scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000-2021)

Muíños Calvelo, Emilio

Abstract

Neste Traballo de Fin de Grao (TFG) analízanse as tendencias recentes da traxectoria enerxética de Galicia dende o ano 2000 ata o 2021 co obxectivo de identificar posibles desafíos vinculados ás fontes de enerxía empregadas. Polo tanto, a relevancia desta investigación reside en comprender a situación enerxética actual en Galicia para propoñer medidas que faciliten a transición cara a un modelo enerxético máis sostible e eficiente. Neste contexto, aplícase unha metodoloxía baseada na revisión bibliográfica de estudos anteriores e no conxunto de balances enerxéticos do INEGA publicados en cada un dos anos de estudo. Entre as conclusións, encontramos que Galicia segue sendo moi dependente das fontes de enerxía non renovables, xa que a produción de enerxía renovable segue sendo insuficiente para satisfacer a demanda interna de enerxía. Isto débese á existencia de grandes consumidores de enerxía, que proban a necesidade de implantar políticas que fomenten a eficiencia enerxética e a redución do consumo.

Full text

Emilio Muíños Calvelo Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Xuño 2023 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Economía Traballo de fin de grao 2 Resumo Neste Traballo de Fin de Grao (TFG) analízanse as tendencias recentes da traxectoria enerxética de Galicia dende o ano 2000 ata o 2021 co obxectivo de identificar posibles desafíos vinculados ás fontes de enerxía empregadas. Polo tanto, a relevancia desta investigación reside en comprender a situación enerxética actual en Galicia para propoñer medidas que faciliten a transición cara a un modelo enerxético máis sostible e eficiente. Neste contexto, aplícase unha metodoloxía baseada na revisión bibliográfica de estudos anteriores e no conxunto de balances enerxéticos do INEGA publicados en cada un dos anos de estudo. Entre as conclusións, encontramos que Galicia segue sendo moi dependente das fontes de enerxía non renovables, xa que a produción de enerxía renovable segue sendo insuficiente para satisfacer a demanda interna de enerxía. Isto débese á existencia de grandes consumidores de enerxía, que proban a necesidade de implantar políticas que fomenten a eficiencia enerxética e a redución do consumo. Palabras chave: enerxía, evolución enerxética, renovables, Galicia Número de palabras: 9984 3 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) Índice de contidos Resumo ....................................................................................................................2 Índice de contidos ....................................................................................................3 Índice de gráficas ......................................................................................................4 Planificación .............................................................................................................5 Introdución ..............................................................................................................7 1 Revisión bibliográfica acerca do paradigma subxacente na realidade enerxética de Galicia ............................................................................................................................ 8 1.1 Teoría do Intercambio Ecoloxicamente Desigual ......................................... 8 1.1.1 Caracterización teórica ............................................................................................ 8 1.1.2 Galicia como centro – periferia .............................................................................. 10 1.2 Teoría da especialización extractivista ....................................................... 10 1.3 Teoría da sobreabundancia enerxética ...................................................... 12 2 Caracterización enerxética de Galicia................................................................... 13 2.1 Estrutura interna da enerxía primaria en Galicia ....................................... 13 2.1.1 Enerxía primaria total ............................................................................................ 14 2.1.2 Enerxía primaria autóctona ................................................................................... 16 2.1.3 Enerxía primaria importada ................................................................................... 19 2.2 Transformacións enerxéticas en Galicia ..................................................... 21 2.2.1 Perdas nas transformacións enerxéticas ............................................................... 22 2.2.2 Rendementos nas transformacións enerxéticas.................................................... 23 2.2.3 Destinos nas transformacións enerxéticas ............................................................ 25 2.2.4 Enerxía dispoñible para o consumo final ............................................................... 27 Conclusións, limitacións e ampliación ..................................................................... 35 Bibliografía ............................................................................................................. 38 4 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) Índice de gráficas GRÁFICA 1: ORIXE DA ENERXÍA PRIMARIA EN GALICIA (%) ....................................................................................... 14 GRÁFICA 2: ORIXE DA ENERXÍA PRIMARIA EN GALICIA (KTEP) .................................................................................... 14 GRÁFICA 3: DISTRIBUCIÓN DA ENERXÍA PRIMARIA TOTAL (%) ................................................................................... 15 GRÁFICA 4: CARBÓN EMPREGADO NAS CENTRAIS TERMOELÉCTRICAS (KTEP) ................................................................ 