scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Planificando a formación dos futuros mestres: selección, clasificación e uso dos materiais sinxelos

Casal de la Fuente, Lucía

Abstract

Ofrécese nesta comunicación o relato dunha experiencia que tivo lugar na Università degli Studi di Milano-Bicocca. O alumnado da materia Mediazione didattica e strategie di gruppo con Laboratorio da Titulación Scienze della formazione primaria terá que pasar obrigatoriamente, como cada curso escolar, por un seminario formativo sobre selección, clasificación e uso de materiais naturais, de refugallo doméstico e de refugallo industrial. Para elo, a responsable da materia e previamente ao desenvolvemento do curso, organiza nunha xornada de preparación da formación e ademais instrutiva para as persoas que se encargarán do liderado destes seminarios. Neste texto detállanse os trazos organizativos desta xornada de formación de formadores. Nel, descríbense os obxectivos do obradoiro, a duración, a metodoloxía, os contidos, os recursos e a avaliación prevista. Debátese sobre as razóns polas cales os nenos deben manipular e investigar con materiais sinxelos e remátase cunha reflexión sobre a importancia dunha formación contextualizada e de acordo coas prácticas educativas que se pretenden inculcar: a aprendizaxe dende o punto de vista da exploración e da investigación persoal, co debido peso da auto-reflexión e documentación posterior

Full text

PLANIFICANDO A FORMACIÓN DOS FUTUROS MESTRES: SELECCIÓN, CLASIFICACIÓN E USO DOS MATERIAIS SINXELOS PLANNING THE FUTURE TEACHERS’TRAINING: SELECTION, CLASSIFICATION AND USE OF SIMPLE MATERIALS Lucía Casal de la Fuente Universidade de Santiago de Compostela, [email protected] Resumo: Ofrécese nesta comunicación o relato dunha experiencia que tivo lugar na Università degli Studi di Milano-Bicocca. O alumnado da materia Mediazione didattica e strategie di gruppo con Laboratorio da Titulación Scienze della formazione primaria28 terá que pasar obrigatoriamente, como cada curso escolar, por un seminario formativo sobre selección, clasificación e uso de materiais naturais, de refugallo doméstico e de refugallo industrial. Para elo, a responsable da materia e previamente ao desenvolvemento do curso, organiza nunha xornada de preparación da formación e ademais instrutiva para as persoas que se encargarán do liderado destes seminarios. Neste texto detállanse os trazos organizativos desta xornada de formación de formadores. Nel, descríbense os obxectivos do obradoiro, a duración, a metodoloxía, os contidos, os recursos e a avaliación prevista. Debátese sobre as razóns polas cales os nenos deben manipular e investigar con materiais sinxelos e remátase cunha reflexión sobre a importancia dunha formación contextualizada e de acordo coas prácticas educativas que se pretenden inculcar: a aprendizaxe dende o punto de vista da exploración e da investigación persoal, co debido peso da auto-reflexión e documentación posterior. Palabras clave: aprendizaxe experiencial, educación infantil, formación de formadores, formación do profesorado, materiais sinxelos. 28 Traducímolo por «Ciencias da Formación Primaria» (para nós, Grao en Mestra/e de Educación Primaria). Abstract: This texts is the account of an experience that took place in the Università degli Studi di Milano-Bicocca: the students of the subject Mediazione didattica e strategie di gruppo con Laboratorio29 of the Scienze della formazione Primaria Degree will have to mandatorily attend, as each school course, a formative seminar on selection, classification and use of natural, home waste and industrial waste materials. In order to do so and previously to the development of the course, the responsible of the subject organizes a work day to prepare the training. This work day will be an instruction day as well for the people that will lead the aforesaid seminars. In this text the details of this trainers’ training day are described: the goals of the seminar, the length, the methodology, the contents, the resources and the expected evaluation. We discuss about the reasons why children should manipulate and investigate with simple materials and we finish with a reflection on the importance of a contextualized training in accordance with the educational practices that we intend to instil: learning from the point of view of the exploration and of the personal research, with the proper weight of self-reflection and subsequent documentation. Key words: childhood education, experiential learning, simple materials, teachers’ training, trainers’ training. 