Resolución Reitoral do 27-09-2019 pola que se clarifica a actuación da Comisión Académica dos Programas de Doutoramento en caso de apreciar efectos emendables na tese e os efectos do trámite de autorización sobre a duración dos estudos de doutoramento
Full text
RESOLUCIÓN REITORAL POLA QUE SE CLARIFICA A ACTUACIÓN DA COMISIÓN ACADÉMICA DOS PROGRAMAS DE DOUTORAMENTO EN CASO DE APRECIAR DEFECTOS EMENDABLES NA TESE E OS EFECTOS DO TRÁMITE DE AUTORIZACIÓN SOBRE A DURACIÓN DOS ESTUDOS DE DOUTORAMENTO. O Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC, no seu artigo 34, establece os trámites e informes necesarios para á autorización da defensa dunha tese. Nembargantes, este non contempla como proceder no caso de que a CAPD acorde a necesidade de realizar pequenas correccións de erros/modificacións menores da tese que condicionarían o informe favorable pola súa parte para autorizar a continuidade do trámite de defensa de tese. Nestes casos, a tese sería avaliada en dúas ocasións por parte da CAPD o que pode supoñer a imposibilidade de cumprir co trámite de depósito e envío da tese á Escola de Doutoramento correspondente no prazo máximo dun mes dende a presentación da tese por parte do doutorando. Por outra banda é necesario determinar, no caso de que unha tese non sexa autorizada para a súa defensa, se o tempo transcorrido no proceso de validación/avaliación por la CAPD e da Escola de Doutoramento contabiliza como tempo de realización dos estudos de doutoramento para o doutorando aos efectos dos prazos máximos marcados polo RD 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento. Para abordar esta problemática non contemplada no Regulamento dos Estudos de Doutoramento, procede ditar a presente Resolución. Por todo isto esta Reitoría, RESOLVE: 1. Procedemento de revisión da tese por parte da CAPD Tras a presentación por parte do doutorando da tese de doutoramento e da documentación asociada ámesma, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) disporá dun prazo máximo dun mes para a remisión á Escola de Doutoramento correspondente do seu informe. Este informe poderá ter os seguintes contidos: - Informe favorable. Neste caso remitirase á Escola de Doutoramento correspondente a tese e a documentación asociada para o inicio do depósito da tese. - Informe condicionado a necesidade de correccións de erros/modificacións menores da tese. - Informe desfavorable da CAPD que deberá estar suficientemente motivado academicamente Este implica a non admisión a trámite da tese presentada. No caso de que o informe estea condicionado á necesidade de corrección de erros ou modificacións menores, a CAPD comunicará á Escola de Doutoramento correspondente esta circunstancia e o prazo fixado ao doutorando para a presentación do requirido. A non presentación polo doutorando das modificacións requiridas no prazo marcado pola CAPD considerarase como informe desfavorable e polo tanto a non admisión á trámite da tese. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/901F-8A07-4504-B48F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 901F-8A07-4504-B48F 1 / 6
No caso de que o doutorando presentara as modificacións ou correccións da tese en prazo, a CAPD disporá, desde a data de presentación polo doutorando do requirido, dun novo prazo máximo dun mes para remisión ao CIEDUS da autorización ou non da tramitación da tese. Os modelos de informe de autorización son os que figuran como anexo a esta Resolución, que poderán ser modificados pola Escola de Doutoramento en función das necesidades detectadas. 2. Efectos do procedemento de autorización sobre o computo máximo de permanencia nos estudos de doutoramento O tempo transcorrido entre a presentación da tese e o acordo da Escola de Doutoramento sobre aprobación, denegación ou subsanación non computará a efectos do prazo máximo de duración dos estudos de doutoramento. Así, no caso de non admisión a trámite da tese pola CAPD ou non autorización da defensa dunha tese pola Escola de Doutoramento correspondente, o computo do tempo no expediente do doutorando paralízase o día da presentación da tese e reiniciarase o día seguinte ao acordo de non autorización da tese. 3.- Efectos Esta resolución terá efectos dende a súa publicación no Taboleiro Electrónico da USC e aplicarase a todas as solicitudes de teses presentadas dende o curso 2019/2020. O Reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/901F-8A07-4504-B48F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 901F-8A07-4504-B48F 2 / 6
