scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Fernan Fernandez Cogominho na cantiga B1560 de Afonso Mendez de Besteiros

González, Déborah

Full text

RLM, xxiv (2012), pp. 63-79, ISSN: 1130-3611 FERNAN FERNANDEZ COGOMINHO NA CANTIGA B1560 DE AFONSO MENDEZ DE BESTEIROS* Déborah gonzález MaRtínez Universidade de Santiago de Compostela Influenciada polas cortes francesas non só no tocante á gobernación, a corte de Afonso III foi tamén un centro cultural de certa relevancia, onde se favoreceu o cultivo da actividade trobadoresca1. Neste medio é posible encontrar un significativo grupo de poetas que, simultaneamente, eran nobres estreitamente ligados á corte polas súas funcións político-administrativas; este foi o caso de célebres trobadores como Afonso Lopez de Baian, Joan Perez de Aboin, Joan Soarez Coelho e Men Rodriguez de Briteiros. Pero a cultura trobadoresca non só se nutriu da faceta poética dos nobres que se localizaron de forma máis ou menos continua na corte afonsina, senón que hai que contar coa presenza doutros axentes dinamizadores, como eran os xograres e as soldadeiras, e a permanencia menos demorada doutros autores; neste grupo poderíamos incluír os nomes de «Afonso Mendes de Besteiros e Lourenço, que, a dar crédito a algumas composições, poderão igualmente ter passado pela corte portuguesa»2. Efectivamente, a análise de certas cantigas de temática satírica pode ser a que nos poña sobre a pista de certos vínculos entre os autores e un ámbito cortesán determinado. Exemplo disto é a produción satírica, consistente en tres cantigas de escarnio (B1558-B1560)3, que se conserva baixo a atribución do trobador Afonso Mendez de Besteiros4, * Este traballo elaborouse no marco do proxecto El sirventés literario en la lírica románica medieval (FFI2008-05481) que se desenvolve baixo a dirección da Dra. Mercedes Brea na Universidade de Santiago de Compostela, contando coa subvención do MICINN (2008-2011) e con fondos FEDER. 1 Para máis información sobre o movemento trobadoresco localizado na corte de Afonso III, vid. A. Resende de Oliveira, «Distracções e cultura», in L. Ventura, D. Afonso III, [Lisboa] Círculo de Leitores e Centro de Estudos dos Povos e Culturas de Expressão Portuguesa, Temas e debates, 2009, pp. 270-317. 2 Cfr. A. Resende de Oliveira, «Distracções e cultura» cit., p. 275. 3 As súas cantigas de escarnio só se reproducen no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B), xa que existe unha falta de correspondencia entre os dous apógrafos italianos na parte en que se transmiten as cantigas de escarnio de Afonso Mendez de Besteiros; o correlato entre o Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Vaticana (V) pérdese a partir de B1500 = V1110 (un texto atribuído a Joan Garcia de Guilhade), presentándose 78 textos en B que non están en V; a correspondencia retómase a partir de B1579 = V1111 (a primeira cantiga da serie atribuída a Afons’Eanes do Coton). 4 En B atribúenselle catorce textos, que se localizan repartidos entre o sector das cantigas de amor (B375-B382, ff. 85r-86r), o das cantigas de amigo (B729-731, ff. 158v-159r; a última RLM, xxiv (2012), pp. 63-79, ISSN: 1130-3611 64 Déborah González Martínez anteriormente referido. Como veremos no apartado seguinte, as cantigas B1558 (Don Foão, que eu sei que á preço de livão) e B1559 (Ja lhi nunca pedirán) clasifícanse na sátira política e teñen servido de apoio na presentación de hipóteses biográficas sobre o autor5, xa que os textos parecen denunciar distintos feitos políticos que relacionarían a Afonso Mendez de Besteiros, en dous momentos diferentes, coa corte portuguesa de Sancho II e coa corte castelá de Alfonso X. A terceira cantiga, B1560 (O arraiz de Roi Garcia), habitualmente ficou fóra de comentario nos estudos dedicados á vida do trobador6, aínda que este escarnio se caracteriza pola mención a persoas e topónimos portugueses que, como analizaremos máis adiante, parecen remitir á corte portuguesa de Afonso III. Así, veremos que esta composición podería tormarse como proba dos vínculos entre o autor e o contexto a que remite a sátira. Entre as referencias que se inclúen n’O arraiz de Roi Garcia de Afonso Mendez de Besteiros, interésanos aquí especialmente a mención a un Cogominho, que identificamos co cortesán Fernan Fernandez Cogominho (I), en tanto que esta referencia debe verse en relación á presenza nos cancioneiros