scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

O teatro popular como medio de comunicación das subalternas. O caso do espectáculo de marionetas de Barriga Verde na Galiza da Posguerra. (1939-1960)

Campoy García, Comba

Abstract

A tese aborda unha expresión da cultura popular galega, a barraca de feira de Barriga Verde, e cuestiona o papel que xogou durante a súa última etapa de vida: os anos da postguerra (1939-1960). Pártese da consideración do teatro en xeral, e o teatro popular de marionetas en particular, como medio de comunicación. Por outra parte, empréganse as nocións teóricas de resistencia simbólica e massmediación para formular a hipótese de que o medio de comunicación analizado (o espectáculo de Barriga Verde) tería xogado un papel como infrapolítica dos grupos subalternos durante os anos posteriores á Guerra Civil en Galiza.. Asemade, propón a posibilidade de que ese papel como forma de resistencia simbólica poida ser xogado de novo polo espectáculo nun proceso de reactivación social en marcha. No traballo expóñense de xeito pormenorizado todos os datos relativos á xénese do espectáculo, pondo de relevo a dificultade atopada á hora de rastrexar unha creación de natureza colectiva e popular, na que os rexistros e as fontes disponíbeis son escasas. A partir de documentos hemerográficos e de relatos de vida abórdase unha análise do discurso do espectáculo que permite confirmar que constituíu unha expresión do discurso oculto das subalternas, aquel que non podía ser expresado abertamente durante un período de forte represión como foron as primeiras décadas da ditadura franquista. Por outra banda, analízanse as estratexias dos artistas ambulantes responsábeis do espectáculo para adaptarse ao contexto das industrias culturais. Por último, a partir da observación participante no proceso de activación patrimonial do espectáculo actualmente en marcha, valórase a posibilidade de revivir a potencialidade do mesmo como forma de crítica ao poder na actualidade.

Full text

! ! TESE$DE$DOUTORAMENTO$ $ $ $ O$TEATRO$POPULAR$DE$MARIONETAS$ COMO$MEDIO$DE$COMUNICACIÓN$DAS$ SUBALTERNAS.$ O$CASO$DO$ESPECTÁCULO$DE$BARRIGA$ VERDE$NA$GALIZA$DA$POSTGUERRA$$ (1939 ; 1960) $ $ Asdo.$............................... $ Comba$Campoy$García $ $ $ DEPARTAMENTO$ DE$CC.$ DA$COMUNI CACIÓN/$ $ 2152 ; 01 ; 1V01$ COMUNICACIÓN$E$XORNALI SMO $ FACULTADE$DE$CC.$DA$COMUNICACIÓN $ $ SANTIAGO$DE$COMPOSTELA $ 2015 $ A UT OR IZ A CIÓN DO D IR EC TOR / TUT OR DA TES E AUTORISATION DU DIRECTEUR DE LA T HÈSE ! ! ! ! ! Don Marcelo Martínez Hermida Profesor do D epa r ta m ent o de Ciencias da Comunicación e Xornalismo da USC Monsieur Paul Rasse Professeur des Universités en sciences de l’information et de la communication, à l’Université de Nice Sophia – Antipolis Com o Dir ec t ores da T ese de Dout ora me nto tit u la d a En tant que Directeurs de la Thèse intitulée « O teatro popular como medio de comunicac ión das subalternas. O caso do espectáculo de marionetas de Barriga Verde na Galiza da Pos guerra. (1939 - 1960) .» « . Le théâtre populaire comme média des groupes subalternes. Le cas du spectacle de marionnettes de Barriga Berde dans la Galice de l’après-guerre. (1939-1960)» Pr ese nta da por Dna. Comba Campoy García Présentée par Alumna do P rogr am a de D out oram e nt o 2152 - 01 - 1V01 Comunicación e Xornalismo Élève du Programme de Doctorat Au to r iz a a pres e n ta ci ó n da tese ind i cad a, con s id e r a ndo q ue r e úne os r e qu i s it o s e s ixi d o s n o a r ti g o 3 4 d o re g u l a m e n t o d e E st udo s d e D ou t o r a m e n t o , e que c om o D i r ecto r da m e s m a no n i n c u r r e na s c a us a s d e a b s tenc i ó n e s t abl eci das n a le i 30/1 99 2. Autori se la présentat ion d e l a t h è s e s u s d i t e considérant q u ’ e l l e r e m p l i t t o u t e s l e s conditions requises dan s l’article 34 du règl eme nt d ’Ét ude s de Do ct orat . En t ant que Dire ct eur de la thès e il co nsi dèr e qu’el le ne tom be dans des cau ses d ’abs tention établies par la l oi 30/199 2. ! ! ! ! ! A sd o . Marcelo Martínez . Hermid a Si gnée Paul Rasse ! A Íris AGRADECEMENTOS Este traballo é o froito dunha longa viaxe, con algunhas interrupcións motivadas polo decorrer da vida. Foise nutrindo de experiencias e do contacto con múltiples persoas e ideas que a enriqueceron. Nese sentido, a colaboración cos integrantes da compañía Viravolta foi fundamental para coñecer mellor o riquísimo universo das marionetas e o oficio de titiriteira. Anxo García, un dos fundadores desta compañía, facilitoume toda a información por el recollida na súa investigación sobre Barriga Verde. Julio Balado axudoume coa busca hemerográfica, poñéndome ao tanto de calquera achádego que puidese completar a miña pesquisa. Os compañeiros da Asociación Cultural Morreu o Demo, proxecto complementario a esta tese, constituíron un acicate fundamental para que este traballo puidese culminarse. Así, é de obrigada mención a teimosía de Germám Ermida, quen de levantar os ánimos máis decaídos, e o humor incombustíbel de Heitor Real, deseñador talentoso. Tamén a Xaime Iglesias, compañeiro na pesquisa sobre o titiriteiro que fixo de Barriga Verde o seu medio de vida, por partillar os saberes que foi recollendo ao longo de anos de minucioso traballo. Quero deixar constancia tamén a miña gratitude a todas as persoas que entrevistei ao longo de catro anos, que xenerosamente accederon a abrir as portas dos seus fogares e partillar as súas lembranzas comigo. Aos membros da familia Silvent, que souberon entender a importancia de que o legado dos seus pais non fose esquecido, vai un recoñecemento especial. Mais tamén a persoas que me contaron as súas experiencias relativas a Barriga Verde e o mundo das feiras na súa nenez, como Manuel Lourenzo, Luz Pichel, Alfonso Eiré, Pilar Pereira, Aurora de Mesego, Flora de Celeiro de Mariñaos, os participantes nos obradoiros de memoria de ATEGAL en Santiago e os veciños e veciñas de Lérez que falaron comigo. Tamén, aínda que xa non está con nós, a Mercedes Otero Guedella, quen compartiu comigo as memorias da súa mocidade en Compostela. A pesar de estar fondamente asentada no terreo, a orixe e o impulso inicial desta tese é universitaria. Nese senso, o grupo de investigación Cidadanía e Comunicación da USC constituíu o sustrato imprescindíbel que posibilitou o enfoque aberto requerido. Marcelo Martínez, investigador principal deste grupo e da Rede Europa América Latina de Comunicación e Desenvolvemento, apoioume en todo momento neste camiño, tanto a nivel loxístico como anímico, na escolla do rumbo emprendido para a investigación. Quero lembrar tamén aos compañeiros e compañeiras do grupo, coas que partillei traballo de coordinación da rede e as coitas propias do proceso de elaboración das nosas teses, como Belén Puñal, Helena Domínguez, Luis Ogando, Oliva Amorín e María Acuña. E cun cariño especial a Aloia Álvarez, compañeira ademais na aventura da maternidade. Fóra da USC, quero facer mención tamén ao profesor Manuel Martínez Nicolás, quen me facilitou o asesoramento metodolóxico que precisaba para poñer a andar a urdime do traballo no seu comezo. Tamén a Javier Callejo, quen respostou solícito ás miñas dúbidas respecto ao instrumento de análise empírico empregado. O contacto co Laboratoire I3M da Université de Nice Sophia Antipolis foi fundamental nun momento no que procuraba referentes teóricos que incorporasen de xeito natural as culturas populares á área das Ciencias da Comunicación. A estadía en Niza supuxo unha inxección de ánimo e de sol do Mediterráneo, que axudaron a que os vimbios teóricos da tese cadrasen e desen sustento ao traballo empírico desenvolvido no terreo. Nese senso, vai o meu agradecemento a Paul Rasse, por abrirme as portas do Laboratoire e aceptar a peculiar proposta dunha doutoranda galega que procuraba en tan afastadas latitudes unha codirección para unha tese sobre a cultura popular da súa terra. Vincent Lambert, mon ange gardien à Nice , fixo que esta cidade resultase acolledora desde o primeiro día en que pisei o seu chan. Nunca lle agradecerei bastante o seu apoio na revisión dos textos en fran cés , aspecto no que tam én contribuíu Fernando Comella, galego-cubano asentado en solo francés. Tam én quero lembrar a Charlotte, Frédéric, Céline e aos meus co locataires Danielle, Pete e Gregor, que me fixeron sentir como na casa. Por outra banda, cumpre ter en conta que esta tese foi realizada sen ningún tipo de bolsa ou apoio institucional, o que obrigou a un esforzo persoal importante e ralentizou a súa conclusión. Nese senso, o apoio de amigas e familia foi fundamental. O listado completo de agradecementos sería enorme e moi probabelmente incompleto. Non podo, porén, deixar sen nomear aos meus pais, que sempre me brindaron a axuda material e os folgos necesarios para continuar, alén de terme inculcado o valor do pensamento crítico e das artes da resistencia. Tamén a Eva Álvarez, amiga que fixo máis levadeiras as longas tardes de biblioteca coas súas visitas xunto coa súa pequena Mar. Deixo para o final destas liñas a Fran, que chegou á miña vida na última fase deste traballo e compartiu comigo ideas, reflexións e inseguridades propias do proceso de redacción. El aturou os momentos de nerviosismo e revolución hormonal propios da dupla xestación na que me tiña embarcado. El, que compartiu comigo a chegada ao mundo de Íris, ten unha parte neste traballo. ! 5 ! comunicativas específicas para xerar e reproducir unha visión particular do mundo, distinta e en grande medida oposta á dos grupos dominantes. Esa toma de partido inicial vai determinar o curso do presente traballo, a comezar polo establecemento dunhas bases teóricas que o doten de lexitimidade e eviten que os elementos valorativos ou opinativos que, necesariamente, estarán presentes nalgunhas afirmacións, sexan desbotados co argumento da ausencia de rigor científico. Nese senso, optouse por iniciar o traballo pola presentación dun corpus teórico amplo e que cobre as diversas arestas da problemática abordada. Só tras o establecemento destas bases teóricas serán formulados en detalle os obxectivos específicos e as hipóteses de investigación, dacordo coa proposta metodolóxica defendida. O corpus teórico estrutúrase en tres grandes bloques nos que se vai trazando un percurso que quere ir do xeral ao particular, para achegarse finalmente ao obxecto de estudo. Deste xeito, comézase por situar o aparato terminolóxico a empregar, froito dunha serie de escollas relacionadas co enfoque escollido. A decisión de erixir unha expresión da cultura popular en obxecto de análise académica non está exenta de problemas, polo que será preciso atender ás posíbeis contradicións que poida ocasionar a tradución dun ámbito por definición inaprensíbel e fragmentario, xerado de costas aos dispositivos do saber/poder, á linguaxe destes mesmos dispositivos. Asumidos estes riscos, trataranse de compensar mediante o establecemento dunhas bases terminolóxicas sólidas, apoiadas no traballo previo de distintos autores que se teñen consagrado á análise das culturas populares. Por outra banda, o enfoque escollido atende de xeito especial ao aspecto conflitivo presente en toda expresión da cultura popular, o que obriga a pensar a relación das subalternas cos distintos tipos de poder. Adicaráselle á noción de resistencia, e as distintas formulacións que da mesma se teñen achegado, unha atención especial que permita aplicala á análise do caso estudado. O feito de constituír o espectáculo analizado unha forma de representación escénica xustifica que se lle adique a este aspecto o segundo grande capítulo do marco teórico. Percorreranse as distintas perspectivas que teñen atendido ás formas escénicas como unha manifestación política do ser humano. En coherencia co espírito deste traballo, atenderase a aquelas ideas que permiten argumentar a potencialidade do medio teatral como ferramenta de resistencia simbólica das comunidades no decurso da vida da Humanidade. Faise preciso, debido ao uso xenérico que o termo ten adoptado en distintos contextos, precisar terminoloxicamente o que se entenderá por teatro popular, do mesmo xeito que será necesario establecer o que se entende por medio de comunicación das subalternas ou medio de comunicación popular. Unha vez delimitados os marcos semánticos dos termos empregados, e en combinación coas distintas teorías teatrais manexadas, e starase en condicións de afirmar que o teatro popular de marionetas ten constituído un medio de comunicación das subalternas ao longo da historia. A terceira pata do marco teórico abordará as grandes mutacións socioeconómicas e, por ende, culturais, que afectaron ao modo de vida tradicional campesiño en Europa, así como as formas de resistencia que trataron de opoñerse a este proceso. Neste caso, presentaranse distintas interpretacións provenientes do ámbito da Historia e da Etnografía arredor do fenómeno de aculturación experimentado no occidente europeo a partir do último cuarto do século XIX. Atenderase, así mesmo, ás especiais características que o t a l proceso revestiu no contexto do Estado español e en Galiza especificamente, onde a pervivencia das comunidades rurais até ben avanzada a ! 6 ! segunda metade do século XX propiciou unha maior resistencia á penetración da cultura de masas. Ve ncellada cos procesos de transformación cultural colocarase a cuestión dos procesos de activación patrimonial dos bens da cultura do modo de vida antigo. Repasaranse as distintas formas nas que se ten empregado o patrimonio por parte dos grupos humanos, desde aquelas experiencias promovidas polas institucións con fins de construción nacional, até os procesos emprendidos máis recentemente desde as comunidades con vocación identitaria e defensiva perante os procesos de homoxeneización cultural aos que se teñen visto sometidas. A partir das nocións de memoria e identidade colectiva definirase unha concepción dos procesos de patrimonialización como potencial resignificador e activador das comunidades, motor de desenvolvemento humano e autoxerido. Unha vez delimitado o marco teórico que marcará o camiño da investigación, formularanse en detalle as hipóteses que esta reflexión inicial terá alimentado. Así mesmo, exporanse as ferramentas metodolóxicas que permitan abordar a verificación das hipóteses. A pesar da súa localización no ecuador do texto, a mesma formulación metodolóxica do traballo insiste no carácter necesariamente circular do proceso reflexivo emprendido. Desa maneira, a formulación dos obxectivos e hipóteses de traballo, se ben apuntadas ao inicio do proceso investigador, tivo necesariamente que revisarse e nutrirse dos presupostos teóricos establecidos, aos que se retornou, en última instancia, unha vez efectuada a análise dos datos recollidos. Así pois, a proposta metodolóxica combina a reflexión teórica e a investigación empírica, en constante retroalimentación para achegarse sustento mutuo. O terceiro bloque do traballo atende á análise do caso de estudo e está encamiñado a respostar ás tres preguntas de investigación formuladas. No caso da primeira, d ita análise necesitou estar precedida dunha exposición detallada dos datos disponíbeis, o que explica a maior extensión do primeiro capítulo do bloque analítico. As especiais características do caso analizado obrigan a unha especial minuciosidade na descrición dos datos e das fontes manexadas, propio do labor “detectivesco” que comporta o tracexamento dos colectivos “sen pegadas” (Bernardot, 2011). Por outra banda, a diversidade dos distintos textos empregados para a análise, e a aposta por unha ferramenta que teña en conta o contexto nos que foron expresados, obriga a unha presentación demorada que atenda non só ao contido senón á forma e ás circunstancias que arrodearon as vidas das persoas que están detrás deles. A partir deste material é que se sustenta a hipótese primeira desta investigación, a saber, aquela que afirma que o espectáculo de Barriga Verde constituíu un medio de comunicación do discurso oculto das subalternas durante as dúas décadas das posguerra en Galiza. No caso da segunda, relativa ás tácticas polas cales o dispositivo analizado tratou de adaptarse ou resistir á implantación da cultura de masas, o marco descritivo centrarase no sistema de organización económica empregada, así como nas innovacions incorporadas aos contidos do espectáculo e nas fórmulas de captación de público adoptadas. Á luz destes datos tratarase de determinar se os elementos da cultura de masas introducidos no espectáculo contribuíron á definitiva implantación desa nova visión do mundo, ou se pola contra este tratou de resistir ao proceso aculturador, se ben con escasa fortuna. Pecha o bloque analítico da investigación o capítulo consagrado ao proceso de activación patrimonial do que o espectáculo analizado é obxecto desde hai algúns anos. A propia investigadora está involucrada en dito proceso, o cal, se ben facilita o acceso aos datos, pode ser considerado un empezo á hora de afrontar a súa interpretación coa distancia que algúns consideran aconsellábel. O feito de asumir o ! 7 ! elemento subxectivo como necesariamente presente n est a investigación xustifica que se desboten ese tipo de obxeccións e se asuma a viabilidade dunha tal análise, para a que se empregarán técnicas que incorporan a propia presenza da investigadora no proceso estudado. Deste xeito, estudarase o proceso patrimonializador ao carón doutras experiencias semellantes emprendidas anteriormente ou na actualidade, e atenderase á propia visión dos axentes implicados para tratar de respostar á pregun ta formulada, relativa á súa lexitimidade. O cuestionamento da viabilidade de activar o espectáculo analizado tal que medio de comunicación das subalternas no contexto actual permitirá pechar o círculo trazado ao inicio da pesquisa. Perséguese, desa maneira, trasladar a potencialidade dun espectáculo de títeres como medio de comunicación das subalternas nun determinado momento do pasado ao momento presente. En coherencia coa pretensión explicitada ao inicio, de darlle voz a aqueles suxeitos que estiveron ausentes do relato oficial da historia da comunicación social, tratarase de concluír até que punto as ferramentas desenvolvidas por estes suxeitos á marxe das formas dominantes, poderían ter unha continuidade no presente. ! 8 ! BLOQUE I: CADRO TEÓRICO ! 9 ! CAPÍTULO 1 . A CULTURA POPULAR COMO OBXECTO DE INVESTIGACI ÓN. 1.1. P ROBLEMAS DE DE FINICI ÓN . C ULTURA ( S ). Lo que en los siglos siguient es pasarí a, en la litera tura , a ser la ‘vida cotidiana’, contenía en aquel entonces un valor más am plio como concepción del mundo, que no estaba separado de lo s ‘acontecim ientos’ históri cos (Bakh tin, 200 6, 15 1) . A escolla do problema dunha investigación é sempre, e en si mesma, problemática. Neste caso concreto, o obxecto de estudo (o Que) é problemático por inusual dentro da tradición da investigación en ciencias da comunicación dentro do Estado español, e problemático polo feito do obxecto ser parte do que, como resultado da necesaria reflexión teórica acometida neste traballo, s e decide chamar cultura popular. Para maior complicación, o fenómeno que se pretende analizar dentro dese marco máis amplo, o espectáculo de títeres de Barriga Verde, constituíu unha expresión dunha formación cultural pertencente a un momento pretérito, que polo tanto o presente traballo deberá tratar de reconstruír tan fielmente como sexa posíbel, aínda sabendo que a cultura vivida nun tempo e un lugar concretos é só completamente accesíbel a aquelas persoas que viven nese momento e lugar (Williams, 1975, 37). Ao longo desta sección exporanse os enfoques teóricos que sustentan as escollas terminolóxicas e conceptuais asumidas ao longo do presente traballo. Comezarase por definir o primeiro termo que compón o par semántico “cultura popular”: a noción de cultura, atravesada pola polisemia e os distintos usos históricos ou sociais aos que ten sido sometida. A partir do traballo de Raymond Williams, asumirase unha definición social da cultura, o que supón entendela na súa pluralidade, como noción dinámica e histórica. Tal escolla supón, á hora de afrontar a tarefa de estudar unha expresión cultural do pasado, asumir a imposibilidade de aprehender de xeito absoluto a estrutura de sentimento daquel momento. Doutra banda, terase en conta a noción de tradición selectiva, como o proceso polo cal os grupos dominantes de cada período histórico operan o rexistro das formas culturais que consideran merecentes de conformar a súa cultura “ideal”. Unha noción de cultura como a escollida está, necesariamente, atravesada polo conflito presente na organización social na que xorde. O modo no que a cultura reflicte as formas de dominación pode describirse a través da noción de hexemonía. Calquera práctica cultural incorpora, deste xeito, formas da cultura dominante e outros elementos que poden constituír unha op osición ou resistencia a estas. Williams denominounos elementos residuais e emerxentes, en constante tensión coas forzas hexemónicas que pretenden neutralizar a súa potencia opositora incorporándoas á cultura dominante. Unha vez delimitada a perspectiva na que se entenderá a noción de cultura ao longo do traballo, definirase o suxeito da cultura específica que se pretende abordar. O termo “cultura popular” conduce necesariamente á noción de “pobo”, un termo problemático polos usos históricos de que foi obxecto. Porén, algunhas definicións máis recentes pretenden rescatar o termo do esencialismo ao que fora condenado, ! 10 ! achegándoo a concepcións que insisten no seu carácter fragmentario e no seu rol antagónico respecto das elites. Estas acepcións emparellan a noción de pobo á de clases subalternas, introducida por Gramsci e obxecto de actualizacións recentes. Por último, e xa tendendo unha ponte co seguinte apartado deste capítulo, adiantarase unha primeira definición da cultura popular, como noción dinámica e marcada pola súa posición de subalternidade, mais sen que esa circunstancia constitúa un obstáculo para afirmar o seu papel activo e potencialmente transformador. 1.1.1. Cultura A presente análise sosterase nuns presupostos teóricos determinados e nunha serie de opcións conceptuais nun campo non exento de polémica. A primeira delas é a noción de Cultura, da que a cultura popular necesariamente forma parte. Cultura é unha das dúas ou tres palabras máis complicadas non só do inglés, mais de calquera lingua, tomando de novo as palabras de Raymond Williams (1985, 87). A dificultade da súa definición, a multiplicidade das súas acepcións, revela a propia complexidade das relacións sociais que a integran. En boa parte do seu extenso traballo teórico, e especificamente na súa obra Keywords, o autor galés percorreu a evolución do termo, desde a súa acepción máis específica e etimolóxica, referida a un proceso de coidado da natureza, até o uso hoxe máis común, como sustantivo abstracto que designa o conxunto de obras e prácticas da actividade intelectual e (principalmente) artística. Na actualidade, e como produto da evolución do termo, precipitada a partir do século XVIII, conviven tres definicións de cultura que reflicten a tensión desa evolución. A primeira sería a definición ideal, que entende a cultura como un proceso de perfección humana, pola cal se desenvolven unha serie de valores considerados absolutos e universais. Para os defensores desta definición, a análise cultural consistiría na descrición deses valores, como referencia permanente á condición humana, estado inmutábel e independente do momento ou do contexto xeográfico. Esta definición, aínda sendo útil, é incompleta porque non ten en conta as relacións sociais nas que se xeraron eses valores e significados, e ignora o carácter dinámico de todo proceso cultural polo cal determinados valores poden ser considerados ideais nun determinado momento ou lugar e deixar de selo noutros. A definición documental, en parte, vén complementar a ideal, ao entender como cultura o corpo do traballo intelectual e imaxinativo, rexistro do pensamento e a experiencia humanas. Esta acepción, a de uso común nos nosos días, reduce a análise cultural á crítica formal, tanto desde criterios de universalidade (apoiados na acepción ideal, xerárquica) como de historicidade, buscando a vinculación dos traballos analizados coas tradicións e as sociedades nas que xurdiron. A terceira definición engloba e supera as dúas primeiras. Entende a cultura como a descrición do modo de vida dunha organización social concreta, descrición que expresa uns valores e significados determinados. Segundo esta concepción social da cultura, a análise cultural debe incluír a crítica histórica propia da análise documental, mais incorporar tamén á análise aqueles elementos do modo de vida que os defensores das outras acepcións non consideran cultura. É dicir, tamén son cultura as formas de organización da produción, a estrutura da familia, a estrutura das institucións que expresan ou gobernan as relacións sociais, as formas nas que se comunican os membros da sociedade... (Williams, 1975, 57-58). Sono tamén aqueles traballos e prácticas cuturais que non entran dentro do considerado “ideal” segundo os criterios da primeira e segunda acepcións. Mais ao mesmo tempo, tamén son cultura aqueles “universais” ou xerarquías, significados e valores, destacados pola primeira definición; ou os obxectos e prácticas intelectuais e imaxinativas que expresan eses valores e significados ideais (e que, como se verá, pasarán a integrar a tradición ! 11 ! selectiva dese período específico). A análise da cultura debe, pois, integrar todos estes elementos, non tanto para clasificalos ou xeraquizalos respecto a determinadas escalas de valores (produto dun modo de vida determinado), mais co fin de detectar leis ou tendencias que afectan a maneira na que eses significados e eses valores van mudando dentro dun proceso que preferimos nomear transformación antes ca “perfección”, libre o primeiro termo da connotación finalista e elitista do segundo, que conduce á tentación de considerar os valores e significados xerados noutros contextos como “atrasados” ou “primitivos”. A acepción defendida por Williams e, seguindo a súa estela, pola escola dos Cultural Studies , entende a cultura como unha noción plural e dinámica, e asume que existen tantas culturas como momentos, lugares, e modos de vida se poden desenvolver nun contexto espazo-temporal preciso, por pequeno e puntual que este sexa. Esta visión permíte incluír no estudo das culturas a idea de conflito, inerente a esta diversidade e a este dinamismo, o que vincula claramente os Cultural Studies coas ferramentas de análise da realidade desenvolvidas por Karl Marx e perfeccionadas, anos despois, por Gramsci no que respecta á análise da cultura como eleme nto desa realidade. Nesa noción dinámica e histórica de cultura basearase a presente investigación. Mais cómpre aínda debagullar polo miudo as consecuencias desta escolla teórica. Abordar a análise da cultura, considerada na súa acepción máis abarcadora, no espazo e durante o período seleccionados (as décadas da chamada posguerra en Galiza, 1940-1960), presupón enfrontar a dificultade antes mencionada para apreender na súa totalidade un modo de vida pretérito. En todo caso, é posíbel tratar de estudar os elementos que teñen sido fixados, pero sempre será de xeito abstracto, illado do todo complexo do que formaban parte. A cultura vivida é irredutíbel no seu conxunto, calquera abstracción elude un dos seus elementos fundamentais: o que Williams (1975, 2000) nomeou a estrutura de sentir, conformada polos valores e os significados e as súas relacións entre eles, tal e como son vividos (e sentidos) activamente, no momento presente. No mesmo momento no que algúns destes elementos son fixados, xa unha nova estrutura de sentimento estará a emerxer. Este concepto resulta especialmente interesante para a análise de traballos ou prácticas artísticas, nos que atopa a estrutura do sentir un marco propicio para se expresar. A creación artística, como acto esencialmente comunicativo, consiste para Williams no acto de describir unha determinada experiencia e compartila con outras persoas que forman parte da mesma organización social (da mesma cultura). Lonxe da concepción elitista que emanaba da definición ideal, a creación artística non é un don reservado a uns poucos individuos tocados da man das Musas, mais unha maneira de transmitir unha experiencia e de mudar a realidade con ese acto comunicativo, unha destreza aprendida que só ten sentido dentro dunha estrutura de sentir concreta. Tampouco se pode caer nun igualitarismo que sería ficticio: a estrutura de sentimento non é posuída do mesmo xeito por todos os individuos dunha comunidade. Así e todo, é unha posesión profundamente estendida, precisamente, porque dela depende a comunicación desa comunidade. Podemos, pois, tratar de aprehender unha parte do que foi a estrutura de sentir dun período pasado a partir das obras artísticas e dos artefactos do cotián que teñen sobrevivido aos seus creadores e utentes, e dos rexistros elaborados para a preservación de determinadas prácticas, valores e ideas. Porén, estes rexistros que chegan a nós non se efectuaron de xeito inocente. Salvo casualidades e circunstancias excepcionais, aquilo que é rexistrado forma parte da denominada tradición selectiva, ! 18 ! definir un novo suxeito, caracterizado pola súa fragmentariedade, só superada na medida en que os seus membros pasan a disputar a hexemonía, co que gañan organicidade e abandonan a súa posición de subalternidade (Roio, 2014). Esta noción foi recuperada, ademais de polos membros da escola de Birmingham, polo Grupo de Estudos Subalternos, creado na década de 1980 por unha serie de autores surasiáticos, nomeadamente o historiador Ranajit Guha. Este grupo parte de Gramsci cando define a subalternidade coma un espazo de diferenzas, conformado por todos aqueles grupos que non forman parte da elite. A heteroxeneidade segue a ser, polo tanto, unha característica consustancial ao termo. A partir dos traballos deste grupo, inseridos na liña do pensamento postcolonial, Gayatri Spivak explorou nun texto xa clásico a posibilidade de os membros dos grupos subalternos teren voz, ou, máis vez, de seren escoitados. Isto é, a pensadora hindú presenta á subalternidade como unha posición sen identidade (ninguén pode dicir de si mesma que é unha subalterna) (Spivak, 2009, 72-73). Dalgún xeito, esta reflexión leva aparellada un cuestionamento da posibilidade de que os grupos subalternos constitúan suxeitos de investigación, o cal presenta un desafío explícito a traballos como o presente. 1.1.4. Cultura(s) popular(es) A busca dunha definición acaída para o termo “cultura popular” leva, en camiño de non retorno, á tensión entre relativismo e miserabilismo cultural, segundo o peso que se decida colocar na análisise á cultura dominante (Grignon, 1989, 38). Se a súa situación de dominio e a falta de control sobre as canles de transmisión impiden a reprodución das culturas subalternas, é posíbel abordar unha pesquisa asumindo que o seu obxecto está incluído dentro da cultura popular? A noción, ademáis, está pexada por esa multiplicidade de acepcións que é reflexo da realidade complexa que o termo denota. De novo Williams emprende a disección etimolóxica e pon sobre a mesa as distintas formas de aplicar o termo e as connotacións que cada unha leva aparellada. Cultura popular pode designar, en primeiro lugar, aquelas obras ou prácticas creativas que son do gosto dun grande número de persoas. Esta acepción, en principio neutra, é a máis recente. No outro extremo estaría a acepción de connotación negativa, que inclúe no saco da cultura popular todas aquelas producións artísticas ou intelectuais consideradas de baixa calidade (daí o habitual emprego do adxectivo “popular” como oposto ao “de calidade”, a carón de termos como prensa ou novela). Nesta acepción é palpábel a acción da hexemonía na creación dos padróns do “bo gosto”. Unha terceira acepción é aquela que contempla a cultura popular tal que elemento facilitador da suxestión e a manipulación das masas (consideradas tal que Outro inferior). É a acepción que identifica cultura popular con cultura de masas. A cuarta acepción que detecta o galés entronca coa reivindicación esencialista romántica: a cultura que o pobo, como elemento abstracto e idealizado, crea para si mesmo. Sería a definición que no século XX pasaría a vincularse coa cultura das clases traballadoras e que non tería en conta a complexidade na que a cultura do pobo, e a noción de pobo mesma, son xeradas (Williams, 1985, 110-111). De novo Antonio Gramsci, e máis concretamente os textos que lle adicou ao folclore, permite engadir unha quinta definición que introduce o elemento dinámico nunha noción paralisada pola imposibilidade da análise isolada do seu contexto conflitual do que é parte. O sardo parte da afirmación de que todo ser humano é, polo mero feito de selo e de empregar unha linguaxe, filósofo (Gramsci, 1999, vol. 4 , 246), porque elabora unha concepción do mundo que o rodea, en base á súa experiencia e á comunicación con outros seres humanos. Do mesmo xeito, o folclore, alén de todo ! 19 ! pintoresquismo, é constituído polas múltiples concepcións do mundo, non sistemáticas nin elaboradas, desenvolvidas ao longo da Historia polos membros do pobo (“el conjunto de las clases subalternas e instrumentales de toda forma de sociedad que hasta ahora haya existido” . Gramsci, 1999, vol. 6, 203). Desde esta perspectiva a cultura popular sería un campo de loita entre os dominados e os dominantes que tratan de incorporar os valores hexemónicos á concepción do mundo dos subalternos. Este conglomerado de concepcións do mundo queda plasmado no folclore (naqueles elementos que sobreviven mesmo ás condicións de vida que os xeraron). Gramsci fala ademais dunha moral do pobo, da que se derivan unhas prácticas e uns hábitos de conduta. Dentro da moral popular, distingue aqueles estractos que reflexan condicións da vida pasada, e que polo tanto son conservadores ou reaccionarios (poderían identificarse cos elementos arcaicos definidos por Williams); daqueles que supoñen unha innovación, elementos creativos e progresistas, determinados espontanemente por formas e condicións de vida en proceso de desenvolvemento e que entran en contradición coa moral das clases dirixentes (os elementos residuais activos e os emerxentes alternativos). A cultura popular, por tanto, xa non é exclusivamente a cultura do pobo nin a das masas, mais un terreo de intercambio e de negociación entre ambas e coa cultura hexemónica, marcado pola tensión entre resistencia e incorporación, e na que se mesturan elementos dominantes, residuais e emerxentes. Gramsci desfuncionaliza la IDEOLOGÍA mediante unha concepción de la HEGEMONÍA que piensa la dominación como proceso hecho no sólo de fuerza y represión, sino de sentido, de lucha por la producción y la apropiación social del sentido. A esta afirmación del espesor de lo cultural corresponderá la importancia teórica y política del folclore en el pensamiento gramsciano: lo popular constituye una cultura en el sentido más fuerte: esto es, concepción del mundo y de la vida contrapuesta a las de los “sectores oficiales” y “sectores cultos”. Subalterna entonces, la popular es unha cultura fragmentaria y degradada, lo que no la convierte en mero reflejo de la hegemónica , pues guarda una especial tenacidad por adaptarse a los cambios y sobrevivir incluso como fermento de transformaciones sociales” ( Martín-Barbero, 2002, 52). Temos, pois, que a cultura popular se define máis polo que lle falta e pola dinámica que xera e que a súa relación de subalternidade respecto da cultura dominante (a cultura con maíuscula, o modo de vida hexemónico) é tamén fundamental na súa comprensión e análise. É preciso asumir, de novo, esta pluralidade e fragmentariedade. As culturas populares, pola súa posición subalterna, deben afrontar unha serie de obstáculos no seu desenvolvemento que limitan a súa reprodución como cultura, o que explica a dificultade de chegar a unha definición consensuada e complica a súa análise. Unha vez asumido que o caso do presente estudo forma parte daquilo que chamamos cultura popular, e a complexidade da propia noción, os seguintes apartados tratarán de afondar na capacidade transformadora da mesma. O presente traballo asume o optimismo da vontade gramsciano e proponse valorar o papel que as culturas populares xogan e seguirán xogando, ao cuestionar a concepción do mundo monolítica da cultura oficial. Tomando os termos de Dolores Juliano, “Por el solo ! 20 ! hecho de existir, la cultura popular desmiente la pretensión universalista de la cultura oficial”. (1986, 8) Ou, como defende o antropólogo italiano Luigi María Lombardi Satriani en Folklore e profito : La función que el folclore desarrolla frente a la cultura ‘oficial’ es contestataria, a veces de forma consciente y explícita, otras en el ámbito inconsciente, implícito, aunque también incluye elementos inmovilistas. Con su misma presencia, en efecto, los valores folclóricos muestran los límites de la universalidad de los valores “oficiales”, y en este sentido, el estudio del folclore puede ser uno de los medios más eficaces para descubrir el mecanismo de la ideología, para entender la mistificación llevada a cabo por la cultura oficial (citado en Feixas e de Martino, 2008, 36). Deste xeito, desmontaríase o argumento miserabilista que nega a posibilidade de apreender a cultura popular pola súa condición subalterna. Polo contrario, nas culturas populares pode detectarse a resistencia dese suxeito fragmentario que compoñen as subalternas ao proxecto aculturador dos grupos dominantes. Con es a convicción se emprendeu o presente traballo. 1.2. A CULTURA POPULAR COMO ESPA ZO D E RE SISTE NC IA S Á CUL TURA D OMINA NTE . Asúmese, como se leva exposto, unha noción da cultura popular que entende a cultura popular como expresión da concepción do mundo das clases subalternas, formulada por oposición á cultura dominante, aínda que penetrada por esta en moitas ocasións. A cultura popular sería pois un espazo de conflito. No apartado anterior deixábase apuntada a potencialidade transformadora desta cultura popular, ou cando menos dalgúns dos seus elementos (aqueles que Raymond Williams clasificara como residuais activos e emerxentes alternativos). Nas seguintes liñas abordarase en detalle a maneira na que se fai efectiva esa oposición desde posicións de subalternidade. Comezarase por definir a noción de resistencia, como contrapartida inevitábel do poder. Ambos os dous elementos están presentes, necesariamente e de xeito conflitual, en toda expresión da cultura popular, o que levou a distintos autores a centrar a súa análise nas formas nas que os elementos resistentes operan no seo das culturas dos grupos subalternos. Optarase pola noción de “infrapolíticas” para caracterizar o conxunto de accións polas cales a subalternidade expresa a súa visión do mundo alternativa no discurso público, isto é, accesíbel a todo o espectro social, se ben de xeito velado para protexer a integridade dos emisores das mensaxes opositoras. O feito de tratarse de accións de tipo indirecto ou velado ten a ver coa precaria posición ocupada polas subalternas no cadro da organización social, que lles impide en numerosas ocasións afrontar unha oposición directa ao poder. Daí a necesidade de desprazar o foco de atención cara ás prácticas culturais, fronte ás obras ou produtos. A noción de “artes de facer”, como as tácticas bélicas das subalternas, permitirá afondar nesta caracterización da resistencia a través das culturas populares. Dada a posición de debilidade ocupada polas subalternas, só lles é dado aproveitar as ocasións para acadar pequenas vitorias ou invertir as mensaxes fornecidas desde a cultura dominante para xerar novos significados que resposten á súa concepción do mundo. Daí o acento nos usos e na lectura como forma de resistencia, pola cal as subalternas consiguen apropiarse dos contidos culturais que lles foron impostos. ! 