16 GRÁFICA 5: PRINCIPAIS COMPOÑENTES DA ENERXÍA PRIMARIA AUTÓCTONA (%) .......................................................... 17 GRÁFICA 6: COMPOÑENTES COMPLEMENTARIOS DA ENERXÍA PRIMARIA AUTÓCTONA (%) .............................................. 18 GRÁFICA 7: COMPOÑENTES PRINCIPAIS DA ENERXÍA PRIMARIA IMPORTADA (%)........................................................... 19 GRÁFICA 8: EVOLUCIÓN DOS COMPOÑENTES PRINCIPAIS DA ENERXÍA PRIMARIA IMPORTADA (KTEP) ................................ 20 GRÁFICA 9: EVOLUCIÓN DA ESTRUTURA INTERNA DO PETRÓLEO (KTEP) ...................................................................... 20 GRÁFICA 10: COMPOÑENTES COMPLEMENTARIOS DA ENERXÍA PRIMARIA IMPORTADA (%) ............................................ 21 GRÁFICA 11: EVOLUCIÓN DAS PERDAS NA TRANSFORMACIÓN DE ENERXÍA (%) ............................................................ 22 GRÁFICA 12: ORIXE DAS PERDAS NA TRANSFORMACIÓN DE ENERXÍA (%) .................................................................... 23 GRÁFICA 13: EVOLUCIÓN DOS RENDEMENTOS DAS TRANSFORMACIÓNS ENERXÉTICAS (%) ............................................. 24 GRÁFICA 14: ORIXE DOS RENDEMENTOS DAS TRANSFORMACIÓNS ENERXÉTICAS (%) ..................................................... 24 GRÁFICA 15: DESTINOS PRINCIPAIS DAS ENERXÍAS AUTÓCTONAS (KTEP) ..................................................................... 25 GRÁFICA 16: DESTINOS PRINCIPAIS DAS ENERXÍAS IMPORTADAS (KTEP) ...................................................................... 26 GRÁFICA 17: DISTRIBUCIÓN DA ENERXÍA DISPOÑIBLE PARA O CONSUMO FINAL (%) ...................................................... 27 GRÁFICA 18: ELECTRICIDADE XERADA POR COMPOÑENTES (KTEP) ............................................................................. 28 GRÁFICA 19: CALOR XERADA POR COMPOÑENTES (KTEP) ........................................................................................ 29 GRÁFICA 20: PRODUTOS PETROLÍFEROS POR COMPOÑENTES (KTEP) .......................................................................... 30 GRÁFICA 21: EVOLUCIÓN DO CONSUMO TOTAL DE ENERXÍA DISPOÑIBLE NETA (KTEP) .................................................... 31 GRÁFICA 22: EVOLUCIÓN NOS DESTINOS DO CONSUMO DE ENERXÍA PRIMARIA DISPOÑIBLE NETA (KTEP) ........................... 31 GRÁFICA 23: EVOLUCIÓN NOS DESTINOS DO CONSUMO DE ENERXÍA PRIMARIA DISPOÑIBLE NETA (%) .............................. 32 GRÁFICA 24: DISTRIBUCIÓN DO CONSUMO DE CALOR (KTEP) .................................................................................... 32 GRÁFICA 25: DISTRIBUCIÓN DO CONSUMO DE ELECTRICIDADE (KTEP)......................................................................... 33 GRÁFICA 26: DISTRIBUCIÓN DO CONSUMO DE PRODUTOS PETROLÍFEROS (KTEP) .......................................................... 34 GRÁFICA 27: DISTRIBUCIÓN DO CONSUMO DE BIOCOMBUSTIBLES (KTEP) .................................................................... 34 5 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) Planificación Neste apartado, recóllese o xeito de proceder na elaboración do TFG, incluíndo os prazos correspondentes, as reunións realizadas e outras cuestións significativas en materia de procedemento por cores. Aproveito estas liñas tamén para agradecerlle o seu labor a Adrián Dios Vicente, que como titor deste TFG, demostrou unha vez máis que para ser profesor primeiro hai que ser alumno, co grao de empatía que iso conleva. A vós tamén, abuela, mamá, papá, José e Javier, gracias por darlle sentido, a todo. La M.O.D.A. “Y hasta el miedo desaparece, al fondo, entre las sombras, la luz ha dibujado una frase, no estás solo en este mundo” 6 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) 7 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) Introdución Para comezar, o obxectivo deste TFG é analizar as tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia dende 2000 ata 2021 co fin de identificar posibles problemáticas asociadas ás fontes enerxéticas empregadas. Polo tanto, a importancia do traballo radica na comprensión da situación enerxética actual en Galicia para poder establecer medidas que permitan avanzar cara un modelo enerxético máis sostible e eficiente. Neste sentido, emprégase unha metodoloxía baseada na revisión bibliográfica de estudos previos relacionados e do conxunto de balances enerxéticos do INEGA publicados durante este período, estruturándose o traballo en catro partes principais: unha introdución, unha revisión da literatura existente, unha análise de datos e unha síntese de conclusións. Entre os resultados, veremos que Galicia segue sendo en gran medida dependente de fontes enerxéticas non renovables, xa que a produción de enerxía renovable aínda é insuficiente para cubrir a demanda enerxética interna, posto que existen grandes sumidoiros de enerxía que evidencian a necesidade de establecer políticas que promovan a eficiencia enerxética e a redución do seu consumo. 8 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) 1 Revisión bibliográfica acerca do paradigma subxacente na realidade enerxética de Galicia 1.1 Teoría do Intercambio Ecoloxicamente Desigual Para comezar, convén expoñer teoricamente a problemática da dimensión ambiental en Galicia para trasladalo empiricamente, a continuación, ó que sucede na práctica. Neste sentido, parece suxestivo aludir á teoría do intercambio ecoloxicamente desigual, que cimentada nas transferencias netas de capital natural, proba grosso modo que ata con patróns de comercio internacional equilibrados financeiramente poden xerarse trocos asimétricos de fluxos enerxéticos e materiais (Peinado, 2015). 