Full text
O galego, de lingua popular a lingua morta? O deber da educación cunha lingua minorizada. El gallego, ¿de lengua popular a lengua muerta? El deber de la educación con una lengua minorizada. Traballo de fin de grao Autora: Noelia Arias Campello Titor: Andrés Domínguez Almansa Xullo 2020 Traballo de Fin de Grao presentado na Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela para a obtención do Grao en Educación Primaria Galician language, from a popular language to a dead language? The education system’s duty with a minorized language.
2 RESUMO Preséntase unha investigación centrada na realidade educativa da lingua galega, tendo en conta o seu contexto e situación de lingua minorizada. Séguese unha metodoloxía mixta mediante a que se analizan algúns dos elementos fundamentais da Educación Primaria: o Decreto 105/2014, os libros de texto máis empregados nas aulas da comunidade e dúas enquisas realizadas a docentes e alumnado. Con isto, tamén se leva a cabo unha experiencia innovadora na materia de lingua galega con alumnado de 6º de Primaria, que se desenvolve de forma virtual, debido á situación provocada polo Covid-19. A análise realizada mostra a profunda fenda existente entre acción e intención, que se deixa ver pola escasa valoración como ben singular e propio da lingua galega tanto na normativa como nos manuais escolares, que provoca un bucle do que docentes e alumnado non conseguen saír, pese a manifestar unha motivación e interese, por formarse e abordar unha docencia do galego máis centrada na súa problemática como lingua en franco retroceso social. Palabras chave: lingua galega, lingua minorizada, eivas curriculares, manuais acríticos, cambio metodolóxico. RESUMEN Se presenta una investigación centrada en la realidad educativa de la lengua gallega, teniendo en cuenta su contexto y situación de lengua minorizada. Se sigue una metodología mixta, mediante la que se analizan algunos de los elementos fundamentales de la Educación Primaria: el Decreto 105/2014, los libros de texto más usados en las aulas de la comunidad y dos encuestas realizadas a docentes y alumnado. Con todo esto, también se lleva a cabo una experiencia innovadora en la materia de lengua gallega con alumnado de 6º de Primaria, que se desarrolla de forma virtual, debido a la situación provocada por el Covid-19. El análisis realizado muestra la profunda brecha existente entre acción e intención, que se deja ver por la escasa valoración como bien singular y propio de la lengua gallega tanto en la normativa como en los
3 manuales escolares, lo que provoca un bucle del que los docentes y el alumnado no consiguen salir pese a manifestar una motivación e interés por formarse y abordar una docencia del gallego más centrada en su problemática como lengua en franco retroceso social. Palabras clave: lengua gallega, lengua minorizada, defectos curriculares, manuales acríticos, cambio metodológico ABSTRACT This research is focused on the Galician language’s educative situation, having on mind the context and its situation as a minorized language. In order to investigate this, this research analyse some of the main educative system’s elements as the Decree 105/2014, the most used textbooks and two different surveys made to teachers and students. We also did an innovative virtual experience with sixth-graders into the Galician subject, due to the Covid-19's situation. The analysis done shows the deep gap between action and intention, which is seen by the low valuation as a unique element that the decree and the textbooks have about the Galician language. This introduce the teachers and the students into a loop from which they do not manage to leave, despite their motivation and interest to know more about how to teach the Galician language having on mind its problematic as a language who is disappearing. Keywords: Galician language, minorized language, curricular faults, acritical textbooks, methodological change
4 ÍNDICE RESUMO............................................................................................................ 2 INTRODUCIÓN .................................................................................................. 5 1. AS LINGUAS MINORIZADAS COMO PATRIMONIO INMATERIAL ......... 7 1.1. Patrimonio inmaterial ......................................................................... 7 1.2. Linguas minorizadas .......................................................................... 9 1.2.1. Evolución histórica da lingua galega. ............................................ 13 1.2.2. O galego na educación ................................................................. 16 2. METODOLOXÍA ....................................................................................... 19 3. A REALIDADE DA MATERIA DE LINGUA GALEGA NA ESCOLA: DA INCONSISTENCIA NORMATIVA ÁS POSIBILIDADES DA ACCIÓN DIDÁCTICA.............................................................................................. 23 4. DISCUSIÓN: A EMPATÍA CUNHA LINGUA MINORIZADA E A NECESARIA REINTERPRETACIÓN DA EDUCACIÓN DA LINGUA GALEGA .................................................................................................. 45 CONCLUSIÓNS ............................................................................................... 48 REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS ................................................................. 50 ANEXO I ........................................................................................................... 54 ANEXO II .......................................................................................................... 55 ANEXO III ......................................................................................................... 59 ANEXO IV ........................................................................................................ 63
5 INTRODUCIÓN Que significa a lingua galega para vostede? Para min sempre foi a miña lingua, falo galego e dende ben pequena estiven rodeada de galegofalantes, o cal me levou a considerar impensable a existencia de prexuízos cara a nosa lingua ou a existencia de xente galega que non vise como algo normal falar galego. Porén, un profesor de Lingua Galega do instituto demostroume que isto non era a norma xeral. Este profesor explicounos como na súa infancia e xuventude a súa lingua de uso fora sempre o castelán, porque consideraba o galego unha lingua interesante, pero unha lingua que ninguén podería escoller para empregar no seu día a día, tan só os intelectuais e investigadores. Por fortuna, no noso instituto descubriu que esa realidade que a el lle parecía imposible si existía, os mozos e mozas usábamos o galego con total normalidade sen percepción ou consciencia dos prexuízos alleos. Esta, para el, nova normalidade na que se integrou fixo que se dera conta de que a lingua galega non era só unha lingua para intelectuais, unha lingua morta... Atoparse nun sitio no que a lingua galega era empregada con total naturalidade, como algo tan propio como a propia paisaxe, fixo que se repensara todo o seu pensamento pasado e se proxectase dun xeito novo cara ao futuro. Esta historia impactoume tanto que, a partir dese intre, comecei a interesarme pola situación lingüística da nosa comunidade, dándome conta da gran carencia que existe ao redor da lingua. Os nenos e nenas de hoxe crecen nun mundo, maioritariamente, castelanfalante onde, incluso teñen máis fácil acceder ao inglés que ao galego. A lingua galega a nivel educativo converteuse nunha lingua máis a estudar, mediante unha metodoloxía que lle outorga maior importancia á súa aprendizaxe formal sen deterse noutras cuestións relevantes. A lingua galega está nunha situación sen retorno, estamos nun punto no que a poboación máis nova non se sente cómoda empregando o galego porque o seu entorno non o emprega. Segundo o Mapa Sociolingüístico de Galicia para o
6 ano 2004 (2008), recóllese unha progresiva perda de falantes. Dende 1992, produciuse un retroceso de 22,1 puntos no uso habitual do galego. Actualmente, este retroceso segue vixente, e entre aquelas persoas que manteñen o uso do galego compróbase o xurdimento dunha variedade que podemos clasificar como perigosa: o novo galego urbano. Caracterízase por eliminar case por completo aqueles elementos enxebres da nosa lingua, que son o que a fan diferente e única, de feito destacan os castelanismos, a despalatalización do fonema fricativo prepalatal ou posalveolar xordo ou a clara indistinción do timbre das vogais galegas (González, 2008). Con todo isto, os nenos e nenas prefiren empregar outra lingua antes que o galego ou ben falan un galego espurio que vai en detrimento da lingua real. Como ben dixo Castelao, “se aínda somos galegos, non é máis que por obra e graza do idioma”, un pobo que descoñece o significado da súa lingua é capaz realmente de facela vivir no tempo? Eu considero que non e, por defensa da lingua coa cal me identifico e por respecto ás persoas que no pasado loitaron e padeceron pola súa consideración e dignificación, adquiro o compromiso docente de evitar a súa caída na banalidade, seguramente primeiro chanzo cara a súa desaparición. Por este motivo é importante desenvolver esta realidade nas aulas, os nenos e nenas estudan a lingua galega, si, pero séntense identificados con ela? Este traballo ten como obxectivo principal calibrar en que situación se atopa a nosa lingua no ámbito educativo. Partindo da hipótese de que para educar no seu aprecio como expresión cultural non abonda con abordala dende a perspectiva lingüística, senón que hai que poñela en relación coas dimensións histórica e social, de forma que o alumnado sexa quen de entender que traballamos cunha lingua en situación de fraxilidade e, en función disto, xerar un proceso de reflexión e actuación sobre a súa posible permanencia como lingua viva. Á súa vez a investigación presenta uns obxectivos específicos: • Analizar o marco normativo educativo no que se desenvolve a lingua galega. • Comprobar como se sustancia o marco curricular nos manuais escolares, xestores por excelencia das rutinas escolares.