dun Fernan Fernandez Cogominho, trobador. cantiga desta serie é do xénero de amor e, polo tanto, encóntrase fóra da sección xenérica correspondente) e o das cantigas de escarnio (B1558-B1560, ff. 325r-325v). En V transmítense as tres mesmas composicións reproducidas en B no sector de amigo (V330-V332, ff. 53v-54r). Na Tavola Colocciana rexístranse unicamente dúas mencións ao trobador: na primeira ocorrencia, o seu nome acompáñase do número 375 e compróbase que C mantén correspondencia con B nesta parte da lista de Autori Portoghesi. Na segunda documentación de Afonso Mendez de Besteiros en C, aparece co número 729 e atribúenselle tres textos, coincidindo plenamente con B. En contra do esperable, non se rexistra o seu nome na parte de C asociable ao sector das cantigas de escarnio de B, omisión que xa foi advertida por E. Gonçalves. Vid. E. Gonçalves, «La Tavola Colocciana. Autori Portughesi», Arquivos do Centro Cultural Português, vol. X (1976), pp. 387-448, p. 446. 5 Os estudos biográficos sobre este trobador encóntranse, principalmente, en: C. Michaëlis, Cancioneiro da Ajuda. Edição critica e commentada por, Lisboa, Imprensa Nacional - Casa da Moeda, 2 vols. [reimpresión da ed. A. S. Halle, Max Nemeyer, 1904], vol. 2, pp. 560-564; F. Jensen, «Afonso Mendez de Besteiros», in G. Lanciani / G. Tavani (coords.), Dicionario de Literatura Medieval Galega e Portuguesa, Lisboa, Caminho, 1993, p. 20; A. Resende de Oliveira, Depois do espectáculo trovadoresco. A estrutura dos cancioneiros peninsulares e as recolhas dos séculos xiii e xiv, Lisboa, Edições Colibri, Faculdade de Letras de Lisboa, 1994, p. 309; H. Gonçalves dos Santos, D. Sancho II. Da deposição à Composição das fontes literárias dos séculos xiii e xiv, [Dissertação de Mestrado], Porto, [versión PDF:] <http://repositorio-aberto.up.pt/>, 2009, pp. 46-49; MedDB = Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa, versión 2.3, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, <http://www.cirp.es/> [18-22011]; Cantigas Medievais Galego-Portuguesas, <http://cantigas.fcsh.unl.pt> [29-2-2012]. 6 En boa medida, a razón da «marxinación» desta composición nos estudos dedicados ao autor podería ser a diferente temática e información que proporciona cada un dos textos, xa que Ja lhi nunca pedirán e Don Foão, que eu sei que á preço de livão son escarnios políticos (que, ademais, ofrecen máis facilmente a posibilidade de estimar unha cronoloxía de confección aproximada), mentres que O arraiz de Roi Garcia é unha sátira persoal de sentido difícil. RLM, xxiv (2012), pp. 63-79, ISSN: 1130-3611 65Fernan Fernandez Cogominho na Cantiga B1560... 1. aFonso Mendez de besteiRos. hipóteses biogRáFicas Pódese afirmar que hai máis hipóteses sobre a vida deste trobador portugués que datos seguros tirados de fontes documentais. Non hai certeza sobre cal sería o seu berce xeográfico, aínda que se encontran dúas opinións principais baseadas no sobrenome detoponímico: unha delas consiste en que fose de Santa Maria de Besteiros, no vale de Besteiros, ao sur de Viseu7; a outra que fose de São Cosme de Besteiros, no concello de Paredes8. Oliveira defendeu a posibilidade de que Afonso Mendez de Besteiros estivese baixo a protección de don Gil Martins de Riba de Vizela e, máis tarde, servise ao fillo deste, don Martin Gil de Riba de Vizela9; esta hipótese baséase nun documento de 1290 que rexistra unha doazón de don Martin Gil ao mosteiro lisboeta de São Vicente de Fora, e nel menciónase o cabaleiro Afonso Mendes de Besteiros como testemuña10. A isto podemos engadir outro documento en que o trobador figura en calidade de testemuña, tratándose da repartición de bens entre don Martin Gil de Riba de Vizela e as súas irmás, efectuadas as partillas en 1285 e en 128611. A pesar das escasas pegadas do trobador de Besteiros na documentación da época, o feito de aparecer en dúas ocasións relacionado á familia Riba de Vizela fai pensar que a proposta de Oliveira sexa posible. Así, vendo viable o servizo de Afonso Mendez de Besteiros á familia Riba de Vizela, é probable que o trobador viaxase a Castela e alí permanecese con don Gil Martins, único ricohome portugués que acompañou no seu exilio a don Sancho II. Seguramente, nos anos 7 Vid. C. Michaëlis, Cancioneiro da Ajuda... cit., vol. 2, pp. 560-564; F. Jensen, «Afonso Mendez de Besteiros» cit.; MedDB [18-2-2011]. 