scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Resolución reitoral do 22-01-2025 pola que se publica a convocatoria de matrícula anticipada nos estudos de máster universitario oficial para o estudantado con titulacións de acceso de sistemas alleos ao espazo europeo de educación superior para o curso 2025-2026

Universidade de Santiago de Compostela; Reitoría

Abstract

CONVOCATORIA DE MATRÍCULA ANTICIPADA NOS ESTUDOS DE MÁSTER UNIVERSITARIO OFICIAL PARA O ESTUDANTADO CON TITULACIÓNS DE ACCESO DE SISTEMAS EDUCATIVOS ALLEOS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR PARA O CURSO 2025-2026

Full text

1 RESOLUCIÓN REITORAL DO 22 DE XANEIRO DE 2025, POLA QUE SE PUBLICA A CONVOCATORIA DE MATRÍCULA ANTICIPADA NOS ESTUDOS DE MÁSTER UNIVERSITARIO OFICIAL PARA O ESTUDANTADO CON TITULACIÓNS DE ACCESO DE SISTEMAS EDUCATIVOS ALLEOS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR PARA O CURSO 2025-2026. A Universidade de Santiago de Compostela considera necesaria a realización dunha convocatoria anticipada, de carácter especial e restrinxida para o estudantado alleo ao Espazo Europeo de Educación Superior coa finalidade de que este estudantado poida ter unha admisión e matrícula con tempo suficiente para poder obter os permisos necesarios no seu país antes de iniciar o curso académico en España. Deste xeito, en uso das atribucións conferidas nos Estatutos da Universidade, esta Reitoría resolve publicar a convocatoria de matrícula anticipada en estudos universitarios oficiais de máster universitario para o curso académico 2025/2026, de acordo coas seguintes bases: 1.- ÁMBITO DE APLICACIÓN 1.1.- Conforme ao disposto nesta convocatoria poderán acceder ás ensinanzas oficiais de Máster da USC para cursar estudos no curso 2025/2026 as persoas tituladas de sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) que teñan un título homologado a un título universitario oficial español, ou a outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro estado membro do EEES ou un título declarado equivalente polo Ministerio competente en materia de universidades, e que faculte en ambos casos para o acceso aos estudos de máster. 1.2.- Tamén poderán acceder os/as graduados/as de sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologar o seu título nin de obter a declaración de equivalencia polo Ministerio, previa comprobación pola Universidade de que o título da persoa interesada acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que faculta no país expedidor para acceder ás ensinanzas de posgrao. O acceso por esta vía non implica, en ningún caso, a homologación do título previo da persoa interesada nin o seu recoñecemento a outros efectos que o estudo das ensinanzas de máster. 1.3.- Quedan excluídos desta convocatoria os/as estudantes que teñan residencia en España e os/as que estean ou tiveran estado matriculados/as en calquera titulación das universidades galegas. Tamén quedan excluídos os/as estudantes procedentes de sistemas educativos do EEES. Este estudantado poderá solicitar a admisión no seu caso pola cota xeral. 1.4.- O estudantado incluído no ámbito de aplicación desta convocatoria poderá solicitar a admisión nos másteres que figuran no ANEXO, sempre que cumpra todos os requisitos de acceso e no seu caso de coñecemento de idioma requiridos para o máster concreto no que desexe matricularse. 1.5.- Os másteres incluídos no ANEXO constitúen a oferta oficial prevista. Excepcionalmente podería condicionarse a admisión e a matrícula nos estudos de máster oficial á efectiva impartición dos mesmos en función da autorización da Comunidade Autónoma e do cumprimento dos requisitos para isto, en Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B26F-CD95-45C1-AE38 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B26F-CD95-45C1-AE38 1 / 19 2 particular, a superación do número mínimo de estudantes que se estableza. 1.6.- De conformidade co establecido no Acordo do Consello de Goberno de 28 de febreiro de 2019, cada máster poderá esixir ao estudantado procedente de países cuxo idioma oficial non sexa o español ou o portugués o nivel de coñecemento de lingua española ou galega requirido para acceder aos estudos correspondentes. De non posuír o título requirido, a USC realizará a este estudantado unha proba de coñecementos de castelán ou galego antes do inicio dos estudos, debendo estar pendente das datas de inscrición que se publicarán na páxina web do Centro de Linguas Modernas. No caso de non superar a proba, o estudantado deberá modificar a súa matrícula e só poderá matricularse dun máximo do 25 por cento dos créditos do primeiro semestre, debendo realizar ao mesmo tempo un curso intensivo obrigatorio de español ou de galego ata a superación do nivel requirido, que será necesario para matricularse no segundo semestre. Efectuarase de oficio a anulación total da matrícula ao alumnado que non se matricule no curso obrigatorio ou non o supere. 