1.1.1 Caracterización teórica Previamente, é apropiado sinalar as motivacións que nos levan a profundizar na devandita teoría. En primeiro lugar, cuestiona ó neoliberalismo e ó neoextractivismo alentando ós países periféricos a que reduzan progresivamente a súa relación sen contrapartida cos centrais, impulsando os seus propios procesos industrializadores e contribuindo en consecuencia, nunha hipotética converxencia. Precisando, o neoextractivismo preséntase como un enfoque político no que os gobernos aplican políticas públicas comprometidas coa regulación sobre a apropiación dos recursos e a súa exportación (ben nacionalizando as materias primas ou modificando as condicións contractuais) para garantir o desenvolvemento nacional e a estabilidade política, reducir a pobreza e promover unha maior participación social (Hans, 2016). En segundo lugar, discute o fundamento das correntes económicas hexemónicas, xa que desvincula a homoxeneización de bens que por natureza son diferentes da utilización exclusiva de prezos para empregar outros instrumentos relativos ó comercio exterior, como os fluxos de materiais e de enerxía (Peinado, 2018). En terceiro lugar, considera a sustentabilidade ambiental con perspectiva relativa, poñendo de manifesto a posible existencia dun comercio dispar entre países que sen recursos naturais, son exportadores dun gran valor engadido con países que dispoñen dun gran volume de recursos, pero cuxa estrutura exportadora é fundamentalmente primaria (Belloni & Peinado, 2013). Isto ten que ver co papel das multinacionais industriais e financeiras nos Estados que se encontran á súa disposición, pois asentando grandes cantidades de capital en territorio alleo, dan forma a unha nova lei de valor mundializada que permite a obtención de beneficios extraordinarios á costa da explotación dos traballadores. Á súa vez, erixe unha desigual división internacional do traballo que leva ás periferias a actuar como subcontratistas do capital dominante nas súas actividades de produción, feito propio do capitalismo máis primitivo e que impide implicitamente calquer posible oportunidade de rattrapage 1 (Amin, 2001). En conxunto, estes motivos identifican ó intercambio ecoloxicamente desigual como observador de fluxos ocultos do comercio internacional 1 Término francés que empregado neste contexto se refire á imposibilidade dos países periféricos de alcanzar niveis de desenvolvemento similares ós dos países centrais. 9 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) e permiten realizar unha análise baseada na crítica dos impactos económicos, sociais e ambientais resultantes da inserción de Galicia no mesmo, poñendo consigo en dúbida ó concepto de desenvolvemento sostible (Peinado, 2019). No marco da literatura da economía ambiental, o intercambio ecoloxicamente desigual concíbese como resultado do comercio internacional ó exportar os países da periferia bens cun alto contido de recursos naturais propios e importar bens producidos polos países do centro cun menor contido dos mesmos. Isto tradúcese nunha transferencia neta de materiais e enerxía dos países periféricos ós centrais, provocando unha diminución do capital natural dos primeiros e favorecendo a conservación do pertencente ós segundos. Polo tanto, para aludir ó concepto de desigualdade, o foco debe situarse na acumulación ou desacumulación de capital natural (Peinado, 2015). Dende este punto de vista, semella que con independencia da sostibilidade dos patróns de consumo dos países periféricos, son os relativos ó seu comercio internacional os que permiten suxeitar que o proceder produtivo dos países centrais é sostible. Agora ben, só podería aceptarse esta afirmación ceteris paribus, xa que ó non reparar en que os patróns de consumo dos países centrais son insostibles, omítese a deslocalización dos efectos externos para a obtención de bens intensivos en recursos naturais que precisan internamente. É dicir, este sesgo constata que as condutas produtivas dos países centrais non son sostibles, senón que se esconden tras o velo da súa aparencia. De feito, é o comercio internacional o que conduce ós países periféricos a unha trampa da pobreza que por un lado, socava calquer posible desenvolvemento económico a través da acumulación de capital no presente e destrúe toda posibilidade de desenvolvemento económico no futuro ó xerar unha desagregación do seu capital natural que obstaculiza consigo a creación de valor engadido nas exportacións de materias primas non transformadas, que xa partían inicialmente dunha situación adversa (Muradian & Martinez - Alier, 2001). Seguindo na mesma liña, ponse de manifesto que a non incorporación dos custos ambientais ós prezos das exportacións periféricas é a causa principal do intercambio ecoloxicamente desigual. Deste xeito, as externalidades non recollidas dotan ós prezos dunha cuestionable verosimilitude con profundas repercusións para as economías periféricas, como o esgotamento de certos recursos ou a irreparabilidade dos impactos derivados da súa utilización. Tanto é así que, o desaxuste entre prezos e custos se distribúe con perspectiva intertemporal, é dicir, non só para as xeracións actuais, senón que tamén para as futuras (Peinado, 2015). Isto permite abandonar o paradigma neoclásico, que determina que o establecemento de prezos depende da interacción entre oferta e demanda. Agora dase paso á Economía Ecolóxica, que critica a crematística das correntes tradicionais e propón a análise multicriterio; defende que os prezos, ficticios, son resultado das diferenzas existentes entre o centro hexemónico e a periferia subordinada; destaca que calquer desenvolvemento potencial periférico se ve truncado polo aumento de produtividade do territorio central, perpetuando as desigualdades interterritoriais (Pérez - Rincón, 2006). Para seguir, cómpre introducir o concepto de débeda ecolóxica, que baseado na idea de xustiza ambiental, alude á obriga contraída pero non levada a cabo polos países centrais ó explotar continuadamente os recursos naturais dos países periféricos, a un 16 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) aumenta a súa proporción