7 • Analizar as representacións do profesorado de Educación Primaria sobre o ensino do galego e o seu posible significado cívico. • Analizar as representación do alumnado de Primaria sobre a lingua galega. • Deseñar e desenvolver unha actuación didáctica innovadora e real, mediante a virtualidade, con alumnado de Primaria, para comprobar en que medida se cumpre o obxectivo principal desta investigación. Atendendo, ao mesmo tempo, ás potencialidade e eivas da docencia telemática. 1. AS LINGUAS MINORIZADAS COMO PATRIMONIO INMATERIAL Falar de patrimonio supón para a Real Academia Galega, na súa terceira acepción, referirnos ao “conxunto de cousas materiais ou inmateriais de certa antigüidade e importancia recoñecida, pertencente a unha colectividade.” (Real Academia Galega, 2012). Esta definición preséntanos o patrimonio inmaterial (obxecto a estudar neste traballo relacionándoo coas linguas) e é que, o patrimonio inmaterial trata de protexer e salvagardar aqueles aspectos culturais que se ven en perigo e que forman parte da identidade, da cultura e da individualidade dun pobo. Ante isto, xorde a problemática das linguas minorizadas, aquelas linguas que, convivindo con outra nun mesmo territorio se ven menosprezadas, contando cunha menor presenza nos ámbitos públicos en favor da lingua dominante. Xorden entón preguntas, acaso estas linguas non son parte da identidade e da cultura do pobo? Non son obxecto de protección? E a máis importante de todas, poden as linguas formar parte do noso patrimonio inmaterial? 1.1. Patrimonio inmaterial Cando se pensa en patrimonio, tende a vírsenos á mente elementos arquitectónicos que presentan un valor estético ou histórico. Porén a intención da protección do patrimonio é a de protexer a memoria, a cultura e a
8 identificación das persoas, por este motivo a escolla dos elementos patrimoniais non se poden levar a cabo sen ter en conta ás persoas. Só se pode levar a cabo unha verdadeira protección e posta en valor do patrimonio material partindo do patrimonio inmaterial e da memoria, cultura e emoción da poboación. Que quere dicir isto? Que, se se establece como patrimonio elementos alleos á poboación e aos sentimentos da mesma, o resultado será nefasto pois, a xente non se sentirá identificada xa que o patrimonio non pode ser imposto, debe nacer da necesidade e da emoción. Por este motivo o patrimonio inmaterial presenta unha importancia fundamental, e é que está ligado co material sendo o sustento ou base que fai que a poboación realmente o acepte e desexe protexelo. Poder chegar a esta afirmación non foi un camiño sinxelo, de feito durante séculos, os requisitos para poder ser considerado patrimonio eran que “tiña que ser estable, estático, con uns valores intrínsecos e unhas calidades de autenticidade” (Munjeri, 2004). Estes requisitos afastábanse moito de ter en conta ás persoas, dando lugar a problemáticas nas que a poboación non se sentía identificada co que se establecía como patrimonio. Así foi como se levou a cabo a Conferencia de Nara en Xapón, en 1994 na que se revisaron os requisitos que establecían a autenticidade, aceptando que en toda sociedade existen elementos patrimoniais materiais e inmateriais (Munjeri, 2004). A partir de aquí a revolución das consideracións do patrimonio non se detivo, ata o apoxeo que supuxo a Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural, levada a cabo pola UNESCO no 2003. Nesta, ademais de concretar a definición e vías de protección do Patrimonio Inmaterial, tamén se estableceu un Comité Intergobernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial que se encargará de garantir que os acordos da Convención se cumpran (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, 2011). No artigo 2.2 das disposicións primeiras desta convención, queda establecido o que entra dentro do marco considerado Patrimonio Inmaterial (ONU, 2011): ⁻ Tradicións e expresións orais, incluído o idioma. ⁻ Artes do espectáculo
9 ⁻ Usos sociais, rituais e actos festivos. ⁻ Coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo ⁻ Técnicas artesanais tradicionais. A partir deste intre, comezaron os traballos e investigacións para lograr a proteccións de moitas manifestacións culturais merecedoras de ser recoñecidas baixo o marco de Patrimonio Inmaterial. Algúns exemplos son o flamenco, a dieta mediterránea ou os Castells cataláns, porén, na Conferencia de 2003 xa se propuxeron para formar parte do Patrimonio inmaterial a lingua Zapara do Amazonas ou a Garifuna de América Central (Zanlongo, s.d.). Todas estas linguas foron nun momento linguas minorizadas e chegaron a ser minoritarias por cuestións de perda de falantes, de vitalidade e de fortaleza. Por sorte, a protección dende a UNESCO xunto con outras medidas de defensa e posta en valor, fan que estas linguas se manteñan e, cando menos queden na memoria da poboación a través do seu estudo nas escolas e do rexistro da inmensa cultura que gardan as súas palabras. Non todas as linguas menosprezadas compren cos requisitos da UNESCO para ser protexidas baixo o título de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, pero, realmente temos que esperar a que unha lingua teña só cinco falantes activos, como lle ocorría á lingua Zapara no 2001 (Zanlongo, s.d.), para que os membros da súa comunidade comecen a protexela e a decatarse do futuro que lle espera se non se revitaliza? Para isto é imprescindible coñecer a historia doutras linguas na mesma situación, das linguas minorizadas. 1.2. Linguas minorizadas Para comezar, é fundamental diferenciar entre linguas minorizadas e linguas minoritarias. Estas últimas son aquelas linguas que presentan, nun territorio específico, un número reducido de falantes en relación, sempre, con outra lingua (Fundéu,2011). Por outra parte, as linguas minorizadas son aquelas linguas que, por diferentes motivos (políticos ou sociais), se atopan controladas, de feito, segundo afirma Julio Alonso Arévalo (2011), unha lingua minorizada é aquela que presenta
16 Actualmente, a conclusión de todo isto está repercutindo nas sociedades máis novas que cada vez son máis monolingües en castelán e é que, o único coñecemento do galego que presentan é o que se lles aporta dende a escolas. Isto é moi importante para poder falar do futuro da nosa lingua, pois se o escaso contacto que os nenos e nenas galegos teñen coa lingua é na escola, as políticas de educación en materia lingüística deberían estar encamiñadas a un fomento da expresión e de emprego da lingua, enriquecéndoa e poñéndoa en valor, porén, unha vez máis, a realidade é diferente e é necesario analizala. 1.2.2. O galego na educación A raíz do Decreto 3/1983, no que se expoñía, no título III, as medidas a adoptar con respecto á lingua galega no ensino, elaboráronse diferentes decretos educativos ao longo do tempo que teñen de base estes principios para garantir e promover a lingua galega entre os máis pequenos. O decreto 247/1995 mantivo a presencia da materia de lingua galega en todos os niveis educativos obrigatorios e estableceu para a Educación Primaria, no seu artigo 4.3, a medida de impartir en galego dúas áreas de coñecemento, das cales unha sempre sería Coñecemento do medio natural, social e cultural. Desta forma, en todos os centros educativos con alumnado do segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria, impartiríanse tres materias en galego. Estas medidas supuxeron unha melloría nos niveis de coñecemento e competencias en lingua galega por parte da xuventude, así se nos recolle no Resumo de Resultados de Lingua e Sociedade en Galicia 1922-2016, elaborado polo Seminario de Sociolingüística (2018). Porén, neste mesmo estudo tamén se fai referencia a un retroceso ocorrido tras o ano 2010, no que a lingua galega comezou a ter menor presenza nas aulas e, por tanto, nas habilidades dos nenos e nenas comparable á situación que vivía a nosa lingua antes dos anos noventa. Que pasou no 2010 en materia educativa? Promulgouse o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Este decreto busca desenvolver unha competencia en ambas linguas oficiais e adquirir competencia en linguas estranxeiras, establecendo no seu artigo 6, as medidas para a Educación Primaria, onde se promulgaba que a materia de
