticas, que se viron alteradas na busca da
eficiencia e a velocidade, conceptos adoptados polas redaccións dos
medios de comunicación co obxectivo de poder darlle resposta ás
demandas do público novos contextos en liña. Porén, o máis probable é
que esta evolución e adaptación non se deteña, pois se algo é posible
constatar na actividade xornalística é a súa vontade de actualización e
vinculación ás linguaxes, soportes e tendencias de cada momento.
261
Os perfís pro fesionais
no xornalismo
Os perfís profesionais son, xunto cos modelos de produc ión, un dos
piares sobre os que se asenta este estudo. Así, este capítulo busca sintetizar
as principais aportacións realizadas no marco da investigación en
comunicación sobre as capacidades e saberes que resultan necesarios á
hora de configurar o perfil do xornalista. En primeiro lugar, ap órtase un
repaso pola evolución desta idea, que vai dende as visións máis clásicas do
que debe ser un xornalista ata concepcións máis actuais. Por outra banda,
búscase dar conta daquilo que debe entrar a formar parte do perfil dos
profesionais da información para afrontar con seguridade os retos e
características do panorama comunicativo actual. Por último, descríbense
brevemente as necesidades de formación destes novos profesionais,
facendo un repaso polo desenvolvemento dos estudos de xornalismo, así
como polos principais saberes nos que se instrúe ás persoas que pasan por
eles. Todo isto de cara a ofrecer unha fotografía xeral do que se considera
que debe estar presente en todo xornalista, mesmo tendo en conta
posibles mudanzas derivadas da propia evolución do contexto no que se
moven ou das ferramentas e tecnoloxías empregadas no seu día a día.
Á NGEL V IZOSO
262
1. O antes e o agora do xornalista
As constantes transformacións no eido da comunicación en xeral e
no xornalismo de xeito máis particular obrigan a unha reciclax e continua
dos saberes e competencias que son necesarios para levar a cabo esta
profesión. Así, aínda que a tarefa de xornalista estivo tradicionalmente
asociada á confluencia dunha serie de características, valores ou
coñecementos nun mesmo indi viduo, a aceleración do desenvol vemento
tecnolóxico nas dúas últimas décadas levou a ciclos de renovación
constante que configuran os profesionais da actualidade (Willnat,
Weaver e Choi, 2013) .
Algunhas nocións clásicas do que debe ser un xornalista
permanecen, mentres que outras non resultan tan necesarias hoxe en día.
Algo semellante acontece cos propios cometidos dentro das estruturas
dos medios de comunicación nos que non se renovan determina dos
postos ao tempo que emerxen outros cunhas funcións estreitamente
vinculadas aos novos escenarios nos que ten lugar a comunicación.
Carles Roca - Cuberes e Rafael Ventura (2 017) aportan a seguinte
definición dos perfís profesionais:
“ O perfil profesional sería a descrición dese conxunto de
competencias, capacidades e actitudes que identifican a formación
dunha persoa para facer fronte ás diferentes tarefas dunha
profesión ou a necesidades sociais”
Vemos, pois, como o perfil é o resultado dunha suma de
características propias e da preparación dos profesionais. De xeito máis
concreto, Carmen Marta- Laz o, Jorge Rodríguez Rodríguez e Sheila
Peñalva (2020) elaboran deste xeito a lista de factores que deben formar
parte do xornalista:
“Entre as competenc ias básicas do xo rnalismo máis destac adas
encóntranse: vo caci ón profesional (competencias de identidade
Os perfís profesionais no xornalismo
263
profesional), vocación de servicio (competencias de solidariedade), saber
contar boas historias (habilidades narrativas), investigar a fondo un
tema (habilidades de reporteiro), honestidade, integridade e
responsabilidade coas fontes, o propio medio e o público (competencias
éticas, deont olóxicas e xurídicas), empa tía co sufrimento (habilid ades
psicosociais), grande sentido da xustiza (competencias de compromiso
social), creatividade (habilidad es de asociació n de i deas para
transformar as cousas), sentido común, criterio e capacidade reflexiva e
de análise (competencias especulativas), independencia e liberdade
(habilidades de aprendizaxe autónoma).
Deste xeito, pódese falar da idea dos perfís profesionais cl ásicos ou
tradicionais q ue cont an coas características expost as con anterioridade e
que seguen vixentes nos n osos días (Sobrados - León, 2019, pp. 24 - 30).
Por exem plo, no caso dos medios impresos pódese falar de figuras
como: editor, director, di rector adxunto, subdirector, r edactor xefe, xefe
de sección e redactor. Se ben as denominacións máis baixas na escala
xerárquica da responsabilidade — redactor e x efe de secc ión — adoitan
manterse na maioría dos casos, poden existir diferenzas segundo a
cabeceira á hora de darlle nome aos postos de mando — editor, director,
subdirector, etc. — , cuxo número e denominación varía dunhas empresas
a outras. Maritza Sobrados - León (2019, pp. 29 - 30) aporta esta mesma
clasificación para o caso da radio e a televisión ligados, iso si, á vertente
de produción de informativos destes dous soportes de difusión. Nestes
d ous casos aínda hoxe seguen sendo válidas categorías como
presentador de informativos, editor de informativos, editor de audio e
vídeo, produtor, cámar a, redactor, correspon dente, director de progr ama
ou director de informativos.
A evolución da tecnoloxía e dos propios medios de comunicación xa
detallada nos capítulos anteriores fai que algúns profesionais deixen de ser
necesarios para o correcto cumprimento da súa misión de informar.
Scolari, Micó, Navarro e Pardo (2008) detallan unha serie de perfís que a
día de hoxe deixaron de ser necesarios nos medios de comunicación. A
Á NGEL V IZOSO
264
aparición de sistemas automatizados ou a democ ratización dalgunhas
ferramentas motivou a desaparición progresiva das tarefas de teletipista,
archiveiro, montador musical ou documentalista, entre outras. A
desaparición destes perfís non é repentina, pois é consecuencias de
transicións e reconversións que poden dilatarse no tempo.
As novas redaccións que poidan formarse ou as resultantes de
procesos de transformación nacen xa sen a presenza de persoas
específicas que realicen estas ta refas. Porén, isto non que r e dicir que
desaparezan por completo as actividades realizadas por estes
profesionais, xa que algunhas delas poden seguir vixentes con maior ou
menor relevancia nos novos escenarios. O que sucede con elas é que
cada vez son máis sinxelas de r ealizar por profesionais doutras áreas
grazas á simplicidade que poida introducir nelas a evolución da
tecnoloxía e das ferramentas dispoñibles na re dacción.
Estes mesmos autores fanse eco desta realidade ao falar dunha serie
de perfís que, logo da introdución das novidades técnicas e da renovación
dos procedementos na etapa actual, ven como muda o seu cometido.
Neste aspecto, a función de redactor é posiblemente a que máis alterada
se ve, pois nela xúntanse toda unha serie de alteracións que dan lugar a
no vos cometidos no marco dos seus medios de comunicación. E é que
falar de xornalistas no momento presente é facelo de profesionais en
constante reciclaxe e adaptación (Sánchez-García, 2017, pp. 168- 169). O
contexto técnico e empresarial no que levan a cabo as súas tarefas diarias
é tamén un espazo en cambios, polo que non resulta estraño que estas
alteracións acaben repercutindo nos profesionais que os configuran.
Estes cambios desembocan na chegada do xornalista multifunción
(Sánchez - García, Campos - Domínguez e Berr ocal Gonzalo, 2015) , un
profesional q ue nace como consecuencia das dificultades económicas
polas que atravesan as empresas do sector da comunicación e a
necesidade de condensar as tarefas antes realizadas por varias persoas
nun mesmo individuo.
Os perfís profesionais no xornalismo
265
Outro xeito de referirse a esta nova realidade dos xornalistas é co
termo “xornalista polivalente” (Micó-Sanz et al., 2010; Scolari et al., 2008) .
Segundo o disposto por Sonia González e Sara Ortells (2012) a idea da
polivalencia aplicada a estes novos profesionais pode adquirir sentido en
tres f rontes diferenciadas. En primeiro lugar estaría a polivalencia
mediática , na que os xornalistas traballan para máis dun soporte;
seguidamente, atopamos a polivalencia temática , onde os xornalistas
traballan con informacións de diferentes seccións ou ámbitos ; finalmente
estaría a polivalencia tecnolóxica , na que todo o proceso de produción
da información é obra dun mesmo profesional. N o novo contexto, unha
soa persoa leva a cabo todas ou parte das tarefas que anos atrás eran froito
da intervención de varios profesionais (Rintala e Suolanen, 2017). Esta
circunstancia achega un maior control sobre os contidos mais elimina do
proceso de produción a figura dalgúns profesionais especializados. A súa
tarefa deberá ser suplida polos propios xornalistas, o que en moitos casos
obriga a aprender dende cero o uso de tecnoloxías ou determinados
protocolos que anteriormente non lle eran propios. Esta falta de
especialización pode levar a unha certa perda de calidade con respecto ao
traballo realizado por especialistas.
En definitiva, Internet chegou ás redaccións dos medios de
comunicación para abrir novas posibilidades de elaboración e difusión da
información, mais tamén para dar pé a cambios no traballo dos xornalistas,
nas súas funcións dentro do conxunto e nas propias necesidades que
configuran o seu perfil . Porén, neste context o de mutación do escenario
profesional da produción de información (Vivar Zurita, 2011) seguen
vixentes os preceptos básicos desta actividade. A misión dos xornalistas
non se ve alterada e a procura e comunicación de “contidos veraces
verificados, contrastados, contextualizados e construídos de acordo coa
preceptiva xornalística” (Arroyo Cabello, 2011) segue vixente .
Aínda que se traballe con temáticas e ferramentas diversas e para
soportes tradicionais ou innovadores esta característica non se ve alterada.
Outra das certezas dun panorama tan cambiante como é o do xornalismo
Á NGEL V IZOSO
272
xornalistas ten lugar moitas veces en espazos e con ferramentas
distintas ás dos seus compañeiros no conxunto da redacción.
• Verificadores. O do verificador da información non é un
perfil exclusivo da etapa actual nin moito menos dos medios de
comuniación dixitais. Trátase dun xeito de facer xornalismo
que sempre estivo no ADN da profesión, mais que nos últimos
anos colleu pulo grazas ao avance da desinformación. No
context o actual, estes profesionais deben amosar un dominio
total das ferramentas tecnolóxicas de verificación de imaxes,
vídeo e tamén de datos, así como un alto manexo das redes
sociais (Ufarte -Ruiz e Manfredi-Sánchez, 2019, p. 91) .
• Periodistas que traballan coa Realidade Virtual, a
Realidade Aumentada e o xornalismo inmersivo. Este
novo xeito de comunicación, plenamente vinculado á
tecnoloxía, fai necesaria unha grande especialización no uso das
ferramentas e linguaxes que lle son propias a esta narrativa
(Herranz de la Casa, Sidorenko Bautista e Cantero de Julián,
2019, pp. 138- 140) .
• Xornalistas especializados no xornalismo drone . A
introdución das aeronaves non tripuladas como ferramenta
para a narración de historias no marco do xornalismo (Kreimer,
2018) fai require da presenza de profesionais coas capacidades
técnicas necesarias para operar este tipo de dispositivos. Porén,
este apartado non debe solapar a abordaxe das historias cunha
perspectiva xornalística.
• Xornalistas especializados na Intelixencia A rtificial. Este
tipo de profesionais son tamén unha das incorporacións máis
recentes ás redaccións dalgúns medio s de comunicació n. Cada
vez son má is frecuentes as historias e proxectos baseados no
emprego do machine learnning no eido do xornalismo. Aínda
q ue moitas veces o trab allo con este tipo de procedementos é
froito do traballo de profesionais chegados de disciplinas
Os perfís profesionais no xornalismo
273
como a programación ou a enxeñaría, son cada vez máis os
xornalistas que entran a formar parte dos seus equipos de
produción, aportándoll e a óptica e a narrativa propia do
xornalismo a est a vía para comunicar a realidade (Cervi e
Marín Lladó, 2020 , p. 285).
Como se pode observar, o factor tecnolóxico resulta clave á hora de
analizar as novas profesións que entran a formar parte dos equipos dos
medios de comunicación. Estas novas profesións deben c ombinar os
saberes e procedementos clásicos do xornalismo, mais aplicándolles as
particularidades dos soportes a través dos cales realizan a súa tarefa e,
nomeadamente, a través da rede.
A evolución natural dos medios levou a que Internet e as ferramentas
dixitais cobren unha especial import ancia en todas as fases do proceso de
produción, dende a recollida ata a difusión e posterior seguimento do
publicado. Ademais, a propia presenza dos medios na web levou a que, co
tempo, os xornalistas se visen na obriga de agrupar toda unha serie de
habilidades e responsabilidades que Santiago Tejedor (2007, p. 36)
condensa a través das seguintes ideas: coñecemento da estrutura
informativa, produción de información en tempo real, capacidade para
asumir varios roles, dominio da rede como fonte de información, xestión
de información —clasificación, almacenaxe e distribución—, redacción
ciberxornalística, emprego de ferramentas de software , creatividade,
capaci dade de traballo en equipo, capacidade para a explotación da
interactividade e continua reciclaxe formativa.
Como se pode observar, os nos profesionais da actualidade non só
é posible e necesario atopar a capacidade suficiente para traballar coas
últimas ferramentas dispoñibles. Aínda que este tipo de co ñecementos
son un valor no momento actual que viven os medios de comunicación,
estas deben ir sempre vencelladas a aspectos e xeitos de proceder que xa
se atopan entre as caracter ísticas que forman parte das bases do
xornalismo. E é que, a índa que falemos de xorna listas multimedia
Á NGEL V IZOSO
274
(Deuze, 2003) , ou de xornalistas con capacidade para adaptar se a
diversos xeitos de contar hist orias ou a través de diferentes soporte s
(Palomo e Palau - Sampio, 2016) , non se debe esquecer que o que
realmente seguen a ser é xornalistas.
3. Formar xornalistas
3.1. Os estudos de xor nalismo
Aínda que o xornalismo como actividade levaba existindo xa moito
tempo, non foi ata mediados do século XIX en Estados Unidos cando
comezaron a deseñarse estudos específicos para a formación deste tipo de
profesionais (Weaver, 2003, pp. 49 - 51). Esta circunstancia mantívose ata
ben entrado o século XX cando o resto de países —e de xeito
progresivo— foron incorporando este tipo de ensinanzas aos seus
respectivos sistemas educativos (Josephi, 2009, p. 43).
España foi un deses territorios nos que a formación espe cífica en
xornalismo arribou na segunda metade do século XX, cando menos
aqueles estudos identificados con ese termo dentro do ámbito
universitario (Farias Batlle, Gómez Aguilar e Paniagua Rojano, 2010, p.
21). Por én, é posible atopar o xerme do que hoxe en día coñecemos como
os Graos Universitarios en Comunicación Audiovisual ou Xornalismo
antes da Guerra Civil. Da man de cursos e escolas independentes ou
vinculadas a algunhas organizacións do ámbito das ciencias sociais
(Sánchez-García, 2017, pp. 56- 57) comezou a trazarse o camiño necesario
para pa liar as carencias formativas dos xornalistas do momento, sentando
así as bases para a preparación dos profesionais da comunicación.
A comezos dos anos 70 iníciase o funcionamento das facultades de
Ciencias da Información de Madrid, Barcelona e Navarra (Farias Batlle
et al., 2010, p. 21) . Aínda que ao comezo existiron dificultades derivadas
da falta de profesorado especializado no campo, algo propio de calquera
Os perfís profesionais no xornalismo
275
estudo que se poña en marcha, estas foron paliándose pouco a pouco. Na
actualidade, a formación nas diferentes áreas da comunicación — e, entre
elas o xornalismo— está plenamente instaurada no sistema universitario,
aínda que véndose modificada polos sucesivos marcos que regulan este
tipo de ensinanzas ao nivel europeo ( Sánchez-García, 2017, pp. 86- 87;
Vivar, Abuín, García, Vinader e Núñez, 2010, p. 30).
O obxectivo destes plans de estudo non é outro que formar os
profesionais da comunicación no manexo das habilidades e ferramentas
necesarias para o desempeño do seu traballo no momento actual. Logo da
análise dos plans de estudo das dez universidades mellor situadas n os
directorios de calidade, Santiago Tejedor e Laura Cervi (2017) foron quen
de atopar unha serie de trazos ou obxectivos comúns á hora de abordar a
preparación dos xornalistas:
• Cultura dixital. Necesidade de comprender todo o que rodea
o escenario comunicativo actual.
• Fundamentos da comunicación. É preciso entender as bases
e a evolución dos proc esos de comunicación, tanto pasados
como actuais.
• Produción de contidos. Capacitación para a elaboración de
contidos en diferentes soportes e a través de diferentes
linguaxes.
• Industria mediática. Coñecemento dos pormenores d o
escenario dos medios de comunicación, así como a súa
organización e estrutura, tanto no plano nacional como
internacional.
• Mirada crítica. Capacidade de reflexión e crítica sobre a
actualidade.
• Creatividade. Elemento fundamental á hora de iniciar
calquera proxecto xornalístico. Débese loitar por buscar
formas innovadoras de narrar as historias que sirvan para
Á NGEL V IZOSO
276
aportar valor engadido aos produtos e atraer así a atención das
audiencias.
• Mirada humanista. Na formación en comunicación conflúen
de xeito inevitable saberes propios de disciplinas como a
historia, a economía ou a filosofía, polo que os profesionais do
sector deben contar cos fundamentos básicos destas para
aplicalos no seu traballo diario.
• Versatilidade. Capacidade de adaptación ás diferentes rutinas
e procedementos que poden ter lugar dentro do medio no que
se traballa ou mesmo dentro do propio campo profesional do
xornalismo.
• Efectos da comunicación. Habilidade para entender os
efectos da comunicación nos grupos sociais ou individ uos ao s
que se dirixe.
• Dominio teórico-práctico. Combinación dos saberes
teóricos propios do campo e da aplicación práctica do
asimilado.
Semellante análise é a realizada por Ana María López Cepeda e José
Antonio Rodríguez Arco (2019, pp. 44 - 45) , aínda que nun contexto máis
próximo . O trab allo destes autores é o resultado da revisión das
competencias sinaladas nos plans de estudo de 40 graos en xornalismo en
España. Esta análise foi completada cunha serie de cuestións realizadas a
empresas do sector sobre a importancia dunhas desas competencias ou
outras á hora de realizar o traballo no día a día.
As conclusións deste traballo resultan na identificación dunha serie
de competencias moi semellantes. Polo xeral, estas combinan os saberes
propios e tradicionais da disciplina do xornalismo con outras vinculadas
ao plano das actitudes —capacidade de reflexión, capacidade crítica ou
capacidade para o traballo en equipo— . Ademais, logo da consulta ás
empresas do sector, a investigación amosa como estas seguen mantendo
unha alta preferencia polas nocións tradicionalmente vinculadas ao
Os perfís profesionais no xornalismo
277
xornalismo en detrimento daquelas habilidades completamente
dependentes do uso de ferramentas tecnolóxicas (López -Cepeda e
Rodríguez-Arco, 2019, p. 51) .
