scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

O ciclo contable

Rodríguez Gil, Luis Ignacio

Abstract

A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicar determinados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma de decisión e control os distintos axentes económicos (administración pública, entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores, propietarios, etc.,). Para cumprir este cometido e comunicar a información contable é requisito imprescindible elaborar previamente a mesma que será publicada periodicamente a través dos estados contables (balance, conta de resultados, estado de cambios no patrimonio neto, estado de fluxos de efectivo e memoria). As necesidades informativas dos diferentes usuarios xustifican a fragmentación da vida económica da empresa en exercicios económicos. En consecuencia, as entidades presentan información económica periódica referida aos exercicios económicos. Non todos os alumnos de primeiro curso do grao contan con coñecementos en materia contable. En consecuencia, a materia está dirixida especialmente aos que se inicien na formación contable, móstrase como identificar e valorar os distintos elementos que integran o patrimonio da empresa, asimílase o método contable, estúdanse detalladamente todas e cada unha das etapas do ciclo contable, e unha vez introducido o concepto de normalización contable e os sistemas existentes, analízase o marco xurídico da contabilidade en España, prestando unha especial atención ao Plan Xeral de Contabilidade que entrou en vigor en xaneiro do 2008. Esta unidade é importante para a formación do alumno ao permitirlle comprender o funcionamento contable dunha empresa, ao tempo que resulta necesaria para o correcto desenvolvemento das unidades posteriores, así como de todas as materias contables posteriores. En canto á duración, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 5-6 horas entre expositivas e interactivas.

Full text

Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Administración e Dirección de Empresa Introdución á Contabilidade Luís Ignacio Rodríguez Gil 4 O ciclo contable 9788498 879681 Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade Ciencias Económicas e Empresariais O ciclo contable 4 Luís Ignacio Rodríguez Gil Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade Ciencias Económicas e Empresariais ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (elec-trónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. Dep. Legal: C 45 - 2013 ISBN 978-84-9887-968-1 © Universidade de Santiago de Compostela, 2013 Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/es/legalcode.gl Deseño Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostea Edita Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital UNIDADE DIDÁCTICA IV. O ciclo contable3 MATERIA: Introdución a contabilidade TITULACIÓN: Grao en Administración e Dirección de Empresas PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. A contabilidade e o seu contorno Unidade II O patrimonio empresarial e a súa representación. Estados financeiros periódicos Unidade III. O método contable Unidade IV. O ciclo contable Apertura Desenvolvemento Cerre ou peche Libros de contabilidade Unidade V. Aspectos básicos da normalización contable Unidade VI. O activo non corrente Unidade VII. As existencias Unidade VIII. Dispoñibilidades líquidas e contas a cobrar Unidade IX. Recursos alleos Unidade X. O patrimonio neto Unidade XI. O resultado: gastos e ingresos Unidade XII Os estados contables UNIDADE DIDÁCTICA IV. O ciclo contable5 ÍNDICE Presentación ................................................................................................... 7 Os obxectivos ................................................................................................. 7 A metodoloxía ................................................................................................. 8 Os contidos básicos ....................................................................................... 9 1 Apertura ........................................................................................... 10 1.1 O inventario .............................................................................. 10 1.2 Asento de apertura ................................................................... 11 2 Desenvolvemento ............................................................................ 11 3 Peche ou cerre ................................................................................ 12 4 Libros de contabilidade ................................................................... 16 4.1 Libro diario (ver anexo 2) .......................................................... 