21 ! Esta circunstancia evidénciase especialmente co xurdimento da cultura de masas, na que as industrias culturais fornecen unha serie de contidos de xeito unidireccional ao pobo, restando como único espazo para a cultura popular as apropiacións que este fai a través dos usos daqueles contidos. O cotián devén entón espazo de resistencias miúdas pero non irrelevantes, xeradas por un suxeito colectivo e inestábel, produto de alianzas transitorias, que constitúe o popular na sociedade de masas. Por último analizaranse as tentativas da cultura hexemónica por disciplinar as expresións da cultura popular aínda vixentes a finais do século XIX e principios do XIX en Occidente, e a resposta que xurdiu desde a subalternidade en forma de apropiacións simbólicas, dando pé a novas expresións culturais, denominadas formas de massmediación. Estas expresións resumen o carácter contraditorio e conflitual da cultura popular no seu contacto coa cultura de masas. 1.2.1. A outra cara do poder Co fin de determinar se a cultura popular encerra efectivamente elementos opositores ou resistentes á cultura dominante cómpre definir o que se entende por resistencia. Para isto, a definición do termo achegada por Michel Foucault na súa Histoire de la Sexualité permite soster o punto de vista que se está a defender neste traballo. Foucault, ao detallar o método co que analizará os dispositivos de control da sexualidade, expón a súa concepción do poder, que entende como a multiplicidade das relacións de forza que operan dentro da organización social. O poder non é un elemento illado e tanxíbel, susceptíbel de ser transmitido ou partillado; o poder é un proceso dinámico, unha situación complexa nunha sociedade dada; exércese desde unha multiplicidade de puntos, non exclusivamente de arriba abaixo. De feito, é o poder exercido abaixo, ao longo de multitude de microrrelacións de forza, o que sustenta a situación de dominación xeral. Mais isto non significa que tal situación non poida ser revocábel. Do mesmo xeito que as relacións de poder se estenden por toda a malla de relacións sociais, “alí onde hai poder hai resistencia”. (Foucault, 1976, 126) Aplicando este esquema argumental ao ámbito do presente traballo, diríase que a cultura popular, entendida como conxunto de apropiacións simbólicas operadas desde unha posición de subalternidade, integraría tanto poder coma resistencia no seu seo. Fronte ás relacións de micropoder que contribúen a perpetuar a súa subalternidade e que forman parte desa malla que sustenta a relación xeral de dominación, emerxerían reaccións de resistencia e oposición á aculturación programada por parte das clases dominantes. O escenario que deseña Foucault pode facer pensar nun perpetuum mobile , onde a relación de forzas non propicia ningún avance e permanece estancada nun movimento cara a ningures, sen posibilidade dunha transformación do estado de cousas. O propio Foucault espanta esa interpretación: Des grande s rupt ur es radic al es, des partages binaires et massifs? Parfoi s. Mais on a affai re le plus souvent à des points de résist ance mobi le s et trans it oi re s, int rod uis an t dans une soc ié té des cli vag es qui se déplacent, brisant des unités et susci tant des regroupements, sil lonnant les indi vidus eux - mêmes , les décou pan t et les remodel an t, traç ant en eux, dans leur corps et dans leur âme, des régions irréduct ibles. Tout comm e le réseau des relations de pou voir finit par form er un épais tissu qui traverse les appa reils et les ins titutions, san s se localiser exactem ent en eux, de même l'e ss ai mage des point s de rési st anc e trav er se les strat i fi cat i ons sociales et les unités individuelles. Et, c'est sans doute le codage stratégique d e ces points de resístance qui rend possible une révolution, un ! 22 ! peu comme l'État repose sur l'intégrat ion institutionnel le des rapports de pouvoir 2 ( Foucault , 1976, 126 - 127) . Xa en Sourveiller et punir (1975) o filósofo francés abordara unha arqueoloxía das formas nas que opera o poder, centrándose nas tecnoloxías disciplinares, nos dispositivos do control social. Outro francés, Michel De Certeau, toma a análise foucaultiana como punto de partida para aplicala ao campo da cultura popular. Mais no canto de analizar os procedementos de vixilancia, De Certeau preocúpase por determinar “comment une société entière ne s’y réduit pas; quelles procedures populaires (elles aussi ‘minuscules’ et quotidiennes) jouent avec les mécanismes de la discipline et ne s’y conforment que pour les tourner 3 ”(Certeau, 1990, 11). En definitiva, interésalle detectar as maneiras nas que operan as microrresistencias dentro da cultura popular; aquelas “maneiras de facer” (a tradución ao galego podería ser ‘arranxos’) que forman a contrapartida, do bando dominado, dos mecanismos silandeiros que organizan a orde sociopolítica. A diferenza de Foucault, xa non se trata de precisar o modo no que a violencia da orde devén tecnoloxía disciplinar, mais de exumar as forzas subrepticias que toma a creatividade dispersa dos grupos ou dos individuos. O foco colócase agora neses procedementos opositores que compoñen a rede dunha antidisciplina. Tamén James Scott (1990) analiza as formas nas que opera a resistencia. O politólogo norteamericano apóiase na súa observación das formas de resistencia nas sociedades labregas do Pacífico sul para trazar un esquema xeral dos modos nos que os grupos subalternos rearxen politicamente ás formas de dominio en sociedades non democráticas. Denomina “infrapolíticas das subalternas” aquelas actuacións nas que as persoas en posición d e subalternidade expresan publicamente, ainda que de xeito subrepticio, a súa propia visión do mundo, disconforme coa situación de dominación e coa denigración a que se ven sometidas como resultado da necesidade dos poderosos de reafirmar o seu status. Estas formas de resistencia son necesariamente ambiguas, nunha táctica para tantear a represión que unha agresión aberta acarrearía. Conteñen un dobre significado, un dos cais é inocuo e aparentemente conforme cos valores hexemónicos, mais o segundo, accesíbel para o resto do grupo subalterno, incorpora contidos opositores coa situación de forzas imperante. Precisamente, é o feito de compartir unha visión do mundo alternativa, unha “subcultura disidente”, xerada nos espazos libres de control dominante, o que permite a comunicación destas mensaxes disimuladas no discurso público. O que James Scott denomina “discurso oculto” ( hidden transcript ) constituiría ese conxunto de valores e saberes que os grupos subalternos xeran á marxe do discurso dominante, e que non pode ser publicamente expresado agás en contextos de confrontación aberta (revoltas, levantamentos, riots ). Scott, na liña de Foucault, argumenta que a resistencia é a inevitábel cara B de toda dominación, e sustenta esa afirmación en estudos !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 2 Grande s ruptura s radic ais, partici óns binarias e masivas ? Ás veces. M ais o máis habit ual é que nos atopemo s perante p u n t o s d e r e s i s t e n c i a m ó b i l e s e t r a n s i t o r i o s , i n t r o d u c i n d o n u n h a s o c i e d a d e d e s n i v e i s q u e s e d e s p r a z a n , rachando as un idades e suscitando reagrupamen tos, fen dendo os propios individu os, co rtándoos e remod elándoos, trazando neles, nos seus corpos e na sú a alm a, rexións irredutibeis. O mesm o que a rede das relacións de poder acaba por formar un tecido esp eso q ue atravesa os aparellos e as institucións, sen localizarse exactamente neles, o enxame dos puntos de resistencia atravesa as estratificacións sociais e a s u n i d a d e s i n d i v i d u a i s . E , é s e n d ú b i d a a codificación estratéxica deses puntos de resistencia o que fai posíbel unha revolución, un pouco como o Estado repousa sobre a integració n institucional das relacións de poder. (T radución propia) 3 . . . de q u e x eito unha so ciedade enteira no n se reduce a eles [os procedementos de vixilancia], que procedimentos populares (tamén “minúsculos” e cotiáns) xogan cos mecanismos da disciplina e non se conforman con eles máis que para viral os. (Tradución propia) ! 23 ! psicosociais que sosteñen que manter unha actitude de finxida deferencia cara aos poderosos xenera un sentimento de ira que require de ser canalizado se se quer evitar unha confrontación directa que acarrearía un risco excesivo. As infrapolíticas dos grupos subalternos, malia proporcionaren un innegábel pracer a quen participa delas, non serven como válvula de escape inhibidora da expresión directa do desencanto, como se ten argumentado. Máis ben ao contrario, segundo Scott serven para alimentar esa rabia e manter viva a fantasía da sempre ancellada confrontación directa. En calquer caso, o esquema proposto por Scott non sería aplicábel a situacións de dominación complexas nas que operan formas de consenso e integración dos valores dominantes, como sería o caso da sociedade de masas. Porén, para unha situación de mudanza cultural como a obxecto do presente estudo, é digno de consideración e será aplicado máis adiante ao longo destas páxinas. 1.2.2 A cultura popular como espazo dos usos As perspectivas propostas por De Certeau e James Scott constitúen un desafío explícito á Academia ao erixir ás clases subalternas, ao pobo, en suxeito da investigación. Restitúenlles a estas clases a capacidade de actuar, unha hipótese que o miserabilismo tan en voga na Socioloxía francesa da década de 1970 descartaba de plano (Grignon e Passeron, 1989, 36-37). Devólvelles a voz e a iniciativa, en contra do pesimismo ao que conducen as análises centradas nos procedementos da dominación. O cambio de foco fai que a análise da cultura popular non atenda aos produtos (que na sociedade de masas son xerados masiva e unidireccionalmente pola Industria Cultural e aspiran a manter o estado de cousas), senón á maneira na que estes son consumidos ou, mellor, como son apropiados. As multiples maneiras na s que as persoas usuarias (reducidas a “consumidores” pola hexemonía) constrúen os seus propios significados a partir das representacións fornecidas unilateralmente polo aparello hexemónico conforman o que entendemos como cultura popular, e é nesas manières de faire onde se detectará esa capacidade de resistir e de transformar desde o bando dominado. De Certeau emprende a súa análise das arts de faire , dos usos furtivos aos que os dominados someten os produtos e mensaxes da cultura dominante, establecendo unha diferenciación que resultará de grande utilidade en análises posteriores da cultura popular. Toma da linguaxe militar os termos de estratexia e táctica para clasificar os diferentes tipos de traxectorias que deseñan as prácticas do cotián, os usos culturais. Por unha banda, a estratexia constitúe o cálculo das relacións de forza que se fai posíbel a partir do momento no que un suxeito de poder (un proprietario, unha empresa, un concello, unha institución científica) pode ser isolábel dun contorno. A estratexia asume, pois, un lugar delimitado como propio e por tanto serve de base para a xeración de relacións cun exterior diferenciado (competidores, adversarios, clientes, targets ou obxectos de investigación). As racionalidades política, económic a e científica teñen sido construídas en base a este modelo da estratexia, que non é máis ca un tipo específico de saber-poder: o poder de dotarse dun lugar propio. A táctica , pola contra, é un cálculo que non pode contar cunha localización espacial e institucional propia, nin cunha fronteira que a distinga do outro como unha totalidade visíbel. “La tactique n’a pour lieu que celui de l’autre 4 ” ( Certeau, 1990, 46); non dispón dunha base sobre a que capitalizar as suas avantaxes. O propio é unha vitoria do lugar sobre o tempo. E a táctica xoga no non-lugar, polo que depende do tempo, de ser quen de cazar nel posíbeis benefícios: “pour saisir au vol les possibilités qu’offre !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 4 A tá ctica ten por lugar aquel que é de outro. ! 24 ! un instant” 5 ( Certeau, 1990, 61). Non garda o que gaña; debe aproveitar constantemente as ocasións para xerar novas oportunidades. O feble –a feble- saca partido constantemente das forzas que lle son alleas, combínaas a cada momento, xerando, non un discurso, mais unha decisión concreta. Moitas das prácticas cotiás son de tipo táctico, así como moitas das “maneiras de facer”: triunfos do fraco contra o forte. (Certeau, 1990, 46-47). De tal maneira que a cultura popular está feita de espazos construídos na ocasión, no momento, por aqueles que carecen dun lugar de seu. A partir desta distinción De Certeau embárcase nun estudo da lectura como “art de faire”, como apropiación dos textos. O lector ou lectora sería o cazador furtivo que atravesa un terreo que non lle pertence; esta imaxe incide na cuestión, xa abordada, do carácter variábel da cultura, formada de distintas interpretacións segundo os contextos históricos e sociais. Pesie ao acento que pon na lectura, a perspectiva que introduce De Certeau serve para todas as prácticas culturais. Sobretodo, contribuíu a sacar do seu impasse aos sociólogos e historiadores da cultura popular, sumidos no debate sen fin entre miserabilismo e populismo. Asumir, seguindo a distinción proposta por Williams, a articulación de elementos dominantes, residuais resistentes e emerxentes alternativos en toda práctica ou obxecto cultural, levou algúns investigadores ao extremo de concluír a imposibilidade de estudar a cultura popular per se, ao considerar que o elemento dominante pesa excesivamente no seu desenvolvemento. Pola contra, outros, teimosos a priori por valorizar todo o que proceda das clases subalternas, aférranse ás técnicas xurdidas no eido da antropoloxía e avogan por estudar isoladamente os elementos da cultura popular, creando un cadro de análise ficticio no que as forzas dominantes non operarían ou onde mesmo se invertirían as relacións de forza: nese mundo irreal os elementos alternativos pasarían a ser dominantes e viceversa (Grignon e Passeron, 1989, 51). Ningunha destas dúas tendencias extremas é apropiada, mais as dúas parten dun problema común e aínda non resolto: o da dificultade de analizar a cultura popular illadamente da relación de forzas e da negociación co aparello hexemónico na que se produce. Faise precisa unha articulación permanente entre as dúas posturas: nin a cultura popular pode ser desbotada para a análise pola súa posición de subalternidade, nin se poden obviar as tensións que nela operan por efecto da cultura hexemónica, que teima en incoroporar ao seu radio de influencia aqueles elementos da cultura popular contrarios aos intereses da clase dominante (Grignon e Passeron, 1989). Este debate teórico entre o populismo relativista e o lexitismimo miserabilista, abordado no cadro da Socioloxía francesa da cultura, pode atopar unha articulación ou punto medio se se coloca o foco sobre os usos e os procesos máis que sobre os produtos ou obras culturais. Esa postura é a defendida por Roger Chartier, quen adopta os conceptos de táctica e resistencia para o estudo das expresións culturais pretéritas, desmontando os argumentos de quen defendían que a cultura popular “verdadeira” tiña desaparecido a patir do proceso aculturador que en Europa constituíu a Contrarreforma. “La volonté d’inculcation des modèles culturels n’annule jamais l’espace propre de leur réception, usage et interpretation 6 .” (Chartier, 1994, 10) O cambio do foco cara aos usos (a lectura, a apropiación) acaba con interpretacións esencialistas da cultura popular e insiste na súa componente dinámica e conflitiva: “...les formes ‘populaires’ de la culture, des practiques du quotidien aux !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 5 Para atrapa r ao vóo as po sibilidades qu e ofrece o ins tante. 6 A v o n t a de d e in c ul c a r m o d e lo s cu l t ur a is n on a n u la n un c a o e s p a zo p r op i o d a s úa r e ce p c ió n , u s o e i n t er p re t ac i ón . (Trad. Propia) ! 25 ! consommations culturelles, peuvent être pensées comme des tactiques productrices de sens –mais de sens possiblemente étrangers à celui visé par les producteurs” 7 (Chartier, 1994, 8). Deste xeito, unha tal concepción centrada nos usos entronca con aquelas concepcións que contemplan o elemento resistente ou opositor como parte integrante das culturas populares. O proprio Gramsci, nas súas Osservazioni sul folklore , non excluía a posibilidade dunha (...) oposición fragmentaria y espontaneísta que se revela, por un lado, en el mecanismo de adaptación popular de cada producto culturalmente impuesto, y, por el otro, en el hecho de que las condiciones de vida reales de los pueblos, (...) en su confrontación con la realidad general, estimulan actividades ‘justicialistas” (...) o aspiraciones evasivas, pero no por eso insignificantes, como la indentificación con el bandolero justiciero, el héroe que se toma la justicia por su mano, etc. El resultado es que, si desde el punto de la conciencia política y de la organización, el nivel de la cultura subalterna es incapaz de un antagonismo consciente y coherente, esto no quiere decir, sin embargo, que sea un recipiente vacío que se llena sólo con las ideas de las clases dominantes (Feixas e de Martino, 2008, 25). Tómanse en conta, polo tanto a s “infrapolíticas” como a opción das subalternas en contexto de opresión, e que se expresan a través da reapropiación a través dos usos (as manières de faire ) e a resistencia disimulada a través das expresións culturais propias. 1.2.3. O popular como espazo de antagonismos partillados Roger Chartier reclama unha nova forma de encarar a historia da cultura popular na que se teña en conta o caracter conflitivo de cada unha das súas expresións, nas que sempre se poden detectar elementos dominantes e resistentes en convivencia e tensión. Se isto é certo para as formas culturais do pasado máis afastado, faise especialmente patente a medida que nos achegamos aos períodos nos que a cultura pasa a constituír un espazo estratéxico da hexemonía (Martín-Barbero, 1991, 134); xustamente nesa fase da historia occidental recente na que se tenta confundir a cultura popular coa cultura de masas. É nesta altura na que as novas tecnoloxías favorecen a difusión masiva de mensaxes, facilitando a mediación entre as formas culturais da cultura popular tradicional e a nova cultura de masas. E é nesta etapa complexa e conflitiva, ubicada cronoloxicamente nun arco que vai desde o 1850 até o 1950, que xurdirán os fenómenos culturais que serán obxecto de análise e reflexión n este traballo. Nun traballo pioneiro dos estudos culturais e deste enfoque, Richard Hoggart describe as maneiras nas que as clases traballadoras inglesas da década de 1950 lían ou escoitaban os produtos da cultura de masas: era a deles unha atención oblicua ou distraída, caracterizada pola adhesión eclipsada do que se le ou escoita, sen perder nunca a desconfianza respeito da súa autenticidade. En The uses of Literarcy exponse desta maneira o xeito no que a cultura popular, entendida como conxunto de prácticas, !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 7 a s f o r m a s ‘ p o p u l a r es’ da cultura, d as prácticas do cotián aos consumos culturais, poden pensarse como tácticas produtoras de sens o – mais dun se nso posi belme nte all eo ao p revi sto pol os p rodu tore s. (Tra d. Propi a) ! 26 ! é quen de se manter distanciada dos modelos impostos pola autoridade ou o mercado, ou ben de apropiarse deles para inscribirlles a súa propia coherencia (Hoggart, 1958, 325). Un membro posterior da escola, John Fiske, desde o centro do sistema que perfeccionou o proceso massmediador hexemónico, bebe de fontes europeas para abordar a súa análise da cultura popular norteamericana. Asume, con De Certeau, que a cultura popular na sociedade de masas confórmana principalmente as “maneiras de facer”: os usos que as persoas, privadas da posibilidade de producir os seus propios produtos dentro da cultura capitalista, fan dos bens da industria cultural, producidos para eles, pero non por eles. E ese conflito permea a súa concepción da cultura do cotián no sistema capitalista, que “is best described through metaphors of struggle or antagonism: strategies opposed by tactics, the bourgeoisie by the proletariat; hegemony met by resistance, ideology countered or evaded; top-down power opposed by botton-up power, social discipline faced with disorder.” 8 (Fiske, 1989, 47). Fiske comprométese, pois, na análise das tácticas de resistencia que operan nas formas do consumo popular dos produtos masivos. Asume que a relación de forzas está laten te en toda actividade cultural, e que polo tanto toda práctica da cultura popular encerra unha contradición en si mesma (parte dos bens e servizos fornecidos desde a Industria cultural, é dicir, desde as forzas dominantes, para apropiarse delas e reorientar o seu uso con fins propios). As lecturas populares sempre son contraditorias: inclúen tanto aquilo ao que hai que resitir como as resisténcias que se lle apoñen. E a cultura popular é un concepto sumamente elusivo: non pode localizarse firmemente nin en textos nin en lectores ou receptores. Porén, a visión de Fiske é optimista: as tácticas cotiás, nunha guerra de guerrillas contra a cultura dominante, poden chegar a acadar a transformación social (Ibídem, 19). O carácter resistente permea tamén a noción do “popular” na Sociedade de Masas. Fiske, como se viu no apartado anterior, considera a de pobo unha categoría móbil, un conxunto de alianzas que non ten por que corresponderse con condicións obxectivas de clase, xénero, relixión, raza, etc. A necesidade de negociar os problemas da vida cotiá dentro dunha estrutura social complexa (a do capitalismo) ten producido subxectividades nómades que poden moverse dentro dese conxunto, xerando realiñamentos nas alianzas sociais que configuran o pobo segundo as necesidades do momento. Todas esas reformulacións fanse no cadro dunha estrutura de relacións de poder: estas alianzas sociais provisorias teñen un senso de “con quen”, pero tamén, e sobretodo “contra quen”: “the sense of oppositionality, the sense of difference, is more determinant than that of similarity, of class identity, for it is shared antagonisms that produce the fluidity that is characteristic of the people in elaborated societies.” 9 (Ibídem, 24). Esa s alianzas son difíciles de xeralizar e de estudar, porque son feitas polas subalternas en contextos e momentos específicos (en coerencia co carácter temporal propio das tácticas). Son produto da práctica, e non das estruturas. Desta oposicionalidade inherente á cultura popular infírese que non pode haber cultura popular dominante, pois a cultura popular sempre está formada en reacción a, e nunca como parte das forzas da dominación. Iso non significa que os membros dos grupos sociais dominantes non poidan tomar parte na cultura popular. Pero para iso !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 8 . . . s e d e s c r i b e m e l l o r a t r a v é s d e m e t á f o r a s d e l o i t a o u d e a n tagonism o: estratexias fronte a táctica s, bu rguesía fronte a proletariado; h exemonía oposta a resistencia, ideolox ía enfrontada ou e vadida; pod er de arriba abaixo fronte a poder de abaixo arriba, disciplina social oposta a desorde. (Trad. Prop ia) 9 O sen so de oposicionalidade, o senso de diferenza, é máis determinante que o de similaridade ou de identidade de clase, pois son o s antagonismos partillados os que producen a fluidez característica do pobo noas sociedades complexas. (Trad. Propia) ! 27 ! deben desviarse –momentaneamente- da súa posición de dominación, e virarse cara a outras alianzas tecidas noutras etapas da sua vida (a mocidade, o lugar de nacemento, etc). A cultura popular na sociedade de masas xorde na intersección entre os produtos da industria cultural e a vida cotiá do pobo, entendido como rede de alianzas transitorias. Esa intersección está afectada por un duplo movimento, o da contención (o que Raymond Williams chama incorporación) e da resistencia. As “artes de facer” son unha “art of being in between” (Ibídem, 36), a arte de situarse entre a produción e o consumo; eis a arte da cultura popular. Aquela que emprega os s eu s produtos para os n oso s fins, percorrendo habilmente a corda frouxa que separa os dous elementos fundamentais da lóxica capitalista. Paralelamente á produción masiva e omnipresente emanada desde o centro do sistema capitalista, estase a xerar, de xeito invisíbel e sen solución de continuidade, unha produción de senso a partir deses produtos. De tal maneira que o consumo devén unha produción cultural independente da clase ou da riqueza, que como non xera beneficios na cadea de produción non se ten en conta como tal produción. Mais constitúe, di Fiske, un asalto radical ao sistema (Ibídem, 35). Do mesmo xeito que Foucault falaba de microrresistencias, Fiske evita fomentar unha imaxe romántica e idealizada das prácticas resistentes que son intrínsecas á cultura popular. Quen as exerce son cidadáns cumpridores da lei a maior parte do seu tempo; os seus actos de resistencia son selectivamente esporádicos, determinados por unha mistura dos requerimentos da súa situación e das oportunidades que a estratexia dos dominantes lles concede. “Popular culture is to be found in its practices, not in its texts or their readers, though such practices are often most active in the moments of text-reader interaction.” 10 ( Ibídem, 45). Deben actuar no momento que a súa situación de subordinación llelo permite. De vez en cando, tras moitos esforzos e picaresca, conseguen arrebatar un pequeno espazo aos dominantes. É un espazo gaño para a resistencia. 1.2.4 Espazos de mediación entre o popular e o masivo. A resistencia á dominación pode tomar moitas formas, non só a de producir significados opositores (que son as menos). Outras formas de resistencia son a evasión, evitar o control social, esquivar a disciplina que os dispositivos da dominación teiman en exercer sobre os corpos e as condutas. Todo o que está fóra de control sempre é unha ameaza potencial e sempre reclama aos poderes morais, esté ticos e sociais, que o disciplinen. Calquera indicio de perda de control sobre as subalternas aterroriza ás forzas da orde, ao lembrarlles o fráxil que é o control social; esas formas efémeras demostran como escapar del, ainda que sexa momentaneamente. Producen unha sensación de liberdade, o pracer da evasión que tende a concentrarse no corpo, entanto a sensación xerada pola p rodución de significados opositores se centra na razón. Fiske analizou a maneira na que esas resignificacións e tácticas evasivas cobraron corpo no ámbito do lecer nos prolegómenos da sociedade de masas. Na Inglaterra do século XIX o proceso de industrialización e conseguinte urbanización vai aumentar a consciencia das diferenzas de clase entre as clases traballadoras. A burguesía verá nesa crecente consciencia unha ameaza á súa posición de control da orde social. Como non pode nin quere mudar as condicións de produción do sistema capitalista !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 10 A c u l t u r a p o p u l a r a t ó p a s e n a s s ú a s p r á c t i c a s , n o n n o s s e u s t e x t o s n i n n o s s e u s l e c t o r e s , m a l i a a q u e e s a s prácticas son habitualmente máis activas nos momentos da interacción texto - lector. (Trad. Propia) ! 34 ! conscientes de estar traballando cun material que non lles pertencía en exclusiva. Por iso na meirande parte dos casos non asinaban os seus traballos e os seus espectadores tampouco retiñan o nome do cantor ou do intérprete cando repetían unha peza ou narración. “The individual may invent, but in an oral culture, (...) ‘the community selects’ ” 17 (Burke, 1979, 115). As innovacións producidas por un individuo deben ser aceptadas pola comunidade para seren integradas ao corpus común da tradición. Velaí a comunicación da experiencia salientada por Williams, un proceso necesariamente bidireccional. Así, o artista tradicional non era mero voceiro da tradición, mas tampouco libre de inventar o que quixese. Non era nin “intérprete” nin “compositor” no senso contemporáneo dos termos. Producía as suas propias variacións (mercede á destreza adquirida de innovar na descrición da experiencia), mais dentro dun encadre tradicional. Se os distintos públicos non aprovaban a innovación introducida, esta perecía co seu autor, ou mesmo antes. Os sucesivos públicos até o fin da Idade Moderna exerceron, en termos de Burke, unha “censura previa”; decidían se unha cantiga ou historia sobreviviría e en que forma. É nese senso no que o pobo participa na creación e na transformación da cultura popular, similar ao modo no que participa na creación e transformación da súa lingua. James Scott achega unha interpretación complementaria ao fenómeno, tamén afastada da visión romántica da creación colectiva. Os portadores e transmisores das expresións culturais dos grupos subalternos ampararíanse, segundo el, no anonimato e no carácter efémero da cultura oral, co obxecto de evitar os castigos dos dominantes aos que aquelas expresións desafiaban. A oralidade, característica maioritaria na produción cultural das clases subalternas no mundo tradicional, favorecía o carácter esquivo das infrapolíticas, constituíndo cada performance (cada canto dun romance, cada representación dunha peza de bonecos, cada declamación dun poema satírico...) un acto único e irrepetíbel de resistencia pública camuflada. “Like gossip or rumor, the folk song is taken up and performed or learned at the option of its listeners and, in the long run, its origins are lost altogether. It becomes impossible to recover some ur version from which all subsequent renditions are deviations ” 18 (Scott, 1990, 161). Cada intérprete era dono de introducir os elementos que considerase apropiados para cada momento e lugar, e outros transmisores de modificar ao seu antollo o contido da mensaxe. Do mesmo xeito, as expresións públicas (se ben disimuladas baixo o anonimato e o eufemismo) do discurso oculto, teñen sentido só se un público as recibe e as recolle, se as acepta como útiles aos seus intereses (Scott, 1990, 161). As cir cunstancias que, ao longo da historia, teñen levado a determinados individuos dotados da destreza de transmitir a experiencia de xeito novidoso a especializarse nesa actividade, deixando a outros membros da comunidade o desempeño das actividades necesarias para a subsistencia, son múltiples e variadas. Arnold Hauser desgránaas na súa The Social History of Art, onde describe a forma no que o poder influíu nesa especialización por parte dos individuos dotados de destreza creativa. En paralelo, e con menores variacións ao longo da historia, no seo da cultura popular, afastada das lóxicas da hexemonía, a adicación exclusiva a actividades creativas foi case sempre acompañada dunha componente de marxinalidade. Hauser cita a xograres, ministreis e vagantes durante a Baixa Idade Media, a quen considera herdeiros dos mimos dos tempos clásicos. “The mime had never ceased to flourish !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 17 O indiv iduo pode cr ear, mais na cultura oral, (...) ‘a comunidade selecciona’. 18 O me smo que o boato e o rum or, a cantiga p opular é reco llida e interpretad a ou aprend ida segundo a escolla dos seus ouvintes e, no longo termo, as súas orixes acaban por perderse t otalmente. Faise imposibel r ecuperar unh a versión ur da que todas as ex ecucións ulter iores son des viacións. (Tra d. Propia) ! 35 ! since the days of classical antiquity; when even the last traces of classical culture disappeared, the descendants of the old mimes still continued to travel about the Empire, entertaining the masses with their unpretentious, unsophisticated and unliterary art” 19 (Hauser, 1999, 79). “The carriers are likely to be as socially marginal as the places where they gather.” 20 (Scott, 1990, 123). Do mesmo xeito que os espazos gaños ao poder para o desenvolvemento da cultura dos subalternos (do seu hidden transcri pt) debían permanecer á marxe do control dos dominados, tamén os seus portadores e transmisores deberían constituír un grupo cun hábitat e unha serie de condutas que lles permitisen sobrevivir afastados do control e do risco das represalias. Peter Burke distingue os “semiprofesionais da transmisión cultural”, aqueles membros das comunidades europeas da Idade Moderna que destacaban en determinadas prácticas creativas (os homes ou mulleres que mellor cantaban, a muller sabia quen de preparar remedios para curar os animais...) e compaxinaban esas actividades co desempeño das tarefas relacionadas co autoabastecemento do fogar ; dos profisionais, adicados en exclusiva á produción ou creación de bens e servizos creativos: artesáns, vendedores ambulantes, xograres e actores itinerantes que periodicamente chegaban ás aldeas ou vilas para organizar espectáculos (Burke, 1979, 91) E s t es últimos desempeñaron un rol precioso na intercomunicación das comunidades durante a Idade Media: El juglar contri buye a difun dir una li ter atur a popular anónima (. .. ) un cancionero lírico y crítico que expresaba la protesta y que tardaría en recibir ma nipulación lit eraria, ya en la Baja Edad Media, cuando pasó a l as primeras recolecci ones de muestras literari as anónimas. Esa literatur a popular utiliza ba los tics culturales memorizados (mitos, símbolos, retórica) y los m odificaba al servic io de la traduc ción de los hechos de la realidad cotidiana. Só lo tenían transm isión ora l, porque la esc ritura y la lectura eran práctica s p rohibitiva s pa ra u n v ulgo pe rfectam ente aculturizado” (Mon talbán , 1997 , 37) . Burke toma prestado do folklorista sueco Carl von Sydow o termo de portadores activos ( active bearers ). En contraste, o papel do resto da poboación dentro da reprodución cultural sería “relativamente pasivo” (1979, 91), pois limitaríase a escoller aquelas innovacións que fosen merecentes de pasar a integrar o corpus da cultura popular. Neste traballo prestarase especial atención a estes portadores activos, e concretamente aos profesionais, aqueles que facían da transmisión e creación de espectáculos populares a súa principal forma de vida. Eran artistas populares, no senso de que traballan principalmente para un público popular. De novo os termos escorregan na polisemia. O público popular puido estar constituído maiormente de labregos e artesáns na Idade Moderna á que Burke consagra o seu traballo, pero tamén puido ter incorporado a membros da pequena e mesmo da alta burguesía, operarios e burócratas en períodos máis próximos ao presente. En moitos casos, ademais, algún artista popular podía chegar a acadar o favor das clases dirixentes, monarcas e aristocracia, sen deixar de gozar de suceso entre as clases subalternas. Como vimos, o !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 19 O m i m o n u n c a d e i x o u d e f l o r e s c e r d e s d e o s d í a s d a a n t i g ü e d a d e c l á s i c a ; c a n d o a s ú l t i m a s p e g a d a s d a c u l t u r a clásica desapareceron, os descendentes dos antigos m i m o s c on t i n ua r o n a v i a x ar p o l o I m p e r io , e nt r e te n d o á s m a s a s coa súa arte sen pretensións, pouco sofisticada e carente de pedantería. (Trad. Propia) 20 Os por tadores adoita n seren tan so cialmente m arxinais com o os lugare s nos que se x untan. (Trad . Propia) ! 36 ! discurso público é partillado por dominados e dominantes, e é precisamente aquí onde o xogo do disimulo e a ambigüidade que caracteriza as infrapolíticas das subalternas deben xogar un rol crucial, de xeito que algúns significados permanezan ocultos ou indescifrábeis para os públicos dominantes, mentres que para os dominados sexan claramente identificabeis. O colectivo dos portadores activos do discurso oculto foi historicamente moi diverso e esa diversidade foi especialmente acentuada no caso dos artistas escénicos, capaces de ofrecer aos seus públicos unha enorme variedade de técnicas e de repertorios. Estes portadores activos da cultura popular constituían, en moitos casos, un colectivo que partillaba unha serie de comportamentos económicos e uns hábitos que os fan portadores dunha subcultura diferenciada. Como explica James Scott, It is not sim ply a question of th eir ano malous or low soc ial stand ing. They are also likel y to fol low trade s or vocatio ns that enco urage ph ysical mobi li ty . As tr ave le rs th ey ofte n se rv e as cu lt ur al br oke rs and so cia l link s between subordinate communities while remaining, themseleves, less socially an chored and henc e m ore au tonomous (...). Finally, a go od many of these groups depend directly on the patronage of a lower - class public to make thei r li vi ng. The cle ry man who must rel y on popu la r char i ty or the bard who expects his audie nce to feed him and give small contribut ions is likelly to co nvey a c ultur al message that is not at odds with that of his publi c (Scott, 19 90, 12 4) 21 . A ambulancia era, pois, unha das características definitorias deste colectivo e da súa subcultura particular. 1.3.3. A itinerancia como selo cutural O colectivo dos titiriteiros (na súa acepción ampla e metonímica que incorpora a representantes doutras destrezas creativas) forma parte daquelas comunidades historicamente tachadas de “vagabundas”, ou “parásitas”. Tamén adoitaron seren identificadas cos ciganos, cos que partillaban o nomadismo, a marxinalidade e a adicación a determinadas actividades artísticas. Porén, o grupo dos comediantes ou titiriteiros posúe trazos que o diferencian daqueles colectivos cos que comunmente o teñen asociado. Formaría parte do que a antropóloga Aparna Rao denominou “comunidades peripatéticas”: comunidades endogámicas que non viven da produción de alimentos, senón da venda de bens e servizos, e cuxa estratexia económica esencial está baseada en migrar dun grupo de clientes a outro (Rao, 1985, 99-100). Aínda que as diferentes lexislacións represivas (desde a Vagracy Acts inglesa de 1572 até a Ley de Vagos y Maleantes dictada no 1933, durante a II República Española) incluían no mesmo saco a esmoleiros, rateiros e comediantes, estes diferenciábase dos dous primeiros en catro aspectos básicos, que coinciden cos trazos diferenciais que Rao atribúe ás comunidades paripatéticas. !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 21 N o n é s ó u n h a c u e s t i ó n d a s ú a p o s i c i ó n s o c i a l a n ó m a l a o u b a i x a . A d o i t a n a d e m a i s a d i c a r s e a o f i c i o s o u vocacións que fomentan a mobilidade física. Com o viaxeiros adoitan servir como axentes culturais e vínculos sociais entre com unidades subalternas ao t empo que eles mesmos se manteñen menos vencellados socialmente e polo tanto máis autónomos (... ). Finalmente, m oitos deses grupos dependen directamente do apoio dun público de clase baixa para gañar a vida. O crego que depende da caridade popular ou o bard o que aspira q que os seus espectadores o alimenten ou lle dean pequenas contribucións ten máis probabilidades de transmitir unha mensaxe cultural que non contradiga a do seu público. (Trad. Propia) ! 