scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

A utilización da táboa espiñal na inmobilización dun paciente con sospeita de lesión medular

Pereiro Villaverde, Alba

Abstract

Introdución: A día de hoxe, os traumatismos constitúen un problema de saúde pública que cobra cada vez máis importancia. Os de tipo cerrado poden chegar a causar unha lesión medular, o que incrementaría aínda máis a súa repercusión a nivel social e económico, polo que se trata de evitar esta situación minimizando os movementos da vítima a través da inmobilización, cuxo elemento estándar é o taboleiro espiñal. Obxectivo: O obxectivo desta revisión é analizar o taboleiro espiñal e determinar a súa eficacia para a inmobilización dun paciente con sospeita de lesión medular. Metodoloxía: Revisión bibliográfica guiada pola declaración PRISMA, cuxos datos se extrapolaron das bases de datos de ENFISPO, GOOGLE ACADÉMICO, PUBMED E SCOPUS. Seleccionáronse aquelas publicacións de 5 anos de antigüidade e con información relevante para responder a pregunta de investigación. Resultados: Unha vez aplicados os criterios de inclusión atopáronse un total de 1.941 artigos, destes, descartáronse 1.878 por criterios de exclusión e título, e 10 por duplicados quedando uns 53 candidatos. Despois de ler o resumo, desbotáronse 23 e tras a lectura completa dos restantes, obtivéronse un total de 26 artigos dos que se extraeu a información. Conclusión: Resulta imposible determinar un método idóneo de inmobilización pola escasa existencia de evidencia. A máis actual defende a restrición do movemento espiñal coa finalidade de reducir o uso do taboleiro espiñal, debido aos seus efectos secundarios e porque os desprazamentos cinemáticos son maiores, en comparación aos do colchón. Sen embargo, debese buscar o equilibrio entre os potenciais beneficios e inconvenientes, e posto que a súa aplicación é rápida, estaría xustificada en pacientes críticos nos que o tempo en escena e o transporte debe ser o máis breve posible.

Full text

A UTILIZACIÓN DA TÁBOA ESPIÑAL NA INMOBILIZACIÓN DUN PACIENTE CON SOSPEITA DE LESIÓN MEDULAR Alumno: Alba Pereiro Villaverde Titor: Santiago Martínez Isasi Convocatoria: Xuño 2022 Departamento: Enfermería UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Grao en Enfermaría O Proxecto de Fin de Grao titulado: “A utilización da táboa espiñal na inmobilización dun paciente con sospeita de lesión medular”, foi realizado por o/a abaixo asinante. Santiago de Compostela, 13 de Xuño de 2022. O/a alumno/a, Alba Pereiro Villaverde Fdo.: O/a titor/a, Santiago Martínez Isasi Fdo.: ÍNDICE Contenido 1. Resumo ......................................................................................................................................... 1 1.1 Resumo....................................................................................................................................... 1 1.2 Resumen .................................................................................................................................... 2 1.3 Abstract ....................................................................................................................................... 3 2. Introdución .................................................................................................................................... 4 3. Xustificación e obxectivos............................................................................................................ 8 4. Formulación da pregunta de estudo ........................................................................................... 9 5. Metodoloxía .................................................................................................................................. 9 5.1 Protocolo ..................................................................................................................................... 9 5.2 Criterios de elixibilidade ............................................................................................................ 9 5.3 Fontes de información ..............................................................................................................10 5.4 Estratexia de busca ..................................................................................................................10 5.5 Selección de estudos ...............................................................................................................11 5.6 Proceso de extracción de datos ..............................................................................................12 6. Resultados ...................................................................................................................................13 7. Discusión ......................................................................................................................................17 8. Conclusión ...................................................................................................................................20 9. Bibliografía ...................................................................................................................................21 10. Anexos ....................................................................................................................................... 