2.- PRAZAS 2.1.- Os másteres nos que se pode solicitar a admisión e o número de prazas ofertadas para cada un deles desta convocatoria anticipada, son os que se recollen no ANEXO. 2.2.- A admisión farase atendendo aos criterios de admisión nos másteres universitarios aprobados polas comisións académicas destas titulacións para o curso académico 2025/2026 e de acordo co establecido nas memorias de verificación dos títulos. Os criterios de admisión para cada máster poden consultarse na páxina web do Servizo de Xestión Académica: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/xestion-servizosacademicos/admision-matricula/admision-matricula-masteres As persoas solicitantes de másteres deberán realizar a solicitude na secretaría virtual no prazo establecido nesta convocatoria declarando os datos do expediente académico da titulación universitaria que lle dá acceso. Nas titulacións de máster nos que se apliquen criterios xerais de selección deberán engadir, ademais do título e certificación académica dos seus estudos de acceso, unha declaración de equivalencia da nota media do seu expediente baixo o sistema de cualificacións que se aplica nas universidades españolas (de 0 a 10, con 5 como nota mínima aprobatoria) e que se obtén a través do servizo que ten activo o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades no seguinte enderezo web: https://universidades.sede.gob.es/pagina/index/directorio/Equivalencia_notas_medias Cabe advertir expresamente ás persoas solicitantes do seguinte: • No caso de non presentar a declaración de equivalencia da nota media no momento da solicitude a súa nota de acceso será 5. • No caso de que a declaración presentada conteña erros substanciais que contraveñan as instrucións publicadas polo ministerio, a nota de acceso será 5. A estes efectos terán a consideración, en todo caso, de erros substanciais: (1) indicar unha escala incorrecta, (2) non incluír os créditos expresamente recollidos na certificación académica, (3) non incluír unha ou varias materias do plan de estudos, (4) incluír cualificacións incorrectas, (5) así como calquera outro que implique unha Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B26F-CD95-45C1-AE38 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B26F-CD95-45C1-AE38 2 / 19 3 alteración da valoración do expediente académico orixinal. Nas titulacións de máster nas que se establezan criterios específicos de selección (expediente académico, experiencia profesional, currículo, outros méritos...) a Comisión Académica do máster será quen realice a valoración das solicitudes de acordo cos criterios de admisión publicados na páxina web do Servizo de Xestión Académica: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/xestion-servizos-academicos/admisionmatricula/admision-matricula-masteres , previa verificación polo Servizo de Xestión Académica da documentación de acceso (título, certificación académica e declaración de nota media equivalente) que se debe achegar coa solicitude. 2.3.- Para garantir o dereito de igualdade de oportunidades das persoas con discapacidade, no caso de que se presenten solicitudes de admisión por parte de estudantes afectados/as por un grao de minusvalía igual ou superior ao 33 por cento, e non resulten admitidos/as segundo os criterios xerais establecidos nesta convocatoria, habilitarase un aumento de ata o 5 por cento das prazas ofertadas na titulación correspondente, co mínimo dunha praza. Neste caso, no momento de formalizar a solicitude, o/a estudante deberá presentar documento acreditativo, expedido pola autoridade competente de acordo coas normativa estatal e autonómica, do grao de discapacidade. 2.4.- As persoas solicitantes que non puidesen matricularse trala resolución desta convocatoria por estar cubertas as prazas, poderán solicitar praza na convocatoria xeral de admisión nos estudos de máster para o curso 2025/2026, aplicándoselles os mesmos criterios de selección que o resto de estudantes. 2.5.