37 ! 1.3.3.1 Itinerarios definidos. En primeiro lugar, fronte á mobilidade anárquica e allea a causas económicas ou estacionais propia do vagamundo, as comunidades peripatéticas, e entre elas os comediantes, viaxan dun lugar a outro de forma cíclica e regular. Os artistas ambulantes ían de aldea en aldea e de vila en vila na procura de novos públicos, xeralmente aproveitando ocasións especiais tales que feiras ou festas populares. It w as easier to change their aud ience than their repertoire, and to change their audience they had to trave l fr om town to tow n o r fro m fair to fair, stopping at such villages as might be o n the w ay. (...) [I]t is to men like these – a s m u c h a s t o a r c h a i c I n d o - European tradit ions – t h a t Europea n popu lar cultu re ow ed its u nity (Bu rke, 1 979, 9 7) 22 . Eses actores itinerantes podían viaxar sós ou formando parte dunha compañía. Burke enumera exemplos de grupos de actores deambulantes na Inglaterra do XVIII, que viaxaban a pé, sempre vestidos para actuar, por se xurdía a oportunidade. Un par deles ía sempre por diante para pedir licenza para facer unha representación, habitualmente en pousadas ou celeiros. Na Península Ibérica, un deses actores ambulantes, Agustín de Rojas, deixou constancia de oito tipos diferentes de agrupamento, onde o máis reducido era o bululú, formado por un só actor que se desprazaba a pé (Rojas, 1603, 39-40). A figura do actor que viaxaba en solitario era frecuente, segundo deixan constancia os rexistros de limosnas e distintas obras pictóricas. En moitos casos, eran cegos que cantaban acompañados por algún insrumento. Outra categoría de actores que viaxaban sós eran os que organizaban espectáculos de marionetas, como o maese Pedro descrito por Cervantes en El Quijote (Burke, 1979, 98). En Galiza, aínda a finais do século XX era frecuente atopar actuando en feiras e festas a cegos que tocaban o violín ou a zanfona e cantaban as coplas e “crimes”, e mesmo representaban pequenas pezas de monifates axudados por unha muller ou un mozo. Este bululú galego, retratado polo escultor Isidoro Brocos en 1909 a partir dos relatos de distintos informantes (Pereira, 1991, 292-293), e tamén consignado por Casto Sampedro no seu Cancioneiro (2007, 165), tería esmorecido a medida que o século XX avanzaba, deixando paso a outro tipo de agrupacións de artistas itinerantes. 1.3.3.2. Fogares móbiles A segunda característica diferencial das comunidades peripatéticas respecto das vagabundas é a existencia dun domicilio considerado propio. Sexa en forma de caravana, de tenda ou de casa propiamente dita, os membros destes colectivos posúen un “fogar” no que retirarse a descansar. No caso dos artistas ambulantes, o formato deste domicilio variou ao longo do tempo. Se ben na Idade Moderna moitos comediantes percorrían grandes distancias, atravesando mesmo as fronteiras europeas, no século XIX os percorridos redúcense, permitindo aos artistas ambulantes contar cun lugar de residencia estábel ao que regresar tras as etapas de traballo itinerante nunha serie de prazas fixas. Por outra banda, o proceso de urbanización xerado en Europa a raíz da Revolución Industrial provocou que moitas compañías se asentasen, ao atopar unha maior concentración de público ao que dirixirse. (McCormick e Pratasik, 2004). !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 22 E r a má i s s i nx el o c am bi ar de pú bl ic o q ue de re pe rt o r i o, e p ar a m ud ar de pú bl ic o t i ñ a n qu e t ra ba l l a r d e c id ad e e n cidade e de vila en vila, deténdose en toda canta aldea houbera no cam iño. (...) A un idade d a cu ltura popular europea (o mesmo que a das tradicións arcaicas indoeuropeas) débese a individuos como estes. (Trad. Propia) ! 38 ! No caso dos artistas adicados á representación de pezas de marionetas, no século XIX adoitaban viaxar en carros tirados por cabalos, ás veces propiedade da compañía e outras alugados. Era habitual que un dos carromatos servira como vivenda itinerante da familia que rexía a compañía e outro para o almacenamento dos materiais do espectáculo. A principios do século XX os carromatos comezan a ser substituídos por camións ou outros medios de transporte como o ferrocarril e os vapores (McCormick e Pratasik, 2004), se ben existen referencias ao uso de carromatos por parte de comediantes na década de 1920 en La Rioja (Blanco, 2004, 43) e aínda despois da Guerra Civil española, en Galiza 23 . A evolución experimentada polos artistas itinerantes a partir do século XX achégaos a outra comunidade paripatética especialmente numerosa en terras galegas: a dos artesáns especializados en oficios como a cantería, o afiado de coitelos e apeiros de labranzas ou a olaría. Estes artesáns proceden de determinadas poboacións rurais especialmente deprimidas, nas que a produción agrícola non abonda para satisfacer as necesidades de toda a comunidade, obrigando aos varóns maiores das casas a buscar fóra da aldea o sustento, ofrecendo os seus servizos especializados. Fidalgo Santamariña ten estudado esta tipoloxía de ambulantes, dos que destaca que chegan a desenvolver unha dupla identidade: a que os emparenta cos veciños da súa poboación de orixe (que coñecen como a chaira ) e a que os vencella con outros compañeiros de oficio fronte á clientela, cando se atopan en itinerancia (o que eles denominan a parroquia ) (Fidalgo, 1990, 120). Do mesmo xeito que os afiadores ou os canteiros, os animadores profisionais constituían un grupo diferenciado, marcado polas vestimentas de cores alegres ou o uso de pseudónimos extraños (como Brüle Maison, o coñecido cantante do s.XVIII en Lille, ou o Barriga Verde galego). En moitos casos, tamén eles procedían de rexións pouco fértiles onde moitos mozos se vían obrigados a emigrar, como a Savoia ou a Basilicata, no sur de Italia (Burke, 1979, 99). 1.3.3.3. A distinción polo oficio O desempeño dun oficio diferenciado constitúe o terceiro trazo distintivo das comunidades peripatéticas con respecto daquilo que as distintas disposicións lexislativas teñen definido como “vagabundos”. Mesmo algúns tipos de pobres de pedir poderían entrar nesta categoría: aqueles que acoden ciclicamente a determinados acontecementos colectivos a mendigar, exercendo unha función dentro da comunidade rural que interrompe o seu devir cotián no momento da festa e precisa amosar a súa solidariedade cos desafortunados. Os esmoleiros, nese senso, constitúen un elemento clave nas romarías tradicionais galegas (Gondar, 1995, 107). Os oficios dos comediantes eran diversos dentro do campo xeral das artes do espectáculo. Dominaban técnicas distintas mais adoitaba existir unha certa expecialización nunha disciplina na que se posuía un maior talento. A súa proliferación na Europa Moderna tivo que ver, segundo Burke, coa expansión do clericalismo como única fonte de cultura lexítima durante a Era Carolínxea. Os mimos foron expulsados das cortes xermanas nas que floreceran durante alto Medievo, o que os levou a engrosar as filas dos ministreis ambulantes multifacetados: The most str ikin g char acte rist ic of the minstrel is his ver sati li ty. The place of the cultur ed, highly spe cialize d heroic ballad poet i s now taken by the Jack of all tr ades, who is no long er m erely a poet and sing er, b ut a lso a musi ci an and dancer , drama ti st and ac tor , clo wn and ac rob at , juggl er and !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 23 Com o se despren de das entrev istas realizadas no contexto d esta investiga ción a Alfon so e Juan Silv ent. ! 39 ! bear - leader, in a wo rd, the u niversal jester an d ma ître de plaisi r of t he age. Special izat ion, disti ncti on and solemn dignity are now fini shed w ith ; the court poet has becom e everybody’s fool and his social d egradation has such a revolutionary and shattering effect on himself that he never entirely recovers from the shock . Fro m now on he is o ne of th e dé classés, in the same class as tramps and prostitutes, runawa y clerics and sent - down students, charlatans a nd beggars. He has b een called the ‘jou rnalist of the age’, but he really go es in for entertainment of ever y kind: the dancing song as well as the satirical song, the fairy story as w ell as the mim e, the legend of saints as well a s the hero ic epic … ( Hau ser, 19 99, 79 ) 24 . Herdeiros dos ministreis medievais, os entertainers da Idade Moderna reunían unha grande variedade de denominacións que facían referencia ás súas especiais destrezas: cantores de baladas, domadores de osos, bufóns, charlatáns, clowns , comediantes, espadachíns, fools , prestidixitadores, malabaristas, saltimbancos, mestres titiriteiros, curandeiros, equilibristas, sacamoas ou acróbatas. Todos eles puñan en escena un espectáculo moi variado (o que se desprende do termo inglés to play , que ao igual que en muitos outros idiomas significa xogar ademais de actuar) (Burke, 1979, 94). A principios do XIX os titereiros ainda mantiñan un vínculo con saltimbancos e domadores de animais (como no caso de Joseph Silvent, pai dos creadores de Barriga Verde), pero axiña a maioría deles pasarían a integrar as troupes dos circos, mentres que os marionetistas comezaron a tecer maiores lazos coas comunidades de base (McCormick e Pratasik, 2004, 24). 1.3.3.4. A endogamia como estratexia A cuarta característica diferencial das comunidades peripatéticas é a endogamia. Dito doutro xeito: a escolla profesional dos seus membros está condicionada pola pertenza a un grupo específico. No caso dos artistas ambulantes, no século XIX as compañías eran empresas familiares, condición necesaria para a súa viabilidade económica. A estrutura máis frecuente nas compañías de titiriteiros era o casal e os fillos, mais un ou dous axudantes. O propietario da compañía era un pequeno capitalista, dono do equipamento (barraca, bonecos, carromato) e capaz de contratar un número de persoas variábel. Cando o propietario ía vello deixáballe o negocio a outro membro da familia. As familias de marionetistas estaban interrelacionadas, o que facía posíbel que os fillos ou fillas dun bonecreiro fosen traballar como aprendices na troupe dun parente, antes de botar a andar o seu propio espectáculo ou de herdar o dos pais. O asistente ou axudante do que case todas as troupes dispuñan, normalmente varón, podía chegar a herdar o espectáculo tras casar coa filla dos proprietarios. O matrimonio entre bonecreiros ou titiriteiros en xeral era práctica estendida, o que aseguraba a continuidade da actividade e evitaba os conflitos entre vida nómade e sedentaria. Non era raro que a viúva do propietario continuase co espectáculo, ou que a filla o herdase (e buscase un marido para que lle axudase a !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 24 A c a r a c t e r í s t i c a m á i s r e c h a m a n t e d o m i n i s t r e l é a s ú a v e r s a t i l i d a d e . O luga r do p oeta cultiv ado e altamente especializado das baldas heroicas é agora ocup ado por un multifacetado artista, que xa non é só un poeta ou un cantor, mais tamén músico e bailarín, dramaturgo e actor, clown e acróbata, malabarista e domador de osos.. . Nunha palabra, o bufón uni versa l e mestre dos prac eres da época . A especial izac ión, dist inci ón e a sole mne dignidade acabáronse; o poeta cortesán deviu o tolo de todos e a súa degradación soci al ten un efecto tan revolucionario e demoledor nel m esmo que nunca se recupera enteiramente do shock. A partir dagora é un desclasado, da m esma clase que vagabundos e prostituta s, cregos fuxitivos e estudantes expulsados, charlatáns e esmoleiros. Ten sido chamado o ‘xornalista da época’, pero realmente gosta de calq uera tipo de entretemento: a cantiga bailada igual que a canción satírica, o conto de fadas o mesmo que o m imo, a lenda de santos igual que a épica heroica. (Trad. Propia) ! 40 ! administralo). A primeiros do s. XX empeza a ser frecuente que o bonecreiro casase con alguén de fóra dese mundo. (Mc Cormik e Pratasik, 2004, 29-32; Blanco e Robres, 2004, 41-42). A endogamia das comunidades peripatéticas non só responde a un criterio de rendibilidade económica. É tamén unha resposta ao rexeitamento por parte das comunidades sedentarias, que condenan estes grupos á marxinalidade. Esta actitude pode estar determinada pola orixe dos peripatéticos (con frecuencia estranxeiros ou de etnia distinta), ou pola actividade á que se consagran: “...la marginalité sociale peut être liée à la fois à l’origine présumée du groupe et à son identité actuelle, elle- même largement influencée par les activités profesionnelles de ses membres” (Rao, 1985,101) 25 . A desconfianza perante as artes dos titiriteiros podería remitir á Antigüedade, onde se asociaba este tipo de destrezas coa maxia. O que facían estes artistas xeraba tal impresión, que juggler (malabarista) chegou a ser sinónimo de mago. Tamén se cría que actores e actrices tiñan pactos co diaño, como grande mestre das ilusións que era (Burke, 1979, 94). Aparna Rao chama atención ademais sobre o estatus elevado no campo dos ritos e do sobrenatural de que adoitan gozar as comunidades peripatéticas. En moitos casos, os propios peripatéticos reforzaban esa especial consideración simbólica difundindo relatos míticos arredor da orixe do grupo, que os vinculaban a unha personaxe histórica ou lendaria. Os showmen da Idade Moderna adoitaban combinar as demostracións de malabares, marionetas ou animais adestrados coa venda de ungüentos ou menciñas ou a extracción de moas. “This combination of healer and entertainer is in fact and extremely old one. Healing was, and in some parts of the world still is, a social drama, a public performance involving elaborate rituals and sometimes music as well” (Burke, 1979, 94-95) 26 . Asi e todo, a reputación das comunidades peripatéticas en xeral e dos artistas itinerantes en particular non era boa. Por parte das institucións, ditábanse normas que trataban de limitar a súa entrada nas poboacións a non ser que contaran cunha licenza por parte das forzas vivas das localidades. En España, a denominación “cómicos de la legua”, anterior ao século XVII, procede da obriga de acampar a un mínimo desa distancia da poboación na que pretendían actuar, imposta aos titiriteiros na Idade Media (Blanco, 37). En Alemaña non se lles permitía formar parte das corporacións de artesáns, e eran moitas veces acusados de bruxaría. En moitos casos, foron equiparados cos mendigos e incluídos no mesmo saco que todo tipo de maleantes, como deixan constancia as famosas Va grancy Acts inglesas de 1572, que xuntaban “all fencers bear-wards common players in interludes and ministrels... all jugglers pedlars tinkers and petty chapmen 27 ”, e prohibíanlles “deambular” se non dispuñan dunha licenza de dous xuíces de paz (Burke, 1979, 99). Chegado o século XIX, esvaídas as connotacións máxicas ou a orixe étnica dos ambulantes, o estatus económico dos marionetistas constituía o seu verdadeiro estigma. A asociación de titereiros e pobreza, e pobreza e crime, levaba a moitos deles !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 25 A marxinalid ade socia l pode estar ligad a a un tempo á suposta orixe do grupo e á s ú a i d e n t i d a d e a c t u a l , e s t a grandemente influenci ada polas act ividades profesi onais do s s e us membro s . (T.P). 26 Esta combinació n de curandeiro e entertainer é de feito extrem adamente vella. Curar era, e nalgunhas partes do mundo aínd a é, un drama soci al, unha representación pública que envolvía rituais elaborados e ás veces tamén músic a. (T.P. ) 27 T odos os duelistas, amestradores de osos, actores comúns en entremeses e ministreis... todos os malabaristas, vendedores ambulantes, quincalleiros e charlatáns . (T. P. ) ! 41 ! a rexistrarse con eufemismos evitando aludir directamente á súa verdadeira profesión, ou nun oficio distinto se é que dispuñan del. Era o caso de moitos obreiros que complementaban os seus ingresos familiares facendo títeres, e que os abandonaban cando viñan tempos mellores. Escúsase dicir que esta circunstancia dificulta aínda máis a investigación sobre estes colectivos. Os titereiros a tempo completo convivían coa indixencia. Só unhas poucas troupes acadaron unha certa afluencia de público, pero aínda así, pasaban por estreiteces: a familia Pitou na Franza, os Lupi en Torino, os Camogalliani de Mantua, os Schichtl en Alemaña, os Holden en Gran Bretaña... (Mc Cormick e Pratasik, 2004, 22-23). A solidariedade entre os membros das comunidades de ambulantes qu e sa lienta Fidalgo Santamariña, “su conciencia de formar parte de unos grupos profesionales con una problemática y fines propios diferenciados de la sociedad externa dominante” (1990, 131), desaparece entre os comediantes en canto adquiren un determinado nivel de prosperidade. Deste xeito, era frecuente que os “empresarios” das compañías de maior suceso quixesen diferenciarse dos titiriteiros máis humildes, facendo fincapé na súa honestidade e moralidade. Temos o exemplo dunha das barracas obxecto de estudo no presente traballo, que no seu momento de maior popularidade acompañaba o nome do espectáculo do subtítulo “culto y moral”. Neste caso estaría operando a “identidade negativa” da que fala Fidalgo Santamariña, actitude inicialmente defensiva que leva ao membro da comunidade ambulante a verse a través dos ollos da súa clientela (a comunidade de base). Á larga, o titiriteiro acaba por asumir o modo no que o outro o ve, e interioriza os trazos negativos dese retrato. Esa identificación negativa amósase a través dunha actitude esaxeradamente submisa por parte do membro da comunidade peripatética cara a súa clientela e a ostentación dos avanzos sociais adquiridos cando está na súa comunidade de base ou “chaira” (Fidalgo, 1990, 130). Deste xeito, cando no século XX algúns artistas ambulantes acadan unha popularidade que os fai ver próximo o ascenso social, teiman en diferenciarse dos seus compañeiros de subcultura para afirmárense tal que “artistas” no senso hexemónico (ideal, seguindo a nomenclatura de Williams), do termo. A partir do século XIX a lingua empregada comezou a constituír un trazo diferenciador entre as categorías de marionetistas europeus. Os considerados de maior nivel autopercibíanse como difusores culturais alén de animadores ( entertainers ), e por tanto procuraban usar un rexistro culto do idioma oficial. En Francia, por exemplo, algúns marionetistas empregaban o francés cando actuaban nas cidades e o dialecto do país cando representaban -sempre pezas menores- nas vilas e aldeas (McCormick e Pratasik, 2004, 24). Era habitual que a lingua das representacións destes comediantes estivese inzada de termos vulgares e incorreccións derivadas da orixe foránea dos mesmos. En Galiza , José Silvent era coñecido en moitos lugares como “o portugués”, en clara al usión ao seu sotaque 28 . O termo forain , usado en Francia para nomear os artistas ambulantes fai referencia á orixe estranxeira de moitos deles. Howeve r, a disti nc ti on was oft en made betwee n ‘for ai ns’ , meani ng outsiders who belonged to a nomadic culture of showpeople, and puppeteers who, althought they might travel within a relat ively limited !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 28 C o m o n o a r t i g o d e Á l v a r o C u n q u e i r o s o b r e a s f e s t a s d e S a n L u c a s , e n El Faro de Vigo d e 1 7 d e O u t u b r o d e 1957. ! 42 ! circuit, were based in a parti cular area and were not pe rceived a s outsiders. (McC ormick e P ratasik, 2004, 24) 29 O asentamento dos comediantes durante longas tempadas nunha comunidade sedentaria tería axudado a paliar a proverbial desconfianza que os ambulantes espertaban entre os membros sedentarios das clases subalternas, tal e como, por exemplo, amosa a presenza no folclore popular galego de coplas e refráns que retratan aos ambulantes como persoas de pouco fiar. Fidalgo Santamariña suxire que as causas deste sentimento cara a estas comunidades era que eran vistas como “xente de fóra que non está sometida ós sistemas de normas, valores e pautas de comportamento esixibles ós demáis membros da comunidade.” (1997, 425). Unha vez que os ambulantes comezan a pasar máis tempo na súa localidade base, adoptan as norm as da comunidade, coa que acaban por identificarse durante eses períodos sedentarios. Desenvolven así unha dupla identidade, segundo se atopen na “chaira” ou na “parroquia” (Fidalgo, 1990, 130). Ao longo do século XIX, por tanto, un número importante de artistas ambulantes deciden limitar o seu radio de mobilidade, facilitando así unha maior vinculación cunha comunidade sedentaria, mais sen deixar de depender dunha itinerancia (aínda que nun circuito máis reducido) para a súa supervivencia económica. Esta pseudo- sedentarización, que os achega á ambulancia de orixe rural propia das rexións do interior galego, tería múltiples causas, como o aumento demográfico xeralizado no continente, ou a inestabilidade política dos estados europeos, que desaconsellaba a mobilidade entre fronteiras. Só aqueles artistas que chegaran a acadar unha sona destacada entre os públicos burgueses das cidades podían permitirse percorrer as capitais do continente utilizando para iso o ferrocarril, ou mesmo os transatlánticos naquelas ocasións nas que a súa fama cruzou o océano. A lingua das comunidades peripatéticas constitúe, alén dun trazo distintivo da súa subultura propia, unha estratexia de supervivencia fronte á histórica hostilidade das comunidades de base. É habitual que estes grupos, aínda que falen habitualmente a mesma lingua que a súa clientela, dispoñan dun código propio para comunicarse entre eles sen ser entendidos. Pode tratarse dun dialecto, como o gammon dos travellers irlandeses, ou dunha xiria, que empregan só cando se saben vixiados (Rao, 1985, 104). Xunto coa lingua, adoptan unha visión do mundo particular que é a que conforma a súa subcultura propia. Velaí que as infrapolíticas dos grupos subalternos, as súas tácticas para expresar de xeito velado o seu discurso oculto, constitúan unha subcultura propia para este colectivo. 1.3.4 Entre a simbiose e o parasitismo Apesar desta relación de subalternidade, a subcultura dos grupos peripatéticos mantén a súa filiación á cultura (popular) xeral. Esta pertenza afiánzase nunha relación de mutua dependencia que estabelece coa clientela, evolución que varía en función das condicións históricas e xeoeconómicas da comunidade de base. Aparna Rao (1985, 104-105) establece unha serie de roles fundamentais que desenvolven os peripatéticos dentro da cultura de base. En primeiro lugar, a ambulancia constitúe, ao tempo que condición económica para a subsistencia dos grupos peripatéticos, a única forma de acceso a determinados servizos e bens para os !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 29 P o r é n , n o r m a l m e n t e d i s t i n g u í a s e e n t r e o s ‘ f o r a i n s ’ , o q u e d e n o t a b a o u t s i d e r s p e r t e n c e n t e s a u n h a c u l t u r a nómada de artistas ambulante s, e marionetistas que, se ben viaxaban nu n circuito relativamente limitado, they tiñan a súa b ase nunha z ona concreta e non eran pe rcibidos coma fora steiros. (T. P. ) ! 43 ! habitantes de lugares afastados das vías de comunicación principal e dos centros económicos. As comunidades itinerantes contan ademais coa exclusividade no subministro de determinados servizos. Hai grupos especializados en dicir a boa ventura, outros son músicos, cociñeiros, astrólogos, ou mesmo provedores de servizos sexuais... Outros son especialistas na arte da escenificación de historias con actores ou con bonecos. Asemade, o rol dos peripatéticos pode non ser un servizo especializado, mais que conta coa particulariedade de ser executado nun contexto específico: Aparna Rao pon o exemplo das comunidades labregas onde a circulación de moeda é limitada, e nas que os peripatéticos exercen de subministradores de diñeiro líquido (a cambio de bens en especie). Nese senso, as feiras e festas populares eran un contexto propicio para o desempeño da actividade destes colectivos. Os grupos peripatéticos exercen, por outra parte, unha función que interesa especialmente aos obxectivos do presente traballo: a de ligar ou pór en contacto poboacións xeograficamente dispersas. Nas rexións isoladas, os itinerantes teñen sido os principais subministradores de informacións de utilidade social e encargados da transmisión de valores procedentes de contextos urbanos. Paradoxalemente, ao tempo que exercían esta función de transmisión de novas formas culturais, estes grupos contribuíron á conservación e perpetuación dos elementos da cultura tradicional. En contextos de cambio social acelerado como o que caracteriza o caso do presente estudo, as comunidades peripatéticas exercerían o rol que Rao denomina “da minoría desviante”: “un sous- groupe particulier qui, par son mode de vie différent de celui de la société globale, préserve des orientations et modèles traditionnels d’organisation” (Rao, 1985, 106) 30 . Tal tería sido o caso dos ciganos, que conservaron a mú sica maxiar durante o século XIX, que os labregos autóctonos tiñan ido progresivamente abandonando. Probablemente, esta dupla función de comunicación entre poboacións dispersas e de conservación de formas culturais residuais tamén tería sido exercida polas familias de titiriteiros que centran o presente traballo. En todo caso, o peso que os peripatéticos exercen dentro das comunidades sedentarias non é permanente nin inmutábel. As relacións móvense entre a simbiose e o parasitismo en función de distintas circunstancias, nomeadamente o grao de desenvolvemento das forzas produtivas na sociedade de base. Deste xeito, o proceso de urbanización e a conseguinte transformación social e cultural experimentado no continente europeo ao longo do século XX determinaría un esvaecemento do peso simbólico e económico que as comunidades peripatéticas tiñan, o que acelerou a súa parasitización e consecuentemente incrementou a súa marxinalidade. Sexa como for, a efectos deste traballo estudarase o papel o papel xogado polas subculturas peripatéticas na transmisión e reprodución da cultura popular, e que con frencuencia bebe do marxinal, do que o aparato simbólico dominante deu en considerar grotesco ou vulgar. !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 30 U n s u b g r u p o p a r t i c u l a r q u e , p o l o s e u m o d o d e v i d a d i f e r e n t e d o d a s o c i e d a d e g l o b a l , p r eserva orientacións e model os t radi cio nai s de organización. ( T. P. ) ! 49 ! risa y las f ormas có micas d e la fiesta po pular. La risa descubrió al mundo desde un nuevo punto de vista, en su faceta más alegre y lúcida. Sus privile gios exterior es están indisolubl emente asociados a sus fuerzas interiore s. Sus privile gios e xteriores son en cierto mo do e l recon ocimie nto exterior de sus fuerzas interiores. Por eso fue que la risa nunca pudo ser convertida en un instrumento de opresión o emb rutecimiento del pueblo. Nunca pudo ofici ali zarse, siemp re fue un arma de liberaci ón en las manos del pueblo (Bak htin, 20 03, 7 9) . A pesar diso, e como tamén recoñece, unha vez que a concepción do mundo carnavalesca é exaltada polos literatos do Renacemento e se separa do pobo no que se xerou, perde a súa potencialidade transgresora. O grotesco, separado da cultura cómica popular, acaba reducido, a partir do século XVII, a etretemento vacuo e pouco considerado respecto do cánon clásico que daquela devén símbolo de excelencia. Os ritos e espectáculos carnavalescos populares son obxecto dun progresivo proceso de depauperamento: Por una parte se produce una estati zació n de la vida fest iva, que pasa a ser una vida de gala; y p or la otra se introduce a la fiesta en lo coditidano, es decir que queda relegada a la v ida privada, doméstica y familiar. L os antigu os p rivilegios de las fie stas públicas se restringen cada vez más. La cosmovisión carnavales ca típica, con su universalismo, sus osadías, su carácter utópico y su ordenación al porvenir, comienza a transfo rmarse en simple hum or festivo. (...) El grotesc o de genera , al perder sus la zos reales con la cultura popular de la plaza pública y convertirse en una pura tradición literari a (Ba khtin, 2 003, 3 1) . Porén, ainda que fracasa (polo momento) como proxecto contrahexemónico, a concepción do mundo grotesco non esmorece completamente, e sobrevive nalgunhas expresións culturais, tales que a commedia dell’arte, e mantén o seu carácter intrinsicamente alternativo: ( ... ) ayu da a liberarse de ideas convencionales sobre el mundo, y de elementos banales y habituales ; perm ite mirar con nuevos ojos el Univ ers o, compr ende r has ta qué punto l o exi st ent e es rel at ivo y, en consecuencia permite com prender la posibilidad d e un orden distinto del mundo (Ba khtin, 2 003 , 31) . Ou nas palabras de Roberto Damatta, que analizou o carnaval brasileiro como ritual colectivo, “se o carnaval acaba por reforçar a ordem cotidiana, também coloca alternativas e sugere caminhos” (Damatta, 1997,150). Tamén Stallybrass e White (1986) desbotan, por estéril, o debate sobre o carácter “intrinsicamente” integrado ou opositor do carnaval, enquistado na esencialización da transgresión carnavalesca. O mesmo que Scott, lembran que, a pesar do seu carácter cíclico e aparentemente sen consecuencias para o estado de cousas, moitas revoltas teñen coincidido ao longo da historia coa celebración do carnaval 32 (Stallybrass e White, 1986, 14). Segundo estes autores, foi despois do Renacemento cando o carnavalesco (cada vez máis concentrado no contexto do carnaval propiamente dito, pero aínda presente noutras festas populares), comeza a ser combatido polas clases dominantes. É deste xeito que se desencadena a politización consciente da festividade popular, ao colocar !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 32 Dam atta coloca o ex emplo das revoltas xurd idas durante o carnaval de N iteroi en 195 9 (1997, 50 ). ! 50 ! ás clases subalternas diante da necesidade de garantir a pervivencia da súa forma de celebración propia. “The dialectic of antaganonism frequently turned rituals into resistance at the moment of intervention by the higher powers, even when no overt oppositional element had been present before.” (Stallybrass e White, 1986, 16) 33 . 2.1.3 O carnavalesco como categoría da transgresión . En calquera caso, o carnavalesco, noción estendida en ámbitos académicos tras a difusión do traballo de Bakhtin, só resulta interesante como categoría analítica se se incide no elemento da inversión simbólica ou transgresión dunha orde binaria e aparentemente inmutábel do mundo. O carnaval, nesta óptica, é un instrumento desmitificador de todo o que cheira a oficial e canónico. É unha actitude creativa de irreverencia, unha oposición radical aos ilexitimamente poderosos, ao taciturno e unilateral. A inversión simbólica é un dos componentes habituais da liminalidade, no sentido que Victor Turner lle deu a esta noción. Este autor partiu da caracterización que Van Gennep fixera dos ritos de paso nas sociedades tribais ou preindustriais e analizou o papel que este tipo de rituais desempeñan na xeración de símbolos culturais, así como o modo no que as formas liminais permanecerían activas no mundo do lecer das sociedades postindustriais. O rito de paso, segundo a clásica descrición de Van Gennep, está constituído por tres fases fundamentais, que se inician coa separación do ou dos individuos respeito do seu mundo cotián, colocados nun tempo e nun espazo sacros, “fóra do tempo”. Para isto, é operada ( performed ) a inversión simbólica de condutas, roles e relacións cotiás, de tal xeito que se incide na separación do(s) individuos respecto do seu status previo. Tras esta necesaria desvinculación do mundo secular, a seguinte fase é a de transición (limen ou marxe), unha área de ambigüidade, “a sort of social limbo which has few (...) of the attributes of either the preceding or subsequent profane social statuses or cultural statuses” (Turner, 1982, 24) 34 . Nesta fase, os participantes, tais que non-membros da comunidade, gozan dunha impunidade excepcional, fronte á normatividade do seu día a día. Nesta fase de pura potencia, de liberación creativa e afectiva, é onde poden producirse as innovacións simbólicas que desestabilizarían o sistema normativo estrutural. É o momento da antiestrutura, ou da protoestrutura, se se asum ime con Turner que aquí está o xerme das futuras construcións simbólicas. Nas sociedades estudadas por Van Gennep a antiestrutura quedaría reducida a un chiscar de subversión, enmudecida na seguinte fase, a de reagreación, en que se devolve aos suxeitos, a través de determinadas accións simbólicas, á estrutura social, respectando a orde cosmolóxica establecida, se ben cun novo estatus dentro da mesma. É na liminalidade onde se produce esta situación que Turner baptizou como communitas , momento suspendido de conxunción colectiva, instante de iluminación intersubxectiva, que existe máis en contraste ca en oposición activa á estrutura social, como unha maneira alternativa e máis liberada de ser social, unha forma tanto de estar desligado da estrutura social, como de que persoas marxinais entren en contacto entre si. É, de facto, na alianza dos excluídos, no elo máis baixo das estruturas, nas marxes dos sistemas, onde se xeran segundo Turner os mitos, os símbolos os ritos, as pezas de arte e os sistemas filosóficos. !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 33 F r e c u e n t e m e nt e , a d i a l é c t i c a d o a n t a g a n o n i s mo virou r i t u a i s e n r e s i s t e n c i a n o m om e n t o no q u e o s a l t o s p o d e re s interviron, m esmo can do anteriorm ente non es tivera presente ningún elem ent o abertamente oposicional. (T. P. ) 34 u n h a s o r t e d e l i m b o s o c i a l q u e t e n p o u c o s ( . . . ) d o s a t r i b u t o s d o s e s t a t u s s o c i a i s e c u lturais pre cedentes ou subsecuentes. (T.P. ) ! 51 ! These cultural for ms provi de men w ith a set of te mplat es, models, or paradigms which are, at one level, periodical reclass ificat ions of reality (or, at least, of social experience ) and man’s relation ship to society, nature, and culture. But they are more than (mer e cogni t ive ) classificati ons, since they incite men to action as well as thought ( T u r n e r , 1982, 52) 35 . Nas sociedades tribais ou preindustriais analizadas por Gennep eses novos símbolos xerados durante os momentos liminais, ese sistema latente de potenciais alternativas que é a antiestrutura de Turner, só será aplicado cando o sistema normativo o requira, en caso de crise ou cisma, no contexto do que Turner chamará un drama social. Nas sociedades complexas industrializadas xa non se pode falar d e liminalidade propiamente dita mais de xéneros liminoides , confinados ao espazo do lecer e producidos de xeito constante por individuos illados con vocación de difusión colectiva, ainda que confrontados ao mercado. Neste caso a potencia transformadora dos símbolos xerados é maior. Se nas sociedades tribais e agrarias o xerme de innovacións sociais futuras só se produce no limen, nas marxes, nos momentos de interacción entre distintos elementos da estrutura normativa; nas sociedades complexas o xerme de fenómenos como as revolucións ou insurreccións (o descontento, a anomia) abrolla no centro do sistema, no desenvolvemento holísitico dos procesos sociais. “Revolutions, whether violent or non-violent, may be the totalizing liminal phases for which the limina of tribal rites de passage were merely foreshadowings or premonitions.” (Turner, 1982, 45) 36 . Volvendo ao carnaval como residuo activo (no sentido presentado por Williams) dos rituais liminais, Stallybrass e White (1986) apostan polo uso do carnavalesco como categoría analítica, a un tempo utópica e contrahexemónica, aplicábel ao conxunto das organizacións sociais. Carnaval sería un instrumento desmitificador de todo o que na formación social veda o acceso da colectividade: xerarquía de clase, manipulación política, represión sexual, dogmatismo. Carnaval é unha actitude creativa de falta de respeto, unha oposición radical aos poderosos, ao taciturno e unilateral. Porén, alén de limitalo ao ámbito do popular festivo, estes autores apostan por consideralo tal que instancia de economía de transgresión xeralizada e de recodificación das relacións hierárquicas ao longo de toda a estrutura social. Propoñen aplicar as categorías do realismo grotesco ás dinámicas que gobernan os corpos, o fogar, a cidade, o estado... Non en balde, é no preciso momento no que un sistema dominante marca as súas fronteiras, no que se abre o terreo á súa posibilidade de transgresión. Do mesmo xeito, defenden, para descubrir o abano completo dos valores dunha sociedade é preciso mapear as súas transgresións, os seus desvíos. Sería o que James Scott denominaría unha subcultura disidente, unha forma de infrapolítica que non chega a constituír unha contraideoloxía porque se ve forzada a permanecer nas marxes, na ambigüidade e no disimulo. Para Victor Turner é nas transgresións, no limen, na infrapolítica, onde subxace o xerme das innovacións futuras. Mais para que iso ocorra, para que as sociedades tomen conciencia de si propias, do que son e do que poden chegar a ser, precisan botar man do drama. !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 35 Es as fo r ma s c u lt u ra i s p r op or c io na n ao s s e re s hu ma no s un co nx u nt o d e mo ld es , mo de l os ou p ar a di gm as q ue so n , nun nivel, reclasificaci óns periódicas da realidade (ou, ao menos, da experiencia social) e da relación do ser humano coa sociedade, natureza e cultura. Pero son máis que clasificacións (meramente cognitivas), dado que incitan aos s eres human os á acción o m esmo que ao pensamento. (T.P. ) 36 A s r e v o l u c i ó n s , t a n t o v i o l e n t a s c o m o n o n - violentas, poden ser as fa ses liminais totalizadoras das que os limina dos rituais de paso tribai s eran meros pres axios ou premonicións. (T. P.) ! 52 ! 