relativa en todo o período e isto relaciónase co mantemento das actividades transformadoras realizadas en A Coruña, tanto da refinaría de Repsol como da planta de Reganosa e os ciclos combinados que substituíron ó lignito pardo; a hidráulica mantense relevante en todo o período polas condicións do territorio galego, pero o seu volume enerxético depende das condicións hídricas en cada ano; tanto a eólica como a biomasa aumentan a súa importancia relativa en todo o período. Gráfica 4: Carbón empregado nas centrais termoeléctricas (ktep) A gráfica 4 exhibe que o carbón galego tiña menor poder calorífico e polo tanto permitía obter menos enerxía primaria (ktep). A nivel de extracción, en miles de toneladas, era moi superior respecto do carbón importado, pero como viñamos adiantando, en 2008 a lexislación ambiental obrigou ó cese da extracción de lignito pardo. Isto repercutiu nun aumento do carbón importado dende o 2010 en adiante, pero foise moderando progresivamente coa súa substitución pola gran dispoñibilidade de enerxías renovables. 2.1.2 Enerxía primaria autóctona Respecto á enerxía primaria autóctona, é preciso sinalar previamente que na actualidade, a carteira de produción está formada só por fontes renovables, aínda que recollamos aquí a evolución de todas as empregadas durante o período de estudo por ser obxecto de interese, iso si, sen considerar a súa aplicación posterior. Agora ben, distinguiremos entre principais e complementarias por unha cuestión de perspectiva relativa, pois en termos absolutos estaríamos infravalorando a importancia das últimas. En primeiro lugar, atendemos ás principais, entre as que se encontra o carbón ou lignito pardo, segundo a dispoñibilidade de stocks; a auga, que diferenza entre minihidráulica para a enerxía producida polas centrais con potencia igual ou inferior a 10 MW e gran hidráulica para as que teñen potencia superior a 10 MW ou son de bombeo mixto; a biomasa, baseada no emprego, por un lado, de fraccións biodegradables dos produtos, desperdicios e residuos varios de orixe biolóxica cuxa procedencia ten que ver con actividades agrarias, de silvicultura ou relacionadas, como a pesca ou a acuicultura e por 17 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) outro lado, de fraccións biodegradables de residuos industriais e municipais; o vento, coa enerxía obtida dos parques eólicos. Gráfica 5: Principais compoñentes da enerxía primaria autóctona (%) A gráfica 5 destaca o peso cuantitativo do carbón galego ou lignito pardo, que ata 2007 foi a partida principal da carteira enerxética galega, pero non só deixou de selo, senón que desapareceu coa Directiva 2001/80/CE do 23 de outubro, que entrando en vigor o 1 de xaneiro de 2008 e pretendendo limitar as emisións de certos axentes contaminantes á atmosfera, dictou sentencia ás grandes instalacións de combustión de As Pontes e Meirama; o relevo por parte das enerxías eólica e hidráulica, que pasaron respectivamente dun 18,45% e 18,57% en 2007 a un 34,3% e 27,59% en 2008, sendo máis ou menos relevante unha ou outra en función da pontencia instalada no caso da primeira e da pluviosidade anual no caso da segunda; a aportación da biomasa, que tamén veu a súa participación incrementada a partir de 2008, pero sendo especialmente relevante en 2017 como consecuencia dun aumento na instalación de novas estufas e caldeiras tecnoloxicamente máis avanzadas en Galicia. En segundo lugar, referímonos ás complementarias, entre as que se encontra a enerxía residual proveniente de aceites reciclados, graxas animais e diversos procesos produtivos; os biocombustibles, que se empregan no transporte pola semellanza nas súas características cos produtos petrolíferos; os Residuos Sólidos Urbanos (RSU), dos que 50% son biodegradables e 50% non renovables; a biomasa, que producida pola dixestión anaeróbica de biomasa, se atopa en lugares como vertedoiros, lodos de depuración e matadoiros; o sol, canalizándose a súa enerxía a través de asentamentos térmicos e placas fotovoltaicas; a aerotermia, xeotermia e hidrotermia, cuxa enerxía se orixina respectivamente grazas ós cambios térmicos xerados no aire ambiente, á calor acopiada baixo a superficie sólida da terra e á existente na superficie acuática. 18 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) Gráfica 6: Compoñentes complementarios da enerxía primaria autóctona (%) A gráfica 6 acentúa o cada vez maior peso cualitativo (e consecuentemente cuantitativo, supoñendo cerca do 11% entre 2008 e 2009, reducíndose ata o 5,7% en 2013 e crecendo excepcionalmente ata chegar case ó 12% en 2017, diminuíndo seguidamente nos últimos anos) do carácter renovable no abanico de fontes de enerxía primaria en Galicia, posto que a totalidade delas posúen esta característica, exceptuando en calquera caso a parte non renovable dos RSU ou certa fracción de enerxía residual. Seguindo nesta liña, a enerxía residual mantense no 3,27% de media entre 2000 e 2008 como consecuencia da actividade das centrais térmicas de As Pontes e Meirama, pero redúcese dende os anos inmediatamente posteriores ó seu peche, supoñendo en 2021 apenas un 0,2% e crecendo un pouco ata o1,85% en 2021; a enerxía solar ve incrementada a súa participación porcentual dende os seus inicios, pese a que aínda represente só un 0,71%; os biocombustibles, como o biodiesel e o bioetanol, foron promovidos entre 2008 e 2009 pola administración autonómica con grandes expectativas de produción, pero a realidade da crise e unha competencia desleal dende o estranxeiro resultaron nunha entelequia máis ca nun éxito, paralizando ás empresas existentes no momento, Infinita Renovables, Entabán Biocombustibles, Energía Gallega Alternativa e Biocarburantes de Galicia, e impedindo que poidera desenvolverse o sector nas condicións adecuadas, manténdose a súa contribución dende 2012 nuns niveis máis reducidos que rondan o 3,59% de media (Pardo, 2012); o biogás ten unha participación reducida dende os seus inicios que se extende ó longo do período estudado, ocorrendo algo similar no caso da aerotermia, a xeotermia e a hidrotermia, así como doutras renovábeis, aínda que de xeito menos pronunciado. 