scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Resolución Reitoral 2/2021 do 19-01-2021 pola que se autoriza a defensa ante titor ou titora dos traballos de fin de grao no curso 2020-2021

Universidade de Santiago de Compostela. Reitoría

Abstract

Publicado no Taboleiro Electrónico o 19 de xaneiro de 2021

Full text

RESOLUCIÓN REITORAL POLA QUE SE AUTORIZA A DEFENSA ANTE O TITOR OU TITORA DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO NO CURSO 2020-2021 O Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos traballos fin de grao e fin de máster na Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno o 10 de marzo de 2016, establece que a avaliación dos traballos farase a través da súa exposición e defensa pública diante dun tribunal. Non obstante, establece tamén (artigo 6.7) que na normativa de TFG dos centros cunha elevada ratio de alumnos por profesor poderá recollerse outro tipo de avaliación alternativa ou complementaria á do tribunal, para o que é necesario contar co informe favorable da Vicerreitoría con competencias en titulacións. O Acordo do Consello de Goberno do 22 de abril de 2020, polo que se regulou o réxime especial da avaliación do curso 2019-2020 estableceu, como consecuencia da suspensión da docencia presencial pola Covid-19, unha excepción ao previsto no artigo 6.7 do mencionado regulamento, que lle permitiu a todos os centros incorporar a opción de avaliación dos TFG e TFM polo titor ou titora sen necesidade de solicitalo de acordo co recollido no artigo 6.7 do citado Regulamento. Na actual situación sanitaria, tendo en conta o estado de alarma declarado polo Real Decreto 926/2020, de 25 de outubro e á vista do interese expresado por varios centros en manter para este curso académico as opcións de defensa ante tribunal ou titor/a por razóns organizativas, enténdese procedente arbitrar un mecanismo excepcional de autorización para que todos os centros podan establecer a opción de defensa do TFG ante o titor ou titora. Por todo o anterior, o reitor resolve: PRIMEIRO. Autorizar con carácter excepcional para o curso 2020-2021 aos centros que non teñan establecido na súa normativa a opción de defensa do Traballo de Fin de Grao ante o titor ou titora a que habiliten esta opción. Os centros que se acollan a esta posibilidade deberán establecer as características desta defensa e avaliación, debendo fixar unha puntuación máxima para esta modalidade. Os acordos que se adopten neste sentido deberán ser autorizados pola Vicerreitoría de Organización Académica, que os comunicará á Secretaría Xeral. Así mesmo, os Centros comunicarano ao estudantado afectado para que poida optar por unha das dúas modalidades. SEGUNDO. A defensa do TFG poderá realizarse de xeito presencial ou telemático. No caso de que teña lugar por medios telemáticos, esta levarase a cabo segundo o establecido no artigo 8 da Instrución de Secretaría Xeral nº 5/2020. O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A1ED-7F5F-4188-A873 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A1ED-7F5F-4188-A873 1 / 2 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19/01/2021 14:57:55. CSV: A1ED-7F5F-4188-A873 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A1ED-7F5F-4188-A873 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A1ED-7F5F-4188-A873 2 / 2