2.2. O RIXES E ESENCIA POLÍ TICA DO FEITO TEATRA L O feito de constituír o obxecto de estudo do presente traballo un espectáculo teatral obriga a considerar os distintos conceptos teóricos que permitirán sustentar as hipóteses formuladas. Na liña que se ten ido trazando até o dagora, colocarase o foco sobre aqueles aspectos do feito teatral que permiten situalo como forma cultural popular e que permiten xustificar o argumento da súa vocación ou potencia transformadora ou oposicional. Deste xeito, comezarase por describir distintas liñas teóricas que, provenientes da antropoloxía e das artes da representación, teñen analizado o rol que as formas de representación (denominadas co anglicismo performance ) nas distintas sociedades humanas ao longo da historia e antes dela. Desde quen emprega o esquema do drama como esquema básico de resolución de conflitos nos grupos humanos, a outros autores que establecen un amplo abano de funcionalidades que as formas d e representación, nunha maior ou menor medida segundo o peso da eficacia ou da estética, teñen xogado e xogan na vida das comunidades. As formas emparentadas coa escena, aquelas nas que se establece unha diferenciación entre o público e os actuantes, teñen sido obxecto de máis extensa reflexión teórica desde a Antigüidade Clásica. Analizarase o papel xogado pola traxedia na consolidación da democracia ateniense, e como o aparello conceptual desenvolvido por Aristóteles para describir o efecto desta forma e scénica nos cidadáns constitúe unha primeira achega á conceptualización do teatro como forma política. Xa no século XIX, e cunha vocación distinta da do filósofo clásico, xurdirán outros autores que tratarán de constituír un teatro como ferramenta ao servizo da transformación da realidade, na que se tentará de envolver ao público como axente necesario desas mudanzas. Porén, a pesar dos avanzos na abolición das barreiras establecidas entre o palco e o público, estas tentativas seguen a constituír proxectos de tipo vertical dirixidos a un pobo ao que se considera como outro ao que cumpre educar. Só a achega de Augusto Boal, coa súa proposta dun sistema teatral que abole a distinción entre actores e espectadores, faría verdadeiramente efectiva unha arte escénica como campo de intervención na realidade das persoas oprimidas. Alén das propostas que aspiran a devolver ás artes da escena o seu carácter horizontal, tratarase de definir o que se entenderá neste traballo por teatro popular. Percorreranse os distintos usos do termo, nado no contexto da Revolución francesa coa vocación de constituír un instrumento de cohesión da cidadanía que debía conformar a nova Nación. O termo foi posteriormente empregado en Francia por quen promovía unha educación popular e, nesa liña, constituía un proxecto de democratización da alta cultura. Fronte a esta concepción vertical e sustentada nunha concepción ideal da cultura, neste traballo defenderase a idea dun teatro popular como aquel creado polo propio pobo, polos grupos subalternos de calquera organización social dada. Como tal, reúne unha serie de características definitorias que, en calquera caso, pasan pola necesaria afinidade co público popular, do que este tipo de teatro depende para sobrevivir e cuxos intereses necesariamente defende. 2.2.1. Drama e resolución de conflitos A idea de que a representación (tanto na súa forma ritual como estética, teatral), contribúe á transformación das persoas e dos grupos sociais foi levada ao seu extremo por Victor Turner. O antropólogo escocés erixe a performance en modelo básico de ! 53 ! todas as relacións sociais. Para iso, desenvolve unha ferramenta analítica, a do drama social, que lle permite estudar as relacións entre os distintos individiuos, a forma na que estes toman conciencia de si propios e xeran novos símbolos que configuran a súa cosmovisión. Cun esquema calcado do aristotélico, o social drama está atravesado polo conflito e consta de catro fases claras: a ruptura ( breach ) a crise xerada por esa quebra na conduta dalgúns dos membros do grupo, a acción pública de desagravio fronte a aquela ( redress ) e por último, como desenlace ( outcome ) da anterior fase, ben a reintegración á situación de estabilidade previa ou, pola contra, o recoñecemento do cisma dentro do grupo, o que supón unha mudanza na organización do mesmo. Turner defende a universalidade do drama social como proceso presente no devir de todas as formacións sociais ao longo da Historia. Na fase redressive ou de desagravio os grupos multiplican a súa reflexividade, tratan de escrutar, retratar, comprender e logo actu ar respecto da crise que ameaza a súa integridade colectiva. Esta é unha fase liminal, na que se produce unha separación, un illamento respecto do mundo cotián. No transcurso da mesma constrúense interpretacións que tratan de dar senso aos acontecementos conducentes á crise. E desta fase proceden as formas teatrais tal e como as coñecemos desde o período clásico. O drama social sería a matriz experiencial na que se xeraron todos os xéneros culturais. As roturas, crises e as reintegracións ou divisións consecuentes proporcionaron o contido deses xéneros posteriores; mais os procedimentos redressive forneceron a forma primeiro de rituais e despois do drama escénico, do teatro tal e como o coñecemos hoxe (Turner, 1982). Richard Schechner ilustrou graficamente a relación de continua retro- alimentación entre o drama social e o drama escénico, nunha figura en forma de símbolo do infinito onde o drama social aberto e xeralizado a toda a comunidade nutre implicitamente de contido a actuación que se fai manifesta enriba das táboas. À súa vez, “the stage drama, when it is meant to do more than entertain (...) is a metacommentary, explicit or implicit, witting or un witting, on the major social dramas of its social content” (Schechner e Appel, 1989, 16) 37 ; isto é, sobre os principais dramas sociais que se están a producir no contexto da representación escénica (guerras, revolucións, escándalos, mudanzas institucionais...). Ás veces esa relación prodúcese de xeito diacrónico: o drama escénico alimenta dramas sociais ulteriores e deste xeito propicia as mudanzas sociais. O modelo de Turner resulta interesante para os obxectivos do presente traballo pois mostra que as artes escénicas, alén de contribuír á reflexividade dos grupos sociais, poden propiciar tamén a súa axencia; a formulación de novas visións do mundo procede destas expresións liminoides, herdeiras da liminalidade ritual, nas que, como se vía, unha moxena de creatividade e desorde pode chegar a constituír o fermento de mudanzas ulteriores na realidade. 2.2.2 Teorías sobre a orixe ritual do teatro Falar de dramatizacións colectivas remite á cuestión, non pouco problemática, da orixe do teatro ou, máis xenericamente, das artes da representación. É problemática porque, como tamén ocorría no caso da cultura popular, a consideración de determinadas formas colectivas de representación como “arte”, é ben máis recente do que a existencia do feito teatral en si, considerado por algúns autores feito fundacional da humanidade. !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 37 O d r a m a e s c é n i c o , c a n d o a s p i r a a a l g o m á i s q u e e n t r e t e r ( . . . ) é u n m e t a c o m e n t a r i o , e x p l í c i t o o u i m p l í c i t o , premeditado ou invol untario, sobre os principais d ramas socia is do seu con tido social. (Tra d. propia) ! 54 ! Se ben a reflexión arredor da esencia do feito teatral remóntase ao período clásico, non foi até a década de 1960 cando se agrupan todas as disquisicións teóricas arredor da representación (toda actividade humana que leva aparellada un desdobramento do eu, segundo Schechner), baixo o selo dos chamados Performance Studies . Los estudi os del performan ce, al igua l que el etnodrama y la etnoescenología, surgen cuando los conceptos de “teatro” y “dram a” se vuelven insuficiente s para abarcar la com plejidad de circunstanc ias representac ionales e n los escenarios y esp acios p úblicos del m undo. El colapso de las fronteras entre disciplinas, así como entre vida y arte, es lo que obliga a busc ar nuevas herramientas t eóricas (Prieto , 2005 , 52) . Esta corrente multidisciplinar, impulsada por Richard Schechner a partir do seu contacto coas ideas de Victor Turner a finais da década de 1970, defende unha visión ampla das actividades “performativas” do ser humano, que abarcarían tanto rituais como artes escénicas e as dinámicas de comportamento do individuo en sociedade. Respecto das teorías da antropoloxía clásica, segundo as cales o teatro tería a súa orixe nos rituais prehistóricos, os autores dos Performance Studies rexeitan unha concepción evolucionista da historia cultural, considerando que tanto o elemento ritual coma o estético poderían ter convivido ao longo da Historia, e que nin o un nin o outro poden ser ubicados arriba ou abaixo nunha escala de clasificación estética (Schechner, 2002, 72). Aínda que a súa obra é anterior ao nacemento da escola, André Schaeffner defende postulados semellantes ao dos estudos das performance . Segundo o antropólogo francés, o teatro bebe do ritual e á inversa; o ritual incorpora formas de posta en escena do mesmo xeito que o teatro afunde a súa razón de ser na vocación comunitaria e de identificación que constitúen a motivación primeira do acto ritual. Partindo, coma Turner, das teorías de Van Gennep sobre os ritos de paso, Shaeffner salienta a corresponencia entre o proscenio dos teatros burgueses e o espazo restrito aos novicios durante a fase liminal deses ritos, onde operan claves espazo-temporais distintas ás do resto da comunidade (Schaeffner, 1981, 28). Que o ritual está na orixe do feito teatral é unha premisa asumida pola maioría dos teóricos. Onde abrollan as disensións é na natureza da relación que ritual e teatro manteñen ou terían mantido. Toda vez que o modelo evolutivo, altamente xerarquizante, do darwinismo cultural é rexeitado, fica aínda unha variedade de hipóteses diferentes. As opcións abarcarían desde quen defenden que as artes escénicas constitúen, aínda hoxe, unha expresión ritual propiamente dita; até quen, no outro extremo, argumentan que o teatro establece cos espectadores unha comunicación individualizada onde o aspecto comunitario, esencial no feito ritual, tería desaparecido por completo. Richard Schechner defende unha posición intermedia, de complementariedade entre ambas as dúas formas de actividade performántica. O profesor e dramaturgo estadounidense chama performance , termo de difícil tradución ao galego, a “ritualized behaviour conditioned/permeated by play” (Schechner, 2002, 45) 38 . O termo inglés play incorpora ambas as dúas acepcións: a lúdica -o xogo- e a escénica. Ritu als are memor ie s in ac ti on, enc ode d int o ac ti ons . Ri tu als als o help people (and animals) deal with difficult transitions, am bivalent relationships, hierarchies, and desires that troub le, exce ed, or violate the !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 38 Un com portame nto ritualizado condicionad o/permead o pola interpre tación/xogo . (Trad. propia ) ! 55 ! norms of daily life. Play gives people a chance to temporally experience the tabu, the e xcessiv e, a nd the risky . (...) R itual and pla y both lead p eople into a ‘secon d reality’, sep arate from ordinary life. This reality is one wher e people can bec ome selv es other than their daily sel ve s. When they temp orarily become or enact another , people perform act ions di ferent form what the y do ordina rl y. Thus, ri tu al and pla y tr ans for m peop le , ei t her permanently or temporari ly (Shech ner, 2 002, 4 5) 39 . Segundo esta argumentación, a representación (sexa ou non ritual, considérese “arte” ou non) permitiría a transformación da realidade social dos seus participantes. Non só do punto de vista individual (como nos rites de passage estudados por Van Gennep) mais tamén colectivo. “Cultures are most fully expressed in and made conscious of themselves in their ritual and theatrical performances.” (Schechner e Appel, 1989, 1) 40 . Na mesma liña, Augusto Boal salienta o potencial gnoseolóxico da representación. Para o brasileiro, o teatro nace no momento no que o ser humano descobre que pode observarse a si mesmo e, desa maneira, comeza a idear outros posíbeis comportamentos distintos (o que Schechner chamou restored behaviour ). Ollándose, o ser humano comprende o que é, o que non é, e o que pode devir. Diferénciase así dos outros animais, porque é o único quen de se ollar nun espello imaxinario, o que Boal chama espazo estético. Pode ser espectador de si propio sen deixar de ser actor. (Boal, 2004, 25-26). O espazo estético ten a capacidade de estimular o coñecemento, liberando a memoria (sensacións e ideias previamente experimentadas) e a imaxinación (a memoria transformada polo desexo). Todo isto a través dos sentidos e das emocións; non só da razón (Ibídem). A aprendizaxe e a transformación son só algunhas das virtualidades da representación para os seres humanos. Schechner distingue sete funcións básicas da performance , cuxa presenza varía segundo o tipo de representación e as circunstancias históricas: entreter, crear beleza, reforzar ou modificar o sentimento de identidade, afortalar a comunidade, curar, ensinar ou persuadir, e tratar co sacro ou o diabólico (Schechner, 2002, 38). Horacio, na súa Ars Poética , defende que o teatro debe de entreter e educar, algo no que viría coincidir Bertold Brecht. O dramaturgo alemán abre o seu Pequeno Organum afirmando que “l’affaire du théâtre, comme d’ailleurs de tous les arts, est de divertir les gens” (Brecht, 1994, 13) 41 se ben, como se verá, o entretemento pode acompañar e facilitar outros roles superiores, nomeadamente unha toma de conciencia crítica sobre a realidade que posibilite a súa transformación. Mais é unha asunción común nas teorías teatrais desde Aristóteles que a esencia do teatro é a de proporcionar pracer a aqueles que o presencian. Insistindo na irrelevancia de crear fronteiras entre as formas de representación rituais e as escénicas, Schechner propón a figura dun continuum no que se irían ubicando as distintas formas de representación humanas, segundo o rol que desempeñan no seo da comunidade. Nun dos extremos coloca a idea de e ficacia (entendida como o maior grao de adaptación a uns resultados perseguidos); e no outro !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 39 Os r i t u a i s s on m e m or ia s e n a c c i ó n , c o di fi ca d a s c o m o a c c i ó n s . O s r it u ai s t a mé n a x u da n á xente (e aos animais) a lidiar con transició ns difíciles, relación s amb ivalentes, x erarquías e desexo s que turban, ex ceden o u violan as normas da vida diaria. A ctuar dálle á xente a posibilidade de experimentar temporalmente o tabú, o excesivo e o arri scado. (...) Tanto o ritual como a interpretación conducen á xente a unha “segunda realidade”, separada da vida cotiá. Esta realidade é unha ond e as persoas poden outras distintas dos seus egos cotiás. Cando deveñen o u interpretan temporalm ente a outro, as persoas interpretan accións distintas das qu e fan ordinariamente. A sí, o ritual e a actuación transforma n ás persoas, ben de xeito perm anente ou temporal. (Trad . propia) 40 A s c u l t u r a s e x p r é s a n s e m á i s a m p l a m e n t e e t o m a n c o n c i e n c i a d e l a s p r o p i a s n a s s ú a s representacións rituais e teatrais. (T.p) 41 A tarefa do teatro, com o por outra p arte a de todas as artes, é diver tir ás persoas. (T rad.propia) ! 56 ! o entretemento, que ten o único, mais non desprezábel, obxecto de proporcionar pracer. Schechner non entende eficacia e entretemento como dous elementos dicotómicos, senón complementarios, que conviven en maior ou menor grao en toda representación, do tipo que sexa. Porén, admite que as formas de performance ritual inciden máis no aspecto utilitario, mentres que na performance estética (o que viría constituír o teatro) o entretemento tería un maior peso. Segundo o seu esquema, no extremo do continuum onde ten preminencia o criterio da eficacia estaría o ritual, forma de representación que prima a obtención de resultados, o vínculo co transcendente, onde se xera unha situación atemporal onde os actuantes adoitan estar en transo (sen consciencia de si propios), onde o virtuosismo das formas non é prioritario e todas as condutas están pautadas por un guión marcado pola tradición. O público destas representacións participa activamente das mesmas, e faino dun xeito entregado, cre no que está a representar, evitando calquera posición crítica. O ritual é unha expresión de creatividade colectiva. Neste último punto, Schechner viría a defender unha visión romántica no d ebate sobre a autoría colectiva das culturas populares: Ritu als , games and the performa nces of everyday lif e are auth ored by the c ollective ‘Anon ymou s’ of the ‘T radition’. Individua ls giv en cre dit for inventin g rituals o r gam es usually turn ou t to be sy nthesiz ers, recombiners, compilers, or edi to rs of already prac ticed actions (S chec hner, 2 002, 2 8) 42 . De facto, a autoría sería un dos elementos básicos para a diferenciación entre o ritual e as artes escénicas, situadas no extremo oposto do continuum eficacia/entretemento. O seu obxecto principal sería a diversión, a situación xerada funciona no presente inmediato (o aquí e agora), e no mesmo tempo histórico da representación. O actor é plenamente consciente de si e afánase por elevar a súa interpretación ao maior grao posíbel de virtuosismo. As condutas que comporta esta representación seguen guións sempre novidosos, aínda que sen deixar de lado un certo grao de convención (tradición). Clasifi cación das formas de performance seg undo Schechner (200 2) . !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 42 R i t u a i s , x og o s e as r e p re s e n t a c ió n s d o c ot i á n t eñ e n c om o a ut o r o “ A n ó ni m o ” co l e c ti v o d a “ T r a di c i ó n” . A q ue l e s individuos aos qu e se acred ita para in ventar rituais ou xog os adoitan seren sin tetizadores, recombinad ores, compiladores ou edi tores de acció ns xa practica das (trad. pro pia) . ! 57 ! O público das representacións de tipo artístico é pasivo, pois a posición que se lle reserva é a de observador, mais é animado a asumir ese rol de forma crítica, espérase del que avalíe o que ve. A creatividade individual é exaltada nesta forma extrem a e ideal de representación (Schechner, 2002, 71). Schechner insiste en que ningún dos dous extremos se dá na realidade, nin a clasificación resposta a un esquema diacrónico. “The fact is that at any given point in time, in every part of the world and in every culture, people were and are using performances for a variety of purposes, including entertainment, ritual, community building, and socializing.” (Ibídem, 72) 43 . O paso da performance ritual á estética, do que Turner chamaría liminal ao liminoide, prodúcese con maior intensidade cando a comunidade comeza a fragmentarse en consumidores ocasionais. Isto é, cando opera o cambio cultural que dará acta de nacemento á Sociedade de Masas. Na mesma liña argumental, o sociólogo francés Jean Duvignaud considera que as formas performáticas rituais non poden ser consideradas espectáculos cando se fundamentan na participación dun grupo, e “elles sont devenues des spectacles quand elles ont été données à voir (c’est ce que dit le mot grec de teatron ), quand elles s e délocalisent” (Duvignaud e Khaznadar, 10) 44 . Semellaría, pois, que o que diferencia o teatro do rito sería, fundamentalmente, a posición adoptada polo espectador, unha pasividade que levou a Rousseau a denigrar o teatro (para quen a festa e os espectáculos populares si constituirían unha forma válida de entretemento humano). André Schaeffner trata de imaxinar o percurso que levaría á comunidade a se fragmentar para orixinar o feito teatral: “Le “plaisir” ou “l’énervement d’être ensemble” feraient de tous un choeur et de quelques uns des personnages dramatiques”. (Shaeffner, 1981, 46) 45 . Tal foi o caso do ditirambo, espectáculo ritual celebrado no s.VII a. C. durante as festas dionisíacas, e que é habitualmente considerado como o precursor directo da traxedia. Nel, o coro, sen máscara, narraba episodios da vida de Dionisio ou doutros deuses. Non se diferenciaba entre o espectador e o actor. Pénsase que Tespis, que dirixía un coro no século VI a. C., tería inventado o drama, ao diferenciar o papel dun personaxe principal do do resto do coro. Deste xeito, o contador de historias adopta a voz doutra persoa e tenta imitar o seu xesto, provocando o riso dos presentes. De feito, Shaeffner sustenta que a comedia sería anterior á traxedia. Mais a transgresión que significou a emancipación do personaxe foi neutralizada polo poder cando restrinxiu a libre improvisación, ficando o personaxe constrinxido por un papel censurado previamente. O diálogo do protagonista co coro pasa simbolizar o diálogo do pobo coa aristocracia. E foi así como, en palabras de Augusto Boal, o teatro aristocratízase. Precisamente o papel pasivo do espectador é un dos elementos centrais na crítica do brasileiro ao teatro tradicional. Boal, como xa se viu, sitúa no feito teatral o nacemento da Humanidade. Nas primeiras expresións teatrais (Schechner denominaríaas performances rituais), actor e espectador eran a mesma persoa, como ocorría no coro ditirámbico primordial. Nun momento posterior, algúns individuos esp ecialízanse como actores, mais iso, defende Boal, non quita que o resto dos seres humanos conserven a súa capacidade creativa. Boal considera que as formas teatrais !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 43 O f e i t o é q u e e n c a l q u e r a p u n t o n o t e m p o , e n c a l q u e r a p ar t e do mu n d o e n c a l qu e ra cultura, as pers oas usaron e usan as representacións para unha variedade de fins, incluíndo entret emento, ritual, construc ión de comunidade e socialización. (T. P. ) 44 D e v i r o n e s p e c t á c u lo s can do foron dadas a ver (que é o que di a palabra grega teatron ), c ando se deslocalizan. (t.p.) 45 O “ p r a c e r ” o u “ o e n e r v a m e n t o d e e s t a r x u n t o s ” f a r í a n d e t o d o s u n c o r o e d e a l g ú n s p e r s o n a x e s d r a m á t i c o s . (Trad. propia) ! 58 ! dominantes (as controladas polo poder), deviron un ritual inmobilista, no que a relación que se produce entre a escena e o patio é de ósmose, de invasión de ideas e de valores. O público pasivo é confrontado a imaxes nas que non ten opción de intervir. A ósmose leva aparellada unha relación desigual, de suxeito a obxecto. Porén, asume Boal, ninguén é un obxecto absoluto. Toda persoa oprimida é unha subversiva sometida. Velaí que o seu método teatral aspire a desenmascarala e liberala dese somentimento (Boal, 2004, p. 63). Fronte á posición de Boal, S chaeffner considera que o espectador continúa a xogar un papel determinante no feito teatral, mesmo despois da aparición do personaxe. “En réalité c’est lui, par ni pour qui la musique n’est faite, qui la compose. Nous révenons ici du theatron: bien que les spectateurs soient étrangers à l’action, c’ est par rapport à eux qu’elle s’organise.” (Schaeffner, 1981, 47) 46 . Tamén Kelleher atribúe ao público teatral unha potencia que Boal non contempla: The poli tica l is not somet hing that can be expla ined or cri tiq ued simply through the play’s political m essa ges or the production’s formal structures. It also depends [...) upon the unpredictability of the audienc e’s response to what goes o n in the theatre: w hat a re they able to m ake for them selves out o f w hat the the atre g i v e s t h e m t o t h i n k a n d f e e l ( K e l l e h e r , 2009, 21 - 22) 47 . Segundo o autor británico, a propia natureza do teatro como representación, “the fact that it is always representing, always standing for something” (Kelleher, 2009, 122) 48 , obriga á espectadora a manter unha actitude activa perante a mensaxe que recibe: “we suspect that there is another meaning involved, that these representations are standing in for some other thing. In this situation it is often we –as readers or spectators- who contribute this other meaning.” (Ibídem, 62-63) 49 . Malia entenderen de forma distinta a relación comunicativa que no proceso teatral se establece, todos estes autores atribúen a esta expresion cultural un potencial transformador, unha dimensión esencialmente política. Outra cousa é a maneira na que esta sexa utilizada por uns e outros no cadro da relación de forzas que en todo grupo humano opera. 2.2.3 A catarse: entre a cura e a coerción. O que Schechener denominaría performance e s t é t i c a incluiría tanto as expresións xeradas polas clases dominantes como polas populares. Mais, se ben as primeiras teñen sido obxecto dunha intensa teorización desde o momento en que xorden como forma estética “pura” (sen máis fin que o pracer estético que proporcionan), a historiografía e a reflexión teórica encol do valor comunicativo do teatro popular son extremadamente escasas. É frecuente, asimesmo, atopar traballos teóricos pretendidamente críticos coa dominación que, ao tempo que propugnan a necesidade dun teatro político transformador, exclúen deste grupo as formas de teatro creada s !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 46 En r e al i da de é el , pa ra q ue n n i n p or q ue n e s tá f ei t a a mú si c a, q ue n a co mp ó n. Aq uí v ol ve mo s do thea tron : m alia os espectadores seren alleos á acción, el a organízase con respecto a el es. (Trad. propia) 47 O p o l í t i c o n o n é a l g o q ue p o d e s e r e x p l i c a d o o u c r it i ca d o s i mp l e m e nt e a t r a v é s d a s m e n s a x e s p o l í t i c a s d a p e z a ou das estrutur as formais da produción. Tamén depende (...) da impredicibilidade da resposta do público a aquilo que ocorre no teatro: o que son quen de percibir por si mesmos daquilo que o teatro lles dá para pensar e sentir. (Trad. propia) 48 O feito d e que semp re está represe ntando, sem pr e simbolizando algo. (Trad. propia) 49 S o s p e i t a m o s q u e h a i o u t r o s i g n i f i c a d o e n v o l v i d o , q u e e s a s r e p r e s e n t a c i ó n s s i m b o l i z a n o u t r a c o u s a . N e s a situación somo s normalm ente nós – como lectoras ou espectadoras - q u e n c o n t r i b u í m o s n e s e o u t r o s i g n i f i c a d o . (Trad. propia) ! 65 ! Primeir o se destrói a barrei ra entre ator es e espectadores : todos devem representar, todos devem protagonizar as necessária s transfo rmaçõ es d a so ciedad e. (...) Depo is, d estrói - se a barreira en tre os protagonist as e o C oro: todos devem ser, ao mesm o tempo, co ro e protagonist as (...). Assim tem que ser a “Poética do Oprimido”: a conquista dos meios de produção t eatral (Boal, 2 005, 1 2 - 13) . O conxunto de prácticas escénicas proposto por Boal baséase nun rexeitamento da poética aristotélica, do mesmo xeito que fixera Brecht. Fronte á relación vicaria que constitúe a empatía (as emocións penétrannos) propia do teatro tradicional, defende unha relación simpática (nós guiamos), pola cal a oprimida cria (activamente) as imaxes das súas opresións. Se no teatro de base aristotélica as emocións alleas nos invadían por ósmose, neste novo teatro somos nós, como espectadoras, quen proxectamos as nosas propias emocións na escena. O que Boal denomina metaxe (a pertenza simultánea a dous mundos), constituiría a reacción gnoseolóxica que se pretende xerar no teatro do oprimido. Consistiría na creación por parte do individuo das imaxes da súa propia realidade oprimida ( Boal, 2004, 64-65). A espectadora crea a imaxe da súa opresión, como transubstanciación artística da súa realidade. Frente ao dirixismo convencional, onde a espectadora é conducida pola trama, no teatro do oprimido é a espectadora a encargada de mover a escena. O postulado básico do teatro do oprimido consiste niso: é a propia oprimida (e non unha actriz ou actor no seu nome) a que leva a cabo unha acción (realizada na ficción teatral) que lle dá a capacidade de autoactivarse para realizar esa mesma acción na vida real ( Boal, 2002, 68). Fronte ao baleiramento das emocións da espectadora durante o espectáculo que provoca a catarse, aquí trátase de empoderala para que actue sobre a súa realidade. [Boal] liquidó la práctica artística e ideológ ica de la interpretac ión burguesas y del sujeto de la interpretaci ón (el actor) para esta blecer las bases de una práctica vital y liberadora con un sólo sujeto de la interpre ación (el s er hum ano en situación ) (V icente, 2 013, 1 6) . A proposta de Boal constitúe ademáis un rexeitamento á mediación, “en una época justamente en que las mediaciones (desde la televisión hasta la burocracia estatal) resultan las veraderas productoras de la realidad” ( Vicente, 2013, 349). Por iso non se interesa polos elementos que arrodean o dispositivo escénico (iluminación, escenografía, vestiarios...). Ao erixir as subalternas en suxeitos do Teatro do Oprimido, a mediación teatral perde sentido. Non se dá voz a quen non a ten falando del, o teatro é a linguaxe mesma da que se deben dotar os oprimidos ( Boal, 2002, 275). Este novo método teatral acaba co teatro como aparello de dominación, de produción de sentido nas mans do poder. O teatro do oprimido dinamiza a componente subversiva inherente a todo suxeito sometido. Nese sentido, alén de supor a eliminación da división do traballo imperante até o momento na escena, o Teatro do Oprimido representa un retorno a formas parateatrais. 2.2.6. Teatro popular como infrapolítica Como se expuxo nas liñas anteriores, o teatro ten sido considerado unha ferramenta extraordinariamente poderosa para a comunicación dos grupos humanos e, como tal medio de comunicación, un instrumento político que, ! 66 ! segundo as intencións de quen o manexe, pode ter aplicacións coercitivas ou ben transformadoras. Daí que os autores que enarboran a bandeira dun teatro político con fins transformadores se esforzaran en teorizar a maneira na que o dispositivo consolidado durante séculos polas clases hexemónicas puidera porse ao servizo das masas populares, posto que, a arte verdadeira, en palabras de Brecht, “se empobrece con las masas y se enriquece con las masas.” (2004, 311). Porén, a meirande parte destes autores manteñen unha relación ambigua coas expresións teatrais emanadas do pobo, o que, en coerencia coa liña argumental que se pretende manter no presente traballo, denominaremos “teatro popular”. O propio Bertolt Brecht, malia á súa formación universitaria e libresca, sentíase moi cómodo entre os fumes do cabaret de Karl Valentin, e foi nesta experiencia na que se basearía para desenvolver a súa teoría do teatro épico, completada máis adiante nos anos da Berliner Ensemble. Os espectáculos políticos desenvolvidos por Utpal Dutt na India, a San Francisco Mime Troup e ou Darío Fo e Branca Rame beben das tradicións populares dos seus países. O seu interese polas formas de teatro popular podería estar motivado polo seu poder de convocatoria, que facilitaría a difusión das ideas (Schechter, 2003). Tamén en contextos pre- ou postrevolucionarios, como foi a Rusia bolchevique, buscouse nas formas de teatro popular unha ferramenta para a difusión dos principios da Revolución. Porén, en todos estes casos, igual que nos modelos de teatro políticos expostos anteriormente, a relación comunicativa entablada a partir do medio teatral está pexada pola verticalidade. Non deixa de ser un teatro feito para o pobo, con innegábeis boas intencións, mais sen contar coa iniciativa deste. En efecto, o propio termo de “teatro popular” xorde c on esa connotación paternalista. Forma parte da concepción do mundo xurdida a partir da Revolución francesa, que tivo no pensamento ilustrado o seu fromento. Denis Diderot ou Jean Jacques Rousseau foron ardorosos defensores das formas festivas e teatrais populares, e un discípulo do segundo, Luis-Sébastien Mercier, propuxo en 1778 un teatro do pobo que moldease a moral e as condutas dos cidadáns. Na estela da Revolución, o teatro para o pobo concibíase como un teatro “nacional”, que establecese un repertorio para toda a poboación e a través do que “se construye una soberanía constituyente, el paso de una comunidad humana con ciertas características culturales comunes, a las que se dota de un sentido ét ico -político, a un Estado” ( Vicente, 2013, 48). Mais foi Romain Rolland quen acuñou o termo e marcou as pautas desta concepción do teatro “para toda a poboación” no seu Le théâtre du peuple (1903). Para Rolland, o teatro que se dirixe ao público popular debe de proporcionar solaz e enerxía ás xentes humildes, fatigadas polas súas tarefas cotiás, e ao mesmo tempo, constituír unha luz para a intelixencia do operario, axudarlle a ver as cousas con claridade (Vicente, 2013, 48). En ningún momento se contempla a participación efectiva do pobo en ningunha das fases creativas deste teatro. A noción de “educación popular”, xurdida durante a III República francesa e aínda hoxe vixente, bebe amplamente desta idea do teatro popular. Estaba impulsada pola reivindicación dunha escola laica, libre e gratuíta (acadada finalmente en 1881), considerada o único e eficaz camiño para acabar coas desigualdades: L’ins truc tion publique, le brassage des class es, riches et pauvres ensembles, tous assis au même banc, égaux devant la connaissance j usque - là ré servée aux élites ; l’ accès aux savoirs, à la culture savante, suffira, pour les uns à supprimer les différe nces sociales héréditaires et les conflit s ! 67 ! de classes, ou pour les autres au contrair e, facili tera la conscience, l’engag emen t, la lutte collectiv e et co nduira à l’ém a ncipation de la classe ouvrière (Rasse, 2 004,1 0) 53 . O actor e director Firmin Gémier trataría de levar as ideas de Rolland á práctica co seu Théâtre national ambulant , co que percorreu Francia a partir de 1911 para levar fóra de París os espectáculos que se estaban a representar na capital. O propio Gémier sería, en 1920, o primeiro director do Teatro Nacional Popular francés, unha institución que a partir de 1951 viviría a súa etapa máis emblemática baixo a dirección de Jean Vilar, segundo Rasse, a derradeira das grandes figuras da educación popular. En efecto, aquel movemento xenuínamente francés que promungaba a universalización do saber (do saber xerado desde a Academia, enténdese), atopou na resistencia e na segunda Posguerra Mundial un amplo caldo de cultivo en numerosas organizacións obreiras e asociacións “de educación popular”, das que Jean Vilar se serviría para extender o público obxectivo do seu teatro, con sede no Pallais de Chaillot, en pleno centro de París. De facto, un dos maiores achádegos atribuídos a Vilar é a posta en marcha de toda unha serie de medidas para tratar de eliminar as barreiras que, segundo el, estaban na orixe da distancia entre o teatro “culto” e o pobo. Deste xeito, desenvolveu unha política de abaratamento das entradas, adaptou os horarios aos dos traballadores, creou unha extensa rede de acordos con entidades asociativas de todo tipo, xerou unha serie de fórmulas de difusión innovadoras, e mesmo desprazou as representacións ás aforas de París, para evitarlles aos obreiros os desprazamentos. No plano formal, eliminou o pano de boca que separaban o palco dos espectadores e tratou de rachar coas convencións do teatro burgués e fomentar que público e actores entabl as en unha relación de tipo festivo que debera marcar a vivencia teatral. Porén, se ben as cifras de asistencia acadadas non son desdeñábeis, durante todo o período de Vilar (1951-1962) 54 , o público está maiormente composto de empregados urbanos do sector terciario. Vil ar défe nd un th éât re pop ula ir e, au sens où l’e nte n d l’idéologie progressis te de l’époque . Il veut seulement “démocratise r” les pratiques culturelles jusque - là réserv ées à une mino rité, en élargis sant la base sociale de son pub lic à de nouvelles couches d e la population. Il n’est pas question de modifier l es contenus, mais seulemen t d’instruire le peuple pour l’amener à découvrir et à apprécier la culture cultivée considér ée inconte stablem ent co mm e la s eule vr aie, belle , unive rselle et su blime , susceptible de transcender la diversité so ciale, historique, gé opolit ique de l’hum anité. E t si le grand public n e se d éplace pas, c e n’es t pas parce qu e cette culture n’est pas la sienne, ni parce qu’elle se constitue depuis la nuit des temps en s’opposa nt au peuple, c’est seulement parce qu’il manque !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 53 A instr ución pública, a mestura das clases, ricas e pobres xuntas, todas sentadas no mesmo banco, iguais diante o coñecemento até entón reservado ás elites; o acceso aos saberes, á alta cultura, abondará, segundo uns para suprimir as diferencias sociais heredita rias e os con flitos de clase, ou pola c ontra, seg undo outros, fa cilitará a consciencia, o compromiso, a loita colectiva e conducirá á emancipación da clase obreira. (Trad. Propia) 54 Jean V ilar chegou a acadar un grande público cando m ontou os grandes clási cos (M olière, Corneille, Shakespeare, Brecht...) que o TNP repón regularmente. Entre 1951 e 1963, D on Juan será representado 233 veces e xuntará 371.399 entradas, “O Cid” con 195 representacións terá 276.807 entradas e “O avaro” 216807 entradas para 157 representacións. Pero ese público non o segue cando se afasta dos camiños trillados e trata de impor opcións máis audaces. As tentativas de representa r no TNP pezas de autores contemporáneos sóldanse co fracaso. (Rasse, 2004, 16) ! 68 ! d’éducation, de moy ens finan ci ers , de t emps , de bonnes ha bi tud es . (Rass e 2004, 12) 55 . Xustamente esta concepción elitista da cultura, indefectiblemente acompañada do miserabilismo que nega a existencia dunha cultura popular autónoma, teria sido albo de críticas de autores como Jean Paul Sartre e explica que esta tradición francesa do teatro popular non sexa contemplada no concepto de teatro popular empregado neste traballo. Tampouco o será, malia o seu interese teórico, a postura de Bertolt Br echt respecto ao mesmo asunto. No contexto da chamada polémica sobre o Expresionismo que o alemán mantivo, se ben diacronicamente, con Luckaks, Brecht (1984) expón a que, segundo el, debe ser a posición dos intelectuais e das artes dentro da loita de clases: “Contra la barbarie creciente, sólo hay un aliado: el pueblo, que tanto sufre bajo ella. Sólo de él puede esperarse algo. Por tanto es lógico dirigirse al pueblo y, más necesario que nunca, hablar su lenguaje” ( Brecht, 1984, 235). A súa é, por tanto, unha concepción vertical da arte popular, a arte para a masa proletaria que “durante tanto tiempo fue el objeto de la política y tiene que ser el sujeto de la política” (Ibídem, 236). Así que, se ben parte dunha vontade combativa e transformadora “do popular”, a súa idea da arte (e por ende, do teatro), non deixa de compartir ese pouso elitista que se lle achacou a Jean Vilar: Popular si g ni f ic a: a qu el l o q ue , de un mod o i n te l ig i bl e p ar a la s mas a s, toma sus form as de expre sión y la s enr iquece/to ma su pun to de vista, lo afianza y lo corrige/sostiene la parte m ás progresiva del pueblo a fin de que ésta pueda t omar la di recci ón, de f orma tambié n comprensi ble par a las otras part es del pueblo/ enlazando con la tr adición, la continúa/ transmite a la pa rte del pueblo que aspira a la dir ección las con quist as de la parte ahora dirigente. (Brecht, 19 84, 2 37) . Así pois, Brecht, malia a sentirse parte dese pobo ao servizo do que pretende facer o seu teatro, parte da base de que as expresións provenientes das clases subalternas precisan ser “enriquecidas” e “corrixidas”. Porén, tamén entende, con Gramsci, que existe unha parte do pobo “progresiva”, unha avangarda dentro do pobo que será a que cinga as rédeas dunha acción transformadora. En coherencia, defende a necesidade e a importancia dun teatro amador, feito por xentes do campo e das fábricas: El arte teatral es por así decir el arte más humano, más común de todas las arte s, el q ue es tá m ás exte ndido, es de cir, el que n o sólo se practica en el escenario sino también en la vida. El arte teatr al de un pueblo, o de una época, ha de ser enjuiciado como un todo, como un organismo vivo, que no está sano si no está sano en todos sus miembros (Brecht, 200 4, 308). !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 55 Vilar defende un te atro po pular, no se nso no que o ent ende a ideoloxía progresista da época. Quere só “democratizar” as prácticas culturais até daquela reservadas a unha m inoría, ampliando a base social do seu público a novas capas da poboación. Non é cuestión de modificar os contidos, mais só de instruír ao pobo para levalo a d escubrir e apreciar a a lta cultura co nsiderada incontestablem ente com o a únic a verdadeir a, bela, univ ersal e sublime, susceptible de transcender a diversidade social, histórica, xeopo lítica da humanidade. E se o grande público non se desplaza, non é porque esta cult ura non é a súa, nin porque se constitúe desde a noit e dos tempos en oposición ao pobo, é só porque ll e falta e ducación, medios fi nanceiros, tempo, bos hábitos. (Trad. propi a) ! 