O traballo nas facultades de Comunicación busca, pois, dar resposta
á necesidade dos perfís profesionais demandados polo mercado na
actualidade. Dentro destes, como viamos antes, combínanse algunhas das
necesidades clásicas do xornalismo co persoal encargado de tarefas máis
recentes e estreitamente vinculadas ao desenvolvemento tecnolóxico
(Tejedor Calvo, 2007, p. 21). Con todo, esta adaptación resulta lenta e
complexa. Aínda que os centros de formación inclúen as novas
ferramentas e innovacións técnicas nas súas ensinanzas, estas
modificacións tardan máis tampo en chegar aos plans de estudo,
dificultando en ocasións a súa abordaxe (Sánchez-García, 2017, p. 145) .
No plano da formación é posible observar batallas en varias frontes.
Por e xemplo, existe unha dualidade histórica entre os que defenden a
preparación específica e especializada e aqueles que prefiren unha
abordaxe máis xeral (Salaverrí a, 20 16c) , entre o saber enc iclopédico e case
global e o dominio de ferramentas, narrativas ou temáticas específicas
(Gómez, 2004, pp. 154- 155) . Do que semella que non hai dúbidas na
actualidade é da necesidade de formar as futuras xeracións de xornalistas
nos códigos propios dos novos escenarios a través dos cales ten lugar a
comunicación como, por exemplo, as redes sociais ou os propios
cibermedios (Larrondo Ureta et al., 2020). Se para acometer calquera
proxecto dentro desta profesión é necesario dominar tarefas como a
selección de contidos ou saber titular, no contexto actual non é preciso
realizalas só para os soportes tradicionais. A formación na actualidade
debe ter en conta tamén as particularidades da aplicación destas rutinas
clásicas do xornalismo en plataformas como as redes sociais cara as cales
viaxou a difusión da información nos últimos tempos (González Molina
e Ortells Badenes, 2012).
Á NGEL V IZOSO
278
Como resumo, o perfil profesional dos xornalistas é unha realidade
en constante evolución que se configura a través da suma de diferentes
elementos. En primeiro lugar é posible atopar a suma dos prec eptos e
nocións básicas do traballo coa información. A vinculación a ideas como
a veracidade ou a dilixencia no traballo coas fontes nunca deixan de formar
parte do perfil dos xornalistas. Porén, a propia evolución das ferrame ntas
empregadas para os procesos de comunicación fai necesaria unha
actualización constante do que é preciso atopar nos profesionais ou
equipos de profesionais que lle dan vida aos medios de comunicación.
A evolución do sector leva por diante xeitos de narrar, soportes e
tamén actividades. A respecto desta última circunstancia, no campo dos
perfís profesionais no xornalismo púidose asistir nos últimos anos á
partida de determinadas tarefas, moi vinculadas á produción xornalística
como proceso industrial —nomeadamente no campo das publicacións
impresas— para dar paso a persoas con cometidos ligados á idea da
produción xornalística como proceso mediado pola tecnoloxía.
Ante esta circunstancia o eido da educación non pode permanecer
alleo. Os estudos de xornalismo buscan combinar a formación nos
preceptos tradicionais do xornalismo co necesario dominio das novas
ferramentas. Se ben esta adaptac ión resulta complexa pola rapidez das
evolucións técnicas e a lentitude de adaptación da regulación, o paso por
centros especializados neste tipo de ensinanzas non deixa de ser unha das
mellores vías para a adquisición das competencias necesarias que fan
posible o traballo coa información nos nosos días.
Deseño da
investigación
281
Obxect ivos , hipóteses e
preguntas de investiga ción
En primeiro lugar presentouse unha revisión do estado da cuestión
da investigación en materia de infografía realizouse a pertinente
aproximación teórica aos contidos sobre os cales resulta posible comezar
a construír esta investigación. A nivel xeral, esta aproximación xirou
arredor de realidades como a visualización da información, a produción
da información, o xénero da infografía xornalística e os perfís
profesionais. Grazas ás achegas revisadas para estas áreas e á análise
detallada da investigación realizada por múltiples investigadoras e
investigadores nelas foi posible establecer unha serie de obxectivos para a
investigación proposta. Estes descansan, ademais, sobre tres hipóteses e
cinco preguntas de investigación que actúan como fío condutor á hora de
tentar determinar as principais características da produción de infografía
nos cibermedios así como as características que forman parte do perfil dos
profesionais que traballan con esta tipoloxía informativa. A descrición
destes tres elementos vitais para a investigación proposta —obxectivos,
hipóteses e preguntas de investigación— é a protagonista dos epígrafes
contidos no presente capítulo.
Á NGEL V IZOSO
288
xornalismo será de utilidade para poder describir como se foron
conformando estas divisións dentro da redacción. A particularidade do
xénero estudado, no que a produción realizada deriva en produtos visuais,
fai que poidan existir particularidades á hora de trazar o percorrido dos
profesionais que traballan para facelo posible.
P5. Que formación académica e competencias son comúns ás
persoas que conforman os equipos que producen infografía
multimedia?
A derradeira das cuestións conecta directamente coa anterior de xei to
que mesmo é posible falar dun certo fío de continuidade entre as dúas.
Esta quinta pregunta ten tamén como obxectivo afondar nas
características que están presentes no perfil dos profesionais que traballan
co xénero da infografía nos cibermedios e, dun xeito máis particular, dos
que producen a súa vertente multimedia. Adoptando de novo unha das
ideas expostas para o caso anterior, o carácter visual da infografía e a
diferente natureza da información coa que moitas veces se traballa no
conxunto destas áreas fai que poidan ser requiridas unha serie de
características, competencias ou coñecementos específicos que deben
estar presentes nos xornalistas que traballan con ela.
Con esta pregunta búscase advertir non só cal é a formación
académica dos profesionais en activo nos medios de comunicación
estudados. Tamén se pretende entender ou tentar anticipar cales se
considera que poden ser os coñecementos e saberes necesarios para o
traballo coa infografía a curto prazo nun escenario, como se ap un taba,
marcado polo alto grao de competencia pola atención das audiencias entre
actores moi semellant es. Ademais, nese esforzo por configurar o perfil do
infografista nos cibermedios, tentarase advertir cales son as ferramentas
de uso cotián no día a día deste tipo de profesionais xa que, polo específico
do seu traballo, é probable que difiran das empregadas por outros
compañeiros de redacción.
Obxectivos, hipóteses e
preguntas de investigación
289
Aínda que, como se identifica nos obxectivos, as hipóteses e as
preguntas de investigación, o principal obxecto de estudo deste proxecto
de tese é a produción da infogr afía multimedia, esta foi estudada de xeito
conxunto con for mas estáticas deste xénero. Así , os instrumentos de
investigación e as mostras empregadas descritas no apartado d e
metodoloxía non son aplicadas só á vertente multimedia da infogr afía,
senón que serven p ara tentar comprender a publicación da infografía a
nivel xeral nos espazos en liña dos medios estudados. Esta decisión
deriva da conexión irrenunciable que existe en tre ambas modalidades,
mais tamén do feito de que a publicación dos traballos multimedia e a
dos traballos estáticos é, moitas veces, fr oito do traballo dos mesmos
xornalistas ou equipos. Así, de cara a lograr unha aproximación o máis
fiable posible a o fen ómeno estudado, optouse por unha abordaxe xeral
ao nivel da produción da infografía para os cibermedios, separando
despois as diferentes particularidades e variedades de presentación que
esta poida amosar.
291
Metod oloxía e deseño da
investigación
A continuación dáse conta polo miúdo das técnicas empregadas no
marco da realización deste estudo. Para o caso que nos ocupa optouse por
un deseño baseado nos métodos mixtos ou triangulación metodolóxica,
denominación que varía segundo as referencias que se tomen. D entro
deste xeito de proceder é posible identificar tres metodoloxías diferentes
como son a análise de contido, a análise de caso e a entrevista. A finalidade
deste capítulo é ofrecer un contexto teórico para cada unha delas, xa que
resulta de grande axuda á hora de poder expor o paso a paso de cada unha.
Esta explicación pormenorizada de cada un dos instrumentos empregados
para a investigación é o segundo dos focos desta sección. Deste xeito,
búscase identificar coa maior precisión as ferramentas e materiais de
investigación empregados na persecución dos obxectivos fixados para o
conxunto deste proxecto.
Á NGEL V IZOSO
292
1. Investigar a comunicación
A comunicación é un fenómeno inherente á propia natureza humana.
A investigación, entendida como o traballo que busca descubrir ou
explicar diferentes aspectos da realidade que nos rodea, non permaneceu
allea a esta actividade. Nas antigas civilizacións de Grecia e Roma
comezou a preocupación por comprender aspectos como a oratoria ou a
persuasión, que mesmo eran transmitidos de xeración en xeración a través
da literatura e da formación académica.
Co paso dos séculos, o estudo da comunicación pasou a ser incluído
dentro doutras disciplinas como a psicoloxía, a filosofía ou a ciencia
política, xa que estas conseguiron evolucionar como entidades
diferenciadas moito antes do que o fixo o campo da comunicación . Así,
nas etapas previas ao século XX non é posible falar da existencia dunha
investigación en comunicación estruturada, xa que as aportacións xeradas
respondían a tentativas dispersas entre outros campos do coñecemento
nos que puntualmente se acudía á comunicación como parte dos
elementos que os integraban (Pooley, 2008, p. 43) .
Xa dentro do século XX comeza a apreciarse o xerme de corrente s e
estudos nos que a comunicación non é un elemento máis da realidade
revisada, senón que é a materia que se busca documentar. Ademais, co
paso das décadas deste século e a progresiva popularización duns medios
de comunicación de masas, así como a aparición doutros, ábrense tamén
correntes nas que non só interesa coñecer os pormenores da
comunicación entre persoas ou grupos, senón tamén todo o que rodea
estes novos soportes nos que integrar mensaxes.
Roger D. Wimmer e Joseph R. Dominick (1991, pp. 6 - 7) fan mención
a catro eventos que e xerceron como impulso para o crecemento da
investigación na comunicación aplicada aos medios de comunicación. En
primeiro lugar salientan a influencia da I Guerra Mundial . Segundo relatan
Wimmer e Dominick, antes deste conflito pensábase que os medios
Metodoloxía e deseño da investigación
293
contaban cunha grande influencia na conformación das opinións da
cidadanía a través da emisión dunhas mensaxes ou outras. Así, tras este
conflito e logo do estudo das súas consecuencias en canto a est a
construción do ideario público a través dos impactos obtidos a través da
prensa, elaboráronse diferentes modelos que buscaban axustar o papel dos
medios á hora da configuración da opinión pública.
En segundo lugar, estes autores falan da investigación derivada da
popularización da publicidade nas décadas de 1950 e 1960. A progresiva
aparición de axencias e specializadas na produción e emisión deste t ipo de
mensaxes, así como acrecente competitividade pola atención das
audiencias fixo necesa ri o o desenvolvemento de investigacións sobre as
preferencias dos públicos potenciais, o seu comportamento e a súa
reacción ante os impactos que recibían en forma de mensaxes
publicitarias. O desenvolvemento destas técnicas, inicialmente xurdidas en
contex tos empresariais ou de mercados, fixeron posible o
desenvolvemento de correntes de investigación cuxo obxectivo era o de
comprender tanto a influencia das mensaxes como as consecuencias da
exposición ás mesmas no conxunto da poboación.
Xa na década dos anos 80, ábrense novas correntes tamén enfocadas
ao estudo dos efectos das mensaxes recibidas por parte da audiencia .
Neste caso ábrese unha liña de traballo que busca analizar as
consecuencias da exposición dos nenos e nenas a contidos violentos ou
de carácter sexual durante as emisións televisivas. O desenvolvemento
desta nova vía de traballo xorde nos Estados Unidos de xeito parello ao
inicio das emisións da MTV, en funcionamento dende agosto de 1981.
Por último, e xa máis próximos anos nosos días, entran e n xogo
todos os datos e comportamentos que é posible analizar no que respecta
á relación das audiencias —entendidas mesmo ao nivel dos individuos—
cos medios de comunicación aos que acoden habitualmente. Neste marco
xorden novos campos para a investigación en comunicación no que se
analizan os comportamentos dos usuarios de xeito case individualizado
Á NGEL V IZOSO
294
ou, cando menos, levando as mostras a un alto nivel de estratificación no
que é posible comprender as experiencias individuais de cada persoa. O
momento actual da investigación nos medios de comunicación vén, pois,
marcado por conceptos como a experiencia de usuario ou a
personalización do contido. Estas ideas contan cun grande peso na
vertente da súa aplicación comercial, pois os medios buscan comprender
o que, o cando e o como do consumo por parte dos seus públicos para
poder así construír produtos que lles poidan resultar máis atractivos.
Porén, é preciso indicar como estas nocións son tamén protagonistas da
análise dende un punto de vista académico , xa que a investigación en
comunicación vive nunha pelexa constante por adaptarse ao cambiante do
ámbito que busca estudar, o que se traduciu nun aumento da presenza
desta materia como campo científico e como obxecto de investigación
(Piñuel Raigada, 2010).
2. Aplicación de métodos mixtos
O traballo proposto para esta tese de doutoramento xorde da aposta
por un deseño metodolóxico no que se combinan diferentes técnicas. Así,
dedicamos este epígrafe a abordar en profundidade este xeito de proceder
á hora de configurar unha investigación, normalmente identificado com o
“métodos mixtos” (McKim, 2017), “investigación multimétodo” (Brewer
e Hunter, 1989) ou “triangulación” (Jick, 1979).
Norman K. Denzin (1978, p. 291) fala define a idea da triangulación
como “unha combinación de metodoloxías para o estudo dun mesmo
fenómeno”. Esta definición parte cun concepto tomado do ámbito militar
como é o de triangulación, que neste contexto é empregado como técnica
para a localización dun lugar concreto a partires do uso de múltiples
puntos de referencia (Smith, 1975, p. 273). De acordo cos principios
básicos da xeometría, resulta posible acoutar un espazo proporcionando
algúns dos diferentes puntos que o rodean.
Metodoloxía e deseño da investigación
295
Cunha investigación sucedería algo similar. O fenómeno que se busca
estudar actuaría como ese obxecto ou lugar que se desexa localizar ou
atopar na linguaxe bélica. Deste xeito, na súa contorna estarían as
diferentes técnicas metodolóxicas aplicadas no deseño da investigación ,
que e xercerían como puntos que parten cara ao cent ro que se quere
atopar, que non é outro que o obxecto a estudar.
John W. Creswell (2013) emprega o termo “investigación con
métodos mixtos”, falando del do seguinte xeito:
“A investigación c on métodos mixtos é u n enfoque de investigación
que implica a recollida de datos tanto cuantitativos como
cualitativos, a integración das dúas formas de datos e o uso de
deseños distintos que poden implicar supostos filosóficos e marcos
teóricos tamén dife renciados. A idea central deste xeito de investigar
é que a combinación dos enfoques cualitativo e cuantitativo ofrecen
unha maior comprensión do problema de investigación proposto que
só un deles.”
R Burke Johnson, Anthony J. Onwuegbuzie e Lisa A. Turner (2007)
describen a evolución deste tipo de enfoque dende hai séculos. Os autores
viaxan cara os debates sobre a existencia de verdades universais e
múltiples verdades relativas da filosofía de Sócrates, Platón, os sofistas e
outras moitas mentes e correntes da época. Este percorrido por diferentes
tendencias ten sentido na medida en que, como recoñecen os propios
autores, os métodos mixtos sitúanse entre a filosofía de Platón — coa
investigación cualit ativa— e a dos sofistas —coa cuant itativa—, tent ando
trasladarlle á sociedade a realidade do que está a ser investigado tomando
referencias de ambos campos.
A investigación con métodos mixtos non é un concepto nov o ou
particular do momento presente. Algunhas investigacións do campo da
antropoloxía e a socioloxía xa empregaban a triangulación co obxectivo
de afinar ao máximo posible as conclusións dos seus traballos (Johnson
et al., 2007). Poré n, o uso deste concepto non se estendeu ata varias
Á NGEL V IZOSO
296
décadas despois, xa na segunda metade do século XX coas aportacións de
Donald T. Campbell e D. W. Fiske (1959) . A partires dese momento ten
lugar unha ruptura entre os paradigmas de investigación que defendían o
exclusivamente cuantitativo e as que defendían o exclusivamente
cualitativo, deixando oco a investigacións que buscaban afondar ao
máximo nas temáticas propostas servíndose para iso das técnicas
necesarias dun e doutro lado.
En definitiva, os métodos mixtos xorden da converxencia e a
integración de diferentes técnicas nun mesmo de seño de investigación.
Est a circunstancia dá lugar a diferentes particularidades que redundan nun
beneficio para a credibilidade e o percorrido posterior da investigación
(McKim, 2017) . En primeiro lugar, a triangulación de técnicas constitúe
unha ferramenta para a validación dos resultados obtidos (Campbell e
Fiske, 1959). Así, se as diferentes metodoloxías empregadas levan a un
punto común, as persoas a cargo da investigación atopan nesta utilización
conxunta unha verificación de que o que teñen diante de si é a realidade
da materia que están a estudar. Iso si, sempre e cando o deseño da
investigación sexa o adecuado.
Outro dos beneficios obtidos a través da combinación de técnic as
no transcurso da análise dun mesmo fenómeno é a capacidade de poder
compensar a debilidade dunhas a través da fortaleza doutras (Jick,
1979). Posto que non existe unha metodoloxía plenamente capaz de
abordar dende todos os ángulos un obxecto de investigación, esta
carencia pode ser suplida a través da introdución doutras ferramentas
que axuden a pal iar os posibles puntos febles que puideran existir. Así,
a habilidade dos equipos de investigación reside en identificar
correctamente a s capacidades das metodoloxías que será n empregadas,
mais tamén aqueles aspectos nos que estas poderían non ser axeitada s
buscando alternativas que asegu ren a maior fiabilidade á hora de
establecer conclusións.
Metodoloxía e deseño da investigación
297
Con respecto a esta última idea, a aplicación de múltiples métodos de
investigación axuda tamén a xerar unha maior confianza nas conclusións
propostas (O’Cathain, Murphy, e Nicholl, 2010). Seguindo a liña descrita
anteriormente, o camiño seguido polos resultados da investigación será
máis sinxelo se conta con indicadores e elementos que poidan transmitirlle
confianza ao groso do ámbito académico no que se enmarca. Presentar
unha investigación na cal se abordou unha realidade mediante diferentes
técnicas metodolóxicas contribúe a xerar confianza no lector . Esta
característica é garante de que o obxecto de estudo foi observado dende
ópticas diferentes, o que para algúns const itúe un sinónimo da veracidade
dos resultados (Sieber, 1973).
Por tanto, o emprego da triangulación de técnicas ou o deseño das
investigacións conforme á idea dos mé todos mixtos introduce nelas unha
maior capacidade de validación dos datos obtidos, algo moi valorado
dende a óptica dos destinatarios da investigación. Porén —e dende o
punto de vista das persoas a cargo da investigación— a súa aplicación
constitúe unha ferramenta que axuda a asegurar unha aproximación máis
correcta ao fenómeno estudado, axudando a aumentar as probabilidades
de che gar a comprendelo na súa totalidade (Hurmerinta-Peltomäki e
Nummela, 2006).
