scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Cando o “peso” da investigación filolóxica se pode converter nun lastre (I): que + vogal na lírica profana galego-portuguesa

Fernández Guiadanes, Antonio

Abstract

Tralos estudos realizados o século pasado por Nobiling e Cunha, que establecían que na lírica profana galego-portuguesa o encontro intervocabular entre a conxunción ou pronome que + vogal (tónica ou átona) se resolvía en hiato, M. Ferreiro puxo de relevo que en moitas ocasións os estudosos non teñen en conta este precepto á hora de establece-lo texto crítico das cantigas que editan. A presente contribución pretende revisar criticamente algunhas propostas de emenda realizadas por estes investigadores co obxectivo de restablece-la isometría versal en casos en que Michaëlis e Lang (na edición do Cancioneiro da Ajuda e no cancioneiro do rei don Denís, respectivamente) supoñían que o encontro intervocabular se resolvía mediante unha sinalefa.

Full text

21Madrygal 20 (2017): 21-40 Madrygal. Revista de Estudios Gallegos ISSN: 1138-9664 http://dx.doi.org/10.5209/MADR.57627 Cando o “peso” da investigación filolóxica se pode converter nun lastre (I): que + vogal na lírica profana galego-portuguesa 1 Antonio Fernández Guiadanes2 Recibido: 4 de maio de 2017 / Aceptado: 13 de setembro de 2017 Resumo. Tralos estudos realizados o século pasado por Nobiling e Cunha, que establecían que na lírica profana galego-portuguesa o encontro intervocabular entre a conxunción ou pronome que + vogal (tónica ou átona) se resolvía en hiato, M. Ferreiro puxo de relevo que en moitas ocasións os estudosos non teñen en conta este precepto á hora de establece-lo texto crítico das cantigas que editan. A presente contribución pretende revisar criticamente algunhas propostas de emenda realizadas por estes investigadores co obxectivo de restablece-la isometría versal en casos en que Michaëlis e Lang (na edición do Cancioneiro da Ajuda e no cancioneiro do rei don Denís, respectivamente) supoñían que o encontro intervocabular se resolvía mediante unha sinalefa. Palabras chave: Lírica profana galego-portuguesa; métrica trobadoresca; encontro intervocabular; que + vogal. [es] Cuando el “peso” de la investigación filológica se puede convertir en un lastre (I): que + vogal en la lírica profana gallego-portuguesa Resumen. Tras los estudios realizados el siglo pasado por Nobiling y Cunha, que establecían que en la lírica profana gallego-portuguesa el encuentro intervocabular entre la conjunción o pronombre que + vogal (tónica o átona) se resolvía en hiato, M. Ferreiro puso de relieve que en muchas ocasións los estudiosos non tienen en cuenta este precepto a la hora de establecer el texto crítico de las cantigas que editan. La presente contribución pretende revisar críticamente algunhas propuestas de enmienda realizadas por estos investigadores con el objetivo de restablecer la isometría versal en casos en que Michaëlis y Lang (en la edición del Cancioneiro da Ajuda y en el cancionero del rey don Denís, respectivamente) suponían que el encontro intervocabular se resolvía mediante una sinalefa. Palabras clave: Lírica profana gallego-portuguesa; métrica trovadoresca; encuentro intervocabular; que + vocal. [en] When the “Weight” of the Philological Research may turn into Burden (I): que + Vowel in the Galician-Portuguese Secular Lyrical Poetry Abstract. Nobiling and Cunha’s studies stated that in the Galician-Portuguese secular lyrical poetry the intervocabular union between the conjunction or the pronoun que and a vowel (accented or unaccented) was resolved on hiatus. Later, M. Ferreiro highlighted that, in many editions, scholars often did not consider this rule while establishing the critical text of the cantigas they were editing. In this contribution we intend to review the approaches to the edition of some verses that these researchers proposed in their studies, in order to restore the isometry that Michaëlis and Lang (respectively, in the Cancioneiro da Ajuda and Don Denis’ Cancioneiro editions) resolved through synalepha. We will also discuss cases in which we disagree with most editors or that we think that still deserve some reflection. Keywords: Galician-Portuguese Secular Lyrical Poetry; Troubadour Poetry Metrics; Intervocabular Union, que + Vowel. ARTIGOS 1 Este traballo inscríbese no proxecto de investigación "Paleografía, Lingüística y Filología. Laboratorio on-line de la lírica gallegoportuguesa" (FFI2015-68451-P), financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad e cofinanciado con fondos FEDER. Agás nos casos en que se reproduza a partir dunha edición crítica particular, o texto das cantigas tómase da base de datos MedDB, aínda que intervimos en aspectos relacionados coa nivelación gráfica e a acentuación e, ante lecturas problemáticas, recorremos ós manuscritos e modificamos, de se-lo caso, a lectura proposta en MedDB 2 Universidade de Santiago de Compostela. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. E-mail: [email protected] Libro_Madrygal 20 regular.indb 21 18/10/2017 9:15:54 22 Fernández Guiadanes, A. Madrygal 20 (2017): 21-40 Agora ben, tamén pode acontecer que, por máis voltas que se lle dean a un asunto, non sexamos quen de ver máis alá do que viron os que nos precederon, polo que só o paso dos anos, das re-lecturas, das re-reflexións sobre un asunto concreto permitirá acabar recoñecendo os erros propios e alleos. Permítasenos, a modo de exemplificación, que expoñamos un caso simple. Á hora de editar textos poéticos medievais galego-portugueses, ademais dos de paleografía, de codicoloxía e de crítica textual, un dos primeiros coñecementos que se debe posuír é aquel que ten que ver coa métrica e coa forma en que se resolven os encontros vocálicos intra e intervocabulares nesta tradición lírica. A este respecto, o “suposto” por Cunha (1961: 111) verso hendecasílabo hipérmetro (o 16) da tenzón entre Afonso Sánchez e Vasco Martῖiz de Resende (MedDB 9,14), que reza –segundo o establecemento crítico que presenta o estudoso, seguindo a Lapa– “nen er entendo; assí veja prazer”, merece pola súa parte o seguinte comentario: É claro que êste verso poderia tornar-se um decassílabo com a elisão do -o de entendo ou com a sua sinalefa com o ade assi. A lição uniforme dos quatro manuscritos e a pausa necessária entre as referidas vogais nos aconselham, contudo, a admitir no caso o hiato3. Se no seu traballo sobre os encontros intervocabulares o estudoso preconiza que o encontro entre vogal átona + vogal átona “tendía a dissolver-se por elisão da primeira vogal” (Cunha 1961: 33), no caso que nos ocupa, a lección uniforme de catro manuscritos –que en realidade poderán ser tres, dous ou un ou a lección errada dun copista– e unha pausa necesaria –estamos seguros de que unha pausa impide a sinalefa ou a elisión, en palabras de Cunha, no movemento literario que nos ocupa?– lévano a contradici-la súa propia norma e a admiti-la existencia dun hiato nun verso que ben podería ser isómetro. O “peso” exercido polas palabras do ilustre filólogo para este verso converteuse en lei, polo que tanto Arbor Aldea (2001) coma Longo (2002), nas súas respectivas edicións Sumario. 1. Introdución. 2. O peso filolóxico do encontro intervocabular de que + vogal. 3. A crase, elisión ou sinalefa dalgúns editores e antólogos para o encontro de que + vogal. 4. Nobiling versus Michaëlis. 5. Nobiling e Cunha versus Lang (Don Denís). 5. Final. 6. Referencias bibliográficas. 7. Apéndice. Versos analizados no artigo. Como citar: Fernández Guiadanes, A. (2017): “Cando o “peso” da investigación filolóxica se pode converter nun lastre (I): que + vogal na lírica profana galego - -portuguesa”, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos 20, pp. 21-40. 