17 Matemáticas sería impartida en lingua castelá e a de Coñecemento do Medio Natural, social e cultural en lingua galega, neste mesmo artigo dísenos que “cada centro educativo,(...), decidirá a lingua en que se impartirá o resto de materias de cada curso, garantindo que as materias en galego e en castelán se distribúen na mesma porcentaxe de horas semanais...”. O problema deste decreto é que no seu artigo 21 tamén nos establecía que: A Administración educativa fomentará a impartición de materias en lingua(s) estranxeira(s), principalmente en inglés, co obxectivo de que, de maneira progresiva e voluntaria, os centros educativos poidan chegar a ofrecer ata un máximo dun terzo do seu horario lectivo semanal en lingua(s) estranxeira(s) (Decreto 79/2010, páx. 2946). Desta forma, este decreto aspira (xa que segue vixente) a que nas escolas galegas se chegue a equiparar en horas de docencia a lingua castelá, a lingua galega e unha lingua estranxeira, pese a que o seu contexto é moi diferente. Recordemos a historia recente da lingua, na cal os datos nos expoñían unha clara preferencia polo castelán nas urbes, isto viuse reflectido nas aulas, de forma que, podendo escoller, as escolas déronlle primacía ao castelán e á lingua estranxeira fronte ao galego. Isto que, como alumna puiden comprobar, vese reflectido no estudo da Real Academia Galega (2018) antes citado. Actualmente o Decreto 105/2014, que establece o currículo da Educación Primaria na nosa comunidade, establece no seu artigo 3 do Titulo I que un dos obxectivos desta etapa é “Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas.” É dicir, unha vez máis este decreto segue a darlle o mesmo trato á lingua galega e á lingua castelá, de feito no seu Título II, Capítulo I, artigo 8.4 marca que “a área de lingua galega e literatura terá un tratamento análogo á de lingua castelá e Literatura”. Como podemos comprobar, pese á historia e o pasado de desigualdade entre as dúas linguas oficiais de Galicia, non é suficiente para que dende a Administración consideren necesario desenvolver un ensino en lingua galega de carácter máis social do que se lle pode dar á lingua castelá. Esta lexislación en materia educativa fórmase considerando que as linguas se atopan nunha situación de igualdade pero, como podemos garantir unha competencia igual en ambas linguas se a maioría do alumnado sabemos que
18 fóra da aula non están en contacto coa lingua galega? Non se pode pretender desenvolver unha competencia real nunha lingua sen, como nos di Pardo de Neyra (2018,p.259), ter en conta “os factores psicosociais e afectivos do alumnado: curiosidade, motivación, flexibilidade, sensibilidade, capacidade de adaptación e observación, ansia polo coñecemento e respecto, moito respecto pola cultura en toda a laxitude do termo.” As nenas e nenos galegas descoñecen a historia, as implicacións de todo o pasado, en xeral, descoñecen a súa cultura e isto, sumado á globalización, o seu monolingüísmo en castelán... fai que o galego estea nun serio perigo que estamos a tempo de remediar e intentar salvar, facéndoos conscientes e partícipes da perda cultural e de identidade que eles mesmos están a provocar. Como podemos facer isto? Pois ben, Pardo de Neyra (2018) fálanos de achegar aos nenos e nenas á cultura, á historia da nosa comunidade pero tamén ao presente falándolles dende a realidade e sen ocultar os momentos máis escuros aos que os galegos e galegas tiveron que facer fronte. Os e as docentes deben facerse eco de todas as posibilidades de achegar a lingua á realidade dos nenos/as, sendo os profesionais que lles aporten aos nenos e nenas a posibilidade de conectar coa realidade galega que doutro xeito non chegarían a coñecer (Pardo de Neyra, 2018). A motivación é a base do aprendizaxe e, debemos aceptar que a día de hoxe, para a maioría dos nenos e nenas de Galicia a aprendizaxe do galego é a aprendizaxe dunha segunda lingua, polo que para garantir un bilingüismo, no que a lingua galega teña posibilidades de ser empregada, debemos fomentar un ensino da lingua dende a realidade e a ruptura dos estereotipos afianzados en toda a sociedade que tanto dano nos fixeron ao longo da historia.
19 2. METODOLOXÍA Nesta investigación empréganse diferentes estratexias e métodos de análise en relación coa obtención de resultados que permitan cumprir os obxectivos propostos, integrados en catro fases: 1. Seguindo unha estratexia cualitativa, recollendo datos cos que construír categorías ou proposicións teóricas fiables e explicativas dos resultados obtidos (Quecedo,Castaño,2002), procédese á análise do decreto 105/2014 polo que se establece o currículo para a Educación Primaria en Galicia. 2. Seguindo esta liña, analízanse os libros de texto como instrumento dominante nas rutinas das aulas. Neste caso os das editoriais Santillana e Anaya, para os cursos de 4º e 6º de EP. Aténdese aos seus contidos en relación co que se establece no decreto 105/2014 para a materia de lingua galega, establecendo unha comparación cos da materia de lingua castelá. É importante advertir que a elección destas dúas editoriais non é aleatoria, pois, como se demostra nas enquisas á comunidade docente, o 43,8% do profesorado emprega os textos de Santillana e o 24% os de Anaya. 3. A terceira variable a estudar serán as enquisas pasadas a docentes e alumnado de Educación Primaria. Realizadas a nivel autonómico, cunha participación de 165 suxeitos na enquisa a docentes e 61 na do alumnado. Ambas correspóndense cos Anexos II e III, respectivamente, porén destacar que a dos docentes conta con un total de dezasete preguntas, das cales catorce son de resposta pechada para recadar información máis específica. As outras tres restantes, son de resposta aberta, pretendendo acadar unha visión máis xenérica. A dirixida ao alumnado conta con dezanove preguntas, das cales dezasete son de opción múltiple, catro delas ligadas á visualización dun vídeo que busca a reflexión e posta en dúbida da súa propia realidade. As dúas restantes correspóndense con preguntas de resposta aberta na que o alumnado poida expresarse e ofrecer a súa opinión máis persoal. Ambos cuestionarios serán estudados dende unha perspectiva cuantitativa, atendendo ás respostas e á súa correspondencia cos resultados. Porén, as respostas abertas deben analizarse dende unha perspectiva cualitativa que
20 deixe constancia da intencionalidade dos e das enquisadas á hora de responder e en relación aos obxectivos e á viabilidade da proposta didáctica. En conxunto, para a análise de todas estas variables séguese unha metodoloxía mixta. Cuantitativa no que respecta aos datos porcentuais das enquisas e ao establecemento de follas de control para a análise do decreto e dos libros de texto. Pero os resultados obtidos abórdanse tamén en base ao tema e á perspectiva do estudo cunha análise do contido e o discurso que permite manexar material moi diverso clasificándoo por grupos ou temas, que poden ser estudados de forma cualitativa ou cuantitativa segundo o interese do estudo (Monje, 2011). Neste caso, dun xeito cuantitativo valorando a súa importancia e influencia en relación ao cuarto e último aspecto a analizar deste traballo. 4. Esta investigación, mantense na liña do que Dankhe (1986, cit. en Hernández, Baptista, Gutiérrez, 1991) clasificou como estudo exploratorio, que analiza unha realidade pouco estudada como a que aquí se trata, dende unha perspectiva que intenta ir máis aló do meramente teórico, establecendo as posibilidades das investigacións posteriores, neste caso a presencia dunha nova perspectiva didáctica nas aulas con respecto ao galego. Deseñouse unha actuación didáctica con vocación innovadora para levarse a cabo nunha aula de 6º de Primaria dun centro privado da cidade de Lugo. Ao comezo, esta experiencia estaba planeada para ser levada a cabo con dous grupos de dezaseis integrantes cada un e en seis sesións. Porén, a situación de excepcionalidade didáctica obrigada pola pandemia mundial causada polo COVID-19 e o decreto do estado de alarma no estado español, impediu esta posibilidade. Houbo que reconverter a práctica presencial en virtual, desta forma, o número de nenos e nenas que participaron foi de seis e o número de sesións viuse reducido a tres levadas a cabo, na súa maioría vía correo electrónico. Poder levar a cabo esta proposta non foi unha tarefa sinxela, tendo en conta a titularidade do centro, a adaptación da proposta a virtual tivo que ser