1 Anexo 1: Táboa das variables descritivas dos estudos incluídos. ............................................... 1 Anexo 2: Táboa das variables principais dos estudos incluídos.................................................. 3 1 1. Resumo 1.1 Resumo Introdución: A día de hoxe, os traumatismos constitúen un problema de saúde pública que cobra cada vez máis importancia. Os de tipo cerrado poden chegar a causar unha lesión medular, o que incrementaría aínda máis a súa repercusión a nivel social e económico, polo que se trata de evitar esta situación minimizando os movementos da vítima a través da inmobilización, cuxo elemento estándar é o taboleiro espiñal. Obxectivo: O obxectivo desta revisión é analizar o taboleiro espiñal e determinar a súa eficacia para a inmobilización dun paciente con sospeita de lesión medular. Metodoloxía: Revisión bibliográfica guiada pola declaración PRISMA, cuxos datos se extrapolaron das bases de datos de ENFISPO, GOOGLE ACADÉMICO, PUBMED E SCOPUS. Seleccionáronse aquelas publicacións de 5 anos de antigüidade e con información relevante para responder a pregunta de investigación. Resultados: Unha vez aplicados os criterios de inclusión atopáronse un total de 1.941 artigos, destes, descartáronse 1.878 por criterios de exclusión e título, e 10 por duplicados quedando uns 53 candidatos. Despois de ler o resumo, desbotáronse 23 e tras a lectura completa dos restantes, obtivéronse un total de 26 artigos dos que se extraeu a información. Conclusión: Resulta imposible determinar un método idóneo de inmobilización pola escasa existencia de evidencia. A máis actual defende a restrición do movemento espiñal coa finalidade de reducir o uso do taboleiro espiñal, debido aos seus efectos secundarios e porque os desprazamentos cinemáticos son maiores, en comparación aos do colchón. Sen embargo, debese buscar o equilibrio entre os potenciais beneficios e inconvenientes, e posto que a súa aplicación é rápida, estaría xustificada en pacientes críticos nos que o tempo en escena e o transporte debe ser o máis breve posible. Palabras chave: Trauma, Lesión Medular, Inmobilización, Taboleiro espiñal, Colchón de baleiro. 2 1.2 Resumen Introducción: A día de hoy, los traumatismos constituyen un problema de salud pública que cobra cada vez más importancia. Los de tipo cerrado pueden llegar a causar una lesión medular, lo que incrementaría aún más su repercusión a nivel social y económico, por lo que se trata de evitar esta situación minimizando los movimientos de la víctima a través de la inmovilización, cuyo elemento estándar es el tablero espinal. Objetivo: El objetivo de esta revisión es analizar el tablero espinal y determinar su eficacia para la inmovilización de un paciente con sospecha de lesión medular. Metodología: Revisión bibliográfica guiada por la declaración PRISMA, cuyos datos se extrajeron de las bases de datos de ENFISPO, GOOGLE ACADÉMICO, PUBMED Y SCOPUS. Se seleccionaron aquellas publicaciones de 5 años de antigüedad y con información relevante para responder la pregunta de investigación. Resultados: Una vez aplicados los criterios de inclusión se encontraron un total de 1.941 artículos, de ellos, se descartaron 1.878 por criterios de exclusión y título, y 11 por duplicados, quedando unos 53 candidatos. Después de leer el resumen, se desecharon 23 y tras la lectura completa de los restantes, se obtuvieron un total de 26 artículos de los que se extrajo la información. Conclusión: Resulta imposible determinar un método idóneo de inmovilización por la escasa existencia de evidencia. La más actual defiende la restricción del movimiento espinal con la finalidad de reducir el uso del tablero espinal, debido a sus efectos secundarios y porque los desplazamientos cinemáticos son mayores, en comparación a los del colchón. Sin embargo, se debe buscar el equilibrio entre los potenciales beneficios e inconvenientes, y ya que su aplicación es rápida, estaría justificada en pacientes críticos en los que el tiempo en escena y el transporte debe ser lo más breve posible. Palabras clave: Trauma, Lesión Medular, Inmovilización, Tablero espinal, Colchón de vacío. 3 1.3 Abstract Introduction: Today, injuries are a public health problem that is becoming increasingly important. The closed type can cause a spinal cord injury, which would further increase its repercussion at a social and economic level, so it is about avoiding this situation by minimizing the victim's movements through immobilization, whose standard element is the spinal board. Target: The objective of this review is to analyse the spinal board and determine its effectiveness for the immobilization of a patient with suspected spinal cord injury. Methodology: Bibliographic review guided by the PRISMA statement, whose data were extracted from the ENFISPO, GOOGLE ACADEMIC, PUBMED AND SCOPUS databases. Those publications 5 years old and with relevant information to answer the research question were selected. Results: Once the inclusion criteria were applied, a total of 1,941 articles were found, of which 1,878 were discarded due to exclusion criteria and title, and 11 due to duplicates, leaving some 