1. Introdución O maxisterio dos que nos precederon no labor investigador fai que, ás veces (sobre todo cando un comeza o seu periplo na investigación), acabemos facendo nosas as súas palabras e as súas hipóteses de traballo, moitas veces sen reflexionalas, sen comprobalas e sen poñelas en dúbida (esquecendo que un investigador consagrado ten un pasado de investigador novel), ou que non nos atrevamos –quizais por temores infundados (ou con fundamento)– a refuta-las súas ideas, despois de analizalas de forma concienzuda, malia que nos pareza que están equivocados. O certo é que, polo pouco coñecemento ou polo medo a equivocarnos, ás veces deixámonos (incriblemente) convencer por algunha teoría exposta por algún estudoso reputado á que resulta difícil acharlle algún peso filolóxico. Usar argumentos de autoridade para defende-las nosas hipóteses de traballo, tratando de impor a posición dunha persoa sobre á doutra, semella, en ocasións, ter máis que ver co prestixio, coa amizade ou cos anos do investigador ca coa demostrabilidade dunha hipótese. Outras veces recórrese ó argumento de autoridade pensando inxenuamente que, cando se cita un mestre cuxos argumentos consideramos infalibles, este non comete os mesmos erros ca calquera outro, polo que poida que o que escribiu sobre un tema, unha cantiga, un verso... determinados deba ser reformulado e poida ser criticado abertamente. Pero non resulta raro que acabemos sacrificando a coherencia dos nosos argumentos e a exhaustividade das investigacións ó peso da filoloxía e dos filólogos. 3 O resaltado, neste e nos seguintes casos, é noso. Libro_Madrygal 20 regular.indb 22 18/10/2017 9:15:54 23Fernández Guiadanes, A. Madrygal 20 (2017): 21-40 2. O peso filolóxico do encontro intervocabular de que + vogal Do debate que suscitou ó longo dun século o estudo dos encontros intervocabulares na lírica galego-portuguesa dan conta, grosso modo, a recensión de Nobiling (2007) á edición do Cancioneiro da Ajuda de Michaëlis de Vasconcelos (1990) e, sobre todo, a de Lapa (1954) ó estudo de Cunha Á margem da poética trovadoresca (1950) e a contestación do propio Cunha (1961). Polo que atinxe ó encontro intervocabular entre a conxunción ou pronome que + vogal (tónica ou átona), o primeiro en sinalar que se resolve como hiato foi Nobiling (2007: 179): “Ao meu ver, tampouco acontece, de regra, a elisão do e de que, ao menos nas cantigas propriamente de amor cortês”. Por isto, critica a solución adoptada por Michaëlis para unha serie de versos para os que ela contemplaba a elisión da vogal de que. Como resposta, no seu glosario á edición do cancioneiro ajudense, a mestra luso-alemá admite o punto de vista de Nobiling: Con respeito tanto aos pronomes como à conjunção que é preciso notarmos que os trovadores, a cujos ouvidos não repugnabam os hiatos, não usavam de elisão nem sinizese do e final (...). Por isso devemos evitar em todas as nossas restituições fórmulas como qu’eu, porqu’eu, qu’é, etc. E os passos em que me afastei da regra, fixada por O. Nobiling (...) precisam de retoques. (Michaëlis de Vasconcelos 1920: 74-75) Nos mesmos termos ou moi parecidos manifestouse Cunha a mediados do século XX tras analiza-lo encontro nas cantigas estudadas por Nobiling e tamén nas de Pai Gómez Charinho e do cancioneiro de Afonso Sánchez, establecen o verso como “nen er entendo, assi veja prazer” e explican as súas decisións en senllas notas como segue: Nunes practica unha elisión, nem er entend’, assi veia prazer, para recupera-la medida do verso. Sen embargo, e como xa apuntou Cunha (1961: 111, n. 4), a lección concordante dos catro manuscritos que transmitiron a tensó e a pausa necesaria establecida entre ámbalas dúas vocais aconsellan o hiato. É posible, sen embargo, efectua-la sinalefa entre as formas nen er para recupera-lo isosilabismo (Cunha 1961: 86-91). (Arbor Aldea 2001: 253) Il verso è hipérmetro. NUNES opta per l’elisione e stampa «Nem er entend’, assi veja prazer», mentre tutti i precedenti editori considerano in sinalefe entendo e assi, soluzione non acettata da CUNHA in quanto «a pausa necessária entre as referidas vocais» suggerisce di considerarle in hiato (...). ARBOR, condividendo l’opinione di CUNHA suggerisce di considerare in sinalefe «nen er». (Longo 2002: 150) Como pode apreciarse, o “peso” de Cunha non permite ás editoras actuar con criterio filolóxico, pois aceptan a hipótese (desacertada?, errada?, fantasiosa?...) daquel e consideran que o verso en cuestión é hipérmetro a non ser que se realice unha insólita sinalefa en nen er4. Emporiso, como indicara Nunes coa súa proposta (1970: 189-190), se o verso ten que ser un decasílabo, non hai ningún problema de hipermetría: a sinalefa entre entendo e assi (non realizada graficamente na escrita nos catro manuscritos)5 é completamente válida en tal contexto e non hai pausa (maior nin menor) que impida que se realice tal metaplasmo. 4 Será posible este tipo de sinalefas?, e podemos denominar tal fenómeno como sinalefa? 5 Entendémo-la sinalefa como a elisión da vogal final do primeiro termo dun encontro vocálico intervocabular e non como unión nunha única sílaba de dúas ou máis vogais contiguas pertencentes a palabras diferentes. Así pode lerse, por exemplo, na seguinte pasaxe do Torcimany de Luis d’Averçó: “Sinalimpha es removiment o tolhiment de vocal fet en la fi de la dicció, con, peró, l’altra dicció comença per vocal. E l’eximpli es aquest: belhalena per belha alena, paryemayre per payre e mayre, plas per pla es, bonamor per bona amor, som per si hom, e axí de lurs altras semblans diccions. Peró segons l’art, en l’escriptura deuen eser escritas axí be la vocal per la qual fina lo precedent mot com la vocal per la qual comença lo mot subseguent al dit precedent. Mas segons verteder ús d’escriure no s’hi deuen escriure, sino una sola vocal faent de duas diccions una sola, per tal que’n lo pronunciar hom no pech, e açó es sostengut” (Casas Homs 1956, I: 268). Isto implica que non sería preceptivo admiti-la sinalefa entre unha palabra formada só por unha vogal e outra constituída só por unha vogal ou que comece por vogal, deixando á marxe, probablemente, os casos en que o pronome átono de primeira persoa aparece baixo a forma mi, á luz de leccións como <ma mor> (A46, v. 9) e <mıa mor> (A71, v. 8). Libro_Madrygal 20 regular.indb 23 18/10/2017 9:15:54 24 Fernández Guiadanes, A. Madrygal 20 (2017): 21-40 dos encontros intervocabulares. Polo que se refire especificamente a que + vogal, comenta Ferreiro: Cunha reafírmase na inexistencia de sinalefa e xeneraliza para todo o período da lírica galego-portuguesa tal principio que, para ser confirmado definitivamente, exixe un traballo de levantamento rigoroso de todos os casos e o estudo métrico-editorial pormenorizado dos problemas, que, por razóns de espazo, deixamos para un estudo máis alargado da cuestión: só o rexistro exhaustivo de todos os posíbeis casos de sinalefa ou crase de que (...) pode subministrar os datos definitivos para xeneralizar a regra estabelecida por Cunha para un período de 150 anos, en que as mudanzas lingüísticas puideron provocar cambios que xustificasen un diferente comportamento para a medida nalgúns trobadores. (Ferreiro 2009: 487-488) E a seguir manifesta: Infelizmente, as observacións e correccións de Nobiling e Cunha non foron incorporadas á compilación máis recente do corpus da lírica profana galego-portuguesa, coordinado pola profesora Mercedes Brea, que, en 1996, reuniu o corpus profano a partir basicamente das edicións críticas dos trobadores, e tamén co recurso ás edicións de xénero de Carolina Michaëlis de Vasconcelos, José Joaquim Nu nes e