19 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) 2.1.3 Enerxía primaria importada No tocante á enerxía primaria importada, o comportamento é moi diferente, xa que a carteira de importación co resto do Estado e o estranxeiro se compón historicamente na súa maioría de fontes non renovables, ocorrendo con exclusividade a partir de 2007. Por unha banda, os compoñentes principais só comprenden combustibles fósiles, entre os que se atopa o petróleo, co cru destinado á refinaría da Coruña e cos produtos petrolíferos como combustibles elaborados ou semielaborados para ser transformados; o carbón, tanto hulla, como hulla subbituminosa e antracita, que se empregan nas centrais térmicas e noutras industrias; o gas natural, obtido a través da planta de regasificación de Reganosa, do camión cisterna ou da rede de gaseoductos do Estado. Gráfica 7: Compoñentes principais da enerxía primaria importada (%) A gráfica 7 permite contrastar a contribución dos combustibles fósiles no mix de enerxía primaria importada, pero inevitablemente tamén da total, xa que en xeral, as súas achegas son moi superiores ás realizadas polas enerxías autóctonas en todo o período, de maneira que o petróleo representa o 75,65% no 2000, redúcese ata o 56,74% en 2012 e alcanza o 65,66% en 2019; o gas natural pasa do 2,22% no 2000 ó 19,43% en 2011 e tras unha baixa participación nos anos vindeiros, alcanza de novo o 19,69% en 2019, sendo aínda a súa proporción relativamente baixa a causa da climatoloxía galega, que non extrema, conduce a un menor consumo para calefaccións centrais e uso doméstico. 20 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) Gráfica 8: Evolución dos compoñentes principais da enerxía primaria importada (ktep) A gráfica 8 trata de expoñer a evolución dos combustibles fósiles, pero máis concretamente do carbón, que é a excepción ó mencionado anteriormente por experimentar unha gran redución nos últimos anos de estudo, pasando dos 1.802 ktep no 2000, ós 1324 ktep no 2010 e ós 588 ktep no 2019, obviando ó carácter atípico do 2020, pero confirmando a tendencia cos 154 ktep de 2021. Gráfica 9: Evolución da estrutura interna do petróleo (ktep) A gráfica 9 focalízase no petróleo, poñendo de manifesto que o cru ten un comportamento máis favorable ó longo do período cunha media de 4.871 ktep, fronte ós 1.887 ktep dos produtos petrolíferos, que ademais se reducen na última década. En conxunto, a súa presenza é superior á media da UE e isto ten que ver primeiro, cun maior 21 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) desenvolvemento no transporte de mercadorías por estrada fronte ó transporte ferroviario e segundo, coa necesidade de abastecemento da frota marítima. Noutras palabras, cada vez somos máis transformadores de cru de petróleo e menos consumidores dos seus derivados producidos no exterior. Por outra banda, os compoñentes complementarios abarcan a electricidade, importada doutras CC. AA. ou países; a biomasa, con cereais e alcois empregados para xerar bioetanol; os biocombustibles, co bioetanol incorporado ás gasolinas e gasóleos. Gráfica 10: Compoñentes complementarios da enerxía primaria importada (%) A gráfica 10 indica que a enerxía aportada polos compoñentes complementarios é certamente residual, xa que a electricidade tivo un peso relativo importante entre 2000 e 2007, pasando do 1,61% ó 3,02% pero desaparecendo en 2008; a biomasa contribuiu de maneira efímera e reducida entre 2002 e 2006, pasando do 0,11% ó 1,35%; os biocombustibles mantiveron un peso relativo superior entre 2006 e 2021, pasando do 0,01% ó 1,87%. 2.2 Transformacións enerxéticas en Galicia En vista do anterior, queda comprobado de maneira implícita que non existe enerxía primaria en Galicia, sexa cal sexa a súa procedencia, que se destine como fin primeiro á exportación. Non obstante, o certo é que se ben Galicia non destaca por unha sobreabundancia enerxética en recursos, si que o fai por unha gran capacidade transformadora dos mesmos para a obtención de enerxía dispoñible, que en última instancia se destina ó consumo interno ou á exportación. 22 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) 2.2.1 Perdas nas transformacións enerxéticas Durante as devanditas transformacións, prodúcense perdas de enerxía 3 nas fontes primarias que se materializan en forma de calor e outras formas de enerxía non útiles que dependen do nivel de rendemento 4 relacionado. Gráfica 11: Evolución das perdas na transformación de enerxía (%) A gráfica 11 reflexa a evolución das perdas na transformación de enerxía respecto da enerxía primaria total, podendo observarse unha redución máis moderada entre 2000 e 2006, pasando do 34,53% ó 28,18%, e máis intensa entre 2006 e 2009, chegando ó 17,33%, pois é cando cesan as actividades extractivas nas centrais térmicas de As Pontes e Meirama; un aumento do 16,32% ó 25,62% entre 2011 e 2017 como consecuencia da substitución do lignito pardo xa extinto na mesma proporción necesaria de carbón importado; unha clara diminución entre 2017 e 2021 por unha maior utilización de enerxías renovables autóctonas e un cada vez menor emprego de carbón nos últimos anos, alcanzando así o 11,38% no 2021, obviando de novo o carácter atípico do 2020. 3 Diferenza entre a enerxía primaria e a dispoñible para o consumo cun uso enerxético. 4 Ratio entre a enerxía dispoñible para o consumo despois das transformacións enerxéticas e o volume total de enerxía primaria. 