53 candidates. After reading the abstract, 23 were discarded and after the complete reading of the rest, a total of 26 articles were obtained from which the information was extracted. Conclusion: It is impossible to determine a suitable method of immobilization due to the limited existence of evidence. The most current defends the restriction of spinal movement in order to reduce the use of the spinal board, due to its secondary effects and because the kinematic displacements are more, compared to those of the mattress. However, a balance must be sought between the potential benefits and disadvantages, and since its application is rapid, it would be justified in critical patients in whom the time on scene and transport must be as short as possible. Key words: Trauma, Lesión Medular, Inmovilización, Tablero espinal, Colchón de vacío. 4 2. Introdución Mundialmente, o continuo avance e desenvolvemento social, industrial e tecnolóxico supuxo un aumento do número e da gravidade dos accidentes, producindo unhas lesións e secuelas limitantes que requiren dun abordaxe específico e multidisciplinar, e que supoñen un impacto en distintos ámbitos familiares e comunitarios, no aspecto persoal, social e económico e que repercuten física e psicoloxicamente nas persoas. Esta situación, que cada vez cobra máis importancia, acabou derivando nun problema de saúde pública ata chegar a ser considerado unha pandemia, que está previsto que en 2030 se atope dentro das primeiras 20 causas de morte a nivel mundial e no terceiro lugar como causa de discapacidade. Por poñer un exemplo, anualmente morren uns 5.8 millóns de persoas a causa de traumatismos, o 10% de todas as mortes a nivel mundial e un 32% máis que a suma das enfermidades infecciosas como a tuberculose ou o VIH12. Un traumatismo é un dano orgánico producido por unha enerxía cinética, despois da cal se produce un deterioro e se activan uns mecanismos compensatorios durante un corto período de tempo para intentar contrarrestar a alteración que se produciu, este intervalo temporal recibe o nome de “hora dourada do trauma”, momento no que o persoal sanitario debe levar a cabo unha rápida valoración e actuación seguindo o protocolo ABC, cuxa correcta posta en marcha determinará a supervivencia ou non do paciente12. O ser humano que, como consecuencia dun suceso desafortunado (voluntario ou involuntario), presenta varias lesións traumáticas, das cales unha ou máis delas supoñen un risco vital por compromiso circulatorio ou respiratorio, e que están provocadas por unha mesma causa, fan referencia ao concepto de paciente politraumatizado ou politraumatismo. Pola contra, se a persoa en cuestión presenta varias afeccións traumáticas pero ningunha delas supón un compromiso vital, falaremos dun polifracturado ou policontusionado. En canto á clasificación destes accidentados segundo a biomecánica, existen dous tipos principais de traumatismos: cerrados ou contusos, como as caídas, os accidentes de tráfico, os accidentes laborais ou os accidentes deportivos; e os traumatismos penetrantes, como as feridas causadas por arma branca ou arma de fogo. Os impactos contusos con unha enerxía que supera o soporte do corpo dunha persoa poden producir fracturas e/ou dislocacións das articulacións das vértebras, entre outras, afectando á integridade e estabilidade da columna vertebral e dificultando que poida manter a súa capacidade fisiolóxica de protección9. Este tipo de sucesos constitúen a principal causa de lesión da medula espiñal (LME), definida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) coma os danos sufridos nesta, pero tamén se poden ver afectados os nervios espiñais, osos e/ou estruturas disco- 5 ligamentosas da columna, a consecuencia dun traumatismo ou dunha enfermidade8. A gran maioría das lesións medulares son debido a accidentes de tránsito, caídas ou violencia, con variacións nas distintas rexións15. Podemos clasificalas en completas, se existe ausencia de función motora e sensitiva, ou incompletas, se conserva a función motora e sensitiva13; segundo criterios temporais divídense en lesións primarias ou directas, se se producen no momento no que tivo lugar o impacto, ou secundarias ou indirectas, posteriores ao desastre, das que se estima que se producen entre o 3% e o 25%, no momento do abordaxe ou no traslado ao centro hospitalario. Pero para que o dano na medula sexa permanente é preciso unha forza considerable, polo que algúns consideran que a manipulación posterior non é o maior factor causal deste tipo de lesións. Esta condición é un risco ao cal todas as persoas nalgún momento da súa vida están expostas, que afecta a máis de 250.000 persoas, uns 17.000 novos casos ao ano2, e que presenta unha incidencia de parálise motora e sensitiva de 40 a 50 casos por millón de habitantes. Dentro do conxunto dos traumatismos, aínda que as lesións da medula espiñal sexan unha pequena porcentaxe, esta doenza supón unha carga importante tanto para o paciente, como para a familia e a sociedade, e é unha das causas máis importantes de morbilidade e mortalidade, especialmente porque o grupo máis afectado é a poboación xove, concretamente, é mais frecuente en homes de entre 15 e 30 anos4. A mellor actuación para este tipo de lesións é a