69 ! Nese senso, a postura de Brecht alíñase coa concepción gramsciana da cultura popular e a súa aposta por un bloco histórico, unha alianza revolucionaria das clases operaria, campesiña e intelectual para acadar a hexemonía. Pero probabelmente o teatro popular, tal e como se vai entender o termo ao longo destas páxinas, tería máis que ver con aquilo que o antropólogo marxista Ernesto de Martino, coincidindo coa visión gramsciana das culturas subalternas veu denominar en 1951 “folclore progresivo”. Esta categoría consistiría nunha “propuesta consciente del pueblo contra la propia condición socialmente subalterna, o que comenta y expresa, en términos culturales, las luchas por emanciparse” (Feixas e de Martino, 2008, 106). O folklore progresivo estaría composto por aqueles elementos da cultura popular que comparten e transmiten o “discurso oculto” de que falaba Scott. Oporíase, pois a aqueles elementos arcaicos ou reaccionarios, tamén presentes, como lembraban Gramsci ou Williams, dentro desta cultura fragmentaria: La vida cult ural tradi cion al de las masas populare s ¿es sólo atras o, superstición, o c ontiene también elementos válidos y acep tables actualmente, sobretodo en la e s f e r a d e l a s m a n i f e s t a c i o n e s a r t í s t i c a s o literarias? ¿E s el folclor e solo ces ión y en vilecim iento de p roduc tos elaborados por la alta cultura, o bien la mism a readaptación popular de estos productos pon e de manifiesto un elemen to activo, una capacidad r eelaboradora rica en significado humano? Junto al proceso descendiente, que va de la alta cultura al pueblo, ¿no se da también un proceso contrario, ascendente? Y finalmente: más allá de la vida p opular tradicional, del folclore en sentido estricto, ¿ no ex iste tam bién u na v ida cu ltural d e esta s masa s que romp e de forma más o menos deci did a con las trad ic ion es y que resuena como voz del presente, como reflejo de las nuevas condiciones en curso? ( Feixas e de Martino, 2008, 157) . Nesta mesma liña e claramente na do concepto de infrapolítica de Scott, o teatro popular, tal e como se entenderá neste traballo, pode exercer -e polo xeral faino- un rol de comunicación subversiva, se ben disimulada ou camuflada en casos de grave risco punitivo: “When government repression and illiterarcy made free political discourse and dissent difficult, popular theatre provided a means to organize public responses, and create a temporary conmmunity of shared interest.” (Schechter, 2003, 219) 56 . Ademáis do compoñente subversivo ou transgresor, esta noción de teatro popular aséntase nunha serie de características diferenciais. Joel Sch echter establece as principais: In g eneral, p opular theatre pe rformaces we re and still are pub licly supported, h ighly visu al and physical, portable, orally transmitted, readily understood, not flatter ing to wealth and tyranny; and for these reasons , as well as for low (... ) admissi on cost, th ey hav e been w idely appreciated (Schech ter, 2003, 4) 57 . !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 56 C a n d o a r e p r e s i ó n g obernamental e o analfabetismo fixeron difícil o discurso político libre e o disenso, o teatro popular proporcionou un medio para organizar as respostas públicas, e crear unha comunidade temporal de interese com partido. (trad . propia) 57 E n x e r a l , a s r e p r e sentacións de teatro popular fo ron e son aínda apoiadas pu blicamente, altam ente v isuais e físicas, portátiles, transmitidas oralmente, de comprensión inmediata, non condescendentes á riqueza e á tiranía; e por esas razóns, así como polo bai xo (...) prezo d e admisión, teñen sido amplamente aprezadas. (trad. propia) ! 70 ! En primeiro lugar, a transmisión oral dun teatro cuxo repertorio repousa no pobo e que carece de textos escritos (os artistas son, polo xeral, analfabetos). Esta circunstancia tamén fai que os repertorios se reactualicen constantemente, nunca se fixen nin se conxelen, nin deveñan tradición selectiva mentres a expresión está viva. Do mesmo xeito, a transmisión dos repertorios e das técnicas de interpretación efectúase de xeración en xeración, e xeralmente con especial celo, a fin de que estes saberes resten exclusivos dos membros da familia ou da troupe . É un teatro sen pretensións de tipo artístico ou intelectual, tal e como a cultura dominante ten definido estas categorías, e vive á marxe de preceptos e de canons, o que, segundo Sch echter, posibilitou que se desenvolvese en liberdade. Esa falta de docilidade faino merecente da consideración negativa e do desprezo da alta cultura. Alén diso, a autoridade considera este tipo de teatro ilexítimo, pois non o pode controlar. O público é un elemento fundamental deste tipo de teatro, pois del depende para a súa supervivencia económica (carece de subsidios e de mecenas, e polo tanto vive das entradas ou das recompensas depositadas ao final da actuación no sombreiro do artista). Esta dependencia económica tamén explica que os artistas populares exerzan de portavoces do pobo que os sustenta, cuxo favor precisan asegurarse. Por último, trátase dun teatro que non ten sentido sen o público en vivo, e polo tanto non é asimilábel ás técnicas de reprodutibilidade mecánicas da que falaba Benjamin, e que aniquilarían esa “aura” xerada no aquí e no agora do momento da representación: Incluso en la más perfecta d e la s rep rod ucciones una cosa queda fuera: el aqu í y aho ra de la obra de a rte, su existencia ú nica en e l lugar donde se encuentra […] El concepto de la autentici dad del original está constituido por su aq uí y ahora; sobre éstos descansa a su vez la idea de una tradición que habría conducido a ese objeto como idént ico a sí mismo hasta el día de hoy” ( Benjamin , 2008, 4 2). Como se pode imaxinar, o teatro popular existe antes de que se acuñase o termo no contexto da Francia pre-revolucionaria. Arnold Hauser, quen estabelece o nacemento de toda arte que poida considerarse popular na orixe dos conflitos de clase (“art as opposed to the tastes and wishes of the upper class” 58 , Hauser, 1999, 21), considera o mimo a primeira forma de teatro popular, é dicir, a primeira forma de representación desvinculada de calquera fucionalidade ritual que a convirtiría nun acto “oficial” para a comunidade que o practicase. Moito máis antigo que a traxedia, a orixe do mimo remóntase, segundo Hauser, á Prehistoria, vinculado a formas de tipo ritual propiciatorias da caza e de culto aos mortos ( Ibídem, 40). O británico George Speaight aventura unha hipótese sobre o proceso que daría pé a esta evolución. ” As the centuries passed, the improvisations of a Bacchanalian orgy grew to a pattern, and a religious ritual became increasingly dramatic. The drama was born. (...) but side by side with this Comedy, Farce and Mime where shaped by the universal delight in mimicry and buffoonery, and by the sixt century before Christ the existence of a popular drama can be discerned” (Speaight, 1955, 12) 59 . Así pois, xa na Antigüidade clásica, e a resultas dunha longa evolución, o mimo grego reuniría as características daquilo que se considerará teatro popular a efectos !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 58 Arte op osta aos gusto s e desexos da clase supe rior. (T.p) 59 Co paso dos sécul os, as improvisaci óns dunha orxía bacanal constit uíron un padrón, e o ritual reli xioso deviu cada vez máis dram ático . Nacera o drama (...) mais a carón desta come dia, a fa rsa e m imo fo ron mo ldeadas p olo gosto universal pola mímica e a bufonada, e arredor do século VI antes de Cristo pode discernirse a existencia dun teatro popu lar. (t. p. ) ! 71 ! deste traballo, e que nada ten que ver coa traxedia, esta si unha forma de teatro oficial, malia dirixirse a un público masivo. O mimo, salienta Hauser, non recibe ningún tipo de subsidio por parte do poder (da democracia, neste caso), e polo tanto está libre da obriga de transmitir calquera consigna oficial. Os temas do mimo grego, representados en cadros breves e fragmentarios de corte naturalista, reflicten a vida cotiá e os tipos do pobo, fronte aos temas e os caracteres elevados que protagonizan os textos tráxicos. Os mimos procedían “from the people, shared their taste and drew upon their common sense. They wanted neither to e ducate nor to instruct, but to entertain their audience” 60 , afirma Hauser (1999, 40), lembrando a premisa brechtiana. Segundo o historiador marxista o mimo é a primeira forma de arte (non só teatral) creada para e por o pobo. Hauser láiase de que, como ocorre coa maioría das producións da cultura popular, as creacións do mimo antigo non teñan chegado até nós, dado que “this unpretentious, naturalistic, popular theatre was the product of a much longer and more continuous development, and had to its credit a much richer and more varied output than the official classical theatre.” (Ibídem, 40) 61 . Unha eiva que afectará ao teatro popular nos séculos sucesivos e que traballos como o presente tratan de paliar. 2.3 O TEATRO DE TÍTERES CO MO EXPRE SIÓ N ANTIAUT ORITARI A DA CULTURA POPULAR The puppet theat re has not always been a children’ s theat re, but it has always been the theatr e of the people . (Speaig ht, 195 5, 11) 62 . Co fin de aproximar a panorámica trazada ao obxecto concreto de estudo, o presente apartado constituirá un percorrido polo devir do teatro de marionetas que combinará os datos históricos coas interpretacións teóricas sobre a funcionalidade comunicativa e social que esta forma cultural desempeñou. Comezarase por salientar o carácter eminentemente popular deste tipo de teatro, xustificado pola comparecencia dos trazos que se estableceron anteriormente como definitorios do teatro popular. Esta característica explica que as marionetas fosen especialmente proclives á transmisión do discurso oculto das subalternas, tal e como se xustificará no resto do capítulo, a partir de exemplos históricos que ilustran esa propensión do teatro de títeres a exercer a crítica ao poder de maneira máis ou menos aberta. Da mesma maneira que co resto de formas de representación, a orixe do teatro de marionetas está emparentada co ritual e coa relación do ser humano co ignoto. O teatro de títeres é produto das distintas actitudes humanas fronte aos misterios da natureza, se ben a efectos deste traballo interesa resaltar aquela que trata de dominar o sacro e representar o mundo humano, non para imitalo senón como vía para explicar a realidade. A historia do teatro de marionetas ilustra a tensión entre as formas aristocrátic as e rituais e as profanas, tal e como se verá no percurso tracexado. Durante o Renacemento, en Europa, o teatro de marionetas é acollido maioritariamente polo !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 60 …do pobo , comp ar tí an o seu g usto e botaban man do seu senso común. Non querían nin educar nin instruír, senón entreter o seu público. (T.P) 61 Este teatro popular, sen p retensi óns, naturalis ta, era o produt o dun desenv olvemento moito máis longo e continuado, e tiña para o seu crédito unha produción máis rica e vari ada que o teatro ofici al clásico. (T.P) 62 O teatro d e marioneta s non sem pre foi un teatro para crianzas , pero semp re foi o teatro d o pobo. (T. P ) ! 72 ! pobo e afianza o seu potencial subversivo. É nese momento que un arquetipo se estende polo vello continente e é adoptado polos distintos pobos, que o adaptan ás súas especificidades lingüísticas e culturais. O personaxe de Pulcinella e a súa estirpe, cargado de irreverencia e espírito carnavalesco, constitúe o exemplo da marioneta popular. No século XIX pervive pero debe adaptarse ás novas circunstancias políticas e sociais, xerando novos personaxes que representan as inquedanzas das clases subalternas das novas cidades industriais, ou dos pobos en loita pola súa emancipación nacional. As transformacións socioeconómicas desencadeadas ao longo do século XIX provocaron unha serie de mudanzas nas dinámicas de produción dos bonecreiros populares, nomeadamente a súa estratificación segundo o público, que tradicionalmente estivera indiferenciado. Os titiriteiros que continuaron a representar para os grupos subalternos viron incrementarse o seu grao de marxinalidade e empeorar as condicións de representación. Manterían as características propias das comunidades peripatéticas, contribuíndo á preservación da tradición de títeres populares, se ben tenderon progresivamente á sedentarización. Finalmente, concluirase que o teatro popular de marionetas, se ben non foi obxecto da persecución cruenta que padeceron os actores e actrices de carne e óso, tamén tivo que lidar coa represión en distintos momentos da historia. Porén, a súa posición de subalternidade dentro das artes escénicas permitiulle esquivar máis facilmente o poder. Do mesmo xeito, o recurso a formas de resistencia simbólica, propias desta tradición teatral, facilitaríalle a expresión do discurso oculto das subalternas sen espertar a desconfianza da cultura dominante, incapaz de acceder aos siginificados camuflados baixo a ambigüidade e o anonimato. 2.3.1 Unha arte xenuinamente popular El teat ro de t í t e r e s e s u n a r t e s u m a m e n t e p o p u l a r . E l p u e b l o l o sostuvo cuando decay ó en estimación de los reyes y los g randes; el pu eblo le dió la v italidad que le recon ocen mu chos escrito res del siglo XX , notablemente Ramón M aría del Valle - Inclán y Federic o G arcía L orca. (Varey, 19 57, 246) . O teatro de marionetas sobrancea, entre as diversas expresións do teatro popular, como a que permaneceu máis apegada ás clases subalternas durante toda a súa historia. Ben que ten habido momentos nos que a cultura dominante, atraída pola popularidade do teatro de obxectos, tentou apropiarse del, é ao abeiro do pobo cando atopa a súa maior expresividade e se desenvolve coa imprescindíbel liberdade creativa. Alain Recoing estabelece as características que fan do teatro de formas animadas unha arte dramática autenticamente popular (moitas delas coincidentes coas establecidas máis arriba para o teatro popular en xeral). Segundo o marionetista francés, a primeira desas características é a orixe popular dos bonecreiros, que expresan unha mensaxe no contexto dun discurso partillado cos membros da súa mesma clase, e moi frecuentemente xogando coas claves do discurso oculto, oposto á cultura dominante. Un discurso que se transmite de xeito oral, nun repertorio composto de textos abertos á improvisación e ao contexto de representación (facéndoos así esquivos ao control). Os marionetistas populares desenvolven a súa actividade de xeito itinerante, accedendo aos lugares menos transitados, daí a portabilidade e a sinxeleza do dispositivo escénico no que se apoian (por iso son os bonecos de luva os máis proclives a permaneceren próximos aos públicos máis humildes e afastados). Chegan así a públicos só a duras penas influídos pola cultura ! 73 ! dominante, e contribúen á difusión e á cohesión dos hidden transcript e dos discursos subalternos en xeral. Isto xera, loxicamente, a desconfianza do poder, desconfianza que ten a súa forma visíbel en actitudes de desprezo e deslixitimación. Porén, a pesar do seu carácter subversivo, ou precisamente por infiltrarse este de xeito subtil e disimulado, o teatro de marionetas non é visto como unha ameaza e fica fóra (marxinado, tamén neste senso); libre dos ataques que sofreu o teatro de ator. Por último, vencellado con todo o anterior, o artista de extracción popular fai falar as marionetas ás que dá vida na súa propia lingua, pon na súa boca a lingua e as expresións do pobo do que é parte e ao que se dirixe, e que é a lingua vernácula e non a do poder (Recoing, 1981, 1470-1471). 2.3.2. Do rito ao espectáculo, en espiral. Para o teatro de marionetas ou de formas animadas en xeral pode trazarse unha xenealoxía semellante á estabelecida por Schechner para as formas de performance , se ben é importante salientar as características específicas que singularizan esta form a escénica respecto do teatro de actor. En efecto, o feito de interpor un obxecto entre o emisor e o receptor durante a actuación, particulariza de tal xeito o teatro de obxectos que inhabilita calquer paralelismo entre a evolución nas expresións teatrais nas que o corpo humano representa un personaxe, e aquelas na que un obxecto animado é o personaxe. É pois, unha diferenza de tipo ontolóxico a que separa ambas as dúas formas escénicas, como ben salienta Ana María Amaral (1991, 71). Nas orixes deste tipo de teatro está presente, de xeito moito máis acusado que no teatro de actor, o feito ritual. Desde a antropoloxía cultural tense analizado a función da marioneta como intermediaria entre o ser humano e o descoñecido. Maryse Badiou, apoiándose nas teorías de Mircea Elíade, considera que os títeres constitúen un dos mecanismos desenvolvidos polo ser humano para “assegurar-se el control de la seva vivència espàcio-temporal” (Badiou, 1988, 10) 63 . Para iso precisa domear as forzas do absoluto, do descoñecido, e así é que comeza a crear símbolos, elementos externos a el que intermedian nese proceso. Nun traballo xa clásico no pequeno círculo dos estudos sobre o teatro de formas animadas, estabelece tres diferentes estadios sin crónicos na relación do ser humano coas forzas do absoluto. Por unha banda, a reacción orixinal perante o misterioso, o que escapa ao seu controlo, é de medo ou rexeitamento. Por iso o ser humano desenvolveu distintas estratexias para interpor obxectos cargados de forza sacra entre el e o absoluto. Primeiro a póla da árbore e máis adiante o bastón do xamán, un elemento inerte é empregado por un ou varios individuos escollidos para interceder entre a divinidade e a comunidade. Este bastón ritual, nalgún caso decorado con fitas de papel branco, evolucionaría até adquirir unha pequena cabeza na súa parte superior, acadando unha forma fálica. Eis a marioneta máis elemental, a marota, formada tan só por un tronco e unha cabeza, que tería chegado a Europa, segundo Badiou, cos fluxos xerados polas Cruzadas. A medida que a divinidade devén antropomorfa as marotas van evolucionar cara a formas máis realistas e figurativas. As marionetas hieráticas, grandes estatuas accionadas por membros da clase sacerdotal, son documentadas por primeira vez no Antigo Exipto por Heródoto, no cadro dos ritos de veneración a Osiris, que coincidían coa chegada da primavera (momento onde se celebra o triunfo da vida sobre as tebras e tamén se veneraba a Baco). Dúas sacerdotisas paseaban figuras cun grande falo animado mediante cordeis, do mesmo tamaño que o resto do corpo. Esa !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 63 asegura r o control da s úa vivencia es pazo - te mporal (T .P) ! 74 ! desproporción contribuiría a intensificar a forza do símbolo (Magnin, 1862, 11; Badiou, 1988, 44). Á par da repulsión e o medo, o descoñecido tería provocado no ser humano unha forte atracción. Por iso, paralelamente á anterior tendencia, o individuo e as comunidades mobilízanse para penetrar o absoluto, para entrar en comunión co eterno. A marioneta proporciona un novo medio de aprehender o mundo, que... (...) jà no nece ssita un a ob jectivització del c os humà com succeïa amb el xaman: l a figura animada porta a terme aqu esta alquím ia. E l mari on et is ta no abando na el seu cos , ben al cont r ari , el pro lon ga en un objecte que absorbir à el caràcter sagr at de l’exist ència amb qu è és impl ica t el manipulador (Bad iou, 198 8, 23 ) 64 . O marionetista-sacerdote prolonga o seu corpo nun obxecto imbuído de carácter sacro, e pasa a ocupar un segundo plano (por iso na maioría das formas tradicionais de teatro de marionetas, o manipulador ten o corpo e o rosto ocultos). A comunidade, erixida en público, contribúe a dar vida ao personaxe animado, xerando un vínculo simbólico comunitario que se materializa no obxecto e que se aprecia especialmente en ritos de iniciación onde a marioneta, cargada de sobrenatural, encarna os ancestros. Estas formas de dramaturixa simbólica ou manifestacións animistas son as referidas por historiadores como Magnin ou Recoing como a orixe do teatro de marionetas (Magnin, 1862, 8; Recoing, 1981, 1466). Tamén Bruno Leone cre dar coa chave d a xenealoxía do personaxe de Pulcinella cando identifica o boneco popular como un trans , un mediador que conduce o rito de pasaxe que cada representación constitúe, durante a cal os espectadores confrontan e superan os seus medos esenciais (Leone, 2013, 2). Como terceira actitude posíbel, o ser humano vai loitar por sobreporse aos impulsos primarios de atracción e repulsión, e o absoluto e o descoñecido pasan a ser descifrabeis e, por consegunte, potencialmente controlábeis. Deste xeito, o individuo inicia, seguindo o esquema de Maryse Badiou, un proceso polo que aspira a substituír o sagrado. Nas fases primixenias deste camiño estarían as pinturas rupestres, seguidas polos oráculos e os profetas, pois o control da natureza e do destino constituirían o primeiro desafío do ser humano ao ignoto. Máis perto dos nosos días, a estatuaría móbil (autómatas) e as marionetas relixiosas, aínda que inicialmente vencelladas á función de intermediación coa divinidade, avanzan cara á progresiva secularización nos estertores da Idade Media, cando descubrimos, “al final d’aques segle XV, l’escepticisme d’una comunitat que voldria que la força suprema existís però que sembla que no hi cregui gaire.” (Badiou, 1988, 70) 65 . Prefigúrase así un teatro de marionetas e sombras profano, onde a representación da forza sacra é remprazada pola sátira do mundo humano. Segundo Amaral, esta evolución cara a formas seculares é máis habitual no teatro de títeres occidental, onde os bonecos animados son expresión do pobo, reflexo da busca do ser humano dentro de si propio e nas súas relacións (Amaral, 1991, 74). En contraste, o teatro de bonecos oriental tería conservado maioritariamente o papel orixinal de medium coa divinidade. !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 64 ... xa n on ne ces ita unh a obx ect ivi zac ión do c orpo huma no co mo oc orr ía c o xa mán: a fi gur a an imad a l eva a ter mo esta alquim ia. O marionetista no abandona o seu corpo, ao contrario, prolóngao nun obxecto que ab sorberá o carácter sacro da existencia co que est á implicado o manipulador. (T.p) 65 . . . a o f i n a l d o s é c u l o X V , o e s c e p t i c i s m o d u n h a c o m u n i d a d e q u e q u e r e r í a q u e a f o r z a s u p r e m a e x i s t i s e m a i s q u e semella que non cre demasiado nela. (T.p) ! 81 ! rest of these capering m ountebank s as th ey danced throu gh Renaissan ce Italy. (Speaight, 19 55,17) 75 . O marionetista e investigador inglés propón unha posición salomónica no debate de se Pulcinella foi antes máscara ou boneco. Asumindo que os títeres preservaron durante a Idade Media os tipos das atelanas, desaparecidas do occidente europeu tras as invasións bárbaras, os bonecos populares puideron ter constituído unha inspiración para a Commedia dell’Arte no século XV. Esta teoría viría cubrir o baleiro de case mil anos que mediaba entre as dúas formas de farsa pantomímica, e apoiaría a idea de que as marionetas, tal que forma dramática, contribuíron historicamente a preservar, máis que a renovar, formas culturais e repertorios dramáticos (Speaight, 1955, 39), unha funcionalidade que compartirían coa comunidades peripatéticas das que os seus portadores formaban parte. En calquera caso, o seguro é que foron os comediantes italianos os que, ben na súa forma de teatro de máscaras ou na de teatriños de marionetas, contribuiron á expansión europea do personaxe de Pulcinella. O seu suceso e alto grao de identificación popular nunha área xeográfica tan ampla e lingüisticamente diversa puido ter que ver, precisamente, co feito de que o personaxe respondese ás características dun arquetipo imperecedeiro, que sobrevivira en distintos contextos baixo formas físicas e denominacións diversas. E Pulcinella non fixo máis que substituír algúns trazos superficiais dun heroe universal e recoñecíbel polos portadores de calquera cultura subalterna. Desde que a troupe da compañía Gelosi arribara en Franza no 1571 para actuar perante Carlos IV, a Commedia dell’Arte acadou unha enorme popularidade nas cortes europeas. Mais acabaría por perder o favor da aristocracia, molesta pola acedume das súas sátiras, dirixidas en grande medida aos poderosos. Este proceso culmina en 1697, cando os comediantes italianos son expulsados de París. Mai s ficarían vivos nas feiras que viran nacer esa forma de farsa emparentada coas atellanas. Os comediantes italianos trouxeran con eles ás marionetas, e da fusión entre o carácter napolitano e a tradición francesa preexistente nacería unha nova marioneta. A primeira referencia ao híbrido franco-italiano dátaa Magnin en 1630, cando o sacamoas Brioché (provábel adaptación do italiano Briocci á fonética do país de acollida) comeza a animar nos baixos do Pont-Neuf un personaxe ao que baptiza como Polichinelle. O carácter irreverente do novo personaxe non tardou en darse a valer, e na boca do boneco axiña comezan a colocarse misivas subversivas, como foi o caso dunha popular “mazarinade” contraria ao cardenal e ministro de Luis XIV (Magnin, 1862, 151). As feiras de Saint Germain e de Saint Laurent “ont été le berceau et, à partir de 1697, la vraie patrie des marionnettes ” ( Ibidem, 163) 76 . Certamente, desde os teatriños instalados nestas feiras, cando menos desde 1646 (onde se autoriza explicitamente a marionetistas e equilibristas a actuar como complemento ás actividades de compravenda propiamente ditas), Polichinelle tiña emprendido unha loita aberta contra os privilexios dos actores franceses e italianos e os da Ópera (Recoing, 1981, 1474). A expulsión dos comediantes italianos significará, pois, unha vitoria para as marionetas populares, que inician así un monopolio da sátira ao poder até que os propios marionetistas, ao tratar de imitar as convencións e fórmulas do teatro realista, levan os teatriños de marionetas a unha decadencia da que o Polichinelle xa non se recuperará. O seu erro, segundo Maryse !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 75 e s t e l a b r e g o n a p o l i t a n o d e n a r i z g a n c h u d o é u n t i p o h u m a n o i n m o r t a l q u e n o n f o i i n v e n t a d o p o r n i n g u é n e n 1600, senón que estivera vivindo por quen sabe cantos m iles de anos antes de xuntarse co n S ca p in o. . . e o r es t o d os charlatáns falcatrueiros mentres bailaban pola I talia renacentista. (t .p.) 76 foron o berce e, a partir d e 1697, a ver dadeira patria d as marione tas. (t.p) ! 82 ! Badiou, foi o de tratar de reproducir a imaxe do ser humano, algo que non sería propio dos bonecos. “En canvi ho és sintetitzar la realitat i extreure la substància a ma gada tant dels éssers com de les coses” (Badiou, 1988, 82) 77 . Terá que aparecer o personaxe de Guignol tras a Revolución de 1789, para que o teatro de bonecos recobre a súa función de voceiro das arelas do pobo francés. Así e todo, “la descendance de Polichinelle a conquis l’Europe” (Recoing, 1474) 78 . A expansión do tipo por Europa tivo lugar, nos dous séculos seguintes, vía Franza en moitos casos. Foi o de Inglaterra, a onde chega no séquito de Carlos II ao seu regreso de Franza, onde permanecera exiliado durante os anos da Commonwealth puritana. O personaxe franco-italiano constituiu unha “transfusión de sangue novo” para as tradicionais marionetas isabelinas (Speaight, 1955, 91), de cuxa vitalidade até o século XVI deixara constancia Ben Jonson na súa p eza St Bartholomew’s Fair . Punch, produto da fusión, no século XVII, entre Polichinelle e o vice do teatro popular antecedente, adquirirá trazos de personalidade e físico particulares, constituíndo un personaxe “ultrarrevoltat que encarna les misères del poble, lluita fins al final de les consequënces.” (Badiou, 1988, 83) 79 . No caso da Península Ibérica, onde as circunstancias políticas propiciaban estreitas relacións entre a coroa española e o virreinato de Nápoles, sería a versión italiana do arquetipo a que exercería unha maior influencia. Se ben terían chegado á Península a mediados do século XVII, os “títeres italianos” non serían referenciados até 1749, cando se rexistra no libro de contas do Coliseo de Madrid unha actuación de títeres manexados con esta técnica novidosa. Porén, en España por aqueles anos triunfaban os espectáculos da chamada “máquina real”, que representaban con marionetas, durante a Coresma, as mesmas comedias que o resto do ano se levaban ao público en forma de teatro de actor ou “lexítimo”, polo que os bonecos de luva que traían os italianos non acadaron excesivo eco (Varey, 1957, 133). Do heroe napolitano non se atopan referencias explícitas até 1760, “cuando un representante anónimo presentó títeres de purchinela en el Corral de la Cruz, en Madrid.” (ibidem, 121). Adolfo Ayuso apóiase na fórmula italianizante coa que se nomea ao personaxe para sustentar a súa hipótese de que tería chegado directamente desde Italia, e non vía Francia, como algunha vez se ten suxerido. E desta mesma referencia induce que “se denomina a todos los personajes y a la forma teatral misma con el nombre de ese personaje. Algo similar ocurriría luego con Don Cristóbal y los cristobitas ” (Ayuso, 2013, 4). Certamente, nas diversas tradicións de títeres populares semella habitual que o nome do heroe acabe por denotar ao xénero en si mesmo, o que, como se verá máis adiante, tamén ocorreu no caso galego. É difícil datar o momento no que o heroe napolitano é adaptado á lingua e ás particularidades ibéricas. Ayuso conxectura que o nome de Cristóbal puido ter sido tomado dun marionetista especialmente dotado para o manexo deste títere. En todo caso, a primeira referencia ao personaxe baixo a denominación castelanizada data de 1770, na peza Las tertulias de Madrid , de Ramón de la Cruz (Ibídem, 5). A seguinte referencia coñecida a Don Cristóbal é cáustica: provén da pluma de Jovellanos, quen na súa Memoria para el arreglo de la policía de espectáculos y diversiones públicas (1790) arremete contra case toda a comedia antiga e os xéneros menores (entremeses, sainetes e tonadillas), alén de contra os títeres e outras diversións populares: !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 77 Si o é, en c ambio, sinte tizar a realidae e e xtraer a substa ncia agochad a tanto dos se res como d as cousas. (t.p .) 78 a descen dencia de Po lichinelle conq uitou Euro pa. (t.p.) 79 ultrarrevo ltado que enc arna as mise rias do pobo , loita até as últim as consecue ncia s. (t.p.) ! ! 83 ! ¿ de qué serviría que en el teatro se oigan sólo ejemplos y documentos de virtud y h o n e s t i d a d , s i e n t r e t a n t o , l e v a n t a n d o s u p ú l p i t o e n m e d i o d e una plaza, predica don Cristóbal de Polichinela su lúbrica doctrina a un pueblo entero, que, con la boca abie rta, oye sus indecentes groserías? Mas si pareciese duro p rivar al pueblo de e stos en tretenim ientos, que po r baratos y sencillos son peculiarmente suyos, púrguense a lo m enos de cuanto pueda dañarle y abat irle. (Amorós, 1999, 81). É obvio que o personaxe representaba toda unha ameaza para o paternalismo ilustrado, ansioso por estender os valores da urbanidade e o racionalismo fronte á superstición e desconfianza atribuídas ao pobo rústico. Este personaxe constará nun principio de trazos físicos semellantes aos do Polichinella francés (a xibia, a casaca de cores rechamantes, o chapeu bicorne) alén do seu carácter lambón e lascivo, groseiro e ocorrente. Co tempo este primeiro Cristóbal vai ir adquirindo trazos particulares e evolucionará, segundo os rastros atopados por Ayuso en recentes pesquisas, até desenvolver dúas faces opostas. Por unha banda devén un personaxe negativo, o Don Cristóbal amo, comprador de mulleres e indiano enriquecido ilicitamente nas Américas. Varey describe a este “Polichinela castellano”, tal que “uno de esos maridos viejos dominados y burlados por la mujer jovencita, frescachona y tarasca: un celoso extremeño hecho burla; el héroe de una comedia de honor visto en el espejo deformador y estilizante de la risa del pueblo”. (Varey, 1959, 16). Será este o que García Lorca empregará nas dúas dúas famosas pezas de títeres: El retablillo de don Cristóbal e a Tragicomedia de don Cristóbal y la señá Rosita . É un personaxe que move ao escarnio e burla do público, ledo cos cornos que Rosita lle pón. Pola outra banda, estaría o Cristóbal que perdeu o “don”, e que chega incluso a recibir un apelativo agarimoso, “cristobita”, pois pertence ás clases populares. Esta variante era representada maiormente por titiriteiros ambulantes que actuaban en barracas, patios de fondas e ao aire libre. A súa presenza atópaa Ayuso documentada en todo o territorio andaluz, murciano e das dúas Castelas, e en menor medida en Euskadi ou Cataluña. (Ayuso, 2013, 10-11) Esta versión do personaxe, se ben garda similitud es co Don Cristóbal “amo”, ten un carácter positivo e o público identificaríase e ri con el, xa non del. Actuaba como protagonista das pezas representadas e como comentarista da actualidade, exercendo unha función similar á do Guignol lyonés nas súas orixes. (Ayuso, 2013, 12, Fournel, 1975, 34-35). Tamén en Galiza debeu penetrar esta variante, ou polo menos a denominación xenérica de “cristovos” para referirse aos fantoches manipulados polos cegos ambulantes ( Sampedro, 2007, 165- 166). Parellos procesos de hibridación terían ocorrido en Alemaña co personaxe de Kasper; en Holanda con Jan Klassen ou na Rusia con Petruska durante o século XVIII. “Pulcinella has the characteristics of the folk puppet, and because of this he was instantly recognisable in other cultures, which probably explains why he merged so easily with local figures, either giving his name to them, or taking on theirs”. (McCormick e Pratasik, 2004, 116) 80 . Porén, chegado o século XIX o antigo arquetipo terá que adaptarse ás aspiracións revolucionarias dos novos tempos, ou resignarse a ser substituído polos novos heroes que, en toda Europa, xurdirán vencellados a loitas de emancipación nacional ou operaria. Foi o caso das marionetas itinerantes checas, que contribuíron a reforzar o sentimento nacional checo fronte ao !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 80 Pul c in e ll a te n as ca r ac t er í st i ca s d a ma ri o ne ta p op ul a r, e po r i s o e r a i nm ed i at a me nt e r e co ñe c íb e l n ou t ra s cu lt u ra s , o que probabelmente explica por que se fusionou tan facilmente con figuras locais, ben dándolles o seu nome ou tomando o deles. (t.p.) ! 84 ! poder imperial austríaco a través do uso sistemático da lingua checa, ausente de toda expresión cultural oficial até a independencia en 1908. Ou tro caso similar é o do Karaghiosis, o heroe do teatro de sombras grego. Descendente directo do personaxe turco de Karagoz, probábel trasunto oriental de Pulcinella, a partir da revolución de 1821 adquire trazos particulares para diferenciarse do opresor otomano. O heroe grego convírtese á relixión ortodoxa e o seu repertorio exalta os valores da revolución, mais tamén se opón aos da monarquía imposta polas potencias occidentais. O feito de colocar aos turcos como os personaxes negativos das pezas era só unha táctica para encubrir a crítica ás autoridades do novo réxime. (Recoing, 1981, 1479). 2.3.5 O teatro popular de marionetas e a mudanza cultural. Outros personaxes populares do teatro de títeres xurdidos no século XIX reflicten as arelas das masas obreiras que se apilan nos arrabaldes das cidades fabrís. A industrialización vai xerar serias mutacións sociais e culturais que terán o seu reflexo no teatro de bonecos animados. Os personaxes da tradición pulcinesca, pertencentes a unha era pre-industrial, van ser substituídos, en moitos casos, por outros tipos que reflicten a nova realidade, como Lafleur en Amiens, Guignol en Lyon, que representa aos operarios da industria textil, ou personaxes colectivos como os Tchantchés de Liège, reflexo das novas formas de miseria xeradas polo sistema industrial. O ascenso da burguesía tamén influirá nas formas de produción do teatro popular de títeres. As feiras son desterradas dos centros das cidades, consideradas un foco de inmoralidade e outros virus, o que obriga aos titereiros a percorrer as rúas e adoptar fórmulas máis portatis. Os títeres de luva, transportábeis no lombo dun bonecreiro solitario, xunto cun teatriño de madeira ou unha saba que se pode montar rapidamente en calquera esquina, pasarán a ser o formato maioritario no teatro popular. Alén diso, nas barriadas industriais máis populosas, algúns operarios atoparán uns ingresos complementarios ofrecendo espectáculos de marionetas aos seus veciños, no soto ou nos baixos da propia casa (McCormick e Pratasik, 2004, 59-62). As transformacións socioeconómicas en Europa Occidental a partir da Revolución Francesa acentuarán as diferenzas entre marionetistas. A nova clase hexemónica teimará en distinguirse das masas proletarias e refugará os entretementos que outrora reuniran públicos interclasistas, como foran os teatriños de marionetas. Algúns artistas ambulantes esforzaranse en manter o favor deste público, adaptándose aos novos espazos de entretemento planificado en función da nova compartimentación entre os tempos de traballo e de lecer. Os planeamentos urbanos da nova clase dominante contemplan espazos reservados exclusivamente aos momentos non produtivos, como os parques de atraccións e os xardíns, onde algúns marionetistas conseguen colocar os seus pavillóns e deste xeito mellorar o seu estatus. Esta nova ubicación leva aparellada a sedentarización e a especialización de públicos, que devirá cada vez máis infantil, o que forzará aos marionetistas a adecuar o seu repertorio aos requerimentos dunha clase cada vez máis preocupada pola educación moral das súas crianzas. Paralelamente, nos contextos que fican fóra do proceso industrializador e nos barrios operarios das cidades, os titereiros populares continúan a ofrecer os seus espectáculos, combinando os novos personaxes cos da estirpe pulcinesca. Os marionetistas populares verán como se reduce a súa capacidade adquisitiva, en consonancia coa proletarización das masas populares que constitúen a súa clientela. Por outra parte, o feito de verse forzados a ir á procura do seu público obrígaos a adaptar os repertorios aos ritmos da rúa, gañando así os espectáculos en frescura e ! 