21 enviada aos distintos equipos de coordinación e dirección, o cal supuxo diferentes modificacións da propia proposta e da súa forma de presentala. A condensación da proposta en tres sesións presentouse da seguinte forma: • 1ª Sesión: Simón ten algo que contarnos Nesta sesión de descubrimento, preséntaselle ao alumnado unha carta dun mozo chamado Simón que se viu obrigado a mudar de lingua polo que lles explica como se sente. Tras a lectura da carta o alumnado responde a unhas preguntas nas que reflexionar, do tipo de: Que sentimentos ou pensamentos che deixa a lectura desta carta?, de onde credes que é Simón? entre outras. Na segunda parte desta sesión o alumnado enfróntase á visualización dun vídeo que fai un paralelismo entre o bullying físico e o lingüístico. Posteriormente responden unhas preguntas, por exemplo: Algunha vez te atopaches nunha situación similar á da rapaza do vídeo ou viches que trataran a alguén como tratan a Simón?, Que significa a lingua galega para ti? Os obxectivos principais desta sesión son que o alumnado se identifique ou coñeza o que se experimenta ao ser menosprezado por cuestións de lingua, que sintan a situación da lingua e percibir nós a súa sensibilidade. • 2ª Sesión: Ironías da lingua Nesta segunda sesión búscase identificar ao alumnado coa situación de perda de falantes que sofre o galego, para isto preséntaselles uns titulares de prensa que falan da perda de falantes e outros que falan da desaparición do rural e pregúntaselles se cren que hai relación entre eles, tamén se lles proporciona unha estatística dos falantes en 2018 divididos por idade, co que se lles fai preguntas tipo: Por que cres que hai menos xente que fale galego nas cidades? Por que cres que a xuventude case non empregan o galego? Para finalizar e reflexionar, pregúntaselles aos nenos e nenas polo futuro da lingua galega, pedíndolles unha narrativa sobre como será Galiza no ano 2100. • 3ª Sesión: Fáltasnos ti! Esta última sesión persegue o obxectivo principal de facer consciente ao alumnado de que a supervivencia da lingua galega depende de nós e que eles
22 e elas poden facer moito. Á par, búscase ter unha visión xeral da viabilidade do proxecto nas aulas grazas a unha última enquisa que se lles fai aos menores. Do mesmo xeito na sesión preséntaselles aos nenos e nenas uns anuncios de organizacións que conciencian sobre o cambio climático, para preguntarlles se é posible facer campañas de concienciación deste tipo pero a nivel lingüístico e pídeselles que intenten crear a súa propia. A actuación levada a cabo, permitiu obter uns datos e resultados mediante unha metodoloxía cualitativa que ten moi en conta o contexto do proxecto, as variacións dos participantes e as anotacións realizadas durante todo o proceso. Deste xeito, o cambio de paradigma da actuación permítenos realizar unha análise da virtualidade dende a propia experiencia persoal. O cal se verá reflectido nuns breves resultados que deixan constancia das vantaxes, inconvenientes e posibilidades que nos aporta a docencia online. O método indutivo é primordial na análise do traballo realizado, xa que desenvolveuse unha actuación flexible e aberta atendendo á súa repercusión e tendo moi en conta todas e cada unha das perspectivas que se foron xerando, en sintonía co que Quecedo e Castaño (2002) identifican como unha boa praxe de quen quere acometer unha investigación cualitativa de calidade. Deste proceso obtivéronse diferentes materiais, dos cales obter e traballar os datos que permitan ofrecer resultados fiables. Cóntase, polo tanto, con: - O diario de aula, escrito por quen presenta esta investigación en cada fase da actuación, describindo o proceso, indicando as reaccións do alumnado e, en ocasións valorando e interpretando o sucedido. - Os correos e rexistro de conversas mantidas coa mestra en exercicio con respecto á proposta e á resposta do alumnado e familias. - As tarefas propostas na clase virtual. - Unha enquisa final ao grupo participante na experiencia, que se pode atopar no Anexo IV. Da conta de diversos aspectos, dende a valoración global do proxecto até o futuro do galego e a posibilidade de que se producise pola súa parte unha apropiación cultural desta lingua.
23 3. A REALIDADE DA MATERIA DE LINGUA GALEGA NA ESCOLA: DA INCONSISTENCIA NORMATIVA ÁS POSIBILIDADES DA ACCIÓN DIDÁCTICA Para unha mellor comprensión dos resultados, preséntanse de forma estruturada, de tal xeito que se poida facer un seguimento das distintas estruturas do contexto educativo. Rematando coa análise da acción didáctica emprendida como resposta aos resultados ofrecidos previamente. I. A normativa non acomete o estudo e a aprendizaxe da lingua galega dende a perspectiva dunha lingua minorizada, acorde co seu contexto de desenvolvemento. 1 As alusións no decreto 105/2014 á importancia da educación cultural e de identidade que implica a lingua galega son mínimas. • Recóllese unha única vez e sen destacar a clasificación da lingua galega como lingua minorizada. Unido a calquera lingua minorizada hai que ter en conta intereses próximos á sociolingüística, como a valoración dese sistema de expresión e a súa literatura, os textos elaborados nese código como representantes dunha cultura, na que creceron os nosos antepasados e moitos de nós e que cómpre coidar e cultivar. (Decreto 105/2014, 2014, p.37978) • Tan só se recolle no obxectivo O unha pequena alusión sobre a lingua, a cultura galega e as persoas comprometidas coa súa normalización. “o) Coñecer, apreciar e valorar as singularidades culturais, lingüísticas, físicas e sociais de Galicia, poñendo de relevancia as mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e á sociedade galegas.” (Decreto 105/2014, 2014, p.37414). 2 O decreto 105/2014 deixa ver que a lingua galega e a lingua castelá se desenvolven nunha situación de igualdade. • En diversas ocasións enmárcase o tratamento semellante que se debe impartir nas dúas linguas. “Á lingua galega correspóndelle un tratamento análogo ao da disciplina de lingua castelá e Literatura” (Decreto 105/2014, 2014, p.37418). “Esta área de lingua galega e literatura está estreitamente relacionada coa de lingua castelá e literatura.” (Decreto 105/2014, 2014, p.37980).
24 • Os cinco bloques de contidos para os seis cursos de Educación Primaria, son os mesmos para a lingua galega que para a castelá, non gardando ningún espazo explícito para o estudo e descubrimento da cultura galega e da problemática do estado actual da lingua. “Ambas áreas [lingua galega e lingua castelá] teñen unha distribución de contidos similar en cada un dos cursos que conforman a educación primaria.” Bloques lingua galega: bloque 1, Comunicación Oral: falar e escoitar, bloque 2, Comunicación escrita: ler, bloque 3, Comunicación escrita: escribir, bloque 4, Coñecemento da lingua, bloque 5, Educación literaria (Decreto 105/2014,2014, pp.37978-37979) Bloques lingua castelá: bloque 1 Comunicación oral: escoitar e fala, bloques 2 e 3 Comunicación escrita: ler e escribir, bloque 4 Coñecemento da lingua, bloque 5 Educación Literaria (Decreto 105/2014,2014, pp.37539-37540) 3 Deixase constancia moi superficialmente do ensino da cultura e idiosincrasia do pobo galego na área de Ciencias Sociais, porén non relacionado coa historia e situación da lingua. • Breve referencia do tratamento da historia de Galiza na presentación da área. É importante para o alumnado adquirir as referencias históricas que lles permitan elaborar unha interpretación persoal do mundo, a través duns coñecementos básicos da historia de Galicia e de España, respectando e valorando os aspectos comúns e de carácter diverso. (Decreto 105/2014, 2014, p.37479). • Primeira e única aparición da singularidade lingüística como contido explícito en 3º de Primaria B3.2.Manifestacións culturais e lingüísticas de Galicia B3.2.Valorar a diversidade cultural, social, política e lingüística de Galicia respectando as diferenzas. CSB3.2.1.Recoñece, partindo da realidade galega, a diversidade cultural, social, política e lingüística nun mesmo territorio como fonte de enriquecemento cultural. (Decreto 105/2014, 2014, p.37501). 4 O Decreto 105/2014 non pretende educar aos nenos e nenas no pensamento crítico e no descubrimento da realidade social. • En numerosas ocasións, exponse cal é o verdadeiro obxectivo principal da etapa de Educación Primaria.