prevención, que precisa de esforzos lexislativos, de enxeñeira, de educación e sociais para ser efectiva8. Posúe especial importancia, porque unha vez que se produce a lesión non existe curación, só actuacións dirixidas a reducir o número de mortes e incapacidades, e por iso existe a concepción de que por precaución se debe restrinxir o movemento de todo aquel paciente susceptible de padecela ata que se descarte a súa ausencia mediante unha proba radiolóxica. A estabilización da columna é un dos procedementos básicos do manexo prehospitalario, o seu obxectivo é minimizar os desprazamentos para evitar que unha lesión potencial se converta nunha lesión real6, impedindo a tracción ou compresión dunha fractura inestable que provoque isquemia e edema en calquera punto da medula, causando máis dano e agravando a situación de maneira irreversible e invalidante. As técnicas de inmobilización e extricación do paciente con unha lesión real ou potencial da columna que están integradas no sistema de atención prehospitalaria son as mesmas que dende fai décadas25. Naqueles tempos, debido á dificultade para recoñecer o tipo de pacientes, a concepción de que a inmobilización non era prexudicial e de que aportaba beneficios (baseados no consenso e non na evidencia) conduciron ao abuso da utilización desta técnica. Pero este procedemento non é inofensivo, está asociado con complicacións e os beneficios que supostamente aporta na diminución da discapacidade son dubidosos22. Os dispositivos estándar 6 de inmobilización na atención prehospitalaria son o colar cervical, os bloques laterais de cabeza, correas para suxeitar e o taboleiro espiñal ou colchón de baleiro, pero non está definida cal destas opcións é a mellor. Son necesarios estudos que comparen a efectividade de ambos para poder determinar que alternativa é a máis axeitada en cada caso12, porque a literatura sobre a calidade das técnicas de limitación do movemento é escasa e a maioría está desactualizada4. Sábese que a táboa espiñal presenta unha maior capacidade para levantar e rodar o paciente, é máis duradeira, fácil de limpar e económica ca o colchón de baleiro, sen embargo, presenta efectos adversos a causa da súa rixidez, como a dor e a ulceración da pel que prolongaría a estancia hospitalaria16. Pola contra, o colchón está formado por unha cuberta de plástico flexible que contén bolas de polietileno no seu interior, axustándose á constitución do corpo da persoa e inmobilizándoo cando se retira o aire19. Unha revisión Cochrane, expón que o uso de ferramentas pneumáticas (coma o colchón de baleiro) incrementa a eficacia da restrición do movemento, pero semella non haber diferenzas considerables en comparación ca táboa espiñal, senón que simplemente melloran o confort e diminúen o esforzo respiratorio do paciente14. As directrices de Soporte Vital Avanzado para Traumatismos (ATLS), Soporte Vital de Trauma Prehospitalario (PHTLS) e Colexio Americano de Medicina de Emerxencias xunto co Colexio Americano de Cirurxiáns e a Asociación Nacional de Especialistas en Emerxencias Médicas, tamén destacaron a importancia da inmobilización en traumatizados e expuxeron as variables a ter en conta para a súa aplicación, entre elas están: a alteración do nivel de conciencia, ben sexa polo accidente ou por unha sospeita de intoxicación, dor ou sensibilidade nas cervicais ou dorsais, signos ou síntomas neurolóxicos, deformidade apreciable, circunstancias ou lesións determinadas que poidan distraer a atención dos sanitarios e en calquera ámbito no que exista unha sospeita de lesión na cabeza ou na columna14 Nos últimos anos cuestionouse a seguridade e a eficacia destas manobras debido a que varios estudos atoparon unha relación entre o uso destes dispositivos coa obtención de resultados negativos23. Ben é certo que no momento no que se lle está a aplicar este tratamento a un accidentado non podemos realizar ningunha outra acción sobre el, consumindo un tempo valioso que é inversamente proporcional ao bo prognostico do paciente. Outro factor dependente do tempo e do retraso na atención é o edema local e a hipoxia que contribúen as secuelas neurolóxicas22. Tendo en conta o dano potencial ao aplicar estas precaucións, a falta de evidencia de efectos positivos sobre a mortalidade, estabilidade ou lesión neurolóxica e a baixa incidencia das lesións espiñais (1-2% de todos os pacientes traumatizados sofren eventos relevantes deste tipo), restóuselle importancia á inmobilización de columna24. Recentemente, coa intención de obter o maior beneficio posible ao mesmo tempo que se procura minimizar os danos 13 6. Resultados Realizando a busca nas fontes de información atopáronse un total de 5.698 artigos. Unha vez aplicados os criterios de inclusión, os artigos diminuíron ata 1.941, e destes, descartáronse 1.878 por criterios de exclusión e título e 11 por duplicados quedando uns 53 candidatos. Despois de ler o resumo, desbotáronse 23 e tras a lectura completa dos restantes, obtivéronse un total de 26 artigos dos que se extraeu a información. 14 Tipo de estudo O tipo de artigo máis común, 9 de 26 (34’62%), foi a revisión sistemática2,3,8,9,12,13,15,16,25. 