1. INTRODUCCIÓN Mediazione didattica e strategie di gruppo con Laboratorio e Legislazione scolastica30 é unha materia do segundo curso da Titulación Scienze della formazione primaria31, da Università degli Studi di Milano-Bicocca. No curso 2013-2014 tiven a oportunidade de formar parte dalgunhas actividades nas que Monica Guerra, profesora encargada de impartir a parte de «mediación didáctica e estratexias de grupo», estaba envolvida. Por exemplo, asistín de oínte a algunha clase desta materia con ela e participei nunha sesión interactiva de deseño de actividades formativas sobre o uso dos materiais na aula. Esta sesión será obxecto de descrición e análise nesta comunicación. Por iso, o obxectivo deste escrito é compartir a experiencia deste obradoiro para que poda servir de recurso a profesionais que estean interesados 550 CARLOS MONGE LÓPEZ, PATRICIA GÓMEZ HERNÁNDEZ y ALBA GARCÍA BARRERA 29 Translated as «Didactic mediation and group strategies with Laboratory». 30 Traducímolo por «Mediación didáctica e estratexias de grupo con Laboratorio e Lexislación escolar». 31 Translated as «Primary Education Sciences» Degree. na mesma, para acabar insistindo, unha vez máis, en que a formación que dámos ás nosas futuras mestras e mestres vaia máis aló das aulas universitarias e sexa máis vivencial. Este encontro tivo lugar en Villa Di Breme Forno, en Cinisello Balsamo, onde se atopa o Centro di Alta Formazione «Universiscuola», que pertence á Università degli Studi di Milano-Bicocca. Alí reuníronse diversos profesionais da educación de variadas idades e a coordinadora, a profesora Monica Guerra. Asistimos ademais como convidadas a directora dunha escola de Liguria e eu como estudante en estancia predoutoral. O encontro tivo lugar durante a xornada do 18 de outubro de 2013 e asistiron unhas trece persoas de media, pois foise indo e sumando xente ao longo da xornada. Este encontro tiña por obxectivo sentar as bases para con esta xente co fin de que puideran impartir uns cursos ao alumnado da materia previamente detallada, sobre materiais sinxelos para traballar con nenas e nenos pequenos. 2. DESENVOLVEMENTO DA XORNADA 2.1. Á mañá A xornada comezou ás 10h. Fíxose unha presentación de todos os alí presentes a cargo da profesora Guerra e comezouse co acordo das características dos obradoiros, que se presentan de seguido. •Os obxectivos do obradoiro: Márcanse tres obxectivos32 para este curso: {Coñecer os materiais e as súas peculiaridades. {Aprender a explorar os materiais. {Aprender os criterios de escolla, preparación e montaxe dos materiais. •A duración: Acordouse que serían un total de 16 horas: 12 delas presenciais e 4 non presenciais. As presenciais serán repartidas en dúas sesións; e delas o alumnado non podería faltar a máis dunha hora. As 4 horas non presenciais servirán para o inicio dun traballo de exploración e daranse xusto antes do último encontro. Para estes alumnos a RECURSOS EDUCATIVOS INNOVADORES EN EL CONTEXTO IBEROAMERICANO 551 32 Remárcase a idea de que este curso de formación ten estes obxectivos, e dará lugar a uns coñecementos que non teñen por que resultar en que as futuras mestras e mestres sexan creativas e creativos coa utilización dos materiais. asistencia ao obradoiro formativo será obrigatoria. Terán que escoller un curso entre un número de propostas igual ao número de formadores que estaban a participar nesta xornada co gallo de impartir un destes cursos. •A metodoloxía, contidos e recursos: O traballo será preferentemente de tipo individual, pero tamén se proporán actividades para o gran grupo e para traballar en pequenos grupos. {Comezo do curso. Unha persoa propón comezar o curso coa proxección dun vídeo, pero outras persoas do grupo ven mellor a súa introdución despois do primeiro descanso que se faga. {Materiais.Adiferenza doutros anos, este ano traballarase con material natural e non só con material plástico. Polo tanto, traballarase con materiais de 3 tipos: Natural. Refugallo doméstico. Refugallo industrial. {Algunhas actividades. Propóñense actividades de diferente tipo: Con respecto ao material natural. O ideal sería facer 6 grupos de 5 persoas cada un para ir buscar o material natural ao exterior e traballar con el, sempre dependendo do tempo atmosférico. Con respecto ao material