25 “(...) tratar de garantir os coñecementos e as competencias que permitan adquirir unha formación sólida e continuar con aproveitamento as etapas posteriores...” (Decreto 105/2014, 2014, p.37407). • O currículo da área de lingua galega quere formar nunha competencia comunicativa na lingua independentemente do seu uso, búscase formar falantes pasivos máis que falantes activos. En definitiva, o currículo desta área [lingua galega] persegue como obxectivo último crear cidadáns e cidadás conscientes e interesados no desenvolvemento e na mellora da súa competencia comunicativa e capaces de interactuar satisfactoriamente en todos os ámbitos que forman e van formar parte da súa vida. (Decreto 105/2014, 2014, p. 37981). II. Os libros de texto da materia de lingua galega desenvolven un tratamento exclusivamente léxico-gramatical da lingua, sen case outorgarlle unha dimensión histórica e/ou sociolingüística 1 1. As liñas editoriais presentan contidos moi similares independentemente do curso ao que van dirixidos os manuais. • Todos os temas comezan cun texto e uns exercicios de comprensión lectora que nunca se aproveitan para reflexionar a situación lingüística do galego. 1 Táboa explicativa cos criterios empregados para o análise dos libros de texto en Anexo I. Figura 1. Exemplo do libro de Santillana do inicio dun tema coa lectura e as actividades de comprensión. Fonte: (Broseta, Carril, Luna, March, e Toimil, 2012)
32 2. Séntense condicionados a outorgarlle primacía aos aspectos ortográficos e gramaticais, recorrendo ao emprego dos libros de texto. • 60% dos enquisados responden afirmativamente ao uso de libros de texto na aula. • 70,3% do profesorado afirma que nas súas clases ten maior presencia os aspectos gramaticais e ortográficos. • Senten que é necesaria outra forma de ensinar a lingua galega, que non se recolle na normativa. “Os docentes debemos intentar que os nenos e as nenas non teñan qe elixir qe lingua è mellor....senon tratar de valorar o noso a nosa cultura...e iso implica tamèn valorar a nosa lingua.” (EP40) Sempre a vin necesaria, como instrumento social que é, aínda que creo que o enfoque xeral que se ten non é o adecuado, tan centrado no normativo e na recuperación do "antigo" en vez de intentar mirar cara o futuro. Pero coido que a mellor forma de facelo sería integrala na cultura (libros, Internet e ordenadores, series, películas, videoxogos...) Só así poderemos ver de verdade unha aplicación útil que escapa do simbolismo simple que hai hoxe en día. (EP148) O problema non é tanto a lingua (que tamén, vaia) senón a cultura. Normalmente, o ensino é escasamente "galego", e a lingua forma parte dunha armazón cultural da que non pode disociarse. Un ensino "galego" provocaría a normalización do idioma.primeiro hai que quererse... (EP36) • Comprensión de que a promoción e normalización da lingua galega é un traballo que atinxe ao conxunto de docentes. “De 17 profesores só eu falo SEMPRE galego” (EP78) Figura 26. Gráfico da pregunta, en azul os aspectos gramaticais. Fonte: Enquisa elaboración propia.
33 “Ten que primar que o alumnado adquira amor pola lingua. Hai profesores que a fan odiar. Profesores que suspenden a galego falalantes.” (EP42) “Penso que non todos os docentes a empregan nas súas aulas e que deberíamos todos empregala nos momentos de lecer (recreos...) Ademáis os docentes deberíamos facer un curso de reciclaxe da lingua con frecuencia”. (EP128) • Non consideran que, dende o sistema educativo se aposte por un ensino galego. Non, estamos ante un sistema que non ten en conta o contexto social no que vivimos. E digo isto porque baixo a miña perspectiva, non se pode establecer o mesmo número de horas para LG, LC e inglés. A LC está ó seu alcance na maioría de medios de comunicación, nas ferramentas tecnolóxicas, nos xogos... Hai que darlle á LG esa oportunidade que o sistema lle nega,. Non se pode falar dunha situación igualitaria para esas tres linguas cinguíndose ós datos numéricos e porcentuais que recolle o Decreto 79/2010, baixo o que eu considero como unha falsa igualdade. Hai que analizar o contexto escolar e todo o que o envolve, a partir de aí poderanse tirar conclusións sobre cal é a mellor opción para concretar o papel da LG no ensino, pero dende logo creo que este non é o camiño. (EP35) Non, creo que o deixan moito de banda. É non é lóxica a repartición de materias en cada lingua, pois non son linguas en igualdade de condicións. (EP155) • Expoñen unha necesidade ou mellor valoración perante un ensino da lingua lúdico e dinámico que lles custa debido á normativa vixente. “Deberiase fomentar mais actividades lúdicas en galego” (EP27) “Hai que fomentar o seu uso con actividades interesantes para os nenos, que teñan ansías de aprender máis” (EP147) “Importancia dun maior compromiso dos docentes en utilizar o galego como lingua vehicular na ensinanza e que a consellería de educación potencie o seu uso” (EP71)
34 • 80.2% afirman que non consideran que os nenos e nenas sexan conscientes da situación da lingua galega. V. O alumnado sente a lingua galega como un produto máis de identidade ao que valorar pero sen capacidade para afondar na súa problemática. 1. Valoran e impórtalles a nosa lingua pero senten dificultadas para falala con liberdade ou aprendela. • 60 consideran a lingua galega como un ben importante. • Senten gusto pola lingua e identifícanse con ela. Creo que deberiamos falar máis galego, quitar tódolos prexuízos que gran parte da sociedade deposita sobre o idioma e impoñer unha educación íntegramente en galego agás nas materias nas que non se poidan cumprir como lingua castelá, inglés ou outros idiomas. Non debemos permitir a perda do noso idioma. (Enquisa alumnado 23 - EA23) “Pensó q e moi importante e a nosa lingua” (EA53). “EU desexo que se fale más a lingual galega.” (EA48). “Para min é moi importante a miña lingua, e creo que se seguirá falando.” (EP26). • Ningún quere que se perda a lingua galega pero son conscientes de que o seu futuro é incerto. “Solo hablarán algunas personas porque poco a poco se va perdiendo el idioma y es una pena” (EA9) “Se segue así morrerá” (EA48) “Cada vez falarese menos” (EA49) “Pois esperemos que se fomente mais seu uso” (EA32) “Falarémola todos aqueles que sigamos coa súa trasmisión” (EA26) “Non o sei pero gustariame que non se perdera” (EA58) Figura 27. Gráfico da pregunta en vermello non. Fonte: Enquisa elaboración propia.
35 • Cinco deles mostran prexuízos cara a lingua. Non se senten motivados para empregala, pese a remarcar a súa identificación como lingua propia da súa comunidade. “Creo que a ensinaza debería ser en castelan. O galego como asignatura específica” (EP29) “Gústame como lingua, pero o resto das asignaturas gustariame que dirán en castellano. ” (EP21) O galego gustarme como lingual , pero considero que para min e tan importante o castelan porque cando me vaia traballar ou estudar fora vaime costar falalo sinon o fixen antes Considero que na escola as asignaturas básicas deberían ser impartidas en castelan (EP28). 2. Identifícanse e emociónanse ante as situacións de inxustiza lingüística. • Ningún considera xusto que se exclúa a alguén por motivos lingüísticos. • 8 de 61 tivo medo nalgún momento da súa vida a ser excluído por cuestións lingüísticas. Figura 28. Gráfico pregunta, en vermello non. Fonte: Enquisa elaboración propia. Figura 29. Gráfico pregunta, en vermello non. Fonte: Enquisa elaboración propia.