85 ! axilidade. Así, o texto dramático de Punch & Judy “was never written or even planed –it just happened. It was shaped by the fingers of hungry showmen, it was born from the traditions that ran in their blood, it was moulded from the laughter of street urchins” (Speaight, 1955,183) 81 . As pequenas pezas representadas en calquera esquina ou na praza dunha vila tiñan unha estrutura fixa adaptada ás posibilidades físicas do dispositivo: un só manipulador collía dentro do receptáculo de madeira que portaba no seu lombo, os seus dous brazos debían acoller a todos os personaxes da trama. Por ese motivo, o heroe popular adoitaba permanecer todo o tempo en escena, animado polo bonecreiro co seu brazo dereito, mentres que polo lado esquerdo da escena, movidos co outro brazo, ían circulando personaxes secundarios cos que o heroe pulcinesco se enfrontaba, resolvendo o conflito, as máis das veces a base de porrazos. Non existía un texto escrito para este espectáculo, e era cada bonecreiro quen enriquecía co seu enxeño a sinxela estrutura dramatica. A improvisación, sementada de alusións á situación política ou a acontecementos da vida cotiá, achegaba ademais o carácter dialectal ao espectáculo, o que o aproximaba aínda máis ao pobo ( Recoing, 1981, 1479). A lingua constituiría outro factor de diferenciación entre os marionetistas populares e aqueles que se dirixían a públicos burgueses. Como describen McCormick e Pratasik, os titiriteiros que se consideraban dun nivel superior autopercibíanse como difusores culturais alén de entertainers , e polo tanto procuraban usar un rexistro culto do idioma oficial nos seus espectáculos. En Francia algúns marionetistas empregaban o francés nas actuacións, mais cando representaban no rural empregaban o dialecto do pays . “ Class often asserts itself linguistically and (…) French represented the language of education and upward social mobility, whereas Picard was that of the factory floor and the street.” (McCormick e Pratasik, 2004, 24) 82 . O bonecreiro popular que no século XIX se ve forzado a regresar ás prazas e aos camiños mantén o sistema de cobro pre-industrial. El, ou o seu (ou a súa) axudante, pasan o chapeu ao final da representación, confiando na xenerosidade do público que deposita nel moedas ou -maiormente en contextos rurais- algún alimento. As troupes de marionetistas que continuaban percorrendo as feiras e fondas do rural constituían un exemplo intermedio entre o bonecreiro solitario e as grandes compañías que chegaron a acadar fama internacional, unha vez que a aparición do ferrocarril lles permitiu mover os seus espectáculos polas principais capitais europeas. Estas troupes de marionetistas populares, descendentes de antigas sagas de saltimbanquis e titiriteiros, reducen o seu radio de mobilidade a unha rexión ou bisbarra e adaptan os seus circuítos aos calendarios de feiras e festas das vilas e aldeas menos afastadas. Transportan os seus teatriños en carromatos nos que tamén viven os membros da compañía, adoito vencellados por lazos familiares. O carácter itinerante destas compañías leva aparellados trazos de endogamia e estratexias culturais defensivas propias das comunidades peripatéticas. No caso das familias de marionetistas, constitúen auténticas sagas nas que o patriarca coincide co empresario e marionetist a principal, axudado pola súa dona en tarefas de xestión e intendencia. Tamén as mulleres manexaban e mesmo herdaban a dirección da troupe cando morría o home !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 81 N u n c a f o i e s c r i t o n i n planeado, simplemente ocorría. Foi m oldeado polos dedos de titiriteiros famentos, naceu das tradicións que corrían pol o seu sangue, f oi modelado polos r isos de pill abáns de rúa. (t.p.) ! 82 A clase adoita afir marse a tra vés da lingua e (…) o fra ncés representaba a lingua da educación e da m obilidade social ascendente, mentres que o Picard era a da fábrica e da rúa. (t.p.) ! 86 ! (McCormick e Pratasik, 2004, 32). Ao longo do século XIX estas familias iran progresivamente sedentarizándose, mantendo un lugar fixo de residencia do que se ausentan só durante a tempada de máis traballo. A irrupción do capitalismo, polo tanto, ocasionou non poucas transformacións no colectivo de artistas do teatro de bonecos. A principal foi, como se viu, a súa estratificación segundo o público ao que se dirixían. Mais a aparición de novas formas de entretemento xeradas arredor das industrias culturais obrigaría a estes artistas a sucecivos procesos de adaptación. A aparición do circo a finais do século XVIII constituiría un primeiro momento deste proceso, polo cal numerosos artistas ambulantes pasan a integrarse como asalariados dun empresario circense, e deixan de depender directamente da relación co seu público. Ao longo do século XX xorden outros espazos para os entretementos populares, como os cafés-teatro, onde os títeres tamén ocuparán un lugar en compañía doutros divertimentos, no cadro dun programa do que se virá en chamar “varietés”. Este formato novidoso ofrece ao espectador urbano a posibilidade de asistir, comodamente sentado na súa butaca, a unha serie de espectáculos que outrora tería que contemplar separadamente na incomodidade dunha feira. O pagamento dunha entrada fixa é o único requisito para poder desfrutar deste novo produto cultural adecuado aos hábitos da cidade industrial. Coa chegada do cinema, intégrase no programa destes espectáculos de varietés como unha atracción máis , ao carón das demostracións de habilidades de animais adestrados, os números de paiasos, equilibrismos, ou as marionetas. Mais progresivamente o cinema irá desbancando ás antigas diversións para constituír a atracción principal. Nas cidades e vilas máis importantes construiránse pavillóns de madeira que albergarán o novo invento, e onde se adoita incluír un pequeno espectáculo como introdución ou no intermedio. As marionetas, nese contexto, verán caer a súa popularidade até as cotas máis baixas que nunca coñeceran. Só o interese das avangardas artísticas, que atopan no teatro de obxectos un soporte interesante para a súa creatividade, e os habitantes dos lugares aos que a industrialización será allea até ben entrado o século XX, garantirán a pervivencia dunha arte que sempre viviu cómoda nas marxes. 2.3.6. Títeres e resistencia O feito de constituír unha arte “menor” mantivo as marionetas relativamente afastadas do control das autoridades e da represión máis dura, que si se asañaron co teatro de actor e outras expresións artísticas. Esta circunstancia propiciaría a infiltración de contidos de carácter crítico e antiautoritario na maioría das formas e repertorios do teatro popular de títeres. O estatus marxinal e ambulante dos creadores favoreceu tamén a súa independencia ideolóxica e o seu aliñamento co discurso oculto. Di Schuman, un dos membros do histórico colectivo Bread & Puppets, que a dispensa de seriedade da que gozaron os títeres e o seu carácter marxinal foron a súa salvación e a causa da súa excelencia artística. Mesmo considera que actualmente o teatro de marionetas conseguiu manterse como forma de expresión radical, allea ao monopolio do mercado (Schechter, 2003, 42). Algúns autores minimizan o compromiso consciente dos titiriteiros populares, considerando a necesidade de sobrevivir como o único motivo da introdución de contidos críticos afíns ao gosto do pobo, do que por outra banda dependía a súa subsistencia (McCormick e Pratasik, 2004, 28). Porén, é innegábel que o feito de pertenceren ás capas máis marxinais das clases subalternas necesariamente aproximaríaos ao público popular ao que se dirixían. Todo parece indicar que, a coincidencia no material levaría aparellada a coincidencia dun discurso oculto común, o que propiciaría a xeración dun espazo de comunicación no que se manexarían ! 87 ! códigos partillados e se xeraría unha subcultura disidente á marxe da oficial. Por outra banda, o feito de empregaren como medio de transmisión un dispositivo considerado menor, envolto nunha trama de ficción e humorística e poñendo en boca de bonecos de madeira sen pretensión de realismo as críticas e burlas ao poder, contribuiría a disimular o componente subversivo e a dificultar a súa detección, accesíbel só ás persoas que partillan o discurso oculto. Desta maneira, as mensaxes antiautoritarias transmitidas nos espectáculos de marionetas formarían parte das chamadas formas de infrapolítica ou resistencia simbólica (Scott, 1990, 163-164). O feito de permanecer en infiltrados ou enmascarados tornaría estes contidos difíciles de decodificar para aqueles que non pertencían á comunidade de sentido que partillaba o hidden transcript , e poderían levar á conclusión errada do teatro popular de marionetas como inocuo e inxenuo. Porén, xunto cos contidos transmitidos, as propias atitudes fomentadas polos personaxes e a situación xerada durante as representacións do teatro popular de marionetas deviñan en sí mesmas revolucionarias, se ben nun grao de intensidade o bastante limitado para burlar os aparellos punitivos do poder. Como explica Joel Schechter, non é que os pallasos de circo, os títeres ou os espectáculos de revista ficasen fóra do ámbito de censura, pero con frecuencia foron desatendidas. As súas críticas alegóricas ou indirectas da opresión eran indulxidas, aínda cando as reunións públicas eran proibidas (Schechter, 2003, 219). Este aspecto garantía á marioneta popular unha certa licenza para facer e dicir cousas que o poder normalmente non permitiría. Nesas condicións, o propio riso constitúe unha declaración de intencións. Rir con outros é crear unha nova e libremente escollida comunidade, xunto con aqueles que ven unha loucura no poder ilexítimo e na riqueza desmedida. “As resistance to adversity, laughter is admittledly a small action, only a begining, but a pleasant one.” (Schechter, 2003, 219). O riso como acto de resistencia remite inmediatamente ao universo do carnaval, onde algúns autores buscan a orixe de moitos dos personaxes do teatro popular de títeres, nomeadamente Pulcinella. Bruno Leone insiste na estreita relación do heroe napolitano co carnaval, maior que a que tería coa Commedia dell’Arte , e que localiz a preferentemente na dualidade entre a vida e a morte, considerada esta última como renacer (Leone, 2013, 2). O componente grotesco estenderíase a todas as marionetas, dado que estas reúnen os dous opostos: o animado e o inerte. “Com efeito, somos atraídos para o teatro de marionetas devido ao irresistível charnamento dos opostos, tão claramente evidenciados no grotesco: aquilo que não tem vida mas que parece viver.” (Zurbach, 2002, 276). Ademais, o sistema de imaxes propio do carnaval sería incorporado á i maxinería dos circos (organizados segundo á topografía ceo/terra/lume/auga) e dos espectáculos das feiras, estaría na linguaxe hiperbólica e grotesca dos títeres e, fundamentalmente, en toda a tradición pulcinellesca, até ben entrado o século XIX. Estas imaxes, desvinculadas da orixe ritual na que foran xeradas, non perderían porén a potencia liminal que todo este sistema simbólico comporta, e que continuaría operando, se ben con difrentes funcionalidades, no cadro das sociedades industriais (Turner, 1982, 55). Así e todo, as marionetas tampouco foron alleas á represión. De 1619 data un auto da Inquisición que rexistra a condena dun espectáculo de títeres no que se fai mofa dos representantes da Igrexa (Varey, 1957, 96-97). Como relatan McCormick e Pratasik, a partir da Revolución Francesa os reximes absolutistas comezan a sospeitar do teatro en xeral e tamén das marionetas como fonte de subversión política e de desorde pública. En Saxonia os títeres foron prohibidos en 1793. Napoleón III impuxo a censura previa aos espectáculos de Guignol e prohibiu as improvisacións, que ! 88 ! constituían o encanto principal dun espectáculo especialmente querido das capas máis baixas da sociedade lionesa. The reductio n of a rich oral tex t to a writ ten one resulted in a few sche mati c page s, barel y bett er tan a sce nar io . Guig nol was resis ta nt , but this was the beg inning o f a long process of respe ctabilisatio n which le d to the declin e of the po pular ad ult a udienc e. ( McC ormic k e Pratasik , 2 004, 28) 83 . O idioma tamén era causa de censura, a miúdo burlada. Foi o caso do checo, cuxo uso foi prohibido ao asociarse co movemento independentista da Bohemia, e que aínda así seguiu a ser empregado por moitos bonecreiros. O mesmo ocorría en Cataluña, onde durante a segunda metade do século XIX os titereiros facían falar catalán aos personaxes das súas pezas, aproveitando que a prohibición establecida en 1867 para o uso desa lingua só afectaba ao teatro de actor. Durante a Posguerra Ezequiel Vigués, Didó , desenvolveu un repertorio non falto de alusións poíticas. Continuou a representar en catalán as súas pezas, ás que puña títulos en castelán para sortear a censura, até que en 1946 se permitiron as representacións teatrais en catalán (McCormick e Pratasik, 2004, 29). O teatro popular de marionetas constituíu, por tanto, un medio privilexiado para a resistencia simbólica, mercede, xunto aos condicionantes xa reseñados, á propia natureza do riso como forma natural de resistencia. Así, segundo Peter Schuman, o teatro de marionetas constitúe... ...by d efinition of its mo st per suasiv e cha racteris tics, an ana rchic art, subversive and untam able by nature, an art which is easier researched in police records than in theatre chronicles, an art which by fate and spirit does not aspire to represent governm ents or civilizations, but prefers its own secret and dem eaning stature in society, represent ing , m ore or less, the de mon s of th at socie ty and defin itely no t its institu tions. (in Sche chter, 2003, 41) 84 . Noutras palabras, a subversión e o antiautoritarismo formarían parte da natureza do teatro de marionetas, “la marioneta i el titelle, confrontats a un entorn concret que convé posar de manifest, justifiquen la seva existéncia en desenmascar els caracters, els defectes i les injusticies d’une societat determinada” (Badiou, 1988, 79) 85 . O elemento resistente é así, unha peza fundamental do proceso comunicativo que este tipo de teatro comporta. 2. 4 O TEATRO DE MARIONETAS COM O ME DIO D E CO MU N ICAC IÓN POP ULAR A esencia subversiva e antiautoritaria atribuída aos títeres populares podería estar determinada polo especial proceso comunicativo desencadeado durante o espectáculo. !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 83 A r e d u c i ó n d u n r i c o t e x t o o r a l n o u t r o e s c r i t o r e s u l t o u n u n h a s p o u c a s p á x i n a s e s q u e m á t i c a s , p o u c o m á i s c a u n argumento. Guignol resistiu, mais ese era o pincipio dun longo proceso de respectabilización que levou ao declinio do público adult o popular. ( t.p.) 84 p o r d e f i n i c i ó n d a s s ú a s c a r a c t e r í s t i c a s m á i s p e r s u a s i v a s , u n h a a r t e a n á r q u i c a , s u b v e r s i v a e i n d o m á b e l por natureza, unha arte que é m áis fácil de localizar nos rexistros policiais que nas crónicas teatrais, unha arte que por destino e espírito non aspira a representar a gobernos ou civiliz acións, mais prefire o seu propio estatus segredo e humillante na sociedade, represent ando, máis ou menos, os demos desa sociedade e definitivamente non as súas institucións. ( t.p.) 85 a m a r i o n e t a , c o n f r o n t a d a a u n c o n t o r n o c o n c r e t o q u e c o n v é n p ó r d e m a n i f e s t o , x u s t i f i c a a s ú a e x i s t e n c i a e n desenmascar os caract eres, os de fectos e as inxustizas dunha sociedade determ inada. (t.p.) ! 89 ! O teatro de marionetas dista moito de ser un simple mecanismo de transmisión de información, ao igual que o teatro de actor, se ben con determinados elementos que o fan máis complexo. “The radicalism of the puppet theatre includes a redefinition of language as not merely a tool of convenient communication.” ( Sh echter, 2003, 42) 86 . Ao longo do presente apartado, estableceranse as características do proceso comunicativo teatral. A complexidade de códigos e interlocutores que interveñen acentúase aínda máis no caso do teatro de marionetas, onde a duplicidade actor/personaxe é substituída polo desdoblamento marionetista/marioneta. Deste xeito, pódese falar dun sistema de signos específico do teatro de marionetas. A posición das espectadoras e espectadores, tanto a nivel individual como colectivo, constitúe un dos elementos máis discutidos na análise comunicativa do feito teatral. No caso do teatro popular de títeres, é importante delimitar até que punto o envolvemento da espectadora supón unha entrega pasiva á mensaxe transmitida desde o teatriño, ou existe unha axencia que contribúe ao propio espectáculo e mesmo incide na realidade dos axentes presentes na situación de comunicación. Deste xeito, atenderase a distintas interpretacións que, desde campos como a psicanálise, atenden aos procesos psicolóxicos desencadeados durante a recepción dun espectáculo teatral. Desde esta perspectiva, a ilusión considérase unha actitude activa por parte da espectadora, que decide crer a ficción representada como táctica de liberación interior. Ao mesmo tempo, o proceso de identificación co personaxe ou co rol xogado por ese personaxe na trama cómica, no caso dos títeres, convírtese nunha reacción voluntaria que permite ao público recoñecer a ideoloxía que habitualmente é naturalizada. Nese senso, o proceso de identificación teatral emparentaríase co estrañamento brechtinano. O teatro popular de títeres incorpora estes elementos ao facer fincapé no aspecto lúdico e na súa nula vocación de realismo. Este tipo de teatro non aspira a imitar a realidade senón a sintetizar algúns dos seus aspectos, obrigando ás espectadoras a entrar no xogo da ficción e confrontándoas cos seus medos interiores. Toda vez que se asume o papel activo do emisor no proceso comunicativo teatral, e especificamente no do teatro popular de marionetas, xustificarase a súa consideración como medio de comunicación. Este uso do termo presupón unha determinada concepción da comunicación e unha vontade de fuxir da fascinación tecnolóxica actualmente preponderante no eido académico. Entende o medio como un elemento facilitador da comunicación humana, que non exclúe o papel determinante dos suxeitos no proceso comunicativo. Nese sentido, a perspectiva proposta distanciarase doutras tradicións teóricas que, malia entenderen o teatro e outras formas de cultura popular como folk media , téñeno feito desde un punto de vista instrumental que semella esquecer o papel determinante dos suxeitos autónomos na configuración dun medio no que se produza unha verdadeira comunicación. 2.4.1. Especificidade do sistema comunicativo do teatro de marionetas A nivel xeral, a natureza da comunicación teatral ten motivado numerosas discusións teóricas, centradas justamente na maneira en que se produce a interlocución entre os distintos actores que interveñen na situación de representación, habendo mesmo quen lle nega ao teatro a súa natureza comunicativa 87 . Anne !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 86 A radi cali dade do te atr o de ma rion etas inc lúe u nha re def inic ión d a li nguax e como algo máis c a unh a fer rame nta de comunicación convenie nte. (t.p. ) 87 Pa tr i ce P a v is , n o s e u Dic ciona rio del teatro , expón as distintas posicións: nun extremo estarían quen consideran que no teatro non hai comunicación porque o ouvinte non ten a posibilidade de respostar ao emisor no mesm o código no que foi interpelado. Porén, se non se considera a reciprocidade de réplicas como necesaria p ara poder falar d e com unicación, o teatro sí é unha forma d e com unicación, e do que se trataría é de estudar a forma na que ! 90 ! Ubersfeld asume que o teatro é un “proceso” de comunicación “d’une complexité presque infinie” (Ubersfeld, 1980, 21) 88 , no que concorren unha serie complexa de emisores, unha serie de mensaxes e un receptor múltiple presente nun mesmo lugar (Ubersfeld, 1989, 20). No que respecta aos interlocutores que “falan” na escena teñen unha dupla identidade: por unha banda, a súa “real” (de actriz ou actor que interpreta un papel), e pola outra, a do personaxe, identidade sempre negada (mediante o proceso de denegación do que se falará máis adiante). Este interlocutor de dupla personalidade dirixe unha mensaxe tamén bífida: por unha banda, a cada un dos espectadores que asisten á representación, tendo como testemuñas aos outros actores; pola outra, o “eu-personaxe” interpela aos outros personaxes, tendo como testemuña aos espectadores. Esta interpelación ten, asemade, unha representación dupla por parte do espectador. Este resposta (se ben de xeito implícito, mais innegábel) ao actor. Ademais, diríxese ao personaxe sen testemuñas, mediante o proceso “íntimo” da identificación. Por último, durante a representación teatral prodúcese unha comunicación entre os espectadores (“le fait fondateur de la représentation c’est la’adresse implicite du spectateur à tous les autres”) 89 , da que os actores-personaxes son testemuñas (Ubersfeld, 1980, 21-23). A relación comunicativa xerada durante a representación de teatro de títeres reviste dunha complexidade similar, mesmo maior. Henryk Jurkowski, quen abordou a descrición do sistema de signos propio do teatro de títeres (Jurkowski, 2013, 90- 114), propón unha clasificación segundo a relación que o espectáculo de marionetas mantén co teatro de actor ou cos actores de carne e óso que poidan compartir escena cos bonecos. En distintos momentos da historia algúns marionetistas trataron de atraer os públicos máis refinados incorporando aos seus espectáculos as convencións imperantes nos grandes teatros das cortes. En calquera caso, o teatro popular de títeres de luva, no que se centra a presente investigación, constitúe para Jurkowski un sistema de signos propio (Ibídem, 107). Por unha banda, sobre a escena non está visible máis que o personaxe (a marioneta), que lles fala aos espectadores e aos outros personaxes. Cada espectador por separado, e tamén colectivamente, respóstalle ao personaxe, de xeito implícito ao igual que o espectador do teatro de actor, mais tamén abertamente, posto que a interlocución da marioneta reclama, en numerosas ocasións, da intervención a viva voz do público, da súa incorporación aos diálogos improvisados da peza. Por outra banda, o marionetista 90 , oculto tras a saba ou o teatriño, tamén lle fala ao espectador, aínda que por mediación do boneco (quen recupera deste xeito o seu rol de medium ritual). Resta por saber se os espectadores son quen de respostar ao marionetista, ao que non ven a menos que este saque a cabeza por debaixo da saba (como adoitan facer moitos titiriteiros contemporáneos para aliviar ao público infantil da súa inquedanza perante a natureza animada dos bonecos en escena). A actitude de moitas nenas e nenos cando asisten a un espectáculo deste tipo pode achegarnos unha luz sobre esta cuestión. É frecuente que algún espectador miúdo, violando as convencións que impiden ao público achegarse ao escenario ou tocar os personaxes, se aproximen ao teatriño e traten de espiar por tras da saba, para averiguar que ou quen está a mover os bonecos. Esta conduta pode estar motivada por unha curiosidade irresistíbel e pola necesidade apremiante de !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! se exerce a recepción. (Pavis, 1983, 85 - 86). Para Anne Ubersfeld, “La identidad de códigos de ida y vuelta no es una condición indi spensable en l a comunicación” (1989, 20) . 88 Dunh a complexid ade case infin ita (T.p). 89 O feito f undador da representació n é o espectad or que se dirix e implicitam ente ao resto. (t.p ) 90 I s t o é a s í n o c a s o d o t e a t r o d e t í t e r e s d e l u v a . P a r a a s m a r i o n e t a s d e f í o e o u t r a s t é c n i c a s d e m a n i p u l a c i ó n , n o n sempre o manipulador permanece oculto, ainda que si disimulado ou confundido na escenografía. ! ! 97 ! O mecanismo de denegación permite colocar no plano da ficción teatral a violencia, “de la peinture de l’horreur, du crime, de l’inceste et des ‘passions fortes’.” (Ubersfeld, 1980, 23) 106 . Os tabús poden violarse sobre escena, mercede a esa denegación da súa realidade. Ese mesmo carácter irreal é o que permite ao teatro de marionetas adentrarse en territorios arriscados como a parodia aos poderosos. “Ce n’est pas vrai, mais...” ; a mesma escusa que permite ao espectador identificar partes reprimidads do seu Eu cos aspectos máis irreverentes ou impúdicos dos personaxes, exímeo a el e ao marionetista da responsabilidade dos actos “irreais” dos bonecos na escena. 2.4.5. Un medio de comunicación das subalternas Neste traballo asúmese o rol comunicativo do teatro. Fálase de “expresión cultural” en singular ou plural, ou de “dispositivo ” para referirse ao espectáculo teatral de marionetas, á relación comunicativa xerada no momento e no espazo específico de cada representación. Empregarase, premeditadamente, a denominación “medio de comunicación”, aplicada ao teatro. Aínda compartindo a crítica á centralidade excesiva dos medios de comunicación de masas (en realidade habería que falar de medios “de difusión”, seguindo a Pasquali, 2007, 98) nos estudos da comunicación contemporáneos, óptase por empregar esta expresión aplicada a unha relación de comunicación como é a teatral, artellada arredor dunha serie de códigos complexos. E faise así coa vocación, precisamente, de chamar a atención naqueles elementos da comunicación humana que a ciencia da comunicación ten deixado á marxe, precisamente por mor desa “fascinación tecnolóxica” que espertan os medios masivos e que semella obrigar a estudalos en si, como algo dotado de leis propias ás que só cabe someterse (Pasquali, 2007, 89). Entender o medio como un mero “facilitador” da comunicación humana (entendida como intercambio de mensaxes entre seres racionais, independentemente dos aparellos intermediarios empregados para facilitar a interrelación a distancia), supón atender prioritariamente aos suxeitos (os artífices das canles naturais, segundo Pasquali, 2007, 90) para comprender calquera fenómeno comunicativo (e por ende, social). Asumindo isto, a importancia dos suxeitos na comprensión do proceso comunicativo vai da man da comprensión das canles das que botan man para transportar as distintas mensaxes. No caso do teatro, atopámonos cunha mistura de canles naturais (xesto, palabra, música) e artificiais (escenografía, iluminación, obxectos animados, no caso das marionetas) que fan que falemos dun “artefacto” ou “aparello” facilitador ou amplificador (se ben, non na distancia) de “capacidades sensoriais previas”. E por tanto, estaríamos falando, asumindo a definición de Pasquali, dun medio de comunicación. Non son poucas as referencias á consideración do teatro como medio de comunicación, se ben son escasas as xustificacións teóricas do seu uso. Raymond Williams estableceu para a noción de medios de comunicación unha definición que pode achegar algunha luz a esta encrucillada terminolóxica. Segundo o autor británico, a noción contemporánea resulta da converxencia de tres significados primixenios: 1. Por unha banda, o senso que entende o medio como unha substancia ou axencia interventora –senso desbotado actualmente porque identificaría a propia linguaxe cun medio cando esta é, segundo Williams, unha práctica primaria- ; !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 106 a pintura do ho rror, o crime, o incesto e as ‘p asións fortes ’ (t.p.) ! ! 98 ! 2. o termo tamén alude á existencia dunha técnica, coas súas propiedades específicas e determinantes (pois a técnica determina a versión que terá preminencia sobre as outras; é dicir, condiciona o discurso) ; 3. por último, a noción social de medios de comunicación, a preminente na sociedade de masas, é aquela que entende as prácticas e as institucións como axencias para outros fins distintos dos primarios. (Williams, 1985, 203-204) As tres converxen no feito teatral. O teatro é considerado, como se viu, un código complexo (ou conxunto de códigos) polo que se rexen unha serie de interaccións comunicativas; constitúe tamén unha técnica (“a particular construction or method” 107 , segundo a definición de Williams, 1985, 315); así como unha axenc ia interventora (a acción dos axentes que interveñen no proceso teatral contribúe á súa propia transformación e, por exensión, á da súa realidade) e social. Unha acepción equivalente á de medio constitúea a do Dispositivo Socio-ténico da Información e a Comunicación (DISTIC) acuñada polos membros do Laboratoire I3M a partir da noción foucaltiana de dispositivo 108 , se ben eles mesmos advirten que non se pretende reducir a un mero aparello todo un conxunto “d e interacciones complejas entre tecnologías y sujetos que se aprovechan de ellas ” (Cailler e Rasse, 32013, 277), do mesmo xeito que o feito de empregar para o teatro a expresión “medio de comunicación” non pretende reducila a canle de transmisión. Montalbán, na súa Historia y comunicación social , alude explicitamente ao teatro como “el medio de comunicación más peligroso: por la capacidad de representación simbólica del actor y por la audiencia indiscriminada de un público de todos los sectores sociales” (Vázquez-Montalbán,1997, 22). Asume, pois, a capacidade interventora ou intermediaria do tal “medio”. A consideración do teatro como medio de comunicación é aceptada por outros autores como François Botrel, que o califica, para diferencialo dos medios de comunicación escrita, tal que ‘medium audio-visual’ (Botrel, 1977, 391). Pola súa banda, John Downing inclúe na súa enumeración de “medios radicais” o teatro popular como medio de comunicación que emprega publicamente a fala e o corpo como mediums (Downing, 2000, 130). No caso do teatro popular, tanto de formas animadas como de actores, o feito de outorgarlle o status de medio de comunicación conleva unha vocación de intervención para a transformación da realidade social. Deste xeito, os autores adscritos ás teorías da Comunicación para o desenvolvemento (Valbuena, 2008, 579) defenderon desde a década de 1970 o uso do teatro popular e outros “medios folclóricos” ( folk media ), como ferramentas para o empoderamento das comunidades do Sul. Esta consideración do teatro popular como medio de comunicación popular aséntase nunha vocación claramente instrumental, do medio entendido como canle a través da que vehiculizar aqueles contidos que os axentes da cooperación (con frecuencia, alleos á comunidade) consideran que van permitir á comunidade avanzar cara ao seu desenvolvemento (un criterio obxecto de abondas discusións). Dentro desa aproximación funcionalista, considéranse medios de comunicación populares un amplo abano de expresións: música, cantigas, teatro, danza, poesía, proverbios, chistes, vestido, artesanía e teatro de marionetas (UNESCO, 1972, 3-4). Estas premisas estaban encamiñadas a fundamentar unha serie de accións nas comunidades consideradas “subdesenvolvidas” !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 107 u nha constru ción ou mé todo particular (t.p.). 108 “ E l concepto de DISTIC part e del principio de que las te cnologías de l a inform ación y de la comunicación construyen a sus usuarios de la misma m anera que éstos le dan forma. Constituy en dispositi vos que tienen su origen en procesos de inter acción entre los usuarios (productores, consumidores, clientes, ciudadanos) que son a su vez sujetos soc ializados, y un conjunto het erogéneo de técnicas.” (Cailler e Rasse, 201 3, 273 ) ! ! 99 ! ou “atrasadas” nas que o teatro, entre outras formas da cultura popular, foron e continúan a ser empregadas como unha ferramenta de concienciación e de aprendizaxe. (Colletta, 1980, 280-595). Este uso do termo folk media ten o problema de presupor unha intervención top- down , e en definitiva unha concepción dos medios de comunicación perigosamente próxima ás teorías da agulla hipodérmica da socioloxía norteamericana da comunicación de masas (Saperas, 1992, 156). Esta sería, con algunhas diferenzas, a liña da corrente brasileira da folkcomunicação, que reduce o papel do artista popular ao do gatekeeper das teorías do lider de opinión de Katz e Lazarsfeld (Beltrão, 2008, 301). O presente traballo afástase das coordenadas teóricas daquelas ideas, que hoxe semellan superadas polas teorías da Comunicación para o Cambio Social (Gumucio, 2008, 23) e por tanto proporá unha definición do medio de comunicación teatral tal que ferramenta de uso autónomo das comunidades, nas que os suxeitos e os contidos intercambiados son tan importantes como a propia canle. Nese senso, considérase que as expresións comunicativas das subalternas, malia estaren limitadas pola precariedade instrumental á espontaneidade, forman parte dos diferentes medios de comunicación empregados pola Humanidade ao longo da Historia ( Vázquez- Montalbán, 1997, 14, 32). Polo tanto, asúmese unha concepción do medio como dispositivo complexo, no que se congrega unha serie de interaccións, de técnicas e a axencia duns suxeitos autónomos, e que por tanto só pode entenderse nese cadro dinámico. O teatro é un medio de comunicación, sempre que se entenda este no sentido de axencia, de ferramenta facilitadora, e non como mediación entendida como acción propagandística, propagadora unidireccional de ideoloxía (Williams, 1985, 205-6). Es a é tamén a concepción defendida por Boal cando propón devolver o teatro ás comunidades. Ao erixir ás subalternas en suxeitos do Teatro do Oprimido, a mediación teatral perde sentido. Non se dá voz a quen non a ten falando del, o teatro é a linguaxe mesma da que se deben dotar as oprimida s (Vicente 2013, 275). ! 100 ! CAPÍTULO 3 : TRANSFORMACI ÓNS SOCIOCULTURAIS E PROCESO S DE PATRIMONIALIZACIÓN. 3.1 P ROCESOS DE MUDANZA CULTURAL DURANTE A IN STAURACIÓN DO CAPITA LISMO . A medida que se vai delimitando o obxecto de estudo, faise necesaria unha descrición do contexto histórico e social no que apareceu e se desenvolveu. Porén, unha descrición do terreo no que se desenvolveu o espectáculo de Barriga Verde non pode limitarse a unha enumeración de feitos, pois o propio fenómeno analizado é consecuencia do contexto complexo no que se xerou. Un contexto cheo de mudanzas económicas, sociais e, en consecuencia, culturais. Durante o periodo comprendido entre 1880 e o remate da II Guerra Mundial, Europa occidental experimentou o que que Eugen Weber denominou o fin dos terroirs , para explicar como a cultura popular labrega acabou por ser remprazada por modos de vida e de produción urbanas e industriais. A desaparición de formas culturais foi paulatina e consecuencia da perda do sentido que motivara a súa orixe. Serían remplazadas por formas alleas, ben xeradas pola incipiente industria cultural ou ben desde o aparello estatal, embarcado na altura no proceso de unificación nacional en moitos estados europeos. A cultura tradicional labrega que fora común a todo o Vello Continente durante o Antigo Réxime experimentaría procesos análogos de substitución en todas partes, se ben con ritmos distintos segundo as circunstancias. Así, no caso galego, a implantación das vías de comunicación foi tardía e o desenvolvemento da nova clase hexemónica, a burguesía, moi insuficiente, o que explica que as formas tradicionais perduraran até ben avanzada a segunda metade do século XX. Se ben as interpretacións das causas e das consecuencias dese retraso na penetración das novas formas económicas e socioculturais difiren, existe un certo consenso en que o golpe de estado de 1936 representou para Galiza un freo no proceso de desenvolvemento autónomo do campesiñado, a clase preponderante na altura. A pervivencia da forma de organización comunitaria explica á súa vez o mantemento de formas culturais propias do antigo modo de vida até a década de 1960, cando o proceso de aculturación requerido polo novo sistema social acaba por imporse. 3.1.1. La fin des terroirs : transformacións culturais na Europa finisecular. Ese proceso non foi nin lineal nin homoxéneo. Significou o paso dun universo de relacións circunscrito ás comunidades que baseaban a súa supervivencia na autarquía económica a penas crebada por intercambios esporádicos nas feiras e nas visitas dos colectivos peripatéticos (vendedores ambulantes, esmoleiros, artistas…) chegados a pe ou a cabalo por antigos camiños. Nas comunidades tradicionais o tempo do traballo e o da vida confundíanse e a familia constituía a unidade básica de supervivencia e de produción. Os vínculos afectivos estaban subordinados aos intereses da familia e da comunidade ( Weber, 2010, 209-239). As festas xogaban un rol crucial para o mantemento dese modo de vida, actuando como rituais que aseguraban a fertilidade e a resolución de conflitos no interior da comunidade. Dese ! 101 ! xeito, as veladas cumplían unha f unción de socialización ao tempo que de produción (Ibídem, 491-497), e as chocalladas f uncionaban como instrumentos punitivos endogámicos ( Ibídem, 473-483). A cultura popular transmitíase por vía oral, en forma de relatos, proverbios ou cancións. E creaba heroes cun agudo senso do reparto da riqueza e moito máis cómicos que os da cultura hexemónica (Ibídem, 497-537). O historiador norteamericano establece un primeiro factor que en Francia acelerou o proceso de substitución dese Antigo Mundo polo modo de vida capitalista: as vías e os medios de comunicación. “Avant que la culture ne change en profondeur, il fallait que les conditions matérielles se transforment, et dans ce processus, le rôle de la route et du rail fut fondamental” ( Weber, 2012, 252) 109 . A extensión das vías férreas, así como a construción de nova s estradas unindo as aldeas máis illadas coa s cidades e estas coa capital do Estado, fixeron posíbel o establecemento de relacións comerciais e a mobilidade dos traballadores; polo tanto de relacións comunicativas que favoreceron o reforzamento de unidade nacional francesa – sentimento que non apareceu mentres as comunidades e a s estruturas sociais antigas non foron desmanteladas (Ibídem, 145). Ao principio, a intensificación do s intercambios afectou máis ben ás vilas “de provincias”, habitadas por funcionarios ou artesáns, que fixeron o papel de intermediarios da cultura urbana e racionalista. Pouco a pouco, as novas estradas e vías férreas permitiron á mocidade das aldeas migrar ás grandes cidades industriais que demandaban man de obra. As migracións estacionais deviñeron permanentes, o que crebou a unidade cultural que constituíra até entón cada comunidade. Do mesmo xeito, a redución da duración do servizo militar contribuiu a reducir o número de desercións. As condicións de vida dos reclutas eran máis confortabeis que as da aldea, o que os levaba a non regresar ( Ibídem, 361). En consecuencia, a instrución militar, así como a escolarización obrigatoria, constituíron unha vía de aculturación efectiva. O novo mundo levaba aparelladas formas distintas de socialización e de relación co poder: a organización política, as asociacións, a separación de traballo e lecer… A nova cultura transmitíase por escrito, e a lingua francesa estaba máis adaptada ao pensamento abstracto. As antigas formas de relación, vencelladas á produción agrícola e ao mantemento dos vínculos entre os membros da comunidade, perderon sentido. Car les rit es sont fonct ion nels , ils servent d’inté rêt s parti culi er s. Lorsque de tel s intér êts disp arai ssent ou dépérisse nt, ou lors que les hommes découvrent un meilleur moyen de les servir, les rites peu vent malg ré tout per si ste r au ssi lon gte mps qu’i ls ne cons ti tu ent pas une sou rce de tracas, parti culièrement s’i ls sont l’occasion d’une distr action. Ils ne sont plus considérés alors com me des rituels sérieux et ils disparaissent sans qu’il y ait m ême une timide o pposition, ou b ien ils disparaissent pour toujou rs â pres qu’un évén emen t eu t en tr ainé leur suspension provisoire (Web er, 2012, 564) 110 . !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 109 A ntes de que a cultura mu dase en prof undidade, er a preciso que se transform asen as con dicións ma teriais, e nese proceso, o papel das estr adas e das vía s de tren f oi fundamental. ( t.p.). 