Deste xeito, a investigación proposta nesta tese de doutoramento
tenta inscribirse nesta idea, buscando comprender o mellor posible o
xénero xornalístico da infografía a nivel xeral e, de xeito máis particular,
na súa vertente multimedia. Para iso, e tal e como se describe nos seguintes
epígrafes, botouse man de técnicas de natureza cualitativa, mais tamén
doutras cunha vontade cuantitativa. De xeito máis concreto, os resultados
obtidos xorden da aplicación da análise de contido, o estudo de caso e a
entrevista. A través da súa utilización, do emprego de instrumentos xa
existentes dentro destas e do deseño doutros específicos para esta
investigación búscase comprender os procesos de produción da infografía
e as principais características do perfil dos profesionais que lle dan forma
nas redaccións dos medios de comunicación.
Á NGEL V IZOSO
304
3.2. A semana composta. Entender un conxunto
ollando cara as súas partes
3.2.1. Definindo a semana compost a
Un dos principais retos nas etapas previas ao comezo dunha análi se
de contido é o de delimitar os materiais que serán revisados e que, por
tanto, entran a formar parte da mostra elixida no marco da poboación ou
universo dispoñible. Para o caso que nos ocupa, no que os contidos
protagonistas son elementos publicados por unha serie de medios de
comunicación, existiría a posibilidade de acometer unha análise que
comprendese todas as pezas e laboradas por estes que respondesen aos
criterios marcados.
Porén, existe tamén a posibilidade de coñecer estes patróns sen ter
que acudir a unha revisión sistemática de todo o publicado por estas
cabeceiras grazas aos xa mencionados sistemas de mostraxe. Estes,
conforme ao e stipulado nos crite rios marcados polas persoas a cargo
dunha investigación, serven para elixir un conxunto —most ra — dentro
de todos os elementos nos que conflúen as características que farían deles
materiais propicios para entrar a formar parte da análise.
Unha destas fórmulas é a semana composta (Bell, 1991, p. 23) . Esta
técnica é amplamente empregada no marco do estudo da linguaxe
xornalística, xa que permite coñecer o publicado durante varias semanas
polos medios de comunicación que se atopan en revisión (Riffe, Aust e
Lacy, 1993) . O emprego deste xeito de seleccionar a información axuda a
obter unha mostra representativa do traballo dunha cabeceira durante
cinco ou sete semanas diferentes. Isto dependerá da aposta por estruturas
compostas nas que se revisen contidos só de luns a venres ou se se abre a
porta tamén ao total da semana co sábado e o domingo.
Así, o deseño da semana composta comeza por identificar no
calendario o luns —ou o día, se se decide comezar por outro— no que
Metodoloxía e deseño da investigación
305
dará comezo, pasando despois ao martes da seguinte semana, ao mércores
da terceira, o xoves da cuarta e o venres da quinta. Se polos criterios
establecidos na investigación se considera necesario c ontar tamén co
publicado tamén durante a fin de semana (Hester e Dougall, 2007) , será
necesario seleccionar o sábado da sexta e o domingo da sétima contados
dende aquel primeiro luns. Porén, esta selección non ten que establecer
saltos semanais. Outra fórmula podería ser o establecemento de intervalos
qu incenais ou mesmo mensuais, o que asegura unha cobertura temporal
maior a través do uso deste instrumento.
No que respecta ao día exacto no que se inicia a selección de días que
entran a formar parte da semana composta, existen tamén varias
posibilidades. En prime iro lugar, e sta pode estar plenamente dirixida pola
persoa ou persoas a cargo da investigación. Se se quere abordar o
tratamento informativo dun feito concreto, non ten sentido elixir para a
semana composta días do ano anteriores ao propio acontec emento, xa que
ese tema non poderá ser revisado como tal nos medios en cuestión. No
extremo oposto estaría a posibilidade de deixar ao azar a selección do día
no que se comezarán a contar os intervalos, procedendo despois á
selección dos restantes conforme ao disposto no deseño metodolóxico
proposto (Lacy, Riffe, Stoddard, Martin e Chang, 2001).
O tipo de semana seleccionado virá marcado polas características de
publicación do medio ou medios que se revisan ou do contexto
informativo no que ten lugar a análise. Así, nalgunhas cabeceiras só se
publican determinados cont idos, por exemplo, na fin de semana, ment res
que outras cesan a súa actividade durante este período. Estas
particularidades deben estar presentes na etapa de deseño da investigación,
pois poden obrigar a ter que suplir os días ausentes con outros que se
determinen para tal efecto (Riffe et al., 1993).
En definitiva, a técnica de revisión da semana composta permite
coñecer as tendencias xerais a nivel temático e estrutural daqueles contidos
que son publicados de xeito continuo. Para caso dos materiais estudados
Á NGEL V IZOSO
306
nesta investigación —contidos de infografía publicados nas edicións en
liña de catro medios de comunicación— , considérase que é unha
ferramenta axeitada. Neste traballo non se busca documentar a evolución
do tratamento dun tema a través deste xénero xornalístico, senón que se
pretende analizar o seu uso por parte das cabeceiras seleccionadas a varios
niveis. Así, grazas ao emprego deste instrumento, será posible obter unha
panorámica xeral da infografía, sempre grazas á aplicación do protocolo e
os criterios de selección que se recollen a continuación.
3.2.2. Selecc ión da mostr a para a inve stigación proposta
Logo de afondar no procedemento da semana composta, tivo lugar
a selección dos días que entrarían a formar parte desta. Segundo o descrito
nas bases do proxecto de tese, identificouse o ano 2017 como punto de
partida para comprender o xeito no que os catro medios de comunicación
propostos — El País, El Mundo, La Voz de Galicia e elDiario.es— fan uso do
xénero da infografía en todas as súas formas na súa edición en liña,
establecendo o ano 2020 como o último que entraría a formar parte da
análise.
Aínda que o horizonte temporal é curto para comprender a evolución
a longo prazo dun fenómeno como pode ser o do emprego da infografía
como elemento da linguaxe informativa dos cibermedios, a selección
destes catro anos deriva da dificultade de obter rexistros do estado das
páxinas web que entran a formar parte da análise antes do comezo da
investigación.
A ferramenta empregada no transcurso desta fase foi a Wayback
Machine — Máquina do Tempo — da Internet Archive, asociación sen ánimo
de lucro que dende 1996 veu conformando unha ampla biblioteca de
materiais dixitais de diverso formato co obxectivo de preservalos e facelos
accesibles á poboación de todo o mundo. Se ben esta iniciativa funciona de
xeito semellante a calquera arquivo, aínda que adoptando a forma dunha
base de datos dixital, unha das súas ferramentas máis particulares é a xa
Metodoloxía e deseño da investigación
307
mencionada Wayback Machine
4
. Este recurso realiza capt uras das páxinas
web cada certo tempo, a lmacenando unha seri e de documentos HTML na
súa base de datos identificados co día e a hora na que foron tomados. Así,
os usuarios poden introducir a URL da páxina web que des exan consultar
e acceder a como se atopaba nese intre (Goel, 2016) , co ntando mesmo coa
posibilidade de navegar por ela de xeito moi semellante ao que poderían ter
feito e n caso de tela visitado cando fo i almacenada neste arquivo virtual.
Grazas ao uso deste instrumento foi posible ide ntificar a presenza de
contidos de infogra fía para os catro medios propostos durante os
momentos seleccionados para os catro anos en estudo.
Logo da elección do rango temporal a abarcar, dos medios a consultar e
da ferramenta a empregar, só restaba a selección dos días que entrarían a
formar parte da semana compo sta. Neste punto, xa que non se buscaba
revisar o tratamento de ningún tema inform ativo específico, senón o uso da
infografía como elemento do discurso dos medios de comunicación
estudados, non foi excl uído nin privilexia do ningún período.
Optouse pola aplicación de dúas semanas compostas para cada un
dos anos en revisión, unha na primeira metade do ano —meses de xaneiro,
febreiro, marzo, abril, maio e xuño— e outra na segunda —xullo, agosto,
setembro, outubro, novembro e decembro—. Xa que, como se apuntaba
anteriormente, non existía ningunha preferencia temporal derivada do
estudo da abordaxe dun tema ou da presenza dun deseño concreto nos
espazos en liña destes catro medios de comunicación, deixouse
parcialmente ao azar a selección do punto de inicio da aplicación desta
técnica de investigación.
A estratexia a seguir neste punto foi a selección a leatoria dun dos meses
da pr imeira metade do ano para, posteriormente, elixir o seu reflexo na
segunda. Para iso fo ron introducidos os nomes dos seis primeiro s meses do
ano nunha ferramenta automát ica de sorteos á que se lle indicou que todos
4
Dispoñib le en: https://archive. org/web/
Á NGEL V IZOSO
308
co ntaban coa mesma probabilidade de seren elixidos. O resultado obtido
da realización deste sorteo foi o mes de marzo, do que partiría a nosa
semana composta principiando polo primeiro seu primeiro luns, seguido do
martes da se mana seguinte, o mércores da se guinte e así sucesivamente.
Aplicando o criterio descrito, a segu nda das semanas compostas de cada un
dos catro anos comezaría no primeiro luns do mes de setembro.
En total , foron elixidos 14 días para cada ano e un total de 56 para o
conxunto do período de análise marcado. Unha vez determinados cales
serían estes días foi marcado o protocolo de análise para cada un deles.
Este protocolo determinaba que tan só entrarían a formar parte da
revisión posterior de cada peza os dez primeiros contidos de corte
informativo presentados na páxina principal de cada medio en cada un
dos días marcados . Neste punto fóronse identificando nunha ficha de
análise só traballos informativos como noticias ou reportaxes, os máis
suscept ibles de acoller infografías no marco do seu relato. Deixáronse fóra
artigos de opinión, editoriais ou entrevistas nas que, como norma xeral,
non se fai uso da infografía por outorgarlle relevancia a outros aspectos
como a propia temática —no caso dos artigos de opinión— ou as persoas
protagonistas —nas entrevistas— . Como nota sobre este instrumento de
investigación, cómpre dicir que foi deseñado de xeito exclusivo para este
traballo, buscando coas variables present es nel poder dar resposta ás
preguntas e obxectivos marcados no proxecto.
Posto que Wayback Machine pode chegar a ofrecer múltiples
instantáneas para cada un dos días, decidiuse tomar como referencia a
primeira recollida a partires das 12 horas de cada un dos días en revisión.
Cando non existía ningunha dispoñible tomada con posterioridade
tomouse a inmediatamente anterior. Ante a posibilidade de que non
existisen rexistros para algúns dos 56 días en análise marcouse como
norma a selección do día inmediatamente posterior dentro da mesma
semana, que exerce como substituto.
Metodoloxía e deseño da investigación
309
A táboa 1 recolle todos os aspectos que foron analizados para cada
unha das pezas informativas seleccionadas na semana composta. Tal e
como se pode apreciar nela, estes permiten unha identificación xeral de
cada peza a través de elementos como o titular, o medio ao que pertence,
o día da semana, a data ou a URL na que pode ser atopada.
Táboa 1. Fic ha de análise aplicada a cada unha das pezas
informativas seleccionad as na aplicación da semana composta .
Titular
Medio
Día da semana
Data
URL
Tema
Posición en portada
Columnas
Orientación dentro
da páxina
Esquerda / Centro / Dereita
Sección temática
Ámbito xeográfico
Internacional / Nacional /Rexional /
Local
Leva infografía?
Si / Non
Infografía como
elemento na portada?
Si / Non
Anotacións
Fonte: elabor ación propia .
A ficha proposta fai posible dar conta do peso de cada exemplo no
conxunto da narración que os ci bermedios trasladan a través d a súa pá xina
principal. Esta aproximación realízase median te a revisión de asp ectos como
a posición na que é posible atopar cada un dos contidos. Así, seguindo a orde
de lectura propia do español, idioma no que os catro medios seleccionados
Á NGEL V IZOSO
310
publican os seus contidos, determinouse como primeiro elemento o situado
arriba á esquerda, continuando dende aí a lect ura.
De igual xeito no relativo ao peso das pezas analizadas no conxunto
da portada dixital dos medios en estudo, introdúcense outros dous
criterios de revisión máis. En primeiro lugar, o número de columnas que
se lle outorgan a cada noticia no marco do deseño de cada cibermedio,
circunstancia que, unida á propia posición dos contidos, permite
identificar a relevancia que se lle concede a cada unha d estas pezas dentro
do xeral da proposta da páxina principal. Seguidamente, foi observada
tamén a orientación cos contidos dentro do deseño para identificar se
aparecían aliñados á esquerda, á dereita ou eran presentados no centro.
A temática das informacións revisadas e a súa perspectiva xeográfica
foron tamén elementos a revisar nesta fase da análise. Introdúcense dous
ocos para dar conta do tema tratado nas informacións. En primeiro lugar
a pestana “Tema”, na que se identificou cunha breve frase a liña xeral que
se trataba en cada un dos contidos revisados. Por outra banda está a
opción “Sección temática”, na que se anotou empregado por elpaís.com,
elmundo.es, lavozdegalicia.es e elD iario.es para identificar as seccións ás que
estaban adscritas cada unha das pezas que cumprían cos criterios
marcados no protocolo de análise descrito anteriormente. No relativo á
perspectiva xeográfica, e logo da lectura de cada un dos materiais,
identificouse se estaban abordados dende unha mirada internacional,
nacional, rexional ou local.
Por último, a táboa 1 contén dúas pestanas nas que se aborda de xeito
específico o papel da infografía no contido analizado. En primeiro lugar
establécese a pregunta “Leva infografía?”, de xeito que se verifica ou non
se o material en revisión presenta, cando menos, un exemplo de uso deste
elemento comunicativo. A seguinte pestana serve para identificar se no
caso daquelas pezas que conteñen infografía esta é empregada ademais
como elemento visual de contexto ou atracción na presentación da
información que as alberga no marco da páxina principal dos cibermedios .
Metodoloxía e deseño da investigación
311
Unha vez identificadas aquelas informacións nas que estaba presente
a infografía, estas foron agrupadas nunha nova ficha de análise, que será
amplamente descrita a continuación. Nela estas pezas, xunto cunha
selección máis ampla dos contidos deste tipo publicados por El País e El
Mundo —os únicos dous dos catro medios estudados que contan con
algunha fórmula para a agrupación dos contidos de infografía— , foron
analizadas dende un punto de vista técnico, plenamente orientado a
coñecer os elementos visuais e a función dos traballos de infografía
publicados por estas cabeceiras.
Así pois, c on esta primeira fase da análise de contido a través da
aplicación da semana composta buscouse ent ender cal é a presenza da
infografía no relato informativo das catro marcas xornalísticas estudadas.
Grazas á selección de dúas semanas por ano para os catro anos en revisión
resulta posible cubrir unha boa porcentaxe do traballo realizado por estes
medios neste tempo. Ademais, permite identificar a posible evolución no
emprego da infografía a través dos cambios de deseño que poidan
producirse no seo destas publicacións. E é que, dado o carácter visual
deste xénero xornalístico, a súa capacidade de adaptación dentro da idea
xeral do deseño da páxina principal dos medios nos que poida ser
empregada é tamén un aspecto a ter moi en conta.
3.3. Análise de contido aplicada á infografía
A segunda das fases no emprego da análise de contido como
metodoloxía para a realización da investigación proposta ten como
obxectivo a identificación dos diferentes elementos que forman parte das
pezas de infografía publicadas polos catro medios de comunicación
estudados. Ao longo deste epígrafe procederase á descrición do protocolo
empregado para a selección da mostra a revisar, ao tempo que se explica
polo miúdo a ficha de análise elaborada ex profeso no marco deste traballo.
3.3.1. Selección dos medios a estud ar
Á NGEL V IZOSO
312
Un dos retos no plano dos procedementos para a análise dos
contidos de infografía era a súa propia sele cción. A elección dos catro
medios estudados — El País, El Mundo, La Voz de Galicia e elDiario.es—
responde a varios criterios. Aínda que est es están fundamentalmen te
baseados na selección por conveniencia, presentan o reforzo de datos que
é posible c uantificar. Con todo, é preciso indicar a dificultade de poñer en
común os criterios de medición empregados para dar conta do impacto
real destas publicacións . E é que, especialmente para o ámbito dixital, non
existe un indicador estandarizado que ofreza os datos que avalan a
popularidade de cada unha das marcas xornalísticas dispoñibles.
Contar con El País e El Mundo responde á aposta por introducir na
investigación dous dos medios de comunicación de carácter xeralista
cunha maior traxectoria á hora de facer uso da infografía como xénero
xornalístico. Ben sexa na súa versión impresa ou no apartado dixital,
estas dúa s cabeceir as levan máis de dúas décadas apostando pola
visualización da información como vía pa ra a comunicación da
información. Neste percorrido é posible observar unha certa flutuación
da presenza do xénero, mais sen que deixase de formar parte do seu
relato informativo en ningún momento. No plano dos criterio s que
responden a realidades que é posib le cuantificar, ambos medios seguen
a Marca — diario deportivo de tirada nacional en España — como os
diarios impresos con maior núme r o de lectores. Así o certifican os datos
da “1ª Ola” do Estudio General de Medios
5
do ano 2021, que recollen como
El País conta con 897.000 lectores diar ios, mentres que El Mundo é lido
por 562.000 persoas. Estas cifras fan destas dúas cab eceiras a segunda e
terceira en número de lectores.
No relativo á forza da súa presenza na rede pódese identificar tamén
a importancia destas dúas cabeceiras. Se ollamos, por exemplo, cara os
5
Información actualizada de xeito periódico en: https://reporting.aimc.es
Metodoloxía e deseño da investigación
313
datos de audiencia recollidos por Comscore
6
para o mes de outubro de 2017
—ano no que principia a análise proposta—, é posible observar a presenza
de El País e El Mundo como cabeceiras de información xeral máis visitadas,
superando ambas as dúas os 22 millóns de visitantes mensuais. Outro
marcador poden ser os datos de tráfico web recollidos polo Alexa Rank
7
para España , vemos que en Internet se mantén a mesma clasificación que
recollida polo EGM para a vertente impresa. Este ranking sitúa a marca.com
— que ocupa o no veno posto entre o s esp azos en l iña de maior
repercusión— por diante de elpaís.com —no undécimo posto— e
elmundo.es , situado no décimo sétimo. Estes datos serven para entender que
estas dúas cabeceiras non só son dúas das mais populares en termos de
repercusión entre os medios de comunicación, senón que tamén son
espazos de referencia diaria nos contextos en liña no ámbito xeográfico
que cobren.
A selección de La Voz de Galicia responde novamente a un criterio
de conveniencia, pois é un dos medios de referencia do contexto
xeográfico no q ue é r ealizada esta tese de doutoramento. No caso desta
cabeceira, ademais, dáse tamén a circunstancia da ampla tradición do
xénero da infografía. Aínda que fun damentalmente na súa ver tente
impresa, esta publicación foi quen de obter diferentes mencións
in ternacionais polo seu bo traballo con este xénero como, por exemplo,
varios Pr emios Malofiej. A maiores, facer a La Voz de Galicia parte deste
estudo tamén se sustenta nos seus dato s de audiencia. Segundo os
indicadores comentados anteriormente, esta publicación é tamén a que
conta cun ma ior número d e lectores — 359.000 diarios na súa edición
en pa pel — e cunha maior forza na rede entre os medios galegos con
preto de seis millóns de visitantes en outubro de 2017. Ademais,
6
Datos ob tidos me diante subscri ción, non di spoñibl es en a berto.