de refugallo doméstico. Suxírese usar o material de refugallo doméstico para a construción dunha tarxeta de identidade que cada alumno deberá realizar no obradoiro. Este material será aportado previo aviso polo alumnado. Con respecto ao material de refugallo industrial. Traballaríase a preparación do mesmo, as condicións, a separación e clasificación. Disporán del na aula onde se celebrará o obradoiro. De reflexión. Trátase de que os participantes reflexionen sobre o propio curso e o que están a facer. Xorden preguntas do tipo: «En que credes que se pode converter este material?» «A que se parece?» «Que é ou como entendedes o refugallo doméstico?». Deberías facer meditar ao alumnado sobre a relación entre a preparación e os obxectivos da experiencia. Por grupos. Do gran grupo sería interesante facer dous grupos, e que cada un preparase un espazo distribuíndo os materiais ao seu gusto e entender. Logo, intercambiaríanse os espazos e os grupos. Finalmente, o ideal sería comentar o que sucedeu neste troque, tendo en conta os criterios de preparación, a relación entre os materiais e a súa situación, etc. 552 CARLOS MONGE LÓPEZ, PATRICIA GÓMEZ HERNÁNDEZ y ALBA GARCÍA BARRERA {Desenvolvemento das sesións. Contémplase a idea de reservar as últimas medias horas das sesións presenciais para dedicalas á reflexión sobre o transcurso do obradoiro. O discurso de desenvolvemento das sesións centrouse sobre a primeira sesión, que transcorrería como segue: Presentación. Introdución aos materiais de refugallo doméstico. Construción da tarxeta de identidade con eles. Proxección dun vídeo. {Lugar onde realizar o obradoiro. Decidiuse que sería no mesmo lugar onde estaban a celebrar esta reunión, coa posibilidade de saír ao exterior en caso de que as condicións meteorolóxicas o permitisen. {Xurdimento doutras ideas. Algunhas foron: Apertura dun grupo virtual de participación voluntaria, por exemplo, no Facebook. Observouse neste senso unha clara resistencia por parte dunha persoa, cuxa ausencia no mundo das redes sociais fíxolle manifestar que non lle interesaba. En todo caso deixouse claro que sería voluntario. •A avaliación: O alumnado debe entregar ao remate do obradoiro unha reflexión sobre o desenvolvemento deste. Terase tamén en conta a actitude e achegas que cada persoa faga durante o desenvolvemento do obradoiro. 2.2. Á media mañá Despois deste encontro dividímonos en grupos para ir buscar diferentes materiais. De tipo natural fóronse buscar: follas, ramas, pedras…; e de refugallo industrial recollemos algúns materiais como caixas de froita que nos deron no mercado; etc. O material de refugallo doméstico xa estaba na aula (rolos de papel, tapóns de cortiza, etc.) e algún material de refugallo industrial tamén: había plásticos, telas, etc. 2.3. Á tarde Logo da comida procedeuse á acomodación do material (de refugallo doméstico e industrial) que tiñan gardado nunha aula para pasalo a outra, onde se manterá definitivamente durante o período de tempo que ocupe a realización dos obradoiros, que é a aula onde terá lugar a formación. RECURSOS EDUCATIVOS INNOVADORES EN EL CONTEXTO IBEROAMERICANO 553 Clasificouse o material acumulado nas caixas que foran recollidas no mercado e ordenouse a aula. Procurouse colocar as caixas (co material dentro) arredor da aula pegadas ás paredes para non ocupar o espazo central da aula, así como tamén non mesturar os materiais: en cada caixa tiña cabida só un tipo de material, sen mesturar varios na mesma. Ademais, en cada zona os materiais incluídos nas caixas debían ser das mesmas cores na medida do posible. Amósanse a continuación algunhas fotografías da disposición dos materiais na aula. Fotografía 1. Teas e plásticos en caixas Fotografía 2. Material de refugallo industrial en caixas e colgado no colgadoiro 554 CARLOS MONGE LÓPEZ, PATRICIA GÓMEZ HERNÁNDEZ y ALBA GARCÍA BARRERA Fonte: Elaboración propia Fonte: Elaboración propia Fotografías 3 e 4. Material de refugallo industrial e doméstico separado en botes e por cores Fotografía 5. Material de refugallo industrial e doméstico separado en caixas e por cores RECURSOS EDUCATIVOS INNOVADORES EN EL CONTEXTO IBEROAMERICANO 555 Fonte: Elaboración propia Fonte: Elaboración propia Fotografías 6 e 7. Material natural clasificado en caixas e material de refugallo industrial clasificado por formas e cores Por último, de volta á mesa de traballo, discutíronse os horarios dos cursos para evitar que se cruzasen uns con outros. 