INFORME FAVORABLE Á AUTORIZACIÓN DE DEFENSA DA TESE POLA COMISIÓN ACADEMICA A Comisión Académica do Programa de Doutoramento……………………………………………………………................................................................, á vista do informe favorable do director/es da tese de Doutoramento titulada “------------------------- ------------------------------------------------------------------------------------------------------------“, presentada por Don/a……………………………….......................................................................... Reunida o día …………………………, ACORDOU: - Indicar que o/a doutorando/a cumpre cos prazos mínimos requiridos e cos requisitos para a presentación da súa tese de doutoramento, unha vez comprobado que ten formalizado o Compromiso Documental de Supervisión, e que ten o Plan de Investigación e o último informe anual aprobado. - Indicar que o título da tese coincide co título do Plan de Investigación aprobado, ou que se aprobou a modificación do título. - Dar o visto e prace aos ítems reflectidos no seu Documento de Actividades Individualizado. - Informar favorablemente á autorización para a presentación da tese de doutoramento do/da doutorando/a. A tese se presenta como, marcar só se fora o caso: ☐ Tese con mención internacional ☐ Tese por compendio de publicacións ☐ Tese con contidos protexidos ☐ Tese en cotutela Así mesmo, o Informe emitido por esta CAPD, para a estadía de 3 meses nun país distinto de España, de acordo co artigo 40.1a do Regulamento para a obtención da Mención Internacional é: ☐ Favorable ☐ Desfavorable Visto e Prace O/A coordinador/a da CAPD O/A Secretario/a da CAPD Prof. Dr/a. D/na Prof. Dr/a. D/na Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/901F-8A07-4504-B48F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 901F-8A07-4504-B48F 3 / 6
INFORME CONDICIONADO Á AUTORIZACIÓN DE DEFENSA DA TESE POLA COMISIÓN ACADEMICA A Comisión Académica do Programa de Doutoramento……………………………………………………………................................................................, á vista do informe favorable do director/es da tese de Doutoramento titulada “------------------------- ------------------------------------------------------------------------------------------------------------“, presentada por Don/a……………………………….......................................................................... Reunida o día …………………………, ACORDOU: - Requirir correccións de erros ou modificacións menores da tese, para o que establece como prazo ata o día __/__/___. Visto e Prace O/A coordinador/a da CAPD O/A Secretario/a da CAPD Prof. Dr/a. D/na Prof. Dr/a. D/na Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/901F-8A07-4504-B48F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 901F-8A07-4504-B48F 4 / 6
INFORME DESFAVORABLE Á AUTORIZACIÓN DE DEFENSA DA TESE POLA COMISIÓN ACADEMICA A Comisión Académica do Programa de Doutoramento……………………………………………………………................................................................, á vista do informe favorable do director/es da tese de Doutoramento titulada “------------------------- ------------------------------------------------------------------------------------------------------------“, presentada por Don/a……………………………….......................................................................... Reunida o día …………………………, ACORDOU: - Informar desfavorablemente á autorización para a presentación da tese de doutoramento do/da doutorando/a por os seguintes motivos............................................................................................................ Visto e Prace O/A coordinador/a da CAPD O/A Secretario/a da CAPD Prof. Dr/a. D/na Prof. Dr/a. D/na Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/901F-8A07-4504-B48F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 901F-8A07-4504-B48F 5 / 6
Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27/09/2019 09:28:25. CSV: 901F-8A07-4504-B48F Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/901F-8A07-4504-B48F Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 901F-8A07-4504-B48F 6 / 6