3 de 26 (11’54%) constitúen outro tipo de revisións5,10,22, 12 de 26 (34’62%) son diferentes tipos de estudos1,4,6,11,14,18,19,20,21,23,24,26 e os restantes 2 de 26 (7’69%) son libros7-17 . Mostra e duración do ensaio As variables descritivas da mostra de estudos son moi heteroxéneas e a maioría dos artigos non proporcionaban información sobre as variables demográficas. A pesar diso, son resultados recentes con unha mostra e unha duración amplas. Recomendacións de inmobilización 16 de 26 artigos en total (61’54%) fan algunha referencia sobre a aplicación dos métodos de inmobilización1,2,3,6,7,8,9,10,12,13,16,18,22,23,24,25. 4 de 26 artigos (15’38%) postúlanse a favor do taboleiro, definíndoo como un dispositivo útil para a extracción, fácil de aplicar, rápido, cómodo e máis efectivo que o colchón de baleiro para a diminución adicional do movemento de columna. Ademais, afirman que a súa combinación con un colar ríxido, bloques e correas forma un método eficaz para a limitación de desprazamentos2,8,10,12. Por outro lado, 11 de 26 (42’3%) destacan a importancia de aplicar esta técnica selectivamente en función das características de cada situación1,12,13,23, e declarando que as manobras de estabilización teñen menos prioridade que as intervencións vitais, e que estas últimas non deben ser retrasadas por causa das primeiras9,24. En 5 dos 26 (19’23%) aparece unha recomendación débil contra o uso do taboleiro espiñal debido a que existe evidencia de dano7,13,16,18,25. Actualmente, como defenden 5 de 26 (19’23%), apóstase por unha técnica baseada na estratexia mínima de manipulación e uns criterios clínicos que decidan a necesidade de restrición do movemento co obxectivo de reducir o uso do taboleiro espiñal e o número de pacientes aos que se lles aplica inmobilización1,12,13,23,25. 15 Efectos secundarios Os efectos secundarios tratáronse en 10 de 26 artigos (38’46%)4,5,7,9,13,17,18,22,25,26. Destes 10, 6 (60%) fan referencia ao malestar, angustia, incomodidade e dor que provoca a inmobilización7,9,13,17,18,22. En 4 de 10 (40%) observaron un aumento da presión intracranial4,9,13,22. En 5 de 10 (50%) destacaron un compromiso respiratorio unha diminución da función pulmonar debido á inmobilización en posición supina7,13,17,18,22. En 6 de 10 (60%) sinalan a aparición de úlceras por presión9,13,17,18,22,26. En 3 de 10 (30%) aprecian un aumento do tempo necesario de atención para a aplicación de inmobilización e a interferencia con outras intervencións necesarias7,13,22. Finalmente, nunha posición distinta ao mencionado, en 1 de 10 (10%), nunha revisión Cochrane estipúlase que o efecto da inmobilización sobre a mortalidade, a lesión neurolóxica, a estabilidade de columna e outros efectos adversos son incertos25. Grao inmobilización En canto á inmobilización da columna cervical 10 de 26 artigos (38’46%) falan do movemento residual4,9,10,11,12,13,14,19,21,25. Facendo referencia as precaucións cervicais, 4 dos 10 artigos (40%) din que o uso adicional do colar diminuíu o rango de movemento cervical pero non supuxo un beneficio á hora de proporcionar unha maior restrición4,9,13,25. O mesmo número de artigos (40%) afirma que a inmobilización, cando se realiza cun taboleiro e bloques de cabeza, é máis eficaz que o uso exclusivo dun colar ríxido, ofrecendo unha menor flexión a nivel cervical, excepto na lateralización, que é menor co uso da férula de baleiro10,12,14,21. En canto ao resto da columna vertebral, 2 de 10 (20%) opina que o taboleiro e o colchón presentan a mesma efectividade4,12, e outro tanto (20%) sostén que o colchón proporciona unha estabilización igual ou maior, excepto con movementos repetitivos, pacientes obesos e á hora de retiralo, situacións nas que se produce un maior movemento en comparación ca táboa9,12. Sen embargo, case a metade dos estudos que realizaron unha avaliación biomecánica dinámica, 4 de 10 (40%), declaran un menor movemento lateral, rotación, flexión, extensión, curva lateral, un menor desprazamento en inclinacións, en cabeza, tórax e pelve co uso do colchón, excepto na flexión do tronco, que se estabiliza mellor sobre o taboleiro12,14,19,21. Finalmente, 1 de 10 (10%) expón que a padiola de culler provoca unha desaliñación inferior que a táboa espiñal11 e 3 de 10 artigos (30%) apoian a autoextricación como método de elección para sacar unha vítima dun vehículo, xa que se demostrou que se produce menos movemento que con técnicas destinadas para este obxectivo9,10,25. 16 Comodidade 3 de 26 artigos en total (11’54%) procuraron información acerca de que método ofrecía unha maior comodidade ou menor grao de presión12,14,26. 1 de 26 (3’85%) defende que a Escala Visual e Análoga do dolor, a presión exercida en distintos puntos e a aparición de desconforto foron maiores co uso da táboa espiñal14, outro (3’85%) fala de que as cualificacións de comodidade foron as mesmas12, pero o restante (3’85%) mostra unha incidencia de aparición de úlceras por presión durante a estancia hospitalaria dun 23’3%26. Tempo inmobilización 2 de 26 artigos en total (7’69%) fixeron referencia ao tempo de inmobilización1,17. Un deles (3’85%) afirma que o tempo necesario para inmobilizar unha persoa con un colchón de baleiro é significativamente superior ao que se precisa para aplicar o taboleiro espiñal1. O outro (3’85%) recorda que o intervalo de atención prehospitalaria debe ser o máis breve posible, xa que se se retrasa a atención e os tratamentos necesarios, diminúen as probabilidades de éxito17. Transporte 9 de 26 artigos en total (34’62%) citan o transporte de vítimas con sospeita de lesión medular1,2,7,8,9,10,12,21,25. 