7
Alexa Ran k ( https://www.alexa.co m/topsites /countri es/ES ) analiza datos sobre o
comportamento dos usuarios e o tráf ico para páxinas web de todo o mundo , ofrecen do
datos en constante actual ización.
Á NGEL V IZOSO
320
No relativo á información como conxunto, identifícase se a peza
informativa conta con só un exemplo de infografía ou máis dun. De ser o
caso, rexístrase tamén a cantidade de exemplos que son observables na
información, aspecto que tamén axuda a comprender o papel da
vi sualización dentro do relato xornalístico.
O seguinte nivel de análise céntrase xa nas características de cada un
dos traballos de infografía, comezando por determinar se se trata de
traballos estáticos —presentados como imaxes sen movemento e sen
interactividade algunha—, animados —con reprodución de secuencias de
movementos que se activan de xeito automático ou mediante a realización
dalgunha ac ción por parte do usuario— ou interactivos —posibilidade de
modificar a vista ofrecida, introducir datos, realizar buscas e moverse polo
traballo de xeito máis ou menos dirixido dando lugar a unha experiencia
personalizada— . Os datos obtidos neste apartado permiten coñecer cal é
a abordaxe principal da infografía nun medio de comunicación. Así, xa
que a proposta bus ca comprender o traballo con este xénero no marco
dos cibermedios, resulta posible observar se se aproveitan as
características do soporte web ou se se aposta pola reprodución de
materiais xa publicados con anterioridade no soporte físico, por exemplo.
A a utoría deste tipo de traballos tamén é suxeito desta ficha de
análise, materia para a que existen dous espazos específicos. En primeiro
lugar cadro de verificación no que se marca se a infografía en revisión
identifica ou non a súa autoría. Nos casos nos que se marca a opción “Si”
amplíase esta información co nome ou nomes da persoa ou persoas ás que
se lles atribúe o traballo. Neste punto só se contabilizan os casos nos que
a identificación ten lugar a través dos nomes ou iniciais dos xornalistas,
non aque les nos que se empregan denominacións xenéricas como
“Departamento de Infografía” ou o nome do propio medio.
O seguinte apartado busca identificar o tipo de formas gráficas
presentes en cada un dos traballos estudados. Así, acudindo á clasificación
disposta por Marita Otero, Xosé López e Xaquín González (2012) , ten
Metodoloxía e deseño da investigación
321
lugar unha división entre “gráficos ou diagramas” —formas que permiten
comparar datos e/ou representalos visualmente a través de formas
coñecidas como os gráficos de febre, barras, burbullas, etc. ou doutras
máis complexas cuxa finalidade é semellante—, “infográficos explicativos
ou infogramas” —vistas, planos, cortes, explicacións paso a paso ou de
causa e efecto dun elemento ou fenómeno— e “mapas” —empregados
para a localización xe ográfica, o trazado de percorridos ou para amosar a
presenza das variables sobre un territorio concreto— . P ara unha maior
facilidade no rexistro e a súa posterior comunicación estas tres categorías
foron nomeadas neste caso como “diagramas”, “infogramas” e “mapas”.
Para a identificación da presenza deste tipo de elementos nas
infografías revisadas realizouse un libro de códigos que se reproduce na
sección final de “Anexos”. En total, esta listaxe conta con 56 posibilidades
gráficas divididas nas tres categorías xa descritas e que permiten poñerlle
nome ás formas gráficas que toman parte do relato visual dos contidos de
infografía. Na elaboración deste libro de códigos botouse man da
investigación na que se aporta esta división tripla entre diagramas,
infogramas e mapas xunto cos rec ursos en liña The Data Visualisation
Catalogue
10
e Data Viz Project
11
, nos que se ofrece de xeito detallado toda a
gama de opcións dispoñibles no relativo aos tipos de gráficos existentes
xunto coa súa definición e as súas principais características. Unha vez
identificadas todas as formas, estas foron identificadas cun código
numérico individual para cada unha delas, tal e como se amosa no anexo
no que está contida.
A continuación, acódese á clasificación dos diferentes tipos de
visualización ofrecida por José Luis Valero, Jordi Cat alà e B eatriz Elena
Marín (2014) . Esta x a foi descrita no capítulo no que se abordaban as
tipoloxías gráficas e as no cións b ásicas ar redor da per cepción da
10
Dispoñib le en: https://datavizca talogue.com/
11
Dispoñib le en: https://datavizpr oject.com/
Á NGEL V IZOSO
322
visualización da informació n. Estes autores, tras revisa r máis de 500
exemplos de información con infografía tanto en formato im preso com o
dixital describen oito tipos de abordaxes diferentes. No marco da aplicación
desta ficha de análise óptase por contar tamén con esta división para
aplicarlla a cada un dos exemplo s de infografía e coñecer así se se está ante:
• Visualización espacial. Formas gráficas máis simples e
comúns, instaladas no imaxinario colectivo e case sempre
cunha alta eficiencia polo coñecemento que a audiencia ten
delas. Dentro desta categoría podemos falar de exemplos como
os gráficos de barras, circulares, de liñas ou de burbullas,
amplamente instalados no día a día da audiencia, mais tamén
de formas máis complexas que se empregan tamén para
representar datos numéricos a partires da forma e a cor.
• Visualización tabular . Comparación e relación de variables e
elementos que son presentados de fo rma ordenada dentro
dunha ficha ou un conxunto de fichas. En ocasións, esta
presentación tabular resulta da presentación conxunta d e formas
simples de visualización, como unh a táboa na que se comparen
varios gráficos que identifican unha mesma realidade.
• Visualización posicional. Nesta categoría estarían incluídas
formas como as arbores xenealóxicas, os esquemas, as liña s
do tempo ou os diagramas de fluxo. Todas elas son formas
que trasladan relacións entre elementos ou posicións nunha
escala ou un rango.
• Visualización topográfica. Representación dos datos sobre
os territorios ou elementos nos que están integrados. Este tipo
de presentacións poden ter como obxectivo a localización das
variables —en mapas, por exemplo—, pero tamén a
explicación das propiedades e as características dun obxecto a
través da imaxe e a ilustración —a explicación do paso a paso
da formación dunha célula, por exemplo— .
Metodoloxía e deseño da investigación
323
• Visualización tel edinámica. Traballos automatiz ados e
vinculados a datos en tempo real que poden ter unha natureza
diferente segundo os datos que as orixinan: coordenadas
espaciais, datos numéricos, etc. En ocasións, este tipo de
elementos só act úan como tal durante o tempo que dura o
evento ao que fan referencia. Por exemplo, un traballo con
estatísticas en tempo real sobre o desenvolvemento dunha
competición depor tiva só presentar á esta actualiza ción durante
o tempo que dure dita competición . Un ha vez rema tada o
traballo pode permanecer, m ais como unha sorte de fo to fixa do
acontecemento no seu punto final, sen que sexa posible na maior
parte dos casos ir observando a evolución dos datos en directo .
• Visualización de arrastre interactivo ( Drag and drop ).
Neste tipo de traballos o usuario pode elixir os elementos que
desexa coñecer e mesmo arrastralos dentro da visualización,
obtendo unha experiencia totalmente personalizada.
• Visualización de identificación aumentada. Proxectos
realizados a partires de imaxes. Sobre elas engádese unha certa
interactividade a través de, por exemplo, burbullas de
información.
• Miscelánea de varias visualizacións. Nesta derradeira
categoría estarían todos aqueles traballos nos que se combi na
máis dunha das nocións anteriores. Así, por exemplo, unha
mesma peza pode conter un gráfico de carácter espacial cos
datos sobre unha realidade ao tempo que se presenta unha
disección dun obxecto —visualización topográfica— e mesmo
a posibilidade de elixir determinados criterios dunha base de
datos para coñecer as cifras sobre suxeitos con determinadas
variables —arrastre interactivo—. Neste caso estariamos ante
un traballo de tipo miscelánea, xa que non é posible adscribilo
só a unha das sete categorías anteriores.
Á NGEL V IZOSO
324
No seguinte proceso da revisión búscase determinar a función dos
traballos de infografía no conxunto informativo no que están incluídas.
Para iso ofrécense dúas posibilidades identificadas como “independente”
e “acompañamento”. As infografías para as cales se selecciona a
característica “independente” son aquelas sobre as cales recae o peso da
narración da peza xornalística na que son presentadas. Isto determínase
comparando a súa presenza en termos de espazo sobre o total presentado,
mais tamén a través da comparación da contribución da infografía á
narración informativa con respecto a elementos como o texto, a imaxe ou
o vídeo, entre outros. No extremo oposto atopariamos aqueles traballos
identificados como “acompañamento”, nos que a súa forza en termos de
espazo e de contribución ao desenvolvemento da narración é menor que
a dos demais elementos propostos.
A continuación búscase identificar cales son os compoñentes de cada
un dos exemplos de infografía analizados. A este respecto, recóllese a
posibilidade que estes estean construídos a partires do uso de texto — só
se contabilizan textos nos que é posible apreciar cando menos unha
oración, deixando á marxe os introducidos como etiquetas para os datos
e que só recollen a cifra correspondente a cada punto—, pistas de audio,
vídeos, imaxe real —fotografías—, ilustrac ión, ligazóns a outros materiais
na web —hiper texto — . A maiores, inclúese un apartado no que é posible
engadir outros posibles elementos que entren a formar parte do relato
visual e que non fosen recollidos entre as opcións anteriores.
Posteriormente cóntase cun espazo no que se busca identificar o
posible uso de ferramentas en liña para a realización destes traballos de
infografía. Polo xeral —e especialmente no caso da infografía para o
contexto web —, este tipo de proxectos poden ser o resultado da
elaboración con ferramentas de uso xeral creadas no seo das redaccións
dos propios medios ou de uso comercial, xa sexa para a parte de deseño
gráfico ou para as posibles necesidades de programación. Porén, nos
Metodoloxía e deseño da investigación
325
últimos anos popularizáronse ferramentas como Flourish
12
, Tableau
13
,
D3.js
14
ou Datawrapper
15
, entre outras moitas. Nelas calquera usuario pode
introducir os seus datos, obtendo como resultado gráficos e visualizacións
que poden ser posteriormente introducidas como parte do código de
calquera páxina web. Estas plataformas serven para simplificar o traballo
de produción de determinadas formas gráficas, dende as máis simples ata
outras cun maior nivel de complexidade. Grazas á facilidade d o seu uso e
ao feito de que a súa utilización elimina os procesos de programación —
imprescindibles cando se elabora un proxecto deste tipo dende cero— ,
este tipo de ferramentas foron aumentando a súa popularidade e a súa
presenza nos últimos tempos, circunstancia á que a produción xornalística
non permaneceu allea.
Por último, no marco do intento de coñecer o enfoque e a estrutura
dos traballos de visualización analizados, buscouse observar tamén se os
medios estudados comparten coa súa audiencia a fonte da que proceden
os datos que dan lugar ás súas infografías. Nese intento foron creadas dúas
novas pestanas dentro da ficha de análise. A primeira delas a través dun
cadro de verificación que era marcado ou non segundo se a peza en
revisión facía pública a fonte que a orixinara. Para os casos nos que si que
tiña lugar esta identificación procedíase á súa almacenaxe nun novo cadro,
anotando cada unha delas mediante texto. Grazas a este rexistro será
posible coñecer, por exemplo, se a produción de infografía é consecuencia
de contar con datos procedentes de determinados tipos de fontes e tamén
a natureza destas —individuos, organizacións privadas, organismos
públicos, etc.—.
Toda a información obtida no transcurso da aplicación da ficha de
análise de contido explicada ao longo deste epígrafe foi almacenada nunha
12
Dispoñib le en: https://flouri sh.studio/
13
Dispoñib le en: https://public.t ableau.com/en - us/s/
14
Dispoñib le en: https://d3js.or g/
15
Dispoñ i ble en : htt ps://www.datawrapper.de/
Á NGEL V IZOSO
326
folla de cálculo — Google Spreadsheets , segundo a súa denominación
comercial— do provedor de servizos Google . Sobre ela, ademais,
realizáronse os cálculos necesarios para obter a frecuencia de aparición e
a relación entre as variables que serán expostas posteriormente ao abordar
os resultados da investigación.
3.4. Límites da mostra empregada
Dedicamos este espazo a comentar algúns dos límit es que é preciso
ter en conta á hora de traballar coa mostra result ante da aplicación das
decisións e protocolos comentados nos epígrafes anteriores. En
primeiro lugar, o obtido neste estudo responde só a unha perspectiva
xeográfica e a un contexto med iático determinado como é o de España,
circunstancia que d eriva da selección de catro marcas xornalísticas
afincadas neste país. Deste xeito, as conclusións que se poidan tomar
logo da realización deste estudo non se poderán extrapolar direct amente
a outros contextos de forma directa. Se ben se poderán identificar
algunhas tendencias xerais da produción de infografía na súa condición
de xénero empregado por cabeceiras de todo o mundo, os resultados
concretos só servirán para coñecer a aplicac ión deste nalgunhas das
principais marcas xornalísticas en España.
O segundo dos límites identificados é de carácter temporal. Os
contidos revisados atópanse entre os anos 2017 e 2020, o que supón un
tramo de catro anos. Este período podería considerarse curto en caso de
querer documentar a evolución do xénero da infografía nos cibermedios.
Porén, este repaso temporal non se atopa entre os obxectivos do traballo,
xa que se busca fundamentalmente coñecer e document ar os procesos de
produción, as características desta e a configuración dos equipos de
profesionais que fan posible a súa publicación cunha óptica máis próxima
á actualidade. Ademais, a selección deste rango de tempo responde á
dificultade de acceder aos materiais de infografía publicados polos medios
no pasado. Aínda que existen ferramentas que posibilitan o acceso a estes,
Metodoloxía e deseño da investigación
327
isto é posible para só unha mostra que é menor canto máis cara atrás se
viaxa no tempo. Vistos estes condicionantes, fíxose coincidir o período de
análise co do propio desenvolvemento da investigación, tentando
conseguir así un mellor acceso aos datos.
En terceiro e último lugar, existe tamén unha limitación no tamaño
da mostra. Este condicionante deriva das dificultades para o acceso aos
contidos de infografía xa narradas en epígrafes anteriores. A progresiva
desaparición das seccións de infografía nos medios de comunicación en
liña fai complexa a consulta deste tipo de produtos informativos. Como
resposta a esta ci rcunstancia foron deseñados unha serie de protocolos de
análise cos que se buscou paliar do mellor xeito posible as carencias
derivadas da non existencia destes espazos. Porén, á hora de establecer
conclusións sobre a natureza dos contidos de visualización publicados
polos catro cibermedios revisados será preciso tamén vincular estas á
cantidade de traballos que foi posible estudar para cada un deles.
4. E studo s de caso
A abordaxe do estudo de caso dende unha pe rspectiva teórica ofrece
dende o comezo unha problemática que non resulta menor a ollos das
persoas que emprenden un traballo de investigación baseado neste xeito
de proceder. E é que non existe pleno acordo no seo da academia á hora
de acertar coa súa definición. Deste xeito, existen correntes que falan dos
estudos de caso como unha metodoloxía equiparable ás outras que poden
ser descritas neste capítulo, ao tempo que outros entenden que o seu grao
de profundidade é menor, quedando só como un xeito de deseñar unha
investigación aplicando outras técnicas a unha serie de casos seleccionados
(VanWynsberghe e Khan, 2007).
Á hora de poñerlle couto ao que se pode considerar un “caso”, Bill
Gillham (2000, p. 1) explica como este pode ser unha entidade individual
ou un individuo, mais tamén un grupo ou mesmo unha comunidade
Á NGEL V IZOSO
328
enteira. Ademais, a complexidade dos casos pode varia r en función
dunhas experiencias e doutras (Stake, 1994, p. 235) . Porén,
independentemente do tamaño do caso ou casos a analizar e da súa
complexidade , o que non muda é o obxectivo da aplicación deste
enfoque m etodolóxico, que é en todo caso — e segundo este mesmo
autor — a procura da resposta a unha serie de preguntas de investigación
propostas na fase de deseño do proxecto. Para iso é preciso botar man
de diferentes fontes de información que actúan como contrapeso unhas
das outras, buscando limitar a influencia das posibles debilidades que
puideran existir (Gillham, 2000, pp. 1 - 2) .
A perspectiva que se desexa incorporar neste proxecto de
investigación é a de sinalar os estudos de caso como unha técnica
metodolóxica cuxo obxectivo é o de coñecer as tendencias de produción
e os procesos de toma de decisións nos medios de comunicación en
estudo. Con este e nfoque búscase revisar neles unha serie de aspectos
concretos que farán posible unha descrición do seu xeito de proceder en
varios aspectos relacionados co xénero da infografía xornalística e a súa
produción nas súas edicións en liña.
Con todo, é preciso anotar a existencia dun c erto debate sobre a
capac idade dos estudos de caso para establecer ideas que poidan tomarse
como xerais e sexan aplicables aos conxuntos ou contextos nos que poden
inscribirse os casos concretos estudados (Hammersley, Gomm e Foster,
2000, p. 234) . Robert K. Yin (1994, p. 38) aporta unha vía interme dia ante
esta disquisición ao falar dos estudos de caso como ferramenta para unha
xeneralización analítica, máis que empírica.
Tendo en conta estas particularidades, procedeuse ao estudo en
maior profundidade da produción da infografía e os perfís dos
profesionais que fan posible este traballo. Tal e como se adiantaba
anteriormente, a mostra está composta polas edicións dixitais d e El País,
El Mundo e La Voz de Galicia, cabeceiras todas elas xurdidas en soporte
impreso e cunha posterior incorporación ao soporte en liña. En cuarto
Metodoloxía e deseño da investigación
329
lugar, estúdase tamén o caso de elDiario.es , medio nacido xa en Internet. A
partires das hipóteses e preguntas de investigación propostas neste estudo
—e que serán descritas máis adiante—, quérese expor como é o proceso
de traballo con este xénero xornalístico no marco dos casos propostos.
Para o deseño dos estudos de caso acudiuse á clasificación
elaborada por Timothy C. Guettermnan e Michael Fetters (Guetterman
e Fetters, 2018) , que distinguen entre os Case Study - Mixed Methods Design
(CS - MM) e os Mixed Methods - Case Study Design (MM - CS). De acordo co
d escrito por estes investigadores , na primeira das opcións pártese dun
estudo de caso — que actúa como matriz da investigación — e que
alberga un deseño de métodos mixtos — cualitativos e cuantitativo s —
no seu interior. Os traballos cunha perspectiva Mixed Met hods - Case Study
Design (MM - CS) ofrecen a ollada contraria, xa que se parte dunha
proposta baseada no emprego de métodos mixto. Esta presenta no seu
interior técnicas cuantitativas e tamén cualit ativas, podendo ser o estudo
de caso unha delas.