3. CONCLUSIÓNS E DISCUSIÓN Son de destaque algunhas cuestións deste texto que se prestan a comentar. Para comezar, neste encontro, tal e como se recolle neste texto, remarcouse a visión de que este curso de formación ten tres obxectivos claros, que darán lugar a uns coñecementos que non teñen por que resultar en que as futuras mestras e mestres sexan creativas e creativos coa utilización dos materiais. É dicir, trátase de que coñezan os materiais e as súas características, que aprendan a exploralos e a discernir os criterios de escolla, preparación e montaxe e presentación aos seus potenciais alumnos e alumnas, sen que elas e eles, como futuros mestras, teñan que aprender a ser creativos no uso dos materiais. Nós compartimos esta idea porque somos da opinión de que os creativos teñen que ser os nenos e nenas cando exploran e usan os materiais. Isto non quere dicir que o profesorado non deba selo, mais non debe «interceder» para que os nenos o sexan, senón que ten que deixalos para que eles mesmos sexan protagonistas da súa propia creatividade. Os mate556 CARLOS MONGE LÓPEZ, PATRICIA GÓMEZ HERNÁNDEZ y ALBA GARCÍA BARRERA Fonte: Elaboración propia riais han de ser sinxelos para potenciar a creatividade e o libre uso nas nenas e nenos, pois precisamente o feito de ser sinxelos favorece o uso polifuncional (denominado así por Guerra, 2013b, p. 44) destes, fornecendo deste xeito a imaxinación, a manipulación e a libre construción e creación, como tamén secundan Labovitz, McCreedy & Chesin (2011). Aínda que sexan simples, sendo diversos consenten ao neno a expresión das súas potencialidades e intereses (Guerra, 2013b). Outros argumentos que apoian o dito e se ligan a elo expóñense nos seguintes parágrafos. Xa nos anos 70 Erika Hoffmann afirmaba que aos nenos débeselles dar a oportunidade de achegarse ao libre e creativo xogo con materiais sinxelos33 (Hoffmann, 1970). Estes materiais sinxelos, ao meu entender, danlles esa liberdade de uso e utilidade que un obxecto ou material cuxa función está predefinida non confire. Mais a exposición das nenas e nenos aos materiais debe ser coidada: os materiais deben estar clasificados en caixas ou andeis aos cales os nenos podan chegar, é dicir, adaptados á súa altura (Crowther, 2008); e que non obrigue á mediación dos adultos, como tamén apoia Guerra (2013b, p. 45). Chegados a este punto preguntarémonos por que debemos usar con nenas e nenos pequenos materiais do noso contorno, é dicir: naturais, de refugallo doméstico e de refugallo industrial. O Goberno Nacional da República do Ecuador, Ministerio de Educación (s.d.) acláranolo como segue. O medio ambiente, a natureza e o entorno inmediato provén moitas posibilidades que poden aproveitarse en favor dos máis pequenos para os procesos de ensino-aprendizaxe. Xustamente os materiais que se elaboran con recursos do medio dan lugar a experiencias que os nenos poden aproveitar para identificar propiedades, clasificar, establecer semellanzas e diferenzas, resolver problemas, etc. Entre os beneficios de traballar con este tipo de materiais atopamos a posibilidade de manipular, indagar, descubrir, observar, mentres tamén traballamos normas de convivencia e de fomento de valores como a cooperación, solidariedade, respecto, tolerancia, ou a protección do medioambiente. Estes recursos, por ser de fácil acceso, atópanse ao alcance de todos os estudantes, factor fundamental tamén no marco da igualdade de oportunidades na escola. A avaliación desta proposta de formación, como reconstrución do obradoiro dende a óptica vivencial e experiencial persoal, dá a oportunidade ao RECURSOS EDUCATIVOS INNOVADORES EN EL CONTEXTO IBEROAMERICANO 557 33 Tradución que fixemos de «Children must be given the opportunity to approach free and creative play with elementary materials» (Hoffmann, 1970). futuro profesorado de realizar «narracións reflexivas»34 (Ravecca, 2013, p. 255), brindando así a «oportunidade de reorganizar a experiencia narrada»35 (Ravecca, 2013, p. 255). «Realizar un seguimento, elaborar instrumentos meta-reflexivos [e] modelizar son aspectos que atopan na escritura non só un válido instrumento senón tamén un verdadeiro e propio dispositivo profesional»36 (Ravecca, 2013, p. 259). A exploración como postura o ou comportamento, a observación como estratexia e a documentación como instrumento, son as bases deste obradoiro, que a propia líder das sesións