8 Vid. en nota, a filóloga alemá recollía esta posibilidade: «Houve todavia outros logares de nome igual, consignados aos bèsteiros lusitanos e gallaïcos, p. ex. no concelho de Paredes, onde ainda hoje ha a villa de S. Cosme de Bèsteiros», cfr. C. Michaëlis, Cancioneiro da Ajuda...cit., vol. 2, p. 560. Esta é, así mesmo, a hipótese que defende A. Resende de Oliveira, Depois do espectáculo... cit., p. 309, e que se acepta en Cantigas Medievais Galego-Portuguesas [29-2-2012]. 9 Vid. A. Resende de Oliveira, Depois do espectáculo... cit., p. 309. 10 Seguindo a información disposta por J. Pizarro: «O prior e o mostº de S.Vicente de Fora penhoraram a Dom Martim Gil a ao seu filho, em suas vidas e pelo valor de 500 lbs., a aldeia de Pousada, no t. da Guarda, para encimar a nossa crosta que teemos começada pêra fazer (ANTT, CR – Mostº de S.Vicente de Fora, m°4, núm. 21 - doc. de 11 de Set. de 1290, testemunhado por Rodrigo Anes Redondo, Lourenço Viegas de Ataíde, Afonso Mendes de Besteiros, Estêvão Vasques e João Anes, aio de Dom Martim Gil, todos cavºs». Cfr. J. A. de Sotto Mayor Pizarro, Linhagens Medievais Portuguesas [Tese de Doutoramento], Porto, [versión PDF:] <http://repositorio-aberto.up.pt/>, 1997, 2 vols., vol. 1, p. 549. 11 Seguimos tamén aquí as investigacións de J. Pizarro: «As partilhas celebradas entre Martim Gil e as irmãs, em 1285 e em 1286, foram testemunhadas, respectivamente, por Fernão Afonso de Cambra, Martim Rodrigues, Afonso Mendes de Besteiros, João Garcia de Paiva, João Travanca e Pêro Martins de Besteiros, cavaleiros, e por Lourenço Viegas de Ataíde, Gonçalo Gomes, Soeiro Mendes, e de novo Afonso Mendes e João Travanca; foram ambas outorgadas por Dom Martim Anes de Soverosa, sobrinho de Martim Gil (ANTT, CR – Mostº de Arouca, gav.7, m°9, núm. 4-b, e gav.5, m°11, núm. 30)». Cfr. J. A. de Sotto Mayor Pizarro, Linhagens Medievais... cit., vol. 1, p. 548. RLM, xxiv (2012), pp. 63-79, ISSN: 1130-3611 66 Déborah González Martínez anteriores ao exilio, Afonso Mendez de Besteiros sería partidario do rei portugués durante a guerra civil portuguesa; o escarnio político Ja lhi nunca pedirán (B1559), en certa maneira, apoia esta idea, en tanto que é unha composición ambientada en feitos acontecidos durante o conflito entre Sancho II e o conde de Boulogne12: (B1559, f. 325r, col. b-325v, col. a) Ja lhi nunca pedirán o castel’a don Foan, ca non tiinha el de pan, senon quanto queria! 5 E foi-o vender, de pran, con minguas que avia! Por que lh’ides [i] poer culpa [de o] non teer? Ca non tiinha que comer 10 senon quanto queria! E foi-o enton vender con minguas que avia! Travan-lhi, mui sen razon, a ome de tal coraçon. 15 «En fronteira de Leon –diz–, con quen o terria?» E foi-o vender enton, con minguas que avia! Dizen que lh’a el máis val 20 esto que diz, ca non al: «En cabo de Portugal –diz–, con quen o terria?» E vende-o enton mal, con minguas que avia!13 Tras o pasamento de Sancho II, probablemente o trobador regresaría a Portugal xunto a don Gil Martins, que aparece en calidade de prócer na primeira curia solemne que rodeou ao recén proclamado 12 Para unha explicación máis detallada desta composición, vid. Herlânder Gonçalves dos Santos, D. Sancho II… cit., pp. 26-54; D. González, «Intertextualidade, interpretación e contextualización dos escarnios V1003 e B1559» (no prelo a). Para máis información sobre estes axitados anos e a traizón de varios nobres a Sancho II, vid. J. Varandas, «bonus rex» ou «rex inutilis». As periferias e o centro. Redes de Poder no Reinado de D. Sancho II (1223-1248) [Tese de Doutoramento], Lisboa, [versión PDF:] <http://repositorio-aberto.up.pt/>, 2003, pp. 391-407; L. Ventura, D. Afonso III… cit., pp. 87-100. 13 Para esta e para as seguintes cantigas, reproducimos a nosa propia lectura do texto. RLM, xxiv (2012), pp. 63-79, ISSN: 1130-3611 67Fernan Fernandez Cogominho na Cantiga B1560... monarca Afonso III14. Don Gil Martins exerceu certos cargos de relevancia durante o goberno afonsino, pero certas desavenencias co Bolonhês obrigaron a este Riba de Vizela a marchar novamente a Castela, acompañado do seu primoxénito, don Martin Gil, e con eles iría Afonso Mendez de Besteiros. Segundo isto, o trobador permanecería na corte castelá de Afonso X de 1264 a 1275 (ano da morte de don Gil Martins) e, máis tarde, entre 1281 e 1285, estaría de novo nesa corte acompañando a don Martin Gil de Riba de Vizela15. Durante a primeira