No marco da a bordaxe metodolóxica necesaria para levar a cabo
esta proposta, a opción empregada é a dos Mixed Metods - Case Study Design
(MM - CS). Na investigación proposta o estudo de caso non constitúe o
elemento fundamental dentro do cal se empregan o resto de técnicas . É
presentado como unha técnica máis que comparte espazo coa análise de
contido e a entrevista buscando dar resposta aos obxectivos, pregunta s
e hipóteses que lle dan forma. No caso que nos ocupa a análise de
contido bebe d as outras dúas técnicas descrita s neste capítulo. Así, para
revisar o traballo coa infografía nos catro medios propostos acódese á
análise de contido — xa descrita anteriormente — e ás entrevistas con
algúns dos profesionais encargados da produción deste xénero — que
serán ex plicadas en det alle a continuación— . Mediante o emprego destas
dúas técnicas e procedendo á súa aplicación para cada unha das
cabeceiras será posible comprender en maior medida como é a abordaxe
destas en todo o relativo ao xénero da infografía e, de xeito máis
particula r, no plano da súa vertente multimedia.
Á NGEL V IZOSO
336
5.2.1. Deseño do cuestio nario e estruturación das en trevistas
O enfoque elixido para a realización das entrevistas foi o de
entrevistas semiestruturadas. Porén, nestes casos o foco principal dos
cuestionarios non apuntaba só ao tema de análise —a produción da
infografía nos cibermedios e os perfís dos profesionais que lle dan
forma—, senón que tamén contiña pasaxes nas que se indagaba sobre a
experiencia individual e a opinión das persoas entrevistadas con respecto
a diversas temáticas.
O cuestionario marco empregado para a realización destas entrevistas
reprodúcese como anexo ao final deste documento. Nese apéndice figura
unha grande parte das preguntas das que se partía para a realización destas
conversas. Con todo, a súa identificación como semiestruturadas levou a
que existisen cue stións que se visen alteradas, eliminadas ou mesmo
substituídas segundo os camiños polos que foi discorrendo a conversa.
De xeito xeral, as preguntas destas entrevistas encadráronse en cinco
bloques de preguntas denominados do seguinte xeito:
• Sobre o profesional. Cuestións relativas ao cargo ou función
da persoa entrevistada no medio de comunicación no que
traballa mais tamén sobre a súa formación académica e a súa
traxectoria profesional anterior.
• Sobre o departamento de infografía. Preguntas relativas á
composición do departamento de infografía no que traballa o
profesional entrevistado. Neste bloque é tratada a función de
cada persoa dentro destes equipos, a súa formación, o tipo de
traballos que son realizados dentro desta sección, etc.
• Sobre o proceso de toma de decisións. Descrición do
percorrido das informacións dende que son advertidas polos
xornalistas do medio ata que son tratadas mediante este x énero
visual. Tamén se pregunta sobre as principais temáticas dos
Metodoloxía e deseño da investigación
337
traballos producidos e sobre os aspectos a mellorar dentro do
fluxo de toma de decisións de produción sobre a infografía.
• Sobre as rutinas de produción. Neste punto foron abordadas
cuest ións relativas ao estilo das pezas producidas, á capacidade
de resposta da sección ante as noticias de última hora, o
seguimento do percorrido posterior dos traballos a través de
ferramentas como as redes sociais ou as analíticas web e o
conxunto de ferramentas empregadas para a produción deste
tipo de proxectos.
• Sobre a empresa. No último bloque os xornalistas foron
preguntados sobre a súa relación coa empresa en te rmos de
posibilidades de formación e reciclaxe de coñecementos. Outro
dos aspect os tratados nesta derradeira sección foi a percepción
dos entrevistados sobre a evolución da valoración que se fai
deste xénero visual por parte do resto da empresa.
Se ben estes foron os bloques marco nos cales se asentou o groso das
entrevistas, o perfil dalgúns dos entrevistados fixo necesaria unha certa
adaptación das preguntas para que fosen asimilables ao cont exto —
mediático ou xeográfico— no que levan a cabo a súa actividade. Aínda
así, a tónica xeral xirou arredor destes cinco bloques temáticos,
estreitamente vencellados aos obxectivos desta investigación. Ademais,
considérase que as preguntas realizadas dentro de cada un destes cinco
grupos temáticos serve para facer dele s un complemento do que se puido
observar a través da análise de contido. Grazas á combinac ión de ambas
técnicas será posible comprender o uso da infografía nas catro cabeceiras
estudadas en maior profundidade, podendo tamén aportar unha
perspectiva un chisco máis ampla que deriva do carácter internacional do
panel de entrevistados co que foi posible contar e que será descrita no
vindeiro epígrafe.
Á NGEL V IZOSO
338
5.2.2. Panel de entrevistad os
As selección dos profesionais que entran a formar parte desta tese
responde a un obxectivo dobre. En primeiro lugar buscouse darlle
cobertura ás catro cabeceiras para as cales se aplicou a análise de contido
dos traballos de infografía publicados nos últim os anos: El País, El Mundo,
La Voz de Galicia e elDiario.es. No relativo a estas, as entrevistas serven
como fonte de información que axudará a entender todo aquilo que rodea
a produción dos materiais que son revisados facendo uso da ficha de
análise. Coa combinación dos datos de carácter cuantitativo obtidos
inicialmente e as aportacións dos profesionais que traballan nestas
cabeceiras resulta posible emitir un relato máis fundado sobre a produción
deste xénero nos seus espazos en liña.
Seguidamente, quíxose tamén poder aportar a visión de profesionais
con experiencia en medios de comunicación de fóra de España que actúan
como referentes da aposta por este tipo de comunicación tanto nos seus
contextos como a nivel internacional. Algúns destes xornalistas so n,
ademais, de orixe española, polo que a súa contribución no só resulta de
utilidade para comprender cal é a aposta dos medios internacionais pola
infografía e como é o traballo con este xeito de facer xornalismo, senón
que fai posible obter a visión de profesionais que comezaron a súa carreira
no contexto sobre o cal recae a maior parte da análise.
No relativo ás cifras desta fase da investigación, foron entrevistados
e entrevistadas un total de 15 xornalistas que no momento do encontro
estaban en activo en oito medios de comunicación e dúas axencias de catro
países diferentes: España, Portugal, Estados Unidos e China —máis
concretamente da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong—. A
táboa 3 dá conta dos nomes das persoas que participaron no estudo, xu nto
co medio no que levaban a cabo a súa actividade no momento no que foi
realizada a entrevista.
Metodoloxía e deseño da investigación
339
Táboa 3. Xorn alistas entr evistados .
Nome
Medio
País
Data da
entrevista
Jaime Figueredo
Expresso
Portugal
Maio de
2019
Sofía Miguel
Rosa
Expresso
Portugal
Maio de
2019
Celia Rodrigues
Público
Portugal
Maio de
2019
Milton
Cappelletti
Axencia Frames
Portugal
Maio de
2019
Laura Placer
La Voz de Galicia
España
Febreiro e
m arzo de
2021
Belén Araújo
Óscar Ayerra
Elsa Martín
El Mundo
España
Marzo de
2021
Raúl Sánchez
elDiario.es
España
Marzo de
2021
Victòria Oliv eres
Mariano Zafra
El País
España
Marzo de
2021
Artur Galocha
The Washington Post
(anteriormente El País)
Estados
Unidos
Marzo de
2021
Chiqui Esteban
The Washington Post
Estados
Unidos
Marzo de
2021
Adolfo Arranz
South China Morning Post
China
Marzo de
2021
Mario Tascón
Prodigioso Volcán
España
Marzo de
2021
Fonte: elabor ación propia .
O panel de entrevistados co que foi posible contar para a realización
desta investigación é variado, pois combina a presenza de profesionais con
traxectorias e funcións dife rentes. Así, a experie ncia no desenvolvemento
da profesión de xornalista entre os entrevistados vai dende os dous anos
ata os máis de trinta. No relativo ás funcións, entrevistouse a persoas a
Á NGEL V IZOSO
340
cargo das seccións de infografía dos seus respectivos medios como Celia
Rodrigues en Público , Chiqui Esteban en The Washington Post , Óscar A yerra
en La Voz de Galicia ou Mariano Zafra en El País . Porén, tamén se integrou
na mostra a visión de xornalistas integrados no equipo e non presentes en
procesos como, por exemplo, as xuntanzas nas que se deciden os
principais temas a abordar no día.
No relativo ao desenvolvemento das entrevistas, estas tiveron lugar
tanto de xeito presencial como por medios telemáticos e contaron cunha
duración que variou entre os 30 e os 80 minutos. As conversas foron
gravadas en audio sendo transcritas con posterioridade. Grazas ás
aportacións do traballo diario destes profesionais obtidas mediante a
realización destas entrevistas resultará posible incorporar a esta
investigación a perspectiva de quen traballa no día a día na produción do
xénero da infografía nos cibermedios. Deste xeito, será posible completar
o obtido da análise de contido coas particularidades dos procesos de
produción descritas polos profesionais a cargo de facelos posibles.
Resultados
343
Presenza da infografía como
elemento infor mativo
Este capítulo achega os resultados da revisión das principais
noticias de portada nas edicións en liña de El País, El Mundo, La Voz
de Ga licia e elD iario.es ao longo de oito semanas compostas para os anos
2017, 2018, 2019 e 2020. Logo da ap licación desta técnica a un total de
560 pezas para cada medio de comunicación foi po sible advertir a
presenza e a función que estes lle outorgan ao xéne ro xornalístico da
infografía á hora de elaborar o discurso informativo nestes espazos.
Así, os datos obtidos amosan un certo crecemento da presenza da
infografía entre as informacións que ocupan un lugar preferente nas
páxinas principais dos cibermedios r evisados. Ademais, foi posible
identificar o emprego da visualización da información como elemento
principal do discurso destes espazos nun momento de especial
relevancia informativa como o dos primeiros compases da pandemia
da COVID -19. Tal e como se docu menta nas páxinas vindeiras, algúns
dos medios revisados apostaron por levar a un lugar preferente este
xénero xornalístico visual para comunicarlle ás súas audiencias os datos
e novidades relativos a esta enfermidade, cambio significativo con
respecto á t endencia que se viña observand o .
Á NGEL V IZOSO
344
1. Ideas xerais sobre o estudo
Se ben a revisión presentada non é exhaustiva, segue o principio
descrito por Joe Bob Herster e Elizabeth Dougall (2007) e xa abordado
na sección de metodoloxía. Estes autores, e outros como Stephen Lacy,
Daniel Riffe, Staci Stoddard, H ugh Martin e Kuang- Kuo Chang (2001)
falan da posibilidade de analizar os contidos publicados polos medios de
comunicación a través da revisión dunha selección dos seus contidos,
circunstancia que corresponde á posibilidade de coñecer ou percibir unha
tendencia xeral a través do estudo dunha porción desa realidade.
Así, no caso que nos ocupa, foron revisadas un total de 560 pezas de
carácter informativo susceptibles de conter elementos infográficos. Tal e
como se facía referencia con anterioridade, desbotáronse tipoloxías como
os artigos de opinión ou os editoriais, mais tamén outros como as
entrevistas en profundidade nas que non é habitual atopar contidos visuais
máis alá de fotografías ou vídeos que serven de contexto para as persoas
entrevistadas. A través da aplicación destes criterios chegouse á selección
das dez primeiras pezas para cada un dos sete días da semana composta.
Aínda que existen investigacións que exclúen a fin de semana deste tipo
de análises, no caso que nos ocupa optouse pola súa inclusión, pois
sábados e, especialmente, domingos son días propicios para a publicación
de contidos de visualización da información nos medios de comunicación.
Como xa se describía con anterioridade, o marco temporal elixido
deriva da realización dun sorteo cos primeiros seis meses do ano . Unha
vez obtido o mes de inicio da primeira semana composta —marzo—
estableceuse o comezo da segunda para setembro, xusto seis meses
despois. Esta dobre análise foi repetida para cada un dos catro anos
elixidos —de 2017 a 2020— e con ela foi posible advertir as principais
características do uso e a fortaleza da infografía nas versións en liña dos
catro medios de comunicación estudados.
Presenza da infografía como
elemento informativo
345
2. Análise da presenza da inf ografía n as
informacións de portada d e elpaís. com
2.1. Prese nza, pes o e fun ción da infogra fía
Logo da revisión das 560 pezas que compoñen o corpus seleccionado
para a versión en liña de El País , foi posible atopar 64 contidos
informativos que albergaban, cando menos, unha peza de infografía ou
visualización da información no seu interior. Ist o supón un 11,43% sobre
o conxunto de informacións revisadas que, aínda que non é exhaustivo, si
que fai posible comprender a tendencia que presenta esta cabeceira no
relativo á presenza deste tipo de elementos na súa narrativa xornalística.
Así, a infografía estaría presente en arredor de unha de cada dez
daquelas pezas ás que a publicación lle outorga máis relevancia mediante
a súa presentación nos lugares preferentes da súa edición en liña. No que
respecta a distribución das pezas obtidas dent ro dos catro anos revisados,
atópase unha certa diferenza entre os dous primeiros — 2017 e 2018 — e
os dous últimos — 2019 e 2020 — , xa que neste segundo período ten lugar
un incremento das informacións que botan man deste xénero xornalístico .
Isto é o que amosa a t áboa 4, que dá boa conta deste notable crecemento
na segunda metade da análise.
Táboa 4 . Exemplos de infogr afía atopados en elpaís.com para cada
un dos anos rev isados .
2017
2018
2019
2020
13
7
22
22
Fonte: elabor ación propia .
A estrutura de análise proposta para a revisión da presenza da
infografía nas principais noticias de cada medio inclúe tamén un apartado
para identificar aqueles casos nos que a infografía, ademais de estar
Á NGEL V IZOSO
352
en importancia con oito exemplos. Nun terceiro chanzo, aínda que moi
preto das anteriores grazas aos sete casos vistos, atopariamos unha sección
inaugurada no ano 2020 como é “La crisis del coronavirus” e tamén a de
“Economía. “España” —con seis casos— e “Madrid” — con catro — son
divisións que é posible achar se continuamos baixando na lista.
Gráfi co 1 . Distri bución por sec cións das pez as revisada s en elpaís.com .
Elaboración propia .
Versión interactiva : https: //cutt.ly/wnGTthv
Como se pode advertir desta clasificación, a información derivada da
pandemia da COVID-19, cuxa expansión en España se acelerou dende o
Presenza da infografía como
elemento informativo
353
primeiro trimestre de 2020, fixo medrar a relevancia xeral de seccións
como a de “Sociedade”. En El País esta foi unha das áreas encargadas de
canalizar os contidos relacionados con esta realidade. Ademais, a propia
natureza da información —moi vinculada ás cifras e aos datos de
evolución—, unida á complexidade propia da explicar fenómenos como
os contaxios ou os posibles remedios, fixo que gráficos e infografías
gañasen peso en noticias que, dada a súa actualidade, ocuparon de xeito
sistemático os primeiros espazos da edición dixital deste medio de
comunicación. Con todo, é preciso anticipar tamén a idea da importancia
da emerxencia do novo coronavirus e de todos os datos que o rodean no
campo da infografía nos medios de comunicación, pois foi quen de
introducir determinadas mudanzas que se irán desentrañando ao longo
das vindeiras seccións.
Aínda así, se quixeramos eliminar o impacto da COVID- 19 na
publicación de contidos de infografía nas seccións descritas no gráfico 1,
asistiriamos á desaparición da burbulla da área temática “La crisis del
coronavirus”, iniciada para darlle cobertura a este evento. Ao mesmo
tempo, outras seccións como “Sociedade” ou “Madrid” perderían seis e
dúas pezas respectivamente. No entanto, ao tratarse de seccións habituais
nesta cabeceira, poderían tamén nutrirse de traballos de infografía para
darlle cobertura a temáticas diferentes.
Unha boa parte dos traballos de infografía publicados nos lugares
preferentes de elpaís.com están moi vencellados a acontecementos de
alcance internacional cun alto grao de impacto a nivel global. Así, son
varios os exemplos gráficos elaborados para trasladarlle á audiencia a
Guerra en Siria, especialmente nos anos 2017 e 2018. Nestas pezas tenta
explicarse a realidade complexa das manobras militares sobre localizacións
—representadas a través de mapas— que para o lector de El País poden
ser descoñecidas, ao tratarse de acontecementos que teñen lugar a
milleiros de quilómetros de distancia.
Á NGEL V IZOSO
354
No caso doutro dos grupos maioritarios e non estreitamente
dependente dos traballos chegados a raíz da COVID- 19 como é a sección
de “Economía”, as propostas visuais difiren en grande medida dos mapas
de contexto ou as infografías explicat ivas doutras seccións. Neste caso
búscase achegarlle á audienc ia datos relat ivos á evoluc ión en te rmos
económicos de empresas, países ou sectores. No marco desta tarefa
empréganse formas gráficas altamente coñecidas para os usuarios —
gráficos de barras e de liñas, esencialmente—. Estes son, polo xeral,
simples e non mesturan un alto número de variables, pois actúan como
complemento do xa narrado a través do texto e non son os protagonistas
do relato noticioso.
2.3. Ámbito xeográfico
Tal e como se amosa na táboa 5, os contidos cunha perspectiva
internacional son os máis frecuentes á hora de identificar xeograficamente
as pezas que conteñen mostras de infografía logo da análise realizada. Os
28 exemplos desta tipoloxía son seguidos moi de preto polas de ámbito
nacional, que abranguen 27 pezas. O número de noticias cunha
perspectiva rexional redúcese ata os oito casos, mentres que tan só foi
posible identificar un traballo que contivera infografía e que fose aplicable
a unha perspectiva local.
Táboa 5 . Ámbito xeográfi co no que se encadr an as noticias con
infografía en elpaís.com .
Internacional
Nacional
Rexional
Local
28
27
8
1
Fonte: elabor ación propia .
Unha vez máis, realidades como a irrupción da COVID - 19 fai que
gañe certo peso a presenza de contidos cunha óptica máis alá do
territorio no que é máis doado situar a audiencia de El País . Se ben non
Presenza da infografía como
elemento informativo
355
resulta un factor decisivo, é certo que o carácter global desta pandemia
e a súa importancia e atractivo como tema informativo fixo que a
cobertura de temas internacionais — e, nomeada mente, dun tema
internacional como é o da propia pandemia — fortalecese a súa pr esenza.
Porén, os contidos informativos acompañados ou protagonizados por
infografía e cunha pe rspectiva máis alá das nosas fronteiras xa contaban
cunha presenza de relevancia na edición dixital de El País. Se ben a
abordaxe de contidos de ámbito nac ional era a máis frecuente, a
redacción deste medio botaba man da comunicación visual a través da
infografía para dar conta de avances científicos, conflit os noutros países
ou eventos deportivos de alcance internacional.
No apartado rexional, o emprego da infografía está
fundamentalmente destinado ao tratamento de temas relacionados coas
comunidades autónomas de Madrid e Cataluña. Cando menos no que
respecta ás noticias presentadas nos lugares preferentes de elpaís.com , estes
dous territorios son os que pro tagonizan as informacións que se poden
adscribir a un entorno xeográfico rexional. Con todo, esta circunstancia
resulta comprensible por varios motivos como pode ser a propia
proximidade á audiencia. Estas dúas comunidades ocupan o segundo e o
terceiro posto entre as máis poboadas de España e nunha delas — na
Comunidade de Madrid— é na cal a cabeceira ten situada a súa sé.
Ademais diso —e dende un punto de vista plenamente
informativo—, nos catro anos revisados estes dous territorios
mantivéronse no foco do interese informativo da man de difere ntes
acontecementos que deron lugar a amplas coberturas nos medios de
comunicación. Dadas estas circunstancias semella xustificada esta alta
presenza de noticias protagonizadas por acontecementos xerados nestes
territorios que, por cuestión de volume ou da propia natureza das
historias, poden rematar sendo abordados mediante infografía.
