scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Entrevista a Marta Pérez

Cons Pequeño, Antía

Full text

23 22 EVOHÉ ENTREVISTA A MARTA PÉREZ por Antía Cons Pequeño Marta Pérez é a directora de Inversa Teatro, unha compañía de teatro que ela mesma dirixe e produce dende o ano 2009, data da súa fundación, e que conta xa con cinco obras no seu repertorio. Marta rematou a súa Licenciatura en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela no 2008, pero previamente xa comezara a súa andadura polas artes escénicas estudando interpretación tanto na Escola de Teatro Espacio Aberto como na Escola de Teatro Santart, ambas en Santiago de Compostela. Previamente á fundación da compañía Inversa Teatro fora fundadora, copropietaria e produtora da Compañía de Teatro Arela das Artes dende o ano 2002 ata o 2007. Agora, coa Compañía profesional Inversa Teatro, Marta realiza funcións en España, Portugal e distintos países de Latinoamérica. En Marzo deste ano estivo en Lugo representando dúas delas: Fémina Sapiens e Té con Kant , as cales recibiron grandes críticas por parte do público, e o día 28 acudiu á Facultade de Humanidades de Lugo para dar unha charla na que nos falou sobre a súa traxectoria profesional e as súas experiencias dentro do mundo cultural. Sendo estudante de filosofía como é que remataches sendo actriz? Eu penso que unha cousa non é en absoluto incompatible coa outra. A filosofía gústame moitísimo, reivindícoa na miña vida diaria, na miña forma de entender o mundo e a vida. E como a miña forma de entender o mundo e a vida tamén é a través do teatro, sexa a través da interpretación, da escrita de textos, da dirección, pois penso que non é incompatible senón que, é máis, me favorece moitísimo ter unha licenciatura como Filosofía para poder facer teatro e ser actriz, porque me permite pensar ou ser crítica con aspectos que quizais outras persoas que non teñen esta achega filosófica non chegarían. E a min si que me permite chegar aí, facer esas reflexións e ademais que non soamente é que me axude, senón que utilizo a filosofía para o teatro, como ben se puido ver en Té con Kant ou en Fémina Sapiens. E podes explicar un pouco que é Inversa Teatro e como xurdiu a idea? É ante todo un proxecto e un reto persoal a partires dunha crenza absoluta de que a través do teatro se está facendo política e se están dando valores para a sociedade básicos e fundamentais. Unha das claves é a súa intención feminista; en todas as pezas de Inversa sempre cuestionei esta temática. Son muller e é algo que me interesa especialmente. Sobre todo dentro dun mundo ou unha institución tan patriarcal como pode ser a arte, que perpetúa moitas estruturas, ou como lle queiras chamar, patriarcais. Outro dos puntos clave para Inversa é a reivindicación de autores e autoras, de dramaturgos e dramaturgas galegas contemporáneas, a firme crenza de que o que se fai en Galicia pode ser moi exportable e a experimentación en todas as súas pezas. Unha experimentación que pode ser a partir dun texto máis filosófico, que é algo moi experimental hoxe en día porque case ninguén introduce a Filosofía no teatro, e a través do audiovisual, sonoro, visual, corporal, música. Entón, xuntando todos eses elementos, se conforma Inversa Teatro, que se pode ver que ten unha liña estética clara pero tamén unha liña ética, que é inseparable para min. Xurdiu por inquedanzas persoais de levar ó teatro obsesións miñas, que eu quería pór en escena. Como lograches que Inversa Teatro pasase de representacións de ámbito local en Galicia a poder expandirte ó resto de España e incluso Latinoamérica? Pois cun traballo enorme detrás, e sobre todo tocando pezas e contactos adecuados. Para tocar hai que ter primeiro outro tipo de contactos, polo que é un proceso de acumulación destes. Como levo adicada profesionalmente dende o 2002, pouquiño a pouco vas contactando con determinadas persoas, coas embaixadas de España, con centros AECID, etc. Isto ábreche portas e buscando, rebuscando, preguntando, sabendo de aquel que estaba aquí, doutros que saben que aquel estaba alí e tomando o risco de querer dar ese salto. Porque eu penso que hai un momento na vida en que hai que tomar unha decisión, e esta é: ti queres quedarte aquí ou queres facer algo máis. Se queres facer ese algo máis tes que realmente tomar ese risco, ter fe en ti, no que fas, e poñerte mans á obra. O de saír fóra foi, sobre todo, por festivais cos que contactei buscando a través de internet, investigando e buscando información, e intentando vender as miñas pezas e o que eu