desas estadías en Castela (de 1264 a 1275), Afonso Mendez de Besteiros talvez participou nunha das expedicións militares de Afonso X. Outro dos seus textos escarninos parece corroborar esta hipótese: na composición B1558, un cabaleiro portugués de identidade agachada, unha vez máis, baixo a designación «don Foan»16 é escarnecido por mor da súa falta de coraxe na guerra17, ridiculizándoo mediante comparacións que o equiparan a un «boi que fer tavão» (v. 3), a un «bezerro tenreiro» (v. 8) e a un «can que sal de grade» (v. 13). (B1558, f. 325r, col. b) Don Foão, que eu sei que á preço de livão, vedes que fez na guerra, daquesto soo certão: sol que viu os genetes, come boi que fer tavão, sacudiu-s’e revolveu-se, al5 çou rab’e foi sa via a Portugal. Don Foão, que eu sei que á preço de ligeiro, 14 A carón de don Gil Martins, tamén estaban presentes: Joan Afonso de Albuquerque, Rui Gomes de Briteiros, Estevao Anes, os conselleiros Men Soares de Melo, Joan Perez de Aboin, Joan Soarez Coelho, o arcebispo de Braga, Joan Viegas de Portocarreiro, varios bispos entre os que estaba xa Martinho de Évora, e entre os próceres figuraban os irmáns Garcia de Sousa, os irmáns Fernando, Afonso, Diogo Lopes de Baian, Soeiro Pais de Valadares e Martim Pires de Vide. Vid. L. Ventura, D. Afonso III… cit., pp. 103-104. 15 Vid. A. Resende de Oliveira, Depois do espectáculo... cit., p. 309. 16 A propósito desta designación xenérica, vid. J. Filgueira Valverde, Alfonso X, poeta profano, Madrid, 1987, p. 26. Michaëlis identificou o don Foan desta cantiga de Besteiros con don João Pires de Vasconcelos, coñecido polo sobrenome de Tenreiro, que, segundo a editora alemá, sería tamén o protagonista da cantiga Don Foan, quand’ogano aqui chegou de Alfonso X, hipótese que comparte J. Paredes. Vid. C. Michaëlis, Glosas Marginais ao Cancioneiro Medieval Português de Carolina Michaëlis de Vasconcelos, Coimbra, Universidade de Coimbra [Y. Frateschi Vieira, J. L. Rodríguez, M. Isabel Morán Cabanas, J. A. Souto Cabo (eds.)], 2004, pp. 175-217, p. 193; J. Paredes, El cancionero profano de Alfonso X el Sabio, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010, pp. 226-251. 17 As guerras andaluzas e a actitude nelas dos nobres foron orixe de cantigas que xa teñen sido obxecto de estudo por parte da crítica, destacadamente: C. Michaëlis, Glosas Marginais... cit., pp. 175-217, especialmente pp. 192-193, en relación a esta composición; V. Beltrán, Poética, poesía y sociedad en la lírica medieval, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela 2007, pp. 13-52 (véxase a p. 43 respecto a B1558); J. Paredes, La Guerra de Granada en las Cantigas de Alfonso X el Sabio, Granada, Universidad de Granada, 1991. RLM, xxiv (2012), pp. 63-79, ISSN: 1130-3611 68 Déborah González Martínez vedes que fez na guerra, daquesto son verdadeiro: sol que viu os genetes, come bezerro tenreiro, sacudiu-s’e revolveu-se, [al10 çou rab’e foi sa via a Portugal.] Don Foão, que eu sei que á prez de liveldade, vedes que fez na guerra, sabede-o por verdade: sol que viu os genetes, come can que sal de grade, sacu[diu-s’e revolveu-se, al15 çou rab’e foi sa via a Portugal.] En síntese, o que sabemos con certeza da traxectoria vital do trobador Afonso Mendez de Besteiros é ben pouco, mais hai indicios que apuntan cara a unha vida lonxeva: xa sería adulto na década dos corenta, probablemente posicionado a favor do rei Sancho II durante a guerra civil (1245-1247). Seguía vivo en 1290, data en que aparece como testemuña nun documento de doazón por parte don Martin Gil de Riba de Vizela ao mosteiro de S. Vicente de Fora, en Lisboa. Da mesma maneira, a súa faceta poética parece que abrangueu tamén un amplo período: sería un poeta activo a finais da década dos corenta18, época en que parece estar ambientado un dos seus escarnios políticos (B1559), mentres que o outro sirventés (B1558) fai vilipendio da covardía dun cabaleiro, nun contexto que podería ser o das campañas andaluzas de Alfonso X. Malia estes supostos desprazamentos da corte portuguesa de Sancho II á corte castelá de Alfonso X, a terceira das súas cantigas satíricas (B1560) remite, como se verá máis adiante, ao universo da corte de Afonso III, o Bolonhês. 2. o arraiz de roi Garcia: pRobleMas textuais e inteRpRetativos Para a crítica, un dos problemas da cantiga satírica B1560 foi a interpretación do termo «arraiz», presente no incipit. Na lingua medieval, esta expresión tiña dous significados: ‘xefe’ ou ‘capitán de navío’19 e ‘pano confeccionado na cidade de Arras’20. 