Manuel Rodrigues Lapa para aqueles cancioneiros que aínda non foran editados individualmente na altura. As características da elaboración desta vulgata explican, pois, que, para alén de numerosos contextos de aparente sinalefa, no corpus se detecten algunhas crases da conxunción que. No presente relatorio queremos revisalos e propor solución para evitar a crase, prescindindo dos contextos que aparentemente exixen sinalefa e que foron xa parcialmente estudados e resolvidos por Nobiling e Cunha. (Ibid. 488)8 Joán Zorro. O traballo do mestre brasileiro suscitou algunhas críticas por parte de Rodrigues Lapa. O primeiro aspecto que o filólogo portugués lle recrimina a Cunha é de carácter cuantitativo e ten que ver co reducido corpus examinado: o traballo –di Lapa (1954: 82)– “ganaría mucho si se le investigara en mayor número de cantigas, cuando no en todas”. Para Cunha (1961: 104), realizar tal empresa na época “exigiria, prèviamente, o beneditino traballo (...) de fixação de texto crítico de todo o acervo trovadoresco”. Das conclusións ás que chega o brasileiro, Lapa pon obxección, sobre todo, ás regras de que non se pode elidi-la conxunción copulativa nin a vogal final de que (conxunción ou prononme) ante vogal tónica ou átona6. Tras estudar este tipo de encontros nun número moito maior de cantigas, en 1961 Cunha analiza (con máis ou menos minucia filolóxica e con maior ou menor acerto e agudeza) caso por caso aqueles pasos dos manuscritos que, segundo Lapa, parecían contradici-las súas normas, para acabar constatando con máis firmeza os presupostos ós que chegara no seu primeiro estudo. Malia que a afirmación de Cunha era tallante sobre cómo se resolvía o encontro de que + vogal, os seus esforzos non sempre se viron recompensados. Durante a segunda metade do século XX, houbo, como se comprobará na seguinte epígrafe, investigadores que, nas súas edicións críticas, acolleron a proposta de Cunha e se manifestaron en contra de Lapa e outros que non sempre tiveron a ben acepta-lo seu precepto e admitiron a sinalefa, a crase ou elisión7 de que en contacto con vogal. No século XXI son tres os estudosos (Arbor Aldea 2008, Lorenzo Gradín 2008 e 2009, Ferreiro 2009, 2012 e 2013) que, en maior ou menor medida, inciden, matizan e reforzan as conclusións de Nobiling e Cunha ao respecto 6 Cunha manifestaba o mesmo parecer con respecto ó comportamento das conxuncións se e ca. 7 Como se apuntou na nota 4, para nós todos estes termos responden a unha única licenza métrica, a sinalefa. 8 A nota sobre a non aceptación dos presupostos de Nobiling e Cunha na LPGP recóllea, así mesmo, Ferreiro nos artigos sobre a sinalefa / “crase” das conxuncións ca e de se. A propósito de ca di: “As observacións e correccións de Cunha non foron incorporadas á compilación máis recente do corpus da lírica profana galego-portuguesa, coordinado pola profesora Mercedes Brea” (Ferreiro 2012: 394); e, falando de se, “nin as observacións e correccións de Nobiling e Cunha nin tampouco outros estudos de conxunto foron incorporados á compilación do corpus da lírica profana galego-portuguesa, coordinada pola profesora Mercedes Brea” (Ferreiro 2013: 456). Deixando de lado que, en 2012, moitas das edicións seleccionadas en LPGP (1996) foran xa substituídas por outras máis recentes tanto na primeira versión de MedDB (1998) coma, especialmente, na segunda (2008) e nas sucesivas actualizacións posteriores (https://www.cirp.gal/pls/bdo2/f?p=129:56:2354340963386153134::NO:::), o certo é que tampouco Ferreiro considerou a pertinencia de introduci-las hipóteses dos dous estudosos no encontro destas dúas palabras cunha vogal, por exemplo, en “c’assi quer Deus e mao meu pecado” (Ferreiro e Martínez Pereiro 1996a: 180). Libro_Madrygal 20 regular.indb 24 18/10/2017 9:15:54 25Fernández Guiadanes, A. Madrygal 20 (2017): 21-40 che e el potessero essere pronunziate come un monosillabo”. Na súa edición de Lourenço, Tavani (1964: 129) ofrece para o v. 6 de Joán Vaásquez, moiro por saber (V1035; MedDB 87,7) a lectura “qu’estava vosco en pecado mortal”, cando Cunha propuxera (1954: 150) “que ‘stava vosco en pecado mortal”. Para o v. 31 da cantiga de Pero Viviaez A Lobaton quero eu ir (B448; MedDB 136,1) Beltrami (1974: 53) propón “pola melhor das qu’eu sey” e comenta que “corrispondendo ai vv. 5, 6, 18 e 19, questo verso non può essere che di sette sillabe e maschile. Non c’è dunque ragione di modificare la lezione del ms., sebbene il Cunha (...) voglia generalmente (ma non cita questo caso) ripristinare anche que eu in hiato”. O v. 13 da cantiga de Estevan Fernándiz d’Elvas Estes que agora, madre, aquí son (B615-V216; MedDB 33,3) é establecido por Radulet (1979: 63) como “E aquelles que ja dizem qu’el hé”. Nas lecturas diverxentes re colle a dos Machado, “que he”, coa eliminación do pronome e a conservación do hiato, sen comentar nada máis ó respecto. Emporiso, para o primeiro verso, “Estes que agora, madre, aqui son”, di que Nunes “propone la sinalefe tra que e agora o tra madre e aqui”, e das dúas opcións Radulet considera preferible a segunda remitindo ós estudos de Nobiling e Cunha. Ante a lectura de Fernández Pousa para o v. 10, “e ora ten qu(e) o levará assí”, de A que mia min meu amigo filhou (B1047-V637; MedDB 63,16), Rodríguez (1980: 273) rebate en nota a “elisión en absoluto aconsejable, porque este monosílabo rehuye en la lengua de los cancioneros incluso la sinalefa”, co que parece segui-las teses de Nobiling e Cunha. Aínda así, no v. 12 de Pelo souto de Crecente (B967-V554; MedDB 63,58) establece “mais non sei tal qu’i’stevesse”. Alvar (1986: 83) edita o v. 19 de Pero García d’Ambroa O que Balteira ora quer vingar (B1597-V1129; MedDB 126,7) como “dos mais qu’á no reïno d’Aragon”, supoñendo a existencia dunha sinalefa (non realizada graficamente nos manuscritos, que ofrecen a lección <q a>) e dunha diérese. Ferreiro (1992: 96), na súa edición de Rodrigu’Eanes de Vasconcelos, establece o v. 6 de O meu amigo non á de mí al (B728-V329; MedDB 140,2) como “Des que eu naci nunca 3. A crase, elisión ou sinalefa dalgúns editores e antólogos para o encontro de que + vogal Se se confirman como certos os presupostos de Cunha, a posiblemente acertada crítica de Ferreiro á obra coordinada por Brea (máis ben, ás edicións de referencia seleccionadas nela) poderíase estender a moitos editores da lírica profana galego-portuguesa que, despois de mediados do século XX, ou ben ignoraron ou ben tiveron reticencias en admiti-las teorías de Cunha e non interviñeron ou trataron de facelo naquelas pasaxes en que, só considerando un erro na transmisión manuscrita e hipotetizando unha emenda, se podería restablecer un verso a unha medida isómetra semellante á do resto dos da composición. Así, por exemplo, para axustar a un padrón enneasílabo o v. 24, “a hũa, porque eu pouco daria”, da cantiga Cavaleiro, con vossos cantares (B1357-V965, MedDB 97,3), na súa edición de Martín Soárez, Bertolucci (1962: 112-113), apelando a Lapa, supón unha elisión: Poiché il v. è ipermetro (a meno di considerare hũa monosilabo (...)), sono costretta ad elidere la e di que, che di regola deve restare intatta: così Cunha (...) riprendendo e irrigidendo le conclusione del Nobiling (...); ma il Rodrigues Lapa (...) è assai categorico in proposito. A mesma estudosa considera que o v. 20, “que este mercado nono quer”, da cantiga Un cavaleiro se comprou (B1359-V967, MedDB 97,45), é hipérmetro, se ben “il Rodrigues Lapa (...) propone l’elisione di que (...) qui accettata” (Bertolucci 1962: 122). Aínda que a editora non ignora as solucións ofrecidas por Cunha como as de emendar mercado en mercar ou eliminar, segundo xa fixera Braga, o obxecto directo pleonástico no, estas opcións