36 • 16 de 61 presenciaron vexacións, exclusión... cara a outra persoa que falase a lingua galega. 3. Desexan descubrir novas realidades da lingua e novas formas de aprender. • Cando se lles propoñen novas metodoloxías e formas de traballar a maioría dos enquisados senten curiosidade e gustaríalles que se implantasen na súa escola. Figura 31. Gráfico pregunta, en azul si. Fonte: Enquisa Elaboración Propia. Figura 30 Gráfico pregunta, en vermello non. Fonte: Enquisa elaboración propia. Figura 32. Gráfico pregunta, en azul si. Fonte: Enquisa Elaboración Propia.
37 4. A pesares da metodoloxía tradicional que non ten en conta a situación de desprestixio da lingua galega, aceptan e desfrutan as clases de lingua galega. • Gústanlles as clases de lingua galega e considéranas aproveitables. • 46 de 61 valora como útil ou moi útil os contidos que lles son impartidos na aula de lingua galega. • A gran maioría desfruta das súas clases de lingua galega. • O uso do libro de texto é a tónica xeral, así como a primacía dos contidos gramaticais e ortográficos. Figura 34. Gráfico pregunta, en azul si. Fonte: Enquisa Elaboración Propia. Figura 33. Gráfico pregunta, en azul si. Fonte: Enquisa Elaboración Propia. Figura 35. Gráfico pregunta, en vermello os aspectos gramaticais e léxicos. Fonte: Enquisa Elaboración Propia.
38 VI. Dunha actuación didáctica alternativa resulta unha aprendizaxe significativa da lingua galega: cambio metodolóxico, emoción e competencia crítica. 1. O alumnado presenta unha identificación coa lingua e emociónase coa situación lingüística. • Ante unha situación de inxustiza por cuestións lingüísticas recoñecen o dano e senten tristura. ”O sentimento que me deixa é moita tristeza por Simón...” (Resposta Actividades Alumno/a 1 – RAA1 ) “Prodúceme tristeza porque non me parece xusto que por facer o que desexa a sociedade teñas que perderte a ti mesma e aos teus valores” (RAA3) “Rabia, impotencia, nostalxia...” (Enquisa Final 3 – EF3) • Incomprensión polas situacións de exclusión social por motivos lingüísticos. “Non lle podería explicar a ninguén iso porque é moi dificil de entender que un galego desprecie a outro por falar a súa lingua” (RAA4) “é algo que pasa en realidad, que a xente se meta co as que falan galego” (RAA1) “A verdade é que non tería palabras para describilo.” (RAA5) • Apostan pola lingua. “A min persoalmente gustaríame que se falase máis” (RAA3). “Por suposto que si” [que lle gustaría que se falase máis galego] (RAA2). “Si, porque é a nosa lingua natal, deberíamos falala mais.” (RAA6). 2. Cústalles falar da exclusión social por motivos lingüísticos. • Dous dos participantes afirman ter sufrido vexacións como as do vídeo aportado por falar galego. “A min mesmo me pasou...” (RAA3) “Si, algunha vez si que me pasou” (RAA2) • Non recoñecen a exclusión lingüística na súa vida cotiá. “Na miña escola non pasa, pero en Lugo creo que si” (RAA4) “Eu creo que aquí non pasa tanto como noutras partes do mundo” (RAA6)
39 3. Ante estímulos didácticos (segunda sesión) o alumnado reflexiona sobre a realidade da lingua galega. • Rapidamente aprecian o rural como punto clave para a supervivencia da lingua. As persoas do rural, normalmente os nenos e nenas, vanse vivir as cidades e como nalgunhas cidades de Galicia falase maioritariamente o castelán, a lingua está a perderse. Ademais, este abandono do rural fai que as aldeas perdan habitantes e incluso que desaparezcan. (RAA3) “O abandono do rural e a nova vida nas cidades provoca a perda de falantes en galego, xa que segue a falarse máis galego no rural que nas cidades.” (RAA2) “Un titular implica ao outro porque uns falan da desaparición do rural e isto implica que os nenos/as e a xente en xeral falen menos galego”. (RAA4) • Falan abertamente de por que a xuventude non opta pola lingua galega. “Porque non é a súa lingua natal, a primeira lingua que lles enseñaron os seus pais.” (RAA6) “Eu creo que a xuventude non fala tanto galego porque a sociedade é maioritariamente en castelán (libros, películas, televisión...)” (RAA2) • Toman consciencia da existencia de aspectos históricos que lastran o presente da lingua galega, minando a súa utilización. Unha parte aprecia saber máis sobre o tema. “Eu creo que o principal problema, polo que non se fala tanto galego na cidade é porque cando se deixou de falar non se fixo o necesario para defendelo e recuperalo. (RAA2)” “Hai máis factores que provocan a perda de falantes” (RAA2) • Ao falar do futuro encóntranse con que este non lles gusta. “Si mañá me levanto no 2100 verei a toda a xente falando castelán e cando fora ao concello atoparíamos todo escrito en castelán.” (RAA3) “Se seguimos por este camiño case todo estará en castelán..” (RAA2) 4. As diferentes propostas conducíronos a unha reflexión persoal e a analizar máis a sociedade que os rodea. • Moitos deles danse conta de que falan moito menos o galego do que lles gustaría e deciden mudar de lingua. “non nos damos conta de cal e a nosa verdadera lingua e, polo menos eu creo que a falo moi pouco e deberia falala mais”. (EF1)
40 “Non falar galego ten repercusións” (RAA2) “se empezamos agora a falar o noso idioma eu creo que o seguiremos falando no futuro.“ (RAA6) “ahora hay que traballar na lingua galega “ (EF5) • Ao final do proxecto, atopan un novo sentimento pola lingua galega e un novo xeito de comprendela. “Para mín significa a lingua da miña rexión que debo aprenderla e saber usala e polo tanto tamén falala” (EF6) “Para mi agora e un modo de adentrarme mais na nosa cultura de sentirme mais de aquí, de galicia”. (EF1) “Unha lingua a protexer.” (EF4) “Que representa a miña terra”. (EF2) 5. A proposta leva a repensar as accións que se poden levar a cabo por mellorar a situación da lingua galega. • Apostan por mellores medidas de concienciación. “Eu considero que si que é posible concienciar á poboación galega da importancia do noso idioma porque habería demasiadas razóns para que esta non se perdese” (RAA3) “Creo que si que é posible porque case todo o mundo está preocupado polo naide quere que a súa lingua desapareza,cambio climático, e tamén deberían estao pola súa lingua, por que creo que nin eu nin nadie.” (RAA6) “Eu creo que é posible pero non é o único que podemos facer” (RAA2) • Son conscientes de que é unha tarefa común. “Hai que acostumizar o galego en toda galiza” (EF6) • Déronse conta de que tamén teñen capacidade para cambiar futuros non desexables . “O meu anuncio sería chamativo e que estivera dirixido aos nenos e nenas: Fala galego, é o noso” (RAA2) Figura 36. Debuxo do anuncio para concienciar da importancia da lingua galega Fonte: RAA3. Figura 37. Debuxo do anuncio para concienciar da importancia da lingua galega Fonte: RAA4.