Á NGEL V IZOSO
356
3 . Análise da pr esenza da info grafía nas
informacións de portada d e elmundo.es
3.1. Presenza, peso e función da i nfografía
Logo da aplicación do conxunto de semanas compostas para os catro
anos que protagonizan o estudo da presenza de contidos de infografía nas
noticias situadas nun espazo preferente na edición dixital de El Mun do , foi
posible atopar 56 informacións nas que o equipo desta publicación
apostou por este xénero como vía para a comunicación das historias
noticiosas, ben en exclusiva ou acompañado doutros elementos. Este dato
constitúe o 10% do total de pezas revisadas, polo que non se sitúa moi
lonxe do 11,43% exposto anteriormente para El País.
Deste xeito, e igual que acontecía no medio anterior, a infografía
estaría presente na décima parte dos contidos informativos cun lugar de
presentación preferente de elmundo.es. Porén, se atendemos á distribución
dos materiais que foi posible atopar entre os catro anos que foron
revisados é posible apreciar un reparto desigual.
Táboa 6 . Exemplos de infogr afía atopados en elmundo.es para cada
un dos anos revisados .
2017
2018
2019
2020
20
3
18
15
Fonte: elabor ación propia .
A táboa 6 amosa como entre os catro períodos revisados é o primeiro
— 2017 , con 20 exemplos— o que achega unhas maiores cifras no relativo
á presenza da infografía nas noticias identificadas como máis relevantes
por parte desta cabeceira. Sorprende a case t otal desaparición que ten lugar
no ano 2018, onde só foi posible advertir tres exemplos do uso de
infografía entre as 140 pezas revisadas para ese ano. O volume de traballos
Presenza da infografía como
elemento informativo
357
que conteñen este xeito de facer xornalismo volve a medrar en 2019,
situándose nos 18, mais volve a producirse un lixeiro descenso en 2020.
No relativo ao uso da infografía como elemento de reclamo ou
ilustración a través da súa utilización como imaxe da noticia foron cinco
as ocasións nas que El Mundo empregou esta estratexia ao longo das oito
semanas compostas elaboradas. Estas cinco ocasións supoñen o 8,93%
das veces nas que este xornal aposta pola infografía como parte do seu
relato informativo nas primeiras noticias de portada. Se comparamos este
dato co obtido anteriormente para El País, apréciase unha tendencia
diferenciada. Mentres que en elpaís.com o uso da infografía como parte da
estratexia de ilustración dos contidos tiña lugar no 20% dos casos, nesta
ocasión redúcese ata o 8,93%.
Imaxe 30 . Uso da visualización como elemento ilustrativo das
noticias na portada de elmundo.es .
Fonte: https://cutt.ly/ynJwwxc
el mundo.es (1 9 de abril de 2020)
A estratexia empregada nos casos nos que se bota man da infografía
para facer dela a propia imaxe das informacións non difire moito da
descrita anteriormente para o caso de El País. Tal e como se aprecia na
imaxe 30 , o tamaño do gráfico que ilustra a peza “Encuesta. La crisis del
coronavirus refuerza el bipartidismo y castiga a Podemos y a Vox” conta
Á NGEL V IZOSO
358
cun tamaño similar ao da imaxe que contextualiza o contido que se pode
ver á súa dereita. Así, nestes casos os gráficos e mapas propostos serven
dentro da estratexia que o medio aplica a outras formas visuais como as
fotografías ou as previsualizacións de vídeos.
Porén, hai dentro desta estratexia un aspecto que fai particular este
uso da infografía a modo de ilustración ou elemento para a atracción da
atención da audiencia . No deseño actual, sobre cada un destes gráficos
sitúase unha icona que semella un gráfico de barras que dá a entender que
as pezas identificadas con ela contan con gráficos no seu interior. No
deseño web e a disposición dos elementos coa que contaba a versión
dixital desta cabeceira no ano 2017, esta identificación tiña lugar a través
doutra icona. Neste caso tratábase dun gráfico que combinaba as barras
cunha liña de tendencia e que, ao pasar o rato sobre el — mouse over— se
estendía, aparecendo sobre este cadro a palabra “Gráfico”.
Est a marca non está sempre presente do mesmo xeito en todas as
informacións nas que se pode identificar este uso da infografía como
imaxe protagonista da información. Hai casos nos que simplemente se
inclúe ao xeito do que se faría cunha fotografía de imaxe real ou unha
ilustración, sen maior identificación. Así, aínda que a aposta por este tipo
de marcas denota unha ce rta preocupación polo deseño e a identificación
dos contidos de visualización por parte da publicación, a propia
disposición visual dos elementos nun gráfico non fai imprescindible a súa
identificación como tal, xa que os usuarios poden distinguilo con
facilidade dunha imaxe ou un vídeo.
Á hora de falar da func ión da infografía no relato informativo d a
versión en liña de El Mundo , regrésase novamente á idea de traballos
simples e de contexto. Polo xeral, trátase de pequenos gráficos que axudan
a comprender a realidade abordada nas informacións e que se intercalan
con outros elementos entre os que o texto é o principal. A función e a
presenza das diferentes tipoloxías gráficas no relato visual de elmundo.es
será abordada no seguinte capítulo, cando se aborden as particularidades
Presenza da infografía como
elemento informativo
359
técnicas da infografía nos medios estudados. Porén, como anticipo e co
obxec tivo de ofrecer unha visión xeral inicial sobre o traballo con esta
ferramenta comunicativa neste medio de comunicación, púidose
documentar como esta cabeceira aposta tamén por formas gráficas
sinxelas e amplamente implantadas na sociedade.
Imaxe 3 1 . Uso d e formas gráficas amplamente coñecidas como
complemento do texto en elmundo.es .
Fonte: https://cutt.ly/enJt9xI
elmundo.es (1 2 de setembro de 20 17 )
A imaxe 3 1 co ntén un exemplo d o uso m áis frecuente da visuali zación
na edición dixital de El Mundo. Tal e como se pode apreciar, o gráfico
“Evolución de los ‘ninis’” é un gráfico de liñas sinxelo que compara a
porcentaxe de mozos e mozas de entre 15 e 29 anos que ni n estudan nin
traballan para tr es marcos xeográficos distintos: España, a OCDE e a Unión
Europea. A situación deste material dentro do discurso da noticia non é
Á NGEL V IZOSO
360
irrelevante, pois recolle o fío do parágrafo anterior e completa a
información aportada no seguinte. Así, este gráfico serve para ilustrar — e,
ao mesmo tempo, conectar — dúas das ideas que se narran na información
como son a dos da tos de estudos e traballo entre a poboación mo za.
No entanto, é preciso salientar un aspecto crucial a nivel de deseño.
No transcurso da análise realizada foi posible advertir algúns casos nos
que estes gráficos cuxa función é a de axudar a comprender ou
contextualizar a información a través da presentación de datos están
tomados daqueles que foron producidos para a versión impresa. Deste
xeito, hai casos nos que se pode apreciar á perfección como os gráficos
non están deseñados tendo en conta as particularidades de deseño e
resolución dos espazos dixitais, senón que chegan directamente dende
aqueles outros deseñados para o soporte impreso, aparecendo zonas
borrosas e con baixa resolución, consecuencia seguramente de modificar
o tamaño dos orixinais dos que partían.
Para o caso das 56 pezas obtidas logo da aplicación das dúas semanas
compostas par a cada un do s catro anos estud ados non foi posible atopa r
ningunha informac ión na cal sexa posible atribuírlle á infografía un papel
principal ou protagonista. Se ben hai informacións nas que é posible consultar
ata oito elementos de visualización diferentes, estes son empregados como
complemento da narrativa textual. A través de, como se anti cipaba
anteriormente, formas visuais amplamente instauradas no imaxinario gráfico
da audiencia , búscase traslada r de xeito visual os datos que protagon izan ou
dan pé a cada unha das seccións ou apartados das informacións.
Aínda así, foi tamén posible atopar exemplos nos que se bota man da
infografía para a explicación de fenóme nos complexos para os cales non hai
imaxes ou vídeos que sexan de utilidade para a súa correcta descrición. Este
pode ser o caso da infografía presentada na imaxe 3 2 . Nela o usuario pode
coñecer o paso a paso da tentativa de rescate de Julen, un neno falec ido na
localidade malagueña de Totalán logo de precipitarse a un pozo de máis de
70 metros. A través da an imación e a interactividade que fan posible os
Presenza da infografía como
elemento informativo
361
botóns que permiten moverse cara adiante e cara atrás pola presentación, a
audiencia pode comprender co mo foi o rescate.
Imaxe 3 2 . Uso da infografía para explicacións complex as en elmundo.es .
Fonte: https://cutt.ly/GnJoh1x
elmundo.es (4 de marzo de 201 9)
No caso presentado na imaxe 32 a infografía actúa novamente como
complemento. Porén, non serve só como unha vía para trasladar datos
numéricos dun xeito visual, senón que axuda a paliar a ausencia doutros
materiais que poderían ser de utilidade para a comprensión da historia.
E ste suce so constituíu un feito extraordinario para o cal non existía a
documentación necesaria en forma de planos, imaxes, vídeos ou
animacións. Como resposta, o equipo de El Mu ndo apostou por facer da
infografía un vehículo para comunicarlle á audiencia o paso a paso dun
proceso complexo. Facelo de forma visual fai a presentación moito máis
clara, evitando posibles confusións á hora da comprensión.
Á NGEL V IZOSO
368
presenza menor que a observada para El País, pero similar á observada
para o caso de El Mundo.
Imaxe 3 3 . Uso da visualización como imaxe para as noticias n a portada
de lavozdegalicia.es .
Fonte: https://cutt.ly/gnJSd1C
lavozdegalicia.es (6 de outubro de 2019)
A imaxe 33 amosa un dos casos nos que a infografía desempeña esta
función de captación da atención da audiencia. Neste caso preséntanse os
resultados dunha enquisa previa ás eleccións do 10 de novembro de 2019.
Así, de xeito moi visual ofrécese a panorámica resultante da celebración
desta cita electoral e o consecuente reparto dos escanos a repartir en
Galicia. Se ben os gráficos propostos na portada nos que se compara a
distribución que segundo as enquisas resultaría desta cita electoral cos
Presenza da infografía como
elemento informativo
369
comicios anteriores son ampliados no interior da información, esta
presenza nun espazo preferente como é o da portada axúdalle á audiencia
a comprender dunha soa ollada cal pode ser a situación a agardar logo da
celebración das eleccións.
No relativo ao xeito no que son presentadas as infografías dentro das
pezas informativas da edición en liña de La Voz de Galicia , é posible atopar
dúas fórmulas. Por un lado estaría a modalidade máis frecuente en outras
tantas cabeceiras xornalísticas como é a de incrustar e intercalar este tipo
de materiais gráficos entre o resto de elementos das noticias. Porén, en
lavozdegalicia.es hai ocasións nas que se inclúe unha ligazón que se abre
nunha nova pestana do navegador e na que o usuario pode consultar a
infografía proposta. Ao contrario do que acontece no caso de elpaís.com,
n este caso a ligazón proposta non leva a un espazo dentro da propia páxina
do medio, senón que só serve para ver en maior detalle a imaxe na que se
reproduce a infografía. Aínda que coa aplicación desta estratexia vense
reducidos os temos de carga das páxinas nas que está a información, con
ela complícase a consulta da infografía, xa que require da realización dunha
acción máis por parte da audiencia.
A función da infografía dentro do discurso informativo da edición
dixital d e La Voz de Galicia é a de completar, ampliar ou precisar aquilo
que se aporta mediante o texto. Os materiais visuais que poden ser
identificados como visualización da información ou infografía advertidos
dentro das 560 pezas revisadas contan cunha clara función complementar.
Aspectos como o comentado anteriormente, nos que para consultar
algunhas das infografías é necesario premer sobre unha ligazón que abre
unha nova pestana do navegador contribúen a esta consideración da
infografía como complemento do discurso desta cabeceira.
No transcurso da revisión realizada foi posible atopar unha alta
presenza de pezas nas que a presenza da infografía estaba limitada a
pequenos gráficos ou conxuntos de gráficos que aportaban datos de
contexto ou precisión sobre as historias narradas. Aínda que esa é a
Á NGEL V IZOSO
370
realidade máis frecuente do uso deste xénero visual na edición en liña de
La Voz de Galicia , atópanse exemplos nos que se opta por unha infografía
con maior profundidade na que o propio traballo é quen de narrar o
suced ido, tal e como se recolle na imaxe 34.
Imaxe 3 4 . Exemplo de uso da infografía p ara a narración dun
acontecemento en lavozdegalicia.es .
Fonte: https://cutt.ly/YnJJySG
lavozdegalicia.es (19 de setembro de 2018)
O traballo recollido na imaxe 34 sobre o derrubamento de parte do
hotel Ritz de Madrid conta con todos os ingredientes para poder
comunicar este acontecemento por si mesmo. Con todo, foi presentado
como complemento a unha noticia elaborada cun texto breve e unha
Presenza da infografía como
elemento informativo
371
galería de imaxes do sucedido. Aínda que La Voz de Galicia leva á súa
edición dixital exemplos coma o descrito nesta imaxe, estes son herdados
da edición impresa do xornal. Deste xeito, aínda que foron realizados en
contextos e mediante o uso de ferramentas dixitais, non están plenamente
concibidos para a web.
No que respecta á posición na portada das noticias nas que foi posible
atopar contidos de infografía dentro dos períodos analizados, 79 das 85
revisadas están entre os dez primeiros contidos que se presentan na páxina
principal de lavozdegalicia.es ou, o que é o mesmo, un 92,94%. A porcentaxe
de exemplos que están nos cinco primeiros lugares, que en El País e El
Mundo era do 50%, elévase no caso de La Voz de Galicia ata o 60%.
Ademais, un 45,88% estaría dentro dos primeiros tres ocos con contido
—lembremos, de calquera tipo— que lle son presentados á audiencia. No
entanto, o dato máis salientable arredor desta idea é o feito de que un
18,82% das pezas con algunha mostra de infografía no seu interio r están
localizadas no primeiro lugar de lectura da páxina web. Se ben as portadas
dos medios de comunicación na súa versión dixital mudan en varias
ocasións ao longo do día, este dato denota unha crecente preocupación
por este tipo de comunicación visual ao facela parte do discurso daqueles
contidos aos que a publicación lles outorga maior relevancia.
Esta idea confírmase se ollamos cara aos sete traballos nos que a
infografía é, ademais dunha parte do relato informativo, o elemento vis ual
que acompaña ao titular da información na portada do medio. Tres destas
sete pezas están localizadas no primeiro espazo natural de lectura —arriba
á esquerda—, mentres que dous estarían no segundo e outro máis no
terceiro. Para atopar o restante tan só habería que baixar ata o sexto oco,
sen que para chegar a ese p unto fos en necesarias demasiadas accións por
parte do usuario.
4.2. Temática e sección na que se integra
Á NGEL V IZOSO
372
Para a exposición da realidade que rodea o encadramento dos
contidos de infografía obtidos na análise realizada dentro das diferentes
seccións temáticas nas que se dividen as informacións en La Voz de Galicia
ollamos cara ao gráfico 3. Nel é posible advertir un grande peso da sección
temática “Galicia”, á que están adscritas 35 dos 85 exemplos revisados, un
41,17% da mostra.
Gráfico 3. Dis tribución por seccións da s pezas revi sadas en lavozdegalicia.es .
Elaboración propia .
Versión interactiva : https://cutt.ly/jnJBSnn
Dada o ámbito xeográfico no que esta publicación desempeña a súa
actividade resulta comprensible que a de Galicia sexa tamén a sección cuxo
peso resulta maior sobre o total. Así, os traballos encadrados nela e que
foron abordados facendo uso da infografía xiran arredor de diferentes
Presenza da infografía como
elemento informativo
373
eixes. En primeiro lugar estaría todo o relacionado coa política da rexión,
pois un alto número de traballos de visualización son consecuencia de
estudos de opinión e sondaxes previos a citas electorais ou realizados de
xeito periódico para coñecer a opinión da cidadanía sobre múltiples temas.
Aínda que o ámbito político é o que dá pé a unha maior produción de
gráficos dentro desta sección, hai outros temas de alcance rexional e de
temática diversa para os cales se tomou a decisión de empregar a infografía
como vía de comunicación. Así, o sector forestal, os sucesos, o transporte
por estrada ou determinadas temáticas de índole social pero observadas
dende Galicia son algunhas das que puideron ser identificadas entre as 35
informacións etiquetadas dentro desta sección.
“Sociedad” é a sección que ocupa o segundo posto en importancia
dentro da mostra revisada. Nela foi posible atopar 17 traballos nos que a
infografía tomou parte do relato da información. No caso das noticias da
sección “Sociedad” é preciso establecer unha barreira entre o ano 2020 e
os anteriores. Neste último ano revisado as informacións desta sección
para as cales foi posible advertir exemplos de visualización no marco do
estudo realizado estiveron fundamentalmente vinculadas á pandemia da
COVID- 19.
De xeito similar ao que aconteceu en El País , esta foi o departamento
encargado de trasladarlle á poboación as novidades na evolución da
pandemia. É posible, pois, retomar o argumento expresado cando
falabamos deste aspec to en elpaís.com e salientar que, en certa medida, a
presenza da sección de sociedade como segunda en número de proxectos
con infografía responde á emerxencia desta temática. Isto non lle resta
relevancia ningunha aos contidos publicados, mais si que se traduce nun
cambio de tendencia con respecto ao que se viña facendo nesta sección
nos anos previos. Nestas etapas anteriores esta sección facía uso da
infografía para abordar temas de carácter científico, aínda que dunha
variedade temática maior.
Á NGEL V IZOSO
374
No relativo á sección de “Economía”, terceira en número de pezas
con infografía con dez, os materiais de visualización propostos dentro dela
son esencialmente contextuais. De xeito similar ao descrito para as dúas
cabeceiras anteriores, trátase de pequenas visualizacións e/ou mapas que
se presentan tanto de xeito individual como en conxunto. Estes adoitan
exercer como complemento do texto, funcionando como vía para a
exposición dos datos que dan lugar á noticia. Neste caso axudan a unha
comprensión máis sinxela da realidade,. Posto que nestas informacións
pódense chegar a mesturar múltiples variables, os gráficos actúan neste
punto como elementos de simplificación ou, cando menos, de eliminación
da complexidade que podería derivar da narración dunha alta cantidade de
cifras mediante o texto.
Seguindo coa análise das presenza de infografía nas informacións de
portada segundo as seccións temáticas, “España” e “28A Elecciones”
serían as seguintes, con cinco pezas cada unha. “Internacional” e
“Educación” presentarían tres e máis marxinal é a presenza de
“Mercados” e “Ourense” con dúas ou de “Grada de Río”, “Santiago” e
“Vigo”, onde se identificou unha información con presenza de infografía.