- No caso de que non se cubran as prazas ofertadas na presente convocatoria anticipada, ditas vacantes agregaranse á oferta xeral que se publique para o curso 2025/2026. 3.- SOLICITUDE DE ADMISIÓN 3.1.- A solicitude de admisión poderá presentarse desde o día 24 de xaneiro de 2025 ás 10:00 horas ata o día 14 de febreiro de 2025 ás 23:59 horas e deberá realizarse por medios electrónicos no enderezo da Secretaría virtual do estudantado dispoñible en: https://matricula.usc.es/loginx/Login.asp . Advírtese de que a información do sistema informático mostrarase en galego e español e neste sentido, os datos facilitados deberán ser cubertos en galego ou español. 3.2.- As persoas solicitantes poderán realizar un máximo de tres solicitudes de admisión. No caso de presentarse máis dunha solicitude, deberán expresar a súa orde de preferencia, de xeito que se rexistrarán coa ordenación final que desexen que se tome en consideración durante o proceso de admisión. De existir varias solicitudes, a súa ordenación é vinculante, non admitíndose cambios fóra do período de admisión. 3.3.- Xunto coa solicitude, os/as estudantes deberán achegar a seguinte documentación: − Copia do pasaporte, NIE ou DNI. − Acreditación da súa residencia no estranxeiro, no caso de que o/a solicitante teña nacionalidade española. − Copia do título que dá acceso aos estudos de máster. − Certificación académica dos estudos universitarios realizados, na que se inclúa, como mínimo, a duración dos estudos, anos académicos, materias cursadas, carga lectiva de Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B26F-CD95-45C1-AE38 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B26F-CD95-45C1-AE38 3 / 19 4 cada materia (horas ou créditos), cualificacións e escala de cualificacións. − Declaración de equivalencia da nota media do seu expediente. Enderezo web do ministerio para a tramitación: https://universidades.sede.gob.es/pagina/index/directorio/Equivalencia_notas_medias − No caso de que sexan solicitantes da Bolsa de Excelencia para a Mocidade Exterior (BEME), xustificación de tela solicitado. − No caso de minusvalía igual ou superior ao 33 por cento, documento acreditativo expedido pola autoridade competente. − No caso de que o máster esixa o nivel de coñecemento da lingua inglesa, deberá anexar a certificación acreditativa. Pode consultarse na seguinte ligazón do Centro de Linguas Modernas as certificacións de español e galego que se recoñecen: https://www.usc.gal/gl/centro/centro-linguas-modernas/acreditacionlinguas/reconecemento-titulos Se a persoa solicitante non presenta a documentación obrigatoria na solicitude (título e certificación académica, ou nivel de coñecemento da lingua inglesa, para os máster que o esixan) será requirido por unha soa vez concedéndolle un prazo de 5 días hábiles para a súa presentación. Non anexar a documentación requirida en prazo suporá a exclusión do proceso de admisión. 3.4.- Na solicitude, ademais dos datos persoais e académicos requiridos, as persoas solicitantes deberán incluír un enderezo de correo electrónico válido que será o medio utilizado pola universidade para enviar as comunicacións derivadas desta convocatoria. 3.5.- Calquera omisión ou falsidade nos datos declarados sobre a titulación de acceso ou do expediente académico, poderá dar lugar á exclusión da persoa solicitante no proceso de adxudicación de prazas, e, no seu caso á anulación da matrícula, independentemente das sancións administrativas ou penais que correspondan. 4.- ADXUDICACIÓN DE PRAZAS 4.1.- O Servizo de Xestión Académica realizará os labores de verificación dos datos facilitados polas persoas solicitantes, especificamente os estudos de acceso, e a súa idoneidade para os estudos solicitados, e remitirá á comisión académica do máster aqueles máster que inclúan criterios específicos de admisión para a súa valoración. En caso de dúbida, solicitarase informe da comisión do máster sobre a idoneidade dos estudos declarados para acceder. 4.2.- Nos másteres que apliquen criterios xerais de selección as solicitudes ordenaranse segundo a nota media do expediente académico. Nos másteres con criterios específicos de selección a Comisión Académica do máster realizará a ordenación das solicitudes atendendo aos criterios de selección e aos méritos achegados debidamente xustificados que foran presentados polas persoas solicitantes. Os méritos non xustificados debidamente non serán tidos en consideración, pudendo implicar a valoración exclusiva do expediente académico declarado na solicitude. No caso de que exista un número inferior de solicitudes presentadas con respecto ás prazas ofertadas, admitirase Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B26F-CD95-45C1-AE38 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B26F-CD95-45C1-AE38 4 / 19 5 a todos as persoas solicitantes que cumpran os requisitos de admisión, prescindindo da valoración dos criterios de selección. 