23 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) Gráfica 12: Orixe das perdas na transformación de enerxía (%) A gráfica 12 amosa que entre 2000 e 2007, as perdas na transformación de enerxía importada representan de media un 68,3% da enerxía primaria total, correspondéndose o 31,7% restante coas da enerxía autóctona; entre 2008 e 2020, as perdas na transformación de enerxía importada ascenden ó 92,7% de media, mentras que as debidas á enerxía autóctona apenas representan un 7,3%, tendo isto que ver cun trasvase de recursos dende as instalacións de transformación existentes en Galicia ata o momento ó monto de importacións realizadas na proporción que se veu perdendo; non se inclúe o 2021 por non diferenciar o INEGA a procedencia das perdas neste ano. 2.2.2 Rendementos nas transformacións enerxéticas A raíz do anterior, obtéñense os rendementos 5 das transformacións enerxéticas, permitindo observar o mesmo que ata agora, mais dende un punto de vista diferente. 5 Eficiencia coa que unha fonte de enerxía primaria se converte nunha forma de enerxía e veñen dados polo factor de rendemento xa mencionado. 24 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) Gráfica 13: Evolución dos rendementos das transformacións enerxéticas (%) A gráfica 13 pon de manifesto a evolución dos rendementos como contrapartida das perdas, reparando nun aumento máis controlado entre 2000 e 2006 que pasa do 65,47% ó 71,82% e máis repentino entre 2006 e 2009, chegando ó 82,67%; unha redución do 83,68% ó 74,38% entre 2011 e 2017; un crecemento contundente e repentino entre 2017 e 2021, chegando así ó 88,62% da enerxía primaria útil en 2021, tras un lixeiro descenso respecto do 89,35% do ano 2020. Gráfica 14: Orixe dos rendementos das transformacións enerxéticas (%) 25 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) A gráfica 14 mostra que entre 2000 e 2007, os rendementos na transformación de enerxía importada representan de media un 80,52% da enerxía primaria total, correspondéndose o 19,48% restante cos da enerxía autóctona; entre 2008 e 2020, os rendementos na transformación de enerxía mostran carácter cíclico, reducíndose no caso da importada ó 77,9% e ascendendo no caso da autóctona ó 22,1%, manténdose en consecuencia máis ou menos inalterados nese período; non se inclúe o 2021 por non diferenciar o INEGA a procedencia dos rendementos neste ano. Adoptando unha perspectiva xeral, entre 2000 e 2020 pode apreciarse unha tendencia á redución das perdas xeradas coas transformacións enerxéticas que vén explicada en gran parte pola inactividade de As Pontes e Meirama, a consecuente maior dependencia enerxética co carbón de importación, sendo este máis eficiente e o posterior desenvolvemento de enerxías renovables en Galicia. Polo tanto, dedúcese certa superioridade no nivel de rendemento das fontes importadas sobre as autóctonas, pero cómpre realizar matizacións que fundamenten esta afirmación, que sustentada na óptica superficial dos datos empregados, non considera nin a estrutura interna nin o destino final das enerxías mencionadas. 2.2.3 Destinos nas transformacións enerxéticas Gráfica 15: Destinos principais das enerxías autóctonas (ktep) A gráfica 15 indica que os compoñentes principais do entramado de enerxía primaria autóctona (coa auga, a biomasa, o vento e o no seu momento, cunha gran aportación, tamén o carbón) se destinan no período de estudo por orde de importancia á xeración de electricidade e seguidamente de calor. 32 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) Gráfica 23: Evolución nos destinos do consumo de enerxía primaria dispoñible neta (%) A gráfica 23 achega claridade á situación anterior evidenciando como o peso do consumo galego gañaba unha maior porcentaxe de enerxía dispoñible paulatinamente estable entre 2000 e 2010 e chegando inclusive a representar o 67,05% do total en 2008 para invertirse a situación entre 2011 e 2021, exceptuando os anos 2013 e 2014 e chegando a un mínimo do 59,26% en 2018, non tendo en conta o 2020. Gráfica 24: Distribución do consumo de calor (ktep) A gráfica 24 adéntrase no mix de consumos enerxéticos, permitindo observar que naturalmente, toda a calor que se produce en Galicia se consome no propio territorio galego, pero cómpre distinguir entre a calor xerada mediante procedementos tradicionais, coa que só se obtén enerxía térmica, cun cada vez maior peso do consumo de enerxías renovables e en consecuencia, menor peso do referido ós combustibles convencionais; a coxeración ou xeración combinada de electricidade e calor, coa que se aproveita a calor residual xerada na produción de electricidade para usos térmicos, mellorando a eficiencia enerxética do proceso e contribuindo nun mellor aproveitamento de recursos, pese á súa menor aportación en termos cuantitativos. 33 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) Gráfica 25: Distribución do consumo de electricidade (ktep) A gráfica 25 introduce o que será un comportamento diferente no resto de compoñentes, comezando coa electricidade, para a que a enerxía total producida en Galicia supera con creces as necesidades do consumo interno en todo o período. Empero, dacordo coas liñas de tendencia, o consumo galego experimenta un crecemento absoluto ata 2007 seguido dunha redución relativa de menor magnitude ata 2020. De xeito invertido, as exportacións redúcense ata 2011 e aumentan en xeral dende entón ata 2018. Isto leva a unha redución, aínda que non tan significativa, no diferencial dos destinos do consumo nos últimos anos. 34 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) Gráfica 26: Distribución do consumo de produtos petrolíferos (ktep) A gráfica 26 segue na liña do anterior cos produtos petrolíferos, para os que a enerxía total producida mostra un diferencial menor entre o consumo en Galicia e o de exportación. Non obstante, o consumo interno, superior entre 2000 e 2015 (coa excepción do ano 2001) e máis ou menos estable no 50% do total, pasa entre 2016 e 2021 a ser inferior ó exportado. Neste sentido, co acrecentamento máis recente do diferencial, revélase a progresiva substitución do consumo de produtos petrolíferos para o transporte por enerxías renovables en Galicia e o potencial transformador da refinería de Repsol na Coruña, pois cada vez a demanda dende o exterior aumenta e as liñas de tendencia non parecen indicar un cambio moi pronunciado nos próximos anos. Gráfica 27: Distribución do consumo de biocombustibles (ktep) A gráfica 27 indica o mesmo no caso dos biocombustibles, para os que a enerxía total producida, se ben é moi inferior ó resto, mostra un diferencial cada vez maior favorecido por un consumo destinado á exportación por unha demanda en crecemento. 