1 de 26 (3’85%) apunta que os pacientes deben ser transportados a un centro con experiencia neste tipo de traumatismos2. 5 de 26 (19’23%) denotan unha preferencia pola inmobilización con taboleiro e correas7,8,10,12,25. Pola contra, 3 de 26 (11’54%) decántanse pola aplicación do colchón de baleiro debido á súa maior comodidade e superior restrición do movemento8,21,25, pero 1 de 26 (3’85%) sinala que o colchón non é o suficientemente ríxido para a extracción12 e outro (3’85%) que se necesitan máis persoas para o seu transporte1. Un distinto (3’85%) defende a utilización da padiola de culler para a transferencia dende o chan ou entre sistemas9. 17 Limpeza columna 12 de 26 estudos en total (46’15%) trataron a limpeza de columna2,7,8,9,10,13,15,16,17,20,24,25, que ten como obxectivo, e segundo recomenda a Asociación Nacional de Médicos de EMS e o Comité de Trauma do Colexio Estadounidense de Cirurxiáns que se menciona en 1 dos 26 artigos (3’85%), a aplicación limitada de inmobilización espiñal para previr incomodidades e efectos secundarios innecesarios7. 7 de 26 (26’92%) mencionan o National Emergency X-Radiography Utilization Study (NEXUS) e The Canadian C-spine Rule (CCR) para levar a cabo esta tarefa, porque supoñen unha ferramenta de garantía para identificar lesións espiñais que precisan de inmobilización2,7,8,9,13,15,25. 1 dos 26 artigos (3’85%) alude que a CCR resultou máis específica e sensible para detectar lesións de columna25. O seu uso reduciu en un terzo a estabilización e baséanse na evidencia de criterios clínicos como a hipersenbilidade na liña media, déficit neurolóxico, intoxicación ou lesións que distraen para a aplicación de restrición de movemento9,20. Outro dos 26 artigos (3’85%) tamén indica que os déficits motores durante o exame clínico puido predicir lesións na columna cervical24. Finalmente, 3 dos 26 estudos (11’54%) compuxeron as súas propias ferramentas de decisión clínica10,16,17. 7. Discusión As pautas de Soporte Vital Avanzado en Trauma do Colexio Estadounidense de Cirurxiáns, as Pautas para o Manexo de Lesións Agudas da columna cervical e a medula espiñal e algúns autores máis, recomendan a inmobilización con colar cervical duro, taboleiro espiñal e correas2,8,9,10,16. Esta técnica asociouse con resultados favorables para limitar os movementos da columna cervical, pero non os da torácica e lumbar6. Tamén se relacionou con un aumento significativo da presión intracranial4,9,13,22, a afección máis grave asociada á utilización do colar ríxido, por compresión e bloqueo do retorno venoso xugular, o que resulta contraproducente e complicaría significativamente a evolución favorable do paciente, especialmente se sofre un traumatismo cranioencefálico4,7,9,22. Se facemos referencia á táboa espiñal atopamos que se orixinan dor e úlceras por presión a causa da isquemia dos tecidos9,13,17,18,22,26 que se atopan en contacto ca superficie dura do taboleiro, producindo tamén incomodidade que poden levar ao paciente a realizar movementos involuntarios potencialmente prexudiciais9. En relación ás correas, restrinxen a respiración ca súa suxeición e a función respiratoria vese comprometida pola posición supina7,13,22. Todo isto agravaría a situación do paciente, retrasando a súa recuperación, polo que só sería adecuada a súa utilización durante un corto período de tempo 18 antes de que se desencadearan os efectos negativos8,18. Igualmente, aquelas persoas sometidas a unha inmobilización prolongada presentaron unha maior probabilidade de desenvolver calquera complicación, de que a duración dos coidados fose maior e en consecuencia que se incrementaran costos5,22. Unha alternativa para diminuír os efectos secundarios causados pola incomodidade dos dispositivos de superficie dura é a mobilización temperá ou aplicación do colchón de baleiro, que grazas ao seu acolchado reduce a dor, o grao de presión exercida en determinadas zonas do corpo, a media da puntuación da escala EVA é menor e o tempo transcorrido ata a aparición de incomodidade é maior7,12,14,18,26. Para o manexo das vías respiratorias, a adopción da posición de trauma lateral minimiza o risco de obstrución ao facilitar a permeabilidade e despexe das vías, diminuíndo tamén a probabilidade de sufrir danos neurolóxicos secundarios. A aliñación debe ser neutra, en posición anatómica, e os movementos deben ser os mínimos para reducir a dor e favorecer a hemostase9,10,25. Para que a inmobilización sexa efectiva precisa controlar a rotación, flexión e extensión e flexión lateral, pero ao contrario do que se pensa non se alcanza unha restrición completa, simplemente hai técnicas que permiten máis e outras menos desprazamentos residuais21. A limitación do movemento cervical pódese realizar a través dun taboleiro espiñal e o sistema de cinto spider strap, ou ben co colchón de baleiro e os bloqueos de cabeza, pero estudos de simulación consideraron máis efectivo a táboa espiñal con bloqueos que o colchón de baleiro4,10,12,14,21. O colar diminúe o