17 4.2 Libro maior (ver anexo3) .......................................................... 17 4.3 Libro de inventario e contas anuais .......................................... 17 Actividades propostas .................................................................................. 18 Avaliación da unidade didáctica ................................................................... 18 Anexos .......................................................................................................... 19 Bibliografía .................................................................................................... 20 UNIDADE DIDÁCTICA IV. O ciclo contable7 PRESENTACIÓN A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicar determinados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma de decisión e control os distintos axentes económicos (administración pública, entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores, propietarios, etc.,). Para cumprir este cometido e comunicar a información contable é requisito imprescindible elaborar previamente a mesma que será publicada periodicamente a través dos estados contables (balance, conta de resultados, estado de cambios no patrimonio neto, estado de fluxos de efectivo e memoria). As necesidades informativas dos diferentes usuarios xustifican a fragmentación da vida económica da empresa en exercicios económicos. En consecuencia, as entidades presentan información económica periódica referida aos exercicios económicos. Non todos os alumnos de primeiro curso do grao contan con coñecementos en materia contable. En consecuencia, a materia está dirixida especialmente aos que se inicien na formación contable, móstrase como identificar e valorar os distintos elementos que integran o patrimonio da empresa, asimílase o método contable, estúdanse detalladamente todas e cada unha das etapas do ciclo contable, e unha vez introducido o concepto de normalización contable e os sistemas existentes, analízase o marco xurídico da contabilidade en España, prestando unha especial atención ao Plan Xeral de Contabilidade que entrou en vigor en xaneiro do 2008. Esta unidade é importante para a formación do alumno ao permitirlle comprender o funcionamento contable dunha empresa, ao tempo que resulta necesaria para o correcto desenvolvemento das unidades posteriores, así como de todas as materias contables posteriores. En canto á duración, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 5-6 horas entre expositivas e interactivas. OS OBXECTIVOS En canto aos obxectivos xerais, o programa da materia pretende ofrecerlle ao alumno unha visión xeral sobre a contabilidade financeira empresarial, cales son os seus obxectivos e tamén saber cómo se obtén e elabora a información contable. Preténdese que os alumnos que cursen esta materia poidan:  identificar e informar dos feitos económicos máis relevantes con incidencia patrimonial que relacionan a empresa co seu ámbito;  definir e analizar os conceptos fundamentais de Activo, Pasivo, Patrimonio Neto e Resultado Contable;  coñecer e saber aplicar o Método da Partida Dobre como fundamento básico da Contabilidade;  utilizar os instrumentos contables conceptuais e materiais necesarios para desenvolver a Contabilidade;  analizar o ciclo contable e a problemática que poden formular as distintas operacións que aparecen en cada fase do ciclo; 14 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. O ciclo contable. implicado. Vaise reducindo contablemente no activo do balance o saldo da conta correspondente; o amortización indirecta: utilízase para o inmobilizado intanxible, material e investimentos inmobiliarios. Para realizar o cargo utilízase as contas do grupo 6. 680 amortización do inmobilizado intanxible. 681 amortización do inmobilizado material. 682 amortización dos investimentos inmobiliarios. O aboamento lévase ou reflicte nas contas compensadoras do subgrupo 28 que recollerán, de xeito acumulativo, as amortizacións anuais practicadas. Valor neto do activo = valor contable - amortización acumulada. As perdas reversibles, é dicir, que poden ter carácter meramente temporal, contabilizaranse mediante o rexistro da deterioración de valor, recollidas a través do subgrupo 69. Finalmente as perdas irreversibles, ou o que é o mesmo que revistan un carácter definitivo contabilizaranse cargándose na conta a que correspondan, no subgrupo 67, con aboamento ás partidas do activo que sufrisen as devanditas perdas.  