4.3.-Existirán tres chamamentos ou asignación de prazas. Realizada a ordenación das solicitudes, efectuarase a primeira asignación de prazas coa publicación na secretaría virtual das listaxes de persoas admitidas, de agarda e excluídas o 4 de abril de 2025. As persoas admitidas disporán dun prazo de 3 días hábiles dende o día seguinte á publicación para realizar o pagamento da reserva de praza. A falta de pagamento desta reserva implicará a exclusión das seguintes listaxes. A cantidade que o/a estudante debe pagar no prazo fixado terá a consideración de prezo de xestión da reserva de praza. No caso de formalizar a matrícula definitiva, ese importe destinarase ao pagamento dos prezos públicos fixados pola Comunidade Autónoma para o curso 2025/2026. O importe da xestión de reserva de praza será de 400 € . O estudantado que xustifique ter solicitado a BEME non terá que pagar o importe da reserva ata a resolución da concesión da citada bolsa. Non procederá a devolución do importe da reserva no caso de anulación de matrícula por calquera motivo non imputable á USC. En todo caso, non procederá a dita devolución nos supostos de denegación do recoñecemento de nivel de formación da titulación de acceso recollida no apartado 6, a denegación do visado ou no caso de que o/a estudante non formalice a matrícula definitiva. Transcorrido o prazo de pagamento da reserva de praza, se algunha persoa admitida non efectuase o pagamento requirido, realizarase unha segunda asignación das prazas que restaran por adxudicar entre as persoas que figuran na listaxe de agarda. A publicación deste segundo movemento realizarse o 11 de abril de 2025 na secretaría virtual e substituirá á publicación anterior. As persoas admitidas nesta asignación disporán dun prazo de 3 días hábiles dende o día seguinte á publicación para realizar o pagamento da reserva de praza. Se algunha persoa resultara admitida neste movemento nunha preferencia superior segundo a prelación indicada na solicitude e, tivera realizado o pagamento da reserva de praza para outro máster de preferencia inferior, non terá que realizar un novo pagamento de reserva de praza e a súa admisión definitiva será no máster de preferencia superior. Finalmente, realizarase unha terceira asignación de prazas que se publicará na secretaría virtual o 22 de abril de 2025 no caso de que restaran prazas vacantes por adxudicar, e as persoas admitidas deberán abonar o pagamento da reserva de praza no prazo de 3 días hábiles dende o día seguinte á publicación. No caso de que resultara admitida neste movemento nunha preferencia superior segundo a prelación indicada na solicitude e, tivera realizado o pagamento da reserva de praza para outro máster de preferencia inferior, non terá que realizar un novo pagamento de reserva de praza e a súa admisión definitiva será no máster de preferencia superior. 4.4.- Rematado o prazo de pagamento da reserva de praza dende a terceira publicación de asignación de prazas, as persoas admitidas poderán descargar a partires do 30 de abril a carta de admisión definitiva na secretaría virtual. A notificación da resolución de admisión incluirá o prazo para realizar a matrícula, e indicará: Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B26F-CD95-45C1-AE38 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B26F-CD95-45C1-AE38 5 / 19 6 a) A necesidade de solicitar recoñecemento por parte da USC de que os estudos de acceso acreditan un nivel de formación que permita acceder a máster, no seu caso, e a forma de facelo especificando os documentos que se precisan e os requisitos destes. b) Información sobre o prezo total estimado por curso dos estudos que a persoa solicitante pretende realizar, as modalidades de pago ás que se pode acoller e a cantidade que abonou en concepto de prezo de xestión da reserva de praza, agás que sexa solicitante da bolsa BEME. c) A necesidade de contratación, ao formalizar a matrícula, da póliza de seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe , en caso de non telo feito con anterioridade. d) O calendario académico previsto, número de créditos a matricular e toda a información relevante respecto dos estudos que se considere necesaria. e) Información sobre os másteres que esixen un nivel determinado de coñecemento de español ou galego. 