rango de movemento dificultando a apertura da boca e extensión do pescozo, afectando á clasificación de Mallampati, comprometendo a intubación e facilitando a broncoaspiración13, pero sen aportar ningún beneficio claro á inmobilización6,25. Se facemos referencia á estabilización da columna vertebral con colchón ou taboleiro existen dúas posturas maioritarias, unha que afirma que ambos son igual de efectivos e outra que di que o colchón ofrece unha maior estabilización, pero o certo é que cada un ten as súas fortalezas e limitacións, por iso é importante adaptarse as circunstancias do entorno12. A férula de baleiro non é o suficientemente ríxida, ao contrario que a táboa, para a extracción dun paciente, pero isto tamén supón que sexa máis cómoda e evite o exceso de presión9. Se analizamos a dinámica dos desprazamentos e as inclinacións, observamos que excepto na extensión e na flexión do tronco, o resto dos movementos da columna son menores coa inmobilización no colchón, polo que este método podería parecer máis eficaz á hora de limitar as oscilacións12,14,19,21. En xeral cabe esperar atopar malestar, angustia e danos causados pola obriga do paciente de manter a posición predeterminada de inmobilización9,17,18, interferencias con outras intervencións e aumento do tempo de atención7,13,22, especialmente no caso do colchón que precisa un intervalo de aplicación superior1, retrasando o tratamento. 19 En canto á extracción dunha vítima dun vehículo, tendo en conta que en estado de alerta as manobras e amplitude das mesmas que realice o paciente non van inducir ningún dano, e tras observar que nun estudo biomecánico o movemento era menor cando se realizaba unha autoextricación controlada que coas técnicas de extracción asistidas por equipos, a autoextricación é a técnica de elección sempre que as condicións sexan seguras. Ata o momento, non hai constancia de ningunha reacción adversa, o que apoiaría aínda máis esta premisa9,10,25. Para transportar os pacientes inmobilizados ata os centros experimentados no manexo de lesións medulares traumáticas2, resulta máis sinxelo cos que utilizaron a táboa, porque é o suficientemente estable para ser movida por só dúas persoas, ao contrario do que ocorre co colchón que precisa de máis individuos1. O taboleiro é un método de transporte efectivo se a distancia é corta, pero debe utilizarse con precaución e retirarse tan pronto como sexa posible para minimizar os efectos secundarios7,8,9,10. Se a distancia é larga, o colchón evitaría a dor e as posibles úlceras14,19,21,25. Para a mobilización da vítima dende o chan ou entre outros métodos, recoméndase a padiola de culler, que permite unha manipulación mínima9. Os resultados mostran que non existe evidencia de que a inmobilización aporte beneficios, pero si de que existe dano potencial. É por iso que se atopan diferentes puntos de vista sobre que técnica é a adecuada e tamén polo que as guías recentes lle restan importancia aos procedementos de estabilización e recomendan unha estratexia mínima de manipulación, individualizada a cada situación e baseada en feitos clínicos1,3. Ademais, sábese que a súa aplicación non incrementou a presenza de déficits neurolóxicos, mortalidade ou gravidade da lesión e evitou os efectos secundarios asociados á inmobilización9,10,13,15,18,25. Este proceso de cribado coñécese como limpeza de columna e as ferramentas máis coñecidas son o National Emergency X-Radiography Utilization Study (NEXUS) e The Canadian C-spine Rule (CCR), que desempeñan a función de facilitar a toma de decisións en canto a que pacientes aplicar medidas de estabilización e a cales non. En ausencia de sensibilidade na liña media, lesión importante que distraia, deformidade anatómica, déficit neurolóxico, alteración da conciencia, signos de intoxicación ou Glasgow < 15 pódense suspender as precaucións espiñais con seguridade2,7,9,13,15,16,17,25. 20 8. Conclusión En base aos resultados obtidos nesta revisión bibliográfica, deduciuse a seguinte conclusión: Dado que non é ético experimentar con casos de lesión medular traumática polo gran impacto que supoñen e estas non son as suficientes como para observar e deducir con seguridade cal é a actuación máis axeitada, non existe evidencia suficiente de calidade que respalde cal é o método de inmobilización máis axeitado. A limitación do movemento causa efectos prexudiciais que encarecen os costos do tratamento e empeoran a situación física e mental do paciente, polo que a evidencia máis recente aposta pola restrición espiñal selectiva. Esta técnica ten como obxectivo reducir o uso, e por tanto o impacto, da estabilización, especialmente do taboleiro, inmobilizando só a aquelas persoas que cumpran determinados criterios clínicos e sufran un risco real de padecer unha lesión medular. A restrición do movemento da columna vertebral co colchón de baleiro demostrou causar un menor impacto de efectos secundarios e unhos menores desprazamentos. Sen embargo, non é o suficientemente ríxido para a extracción dun paciente e o tempo que require a súa aplicación é maior, polo que nunha situación onde a vítima se encontre en estado crítico e cuxa atención e transporte deberán ser o máis rápidos posibles, estaría xustificado o uso do taboleiro espiñal. En definitiva, a elección do método de inmobilización máis axeitado debe ser individualizado e adaptado a cada situación, para que os efectos prexudiciais non superen os potenciais beneficios. 