18 Jensen propuxo un período de actividade lixeiramente máis breve, de 1250 a 1275. Vid. F. Jensen, «Afonso Mendez de Besteiros» cit. 19 Esta acepción do termo está amplamente documentada. Vid. J. Viterbo, Elucidário das palavras, termos e frases que em Portugal antigamente se usaram e que hoje regularmente se ignoram: obra indispensável para entender sem erro os documentos mais raros e preciosos que entre nós se conservam, Porto, Livraria Civilização, 1966, 2 vols., vol. 1, p. 574; J. Corominas e J. A. Pascual, (DCECH =) Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico, Madrid, Gredos, 1980, vol. 1, p. 345; R. Lorenzo, La traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla. Edición crítica anotada, con introducción, índice onomástico y glosario, Ourense, Instituto de Estudios Orensanos «Padre Feijoo», 1977, vol. 2 (Glosario), p. 171; J. P. Machado, Dicionário etimológico da língua portuguesa, Lisboa, Livros Horizonte, 1989, 5 vols., vol. 1, p. 314. 20 Vid. J. Viterbo, Elucidário das palavras… cit. I, 577. RLM, xxiv (2012), pp. 63-79, ISSN: 1130-3611 69Fernan Fernandez Cogominho na Cantiga B1560... Os primeiros editores e estudosos desta sátira21 só tiveron en consideración o sentido ‘capitán’. Máis recentemente, o historiador A. Resende de Oliveira propuxo o significado ‘tecido confeccionado en Arras’22, sinalando a semellanza deste caso co da célebre composición O genete de Alfonso X, onde se fala de «panos d’arrazes»23, xa que esta expresión na cantiga do rei castelán non foi ben interpretada ata que J. Piel aclarou o sentido do termo en cuestión: Esta identificação de arrazes com o vocábulo português arrais (esp. arráez), que hoje significa ‘patrão de um barco’ –e donde procede o conhecido apelido Arrais– não me parece aceitável, porquanto na Idade Média os tecidos (panos) recebem normalmente o seu nome das cidades de origem, na maioria situadas na Flandres24. Debido a que o substantivo «arraiz» xoga unha importante función na composición de Afonso Mendez de Besteiros, o sentido xeral da sátira variou dun xeito moi significativo dun crítico a outro. Debemos precisar que, á diferenza do que sucede cos outros dous escarnios do trobador, amplamente recollidos en antoloxías25 e noutro tipo de estudos26, poucos editores ousaron traballar con esta sátira de escuro sentido27. Este feito, sen dúbida, estaría condicionado pola presenza 21 Vid. C. Michaëlis, Cancioneiro da Ajuda... cit., vol. 2, p. 561; E. Machado / J. P. Machado, Cancioneiro da Biblioteca Nacional, antigo Colocci-Brancuti, Lisboa, Revista de Portugal, 1949-1964, 8 vols., 1956, vol. 5, pp. 272-273; M. Rodrigues Lapa, Cantigas d’escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses, Vigo, Galaxia, 1995 [1.ª ed. 1965], p. 58; G. Videira Lopes, Cantigas de escárnio e maldizer dos trovadores e jograis galegoportugueses, Lisboa, Estampa, 2002, p. 115. 22 Vid. A. Resende de Oliveira, «Rui Garcia de Paiva no escarnio galego-português», Revista Portuguesa de História, XXXVI, vol. 1 (2002/2003), pp. 285-295. 23 Incluída nos versos: «Vi eu de coteifes azes / con infanções siguazes / mui peores ca rapazes; / e ouveron tal pavor / que os seus panos d’arrazes / tornaron doutra color» (MedDB [12-1-2011]). A edición crítica da cantiga completa pode verse en J. Paredes, El cancionero profano de Alfonso X... cit., pp. 253-260. 24 Cfr. J. Piel, «Coteifes orpelados, panos d’arrazes e Martinhos», Estudos de Lingüística Histórica Galego-Portuguesa, 1989, pp. 115-122, pp. 117-118. 25 Así, por exemplo, reprodúcese o texto de B1558 en: F. Jensen, Medieval galician-portuguese poetry: an anthology, New York, Garland, 1970, pp. 14-15, pp. 409-410; J. J. Nunes, Crestomatia Arcaica. Excertos da Literatura Portuguesa desde o que mais antigo se conhece até o século XVI, acompanhada de introdução gramatical, notas e glossário, Lisboa, Livraria Clássica Editora, 1970, p. 292; H. Deluy, Troubadours galégo-portugais, París, P.O.L., 1987, pp. 176-177; M. Rodrigues Lapa, Cantigas d’escarnho... cit., p. 60; G. Videira Lopes, Cantigas de escárnio... cit., pp. 113-114; B. Arias Freixedo, Antoloxía da lírica galego-portuguesa, Vigo, Xerais, 2003, pp. 330-332; C. Michaëlis, Glosas Marginais... cit., p. 192-193; e, entre as edicións que reproducen B1559, podemos citar: M. Rodrigues Lapa, Cantigas d’escarnho... cit., p. 58; G. Videira Lopes, Cantigas de escárnio...cit., p. 114; F. Jensen, Medieval galician-portuguese poetry… cit., pp. 16-17, pp. 410-411; C. Michaëlis, Glosas Marginais... cit., pp. 202-203. 