formativas reivindica como alicerces da formación do profesorado como auténtico explorador (Guerra, 2013a, pp. 22-25). «Pensar os adultos, en particular os educadores e ensinantes, como exploradores leva a unha dimensión empírica, profundamente conectada ao contexto e ao mesmo momento orientada á indagación ao descubrimento»37 (Guerra, 2013a, p. 22). Cambiando de terzo, resulta interesante bimar deste escrito tamén o debate que xurdiu con referencia á creación dun grupo virtual en internet para abrir un foro de traballo online. Quizais este feito nos faga entender que parece que se non incluímos dalgunha forma as NTICs38 na formación dificilmente poderemos falar de innovación ou desligar unha acción de formación da forma máis tradicional de facelo, como é este caso. A oposición dunha das persoas que actuaría como formadora dun dos obradoiros redirecciónanos a pensar que a innovación e os procesos de ensino-aprendizaxe, ofrecendo diferentes metodoloxías e espazos formativos, non ten por que incluír necesariamente a tecnoloxía nin se teñen por que ver favorecidos por ela (Tedesco, 2007). En definitiva, por todas estas razóns e moitas máis que argumentamos nos parágrafos anteriores, se queremos que as nosas futuras mestras e mestres traballen co seu potencial alumnado dunha forma dinámica e activa, por proxectos (que está tan de moda e tan bos resultados está ofrecendo), e ao fin e 558 CARLOS MONGE LÓPEZ, PATRICIA GÓMEZ HERNÁNDEZ y ALBA GARCÍA BARRERA 34 Tradución que fixemos de «narrazioni riflettenti» (Ravecca, 2013, p. 255). 35 Tradución que fixemos de «opportunità di riorganizzare l’esperienza narrata» (Ravecca, 2013, p. 255). 36 Tradución que fixemos de «Tenere traccia, elaborare strumenti meta-riflessivi, modellizzare sono aspetti che trovano nella scrittura non solo un valido strumento ma un vero e proprio dispositivo profesionale» (Ravecca, 2013, p. 259). 37 Tradución que fixemos de «pensare gli adulti, in particolare gli educatori e gli insegnanti, come esploratori traghetta in una dimensione empirica, profondamente connessa al contesto e allo stesso tempo orientata all’indagine e alla scoperta» (Guerra, 2013a, p. 22). 38 Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación. ao cabo, con métodos experienciais, quizais debamos mudar o xeito de formar, é dicir, o ensino universitario. Debemos apostar por metodoloxías formativas que fagan ser protagonistas aos axentes que nelas participan, pois son os que están demostrando deixar máis pegada no ámbito das boas prácticas educativas. Facendo partícipes ás persoas que formamos e facéndoas experimentar a a didáctica contribuímos a que as aprendizaxes se consoliden mellor nos seus esquemas mentais e a que poidamos falar, en definitiva, de aprendizaxe significativa e útil para as mestras e mestres do futuro. REFERENCIAS Crowther, Ingrid (2008). Creating Effective Learning Environments. Canada: Nelson Education. Goberno Nacional da República do Ecuador, Ministerio de Educación (s.d.). Importancia del uso del material didáctico en la Educación Inicial. Recuperado de http://educacion.gob.ec/tips-de-uso/ Guerra, Monica (2013a). L’insegnante esploratore. En Monica Guerra (coord.), Progettare esperienze e relazioni (pp. 21-25). Parma: Edizioni Junior. Guerra, Monica (2013b). L’ambiente educativo. En Monica Guerra (coord.), Progettare esperienze e relazioni (pp. 41-46). Parma: Edizioni Junior. Hoffmann, Erika (1970). Early Age Education. International Journal of Early Childhood, 2 (1), 8-14. Labovitz, Deborah; McCreedy, Paula & Chesin, Sigale (2011). Convirtiendo objetos ordinarios en juguetes y tesoros. Paso a Paso, 16 (4). Recuperado de http://goo.gl/4lVClq Ravecca, Manuela (2013). Le restituzioni bibliografiche: pratiche di scrittura al servizio. En Monica Guerra (coord.), Dalla parte del futuro: risignificare parole e pratiche nei luoghi dell’infanzia. XVIII Convegno Nazionale, Gruppo Nazionale Nidi e Infanzia (pp. 255-259). Parma: Edizioni Junior. Tedesco, Juan Carlos (2007). Las TIC en la agenda de la política educativa. En Cecilia Magadán & Valeria Kelly (comps.), Las TIC: del aula a la agenda política. Ponencias del Seminario internacional Cómo las TIC transforman las escuelas (pp. 26-30). Ciudad de Buenos Aires: Unicef Argentina, IIPE-UNESCO, Sede Regional Buenos Aires. Recuperado de http://www.unicef.org/argentina/spanish/IIPE_Tic_06.pdf RECURSOS EDUCATIVOS INNOVADORES EN EL CONTEXTO IBEROAMERICANO 559