35 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) Conclusións, limitacións e ampliación Primeiro, cúmplese a teoría do intercambio ecoloxicamente desigual en Galicia probando ademais que non existe dicotomía algunha entre o perfil dual centro - periferia. Por un lado, actúa como centro ó ser un importador neto de recursos naturais dos países de ingresos medios e baixos, feito que contribúe nunha menor pegada material co exterior e resulta en termos de intercambio máis favorables. Por outro lado, actúa como periferia ó ser un provedor neto de recursos naturais dos países de ingresos altos, isto leva á exportación de actividades primarias, como a minaría ou a silvicultura, cun menor valor engadido no comercio, pero de gran demanda segundo o socio comercial. Agora ben, a intensidade material requerida no proceso é superior no caso das exportacións, polo que a capacidade galega de xerar e exportar valor engadido implica máis extraccións materiais que o fluxo oposto, é reducida e inferior á dos países ricos. Segundo, no marco da teoría da especialización extractivista, refútase o enfoque extractivista que defende que se pode atender a demanda interna en crecemento e cubrir a do resto do Estado cos recursos xa existentes en Galicia. É dicir, o capital natural enerxético primario galego, per se, é insuficiente para satisfacer a demanda propia, polo que en situacións normais, sería imposible que poidese abarcar a destinada á exportación. Ademais, co cese da actividade extractiva de lignito pardo nas centrais térmicas de As Pontes e Meirama, aumenta o grao de dependencia enerxética ó precisar aumentar as importacións de enerxía primaria para conservar a competencia exterior derivada da capacidade produtiva propia. Terceiro, aludindo á teoría da sobreabundancia enerxética, refórzase a idea anterior ó comprobar que en Galicia o saldo enerxético é historicamente deficitario como consecuencia dun elevado grao de dependencia enerxética que parece incrementar no tempo, máis concretamente no ámbito dos combustibles fósiles. Isto é, aínda reducindo parcialmente a dependencia enerxética relacionada co surco de exportacións, a dependencia externa segue sendo total no tocante ó consumo interno. Entón, a chave está en entender que Galicia ten unha capacidade exportadora salientable, pero isto non necesariamente implica que a dispoñibilidade de recursos tamén o sexa. Neste sentido, deixará de arraigarse a estrutura de consumo existente ata agora, traducíndose nun mecanismo automantido de pobreza enerxética intertemporal. Cuarto, cómpre destacar o papel de Galicia como pioneira da transición enerxética na contorna de España. Isto non só se reflexa coa redución no uso de combustibles fósiles 36 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) e máis especialmente do carbón ó cesar a actividade extractiva de As Pontes e Meirama en 2007, senón que tamén co aumento das enerxías renovábeis, particularmente da enerxía eólica, hidráulica e da biomasa, pero tamén da solar e os biocombustibles. En conxunto, manifestan o compromiso galego co futuro do sector das enerxías limpas, promoven a sostibilidade e a loita contra o cambio climático ó tratar de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e proban consigo que coidar o medio ambiente e xerar crecemento económico poden ser obxectivos complementarios. Non obstante, contrasta co anterior o patrón da enerxía primaria importada, que evidencia unha realidade crítica na matriz enerxética de Galicia ó revelar que segue sendo fortemente dependente da importación de fontes de enerxía non renovábeis. Tanto de gas natural, cos ciclos combinados que substitúen parcialmente ó lignito pardo dende 2007, como de petróleo, do que cada vez somos máis transformadores do cru e menos consumidores dos derivados producidos no exterior, feito que é indicativo de adaptación ó buscar eficiencia e autonomía. Quinto, na liña do anterior, próbase implicitamente que non existe enerxía primaria en Galicia, con independencia da súa orixe, que se destine en primeira instancia á exportación, pois como xa dixemos, non destaca por sobreabundancia enerxética en recursos. Agora ben, si que dispoñemos dunha gran capacidade de transformación dos mesmos para obter enerxía secundaria, que en última instancia se destina á exportación e en menor magnitude ó consumo interno. Neste sentido, os beneficios económicos non necesariamente se quedan na rexión e ó mesmo tempo, as externalidades negativas asociadas á produción enerxética, como a contaminación ambiental e outros custos sociais, recaen en gran medida sobre os cidadáns galegos. Polo tanto, existe un desequilibrio entre un pequeno grupo de beneficiados e un gran grupo de perxudicados que plantexa unha cuestión non resolta en materia de equidade. Tanto é así que, os beneficios da produción enerxética se concentran e privatizan, mentras que os custos son compartidos socialmente, polo que parece suxerente e necesaria a idea de implementar políticas centradas nunha redistribución máis equitativa de externalidades, positivas e negativas. Incidindo, semella pouco coherente pensar que dispoñendo dunha capacidade transformadora notable e dunha proximidade relativa respecto das fontes de enerxía, isto non se traduza en costes de transacción