ofrezo coma algo que pode ser positivo para eles. Pensas que os medios de comunicación ofrecen unha rápida e eficaz cobertura tanto das túas actividades coma das actividades culturais en xeral? Penso que os medios de comunicación axudan, e esa debe ser a súa tarefa. Pero por experiencias que teño cos medios, ás veces hai que ter moito coidado dependendo de que medios, porque ás veces pódenche poñer cousas que te desfavorecen máis que favorecerte. Por exemplo, vin un titular sobre min nun xornal que era “Marta Pérez dice que la gente en Brasil se sienta en el suelo de los teatros.” Ese foi un titular co que eu me quedei bastante sorprendida. Por suposto escribinlles e eles dixeron que o rectificarían, algo que loxicamente logo non se fai. Os medios de comunicación claro que axudan. E deben estar aí para iso, para prestar un servizo á cultura e que deberían empregar máis parte da que teñen nos xornais á cultura. Agora ben, os medios poden explotar un tipo de cousas e esquecerse de outras, polo tanto existe un pouco a tiranía da prensa, e isto tamén é unha dificultade que temos moitas veces que sobrepasar, que nós temos que facer a publicidade por outros medios, ben de forma directa ben vía Facebook, intentando que funcione ben e todo este tipo de cousas. E o que noto e percibo é que a través dese outro tipo de publicidade pois que chega, e chega moito. E logo o boca a boca, que sen dúbida é o que máis chega. Pero eu tamén incido moito no tema da comunicación en publicidade. Son unha persoa moi constante niso e mando tamén cousas estéticas moi bonitas, como se pode ver con Fémina Sapiens ou Té con Kant , que son cousas que chaman a atención. Eu si que penso nese impacto publicitario, de cousas que entren polos ollos. Algo coidado porque, normalmente, cando un cartel está coidado é que o que está detrás tamén o está. 䮴Marta Pérez entre a decana María Isabel González Rey e a profesora de filosofía María Xesús Vázquez Lobeiras. 25 24 EVOHÉ Nestes tempos nos que a cultura parece que está tan infravalorada, pensas que a xente xa non ten interese en ir ós teatros, cines ou calquera acto cultural, especialmente se teñen que pagar por el? Non é que pense que está infravalorada, que hai momentos en que si, penso que se está vendendo un tipo de cultura para as masas, e que o perigo é que se considere que soamente iso é cultura. Penso que moitas veces a xente tampouco asiste a actos por sobresaturación de cousas, contraprogramación, e si ós máis mediáticos e aqueles actos que venden máis ou que están máis de moda, que pode ser por exemplo Britney Spears, que vende moito máis que unha obra de teatro sobre Kant. Pero non se trata tampouco de homoxeneizar ó público. E pensar que non a todo o mundo lle ten por qué interesar Britney Spears, polo que hai que facer outro tipo de cousas. Que a xente non é parva e que hai que ter un pouco de fe na humanidade. Con respecto ó de pagar penso que pagar non é nada malo, todo o contrario. Igual que a xente vai ó supermercado e paga por un quilo de tomates, pois tamén debe de pagar por ver un concerto, por ver unha obra de teatro... porque é algo que leva moito traballo e hai esforzo detrás. Tamén hai un cultivo detrás, igual que o hai en calquera outra cousa. O tema da gratuidade da cultura é moi espiñento porque iso pode significar que queda tamén en mans públicas, e hai que ter moito coidado porque poden escoller unas cousas e non outras. Penso que a cultura tense que pagar igual que se pagan outros produtos. Que as persoas que nos adicamos a isto temos o defecto de comer todos os días e de pagar o aluguer e todo este tipo de cousas, entón tamén necesitamos cobrar. Pero que é a cultura para ti? A cultura é... non sabería encontrar un substantivo exacto, pero a cultura é aquelo imprescindible do ser humán. A cultura é aquelo que nos fai libres. A cultura é aquelo que promove e protexe os valores esenciais do ser humano e é aquelo sen o cal non poderíamos vivir. Somos esencialmente culturais, socialmente culturais e naturalmente culturais. E somos, eu creo, ante todo cultura, e polo tanto é algo ó que lle temos que dar a máxima importancia e protexer e coidar. Sobre todo iso, coidar. Por iso creo que para dedicarse a isto tes que estar moi convencida e tes que ter unha auténtica vocación de que realmente é algo que é imprescindible para a vida e que, ademais, é unha forma de política. Porque estás tratando co puramente humano, co esencial. E a pesar de esta vocación, sénteste realizada coa túa vida na actualidade ou hai días nos que pensas que estarías