periodificación: se nos baseamos no principio da devindicación, a imputación de ingresos e gastos deberá facerse en función da corrente real dos bens e servizos con independencia do momento en que se produza a corrente monetaria ou financeira dos mesmos (cobros e pagamentos). Pode suceder con frecuencia que o ingreso ou gasto non se devindicase totalmente pero sen embargo si se produciu o cobro ou o pago, así como a súa contabilización. Neste caso haberá que regularizar para axustar o ingreso ou o gasto contabilizado pero que non se devindicou. Outra posibilidade é que o ingreso ou o gasto se devindicou durante o exercicio pero non se produciu o cobro ou o pago e en consecuencia na etapa de desenvolvemento non se realizou ningún asento ao respecto. En tal caso haberá que regularizar para reflectir o ingreso ou o gasto devindicado. O plan contén unhas contas específicas para a periodificación: 480 gastos anticipados; 485 ingresos anticipados; 567 intereses pagados por anticipado; 568 intereses cobrados por anticipado;  cálculo do imposto de beneficios: o imposto sobre o beneficio é un gasto máis do exercicio no que se devindica. Como gasto que é atende o criterio da devindicación, con independencia de que poida ou non coincidir coa cota a pagar. A particularidade deste gasto é que o seu cálculo parte da previa regularización de todos os ingresos e gastos dos grupos 6 e 7, de tal forma que calquera modificación de algunha das ditas contas inflúe no resultado do imposto, así como na súa contabilización. A problemática xorde cando non existe coincidencia entre o resultado contable e o resultado fiscal. O primeiro réxese por unha serie de criterios económicos, mentres que a base impoñible ou resultado fiscal, se ben toma como base o resultado contable, UNIDADE DIDÁCTICA IV. O ciclo contable15 persegue uns fins de recadación que poden facer que o seu cálculo sexa outro;  determinación do resultado do exercicio: unha vez realizados todos os axustes correspondentes ás fases anteriores, estamos en condición de determinar o resultado do exercicio. Cumprindo coas necesaria correlación de ingresos e gastos. Para isto, liquidamos as contas dos grupos 6, 7, 8 e 9. A liquidación das contas dos grupos 6 e 7 permiten a determinación do saldo do resultado do exercicio, que formará parte do patrimonio neto. As compras de bens xunto con determinados os gastos e perdas do exercicio contabilízanse con cargo ás contas do grupo 6. As contas do grupo 6 presentan normalmente saldo debedor, se ben hai excepcións como "Rappels por compras" ou "Variación de existencias" cando as existencias finais son maiores que as existencias iniciais. As vendas pola súa parte, xunto con determinados ingresos e beneficios extraordinarios contabilízanse en contas do grupo 7. As contas do grupo 7 presentan normalmente saldo acredor. Para a determinación do resultado trasládanse todas as contas de gastos e ingresos a unha única conta que é "perdas e ganancias". Unha vez feitos estes asentos todas as contas de gastos e ingresos quedarán pechadas. Os asentos tipo a realizar serían: Resultado do exercicio (129) a Contas de gastos (grupo 6) Contas de ingresos (grupo 7) a Resultado do exercicio (129) A continuación deben saldarse as contas de ingresos e gastos que se imputan directamente o patrimonio neto tal e como establece a normativa. Hai que ter en conta que a contrapartida de estas contas (grupos 8 e 9) está constituído por varias contas do patrimonio neto, todas elas están recollidas no subgrupo 13 subvencións, doazóns e axustes por cambios de valor. Neste caso os asentos tipo serían: Contas do subgrupo 13 a Contas de gastos (grupo 8) Contas de ingresos (grupo 9) a Contas do subgrupo 13 Deste xeito todas as contas dos grupos 6, 7, 8 e 9 estarán liquidadas e non aparecerán no asento de cerre, no que figurarán soamente as contas de balance. Os asentos anteriores servirán ademais como base para a confección da primeira parte do estado de cambios no patrimonio neto, denominada estado de ingresos e gastos recoñecidos que achegará unha información máis ampla que a do resultado de exercicio ao estar máis próxima ao beneficio económico que o resultado ofrecido na conta de perdas e ganancias;  asento de cerre ou peche: Todos os asentos que se rexistraron no libro diario como consecuencia das operacións de regularización, serán traspasados ao libro maior, procedéndose a redactar un 16 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. O ciclo contable. balance final no que terán desaparecido as contas dos grupos 6, 7, 8 e 9. O devandito balance, constitúe a expresión da situación patrimonial e financeira da empresa na data de peche do exercicio, é o que se incluirá nas contas anuais para os efectos da súa presentación ante terceiros. Por último co fin de proceder ao peche de contas rexistrarase no libro diario o chamado asento de peche a través do cal se pechan todas as contas dos grupos 1 ao 5. O asento tipo será: Contas con saldo acredor, xeralmente de pasivo e neto a Contas con saldo debedor, xeralmente de activo Xa o último paso é o que ten por obxecto elaborar as contas anuais, as cales, comprenden o balance de situación, a conta de perdas e ganancias, o estado de cambios no patrimonio, o estado de fluxos de tesourería e a memoria. Tales documentos constitúen o vehículo a través do cal se comunica a información económica-financeira da empresa aos interesados nesta e segundo establece o plan xeral de contabilidade pode elaborarse segundo distintos modelos. 