110 X a que os rito s son funcio nais, serven a in tereses particu lares. C ando eses intereses desaparecen ou morren, ou cando os homes descobren un modo mellor de servilos, os ritos poden persistir, malia a todo, tanto tempo como non sexan unha fonte de preocupación, particular mente se constit úen unha forma de ent retemento. Da quela xa non son considerados rituais ser ios e desaparec en sen que haxa ni n unha oposición tímida, ou ben desaparecen por sempre despois de que un acontecemento ocasionara a súa suspensión provisional. (t.p.) ! 102 ! En Francia ese acontecemento constituíno a Grande Guerra, despois da cal numerosas expresións da cultura popular foron abandonadas. En Galiza, como se verá, a cultura popular resistiría algunhas décadas máis. O proceso de asimilación non foi nin lineal nin homoxéneo. As formas culturais do antigo mundo resistiron aínda nos lugares máis illados e entre os individuos de máis idade ( aqueles que tiraron menos proveito dos novos modos de vida). Porén, as festas e costumes que s obreviviron durante algunhas décadas como meros divertimentos, desprovistos do seu valor ritual, acabaron por desaparecer. As canción s e as danzas tradicionai s acabaron sendo substituída s por outras de orixe urbana ou estranxeira (Weber, 2010, 533). Algunhas expresións culturais son propias dese período de mudanzas, e representan o combate entre dúas concepcións do mondo opostas. De sa maneira, os artistas ambulantes, outrora o único axente de comunicación que achegaba ás aldeas novidades e informacións doutros lugares, tentaron adaptarse ao xurdimento do prelo, distribuíndo distintas formas de liberatura dirixida aos habitantes das vilas e aos labregos máis ricos. A literatura de cordel, forma cultural de transición entre os dous mundos, rematou por sucumbir á competencia da prensa, que difundía verdades de base científica e respondía á curiosidade polas novidades espertada entre os habitantes do rural. Unha f orma de ler universal, na que os particularismos locais xa non contaban moito, impúxose, e os antigos axentes da mediación entre a cultura culta e a do pobo víronse forzados a procurar outros medios de vida 111 . As feiras perderon progresivamente a súa función económica e socializadora e deviñeron simples parques de atraccións. Do mesmo xeito, o s café s-teatro, onde se esco it aba música interpretada con novos instrumentos ou se asistía a representacións de variétés, substituíron ás veladas. Eugen Weber definiu este proceso como unha verdadeira crise de civilización, durante a que as prácticas tradicionai s desapareceron sen que outras, nutridas da experiencia das comunidades locais, viñesen remprazalas. Os talentos e os rituais que dependían de tales prácticas desapareceron tamén , unha vez perdido o senso que os motivara. Cando sobrevivían, facíano como distración baleira, desprovistas da súa funcionalidade orixinal. Novas tradicións, oficiais, naceron –ou foron inventadas, segundo Hobsbawn (1984)- en Francia, como as festas nacionai s. Os labregos non tiñan saudade do pasado, que evocaba a miseria. Preferían imitar a s f ormas de vida das clases superiores. A antiga visión do mundo vinculábase coa loita pola su pervivencia, un mundo no que a aldea constituía unha asociación de axuda mutua que debía permanecer unida. Nese mundo non podía tolerarse ningún desvío (Weber, 2010, 568). O novo sistema supuña unha marxe de manobra maior para os individuos, unha variedade de opcións inaudita. Porén, a nova visión do mundo trouxo aparellada unha forma de organización onde o tempo do traballo ficaba separado daquel consagrado á vida (reprodución, socialización, aprendizaxe). A manufactura impuxo unha nova forma de organización do traballo, que se distancia da familia e d esenvolve un novo espazo disciplinar, circonscrito, separado do tempo do lecer e das r erlacións !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 111 “ L ’ a m é l i o r a t i o n d u r é s e a u r o u t i e r e t d e s m o y e ns de transport qui encourageait le développement des activités de colportage entraîne également bientôt la création de magasins plus nombreux, et parmi eux, des librairies. De même, cela entraî na la pénétr ati on des imprimé s de Paris dans des régi ons qui n ’en avaient jamais vu ju squ’à présent”. [A mellor a da rede de es tradas e dos medios de transporte que animaban o des envolvemento das actividades de com ercio ambulante levou aparellado tamén a creación de tendas máis n umerosas, entre elas librarías. Igualm e nte, supuxo a penetración de materiais impresos procedentes de París en rexións que até entón nunca as viran. ] (Weber, 2010, 551). Arredor dos anos 1880 e 1890, o comerci o ambulante mingua en Francia, non só por causa do desenvolvemento do comercio local, mais tamé n porque un menor númer o de pers oas preci saba unha fonte de ingresos complementarios (Ibídem, 553). O mesmo fenómeno non se produciría en Galiza até os anos 1960, malia que a pluriactividade como estratexia de supervivencia no rural persiste aínda hoxe. ! 103 ! interpersoais (Foucault, 1975, 174-175). O tempo do traballo convírtese ademais en exclusivo, consagrado á produción. A partir d e entón o tempo vai ser medíbel ; pódese perder ou gañar; pódese comerciar con el (Rasse, 2006, 98-99 ; Weber, 2010, 573). 3.1.2. Particularidades do proceso en Galiza: o s terroirs persiste nt es. As características que Eugen Weber enumera para a Francia do s terroirs ( que podería traducirse como a Francia das leiras) son case as mesma s que as da cultura labrega tradicional galega, o que é lóxico, sendo as dúas parte da cultura labrega europea. Porén, na Galiza o mundo de relacións do Antigo Réxime tiña as súas particularidades, nomeadamente no relativo ás relacións coa Igrexa. A unidade básica era tamén a comunidade rural e autárquica, na que os labregos vivían en aparente harmonía co clero e a pequena nobreza. Os representantes da Igrexa, a clase social hexemónica até o século XVIII, mantiñan una rela ció n ambigua cos labregos : estes amosaban respecto, mais no fondo sentían un fondo anticlericalismo (Castro, 2007, 377). A s f e i ras, festas, veladas (fiadeiras, muiñadas, etc.) e chocalladas constituíron, como noutros lugares de Europa até o fin do século XIX, a expresión da cultura do pobo, que era maioritariamente analfabeto. A través d es as expresións o pobo expresaba, de forma d isimulada, o seu descontento e exercía unha resistencia simbólica contra a aculturación pretendida pola Igrexa. Esta institución emprendera no século XIV unha c r uzada contra os costumes populares, que consideraba contrarios á moral católica. A Igrexa pre ten día impor unha concepción do mundo baseada nunha ética e unha moral que habían condicionar as prácticas culturais do cotián no futuro; De tal xei to que unh a vez i nse ri das no cora zón da s fa mil ias , es ta éti ca e esta moral acabarían reproducíndose por sí s oas. De aí en principio a negación dos valores e da personalidade da cultura popular como unha cultura diferenciada da inspirada polos ideais de vida cristiáns. (D ubert, 2007, 31) . A alfabetización do s labregos e a imposición do uso do c astelán, así como a substitución dos costumes populares por cerimonias cristiás, constituíron os instrumentos deste proceso de imposición cultural que só se interrompeu ao final do século XIX, no momento no que o estado liberal e a transformación económica socavaron a hexemonía cultural do clero (Dubert, 2007, 74). As transformacións na estrutura do Estado español favoreceron o xurdimento dunha nova clase, a burguesía, que sen embargo non chegou a crecer en Galiza ao mesmo nivel que noutras áreas do Reino, nomeadamente Cataluña ou Euskadi. O proceso de industrialización foi lento e incompleto en Galiza, onde a burguesía n on era o bastante potente e onde a fidalguía se resistiu até 1900 a perder os s e us privilexios. A s mudanzas do sistema de propiedade das terras a partir da desamortización non permitiron aos labregos mercar as terras até o principio do século XX , cando as remesas de cartos dos emigrantes en América forneceron dun capital que antes semellaba inaccesíbel. A emigración, masiva durante o período, constituíu unha verdadeira sangría para un país que perdeu 1,5 millóns de traballadores entre 1860 e 1960 (Barreiro, Carballo, López e Senén, 1979, 150). Porén, a interpretacion deste fenómeno por parte dos analistas non é unánime. Un sector fala dunha “renuncia masiva á revolta” (Ibídem, 151). Doutra banda, recentemente a noción de resistencia ten sido ampliada para comprender tamén aquelas actitudes aparentemente conformistas dentro das formas de oposición da s ! 104 ! subalterna s. A partir das ideas formuladas por James Scott, xa comentadas, algunhas historiadoras do campesiñado galego teñen proposto a hipótese segundo a que a emigración constituíu unha das formas de resistencia de baixa intensidade practicada polos dominados na Galiza, presionados polas circunstancias económicas e políticas que l l es impedían actuar de maneira máis directa contra o poder (Castro, 2007 ; Cabana, 2013). En todo c a s o, o proceso de transformación revestiu en Galiza trazos particulares en relación a Francia. A implantación das estradas e das vías de ferro foi muito máis tardía que noutros lugares da Península Ibérica, en parte por causa da morfoloxía montañosa da Galiza oriental, o que retrasou as relacións comerciai s co interior. Porén, aínda que lentamente, unha industria conserveira tíñase establecido no litoral galego xa no século XVIII, da man de empresarios cataláns e bascos. A extracción de fer ro e a manufactura de cerámica foron as principais industrias establecidas por unha burguesía local na ce nte, mais non chegaron a se consolidar. Esta feble clase burguesa acabou por se aliar coa fidalguía propietaria da terra para impedir aos labregos que se apropiar an do seu medio de traballo (Barreiro e t a l , 1979, 158-160). Esta hibridación entre a burguesía e a pequena nobreza, en palabras de X a v ier Castro (2007, 383) ralentizou enormemente o proceso de mudanza en Galiza. Outro factor que postergou as transformacións económicas e culturais na Galiza foi o modelo de familia troncal e numerosa, na que os fillos e fillas estaban sometidos aos intereses e valores dos pais e avós. Este tipo de familia caracterízase pola resiliencia e capadade de adaptación en conxunturas variábeis ; os seus distintos membros organízanse para combinar as tarefas agrícolas tradicionais d e subsistencia co trab allo como xornaleiros en terras doutros e coas migracións estacionais ou temporais para exercer pequeno s oficios. Esa flexibilidade para xerar ingresos permitía comercializar as explotacións adaptándose ás demandas dos m ercados capitalistas, ao tempo que aseguraba a s u pervivencia do grupo doméstico e do modo de vida tradiciona l labrego. A plu ri act iv ida de famil ia r e a emigr aci ón tempor al dal gúns membr os da casa foron (…) a princi pal resposta económica das famili as labregas galegas ante o mercado capitalis ta e urban o que sub ordinou economicamente ó mundo rural, coa bend ición adm inistrativa e légal do Estado liber al español, desde mediados do século XIX : A este só lle interesa ba ex traer m an de obra, alimentos, impostos , so ldado s e, fina lmen te, votos , da Ga licia rural (S oute lo, 200 4, 57) . Outras voces da historiografía teñen matizado esta visión negativa da Galiza coma un territorio incapaz de saír do subdesenvolvemento. Apuntan a que cara a 1880 as capas labregas galegas comezaron a adaptarse ás innovacións técnicas e ás redes de comunicación para mellorar as súas condicións de vida. Impulsados polo avance do capitalismo no momento da implantación do estado b urgués en España, o s labregos souberon adoptar un papel protagonista no proceso de adaptación de Galiza ao novo sistema económico (Artiaga, Balboa e Fernández, 1997, 203). As vías férreas, unha vez completadas, fixeron posíbel o desenvo lv emento dun comercio de gado que, nun primeiro momento, reforzou a economía labrega (Artiaga e Villares, 2007, 201). A loita pola propiedade da terra, que o estado burgués pretendía deixar aos burgueses, ! 111 ! (Scott, 1990, 174). Porén, o réxime tratou de controlar e de reprimir a celebración de bailes e carnavais (o mesmo que a Igrexa fixera cos fiadeiros e muiñadas, segundo relata Dubert, 2007, 50), aínda que sen moito éxito, xa que os bailes e os carnavais seguiron a celebrarse en moitos lugares, tal e como constatan os testemuños orais e as sancións económicas que as autoridades locais impuñan en caso de as detectar. Para Cabana, esta teimosía por manter as formas festivas comunitarias... ( ... ) demuestra un grado significativo de impermeabilidad de la sociedad frente a las d isposiciones del franquismo. Esto supone que tradicion es y ciertos m odo s de vida, d e r e l a c i ó n y d e c o m p o r t a m i e n t o s anclados en el bag aje cultural se mantuvieron refractarios a los valores e ideolog ía desa rrollados por el rég imen (Cab ana, 2 013, 2 52) . En relación co espectáculo obxecto do presente traballo, cabe indicar que durante os meses de inverno adoitaba representarse en salóns de baile do rural, como preámbulo ao baile que a propia familia de artistas ambulantes amenizaba co seu gramófono, frecuentemente sen contar coa autorización gubernativa pertinente 116 . Alén da táctica empregada para burlar as prohibicións do momento (a autorización para celebrar o espectáculo de cinema e títeres permitía “coar” o baile na mesma sesión), a hibridación dunha forma festiva propia do modo de vida preindustrial (os títeres de cachaporra) con produtos dunha incipiente industria cultural (os discos de canción española) preludia o tránsito a novas formas de socialización que van ir penetrando, co auspicio do réxime nacionalcatólico, para configurar novos hábitos de consumo e de comunicación asociados a novos modos de vida e novas concepcións do mundo. 3.2.3. Consolidación da cultura de masas en Occidente. O fin do modo de vida tradicional campesiño, que Eugen Weber situou, no caso francés, ao remate da Grande Guerra (“une ligne symbolique de partage entre ce qui avait été et ce qui est”, 2010, 565) 117 , se ben non se verá concluído até ben despois da II Guerra Mundial (Rasse, 2006, 151), reviste trazos particulares no Estado Español pola especial política cultural que os sublevados contra a II República van impoñer a partir de 1939. Tales especificidades interesan para os fins do presente traballo, xa que determinaron a forma na que a cultura oficial foi consumida, lida ou empregada (segundo o papel máis ou menos activo que se lle confira ao pobo como receptor da mesma) durante as dúas primeiras décadas do Réxime Franquista, marco temporal ao que se cingue a análise. Porén, a pesar destas particularidades, o resultado do proceso será similar en España que no resto do Occidente capitalista: a expansión dun si stema de consumo masivo. Rematada a Primeira Guerra Mundial, boa parte de Europa continúaba estreitamente ligada ao terroir . Só unha pequena parte dos seus bens de uso cotián procedían da manufactura, o resto era producido a nivel local por artesáns ou labregos. O capitalismo industrial víase sacudido por crises periódicas, causadas polo desaxuste entre a oferta e a demanda. Para corrixir ese desaxuste, o sistema capitalista europeo tratou de estenderse ao resto do mundo, para o que precisaba desenvolver os medios de comunicación masiva que permitisen tecer as redes dun grande mercado planetario. Para conseguir que os mercados interiores, replegados sobre si mesmos, se abrisen, o grande capital industrial tivo que forzar unha mudanza !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 116 c omo relata Ju a n Silvent na entr evista real izada durante a gravación do doc umental Mo rre u o Demo , a cabo use a peseta , en setembro de 2011. 117 U nha divisoria de augas entre o que foi e o que é (t. p.) !! ! 112 ! nos modos de vida: daí que o fordismo simbolice a estratexia do capitalismo para colonizar todas as vidas (Rasse, 2006, 151). O éxito deste modelo baséase na súa capacidade para atraer a incipiente clase media cara ao consumo, grazas aos prezos asequibeis do Ford T, acadados mercede á hipersegmentación das cadeas de produción onde os operarios, desposuídos do seu oficio, constitúen simples pezas, e só os enxeñeiros gozan do privilexio da especialización. O sistema fordista introduce a sociedade industrial de masas, onde a expansión do consumo é chave. Chega primeiro aos Estados Unidos durante o período de Entreguerras, e unha vez vencida a II Guerra Mundial, implántase sen obstáculos na Europa “liberada”. A sociedade vai experimentar unha profunda mutación nos seus modos de vida. O consumo estandariza e masifica vivenda, transporte, alimentos, en detrimento dos modos de relacionamento tradicionais. As familias poden, a partir de entón, adicar unha parte dos seus ingresos aos bens da industria do lecer. A industria cultural acompañar á e reforzará a imposición dos novos modos de vida (Rasse, 2006, 151-161). A cuestión que permea este traballo é o espazo que esta nova cultura, a cultura de masas, deixa para as culturas populares. Isto é, trátase de determinar en que modo os grupos subalternos, o pobo (as “alianzas de antagonismos transitorias”), se expresan na sociedade que xenera esta nova cultura, hexemónica en Occidente desde a década de 1960. Trátase, evitando caer nun populismo que resultaría contraproducente alén de inxenuo, de rastrexar o papel activo das clases subalternas nesta cultura que teima en condenalas á pasividade. A industria cultural consolídase, chegando mesmo a substituír á cultura popular, pois, “la razón secreta del éxito y el modo de operar de la industria cultural remiten fundamentalmente al modo como ésta se inscribe en y transforma la experiencia popular ” ( Martín-Barbero, 1991, 88). Trátase dun proceso conflitivo e inzado de negociacións, que se ten definido como inscripción ou aculturación (nas visións que centran o foco na emisión), pero que pode ser tamén apropiación, mediación ou adaptación, se a análise pon o acento na recepción, entendida esta tal que usos ou lecturas. Esta segunda perspectiva outorga un papel máis activo a quen recibe a mensaxe, mesmo lle atribúe unha vocación de oposición ou resistencia. Nas seguintes liñas analizarase o xeito no que ese proceso tivo lugar no Estado Español durante os anos da Postguerra. 3.2.4 . Autarquía e cultura de masas contra cultura popular (ou a pesar dela) Tras a Guerra Civil que asolou todo o territorio español (incluídos os territorios que quedaron baixo o control do bando Nacional inmediatamente despois da sublevación 118 ) o Estado franquista tivo que construírse a través do exercicio da autarquía. Segundo a historiadora Helen Graham, a dimensión sociocultural da autarquía foi tan crucial para o proxecto franquista como a económica. “Autarkic structures and practices provided the means of social and cultural exclusion, and of physical and economic repression.” (Graham, 1995, 237) 119 . O réxime tratou de exercer a hexemonía cultural mediante a difusión do que Graham chama “unha visión arcaizante”, que inclúe unha revisión triunfalista da historia de España (existente como tal reino só desde a Idade Moderna) na que se destacan os mitos do Imperio “no !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 118 S e g u n d o L o u r e n z o F e r n á n d e z P r i e t o , p a r a Galiza a s u b l e v a c i ó n d e x u l l o d e 1 9 3 6 “ s u p u x o u n h a r u p t u r a d e proporcións aínda non totalmente ponderadas na articulación dos mercados, nas vías de especialización rexional desenvolvidas nos cen anos previos en España e mais nas condicións sociais e normativas n as que tiñan lugar as actividades económicas.” ( Fernánde z Priet o, 2007, 42) 119 As e s t r u t u r a s e p r á c t i c a s a u t á r q u i ca s f o r n e c er o n os m e d i o s d a e xc l u s i o n s oc i a l e c u l tu r a l e d a r ep r e si ó n f í si c a e económica. (t.p.) ! 113 ! que nunca se pon o sol” e se promoven novas e ampulosas formas de cerimoniais protagonizadas pola Igrexa e polo Estado, un exemplo do que Eric Hobsbawn chamaría “invención de tradicións” 120 . No sistema cultural instaurado tras a vitoria, a cultura “culta” pertencía aos vencedores. O réxime promovía un culto ao folklorismo vacuo –escindido das comunidades que o orixinaran e lle daban sentido- nos produtos da cultura comercial, pasados todos polo filtro da ideoloxía dominante. “Commercial popular culture in all this forms was perceived as useful to the regime because (...) it was seen as pacificatory, offering malnourished and unhappy Spaniards a form of –ostensibly depoliticized- ‘escapist’ entertainment” (Graham, 1995, 238) 121 . Entre as formas susceptíbeis deste uso incluíase o fútbol e as touradas, os filmes de Hollywood, a literatura de quiosque, os seriais radiofónicos e as cancións populares. Graham localiza nestas últimas as pegadas da sensibilidade das subalternas. Para unha grande parte da poboación, nunha tal situación de violencia social, a cultura traducíase na loita cotiá por cubrir as necesidades básicas. Isto inclúe a aplicación de distintas tácticas psicolóxicas para saír adiante naqueles tempos escuros. Segundo Graham, as cancións populares forneceron unha forma de catarse fronte á derrota. “This, however, was provided ‘by proxy’, in so far as the real cause of the grief and loss expressed could not be named” (Ibídem, 240) 122 . A conciencia popular tivo que aprender a expresarse de xeito elíptico para sortear a represión: In the songs, as in daily life, the mea ning ha d to b e sough t not in the words , but in the tone or stre ss, or in the spac e betwe en words . (.. . ) This ellipsis came to signify more than just a refusal to co mm unicate certain feelings or mem ories to o thers: it mean th eir sup pression below the le vel of consci ous thought itsel f (Graha m, 19 95, 2 40) 123 . Este refuxio do hidden transcript no faiado do inconsciente explicaría o frecuente rexeitamento de moitas persoas que viviron a posguerra a recoñecer abertamente a súa disconformidade co réxime franquista. Graham suxire que algunhas cancións populares poden ser lidas como un comentario irónico “on the enormous distance separating real life from the national- patriotic ‘moral superstructure’ of Francoism.” (Ibídem, 241) 124 . Estas cancións, así coma outras máis abertamente contestatarias, poden ser interpretadas como unha forma de resistencia cultural que axudou á xente a saír adiante. “They signify a kind !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 120 ‘ I n v e n t e d t r a d i t i o n ’ i s t a k e n t o m e a n a s e t of practic es, normally governed by overtly or tacitl y accepted rules and o f a ritual or symbolic nature, which seek to inculcate certain values and norms o f behaviour by repetition, which aut omatic all y implies continu ity with the past. In fac t, where possi ble, they normally attempt to establish continuity w i th a s u i t ab l e h is to r i c pa st (Hobsb awn, 1984, 1) . [ A tr ad i c i ón in ve n t a da vé n s i g n if i c a r u n ! conxunto de prácticas, normalmente rexidas por regras aberta ou tacitamente aceptadas e de natureza ritual ou simbólica, que aspiran a inculcar certos valores e normas de compo rtamenteo por repetición, o que au tomaticamente sup ón continuidade co pasado. De feito, cando é posíbel, normalm ente tratan de establecer unha continuidade cun p asado histórico apr opiado. (t.p. )] 121 A c u l t u r a p o p u l a r c o m e r c i a l e n t o d a s a s s ú a s f o r m a s e r a p e r c i v i d a c o m o ú t i l a o r é x i m e p o r q u e ( . . . ) e r a v i s t a como pacificatoria, ofrecendo aos m alnutridos e infelices españois unha forma de entretemento “escapista” – ostensiblemente des politizado - . (t.p.) 122 P o r é n , i s t o c o n s e g u í a s e ‘ p o r p o d e r e s ’ , d a d o q u e a c a u s a r e a l d o d ó e p e r d a e x p r e s a d a n o n p o d í a s e r n o m e a d a . (t.p.) 123 N a s c a n c i ó n s , c o m o n o d í a a d í a , o s i g n i f i c a d o t i ñ a q u e b u s c a r s e n o n n a s p a l a b r a s , m a i s n o t o n o u n o a c e n t o , ou no espazo entre pal abras. (...) Estas elipses viñan significar máis que un mero rexeitamento a comun icar certos sentimentos ou memorias aos demais: significa a súa supresion baixo o nivel do propio pensamento consciente. (t.p.) 124 S obre a enorme dist ancia que separ aba a vida real da “superestrutura mo ral” nacional - patriótica do Franqui smo. (t.p.) ! 114 ! of affirmative cynism in desperate times when so much human reciprocity had been reduced to the exchange value of the market” (Ibídem, 241) 125 . Segundo a autora, para a supervivencia no día a día era preciso pasar páxina e esquecer todo o que se perdera coa guerra, as aspiracións persoais e colectivas de “antes” debían ser autoreprimidas porque a súa memoria facía insuportábel a mezquindade do presente (“all the petty acts of mediocrity and prostitution (literal or metaphorical) which survival inevitably entailed” (Ibídem, 241) 126 ). O oco deixado pola autorrepresión daquela memoria colectiva encheuse cunha mitoloxía alternativa do material, especialmente dos alimentos, como os bens máis devecidos nunha época marcada pola carestía. Vázquez Montalbán 127 denominou este proceso “despolitización organizada da conciencia social”. A fame constituíu un instrumento (consciente ou non) de control social, pois serviu para erradicar os valores políticos inaceptábeis. “In the unremitting harshness of life, popular energy was channelled to wards the securing of small personal respites” (Graham, 1995, 242) 128 . Así pois, esta cultura da supervivencia xerada a partir dos produtos da industria cultural da España autártica, se ben forneceu un mecanismo para a expresión subrepticia do descontento, reduciría as resistencias á penetración de formas culturais alleas, contribuíndo a achaiar o camiño á cultura de masas e de consumo capitalista. In spite of the ev ident contradiction betwee n a uthoritarian catholic, national - pa trioti c culture on the one hand and the pre - consumerist values of much 1940 s p o p u l a r c u l t u r e o n t h e o t h e r , b e c a u s e t h e f o r m e r i m p e d e d or atrophied independent critical thought, there is a sense in w hich it can be said to have facilitat ed the uncritical assimilation of new, consumerist cultural values – under the later guise even of rebellion against regime puritani sm, or in som e cases against th e seriousness of the opposition (Graham , 1995, 243 ) . 129 Falouse máis arriba de como a cultura de masas houbo anular a cultura popular, se ben ésta conseguiu pervivir nos usos que fai dos produtos da cultura masiva. A visión de Graham, nese senso, é máis pesimista que ás dun Fiske ou dun DeCerteau, apaixonados defensores da potencia das tácticas das subalternas como fórmula de resistencia fronte á hexemonía. A proposta de Graham estaría na liña do traballo clásico de Richard Hoggart sobre os usos que as clases obreiras da Gran Bretaña dos anos 1940 facían dos produtos culturais producidos en masa para asegurar un goce á desesperada: “comment les stratégies marketing jouent avec la tendance hédonique des cultures populaires, à savoir prendre du bon temps quand cela est possible, quitte à obérer l’avenir, sans doute justement parce qu’il n’y a pas d’avenir” (Rasse, 2009, 59) 130 . Hedonismo resignado, cabería chamarlle á actitude aparentemente conformista !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 125 S ignifican un tipo de cinism o afirmativo en tempos desesperad os nos que ta nta reciprocida de human a tiña sido reducida ao valor de cam bio do mercado. (t.p.) 126 t o d o s o s a c t o s r u í n s d e m e d i o c r i d a d e e p r o s t i t u c i ó n ( l i t e r a l o u m e t a f ó r i c a ) q u e a s u p e r v i v e n c i a l e v a b a inevitabelm ente empa rellada. (t.p.) 127 Crónica sentimental de España: una mirada irrevere nte a tres décadas de mitos y de ensueños ( B a r c e l o n a , 1980) 128 N a implacáb el dureza da v ida, a enerxía p opular foi ca nalizada a aseg urar os pequ enos alivios p ersoais. (t.p.) 129 Ma li a a e v i d e n t e c o nt r a di c i ó n e n t r e a c u l tu r a a u t o r i t a r i a c a t ó l i c a e na c i on a l - patri ótica dunha banda e os valores pre - consumistas da maioría d a c u l t u r a p o p u l a r d a d é c a d a d e 1 9 4 0 p o l a o u t r a , d a d o q u e a p r i m e i r a i m p e d i u o u atrofiou o pensamento independen te e crítico, nun senso pode dicirse que facilitou a asimilación acrítica do s novos valores consumistas – malia a segunda aparent ar mesmo rebe ldía contra o purita nismo do réxime , ou n algúns casos contra a seriedade da oposición. (t.p. ) 130 c omo as estra texias de ma rketing xoga n coa tenden cia hedónica das culturas p opulares, a sab er pasalo be n cando é posíbel, a risco de endebedar o futuro, sen dúb ida xustame nte porque n on hai futuro. ( t.p.) ! 115 ! dun pobo que non ve máis posibilidade de resistir que a través do desfrute momentáneo de certos bens que o sistema pon ao seu dispor, inhabilitadas as expresións propias da creatividade popular pola forza das novas condicións de existencia que o mundo capitalista trouxo aparelladas. A proposta defendida neste traballo non nega o evidente impacto que a represión da Postguerra e o “desenvolventismo” da década de 1960 tiveron nas culturas populares labrega e operaria 131 existentes no Estado Español antes do Golpe de 1936. Porén, tratarase de sopesar até que punto esas culturas populares perviviron dalgún xeito (sempre precario e marxinal), camufladas nun uso que, en aparencia, denotaba aceptación do estado de cousas. 3.2.5. Entre a aculturación e a apropiación. Durante as primeiras dúas décadas da Postguerra, a cultura popular en Galiza vaise ir conformando, polo tanto, a base de impulsos en direccións diversas e con frecuencia opostas. Se ben por unha banda as expresións da creatividade popular resisten á aculturación e continúan a portar consigo os contidos do discurso oculto das subalternas, en moitos casos estas expresións van esmorecendo ao perder o sentido práctico que motivara a súa creación, pois moitas delas estaban asociadas a determinadas tarefas agrícolas ou comunitarias que deixarán de practicarse a medida que o modo de vida capitalista se vaia implantando (Weber, 2010, 562). Tomando o exemplo das danzas tradicionais, que consituíran outrora unha expresión colectiva das comunidades rurais galegas (e que, o mesmo que en Francia, desempeñaban unha serie de funcións que ían desde a máxica á recreativa, sen esquecer a utilitaria de achaiar a terra ou a de ritual de seducción, Weber, 2010, 529); éstas serán progresivamente substituídas por danzas de tipo urbano, realizadas nun local acoutado para ese uso (salón de baile, campo da festa) e amenizadas por un organillo ou un conxunto musical que interpreta pezas orixinarias da incipiente industria da canción española. As danzas tradicionais, integradas polo Réxime (a través das agrupacións de “Coros y Danzas” da Sección Femenina da Falange) nunha versión estilizada e marcial, deixan de exercer o papel de socialización nas comunidades rurais. Este será desempeñado agora polos salóns de baile e as verbenas populares. As capas subalternas da poboación incorporan, deste xeito, formas novidosas de comunicación, producidas pola industria, e reinterprétaas. Seguido a perspectiva proposta por De Certeau e os cultural studies , esta reinterpretación dos usos culturais outórgalle aos grupos subalternos un rol activo que viría contrarrestar as lecturas negativas dun Eugene Weber ou dun Richard Hoggart. Deste xeito, lonxe dun proceso de aculturación, no que a cultura subalterna adopta acriticamente trazos da dominante (Burke, 2010, 94) óptase por falar de “apropiación” ou bricolaxe cultural (Ibídem, 133), procedementos considerados naturais no devir de toda cultura, dado que, recuperando as ideas de Gramsci, a cultura popular non deixa de constituír un conglomerado de concepcións do mundo, reflexo das condicións da vida do pobo en cada momento e lugar. Asumindo que toda cultura está composta de empréstimos e de apropiacións, cabe preguntarse polas intencións que subxacen a estas: “hay que descubrir la lógica detrás de la elección, las razones, conscientes o inconscientes, que nos llevan a elegir !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 131 E n Galiza a cu ltura operaria e ra só incipiente no mom ento do golp e de estado fa scista. A cultu ra popular labrega, com o xa se viu , mantíñase v ixente no rur al e constituiría o principal foco de resistencia s imbólica (Soutelo, 2004, 61; C abana, 2013, 46). ! 116 ! ciertos elementos de un repertorio y a rechazar otros.” (Burke, 2010, 104). Nese senso, as interpretacións que lamentan ou celebran a desaparición da cultura popular (as daqueles autores que consideran que ésta tería pasado a integrarse na cultura “única” dominante 132 ) son aquelas que dan por feito que as prácticas culturais das subalternas no marco da hexemonía capitalista perseguen unicamente o entretemento. As expresións da cultura tradicional campesiña perden o seu sentido primixenio e, cando conseguen persistir, fano como puras reminiscencias pintorescas dun modo de vida pretérito. Os elementos residuais (orixinados na cultura pasada mais continuando activos no novo modo de vida) terían sido incorporados por completo á cultura dominante, isto é, a cultura de consumo de masas. Xunto a elas, as novas formas de entretemento, fornecidas pola industria cultural, serían adoptadas como mera fonte de esparcimento, de evasión ou de goce efémero, acorde ao “hedonismo resignado” do que falaba Hoggart. Segundo Martín-Barbero (1991), a cultura de masas foi xestada lentamente desde o popular (135). Na segunda metade do século XX, cando a cultura devén espazo estratéxico da hexemonía, contribuíndo a difuminar as diferenzas e reconciliar os gostos, a cultura de masas construiríase a partir de sinais de identidade deformadas da cultura popular. Este proceso operaría a través dos “dispositivos de massmediación” encargados de cubriren o conflito de clase mediante a súa resolución no imaxinario dos dominados. A par ti r de l os sesen ta la cult ura pop ula r urbana es ce rca da p or la industria cultural que deja cada día me nos espacio s fuera de su influencia , y traspone unos modelos que toma crecientemente del mercado trasnac ional. La p ropuesta cu ltural se torn a s educció n tecnoló gica e incitació n al consu mo, h omog eneizac ión de lo s e s t i l o s d e v i d a d e s e a b l e s , arrumbamiento de lo nacional en "el limbo anterior al desarrollo tecnoló gico" e incorpo ración d e los vie jos conte nidos s ociales, cu lturales, religiosos, a la cultura del espectáculo . E n esa tarea la publicidad será esencial: tra nsforma los productos comerciales en instituci ones hogareñas al tiempo que contribuye a mitificar un "progreso" tecnológico q ue en las condiciones económicas, de las clases populares se traduce en desvaloriz ación cotidiana d e s u s s a b e r e s y s u s p r á c t i c a s ( M artín - Ba rber o, 1991, 212) . No Estado Español este proceso tamén se verificará, se ben coas particulariedades xa reseñadas, froito da súa situación política. A festa vai ser progresivamente substituída polo espectáculo: xa non se participa, mírase. O teatro popular das compañías itinerantes que percorrían os salóns rurais será progresivamente substituído polo cinema, e a música tradicional pola canción española e o pop. O pobo atopa nestes produtos culturais, subministrados en formatos novidosos mais combinados con contidos e expresións antigas, o material necesario para a construción de novos mitos. Hoggart, na súa descrición das clases populares suburbanas da Inglaterra dos anos 40 observa que as industrias culturais son aceptadas sempre que poidan asentar sobre unha actitude antiga (1958, 239, 339). Porén, a acción do masivo é sentida tal que desposesión cultural ( Martín-Barbero, 1991, 87- 88). !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 132 Segundo W eber, a finais do século XIX “la culture populair e et la culture des élites étaie nt de nouveau réunies” (2010, 587) [a cultura pop ular e a das elites estaban de novo reun idas; t.p.] ! 117 ! Esta análise da integración da cultura popular por parte da masiva non exlcúe a posibilidade de que o proceso opere en sentido inverso. Por unha banda, o consumo dos produtos da industria cultural, malia levar aparellada a asunción acrítica da desigualdade social no cotián, pode tamén constituír unha plataforma sobre a que se constrúan resistencias. El consumo no e s s ó l o r e p r o d u c c i ó n d e f u e r z a s , s i n o t a m b i é n producción de sentidos: lugar de una lucha que no se agota en la posesión de los objetos, pues pasa aún más decisi vamente por los usos que les dan forma social y en los que se inscriben d emandas y disp ositivos d e a c c i ó n que provienen de dif erentes com petencias culturales ( Mart í n - Bar ber o, 1991, 232) . De tal maneira que no contexto da cultura de masas hai un espazo para as “arts de faire” que operan nas marxes e no efémero, e por iso mesmo teñen poucas opcións de deixar unha pegada visíbel ou de desencadear unha transformación inmediata do estado de cousas. Porén, son quen de “marcar la realidad política con unha huella duradera, no de impedir las formas de dominación, sino de condicionarlas y modificarlas” (Levi, 99, citado por Cabana, 2013, 282). A natureza marxinal e efémera desas tácticas operadas nas prácticas de consumo cultural limita a posibilidade de determinar o grao de influencia que poidan ter na resistencia á dominación. Do mesmo xeito, o modo no que determinados elementos residuais da cultura popular manteñen vixente a súa potencia opositoria é difícilmente mesurábel, especialmente cando operan en combinación con expresións massmediadoras que contribúen á implantación da cultura de masas a partir de elementos recoñecíbeis da cultura popular. Tal situación corresponde ao caso de estudo do presente traballo. 3.3 M EMORIA , PEGADAS D A CULTURA T RADICIONAL E PROCESO S D E PATRIMONIALIZAC IÓ N . Para trazar o mosaico teórico que soporta este traballo realizouse un percurso polas problemáticas arredor das chamadas culturas populares, especialmente por aquelas perspectivas centradas no papel das expresións desas culturas como configuradoras do devir dos sectores sociais subalternos e nas tácticas deses sectores na súa relación co poder político. Como xa se advertía ao principio, toda ollada que se pouse nas expresións culturais dos grupos subalternos de tempos pretéritos debe asumir a dificultade de traballar con pegadas escasas, difusas e en moitas ocasións manipuladas polo nesgo dun tradutor pertencente a outra clase. A natureza eminentemente oral da maior parte destas pegadas dificulta ou imposibilita a súa recolla e estudo actuais, o que leva a cuestionar a lexitimidade dun tal estudo, conducindo, unha vez máis, ao cul de sac do miserabilismo. O mesmo ocorre cos procesos de patrimonialización dos bens culturais materiais ou inmateriais propios daqueles grupos. Non en balde, este traballo intégrase nun proceso dese tipo, pois aspira a dar visibilidade e contribuír á comprensión dunha expresión pertencente a unha subcultura marxinal e, en consecuencia, escasamente atendida polas institucións científicas. Tal comprensión, enténdese, fará posíbel unha ulterior reapropiación do fenómeno pola sociedade como parte da súa identidade e memoria colectivas, dúas nocións problemáticas que adoitan acompañar a idea de patrimonialización. Nos seguintes apartados establecerase a noción de memoria adoptada neste traballo, que se sustenta nunha concepción construtiva que entende a memoria ! 