41 Espero que a nosa lingua galega non desaparezca nunca xamais e que a medida que pasen os anos que toda esa xente (xuventude) que non fala galego o vaia incorporando pouco a pouco nas suas vidas. A demais a min pareceme que e unha lingua moi bonita. (EF1) 6. Un traballo que parte das emocións e da crúa realidade estimula de xeito intelectual e emocional ao alumnado pero crea controversias e malestar entre as familias. • Recibe comentarios negativos por parte dalgúns familiares. Protestas vía correo electrónico informando de que os seus fillos e fillas non realizarían a proposta por “presentar connotacións políticas” (información ofrecida pola mestra titular a raíz de correos recibidos de 2 familias). Outros pais e nais que si permitiron a participación dos seus fillos e fillas pero non aceptando o que se traballaba nela como: Eu non participo dun visión victimista do galego, no noso entorno úsase sen problema e sen que nos sintamos infravalorados ou desprezados por elo. De feito, A. é bilingüe, fala o galego e o castelán con normalidade, é máis, diríache que entrou con tres anos no colexio falando galego, porque no ámbito familiar falase galego e tamén castelán. Dende o meu punto de vista totalmente enriquecedor, só sinto que non poidamos falarlle en inglés ou en chino. Tampouco participo dunha visión dicotómica da vida, do ben e do mal; nin uns son tan malos nin outros son tan bos. Penso que tanto o vídeo como o conto ofrecen unha visión un tanto extrema que non se corresponde coa realidade, en todo caso pode corresponderse con casos particulares, que están máis cerca do bulling que do desprezo á lingua galega (Correo enviado por unha nai) • Necesidade de realizar cambios na propia proposta por conflitos cos ideais das familias. Na proposta inicial existía a seguinte pregunta: Cres que situacións como as do vídeo ou ao que se tivo que enfrontar Simón, ocorrían no pasado? Pregúntalle á túa familia se coñecen algún caso dunha persoa que por falar a lingua galega fose perseguido ou menosprezado, facede memoria xuntos! Ao que na revisión da proposta a mestra titular me respondeu: Esta pregunta ten que ver con historia e política, contidos que non pertencen a 6º. Coméntoo porque ao mellor non gusta. Se toca dalo porque toca, é o que hai. Pero se non, igual lles parece mal. No cole hai familias pouco simpatizantes co galego e con ideas bastante conservadoras. Neste grupo non moitas pero algunha si (son as que
48 CONCLUSIÓNS A memoria é un dos bens máis prezados que posuímos, permítenos valorar as nosas accións e tamén a nosa vida, todo para saber actuar con maior afouteza no futuro. A cultura é, en certa medida, memoria, a memoria dun pobo e, como xa nos dicía Pardo de Neyra (2018) esta debe estar presente na educación para que o alumnado se sinta realmente conectado co tema. Por este motivo, intentar presentar unha lingua a uns nenos e nenas dos que os seus referentes non teñen ningunha ligazón con ela, que empregan maioritariamente outra lingua no seu día a día... non pode ter outra influencia neles que a aprendizaxe dunha lingua estranxeira máis, co que iso implica a nivel de uso, fluidez, representación, etc. Podemos dicir que despois de ter demostrado os resultados e a investigación sobre eles, os diferentes obxectivos que nos marcamos quedaron cubertos na medida en que fomos capaces de analizar tanto o marco normativo, como os libros de texto e as representacións e opinións de docentes e alumnado extraendo uns datos que corroboran, en certa medida, a hipótese de partida, na que se presentaba a sospeita do predominio léxico-gramatical no ensino da lingua galega, algo non suficiente para educar no seu aprecio como expresión cultural. Do mesmo xeito, precisamente a posta en práctica dunha intervención innovadora con nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, pese a todos os problemas que se foron presentando no seu deseño e elaboración, e sendo conscientes de que é necesario un traballo máis exhaustivo e prolongado no tempo que permita o debate conxunto co alumnado, que os relacione coa historia e o pasado da lingua... quedou demostrado como un ensino diferente da lingua galega presenta uns beneficios que, da forma tradicional ou coa lectura superficial que se tende a realizar do currículum, non chegamos a producir. De forma moderada vendo os datos obtidos, podemos afirmar a consecución do obxectivo principal deste proxecto, que era precisamente descubrir a realidade da situación que a nivel educativo presenta a nosa lingua. Tendo en
49 conta que toda a investigación foi feita a escala reducida, quedando moitos puntos de vista e outras representacións sen poder analizar, do mesmo xeito, a situación extrema na que se levou a cabo a proposta innovadora por mor do Covid-19 tivo influencia nos resultados. Sendo consecuentes coa situación e a labor realizada, cabe dicir que a voluntariedade da realización do proxecto fixo que o alumnado participante fose moito máis reducido do esperable ou desexable, ao igual que a súa propia realización por vía e-mail que dificultaron a relación co alumnado, a calidade e cantidade de feedback, a dimensión das propias actividades... basicamente, porque tiveron que ser feitas de maneira individual, cando sería moi interesante ter podido realizar este proxecto a nivel colectivo, onde o grupo-clase puidese debater e compartir experiencias e ideas propias que de seguro cambiarían o propio devir de todo o proxecto. Queda moito por facer, esta investigación non é máis que unha gota máis que rega unha loita que se leva xermolando moito tempo e da que debemos facernos cada vez máis conscientes, é tarefa de todos e todas aprender onde están os límites da normativa e as nosas propias accións, porque a interpretación persoal que como profesionais lle deamos á lexislación sempre vai estar ligada á nosa intención e, se esta existe, con vontade, dedicación, paixón e vocación pódese conseguir levar ás aulas a educación de calidade que os nosos nenos e nenas merecen. Elas e eles están desexando coñecer o mundo no que se desenvolven, aprender da cultura, da diversidade e a nivel lingüístico devecen por sentir, coñecer, saber e vivir unha lingua que xa lles é algo de seu, só necesitan unha motivación que os leve a descubrir o por qué desa identidade e lles permita sentila como parte do seu patrimonio inmaterial. Podemos mellorar xuntos e xuntas e si, debemos avanzar.
50 REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS Arévalo, J. (2011). Lenguas minoritarias y minorizadas. Infotra (Blog de Tradución e Interpretación da biblioteca da USAL). Recuperado de: https://infotra.wordpress.com/2011/04/27/lenguas-minoritarias-yminorizadas/ Bello, C., Bernal, T., Lluva, C., Magarzo, J.L. e Zaragoza, P. (2015). Lengua 6º Educación Primaria. Madrid: Anaya Belmar, G. (2016). Las lenguas minorizadas de Europa Occidental. Recuperado de: https://www.academia.edu/13253927/Las_lenguas_minorizadas_de_Eur opa_Occidental_Spanish_ Bonnema, B. (2013). Actitudes lingüísticas de alumnos frisones hacia el frisón (Traballo fin de Máster). Universidade de Utrecht, Países Baixos. Recuperado de: https://docplayer.es/42958710-Actitudes-linguisticas-dealumnos-frisones-hacia-el-frison.html Broseta, T., Carril, A., Luna, S., March, L. e Toimil, A. (2012). Lingua 4º Primaria. Santiago de Compostela: Santillana Educación Calaforra, G. (2003). Lengua y poder en las situaciones de minorización lingüística. Recuperado de: https://www.uv.es/~calaforr/CursColonia.pdf Carrera, M. I. (1986). El Scots y su literatura: la búsqueda de una identidad nacional en una lengua minoritaria. Revista de la Facultad de Filología, 36, p. 205-222. Recuperado de: http://hdl.handle.net/10651/25832 Decreto 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística. Boletín Oficial del Estado (BOE). 14 de Xuño de 1983. Recuperado de: https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=DOG-g-1983-90056