4 Libros de contabilidade Entendemos por libro de contabilidade calquera elemento material no que se recompilan datos referidos á xestión da empresa. O concepto de libro de contabilidade inclúe non só os libros encadernados ou non, senón tamén as follas, fichas, etc., tanto se se levan manualmente como informaticamente. O Código de Comercio no artigo 25 e seguintes fai referencia á obriga de levar contabilidade para todas as empresas de forma ordenada e por orde cronolóxica así como a elaboración periódica de balances e inventarios. Os libros obrigatorios, segundo o Código de Comercio son o libro de inventarios e contas anuais e o libro diario. Ademais nas sociedades, o libro de actas nas sociedades mercantís, o libro de accións nominativas nas sociedades anónimas e sociedades comanditarias por accións e o libro de rexistro de socios nas sociedades de responsabilidade limitada. Os libros obrigatorios non impidan que as empresas poidan utilizar, ademais, os libros e rexistros que voluntariamente crean oportunos adoptar para rexistrar e recompilar as súas operacións. Disposicións sobre libros e rexistros contables:  toda empresa debe levar unha contabilidade;  os libros obrigatorios deben legalizarse no rexistro mercantil (antes ou despois), nos libros tradicionais efectuarase poñendo, antes da súa utilización, no primeiro folio de cada un unha dilixencia e en todas as follas deste o selo do rexistro. Se se utilizan procedementos informáticos, as follas soltas encadérnanse e legalizan unha vez finalizado o exercicio económico; UNIDADE DIDÁCTICA IV. O ciclo contable17  conservaranse os libros e comprobantes 6 anos a partir da data do último asento contable;  os asentos deben ser correlativos, sen espazos en branco, emendas nin riscaduras;  os erros e as omisións contabilízanse no momento en que se advirtan;  a contabilidade é secreta;  obriga de formular as contas anuais unha vez finalizado o exercicio. 4.1 Libro diario (ver anexo 2) O libro diario é un libro obrigatorio. Ten por obxecto rexistrar todas as operacións que afectan ao patrimonio da empresa. Estas operacións quedan reflectidas en forma de asento e por orde cronolóxica segundo se vaian realizando. Existen dous modelos o italiano (actualmente na práctica é debido o seu uso nos programas informáticos de contabilidade é o máis utilizado) e o americano (o utilizado en España cando a contabilidade se leva manualmente) pero en ambos os dous debe indicarse:  o número de asento;  data da operación;  contas afectadas e os importes correspondentes;  explicación do feito contable. 4.2 Libro maior (ver anexo 3) É un libro facultativo que agrupa por contas as operacións reflectidas no libro diario. Nel anótanse, seguindo a orde cronolóxica o libro diario, as variacións que afectan a cada conta da empresa e permite ver en calquera momento os movementos e o saldo de cada conta por separado. O libro maior debe conter:  data da operación;  concepto da operación;  número de asento do diario;  importes parciais do debe e do haber;  importes totais do debe e do haber. 4.3 Libro de inventario e contas anuais O libro de inventario e contas anuais é obrigatorio para as empresas, en primeiro lugar inscribirase o balance inicial = inventario inicial. Polo menos cada tres meses incorporaranse ao libro os balances de comprobación de sumas e saldos. Recolleranse tamén o inventario final e as contas anuais que, en xeral, comprenden balance, conta de resultados, estado de cambios no patrimonio neto, estado de fluxos de efectivo e memoria. As contas anuais deposítanse no rexistro mercantil e teñen acceso a estas calquera interesado. 