parecen non merece-la súa atención. O v. 10, “que a leixass’; e el cantou”, da cantiga Foi a cítola temperar (B1363-V971, MedDB 97,8), tamén é considerado pola estudosa italiana como hipérmetro, xa que, para axustarse ó esquema, debería ser heptasílabo. Ao respecto do problema métrico da composición sinala Bertolucci (1962: 127-128) que, malia que Lapa “propone l’elisione que / a, piutosto inconsueta e respinta dal Cunha (...), che rifuta qualsiasi regolarizzazione”, ó seu ver, “anche l’elisione della congiunz. e sia molto rara, mi sembra ragionevole pensare Libro_Madrygal 20 regular.indb 25 18/10/2017 9:15:54 26 Fernández Guiadanes, A. Madrygal 20 (2017): 21-40 a comportarse de xeito un tanto contraditorio ante casos análogos. Agora ben, se un analiza en profundidade os estudos de Nobiling e Cunha, poderá comprender que houbese editores que non admitisen –ou que o fixesen con cautela– as súas propostas, pois as solucións achegadas nos seus traballos para resolver casos de hipermetría poden parecer, ademais de contraditorias, pouco probables ou mesmo incorrectas. Permítasenos, pois, antes de nada, reproducir algunhas citas de Cunha (1961: 135-165) e facer algunhas anotacións e preguntas propias sobre o encontro de que + vogal (tónica ou átona): 1. Cando o mestre non logra reconducir un verso á medida do resto dos da cantiga, para rexeita-la proposta de Lapa, recorre a poetas do século XVI, como Bernardim Ribeiro e Cristóvão Falcão, que nesa altura aínda “hiatizavam de regra semelhante encontro” (Ibid. 137). 2. Propón resolver problemas de hipermetría versal considerando como monosílabos certos encontros verbais que semellan na altura claramente bisílabos, como con os (Ibid. 138), ou facendo que certos encontros trisílabos sexan bisílabos, como con esta (Ibid. 153)9. 3. Falando dos vv. 14 e 20 da cantiga de Martín Soárez Un cavaleiro se comprou, anteriormente tratada, afirma: São (...) irremediàvelmente irregulares [isto é, hipérmetros], a menos que se violente a tradição manuscrita (...). A igualdade métrica seria conseguida pela substituição de mercado por mercar, ou pela supressão do pronome no (...). Mais tais expedientes, ainda empregados com freqüência pelos editôres portuguêses e brasileiros, contrariam os princípios da ecdótica moderna. Bani-los de nosos estudosos é uma preliminar que se impõe. (Ibid. 146) lhi fiz prazer”. Malia a evidente hipermetría versal, o editor comenta na respectiva nota o seguinte: Inclinámonos a manter a lición manuscrita, considerando a existéncia dunha sinalefa, que representaría máis unha excepción da tendéncia ao hiato coa conxunción que, para Cunha norma absoluta. Ferreiro e Martínez Pereiro (1996a, 1996b, 1996c), nos Criterios de edición da súa Lírica trobadoresca galego-portuguesa (Antoloxía), comentan: Como punto de partida para a fixación do texto das cantigas foron utilizadas as vulgatas ou edicións de conxunto de Manuel Rodrigues Lapa (...), José Joaquim Nunes (...) e mais Carolina Michaëlis de Vasconcellos (...). Ora ben, os textos foron case sistematicamente confrontados coas edicións críticas individuais existentes e, cando se considerou necesario, cos manuscritos, sempre usando estes materiais con relativa liberdade e co inevitábel criterio persoal. (1996abc: 8-9) Sorprende que Ferreiro non tivese a clarividencia que manifesta na crítica á LPGP e que presente edicións de cantigas en que hai versos hipérmetros ou versos que requiren da sinalefa entre que e a vogal seguinte ou que presenten a elisión vocálica. Sirvan de mostra casos como “pola melhor das qu’eu sei” (1996a: 206), “mais non sei tal qu’i ‘stevesse” (1996b: 265), “que cõnos seus livros d’artes, que el ten” (1996b: 65) ou “ca d’outra sei eu, que o ben sabia” (1996c: 45), que en GLOSSA aparecen emendados, respectivamente, como “pola melhor das que sei” (429.25), “mais non sei tal que ‘stevesse” (969.12), “que con nos seus livros d’artes, que ten” (491.20) e “ca d’outra sei eu, que ben sabia” (612.14). Como pode apreciarse, os editores aceptan ou non as teorías de Nobiling e Cunha, e incluso un mesmo investigador pode chegar 9 Dicía Nobiling que “É provável que o tratamento métrico dos encontros vocálicos corresponda, de uma maneira geral, ao uso da língua na época; pois não há nenhum caso de elisão, junção ou hiato que não se ache também expresso em algum lugar pela grafia. Mas sendo assim as regras métricas adquirern ainda um interesse particular. Assim podemos observar que a tendência fonética da língua é de elidir e final átono antes de vogal inicial, mas que a tendência analítica, que nada mais é do que a aspiração à clareza, se opõe à elisão e a evita em certos casos” (2007: 182). De ser certo o que se di nesta cita e de ser atinados os preceptos de Cunha dos puntos 2 e 3, deberiamos poder rexistrar formas como *cos, *cas, *coestas, etc., que cremos non documentar nos cancioneiros. Libro_Madrygal 20 regular.indb 26 18/10/2017 9:15:54 27Fernández Guiadanes, A. Madrygal 20 (2017): 21-40 desemparado haberia de concorrer para o ensurdecimento da sua vogal pretônica” (Ibid. 153) [de onde sacará o mestre tal precepto?]. A estes sete puntos cabería engadir uns cantos máis, pero non parece que sexa necesario, porque poderían resultar redundantes. Malia as que poderían ser incongruencias de Cunha (agora emendo, agora non), as suposicións de fenómenos morfolóxicos e fonéticos dubidosos ou o feito de recorrer a feitos que el documenta en poetas de séculos despois para xustifica-las súas teorías, consideramos que o brasileiro podía estar no certo en que + vogal (átona ou tónica) se resolvía en hiato. A partir das súas propostas (e as de Nobiling e doutros editores) decidimos analizar certos loci critici que poden dar pé a hipóteses de emenda diferentes ás existentes ou levar á conclusión de que aínda son precisos máis estudos particulares para aclara-las leccións manuscritas de certos versos. 4. Nobiling versus Michaëlis Como xa se indicou, na súa recensión a Michaëlis, Nobiling (2007: 178-182) establece por primeira vez unha serie de regras referentes á “elisión” e ao hiato nos encontros intervocabulares11. Así, apoiándose nos códices, pon de manifesto –e resolve satisfactoriamente– a aparente hipermetría dunha serie de versos para os que a erudita alemá prevía a elisión entre qu(e) e unha vogal seguinte. Mantendo o 4. Malia o manifestado no punto 3 sobre a inoportunidade de intervir no texto, o estudoso establece que nalgún caso “Poderse-ia ponderar também que (...) o me é dispensável ao sentido e que a sua supressão tornaria o verso regular” (Ibid. 151). 5. “Os dois versos em causa pertencem a uma tenção entre Lourenço e Joan Vaásquez (...). E, advirta-se, ocorrem na fala de Lourenço, jogral que os trovadores sempre acusaram de não saber medir nem rimar os versos” (Ibid. 148)10. 6. “Verifica-se do exposto que só com emendas arbitrárias daremos a esta cantiga uma foma isométrica. E, assim sendo, falta à hipótese do professor Rodrigues Lapa a necessária base de apoio” (Ibid. 151). Que será para Cunha unha “emenda arbitraria”? Con seguridade, o que el consideraba que é arbitrario! 7. “Nada de estranho apresentará a inclusão [dun verso hipérmetro hendecasílabo entre os decasílabos] à vista de un fenômeno a que temos feito reiteradas menções no correr dêste trabalho, ou seja, a posibilidade de sofrerem as vogais pretônicas seguidas de r uma redução de pronúncia tão sensível que, muitas vêzes, não emtravam efetivamente no cômputo silábico [como se pode chegar a esta conclusión, cal é a receita a poñer en práctica?]. E, no verso em aprêço, acresce salientar que a própia entoação exclamativa ascendente da palavra 10 O mestre parece non distinguir entre copia e autógrafo, a non ser que pensase que as leccións manuscritas reproducen fielmente a “fala” de Lourenço. 