21 9. Bibliografía 1. Ms, R., Riffelmann, M., Kunze-Szikszay, N., Lier, M., Schmid, O., Haus, H., Schneider, S., & Jf, H. (2021). Vacuum mattress or long spine board: which method of spinal stabilisation in trauma patients is more time consuming? A simulation study. Scandinavian journal of trauma, resuscitation and emergency medicine, 29(1), 46. Disponible en: https://doi.org/10.1186/s13049-021-00854-w 2. Shank, CD, Walters, BC y Hadley, MN. Current Topics in the Management of Acute Traumatic Spinal Cord Injury. Neurocrit Care 30, 261–271 (2019). https://doi.org/10.1007/s12028-018-0537-5 3. Cuthbertson, J. L., & Weinstein, E. S. (2020). Spinal immobilization in disasters: a systematic review. Prehospital and Disaster Medicine, 35(4), 406–411. https://doi.org/10.1017/S1049023X20000680 4. Uzun, D. D., Jung, M. K., Weerts, J., Münzberg, M., Grützner, P. A., Häske, D., & Kreinest, M. (2020). Remaining cervical spine movement under different immobilization techniques. Prehospital and Disaster Medicine, 35(4), 382–387. https://doi.org/10.1017/S1049023X2000059X 5. MacCallum, K. P., Kalata, S., Darcy, D., Parsikia, A., Chao, E., Stone, M. E., Teperman, S., & Reddy, S. H. (2020). Prolonged use of spinal precautions is associated with increased morbidity in the trauma patient. Injury, 51(2), 317–321. https://doi.org/10.1016/j.injury.2019.12.022. 6. Chen, H. A., Hsu, S. T., Shin, S. D., Jamaluddin, S. F., Son, D. N., Hong, K. J., Tanaka, H., Sun, J. T., Chiang, W. C., & PATOS Clinical Research Network (2022). A multicenter cohort study on the association between prehospital immobilization and functional outcome of patients following spinal injury in Asia. Scientific reports, 12(1), 3492. Disponible en: https://doi.org/10.1038/s41598-022-07481-0 7. Feller, R., Furin, M., Alloush, A. y Reynolds, C. (2021). EMS Immobilization Techniques. StatPearls [Internet] . Disponible en: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK459341/ 8. Zileli, M., Osorio-Fonseca, E., Konovalov, N., Cardenas-Jalabe, C., Kaprovoy, S., Mlyavykh, S. y Pogosyan, A. (2020). Early Management of Cervical Spine Trauma: WFNS Spine Committee Recommendations. Neuroespina , 17 (4), 710. Disponible en: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC7788428/ 9. Kornhall, D. K., Jørgensen, J. J., Brommeland, T., Hyldmo, P. K., Asbjørnsen, H., Dolven, T., Hansen, T., & Jeppesen, E. (2017). The Norwegian guidelines for the prehospital management of adult trauma patients with potential spinal injury. Scandinavian journal of 22 trauma, resuscitation and emergency medicine, 25(1), 2. Disponible en: https://doi.org/10.1186/s13049-016-0345-x 10. Habibi Arejan, R., Asgardoon, M. H., Shabany, M., Ghodsi, Z., Dehghan, H. R., Sohrabi Asl, M., Ostadrahimi, H., Vaccaro, A. R., & Rahimi-Movaghar, V. (2022). Evaluating prehospital care of patients with potential traumatic spinal cord injury: scoping review. European spine journal: official publication of the European Spine Society, the European Spinal Deformity Society, and the European Section of the Cervical Spine Research Society, 10.1007/s00586-022-07164-4. Advance online publication. 1-21. Disponible en: https://doi.org/10.1007/s00586-022-07164-4 11. Ríos, M. P. (2017). Análisis cinemático de la columna vertebral durante la colocación de dos dispositivos de transferencia: tablero espinal frente a camilla de cuchara. Emergencias, 29, 43-45. Disponible en: https://www.researchgate.net/profile/ManuelPardo5/publication/316513339_Kinematic_analysis_of_the_spine_during_placement_on_2_tr ansfer_devices_A_spinal_backboard_and_a_scoop_stretcher/links/59074eb1a6fdccd58 0d6ee39/Kinematic-analysis-of-the-spine-during-placement-on-2-transfer-devices-Aspinal-backboard-and-a-scoop-stretcher.pdf 12. Claros Chavez, O. O., & Palomino Bedregal, K. L. (2020). EFECTIVIDAD DE LA TABLA ESPINAL VERSUS EL COLCHÓN DE VACÍO PARA LA INMOVILIZACIÓN DE LA COLUMNA VERTEBRAL EN PACIENTES CON RIESGO DE LESION ESPINA. Disponible en: http://repositorio.uwiener.edu.pe/handle/123456789/3672 13. Tirira Aldáz, E. G. (2021). Manejo prehospitalario de lesión medular (Bachelor's thesis, Quito: UCE). Disponible en: http://www.dspace.uce.edu.ec/handle/25000/25011 14. Benalcázar Véliz, M. E. (2020). Valoración de los resultados primarios y secundarios en relación a la inmovilización con tabla espinal versus colchón de vacío para el transporte de pacientes en el Aeropuerto Internacional Mariscal Sucre de Quito y el Servicio Pre Hospitalario del Instituto Superior Tecnológico Cruz Roja Ecuatoriana en el periodo octubre 2019-febrero del 2020. Disponible en: http://repositorio.puce.edu.ec/handle/22000/18354 15. Pérez Pillajo, D. A. (2021). Revisión de criterios NEXUS y criterios Canadian para la restricción de movimiento espinal en pacientes con trauma (Bachelor's thesis, Quito: UCE). Disponible en: http://www.dspace.uce.edu.ec/handle/25000/23541 16. Maschmann, C., Jeppesen, E., Rubin, M. A., & Barfod, C. (2019). New clinical guidelines on the spinal stabilisation of adult trauma patients - consensus and evidence based.