26 Destacaremos aquí os traballos de Beltrán, Poética, poesía y sociedad... cit.; H. Gonçalves dos Santos, D. Sancho II...cit.; D. González, «Contribución ao estudo da cantiga de seguir dos cancioneiros galego-portugueses: o caso dos escarnios V1003 e B1559» (no prelo c); D. González, «Intertextualidade, interpretación…» cit. (no prelo a). 27 As propostas textuais limítanse a: E. Machado / J. P. Machado, Cancioneiro...cit., vol. 5, pp. 272-273, M. Rodrigues Lapa, Cantigas d’escarnho... cit., p. 58; G. Videira Lopes, Cantigas RLM, xxiv (2012), pp. 63-79, ISSN: 1130-3611 70 Déborah González Martínez doutras dúas expresións de sentido pouco transparente (desseino-o e enlinho-o)28, localizadas nos versos de refrán intercalar; de aquí que para O arraiz de Roi Garcia, as propostas de Lapa29 e Lopes30 incluísen unha emenda no segundo verso do refrán, correxindo a lección manuscrita a enseino-o, entendendo que: D. Rui Garcia, que teria relações homossexuais com um seu capitão: quando vivia com ele, desseinava-o, isto é, tirava-lhe a gordura; quando se ausentava, o arrais tornava a engordar, enseinava31. Porén, esta emendatio parécenos incorrecta, ademais de innecesaria, e baséase nunha interpretación do texto coa que non estamos de acordo32. Desde a nosa perspectiva, a expresión «arraiz» ten o valor ‘tecido de luxo confeccionado na localidade francesa de Arras’ e os verbos «desseinar» e «enlinhar» poderían interpretarse cun sentido próximo a ‘lavar’33 e de escárnio... cit., p. 115; Cantigas Medievais Galego-Portuguesas [29-2-2012]; e a nosa proposta e explicación do texto encóntrase en D. González, «O arraiz de Roi Garcia… desseino-o et enlinho-o. Une nouvelle lecture du texte satirique B1560 d’Afonso Mendez de Besteiros», Revue des Langues Romanes (no prelo b). 28 Para unha explicación da problemática que afecta esta cantiga, e unha nova proposta textual e a nosa lectura do texto, diferente da establecida polos editores anteriores, vid. D. González, «O arraiz de Roi Garcia…» cit. (no prelo b). 29 M. Rodrigues Lapa, Cantigas d’escarnho... cit., p. 58. 30 G. Videira Lopes, Cantigas de escárnio... cit., p. 115. 31 Cfr. M. Rodrigues Lapa, Cantigas d’escarnho... cit., p. 58. 32 Desde o noso punto de vista, é máis aceptable a proposta de Oliveira, que, adoptando o valor ‘pano de Arras’ para o termo arraiz, pero sen poder dar explicación ao refrán, presenta dúas interpretacións posibles e con certa proximidade á lectura que nós realizamos deste texto (vid. D. González, «O arraiz de Roi Garcia…» cit. [no prelo b]), en tanto que hipotetiza que a orixe da sátira resida ben na forma de vestir inadecuada de Roi Garcia, ben na súa constitución física, na cobiza ou na avareza. Vid. A. Resende de Oliveira, «Rui Garcia de Paiva»... cit., pp. 294-295. Outra interpretación diferente é a que se reproduce en Cantigas Medievais Galego-Portuguesas [29-2-2012], onde tampouco se considera pertinente emendar o segundo verso de refrán, e explícase que: «considerando que o termo «arrais» terá seguramente um duplo sentido, pensamos ser possível uma conciliação entre as duas interpretações: partindo do pressuposto que o trovador utiliza aqui o termo num primeiro nível «inocente», como sugere Resende de Oliveira, esse sentido não seria, no entanto, o de tecido, mas sim, eventualmente, o de «falcão da espada» (parte recurva do seu punho), valor que encontramos atestado em textos da época. Assim, não vemos necessidade de corrigir o tão claro enlinhar que os mss. nos fornecem para o segundo verso do refrão: Rui Garcia desseinava (emagrecia) o seu «falcão» em Leiria (passeava-o, utilizava-o, servia-se dele, como nos diz o v.7) e endireitava-o (ou metia-o na linha), em Santarém (em cas d´el-rei). Note-se que este sentido do termo não impede, antes reforça, um possível equívoco erótico com arrais/capitão». Porén, conclúese que «as circunstâncias em que Rui Garcia de Paiva «desseinava» ou «enlinhava» o seu arrais são assaz nebulosas, não sendo mesmo impossível que a cantiga comportasse igualmente uma dimensão política que nos escapa». Polo tanto, aínda que nesta proposta textual non se acepte a emenda suxerida por Lapa, a interpretación que se fai da sátira non coincide coa que nós defendemos. 