51 Decreto 247/1995 do 14 de setembro, polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística, para a súa aplicación ó ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios. Diario Oficial de Galicia (DOGA). 14 de Setembro de 1995. Páx. 6991 Recuperado de: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1995/19950915/Anuncio4366_gl.ht ml Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Diario Oficial de Galicia (DOGA). 25 de Maio de 2010. Pp. 9242-9247. Recuperado de: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/939 Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia (DOGA). 9 de Setembro de 2014. Recuperado de: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2014/20140909/AnuncioG0164050914-0005_gl.html Fundéu (2011). Lenguas Minoritarias y Lenguas Minorizadas [Mensaxe nun blog]. Fundéu BBVA. Recuperado de: https://www.fundeu.es/recomendacion/lenguas-minoritarias-y-lenguasminorizadas-52/ González, M. (2008). O novo galego urbano. En Brea,H., Fernández, F., Regueira, X.L. Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina (pp.363-374). Santiago de Compostela: USC. González, M., Rodríguez, M., Fernández A., Loredo X. e Suárez, I. (2008). Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume II: usos lingüísticos en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega. Recuperado de: http://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/224
52 Hernández, C.R., Fernández, C. e Baptista, P. (1991). Metodología de la investigación. México: McGRAWHILL. Recuperado de: https://www.uv.mx/personal/cbustamante/files/2011/06/Metodologia-dela-Investigación_Sampieri.pdf Honrado, A., Romero, C., Calderón, R., Mendoza, M., Belmonte, J., Rojo, P., Cerezo, C., López, P. e Romo, L. (2012). Lengua Castellana 4º Primaria. Madrid: Santillana Educación. Instituto galego de Estatística (27-09-2019). Enquisa estrutural a fogares. Persoas segundo a lingua na que falan habitualmente por sexo e idade. Galicia. Recuperado de: http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?c=0206004&ruta=verTabla.jsp?OP=1& B=1&M=&COD=2954&R=4[all];1[0];0[all]&C=3[0];2[2]&F=&S=998:12&S CF= Macafee, C. e Aitken, A. J. (2002) ‘A history of Scots to 1700’. A Dictionary of the Older Scottish Tongue vol. XII, xxix-clvii. Recuperado de: https://dsl.ac.uk/about-scots/history-of-scots/ Monje, C.A. (2011). Metodología de la investigación cuantitativa y cualitativa (Guía didáctica). Neiva: Universidad Surcolombiana. Recuperado de: https://www.uv.mx/rmipe/files/2017/02/Guia-didactica-metodologia-de-lainvestigacion.pdf Monteagudo, H. (1999).Historia Social da lingua galega. Vigo: Galaxia. Monteagudo,H., Loredo,X., Vázquez, M. e Real Academia Galega (2018). Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados: 1992 – 2016. Betanzos: Real Academia Galega. Recuperado de: http://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/327 Montes C., Martínez U. e Sánchez, X. (2015). Lingua 6º Educación Primaria. Madrid: Anaya
53 Munjeri, D. (2004). Patrimonio Material e Inmaterial: de la Diferencia a la Convergencia. Museum international, 6(221-222), 13-22. Recuperado de: https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000135852_spa Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (2011).The 2003 Convention. Kit of the Convention for the Safeguarding of the Intangible Cultural Heritage. Recuperado de: https://ich.unesco.org/en/kit#2 Pardo de Neyra, X. (2012). Lingua, ensino e sociedade: os inicios da Sociolingüística galega contemporánea ou Consideraciones sobre la decadencia y la rehabilitación de la lengua gallega. O nacemento da Didáctica da lingua galega no ámbito do Novecentismo. Santiago de Compostela: Follas Novas Quecedo, Mª R. e Castaño, C.M.(2002). Introducción a la metodología de investigación cualitativa. Revista de psicodidáctica. Núm.14, 5-40. Recuperado de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=739292 Real Academia Galega (2012). Dicionario da Real Academia Galega. Recuperado de: https://academia.gal/dicionario Zanlongo, B. (s.d.). Patrimonio cultural inmaterial. Centro de Integración, Cooperación y Desarrollo Internacional. Recuperado de: https://moodle2.unid.edu.mx/dts_cursos_mdl/lic/AET/PT/AM/05/Patrimon io_inmaterial.pdf
54 ANEXO I Criterios Anaya 4º E.P, Santillana 6º E.P. Modelo de ensino-aprendizaxe predominante Modelo de transmisiónrecepción Modelo de transmisiónrecepción Deseño da Unidade Didáctica Lectura Inicial SI SI Comprensión lectora SI SI Vocabulario SI SI Gramática SI SI Ortografía SI SI Expresión oral SI NON Literatura NON SI Repaso unidade SI SI Expresión escrita S SI Outras actividades SI SI Tipo actividades Pregunta-resposta SI SI Completar SI SI Repetición SI SI Produción propia SI SI Investigación Superficialmente SI, pero non sobre a minorización Opinión/reflexión NON Superficialmente Outras SI SI Existencia de actividades de reflexión sobre a problemática da lingua galega e de apropiación cultural NON Superficialmente Táboa 1. Organización e estrutura do ensino da lingua galega a través dos libros de texto. Fonte: Elaboración Propia.
55 ANEXO II Enquisa sobre a visión do ensino da lingua galega por parte dos docentes A LINGUA GALEGA NAS AULAS Este cuestionario tenta recadar información sobre a presenza da lingua galega nas aulas e, máis en profundidade, sobre como se presenta a lingua nas clases. Vai dirixido a todos os docentes, especialmente da área de lingua galega e Ciencias Sociais. A forma de cubrilo é moi sinxela, pois consta dunhas preguntas pechadas de si/non, preguntas pechadas de múltiple escolla e outras abertas que se cumprimentarán escribindo unha resposta curta. Esta enquisa forma parte dun traballo de investigación para o traballo de Fin de Grao do Grao en Mestre/a de Educación Primaria, impartido pola Universidade de Santiago de Compostela. Todos os datos aportados neste cuestionario contarán cun tratamento totalmente confidencial, por este motivo, o traballo final que xurda a partir da información recollida xamais presentará ningún dato informativo sobre a orixe exacta dos datos extraídos. 1. En que curso imparte vostede clase? • Educación Infantil • 1º Educación Primaria • 2º Educación Primaria • 3º Educación Primaria • 4º Educación Primaria • 5º Educación Primaria • 6º Educación Primaria • ESO • Outro: 2. Onde imparte clase? • Centro educativo de titularidade pública • Centro educativo de titularidade privada
56 • Centro educativo de titularidade concertada 3. En que tipo de centro imparte vostede clase? • Centro Urbano • Centro rural 4. Considera a lingua galega unha ferramenta útil? • Si • Non 5. Que idioma fala vostede de forma habitual/ fóra das aulas? • lingua galega • lingua castelá • Outro: 6. Cal é o idioma maioritario que considera que prima na súa aula? • lingua galega • lingua castelá • Outro: 7. É isto o habitual, todos os anos se segue esa maioría? • Si • Non 8. Emprega habitualmente libros de texto na súa aula? • Si • Non * Se a resposta anterior foi SI, cal é a editorial que soe empregar? • Anaya • Santillana • VicensVives • Outra: 9. Cre que o sistema educativo aposta por un ensino galego? • Si • Non • Si, pero: • Non, pero:
57 10. Que aspectos da lingua galega prima máis nas súas clases? • Aspectos gramaticais, ortográficos e normativos • Aspectos literarios: autores, obras, literatura no noso idioma • Aspectos históricos: análise historia de Galicia, historia da lingua, estudos sobre a situación lingüística actual. 11. Considera que os nenos e nenas coñecen a situación de lingua minorizada do galego e as súas vicisitudes históricas.? • Si • Non • Outra: 12. Realiza actividades na súa aula encamiñadas á promoción da lingua? Pode poñer exemplos de ser o caso. 13. Considera a educación como uns instrumento válido para a conservación e normalización da lingua? • Si, totalmente • Non • Si, pero dependendo da actitude e disposición dos docentes • Outra: 14. Comparando a lingua galega coa lingua catalá, cal considera que está mellor considerada/valorada a nivel social? • A lingua galega. • A lingua catalá. 15. Cal cre que é o futuro da lingua galega? • Chegará un momento no que non se fale nin se empregue na vida cotiá e quede relegado a aspectos lexislativos. • Manterase como agora, falado por uns poucos e descoñecido por outros tantos. • Desaparecerá totalmente. • Evolucionará fusionándose co castelán e dando unha nova modalidade de lingua, que se poderá considerar dialecto do castelán. • Outra:
64 8. Que significa para ti agora a lingua galega? AQUÍ PODES ESCRIBIRME O QUE QUEIRAS SOBRE O QUE PENSES DO GALEGO, DA ESCOLA E DO QUE DESEXES CON RESPECTO Á LINGUA GALEGA MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN