Full text
TESE DE DOUTORAMENTO VIOLENCIA, PERSECUCIÓNS E RELATO NA CONFORMACIÓN DO PODER GOLPISTA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1936 Rafael García Ferreira ESCOLA DE DOUTORAMENTO INTERNACIONAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PROGRAMA DE DOUTORAMENTO EN HISTORIA CONTEMPORÁNEA SANTIAGO DE COMPOSTELA ANO 2021
Declaración do autor da tese Violencia, persecucións e relato na conformación do poder golpista en Santiago de Compostela, 1936 D. Rafael García Ferreira Presento a miña tese, seguindo o procedemento axeitado ao Regulamento, e declaro que: 1) A tese abarca os resultados da elaboración do meu traballo. 2) De ser o caso, na tese faise referencia ás colaboracións que tivo este traballo. 3) Confirmo que a tese non incorre en ningún tipo de plaxio doutros autores nin de traballos presentados por min para a obtención doutros títulos. 4) A tese é a versión definitiva presentada para a súa defensa e coincide a versión impresa coa presentada en formato electrónico. En Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2021. Asdo. Rafael García Ferreira
Autorización dos directores da tese Violencia, persecucións e relato na conformación do poder golpista en Santiago de Compostela, 1936 D. Lourenzo Fernández Prieto D. Antonio Míguez Macho Informan: Que a presente tese, correspóndese co traballo realizado por D. Rafael García Ferreira, baixo a nosa dirección, e autorizamos a súa presentación, considerando que reúne os requisitos esixidos no Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC, e que como director/titor desta non incorre nas causas de abstención establecidas na Lei 40/2015. En Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2021 Asdo. Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho
Resumo Esta disertación está relacionada co golpe de Estado de xullo de 1936 na cidade de Santiago de Compostela e con como se afianzaron os novos poderes a través do uso da violencia por diferentes vías. Por unha parte, estúdase a conspiración e o golpe de Estado en si, como acto de forza para desprazar ás autoridades e tomar o poder. Posteriormente, analízanse as diferentes formas de violencia e persecución que se puxeron en marcha contra unha parte da sociedade, e que tiñan como obxectivo consolidar ese poder: asasinatos, denuncias, depuracións.... Estúdanse tanto os procesos como a responsabilidade nestas accións e en que medida uns e outros tiveron participación nelas. Finalmente, analízanse os diferentes espazos que actuaron como lugares de violencia e a súa relación con vítimas e verdugos, dándolle unha dimensión e un punto de vista máis a todos os procesos que se analizan. Palabras chave: golpe de Estado, Santiago de Compostela, violencia, persecución, relato. Resumen Esta disertación está relacionada con el golpe de Estado de julio de 1936 en la ciudad de Santiago de Compostela y en cómo se afianzaron los nuevos poderes a través del uso de la violencia por diferentes vías. Por una parte, se estudia la conspiración y el golpe de Estado en si, como acto de fuerza que desplaza a las autoridades y toma el poder. Posteriormente, se analizan las diferentes formas de violencia y persecución que se pusieron en marcha contra una parte de la sociedad, y que tenían como objetivo consolidar ese poder: asesinatos, denuncias, depuraciones... Se estudian tanto los procesos como las responsabilidades en estas acciones y en que medida unos y otros participaron en ellas. Finalmente, se analizar los diferentes espacios que actuaron como lugares de violencia y su relación con las víctimas y verdugos, dando una dimensión y un punto de vista más a todos los procesos que se analizan. Palabras clave: golpe de Estado, Santiago de Compostela, violencia, persecución, relato.
Abstract This dissertation is relates with the coup d’etat of July of 1936 in the city of Santiago de Compostela and how the new powers are consolidated through the use of violence in different ways. On the one hand, we study the conspiration and the coup itself, as the act of force that displaces the authorities and seizes power. Subsequently, the different forms of violence and persecution that were launches against a part of the society are analyzed, and whose objective was to consolidate that power: murders, complaints, purges… Both the processes and the responsibilities in the actions are studied; who participates on that processes is studied as well. Finally, the different spaces that worked as sites of violence and their relationship with victims and executioners are analyzed, giving a further dimension and anther point of view to all the processes that are studied here. Key words: coup d’etat, Santiago de Compostela, violence, persecution, legend
This kind of think is frightening to me, because it often gives me the feeling that the very concept of objective truth is fading out of the world. After all, the chances are that those lies, or at any rate similar lies, will pass into history. How will the history of the Spanish war be written? If Franco remains in power his nominees will write the history books (...). But suppose Fascism is finally defeated and some kind of democratic Government restored in Spain in the fairly near future; even then, how is the history of the war to be written? What kind of records will Franco have left behind him? George Orwell, Visions of a Totalitarian Future, 1942
Introdución 19 Introdución O golpe de Estado de xullo de 1936 e a posterior guerra civil son, probablemente, os dous acontecementos que teñen suscitado máis debates, investigacións e publicacións con respecto á Historia Contemporánea de España. A produción científica e literaria ao redor de ambos é inxente e foi tratada por numerosos investigadores, dende toda clase de perspectivas e con diferentes resultados segundo a óptica coa que se ten tratado. O afán por relatar que ocorreu dende o 17 e 18 de xullo do ano 36 aparece dende os anos posteriores, en base a determinados intereses e en forma de crónicas que debuxaban a sublevación como un movemento salvador do país, establecendo un discurso que xa se viña forxando dende o primeiro momento polos golpistas e que, en moitas ocasións, chega aínda con moita forza ata os nosos días. Investigadores foráneos comezaron a afondar nos feitos dende antes de que a ditadura chegara á súa fin na década dos setenta; e dende entón a investigación e produción de todo tipo de obras sobre o acontecido ten sido unha constante que chega ata os nosos días. O antigo departamento de Historia Contemporánea -actual área de Contemporánea dentro do unificado departamento de Historiada Universidade de Santiago de Compostela contaba cunha longa tradición de estudos de Historia agraria, inaugurada no seu día polo mestre Ramón Villares, no que diversos investigadores desenvolvían as súas investigacións ao redor do mundo e sociedades rurais, dende diferentes perspectivas e con diferentes marcos, pero adscritos a aquela tendencia investigadora que tanta produción científica ten abrigado baixo o seu paraugas. Sen embargo, dende mediados da década dos noventa foron impulsados programas de investigación centrados na ditadura que se viron concretados en diferentes traballos, tesinas e teses doutorais que abarcaban temáticas, en moitos casos, asociadas aínda ao mundo rural, facendo forte a tradición de estudos previa. Nun contexto como este, a chegada do ano 2006 e a declaración deste como o Ano da Memoria, unido á posta en marcha do Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces, deu un novo empuxe aos estudos do departamento, impulsada fundamentalmente por Lourenzo Fernández Prieto, ao redor do golpe de Estado e que iría, co paso do tempo, moito máis alá da contaxe de vítimas que propoñía inicialmente o propio proxecto. Esta tese doutoral enmárcase neste contexto. Orixinalmente partía dun traballo de fin de mestrado que xa comezaba a analizar a persecución e a violencia golpista na cidade de Santiago de Compostela. As apreciacións do tribunal que o xulgou e o impulso dos que son directores deste traballo -o mesmo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho-, acabaron por decidir que a investigación se desenvolvese de xeito máis profundo e que se convertese nunha tese doutoral, no resultado de anos de investigación, debates e traballo conxunto, e resultado tamén desa nova traxectoria de estudos dentro do departamento. Outros verán a luz tamén moi pronto, amosando
Rafael García Ferreira 20 a boa dinámica de traballo que se estableceu no seu do grupo de investigación Histagra, pero sobre todo amosando uns resultados froito dun extenso traballo con fontes, realizado con rigor e coa calidade propia da tradición deste departamento da Universidade de Santiago. Ir máis alá das vítimas supón enfrontarse a toda unha serie de discursos e relatos establecidos dende o mesmo ano 1936 polos golpistas e os seus colaboradores. Supón penetrar en todo tipo de procesos nos que se contan as cousas dun xeito específico e en base a un discurso do que non sempre é sinxelo afastarse, co obxectivo de interpretar a realidade en termos e cunha linguaxe democrática. Caer na linguaxe e nas lóxicas dos golpistas é moi sinxelo, porque imperaron tras unha vitoria en guerra civil -en territorios como o galego dende moito antes, debido ao triunfo do golpe- , durante case corenta de ditadura e, nos nosos día, máis de corenta anos de democracia. Estudar o golpe de Estado supón afondar na maraña terminolóxica e terxiversadora dos feitos que se forxou dende o primeiro minuto, e que estableceu toda unha serie de mitos que en moitas ocasións aínda imperan e contaminan moitas das obras ao respecto. O traballo coas fontes e a inmersión en documentación como as causas militares significa confrontar e contrastar discursos que estarán vixentes durante décadas e dos que nos debemos afastar para ver con outros ollos o que ocorreu en realidade. Afondar no coñecemento histórico e derrubar mitoloxías e discursos que se veñen presupoñendo, incluso dentro da propia historiografía, é máis que posible; que o coñecemento acabe sendo permeable ao conxunto da sociedade, necesario. Así se veu facendo para demostrar que certos apriorismos que se deron por sentados con respecto á Galicia contemporánea -e non so a contemporáneanon eran tan certos como sempre se dixo. Véxanse, sen ir máis lonxe, os traballos de Lourenzo Fernández sobre o mundo labrego e os de Antonio Míguez sobre o movemento obreiro galego, pero tamén os de Miguel Cabo para a cuestión do asociacionismo agrario ou, noutras cronoloxías, os de Xosé Miguel Andrade ou Isidro Dubert.1 Demostrado está tamén con respecto ao golpe de Estado e á ditadura franquista, así como en relación a todos os relatos que se foron conformando debido á vitoria na guerra, e que tamén veñen sendo sometidos a estudo e a critica, e desmontados grazas a sólidos traballos que amosan unha realidade histórica moi diferente á que se estableceu dende 1936.2 Unha base de estudos A inauguración dos estudos sobre o golpe, a guerra e a ditadura que se desenvolveron dende o ano 2006 coa inauguración do Proxecto Nomes e Voces ten culminado nunha serie de obras colectivas que viñeron sentando as bases para que esta investigación fora tomando forma ata a súa 1 Lourenzo Fernández Prieto, Labregos con ciencia. Estado, sociedade e innovación tecnolóxica na agricultura galega, 1850-1939, Vigo, Xerais, 1992, e tamén a obra colectiva en Lourenzo Fernández Prieto (dir.), Terra e progreso. Historia agraria da Galicia contemporánea, Vigo, Xerais, 2000; Antonio Míguez Macho, La construcción de la ciudadanía a través de los movimientos sociales. El movimiento obrero en Galicia (1890-1936), Santiago de Compostela, Fundación 10 de Marzo, 2008; Miguel Cabo Villaverde, O Agrarismo, Vigo, A Nosa Terra, 1998; Xosé Miguel Andrade Cernadas e Anselmo López Carreira, O Reino medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria, Vigo, Xerais, 2020; Isidro Dubert e Antía Pérez-Caramés (coords.), Invasión migratoria y envejecimiento demográfico: dos mitos contemporáneos, Madrid, Catarata, 2021; véxase tamén Isidro Dubert (ed.), Historia das Historias de Galicia, Vigo, Xerais, 2016. 2 Francisco Sánchez Pérez (coord.), Los mitos del 18 de julio, Barcelona, Crítica, 2013.
Introdución 21 presentación. Comezando, iso si, por disertacións que datan de moito máis antigo, e que se teñen centrado con anterioridade en cuestións como a desarticulación dos tecidos de asociación campesiños;3 e sen esquecernos doutras obras, colectivas ou non, nas que xa se estudaba tamén a cuestión do golpe e da violencia no territorio galego dende diferentes perspectivas e para diferentes lugares do territorio galego, como foi o caso de traballos como os de Emilio Grandío ou María Jesús Souto, entre outros.4 Foi o momento tamén da publicación doutras investigacións que acometían estudos relacionados con diferentes aspectos da sociedade galega en relación á ditadura, como os de Ana Cabana e as súas disertacións sobre o consenso no réxime franquista, os de Daniel Lanero con respecto ás políticas sindicais e agrarias no rural galego; nunha mesma liña de estudos agrarios no marco da ditadura, o traballo de Alba Díaz sobre os diferentes cambios nese contexto do rural galego entre o Franquismo e a transición e o de Araceli Freire sobre os montes veciñais.5 Sen embargo, foi coa publicación de dous ensaios sobre o golpe e a violencia na retagarda galega cos que se deron os primeiros pasos da posterior produción historiográfica á que nos referimos, no ano 2009,6 estudos nos que o uso da documentación relativa tanto a ese golpe e a esa violencia estaban no foco da investigación para amosar tanto os procesos nos que se envolveron ás vítimas como as formas que tiveron os perpetradores para agocharse detrás delas. E enfocando, ademais, a cuestión das prácticas violentas dentro doutros procesos similares como os xenocidios, así como establecendo a comparativa con eses outros exemplos ao respecto da forma en que as diferentes sociedades que os viviron e os superaron buscaron a reparación e a súa condena ou non tras a chegada da democracia tras os períodos ditatoriais.7 A fin da financiación, e en consecuencia do proxecto, no ano 2012, non supuxo a fin da inquedanza pola investigación na materia. Nomes e Voces suporía unha base excelente para comezar a estudar outros procesos relacionados co ocorrido dende xullo de 1936, non so coas vítimas e coa violencia, aínda que estas estiveran no foco de forma permanente por ser un elemento central dentro do marco do ocorrido, do da investigación e das inquedanzas dos responsables dos estudos. Así, vería a luz unha primeira obras colectiva na que participaban diferentes profesores e doutorandos do departamento, e que tiña como obxectivo a análise de diversas cuestións ao redor do golpe de Estado e máis alá, e que remitía como pasaxe introdutoria ás verbas de Jorge Semprúm como marco sobre o que traballar: o de afastarse do discurso dos golpistas e dos verdugos para 3 Lourenzo Fernández Prieto, «Represión franquista y desarticulación social en Galicia. La destrucción de la organización societaria campesina, 1936-1942», en Historia Social, nº 15 (1993), pp. 49-65. 4 Emilio Grandío Seoane (ed.), Anos de odio. Golpe, represión e guerra civil na provincia da Coruña (1936-1939), A Coruña, Deputación da Coruña, 2007; María Jesús Souto Blanco, La represión franquista en la provincia de Lugo (1936-1940), Sada, Edicións do Castro, 1998; Jesús de Juana e Julio Prada (coords.), Lo que han hecho en Galicia. Violencia, represión y exilio (1936-1939), Barcelona, Crítica, 2006. 5 Ana Cabana Iglesia, Entre a resistencia e a adaptación. A sociedade rural galega no franquismo (1936-1939), Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2007; Ana Cabana Iglesia, Xente de orde. O consentimento cara o franquismo en Galicia, Santa Comba, 3C3 Editores, 2009; Daniel Lanero Táboas, Historia dun ermo asociativo. Labregos, sindicatos verticais e políticas agrarias en Galicia baixo o franquismo, Santa Comba, 3C3 Editores, 2011; Alba Díaz-Geada, Mudar en común. Cambios económicos, sociais e culturais no rural galego do franquismo e da transición (1959-1982), tese de doutoramento inédita, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2013; Araceli Freire Cedeira, Conflictividad social en el medio rural gallego (1939-1975). El caso de los montes vecinales en mano común, tese de doutoramento inédita, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2014. 6 Antonio Míguez Macho, O que fixemos en Galicia. Ensaio sobre o concepto de práctica xenocida, Ourense, Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2009; Antonio Míguez Macho, Xenocidio e represión franquista en Galicia. A violencia na retagarda en Galicia na guerra civil (1936-1939), Santiago de Compostela, Lóstrego, 2009. 7 Estas cuestións referidas tamén en Antonio Míguez Macho, La genealogía genocida del Franquismo. Violencia, memoria e impunidad, Madrid, Abada, 2014.
Rafael García Ferreira 22 poñer en perspectiva o golpe, a guerra e a ditadura, para coñecer a verdadeira Historia do acontecido, para que esta deixara de estar embazada polos discursos herdados dende 1936:8 Fue allí en casa de Cordón, oyéndole a Lister narrar sus hazañas militares... donde comencé a comprender que la guerra civil solo sería mitología mientras fuese cosa de ellos, de los que hicieron, y nos deshicieron, haciéndola tan mal, que solo sería historia, al fin, solo un saber práctico que nos permitiera vivir con ellas, asumiéndola críticamente, y no desviviéndonos en sus laberintos engañosos, cuando fuese cosa nuestra: de los que no la hicimos, de los que no fuimos abrumados por el peso, ideológico de tan larga leyenda de signo contradictorio...9 Este volume comezaría a poñer no centro do debate a necesidade dun relato histórico afastado do dos golpistas e do da ditadura, isto é, unha nova mirada a ese pasado co fin de superar ese relato. Un relato que recorra ás fontes, que estableza a crítica e que acabe por analizar os datos dos que dispoñemos dende unha óptima obxectiva, con rigor histórico, sen verse embazada polas terxiversacións lingüísticas e dos feitos de documentación como xuízos militares, informes de conduta, notas de prensa ou todo tipo de ordes, textos que compoñen unha inxente cantidade de pezas documentais que deben servir para recompoñer o pasado sen chegar a caer nun relato que pretendía cambiar a realidade dende o mesmo mes de xullo de 1936 para gañar un relato que, coa vitoria na guerra, acabaría por ser hexemónico e que segue a contaminar, en moitas ocasións, a nosa forma de facer Historia. Nesta dirección pretendían seguir asociados os estudos relacionados, e nese sentido avanzaron, non so agregando novos investigadores asociados -grazas á asociación mediante diferentes proxectos de investigación-, se non mediante a ampliación das perspectivas de investigación, orientando estas cara cuestión coma a das actitudes sociais en contextos ditatoriais, aplicando o estudo non so ao período da ditadura española se non aportándose outros estudos doutras latitudes, como a de América do Sur, para poder establecer comparacións, equivalencias, diferencias e debates. Neste marco, unha nova obra colectiva atraía a eses estudosos da cuestión a esta liña de investigación para tratar esta temática xa non unicamente dende o caso galego, se non dende outras perspectivas interiores e dende un enforque tamén internacional.10 Aínda chegarían dúas obras máis a este respecto, que seguirían a marcar unha liña de estudos que xa conta con varios anos de bagaxe ás súas costas. A primeira delas, Golpistas e verdugos de 1936,11 reuniunos a diversos doutorandos da área de contemporánea baixo o amparo dos nosos directores 8 Lourenzo Fernández Prieto e Aurora Artiaga Rego (eds.), Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura. Historia para un pasado incómodo, Madrid, Catarata, 2014. 9 Citado en Lourenzo Fernández Prieto e Aurora Artiaga Rego, «Introducción. Sabemos poco de pasado incómodo. Otras miradas sobre el golpe, la guerra y la dictadura», en Lourenzo Fernández Prieto e Aurora Artiaga Rego (eds.), Otras miradas..., p. 11. 10 Antonio Míguez Macho (ed.), Ni verdugos ni víctimas. Actitudes sociales ante la violencia, del Franquismo a la dictadura argentina, Granada, Comares, 2016. Outro volumen de interese a este respecto, con investigadores que teñen participado nos proxectos que mencionamos, é o de Miguel Ángel del Arco Blanco et al., No solo miedo. Actitudes políticas y opinión popular bajo la dictadura franquista (1936-1977), Granada, Comares, 2013. 11 Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho (eds.), Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, Vigo, Galaxia, 2018.
Introdución 23 de tese para elaborar un traballo que tiña o traballo común con fontes primarias como as causas militares, base das nosas investigacións, para explicar os procesos que se puxeron en marcha dende xullo de 1936 dende diferentes perspectivas: dende os participantes, dende as lóxicas empregadas, dende a violencia, dende a construción da culpabilidade; tamén dende a memoria. Tratouse dun traballo colectivo no que as ideas que se viñan traballando durante anos por un grupo de investigadores en etapa de tese foron postas en común, enfocadas nunha mesma dirección e presentadas en forma de capítulos que comezaron a amosar os resultados da liña de investigación que se viña marcando e da capacidade dunha nova xeración de historiadores para aplicala e para traballar no marco desa liña historiográfica. O ano 2020 presenta dúas novidades a este respecto: un novo libro colectivo sobre ese novo relato, pulido en base a todo o traballo dos anos anteriores, e que reuniu a varios investigadores coas mesmas inquedanzas sobre a cuestión;12 e o 2021, ademais doutra publicación relacionada, esta vez de carácter internacional e centrada na cuestión dos espazos de violencia do golpe e da ditadura, marca o período de finalización dalgunhas das teses que se enmarcaron nestes estudos. Entre eles esta investigación, que procurará preguntarse e responder acerca dunha serie de cuestión ao redor do golpe de Estado de 1936. Consideracións previas, preguntas e obxectivos Esta investigación ten un marco específico e definido: territorialmente, a cidade de Santiago de Compostela; cronoloxicamente, o golpe de Estado de 1936, abarcando os meses posteriores para algunhas dinámicas que se estudarán -e aos meses anteriores, para outras-, e estendendo o marco ata a década dos corenta para outras, como no caso do estudo dos espazos de violencia. A inquedanza polo período e o espazo, e a dispoñibilidade de fontes que poden ser examinadas cunha nova mirada, son factores que levaron a decidirse por realizar esta investigación. Tamén hai un criterio de afinidade, por ser a cidade na que o autor se criou. Por iso é unha tese que se referirá a un modelo, ao modelo da cidade de Santiago, ao que ocorreu antes, durante e tras o golpe de Estado nela, a que dinámicas actuaron e aos procesos que se levaron a cabo. Enfocaremos, polo tanto, unha perspectiva de caso. Considérase aquí que o punto de vista do local é de ampla importancia para a consecución de estudos xerais, que contribúan a entender os acontecementos que se sucederon nun determinado período de xeito máis redondo, permitindo unha interpretación máis analítica. Isto se debe a que entendemos que neste nivel da investigación é onde se poden atopar toda unha serie de matices que van máis alá de visións xerais, e que amosan realidades que é máis sinxelo que se perdan ao falar de obras que abarcan os acontecementos dun xeito máis amplo. Por iso, tamén consideramos que o estudo dun caso como este, que axude a comparalo con outros similares -ou con outros diferentes-, pode chegar a ser máis representativo, e de moita utilidade, á hora de aclarar e explicar mellor o mapa do ocorrido nun acontecemento tan relevante para o século XX español como o golpe de Estado de 1936. 12 Lourenzo Fernández Prieto, Antonio Míguez Macho e Dolores Vilavedra Fernández (eds.), 1936. Un nuevo relato, Zaragoza, Prensas de la Universidad de Zaragonza, 2020.
Rafael García Ferreira 24 Grazas ao traballo previo coa bibliografía, pero sobre todo ao traballo coas fontes primarias que seleccionamos, atenderase a unha cuestión que consideramos fundamental, e que xa viñamos adiantando ao falar das liñas de investigación e publicacións nas que se enmarca este texto: a historicidade dos feitos. Tentaremos constatar o que ocorreu detalladamente nos contextos que analizamos, afastándonos así de textos, discursos e relatos establecidos ata o momento, pois como veremos estes apareceron dende moi cedo para terxiversar en boa medida non so a memoria do ocorrido, senón tamén investigacións contemporáneas. O contraste entre o que xa sabemos sobre o pasado e as fontes, o coñecemento de lexislacións, procesos e acontecementos, será o que nos permita unha lectura crítica histórica da documentación que manexaremos para finalmente abordar unha explicación que precise, tamén dende o punto de vista da linguaxe empregada, como e por que ocorreron certos procesos no marco do golpe e da violencia que se desencadeou posteriormente. A violencia, precisamente, será un dos puntos básicos que trataremos. O golpe pretendía a toma do poder, pero para conseguir o seu obxectivo non acudiu ás dinámicas dos pronunciamentos do século XIX, nin contou coa conivencia do monarca como o fixera en 1923, senón que o fixo mediante unha violencia dirixida contras as institucións e contra os rexedores republicanos. Estes sufrírona con especial intensidade durante a segunda metade de 1936 naqueles lugares onde triunfou a sublevación, enfrontándoa logo nunha guerra civil que acabaría por alongarse ata abril de 1939. A persecución e a violencia do golpe de Estado, contemplada xa nas instrucións do director da conspiración, Emilio Mola, atenden á vontade de desprazar a esas autoridades, pero tamén á da desarticulación dunha sociedade de longa tradición liberal e xa democrática, descabezándoa para eliminar a vontade de protesta e disidencia, de tomar posición contra o golpe, de desafección e de defensa da democracia. Por isto, atendendo a esa historicidade que mencionabamos, o primeiro que debemos establecer é que foi o golpe, e non a guerra, o que abriu ese escenario de violencia, un punto de moita importancia nesta tese. Isto, por suposto, tampouco quere dicir que a violencia so existira a partir do golpe: os repertorios de acción violenta existían con anterioridade, e de feito foron unha constante para á Europa de entre guerras, en diferentes países e baixo diferentes formas; como métodos de protesta e como métodos represivos; en democracias, en contextos de pugna de poder e nos réximes ditatoriais que triunfaron ao longo do continente durante este período. Nos territorios onde triunfa, o golpe inaugura un escenario no que impera a lóxica de eliminación do inimigo como método para acadar o poder e, paralelamente, unha lóxica de auto-lexitimación por parte dos golpistas, expresada a través de diferentes discursos inseridos nos procesos sumarísimos. Pero foi o golpe, e non a guerra, o que deu paso a esta situación. De aí as inxentes cantidades de mortos en retagarda durante a segunda metade de 1936, os xuízos na retagarda, as «sacas» e os «paseos», as depuracións e destitucións de empregados públicos. Todo iso en lugares onde o golpe triunfou, como no caso de Galicia, e onde nunca houbo fronte de guerra como tal, pero si unha fonda persecución asociada ao golpe e ao control do poder. A violencia nas súas diferentes formas será unha constante a analizar ao longo desta disertación. Comezando polos pasos previos ao golpe de Estado, onde comezamos a preguntarnos como se sucederon os acontecementos. A este respecto, ten sido referenciada e estudada, como o
Introdución 25 paso previo e xa asimilado como natural, a conspiración para a sublevación. En moitas ocasións e en referencia ao papel de Emilio Mola como «Director» da mesma, dándolle unhas dimensións que tentaremos comprobar se se correspondían con toda a realidade do país nos meses anteriores a xullo de 1936. Chegou realmente esa conspiración a todas as prazas militares, a todas as guarnicións, independentemente da súa relevancia, como a de Santiago de Compostela? Coñecer se existiu unha preparación real para o golpe e unha colaboración entre militares e outros axentes auxiliares ten o obxectivo de constatar o factual da situación, cuestionándonos se os discursos posteriores que se escribiron sobre esa conspiración se corresponden co que ocorreu ou se se construíu un discurso interesado que mitificaba determinadas figuras para colocalas nunha posición de compromiso que teremos que comprobar se en realidade amosaban ou non. Corroborar se existiu unha preparación ou non tamén nos axudará a ver se esta tivo operatividade real á hora de executarse o golpe de Estado ou se isto respondeu a outros factores, e se a súa existencia nos axuda a comprender as circunstancias nas que se conforma o poder golpista con posterioridade, tendo en conta que foi o golpe o que exerceu como determinante de quen estaría ou non no poder ou en certos postos de responsabilidade. Cuestionaremos as dimensións de todo isto para constatar a forma en que se secuenciou o proceso de toma do poder pola forza, contrastándoa aos relatos posteriores dos golpistas. O golpe de Estado é o primeiro acto de forza que se leva a cabo para o control das institucións e do poder. Supón o desprazamento das autoridades lexítimas, amparadas pola legalidade republicana, mediante a ameaza, a coacción ou a perspectiva de que se executen accións violentas se hai oposición. Isto quere dicir que hai moito máis que unha simple toma militar dos edificios institucionais: durante o golpe hai dúbidas, medos, decisións ou inhibicións, e con toda probabilidade máis incertezas que seguridades, tanto por parte dos que tentarán manter a orde constitucional como por parte dos que decidirán rompela e tomar posición como golpistas. Constatar que dinámicas ocorreron tanto por parte duns como por parte doutros axudaranos a comprender mellor o proceso do golpe na cidade. Neste caso, de novo, haberá que ser coidadosos: as fontes empregadas para este cometido adoitan levar a firma dos que precisamente exerceron a violencia -como o relato dos feitos nos informes finais das causas militares-, empregándose unha linguaxe que, como xa advertiamos, terxiversa de forma interesada a presentación dos feitos. A análise pertinente desas fontes e a constatación de realidades, evitando caer nesas tramas discursivas, é a que nos permitirá un coñecemento previo do ocorrido. É o golpe, como diciamos, o que inaugura toda unha serie de dinámicas que se darán desde o momento en que triunfa. Afondaremos nos diferentes procesos que as autoridades golpistas poñen en marcha dende finais de xullo para facerse co poder e en como a violencia formou parte deles, dunha ou outra forma, para que acadaran o seu obxectivo. A análise das causas militares abertas polos golpistas axudaranos a comprender a forma en que se culpabilizou a unha parte da sociedade de actos que en realidade non cometeran ou que se axustaban á legalidade vixente, á legalidade republicana, e que estaban amparadas polas leis republicanas. Cuestionarémonos os discursos que nos atopamos en procesos sumarísimos como foron as causas militares, para constatar esa construción do relato que xa se deu dende o primeiro momento. Preguntarémonos para que serviu esa violencia e contra quen se exerceu, e por que contra certas persoas, pero tamén como funcionaron as mecánicas desa violencia, quen as executou e que consecuencias tiveron. Que
Rafael García Ferreira 32 Ademais, aínda que non son frecuentes de atopar nos fondos municipais, exporemos unha serie de fotos relacionados con expedientes de prisións, que nos axudarán a completar a explicación que faremos sobre estes lugares en concreto. Debido tanto á súa proximidade como á grande cantidade e variedade de fondos cos que conta, este arquivo foi un dos máis recorrentes á hora de facer consultas, a pesar de que, quizais, non sexa o que maior carga documental acabou por aportar ao estudo. Complementariamente empregouse o Arquivo do Reino de Galicia, este sito na cidade da Coruña, como apoio ao Arquivo Histórico Universitario. Non so pola súa proximidade xeográfica e facilidade de acceso, se non porque contén documentación que é, en efecto, complementaria á dos fondos municipais do arquivo local. Sobre todo foi empregada a documentación relativo ao fondo do Goberno civil, que contén expedientes, comunicacións, información relativa ás comunicacións entre os órganos de goberno local e o provincial. De aí que certas cuestións que non se poden completar empregando a documentación dispoñible en Santiago de Compostela si o poidan ser suplindo esa falta cos fondos do Arquivo do Reino de Galicia. Tamén apareceron novas cuestións ao examinar a información que contén, pois non sempre se accedeu a el co ánimo de afondar nalgún aspecto que xa se comezara a coñecer, se non que en ocasións teñen aparecido novas preguntas gracias a examinar estes fondos. Aínda que neste o arquivo si conta cun fondo fotográfico extenso e de interese, non atopamos ningunha fotografía que nos fora de relevancia para este estudo, se ben non se pode deixar de destacar o traballo de catalogación que se ten levado a cabo nese aspecto por parte do arquivo. A partir de aquí, as nosas fontes documentais dan un salto que vai alén do local e provincial, e incluso máis alá do ámbito galego. Porque a pesar de que o noso suxeito de estudo sexa a cidade de Santiago, foron empregados fondos de arquivos estatais que contiñan información fundamental para avanzar en certas cuestións, que non era posible atopar nos arquivos máis próximos. Realizáronse contactos con diferentes arquivos, visitas aos mesmos -no caso de algúns, varias, con diferentes perspectivas, visións do que se buscaba e diversidade nos resultados-, pero tamén con outros cos que finalmente non se contou. Este uso de arquivos que van máis alá do contexto galego enriqueceron a investigación con outros matices, con outras experiencias e con outros puntos de vista, por iso non podemos deixar de poñelos en valor. Sobre todo porque para certos aspectos foron fundamentais, aportando a este traballo documentación que nunca foi empregada con anterioridade, dotándoo así dunha orixinalidade e dun enfoque que sería impensable doutro xeito. O primeiro que mencionamos, por ser o tamén primeiro que se puxo no punto de mira e o primeiro en visitarse, é o Archivo General de la Administración de Alcalá de Henares. Este conta cunha grande cantidade de fondos distribuídos en diferentes categorías, de entre as que nos rescatamos a de xustiza e, dentro da mesma, unha serie de expedientes referentes ao corpo de prisións, posteriores ao golpe de Estado, e que nos axudarán a reconstruír unha serie de cuestións referentes aos espazos de reclusións de Santiago que serían irrecuperables de non contar con esta documentación. Isto é debido a que non conservamos un libro de cárcere de ningunha das que operaron na cidade, e polo tanto en ocasións é moi complicado reconstruír certos aspectos. Contar cos fondos do Archivo General de la Administración, sen embargo, axudounos a recompoñer unha serie de cuestións, como o funcionamento interno das prisións, dar algunhas trazas da vida dos
Fontes documentais e metodoloxía 33 presos e incluso chegar a ofrecer organigramas do persoal. Porén, a pesar de que aquí nos sexa de utilidade o fondo de Xustiza, non podemos deixar de remarcar de novo a grande cantidade de fondos que manexa o arquivo e que de seguro foron, son e serán, recorridos por outros investigadores para tratar cuestións moi diferentes. Continuando coa mesma temática, foron obxecto de estudo os fondos Secretaría General de Instituciones Penitenciarias de Madrid, neste caso nunha única visita que foi suficiente para explorar o que nos podía ofrecer, algo que tivo que ver tamén coa posibilidade de recibir prontamente unha copia dixital de todo aquilo que interesase para unha consulta posterior. Neste caso, empregamos dúas publicacións que so atopamos dispoñibles neste arquivo: o semanario Redención, a única publicación de distribución e lectura interna dentro das prisións do período no que nos movemos, e a Revista de estudios penitenciarios, outra publicación relacionada co mundo das prisións. Ambas nos axudaron a recoller datos sobre este tipo de espazos que complementarían o atopado no Archivo General de la Administración e no Arquivo Histórico Universitario, aportando datos de relevancia non so, de novo, para analizar a vida dos presos se non tamén os organigramas de funcionamento do persoal prisións. Acudeuse tamén, xa con outros obxectivos, a Biblioteca Nacional de España, aproveitando as visitas a Madrid nas que se acudiu ao Arquivo General de la Administración e á Secretaría General de Instituciones Penitenciarias. Esta comezou como unha visita complementaria para investigar que se podía atopar de utilidade nos seus fondos, xa que a pesar de poderse facer unha busca completa online, non toda a documentación está dixitalizada, sendo necesaria a consulta presencial. Deste xeito, so foron consultadas algunhas cuestións referentes á cidade que nos podían ser de utilidade, e en todo caso complementaria co que xa atoparamos no Arquivo Histórico Universitario. O que si foi de moito interese e utilidade foi o seu fondo fotográfico, este en boa medida si dispoñible online, que nos aportou unha serie de imaxes da cidade que non atopamos mediante outras canles, nomeadamente aquelas que recollen a visita a cidade de autoridades de peso como Ramón Serrano Suñer -acompañado dos representantes italiano, alemán e xaponésou o propio Francisco Franco e de desfiles militares que amosan os cambios nas conmemoracións e celebracións na cidade, ou o que é o mesmo, imaxes que nos axudarán en boa medida a exemplificar os cambios na apropiación e uso do espazo público asociados ao golpe de Estado. Para a investigación que se presenta foron empregados expedientes persoais de membros do exército e da Garda civil relacionados con sucesos que se estudan, que tiveron protagonismo nalgún dos procesos ou que ocuparon un cargo de relevancia en determinado momento. O obxectivo disto foi coñecer e trazar as súas traxectorias para tentar relacionalas co que fixeron ou non fixeron, con ese posto que ocuparon ou coa súa participación ou inhibición en determinados asuntos. Non sempre se fan explícitas estas traxectorias, pero foron de utilidade para un mellor coñecemento dos actores que enriquecerá a presentación das interpretacións e dos resultados. A este respecto, e para conseguilos, contactouse fundamentalmente con dous arquivos. O primeiro deles foi o Archivo General del Ministerio del Interior, sección da Garda civil, de onde se extraeron expedientes deste corpo co fin mencionado, xa que algúns dos seus efectivos non so se sublevaron en xullo de 1936 se non que posteriormente tiveron a responsabilidade na Delegación de orde pública, creada tras a sublevación. O segundo foi o Archivo General Militar de Segovia, ao que se solicitaron os
Rafael García Ferreira 34 expedientes pertinentes pertencentes a membros do exército, aínda que hai que aclarar que non todos os que desexaríamos, pois algúns aínda non estaban dispoñibles debido a diversas disposicións legais. No caso do arquivo relacionado coa Garda civil non se chegou a realizar visita física, se non que se recibiron as copias dos expedientes directamente; no caso do arquivo segoviano, non foi posible acceder ao mesmo a pesar de ter unha visita programa, algo que finalmente compensamos con sucesivas peticións de documentación. Ao igual que no caso do Arquivo Intermedio Militar Noroeste, non foi necesario acreditar a condición de investigador, membro de grupo de investigacións, adscrición a unha universidade ou proxecto, etc., para acceder á documentación, se non que se trata de fontes que igualmente están dispoñibles para o conxunto da cidadanía. Tamén examinou e consultou unha unidade arquivística militar máis, o Archivo Militar General Militar de Ávila, este si de forma presencial durante unha estadía na cidade para acceder a todo o material que puidera ofrecer, aínda que tamén está dispoñible un servizo de reprodución e envío de documentación. A pesar de que era un arquivo do que se tiñan menos referencias sobre o que podía conter, o feito de que apenas fora empregado e referenciado con respecto a unha investigación deste estilo para a cidade de Santiago suscitou a necesidade de exploralo, unha decisión que a todas luces resultou acertada. Aquí poden ser consultados documentos de moito interese para o estudo do golpe de Estado e que xa teñen sido indagados por diversos investigadores, como documentación relativa aos contactos entre sectores monárquicos coa cúpula do goberno italiano para concretar axudas monetarias e de armamento para preparar unha sublevación, ou as xa famosas e máis que referenciadas instrucións de Mola nas que establece as pautas de actuación para o golpe de estado de xullo do 36. Para o noso caso será de moita utilidade e empregado con frecuencia un expediente diferente ás causas militares, unha información aberta contra o comandante militar da guarnición de Santiago en xullo de 1936, que se convertería en golpista, pero que con posterioridade pasaría por este proceso no que se buscaba depurar a súa actitude con respecto á sublevación. O interese neste documento específico, que non foi empregado antes na investigación sobre o golpe de Estado en Santiago e Galicia, irá máis alá do propio proceso contra a autoridade militar, xa que nel aparecerán reflexados outros persoeiros, outras situacións e outras dinámicas que nos permitiran constatar que variables se deron noutros procesos da segunda metade de 1936 ademais do mesmo golpe e da violencia posterior. Foron consultados dous arquivos máis, neste caso co obxectivo de ter acceso a un fondo documental específico: o que contén a denominada Causa General. Con este obxectivo foi consultado o Archivo Histórico Nacional, pois as referencias coas que se contaban acerca da Causa facían constar que a consulta da mesma fora realizada neste arquivo. Sen embargo, esta documentación foi trasladada hai uns anos a outro conxunto arquivístico: o Centro Documental de la Memoria Histórica de Salamanca. A este realizouse unha viaxe, coa que se aproveitou a consulta doutros documentos que puideran resultar útiles, e posteriormente foron solicitadas as pertinentes reproducións para ser empregadas con posterioridade. A pesar deste traballo de documentación, a Causa General non é empregada como fonte nesta investigación. A Causa ten sido empregada como fonte para o estudo da conspiración militar contra a República e para aclarar certos aspectos sobre o propio golpe. Estruturada nas denominadas
Fontes documentais e metodoloxía 35 «pezas», empregábase concretamente a segunda, na que se trataban estes asuntos con referencias documentais e testemuñais. Constatado isto, a Causa amosábase como unha fonte potencialmente moi rica para un estudo como que agora expoñemos, pero presenta unha problemática: non foi elaborada de xeito homoxéneo e en base a uns criterios únicos, se non de forma independente para cada unha das Divisións Orgánicas que dividían o país militarmente no momento da súa elaboración. Isto fixo que a súa construción fora desigual segundo o territorio do que falemos, e no caso da VIII División a información que contempla é moito menor comparada con outros casos. En concreto, non existe unha peza segunda que conteña información relativa a Galicia e demais territorios da división, polo que finalmente non foi empregada neste sentido, o que probablemente máis nos interesaba polo afán de constatar como de profunda e efectiva foi a preparación do golpe de Estado en terras galegas. Finalmente, non podemos deixar de facer mención a outra parte fundamental das fontes empregadas nesta investigación: os repositorios de publicacións oficiais e as hemerotecas dixitais de prensa. Os primeiros son ofrecidos polos portais oficiais do Estado español, e neles puideron ser atopados os números da Gaceta de Madrid e do Boletín Oficial del Estado que necesitamos consultar para coñecer lexislacións, decretos, disposicións e etc., realizadas tanto polos gobernos - dende o período da Restauración ata a mesma Repúblicacomo pola cúpula golpista -representada primeiro na Junta de Defensa Nacional dende o 28 de xullo de 1936 e na Junta Técnica del Estado dende o 1 de outubro do mesmo ano-. En canto ao Boletín Oficial da Provincia da Coruña, foi consultado no repositoro online Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia, que contén unha inxente cantidade de fondos ademais desta publicación. Entre eles, unha grande cantidade de diarios dixitalizados, de entre os que destacaremos dous: El Compostelano e El Eco de Santiago, por ser os dous diarios locais do momento e os máis referenciados ao longo do texto, precisamente por esta condición que fai que nos poidamos atopar coas novas máis próximas á cidade. Sempre tendo en conta que eran dous diarios cunha marcada tendencia ideolóxica asociada a posicións de dereita, amosando en consecuencia unha liña editorial e de opinión, incluso á hora de expoñer novas, coa que é necesario ser críticos á hora de analizalo e de empregalo como fonte complementaria. Aínda serían empregados dous fondos máis para facer algunhas consultas deste tipo: a primeira, o da hemeroteca da Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago, onde se atopan algunhas publicacións que non están dixitalizadas online, e o segundo, o da Hemeroteca de Madrid, ao que tamén se fixo unha breve visita para consultar unhas publicacións non dispoñibles nos outros medios dos que dispoñiamos. O uso de novas de xornais foi un complemento para o resto de fontes empregadas, pois en ocasións nos permite coñecer datas, eventos, etc., que se perden noutro tipo de documentación. No seu caso, tamén se usou para a cuestión do trazado de traxectorias persoais, pois o achado de novas relacionadas coas persoas que se queren trazar aporta datos que non vemos reflexados noutras fontes. A metodoloxía para o uso das diferentes fontes aquí empregadas non difire do que adoita ser un traballo de investigación histórica: coñecemento anterior, lectura, análise, crítica, cruce de datos, interpretación e chegada a conclusións. Claro que, dentro de todos estes procesos, hai diferencias na forma en que se tratan algúns documentos ou outros, fundamentalmente debido á súa tipoloxía.
Rafael García Ferreira 36 Nestas páxinas trataremos documentación oficial, administrativa, lexislacións, e sobre todo causas, expedientes, informes, etc., de carácter militar que foron xeradas baixo unhas condicións de convivencia específicas e de excepción como as que se xeran tras un golpe de Estado militar, no que o control da orde pública se volve algo fundamental e se exerce a través da violencia. As causas militares son parte central do traballo que aquí se presenta. Foron empregadas para diversas cuestións, pois nelas non so constatamos os procesos e como se levaron a cabo, se non que tamén conteñen información que é útil para tratar moitas outras cousas: o golpe e a actuación dos leais á República, os discursos que se xeneral nelas, a construción da culpabilidade, as formas de auto-lexitimación dos verdugos que actúan ao longo dos xuízos. Por iso a súa correcta interpretación é esencial para que os datos que extraemos delas sexan correctos e non acabemos por reproducir un discurso terxiversado dende a base: o discurso dos golpistas e verdugos. Viñamos destacando que a cuestión da linguaxe é fundamental á hora de abordar as causas, porque é mediante a linguaxe a través da cal se terxiversan feitos que acaban de ocorrer baixo un marco legal específico para presentalos como ilegais, ilexítimos, punibles. A reprodución dos discursos xerados nas causas perdurará no tempo grazas á vitoria na guerra dos sublevados e á imposición dunha ditadura militar de case catro décadas. Por iso, acostumados a escoitar certos argumentos, resulta fundamental evadirse dos mesmos, non caer na trampa e acadar conclusións axustadas ao que realmente ocorreu, achegando unha aproximación rigorosa dende a crítica de fontes, sabendo que están construídas para transformar os feitos, a verdade. É así como non caemos nesas argumentación e chegamos a unha correcta interpretación. A mesma análise aplicamos a practicamente a totalidade da documentación xerada a raíz ou con posterioridade ao golpe, pois está, polo xeral, cargada de discursivas similares ou que responden a certos intereses. O cruce e contraste de datos entre diferentes fontes amosase fundamental, pois traballaremos con diferentes nomes asociados a identidades, filiacións e sucesos en diferentes tempos. Polo tanto, e sen ánimo de trazar traxectorias de vida completas de todos os protagonistas que amosaremos, si se é necesario ofrecer un perfil mínimo que nos permita identificalos e enmarcalos de certa forma, o que nos permite redondear a información que temos deles con anterioridade e posterioridade, se non a do mesmo momento nos que os analizamos e o contexto no que actúan. Neste sentido empregaremos os citados expedientes persoais de militares ou Gardas civís, pero tamén outro tipo de recursos como a prensa, a que resulta de moita utilidade á hora de realizar buscas grazas aos repositorios online cos que contamos. Será, grazas a estes, que podemos situar noutros contextos ás persoas que tratemos e completar así o seu perfil. O seguimento de persoas concretas que aparecen asociadas aos poderes golpistas foi de importancia para trazar algunhas destas traxectorias. A aproximación biobibliográfica resultou fundamental para reconstruír unha fisionomía colectiva no relativo á configuración deses poderes. Para isto foi necesario coñecer primeiro eses nomes cos que traballar, para posteriormente resolver os seus perfís a través do traballo non so coa documentación que se empregou no caso daqueles que contaban cun expediente oficial, se non a través da consulta doutro tipo de documentos, da bibliográfica e do coñecemento de realidades e dinámicas anteriores ao golpe.
Fontes documentais e metodoloxía 37 Debido á natureza coa que presentamos toda esta disertación, o manexo doutros traballos de investigación realizados, monografías, artigos científicos, etc., resulta fundamental. Porque o que tentaremos contrastar son os feitos, o factual, fuxindo de apriorismos pero tamén de discursos creados xa coetaneamente, pero tamén posteriormente. Unha investigación doutoral establece, con frecuencia, o diálogo e debate coa bibliografía existente a fin de obter apoio para os seus argumentos e conclusións; tamén para facer o contrario e enriquecer así o debate. No noso caso, tamén nos teremos que enfrontar con certas afirmacións que se veñen herdando dende hai moito tempo, precisamente pola repetición do discurso que quedou escrito dende o mesmo ano 36, como pronto veremos. Constatado isto, a crítica sobre ese discurso será fundamental en todo momento, porque será unha das claves á hora de establecer as nosas conclusións: como enfrontalo e como ofrecer unha interpretación histórica crítica e real.
Rafael García Ferreira 38
Estado da cuestión 39 Estado da cuestión As investigacións sobre golpe, guerra e ditadura son numerosas e presentan un amplo percorrido. Atenden a diferentes conceptos, formas de investigación e puntos de vista. A traxectoria dos estudos conta con ampla produción académica e rigorosa, pero tamén con versións revisionistas - e negacionistasdo pasado que se contrapoñen coas interpretación consensuadas por investigadores de recoñecida traxectoria e solvencia no manexo de fontes e na presentación de resultados que se adaptan á presentación obxectiva e axustada á realidade dos feitos. Sen ánimo de ser extensos ao respecto, faremos un repaso a través de estudos de relevancia e do estado actual da investigación con respecto ás cuestións que se tratan nesta disertación. Os primeiros textos sobre o golpe de Estado datan xa dos anos seguintes a que se executase, pero non os teremos en conta no nivel de presentación dun estado da cuestión. Como veremos cando os empreguemos -porque serán de utilidade a pesar de non nomealos aquí-, non son investigacións como tal, se non relatos sobre os sucesos, escritos dende unha clara posición de adhesión ao golpismo, que forman máis parte da proto-propaganda do réxime posterior que do conxunto de investigacións históricas. Servirían, iso si, como base para a interpretación dos feitos da historia oficial da ditadura, trasladándose o escrito en textos como o do sacerdote Manuel Silva Ferreiro para o caso galego, en 1938, a obras que abarcaban o conxunto de España e que tomarían forma posteriormente como a Historia de la Cruzada Española, de Joaquín Arrarás.13 Dende o exilio, en Buenos Aires, era publicada a visión do ocorrido dende o outro punto de vista, o das vítimas da violencia, coa saída de Lo que han hecho en Galicia, un volume que, ao igual que os anteriores, ten un valor relativo como fonte histórica, aínda que neste caso no sentido contrario a aqueles escritos dende a posición dos golpistas e do réxime franquista.14 Os primeiros estudos históricos sobre a guerra civil non marcadas pola liña do réxime viñeron da man de investigadores estranxeiros na década dos sesenta, como foi o caso de Hugh Thomas ou Stanley Payne, o deste referido ao estudo da Falanxe.15 Uns anos despois vería a luz tamén a primeira obra de Gabriel Jackson, reeditada ao igual que as anteriores en varias ocasións, e que se amosaba como pioneira tamén no estudo conxunto da República e a guerra civil, con interpretacións que a investigación ten precisado, tales como definir o golpe como «pronunciamento», e asumindo en ocasións o discurso golpista, como no referente a que o asasinato do líder monárquico José Calvo Sotelo precipitou a decisión de sublevarse contra o 13 Manuel Silva Ferreiro, Galicia y el movimiento nacional. Páginas históricas, Santiago de Compostela, Imprenta e encadernación do Seminario Conciliar, 1938; Joaquí Arrarás Iribarren, Historia de la Cruzada Española, Madrid, Ediciones Españolas, 1942. 14 Anónimo, Lo que han hecho en Galicia. Episodios de terror blanco en las provincias gallegas contados por quienes lo han vivido, Buenos Aires, Editorial de la Oficina de prensa al servicio de la República Española, 1938. 15 Hugh Thomas, The Spanish Civil War, London, Eyre & Spottiswoode, 1961; Stanley G. Payne, Falange. A History of Spanish Fascism, Standfor, Standfor University Press, 1961.
Rafael García Ferreira 40 Estado republicano.16 A produción interior, como resulta evidente, era inexistente, aínda que se seguiron a editar obras que eran debedoras daquelas que foran publicadas xa nos anos trinta e corenta, como ocorre no caso da recompilación de protagonistas de xullo de 1936 de José Couceiro Tovar, que tomaba como fontes algunhas daquelas, reproducindo e perpetuando discursos similares.17 A década dos setenta aínda contemplará a aparición dalgunhas destas obras, con autorías próximas ao réxime, caso do estudo sobre as milicias na guerra civil de Rafael Casas de la Vega, escrito en boa medida dende un punto de vista militar, como corresponde á condición do autor,18 pero tamén continuaron os aportes de investigadores foráneos como Ian Gibson, que xa comezaban a contemplar a cuestión da «represión».19 Foron tamén os anos nos que comezaron a aparecer relatos de protagonistas dos acontecementos relacionados co golpe e a guerra, ou de persoeiros que estiveron en maior ou medida involucrados en certos procesos. Gil Robles editaría as súas memorias xa en 1968, mentres que Serrano Suñer publicaría un texto de carácter similar e de grande interese polas definicións que facía do «estado campamental» en referencia á situación de goberno que se creou co golpe de Estado nos territorios sublevados, ou da «xustiza ao revés», nome que daba á forma de proceder dos xuízos sumarísimos contra aqueles que foran xulgados de delito de rebelión por ter defendido á República.20 Non de menos interese resulta o diario do secretario de Emilio Mola, Félix Máiz, onde se relatan as vicisitudes da preparación do golpe de Estado dende a perspectiva da oficina do xeneral de brigada en Pamplona.21 Sería tamén o momento de aparición da análise de Pi-Sunyer sobre o persoal político do primeiro Franquismo.22 As investigacións darían un paso adiante coa fin da ditadura e a transición á democracia, comezando a desenvolverse en boa medida os estudos sobre a que foi chamada «represión». Uns estudos que na súa xénese tiveron dous condicionantes: o primeiro, a excesivo empeño no coñecemento das vítimas, en detrimento case total do afán por coñecer aos perpetradores da violencia, imperando a visión de que estudar ás primeiras outorgaba ao coñecemento obtido un sentido reparador, poñéndose o foco especialmente nelas; o segundo foi que en moitas ocasións o estudo estivo marcado por un compoñente militante e discursivo antifranquista, estimulado por décadas de silencio forzado na discusión e no debate e que agora gañaba espazo público de debate e de exposición de argumentos. Se ben as aportacións de historiadores hispanistas continuaron a chegar en diferentes formas, foi un momento no que os estudos internos se comezaron a desenvolver para dar a saída definitiva ao desenvolvemento de correntes de discusión máis amplas e a unha produción historiográfica moito maior.23 No caso galego, unha das primeiras aportacións foi a do xornalista Carlos Fernández 16 Gabriel Jackson, The Spanish Republic and the Civil War, 1931-1939, New Jersey, Princeton University Press, 1965. 17 José Couceiro Tovar, Hombres que decidieron (17 a 22 de julio de 1936), Madrid, Rollán, 1969. 18 Rafael Casas de la Vega, Las milicias nacionales en la guerra de España, Madrid, Editora Nacional, 1974. 19 Ian Gibson, La represión nacionalista de Granada en 1936 y la muerte de Federico García Lorca, París, Ruedo Ibérico, 1971. 20 José María Gil Robles, No fue posible la paz, Barcelona, Ariel, 1968; Ramón Serrano Suñer, Entre el silencio y la propaganda. La historia como fue. Memorias, Barcelona, Planeta, 1977. 21 Félix Máiz, Mola, aquel hombre. Diario de la conspiración, 1936, Barcelona, Planeta, 1976. 22 C. Viver Pi-Sunyer, El personal político de Franco (1936-1945). Contribución empírica a una teoría del régimen franquista, Barcelona, VicensVives, 1978. 23 Véxase por exemplo as achegas de Paul Preston, Las derechas españolas en el siglo XX: autoritarismo, fascismo y golpismo, Madrid, Sistema, 1986; do mesmo autor, Revolución y guerra en España, 1931-1939, Madrid, Alianza, 1986. Tamén Stanley G. Payne, El régimen de Franco,
Estado da cuestión 41 Santander e a súa obra El alzamiento de 1936 en Galicia, editada en 1982 e que estudaba tanto a sublevación militar, sendo ampliada xa a finais de século para tratar tamén o período da guerra civil.24 Esta aportación aínda era moi bebedora de interpretación ou relatos legados dos textos do réxime, e estaba construída non en base a un proceso rigoroso de investigación, se non ás pesquisas do autor e ás aportacións documentais que lle ían chegando dende diferentes ámbitos. Foi tamén un momento no que apareceron memorias de vítimas que agora eran publicadas en forma de relatos nos que se daban a coñecer as situacións polas que pasaran no seu momento, durante o golpe ou en situacións como o paso por prisión.25 A última década do século XX marcou un claro avance na evolución dos debates sobre diferentes aspectos de golpe, guerra e ditadura, non so porque estes coparan páxinas e volumes de revistas especializadas,26 senón porque a investigación e a publicación de monografías se viu acelerada, avanzando o que viría a partir do cambio de milenio. Tanto a través de obras que trataban un espazo xeográfico concreto como mediante obras colectivas que estudaban diferentes cuestións, as indagacións progresarían durante este decenio de forma considerable, asentando unha base de traballos que permitirían que os posteriores aprenderan e evolucionaran a partir destes.27 O estudo do local tamén resultou fundamental para comezar a traballar certos lugares e establecer unha base de estudos.28 Tampouco faltaron aqueles autores que non se quedaron so na cuestión da violencia incial, se non que como Michael Richards foron máis alá e, no seu caso, ligou o estudo coa cuestión da política económica autárquica.29 Entrado o século XXI a produción historiográfica aumenta de xeito moi notable, diversificándose os temas de estudo e debate,30 habendo ademais un impulso notable no interese polos estudos históricos do período con motivo de decretarse o ano 2006 como Ano da Memoria no Estado español. Tamén continuou a tendencia a estudar áreas xeográficas que non foran atendidas con anterioridade, ben pola afinidade dos investigadores, ben pola dispoñibilidade de espazos nos que non se desenvolveran estudos sobre a o golpe e a violencia con anterioridade e o afán por completar o mapa de investigación ao longo de todo o territorio,31 unha 1936-1975, Alianza, Madrid, 1987. Unha obra deste momento que facía referencia ao período ditatorial ao completo era a de Javier Tusell, La dictadura de Franco, Madrid, Alianza, 1988. 24 Carlos Fernández Santander, El alzamiento de 1936 en Galicia. Datos para una historia de la guerra civil, Sada, Edicións do Castro 1982; Carlos Fernández Santander, Alzamiento y guerra civil en Galicia (1936-1939), Sada, Edicións do Castro, 2000. 25 Xerardo Díaz Fernández, Os que non morreron, Sada, Edicións do Castro, 1985; Isabel Ríos, Testimonio de la guerra civil, Sada, Edicións do Castro, 1986. 26 Véxase Ayer, nº 33 (1999). 27 Julián Casanova et al., El pasado oculto. Fascismo y violencia en Aragón (1936-1939), Madrid, Siglo Vinteún, 1992; Ismael Saz, El Franquismo en Valencia. Formas de vida y actitudes sociales en la posguerra, Valencia, Episteme, 1999. 28 María Xesús Souto Blanco, La represión franquista en la provincia de Lugo... . Para o caso concreto de Santiago de Compostela, José Antonio Tojo Ramallo, Testimonios de una represión. Santiago de Compostela. Julio 1936-marzo 1937, Sada, Edicións do Castro, 1990. 29 Michael Richards, Un tiempo de silencio. La guerra civil y la cultura de la represión en la España de Franco, 1936-1945, Barcelona, Crítica, 1999. 30 Sen ánimo de ser extensos ao respecto, mencionaremos aquí os de Ismael Sanz con respecto ao papel do nacionalismo na dictadura e relación entre fascismo e Franquismo, os de Zira Box con respecto á simboloxía na construción da ditadura ou os de Paloma Aguilar con respecto ás políticas de memoria. Ismael Saz, España contra España. Los nacionalismos franquistas, Madrid, Marcial Pons, 2003; Ismael Saz, Fascismo y Franquismo, Valencia, Universitat de València, 2004; Zira Box, España, año cero. La construcción simbólica del Franquismo, Madrid, Alianza Editorial, 2010; Paloma Aguilar Fernández, Políticas de la memoria y memorias de la política, Madrid, Alianza Editorial, 2008. 31 Julio Prada, Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión, Sada, Edicións do Castro, 2004; Emilio Grandíos Seoane (ed.), Anos de odio. Golpe, represión e guerra civil na provincia da Coruña (1936-1939), A Coruña, Deputación da Coruña, 2007; Francisco Cobo Romero, Franquismo y posguerra en Andalucía oriental. Represión, castigo a los vencidos y apoyos sociales al régimen franquista, 1936-1950, Granada, Universidad de Granada, 2005; Francisco Espinosa Maestre, La justicia de Queipo. Violencia selectiva y terror fascista en la II División en 1936: Sevilla, Huelva, Cádiz, Córdoba, Málaga y Badajoz, Barcelona, Crítica, 2006; Carlos Gil Andrés, Lejos del frente. La guerra civil en la
Rafael García Ferreira 48 movemento militar en maio de 1926 que desembocará na chegada á presidencia do xeneral Carmona en novembro do mesmo ano. Sen embargo, a construción do Estado Novo estará liderada por Antonio de Oliveira Salazar, que entraría no goberno como ministros de finanzas en abril de 1928, e que acabaría por facerse co liderado no país, implantando unha ditadura de case cinco décadas de duración. No seu caso, a chegada ao poder ven precedida dun golpe de Estado que, ao contrario que en España, non desembocaría nunha guerra civil. Será dende unha posición de poder dende a que se acabe por someter a toda oposición e dende a que se instaure un sistema de vixilancia preventiva sobre a sociedade portuguesa, o cal incluía a censura, as escoitas telefónicas, as delacións e as redes de informadores.56 De entre todas formas e aplicacións da violencia que se deron nos réximes fascistas de entre guerras, a que quizais se asemelle máis ao caso español sexa a do «squadrismo» italiano, pero para o período anterior ao golpe, no sentido das formas de organización para crear un clima oportuno para que se dera unha intervención: o caso das escuadras para que os fascistas ganaran cotas de poder con anterioridade ao nomeamento de Mussolini; e o caso da busca da confrontación social para provocar unha situación de necesidade antes do golpe de Estado de xullo en España, estratexia deseñada por Mola, amosada de forma explícita nas súas instrucións, nas que recoñece, por outro lado, o fracaso da tentativa. Iugoslavia, termo empregado dende 1929 para referirse ao Reino dos serbios, croatas e eslovenos, foi creada tras a disolución do Imperio Austro-Húngaro despois da derrota na I Guerra Mundial, respondendo á idea dun estado que aglutinaba aos «eslavos do sur», é dicir, aos citados serbios, croatas e eslovenos. A unificación non respondera tanto a similitudes étnicas ou culturais, se non a un temor común ás pretensións doutras potencias sobre o territorio. As diferencias sociais, pero sobre todo as étnicas e as referidas ao modelo de Estado, marcarán as disputas internas. Estableceuse un sistema de monarquía parlamentaria na que os partidos políticos tiñan unhas liñas de actuación marcadas pola forma en que debía concibirse o Estado e por criterios étnicos. Ao tempo que os diferentes partidos amosaban certa incapacidade no parlamento, comezaron a darse signos de violencia marcados por cuestións de identidade nacional. A escalada de tensión chegaría ao seu máximo cando cinco representantes croatas foron disparados no propio parlamento, en 1928. A comezos do ano seguinte, o rei Alexandre poría fin ao parlamentarismo e optaría pola vía da ditadura centralista para gobernar o Estado iugoslavo, protexido e amparado por un exército que estaba dominado polos serbios. A partir deste momento, coa instauración da ditadura, cando comezarían os actos de represión contra unha cidadanía que, pola súa banda, incluso se chegaba a organizar en formacións terroristas que buscaban desestabilizar o Estado.57 En maio de 1932 foi formado un goberno social-cristián en Austria, á fronte do cal estaba Engelbert Dollfuss. En xaneiro de 1933, e en resposta ao crecemento das forzas nacionalsocialistas no país, Dollfuss abandonou o parlamentarismo para instaurar a forma de goberno autoritaria definida como «austrofascismo», que trouxo consido a limitación de liberdades civís e a represión da oposición por parte do exército, con episodios como o da «Vienia Roja». O goberno reprimiu 56 Hipólito de la Torre Gómez, El Portugal de Salazar, Madrid, Arco Libros, 1997, pp. 15-35; Fernando Rosas, Salazar e os fascismos. Ensario breve de historia comparada, Lisboa, Tinta da China, 2019, pp. 214-222. 57 Philip B. Minehan, Civil War and World War in Europe. Spain, Yugoslavia and Greece, 1936-1949, Basingstoke, Palgrave Macmillan, 2006, pp. 23-75; Stipica Grfic, «The Kingdom of diversity and paternalism: The Kingdom of Serbs, Croats and Slovens/Yugoslavia, 1918-1941», en Sabrina P. Ramet (ed.), Interwar East Central Europe, 1918-1941. The Failure of Democracy-building, the Fate of Minorities, Abindong, Routledge, 2020, pp. 213-248.
Marco teórico 49 aos socialistas austríacos mentres que dende os sectores nacionalsocialistas se levaban a cabo atentados terroristas que tiñan como obxectivo a desentabilización do Estado. Dollfuss tiña o apoio da igrexa, do exército e das forzas policiais, ademais dun importante socio europeo, a Italia fascista. A pesar disto e da defensa de Mussolini ante Hitler, este ordenaría unha ofensiva contra o goberno austríaco que acabaría coa morte de Dollfuss tras ser disparado en xullo de 1934 no contexto dunha insurrección nazi.58 A chegada ao poder do nazismo en Alemaña deuse en xaneiro de 1933, cando Hitler e nomeado chanceler, a pesar de non contar con maioría parlamentaria. Posición dende a que logrará facerse co control dos corpos policiais do Estado alemán, e dende a que conseguiu que se asinase o «Decreto para a Protección do Pobo e do Estado» tras o incendio do Reichstag, o cal establecía un estado de excepción que facilitou a persecución dos inimigos políticos de esquerdas. Ausentes do parlamento, Hitler conseguiría que a cámara o habilitara para poder gobernar sen interferencias durante catro anos. Dende o poder, Hitler aseguraríase o apoio do exército descabezando á Sección de Asalto -que xa existía, por certo, con anterioridade ao ascenso do partido ao podere acabando así coas súas aspiracións de converterse na principal forza de seguridade do país. Xa en 1934, conseguiría a unificación dos cargos de xefe do goberno e de xefe do Estado. A chegada ao poder e a consolidación ditatorial sufriron un proceso, polo tanto, moi diferente ao do golpe de Estado violento que tentara facer caer ao poder vixente. A persecución contra un grupo específico, os xudeus, desenvolveríase nos seguintes anos ata chegar ao extremo da solución final nos anos corenta.59 En Grecia, o último dos casos que salientamos, a irrupción da ditadura autoritaria de Metaxas en 1936 veu da man da conivencia coa coroa, alegando, como noutros caos da Europa dos anos trinta, o perigo da expansión comunista. O réxime, de corte tradicionalista, foi apoiada polo exército, os corpos policiais e as elites socioeconómicas. O rei e o propio Metaxas lograron facer co control total da situación en Grecia sen que a situación desencadease nun enfrontamento armado interno. A ditadura, a pesar de ter entrado no debate sobre a súa concepción fascista ou para-fascista, terá unha posición próxima a Inglaterra, o que acabará por determinar a invasión italiana de 1940, xa en plena guerra mundial.60 O caso español é substancialmente diferente ao do resto de ditaduras de corte fascista europeas, pois é o golpe de Estado o que inaugura o marco da violencia dende xullo de 1936 en España. Alén de estudos clásicos sobre os golpes de Estado,61 e sobre todo das diferentes formas que estes adoptaron ao longo da historia, convén facer unha reflexión sobre o golpe de xullo de 1936 co obxectivo de caracterizalo. En base, foi unha acción subversiva de carácter militar que buscaba desbancar ao goberno republicano, que contou con apoios civís e co respaldo do goberno 58 Steven Beller, Historia de Austria, Madrid, Akal, 2009, pp. 243-246; Barbara Jelavic, Modern Austria. Empire and Republic, 18151986, Cambridge, Cambridge University Press, 1987, pp. 204-208. 59 Josep Fontana, El siglo de la revolución. Una historia del mundo desde 1914, Barcelona, Crítica, 2017, pp. 210-217. 60 Philip B. Minhan, Civil War and World War in Europe…, pp. 71-72; Aristotle A. Kallis, «Fascism and Religion: The Metaxas Regime in Greece and the ‘Third Hellenic Civilisation’. Some Theoretical Observations on ‘Fascism’, ‘Political Religion’ and ‘Clerical Fascism’», en Matthew Feldman, Marius Turda and Tudor Greogescu (eds.), Clerical Fascism in Interwar Europe, Abingdom, Routledge, 2008, pp. 17-34. 61 Unha reflexión acerca dos golpes de Estado a través destes e das diferentes concepcións do acto en Eduardo González Calleja, Asalto al poder. La violencia política organizada y las ciencias sociales, Madrid, Siglo XXI, 2017, pp. 121-151.
Rafael García Ferreira 50 italiano, co que contratou unha gran cantidade de material bélico para acometer un posible enfrontamento en caso de fracaso, como así ocorreu. Foi, ademais, un movemento errado, pois non conseguiu controlar a situación na totalidade do país -aínda que logrou quebrar a capacidade do goberno para facerse coa situaciónnin conseguiu o seu obxectivo fundamental, o dominio da capital, cando en novembro do 36 os partidarios da República resisten ao ataque sublevado sobre Madrid. O fracaso do golpe derivou en guerra, pero nos territorios onde triunfou comezou un proceso moi diferente: a posta en marcha dos repertorios de violencia co obxectivo de consolidar o poder golpista, perseguindo a unha parte da sociedade e recorrendo a medidas extremas como o asasinato para acabar de asentar esa nova autoridade. No caso do resto de réximes que vimos citando, o uso da violencia estivo amparado polo control do poder, sendo un mecanismo exercido como instrumento de represión, de control da disidencia política ou de regulación da sociedade. Naqueles casos como o italiano no que se deron fenómenos como o «squadrismo», a violencia foi empregada como unha forma de acadar cotas de poder, ao mesmo tempo que servía para exemplificar o crecemento dos fascistas, o que se acabaría empregando como un elemento de presión para o seu acceso ao poder tras a Marcha sobre Roma. No caso español a violencia darase nun contexto de pugna e imposición do poder sobre as autoridades lexítimas ás que amparaba a legalidade republicana, converténdose nun compoñente fundamental para a creación do réxime porque consideraba a eliminación do inimigo como parte dese asalto ao poder, unha diferenza fundamental co que serán os seus socios europeos. Se ben é certo que a vitoria na guerra civil será empregada como elemento de lexitimación durante as seguintes décadas, a realidade é que a súa consolidación xa se comezou a dar en base á violencia de retagarda, un espazo que se empregou para transformar a realidade para cimentar o novo Estado.62 O golpe de Estado militar é, polo tanto, o que propicia a aparición das formas de violencia desa retagarda, dende o momento en que os sublevados se fagan co poder e poidan impoñer os resortes que posibilitan as persecucións: a deposición de autoridades, os despidos de persoas, as denuncias, os xuízos, os asasinatos. O seu marco de actuación non é a chegada a poder doutros réximes autoritarios, senón o da violencia de retagarda empregada contra poboación civil, un factor diferencias incluso dentro do mesmo caso español, pois o antecedente da ditadura de Primo de Rivera na década dos vinte non acada tales cotas de violencia nin estivera precedida dunha guerra civil. Paradoxalmente, a pesar de que o golpe e a ditadura de Franco se sitúa nun marco ideolóxico próximo aos fascismos europeos, as formas de actuación de retagarda teñen sido sinaladas como similares ás dun réxime e ideoloxía que repudiaban: os das «chekas» como instrumento de represión das autoridades revolucionarias rusas, que se empregaron para a aniquilación dos inimigos bolxeviques.63 62 Javier Rodrigo, «Retaguardia: un espacio de transformación», en Ayer, nº 76 (2009), pp. 13-36. 63 Antonio Míguez Macho, Xenocidio e represión franquista en Galicia…, p. 36.
Marco teórico 51 A concepción da violencia Contextualizar e conceptualizar a violencia golpista ten xerado amplos debates historiográficos arredor do termo e da súa definición. Non cabe dúbida de que o máis amplamente empregado para definir as formas de violencia exercidas na retagarda sublevada dende xullo de 1936 é o de «represión», referenciado en infinidade de ocasións por numerosos investigadores. A «represión franquista» tense amosado como o concepto de referencia para facer alusión á violencia incluso nos contextos nos que se estuda a retagarda sublevada, cando o réxime aínda non existía como tal; moito menos se falamos dos primeiros meses tras o golpe, cando nin tan sequera o escenario bélico está completamente definido. O amplo uso en si do termo ten suscitado debate e que investigadores como Javier Rodrigo advertiran de que o termo debía ser «posto en corentena», debido a que as accións dos sublevados non eran accións represoras como tal, se non un elemento de control e eliminación de opoñentes.64 Unha forma de definir esta violencia foi o dunha forma de «limpeza», que sería o principal obxectivo do golpe. Polo xeral, este termo aparece referido noutro tipo de contextos, como o caso do holocausto ou do xenocidio palestino,65 implicando un compoñente racial na lóxica da eliminación que lle outorga unha dimensión particular, asociándoo en certa forma co concepto de xenocidio. Sen embargo, ademais do propio Rodrigo, outros investigadores se teñen referido con este termo ao contexto do golpe e do contexto que propicia para referirse a unha situación de «limpeza política» como o fenómeno das campañas de eliminación dun inimigo, outorgándolle unha categoría específica, a política, para definir as prácticas levadas a cabo.66 Unha categoría analítica que ten xerado amplos debates e que se ten empregado, tamén, para este contexto, é a de «violencia política». Julio Aróstegui definiu esta como «toda acción non prevista en regras, realizada por calquera actor individual ou colectivo, dirixida a controlar o funcionamento do sistema político dunha sociedade ou a precipitar decisións dentro dese sistema».67 Ao noso criterio, o repertorio de accións que se poñen en marcha dende xullo nas zonas dominadas polos rebeldes tiñan como obxectivo o control do poder e do sistema; pero poñemos en dúbida que non estiveran previstas as regras coas que actuar, feito que cuestionaremos ao ver como se desenvolveron os diferentes procesos para constatar que a improvisación non pareceu a forma de actuar das autoridades golpistas. A definición de Aróstegui, ademais, presenta unha problemática máis. É atemporal e neutra, polo que non acaba de explicar de xeito específico o caso que estudamos. Atendendo a ela non teriamos por que referirnos a un réxime ditatorial ou a unha situación de arrebato de poder como o golpe, se non que se podería aplicar tamén a réximes democráticos que necesitaran e que puxeran en marcha medidas represivas en caso de que fora necesario. En interpretacións máis recentes, o mesmo Aróstegui definiría ao Franquismo como un 64 Javier Rodrigo, «Retaguardia: un espacio de transformación»... 65 Ilan Pappé, La limpieza étnica de palestina, Barcelona, Crítica, 2008. 66 Rafael Cruz, «Las campañas rebeldes de aniquilación del enemigo», en Ayer, nº 76 (2009), pp. 65-82. 67 Julio Aróstegui, «Violencia, sociedad y política: la definición de la violencia», en Ayer, nº 13 (1994), p. 44. Véxase tamén Conxita Mir, «Violencia política, coacción legal y oposición interior», en Ayer, nº 33 (1999), p. 117.
Rafael García Ferreira 52 «sistema represivo», aínda que aclarando que o que primeiro que primou tras a sublevación foi a «limpeza urxente»; e a partir de aí, viría todo o demais.68 O arraigo do termo «represión» e o afán por desenvolver e definir o de violencia política marcaron en boa medida o debate sobre a natureza da violencia neste marco. Eduardo González Calleja, que conta no seu haber con amplos estudos sobre a cuestión das prácticas violentas en diferentes contextos, ten relacionado o uso da violencia política con contextos de subversión da orde establecida, insistindo na politización do acto subversivo, entendendo o estudo destes fenómenos como «toda violencia ‘impregnada por’ ou ‘encamiñada preferentemente a’ unha acción política destinada á toma ou á conservación do poder, do cal se precisa saber a súa estrutura, recursos de lexitimidade e posibles fisuras».69 Aínda que esta definición resulta máis practicable para abordar a violencia golpista, segue a amosarse, en parte, neutra, e aplicable a contextos de conservación do poder, como el mesmo indica. Os problemas da definición da violencia política, de feito, pasan precisamente pola dificultade para dotar ao termo de precisión nun contexto e tempo determinado, xa que as súas acepcións poden ser variadas e non se refire especificamente ao período no que nos movemos. De aí que o debate non se atinxa tan so a violencia exercita polos golpistas, se non que sexa xeral e, polo tanto, non adscrito a estas modalidades concretas. De feito, este mesmo autor ten analizado as formas de violencia do período que analizamos como unha evolución de formas de actuación anteriores que se adaptarían ao contexto bélico.70 Dentro do uso do termo incluso se teñen empregado diferenciacións que aquí non contemplamos como categoría analítica, como as empregadas no seu momento por Julio Prada, e que separaban a represión institucionalizada da represión «paralegal».71 Pero segundo o noso análise e criterio, non consideramos que existe unha represión paralela á legal, simplemente porque non contemplamos que ningunha das formas de violencia que se exerceron dende xullo de 1936 foran legais, se non que se enmarcaban nun contexto de golpe de Estado contra a lei lexítima. Por outro lado, dentro do debate sobre o termo a empregar para definir estas formas de actuación violenta seguiron a aparecer posturas críticas co termo clásico, pois comezou a terse en conta que a situación coa que se atopan os sublevados dende finais de xullo non foi a dun amplo apoio social, se non a de diferentes formas de resistencia, que incluso se materializaran con posterioridade mediante o uso da guerrilla, para resistir incluso cando o réxime comezaba a súa consolidación, indicándose que antes da «represión» viñeron as «persecucións» e, unha vez máis, a «violencia política».72 Neste mesmo sentido tense apuntado que, para falar de «represión», hai que ser precisos e considerar o 68 Julio Aróstegui, «Coerción, violencia, exclusión. La dictadura de Franco como sistema represivo», en Julio Aróstegui (coord.), Franco: la represión como sistema, Barcelona, Flor de Viento, 2012, pp. 19-59. 69 Eduardo González Calleja, «Qué es y que no es la violencia política», en Jaume Barrull Pelegrí e Conxita Mir Curcó (coords.), Violència política i ruptura social a Espanya, 1936-1945, Lleida, Universitat de Lleida, 1994, pp. 29-66. 70 Eduardo González Calleja, «Experiencia en combate. Continuidad y cambios en la violencia represiva (1931-1939)», en Ayer, nº 76 (2009), pp. 37-64. 71 Julio Prada Rodríguez, «As modalidades represivas no primeiro Franquismo. Unha proposta de sistematización», en Minius, nº VI (1997), pp. 99-115. 72 Lourenzo Fernández Prieto, «Represión e corrupción. Aproximación á sociedade galega no ‘primeiro franquismo’», en Ramón Villares et al (eds.), A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2008, p. 132.
Marco teórico 53 tempo do que se este falando, pois non debería de ser empregado indiscriminadamente nun período tan amplo que vai dende 1936 ata 1975 e máis alá.73 Entre os argumentos da evolución da violencia e da precisión nos termos móvense aqueles investigadores que consideran que a violencia sublevada tivo relación coa experiencia colonial e a aplicación de métodos empregados con anterioridade en conflitos bélicos exteriores, baseados no uso da forza de forza extrema, e que agora eran empregados nun contexto de conflito interno contra a poboación civil considerada allea ao ideario golpista. Aínda que son interpretacións que, ademais, consideran que o conflito bélico real non deu comezo ata polo menos o mes de novembro do 36, seguen a referirse máis ao choque entre forzas -militares contra civís ou militares contra militarese a un proceso descontrolado no que se deshumaniza ao contrario por completo, remitindo a que a violencia era indiscriminada e polo tanto, en certo modo, incontrolada, respondendo ao único criterio de eliminación que tiña como obxectivo asasinar ao maior número de adversarios posible.74 Pero aceptar que a violencia exercida estaba ligada ao traslado das técnicas da guerra colonial á península e ao contexto do golpe parécenos establecer un marco demasiado xeral e que non ten en conta as múltiples variables da violencia, do mesmo xeito que falar de violencia indiscriminada volve a remitirnos a unha concepción da mesma como algo totalmente incontrolado. Debates máis actuais teñen centrado a cuestión na contraposición entre a violencia entendida como «represión» e a súa concepción como un elemento para a negación da vida a unha parte da sociedade como premisa básica. É dicir, nin como elemento represivo, nin como elemento de limpeza, nin como elemento político, se non caracterizándoa como xenocida. Aínda que foi Paul Preston o que se referiu ao caso español empregando o termo do holocausto,75 nunha tentativa de equiparar en certa forma o ocorrido co caso dos xudeus na Europa do leste co caso español, o certo é que non chega a establecer ningunha comparativa máis alá da semántica empregada. A concepción da violencia golpista como xenocida é estudada nos ensaios de Antonio Míguez con profundidade, que parten da premisa que xa establecemos ao relacionar a violencia como forma de alcanzar a vitoria en xullo de 1936: a toma deste viña acompañada do plan para a eliminación física e da identidade daquelas persoas que se interpoñían entre os sublevados e o poder que tentaban alcanzar.76 A pesar de que os debates sobre a terminoloxía teñan un longo recorrido e de que teña existido un amplo interese en definir a violencia golpista, a violencia de retagarda, a violencia política, etc., consideramos que é de maior interese analítica estudala no seu contexto -o golpe de Estado e o seu uso para a chegada ao podere comprender como funcionaron as súas dinámicas -formas e actores. Neste sentido, as achegas que nos parecen de maior interese son aquelas que entenden que os repertorios despregados na retagarda sublevada son unha posible evolución de violencias xa coñecidas con anterioridade, evolucionados e adaptados a un novo marco de actuación. Un marco 73 Lourenzo Fernández Prieto, «De pasados incómodos difíciles de definir», en Hispania Nova, nº 10 (2012), pp. 615-616. 74 Michael Richards, Un tiempo de silencio. La guerra civil y la cultura de la represión en la España de Franco, 1936-1945, Barcelona, Crítica, 1999, pp. 33-34. 75 Paul Preston, El holocausto español. Odio y exterminio en la guerra civil y después, Barcelona, Debate, 2011. 76 Antonio Míguez Macho, O que fixemos en Galicia…; Antonio Míguez Macho, Xenocidio e represión franquista en Galicia…; Antonio Míguez Macho, La genealogía genocida del Franquismo…
Rafael García Ferreira 54 que está definido polo golpe de Estado militar e a condición que se lle dará ás vítimas, ás que se definen por argumentos negativos, sendo un grupo ao que se lle negará a existencia co obxectivo de afianzar o poder nun contexto de ruptura da legalidade. A interpretación final das nosas fontes axudaranos a establecer como funcionou esa violencia nun modelo concreto, comprobar a quen implicou e demostrar se foi descontrolada ou tivo unha liña marcada e definida nas súas diferentes expresións. A cuestión dos perpetradores A violencia arredor do golpe de Estado, da guerra civil e da posterior ditadura ten suscitado numerosos estudos. No caso español, o reconto e recoñecemento das vítimas foi unhas das prioridades á hora de indagar sobre ese pasado, exemplificándose este traballo en proxectos e iniciativas como Nomes e Voces ou Todos los nombres, este último para o caso das vítimas en Andalucía, Extremadura e o Norte de África.77 Sen embargo, existen outras correntes de investigación que se teñen ocupado dos executores desa violencia: os vitimarios, os verdugos, os perpetradores. Son un tipo de estudos que teñen maior recorrido a nivel europeo con respecto ás ditadura fascistas do período de entre guerras, sobre todo no caso do réxime nazi alemán, onde por exemplo o estudo da colaboración de cidadáns comúns con respecto ao holocausto teñen gran percorrido.78 O caso alemán é precisamente paradigmático, xa que os líderes nazis foron xulgados e condenados nos procesos xudiciais de Núremberg, dirixidos polos aliados tras a vitoria na II Guerra Mundial, co obxectivo de fixar as responsabilidades nos inicios das agresións e da participación na eliminación sistemática de civís non combatentes; sen embargo, isto tamén propiciou que a culpabilidade se asociara a líderes e colaboradores directos na cadea de mando, sen poñerse o foco noutros actores sociais que puideran ter participado nos procesos de exterminio. Isto cambiaría coa investigación histórica, concretamente coa aparición de investigacións que demostraban que o xenocidio cometido durante a guerra non implicaba exclusivamente a unha cúpula de dirixentes que tomaba todas as decisións, se non que involucraba tamén a moita máis xente. Persoas que non so eran coñecedoras do que estaba a ocorrer se non que participaban das deportacións ou do mesmo exterminio.79 Ao mesmo tempo que se comezaban a desenvolver estes estudos, era celebrado en Israel o xuízo contra o dirixente alemán Adolf Heichmann, un dos maiores responsables da denominada solución final, do que Hannah Arendt apreciaba que era un individuo corrente e non unha persoa cuns parámetros psíquicos definitorios que o levaran a decidir acabar coa vida de grandes colectivos humanos, abrindo máis a porta ao estudo das persoas 77 As bases de datos online en: http://nomesevoces.net; http://todoslosnombres.org. 78 Daniel Johan Goldhagen, Los verdugos voluntarios de Hitler. Los alemanes corrientes y el holocausto, Madrid, Taurus, 2006; Christopher Browning, Aquellos hombres grises: el Batallón 101 y la solución final en Polonia, Barcelona, Edhasa, 2002; Robert Gellatelly, No solo Hitler. La Alemania nazi entre la coacción y el consenso, Barcelona, Crítica, 2001. Un estudo que resulta de referencia para o caso galego en Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho, «Os verdugos no golpe de Estado de 1936. Quen matou a Antonio Azarola?»... 79 Raul Hilberg, La destrucción de los judíos europeos, Madrid, Akal, 2005. A obra orixinal data de 1961.
Marco teórico 55 que permitían e perpetraban este tipo de crimes, que se involucraban en accións violentas deste calibre.80 Sobre a cuestión da autoridade e ata que punto un individuo pode chegar a obedecela sen cuestionarse os actos que están a realizar ou as repercusións que poden ter, incluso en casos nos que a integridade do outro pode estar a ser posta en perigo, centráronse os estudos de Stanley Milgram, que experimentou con individuos correntes unha serie de supostos para observar as formas de comportamento que se podían constatar facéndoos actuar en tales contextos: Temos estudado xa a varios centos de participantes no experimento de obediencia, e puidemos comprobar un nivel preocupante de obediencia ás ordes. Cunha regularidade paralizante viamos que as mellores persoas se sometían ás esixencias da autoridade e realizaban accións crueis e inexorables. Persoas que na súa vida cotiá son responsables e honradas, quedaban seducidas pola trampa da autoridade, polos seus arreos, polo control das súas percepcións, e pola aceptación exenta de toda crítica da definición feita polo experimentador da situación que conducía á realización de accións inhumanas. É preciso que tratemos de captar agora o fenómeno no seu aspecto teórico, e que nos preguntemos dunha forma máis profunda polas causas da obediencia. A submisión á autoridade constitúe unha condición poderosa, prepotente, no home. Cal é a razón deste feito?81 Sen embargo, responde a obediencia á autoridade á lóxica detrás de toda actuación? E, do mesmo xeito, estaba todo aquel que se amosara partidario de certa posición -todo aquel que atopara acomodo na Alemaña dos anos trinta e corenta, todo soldado da Wehrmacht... ou todo aquel que amosara adhesión aos sublevados, entrando no caso español-, disposto a levar a cabo a eliminación física de persoas, ou a castigalos doutros xeitos non lesivos fisicamente? Existiron outras formas de participación nestes procesos, nos que por iniciativa propia se entraba nesa cadea sen que iso implicara o exterminio, se non, por exemplo, a denuncia ou delación.82 Todos estes estudos levaban a preguntarse de que forma a xente corrente se involucraba en todo tipo de procesos e incluso participaba naqueles que ían a acabar con vidas. Seguindo co caso alemán, afírmase que o que ocorreu foi a creación dun contexto concreto no que a delación e a eliminación de todo un colectivo humano era enmarcado dentro dunha normalidade que non se cuestionaba. A eliminación estaría amparada pola construción dun inimigo, os outros -neste caso, os xudeus-, en contraposición cos propios -o lexítimo pobo alemán-. Neste contexto, a existencia dunha cadea de mando, unha autoridade, que dera as ordes de execución facilitaría a decisión de matar ou non matar a aqueles que finalmente levaban a cabo o proceso: 80 Hannah Arendt, Eichmann en Jerusalén. Un estudio sobre la banalidad del mal, Barcelona, Lumen, 2003. A obra orixinal data de 1963. 81 Stanley Milgram, Obediencia a la autoridad. Un punto de vista experimental, Bilbao, Desclée De Brouwer, 1980, p. 119. A obra orixinal data de 1974. 82 Robert Gellately, «Denunciations in Twenty-Century Germany: aspect os Self-Pokicing in the Third Reich and the German Democratic Republica», en Sheila Fitzpatrick e Robert Gellately (eds.), Accusatory Practices. Denunciation in Modern European History, 1789-1989, Chigado, The University of Chicago Press, 1997, pp. 185-221. Robert Gellately, La Gestapo y la sociedad alemana. La política racial nazi (1933-1945), Barcelona, Paidón, 2003.
Rafael García Ferreira 56 Eichmann non entendía as acusacións mellor que calquera outro perpetrador, porque ese proxecto antihumano ao que se entregara establecía un universo moral no que os perpetradores tiñan razóns para levar a cabo asasinatos en masa que resultaban obvias. (...) Esta alteración [dos sistemas de pertenza a unha comunidade, a unha estrutura social] consiste na redefinición categórica de quen non pertence a un mesmo universo moral e que non -quen pertence a un grupo dun mesmo (nós) e quen, como membro dun grupo diferente (eles), é outra cousa, un estraño, un inimigo mortal. Esta alteración pode ser atopada non so no nazismo, onde se xustifica mediante teorías racistas -isto é, pola ciencia; se non tamén en lugares como Camboia, onde está baseado nas clases sociais, ou na antiga Iugoslavia e Ruanda, onde estaba baseado en criterios étnicos. (...) Cabe preguntarse que experimentaban os perpetradores nunha situación así. Unha vez máis, di Karl Milz: «(...) Os que iamos disparar mirámonos uns aos outros, porque ningún de nós sabía que tiñamos que facer ou de que forma tiñamos que disparar aos xudeus». Esta é unha situación decisiva na que unha vez máis, se ten que tomar a decisión de que facer. Nas gabias, antes do primeiro disparo, aínda existía, en teoría, a posibilidade de parar, de renunciar, de alegar náuseas, medo, incapacidade. Os executores mirábanse uns aos outros -ou trataban de ver a reacción dos demais, para intentar saber o que pensaban, que crían, que intencións tiñan. (...) As vítimas xa estaban preparadas e algo tiña que pasar. Neste situación era o superior o que liquidaba o problema sendo práctico e ensinándolles o que tiñan que facer.83 Estes indicadores definidos para a sociedade e réxime alemá, dirixidos a estudar o ocorrido no holocausto, son de utilidade teórica, pero non todos eles se accionan ao completo nun caso como o español. Cando menos así o consideramos. Pero si que podemos ter en conta algunhas das consideracións que acabamos de expoñer, que ao noso xuízo si se manifestan no caso da violencia da retagarda sublevada. A violencia que se practicou nesta dende xullo de 1936 non estaba dirixida dende un Estado consolidado e moito menos constituído, se non nun marco no que se comezaban a construír novas estruturas, en moitas ocasións aproveitando as xa existentes, e no que se estaba a dar unha pugna polo poder nun conflito bélico. Neste contexto, os criterios para definir ao inimigo non eran raciais, como en Alemaña, sociais, como en Camboia, ou etno-territoriais, como o que ocorrerá en Iugoslavia máis de medio século despois, se non que se achegaban ao político e ao cultural: A sublevación que se desencadeou en España en xullo de 1936 tiña como obxectivo alcanzar o poder e acabar co réxime republicano existente. Expresaba ademais outros obxectivos ideolóxicos, como evitar a suposta revolución bolxevique, defender a «unidade de España» e reverter as reformas sociais e culturais que se estableceran baixo os gobernos de centro-esquerda da República. A estes obxectivos principais e secundarios sobrepoñíase unha «meta» de tipo moito máis transcendente: pretendíase eliminación dun grupo 83 Harald Welzer, «On Killing and Morality. How Normal People Become Mass Murderers», en Olaf Jensen e Claus-Christian W. Szejmann (eds.), Ordinary People as Mass Murderers. Perpetrators in Comparative Perspectives, Basingstoke, Palgrave MacMillan, 2008, pp. 165-181.
Marco teórico 57 social ao que se identificaba como inimigo de España. Un grupo definido fundamentalmente por argumentos negativos: non católico, non español, non tradicional.84 A caracterización das vítimas tamén nos fala dos verdugos. Se a consideración das primeiras está feita en base aos criterios expostos, definindo ao inimigo en negativo, podemos atopar aos segundos en base á definición do que se considera o seu contrario, é dicir, ao identificado con eses valores que se considera que o outro non ten, polo que se actúa contra el. Claro que isto ten un perigo: etiquetar a calquera que se identifique con tales valores como verdugo e perpetrador, e asumir que todo o que se inclúa nese grupo fixo uso da violencia. Esta caracterización sería errónea, pois non asumimos, de base, unha interpretación na que a metade da sociedade foi vítima e a outra metade verdugo, atribuíndo o uso da violencia a todo aquel que non a sufrira. Na mesma lóxica, tampouco cabe pensar que todo o que non se identificada cos ideais sublevados non fora partícipe dos repertorios que puxeron en marcha. Estaba todo o mundo disposto a empregar a violencia? Quen participou nos procesos? Quen tivo a responsabilidade nos mesmos? A quen involucraron? Estaban todos os involucrados dispostos ao que se lles esixía? Fuxir das etiquetas e da busca dunha relación estrita entre «fascistas» e perpetradores, e do mesmo modo, entre «republicanos» e vítimas, tamén forma parte do fundamento teórico desta investigación, que se afasta destes apriorismos O estudo dos perpetradores nun contexto como o que analizaremos pasa por constatar quen se encargou dos procesos e localizar as responsabilidades do mesmo, para logo definir quen acabou por participaron nos mesmos e quen non. De aí que nos preguntemos se esa lóxica de que calquera individuo pode estar disposto a participar en actos de violencia extrema, ou noutros que non implican o asasinato, pero si comprometer a posición de alguén, actuaron na retagarda galega, na cidade de Santiago de Compostela. Contemporizar coa situación podía significar participar voluntariamente en certas accións, pero tamén aceptala sen amosarse claramente a favor do uso da violencia, ou simplemente inhibirse de todo proceso e non ter ningún tipo de actuación. Ese debate tanxencial ao da participación cidadá na violencia tense referido á actitude da sociedade á hora de contemporizar con réximes totalitarios ou ditatoriais. Os termos nos que se move esa discusión refírense ao consenso ou ao disentimento cara o réxime en cuestión, aínda que outras correntes de interpretación que estudan o caso da ditadura franquista tamén se teñen referido a que existe unha importante dose de consentimento, é dicir, a aceptación e adaptación do mesmo sen que iso leve implícito o apoio á forma de goberno, ás estruturas do mesmo, etc.85 Polo tanto, o estudo sobre os verdugos e sobre os procesos que levaron a debe desenvolverse, segundo o entendemos e o aplicamos aquí, no sentido de coñecer con criterio o ocorrido e afastarse do seu legado en forma de relato, de historia, de interpretación. Aplicar a investigación histórica con rigorosidade co obxectivo de superar as barreiras que o propio relato golpista e franquista aplicou e que aínda hoxe, en moitas ocasións, non nos deixan analizar con mirada crítica ese pasado, facendo que duren interpretación que non se corresponden coa realidade se non que están 84 Antonio Míguez Macho, La genealogía genocida del Franquismo…, pp. 21-22. 85 Ian Kershaw, «Consensus, Coercion and Popular Opinion in the Third Reich: Some Reflections», en Paul Corner (ed.), Popular Opinion in Totalitarian Regimen. Fascism, Nazism, Communism, New York, Oxford University Press, 2009, pp. 33-46. Un estudo para a ditadura franquista en Ana Cabana Iglesias, Xente de orde...
Rafael García Ferreira 64 declara proclamada en esta ciudad la República española; izándose la nueva bandera Republicana nacional y en otro mástil la bandera regional gallega.89 Raimundo López Pol, afiliado á Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) de Santiago Casares Quiroga-, será o primeiro e máis duradeiro alcalde republicano da cidade, exercendo entre abril de 1931 e novembro de 1934. Republicano convencido e con experiencia política -xa exercera como concelleiro con anterioridade, a primeira vez en 1911-, compartiu consistorio con algúns compañeiros de formación, como o histórico líder sindical José Pasín Romero, pero tamén con outros concelleiros que amosaron outro tipo de filiacións -en ocasións cambiantes e dependentes da creación e evolución de diferentes partidos políticos-, entre eles os que se encadrarán na Unión Regional de Derechas, a gran forma de representación da dereita local. Nesta destacouse no período republicano o concelleiro Enrique Rajoy Leloup, que participara nas eleccións do ano 31 a favor das candidatura monárquicas, pero que nos próximos anos será un exemplo da dereita leal ao réxime republicano. Figura 1. Visita de Manuel Azaña e Santiago Casares Quiroga. Na foto destacan Ramundo López Pol -á esquerda de Azaña-, José Pasín Romero -xusto enriba de López Pol, cun prominente bigote-, e Enrique Rajoy Leloup -enriba e á dereita de Pasín, con bigote e gafas-. Fondo Nomes e Voces. 89 Arquivo Histórico Universitario de Santiago (AHUS), AM 2384, Actas dos plenos do concello de Santiago de Compostela, 14 de abril de 1931.
A Compostela republicana, 1931-1936 65 Aínda actuarían dous alcaldes máis durante a II República en Santiago, pero a súa designación non estaría precedida pola celebración de novos comicios para a escolla de concelleiros, pois non se volveron a celebrar eleccións de carácter municipal, a pesar de terse programado para febreiro de 1936.90 A substitución de concelleiros faríase en execución do artigo 189 da lei municipal de 1877, aínda vixente. Este estipulaba que os Gobernadores civís provinciais podían suspender os concellos, medida que se acompañaba do artigo 46, polo que o mesmo Gobernador podía designar interinamente novos concelleiros que substituíran aos cesados por el mesmo.91 Mediante este mecanismo, a comezos de novembro de 1934 serán suspendidos unha serie de concelleiros por orde gobernativa, por ser identificados como colaboradores cos sucesos revolucionarios de outubro. En consecuencia, serían nomeados 17 concelleiros do Partido Republicano Radical, nomeándose alcalde a Francisco Vázquez Enríquez e quedando constituído un consistorio que estaba en consonancia coa cor política do goberno do Estado.92 Este mecanismo sería activado de novo en febreiro de 1936, tras as eleccións xerais que deron a vitoria á coalición da Fronte Popular. Como consecuencia, o 23 de febreiro era destituída a corporación municipal e nomeada unha totalmente reformulada da que participaban o Partido Galeguista, Izquierda Republicana, o Partido Republicano Federal e Unión Republicana, sendo o alcalde o galeguista e propietario da Imprenta Nós, Ánxel Casal.93 O nomeamento destes concelleiros, ademais, era feito aínda segundo o estipulado na lei municipal de 1877, e non na aprobada a finais de 1935, onde se estipulaba que un municipio como Santiago tería que ter 19 concelleiros fronte aos 32 cos que contaba.94 Será este novo goberno o que de un impulso final dende a cidade á campaña pola votación do Estatuto de Galicia, de cuxa comisión para a entrega en Cortes tras a súa aprobación formará parte o propio Casal. Durante a sesión do 9 de xullo producirase a dimisión en bloque da corporación, decisión encabezada polo grupo galeguista e seguido pola totalidade dos concelleiros.95 O tenente de alcalde, militar retirado pola coñecida como Lei Azaña de 1931 e membro do Partido Federal Republicano, José Germán Fernández, exercía como alcalde en funcións neste momento pola súa condición de primeiro tenente de alcalde, e ante a ausencia na cidade de Ánxel Casal. 90 AHUS, AM 2387, Actas dos plenos do concello de Santiago de Compostela, 9 de abril de 1936. 91 Gaceta de Madrid, 4 de outubro de 1877. 92 AHUS, AM 2386, Actas dos plenos do concello de Santiago de Compostela, 7 e 12 de novembro de 1934. 93 AHUS, AM 2387, Actas dos plenos do concello de Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 1936. 94 Gaceta de Madrid, 3 de novembro de 1935. 95 AHUS, AM 2387, Actas dos plenos do concello de Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1936.
Rafael García Ferreira 66 Figura 2. A entrega do Estatuto de Galicia en Madrid. Fondo Nomes e Voces. Era José Germán o que actuaría como alcalde, polo tanto, chegado xullo de 1936, pero debido á situación de ausencia de Casal, que regresaría da súa viaxe a Madrid con motivo da entrega do Estatuto galego o día 20. A controversia entre ambas figuras ten sido motivo de debate público, debido ás dimisións de principios de xullo, a que nas xornadas de xullo de incerteza ante a sublevación Germán era o que actuou dende o despacho da alcaldía e a que posteriormente foi executado pola responsabilidade que asumiu naqueles días, póndose á fronte da defensa da legalidade republicana; cando menos ata a volta de Casal. Pero ante a dimisión da corporación ao completo, era este último o alcalde da cidade á espera de que foran nomeada unha nova corporación, unha circunstancia que non se chegou a facer efectiva debido ao triunfo final do golpe na cidade e o desprazamento forzado dos edís por parte da autoridade militar golpista. Contemplando todo isto pódese afirmar que os mecanismos de elección, de nomeamento e de reposición dos representantes políticos locais funcionaron con plena normalidade e en base á lexislación vixente. Unha lexislación que tiña tradición e que fora empregada xa durante o período da Restauración, pero que seguiu a empregarse durante a II República. A diferencia radicaba en que mudaran as formas de representación, aceptándose a pluralidade de partidos políticos, e que se contemplaba a celebración de eleccións que materializaban esa representación. Esa pluralidade nas opcións de representación política evolucionaría ao longo do período republicano, como
A Compostela republicana, 1931-1936 67 evolucionou no resto do país, aparecendo novas opcións de representación. A sociedade compostelá amosouse plural, con vontade de participar da vida política. A dereita local, despois da derrota en abril de 1931, reorganizouse ao redor da Unión Regional de Derechas (URD), a formación local máis potente a ese lado do espectro político, que reuniu a persoeiros que xa coñecían o que era participar en política na cidade, como Felipe Gil Casares, que exercera durante un tempo como alcalde durante a ditadura de Primo de Rivera, así como a outros coñecidos veciños e empresarios de entre os que destacaban apelidos de renome na cidade e que, de igual forma, tiveran unha participación política durante a ditadura para agora reunirse ao redor da URD, a que, no seu momento, acabaría integrada na Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA). Destacada tamén foi a presenza de Enrique Rajoy Leloup, sobre todo pola súa participación na política local como concelleiro, posición dende a que adoitou ter unha participación destacada e, sobre todo, pola súa implicación no proxecto estatutario galego, que non foi so unha cuestión da esquerda. A constitución do grupo monárquico de Renovación Española liderado por Calvo Sotelo dividirá á dereita local, destacándose dentro dos monárquicos Juan Gil Armada, marqués de Figueroa, formando un ala diferente da dereita local que finalmente tamén se integraría na CEDA. Pola súa parte, tivo presenza na cidade a súa teórica formación xuvenil, as Juventudes de Acción Popular ou JAP, lideradas polo estudante de medicina Nicandro Pérez.96 A esquerda aínda presentou unha cantidade de opcións políticas maiores, comezando por unha ORGA que tiña unha forte implantación en toda a provincia da Coruña, dende onde obtiña a súa acta de deputado Santiago Casares Quiroga; unha ORGA que posteriormente acabaría por integrarse na Izquierda Republicana de Manuel Azaña e que concorrería desta forma ás eleccións de febreiro de 1936 dentro da coalición da Fronte Popular. Polo resto, non faltou a presenza do Partido Galeguista, do que xa mencionamos como un dos seus máximos representantes a Ánxel Casal, que exercería de alcalde dende febreiro de 1936 e ata o mes de xullo, no que triunfa a sublevación. O Partido Comunista, pola súa banda, tería presenza na cidade, destacando o proceso polo que os seus membros máis xoves se achegaron aos socialistas para crear as Juventudes Socialistas Unificadas, en 1934, entre as que se destacaba, por exemplo, Isaac Díaz Pardo, fillo do galeguista Camilo Díaz Baliño. A competencia no plano políticos aos comunistas aparecería coa constitución do Partido Obrero de Unificación Marxista, xa a finais de 1935, e que lideraría Luis Rastrollo González. Tamén outras organizacións tiveron presenza na cidade, tendo o seu momento para a representación tras as eleccións de febreiro de 1936 -Partido Republicanao Federal, Unión Republicana... ademais dos xa mencionados-.97 Incluso o fascismo chegaría a ter implantación dentro da veciñanza de Santiago, sobre todo a través do liderado exercido polo farmacéutico Vítor Muñoz e a súa muller, Ottilia Ulbricht. A súa importancia e volume en Santiago, en calquera caso, era relativa, pois non so nunca chegaron a ter representación parlamentaria, senón que localmente a cantidade de membros que tiñan era reducido e, de novo, relativo, pois en moitas ocasións coñecémolos por sucesos documentados nos 96 Un estudo sobre a dereita galega na Galicia da II República en Emilio Grandío Seoane, Los orígenes de la derecha gallega: la CEDA en Galicia (1931-1936), Sada, Edicións do Castro, 1998. 97 Véxase Dionísio Pereira, José Pasín Romero. Memoria do proletariado militante de Compostela, Santiago de Compostela, Fundación 10 de Marzo, 2012.
Rafael García Ferreira 68 que se destaca a presenza de membros doutras localidades galegas, o que demostra que tiñan unha certa capacidade de comunicación e mobilización. Moitos dos seus membros eran, ademais, estudantes da universidade. A esta nos referiremos con posterioridade para coñecer as súas actividades durante a primavera de 1936, volvendo a estas cuestións.98 No plano sindical destacaban a Unión General de Trabajadores (UGT) -á que estaba asociado un dos fillos de José Pasín, Marcelino, así como outros traballadores ferroviarios como el ou o tamén coñecido Fernando Barcia-, e a Confederación Nacional del Trabajo (CNT), da que son coñecidos os membros da familia Fandiño Ricart, perseguida incisivamente, posteriormente, polos golpistas e pola ditadura franquista. Dentro dos sindicatos non se destacan tan so as formas de filiación ideolóxica, se non a diversidade de ramos de traballadores que se asociaban ao redor dos seus oficios dentro das diferentes opcións -ferroviarios, zapateiros, os tipógrafos liderados polos irmáns Maroño...-. A efervescencia de participación e activismo no plano político que trouxo a II República foi, polo tanto, moi notable a ambos lados do espectro político. No caso da esquerda permitiu unhas formas e variedade de filiación moi numerosas, máis que as da dereita, reducida a unha serie de formacións máis acotadas. O que queda claro, sen embargo, é a pluralidade permitida e desenvolta durante estes anos, que será cortada de raíz coa chegada do golpe de Estado. Nun plano paralelo, foi destacada tamén a renovación cultural na cidade, sobre todo a través de dúas figuras fundamentais, a de Xoán Xesús González, propietario da libraría Niké, e a de Ánxel Casal, que establecera e imprenta Nós á súa chegada a Compostela, sendo un centro non so de impresión de todo tipo de propaganda política de esquerdas, se non tamén de libros e textos e servindo, ao mesmo tempo, como un centro de reunión para os militantes de diferentes partidos que atopaban na imprenta un lugar común: O desembarco de Casal en Santiago permitiu establecer un centro estable de intercambio de libros, faladoiro e propaganda, non so ideolóxica, pois en boa medida vira a ocupar o papel que desempeñara libraría Niké de Xoan Xesús González e Antonio Cuadrado, á hora de fornecer de textos poéticos ou ensaísticos difíciles de conseguir na clerical e conservadora Compostela da época. O arquivo e biblioteca persoal de Casal, ademais do seu labor como impresor atento ás iniciativas da mocidade, púxose ao servizo dos galeguistas, dos republicanos e do amplo abano esquerdista no momento preciso en que as forzas republicanas comezaban a bulir en Santiago.99 O pluralismo no plano político e cultural que floreceu durante os anos da II República era evidente e destacado, sobre todo tendo en conta que Santiago destacaba, no seu marco e contexto, pola forte e relevante presencia de institucións de longo recorrido e tradición: a Universidade e a Igrexa. Ao respecto desta última, o respecto das autoridades locais foi máximo, pois o alcalde López 98 Estas cuestións estudadas en base a AHUS, AM 2476, Orde Pública. 99 Xosé Mª Dobarro Paz e Ernesto Vázquez Souza, Ánxel Casal (1895-1936). Textos e documentos, Sada, Edicións do Castro, 2003.
A Compostela republicana, 1931-1936 69 Pol creara unha sorte de garda ocupada en velar de que non se produciran expresións anticlericais que a atacar a ela, aos seus membros ou aos seus edificios. De feito, en cuestións de orde pública, non existiron grandes episodios de confrontación. Existiron, iso si, pugnas, choques políticos, froito dunha sociedade que era plural e que buscaba o seu espazo político, pero que era tamén unha sociedade do seu tempo, o período de entre guerras, onde non so a confrontación, se non tamén o da uso violencia en política, foi a norma para a Europa deste período. No ano 1934, e con motivo da chamada Revolución de Asturias, foron varios os procesos abertos para esclarecer algúns episodios relacionados coa conflitividade das xornadas, como foron varios os veciños encartados en causas militares acusados de delitos como o de sedición, ao abeiro da declaración por parte do goberno do estado de guerra. Alén diso, tamén foi incisiva a actividade da Falanxe durante a primavera de 1936, nunhas condicións e contexto moi diferentes e que teñen que ver máis coas cuestións que trataremos de seguido.100 Polo demais, foi tamén un período de cinco anos no que se levaron a cabo diferentes proxectos civís grazas ao pulo político das diferentes corporacións, e que cubriron algunhas carencias na cidade nas que en períodos anteriores non se quixera ou non se puidera avanzar. O proxecto político de maior importancia, probablemente, foi o do proceso do Estatuto de Galicia, ao que xa nos referimos, e do que Santiago estivo á fronte. Alén diso, producíronse melloras en diferentes cuestións e infraestruturas para a cidadanía. Foi notable a creación dunha rede de escolas civís coa adquisición de locais no casco urbano e na contorna rural do concello para asentar mestres e mestras que cubriran a falta de centros educativos en moitas áreas da cidade. Tamén se impulsou a apertura dun cemiterio civil en Boisaca que non restrinxira os enterros aos diferentes cemiterios parroquiais cos que xa contaba a cidade, sendo aberto definitivamente en 1934, incluso a pesar das reticencias e oposición dunha parte da dereita local. Deuse pulo á reforma da praza de abastos, necesaria dende moitos anos antes, conseguíndose finalmente un imporante crédito no ano 1935 para a mellora dunhas instalacións que amosaban un deterioro que facía necesaria a intervención. Do mesmo xeito avanzou o proxecto da residencia universitaria, que se verá paralizado polo triunfo golpista de 1936. Dende a alcaldía tamén se apoiou un último proxecto, este non iniciado polo concello, pero que contou coas súas aportación e pulo político: o aeroporto, iniciativa do Aero Club, que acabaría por comezarse a construír no seu actual emprazamento nos terreos da Lavacolla.101 Será o golpe de Estado o que marque a interrupción de todas estas dinámicas: a pluralidade política, a liberdade cultural, o avance de certos proxectos. Supuxo unha quebra da sociedade en moitos aspectos, que viu como os seus mecanismos de representación eran prohibidos, as expresións culturais restrinxidas ou prohibidas e como, nalgúns casos, as autoridades militares se apropiaron deses proxectos e lle deron unha dirección moi diferentes ás iniciativas e avances civís que se conseguiran con anterioridade. 100 Aínda que a actividade xudicial militar do ano 1934 non se estudará polo miúdo, si foron consultadas algunhas causas para acceder a estes datos, no Arquivo Intermedio Militar Noroeste (AIMNOR), diversas causas. 101 Carmen María Sánchez Arines (coord.), O cemiterio compostelán de Boisaca e o patrimonio funerario, Santiago de Compostela, Concello de Santiago, 2018; Xerardo Rodríguez Arias, 100 anos de aviación en Compostela, Santiago de Compostela, Andavira, 2017.
Rafael García Ferreira 70
Conspiración e golpe de Estado en Santiago de Compostela 71 1. Conspiración e golpe de Estado en Santiago de Compostela A primeira cuestión á que atenderemos será á do golpe de Estado perpetrado en xullo de 1936 contra o goberno e institucións republicanas que actuaban de xeito lexítimo no territorio do Estado español. O noso caso de estudo vaise a centrar na cidade de Santiago de Compostela, o centro xeográfico desta investigación. Para atender ao ocorrido recorreremos a unha serie de fontes que nos permitan constatar a historicidade dos feitos que se deron durante os días de xullo nos que se decidiría se a cidade permanecería fiel ao goberno republicano ou se pasaría a estar controlada polos sublevados. Un exercicio de análise que ten como obxectivo contrapoñer as conclusións extraídas coa literatura e relatos que apareceron dende moi cedo sobre o ocorrido en xullo de 1936 que, ao noso xuízo e a tenor da investigación realizada, non presentan a realidade do que aconteceu de forma fidedigna. Este tipo de relatos foron construídos e moldeados con posterioridade e de xeito interesado, mentres que no noso caso empregaremos o traballo con fontes documentais para amosar unha interpretación máis axustada á realidade. A sublevación en Santiago non se demorou no tempo. Apenas pasaron tres días dende as primeiras novas que chegaban á cidade, e que falaban de que unha parte do exército se levantara en armas contra o goberno, ata que as tropas da cidade decidiron avisar ás autoridades municipais de que saíran do cuartel para facer efectivo o seu control sobre a cidade. Isto ocorreu na madrugada do día 21 ao 22 de xullo, cando o comandante militar da praza, José Bermúdez de Castro y Feijoo, tomou a decisión de tomar posición coa sublevación e fixo saír ás tropas para ocupar o Pazo de Raxoi, sede da alcaldía e centro neurálxico da cidade. Pola súa banda o alcalde, o galeguista Ánxel Casal, xa recibira unha comunicación dende A Coruña coa orde de resignar o mando á autoridade militar, como el mesmo declararía ao ser interrogado en causa militar uns días despois, o 8 de agosto. Unha vez que deixou libre a casa do concello, o propio Bermúdez de Castro redactaría o bando de declaración de estado de guerra da cidade.102 O relato sobre a conspiración e o golpe de Estado en Santiago de Compostela e en Galicia xorde por primeira vez da man do sacerdote Manuel Silva Ferreiro, que autor de Galicia y el Movimiento Nacional, onde se expresan sucesos e protagonistas dende unha óptima mistificadora de certas figuras.103 Aínda que existiron outros cronistas da sublevación, como o falanxista Luis Moure Mariño,104 o certo é que o relato sobre a sublevación de Silva Ferreiro será reproducido posteriormente de xeito sistemático para acabar sendo hexemónico para o caso galego, como 102 A declaración de Casal AIMNOR causa 231/36, folios 119 e 119v. O bando de Bermúdez de Castro en Arquivo General Militar de Ávila (AGMAv.), C.47100, C. 27, Informes sobre averiguación de conducta, folios 13-15. 103 Manuel Silva Ferreiro, Galicia y el Movimiento Nacional. Páginas Históricas, Santiago de Compostela, Imprenta e encadernación do Seminario Conciliar, Santiago de Compostela, 1938. Sobre a figura de Silva Ferreiro, véxase Antonio Couceiro Freijomil, Diccionario bio-bibliográfico de escritores, Santiago de Compostela, Editorial dos Bibliógrafos Galegos, 1953, vol. 3, pp. 360-361. 104 Luis Moure Mariño, Galicia en la guerra, Madrid, Ediciones Españolas, 1939.
Rafael García Ferreira 72 exemplifica o feito de que Joaquín Arrarás tomara como base o texto á hora de elaborar a súa Historia de la Cruzada Española.105 Pasado o tempo, outras obras téñense centrado nos protagonistas concretos e na súa relación co acontecido, e aínda no caso destas a inspiración seguía chegando dos títulos que vimos citando, polo que chegamos a atoparnos coas mesmas referencias, máis ou menos modeladas polo paso do tempo, pero as mesmas ao fin e ao cabo.106 Tense sinalado, sen embargo, que as versións que se poden extraer de crónicas e relatos deste tipo, así como das testemuñas recollidas con posterioridade, adoitan amosar certas diverxencias entre elas.107 Ante isto, recorreremos á análise de diversas fontes, algunhas xa coñecidas e outras empregadas nestas liñas por primeira vez. En relación ao golpe de Estado en Santiago, as investigacións véñense centrando, fundamentalmente, na actuación do chamado Comité de Defensa da República, formado no despacho da alcaldía durante os días 18, 19 e 20 de xullo para organizar ás forzas civís contra a posible saída das tropas militares. Isto levou a que a investigación sobre o ocorrido nos días de xullo se centrase no Comité e na súa actividade, como a recollida e reparto de armas, a detención de persoeiros da dereita e a Falanxe locais ou a dirección dos grupos obreiros cara a cidade da Coruña. Isto foi debido á escolla da documentación coa que se traballou, xa que foi empregada, nomeadamente, a causa militar 231/36, instruída contra varios dos que as autoridades militares identificarían como membros e colaboradores do citado Comité. Polo tanto, foi investigada a actividade dos fieis ao goberno da República, pero non tanto aos protagonistas do golpe de Estado, os militares do cuartel da cidade. A causa, que será examinada con posterioridade, consideraría que os defensores da República eran rebeldes ou auxiliares da rebelión, e tiña como obxectivo definir a súa culpabilidade, polo que todo o proceso está dedicado a acusar a aqueles identificados coa defensa da República, pero non a esclarecer o que ocorría no cuartel da cidade mentres se levaban a cabo as diferentes iniciativas. Non nos imos deter tan so no estudo do golpe de Estado, se non que iremos máis atrás para investigar se existiu unha preparación previa para o mesmo. Os estudos sobre a conspiración para o 18 de xullo tamén teñen un gran recorrido, e mesmo os autores coetáneos aos feitos, os cronistas que xa adiantamos, falaban xa dese camiño cara a sublevación. Como diciamos, ante estas construcións do ocorrido feitas con posterioridade, recorreremos á documentación que se xerou no mesmo momento para aclarar se realmente os protagonistas do golpe estaban implicados con anterioridade o se o que ocorreu en xullo, e posteriormente, respondeu a outro tipo de dinámicas. O mesmo faremos para a situación do propio golpe, co obxectivo de comprender o que ocorreu en Santiago no momento en que no cuartel se tivo que decidir se se permanecería fiel ao goberno ou se se sairía a controlar a cidade a favor dos golpistas. Polo tanto, conspiración, golpe e protagonistas serán as primeiras cuestións sobre as que poñeremos o foco da nosa análise. Ante a conspiración seremos cautos, pois o primeiro que haberá que facer será preguntarse se esta existiu realmente na cidade e se tiña un peso real na guarnición 105 Joaquín Arrarás Iribarren, Historia de la Cruzada Española, Madrid, Ediciones Españolas, 1942. 106 Referímonos aquí á obra de José Couceiro Tovar, Hombres que decidieron (17 a 22 de julio de 1936), Madrid, Editorial Rollan, 1969, unha recompilación daqueles nomes que, segundo o recollido polo autor, estiveron implicados nos sucesos de xullo de 1936. 107 Julio Aróstegui, Por qué el 18 de julio… Y después, Barcelona, Flor de Viento, 2006, pp. 128-130.
Conspiración e golpe de Estado en Santiago de Compostela 73 compostelá. Ante o golpe, salientaremos o que podemos coñecer do ocorrido no cuartel, desprazando a el e aos militares, aos que consideramos verdadeiros protagonistas, o foco de estudo. E ante eses protagonistas atenderemos especialmente á figura do comandante Bermúdez de Castro, cuestionado xa no seu momento pola súa actitude ante a sublevación, como o faremos agora dende a óptica da investigación histórica. 1.1. A «conspiración» en Santiago de Compostela 1.1.1. A conspiración no cuartel do Hórreo A existencia de correntes conspirativas e de que existira un plan para atacara ao goberno da República, elaborado e difundido polo xeneral de brigada Emilio Mola dende Pamplona, ten levado a pensar que a preparación do golpe de Estado estivo extendida para a totalidade de guarnicións do país. Unha idea reforzada polos relatos citados, nos que se moldea a historia do Alzamiento Nacional e nos que incluso se inclúen a outros actores civís, facendo que o acontecemento sobrepase a súa natureza militar. Deste xeito o protagonismo, e polo tanto a responsabilidade -ou o mérito, segundo o prisma co que se analicedo ocorrido tamén recaería sobre outros persoeiros. As instrucións do propio Mola, sen embargo, sempre subordinaban a acción civil á castrense, considerándoa un apoio ante aos que terían que ser os naturais líderes do golpe de Estado, aínda que diversas investigacións teñan sinalado como fundamental a aportación de certos sectores, nomeadamente o dos monáquicos alfonsinos de Renovación Española, grazas á contratación da axuda italiana en favor dos sublevados.108 En Santiago, a implicación dos principais actores de xullo estivo bastante máis cuestionada no seu momento, contrariamente ao escrito con posterioridade por Silva Ferreiro. A finais do mesmo ano 1936, en decembro, é aberto un expediente que pretendía «aclarar algunos antecedentes relacionados con la actuación del Teniente coronel de Artillería Don José Bermúdez de Castro y Feijoo en el cargo de Comandante Militar de Santiago de Compostela», en concreto o relacionado coa súa actuación nas xornadas de xullo e á posterior persecución á que foron sometidos algúns elementos das esquerdas locais.109 O proceso, precisamente, orixinouse por poñerse en dúbida a implicación que Bermúdez tivera coa sublevación, aínda que é necesario facer notar que a acusación denotaba un certo ton político, pois en varios puntos se fará notar que Bermúdez tiña unha estreita relación con algúns elementos da dereita compostelá que non era do agrado doutros dos implicados. A esta cuestión volveremos con posterioridade debido ao interese que terá para outro tipo de pescudas. Os antecedentes que se citan de Bermúdez, no proceso iniciado o 28 de decembro de 1936, ademais do seu pasado político, aluden á súa falta de decisión á hora de ordenar ás tropas ao seu mando saír a rúa e declarar o estado de guerra na cidade: 108 As instrucións de Mola en AGMAv., C. 2550, C. 26, Instrucciones reservadas nº 1, 2, 3, 4 y 5; e AGMAv., C. 2550, C. 27, Documentación reservada. Antecedentes políticos y demás documentación relacionada con el alzamiento nacional. Sobre a contratación do auxilio italiano Ángel Viñas, «La connivencia fascista con la sublevación y otros éxitos de la trama civil», en Francisco Sánchez Pérez (coord.), Los mitos del 18 de julio, Barcelona, Crítica, 2013, pp. 79-181. 109 AGMAv., C. 47100, C. 27, Informes sobre averiguación de conducta.
Rafael García Ferreira 80 curtidos-, se non que ademais estaban vinculados á Unión Regional de Derechas, o partido de maior relevancia á dereita do espectro político en Santiago durante a II República. Juan Harguindey fora non so membro fundador desta, se non que xa participara na política local como concelleiro durante a ditadura de Primo de Rivera, na década dos vinte.125 Con posterioridade, o mesmo Juan Harguindey participará da primeira xestora nomeada tras o golpe de Estado.126 Por outro lado, tanto el como Juan e Jacobo constaban como ingresados nas Milicias Nacionais creadas tamén con posterioridade ao golpe, ás que se incorporaran o día 22 de xullo. Un informe redactado polo capitán de milicias que facía constar isto, do ano 1939, tamén sinalaba que Juan e Jacobo estiveran ás ordes do exército dende uns días antes do golpe de Estado.127 Significaba isto que a URD e as JAP en bloque apoiaran unha sublevación? Parécenos demasiado aventurado afirmalo rotundamente, e cabería máis falar do apoio de determinados individuos pertencentes a estes grupos políticos que se sumaron ao golpe, pero de forma persoal e sen que se deduza que existiu un grupo civil excesivamente organizado e que chegara aos números de Silva Ferreiro. Parece significativo tamén que non se mencione a ningún individuo máis do suposto grupo e que so se faga alusión aos Harguindey, sendo ademais referencias no contexto no que se intenta dar a entender que ninguén, salvo eles, querían facerse cargo da organización. Con posterioridade é máis sinxelo explicar unha adhesión anterior, mediante o relato de Silva Ferreiro, mediante a filiación posterior a milicias, mediante informes moito máis posteriores... Sen embargo, as referencias anteriores que temos non falan dunha deriva dos japistas que levara a apoiar un golpe militar. Un panfleto da organización que levaba por título «Por qué Gil Robles no ha dado un golpe de Estado» amosábase claramente como a dereita non estaba a favor dun novo intento militarista por facerse co poder, e deixaba moi claro que, na súa opinión, a actuación do exército debía estar afastada de todo compromiso político: 1) Nunca afirmó, ni pública ni privadamente, que lo daría. Siempre proclamó lo contrario. Nadie, pues, puede verse defraudado. 2) Como no lo pensaba dar, no preparó a este efecto los mandos militares, aunque otra cosa recelasen o inventasen nuestros enemigos. 3) El éxito del Jefe es justamente obligar a los demás a que den su golpe de Estado, pues el que da el último, da dos veces... y en esas estamos. 4) Si el golpe de Estado hubiera resultado mal, ni el agua de Jordán nos hubiera lavado, incluso antes de lo que propugnan. La ruina de España se hubiera provocado. Las consecuencias que el 10 de agosto tuvo para toda la derecha, no tendrían importancia al lado de lo que ahora ocurriría. 5) ¡Que más quisieran los marxistas y sus compinches, los de las notas revolucionarias, que poder codearnos todos como camaradas que se han salido también de la legalidad! 125 AHUS, AM 2382, Actas dos plenos do concello de Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1929. 126 AHUS, AM 2387, Actas dos plenos do concello de Santiago de Compostela, 26 de xullo de 1936. 127 AGMAv., C. 6126.
Conspiración e golpe de Estado en Santiago de Compostela 81 6) El Ejército ni está unido ni está sano. Convalece solo de las graves heridas y trituraciones que le infirieron; ¿era patriótico sembrar en él, de nuevo, la discordia? 7) El Ejército debe permanecer ajeno a las luchas políticas. Salvó a España frente a la revolución de octubre. Siempre preparado frente a momentos decisivos. Y no estamos ni mucho menos en trance de muerte, sino de salvación. 8) ¿Tan admirable resultó la experiencia dictatorial y su salida, en la que aún nos encontramos, para correr una nueva aventura? 9) El Jefe llegará al Poder, empujado por un movimiento ciudadano arrollador. No tiene por qué agradecer un favor a ninguna espada y menos estar supeditada a las órdenes de un general aventurado, por valiente que sea. 10) Nuestro movimiento nacional es moderno y nuevo. No queremos proseguir la historia de pronunciamientos y cuarteladas que esmalta la vergonzosa historia política de la España constitucional.128 Aínda que o texto non ten data, parece estar enmarcado no contexto das eleccións de febreiro de 1936, e a referencia á negativa de apoiar un golpe de Estado por parte de Gil Robles aludir á non adhesión deste ao proxecto do xeneral Fanjul de sublevarse a finais de 1935.129 Alén disto, as enumeracións que se fan no documento amosan claramente unha posición dos japistas que non se corresponde co apoio incondicional a un golpe de Estado liderado polo exército, se non algo moi diferente. O cuarto punto reflexa, en primeiro lugar, a inseguridade a un novo intento como o do xeneral Sanjurjo en 1932, vendo con receo que se executara unha tentativa similar. Ademais, exprésase un claro convencemento de que o poder militar debe estar subordinado ao civil e que debe ser este o que controle ao exército, sen que «ninguna espada» este por encima del, pois debe ser garante da orde, non un elemento de subversión (puntos sétimo e noveno). A oitava cuestión que se cita, de feito, alude a un rexeite da ditadura de Primo de Rivera, á que incluso se culpabiliza da proclamación posterior da II República. Os dous últimos puntos non so reflexan esa concepción do exército como un corpo supeditado ao poder civil, se non que amosan tendencias de pensamento que se afastan por completo da tradición e sucesión de intervencións militares na política. Defínense como un movemento moderno e novo, e teñen a convicción de que a chegada ao poder debe conseguirse mediante «un movimiento ciudadano arrollador». As alusións incluso parecen facer claras referencias á forma na que os fascismos se fixeron co poder no resto de Europa, non a través de tentativas militares, se non chegando ao mesmo por outros medios -eleccións, golpes de Estado non estritamente militares, conivencia do xefe de Estadopara posteriormente reformar as condicións lexislativas estatais asegurándose a permanencia no mesmo. Aínda que a existencia de grupos de civís de ideas conservadoras que se armaron e apoiaron a sublevación está máis que constatado, e que non podemos descartar que a posición das JAP de 128 AHUS, AM 2476, Orde pública. 129 Julián Casanova, «República y guerra civil», en Ramón Villares e Josep Fontana (dirs.), Historia de España, vol. 8, Madrid, Crítica e Marcial Pons, 2007, p. 150.
Rafael García Ferreira 82 Santiago cambiara a raíz das eleccións de febreiro; ademais, as investigacións sobre a conspiración teñen salientado a crecente subordinación das formacións de dereitas ao plan do exército para a sublevación durante a primavera de 1936,130 é algo que documentalmente non constatamos. A este respecto, o relato de Silva Ferreiro destacaba que dende a dirección da formación se ordenara aos seus cadros poñerse en contacto con Falanxe e Requetés para coordinar as súas accións; pero unha cousa é o que se ordenara e outra que a dereita asociada ás JAP obedecera en bloque e iniciara contactos conspirativos, como proba que a única evidencia que temos de interacción entre os japistas e os falanxistas locais é a da presencia de dous dos primeiros nun rexistro efectuado na farmacia de Vítor Muñóz o 19 de febreiro -nunha data anterior á orde, por certo-, o cal organizaba a Falanxe xunto á súa dona, Orttilia Ulbritch. Que este sexa o único contacto contrastado parece moi relevante tendo en conta o intenso control que se tivo sobre a formación fascista durante toda a primavera e inicio do verán do 36 por parte da alcaldía e das forzas policiais da cidade, como veremos polo miúdo. En canto á veracidade do relato de Silva Ferreiro e á constatación da súa construción posterior, cabe destacar que os Requetés non se organizaron en Santiago ata agosto, polo que dificilmente podían organizarse xunto ás JAP e Falanxe antes do golpe de Estado.131 Merece ser mencionada tamén a cita que facía Bermúdez de Castro, na que insistía en que o único apoio civil que recibira en xullo fora o de Felipe Gil Casares xunto aos trinta mozos das JAP. Gil Casares fora alcalde da cidade, en varias ocasións, durante a ditadura de Primo de Rivera; tamén estaría nas listaxes das candidaturas monárquicas para as eleccións de abril de 1931, nas que incluso sairía escollido, sen chegar a tomar posesión do cargo.132 Con respecto ao seu último nomeamento, chegaría a afirmar, segundo as actas do pleno do concello: El Sr. Gil Casares manifiesta que, cuando hace años abandonó la alcaldía, no pensó tener que volver a ocuparla y menos por nombramientos del Gobierno puesto que sus convicciones políticas de toda la vida se oponían a aceptar el cargo por otro procedimiento que no fuese el sufragio popular.133 En 1936 era deputado en Madrid pola CEDA, aínda que isto non debe ser óbice para asegurar que non podía estar en xullo en Santiago pois, como informara a prensa, chegara á cidade o día 4 do mesmo mes.134 A súa participación no golpe de Estado so está relatada, de novo, no texto de Silva Ferreiro. Con posterioridade si terá a confianza dos golpistas, cando a finais do mesmo ano 36 será nomeado reitor da Universidade de Santiago, pero nin sequera aparece como membro dos primeiros gobernos locais tras o golpe de Estado, o primeiro deles nomeado o 26 de xullo e cun número considerable de persoas que pertenceran á dereita compostelá. A súa integración será moi 130 Eduardo González Calleja, «Conspiraciones. El acoso armado de las derechas a la democracia republicana», en Ángel Viñas (ed.), En el combate por la Historia. La República, la guerra civil, el Franquismo, Barcelona, Pasado y Presente, 2012, p. 150. Véxase tamén en Eduardo González Calleja, «Experiencia en combate. Continuidad y cambios en la violencia represiva (1931-1939)», en Ayer, nº 76, pp. 59-60. 131 «Composición del Requeté compostelano y las ‘Margaritas’ que les auxilian» El Pueblo Gallego, 13 de agosto de 1936 p. 7. 132 AHUS, AM 2380, Actas dos plenos do concello de Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1923 e AM 2382, Actas dos plenos do concello de Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1930 e 21 de novembro de 1936. 133 AHUS, AM 2382, Actas dos plenos do concello de Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1936. 134 El Compostelano, 4 de xullo de 1936, p. 2.
Conspiración e golpe de Estado en Santiago de Compostela 83 posterior e a través da universidade, o que nos pode chegar a sorprender en alguén que levaba máis dunha década atopando acomodo político. A súa participación no golpe e, sobre todo, á fronte dun suposto grupo de japistas que apoiou en primeiro momento e sobre o terreo aos militares resulta cando menos dubidosa. Unha interpretación que nos parece plausible en consonancia con todo o visto é que Gil Casares e a participación das JAP forman parte dunha inclusión posterior no relato de Silva Ferreiro, poñendo en dúbida o seu compromiso anterior co golpe; tampouco hai que descartar o interese de Bermúdez en incluílo posteriormente no relato. O que si parece constatada é a súa adhesión posterior, en forma de inscrición dalgúns dos seus membros nas milicias -organizadas, tamén, posteriormente-, mediante a integración a través da Universidade no caso de Gil Casares, ou a través da participación nas xestoras conformadas despois do golpe de Estado. Incluso neste último caso, como veremos ao estudalas, haberá que poñer en dúbida esa adhesión e a apreciación que se tiña nos poderes golpistas dos políticos de dereitas compostelás con respecto á súa adhesión e ao seu compromiso coa nova realidade que xa se comezaba a construír. Figura 3. Felipe Gil Casares, alcalde durante a ditadura Primo de Rivera e deputado pola CEDA. José Ramón Rodríguez Lago, Cruzados o herejes. La religión, la Iglesia y los católicos en la Galicia de la guerra civil, A Lama, Edicións Nigra Tea, 2010, p. 100.
Rafael García Ferreira 84 1.1.3. A actividade da Falanxe na primavera de 1936 A outra formación da que contamos con información e que aparecía implicada no relato sobre a preparación do golpe de Estado é Falanxe. No caso de Santiago, non contaban cun amplo número de cadros antes da sublevación. Cando menos atendendo á documentación que os referencia, os informes policiais que son emitidos durante toda a primavera de 1936 co motivo do control da súa actividade. En relación a isto, foron realizados diferentes detencións e rexistros, tanto no local farmacéutico de Vítor Muñóz como en domicilios particulares. Muñóz era o organizador da formación na cidade xunto á súa dona, Ottilia Ulbricht, pero estará ausente da cidade durante este período -de feito, non aparece referido ningunha das detencións e informes que manexamos-, polo que a dirección de Falanxe neste período debeu recaer en Ulbricht.135 Os mencionados informes facían referencia á tenencia ilícita de armas, nalgúns casos no so de fogo, e á participación en actos de propaganda e exaltación, ou en enfrontamentos violentos contra cadros de formacións políticas de esquerdas; incluso se constata a detención de falanxistas doutros puntos de Galicia, non so santiagueses, o que nos fai pensar na continua comunicación entre cadros de diferentes localidades nestes meses. Algúns exemplos extraídos da documentación son o da propia Ulbricht, á que se definía como propagandista e á que se acusaba da posesión de armas; ou de Manuel López Sendón, identificado como un dos principais xefes de Santiago e xefe provincial, detido en varias ocasións por formar parte de enfrontamentos contra elementos de esquerda, pistola en man. Sendón, ademais, formará parte da primeira xestora municipal tras o golpe, nomeada o 26 de xullo. Outros dos cadros de Falanxe que a policía trataba de controlar aparecían recollidos como responsables da alteración da orde pública, provocacións, reparto de propaganda clandestina, de novo tenencia ilegal de armas e o inicio de disturbios ou participación en choques con cadros de formacións de esquerda.136 A intensificación da vixilancia sobre a Falanxe viña en consonancia coa súa ilegalización despois das eleccións de febreiro de 1936. A alcaldía compostelá, rexentada polo galeguista Ánxel Casal, foi especialmente incisiva á hora de manter ese control sobre os membros da Falanxe con, como apuntabamos, múltiples rexistros e detencións en canto se tiña coñecemento das súas actuacións. Un control que comezara no mesmo mes de febreiro por orde gobernativa do delegado da autoridade civil provincial, o cal ordenara a inspección e rexistro do domicilio de Vítor Muñóz, nun mes no que xa se comezarían a dar as primeiras detencións; posteriormente, será a alcaldía a que prosiga con esa intensa labor de control dos falanxistas locais. Será nese primeiro rexistro no que xa se constate que Vítor Muñóz non estaba na cidade cando menos dende principios de abril, que é o momento no que acoden dous axentes a realizar o rexistro no seu domicilio particular, onde xa so se atopaba a súa muller. O rexistro, que se efectuara en presencia de testemuñas -a súa presencia era constante neste tipo de intervencións-, acababa co achado de varios cartuchos de revólver de diferentes calibres, así como con follas de circulación 135 Muñóz é detido xa en febreiro de 1936; será asesinado en Madrid, en agosto do mesmo ano. Lourenzo Fernández Prieto et al., 80 anos. Santiago, 1936. Memoria da exposición, Santiago de Compostela, Concello de Santiago de Compostela, p. 92. 136 AHUS, AM 2476, Orde Pública.
Conspiración e golpe de Estado en Santiago de Compostela 85 interna nas que se detallarían, segundo o propio informe, as instrucións que a xefatura nacional ditaba ás territoriais en vista das «circunstancias políticas» polas que atravesaba o país tras a vitoria en eleccións da Fronte Popular. Un rexistro do mesmo estilo foi realizado no domicilio de Manuel López Sendón.137 O informe, que revela que vivía cos seus proxenitores e que nos da pistas sobre a súa condición económica -faise notar que tiñan servicio doméstico-, volve a relatar o mesmo proceder que o resto de procesos deste estilo que se levaron a cabo, atopándose nesta ocasións tan so unhas follas firmadas por José Antonio Primo de Rivera das que Sendón non aclaraba a súa procedencia: En la ciudad de Santiago y siendo las diez y nueve treinta horas del día tres de Abril de mil novecientos treinta y seis el Inspector del cuerpo de investigación y vigilancia don Leopoldo Fernández Díez acompañado del funcionario del mismo cuerpo don Gonzalo Santa Llopis, este último como Secretario habilitado para la práctica de esta diligencia se personaron en la calle del Hórreo nº veinticuatro, primero, domicilio del Dr. Manuel López Sendón al objeto de practicar en las habitaciones ocupadas por el mismo, toda vez que vive en unión de sus padres, un registro ordenado según oficio del Sr. Alcalde de la misma fecha. Que a tal efecto se requirió una vez en el expresado domicilio y de haber franqueado la puerta del mismo la sirvienta, la presencia de dos testigos que dijeron llamarse Domingo López Fernández, mayor de edad, carabinero retirado con domicilio en la calle de las Huertas nº dieciséis, y de Jesús Briones Varela, mayor de edad y con domicilio en la referida casa piso quinto. Que una vez expuesto el objeto de nuestra visita a Manuel López Sendón y a presencia de este y de los testigos de referencia se procedió al registro mencionado en su despacho, sala de operaciones y dormitorio dando por resultado el hallazgo en la primera de las habitaciones citadas, y entre un libro, dos hojas que encabeza «Como anunció la Falange ante las elecciones etc.» firmada por José Antonio Primo de Rivera cuya hoja según se indica en la misma fue escrita por dicho señor en los sótanos de la Dirección General de Seguridad el catorce de Marzo del año actual de las que nos incautamos. Preguntado el Sr. López Sendón para que manifieste la procedencia de las mismas dio que en el día de ayer las encontró al abrir la puerta de entrada al piso suponiendo fueron echadas por debajo de la puerta. Y para que conste se levanta la presente acta que una vez leída por si los asistentes al acta y hallada conforme la firman con el Sr. Inspector terminando la diligencia expresad a las veintiuna horas del mismo día, de todo lo cual como secretario habilitado certifico.138 Os reportes policiais sobre a Falanxe nestes meses falan do uso de armas de fogo, porras de goma e aceiros e incluso de gases lacrimóxenos, do reparto de follas clandestinas de propaganda, da organización de grupos de estudantes, sobre os que tiñan implantación a través do Sindicato Español Universitario (SEU), e do enfrontamento con outros de esquerda, entre outro tipo de altercados relacionados coa alteración da orde pública. A vixilancia era estreita e en ocasións contou coa colaboración doutros cidadáns mediante denuncias directas, como foi no caso da de José Devesa Areosa, que denunciou a José Navarro Martín informando aos corpos policiais de que tentara boicotear un mitin de Casares Quiroga; ou no de Camilo Díaz Baliño, que denunciara a 137 Sendón era identificado como o organizador da Falanxe en Santiago ante a ausencia de Muñóz por Ricardo Fandiño. Formará parte da primeira xestora nomeada a finais de xullo do 36, tras o golpe de Estado. Entrevista do Fondo HISTORGA, realizada a Alfonso Fandiño Ricart por Gabriel Moscoso Villaverde, o 10 de abril de 1990; AHUS, AM 2387, actas dos plenos do concello de Santiago de Compostela, 26 de xullo de 1936. 138 AHUS, AM 2476, Orde Pública.
Rafael García Ferreira 86 Luis López Pereira por saudar ao estilo fascista e dar gritos subversivos no contexto dunha manifestación.139 En canto á Falanxe, sen embargo, hai algunhas cuestións que aclarar. A primeira delas é que tanto a súa envergadura como formación como a relevancia real dos seus actos ten que ser posta en perspectiva e relativizada. No primeiro caso, porque os informes que vimos mencionando non fan en ningún momento mención a un grupo en extremo numeroso, se non a unha cantidade de persoas reducida que, iso si, facían uso de todo tipo de repertorios de intimidación e violencia como parte das súas actividades. En moitas ocasións a súa liña de movemento estaba asociada, máis que a calquera outro ámbito, ao universitario. Isaac Díaz Pardo, nunha entrevista na que analiza a súa vivencia destes anos, recordábaos en menos número que as Xuventudes Socialistas Unificadas, e chega a definilos como «uns pistoleros», «fillos de señoritos» que buscaban «defender os privilexios que tiñan».140 Fandiño Ricart, noutra entrevista co mesmo espírito, recorda que non cre que tiveran «máis de sesenta ou setenta afiliados», e que entre estes se atopaban moitos estudantes cos que recoñece que non tiñan choques de forza e físicos, se non discusións nun café-bar.141 Outro reporte policial, con data de finais de maio, no que se fan constar novas detencións, confirma non so a idade de moitos falanxistas -en consonancia coa testemuña de Fandiño Ricart, non moi elevada-, se non tamén a diversidade na súa procedencia: Fonte: elaboración propia en base aos datos de AHUS, AM 2476, Orde Pública. 139 AHUS, AM 2476, Orde Pública. 140 Entrevista do Fondo Nomes e Voces, realizada a Isaac Díaz Pardo por Antonio Míguez Macho, o 10 de outubro de 2006. 141 Entrevista do Fondo HISTORGA, realizada a Alfonso Fandiño Ricart por Gabriel Moscoso Villaverde, o 10 de abril de 1990. 4 9 4 1 Gráfico 1. Idades dos falanxistas detidos entre abril e maio de 1936 en Santiago de Compostela. Menores de 20 anos 20-24 anos 25-26 anos Descoñecido
Conspiración e golpe de Estado en Santiago de Compostela 87 Fonte: elaboración propia en base aos datos de AHUS, AM 2476, Orde Pública.142 A todo este respecto hai que ter en conta que o feito de que as actividades de Falanxe supuxeran unha preocupación para a alcaldía nos meses que van de febreiro a xullo, non ten por que significar que foran un grave problema durante este período para o devir da vida cotiá. Poque hai que ter en conta que o feito de que foran o principal, ou cando menos un dos principais problemas de orde pública durante este período, na cidade, non quere dicir que esa orde pública estivera seriamente afectada e danada. Precisamente porque hai que relativizar e situar a cantidade de informes e o número de implicados nos disturbios provocados: se as alteracións de orde pública eran poucas, ou mínimas, parece lóxico que as detencións e informes das actividades dos falanxistas semellen ter unha dimensión moito maior do que en realidade podían ter. Se non había máis problemática de orde que atallar, tamén semella lóxico que a acción das forzas policiais se centrase en controlar a esta formación que, por outro lado, fora ilegalizada, factor que hai que ter en conta cando analizamos este asunto, e que resulta chave para entender a incisiva actuación sobre ela e a forte vontade de reprimir as súas manifestacións públicas. A interpretación dos informes e dos datos que temos tampouco suxire que os falanxistas locais estiveran a preparar ningún tipo de sublevación para xuro en colaboración coas Juventudes de Acción Popular, cos que o seu órgano de expresión, Arriba, era e fora, por certo, especialmente crítico durante os meses anteriores. A mediados de maio, unha circular firmada por José Antonio Primo de Rivera dende o cárcere Modelo de Madrid, insistía en que non se concertara ningún tipo de alianza con ningún partido político, e que no caso de que se acabara por pactar algunha, a 142 Aínda que Ottilia Ulbricht era de procedencia alemá, está aquí indicada dentro de «naturais de Santiago» por ser a súa veciñanza habitual. 7 9 11 Gráfico 2. Procedencia dos falanxistas detidos entre abril e maio de 1936 en Santiago de Compostela. Naturais de Santiago Naturais de Galicia Fora de Galicia Non consta
Rafael García Ferreira 88 información sería transmitida internamente, e non a través de membros doutras formacións.143 Tampouco cos militares da guarnición, pois as evidencias fan supoñer que nos estamos a referir, máis que a unha forza real que puidera supor un apoio competente para os militares no momento de asegurar as rúas no acto do golpe de Estado, a un pequeno grupo de alborotadores radicalizados, que seguía nestes momentos as directrices da súa dirección nacional. E aí si que podemos atopar relación coa preparación do «estado de necesidade» para o golpe de Estado que mencionaba Mola no seu «Informe reservado», último documento que asinou con respecto á conspiración para a sublevación, o 1 de xullo, no que mencionaba a estratexia de enfrontamento que se tentara levar a cabo para conseguir un clima que xustificara a intervención armada, estratexia que ademais asumía como fracasada a menos dun mes de producirse o golpe: Se ha intentado provocar una situación violenta entre dos sectores políticos opuestos para, apoyados en ella, proceder; pero es el caso que hasta este momento -no obstante la asistencia prestada por algunos elementos políticosno ha podido producirse, porque aún hay insensatos que creen posible la convivencia con los representantes de las masas que mediatizan al Frente Popular.144 1.1.4. Conspiración en Santiago de Compostela? A información sobre unha posible conspiración e preparación do golpe de Estado en Santiago de Compostela amósase, como adoita ser habitual, dispersa e pouco clara, pois como fomos observando contamos con documentación que se pode relacionar cos sucesos de primavera, pero que necesita de ser examinada nas claves correctas para non perdernos en interpretacións erróneos e que nos fagan relacionar os datos que nos proporcionan cos relatos que se foron conformando posteriormente. Isto faría que aceptáramos relatos nos que, ao noso xuízo, se tenta dar visibilidade a certas figuras, outorgándolles un papel ou un protagonismo que ao recorrer á historicidade dos feitos, contrastándoos coas fontes, parecen non telo en realidade. É algo que, ademais, tamén poderemos verificar ao ver como transcorreron as relacións de poder na cidade con posterioridade ao golpe, nos meses que seguen a xullo, nos que a pugna entre a dereita local e os poderes militares vai a ser protagonista á hora de controlar o poder municipal. Pero de novo, é algo que pertence a un marco posterior á conspiración e ao golpe en si, e que ten que ver con outros contexto diferente. A interpretación das fontes documentais fainos concluír que en Santiago non había preparada unha sublevación de xeito eficaz e organizado. A actuación da Falanxe nos meses anteriores parece remitir a un grupo de xoves que axitaban o ambiente político da cidade mediante a presenza nas rúas, a propaganda e a busca dalgún choque de forza, pero non unha organización sólida que se estivera preparando para o que viría despois. De feito, as referencias que se fan dende os relatos e dende a memoria como a de Fandiño Ricart, nas que se di que as milicias falanxistas estaban sendo preparadas militarmente, entran en clara contradición cos feitos que podemos constatar a través 143 Eduardo Álvarez Puga, Historia de la Falange, Barcelona, Dopesa, 1969, pp. 112-113. 144 AGMAv., C. 2250, C. 27, Documentación reservada. Antecedentes políticos y demás documentación relacionada con el alzamiento nacional.
Conspiración e golpe de Estado en Santiago de Compostela 89 dos informes policiais, que deixan claro que os membros máis activos e cunha actividade máis intensa nos meses anteriores ao golpe pasaron boa parte destes na cadea. Os mesmos informes tampouco mencionan ningunha organización coas JAP ou con forzas militares, e os reportes dos rexistros en domicilios tan so deixan constancia de atoparse papeis relacionados con directrices da propia Falanxe, pero ningún tipo de comunicación con outro grupo co que puideran estar en contacto. A dereita local, por outra banda, tampouco parecía propicia a apoiar en bloque un golpe militar, algo exemplificado incluso na propaganda do seu órgano xuvenil, por moito que posteriormente se tentara subliñar a actuación de certas figuras como a de Felipe Gil Casares, do que tamén constatamos unha adhesión posterior, non anterior. Como político de relevancia na cidade mantiña relacións de diferente sino con todo tipo de persoas, incluso con posterioridade ao golpe de Estado, cando sería denunciada -nuns códigos moi diferentes, como veremos taména relación que aínda mantiña co primeiro delegado civil nomeado tras o golpe, o militar retirado Manuel García Diéguez. As referencias á súa actuación veñen anto Silva Ferreiro, sacerdote da mesma corda político, como do comandante Bermúdez de Castro, procedente dunha familia de forte adscrición ao catolicismo.145 Neste caso si nos aventuramos a deducir que se trata dunha cuestión de relato posterior, na que se magnifica certas figuras pola súa condición política e as relacións que podían manter entre diferentes sectores da sociedade compostelá. Entre os militares da guarnición de Compostela tan so é posible constatar unha cantidade mínima de presuntos implicados na conspiración, os que, por outra banda, aparecen referidos como protagonistas con posterioridade, durante o propio golpe, sendo os encargados das diferentes baterías que saíron do cuartel para establecer o control da cidade; algo que, atendendo á xerarquía e a que a decisión debería de estar en mans do comandante militar, realizaran seguindo as súas ordes e non en base a unha iniciativa propia que os sitúe como impulsores do golpe. Pero isto é algo que trataremos a continuación. No que se refire ao que aquí nos ocupa, parece evidente que unha posible preparación en Santiago dende o punto de vista militar so implicou a unha parte moi reducida destes. Algúns deles aparecerán tamén, con posterioridade, como protagonistas na apertura e no discorrer dos procesos sumarísimos, é dicir, como responsables da apertura, xuíces instrutores e membros de consello de guerra. A gran pregunta é, entón, se existiu unha conspiración en Santiago de Compostela que fora efectiva, operativa, e que tivese relevancia real á hora de executar o golpe de Estado. Todo apunta a que non foi así. A cantidade de individuos, militares ou civís, que aparecen relacionada coa mesma, é mínima, o que dende logo restaría eficiencia a calquera iniciativa que non estivera consensuada en xullo por unha cantidade maior de protagonistas. O que si se pode apreciar é que había individuos convencidos, comprometidos ou que axudaran e se prepararan para a chegada dos acontecementos, pero isto está moi lonxe de amosar unha corrente conspirativa de magnitude que se poida contextualizar nas interpretacións dunha conspiración para o golpe de grandes magnitudes e coordinada á perfección. Haberá que buscar no propio golpe e nos momentos nos que se decide que se fará na guarnición militar -verdadeira protagonista nese momentoas causas, os motivos, as 145 Así se constata en José Ramón Rodríguez Lago, Cruzados o herejes…, p. 114.
Rafael García Ferreira 96 constancia de que esta ratificación chegara a Santiago.167 A chegada de Casal á cidade, despois da súa viaxe a Madrid como parte da comitiva de entrega en cortes do Estatuto galego, fai que se volva a poñer á fronte da alcaldía. A súa volta coincidiu coa chegada a Santiago dos mineiros da zona de Lousame, que se puxeron en marcha cara a Coruña, segundo as testemuñas, por orde do propio Casal, acompañados de máis veciños da cidade: Ánxel Casal, que era o alcalde, había ido a entregar o Estatuto a Madrid (...). Pero el se veu con... El se veu no coche da Deputación con Bouzas, que era o presidente da Deputación, o que mataron tamén... El se veu de Madrid, e pasou pola Coruña. E na Coruña xa estaba a xente no Goberno civil, xa estaban os militares desafiando a cousa. Entonces, cando chegou alí, cando chegou a Santiago, el se asomou ao balcón e arengou á xente dicíndolle: «acabo de pasar pola Coruña e os militares tal, hai que ir a defender o pobo, pondremos uns autobuses do Castromil para que vaian levar á xente alí a defendelo». Habían chegado nese momento á praza do Hospital, entraron aí como... Nun camión destartalado, uns mineiros de Lousame, que traían dinamita. Bueno, entonces repartiron a dinamita... Todo isto era realmente de tolos. Eu fun dos que fun a Coruña, cunha cazadora na que levaba dous... catro cartuchos de dinamita, que despois aquelo olía a dinamita, tiña un olor aquelo de espanto. Bueno, fumos alá; cando chegou a Coruña xa o Castromil entrou pola parte de Eiris e se foi a situar cerca da estación... Dunha fábrica que había, a fábrica de calzado Senra, isto desapareceu, a fábrica de calzado Senra, que quedaba cerca da estación. E na empalizada que había xa as ametralladoras, xa estaba ocupada a estación polos militares, que barrían con ametralladoras unha empalizada que había. Non había nada que facer xa.168 Alén de enviar á xente cara Coruña, Casal tamén tería mandado a José Carnero Valenzuela, outro dos procesados posteriormente en causa, ás dependencias de Unión Radio, onde tamén se atopaban algúns dos mineiros, para alentar á xente dende a radio.169 Casal tivera menos tempo para organizarse que os membros do comité, pero todo o que fixo pareceu destinado a alentar á vontade popular para que se mantivera firme na defensa da República. Será el o que resigne o mando á autoridade militar cando se lle requiriu telefonicamente dende a Coruña, onde os sublevados saíran xa á rúa e onde caera o Goberno civil. A súa declaración en causa militar certificaría isto, aínda que con respecto á súa actuación fai notar que se inhibiu de calquera actuación e que non tivo nada que ver coa cuestión das armas, desentendéndose de todos eses asuntos nun contexto no que xa se estaba procesando a outras persoas por estar relacionadas con eses sucesos: Declara: que fue alcalde propietario de esta ciudad hasta el día siete de julio pasado e que dimitió de su cargo; que a pesar de hallarse dimitido, a requerimiento de un Comité se hizo cargo nuevamente de la Alcaldía el día veinte del pasado julio a las seis de la tarde, que ese requerimiento se le hizo por teléfono ignorando quienes eran sus componentes. 167 Emilio Grandío Seoane, «A Coruña, o puntal roto da República», en Emilio Grandío Seoane, Anos de odio..., p. 63; José Galán Ortega, En el corazón de una república amenazada..., p. 345. 168 Entrevista do Fondo Nomes e Voces, realizada a Isaac Díaz Pardo por Antonio Míguez Macho, o 10 de outubro de 2006. 169 AIMNOR, causa 231/36, folios 56v. e 57.
Conspiración e golpe de Estado en Santiago de Compostela 97 Al llegar al ayuntamiento preguntó lo que ocurría y le contestaron que se trataba de evitar una sublevación. Que se puso de acuerdo con el Sr. Comandante Militar por medio del teléfono para evitar toda clase de desórdenes y así permaneció en expectativa hasta la una de la madrugada que desde Coruña y por teléfono le ordenaron resignase el mando en la Autoridad Militar como así lo efectuó; cerrando la Casa Consistorial una vez desalojado y entregando la llave al Jefe de Municipales.170 1.2.2. O golpe dende o cuartel do Hórreo Coñecido o que ocorreu nos tres días de xullo con respecto ás autoridades republicanas, é o momento de preguntarse que sucedía, mentres tanto, no cuartel compostelá. O expediente que se lle abrirá ao comandante Bermúdez de Castro en decembro de 1936 tiña como obxectivo aclarar cal fora a súa posición con respecto ao golpe de Estado. Sen embargo, algunhas das testemuñas que arroxa o proceso poden ser analizadas convenientemente para rescatar datos sobre o que ocorreu na guarnición. Rescatando algunhas destas podemos deducir que o que se fixo foi contemporizar coa situación na medida do posible, esperando a que se sucederan os acontecementos para decidir que facer finalmente. Os tempos de actuación dos militares e os tempos nos que se dan, ou máis ben, nos que tardan en darse as decisión do comandante militar, fannos interpretar que non houbo unha situación de efervescencia no cuartel que o obrigara a saír de inmediato para por á cidade do lado da sublevación. A narración dos feitos de Bermúdez é recollida meses despois de executado o golpe e nun contexto no que se está a avaliar nun proceso regrado, ante as acusacións do morna que fora a súa actitude, a súa actuación. O primeiro que aclara é que a iniciativa de saír do cuartel foi propia, pero iso si, atendendo ás consultas feitas aos superiores, destacando que este foi o proceder e que non sucumbira a ningún tipo de presión; ou o que é o mesmo, tenta deixar claro que en todo momento se ativo a un procedemento xerárquico e que se tivo que atender ás ordes de alguén foi ás dos seus superiores, e que non tomara a decisión por iniciativa da tropa. Do mesmo xeito xustifica a súa demora na declaración do estado de guerra, producida de madrugada, na presencia de obreiros por toda a cidade que puideran obstaculizar a labor das tropas ou provocar un enfrontamento armado: PREGUNTADO... Por qué no declaró el Estado de Guerra hasta el día veintidós de julio, si lo hizo por propia iniciativa, por orden recibida o a requerimiento de algunos compañeros, dijo: que el Estado de Guerra fue declarado en esta plaza de Santiago en la madrugada del día veintiuno y no el día veintidós como se pregunta, que fue hecho por propia iniciativa del declarante sin presiones de ningún género por parte de nadie con arreglo a instrucciones y de acuerdo con consultas hechas al Estado Mayor e informadas por la Auditoría de la Octava División en virtud de consultas hechas por la Comandancia Militar con anterioridad a los sucesos, según oficios que obran en el archivo secreto de esta Comandancia Militar. Que dada la actitud que presentaba el pueblo en la tarde del día veinte decidió la salida de las fuerzas para ocupar la población aquella noche, que dio orden a la Guardia civil para que estuviese preparada para salir en el momento que se le indicase, contestándose que tenía orden del Teniente Coronel Jefe de la 170 AIMNOR, causa 231/36, folios 119 e 119v.
Rafael García Ferreira 98 Comandancia de no salir del cuartel a pesar de lo cual el declarante le hizo saber que bajo su responsabilidad y como Comandante Militar saldría en cuanto se le ordenase, que dada la actitud de los tres mil obreros que ocupaban la población emplazados en las alturas de los edificios que ocupaban las calles que debía de recorrer la batería que declarase el Estado de guerra en los sitios de costumbre no le pareció oportuno hacerlo en la tarde del día veinte y le pareció mejor ocupar militarmente la población para no exponer a las fuerzas que declarasen el Estado de guerra a la agresión de toda la gente que ocupaba la ciudad. En virtud de este criterio y por libre decisión de mando el día veinte a las doce de la noche dio la orden de salir a las baterías a ocupar la población; saliendo el declarante a la cabeza de la fuerza con treinta hombres de la cuarta batería mandada por el Capitán Calzada a continuación y con el intervalo de seguridad necesario salieron treinta hombres de la sexta batería y los destinos y gente de la Plana Mayor del Grupo, ya que en aquellos momentos no contaba el que declara más que con ciento veinte hombres a pesar de los reiterados oficios que dirigió para que no fuese reducida la guarnición de Santiago. Ocupada militarmente la población y colocados los grupos de fuerza en los puntos estratégicos se dirigió el que declara a la Alcaldía y desde dicho teléfono se puso en comunicación con el Teniente Coronel de Estado Mayor don Luis Tovar, a quien le comunicó a la una y media de la madrugada del día veintiuno de julio que había ocupado militarmente la población y que estaba procediendo a redactar el Bando de declaración del Estado de Guerra, acto que tuvo lugar a las tres de la madrugada del día veintiuno, para lo cual entrega una copia de dicho Bando.171 A declaración ofrece moitos datos para a reflexión, que dan lugar a interpretacións moito máis complexas que a dun pleno compromiso do golpe á dunha situación completamente preparada. Bermúdez non so relata a súa forma de proceder e como se axusta ao que el considera o procedemento correcto, se non que expresa a súa preocupación con respecto aos obreiros que había na cidade e que segundo el ocupaban a poboación en gran número. Este é o argumento que emprega para xustificar as horas que tardou en saír do cuartel dende que, como se interpreta da súa declaración, se lle dan as instrucións dende o Estado Maior. A pesar de que incide en que a decisión era propia, o certo é que estaba a afirmar que esperou a que se lle dera a orde dende instancias superiores e que, pola súa banda, se amosaba reticente á saída debido á posible confrontación con forzas obreiras. Alén da cantidade de obreiros que menciona, o certo é que a súa alusión aos mesmos coincide con outras testemuñas que xa vimos e que tamén falaban dos obreiros chegados da rexión mineira de Lousame que, posteriormente, sairían a defender a cidade da Coruña a petición de Ánxel Casal.172 A posibilidade de atoparse con estes, sen embargo, amosa que Bermúdez podía ter medo de que as tropas se viran envoltas nun enfrontamento que, a tenor da súa mesma declaración, tentou evitar saíndo coas tropas horas despois de que estes xa non estiveran na cidade. A súa actitude durante os días nos que actuou o Comité, por outra banda, é descrita dende diferentes perspectivas. Tanto Ánxel Casal como Fandiño Ricart, o primeiro a través da súa declaración en causa militar e o segundo a través do recordo, coinciden en que nas conversas que tiveron con el deixou clara a súa chamada á orde como única condición para non sacar as tropas do cuartel, esperando ordes da Coruña. Recuperar algunhas declaracións do expediente aberto a 171 AGMAv., C. 47100, C. 27, Informes sobre averiguación de conducta, folios 12 e 12v. 172 AIMNOR, causa 231/36, folios 119 e 119 v., para a declaración do propio Casal. Entrevista do Fondo Nomes e Voces, realizada a Isaac Díaz Pardo por Antonio Míguez Macho, o 10 de outubro de 2006.
Conspiración e golpe de Estado en Santiago de Compostela 99 Bermúdez reforza o argumento de que contemporizou coa situación. As declaracións do delegado civil Manuel García Diéguez e do arzobispo, Tomás Muñiz de Pablos, son laudatorias con respecto da actuación de Bermúdez, sobre todo porque destacan a prudencia coa que actuou e porque valoran esta positivamente, incidindo en que a declaración do estado de guerra fora feita no momento oportuno. Diéguez valoraba que a consecución dos obxectivos se conseguira sen derramar de forma pacífica e sen enfrontamentos; Muñíz de Pablos, pola súa banda, reforzaba o argumento de que esperar a que os obreiros deixaran a cidade fora acertado constatando a grande cantidade de homes que estaban na praza do Hospital dispostos a facer fronte ás forzas militares: Seguidamente comparece el Comandante de Infantería don Manuel García Diéguez, que desempeña el cargo de Alcalde de esta Ciudad. Preguntado... Que juicio le ha merecido la actuación del Teniente Coronel don José Bermúdez de Castro, en su actuación como Comandante Militar de esta Plaza en relación con la oportunidad en la declaración del Estado de Guerra y actuación posterior, dijo; que su actuación merece calificarse de brillante, buena y enérgica, en consonancia con lo que de su prestigio militar se esperaba, habiendo tenido gran tacto y acierto para elegir prudentemente el momento más oportuno para la ocupación militar de la ciudad y declaración del Estado de Guerra, consiguiendo ambos objetivos sin haberse derramado ni una gota de sangre, lo que no hubiera ocurrido si por el contrario la precipitación hubiera sido su consejera, encontrándose los rebeldes que regresaban de La Coruña con la insospechada sorpresa de que los puntos estratégicos y dominantes que horas antes habían estado en su poder eran por el contrario ocupados y dominados por la guarnición.173 El infraescrito Arzobispo de Santiago, en cumplimiento de lo ordenado en la preinserta requisitoria del Excmo. Sr. General Jefe de la 8ª División, Certifico: (...) En las primeras horas del día 20 de julio, cuando se estaba proclamando el estado de guerra en Coruña y Vigo, me dieron la noticias de que aquí en Santiago el Comandante Militar lo proclamaría a las cuatro de la tarde; no pude contener mi sobresalto y pregunté: ¿No será a las cuatro de la mañana? – Porque aunque desconocedor en absoluto de movimientos y actitudes militares, me parecía que el momento elegido, según me decían, era de suma temeridad, dada la escasez de fuerzas militares en la plaza y la enormidad de elementos con que contaban los Rojos, y yo como presenciaba desde mis ventanas en la plaza del Hospital. Me pareció pues, cosa muy puesta en razón haber diferido la declaración del estado de guerra para la madrugada del 21, cuando los revolucionarios estaban ausentes en gran parte o andaban muy dispersos; y así se lo dije al Excmo. Comandante algunos días después.174 Algunhas das declaracións dos subordinados de Bermúdez, sen embargo, son algo diferentes., e non fan alusión á presenza de forzas obreiras na cidade que retrasaran a declaración. Porén, o brigada José Espinosa Arias recoñecía que había diferentes compañeiros que se atopaban nerviosos 173 AGMAv., C. 47100, C. 27, Informes sobre averiguación de conducta, folios 24v. e 25. 174 AGMAv., C. 47100, C. 27, Informes sobre averiguación de conducta, folio 46v.
Rafael García Ferreira 100 por ter familiares que se consideraba podían estar en perigo nos seus domicilios.175 O que si afirman varios dos artilleiros do Hórreo é que o comandante non recibiu en ningún momento presións por parte dos presentes para que declarara o estado de guerra, e que ao mesmo tempo entre eles se falaba da declaración. O tenente Luis Morera incluso chega a afirmar que se actuou da mellor forma posible, pero sen facer ningunha referencia específica ás circunstancias que rodeaban esa actuación: En la Comandancia militar de Santiago (...) comparece el Capitán de Artillería D. Manuel Saavedra Ascariz, quien interrogado sobre las siguientes preguntas, manifiesta: Preguntado: 1ª. Si conoce las causas por las que se retrasó la declaración del Estado de Guerra en Santiago hasta el veintidós [erróneamente foi referenciada esta data en varias declaracións con respecto á declaración, en vez do día 21] de Julio último y si puede determinar si ha influido alguien cerca del entonces Comandante Militar D. José Bermúdez de Castro para tal retraso, así como si algún oficial le indicó la conveniencia de que se hiciera proclamación del mismo en vista del desarrollo de los sucesos revolucionarios tanto en la población como en los pueblos inmediatos, dijo: que ignora las causas del retraso de dicha declaración de Estado de Guerra, que no cree haya influido nadie cerca del Comandante Bermúdez de Castro para tal retraso, que entre nosotros se hablaba de la declaración del Estado de Guerra y hubo algún momento en que el Comandante nos aconsejó calma pero no dijo ninguna otra palabra.176 Comparecencia del Teniente de Artillería del 2º grupo del 16 Regimiento Ligero don José Vilares Antón. Preguntado... Si conoce las causas por las que se retrasó la declaración del Estado de Guerra en Santiago hasta el día veintidós de Julio y si puede determinar si ha influido alguien cerca del entonces Comandante Militar don José Bermúdez de Castro para tal retraso, así como si algún oficial le indicó la conveniencia de que se hiciera la declaración del mismo en vista del desarrollo de los sucesos tanto en la población como en los pueblos inmediatos, dijo: que ignora si hubo o no retraso en la declaración del Estado de guerra en la plaza de Santiago y que desconoce si hubo alguien que pudiera influir en que se retrasara tal declaración excepciona, ni tampoco si hubo algún oficial que le indicase la conveniencia de adoptar tal resolución.177 Interrogatorio de preguntas a las cuales debe contestar el Teniente de Artillería Don Luis Morera Romero de Tejada. 1ª. Si le consta que el Teniente Coronel de Artillería Don José Bermúdez de Castro y Feijoo, cuando desempeñaba el cargo de Comandante Militar de Santiago, se oponía a la declaración del Estado de Guerra, aún después de haberlo hecho el Jefe de la División de La Coruña Señor Cánovas Lacruz, añadiendo estas palabras «No lo haré en tanto no lo haga Madrid». (...) 3ª. Si cree que el retrasar unas horas la declaración del Estado de Guerra ha podido producir algún perjuicio al Movimiento, o por el contrario su prudencia al elegir el momento, ha evitado un choque 175 AGMAv., C. 47100, C. 27, Informes sobre averiguación de conducta, folio 55v. 176 AGMAv., C. 47100, C. 27, Informes sobre averiguación de conducta, folio 8. 177 AGMAv., C. 47100, C. 27, Informes sobre averiguación de conducta, folio 9v.
Conspiración e golpe de Estado en Santiago de Compostela 101 sangriento con las masas de elementos revolucionarios que en gran número se disponían a cometer toda clase de actos vandálicos. (...) Preguntado, a tenor de la primera pregunta del precedente interrogatorio, contesta: que no en absoluto; que ni se opuso ni pronunció las palabras que figuran en dicha pregunta. (...) A la tercera, dijo: que cree el declarante que estuvo prudente al elegir el momento de salir a la calle y obró lo mejor que se podía obrar en las circunstancias porque atravesó el Grupo de Artillería a que pertenecía el declarante y mandado por el Comandante Bermúdez de Castro.178 O resultado ao que chegamos é a deducir que o golpe de Estado en Santiago de Compostela pareceu estar imposto pola situación máis que preparado con anterioridade, por dous motivos. O primeiro, a falta de decisión do comandante para sacar as tropas á rúa. Segundo algunhas declaracións, entre as que está a súa propia xustificando a súa actuación, debido ao elevado número de persoas armadas dispostas a facer fronte aos militares se estes decidían a saída do cuartel. Pero isto é algo que non confirman os seus subordinados, e entre eles hai quen destaca que entre a tropa esperábase con impaciencia a orde de saída, polo que a inseguridade de Bermúdez podería atender simplemente á espera de como se desenvolveran os acontecementos. Esa espera está relacionada co segundo motivo: a decisión que se tomara noutros lugares, nomeadamente na cabeceira de división. Así se deduce das testemuñas que aseguran que el mesmo o comunicara así cando se lle preguntara pola súa posición, alegando a falta de relevancia militar que tiña Santiago e a necesidade de situarse na mesma posición que se acabase por decidir na Coruña. Tampouco cabe descartar que o que se producira no cuartel fora unha discusión sobre o que facer con respecto ao golpe e a que facer. Hai que ter en conta que falamos dunha situación na que se ten coñecemento da sublevación e na que hai que tomar unha decisión que pode ser de gran trascendencia para o futuro de quen a toma, sobre todo se finalmente toma posición co lado que non triunfa. Chegou un momento no que houbo que decidirse e, aínda que con posterioridade saibamos o que ocorreu, naquel momento non estaba claro o triunfo dos sublevados; de feito, á hora de analizar este tipo de cuestións hai que ter en conta que o golpe fracasa en moitos lugares, que a sublevación non foi homoxénea nin unánime, e que incluso dentro dunha mesma guarnición puideron existir diferentes opinións e decisións, todas elas sen nada asegurado e sen convicción do que ocorrería en caso de tomar unha ou outra.179 178 AGMAv., C. 47100, C. 27, Informes sobre averiguación de conducta, folios 62 e 65v. 179 Unha reflexión similar que apoia esta argumentación en Juan Carlos Losada, «Los momentos decisivos de la guerra. Las estrategias militares», en Juan Andrés Blanco, Jesús A. Martínez e Ángel Viñas, Luces sobre un pasado deformado..., pp. 173-178.
Rafael García Ferreira 102 Figura 4. O comandante José Bermúdez de Castro. José Ramón Rodríguez Lago, Cruzados o herejes…, p. 100. 1.2.3. A participación da Garda civil A participación da Garda civil é escasamente referenciada en toda a documentación que foi consultada. Bermúdez si apuntaba que puxo baixo a súa orde e responsabilidade á comandancia da cidade cando decidiu dar a orde de saída das tropas. Sen embargo a súa presenza durante o golpe de estado parece menor que a súa función posterior, onde algúns dos seus integrantes ocuparon postos de grande responsabilidade como Delegados de orde pública. Aínda que noutras cidades se ten constatado a súa importancia incluso para a organización da conspiración contra a República,180 as referencias para Santiago volver a ser mínimas, quizais seguindo a mesma liña de acontecementos que se marcaba cos artilleiros, que non era outra que unha reducida relevancia numérica das forzas 180 Emilio Grandío Seoane, «Golpe de Estado y represión franquista en la provincia de A Coruña: ‘¿Qué pasa con Coruña?’», en Jesús de Juana López e Julio Prada Rodríguez (coords.), Lo que han hecho en Galicia..., pp. 22-29.
Conspiración e golpe de Estado en Santiago de Compostela 103 locais e un compromiso coa sublevación que se fixo máis efectivo con posterioridade ao golpe de Estado que durante a primavera de 1936. O Ministerio de Gobernación chegaría a publicar unha orde de cesantía daqueles empregados do corpo que «hubieran tenido participación en el movimiento subversivo o fueran notoriamente enemigos del régimen», entre os que figuran algúns dos que se teñen sinalado como conspiradores da Coruña, pero tamén nomes como o de José Rey Raposo, alférez e responsable en Santiago á altura de xullo, ou o dos tenentes José Armesto Anta e Bernardino Rodríguez García, que posteriormente exercerán como Delegados de orde pública na cidade.181 Será precisamente o alférez Rey o que testifique na causa 231/36 instruída contra o Comité, aínda que a súa declaración non aclara a súa posición. O que deixa claro é que en ningún momento colaborou con eles ao non entregar as armas que lle foran solicitadas, primeiro polo grupo enviado polo alcalde en funcións, José Germán, negándollas en segunda instancia a este mesmo cando se presentou no cuartel para volver a esixilas e, de paso, tentar calmar unha posible situación insurreccional entre os membros do corpo. A ese respecto, Rey Raposo asegura que lle fixo saber que «ya había hablado con el Comandante Militar el cual le había prometido que no saldrían las tropas a la calle».182 A folla de servizo do alférez tampouco aclara nada sobre a súa postura ou actuación con respecto á sublevación, ao que hai que se atopar preto da idade do seu retiro, chegara en setembro do mesmo ano, momento no que fixa a súa residencia na cidade sen que conste ningún tipo de cuestión máis con respecto á súa carreira.183 A de José Leseduarte, por poñer un exemplo, outro garda que exerceu como Delegado de orde pública, facía notar que «desde el primer momento de iniciarse el Movimiento Nacional salvador de España, se adhirió al mismo, presentándose a las Autoridades Militares, siéndole encomendado por el Sr. Comandante Militar de Lugo, la organización de las Fuerzas de la Falange...», ou o que é o mesmo, non se sublevou en Santiago se non que foi trasladado con posterioridade.184 1.2.4. O control militar da cidade Asegurar a cidade na madrugada do día 20 ao 21 de xullo supuxo o disparo de saída para que se comezaran a dar diferentes procesos que van a acompañar ao golpe. Nesta noite, as operacións militares foron levadas a cabo para asegurar puntos clave na cidade, como as entradas e saídas das principais estradas, asegurándose os nexos de comunicación. Isaac Díaz Pardo, que se desprazara a Coruña na tarde do día 20 xunto a un grupo de mineiros de Lousame e outros implicados para a defensa da cidade, lembra a situación á súa volta, esa mesma noite, e como a entrada pola rúa dos Basquiños – próxima ao casco antigo e que desemboca na estrada á cidade herculinaxa estaba asegurada por ametralladoras, situación que fixo que tivera que bordear o camiño ata o seu domicilio para non atoparse de fronte co posto de constrol que prepararan os golpistas: 181 Gaceta de Madrid, 5 de agosto de 1936. 182 AIMNOR, causa 231/36, folios 42 e 42v. 183 AGMI, Sección Garda civil, Folla de servizos de José Rey Raposo. 184 AGMI, Sección Garda civil, Folla de servizos de José Leseduarte González.
Rafael García Ferreira 104 Eu me puden vir para Santiago, nun coche que viña (...) Cando chegamos a onde está hoxe a xunta, a San Caetano, pois me dixo «mira báixate de aí porque hai unha instalación de ametralladoras alí colocada no principio dos Basquiños». Entonces eu baixei alí e fun pola parte de Vista Alegre, rodeando a cousa para chegar á casa, para chegar á casa claro...185 A tenor do declarado por Bermúdez de Castro con posterioridade, a forma de proceder foi a da saída de sucesivas baterías de homes comandadas, ata onde acadamos a saber, polos tenentes Joaquín de la Calzada Bayo e Miguel Quesada Munera, mentres que o capitán Manuel Saavedra Ascariz permanecería gardando a posición no cuartel. As operacións de control da cidade constatámolas polas declaracións na información a Bermúdez, na que el mesmo deixara constancia, e a través das follas de servizos destes militares, que confirman esta mesma información, aínda que de forma máis sucinto no caso duns que doutros. A de Calzada Bayo simplemente fai unha referencia breve a que estivo á fronte dunha batería que saíu a controlar militarmente a cidade; a de Saavedra Ascariz, que «desde el primer momento cooperó con entusiasmo y eficacia a la pacificación de la mecionada ciudad».186 Sen embargo, a de Quesada Munera especificaba que se encargara de «acometer a los rebeldes que se habían apoderado de la ciudad, tomando la emisora local».187 Asegurar os puntos clave foi a prioridade. No caso das estradas porque se permitía ter un control da entrada e saída dos principais nós de comunicación do tránsito rodado, aínda que a efectividade disto foi relativa se atendemos á testemuña de Isaac Díaz Pardo, que coñecedor da cidade, sabía como bordear o control militar para acabar chegando ao seu domicilio. Outra forma de evitalo este sería non volvendo cara Santiago e dando un rodeo para buscar outro tipo de saída. Fandiño Ricart, pola súa banda, indica que tomou esta decisión e que acabou por fuxir cara o litoral, á zona de Noia, en vez de tentar refuxiarse de novo en Santiago.188 A referencia a que grupos de persoas ou obreiros desprazados puideran decidir desprazarse cara vilas da costa sur da provincia coincide cos movementos posteriores de militares de Compostela que se certifican nos seus servizos. No caso de Quesada Munera, estaría saíndo, durante as xornadas posteriores, cara o sur da cidade -chegando á provincia de Pontevedrapara realizar operacións de control e asegurar diferentes posicións, sendo o responsable de diferentes grupos que estiveron encargados da vixilancia, da requisa de armas e da persecución de grupos de persoas que aínda se opoñían á consumación do golpe: El 22 salió con la P.F. a caballo para batir a los rebeldes que se habían refugiado en los montes que circundaban la ciudad desde donde tiroteaban a nuestros puestos, regresando al mediodía. Por la tarde salió 185 Entrevista do Fondo Nomes e Voces, realizada a Isaac Díaz Pardo por Antonio Míguez Macho, o 10 de outubro de 2006. 186 AGMS, Follas de servizos de Joaquín de la Calzada Bayo e Manuel Saavedra Ascariz. 187 AGMS, Folla de servizos de Miguel Ángel Quesada Munera. 188 Entrevista do Fondo HISTORGA, realizada a Alfonso Fandiño Ricart por Gabriel Moscoso Villaverde, o 10 de abril de 1990.
Conspiración e golpe de Estado en Santiago de Compostela 105 con la misma fuerza para el mismo objeto regresando al anochecer el día 23 a las 9 de la mañana, salió con fuerzas para realizar servicios de protección de carretera haciéndose cargo de armas, municiones, dinamita, etc., que la Guardia Civil de Prado había recogido, regresando a la una de la tarde. A las 4 del mismo día, salió con dicha fuerza en dirección a Noya a buscar posiciones en las que pudiesen establecer una Batería que protegiese el asalto que al día siguiente pensaba dar a dicho pueblo una columna organizada en Santiago, llegando con las fuerzas a la altura de la población, sosteniendo fuego con los rebeldes siendo este la causa de que se rindieran, llevando a la Comandancia el parte de redención dicho Oficial en las primeras horas del día siguiente recogiéndoselo a la salida de Noya a un ciclista portador de él. En la tarde del último día salió al frente de una columna motorizada con dirección a Villagarcía, a proteger el arreglo de la línea que suministra el fluido a Padrón, cortada por los rebeldes, los que entre la carretera de Caldas y Villagarcía hostilizaban a los que trataban de reparar la línea, habiendo aquel día causado varias bajas a la Guardia Civil y Carabineros, realizando el servicio sin novedad. En días sucesivos continuó prestando servicios de seguridad en diferentes carreteras y al frente de la columna motorizada compuesta por dos Oficiales, un Brigada y cincuenta hombres, procediendo a la minuciosa limpieza en días sucesivos de las zonas del campo en que había sospechas pudiese haber núcleos rebeldes, requisando en estos servicios varias armas y municiones y efectuando detenciones de varios elementos significados en aquellos contornos...189 As referencias apuntan a que o control da sociedade non se fixo efectivo de inmediato, e que ademais necesitou de operacións militares e do uso da violencia, a coacción e a ameaza. O 26 de xullo, Bermúdez de Castro deixaba o seu posto á fronte da comandancia militar, sendo substituído por Luis Mariñas.190 O 3 de agosto, á súa vez, substituiríao Francisco Judel, que se presentaba cun texto nas páxinas do diario local El Compostelano no que ameaza de forma directa aos obreiros que se mantiveran en folga despois da declaracións da mesma uns días antes: En este estado de la situación, casi tocando el triunfo como os digo obreros santiagueses, quiero datos un leal consejo al par que haceros unas advertencias que debéis de atender, para que no tenga que cumplir unas amenazas que una vez formuladas haré cumplir inexorablemente. El leal consejo que os hago es que desoigáis las recomendaciones de continuar el paro en los oficios en que aún no os reintegrasteis, y las advertencias son las siguientes: Primera. Que si bien no salgo en absoluto perjudicado porque no os hayáis reintegrado al trabajo en esos oficios, y si, en cambio, sois vosotros los que sufrís las consecuencias por no recibir jornales, quiero que en plazo brevísimo volváis a reanudar las labores, porque yo no entiendo de contemplaciones ni de pasividades y tolerancias. (...) Obreros santiagueses y por tanto obreros españoles, pobres hombres engañados con las promesas de una Arcadia feliz que nunca vislumbrasteis, ni habríais de llegar a ver por el camino que os conducían, os prometo bajo mi mando toda clase de bienaventuranzas si atendéis a mi consejo y tenéis presentes mis advertencias; pero si persistierais en vuestra actitud, si con una resistencia pasiva, que no toleraría, pretendéis alejar la hora de presentación al trabajo, entonces..., huir, huir lejos de esta ciudad y su comarca, porque os 189 AGMS, Folla de servizos Miguel Ángel Quesada Munera. 190 AGMS, Folla de servizos de José Bermúdez de Castro y Feijoo; «El nuevo Comandante militar», El Compostelano, 29 de xullo de 1936, p. 1.
Rafael García Ferreira 112 se mantiveran se ativeran aos novos códigos do golpe, entre os que estaban a violencia extrema, contemplada para a eliminación e a lexitimación do novo poder. Aqueles que non estaban dispostos a isto, serán sinalados por cargos que o buscaban de continuo, como González Vallés. Verémolo cando falemos dos poderes locais e a súa relación con estes. Aínda que no mesmo informe final non se puxo en dúbida a implicación de Bermúdez, recoñécense dificultades para calibrar se a súa actuación no eido da persecución de elementos de esquerda foi o suficientemente contundente. Esta falta de contundencia está relacionada coa concepción do golpe como algo violento que vai máis alá da usurpación do poder, como un acto que crea un marco no que actuar incisivamente contra os detentores dese poder, o que foi por outro lado a forma de asegurarse a eliminación de antigas autoridades ás que substituíron os golpistas. A este respecto, a visión que se podía ter de Bermúdez como alguén que non entrara nestas dinámicas viña dada por esa concepción do golpe e o feito de que, como comandante militar, non permitira ningún tipo de actuación que non estivera xustificada e amparada polas autoridades, evitando así calquera tipo de exceso que se amparase na excepcionalidade do momento, unha decisión que el mesmo recoñecía declarando en causa militar.203 A este respecto, o informe final volvía a facer referencia a que «pudo también dejarse llevar en algún caso del influjo de relaciones y compromisos antiguos».204 A última insinuación que se facía na apertura do expediente era á posibilidade de que Bermúdez comulgara coa masonería, aludíndose a que non perseguira ás supostas loxias que actuaban en Santiago, pero o certo é que ningún dos testigos afirma nada ao redor desta acusación e nin sequera chega a ser mencionada ningunha conclusión ao respecto nas resolucións finais. A fin do expediente dáse o 14 de febreiro de 1937, resolvéndose que Bermúdez non volva a ocupar cargos de responsabilidade na comandancia militar de Santiago, algo que fixera en dúas ocasións entre xullo e outubro de 1936.205 Isto significaba unha tentativa de que non se mantiveran relacións políticas nas que puidera ter participación, na lóxica do golpe de eliminar todo este tipo de cuestións. Militarmente tamén supoñía retirarlle certa confianza como cargo de máxima responsabilidade nunha praza militar, polo que terá que optar por integrarse doutra forma, aparecendo moi pronto como presidente en consellos de guerra na mesma praza de Santiago.206 Nun momento, iso si, no que a maioría de execucións que se levarían a cabo na cidade xa se realizaran e no que descendera, como veremos, o número de causas que se abrían no territorio galego, polo que ser responsable en consello de guerra xa non significaba o mesmo que estar implicado na segunda metade de 1936, onde a apertura de causas e as sentenzas se levaron a cabo con maior celeridade e con resultados, polo xeral, máis extremos. Sen embargo, contrariamente ao que buscaba a resolución do expediente, Bermúdez atopou acomodo na cidade a través doutras institucións e no mesmo marco de relacións coa delegación civil. Por parte de Manuel García Diéguez fora nomeado director das obras do aeroporto da cidade, algo que captará a atención das autoridades militares superiores da división. Ante a perspectiva de 203 AIMNOR, causa 231/36, peza separada contra Fernando Barcia Beiras, folio 23. 204 AGMAv., C. 47100, C. 27, Informes sobre averiguación de conducta, folio 70v. 205 AGMS, folla de servizos de José Bermúdez de Castro y Feijoo. 206 El Compostelano, 30 de marzo de 1937, p. 2; El Compostelano, 31 de marzo de 1937, p. 2.
Conspiración e golpe de Estado en Santiago de Compostela 113 que isto lle creara algún problema, o propio Bermúdez comunicará a súa renuncia á devandita presidencia, incidindo na prohibición de que o seu nome constara en calquera cuestión relacionada co aeroporto.207 A cuestión non agradara ás autoridades da división, que se puxeran en contacto con Diéguez para aclarar o asunto e ter coñecemento de como Bermúdez se atopaba nesa posición, ao que o delegado civil responderá con evasivas, alegando descoñecer quen o nomeara; o certo é que nun dos escritos de comunicación entre a autoridade militar da división e a delegación civil facíase constar que debía ser o Padroado do aeroporto -presidido polo propio Diéguezo que escollera ao xefe de obras: Ruego a Vd. me manifieste con la posible urgencia, por quién y en qué fecha fue nombrado el Teniente Coronel de Artillería, DON JOSÉ BERMÚDEZ DE CASTRO, Director de las Obras que se realizan en esa Plaza, para la construcción del Aeropuerto. Dios guarde a España. La Coruña, 8 de agosto de 1937, Segundo Año Triunfal. El Coronel Jefe. 8 cuerpo Ejército. Excmo. Señor. En contestación a su respetable oficio «reservado», fecha 8 del corriente, tengo el honor de manifestar a V.E. que desconozco por quién, ni cuando, haya sido nombrado el hoy Teniente Coronel de Artillería, don JOSÉ BERMÚDEZ DE CASTRO, Director de las Obras, que se realizaban en esta Plaza para la construcción de un Aeropuerto, ni siquiera si este señor tiene tal nombramiento. El Sr. Bermúdez de Castro, desempeñando la Comandancia Militar de esta Plaza, dio grande impulso a las obras a que el oficio de V.E. se refiere; y, al constituirse el Patronato del Aeropuerto Compostela el 13 de febrero último, fue nombrado Presidente honorario del mismo, en razón de su especialísimo interés por las obras del aeropuerto, a las cuales siguió dedicando constante atención. Esas obras que habían sido iniciadas por el Aero Club Compostela, fueron realizadas desde el mes de septiembre último por la iniciativa y con la intervención directa de la Comandancia Militar de esta Plaza. Dios guarde siempre a España y a V.E. muchos años. Santiago de Compostela, a 12 de agosto de 1937. II AÑO TRIUNFAL. El Alcalde.208 207 AHUS, Aeroporto. Obras. 208 AHUS, Aeroporto. Obras.
Rafael García Ferreira 114 A pesar da sentencia e de que se resolvera que Bermúdez fora apartado da cidade co fin de que non establecera ningunha relación interesada, o certo é que seguía a mantelas. Se o expediente se pechaba o 14 de febreiro de 1937, o día 27 xa estaba a participar nun acto das JAP locais acompañado do resto de autoridades e persoeiros relevantes, entre os que destacaban o delegado civil García Diéguez -que se puxera da súa parte no expediente aberto-, o arcebispo Muñíz de Pablos -que informara moi favorablemente sobre ele Gil Casares -antigo deputado da CEDA e reitor da Universidade-.209 Alén disto, a súa carreira militar non se veu prexudicada por estas cuestións -tampouco beneficiada máis alá dunha medalla pola súa labor durante a «Campaña de Liberación Nacional»-, pois en decembro de 1936 ascendera a tenente coronel e, en 1940, a coronel, ascensos concedidos ambos por antigüidade.210 209 «Los actos japistas de hoy en Santiago», El Compostelano, 27 de febreiro de 1937, p. 2. 210 AGMS, Folla de servizos de José Bermúdez de Castro y Feijoo.
As causas militares. Persecución e relato 115 2. As causas militares. Persecución e relato Consumada a toma dos resortes de poder polos golpistas, comezaron a celebrarse na retagarda golpista procesos xudiciais sumarísimos contra unha cantidade substancial de veciños, un escenario no que Santiago non foi unha excepción. Os rebeldes empregaron o sistema xudicial militar para xulgar a unha parte da sociedade en base a uns preceptos legais que rachaban con toda lóxica legal e xudicial previa por diversos motivos. En primeiro lugar porque a autoridade militar non era a autoridade lexítima, se non que arrincara esa condición en base a un golpe de Estado perpetrado contra as institucións e goberno da República, facendo valer o imperio da violencia en contra do imperio da lei. En segundo lugar, porque a xustiza que se vai a aplicar estará suxeita ao Código de Xustiza Militar de 1890, aínda vixente a efectos de aplicación castrense, unha circunstancia que será amparada polos bandos declaratorios do estado de guerra emitidos polas autoridades militares. Bandos que serán referendados polo publicado pola Junta de Defensa Nacional, o 28 de xullo, o cal estendía o estado de guerra a todo o territorio nacional, e que a todas luces non tiñan base legal para terse declarado, por terse feito de xeito unilateral sen a concorrencia da autoridade civil, auténtica depositaria do dereito a ceder esa atribución á militar segundo indicaba a Lei de orde pública de 1933, como veremos. E finalmente porque serán imputados aos procesados delitos de xeito retroactivo, sendo encausados e condenados por feitos que non eran delito no momento de levarse a cabo, ou por feitos que non debían ser xulgados mediante a xustiza militar, pero que serán convertidos a través do discurso elaborado polos golpistas tras a sublevación. 2.1. Os datos das causas militares de Santiago de Compostela No caso de Santiago comezaron a abrirse este tipo de procesos dende poucos días despois de que se consumara o golpe de Estado na cidade, polo que dende finais do mes de xullo xa se puxeron a disposición dos xuíces instrutores, extraídos da oficialidade do exército, a unha serie de persoas - non menos de 120 segundo os datos cos que contamos a través de Nomes e Vocesque foran detidas e coas que se comezaban a practicar dilixencias. A xustiza militar, non so en Santiago, se non en toda Galicia, comezou a actuar dende o primeiro momento, resolvendo expedientes con rapidez en moitos casos. Non houbo que esperar, polo tanto, a outros acontecementos que marcarían a forma de actuar na posterior retagarda de guerra, se non que podemos observar os procesos dende o primeiro momento.211 De entre todos estes veciños de Santiago que pasaron por un proceso, un total de vinte foron condenados a pena de morte, sendo executados na mesma 211 Isto contradí algunhas interpretacións que aseguran que o que primeiro sucedeu foi unha limpeza inicial amaprada por outras autoridades, como os Delegados de orde pública, baseada en execucións sen apertura de causa xudicial. Véxase Pablo Gil Vico, «Derecho y ficción: la represión judicial militar», en Francisco Espinosa Maestre (ed.), Violencia Roja y Azul. España, 1936-1950, Barcelona, Crítica, 2010, p. 270.
Rafael García Ferreira 116 cidade;212 máis alá deles, non menos dun centenar de veciños foron implicados en procedementos sumarios, aos que hai que sumar a todos aqueles que non eran veciños de Santiago pero que, a pesar diso, foron acusados, procesados e, no seu caso, condenados polos tribunais que operaron na cidade. O seis meses do ano 1936 son os que acumulan tanto un maior número de causas abertas como un maior número de vítimas mortais consecuencia destas, indicando unha maior actividade das autoridades militares que ordenaban a instrución de casos como dos tribunais que resolvían as sentenzas. O descenso na apertura é notable xa para o ano 1937 e moito máis pronunciado para os anos seguintes: Fonte: elaboración propia cos datos de Nomes e Voces. A celeridade na apertura de causas que amosan o gráfico número 1 foi propiciado polo dominio da cidade dende o primeiro momento que tiveron os golpistas. Galicia foi un territorio que quedou en mans sublevadas dende antes do inicio da contenda bélica en si, o que permitiu que, avalados pola declaración do estado de guerra, os militares golpistas puxeran en marcha procesos sumarísimos amparados na xurisdición de guerra. Sen embargo, hai que facer notar que non existe unha correlación exacta entre o número de causas abertas e o número de executados, que se ben pode ter sentido ao analizar os datos dos últimos meses de 1936, tamén pode levar a engano ao facelo cos de 1937 e 1938. Todos aqueles que foron condenados a pena de morte en 1936 sufriron 212 Todos os datos que empregamos aquí para referirnos ás causas están extraídos da base de datos de Nomes e Voces. No que respecta a este en concreto, hai que salientar que dous veciños máis de Santiago foron procesados e a condenados a pena de morte, pero fora da cidade: un deles foi executado en Narón e o outro na Coruña. 0 10 20 30 40 50 60 70 80 1936 1937 1938 1939 Gráfico 3: causas abertas por ano en Santiago (%). Causas abertas por ano (%)
As causas militares. Persecución e relato 117 apertura de causa nese mesmo ano; sen embargo, para 1937 e 1938 atopamos falecidos que foran encartados tamén no ano 1936, pero que non foron executados ata datas máis adiantadas debido á demora nos procesos ou a circunstancias que non permitiran que foran xulgados con anterioridade. Este foi o caso de Fernando Barcia Beiras, encartado na causa 231/36, e que fora posto en liberdade e declarado en rebeldía cando a autoridade solicitaba a súa presenza tras ser procesado no sumario.213 A pesar de que o resto de implicados na causa serán executados a comezos de decembro de 1936, Barcia non será localizado ata un ano despois, poñéndose de novo en marcha o proceso e sendo fusilado, finalmente, o 29 de xaneiro de 1938.214 Outro exemplo é o de Jesús Regueiro Bueno, que será xulgado por feitos ocorridos en xullo de 1936.215 A apertura de causa non se dará ata xuño de 1937, que é o momento no que se entrega ás autoridades despois de pasar un tempo agochado; a resolución darase un mes despois, en agosto, pero debido a diferentes trámites a súa execución non se levará a cabo ata marzo de 1938.216 As causas recibían número por parte das autoridades da división no ano en que era aberta a instrución, pero isto non implicaba que a finalización do proceso tan so abarcara ese mesmo ano natural; do mesmo xeito que a numeración non tiña unha correlación estrita coa data de apertura do proceso nin cun criterio cronolóxico, se non que era adxudicado no momento en que era solicitada, dependendo da axilidade coa que se dera a instrución de dilixencias. A este respecto podemos mencionar o caso de Ramón Mayán, que se veu implicado en dúas causas diferentes: a segunda delas era a 211/36, que data o seu inicio o 6 de novembro, mentres que a 294/36 databa de comezos de agosto. 213 Fernando Barcia Beiras era mestre, membro do PSOE e impulsor da UGT local, ademáis de estar recoñecido na documentación da causa 231/36 como o presidente do Comité de defensa da República. 214 AIMNOR, causa 231/36, peza separada contra Fernando Barcia Beiras; Nomes e Voces, ficha de Fernando Barcia Beiras. 215 Jesús Regueiro Bueno pertencía á CNT local, destacándose no sindicato de artesáns de calzado. 216 AIMNOR, causa 897/37; Nomes e Voces, ficha de Jesús Regueiro Bueno.
Rafael García Ferreira 118 Fonte: elaboración propia cos datos de Nomes e Voces. A pauta que se observa na cidade non difire coa do resto do territorio galego, no que tamén se amosan unhas cifras meirandes para os meses que completaban o ano 1936 con respecto aos seguintes anos de desenrolo do conflito bélico. O triunfo do golpe nos últimos días de xullo e a posibilidade de iniciar os procesos con celeridade posibilitaron que as tarefas de persecución se levaran a cabo con maior intensidade durante a segunda metade do ano, o que implicaba que o número de persoas susceptibles de ser sinaladas descendera debido a que, precisamente, xa fora encausado ou xa estaba inmersa nun proceso sumarísimo. Tampouco podemos obviar o feito de que o curso do conflito cambia en novembro de 1936, cando se ven truncadas as expectativas sublevadas de dominar Madrid. É o momento no que a guerra de columnas, en avance cara a capital do Estado, muda definitivamente cara un escenario bélico do que non se coñecerá a súa duración. 0 10 20 30 40 50 60 70 80 1936 1937 1938 1939 Gráfico 4: executados tras sentenza por ano en Santiago (%). Executados tras sentenza por ano en Santiago (%)
As causas militares. Persecución e relato 119 Fonte: elaboración propia cos datos de Nomes e Voces. A maior intensidade no número de causas abertas, e sobre todo no número de asasinados durante o ano 1936 -cinco meses desteexpresan unha vontade de exercer á violencia extrema, adiantada xa nas instrucións de Mola, onde planeaba actuar con gran decisión sobre o inimigo. Os golpistas servíronse dos mecanismos que tiñan á súa man non so para empregar esta violencia, se non para darlle formalidade e rexistrala como un proceso regulado e, a ollos do seu discurso, legal e lexítimo. O uso de procesos como as causas, auspiciados por unha xurisdición de guerra e por un Código de Xustiza Militar que databa de finais do século XIX, pero que tiña vixencia en situacións de conflito bélico, permitiu aos sublevados poñer en marcha toda esta trama xudicial que actuou con rapidez e eficacia grazas á labor de todos os seus resortes. Todo isto, no caso de Santiago, nun contexto no que a disputa do poder non se dera mediante grandes enfrontamentos nin con choques de forza. 2.2. As causas como construtoras da culpabilidade. O caso da causa 231/36 As causas militares non demostrarían ningunha culpabilidade durante as actuacións que se levaban a cabo polos xuíces instrutores, durante os escritos que entregaban os informantes ou durante as acusacións finais, senón que a construirían a través dun proceso xudicial sumarísimo que en ocasións omitía diversos preceptos legais -como por exemplo, a negación de probas aos acusados e procesados-. Porque a pesar de que se seguisen as formalidades xurídicas propias dos procesos, estes foron igualmente empregados de forma tendenciosa e interesada para favorecer a acusación e o veredicto de culpabilidade, empregándose de xeito evidente a omisión de datos ou sucesos aportados polas diferentes testemuñas participantes, ao que hai que sumar un uso terxiversado das 0 5 10 15 20 25 30 35 40 45 1936 1937 1938 1939 Gráfico 5: executados tras sentenza por ano en Galicia (%). Executados tras sentenza por ano en Galicia (%)
Rafael García Ferreira 120 probas aportadas ao sumario, chegándose á denegación rotunda da presentación de outras aos procesados e aos que actuaron como os seus defensores. Todas estas cuestións son visibles na causa 231/36, á que xa nos temos referido en varias ocasións, e na que se acabaron por condenar a morte a once veciños de Santiago pola súa suposta participación na recollida e reparto de armas e explosivos durante os días 18 e 19 de xullo de 1936, ademais de establecer penas de prisión para outros tres. O proceso comezou pola detención e orde de apertura de instrución, xa o día 26 de xullo, contra Luis Rastrollo, ao que involucraban na requisa dunha partida de armas na estación de ferrocarril na cidade.217 Sen embargo, debido ás investigacións realizadas polos xuíces instrutores que levarán adiante o proceso, van a ir sendo detidas e implicadas outras persoas ata completar o mapa de acusados. Será durante todas estas operacións nas que se sucedan as informacións e as testemuñas que aporten datos á causa, e será desas mesmas de onde se extraían os datos que permitan construír a culpabilidade das vítimas. Ás primeiras dilixencias contra Rastrollo uníanse a declaración do xefe da estación de ferrocarril, Juan Gregorio Rosado, que xa se refire a un grupo de individuos armados que actuaban de xeito violento e que ían armados, sen facer máis referencia a quen portaba as armas e se a actitude á que se refire era simplemente incisiva ou tiña un ton amedrentador. Á aportación do recibo e a orde firmada polo alcalde súmase a declaración do propio Rastrollo, que precisa que o acompañaban dous homes dos que non coñece os nomes e que seguía ordes do alcalde. So con estes datos xa se enviará a información ao Estado Maior da División. A auditoría de guerra decidirá o nomeamento de novo xuíz instrutor para que continúe a tramitación de dilixencias ata completalas. Ou o que é o mesmo, esixía que o proceso se levase a cabo con corrección e en base aos códigos e procedementos propios da xustiza militar, sen evadir formalidades; por outro lado, isto permitiría que a acusación evolucionase e que foran implicadas máis persoas no proceso. Sen ir máis lonxe, o seguinte documento que consta é a posta a disposición da instrución do alcalde xa referenciado, José Germán, para que se procedera á apertura de causa tamén contra el. A acusación comezou a avanzar grazas a un escrito presentado por Aurelio Vidal Ríos, que rexentaba unha das armerías da cidade, na rúa do Vilar, que ofrece unha declaración moi detallada e precisa: parece coñecer perfectamente a todos os que se presentaron para a recollida de armas, dando os nomes dos gardas de seguridade que se presentaron no seu establecemento, así como das persoas que os acompañaban. O seu escrito é moi completo e interesante para a instrución da causa, porque está a aportar os nomes dos gardas de seguridade que testificarán a continuación, pero tamén de parte dos que serán acusados finalmente e, co decorrer do proceso, declarados culpables e condenados. De feito, remataba a súa inculpación asegurando que tiña «la completa y absoluta seguridad de que las armas fueron repartidas entre los diferentes sujetos de que se ha valido el Frente Popular para cometer excesos o hacer frente a las fuerzas del Ejército, dada la aptitud que se observó en esta Ciudad el día veinte del actual».218 Con estas verbas finais, o armeiro non so estaba a criminalizar á Fronte Popular, un dos argumentos máis recorridos á hora de construír o discurso sobre a situación do país nos últimos meses, se non que xa estaba facendo 217 Luis Rastrollo González, licenciado en dereito, fora o maior impulsor do Partido Obreiro de Unificación Marxista en Santiago dende 1935. 218 AIMNOR, causa 231/36, folio 15.
As causas militares. Persecución e relato 121 referencia ao reparto de armas, un punto que conxunto ao da requisa vai a ser clave a través de todo o proceso. Debido á participación de Vidal Ríos, o Delegado de Orde Pública, José Armesto Anta, porá á disposición do comandante militar a Fernando Domínguez Caamaño significándoo como «sujeto de filiación extremista, organizador de los grupos que habían de hostilizar a las fuerzas del Ejército».219 Fernando Domínguez Caamaño era un empregado municipal que pertencía a Izquierda Republicana, un dos partidos da coalición de goberno dende as eleccións de febreiro. Os gardas de seguridade citados eran Constantino Vázquez, José Seoane e Jesús Cajaraville. Todos eles declararán o 1 de agosto, deixando claro que, en efecto, as armas recollidas foron depositadas na alcaldía, dende onde se repartiron, aínda que non acaban de precisar quen se encargou da tarefa e so se aventuran a facer suposicións -como veremos, a implicación das diferentes testemuñas foi variable e non se poden considerar en bloque, se non que hai gradacións, variacións, percepcións... que varían en función da persoa que este a testificar-. Si constatan que había formado un comité, e so Cajaraville decide declarar que entre os mesmos se atopaba o propio alcalde, Fernando Barcia e Marcial Villamor, entre outros dos que descoñecía o seu nome.220 Sen embargo, o punto chave destas declaracións está na precisión que fai o garda Constantino Vázquez: di que acudiu á recollida de armas por orde do alcalde. Un día despois, o rexente da outra armería da cidade, Modesto Rodríguez, volvería a confirmar o que Ríos e o propio Constantino Vázquez: a recollida de armas estaba ordenada polo alcalde. Incidir nesta ten importancia porque é unha das claves para explicar como a culpabilidade das persoas que participaron nos feitos non era probada, se non que foi construída e definida como tal. Todas as declaracións están construídas con posterioridade para explicar que o alcalde e os enviados a recoller armas eran culpables. Pero en todas elas se expresa a legalidade dos feitos, incluso no escrito acusatorio de Vidal Ríos («quienes exhibiendo una orden sellada y firmada por el alcalde»): as requisas de armas estaban ordenadas por José Germán, a máxima autoridade civil da cidade os días 18 e 19 de xullo, que ademais, como declararía con posterioridade el mesmo, estaba seguindo as ordes que recibira telefonicamente do Gobernador civil da provincia. Ademais, os enviados a recoller as armas eran empregados do concello: ou ben membros do corpo de seguridade, ou ben empregados doutro tipo. Serán os golpistas, convertidos en verdugos, os que a sitúen fora da legalidade con posterioridade, nunha lóxica de conversión dos actos de defensa da República en actos de ataque contra o que eles pasarán a considerar lexítimo, isto é, a intervención do exército. As declaracións dos implicados, coma a do propio Germán, non o poden deixar máis claro xa naquel momento, pois explicaba de forma clara o proceder e os fins que tiñan: Examinado convenientemente declara: Que fue él quien dio la orden para la recogida de armas de las armerías y de las expediciones que en la estación se hallaban consignadas para dichas armerías; que dicha orden las dio como alcalde accidental y cumpliendo orden del Gobernador civil de la provincia; que el motivo de esas órdenes era armar al Frente Popular a fin de defender al Gobierno; que las órdenes del Gobernador las recibió el declarante por teléfono; que le auxiliaban en estas operaciones el llamado pleno 219 AIMNOR, causa 231/36, folio. José Armesto Anta será o primeiro Delegado de orde pública que actúe en Santiago, nomeado polo novo Gobernador provincial tras o golpe, e sendo substituído a comezos de agosto. 220 Marcial Villamor, que será declarado en rebeldía, pertencía á CNT, do sindicato de carpinteiros.
Rafael García Ferreira 128 Cadro 3. Procesados na causa os días 9 e 12 de agosto de 1936. Procesado Involucrado por Suceso relacionado Modesto Pasín Noya José Germán, alcalde accidental Santiago Ramos, empregado Pedro Rodríguez, empregado Ricardo Vilas, garda José Armesto Anta, Delegado de Orde Pública Armado Formación do comité Reparto de armas Luis Martínez Nouche Aurelio Vidal Ríos, armeiro Amando Camino, garda Recollida de armas Formación de milicias Ocupación da radio José Maroño Calvo José María Iglesias, artilleiro Antonio Treguerras, artilleiro Santiago Suárez, delator Ramiro Álvarez, empregado José Armesto Anta, Delegado de Orde Pública Formación do comité Reparto de armas Marcial Pérez Martínez José Germán, alcalde accidental Santiago Ramos, empregado José Armesto Anta, Delegado de Orde Pública Armado Formación do comité Francisco Ponte Ces José Armesto, Delegado de Orde Pública Armado Rafael Pardo Carmona Souto Vilas, garda Formación do comité Rafael Frade Peña José Germán, alcalde accidental José Armesto Anta, Delegado de Orde Pública Formación do comité Armado Manuel Maroño Calvo Ramiro Álvarez, empregado Ricardo Vilas, garda José Armesto Anta, Delegado de Orde Pública Formación do comité Reparto de armas Fonte: elaboración propia cos datos de AIMNOR, Causa 231/36. O auto de procesamento, neste caso, xa está máis elaborado que o anterior no sentido da definición da culpabilidade dos procesados. Nel dáse unha terxiversación dos feitos que ocorreron e son deformados, por medio da linguaxe empregada, os actos que persegue a acusación, deformación baseada nun relato golpista, necesario para a construción desa culpabilidade polos golpistas que, atendendo ao marco no que se producen os sucesos e analizando os actos que foron describindo as diversas testemuñas, non era tal. O auto é diferente do anterior porque xa non so fai relación aos feitos en si para establecer a relación dos procesados con eles. Con anterioridade establecíase esa relación recoñecendo que a situación na que se produciran era confusa, e que as testemuñas non acababan de ser concluíntes. Neste caso -e ao igual que no auto que se expedirá
As causas militares. Persecución e relato 129 para o procesamento de Manuel Maroño o día 12 de agostofanse toda unha serie de referencias que están baseadas no falseamento da realidade para xustificar a actuación xudicial contra os procesados. Dicía do seguinte xeito, e anotamos entre paréntese aqueles puntos onde se aprecia isto: RESULTANDO: Que los días diez y ocho, diez y nueve y veinte del pasado julio, al tenerse conocimiento en esta ciudad de Santiago, de que un movimiento Nacional pretendía salvar a España (1), se organizó un llamado comité del Frente Popular o Defensa de la República, que con pretexto de salvar a esta cuando nadie la atacaba (2) se dedicó a cometer una serie de actos que ninguna justificación tenían, tales como asalto de armerías (3), reparto de armas a individuos y la concentración y depósito en la Casa Consistorial de grandes cantidades de dinamita (4), cuyo destino era impedir por todos los medios el triunfo de las fuerzas armadas (5).236 O auto comezaba con referencias xerais ao que ocorrera dende que se iniciara a sublevación, pero facíao terxiversando os feitos ao falar dun movemento que pretendía salvar ao país (1), neste caso cun discurso baleiro aludindo á salvación de España, sen facer ningunha referencia a quen a atacaba nin de que pretendía salvada tal movemento. Discurso baleiro, pero que xustificaría a acción do exército, e ao mesmo tempo impreciso, probablemente porque a estas alturas, na primeira quincena de agosto, nin os mesmos golpistas tiñan claro como se acabarían por definir a si mesmos, nun momento en que tiñan como obxectivo o control da capital do Estado e nin sequera estableceran un mando único de toma de decisións; e a pesar de baleiro, útil, precisamente porque esa indefinición permitía unha mobilidade discursiva o suficientemente ampla para amparar as súas accións. A partir de aí, comeza a terxiversación e o falseamento dos feitos dende o momento en que se di que o comité se formou cando ninguén atacaba o país (2) -para eles sería o comité o que o atacaría-, nunha lóxica de culpabilidade na que os atacantes eran os defensores do réxime legalmente constituído, a República, e non os que realmente a atacaran, o exército golpista. O que ocorrera fora o inicio unha sublevación, da que se era consciente, o que se ve en diferentes declaracións como a de Ánxel Casal, e unha sublevación que estaba en marcha aínda no momento en que se redactaban estes autos. Sobre os feitos específicos ocorridos na cidade, imputados aos procesados, a construción é evidente. Empregase de novo unha linguaxe terxiversada ao falar de asalto ás armerías (3) - convértese unha requisa ordenada polas autoridades nun asalto-, pero examinando as testemuñas queda claro que a recollida de armas non se fixo mediante o asalto violento aos establecementos. Todas elas, incluso na primeira inculpación do armeiro Aurelio Vidal Ríos, falan de requisas, non de asaltos, xustificadas con orde firmada do alcalde e realizadas por membros da Garda de Seguridade, que estaban auxiliados por testemuñas para firmar as ordes; ordes que, ademais, proviñan do Gobernador Civil e que mantiñan a lóxica xerárquica de autoridade e a lóxica de actuación ante a sublevación militar que se estaba a suceder en diversas divisións e guarnicións por todo o país. En canto ao depósito de dinamita na casa do concello (4), é algo que parece estar máis 236 AIMNOR, causa 231/36, folios 129 e 153.
Rafael García Ferreira 130 relacionado coa chegada de mineiros da contorna de Noia-Lousame que coas actuacións ordenadas polo alcalde, como este mesmo fai notar na súa declaración do 5 de agosto, na que recoñece que non tiña ordenado que acudiran a Santiago e que non tiña constancia de ningún depósito de dinamita na casa consistorial; o empregado municipal Pedro Rodríguez, que declararía dous días despois, fai a mesma referencia a que era os mineiros os portadores da dinamita.237 O último punto do auto de procesamento é, quizais, o máis preciso e axustado á realidade, ao afirmarse que o que se tentaba dende a casa consistorial era «impedir por todos los medios el triunfo de las fuerzas armadas» (5). En efecto o que trataban era de defender a República ante a posibilidade de que a sublevación chegara a Santiago, aínda que evidentemente dentro do relato do golpe, da causa e da acusación, isto non será visto como un acto de lexitimidade ante un ataque ao goberno, se non como un ataque aos intereses sublevados, presentados como xustos e necesarios para liberar a nación dos males que a atacaban. A construción desa culpabilidade queda patente xa no informe da instrución no momento de elevalo a instancias superiores. Nel sinala un a un aos procesados e describe as súas accións, pero so en base a aquelas probas acusatorias que os reconstrúen como culpables na exposición dos feitos. Terase en conta a declaración de José Germán («Según declaración de dicho procesado, esas órdenes eran dadas en virtud de otras que recibía del Gobernador Civil y que su actuación obedecía al cumplimiento de esas órdenes»), pero non se facía referencia aos do resto de procesados nas que se explican se tiñan ou non que ver cos feitos polos que os procesan.238 Posteriormente, o fiscal, na súa propia redacción para establecer a acusación, non so volvería a recoller as accións que supostamente levaran a cabo os procesados, se non que se refería a eles como un «delito de lesa patria de traición», sen definilo máis alá de referencialo, solicitando a pena de cadea perpetua a morte.239 O consello de guerra non se celebrará finalmente ata novembro, pero entre tanto cabe destacar outras cuestións que se suceden tras acabar os procesamentos. O último auto data do 12 de agosto, marcando a data na que se esgota a capacidade para inculpar a xente na causa 231/36; outras, como a 588/36 e a 797/36, nas que tamén se procesou a persoas que finalmente serían condenadas a pena de morte, aínda estaban a ser instruídas, dándose os autos de procesamento entre finais de agosto e principios de setembro. Como continuación da violencia, sen embargo, será o momento no que se comecen a suceder os asasinatos sen formación de causa contra veciños da cidade. O primeiro deles xa se da o 14 de agosto, dous días despois de que acaben os procesamentos na causa do comité, sucedéndose o resto ata finais do mes e finalizando o día 2 de setembro -sobre a responsabilidade destes asasinatos faremos referencia posteriormente-. O consello de guerra da 231/36 non se celebrará ata o 19 de novembro -con varias mortes mediante, tanto despois de sentenza como sen formación de causa-. Despois da elección de defensores e a entrega da causa a estes -durante so vinte e catro horas a cada un para a súa revisión- , o proceso parece quedar nun suspenso ata que o 18 de novembro se da a orde da praza para a celebración do consello de guerra o día seguinte, sen que se de ningún motivo nas dilixencias do 237 AIMNOR, causa 231/36, folios 96 e 103. 238 AIMNOR, causa 231/36, folio 171-172. 239 AIMNOR, causa 231/36, folios 202-204.
As causas militares. Persecución e relato 131 xuíz instrutor para tal retraso, que contrasta coa rapidez co que se celebraron outros tras rematarse as instrucións previas. Se ven o volume de presos, de chamada a testemuñas e de documentación desta causa é moito maior, o certo é que esa espera entre a finalización de trámites e a orde de celebración do consello de guerra non parece vir motivada por ningún destes motivos. No tempo, a orde de celebración e reactivación do proceso coincide coa batalla de Madrid e coa resistencia republicana na cidade, así como co incremento de asasinatos en Galicia, presentándose un pico de falecidos precisamente neste mes.240 Tras a vista, será emitida a sentenza, cun veredicto que acabará por definir a culpabilidade de todos os procesados tendo en conta os informes acusatorios e axustándose ás acusacións emitidas neles, que xa a construíran con anterioridade, e da que sairán as consecuentes sentenzas: RESULTANDO que en la ciudad de Santiago de Compostela, donde el arraigo de una legendaria tradición obligaba más a no obstaculizar el desarrollo y triunfo de tan Glorioso movimiento, los hoy procesados, tomaron parte activa y destacada en armar al pueblo, practicar registros, requisar armas, automóviles y en fin trataron de impedir que la autoridad militar, pudiese tomar el mando de la ciudad, actuando concretamente JOSÉ GERMÁN FERNÁNDEZ, que como Alcalde ordenó requisas de armas, dirigió el reparto de las mismas, y ordenó a Guardias de Seguridad entregasen sus pistolas a determinados elementos afectos al Frente Popular; FERNANDO DOMÍNGUEZ CAAMAÑO, intervino en la requisa de armas, de malos antecedentes como extremista, e integrante del Comité denominado de defensa de la República, constituido a la sazón; JOSÉ CARNERO VALENZUELA, que desde la emisora local que se incautó dirigió groseros insultos a Nuestro Glorioso Ejército, ensalzando a la par los crímenes cometidos en la Marina de Guerra, solicitando con anterioridad se le designase para un puesto activo en la Revolución; LUIS RASTROLLO GONZÁLEZ, que se presentó en la estación del ferrocarril, para recoger y recogió una expedición de armas consignadas a armerías de esta ciudad, interviniendo luego en el reparto de ellas en el Ayuntamiento, integrante así mismo del comité; MODESTO PASÍN NOYA, también perteneciente al comité, a quien se le entregó una pistola del Cuerpo de Seguridad, comunista, y que actuó activamente en el Ayuntamiento; LUÍS MARTÍNEZ NOUCHE, que también prestó servicio en la radio, intervino en la requisa de armas a las armerías, requisando antes un coche para tal cometido; MARCIAL PÉREZ MARTÍNEZ, representante del partido Sindicalista en el Comité, a quien se asignó una de las pistolas de referencia; MANUEL MAROÑO CALVO, distribuidor de armas en el Ayuntamiento entre las Juventudes Socialistas; JOSÉ MAROÑO CALVO, también intervino en el reparto de armas e integraba el comité en representación de los Socialistas (Juventudes); FRANCISCO PONTE CES, que utilizó una de las pistolas pertenecientes a las Fuerzas de Seguridad, efectuando detenciones en los alrededores de Santiago; RAFAEL PARDO CARMONA, organizador de los grupos de individuos que en la Plaza del Ayuntamiento estaban armados de escopetas, y a los que daba instrucciones al caso; RAFAEL FRADE PEÑA, representante en el comité del partido Unión Republicana del que era Secretario, figurando también como uno de los que debía utilizar las pistolas de las Fuerzas de Seguridad; JESÚS LEMA LEMA, que asistió a aquellos días al Ayuntamiento, desde cuyo balcón habló a las masas, si bien al parecer para contenerlas.241 240 Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho «Os verdugos no golpe de Estado de 1936. Quen matou a Antonio Azarola?», en Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho (eds.), Golpistas e verdugos de 1936..., pp. 31-32. 241 AIMNOR, causa 231/36, folios 363v. e 364.
Rafael García Ferreira 132 Cadro 4. Condenas e execución da condena dos involucrados. Pena imposta Resolución final Condenados Pena de morte Fusilados o día 03/12/1936 José Germán Fernández Fernando Domínguez Caamaño Luis Rastrollo González Modesto Pasín Noya Luis Martínez Nouche Manuel Maroño Calvo José Maroño Calvo Francisco Ponte Ces Rafael Pardo Carmona Rafael Frade Peña Pena de morte Conmutación a cadea perpetua José Carnero Valenzuela Cadea perpetua Prisión Marcial Pérez Martínez Jesús Lema Lema Fonte: elaboración propia cos datos de AIMNOR, Causa 231/36. A sentenza da causa acabará a construción da culpabilidade dos procesados. En consonancia cos informes da instrución e da fiscalía, interpretaba as accións do comité como un entorpecemento e unha confrontación directa da acción que se pasaba a considerar lexítima: a intervención do exército. A sentenza, así, acababa de construír o relato xudicial sobre o ocorrido. Relacionaba aos procesados con actos violentos, convertendo cuestións como a recollida de armas en actos subversivos e violentos que non se realizaron en ningún momento. Non se ten en conta que se estaba a actuar ante unha situación subversiva dun corpo preparado e armado militarmente como o exército, e convértense as accións de goberno en actos revolucionarios en contra duns intereses que pasan a considerarse lexítimos en base as argumentacións do relato golpista. A formación do comité defínese como un acto revolucionario, o que implica definilo como un asalto ao poder que, de novo non se produciu, pois de feito a entrega deste aos militares golpistas fora feito de forma totalmente pacífica na madrugada do 21 de xullo. Esa é a verdadeira construción da culpabilidade dos acusados, procesados e condenados na causa 231/36, como é no caso doutros procesados e condenados en diferentes procesos: converter accións contempladas nun marco legal determinado en tentativas subversivas que pretenden romper a legalidade, asociando determinadas cuestións en violencia armada revolucionaria, cando realmente non ocorrera nada parecido. Os feitos son lidos dende a vontade de terxiversalos para definir culpables e chegar a un marco no que a súa eliminación ou o paso a prisión se xustificaba e se facía efectivo.
As causas militares. Persecución e relato 133 2.3. As causas como construtoras do relato golpista 2.3.1. O estado de guerra como piar da xustiza militar A declaración do estado de guerra foi o que outorgou un marco de aparencia para a actuación dos golpistas para que estes comezaran a empregar a xustiza militar dende finais de xullo naqueles territorios que quedaron baixo o seu control. Pois era este estado de guerra o que amparaba, segundo a Lei de Orde Pública de 1933, que as autoridades militares adoptaran medidas para a restauración da paz pública e que instruíran as causas que foran necesarias para o seu fallo en consello de guerra. En efecto, a citada lei autorizaba que as autoridades militares adoptaran as medidas que foran necesarias en momentos no que a autoridade civil non contaba coa capacidade para recuperar a orde, e facíao mediante o mecanismo da declaración do estado de guerra. Os bandos que o declararon en xullo de 1936 xa adiantaban que, no sucesivo e dende a súa promulgación, quedaban suxeitos á xurisdición de guerra toda unha serie de actos e conductas que pasarían a xulgarse en xuízo sumarísimo baixo os métodos que estipulaba o Código de Xustiza Militar. Os bandos emitidos dende a cabeceira da División por Enrique Cánovas Lacruz o 20 de xullo, e dende Santiago de Compostela por Bermúdez de Castro na madrugada do día 21, serán un adianto do que se asinará en Burgos o día 31 do mesmo mes, cando será emitido o da Junta de Defensa Nacional, que facía extensivo o estado de guerra a todo o territorio e que volvía a incidir no sometemento de diversos delitos á xurisdición de guerra.242 A cuestión fundamental neste contexto foi a declaración do estado de guerra, que se ben amparaba legalmente o uso dos procesos sumarísimos, fora declarado de xeito irregular por parte dunhas autoridades militares que non tiñan esa potestade. No seu Capítulo IV, artigo 48, a Lei de Orde Pública sancionaba que a declaración era unha competencia da autoridade civil, que delegaría na militar a posta en marcha de medidas para asegurar a paz: Artículo 48. Si la Autoridad civil, una vez empleados todos los medios que en circunstancias ordinarias dispone, y, en su caso, los que para las extraordinarias le otorgan los precedentes capítulos, no pudiera por si sola, ni auxiliada por la judicial y por la militar, dominar en breve término la agitación, ni restablecer el orden, lo prevendrá en un bando que publicará con la solemnidad posible, y al propio tiempo se pondrá urgentemente en relación con la Autoridad judicial ordinaria, la militar y el Auditor de la jurisdicción y dispondrá la inmediata declaración del estado de guerra, produciendo seguidamente la Autoridad militar la adopción de medidas que reclamen la paz pública. De todo ello se dará directamente cuenta inmediata al Gobierno y a las Autoridades superiores jerárquicas respectivamente.243 Debido a esta declaración, os golpistas implantaron un marco lexislativo sobre o que empregaron os procesos sumarísimos contra a poboación civil. Pero como resulta evidente este 242 O bando de Enrique Cánovas Lacruz e o da Junta de Defensa Nacional en AHUS, AM 544, Bandos da alcaldía de Santiago de Compostela, 20 e 31 de xullo de 1936; o de Bermúdez de Castro en AGMAv., C. 47100, C. 27, Informes sobre averiguación de conducta, folios 13-15. 243 Gaceta de Madrid, 30 de xullo de 1933.
Rafael García Ferreira 134 marco non tiña base legal nin estaba amparado polas autoridades que o debían por en marcha, pois foi promulgado en base a un golpe de Estado militar contra os órganos de goberno republicanos. Os golpistas actuaron en base a preceptos legais e xurídicos que xa existían con anterioridade, a Lei de Orde pública e o Código de Xustiza Militar, pero non o fixeron en base ás canles que marcaba esa lexislación, se non amparados nun golpe militar primeiro e na terxiversación discursiva a continuación para amosarse como autoridades lexítimas e competentes no momento de empregar os procedementos sumarios. A súa actuación en materia de control da orde pública e a súa actuación xudicial non estaba amparada pola execución do mencionado artigo por parte da autoridade civil, se non por unha actuación unilateral levada a cabo pola parte do exército que se sublevou.
As causas militares. Persecución e relato 135 Figura 5. Bando declaratoria do estado de guerra, emitido polo golpista Enríque Cánovas Lacruz na Coruña. AHUS, AM 544, Bandos da alcaldía de Santiago de Compostela.
Rafael García Ferreira 136 2.3.2. A construción do relato nas causas militares En medio de toda a follaxe que conformaban os procesos sumarísimos, houbo varios puntos nos que que as instancias participantes fixeron gala da capacidade que tiveron os golpistas para construír o seu relato dende o primeiro momento. Moitos dos discursos e argumentos que conforman este, mitificados polo seu uso constante durante os anos e décadas posteriores, poden ser identificados nos seus primeiros estadios nos informes de xuíces instrutores e fiscais e, sobre todo e de forma modélica, na narrativa xustificadora do golpe de Estado que acompañaba ás sentencias sancionadas polos consellos de guerra. Unha ladaíña de argumentos que tiñan traslado a outros ámbitos como a prensa, pero que aquí tiñan unha relevancia significativa, xa que non eran empregados nun sentido propagandístico, se non como unha das bases para argumentar a apreciación de culpabilidade das vítimas e a imposición da condena en base a accións levadas a cabo con anterioridade. Así, reproducir este tipo de mensaxes nas causas militares tiña un dobre sentido: o discurso amparaba a culpabilidade das vítimas -ante unha sucesión de feitos dedúcese unha culpabilidadee a culpabilidade que se establecía amparaba o discurso -se alguén é culpable por unha acción, quere dicir que esa acción é punible, aceptándose o discurso previo-. A realidade xurídica imposta polos golpistas pasaba a considerar que as autoridades militares tomaran o poder de xeito lexítimo entre o 16 e o 17 de xullo, polo que ter defendido o poder lexítimo das autoridades republicanas con posterioridade supoñía unha rebelión, unha sublevación contra o poder lexítimo establecido, terxiversando a orde de legalidade-mesmo a temporalidadeque realmente sucedera. Do mesmo xeito, pasouse a considerar calquera tipo de actividade política de apoio aos partidos da Fronte Popular ou á actividade sindical que se dera dende comezos de outubro de 1934 como actos susceptibles de ser condenados como de adhesión á rebelión, xa que terían contribuído a aumentar o desorde do país, que era motivo alegado polo exército para forzar unha intervención e a toma de poder en xullo de 1936.244 O discurso non se atiña tan so aos feitos ocorridos nos días que foron dende o 17 de xullo ata que se logrou o control do territorio, se non que se retraían ata, cando menos, as eleccións de febreiro. O seu obxectivo pasaba por culpabilizar á coalición electoral da Fronte Popular e aos seus achegados de parasitar o goberno do Estado, creando unha situación no conxunto do país insostible, que sería a que finalmente tería forzado a actuación dunha parte das forzas armadas. Aderezada con outros compoñentes, pero en base a esta idea, será como se vaia creando toda unha liña discursiva que, documentalmente, se pode apreciar de xeito moi claro durante os procesos sumarísimos. A discursiva golpista pode apreciarse con claridade e fundamentalmente en dous estadios dos procesos sumarísimos: nos informes emitidos polos fiscais, confeccionados para elaborar a acusación ante o consello de guerra, e redactados despois de que reciban os informes dos xuíces instrutores -estes, oficiais do exército, da mesma guarnición santiaguesacoa información de todo o actuado; e nas sentenzas dos consellos de guerra, concretamente en toda a literatura engadida con anterioridade á relación de condenas dos procesados. En ambos casos, informes e sentenzas, contan con toda unha serie de argumentos previos aos escritos de acusación e de imposición de penas nos que se consideran os feitos ocorridos con anterioridade aos sucesos. Nestes podemos 244 Paul Preston, El holocausto español. Odio y exterminio en la guerra civil y después, Barcelona, Debate, 2011, p. 617.
As causas militares. Persecución e relato 137 atopar argumentos que xustifican a actuación do exército en xullo de 1936, argumentos que están interpretados de forma que se defina a culpabilidade dos acusados aínda que actuaran nun marco legal vixente no seu momento e que dean por boa a intervención militar debido á situación previa no país. Para mostra, o primeiro escrito do fiscal, do 4 de setembro, na causa máis relevante de Santiago e que xa vimos, a 231/36, na que se aprecian perfectamente toda a literatura e argumentos golpistas: Después de las elecciones de Diputados a Cortes de Febrero último, en las que con amaños y falsedades obtuvo la coalición electoral llamada Frente Popular una mayoría que no respondía a la proporción de votos con que contaba en el país (1), comenzó en la nación una época de atropellos y abusos, que si al pronto pareció que se realizaba sin la equiescencia del Gobierno, bien pudo verse lo contrario por la actitud observada por este en las Cortes, frente a los más ilustres parlamentarios de la oposición, y por el amparo que en las calles y los campos ofreció a los autores de los atropellos y las tropelías (2). Esta actitud del Gobierno de la Nación de practicar detenciones gubernativas de personas de distinta idea política; remover a otras de los cargos públicos que legalmente desempeñaban; destituir de los mandos militares a gran número de jefes por el hecho de no pertenecer al Frente Popular y otros muchos abusos que no es de este momento detallar (3) se unió a la conducta observada en las Cortes, impidiendo a los Diputados que no eran afectos el pleno ejercicio de sus funciones y llegando hasta permitir que algunos de ellos fueran objeto de agresiones o aconsejándoles para evitarlas que no asistieran al Parlamento, culminando esta actitud del Gobierno en la amenaza dirigida, y desgraciadamente, ejecutada, en uno de los más ilustres representantes de la oposición parlamentaria (4); y también de la declaración solemne que hizo el Jefe del Gobierno de considerarse beligerante contra el partido llamado fascista en el cual graciosamente se incluía a todo ciudadano que no pertenecía al Frente Popular. A ojos de la parte sana de la Nación y a juicio del Ejército, médula espinal de ella, la conducta del Gobierno representaba un abandono en sus funciones más elementales, y esto significaba que no obraba en la libertad de acción y ecuanimidad propias de los Gobiernos de los países civilizados, sino como mero instrumento de una parte, no la mejor ni la más numerosa de la Nación española: o sea en una palabra, que el Gobierno era prisionero del Frente Popular (5). Este Frente Popular está constituido en su inmensa mayoría por los elementos obreros afiliados al marxismo cuyo programa fundamental consiste en llegar por la violencia a la llamada dictadura del proletariado, fin no autorizados por la Constitución nacional y que consiste en arrancar del pecho de los españoles la veneración y el respeto a todas las ideas que desde hace siglos constituyes la esencia de su nacionalidad y son además la base espiritual sobre la que se apoya la civilización europea (6). Al estar definitivamente en pugna estos principios marxistas con el sentir de la mayoría de los españoles, y verse estos amenazados en sus creencias, en sus personas y en sus bienes por el Frente Popular que según noticias fidedignas procuraba armar a sus afiliados para dar la batalla final a los demás españoles, comprendieron estos la traición que con ellos se cometía, pues se usaban los resortes del Poder para destruir la Nación española, y decidieron antes de morir a mano armada cuando sus enemigos juzgasen oportuno, alzarse con las armas en la mano contra un Gobierno y un partido político que los traicionaba como ciudadanos al no cumplir las obligaciones gubernamentales, y que los traicionaba como españoles al pretender desfigurar y vulnerar las esencias de la Nación española.
Rafael García Ferreira 144 nin, en consonancia co discurso que imperaba nos procesos, á irregularidade coa que fora declarado o estado de guerra.260 A incompatibilidade de xurisdición era mencionada como un recurso no propio Código de Xustiza Militar, concretamente no punto primeiro do artigo 548, como unha das alegacións que podía facer a defensa unha vez que lle foran lidos os cargos ao acusado. Esta incompatibilidade foi asociada en diferentes escritos dos defensores coa comisión dos feitos a xulgar con anterioridade á declaración do estado de guerra, pero sen interpelar directamente a cuestión de que este non se establecera sen que mediaran todas as condicións que reclamaba a lexislación, é dicir, sen apuntar nin sinalar ás autoridades militares directamente. Aínda así, algúns escritos de defensa non quedaban lonxe disto e non rexeitaban falar das autoridades lexítimas que aínda conservaban o poder antes do 21 de xullo, como ocorreu con posterioridade no mesmo caso de Xoán Xesús. No seu caso, auxiliado polo tenente de artillaría Luis Ledo Hermosilla, expoñeríase non so que o acusado estaba baixo as ordes das autoridades que rexían a vida política naquel momento, se non que se apuntaba que o delito de rebelión polo que se pretendía xulgar a Xoán Xesús non era aplicable debido a que aínda non estaba constituída a Junta de Defensa Nacional no momento en que cometera os actos, e que polo tanto non incurrira en «alzamiento en armas contra Constitución, el Presidente de la República, la Asamblea Constituyente, los cuerpos colegisladores y menos todavía contra el gobierno Consitucional y legítimo».261 O argumento de que aos xulgados en consello de guerra por delito de rebelión non se lles podían aplicar os preceptos estipulados nos bandos de guerra foi frecuente nas alegacións das defensas, incluso naquelas que non eran expostas por avogados civís. Unha vez que estaba decidido que a causa sería vista en consello de guerra, os procesados recibían unha lista dos oficiais dispoñibles para levar a cabo a súa defensa, de entre os cales podían escoller quen sería o encargado de representalos ante o consello, aínda que como vimos, tiveron a opción de escoller a letrados profesionais para este cometido. No caso destes podemos atopar deliberacións máis extensas e desenvoltas nas que se elabora un discurso moito máis complexo e apoiado en preceptos legais preexistentes para argumentar que os delitos que se estaban a xulgar non eran competencia da xurisdición de guerra, que non tiñan a gravidade que lles era atribuída pola acusación ou que non debían ser considerados delitos. Os argumentos das defensas realizadas por oficiais, sen embargo, aínda que sen amosar un coñecemento tan profundo en leis e literatura como a que amosaban os letrados, tamén aludiron aos mesmos preceptos de incompatibilidade da xurisdición de guerra debido a que os actos xulgados foran cometidos con anterioridade á emisión dos bandos. Entre os argumentos recorrentes podemos atopar outros como a alusión ao seguimento de ordes xerárquicas que facían os procesados, unha alusión que pretendía descargalos de responsabilidade e así atenuar a condena que se pedía para eles. No caso de José Germán, defendido polo tenente de artillaría Cándido García, fundamentase a defensa en que o procesado actuaba como alcalde accidental e que toda a súa actuación está baseada na obediencia ás ordes que vai recibindo dende o Goberno 260 AIMNOR, causa 588/36, folios 23-24. 261 AIMNOR, causa 588/36, folio 42.
As causas militares. Persecución e relato 145 Civil da Coruña, razón pola que se chegaría a alegar que os preceptos expresados no bando de declaración de guerra non o alcanzarían.262 A defensa con maior carga argumental ven, precisamente, do avogado José Reino Caamaño,263 que se encargou das defensas de Fernando Domínguez Caamaño e Luis Rastrollo. Reino Caamaño elabora unha defensa fundamentada en que as accións xulgadas tiveran lugar con anterioridade ao 21 de xullo e en que os seus defendidos seguían as ordes de autoridades superiores. Sen embargo, como diciamos, a riqueza da súa defensa non está en empregar tan so a referencia a que os feitos serían xulgados con retroactividade, se non a fundamentar que as accións levadas a cabo estaban amparadas polas decisións das autoridades competentes no momento de realizarse, pero tamén pola lexitimidade do goberno e da lexislación que imperaba no momento en que se levarían a cabo. A pesar de que se trataba de defender que os acusados eran executores desas ordes superiores, o discurso elaborado confrontaba totalmente o que establecían os golpistas, remarcando que antes da sublevación o goberno era a representación soberana dos cidadáns e que como tal actuaba a través das súas autoridades con toda lexitimidade: Por eso, con excelente buen sentido, el bando de declaración de guerra de 21 de julio de este año no menciona siquiera ese delito [de lesa patria de traición], que no existía antes de ese momento, y nombra y refiere solamente los de rebelión, sedición o desorden. Hasta entonces el Estado en su representación soberana, era el Gobierno, que actuaba en el país por órgano de sus autoridades y por el servicio de sus agentes. (...) Y eras atribuciones que la ley daba al Gobernador, pues el artículo 28 de la Ley de Orden Público, y en relación con él y para el estado de alarma, el 37, declaran que la autoridad gubernativa puede decretar la intervención de industrias y comercios, regular la circulación, y tomar las medidas que aseguren el orden público, sin traspasar el cuadro de garantías que el Gobierno haya suspendido. Por eso obran en autos las órdenes del Alcalde, las actas de intervención, los oficios de entrega de armamento, sin que ninguna emane del Comité ni muestre que Fernando Domínguez o Luis Rastrollo obrasen por propia iniciativa, por desobeciencia al Comité o por ejecución de otras órdenes que las mismas emanadas de la alcaldía, que sus agentes y auxiliares cumplieron.264 Os argumentos que expón Reino Caamaño están apoiados na lexislación previa e en curso durante as xornadas de xullo nas que se levaron a cabo as accións xulgadas, como a Lei de Orde Pública, que daba un marco legal para emprendelas. Neste sentido diferenciase das alegacións presentadas por oficiais militares, que en ocasións empregaron argumentacións parecidas, aínda que sen desenvolvelas dun xeito tan rico e desenvolvéndoas con amparo do Código de Xustiza Militar. Deste xeito non se fundamentarían en que as accións estiveran amparadas polo recollido na lexislación republicana, se non que ao non ter sido realizadas en campaña ou co estado de guerra declarado non serían susceptibles de ser consideradas como delito de rebelión. Aínda que isto fixera 262 AIMNOR, causa 231/36, folios 175, 314 e ss. 263 Letrado profesional de gran reputación, fora deputado en cortes polo Partido Republicano Conservador. 264 AIMNOR, causa 231/36, folios 318 e ss.
Rafael García Ferreira 146 que as defensas non foran tan ricas en argumentos como a de Reino Caamaño, seguían a incidir en que as accións eran xulgadas con retroactividade e sen base legal para a imposición da pena de morte, o que motivou o mesmo resultado: se ben o fiscal pedía, na mesma 231/36, que os feitos foran xulgados como de lesa patria en relación co punto sexto do artigo 223 do Código de Xustiza Militar -«Que en campaña o territorio declarado en estado de guerra...»-, tras as alegacións presentadas, o consello de guerra pasaría a recoñecer aos presos como perpetradores do delito non de traición, se non de rebelión militar, tipificado no artigo 237, que recollía que serían merecedores de ser considerados así aqueles que «hostilicen a las fuerzas del Ejército antes o después de haberse declarado el estado de guerra». En calquera caso, iso non acababa de demostrar ningunha culpabilidade. O cambio de artigo para fundan a condena so era un recurso para poder impoñer esta, pero non cambiaba o feito de que os sucesos se xulgaran con retroactividade, non so en base a unha lexislación que non estaba vixente no momento en que ocorreran, se non obviando que estaban amparados por un marco legal lexítimo no seu momento como era a Lei de Orde Pública. Deste xeito, os procesos seguían o camiño que marcaba o Código de Xustiza Militar en todas as súas formalidades. Uns anos despois, en 1939, e no contexto do proceso que o condenaría a pena de morte, o xuíz Francisco Javier Elola Díaz-Varela, natural de lugo, definiría a situación que se deu dende finais de xullo axustando o seu relato aos feitos nun discurso máis contundente, incluso, que os das defensas que acabamos de sinalar:265 Surge la rebelión por el alzamiento colectivo en armas contra un poder legalmente constituido. El dieciocho de julio de mil novecientos treinta y seis existía un Estado con todas las condiciones jurídicas y reales a las que debía su ser en el mundo internacional. Era el de la República Española. Se regía por una Ley fundamental: la Constitución de diciembre de mil novecientos treinta y uno. Su estructura era racionalizada. Hallábase dotada de leyes, reguladoras de su vida interior. Poseía organismos públicos en pleno funcionamiento (...) No se concibe, pues, una rebelión del Estado organizado, contra una minoría que por las razones sociales y políticas que la asistiesen para combatir el poder legal y formal se había levantado en armas contra aquel. Real y jurídicamente la rebeldía estaba en el campo de los que se levantaron contra el Estado republicano y no se consolidó como tal Poder (...) Por lo tanto, en los primeros meses a partir de julio de mil novecientos treinta y seis, no podía calificarse de rebelde al servidor del Estado, ni al Estado mismo (...) El Estado naciente podrá calificarnos de afectos o desafectos, de leales o de sospechosos, de confianza o desconfianza, pero jamás como rebeldes para fundar sobre esa calificación jurídica una sanción penal. (...) Las ideas no delinquen, sino las conductas, férreamente subsumidas en los preceptos legales coetáneos a sus presuntas infracciones. Todo otro criterio sería horriblemente injusto, inicuo, desmoralizador y contrario a los intereses del Estado nuevo, en régimen jurídico de permanencia y de convivencia social.266 265 Nomes e Voces, ficha de Francisco Javier Elola Díaz-Varela. 266 Citado en José Babiano et al., Verdugos impunes. El Franquismo y la violación sistémica de los derechos humanos, Barcelona, Pasado y Presente, 2018, pp. 59-60.
As causas militares. Persecución e relato 147 Esta exposición dos feitos difería na forma de presentalos ante o proceso sumarísimo. As defensas das causas examinadas para Santiago conteñen referencias á incompatibilidade da xurisdición de guerra coas actuacións que se estaban xulgando por estar aquelas enmarcadas no marco legal da República, sen que mediara estado de guerra, pero non amosan unha exposición dos feitos no que se reivindique a legalidade republicana fronte á imposición dunha lexislación de guerra para xulgar actos de rebelión. Todo o contrario, pois as alegacións das defensas estaban acompañadas por unha completa literatura na que se repetían os argumentos, discursos e relatos que comezaban a establecer fiscais e consellos de guerra como acompañamento á hora de expoñer acusacións e condenas; algo que ocorría tanto no caso dos defensores con cargo militar que eran postos á disposición dos acusados como cos avogados civís que exerceron en ocasións nos procesos. Non constatamos se o fixeron por temor ou por contemporizar cos tribunais para tratar de reducir as condenas, pero o certo é que eses discursos van da man das defensas, sen que iso servira para que finalmente alegacións como a de José Reino Caamaño, que tras expoñer os feitos e os preceptos legais nos que se amparaba para demostrara inocencia dos seus defendidos, non tiveran castigo, pois o letrado incluso chegaría a ser multado posteriormente.267 O que evidenciaban as defensas tamén era o que Serrano Suñer, dirixente sublevado e cuñado de Franco, definiría como «justicia al revés» moitos anos despois. Aínda que ninguén o faría de xeito tan explícito nin cunhas referencias tan claras como el -escribía corenta anos despois dos feitos-, o certo é que defensas como a de Reino Caamaño incidían en que a legalidade vixente era a republicana. Serrano, pola súa banda, explicaría a situación que se deu dende finais de xullo en relación aos tribunais militares: Se estableció que los «rebeldes» eran los frente-populistas, olvidando que la rebeldía contra una situación que se estimaba injusta -rebeldía santa en la idea de muchosestaba jurídicamente en el Alzamiento Nacional. Razón de la que resulta que los rebeldes contra el Gobierno del Estado constituido -republicanoeran a tenor del Código de Justicia Militar, los que se alzaron y todos los que les asistimos y colaboramos, y que no podían ser jurídicamente tales quienes estaban con el Gobierno «constituido», por mucho que en nuestra conciencia ante los excesos y el proceso de disolución seguido por el Gobierno del «Frente Popular» se justificara la rebelión. Sobre esta base de la «justicia al revés» -sistema insólito en la historia de las convulsiones político sociales-, comenzaron a funcionar los Consejos de Guerra para juzgar y condenar -a muerte, en muchos casos, y a penas de privación de libertad en otros máscon el carácter de rebeldes en armas, a quienes se oponían al Alzamiento militar y defendían al Gobierno del «Frente Popular», y, por extensión, a quienes habían pertenecido, como dirigentes o meros afiliados, a partidos políticos o agrupaciones sindicales, frentepopulistas; a quienes habían tenido una actuación al lado de los mismos -como la de haber sido interventor o apoderado de ellos en las elecciones de 1935-, o simplemente a quienes se estimaba de ideología izquierdista. En todos estos supuestos la condena era, generalmente, por rebelión, adhesión, auxilio, excitación o provocación a la rebelión, sin que existiera, en los inculpados, actitud de rebeldía, sino simplemente una conducta política contraria.268 267 X. Amancio Liñares Giraut, Negreira na guerra do 36, Sada, Edicións do Castro, 1993, p. 181. 268 Ramón Serrano Suñer, Entre el silencio y la propaganda, la Historia como fue. Memorias, Barcelona, Editorial Planeta, 1977, pp. 245-246.
Rafael García Ferreira 148 Á marxe destas, tamén existiron defensas que non botaron man destes recursos, nas que o descargo de culpabilidade por atoparse o acusado nunha situación subordinada chegaban a ir acompañados da caracterización do mesmo como un individuo ignorante e manipulable para resaltar a súa condición de executor das ideas e propósitos de outros ao que se amosa como alguén non sería consciente das accións nas que estaba a incorrer. Na causa 77/36, Luis Barreiro Paradela, tenente de infantería, defende a Juan Antonio Arce -acusado da detención de destacados falanxistas, da práctica de rexistros en domicilios particulares e de ir a Coruña para defender á Repúblicadescribíndoo como un ignorante e un analfabeto ao que lle puxeran un arma na man sen ter nin idea do que realmente facía, e remataba dicindo que «sería de imaginar (...) si con la escopeta en la mano se habrá proporcionado una satisfacción idéntica a la que experimenta un niño con la suya de juguete, o la de un salvaje ante las cuentas irisadas de un collar de cristal barato».269 De José Carnero Valenzuela, encartado na 231/36, faríase unha valoración máis fundamentada en problemas psicolóxicos arrastrados dende a infancia para descargar de culpabilidade os seus actos. Para o seu defensor quedaba clara a súa condición de subordinado por ser un militante, e non un líder, da Fronte Popular, pero tamén a súa incapacidade para tomar decisións lóxicas debido a toda unha serie de problemas de personalidade e de saúde mental, concluíndo que «Se trata de un enfermo con intensa herencia morbosa y neuropática y personalidad esquizoide muy marcada».270 2.4. Quen é quen nunha causa militar? No desenvolvemento das causas estiveron presentes diferentes tipos de persoas e autoridades, dende as vítimas ata os verdugos, pasando por toda unha serie de intermediarios representados en testemuñas ou naquelas persoas que aportaban os datos solicitados polos xuíces instrutores dos procesos. Os primeiros non presentan dificultades á hora de definilos: son aqueles que son acusados de certa acción ou accións e sobre as que se decidirá a súa culpabilidade ou inocencia. A acusación podía ser individual ou compartida en cada causa, ao igual que a sentencia, que podía ser a mesma para todos os procesados ou que podía diferenciar diferentes niveis segundo se establecera un maior ou menor grado de culpabilidade en relación cos feitos que se lles atribuían. A definición que facemos das persoas que sufriron os procesos como «vítimas» - non referíndonos a elas como acusados ou condenados-, ven dada polo marco no que comezaron a celebrarse os procesos sumarísimos dende finais de xullo de 1936 e a situación de dereito que os amaraba: o uso da xustiza castrense estaba autorizada polos bandos de declaración de estado de guerra, asinados por unhas autoridades militares que non tiñan esa potestade se non lla concedía a civil. Sen embargo, no referente aos que actuaron como verdugos, a cuestión é máis complexa, xa que no decurso dos procesos participan toda unha serie de autoridades e subordinados que ditan e executan ordes co fin de que a causa, como proceso burocrático, siga o seu camiño. A complexidade dun procedemento xudicial, e que este non dependera tan so das autoridades locais, 269 AIMNOR, causa 77/36, folios 37 e ss. 270 AIMNOR, causa 231/36, folios 343 e ss.
As causas militares. Persecución e relato 149 se non que se tiña que xestionar tamén dende a auditoría de guerra e dende a xefatura da división, ambas sitas na cidade da Coruña, facía que involucrara a diferentes responsables. Isto, que pode parecer obvio ao falar dun procedemento xudicial, tórnase en que para o que serviu en realidade foi para que a responsabilidade se vira repartida entre os participantes na causa dende o punto de vista da acusación e da imposición da condena en base á construción dunha culpabilidade a través de todo o proceso. Veremos quen tivo maior acción sobre a construción desa culpabilidade e como se repartían os roles dos diferentes participantes nun proceso destas características. 2.4.1. Un perfil das vítimas mortais De entre todos os sucesos que se rexistran para as vítimas consecuencia do golpe de Estado, a categoría máis extrema é a daqueles que foron executados, e neste caso, os executados tras sentenza a pena de morte en consello de guerra, un total de vinte veciños xulgados e executados na cidade. Atendendo ao gráfico número X observamos que o número destes foi menor que aqueles que finalmente foron condenados a penas de cárcere ou que o dos que foron sobresidos e postos en liberdade. Aínda que unha cantidade substancial de persoas -non menos de 120 veciños segundo as nosas pescudas en Nomes e Vocesestiveron involucradas nun proceso, tan so unha parte delas foi finalmente asasinada. Por que? Por que a violencia contra uns chegou a tal extremo, mentres que contra outros so se chegou a encadealos? Rexeitamos aquí que a resposta a estas preguntas sexa a de considerar que os procesos e os seus resultados estiveran guiados pola arbitrariedade nas decisións; rexeitamos, do mesmo xeito, que simplemente foran unha farsa na que se eliminaba todo rastro de formalidade e na que so se trataba de concluír unha condena pois, como veremos, os procesos foron levados a cabo seguindo estritamente as directrices que marcaba o Código de Xustiza Militar. As cifras amosan que máis dun corenta por cento dos involucrados na instrución dunha causa foron finalmente postos en liberdade, o que fala máis da facilidade para que se dera a sospeita, a acusación e o inicio dun procedemento contra alguén que da facilidade para finalmente condenalo. Aínda que as testemuñas, as probas ou os informes puideran ser empregados de xeito tendencioso por xuíces instrutores e fiscais para definir a culpabilidade dos procesados, o certo é que estes tiñan que existir cun mínimo de coherencia para que os procesos acabasen por saír adiante, incluso dentro dun relato golpista que criminalizaba feitos de forma retroactiva.
Rafael García Ferreira 150 Fonte: elaboración propia cos datos de Nomes e Voces. Segundo o estudado e coñecendo o perfil dos executados, podemos establecer algúns patróns no referente aos detidos e procesados, incluso atendendo á cuestión de que a militancia política, a pertenza a un partido político concreto ou a adscrición á coalición da Fronte Popular, non sempre funcionou como un determinante automático para que alguén fora perseguido e convertido en vítima.271 Aínda que as referencias en abstracto á Fronte Popular foron frecuentes no relato elaborado polos golpistas, o certo é que a pertenza a un dos partidos que o conformaron non significou que inmediatamente se inculpara a alguén. En Santiago podemos observar isto, pois non serían involucrados nun proceso sumarísimo todos os membros da última corporación republicana que administrou a política local entre febreiro e xullo, todos eles pertencentes a partidos da coalición, se non que serían procesados e condenados aqueles que se considerou que tomaron parte activa do comité que actuou nos días 18, 19 e 20 de xullo, levando a cabo a recollida e reparto de armas entre persoas afectas para facer fronte a unha posible actuación militar. De entre todos os membros da última corporación republicana que sufriron algún tipo de persecución ou foron vítimas dun proceso violento, so José Germán será condenado a morte en causa militar, aínda que na lóxica da causa por ser considerado responsable dos sucesos relacionados co comité e non pola súa actividade política anterior. A lóxica disto podería estar relacionada coa dimisión da última corporación municipal a finais de xullo -aínda que seguiu actuando en funcións ante a falta de novos nomeamentos por parte do Gobernador Civil-, encabezada polo propio alcalde, que supoñía que os rexedores do goberno local se atopaban por iniciativa propia despoxados dos seus cargos e, por iso, non era necesario aplicar a eliminación física dos gobernantes lexítimos para que estes foran substituídos por unha nova corporación. Isto, sen embargo, non acaba de ser determinante, 271 Esta interpretación, baseada nun estudo de maior amplitude en José Babiano et al., Verdugos impunes…, p. 99. 0 5 10 15 20 25 30 35 40 45 Executados Penas de prisión Sobresidos/liberdade Outros resultados Gráfico 6. Vítimas segundo resolución en causa militar en Santiago (%). Vítimas segundo resolución (%)
As causas militares. Persecución e relato 151 pois contraponse co feito de que o alcalde Ánxel Casal será asasinado en agosto de 1936, algo que lle ocorrería tamén ao concelleiro de Unión Republicana Manuel Martínez García. A característica común dos veciños de Compostela fusilados, atendendo á como se definiu a súa culpabilidade nas causas, así como a doutros que foron procesados e aos que se lle impuxeron outro tipo de penas, foi a de que foran relacionados con algún tipo de actuación durante as xornadas de xullo ou durante os días posteriores a estas. A definición da súa culpabilidade está marcada pola presentación de probas ou testemuñas de que tiveron participación nalgún suceso durante eses días, mentres que os informes emitidos para determinar a súa filiación político-ideolóxica eran un complemento que confirmaba a súa mala conducta anterior ou do perigoso das súas ideas. Definilos como elementos de ideas extremistas ou de ascendencia e influencia dentro dunha determinada comunidade, dun determinado grupo, era considerado un agravante a ter en conta á hora de xulgar os feitos, pero non eran presentados como o motivo principal para emitir unha condena nas resolucións finais dos consellos de guerra. Esta estaba ligada a un suceso particular e concreto, que se fora definindo ou construíndo ao longo da instrución en base a diferentes probas testemuñais que situaban ao procesado ou procesados nun determinado lugar, nun determinado momento, e realizando unha determinada acción á que se lle atribuían unha serie de obxectivos. En definitiva, un feito ou acto concreta que era empregado como proba en base ao que argumentar a culpabilidade. Unha vez nos somerxemos nos procesos podemos comprobar como, nalgunhas ocasións, esa definición dos encartados como elementos extremos, perigosos, foi definitiva para acabar por condenar a alguén. E do mesmo xeito podemos ver como, a pesar de contar con informes completamente favorables, o ter participado nun evento en particular foi empregado igualmente contra o procesado. Este caso foi o do mesmo José Germán, que foi condenado a pena de morte a pesar de contar con informes favorables emitidos dende a Delegación de Orde Pública. Ante a petición dunha definición da conducta dunha serie de procesados na causa 231/36, Germán era o único definido como «de buena conducta y antecedentes», mentres que o resto de procesados eran expostos dunha forma moito máis perniciosa a efectos da acusación.272 Isto, sen embargo, non foi un obstáculo para que o seu procesamento seguira adiante e para que uns meses despois estivera á cabeza dos acusados e condenados a pena de morte, pois como alcalde accidental estaba estreitamente relacionado coas accións que finalmente foron castigadas en consello de guerra. Contaban probas documentais e testemuñais que o implicaban directamente na recollida e reparto de armas. A constatación da súa boa conducta e antecedentes non servira como atenuante a ollos da acusación e da condena, pois a ollos dos golpistas el tiña a responsabilidade política da cidade como alcalde accidental. Vendo este caso, a lóxica parece simple. Un exemplo do contrario foi o que se deu na causa 797/36 na que se encartaba, entre outros, a Marcelino Pasín Noya. Marcelino pertencía a unha familia con ascendencia na cidade e con relevancia no plano político e sindical. O seu pai, José Pasín Romero, era un dos históricos líderes sindicais de Santiago, ademais de concelleiro entre 1931 e 1934, momento no que actuou en diferentes ocasións como alcalde accidental; o seu irmán, Modesto Pasín, era un destacado membro 272 AIMNOR, causa 231/36, folio 125bis.
Rafael García Ferreira 152 do Partido Comunista, e será xulgado e condenado a morte na coñecida causa 231/36, sendo finalmente fusilado en decembro. Marcelino Pasín Noya traballaba como factor de ferrocarril na estación, motivo polo que se veu involucrado na entrega de armas cando foron solicitadas por orde da alcaldía. Sen embargo, ao longo da causa 797/36 non hai ningunha evidencia de que Marcelino estivera implicado coas persoas que recolleran esas armas, a pesar do cal foi acusado de ser o único coñecedor de que na estación había certas partidas, responsabilizándoo de que estas finalmente foran requisadas por actuar xunto aos supostos representantes do comité. Tanto durante a instrución como na sentenza evidenciase que non hai forma de implicalo directamente nos feitos, o cal non é impedimento para que o proceso contra el siga adiante e para que finalmente sexa condenado a morte en base a meras suposicións. Pero o importante fora relacionalo coas armas e co que definían como rebelión. O seu auto de procesamento xa confirmaba que non aparecía involucrado de xeito claro nos sucesos da estación, pero sen embargo este facía sinalar que «es indudable según se desprende de las diligencias practicadas que el citado sujeto, de significación marcadamente extremista, dirigió la incautación de armas que en la estación había consignadas...». En realidade, as dilixencias practicadas ás que se refería o auto de procesamento eran, tan so, a declaración que daba inicio á causa, a do xefe da estación de ferrocarrís, que recoñecía que non vira a Pasín cando outros individuos se presentaran para facerse cargos dos servizos de circulación e telégrafos; pero incidía, ao igual que o fará o auto, na súa significación como elemento revolucionario, e culpábao de ser o responsable da entrega do armamento; deste xeito, ademais, o xefe da estación desculpábase a si mesmo e se descargaba de responsabilidade. O informe emitido polo instrutor no momento de elevar as actuación á auditoría de guerra daba por boa esta declaración, que engadira que tan so Pasín, debido ao cargo de factor que ocupaba, tiña noticias de onde se atopaban consignados os depósitos de armas.273 Pasín, pola súa parte, descargárase de responsabilidade afirmando na súa declaración que so entregara as armas no momento en que lle foran solicitadas, e que incluso entregou unha expedición que viña contra reembolso por orde expresa do xefe da estación. Na súa dilixencia de lectura de cargos, e xa procesado, manifestaba que desexaba que declarase de novo o citado xefe para que confirmara que as armas foran entregadas pola súa orde, algo que non lle foi concedido.274 Finalmente, o seu defensor ante o consello de guerra baseará a súa argumentación en que toda a acusación contra Pasín está sustentada na mera suposición de que tan so el tiña constancia dos depósitos de armas, facendo notar que se trataba dun suposto moi improbable o feito de que ningún outro empregado da estación tivera constancia de que alí houbera armas e de onde se atopaban gardadas. A sentenza non terá en conta estas alegacións e fundamentará a condena na sospeita, considerando todo o sinalado, sen embargo, como feitos probados: RESULTANDO que el procesado Marcelino Pasín Noya, elemento marxista de gran significación propagandista y organizador de entidades extremistas de resistencia y que desempeñaba el cargo de factor 273 AIMNOR, causa 797/36, folios 4 e ss., 48 e 65. 274 AIMNOR, causa 797/36, folios 8, 8v. e 78.
As causas militares. Persecución e relato 153 en el ferrocarril por cuyo motivo estaba enterado de cuantas expediciones llegaban a esta, surgiendo así la vehemente y fundamentada sospecha de que era este dada la relación que mantenía con otros elementos revolucionarios quien comunicó al Comité de Santiago la existencia de una importante partida de armamento depositada en la Estación del Ferrocarril. RESULTANDO que en virtud de esta sospechada denuncia los días diecinueve y veinte, se presentaron en la estación individuos armados que entendiéndose directamente con Pasín, y a pesar de que no era hecha la petición con los requisitos legales debidos ya que no era la Guardia Civil la que lo exigía previa presentación de guías y documentos exigibles, se incautaron de tales partidas de armamento que fueron puestas a disposición del Comité revolucionario (...)275 O feito de que Marcelino Pasín fora condenado, como vemos, responde á construción da súa culpabilidade en causa militar e non a feitos reais que puideran ser probados de xeito fidedigno. Como xa vimos no caso da causa 231/36, estas construcións estaban baseadas nunha serie de testemuñas e probas que serviran de pilar para a acusación, algo que non ocorre no caso de Marcelino Pasín, pois acaba por ser condenado grazas a unha declaración e á suposición de que actuara segundo fora acusado. Sen embargo, os seus antecedentes e informes eran altamente desfavorables e á súa vez moi útiles para a acusación, sendo un caso oposto ao de Germán. Pasín, sen embargo, e a pesar das dúbidas que puidera xerar a responsabilidade que tivo na entrega de armas, proviña dunha familia con tradición sindical, era fillo dun pai fuxido e dun irmán encartado noutro proceso,276 polo que contaba cuns antecedentes moito máis desfavorables. Comezando pola propia declaración do xefe da estación, que xa o definira como un elemento revolucionario, e seguindo polo informe emitido polo Delegado de Orde Pública, que facía constar que fora procesado en outubro de 1934 e que se significara no terreo sindical.277 Do mesmo xeito, ter certa relación cos sucesos de xullo non foi óbice para non ser condenado a morte, pois tamén houbo persoas que foron encartadas e relacionadas con certos sucesos que finalmente cumpriron pena de prisión, que foron derivados a sancións por autoridades gobernativas ou que foron postos en liberdade. Foi o caso da causa 272/36, onde se trataba de constatar a fabricación e tenencia de explosivos na chamada Casa do Pobo, que actuaba como local dos diferentes sindicatos da cidade. De entre todos os encartados, o xuíz instrutor resolve concretar a responsabilidade nos dirixentes da casa Marcial Villamor, que será declarado en rebeldía por fuxir e, posteriormente, localizado e paseado en setembro de 1937; Celestino García, fuxido e declarado en rebeldía xa na causa 231/36; Eduardo García Mirás, que será xulgado en peza separada e condenado a vinte anos de prisión; e José Rodríguez Gerpe, que será condenado a morte e fusilado en marzo de 1938, tamén tras ser xulgado en peza separada.278 Sen embargo, examinada a causa, o informe do auditor de guerra eximía de responsabilidade a outras nove persoas, que eran as que pasaban a disposición gobernativa para a imposición de sanción por considerarse que non tiveran 275 AIMNOR, causa 797/36, folios 92v. e 93. 276 José Pasín Romero fuxíu da cidade aos montes da contorna tras o golpe de Estado, permanecendo oculto ata o ano 1939. Modesto Pasín foi encartado na causa 231/36 e será fusilado en decembro de 1936. Nomes e Voces, fichas de José Pasín Romero e Modesto Pasín Noya. 277 AIMNOR, causa 797/36, folio 57v. 278 AIMNOR, causa 272/36, folio 66. Nomes e Voces, fichas de Marcial Villamor, Celestino García, Eduardo García Mirás e José Rodríguez Gerpe.
Rafael García Ferreira 256 quilómetros do lugar onde se estaban a levar a cabo as obras.498 Alí permaneceron durante toda a vida do campo a pensar de que, como veremos, se trataba dun espazo que non reunía as condicións mínimas necesarias para aloxar a tal cantidade de persoas. O feito de habilitar unha estancia como esta para localizar aos presos trouxo consigo unha serie de problemas que foron comúns a moitos outros espazos empregados de forma similar. Como vimos, a amalgama de lugares que foron empregados á hora de habilitar prisións ou campos de concentración foi moi variada; sen embargo, en moi poucas ocasións eran sitios adaptados para ofrecer unhas condicións de vida minimamente saudables. Incluso no caso de espazos que, polo seu uso anterior, poderían ter cumprido a súa función de aloxamento de forma máis ou menos correcta, o amontoamento de persoas debido aos grandes volumes de presos desprazas, e as consecuencias dese, fixeron que se converteran en centros cos mesmos problemas comúns a outros: falta de hixiene e auga, alimentación deficiente, pobres condicións sanitarias...499 Estas condicións de vida acabarían por traer consigo, en ocasións, elevados índices de mortalidade entre os presos, así como a aparición e a propagación de enfermidades infecciosas e altamente contaxiosas que degradaban aínda máis a saúde dos recluídos. Estas cuestións reprodúcense no caso do campo de Lavacolla. Na breve estancia que tivo alí Casimiro Jabonero, redactou nas súas notas as seguintes liñas sobre as condicións nas que se atopaban tanto el como os seus compañeiros: Vamos andando hasta un pueblo que se llama Lavacolla, aquí está el Campo de Concentración. Vamos penetrando en él uno a uno, nos cachean y todos los objetos cortantes y punzantes los recogen, nos dan medio chusco y una latilla de sardinas. Después nos instalan en unas naves, estamos amontonados; hemos de dormir unos encima de los otros (...) Aquí hay que observar una disciplina férrea, no se puede uno extralimitar para nada, si no viene la «fusta» a arreglarlo. Por las mañanas izamos la Bandera Nacional y se entona el himno de Falange y por la tarde hay que descenderla, así todos los días; las comidas son algo escasas, las hacemos a su tiempo en eso marchamos bien (...). Para hacer nuestras necesidades han preparado en una esquina del campo un cobertizo, donde en una zanja se va evacuando, pero somos dos mil hombres y a los pocos días el olor que esto despide es insoportable. Nos han cortado al rape, los compañeros que son peluqueros encuentran en esto una distracción. Por el motivo de dormir tan apiñados y la poca higiene que se puede tener los piojos abundan mucho, y la sarna empieza a sentirse. Son muchos los afectados por este mal, yo empiezo a notarla en las ingles y en el vientre. Voy al médico, que es uno de los detenidos también, pero nada me puede hacer porque no hay con que combatirla, el único remedio que existe es el baño. Así lo hacemos, nos bañamos todos los días y tomamos mucho el sol. Me voy curando. Nos vacunan, yo le tengo mucho miedo a la vacuna, pero no llega a prenderme.500 498 Xoán Carmona Badía e María Teresa Fernández Vázquez, A Compostela industrial. Historia e pegada das fábricas de coiros no concello de Santiago, Santiago de Compostela, Consorcio de Santiago, 2003, pp. 148-149. 499 Domingo Rodríguez Teijeiro, «Los espacios de reclusión en Galicia. Prisiones y campos de concentración», en Jesús de Juana e Julio Prada (coords.), Lo que han hecho en Galicia..., pp. 221-237. 500 Casimiro Jabonero Iniesta, Diario del soldado republicano Casimiro Jabonero…, pp. 99-100. A ortografía orixinal foi adaptada.
Espazos para o golpe, espazos para a violencia 257 Un informe posterior, referente á inspección dos batallóns de traballadores, revelaba que, á altura do ano 1942, as condicións dos presos non melloraban. Neste escrito destacábase que a capacidade dos pavillóns na que se aloxaba aos presos era insuficiente, aínda coa diminución progresiva do número de presos alí recluídos, pois facía notar que naquelas naves chegaron a convivir uns 2400 homes. Segundo a inspección, as condicións hixiénicas dos locais eran moi pobres, algo que alcanzaba incluso ás dependencias do persoas de escolta dos traballadores: En general las características de casi todos ellos son cubicación insuficiente para el número de individuos que duermen en cada local; detalle que se acentúa por la escasa ventilación, aunque bien es cierto que la usencia de cielo raso permite una ventilación complementaria de aire de cierta importancia a través de las ranuras del tejado. Ahora bien, como se comprende, esta ayuda va en perjuicio de la confortabilidad del dormitorio, principalmente en invierno. La iluminación desde luego es mínima y la insolación puede decirse que apenas existe. El sueldo de los dormitorios, salvo los correspondientes a los pisos anteriores, es casi siempre de tierra apisonada, y los de madera se hallan bastante deteriorados.501 E nas mesmas condicións de miseria falaba de outros como a hixiene, o vestiario e a alimentación. Para a evacuación de excretas seguíase a empregar unha gabia, próxima ao río, o que provocaba a infección tanto do chan como do propio río, a pesar de que periodicamente se desinfectaba mediante procedementos químicos, a todas luces unha rutina que se amosaba insuficiente. Nese sentido, pouco cambiara a situación respecto ao descrito por Casimiro Jabonero xa en 1939. O vestiario destacábase tamén como insuficiente e deteriorado, especialmente no caso do calzado, do que se facía notar o seu estado «lastimoso», incluso o dos membros da escolta dos traballadores. A comida, en cantidade e calidade, anotábase era insuficiente, sobre todo tento en conta as condicións de traballo ás que se sometía aos reos. En canto a estas, o mesmo informe sinalaba que se trataba dun traballo «violento de movimiento de tierras y empuje de camionetas» durante unhas seis horas ao día, ao que hai que sumar que os presos se tiñan que desprazar aproximadamente tres quilómetros dende onde eran aloxados ata o campo de traballo, é dicir, ademais do traballo asignado tiñan que camiñar ao redor de seis quilómetros diarios. Outra testemuña do batallón, a de Pedro Gómez González, relataba en termos similares as condicións de traballas e nas que se encontraban os presos de Lavacolla: Para ello, el Batallón de la mañana tenía que estar formado a las cinco. Nos daban un cazo de café y nos llevaban formando de cinco en cinco y cogidos de la mano... Teniamos que recorrer tres quilómetros antes de llegar al tajo. El otro Batallón entraba a las trece horas, hasta las nueve de la noche. Cuando nos daban la cena, coles cocidas, eran ya las once de la noche. El trabajo era agobiante. Teniamos que cavar y cargar ocho o diez vagonetas de metro y medio de tierra, y había que llevarlas por una vía, para ir allanando 501 AGMAv, C. 20904, C. 10, Expedientes de las visitas de inspección llevadas a cabo a los batallones de trabajadores de las Regiones Militares de Canarias, Baleares y Marruecos por orden de la Subsecretaría del Ministerio del Ejército de 4 de julio de 1942.
Rafael García Ferreira 258 unos cerros. Ropa nos daban muy poca, y dinero ninguno, a pesar de que aquellas obras las llevaba un contratista (...). A otro paisano mío de Villaralto, Alfonso Luna, le pegaron con un palo que tenía una puntilla y se lo clavaron en el brazo. Cuando lo llevaron al hospital de Santiago, murió al día siguiente, víctima de la gangrena. Se pasaba mucha hambre. El pobre a quien su familia no le mandaba algo, estaba condenado a muerte. Nos cobijaban en una antigua fábrica de curtir pieles, a través de cuyo techo, por la noche, veíamos las estrellas, ateridos de frío. El comandante se reía al vernos y nos llamaba «los hijos de la Pasionaria». Muchos compañeros ya no podían trabajar, porque ya no tenían fuerzas para andar y se desmayaban.502 Esta será a situación ata ben entrada a década de 1940, contrastando de forma significativa coa recuperación da aviación deportiva no espazo. É dicir, ao tempo que se seguía empregando aos presos como obreiros forzados, o aeroporto deixaba de ter un uso tan so militar ou de transporte de pasaxeiros civís, iniciándose de novo actividades de ocio para os seguidores da aviación. Ata o ano 1945, ano de clausura do campo e de traslado dos batallóns de traballadores que alí se aloxaban, continuarán os traballos forzados.503 502 Francisco Moreno Gómez, Córdoba en la posguerra. La represión y la guerrila. 1939-1950, Córdoba, Fernando Baena Editor, 1987, recollido en Casimiro Jabonero Iniesta, Diario del soldado republicano Casimiro Jabonero…, pp. 44-55. 503 Juan Lema Negrilllo e Henrique Neira Pereira, Historia do concello de Enfesta, Santiago de Compostela, Asociación de Veciños Ruta Jacobea de San Paio de Sabugueira, 2011, p. 163.
Espazos para o golpe, espazos para a violencia 259 Figura 29. Monolito homenaxe aos presos do campo de concentración de Lavacolla en San Paio de Sabugueira. Fotografía de Jacobo Bugarín, fondo Histagra.
Rafael García Ferreira 260 4.2.3. Os espazos de execución e enterramento Os espazos de execución e enterramento están relacionados coa última etapa do percorrido das vítimas antes do seu asasinato, e son identificados como aqueles sitios onde se executaba o asasinato e onde enterraba o cadáver. Ambos tipos de execución, ordenada por un tribunal militar ou mediante a saca de presos dunha prisión e sen que medie unha sentencia en consello de guerra, xeran a aparición deste tipo de espazos. En certo modo, a diferenciación no tipo de asasinato tamén xera unha diferenciación á hora de poder localizar con maior exactitude o lugar de execución e enterramento, debido a unha cuestión de certificación documental da execución. No caso dos executados tras a sentenza, a propia documentación da causa militar da conta do lugar escollido para que se leve a cabo a resolución final, identificándose con plena concreción cal era o mesmo, algo que ademais confirmamos pola publicación das novas que facían referencia a todas as execucións levadas a cabo en Santiago de Compostela na prensa local, e que daban conta de que se deran no cemiterio de Boisaca, no norte da cidade. O caso das execucións extraxudiciais é diferente pola forma de actuar nos «paseos». A dinámica de funcionamento destes consistía na saca da vítima do seu domicilio ou da prisión na que estivera detido para posteriormente introducilo nun vehículo e levalo a outro lugar e, durante o traxecto, levar a cabo a execución, abandonándose logo o cadáver. A documentación que recolle estes asasinatos son os rexistros de defuncións do correspondente municipio, nos que o xuíz municipal facía constar o lugar onde aparecera o cadáver. Deste xeito adoitase identificar ese lugar de aparición co lugar de execución, aínda que na realidade e debido ao modo de actuar neste tipo de execucións, podía non corresponderse por completo co sitio no que se dera o asasinato en si. Esta modalidade de asasinato está estreitamente vinculada cun espazo de reclusión en concreto, a prisión municipal. Como xa constatamos, os asasinatos sen formación de causa militar foron levados a cabo tan so nos anos 1936 e 1937, relacionándose coa Falcona por ser o lugar de onde eran sacados os presos para posteriormente ser asasinados. No caso dos «paseos» tamén se constata a dispersión e un maior número dos espazos nos que se atopaban os mortos. Este tipo de asasinatos se produciron en número reducido -no caso de Santiago, aqueles que non foron paseados individualmente foron a excepción, séndoo ademais en grupos de dúas persoas como máximoe en lugares diferentes entre si, establecéndose así unha diferenciación clara entre ambas tipoloxías de morte:
Espazos para o golpe, espazos para a violencia 261 Mapa 2. Espazos de aparición de asasinados. Lenda: 1. Santiago de Compostela (Paxonal, 1; hospital, 1; Enfesta, 1; Lugar da Amanecida, 1; Conxo, 1; Boisaca, 1) 2: Teo (Cacheiras, 2; Calo, 1); 3: Palas de Rei (2); 4: Arzúa (1); 5: Carballo (2); 6: Guntín (1). Fonte: elaboración propia con Google Earth e en base aos datos de Nomes e Voces. A aparición de cadáveres incluso na cidade ou nas súas inmediacións era variable, como vemos. As execucións individuais supoñían a dispersión do lugar onde se abandonaba o corpo, mentres que a aparición nun mesmo lugar estaba asociado a máis dun asasinato nun mesmo momento. Este foi o caso de Sixto Aguirre e de Camilo Díaz Baliño, asasinados ambos o 14 de agosto de 1936, aparecendo o seu cadáver en Palas de Rei (punto 3); o de Ánxel Casal e José Devesa Areosa, que apareceron asasinados o 19 de agosto seguinte preto de Cacheiras, ás aforas de Santiago (punto 2);
Rafael García Ferreira 262 e tamén o do matrimonio formado por Consuelo Otero e José Villaverse, asasinados na zona de Carballo (punto 5) o 2 de setembro do mesmo ano 36. A este respecto hai que ter en conta que os lugares de aparición de cadáveres tamén podían concentrar un maior número de mortos, como teñen demostrado outros estudos cuantitativos ao respecto e que teñen analizado a mostra total do conxunto de aparecidos en Galicia.504 Pero sen embargo, co caso de Santiago constatamos a dispersión do abandono de cadáveres cando se trata dos asasinatos dun mesmo lugar, a falta de estudos que acaben por tratar con maior profundidade esta cuestión cunha mostra máis alta. Os lugares de enterramento, pola súa banda, podían ser regulares ou irregulares. Os primeiros son os cemiterios, lugares onde se daba unha sepultura ordinaria aos asasinados, quedando polo tanto constancia de onde se enterrou o cadáver. Aínda que isto non quixo dicir que, no caso das execucións sen sentenza xudicial previa, a aparición dun cadáver fora notificada a familia con ánimo de por á súa disposición os seus restos, se non que en moitas ocasións, tras ser levantado polo xuíz municipal pertinente, o cadáver era trasladado ao cemiterio máis próximo onde se acababa por enterrar, como constatamos xa para o caso de Camilo Díaz Baliño, cuxa familia residía en Santiago, pero que trasladado ao cemiterio da parroquia de Meixide tras aparecer morto en Palas de Rei,505 unha dinámica que se repetiu en múltiples ocasións.506 Os enterramentos irregulares, finalmente están referidos á aparición de fosas comúns de maior ou menor tamaño en relación ao número de cadáveres que se acumulen nelas. Sobre estas, preséntanse outro tipo de problemáticas a nivel de investigación, como a falta de documentación relacionada e a necesidade doutro tipo de análise complementario ao documental para a identificación do número e identidade de cadáveres, así como a notificación a familiares que poidan non ter constancia do lugar exacto de enterramento do seu parente, ou non ter constancia de ningún tipo. A este respecto podemos mencionar un novo exemplo para Santiago de Compostela, e que se asemella a moitos outros que se poden atopar ao longo da xeografía galega e española: o de Manuel Martínez García, un dos concelleiros da última corporación republicana, desaparecido e asasinado tras o golpe de Estado, e do que a familia segue sen ter constancia de onde foi executado e enterrado, pois nin sequera existe un rexistro do mesmo na base de vítimas de Nomes e Voces. En canto á relación de verdugos con estes espazos, quizais sexa esta a máis complicada de establecer para a maioría dos casos. Como xa vimos ao referirnos á cuestión dos fusilados tras consello de guerra, os pelotóns de fusilamento eran nomeados polo comandante militar correspondente de entre os membros da guarnición, pero non se facían públicos de ningunha forma, e so dispoñemos de diferentes datos que aluden ao número de individuos que os formaban. No caso das execucións extraxudiciais, as referencias son aínda menores, pois a falta de documentación referida ao proceso non deixa rexistro que nos permita determinar con exactitude como se produciu o asasinato. 504 Julio Prada, Geografía de la represión franquista en Galicia, Madrid, Catarata, 2011, pp. 171-172. 505 Nomes e Voces, fichad e Camilo Díaz Baliño. Xerardo Díaz Fernández, Os que non morreron…, p. 194. 506 Julio Prada, Geografía de la represión franquista en Galicia…, p. 172-173.
Espazos para o golpe, espazos para a violencia 263 4.3. O persoal das prisión municipal e central de Santiago de Compostela O intenso uso que se fixo dos lugares de reclusión dende o golpe de Estado, unida ás condicións, traballos e ás vicisitudes polas que pasaron os presos, fai que nos preguntemos polo persoal do corpo de prisións que tivo relación tanto con eles como coas dinámicas que se devolveron dentro dos centros penais.507 Tamén pola súa participación nos procesos de violencia e o grao no que puideron estar sumidos neles. O feito de que formaran parte do persoal carcerario sitúaos, cando menos, nunha situación de colaboración cos golpistas, aínda que resulte difícil calibrar o nivel de adhesión real baseándonos no feito de que foron persoas que conservaron o seu traballo ou que ascenderon ao longo dos anos na escala do persoal de administración do corpo de prisións debido á súa traxectoria dentro do mesmo. Os datos dos que dispoñemos fan que nos orientemos máis cara esta segunda hipótese, pero sen esquecer que, en moitas ocasións, si formaron parte activa de certo procesos violentos. Por exemplo, coa cuestión das sacas da cadea municipal, pois era o persoal da cárcere o que vixiaba aos presos e o que finalmente permitía a saída dos mesmos, aínda que debido á natureza deste tipo de sucesos non sexa sinxelo dilucidar ata que punto seguían unha cadea firme de mando ou tiñan capacidade para negarse a que se deran esas dinámicas de retirada de presos, así como calibrar en que medida a responsabilidade recaía no xefe da prisión ou nos oficiais que traballaban nela. En calquera caso non podemos obviar que, fora por convicción ou fora por seguir ordes de forma estrita, houbo persoal do corpo de prisións que tivo participación nesas cuestións. Comezando pola Falcona, a súa dirección sufriu cambios no mesmo mes de agosto de 1936, momento no que é nomeado xefe da mesma Adolfo Mayans, sarxento da Garda civil, por orde do comandante militar da praza debido á adhesión que amosara co golpe de Estado. Este permanecerá no cargo ata outubro-novembro do ano seguinte, cando unha orde da Dirección Xeral de Prisións disporía que se fixera cargo da xefatura o oficial da mesma que contara con máis antigüidade dentro do sistema, pasando o cargo a Evaristo Julio Rivera González, que exercía na prisión compostelá dende 1933, estando adscrito á da Coruña, con anterioridade, dende 1924. No ano 1940 sucederao no cargo Avelino Varela Naveira, que fora xefe de prisións de primeira clase na cárcere da Coruña, onde desempeñaba en activo o cargo de xefe de servizos. 508 A tenor do visto con anterioridade con respecto ás autoridades militares, o nomeamento de Mayans non parece unha cuestión menor. Fora posto á fronte da prisión a comezos de agosto, coincidindo coas ameazas aos obreiros do comandante Zaldívar á súa chegada a Compostela, e coincidindo ao mesmo tempo co nomeamento de José Leseduarte como subdelegado de orde pública. Fora con este ao mando e co control dos presos co que se produciron todas os asasinatos sen formación de causa, polo que non cabe descartar que atoparan en Mayans ao colaborador necesario á fronte da prisión. Con posterioridade, máis dun ano despois, corrixirase esa excepcionalidade e será nomeado como novo director alguén 507 Unha primeira achega a esta cuestión foi realizada en Rafael García Ferreira, «Violencia golpista en Santiago de Compostela: verdugos, lóxicas e espazos (1936-1946)», en Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho (eds.), Golpistas e verdugos de 1936..., pp. 137-180. 508 AGA, Fondo de xustiza, Caixa 41/11949.
Rafael García Ferreira 264 con carreira e experiencia dentro do corpo de prisións, unha dinámica que se prolongará no tempo coa sucesión en 1940 co traslado dende A Coruña de Avelino Naveira. En base á documentación coa que contamos, podemos afirmar que non existiu unha depuración profunda do persoal de prisións, cando menos no caso de Compostela, e que a pertenza e experiencia no corpo tívose en conta para a escolla dos postos de dirección e responsabilidade nos espazos de reclusión. Porén, a adhesión ao golpe tamén resultou un factor a ter en conta, como fora no caso de Mayans. Unha dinámica similar atópase no Rivera González, que en 1940 acreditaba unha folla de servizos na que acumulaba diferentes méritos, entre os que destacan un «oficio de gracias por su loable comportamiento durante los sucesos revolucionarios de octubre de 1934» e diversas certificacións laudatorias por partes das autoridades de Santiago de Compostela que datan de novembro de 1939. En canto a ser persoal con recorrido, era o caso de Avelino Naveira, pero tamén, noutro exemplo, o de Ángel Batallán, que en 1940 acreditaba trinta e catro anos de exercicio na prisión de partido de Santiago, onde era oficial.509 Non contamos cun cadro de persoal concreto da prisión municipal, pero este debía estar formado, ademais da persoa que se encargara da xefatura, por unha cantidade de oficiais e gardas nun número non moi elevado. As condicións do recinto, cunhas dimensións relativamente reducidas, e cun caudal de presos reducido ata xullo-agosto de 1936, fai pensar que os encargados da mesma non conformaban un corpo de traballadores de gran número. Documentalmente constatámolo en base a algúns expedientes relacionados co persoal e o funcionamento da prisión, aos que xa nos referimos con anterioridade, e nos que declara ese persoal, como diciamos, en número reducido, aínda que debido a que non se especifica se os declarantes se corresponden co total da oficialidade do persoal de prisións da municipal, non podemos aventurarnos a afirmar que o sexan e que non existira un número maior. O que si confirmamos é que recibían auxilio de corpos como a garda civil para determinadas cuestións, como a custodia dos presos que traballaron na rehabilitación do cuartel de Santa Isabel.510 509 AGA, Fondo de xustiza, caixa 41/11949. 510 AGA, Fondo de xustiza, caixas 41/11949 e 41/11967.
Espazos para o golpe, espazos para a violencia 265 Diagrama 2. Reconstrución do organigrama da prisión municipal. Fonte: elaboración propia en base aos datos de AGA, Fondo de xustiza, caixas 41/11949 e 41/11967. No caso da prisión central que se localizou alí, o corpo de traballadores que identificamos é meirande, en consecuencia coa maior e grande cantidade de presos que aloxou. O modelo de persoal, en calquera caso, repítese con respecto ao da Falcona, aínda que con substanciais diferenzas. Contamos con información de máis traballadores, pero atopámonos conque non sempre se proporciona información relativa á procedencia deste máis alá do ano no que se atopaba traballando en Santa Isabel ou dende que ano pertencen ao persoal do corpo de prisións. En calquera caso, a información coa que contamos permítenos establecer un organigrama de traballadores e facer unha estimación da cantidade total de implicados no funcionamento do cárcere. Este organigrama constaba de varios niveis de mando e de competencias. Na cúpula da pirámide atópase a dirección da prisión, que recaía nun único individuo con residencia no propio recinto, no pavillón de entrada ao edificio.511 O director, ademais, era o presidente da xunta de disciplina do cárcere, conformada así mesmo polo capelán do centro, o médico, un secretario e, cando menos, por un oficial de alta gradación. A función desta xunta era a de atender a sucesos de especial relevancia dentro do recinto, como as sospeitas que se suscitaron en 1942 en relación á actividade dos presos de ideoloxía comunista, o que dera lugar a unha investigación debido á 511 AHUS, AM 2480, Obras e edificios públicos. Reformas da casa consistorial e cuartel de Santa Isabel, 1900-1963. Xefatura Oficiais Gardas
Rafael García Ferreira 272 en alto para entoar a continuación o «Cara al sol»,529 levándose así a cabo esa «común exaltación de valores militares, fascistas y católitos: orden, caudillaje y religión».530 Figura 30. Desfile na alameda con motivo das festas do Apóstolo, ano 1937. BNE, GC-Caixa 80/12/4. 529 Xusto Beramendi, «De la dictadura a la democracia», en Ermelindo Portela Silva (coord.), Historia de la ciudad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, Concello de Santiago de Compostela, 2003, pp. 559-560. 530 Santos Juliá, Un siglo de España. Política y sociedad, Barcelona, Marcial Pons, 1999, p. 155.
[Document text truncated for crawler view.]