mellor cun posto de traballo e un soldo fixos? Por suposto. Si, hai moitas veces que teño moita envexa dos funcionarios. Iso tamén o digo en Fémina Sapiens. Hai moitas veces que quero deixar isto, que non lle atopo sentido ó teatro. Que vexo isto coma un sensentido, que non entendo moi ben por qué fago todo este esforzo e todo isto, por qué estou tan cansa por algo así, por qué, por qué, por qué... e abúrrome e cánsome. Cánsame moitísimo. Dentro do mundo das artes escénicas hai moitísima envexa, moitísimo ego, moitísimas faladurías e cousas negativas que ás veces dis “Deus, de verdade... que poucas ganas de continuar con todo isto” Pero logo ó final é coma unha especie de adición da que non son capaz de sacarme. Pero si, por suposto que moitas veces quero ter un posto fixo e morrería por telo. E por último, tes algún consello para nós, os futuros xestores e profesionais da cultura? Consellos é algo que... non sei. Eu do que vos podo falar é da miña experiencia e o que podo facer é animarvos, non? Que as cousas son posibles de facer, que só lle hai que poner empeño e ganas. E que iso que parece algo imposible porque son como moitas cousas logo vaise adquirindo e vaise aprendendo e vaise levando, e despois é moi satisfactorio. É algo que ves que ti conseguiches co teu esforzo. E o que podería dicir é iso, que simplemente é unha cuestión de gañas e de empeño, e de apostar pola cultura coma algo esencial. AMANECE - Vania Sosa - (México. Alumna do Campus de Lugo) He caminado más de tres calles, hace fresco, estoy agitado, camino tres calles más y nada. ¿Por qué el transporte público se demora cuando realmente lo necesitas? … ¡Bing!.. ¡Bing! … ¡Bing! … Un mensaje nuevo… un mensaje confuso… Debí haber estado allí antes… Debí haber acudido a verlos desde la mañana… ¿Por qué soñé eso? ¿Si lo cuento, sucederá? … En la Blanca Mérida hay un día nublado, no hace calor, las calles están vacías, aún no amanece, el sereno cae, siento frío. Llego a mi destino y los veo allí, sentados con las miradas perdidas abrazados unos con otros. Pregunto, nadie responde, solo miran hacia el horizonte. El monociclo, las clavas y demás juguetes descansan. Parece que hoy no serán utilizadas, el espectáculo tendrá que modificarse, ¿Quién amenizará la próxima función? Alguien sin duda lo intentará, pero no será como él. Llueve, aún no son ni las doce, parece que ha pasado una eternidad. Las personas llegan y se van, la cuidad parece no despertarse, todo parece igual, inerte, silencioso, lento. El tiempo corre y no hay marcha atrás, miro a mi alrededor; ellos siguen estando allí, llegan más, cientos más. Todos tienen la misma mirada baja y cansada. No han dormido, no han comido, están exhaustos. Suena una sirena, se escucha a lo lejos el tren, se rompe esta armonía al sonido del celular… ¡Ring!..¡Ring!... ¡Ring!.. ¿Vendrás?, Dime que vendrás, estamos todos, sólo faltas tú… ¡Ring!..¡Ring!... ¡Ring!.. Dile a mamá que no me espere hoy… sí, estoy bien. ¡Ring!..¡Ring!... ¡Ring!.. ¿La fiesta? No, hoy no creo ir… espera, retiro lo dicho, cuenta conmigo. ¡Ring!..¡Ring!... ¡Ring!.. ¿Juan? Ven rápido, sí, si quieres trae café… Nadie quiere moverse, nadie quiere bailar esta noche, sólo quieren que él regrese. Los minutos transcurren, el monociclo sigue intacto, las clavas comienzan a empolvarse… Se ha nublado todo, la noche no puede haber llegado, luces de colores me estremecen, la música suena a todo volumen, mezclas pop, mezclas tecno, un poco de todo. Un poco de distracción. Allí estamos todos, todos menos él. Bebemos y recordamos o ¿bebemos para olvidar? La dicha y el exceso caen sobre nosotros, el cielo nos vaticina nuestro más preciado deseo, el amanecer. Caminamos torpemente hasta la carpa. Todos pasamos a su lado pero nadie se detiene, todos pasan de largo, nadie lo saluda. Sin embargo allí esta él arriba del monociclo bravucón, ambicioso, con sus zapatos rotos, mallas azules y su particular coleta.- Ya casi amanece, venga, tenemos que practicar, Ya pronto podré comenzar a mostrarles mi acto mortal, Pronto… dice en voz alta, ¿ Acaso nadie le oye? Parecen no hacerle caso, nadie le mira, sólo susurran, susurran sus miedos y sus penas. Espero el amanecer, pero este no parece llegar. Me siento a su lado, parece no importarle, él solo los observa, nos observa. Me mira con sus ojos marrones, se pone de pie, deja su monociclo y camina fuera de la carpa, el amanecer no llega, aún no podemos ver el acto. Por fin ha amanecido y él se encuentra muy lejos de la carpa, lejos de nosotros, lejos de su monociclo, lejos de todo.