18 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. O ciclo contable. ACTIVIDADES PROPOSTAS Para impartir esta unidade didáctica vanse levar a cabo unha serie de actividades que pasamos a explicar. Previamente, para que vexan o interese, a aplicación práctica e para motivar, imos formular na aula unha serie de cuestións sobre o alcance da contabilidade que permitan o debate. A cuestión central do mesmo será debater sobre a importancia do proceso contable da información correspondente a un exercicio económico, aplicando axeitadamente a metodoloxía contable e os criterios do plan xeral contable. Nese mesmo cuestionario pediráselle ao alumno que corrixa se é o caso cando a súa primeira resposta fose incorrecta, sempre deixando a resposta orixinal dada nun primeiro momento. O cuestionario será entregado ó profesor e serviralle tamén a este para valorar e comprobar os coñecementos previos cos que contan os alumnos. Como xa se indicou o profesor procederá a explicar as cuestións máis teóricas nas clases expositivas, utilizarase como material básico fundamentalmente o material subministrado ao alumno (campus virtual, fotocopiadora). Acto seguido, nas sesións interactivas tentarase que o alumnado aplique e poña en práctica os conceptos teóricos. Para desenvolver estes contidos comentaranse unha serie de exemplos e resolveranse unha serie de exercicios prácticos, tanto nas horas de clase como por conta do alumno. Nos distintos exemplos que se utilizaran para ilustrar o tema, de forma deliberada, apareceran as distintas fase ou etapas lo ciclo, co obxectivo de poder xerar debate na aula e opinións encontradas que incitarán a unha maior reflexión por parte do alumno. Os exercicios van consistir en que a partir dos datos obtidos das operacións máis correntes realizadas polas empresas siga as distintas fases que compoñen o ciclo contable. AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA En xeral a avaliación da materia levarase a cabo (como se indica no programa) a través de dúas actuacións: avaliación continua e proba teóricopráctica final. A avaliación continua terá un peso do 30% na cualificación. Para superar a materia, deberase obter una cualificación de 5 puntos, dos cales polo menos 4 deberanse obter no exame teórico práctico. Levarase a cabo ao comezo da unidade didáctica (inicial), ao longo do seu desenvolvemento (procesual) e ó seu remate (final). Na primeira etapa realízase a avaliación inicial que tratará sobre os coñecementos previos dos alumnos para observar se estes son adecuados e suficientes. Para levar a cabo esta tarefa realizarase un debate aberto na clase o primeiro día. A medida que se van impartindo as distintas sesión levaremos a cabo a avaliación procesual, o obxectivo é detectar as dificultades de aprendizaxe dos alumnos, e se fose o caso, introducir os axustes necesarios. Supervisaranse os exercicios feitos na clase, os propostos para facer na casa. A avaliación final levarase a cabo como se determina no programa da materia, que consistira nunha proba teórica-práctica final, na que se avaliará o dominio dos conceptos teóricos adquiridos así como a súa aplicación a casos prácticos, terá un peso de ata 7 puntos na nota final. UNIDADE DIDÁCTICA IV. O ciclo contable19 ANEXOS Anexo 1. Balance de comprobación de sumas e saldos Balance de sumas Balance de saldos Conta Sumas debe Sumas haber Saldo debedor Saldo acredor Anexo 2. Libro diario Modelo italiano Nº de asento Posición Data Nº de conta Nome da conta Debe Haber Explicación Modelo americano Debe Nº de conta Nome das contas e descrición Nº de conta Haber Anexo 3. Libro maior Número e nome da conta Fecha Concepto Nº de asento Debe Haber Saldo 20 - UNIDADE DIDÁCTICA IV. O ciclo contable. BIBLIOGRAFÍA TRIGUEROS PINA, J. A., SANSALVADOR SELLÉS, M. E., REIG MULLOR, J., GONZÁLEZ CARBONELL, J. F., CAVERO RUBIO, J. A. (2001): Fundamentos y práctica de contabilidad, Ed. Pirámide, Madrid. LARRÁN JORGE, M. (coordinador) (2009): Fundamentos de contabilidad financiera. Teoría y práctica. Ed. Pirámide, Madrid. WANDE-BERGHE LOZANO, J. L. (coordinador9 (2008): Contabilidad financiera. Nuevo plan general de contabilidad y de pymes. Ed. Pirámide, Madrid. REAL DECRETO 1514/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan xeral de contabilidade. Dispoñible en http://boe.es/boe_gallego/dias/2007/11/20/pdfs/A00003-00152.pdf [Consulta: 002/007/2011]. REAL DECRETO 1515/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan xeral de contabilidade de pequenas e medianas empresas e os criterios contables específicos para microempresas. Dispoñible en http://boe.es/boe_gallego/dias/2007/11/21/pdfs/A00003-00102.pdf [Consulta: 02/07/2011] Vicerreitoría de eStUdaNteS, cUltUra e ForMaciÓN coNtiNUa Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo do profesorado e do alumnado de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Administración e Dirección de Empresa Introdución á Contabilidade Luís Ignacio Rodríguez Gil 4 O ciclo contable 9788498 879681 Departamento de Economía Financeira e Contabilidade Facultade Ciencias Económicas e Empresariais