4.5.- Todas as comunicacións relacionadas coa solicitude redactaranse nunha das linguas oficiais da USC e, no posible, incluirase a súa tradución oficial ao idioma inglés. 4.6.- No caso de que se cubriran as prazas reservadas para estudantes con estudos de países de fóra do EEES non se emitirá a resolución de non admisión e a persoa solicitante poderá realizar unha nova solicitude na convocatoria xeral atendendo aos criterios de admisión do máster. 5.- MATRÍCULA 5.1.- Recibida a carta de admisión, o/a estudante deberá matricularse dentro do prazo fixado na resolución, debendo facer efectivo o pagamento dos prezos que figuran na mesma. Os/As estudantes admitidos/as que non se matriculen neste prazo perderán o seu dereito sobre a praza adxudicada. 5.2.- A matrícula formalizarase e notificarase á persoa solicitante a través do sistema informático, incluíndo as advertencias necesarias sobre a actualización dos prezos públicos e os cambios académicos que poidan xurdir con posterioridade. 5.3.- Os/As estudantes inscritos/as poderán anular a matrícula formalizada nos termos e condicións establecidos pola Convocatoria Xeral de Matrícula sen dereito á devolución do prezo de xestión da reserva de praza. 5.4.- As disposicións da Convocatoria Xeral de Matrícula para o curso 2025/2026 serán de aplicación ao estudantado matriculado a través desta convocatoria anticipada, a excepción dos límites dos cambios de matrícula, que non lles son de aplicación. Todos os cambios de matrícula informados favorablemente polas coordinacións dos másteres nos prazos xerais serán aceptados. 6.- RECOÑECEMENTO DO NIVEL DE FORMACIÓN PARA ACCEDER A ESTUDOS DE MÁSTER 6.1.- A admisión e a matrícula terán carácter provisional condicionadas á comprobación por parte da USC de que a titulación de acceso acredita unha formación equivalente aos estudos españois de grao, de conformidade co disposto no artigo 18.2 do Real decreto 822/2021 con respecto ao estudantado incluído Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B26F-CD95-45C1-AE38 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B26F-CD95-45C1-AE38 6 / 19 7 no punto 1.2 desta convocatoria. Ademais a admisión e a matrícula tamén estarán condicionadas ao cumprimento dos demais requisitos específicos que se establezan para cada máster. Para o recoñecemento do nivel de formación da titulación de acceso, as persoas interesadas deberán presentar antes de que finalice o prazo ordinario de matrícula, preferiblemente a partires do 1 de setembro de 2025, a correspondente solicitude no Servizo de Xestión Académica, xunto cos documentos académicos debidamente legalizados e traducidos e, no seu caso, os documentos orixinais pertinentes que acrediten o cumprimento dos requisitos específicos. 6.2.- A resolución desestimatoria motivada da falta de recoñecemento do nivel de formación da titulación de acceso para o ingreso nos másteres oficiais suporá a anulación de todos os actos que se derivan da admisión e da matrícula. Tamén procederá a anulación cando non se acredite o cumprimento dos requisitos específicos establecidos para a admisión no máster concreto. DISPOSICIÓN DERRADEIRA.- ENTRADA EN VIGOR E EFECTOS A presente convocatoria entrará en vigor na data de publicación no taboleiro electrónico oficial da USC, e terá efectos para a matrícula do curso 2025/2026. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contenciosoadministrativo perante o Xulgado do Contencioso-administrativo de Santiago de Compostela/Lugo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da data de publicación oficial no taboleiro electrónico, de conformidade cos artigos 46 e 8.2.a) da Lei reguladora da xurisdición contencioso administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo. Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas. O Reitor, Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). TABOLEIRO ELECTRÓNICO DA USC Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B26F-CD95-45C1-AE38 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B26F-CD95-45C1-AE38 7 / 19 1 ANEXO OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 2025/2026 NOS MÁSTERES UNIVERSITARIOS OFICIAIS PARA ALUMNOS CON ESTUDOS DE PAÍSES ALLEOS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR Máster Prazas Acuicultura 5 Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade 5 Atención Sanitaria, Xestión e Coidados 2 Avogacía e Procuradoría 10 Biociencias Moleculares [Lugo] 2 Biociencias Moleculares [Santiago] 2 Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión 2 Biofabricación 1 Bioloxía Mariña 2 Computación de Altas Prestacións 2 Presencial/1 Virtual Condicionantes. Xenéticos, Nutricionais e Ambientais do Crecemento e Desenvolvemento. NUTRENVIGEN G+D Factors 5 Dereito Transnacional da Empresa e das Tecnoloxías Dixitais 4 Desafíos das Cidades 2 Desenvolvemento Económico e Innovación 10 Dirección de Actividades Educativas na Natureza 3 Dirección de Empresas [Lugo] 3 Dirección de Empresas[Santiago] 3 Dirección de Proxectos 20 Dirección e Xestión Contable e Financeira 5 Economía 2 Enerx ías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable 8 Enxeñaría Agronómica 5 Enxeñaría Ambiental 5 Enxeñaría de Montes 5 Enxeñaría Química e Bioprocesos 2 Estudos da Literatura e da Cultura 3 Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións 5 Estudos Internacionais 5 Estudos Medievais Europeos. Imaxes, Textos e Contextos 3 Filosofía: Coñecemento e Cidadanía 4 Física 8 Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras 5 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B26F-CD95-45C1-AE38 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B26F-CD95-45C1-AE38 8 / 19 2 ANEXO OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 2025/2026 NOS MÁSTERES UNIVERSITARIOS OFICIAIS PARA ALUMNOS CON ESTUDOS DE PAÍSES ALLEOS AO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI - XVIII 3 Igualdade, Xénero e Educación 6 Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias 10 Intelixencia Artificial 2 Investigación Biomédica 5 Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos 3 Investigación en Ciencias da Visión 2 Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario 9 Investigación Química e Química Industrial 3 Lingüística Aplicada 2 Matemática Industrial 5 Matemáticas 2 Nanociencia e Nanotecnoloxía 3 Neurociencia 3 Optometría 3 Planificación e Xestión Territorial (Lugo) 3 Planificación e Xestión Territorial (Santiago) 3 Procesos de Formación 5 Psicoloxía 3 Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense 3 Psicoxerontoloxía 3 Química na Fronteira entre a Bioloxía e a Ciencia de Materiais 5 Química Orgánica 5 Química Teórica e Modelización Computacional 3 Saúde Pública 4 Servizos Culturais 3 Sistemas Aéreos non Tripulados 2 Técnicas Estatísticas 5 Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política 5 Visión por Computador 1 Xenómica e Xenética 3 Xerontoloxía 7 Xestión e Dirección Laboral 3 Xestión Sostible da Auga 3 Xornalismo e Comunicación Multimedia 8 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B26F-CD95-45C1-AE38 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B26F-CD95-45C1-AE38 9 / 19 7 Versión español USC de que la titulación de acceso acredita una formación equivalente a los estudios españoles de grado, de conformidad con lo dispuesto en el artículo 18.2 del Real Decreto 822/2021 con respecto al estudiantado incluido en el punto 1.2 de esta convocatoria. Además, la admisión y matrícula también estarán condicionadas al cumplimiento de los demás requisitos específicos que se establezcan para cada máster. Para el reconocimiento del nivel de formación de la titulación de acceso, las personas interesadas deberán presentar antes de que finalice el plazo ordinario de matrícula, preferiblemente a partir del 1 de septiembre de 2025, la correspondiente solicitud en el Servicio de Gestión Académica, junto con los documentos académicos debidamente legalizados y traducidos y, en su caso, los documentos originales pertinentes que acrediten el cumplimiento de los requisitos específicos. 6.2.- La resolución desestimatoria motivada en la falta de reconocimiento del nivel de formación de la titulación de acceso para el ingreso en los másteres oficiales supondrá la anulación de todos los actos que se derivan de la admisión y matrícula. También procederá la anulación cuando no se acredite el cumplimiento de los requisitos específicos establecidos para la admisión en el máster concreto. DISPOSICIÓN FINAL - ENTRADA EN VIGOR Y EFECTOS La presente convocatoria entrará en vigor en la fecha de publicación en el tablón electrónico oficial de la USC, y tendrá efectos para la matrícula del curso 2025/2026. Contra la presente resolución, que agota la vía administrativa, se