inferiores ou tarifas máis reducidas para os consumidores locais como efectos de arrastre da eficiencia na produción enerxética. Sexto, próbase que en Galicia existen grandes sumidoiros de enerxía, como o transporte no caso dos produtos petrolíferos ou o tecido empresarial no tocante á electricidade, sobre todo no ámbito do aluminio. Para afrontar este conxunto de circunstancias, sería imprescindible realizar un enfoque integral que involucrase ás partes interesadas, incluído ó goberno, ás empresas, ás organizacións e á poboación local co obxectivo de construír e implementar políticas e proxectos de enerxías sostibles e eficientes. Concretando, sería conveniente establecer políticas que por un lado, tratasen de reducir ou cando menos moderar o crecemento do consumo enerxético e por outro lado, concienciasen á sociedade de cara á realización de pequenos cambios que promovan directamente o aforro e a eficiencia enerxética. 37 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) En vista do panorama enerxético actual, como ampliación do TFG sería interesante estudar como o desenvolvemento da eólica mariña en Galicia podería contribuír no proceso rexional de transición enerxética. De acordo co potencial do sector, ó tempo que permitiría diversificar a matriz enerxética e reducir aínda máis a dependencia dos combustibles fósiles, podería favorecer a independencia enerxética cunha carteira de fontes exclusivamente renovables que, se ben xa era fundamental en termos cualitativos agora tamén sería importante en termos cuantitativos. En canto ás limitacións do traballo, destacaría que o tema de estudo é bastante concreto. Neste sentido, ter en conta o carácter rexional e particular de Galicia dentro de España foi unha condición sine qua non para poder aplicar certas investigacións, artigos académicos e informes de natureza máis xeral. 38 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) Bibliografía Amin, S. (2001). Capitalismo, imperialismo, mundialización. En J. Seoane, & E. H. Taddei, Resistencias Mundiales [De Seattle a Porto Alegre] (pp. 15 - 29). CLACSO. Belloni, P., & Peinado, G. (2013). Insercin externa, capitales transnacionales e intercambio ecolgicamente desigual en la América del Sur posneoliberal. Revista de Sociedad y Economía(25), 15 - 38. Consello Económico e Social de Galicia. (2023). O sector enerxético en Galicia: Presente e Futuro. Díez Montoya, S. (2020). De vuelta a las tres ecologías: aspectos ecosóficos de la crisis ecológica global. Revista de Filosofía(34), 222 - 253. Ding, N., & Field, B. C. (2005). Natural Resource Abundance and Economic Growth. Land Economics, 81(4), 496 - 502. Farelo, A. (2015). La potencialidad heurística del concepto de economía de enclave para repensar el territorio. Revista NERA, 18(28), 223 - 240. García, X. R. (2016). Os recursos enerxéticos galegos e o mito da sobreabundancia. Revista Tempos Novos(216), 34 - 36. Gudynas, E. (2015). Extractivismos: Ecología, economía y política de un modo e entender el desarrollo y la Naturaleza. CEBID. Hans, J. B. (2016). El neo - extractivismo en el siglo XXI. Qué podemos aprender del ciclo de desarrollo más reciente en América Latina. En J. B. Hans, R. Domínguez, C. Larrea, & S. (. Peters, Nada dura para siempre: neo - extractivismo tras el boom de las materias primas (pp. 55 - 87). Quito, Ecuador: UASB - ICDD. INEGA. (2000 - 2021). Balance Enerxético de Galicia. Jean - Philippe, C. S. (2005). Natural resource abundance and economic growth revisited. Resources Policy, 30(2), 107 - 130. Martín, R. D. (2021). El extractivismo y sus despliegues conceptuales. Revista Territorios y Regionalismos(4), 1 - 26. Martínez Alier, J., & Roca Jusmet, J. (2014). Economía ecológica y política ambiental. FCE - Fondo de Cultura Económica. 39 Tendencias recentes na evolución enerxética de Galicia (2000 – 2021) Muradian, R., & Martinez - Alier, J. (2001). Trade and the environment: from a 'Southern' perspective. Ecological Economics, 36(2), 281 - 297. Pardo, C. D. (30 de Abril de 2012). Entaban entra en concurso de acreedores. Economía Digital Galicia. Peinado, G. (2015). Intercambio ecológicamente desigual e Intercambio desigual en Óscar Braun. Revista Iberoamericana de Economía Ecológica, 24, 187 - 202. Peinado, G. (2018). El Intercambio Ecológicamente Desigual como visibilizador de los flujos ocultos del comercio internacional. Revista de Economía, 70(112), 53 - 69. Peinado, G. (Diciembre de 2019). Inserción internacional e intercambio ecológicamente desigual : el desarrollo de un subdesarrollo desigual e insustentable en Argentina. Tesis de Maestría. FLACSO. Sede Académica Argentina, Buenos Aires. Pérez - Rincón, M. A. (2006). Colombian international trade from a physical perspective: Towards an ecological “Prebisch thesis”. Ecological Economics, 59(4), 519 - 529. Piñeiro, P., Pérez Neira, D., Infante Amate, J., Chas Amil, M. L., & Doldán García, X. R. (2020). Unequal raw material exchange between and within countries: Galicia (NW Spain) as a core-periphery economy. Ecological Economics. Rodríguez Arias, N., & Gómez López, C. S. (2014). La maldición de los recursos naturales y el bienestar social. Revista de Economía, 33(1), 63 - 90. Russi, D., Ramos - Martín, J., Puig Ventosa, I., Ortega Cerdà, M., & Ungar, P. (2003). Deuda ecológica, ¿Quién debe a quién? ICARIA. Sachs, J. D., & Warner, A. M. (Diciembre de 1995). Natural Resource Abundance and Economic Growth. National Bureau of Economic Research Working Paper Series(5398), pp. 43 - 76. National Bureau of Economic Research Working Paper Series: http://www.nber.org/papers/w5398 Vega Cantor, R. (2014). Extractivismo, enclaves y destrucción ambiental. Revista CEPA, 1(19), 27-32. W. Moore, J. (2016). El fin de la naturaleza barata: o cómo aprendí a dejar de preocuparme por “el” medioambiente y amar la crisis del capitalismo. Relaciones Internacionales(33), 143 - 174.