11 As súas hipóteses –e, sobre todo, as excepcións a elas– deben ser analizadas moi polo miúdo. Así, por exemplo, afirma que “mi, ti, si, xi, lhi, me, te, che, se, xe e lhe âtonos ao meu ver nunca constituem sílaba antes de vogal: os casos em que isso parece acontecer são tão poucos que devem originar de erros de escrita” (2007: 178). Porén, para o v. 1768 da edición de Lang (2010: 261) de Don Denís “Ela trabalha-se, á gran sazom” –o primeiro da terceira cobra da cantiga Amiga, sei eu ben d’ũa molher (B564-V167; MedDB 25,10)– di que de “modo distinto tem de ser avaliado o caso de hiato”, pois aquí “a pausa sintática explica-o suficientemente” (2007: 181). A cantiga, ademais de por Lang, foi editada por Nunes (1973, II: 14), Cohen (2003: 597), Rio Riande (2010: 1493), CMGP e GLOSSA (581.13) e todos ofrecen a mesma lectura có seu primeiro editor, o que leva a pensar que ou non percibiron que o verso incumpría a norma establecida por Nobiling ou que consideran que se produce unha excepción á regra. No poema, o primeiro verso da finda é hipómetro e todos coinciden en integra-la copulativa e no seu inicio (“[E] por esto faz ela seu poder”), apoiándose en que a conxunción tamén encabeza o primeiro verso da segunda cobra. Así as cousas, estamos completamente seguros de que unha pausa sintáctica (ou hemistiquial?) impide a sinalefa na tradición lírica profana (e mariana)? Conviría non admitir excepcións a esta regra (a non ser cando o pronome constitúe sílaba diante do pronome átono de terceira persoa?) e emenda-lo verso introducindo unha conxunción copulativa no seu comezo, nun contexto posible de existencia de letra de espera <e> mais ela, e pensar que se produciu un erro por haplografía? Ó respecto poden ser ilustrativas as seguintes correccións marxinais do Cancioneiro da Ajuda: A3, v. 7II; A37, v. 1II; A101, v. 1F; A170, v. 1II; A201, v. 1II ou A201, v. 1III. Para este posible erro véxanse, entre outros, Gonçalves 1993: 32-33 ou Arbor Aldea 2012ab. Libro_Madrygal 20 regular.indb 27 18/10/2017 9:15:54 28 Fernández Guiadanes, A. Madrygal 20 (2017): 21-40 pela leitura de CB ‒que a Sra. Vasconcelos não menciona‒ Poys onuem13 o mal; isto é, caso o m de onuem não tenha entrado no texto apenas por engano, Poys ouve-m’o mal, que teria de ser transcrito Poys m’ouve o mal. CMGP edita “Pois houve-m’o mal que sofro, punhei” e, tras comenta-la proposta dos dous investigadores, indica en nota que, aínda concordando coa suposición de Nobiling Pois m'houve o mal, preferimos manter a lição de B. Como o verso tem, em qualquer dos casos, uma sílaba a mais, considerámos o pronome eu dispensável (eventualemente um erro dos copistas, que parece não terem compreendido, efetivamente, o verso). A nossa leitura é, no entanto conjetural. Pensamos, de resto, que a leitura correta seria Pois que houve o mal que sofro (mas que obrigaria a uma intervenção maior nas lições dos manuscritos). GLOSSA (356.1) propón “Pois ouven o mal que sofro, punhei”, é dicir, considera a forma ouven como P6 do presente de ouvir, no canto da P1 do pretérito de aver, e dá prioridade a B. Como pode verse, tanto neste establecemento coma en CMGP lexitímase a lección do apógrafo italiano (mais con diferentes interpretacións) e para resolve-lo problema de hipermetría cancelan o pronome persoal eu. Pola nosa parte, aínda recoñecendo que a introdución de eu no proceso de copia non sería un erro estraño, nin en A nin no antecedente de B14, consideramos que a lección do códice ajudense, <Poɩs ouuɩo mal que eu ʃoffro punneɩ>, sería correcta e podería dar lugar a unha lectura completamente válida sen ter que eliminar ningún elemento. Así pois, como no exemplo precedente, o problema textual podería non estar no encontro de que + vogal senón na varia lectio ofrecida polos manuscritos para a forma verbal presente ó inicio do verso: ouven / ouvi; trátase de leccións adiáforas ou unha delas constitúe unha innovación e tal vez un erro? Se cadra un estudo semántico da cantiga de Fernán Gonçalves de Seavra poida axudar a decantarse ben pola lección isómetra de A ben hiato con que, Nobiling considera que “será lícito eliminar por conjectura os casos contrários restantes” presentes na edición (Ibid. 179180), polo que propón unha serie de emendas (coas que se pode estar máis ou menos de acordo) que restablecerían a isometría dos versos12. Centrarémo-la nosa atención en tres dos versos analizados polo estudoso alemán-brasileiro en que concorre que + vogal para pasar revista a cómo tratou o problema métrico que lles afecta a crítica filolóxica posterior. (a) v. 8457 (B124, v. 2IV; MedDB 78,16): “x’é esta coita qu(e) eu levei” (Michaëlis 1990, I: 745). Para Nobiling (2007: 179), “que eu pode muito bem ser mantido caso se interprete o antecedente xe esta coita, não como a Sra. Vasconcelos, x’é esta coita, mas sim xe est a coita, sendo que o e de xe não poderá, como já foi referido, contar no verso”. En CMGP e en GLOSSA (97.23), o establecemento crítico do verso octosílabo de Joán Soárez Somesso reza “x’é esta coita que eu levei”, polo que, descartado calquera erro, semella que se admite unha máis que improbable sinalefa entre a forma verbal e o pronome demostrativo ou na secuencia que eu. Non obstante, a análise pasaría máis ben por interpretar correctamente o primeiro encontro intervocabular do verso, como xa sinalara Nobiling ó apuntar que a forma est’ non é demostrativo senón verbo. Así as cousas, o texto podería ser editado como “x(e) ést’a coita que eu levei” ou, mellor aínda (dado que o pronome persoal átono non semella cons tituír adoito sílaba diante de vogal), “x’ést’a coita que eu levei”, como de feito fixo Michaëlis no seu glosario (1920: 74). (b) v. 4922 (A220-B387, v. 1I; MedDB 44,8): “Pois o vivo mal qu(e) eu soffro, pu nhei” (Michaëlis 1990, I: 424). Segundo Nobiling (2007: 200), tanto a expresión o vivo mal coma a elisión de que son inusuais. Polo que se refire á primeira cuestión, tendo en conta que na gótica textual o <i> non levaba punto, o estudoso supón que: tem de ser lido, ao invés de o vivo, ouvi o, e de ser traducido: ‘desde que carrego a dor que sofro, esforcei-me em ocultá-la’, Isso é corroborado 12 Son os casos rexistrados na primeira columna da táboa que figura no apéndice deste traballo. 13 Para nós a lección de B é claramente ouuem. 14 Cremos menos probable que fose o copista Bd (Ferrari 1979) o que introducise o pronome persoal, polo que consideramos que podería estar no seu antecedente. Libro_Madrygal 20 regular.indb 28 18/10/2017 9:15:55 29Fernández Guiadanes, A. Madrygal 20 (2017): 21-40 ensandecerei, estaría sinalado dalgún modo. Como nos exemplos anteriores, neste caso o encontro de que + vogal podería non supoñer un problema e habería que analizar outros aspectos métricos e ecdóticos que afectan ó verso. Por unha banda, cómpre atender ó carácter bisílabo ou trisílabo do imperativo de seer. Segundo Tavani (1964: 80), “normalmente ee (che conta per due sillabe quando il secondo e sia tonico) in posizione atona si reduce ad una sillaba anche se, nella scritura, il raddopiamento resta”. Esta regra podería ser admitida só despois de facer un estudo exhaustivo de tódalas cantigas en que concorren formas con reduplicacións vocálicas deste tipo. En calquera caso, da consulta de MedDB pode concluírse que nunca se rexistra a forma sede e que, en dezaseis das dezasete16 ocorrencias de seede / seed’, o vocábulo ten que contar como trisílabo17. pola hipérmetra de B, pero sería preciso realizar unha análise máis en profundidade –que pode pasar por editar a cantiga, pois presenta outros loci critici que habería que estudar