4.3. Ámbito xeográfico
A realidade de scrita no e pígrafe anterior, unida á propia idio sincrasia
de La Voz de Galicia fai que resulte posible anticipar cal é o ámbito
xeográfico no que se sitúan a meirande parte das informacións nas que a
redacción deste xornal decide facer da infografía parte do relato
informativo . A táboa 9 dá conta da distribución entre os catro ámbitos
xeográficos posibles —internacional, nacional, rexional e local— para
calquera dos proxectos estudados. Nela é posible advertir como o 63,53%
das informacións que botan man deste xeito de facer xornalismo
pertencerían ao ámbito rexional de Galicia.
Presenza da infografía como
elemento informativo
375
Esta cifra adquire maior relevancia se a comparamos coa propia
presenza de temas de ámbito rexional entre as noticias cun lugar
preferente na edición dixital deste medio. Así, se ollamos cara o conxunto
das 560 informacións revisadas nos catro anos estudados é posible
observar como o 40,71% dos contidos pertencerían ao ámbito rexional.
Por tanto, a presenza deste encadramento xeográfico é máis alta cando
falamos de noticias que albergan infografía que cando o facemos das
noticias de lavozdegalicia.es a nivel xeral.
Táboa 9 . Ámbito xeográfi co no que se encadran as noticias con
infografía en lavozdegalicia.es .
Internacional
Nacional
Rexional
Local
9 (10,58%)
18 (21,18%)
54 (63,53%)
4 (4,71%)
Fonte: elabor ación propia .
O segundo grupo en importancia sería o das noticias de corte
nacional. Os seus 18 casos constitúen o 21,18% da mostra de noticias nas
que foi posible atopar infografía. Ao longo do ano 2020 a infografía
vinculada a esta sección abordou fundamentalmente a pandemia da
COVID-19. Porén, c on anterioridade as temáticas predominantes eran as
derivadas do conflito político existente en Cataluña ou a política a nivel
nacional. A utilización da infografía en pezas do ámbito internacional é
menor, situándose no 10,58%, mentres que as locais supoñen o 4,71%
con catro exemplos.
En definitiva, a aposta pola presenza da infografía na edición dixital
de La Voz de Galicia busca tamén darlle resposta ás necesidades
informativas do seu público, fortalecendo a súa aparición nos contidos de
ámbito rexional. E é que estes son os que maior impacto teñen no groso
da audiencia deste medio, situada en grande medida en Galicia.
Á NGEL V IZOSO
376
5. Análise da presenza da infografía nas
informacións de portada d e el D iario.es
5.1. Presenza, peso e funci ón da i nfografía
A cuarta das cabeceiras revisadas no marco do obxectivo de
comprender o uso e a presenza da infografía como elemento informativo
nas principais informacións dos medios de comunicación é elD iario.es .
Dentro dos catro exemplos estudados este é o único que non presenta
unha edición impresa. Deste xeito, todos os seus materiais responden a
un sistema de produción plenamente deseñado para os espazos virtuais,
sen que resulte posible atopar influencia algunha dunha edición impresa
como acontecía nos tres casos anteriores.
En termos de presenza, a revisión das 560 pezas de corte informativo
seleccionadas no marco das oito semanas compostas deseñadas deu lugar
á obtención de 58 casos nos que a infografía foi parte da narración. Este
dato sitúa a elDiario.es nas cifras dadas con anterioridade para os casos de
El País e El Mundo onde estaba presente nun 11,43% e un 10% dos casos
revisados. Con respecto a La Voz de Galicia a súa presenza é un chisco
menor, xa que no rotativo galego foi posible atopar este xénero visual nun
15,18% dos materiais que cumprían coas características para entrar a
formar parte da mostra.
Táboa 10 . Exemplos de inf ografía atopados en elDiari o.es para
cada un dos anos revisados .
2017
2018
2019
2020
3
10
9
36
Fonte: elabor ación propia .
No relativo á evolución desta presenza ao longo dos catro anos
estudados, prodúcense claras diferenzas entre o primeiro dos períodos
Presenza da infografía como
elemento informativo
377
revisados — 2017 — e o último. — 2020 —. Se no ano 2017 só foi posible
advertir tres informacións nas que a infografía entraba a formar parte do
relato informativo entre as 140 estudadas, esta cifra medra ata as 36 no
ano 2020. Polo camiño, nos anos 2018 e 2019, ten lugar un crecemento
con respecto á etapa previa, con dez e nove traballos respectivamente, tal
e como amosa a táboa 10 .
Como xa se expuxo para os casos anteriores, hai ocasións nas que os
medios optan por facer da infografía un elemento para a captación da
atención da audiencia. Nestes casos emprégase como elemento de
ilustración da presenza da noticia na portada —dixital nos casos que nos
ocupan — do medio, de xeito similar ao que acontecería cunha imaxe ou
a previsualización dun vídeo. No marco das 58 pezas que albergaban
cando menos un exemplo de infografía foi posible advertir oito casos nos
que esta, ademais, era presentada na páxina principal deste ciberme dio
como o elemento visual que acompañaba ao titular da información.
A imaxe 35 recolle un exemplo do uso desta estratexia. Como se pode
observar sobre o titular “Otras elecciones sumarían dos millones de
votantes a la abstención y el reparto de escaños entre bloques quedaría
igual”, a redacción de elDiario.es completa esta idea coa comparativa gráfica
entre o arco parlamentario resultante das eleccións do ano 2019 e o
panorama que anticipan as enquisas para a segui nte cita electoral. Esta
estratexia repítese con outras formas como mapas ou outros tipos de
formas gráficas, sempre sinxelas e amplamente coñecidas polo groso da
audiencia.
Ademais, tal e como se pode apreciar no recorte que ofrece a imaxe
35, cando se leva a cabo este uso dos gráficos en portada adoita situarse
sobre eles unha pequena icona que semella un pequeno gráfico de barras
en cor branca sobre fondo azul. Esta é a estratexia da publicación para a
identificación dos materiais diferentes da fotografía. Nesta mesma
captura, á esquerda do gráfico co arco parlamentario, é posible atopar
unha imaxe sobre cunha icona que a identifica como vídeo, que é o que
Á NGEL V IZOSO
384
14% cunha óptica internacional. Máis marxinal é a presenza de historias
de corte local, que roldan o 3%.
Da observación dos traballos nos que se fai da infografía un elemento
máis da narración, vemos que novamente a perspectiva nacional é a máis
frecuente. Dentro das 58 informacións que cumprían coa característica de
albergar cando menos un exemplo deste xénero visual son 49 as que é
posible enmarcar neste contexto. Un 84,49%, tal e como se recolle na
táboa 11 . Así pois, a presenza de pezas de ámbito nacional con infografía
vese reforzada con respecto á propia aparición destas a nivel xeral.
Táboa 11 . Ámbito xeográ fico no que se encadran as noticias con
infografía en elDiario.es .
Internacional
Nacional
Rexional
Local
6 (10,34%)
49 (84,49%)
3 (5,17%)
0 (0%)
Fonte: elabor ación propia .
Dentro desta perspectiva nacional —e dada a alta porcentaxe de
traballos que é posible adscribir a esta noción— é posible apreciar unha
ampla variedade de temas. Un alto número de informacións xira arredor
de enquisas e sondaxes dentro do ámbito político e, dentro do último
período revisado, sobre as cifras que rodean a evolución da COVID- 19.
Porén, tamén hai oco para o tratamento de temas de carácter científico,
social ou político non sempre tan vencellados ao big data .
O segundo marco xeográfico en importancia é, aínda que a unha
grande distancia, o internacional. Neste caso as informacións que é posible
identificar como internacionais amosan un número semellante a aquelas
que xa f oran identificadas dentro da sección “Internacional”. Estas seis
pezas , que supoñen un 10,34% do total dos traballos obtidos coas
características establecidas no protocolo de revisión, manteñen como é
lóxico a particularidade que xa se adiantaba no epígrafe anterior. Cinco
delas están vencelladas á pandemia da COVID- 19 e, por tanto, foron
publicadas ao longo de 2020.
Presenza da infografía como
elemento informativo
385
É preciso salientar tamén que a presenza de infografías en noticias de
ámbito rexional reduce notablemente a súa presenza con respecto á propia
aparición destas no global da mostra. Se dentro das 560 informacións
obtidas no transcurso da nosa análise un 18,39% contaban con este
enfoque xeográfico, esta porcentaxe redúcese ao 5,17% cando falamos de
informacións nas que o equipo de elDiario.es decide que a infografía sexa
parte do relato informativo.
Finalmente, no que respecta as noticias de carácter local, estas teñen
unha baixa presenza entre os contidos localizados nos primeiros lugares
da páxina principal deste cibermedio —cunha presenza do 2,68%— . Esta
circunstancia ten o se u reflexo tamén á hora de falar das informacións nas
que se inclúen contidos de visualización da información, inexistentes para
este enfoque xeográfico.
6. A COVID - 19 leva a infografía a un lugar
preferente
6.1. Unha situaci ón excepcional
A situación excepcional creada pola pandemia da COVID- 19 afectou
a múltiples ámbitos da sociedade e da vida da cidadanía. O excepcional da
situació n, o seu alcance global e as consecuencias derivadas da expansión
do virus derivaron en mudanzas nos ritmos informativos e a distribución
temática das informacións publicadas polos medios de comunicación de
todo o mundo.
As informacións sobre esta nova enfermidade amoreáronse en
espazos informativos —e tamén non informativos— da práctica
totalidade de cabeceiras. Se ben a narración dos feitos sobre esta realidade
tivo lugar a través do emprego de múltiples formatos, a visualización da
información foi un dos que logrou acadar maiores cotas de presenza no
Á NGEL V IZOSO
386
relato noticioso. Tal e como se mencionaba con anterioridade, tanto o alto
número de datos e variables diferentes que é posible encadrar dentro desta
temática, así como a súa propia complexidade provocaron que marcas
xornalísticas de todo o mundo incluísen a visualización da información
nas súas diferentes formas como parte do seu discurso informativo.
O tratamento da pandemia a través da infografía tivo lugar en varias
frontes. Por un lado atopamos aqueles medios que empregaron só as
formas gráficas máis comúns —gráficos de liñas, barras, circulares, etc.—
para documentar a evolución da pandemia. Estes buscaron facilitar a
comprensión da alta cantidade de cifras e datos derivados do avance dos
contaxios, as mortes ou a administración de vacinas botando man de
estratexias de visualización que permiten obter panorámicas da realidade
dun xeito máis simple e accesible que a súa exposición a través do texto.
Noutra banda estarían aquelas redaccións nas que se empregou a
infografía para explicarlle á cidadanía os protocolos a seguir en caso de
contaxio, o propio proceso de contaxio nas células dos seres humano s, a
orixe do virus ou o xeito no que actúan as vacinas no noso organismo.
Neste caso a infografía tamén busca eliminar na medida do posible o
complexo da explicación textual de moitos dos aspectos que son
abordados nela. Grazas á utilización de imaxes reais, diagramas e
ilustracións, xornalistas gráficos de todo o mundo contribuíron a achegar
á poboación unha realidade tan complexa e allea á meirande parte das
persoas sen formación científica como puido ser esta.
Este novo rol da infografía no contexto da pandemia da COVID- 19
levou a que algunhas cabeceiras fixesen deste xénero visual un dos seus
elementos de portada. Ao longo desta sección realizaremos un repaso
polas estratexias levadas a cabo polas catro cabeceiras estudadas — El País,
El Mundo, La Voz de Galicia e elDiario.es— á hora de facer da infografía un
dos elementos de maior peso na páxina principal da súa edición dixital.
6.2. Os datos e a i nfografía nos l ugares máis visibles
Presenza da infografía como
elemento informativo
387
6.2.1. Para os dato s e o paso a paso en elpaís.com
A grande novidade introducida pola evolución do coronavirus SARS-
CoV -2 e o seu alto impacto en poboacións de todo o planeta constituíu
un suceso de grande relevancia á hora de ser narrado dende unha óptica
xornalística. Porén, a comple xidade que lle é propia por tratarse dun
fenómeno descoñecido para unha grande parte da poboación levou aos
medios de comunicación a optar por unha necesaria adecuación e
adaptación das súas narrativas.
Durante as fases iniciais da pandemia en España —arredor do mes
de marzo de 2020— os datos de evolución da curva de contaxios
protagonizaron un grande número de pezas informativas. A crecente
preocupación no seo da sociedade por coñecer como avanzaba a
enfermidade tivo a súa resposta nos espazos máis visibles dos medios de
comunicación. Tal foi así que mesmo algúns cibermedios nos que o acceso
a todos ou parte dos contidos ten lugar a través da subscrición puxeron a
disposición do público xeral as informacións relacionadas con esta
temática, independentemente de se se realizara o pagamento ou non.
I maxe 3 7 . Espazo para os datos da COVID - 19 na páxina
principal de elpaís.com
Fonte: https://cutt.ly/onLZv0b
elpaís.com ( 11 de marzo de 20 20 )
Á NGEL V IZOSO
388
A imaxe 37 amosa o espazo destinado á información máis relevante
sobre o desenvolvemento da pandemia na versión dixital de El País. Este
espazo era o primeiro visible logo do menú principal da publicación e nel
os usuarios podían acceder a diferentes explicacións e noticias nas que a
infografía contaba cun peso específico. Por exemplo, ao premer no
primeira das opcións —“Datos actualizados”— a navegación conducía
cara a unha páxina asinada polo Departamento de Infografía na que se
documentaba en tempo real a evolución do número de contaxios e mortes
tanto en España como no resto do planeta. A segunda das opcións —“El
mapa del coronaviru s” — conducía tamén a unha nova páxina cunha alta
carga de datos representados a través da visualización da información.
O terceiro apartado —“Guía básica”— tamén conta coa sinatura
dalgúns dos profesionais que integran o Departamento de Infografía de
desta cabeceira. Con este traballo este equipo de xornalistas busca
trasladarlle á audiencia as nocións e consellos básicos para tentar previr a
enfermidade ou actuar de xeito correcto ante un posible contaxio. Posto
que neste epígrafe a carga de cifras e datos é moito menor, os autores
realizan as explicacións necesarias a través de ilustracións e diagramas que,
xunto con textos breves, axudan a comprender os pormenores desta
patoloxía nos seus compases iniciais.
Na cuarta das opcións non é posible obter exem plos de traballo coa
visualización da información, xa que se trata dun formulario para a
subscrición a unha newsletter en evoluc ión sobre as informacións máis
recentes arredor desta temática. Porén, no quinto e último dos apartados
atópase novamente un traballo —novamente asinado por profesionais
que integran o Departamento de Infografía nesta publicación— no que se
emprega de novo a ilustración e a explicación paso a paso para describir
como se produce a infección polo novo coronavirus.
É posible observar, pois, como a cobertura informativa da pandemia
en El País repousou nos seus compases iniciais sobre o uso da infografía.
Esta foi de utilidade para trasladarlle á audiencia a evolución dos múltiples
Presenza da infografía como
elemento informativo
389
datos e marcadores que conformaron esta realidade, mais tamén para
compartir co público explicacións complexas que doutro xeito poderían
ser difíciles de acometer.
6.2.2. Para a localiza ción xeográfica dos datos en elmundo.es
A edición dixital de El Mundo presentou o ven res 13 de marzo de
2020 o destacado recollido na imaxe 38 e que, de xeito semellante ao
descrito anteriormente para El País, estivo durante meses xusto a
continuación do menú principal da publicación. A través del resultaba
posible chegar a cinco espazos que se abrían en páxinas separadas e nos
que calquera usuario podía obter as informacións, consellos e datos máis
relevantes a xuízo da redacción deste medio.
Imaxe 3 8 . A COVID - 19 na páxina principal de elmundo.es .
Fonte: https://cutt.ly/InLCN0q
elmundo.es (1 3 de marzo de 2020)
A primeira das cinco opcións presentadas serve pa ra levar ao usuario
a unha narración en tempo real dos acontecementos máis relevantes arredor
do desenvolvement o da pandemia. A última, pola súa parte, presenta a
través de tex to as prin cipais característi cas do estado de alarma, explicando
as actividades permitidas e prohibidas no marco des ta situación.
A atención arredor da idea que nos ocupa neste traballo, o emprego
da infografía, céntrase nas tres seccións centrais. A identificada como
Á NGEL V IZOSO
390
“Síntomas” sérvese fundamentalmente da narración textual para explicar
a transmisión do coronavirus, os síntomas que lle son propios e o proceso
para a realización de probas diagnósticas. Como elemento
complementario —non principal— deste discurso introdúcese unha
infografía na que se presenta sobre unha ilustración do corpo humano os
principais síntomas desta enfermidade.
A visualización da información adquire un maior peso na peza
situada na parte central deste destacado, “Mapas”, na que se dá conta da
evolución e localización dos casos desta enfermidade en España. Para iso,
tal e como indica o propio nome co que se identifica a sección,
empréganse unha serie de mapas acompañad os de textos moi breves que
serven como fío ou elemento de conexión entre eles.
Os mapas volven a ser o elemento visual presente no cuarto dos
apartados do cadro presentado na imaxe 3 8 . Desta volta b úscase dar conta
do risco de contaxio nas diversas rexión s de Esp aña a partires dos datos de
evolución da enfermid ade dispoñibles. Aín da que o mapa é o p rimeiro
elemento da infor mación — situado xusto a continuación do titular e o
subtítulo — , a tipoloxía narrativa con maior peso é o texto , que se presenta
ademais enriquecido con ligazóns a outros materiais a través do hipertexto.
Como resumo, aínda que en El Mundo tamén se aposta pola infografía
como vehícul o para trasladarll e á audiencia a infor mación rela tiva á
evolución da pan demia, esta aposta é moi to máis fe ble que a observada, por
exemplo no caso d ocumentado para El País. Os contidos observados nesta
cabeceira para os compases inici ais do brote de COVID - 19 en España
amosan unha maior preocupación pola elaboración de materiais ideados
para os contextos en liña. No caso de El Mu ndo , a índa que se presenta algún
elemento inter activo, este non exerce como elemento fundame ntal da peza
na que se comunican os datos, senón que actúa como comple mento de
textos amp los elabor ados dun xeito máis conven cional. Ad emais, outra
particularidade entre estas dúas cabeceiras é a reutilización d algúns dos
Presenza da infografía como
elemento informativo
391
materiais previamente publicados — ou, cando menos, deseñados para ser
publicados — en form ato impreso.
6.2.3. Estratexia desb otada en lavozdegalicia.es
Ao contrario do visto nos dous exemplos anteriores —e do que se
poderá observar despois para o caso de elDiario.es — La Voz de Galicia non
fixo uso da visualización da información no seu destacado especial para a
cobertura da evolución da pandemia. Tal e como se pode ver na imaxe 39 ,
a publicación contou dende os primeiros compases da aplicación do
estado de alarma en España cun espazo rese rvado ás principais novidades
da enfermidade. De xeito similar ao descrito para os dous casos anteriores,
este situouse baixo o menú da publicación, no que o usuario pode elixir
entre as diferentes seccións coas que conta o medio.
Imaxe 3 9 . Destacado para a COVID - 19 na edición dixital de
La Voz de Galicia .
Fonte: https://cutt.ly/JnL3tpx
lavozdegalicia.es (10 de abril de 2020)
Aínda que a presenza deste elemento se remonta a, como se
mencionou, os momentos de maior presenza do coronavirus como
protagonista da información, a redacción deste medio non tomou a
decisión de vincular os apartados deste espazo a contidos de infografía. O
Á NGEL V IZOSO
392
que si que figuran é, de xeito descritivo, os datos que marcan a evolución
dos casos, os falecementos e as persoas recuperadas tanto para o caso de
Galicia como para o conxunto de España.
