Acordo do Consello de Goberno do 29-07-2016, polo que se aproba o Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Química
Full text
REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA FACULTADE DE QUÍMICA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA TÍTULO PRELIMINAR Artigo 1º A Facultade de Química é o Centro da use encargado da xestión e organizac1on na Universidade de Santiago de Compostela dos estudos conducentes á obtención do título de Graduado ou Graduada en Química, así como aqueloutros estudos que se programen de acordo coa normativa vixente, entre eles os estudos de Grao e Posgrao relacionados coa Química que se implanten na USC. A Facultade tamén poderá impartir ensinanzas conducentes á obtención doutros diplomas ou títulos relacionados coa Química. Artigo 2º Son funcións da Facultade: a) A elaboración dos plans de estudos das titulacións impartidas polo centro e a participación na elaboración daqueloutras compartidas por varios centros. b) A organización e a xestión dos servizos docentes que lles correspondan. c) A coordinación, a supervisión e o control da actividade docente desenvolvida no centro, das prácticas tuteladas externas e/ou prácticum recollidos nos plans de estudos e a participación nos procedementos que estableza a Universidade para a avaliación da calidade docente. d) A elaboración dun calendario de actividades lectivas para cada curso, que se deberá facer público con anterioridade á apertura da matrícula. e) A promoción de programas de intercambio. f) A promoción e implantación de medidas para a realización de prácticas externas. g) A realización das actividades de xestión académica que lles encomende a Universidade. h) A administración dos espazos, servizos, equipamentos e recursos do centro e o control da súa calidade. i) O coñecemento da actividade investigadora que se desenvolva no centro. j)A realización de actividades de formación permanente ou de extensión universitaria no seu ámbito de competencia. 1