33 O verbo desseinar presenta outras formas, como desceinar e desainar. Vid. A. Houaiss / M. de Salles Villar / F. M. de Mello Franco, Dicionário Houaiss da língua portuguesa, Rio de Janeiro, Objetiva, 2001, p. 1015 (s.v. ‘desseinar’). Segundo o Dicionário Houaiss de Língua Portuguesa a voz deceinar defínese como: «v. 1 t. d. lavar e bater (meadas, esp. de linho) depois de retirar da barrela para retirar as cinzas que estão por cima. 2. t.d. (s. xv) Rúbrica: arte RLM, xxiv (2012), pp. 63-79, ISSN: 1130-3611 71Fernan Fernandez Cogominho na Cantiga B1560... ‘zurcir’34, respectivamente. Así pois, considerando inadecuada a medida dos referidos editores, reproducimos o texto segundo a nosa proposta, e destacaremos aquí os antropónimos e os topónimos que son os elementos que nos interesan principalmente neste traballo: (B1560, f. 325v, col. a-b) O arraiz de Roi Garcia que en Leirea tragia desseino-o; e pois vẽo outro dia, 5 enlinho-o. Non vos foi el de mal sén [e] serviu-se del mui ben, desseino-o; e pois vẽo a Santaren, 10 enlinho-o. Non vos foi del mui mezquinho, per como diz Cogominho, desseino-o; e pois morreu don Martinho, 15 enli[nho-o.] Ainda vos eu máis direi per quant’eu del vej’e sei: desseino-o; e pois vẽo a cas d’el-Rei, 20 enli[nho-o.] venatoria. Amansar novamente (falcão ou açor) depois da muda (“mudança de penugem”), carregando no braço, à noite, ou privando de alimentação habitual. 3. intr. (s. xv) Derivação por analogia. Gritar muito, debater-se (à semelhança do falcão ou açor quando deceinado)»; sobre a etimoloxía e a orixe da forma dise que é escura, aínda que poderia ser derivado do latín cinis, -eRis ‘cinza’ e que, no século xv, documéntase baixo as formas deceinar, desceinar e deseinar. Cfr. e vid. A. Houaiss, M. de Salles Villar y F. M. de Mello Franco, Dicionário Houaiss… cit., p. 918 (s.v. ‘deceinar’). Porén, Corominas e Pascual, baixo a entrada ‘saín’, do «lat. vg. *sagīnum, lat. sagīna ‘engorde de animales’, ‘gordura, calidad de gordo’» (cfr., DCECH, vol. 5, p. 127), citan sainar, do verbo latino saginaRe ‘grossir’, así como ensainar e deseinar ; igualmente recollen a hipótese de que a partir de *desaiñar se pasase no galego a desañar. Vid. J. Corominas e J. A. Pascual, DCECH, vol. 5, p. 128. Nos dicionarios de galego moderno desañar rexístrase cos valores ‘lavar meadas de liño’, ‘lavar a roupa por primeira vez’, ‘desinfectar; en relación parece estar deseivar ou desaivar: ‘lavar a roupa branca nun primeiro lavado’, ‘limpar’, ‘lavar superficialmente para quitar algunha mancha’. Vid. (RILG=) Recursos Integrados da Lingua Galega, <http://sli.uvigo.es/RILG/> [21-5-2011], s.v. ‘deceinar’, ‘desañar’, ‘deseivar’, ‘desaivar’. 34 Podemos propoñer este valor que aínda parece rexistrarse nalgún dicionario de galego moderno. Así, a segunda das acepcións que rexistra a voz no dicionario Ir Indo (dispoñible en: «http://entrada.digalego.com/dicionario_xunta/html» [21-5-2011], s.v. ‘enliñar’) é: «Pasar por un fío, arame ou algo similar cousas que teñen un burato», ademais de recoller a acepción primeira e máis estendida de «Introducir un fío polo burato dunha agulla». RLM, xxiv (2012), pp. 63-79, ISSN: 1130-3611 78 Déborah González Martínez Cogominho. Ademais, o feito de que non se coñeza documentación que asocie a Fernan Fernandez Cogominho (II) coa corte de Afonso III, onde o proxenitor estaba ben integrado, podería interpretarse como unha falta de contacto por parte deste Cogominho (II) co círculo cortesán portugués. En síntese, vemos que na composición B1560 se reproduce unha serie de nomes remitentes á corte portuguesa afonsina, que nos permiten concluír que a mención Cogominho é relacionable a don Fernan Fernandez Cogominho (I), en tanto que este nobre estivo plenamente integrado na corte portuguesa de Afonso III, desenvolvendo diversos cargos de importancia e documentándose en numerosos textos chanceleirescos. Non podemos obviar que existen textos que poñen de manifesto o contacto que mantivo con importantes trobadores e outros cortesáns desa corte, entre os que se conta o escarnecido Roi Garcia de Pavia. Ademais, da inclusión do seu sobrenome na sátira B1560 despréndese unha relación entre este Cogominho (I) e o trobador de Besteiros, un contacto que non necesariamente tivo que partir ou limitarse á época do reinado de Afonso III60. Indo máis alá, a referencia a Cogominho consititúe un dato importante para os estudos trobadorescos, porque axuda a esclarecer a identidade do trobador chamado don Fernan Fernandez Cogominho nos cancioneiros B e V. Así, a documentación e as conxecturas que levan a vincular a Fernan Fernandez Cogominho (I) e Fernan Fernandez Cogominho (II) coas cortes portuguesa e castelá, respectivamente, poden considerarse insuficientes para determinar se un ou outro foi o autor das once cantigas transmitidas nos apógrafos quiñentistas; porén, a sátira que Afonso Mendez de Besteiros dirixe a Roi Garcia de Pavia é un pequeno indicio literario de cal dos dous podería ser o autor. Desta maneira, o dilectus et fidelis vasalus61 de Afonso III non só se documenta perfectamente asentado no medio cortesán portugués e en contacto co círculo trobadoresco alí localizado, senón que ademais, mediante a súa composición, Afonso Mendez de Besteiros fai que Fernan Fernandez Cogominho (I) sexa partícipe e cómplice da “rexouba” satírica dedicada a Roi Garcia grazas á expresión «per como diz Cogominho»62. Finalmente, O arraiz de Roi Garcia é unha cantiga que ten unha notable importancia e interese porque, ademais de permitirnos establecer vínculos entre o autor da composición, o cabaleiro Afon60 O primeiro contacto non ten por que datar desta época. Se o cabaleiro Afonso Mendes de Besteiros servía a don Gil Martins de Riba de Vizela, pódese pensar que este trobador e Fernan Fernandez Cogominho (I) tivesen entrado en contacto durante os anos da guerra ou no período de exilio en Castela (vid. supra nota 54). 61 Como ven designado nun documento de 12 de febreiro de 1257. Vid. A. Resende de Oliveira / L. Ventura (eds.), Chancelaria… cit., vol. 1, pp. 117-118 [doc. 107]. 62 Tirando do fío das hipóteses, preguntámonos se «per como diz Cogominho» será alusión a algunha composición satírica de Fernan Fernandez Cogominho, cousa que, de ser certa, correspondería á produción perdida deste autor. RLM, xxiv (2012), pp. 63-79, ISSN: 1130-3611 79Fernan Fernandez Cogominho na Cantiga B1560... so Mendez de Besteiros, e a corte de Afonso III, permite relacionar máis estreitamente a Fernan Fernandez Cogominho (I) co universo trobadoresco. Desta maneira, a cantiga B1560 engádese ás informacións documentais e ao indicio literario achegado pola cantiga [V] eeronm’ora preguntar (B366bis)63, en apoio da hipótese de que don Fernan Fernandez Cogominho (I) foi o autor das cantigas de amor e de amigo que figuran baixo o seu nome en B e V. Recibido: 30/07/2011 Aceptado: 15/09/2011 d c ResuMen: En la sátira O arraiz de Roi Garcia, de la autoría del trobador portugués Afonso Mendez de Besteiros, se presentan una serie de topónimos y antropónimos que remiten a la corte portuguesa de Afonso III, permitiendo hipotetizar la vinculación de su autor a esta corte. Además, el texto resulta interesante para los estudios trovadorescos porque incluye una mención a un Cogominho, identificable con Fernan Fernandez Cogominho, vasallo de Afonso III, y probablemente miembro activo del movimento trovadoresco que se acogía y propiciaba en esta corte. abstRact: The satire O Arraiz Roi Garcia, by the Portuguese troubadour Afonso Mendez de Besteiros, includes several place names and anthroponyms referring to the Portuguese Court of Afonso III, which suggests the hypothesis of a real link between the abovementioned author and this Court. Moreover, this text is also important as regards the troubadour studies since it mentions a Cogominho. This Cogominho is identified with Fernan Fernandez Cogominho, vassal of Afonso III and possibly an active member of the troubadour movement developed at this Portuguese Court. palabRas clave: Lírica gallego-portuguesa, Sátira, O arraiz de Roi Garcia, Afonso Mendez de Besteiros, Fernan Fernandez Cogominho. KeywoRds: Galician-Portuguese Lyric, Satire, O arraiz de Roi Garcia, Afonso Mendez de Besteiros, Fernan Fernandez Cogominho. 63 Do estudo desta composición, xa nos ocupamos anteriormente noutros traballos: D. González, Fernan Fernandez Cogominho... cit., pp. 50-54, 276-286; D. González, «Fernan Fernandez Cogominho e a sobrinha que lle tolheu o sén (B366bis)», in E. Corral, L. Fontoira, E. Moscoso, A mi dizen quantos amigos ey. Homenaxe ao profesor Xosé Luís Couceiro, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2009, pp. 195-204.