118 ! colectiva como, por unha banda, resultado da sedimentación de múltiples experiencias subxectivas, e o resultado dunha vontade compartida de construír un relato común, pola outra. A transmisión da memoria colectiva, fronte ao establecemento de relatos históricos, apóiase nese carácter diverso e heteroxéneo que é propio dos suxeitos subalternos. A construción do patrimonio como acto participado por unha determinada comunidade susténtase nun proceso semellante, polo cal determinadas memorias do pasado son recuperadas e obxecto dunha transformación simbólica. Fronte a nocións liberais e verticais que entenden o patrimonio como o reflexo da tradición selectiva dunha cultura dominante, atenderase a procesos de activación patrimonial promovidos polas comunidades, que aspiran a pór en valor os bens culturais que conformaron o seu pasado. Estas iniciativas son o resultado dunha decisión colectiva no presente pola cal se constrúe un vínculo cun Outro que habitou o pasado. Un grupo social reclámase depositario dunha memoria social antiga, que desta maneira volve a ser memoria colectiva. O feito de producírense en contextos de mudanza cultural, nos que os bens obxecto de patrimonialización están en risco de desaparición, outorga a estes procesos unha virtualidade como axentes de adaptación ou de resistencia colectiva ás mudanzas. A patrimonialización dos colectivos sociais marxinalizados, sen pegada, é dobremente problemática. Nese caso, cada ben recuperado constitúe unha vitoria furtiva contra o tempo, e a súa activación por parte da xeración do presente presenta unha serie de potencialidades reivindicativas da diversidade e da identidade que o convirten nun acto de intensa carga política. A reactivación dos bens como patrimonio constitúe, en todo caso, un proceso esencialmente comunicativo, polo cal unha xeración receptora modifica o significado dun ou dunha serie de bens que decide colectivamente incorporar ao código cultural do seu presente, devindo emisora para sucesivas xeracións. Para que este proceso sex a efectivo debe comparecer un sentimento de pertenza que permita a apropiación simbólica a este legado patrimonial. Nese senso, a construción de identidades colectivas, como representación consensuada polos membros dunha comunidade dos seus elementos comúns, constitúe un dos valores dos procesos de activación patrimonial como o que será obxecto de análise neste traballo. 3.3.1.Memorias colectivas: entre o imposíbel e o imprescindíbel (. .. ) chaque m émoire individuelle est un point de vue sur la mémoire collective. (Halbwa chs, 1 968, 3 3) . Falar de patrimonio cultural remite inevitabelmente á noción de memoria que, ao igual que a de identidade, constitúe unha construción social e polo tanto é produto dunha axencia e de decisións historicamente adoptadas. Ma urice Halbwachs, un dos principais defensores da idea da memoria colectiva, considera que mesmo as memorias máis íntimas de cada individuo son construídas sobre un substrato de vivencias compartida no interior dun grupo, sexa este maior ou menor (por exemplo, o núcleo familiar). As memorias individuais constituirían parte dun fluxo de pensamento colectivo: “On ne se souvient qu’à condition de se placer au point de vue ! 119 ! d’un ou de plusieurs groupes et de se replacer dans un ou plusieurs courantes de pensée collective.” (Halbwachs, 1968,15) 133 . Joël Candau diferencia tres tipos de memoria individual, coas súas correspondencias no plano colectivo. Empeza pola protomemoria, “experiencia incorporada” que permite actuar sen someter cada acto á continua toma de decisións (Candau, 2001, 19-20). Este tipo de memoria lembra á noción de hábitus de Bourdieu ou á de habituación, que Berger e Luckman colocaron na orixe de todo proceso de institucionalización social (Berger e Luckman, 1998, 75). A protomemoria é unha memoria imperceptíbel, inconsciente. Séguelle a memoria propiamente dita, a lembranza ou recoñecemento convocados deliberadamente ou evocados de xeito involuntario. Por último, a metamemoria é a representación que cada individuo fai da súa memoria e o que expresa desa memoria. A metamemoira é, por tanto, a memoria reivindicada e a que conduce á construción explícita da identidade (Candau, 2001, 21). Dado que a facultade de lembrar é, considera, individual, Candau nega a posibilidade dunha protomemoria colectiva e entende a memoria colectiva como unha forma de metamemoria, “un enunciado que los miembros de un grupo quieren producir acerca de una memoria supuestamente común a todos los miembros de ese grupo” (Ibídem, 22). A memoria colectiva sería, polo tanto, o resultado dunha vontade de sumar lembranzas, de construír unha comunidade que é tan só hipotética (posto que os estados mentais son únicos e imposíbeis de comunicar). A memoria colectiva constituiría unha área de circulación das lembranzas individuais delimitad a a través de actos colectivos de memoria. (Ibídem, 32). As lembranzas, repetidas e transmitidas dentro dun grupo humano de xeito durábel, acaban por convertirse en representacións culturais (simultaneamente individuais e públicas). Berger e Luckman si entenden a posibilidade dun corpus ou depósito común de coñecemento (de protomemorias) nos que se incorporarían as biografías e experiencias partilladas por un grupo de individuos. Porén, puntualizan, para que esa “sedimentación intersubxectiva” poida considerarse social ten que se ter obxectivada nun sistema lingüístico, é dicir, ten que surxir a posibilidade de “objectivizaciones reiteradas de las experiencias compartidas. Sólo entonces hay probabilidad de que esas experiencias se transmitan de una generación a otra, y de una colectividad a otra” (Berger e Luckman, 1998, 91). Todos os autores citados atribúen ao elemento comunicativo, á transmisión, un papel decisivo na conformación da memoria colectiva, tanto se é entendida como representación ou como sedimentación intersubxectiva. Halbwasch aborda a cuestión da transmisión das memorias colectivas (memorias “vivas” dentro dunha comunidade) e define como memoria social aquela composta de restos de antigas memorias colectivas que deviron “correntes de pensamento”, ou pegadas do pasado que nutriron da súa materia á historia (entendida como “reconstrution socialle d’un temps abstrait substitut du passée” 134 Davallon, 2002, 57). Eses restos de memorias colectivas, transmitidos tamén a través das memorias persoais ou individuais (os avós que educan os netos nos valores propios do seu mundo, xa extinto) serven de soporte dun traballo para darlles senso e significación, para integralas nun relato histórico (Halbwachs, 1968, 50). Pois “l’historie ne commence qu’au point où finit la tradition, !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 133 S ó l e m b r a m o s a c o n d i c i ó n d e s i t u a r n o s n o p u n t o d e v i s t a d u n o u de varios grupos e de recolocarnos nunha ou varias corrent es de pensamento col ectivo (t.p. ). 134 re construción social dun tem po abstracto substituto do pasado. (t.p.) ! 120 ! moment où s’éteint où se décompose la mémoire sociale. Tant qu’un souvenir subsiste, il est inutile de le fixer par écrit” (Ibídem, 68) 135 . A memoria colectiva forma parte dunha corrente de pensamento continuo, mentres que a historia organiza o pasado segundo períodos estancos. A memoria dunha sociedade desaparece cando desaparecen os grupos dos que se compón. As memorias son diversas e múltiples, como son diversos e múltiples os grupos que as compoñen. Pola contra, a historia busca a unicidade, a xeralización nun esquema cronolóxico e espacial que non pode reter todas as variábeis de espazo e tempo, e que se centra nas modificacións operadas no plano diacrónico (Ibídem, 70-77). Fronte á historia entendida como relato oficial dun pasado colectivo, a memoria social perténcelles a aqueles sectores con menor ou nula presenza no discurso dominante. Pierre Nora reivindica esa concepción da memoria, como construción colectiva que presupón, necesariamente, unha ruptura co pasado: Ce que l’on appelle aujourd’hui communém ent mém orie, au sens ou l’on parle d’un e memo ire ouvrière, occ itane, fémin ine, est (...) l’avéne ment d ’une con science historique , d’une trad ition défu nte, la récuperation reconstitutrice d’un p hénom ène do nt nous somm es sépa rées, et qui intéresse le plus directement ceux qui s’en sentent les descendants et les hé ritiers: un e traditio n qu e l’histo ire offic ielle n’a vait pa s nulle ment éprouvé le besoin de prendre en co mpte parce que le groupe n ational s’était le plus sou vent construi t s ur son étouffe ment, sur son silence [...] Cett e mé moire es t en fai t leur hi st oir e” (ci tad o po r Da val lon, 2 001, 54) 136 . 3.3.2. Construír o patrimonio: entre a escolla e a invención Todo rexistro dunha cultura pasada resposta a unha selección realizada atendendo aos intereses dun determinado grupo social, que decide pór en valor e enfatizar uns elementos da súa cultura vivida por riba de outros. Normalmente, son os grupos dominantes de cada período os que privilexian aquelas expresións da súa cultura vivida que máis conveñen ao seu relato da historia dun pobo, ou o que é máis habitual, dunha nación que precisa reforzar o sentimento de pertenza das persoas que debe aglutinar. Raymond Williams chamou “tradición selectiva” a este construto simbólico que acaba por xerar unha nova cultura “ideal”, ao tempo que exclúe determinados aspectos do que foi a cultura vivida e que non lle interesa resaltar (Williams, 1975, 38-39). Eric Hobsbawn (1984) falou da “invención de tradicións” para referirse ao proceso concreto de elaboración de rituais ex novo, ou a partir de expresións anteriores relaboradas, para consolidar o novo estado burgués na Europa de finais do século XIX e primeira metade do XX. É precisamente nese marco cronolóxico no que pode ubicarse o nacemento da noción liberal do patrimonio , termo !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 135 a historia só come za no punto n o que remata a tradición, mom ento no que se apaga ou s e de scompón a memoria social. Mentres unha lembranza subsiste, é inútil fi xala por escrito. (t.p.) 136 O que hoxe chamam os comun mente me moria, no se nso no que f alamos de m emoria o peraria, occitan a, feminina, é (...) o advento dunha consciencia histórica, dun ha tradición difun ta, a recuperació n reconstituín te dun fenómeno do qu e estamos separados e que interesa máis directam ente aqueles que se senten os seus descenden tes e herdeiros: unha tradición que a historia oficial nunca tivo a neces idade de tomar en conta porque o grupo nac ional foi as máis das veces construído sobre a súa extinción , sobre o seu silencio [...] Esta memoria é de feito a historia deles. (t. p.) ! 127 ! en memoria colectiva constitúe en si mesma un proceso de comunicación. A capacidade para estender no interior dun grupo a necesidade de recoñecer un determinado ben cultural como patrimonio común reside amplamente na súa potencialidade de ser comunicado e entendido como propio por todos os membros, de xenerar o que Gómez Redondo denomina “vínculo patrimonial” (Gómez-Redondo, 2013, 70). “La generación receptora, antes de convertirse en una nueva generación emisora, procesa, interviene, selecciona, patrimonializa y reelabora el acervo patrimonial para poder transmitirlo” (Ibídem, 71). Os bens culturais activados, desprovistos da súa funcionalidade orixinal, pasan a respostar a outro tipo de necesidades de tipo simbólico: o testemuño de tempos idos, a nostalxia ou a reivindicación política ou identitaria. O seu significado desvincúlase da súa funcionalidade primaria para referirse a relacións de pertenza, propiedade e identidade que se xeran entre determinados bens e persoas. No proceso patrimonializador, entendido como comunicación, opera por tanto unha mudanza de significado. Ao tempo, prodúcese un cambio de roles, dado que o receptor do ben patrimonial devén emisor da mensaxe resignificada. Non abonda coa recepción do ben patrimonial para que esta transformación en emisor se produza, senón que é preciso que comparezan no individuo a valoración do proceso patrimonial e do seu produto, proceso do que debe ser conscientemente partícipe (sentimento de pertenza); a apropiación simbólica do patrimonial e unha nova auto- percepción, o que Gomez-Redondo (2013) denomina “identización” (78). Para que se poida falar de patrimonio teñen que existir persoas que o desexen transmitir, comunicalo. Daí a importancia dos vínculos entre obxecto e suxeito patrimoniais (entre o ben cultural e as súas herdeiras ou portadoras), imprescindíbeis para que se produza o cambio de roles antes descrito. “A través de la creación, o ampliación de sentimientos de pertenencia y de identidad el individuo se completa y se relaciona con el medio y con la sociedad, generándose vínculos interpersona les a través de elementos patrimoniales” (Gómez-Redondo, 2013 79). Deste xeito, a investigadora segoviana outorga unha dimension humana ao patrimonio, considerado tal que lugar de encontro e de interacción de historias individuais que se poñen en común, de xeito análogo a un arrecife no que van sedimentando para dar lugar a unha identidade da comunidade (Ibídem, 2013, 82). Deste xeito, a construción de identidades aparece no outro extremo do proceso patrimonial, como funcionalidade principal dos bens culturais na súa nova vida como obxectos patrimonializados. 3.3.7. Activación patrimonial e identidades colectivas Enténdese a identidade como un proceso de construción de sentido por parte dos individuos, a partir non só dos elementos comúns con outros actores sociais, senón tamén daquilo que os diferencian (Barker, 2003, 60). Fronte a concepcións esencialistas da identidade, deféndese a pluralidade de identidades que atravesan a cada individuo ao longo do seu devir como unha serie de construcións discursivas, enunciadas nunha linguaxe que non é tampouco estábel nin terminada. “No podemos tener una identidad, sino que somos más bien una malla sin centro de creencias, actitudes e identificaciones.” (Ibídem, 55). A pesar desa noción “descentrada” da identidade, os individuos tendemos a construír unha “narrativa do Eu” para convencernos de que temos unha identidade máis ou menos estábel (Ibídem, 37). A identidade individual constitúe o substrato da identidade colectiva ou compartida, que se conforma a través dunha valoración do que se entende como propio do grupo. “Supone hacer común, y aportar algo a esa comunidad” (Gómez- ! 128 ! Redondo, 2013, 96). Os individuos comparten aquilo que consideran común e chegan a un consenso do que se deriva unha identidade colectiva. Este proceso ten que ver coa sedimentación subxectiva definida por Berger e Luckman. Aínda que estes autores son renuentes ao emprego do termo “identidade colectiva” (“a causa del peligro de hipostatización falsa (o reificadora)”, Berger e Luckman, 1998, 216), aceptarase o seu uso “nun senso metafórico” (Candau, 2001, 22), tal que representación dos individuos como membros dun grupo (Ibídem, 23) e, o que é máis interesante a efectos deste traballo, como proceso dinámico polo cal os membros dunha sociedade tratan de adaptarse á mudanza. O obxecto patrimonial, “aporta un lenguaje para la comunicación entre los miembros de esa identidad naciente” (Gómez-Redondo, 2013, 96), ese código común imprescindíbel para que a sedimentación intersubxectiva chegue a bo porto. Segundo Castells, na sociedade contemporánea (que denomina “sociedade Rede”) os individuos, dentro da tensión de autorepresentacións que os atravesa, tenden a primar unha identidade primaria arredor da cal organizar colectivamente o sentido. Estas identidades colectivas constrúense a partir de materiais diversos (historia, bioloxía, xeografía, memoria, institucións, fantasías persoais, aparellos de poder...) que son procesados polos individuos e os grupos sociais e reordeados segundo o senso, as determinacións sociais, os proxectos culturais e o contexto histórico concretos. “En términos generales, quién construye la identidad colectiva, y para qué, determina en buena medida su contenido simbólico y su sentido para quienes se identifican con ella o se colocan fuera de ella”. (Castells, 1997, 29) O sociólogo catalán diferencia tres tipos de identidade: a lexitimadora, construída polas institucións dominantes; a resistente, construída polas subalternas para sobrevivir á situación de dominación; e a identidade-proxecto, construída tamén polas oprimidas co fin de redefinir o seu papel na sociedade e transformala. A identidade resistente ten como resultado a creación de comunidades ou comunas culturais, asentadas na fronteira e na actitude defensiva frente ás institucións dominantes. Xustamente, na Sociedade Rede, as subalternas atopan unha alternativa para a construción de sentido na reconstrución deste tipo de identidades asentadas arredor de principios comunais que se consideran orixinados na historia, na xeografía ou na bioloxía (Ibídem, 33). A noción de identidade resistente de Castells resulta apropiada aos obxectivos deste traballo, sempre e cando parta dunha vision dinámica da identidade. A idea da identidade como proceso 144 , como o a vía que empregan as comunidades para adaptarse ás situacións de mudanza, como táctica de resistencia, permite situar os proxectos de activación patrimonial dentro dunha axencia social con vocación transformadora. O patrimonio cultural, como se viu, constitúe un dos códigos nos que esa identización, esa axencia a través da identidade, se comunica no interior dos grupos. ! ! !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 144 Gómez - Redondo cuña o termo “iden tizac ión” para incidi r neste caráct er procesual da identidad e. (Gómez - Redondo, 2013, 84). ! ! 129 ! BLOQUE II: MARCO METODOLÓXICO ! 130 ! CAPÍTULO 4. DESEÑO DA I NVESTIGACIÓN Unha vez delimitado o cadro conceptual que rodea o problema de investigación (o teatro popular de marionetas como medio de comunicación das subalternas), considéranse postas as bases para a formulación dos obxectivos específicos da pesquisa. É preciso aclarar, chegadas a este punto, que malia a seguir unha estrutura propia das investigacións sociais empíricas, este traballo combina tamén elementos da investigación social teórica, dado que as hipóteses que se formulan como resposta aos obxectivos de investigación non tratarán de verificarse só a partir dos datos obtidos, mais tamén a partir dunha reflexión soportada polo mapa conceptual trazado na primeira parte deste traballo. Esta decisión ten a súa xustificación na práctica ausencia de traballos académicos previos sobre o problema de investigación desta tese, o que obriga á formulación de hipóteses de tipo teórico que permitan cubrir ese baleiro e achegar unha mínima base a ulteriores traballos de corte empírico. Asemade, o feito de tratarse dunha expresión da cultura popular de transmisión oral non rexistrada fai o caso de estudo dificilmente apreixábel cos instrumentos de análise propios da observación sociolóxica, o que obriga, unha vez máis, á proposta de respostas de tipo dedutivo baseadas na extrapolación das teses relativas a casos similares ao que fai obxecto deste traballo. Neste senso, asúmese a necesidade dun enfoque construtivo que combine distintas estratexias metodolóxicas e un razonamento simultaneamente indutivo e dedutivo, algo por outra parte inevitábel en toda investigación que se centre nun aspecto da realidade social. Optarase, pois, polo pluralismo metodolóxico e o construtivismo epistemolóxico no deseño da investigación, nun proceso creativo e necesariamente subxectivo para verificar de xeito argumentado e coherente as hipóteses que a continuación se presentan. 4.1. O BXECTIVOS E HIPÓTESE S DE INVESTIGACIÓN . O problema de investigación do presente traballo constitúeo un dispositivo de mediación simbólica, un medio de comunicación popular, para empregar a terminoloxía defendida máis arriba. Trátase dun espectáculo de teatro popular de títeres de cachaporra do que, se ben estivo activo desde polo menos 1910 até a década de 1960, se atenderá á súa práctica e recepción durante o período da chamada Posguerra no Estado Español, período do que existen máis rexistros. É, polo tanto, un medio de comunicación pouco convencional, no sentido de que se trata dun dispositivo efémero, que desaparece tras cada representación, e que só existe ou cobra carta de realidade como feito social durante o instante no que se confronta co público. A pesar desas dúas peculiaridades, nesta investigación defenderase a súa lexitimidade como tal medio de comunicación social, propio das capas subalternas da sociedade galega durante o período analizado. Tomando como base o cadro conceptual tracexado nas liñas que anteceden a este apartado, analizarase o tal medio de comunicación encadrado no seu contexto e tratarase de determinar o papel que desempeñou nas comunidades subalternas galegas durante o período analizado. A interrogación xeral sobre o problema de estudo inclúe tamén un intento de extrapolación do mesmo ao momento presente; valorando o xeito no que o medio de comunicación analizado podería intervir na realidade social contemporánea ao momento no que esta tese se escribe. ! 131 ! Este obxectivo xeral ( Análise do espectáculo de Barriga Verde como medio de comunicación popular durante o período 1939-1960 en Galiza ) pode dividirse en tres obxectivos específicos que guiarán a reflexión teórico/empírica : Obxectivo 1 Determinar se o teatro popular de marionetas (especificamente o espectáculo de Barriga Verde) constituíu unha expresión do discurso oculto das subalternas durante o período estudado. A consecución deste obxectivo requerirá identificar os mecanismos a través dos cales o teatro de Barriga Verde infiltrou contidos opositores/antihexemónicos a través do discurso público transmitido durante a representación do espectáculo en espazos públicos como feiras e salóns de baile. Obxectivo 2 Detectar os aspectos nos que o espectáculo de Barriga Verde acompañou a penetración da Cultura de Masas en Ga liza , constituíndo un exemplo de massmediación . Estudaranse as estratexias económicas dos responsabeis do medio: fórmulas para captar a atención do público, mecanismos de remuneración dos artistas e de cobro ao público, organización empresarial do medio. Analizarase tamén o propio discurso do espectáculo (tipo de números presentados e orde na que se dispoñen) para valorar o grao de influencia dos contidos da Industria Cultural e as tácticas de apropiación empregadas. Por último, valorarase se a introdución de elementos propios da Industria Cultural tivo consecuencias no devir do medio de comunicación. Obxectivo 3 Cuestionar a lexitimidade e o interese da activación do espectáculo de Barriga Verde como patrimonio cultural. Este terceiro obxectivo supón unha extrapolación do caso de estudo á actualidade. Parte do cuestionamento da vixencia ou perennidade da potencia subversiva do medio (en caso de verificarse); isto é, tratarase de dilucidar se a capacidade do medio de comunicación de vehiculizar a expresión dun descontento é inherente ao propio medio ou está suxeita ás circunstancias nas que se puido desenvolver durante a etapa estudada. Parte da discusión sobre a lexitimidade dos procesos de patrimonialización das culturas populares e a súa instrumentalización para o reforzamento identitario das comunidades subalternas. Destes obxectivos específicos, así como dunha primeira reflexión a partir do mapa conceptual deseñado, infírense unha serie de hipóteses que tratarán de verificarse nas seguintes páxinas deste traballo. H1. A cultura popular galega resistiu durante séculos aos dispositivos da hexemonía cultural, conservando as súas prácticas culturais propias á marxe ou disimuladas no interior das expresións da cultura dominante. Os espectáculos de teatro de marionetas constituiron unha forma de cultura popular que as subalternas empregaron como medio de comunicación propio. Tomaron partido polo pobo, vehiculizando de forma subrepticia contidos do discurso oculto das subalternas nas mensaxes que expresaban publicamente. H2. O dispositivo espectacular no que se encadraban as marionetas de Barriga Verde ilustra a apropiación dunha forma cultural novidosa por parte dos grupos subalternos en Galiza , durante un período de mudanza cultural no que as condicións históricas forzaban a unha transformación do cadro de vida da poboación e, derivada dela, unha transformación cultural que conduciría á xeralización da cultura de masas. Os pavillóns da familia Silvent conservaron unha expresión da cultura popular tradicional (as marionetas de luva), ao tempo que introduciron mecanismos propios da ! 132 ! Industria Cultural. En consecuencia, o medio de comunicación analizado actuou tal que dispositivo de masmediación , e por tanto co nstituíu un reflexo da nova concepción do mundo vencellada á Modernidade. H3. A reactivación de Barriga Verde como medio de comunicación popular, sempre e cando se realice a través da implicación activa das novas xeracións, pode conducir a unha axencia, a unha mobilización social transformadora. Este proceso deberá perseguir a identificación deste medio de comunicación como patrimonio no que a sociedade se sinta reflectida e emocionalmente identificada. 4.2. D ELIMITACIÓN DA POBOA CI ÓN OBXECTO DE ESTUDO . O caso de estudo no que se apoian as hipóteses desta tese constitúeo, por unha banda, un medio de comunicación: o espectáculo de Barriga Verde. Tal e como se defendeu, o medio de comunicación é un dispositivo complexo que non se pode reducir aos seus componentes técnicos, senón que implica unha axencia activa por parte dunha serie de persoas, aquelas que en termos comunicativos podemos definir como emisores e receptores dunha serie de mensaxes, e que no que respecta a este estudo consitúen tamén obxecto da investigación. Coherentemente coa idea da comunicación defendida, considerada unha forma de acción social, e co a asunción da realidade social como construción intersubxectiva, entenderase a estes individuos ou colectivos non tanto como obxectos de investigación, senón como suxeitos da mesma. Tendo en conta estas premisas, delimítase para o presente estudo un suxeito colectivo, composto por distintas persoas agrupadas arredor dun artefacto cultural, un medio de comunicación popular que constitúe o espectáculo de Barriga Verde. Este medio é o resultado da interacción de distintos actores: por unha banda, os artistas ambulantes que se encargaron da produción do espectáculo durante o período analizado, a maioría deles membros da familia Silvent, mais tamén doutras sagas da subcultura feirante. Pola outra, os grupos sociais que conformaron o público do espectáculo, e que se aglutinan dentro da noción de pobo como alianza diversa e transitoria defendida máis arriba. Os criterios de acoutación no que respecta a esta poboación suxeito de estudo serán basicamente biolóxicos. Isto é, á hora de localizar ás persoas que, ben como parte activa na produción 145 , ben como integrantes do público, tiveron algún contacto ou vivencia do espectáculo, priorizouse a aquelas que, por razón de idade, tiveron posibilidade de vivir algunha das dúas situacións. Nese senso, as persoas nadas con posterioridade ao ano 1960 teñen poucas ou ningunha posibilidade de ter presenciado o espectáculo, que deixou de representarse en 1964, polo menos con suficiente idade como para decodificar aquela experiencia. As mesmas circunstancias biográficas fan pensar que non será fácil atopar persoas que puidesen asistir ás representacións da barraca cando contaban máis de 50 anos (hoxe superarían a centuria) polo que, sen desprezar aos hipotéticos informantes que puideran aparecer nesa situación, semellou máis realista considerar que a poboación de estudo maioritaria está entre as persoas nacidas entre 1920 e 1955, que residían en Galiza durante parte ou a totalidade do período analizado. A maioría delas asistiron ao espectáculo cando eran crianzas, polo que as súas lembranzas son fragmentarias e limitadas. !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! ! 145 D ispensand o a anacronía do termo “ produción” aplicado a un dispositivo, co mo se verá , eminentem ente premoderno. ! 133 ! 4.2.1. A Posguerra Española como escenario contextual da investigación A importancia do contexto socio-político e económico para a comprensión da problemática estudada obriga a delimitar un período preciso para a súa análise. Óptase polas dúas décadas que establece a Historiografía como as máis duras tras o remate oficial da chamada Guerra Civil Española, situadas entre 1939 e o final de 1959 (Fernández Prieto, 2007, 46). Durante este período, ademais, prodúcese unha evolución nas formas de oposición ao Franquismo na sociedade galega, marcada pola a desilusión respecto da actitude das potencias aliadas co Réxime de Franco tras a derrota do Eixe na II Guerra Mundial. Este acontecemento histórico leva aparellado un repregamento da oposición aberta ao réxime e unha reactivación das formas de resistencia simbólica que se desenvolveran no Antigo Réxime e que constituían a cultura de resistencia dos grupos subalternos en Galiza (Cabana, 2013, 56-61). Por último, durante estas dúas décadas a fisionomía das feiras experimenta unha profunda transformación en Galiza, operándose a escisión entre as formas de transacción económica pura (a compra-venda de gado e outros produtos excedentarios do agro) e o entretemento. Este proceso concluirá cunha especialización que obriga aos grupos ambulantes a un perfeccionamento técnico e á súa inserción (se ben en termos de elevada precariedade) na lóxica mercantil e mecanizada propia da industria cultural. Por último, cómpre engadir unha salvedade ao período estudado, posto que a terceira das hipóteses obriga a incorporar o momento contemporáneo á reflexión. A necesidade de valorar o proceso de activación patrimonial iniciado en 2013 pola Asociación Cultural Morreu o Demo, mais con precedentes na década de 1980, xustifica esta ampliación do cadro cronolóxico analizado. 4.3. E STRATEXIAS DE OBTE NC IÓN DE D ATO S . El investig ador social fo r m a p ar t e d e l a s o c i e d a d q u e i n v e s t i g a , e s u n disposit ivo autorreflexivo ( u n e s p e j o ) q u e l a s o c i ed a d s e p o n e - ( . . .) ¿ C ó mo es posible que, si es inter ior , se pon ga en el exterior d e l a s o c i e d a d p a r a observarla y actuar sob re ella? ¿C ómo, si es una parte , p uede com prend er al todo - la socied ad? (Ibá ñez, 19 94, 73) . Como xa se advertiu, o presente traballo sosterase nunha base metodolóxica de tipo plural, botando man de distintas estratexias de obtención de datos, e construtiva, por entender que se toda realidade social é unha construción, todo intento por explicala tamén debe selo. O obxecto de análise é, como xa se defendeu, complexo e non nos é posíbel distanciarnos completamente del, porque formamos parte da sociedade na que se xerou. Adoptaranse pois técnicas do método racional-crítico deductivo e do método cualitativo para a recolla de datos que permitan completar a resposta ás preguntas formuladas. Os datos a recoller serán de tipo primario e secundario. 4.3.1. Datos primarios Son aqueles cuxa obtención é provocada pola investigadora de cara aos fins deste traballo. Neste caso, fíxose prioritariamente a través de técnicas de tipo dialogal realizadas segundo un enfoque cualitativo: entrevistas abertas e grupos de conversa. A opción por técnicas de orientación interpretativa resposta ao especial interese que para os obxectivos deste traballo reviste, non tanto a obtención de datos (que tamén serán tidos en conta de cara á reconstrución do percorrido biográfico dos portadores do espectáculo estudado), como a captación e interpretación de aspectos significativos ! 134 ! diferenciais da conduta e das representacións dos suxeitos investigados. Por tanto, a técnica de recollida empregada precisa favorecer a libre manifestación dos intereses, crenzas e desexos dos suxeitos de investigación (Ortí, 1994, 213). A situación xerada durante a entrevista aberta ou as conversas de grupo permite a libre expresión dos suxeitos interrogados, o que fai posíbel, segundo Ortí, a xeración dunha situación de auténtica comunicación... ...en la que los ‘rec eptore s’ son a su v ez ‘emisores’ de mensajes y pueden reformular – auténtica libertad para la significación - l a s p r e g u n t a s formulada s po r el investigador, p oniéndolas a su vez en cuestión ( O r t í , 1994, 214) . Desta maneira, prodúcese un diálogo no que cada frase do discurso acada o seu senso no seu propio contexto concreto, “y permite revelar el sistema ideológico subyacente en el sistema de la lengua del hablante.” (Ortí, 1994, 214). As entrevistas e grupos de conversa realizadas no cadro do presente traballo estiveron enfocadas á obtención de relatos de vida por parte das persoas entrevistadas. Se ben non en todos os casos se perseguía a obtención dunha historia de vida (o relato biográfico completo da persoa entrevistada), si interesaba coñecer a experiencia particular de cad a persoa entrevistada en relación ao espectáculo estudado, e para iso resultaba pertinente promover a evocación dos episodios vitais que se vinculaban coa experiencia de ter asistido ou participado nunha representación dos bonecos de Barriga Verde. O emprego do método biográfico permite á investigadora situarse no punto de converxencia entre a testemuña subxectiva dun individuo á luz das súas experiencias e a plasmación dunha vida que é o reflexo dunha época, dunhas normas sociais e duns valores partillados coa comunidade da que forma parte (Pujadas, 1992, 44). O relato biográfico é ademais un tipo de marterial valioso para coñecer e avaliar o impacto dos cambios sociais na vida cotiá dos individuos e do seu grupo primario. O feito de situar o período analizado nunha etapa histórica de fondas transformacións sociais motivou tamén a escolla desta ferramenta metodolóxica (Pujadas, 1992, 45). Un terceiro motivo que xustifica a escolla do método biográfico é a idade das persoas entrevistadas. No caso do espectáculo analizado, as fontes primarias limítanse ás persoas aínda vivas no momento de iniciar esta pesquisa, coas que se puido contactar e que accederon a compartir coa investigadora a súa memoria como espectadoras ou integrantes do equipo técnico e artístico do espectáculo. A maioría destas persoas teñen unha idade xa avanzada, o que nalgúns casos supón unha merma da súa capacidade expresiva ou unha perda de memoria. As lembranzas ás que fan referencia pertencen, en moitos casos, a unha idade moi temperá, o que determina o seu carácter fragmentario e difuminado. Na maioría dos casos, o feito de propor unha situación máis semellante a unha conversa interxeracional, onde é frecuente que as interlocutoras máis novas deixen falar ás maiores para permitirlles fiar o seu discurso, contribuíu a xerar un clima de confianza entre a investigadora e as persoas interrogadas. Deste xeito, estas puideron expresarse con comodidade, sen estar sometidas a ningún tipo de limitación temporal ou condicionamento temático que a presenza dun cuestionario fechado podería suscitar. Evidentemente, esa liberdade na duración e na estruturación do discurso por parte do suxeito entrevistado incrementa a complexidade da análise dos datos disponíbeis por parte da investigador a. A duración das conversas adoita ser elevada (non menor de 90 minutos, agás cando causas alleas á vontade dos interlocutores obrigan a unha interrupción), o que leva aparellado un maior traballo de transcrición e de análise. Esas desavantaxes foron sopesadas á hora de escoller a estratexia de obtención de información, e considerouse que eran ! 234 ! máis unitaria da nación (Martín-Barbero, 1991, 98). Nun proceso que tamén describiu Eugen Weber (2010) para a Franza de finais do XIX a mediados do XX, as culturas locais son negadas en aras dunha cultura nacional, central. Nun segundo momento, a cultura de masas devén hexemónica, operando esa uniformización arelada pola burguesía. Martín-Barbero destaca dous momentos clave dese proceso, en constante negociación e que se solapan no tempo. Por unha banda, ten lugar a enculturación dos grupos subalternos, que acabarán por asumir a concepción do mundo da cultura hexemónica. O proceso polo cal os dispositivos da cultura de masas interveñen no proceso de enculturación, de redución da cultura popular á cultura de masas, é o que Martín-Barbero denomina “massmediación”. A través dos dispositivos de mediación cultural, nomeadamente os medios de comunicación, promóvese a reconciliación dos gostos e deste xeito os conflitos de clase son negados ou borrados (Martín-Barbero, 1991, 135). Mais ese proceso de lexitimación cultural atopa resistencias, movementos que, se ben adoptando as novas formas culturais, dótanas de contidos propios, rescatados da memoria popular. Porén, as formas de apropiación simbólica, de resignificación dos novos formatos masivos mediante a infiltración de contidos e formas de orixe popular, acabarían á larga por facilitar a consolidación da cultura de masas. Non en balde, “lo masivo se ha gestado lentamente desde lo popular” (Ibídem, 135). Foi, polo tanto, un proceso paulatino, no que as resistencias semellaban tomar a iniciativa. Deste xeito, os anos de esplendor da baraca de Barriga Verde coinciden tamén co da súa hibridación máis acusada, que acabaría dando paso ao seu ocaso definitivo, mediada a década de 1960. 6.2. P ERVIVENCIAS POPULARE S NO ESPECTÁCULO Dentro do dispositivo escénico que consitúe a barraca de Barriga Verde atópanse numerosas pegadas do popular. Como xa se viu, estas son claras no número das marionetas, todo el de raigame tradicional. O espectáculo mantén os elementos narrativos que permiten a identificación do mundo da ficción co mundo da espectadora popular (a adscrición do heroe ao bando das subalternas, os personaxes poderosos que exercen a súa opresión), alén doutros mecanismos preservados ao longo de xeracións, como a vistosidade e o efectismo fronte ao canon realista imperante na altura no teatro “culto”. A brevidade das tramas, a súa fragmentación, constitúe tamén unha marca facilitadora da recepción popular, afeita aos formatos breves e episódicos, adaptados ao ritmo do traballo asalariado ou labrego. Todos estes trazos estaban tamén presentes no folletín, forma cultural massmediadora precursora da prensa popular (Martín-Barbero, 1991, 150-154). Algunhas delas poden detectarse tamén no resto do espectáculo, tal como a propia organización en números breves ou a decoración vistosa do exterior da barraca. Outros elementos no espectáculo da barraca delatan tamén unha resistencia á aculturación. O emprego da lingua galega constitúe o exemplo máis evidente. Xa se viu que a partir do século XIX a lingua empregada comezou a constituír un trazo diferenciador entre as categorías de marionetistas populares en Europa. Os considerados de maior nivel autopercibíanse como difusores culturais alén de animadores ( entertainers ), e por tanto procuraban usar un rexistro culto do idioma oficial, cando menos cando actuaban nas cidades. (McCormick e Pratasik, 2004, 24). Os máis humildes continuaban a usar o patois nas súas actuacións no rural. Era habitual que a lingua das representacións destes comediantes estivese inzada de termos vulgares e incorreccións derivadas da orixe foránea dos mesmos. En Galiza, [Document text truncated for crawler view.]