A estratexia de La Voz de Galicia non prescindiu por completo da
infografía á hora de abordar este fenómeno noticioso. Aínda que non se
fixera uso deste tipo de contidos no apartado especial, non quedou á
marxe da cobertura diaria e especial desta temática.
Imaxe 40 . Uso da infografía para o tratamento da COVID - 19 na p áxina
principal de lavozdegalicia.es.
Fonte: https://cutt.ly/jnL966W
lavozdegalicia.es (23 de febreiro de 2021)
Tal e como amosa a imaxe 40 , determinadas actualizacións
relacionadas con esta temática foron levadas aos lugares preferentes da
páxina principal da edición dixital desta cabeceira. Un exemplo é este
Presenza da infografía como
elemento informativo
393
mapa, publicado o 23 de febreiro de 2021 co que se buscaba dar conta
dun xeito claro do proceso de apertura progresiva da actividade nos
concellos de Galicia. Se ben La Voz de Galicia non contou coa infografía á
hora de configurar os elementos presentes nos destacados relativos á
evolución do coronavirus, si que o fixo para o tratamento de determinados
aspectos relacionados coa pandemia que se consideraron de especial
relevancia para a poboación.
6.2.4. Ferramenta para os datos en elDiario.es
O tratamento da información sobre a COVID-19 da man de
contedores especiais en elDiario.es é máis sinxelo que o descrito
anteriormente para os casos de elpaís.com ou mesmo elmundo.es.
Imaxe 41 . Apartado especial para o tratamento da evoluci ón da
pandemia en elDiario.es.
Fonte: https://cutt.ly/YnL3NZp
elDiario.es (12 de marzo de 2020)
A imaxe 41 recolle un anaco da portada do día 12 de marzo de 2020,
momento no que esta publicación introduce o destacado que se pode ver
en cor verde. Nel preséntanse catro apartados baixo o título de “Crisis del
Á NGEL V IZOSO
400
— España e Portugal — e tamén entre tres ámbitos diferentes —lectura,
matemáticas e ciencia—. O emprego da visualización da información
responde neste caso ao intento de simplificar o relato informativo, pois a
comunicación dest a comparativa entre catro anos diferentes, tres ámbitos
e dous países a través da forma tradicional do texto resultaría máis
complexo, tanto para o traballo dos xornalistas como para a comprensión
posterior da audiencia.
Posteriormente serán abordadas as formas gráficas concretas
empregadas para a elaboración do relato infográfico en elmundo.es. Porén,
no marco de ste primeiro uso desta tendencia, é posible adiantar que aínda
que en ocasión se aposta por vías de presentación cunha certa
complexidade ou máis alleas ao coñecemento xeral no plano das formas
gráficas, polo xeral óptase por opcións como a exposta na imaxe anterior,
amplamente coñecidas e identificables pola cidadanía. Esta fórmula
repítese nun alto número de traballos dentro da mostra, dando boa conta
do potencial dos gráficos para despoxar as informac ións da complexidade
derivada de ter que narrar os datos a través do texto e favorecendo a súa
comprensión a través da súa visualización.
Revisamos, en segundo lugar o uso da infografía estátic a como
elemento para a descrición ou a explicación de ideas, conc eptos ou
realidades, de xeito semellante ao que se fai no exemplo contido na imaxe
41. Esta alberga un traballo de infografía cuxo obxectivo é o de trasladarlle
á audiencia un proceso complexo como é o da creación dos chamados
diamantes de laboratorio. Se ollamos cara a este traballo e o
contrapoñemos ao comentado anteriormente é posible falar de dúas
correntes be n diferenciadas. O caso anterior, baseado na visualización,
servía para narrar o percorrido dos datos —naquel caso os obtidos no
informe PISA— a través do tempo. Porén, no recollido na imaxe 42
desaparece ese rol protagonista das cifras.
Este segundo exemplo presentado para o caso de El Mundo bota man
fundamentalmente da ilustración e o texto, que se e rixen como únicos
A infografía de elmundo.es
401
elementos. Tal e como se pode observar, o xornalista encargado da
elaboración deste proxecto —neste caso Alberto Hernández— busca
comunicar de xeito simple un proceso de alta tecnoloxía como é a
produción deste tipo de pedras preciosas. Esta peza é parte dunha ampla
reportaxe sobre os diamantes de laboratorio, construída
fundamentalmente a través de texto. Esta historia conta con diferentes
abordaxes sobre a realidade dos diamantes, tratándoos dende o punto de
vista ético, de mercado, do seu simbolismo e, por suposto, da súa
produción artificial. Nesta última óptica, a máis técnica, é onde a infografía
aporta o seu gran de area ao discurso informativo, xa que documentar este
proceso a través do texto —o elemento de maior peso na historia—
resultaría complexo.
Imaxe 43 . Exemplo de uso da infografía est ática para a
explicación de realidades complexa s en e lmundo.es.
Fonte: https://cutt.ly/6n73ySS
elmundo.es (17 de setembro de 2018)
Como resumo, a infografía estática de El Mundo , aínda que constitúe
o elemento de maior peso dentro do relato infográfico en liña desta
Á NGEL V IZOSO
402
cabeceira, non está integrado só por pequenos exemplos de visualización
que aportan contexto aos temas abordados nas informacións. Se ben esa
é unha opción con certa forza no xeral da presentación deste tipo de
contidos neste medio, é posible observar unha alta presenza de traballos
de infografía máis complexos e para unha consulta máis pausada nos que
son explicados con detemento múltiples aspectos da realidade.
Porén, e tamén a respecto da presentación estática da infografía neste
medio, púidose documentar unha certa estratexia de replicación dos
contidos publicados na edición impresa. De xeito particular nos primeiros
tramos da análise realizada, hai unha presenza notable de materiais
introducidos como imaxes nos conxuntos informativos que non contan
cos requisitos mínimos para a súa presentación na web en termos de, por
exemplo, resolución e calidade. Así, é posible advertir que un alto número
das infografías estáticas revisadas non foron elaboradas ex profeso para esta
edición dixital, senón que proceden do aproveitamento do material
producido previamente en papel.
Os 36 traballos que é posible etiquetar como exemplos de infografía
animada supoñen un grupo de escaso tamaño no xeral da mostra, xa que
só son un 2,36% dos casos. Porén, estes son os primeiros que é posible
comezar a identificar dentro do que chamariamos infografía multimedia,
pois contan coa capacidade de integrar características como a
multimedialidade. Esta noción, xunto coas de hipertextualidade e
interactividade, outórganlle á rede unhas características propias e
diferenciadas con respecto a outros soportes.
Aínda que o número deste tipo de presentación sobre o xeral
estudado é baixo, non por iso deixa de resultar posible establecer algunhas
liñas xerais para esta. A fórmula de presentación máis habitual para estas
infografías é a través do formato GIF —Graphics Intercharnge Format— ,
amplamente empregado en Internet, xa que permite a presentación tan to
de imaxes individuais como de animacións construídas a partires de
A infografía de elmundo.es
403
secuencias de imaxes que dan como resultado unha reprodución que imita
a dun vídeo.
Imaxe 44 . Infografía animada con reprodución automática en e lmundo.es.
Fonte: https://cutt.ly/8n5wnd1
elmundo.es (9 de outubro de 2019)
Ademais, no marco do uso da infografía animada en elmundo.es é
posible apreciar dúas estratexias que, desta volta, gardan relación co
xeito no que se reproduce n as animacións propostas. Por unha banda
estarían casos como o intre capturado na imaxe 4 4 . A noticia na que
está contida este extra cto trata a concesión do Prem io Nobel de
Química a os investigadores John B. Goodenough, M. Stanley
Whittingham e Akira Yoshino, que coas súas aportacións fixeron
posible o desenvolvemento das baterías de litio.
Nes ta peza a infografía animada é presentada mediante un GIF de
reprodución automática que serve para explicar o proceso que seguen
os ións de litio e os electróns dentro destas baterías. Así, esta idea da
reprodución automática é a que é preciso salientar in icialmente, xa que
Á NGEL V IZOSO
404
se fai da in fografía un obxecto vivo con capacidade de movemento, sen
que esta característica reduza o seu potencia l informativo.
Imaxe 45 . Infografía animada activada polo usuario en e lmundo .es.
Fonte: https://cutt.ly/On5oRAw
elmundo.es (13 de decembro de 2019)
A segunda das opcións observadas é a das estratexias que coinciden
co que é posible identificar na imaxe 45. Nesta captura podemos atopar
un extracto dun exemplo no que se aposta por este xeito de facer
infografía a través da animación, unha animación que se reproduce a través
da intervención dos usuarios coas súas accións. No caso presentado na
imaxe, as opcións de reprodución adoptan a forma clásica dos
reprodutores de vídeo ao contar con botóns de avance, retroceso,
reprodución e pausa. Ao premer sobre eles, o usuario activa a reprodución
automática da explicación proposta no traballo que, neste exemplo,
abor da as características do MQ-9 Predator B, unha aeronave non
tripulada para tarefas de vixilancia adquirida polo Ministerio de Defensa.
A infografía de elmundo.es
405
Outra das características que lle son propias a esta abordaxe da
infografía en elmundo.es é que conecta directamente co descrito par a
aqueles traballos de infografía estática empregados para dar conta de
realidades complexas a través da súa descrición ou explicación. A este
respecto, os traballos animados son aproveitados nesta publicación para
compartir coa audiencia o paso a paso de realidades complexas ou a súa
descrición, tal e como amosaron os dous exemplos propostos. A
animación amplía nestes casos a capacidade de transmisión da infografía,
xa que o movemento permite dar conta da evolución dos feitos narrados
de xeito semellante a como teñen lugar na realidade.
Por último , revisamos o peso da infografía intera ctiva no conxunto do
relato informativo desta publicación. Esta vía , tamén parte do que
poderiamos considerar dentro do conxunto da infografía multimedia, está
pr esente en arredor de un de cada dez traballos. Dentro dos 185 exemplos
interactivos que foi posible analizar é posible atopar similitudes e diferenzas
co descrito tanto par a as formas estáticas como para as animadas .
En primeiro lu gar, a infografía intera ctiva de El Mundo acolle tamén
traballos pl enamente ligados á pr esentación de conxuntos de datos de grande
tamaño que, de xeito semellante ao presentado anteriormente, axudan a
comprender con maior claridade as ideas transmi tidas no texto da
información. Aínda que no plano estritamente gráfico este tipo de infografías
son semellantes ás da variante estática, a interactividade fai que sexa posible
dotalas dunha serie de elementos que serven para enriquecer tanto o pr opio
traballo como a experiencia do usuari o á hora de navegar por el.
Os gráficos interactivos baseados en datos non rematan coa simple
consulta dos datos que dan lugar ás formas presentadas. O traballo dos
xornalistas visuais de El Mundo axuda aquí a que poidan ser enriquecidos
e mellorados permitindo a selección de determinados elementos, a súa
comparación con outros dentro do conxunto ou a posibilidade de afondar
nos mesmos para identificar as particularidades dos subgrupos que poidan
chegar a albergar. Neste tipo de proxectos a interactividade leva a que a
Á NGEL V IZOSO
406
audiencia non só poida acceder aos datos a través do itinerario marcado
por quen produce os materiais —como acontece na vertente estática— .
É posible seguir un camiño plenamente individual que xorde de deterse
nunhas partes ou outras da proposta, segundo as preferencias do usuario.
Ademais, a aposta polos gráficos interactivos fai posible a
combinación de mú ltiples visualizacións nunha mesma presentación.
Un exemplo claro é a instantánea exposta na imaxe 4 6 . No marco
dunha información sobre o ‘Brexit’, a peza remata cunha cronoloxía
interactiva a través da cal os usuarios poden coñecer a relación do
Reino Unido coa U nión Europea dende a súa entrada na Comunidade
Económica Europea ata as votacións e propostas para cu lminar o
proceso de retirada da UE. En casos coma este a infografía serve como
contedor para un alto número de datos, pero tamén para a
documentaci ón de feitos a través de texto e mesmo de elementos como
o vídeo, todos eles presentes no exemplo comentado.
Imaxe 46 . Infografía interactiva para a presentación de múltiples
elementos en e lmundo.es.
Fonte: https://cutt.ly/in5hDV5
elmundo.es (17 de outubro de 2019)
A infografía de elmundo.es
407
Este tipo de abordaxe no uso da infografía interactiva é tamén
parte do relato visual de elmundo.es . Nestas oca sións, o medio aposta
por facer dos produtos in fográ ficos contedores a través dos cal es poder
afondar na temática das informacións nas que se inscriben ,
empregando para iso materiais de diversa natureza que fan destas
infografías cápsulas nas que resulta posible condensar os feitos.
Por último, cómpre salientar que os proxectos de infografía
interactiva da edición dixital de El Mundo non se suman á tendencia
descrita para as dúas tipoloxías anteriores como elementos para a
explicación de fenómenos co mplexos. S e ben polas súas características
resulta pos ible que estes traballos poidan exercer como elementos de
transmisión de realidades difíciles de narrar mediante o texto, a mostra
observada apenas contén exemplos desta utilización. Así pois, o
emprego da versión interactiva deste xénero xornalístico visu al para a
explicación do paso a paso de determinadas realidades complexas ou
para as cales non existen documentos visuais — vídeos, imaxes — queda
vencellada de xeito especial á infogr afía estática, sendo posible advertila
na animada cando a busca se realiza dentro das formas nacidas ao
abeiro do novo soporte web.
2. 2 . Prese nza en termos cuantitativos
Prestamos atención neste punto aos núme ros que dan conta do xeito
de presentar a infografía como parte do relato informativo na edición
dixital de El Mundo. Pa r a iso, tal e como se explicou ao describir a ficha de
análise que serve como vehículo para esta fase da investigación,
identifícase se as pezas informativas analizadas albergan no seu interior
unha ou máis dunha infografía.
Así, para o caso desta cabeceira, foi posible observar como 488 das
839 informacións estudadas só presentan unha infografía, isto é, un
58,16%. Este dato constrúese a partires da grande cantidade de traballos
Á NGEL V IZOSO
408
que son presentados como acompañamento ou mesmo ampliación dos
contidos informativos, resultando escasas as ocasións nas que actúan
como elemento protagonista na comunicación da información. A maioría
destes exemplos teñen a súa orixe en conxuntos de datos que son
representados de xeito gráfico a partires de formas sinxelas e moi
instaladas no saber visual das audiencias . E stas actúan como vehículo para
a transmisión da información ou como elemento de ampliación,
xeralmente a través das cifras.
Porén, hai outros 351 exemplos nos que os profesionais a cargo da
elaboración dos contidos informativos botaron man de máis dun traballo
de infografía. Así, logo da observación destas pezas foi posible ver como
en elmundo.es foron publicadas informacións con dúas infografías, mais
tamén outras — unha, neste caso — con catorce. Cando se decide
introducir máis dun contido desta natureza na narración, a fórmula máis
habitual é, segundo a análise realizada, a de presentar dúas infografías. Isto
acontece en 189 d os 351 casos nos é posible falar da presenza deste xénero
en plural nunha información.
Esta presentación múltiple vai decaendo conforme se revisa a
aparición de máis visualizacións por traballo. Así, foi posible acceder a 86
casos nos que son tres as infografías, e 40 onde a cifra é de catro. A partires
deste punto apréciase xa unha redución significativa para aqueles
exemplos con cinco —14 ocasións— ou seis —11 aparicións— contidos
visuais desta natureza, atopando o máximo número en, como se apuntaba
anteriormente 14.
A respecto desta aposta pola presentación múltiple de infografías é
preciso apuntar como esta garda unha certa relación coa temática
abordada nas informacións nas que están contidas. Se ben os traballos con
dous ou incluso tres exemplos de visualización poden responder a
temáticas moi diversas, estas comezan a centrarse en determinados
campos a medida que revisamos a presenza de máis exemplos deste
xénero visual. Así, un bo número das informacións con entre seis e nove
A infografía de elmundo.es
409
exemplos de infografía están centradas en dúas temáticas concretas. Por
un lado as estimacións e previsións que xorden logo da realización de
sondaxes preelectorais ou enquisas de opinión. As pezas que coinciden
con estas características adoitan presentar varios dos aspectos abordados
nas enquisas para presentalos en bloques acompañados de gráficos, o que
fai que aumente o número de exemplos por traballo. Tamén nesta
temática, existen casos nos que se tenta elaborar un mapa de reparto de
escanos en diferentes territorios. A redacción de El Mundo adoita realizar
isto a través dun comentario en texto, mais tamén o acompañan de
pequenos gráficos que dan boa conta da situación prevista polos estudos
demoscópicos realizados.
Por outra banda, é posible at opar un número considerable de
traballos nos que poden ser identificados múltiples exemplos de infografía
nos que a temática principal é a pandemia da COVID-19. Como se veu
apuntando nalgunhas ocasións ao longo das últimas páxinas, a natureza
da COVID- 19, o seu carácter global e a relevancia da evolución dos datos
fixo que a visualización da información gañase peso como fórmula para o
seu tratamento. Neste marco é no que resulta factible identificar traballos
nos que se aborda a evolución do coronavirus mediante traballos que
poden chegar a incluír entre seis e nove gráficos. Aínda que estes casos en
conxunto non chegan a acadar o peso en termos cuantitativos das 189
informacións nas que se conta con dúas infografías, non deixa de ser
salientable o feito de que a aposta por este xénero visual chegue ata estas
cotas en múltiples ocasións.
2.3. Ámbito temático
No plano temático —e observando novamente a mostra das 839
noticias revisadas para esta cabeceira—, estas aparecen vinculadas a 34
seccións diferentes. S e ben algunhas poderían estar inscritas en ámbitos
temáticos máis xerais, a súa propia denominación ofrece pistas claras
sobre os campos nos que a produción deste xénero visual é maior.
A infografía de lavozdegalicia .es
501
3.2. Tipo s de visualización empregadas
Abordamos agora o estilo da visualización que foi posible advertir
para o caso da edición en liña de La Voz de Galicia. Acudimos, para tal fin,
aos datos expostos no gráfico 10, nos que se recolle a presenza de cada
unha das oito opcións revisadas no marco da ficha de análise empregada.
Gráfico 10 . Tipos d e visualizaci ón de datos en lavozdegalicia.es .
Elaboración propia .
Versión interactiva : https://cutt.ly/FmdgAbv
Tal e como se pode apreciar neste material, tres formas emerxen por
riba das restantes. Trátase da visualización espaci al, topográfica e tabular,
que dan acubillo a 92 dos 104 exemplos estudados. Os traballos espaciais
— con 32 aparicións — son fundamentalme nte aqueles nos que se fai da
infografía un elemento máis da narración xornalística, presentándoa na
propia páxina da noticia e sen que sexa necesaria ningunha acc ión extra nin
premer en ningún espazo para poder observala en toda a s úa extensión.
Se ollamos cara aos traballos encadrados nas tipoloxías topográfica e
tabular —con 31 e 29 exemplos respectivamente— vemos que se trata de
casos nos que, nunha grande parte das ocasións, se lle require ao usuario
unha acción extra para poder consultar os materiais infográficos. Se ben
isto non afecta ao estilo xeral que adoptan as visualizacións, que non
[Document text truncated for crawler view.]