podrá interponer recurso contenciosoadministrativo ante el Juzgado de lo Contencioso-administrativo de Santiago de Compostela/Lugo en el plazo de dos meses a contar desde el día siguiente al de la fecha de publicación oficial en el tablón electrónico, de conformidad con los artículos 46 y 8.2.a) de la Ley reguladora de la Jurisdicción Contenciosoadministrativa, aprobada por Ley 29/1998, de 13 de julio. No obstante, los interesados podrán interponer recurso potestativo de reposición en el plazo de un mes ante el órgano que lo dictó. En este caso no se podrá interponer el recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto no recaiga resolución expresa o presunta del recurso administrativo de reposición, al amparo de los artículos 123 y 124 de la Ley 39/2015, de 1 de octubre del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas. El Rector, Antonio López Díaz Documento firmado digitalmente conforme a la Ley 39/2015 de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas (BOE nº 236 de 2 de octubre de 2015). TABLÓN ELECTRÓNICO DE LA USC Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B26F-CD95-45C1-AE38 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B26F-CD95-45C1-AE38 16 / 19 1 Versión español ANEXO OFERTA DE PLAZAS PARA EL CURSO 2025/2026 EN LOS MÁSTERES UNIVERSITARIOS OFICIALES PARA ALUMNOS CON ESTUDIOS DE PAÍSES AJENOS AL ESPACIO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR Máster Plazas Abogacía y Procuraduría 10 Acuicultura 5 Arqueología y Ciencias de la Antigüedad 5 Atención Sanitaria, Gestión y Cuidados 2 Biociencias Moleculares [Lugo] 2 Biociencias Moleculares [Santiago] 2 Biodiversidad Terrestre: Caracterización, Conservación y Gestión 2 Biofabricación 1 Biología Marina 2 Computación de Altas Prestaciones 2 Presencial /1 Virtual Condicionantes Genéticos, Nutricionales y Ambientales del Crecimiento y Desarrollo. NUTRENVIGEN G+D Factors 5 Derecho Transnacional de la Empresa y de las Tecnologías Digitales 4 Desafíos de las Ciudades 2 Desarrollo Económico e Innovación 10 Dirección de Actividades Educativas en la Naturaleza 3 Dirección de Empresas [Lugo] 3 Dirección de Empresas[Santiago] 3 Dirección de Proyectos 20 Dirección y Gestión Contable y Financiera 5 Economía 2 Energías Renovables, Cambio Climático y Desarrollo Sustentable 8 Estudios de la Literatura y de la Cultura 3 Estudios Ingleses Avanzados y sus Aplicaciones 5 Estudios Internacionales 5 Estudios Medievales Europeos. Imágenes, Textos y Contextos 3 Filosofía: Conocimiento y Ciudadanía 4 Física 8 Genómica y Genética 3 Gerontología 7 Gestión Sostenible del Agua 3 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B26F-CD95-45C1-AE38 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B26F-CD95-45C1-AE38 17 / 19 2 Versión español Gestión y Dirección Laboral 3 Gobierno Local y Políticas Públicas Innovadoras 5 Historia Moderna: Monarquía de España Siglos XVI - XVIII 3 Igualdad, Género y Educación 6 Ingeniería Agronómica 5 Ingeniería Ambiental 5 Ingeniería de Montes 5 Ingeniería Química y Bioprocesos 2 Innovación en Nutrición, Seguridad y Tecnología Alimentarias 10 Inteligencia Artificial 2 Investigación Biomédica 5 Investigación en Ciencias de la Visión 2 Investigación en Educación, Diversidad Cultural y Desarrollo Comunitario 9 Investigación Química y Química Industrial 3 Investigación y Desarrollo de Medicamentos 3 Lingüística Aplicada 2 Matemática Industrial 5 Matemáticas 2 Nanociencia y Nanotecnología 3 Neurociencia 3 Optometría 3 Periodismo y Comunicación Multimedia 8 Planificación y Gestión Territorial (Lugo) 3 Planificación y Gestión Territorial (Santiago) 3 Procesos de Formación 5 Psicogerontología 3 Psicología 3 Psicología del Trabajo y las Organizaciones y Psicología Jurídico-Forense 3 Química en la Frontera entre la Biología y la Ciencia de Materiales 5 Química Orgánica 5 Química Teórica y Modelización Computacional 3 Salud Pública 4 Servicios Culturales 3 Sistemas Aéreos no Tripulados 2 Técnicas Estadísticas 5 Tecnologías en Marketing y Comunicación Política 5 Visión por Computador 1 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B26F-CD95-45C1-AE38 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B26F-CD95-45C1-AE38 18 / 19 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22/01/2025 12:03:56. CSV: B26F-CD95-45C1-AE38 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/B26F-CD95-45C1-AE38 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: B26F-CD95-45C1-AE38 19 / 19