de forma conxunta. (c) v. 7342 (B46, v. 3II; MedDB 41,1): “E sei de fix que ensandecerei” (Michaëlis 1990 I: 660). Nobiling (2007: 204), considerando que a lección do verso de Fernán Figueira de Lemos é ʃee e que descoñece a “expressão idiomática” saber de fix, establece o verso “(E) Seede fis que ensandecerei”. Para acomoda-lo verso a unha medida decasílaba, CMGP, “E seede fix que ‘nsandecerei”, realiza a aférese da vogal inicial de ensandecerei. Pola súa parte, da lectura de GLOSSA (20.9), “E seede fix que ensandecerei”, podería concluírse que a forma seede é bisílaba ou que hai que facer unha sinalefa entre as dúas palabras finais do verso, pois, de considera-la expunción da copulativa inical ou unha aférese15 en 15 Un caso semellante amósase no verso “e quen-quer poderá entender” (B124, v. 6III; MedDB 78,16) da cantiga Ora non poss’eu ja creer de Joán Soárez Somesso. Michaëlis (1990, I: 744-745) propón elimina-la conxunción copulativa inicial e tanto CMGP coma GLOSSA (97.20) deixan o verso tal e como o envía o manuscrito, o que nos leva a pensar que admiten a sinalefa do encontro intervocabular que presenta. Cunha (1961: 31) considera que, para vogal tónica mais vogal átona, “o hiato era a única solução possível”. A partir da análise das cincuenta primeiras cantigas de A, Arbor Aldea (2008: 26-27) rexistra, ademais da dialefa (‘hiato’), rexistra como solucións para ese encontro a sinalefa e a elisión. Polo que respecta á sinalefa, os casos por ela achegados son o v. 2I da peza de Vasco Fernández Praga de Sandín Señor fremosa, par Deus, gran razón (A3-B93; MedDB 151,26), “sería ja agora, se en prazer” (<ɩa agora>, A; <ɩa ora>, B), e o v. 3II da cantiga de Joán Soárez Somesso Ja foi sazón que eu cuidei (A28-B121; MedDB 78,8), “c’ assí estarei d’ ela melhor” (<caʃʃɩ eʃtareɩ>, A; <ca aʃʃɩ eʃtareɩ>, B). No primeiro exemplo sería ben ter en conta se, máis cá sinalefa j’agora (en que se elidiría a vogal da partícula tónica ja), sería preferible a lección de B (ja ora) ou se habería que resolve-lo encontro intervocabular mediante unha aférese ja’gora. No segundo caso achamos dous encontros intervocabulares: para o primeiro, considerando que debe descartarse unha sinalefa c’assí (Cunha 1961, Arbor Aldea 2008, Ferreiro 2012), cabe pensar na vía aferética ca’ssi (como en GLOSSA 94.10 e en CMGP) ou na variante ca sí (adverbio ‘así’); o segundo encontro –de vogal tónica e átona (a)ssí estarei– podería ser resolto mediante unha sinalefa (como pretende Arbor, ‘ss(í) estarei / s(í) estarei, é dicir, ‘ss’estarei / s’estarei) ou mediante unha aférese (‘ssí (e)starei / si (e)starei, isto é, ‘ssi ‘starei / si ‘starei, como en CMGP). A outra solución ofrecida por Arbor Aldea para vogal tónica + vogal átona é a elisión (segundo nós, máis ben unha sinalefa ou unha aférese). O primeiro dos casos que recolle é o v. 5III de Que sen consello que vós, mia señor de Vasco Fernández Praga de Sandín (A10-B100; MedDB 151,21), “ca, pois eu morrer’, logo dirá ‘lguen” (<morreu ialguen>, A; <dɩra alguē>, B ), que tódolos editores presentan como dirá ‘lguen (Michaëlis 1990, I: 23; CMGP, GLOSSA 73.19). O segundo exemplo áchase no v. 3IV da cantiga de Joán Soárez Somesso Muito per dev’a gradecer (A26-B119; MedDB 78,11), “ca de mẽor morreu ja ‘lguen” (<ɩálguen>, A; <ɩa alguē>, B), resolto como ja ‘lguen (Michaëlis 1990, I: 57; CMGP) e j’alguen (GLOSSA 92.24). Tendo en conta que, para o encontro de vogal tónica + átona quizais teña razón Cunha ó non aceptar como solución a sinalefa, no verso que nos ocupaba ó comezo da nota (“e quen-quer poderá entender”), só cabería pensar na aférese de entender ou, máis ben, na proposta de Michaëlis, que pasaba por elimina-la conxunción copulativa inicial, como noutros casos estudados neste traballo. 16 Deixamos fóra do cómputo a cantiga Dona e senhora de grande valía, por se tratar dunha composición tardía, allea á tradición trobadoresca (MedDB 157,19). 17 A excepción é o v. 6I da cantiga de Afonso Sánchez Un ricome, a que un trobador (B781-V365; MedDB 9,13), “E dis[s]e-m’el: —Seed’en vosso logar”, en que o verso merece un achegamento crítico máis completo, pois nin Arbor Aldea (2001) nin Longo (2002) contemplan opcións para reconduci-lo a unha medida decasílaba: cabe elimina-la copulativa inicial, malia que a conxunción apareza no mesmo verso na segunda cobra? É preferible considera-la forma seed’ monosílaba? Libro_Madrygal 20 regular.indb 29 18/10/2017 9:15:55 36 Fernández Guiadanes, A. Madrygal 20 (2017): 21-40 A partir da edición de Lang, no RM Tavani estableceu para a peza o esquema a6’ a6’ B4 a6’ B6 (33:24). Nobiling (2007: 182), pola súa parte, propón, no canto do tetrasílabo, un verso pentasílabo, “pois que a el praz”, ó defende-la inexistencia de sinalefa na secuencia que a, á vez que contempla como heptasílabo o outro verso do refrán, “e est’é o meu solaz”. do sentido negativo de garrida proposto por Cohen), por perjurada?33 γ) Para o v. 2502 (v. 3R, B600-V203; MedDB 25,77), Lang ofrecía a lectura “pois qu’a el praz”. O verso constitúe o primeiro do refrán intercalar da cantiga de amigo Pois que diz meu amigo, que ten como segundo “e est’é o meu solaz”, transmitida nos manuscritos deste xeito: 33 Que un copista cometa un erro levando a cabo unha substitución léxica non é un feito completamente inusual e podería producirse por diferentes motivos, como, entre outros, os seguintes: a) O cambio dun termo por un sinónimo total, un sinónimo poético ou un vocábulo ou expresión recorrente estaría, se cadra, na base da varia lectio que afecta ó v. 4II da cantiga de Men Rodríguez Tenoiro Senhor fremosa, creede per mí (A226-B401-V11; MedDB 101,12): a lección isómetra e semanticamente acaída de A (<outra dona ʃennor per ba fe>) enfróntase á hipérmetra de B (<outa dona f’moʃa p  ba fe>) e V (<outa dona f’mosa per bona fe>). Outro tanto cómpre dicir para o v. 1II da cantiga de Fernan Velho Pois Deus non quer que eu ren poss’aver (A257-B434-V46; MedDB 50,7), que fai entrar en liza a lección axustada á métrica e á semántica ofrecida por A (<[ ] mıa ʃennor fremoʃa de bon prez>) fronte á hipérmetra por dúas sílabas de B-V (<E mha ʃenhor f’moʃa de bon parecer> e <E mha senhor f’mosa de bon parecer>). b) A substitución respondería á introdución, quizais voluntaria dun amanuense, dun termo que actualiza unha palabra considerada probablemente arcaica na época da copia. Este é o caso que puido ocasiona-la diverxencia no verso de refrán (constituído por un verv’antigo e adoito denominado “refrán con variación”) da peza de Joán García de Guilhade Don Foán disse que partir quería (B1502; MedDB 70,17): se na primeira cobra o testemuño ofrece a lección <caʃtanhas eixidas e velhas p  souto>, nas dúas restantes aparece <caʃtanhas saydas>. Nesta dirección pode resultar esclarecedora a substitución das formas de exir (do manuscrito I) polas de salir (presentes en F) na copia dalgúns versos dos Milagros de Nuestra señora de Berceo: 80a, 92c, 128a, 128d, 185a, 243d, 298b, 303c, 315c ou 359a (García Turza 1997). c) A suplantación léxica pode ser froito dunha mala lectura ou interpretación, tendo presente un “conflito de enciclopedia”, a “interferencia do discurso endofásico”, a “entropía ou presuposición” (D’Agostino 2012: 111- -115), ou incluso unha situación contextual dada na cadea gráfica. A esta mecánica é posible reconducir erros como os de “cauallo” por “colo”, “lugares espantosos” por “lugares pastosos”, “ligitimamente” por “ligeiramente” ou “craras douos” por “grãos d’uvas, detectados no Tratado de Albeitaria por Pérez Barcala (2013: 150, 225, 226, 316). Ba600, fol. 132va V203, fol. 28rb e 28va Poys q  diz meu amigo Que se q r hir comigo Poys q  a el praz Praz ami bē u9 diguē Este omeu solaz Poys diz q  toda uya N9 hym9 nossa uya Poys q  a el praz Prazme uegi b dia Eʃte Poys me de leuar ueio Que este o seu deseio Poys q  a el praz Prazmi muyto sobeio Eʃte Poys que diz meu amigo que se q r hir comigo poys que del praz praz ami ben u9 digue eʃte omeu solaz Poys diz q  toda uya n hym9 noʃsa uya poys que ael praz praz me uegi b dia este Poys me de leuar ueio q  este o seu deʃeio poys q  ael paz prazmi muyto sobeio eʃte Libro_Madrygal 20 regular.indb 36 18/10/2017 9:15:55 37Fernández Guiadanes, A. Madrygal 20 (2017): 21-40 problema métrico debe chama-la nosa atención ata o extremo de que, malia que se poida ser un acérrimo defensor do conservadorismo da lección manuscrita, cando menos habería que dar sempre unha explicación en nota a unha edición crítica. Do mesmo xeito, ante cada problema, cómpre argumentar non só por qué se opta por unha determinada postura crítica, senón tamén por qué non cabe escoller outra. E este mesmo proceder debería ser aplicado cando existe a posibilidade de efectuar máis dunha emenda ou de recorrer a máis dunha licenza métrica ou consideración lingüística para devolve-la isometría a un determinado verso hipómetro ou hipérmetro, pois moitas veces déixase ó lector a busca (ou a escolla) de posibles solucións cando estas deberían ser propostas polo estudoso, que pode decantarse por algunha delas (se é o caso) ou deixar o campo aberto a partir das súas reflexións. As páxinas que anteceden non pretenden (con criterios rigorosos e infalibles) impoñe-las nosas ideas sobre as de ninguén. Na maioría dos casos, os argumentos esgrimidos servirán de complemento ás ideas propostas polos estudosos precedentes (algún erro ou imprecisión seguro que tamén escorregou) ou farán unha chamada de atención a certas incertezas que moitas veces non se comentan e que deberían ser motivo de reflexión. Como pode advertirse, tralos traballos de Nobiling, Cunha, Lapa ou Ferreiro, aínda subsisten versos para os que non resulta doado ofrecer unha hipótese que se poida presumir como máis probable ou, moito menos, definitiva. E aínda hoxe, no século XXI, malia que Ferreiro (2009) denunciase a non aceptación das teorías de Cunha por parte dalgúns estudosos (mormente na LPGP de 1996), existen obras impresas e ferramentas electrónicas en que os seus responsables ofrecen lecturas para versos que conteñen encontros intervocabulares de que + vogal que só mediante unha emenda ou admitindo a proscrita (cremos que acertadamente) sinalefa acadarían a isometría34. Pellegrini ofreceu para o v. 3R dúas lecturas diferentes, “pois qu’a el praz” (1928: 4) e “[e] pois que a el praz” (1927: 15), acrecentando unha copulativa inicial. Como na segunda proposta do investigador italiano, Nunes (1973 II: 51) integra a conxunción e, facendo do verso un hexasílabo masculino que correspondería así metricamente ó v. 5R consonte á lectura de Nobiling. Lapa (1982: 158) considera que o v. 3R ten seis sílabas (“pois que a el[e] praz”) e critica a primeira das lecturas propostas por Pellegrini aducindo que “viola gravemente o texto (...), com a agravante de não observar a medida do verso”. Tras tanto “peso” filolóxico, Cohen (2003: 637), tendo en conta a correcta lección pentasílaba ofrecida polos apógrafos italianos, establece un esquema a6’ a6’ B5 a6’ B5 e edita os dous versos do refrán como “pois que a él praz / (...) / éste o meu solaz”. Malia que cremos que o investigador resolveu satisfactoriamente o problema métrico que afecta ó retrouso da composición, Ferreiro (2009: 487) considera que esta cantiga presenta unha “perfecta igualdade” silábica no refrán, “xa que é posíbel a sinalefa a_el (pois que a el praz)”: de asumir esta máis que improbable sinalefa, recuperaríase o verso tetrasílabo de Lang, pero a igualdade silábica co outro verso do refrán non se daría. En efecto, da lección dos códices quiñentistas para o v. 5R non resultaría en ningún caso un verso de catro sílabas: o que deles se desprende é a lectura ofrecida por Cohen –e tamén por GLOSSA (617.5)– “éste o meu solaz”, que ou é un hexasílabo agudo (se se contempla o hiato) ou un pentasílabo (se se admite a sinalefa ést(e) o ou, mellor, ést’o). 5. Final Se para o Cantar de Mio Cid, como apuntaba Menéndez Pidal (1976:103), “el metro nunca puede ser por sí solo base de una corrección, si no va apoyado por otras razones”, na lírica profana e relixiosa medieval galega ou galego-portuguesa, polo contrario, semella que un 34 Véxanse, por exemplo, entre outros, os seguintes casos: “en tal guisa qu’én ben pod’entender”, v. 6I de B1312-V 917 (Arias Freixedo 2003: 883); “e que sabedes vós que sei eu qu’én”, v. 7II de B1221-V826 (Ibid. 450); “mais nom sei tal qu’i’stevesse”, v. 5II de B-967-V 554 (CMGP); “que a nega, pero xa/x’a leva dobrada”, v. 7III de B488-V71 (CMGP e GLOSSA 486.21); “que a leixass’, e el cantou”, v. 3II de B1363-V971 (CMGP); “ca vedes o que ouço a todos dizer”, v. 4I de V1035 (CMGP e GLOSSA 1445.4); “con esta dona, que eu por meu mal vi”, v. 6III de B1594-V1126 (CMGP); “e des i, pois, cras, u quer que o vejades”, v. 4III de B1662-V1196 (CMGP e GLOSSA 1674.18); “-mi-os á mia mort’, ou a que os vou pedir?”, v. 5III de B1524 (CMGP e GLOSSA 1543.15); “Tod’ome que a ir queira veer suso”, v. 1III de B1546 (CMGP e GLOSSA 1565.7), “nós, que avemos mui bon rei por senhor”, v. 5I de B1550 (CMGP e GLOSSA 1569.5). Libro_Madrygal 20 regular.indb 37 18/10/2017 9:15:56 38 Fernández Guiadanes, A. Madrygal 20 (2017): 21-40 6. Referencias bibliográficas A = Fragmento do Nobiliário do Conde Dom Pedro. Cancioneiro da Ajuda. Edição fac-similada do códice existente na Biblioteca da Ajuda. Estudos de J. V. Pina Martins e M. A. Ramos. Lisboa: Edições Távola Redonda / Instituto Português do Património Arquitectónico e Arqueológico / Biblioteca da Ajuda, 1994. Alvar, Carlos (1980): “Las poesías de Pero Garcia d’Ambroa”, Studi Mediolatini e Volgari XXXII, pp. 5-112. Arbor Aldea, Mariña (2001): O cancioneiro de don Afonso Sanchez. Edición e Estudio. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. ——— (2008): “Metro, lírica profana galego-portuguesa e práctica ecdótica. Consideracións á luz do Cancioneiro da Ajuda”, en M. Ferreiro, C. P. Martínez Ferreiro e L. Tato Fontaíña (eds.), A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza. A Coruña: Baía, pp. 9-38. ——— (2009): “Escribir nas marxes, completar o texto: as notas ós versos do Cancioneiro da Ajuda”, en M. Brea (coord.), “Pola melhor dona de quantas fez nostro Senhor”. Homenaxe á profesora Giulia Lanciani. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, pp. 49-72. ——— (2012a): “A fronte a BV: res metrica e varia lectio (I)”, en N. Fernández Rodríguez e María Fernández Ferreiro (coords.), Literatura medieval y renacentista en España: líneas y pautas. Salamanca: SEMYR, 2012, pp. 363-376. ——— (2012b): “A fronte a BV: res metrica e varia lectio (II)”, en A. Martínez Pérez e A. Luisa Baquero Escudero (coords.), Estudios de literatura medieval: 25 años de la Asociación Hispánica de Literatura Medieval: 25 años de la AHLM. Murcia: Universidad de Murcia, pp. 159-170. Arias Freixedo, Xosé Bieito (2003): Antoloxía da lírica galego-portuguesa. Vigo: Xerais. B = Cancioneiro da Biblioteca Nacional (Colocci-Brancuti). Cód. 10991. Lisboa: Biblioteca Nacional / Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 1982. Beltrami, Pietro G. (1974): “Pero Viviaez e l’amore per udita”, Studi Mediolatini e Volgari XXII, pp. 43-65. Bertolucci Pizzorusso, Valeria (1962): Le poesie di Martin Soares, Studi Mediolatini e Volgari X, pp. 9-160. Casas Homs, José María (1956): “Torcimany” de Luis de Averçó. Tratado retórico y diccionario de rimas. Siglos XIV-XV. Barcelona: Sección de Literatura Catalana. CMGP = Lopes, Graça Videira, Manuel Pedro Ferreira et alii (2011): Cantigas Medievais Galego Portuguesas [base de dados online]. Lisboa: Instituto de Estudos Medievais, FCSH/NOVA (http:// cantigas.fcsh.unl.pt) [consulta: 03/2017]. Cohen, Rip (2003): 500 cantigas d’amigo. Porto: Campo das Letras. Cunha, Celso (1950): Á margem da poética trovadoresca. Rio de Janeiro: [s. n.]. ——— (1961): Estudos de Poética Trovadoresca. Versificação e Ecdótica. s.l.: Ministério de Educação e Cultura / Instituto Nacional do Livro. D’Agostino, Alfonso (2012): Capitoli di filologia testuale: testi italiani e romanzi. Milano: Edizioni Unicopli. Ferrari, Anna (1979): “Formazione e struttura del canzionere portoghese della Biblioteca Nazionale di Lisboa (Cod. 10991: Colocci Brancutti)”, Arquivos do Centro Cultural Português XIV, pp. 29-142. Ferreiro, Manuel (1992): As cantigas de Rodrigu’Eanes de Vasconcelos. Santiago de Compostela: Laiovento. ——— (2009): “Sobre a suposta crase de que no trobadorismo profano galego-português”, en R. Pontes e E. D. Martins (orgs.), Anais VII Encontro Internacional de Estudos Medievais. Idade Média: permanência, atualização, residualidade. Fortaleza / Rio de Janeiro: Associação Brasileira de Estudos Medievais / Universidade Federal do Ceará, pp. 487-495. ——— (2012): “Sobre a partícula ca no corpus da lírica profana galego-portuguesa: integridade formal vs. elisión”, en P. Petrov, P. Q. de Sousa, R. López-Iglésias Samartim e E. J. Torres Feijó (eds.), Avanços em Ciências da Linguagem. Santiago de Compostela / Faro: AIL / Através Editora, pp. 391-410. ——— (2013): “Sobre a posibilidade de elisión vocálica da conxunción se na lírica profana galegoportuguesa”, Verba. Anuario galego de filoloxía 40, pp. 453-470. Ferreiro, Manuel e Carlos Paulo Martínez Pereiro (1996a): Historia da Literatura Galega. Cantigas de Amor. Antoloxía. Vigo: AS-PG / A Nosa Terra. Libro_Madrygal 20 regular.indb 38 18/10/2017 9:15:56 39Fernández Guiadanes, A. Madrygal 20 (2017): 21-40 ——— (1996b): Historia da Literatura Galega. Cantigas de Escarnho e de Maldizer. Antoloxía. Vigo: AS-PG / A Nosa Terra. ——— (1996c): Historia da Literatura Galega. Cantiga de Amigo. Antoloxía. Vigo: AS-PG / A Nosa Terra. García Turza, Claudio (1997): Gonzalo de Berceo. Los milagros de nuestra señora. La Rioja: Universidad de la Rioja. GLOSSA = Ferreiro, Manuel (dir.) (2014-): Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa. A Coruña: Universidade da Coruña (http://GLOSSA.gal) [consulta: 03/2017]. Gonçalves, Elsa (1991): Poesia de Rei: três notas dionisinas. Lisboa: Cosmos. Lang, Henry (2010 [1894]): Cancioneiro d’el rei Dom Denis e estudos dispersos (edição organizada por L. Márcia Mongelli e Y. Frateschi Vieira). Niterói: EdUFF. Lapa, Manuel Rodrigues (1929): Das origens da poesia lírica em Portugal na Idade Média. Lisboa: Edição do autor. ——— (1954): “Celso Ferreira da Cunha, À margem da poética trovadoresca. Rio de Janeiro, 1950, 91 pp.”, Nueva revista de filología hispánica VIII, pp. 81-86. ——— (1982): “O texto das cantigas d’amigo”, en Miscelânea de Língua e Literatura Portuguesa Medieval. Coimbra: Coimbra Editora, pp. 141-195. Longo, Nicoletta (2002): Dom Afonso Sanchez. Le poesie. Roma: Bagatto Libri. Lorenzo Gradín, Pilar (2008): “Reflexións sobre os encontros vocálicos nas cantigas”, en M. Brea, F. Fernández Rei e J. L. Regueira (eds.), Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 513-521. ——— (2009): “Hiato e sinalefa na lírica profana galego-portuguesa”, en E. Corral Díaz, L. Fontoira Suris e E. Moscoso Mato (eds.), A mi dizen quantos amigos ey. Homenaxe ao profesor Xosé Luís Couceiro. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 265-272. LPGP = Mercedes Brea (coord.) (1996): Lírica profana galego-portuguesa. Corpus completo das cantigas medievais, con estudio biográfico, análise retórica e bibliografía específica [realizado por F. Magán Abelleira, I. Rodiño Caramés, M. C. Rodríguez Castaño e X. X. Ron Fernández; coa colaboración de A. Fernández Guiadanes e M. C. Vázquez Pacho] Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, 2 vols. MedDB = Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB) (https://www.cirp.gal/pls/bdo2/f? p=MEDDB3:2:1693007810647233789) [consulta: 03/2017]. Menéndez Pidal, Ramón (1976): Cantar de Mio Cid. Texto, gramática y vocabulario, vol. I. Madrid: Espasa-Calpe. Michaëlis de Vasconcelos, Carolina (1985): “Das Liederbuch des Königs Denis von Portugal”, Literaturblatt für germanische und romanische Philologie 8, pp. 271-276. ——— (1990 [1904]), Cancioneiro da Ajuda. Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda. ——— (1920): “Glossario do Cancioneiro da Ajuda”, Revista Lusitana XXIII, pp. 1-95. Nobiling, Oskar (2007): As cantigas de D. Joan Garcia de Guilhade e estudos dispersos (ed. Y. Frateschi Vieira). Niterói: EdUFF. Nunes, José Joaquim (19707): Crestomatia arcaica. Excertos da Literatura Portuguesa desde o que mais antigo se conhece até ao século XVI, acompanhados de introdução gramatical, notas e glossário. Lisboa: Livraria Clássica Editora. ——— (1973 [1926-1928]): Cantigas d’ amigo dos trovadores galego-portugueses. Edição crítica, acompanhada de introdução, comentário e glossário. Lisboa: Centro do Livro Brasileiro, 3 vols. Pedro, Susana Tavares (2016): “Análise paleográfica das anotações marginais e finais no Cancioneiro da Ajuda”, en M. A. Ramos e T. Amado (coords.), À Volta do Cancioneiro da Ajuda. Actas do Colóquio «Cancioneiro da Ajuda (1904-2004)». Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda, pp. 23-59. Pellegrini, Silvio (1927): Don Denis. Belluno: La Cartolibraria. ——— (1928): Auswahl altportugiesischer lieder. Halle: Max Niemeyer Verlag. Pérez Barcala, Gerardo (2006): “Repetitio versuum en la lírica gallego-portuguesa”. Revista de Filología Española LXXXVI, 1, pp. 161-208. ——— (2013): A tradución galega do Liber de medicina equorum de Giordano Ruffo. A Coruña: Fundación Barrié. Radulet, Carmen M. (1979): Estevam Fernandez d’ Elvas. Il canzoniere. Bari: Adriatica Editrice. Rio Riande, Gimena (2010): Texto y Contexto: El Cancionero del rey Don Denis de Portugal (Edición crítica y estudio filológico). Tese de doutoramento inédita. Madrid: Universidad Complutense. Libro_Madrygal 20 regular.indb 39 18/10/2017 9:15:56 40 Fernández Guiadanes, A. Madrygal 20 (2017): 21-40 RM = Giuseppe Tavani (1967): Repertorio métrico della lírica galego-portoghese. Roma: Edizioni dell’Ateneo. Rodríguez, José Luís (1980): El cancionero de Joan Airas de Santiago. Edición y estudio. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Tavani, Giuseppe (1964): Lourenço. Poesie e tenzoni. Modena: Società Tipografica Editrice Modenese. V = Cancioneiro Português da Biblioteca Vaticana (Cód. 4803). Lisboa: Centro de Estudos Filológicos / Instituto de Alta Cultura, 1973. 7. Apéndice. Versos analizados no artigo Cantigas mss. Nobiling / CA Nobiling / Denís Cunha / Lang B44, v. 2IV v. 7318 B46, v. 3II v. 7342 B49, v. 3F v. 7424 B64, v. 3II v. 7781 B124, v. 2IV v. 8457 B200, v. 6III v. 9122 B228, v. 1II v. 9281 B336, v. 1I v. 9449 B341-A190, v. 2III A274, v. 3II v. 6069 B364, v. 3III v. 9532 B387-A220, v. 1I v. 4922 B498-V81, v. 2II v. 36 v. 36 B499-V82, v. 7I v. 53 B511-V94, v. 1II v. 292 B544-V147, v. 7II v. 1343 v. 1343 B556-V159 v. 2II v. 1637 v. 1637 B560-V163, v. 2I v. 1708 v. 1708 B561-V164, v. 1II v. 1725 v. 1725 B563-V166, v. 3III v. 1771 v. 1771 B568-V171, v. 2V v. 1870 v. 1870 B581-V184, v. 3I v. 2139 v. 2139 B588-V191, v. 4II v. 2290 v. 2290 B592-V195, v. 2V v. 2358 v. 2358 B595-V198, v. 4III v. 2420 v. 2420 B600-V203, v. 3R v. 2502 v. 2502 B605/606-V208 v. 2II v. 1553 Libro_Madrygal 20 regular.indb 40 18/10/2017 9:15:56