Monográfico, nº 9 (2014), págs. 683-712. Musealización popular da tecnoloxía agraria... 683 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 Musealización popular da tecnoloxía agraria da segunda onda da industralizacion (1890-1940), nas comarcas da Terra de Santiago e Xallas Popular musealization of agricultural device along the second industrialization wave (1890-1940), in the region of Terra de Santiago and Xallas Bruno Esperante Paramos Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela
[email protected] Recibido el 29 de septiembre de 2013 Aprobado el 30 de septiembre de 2013 Resumo: Recoñecer novas formas patrimoniais sempre é un difícil camiño pedagóxico de asimilación por parte de toda a sociedade. Por isto, nesta comunicación tense como obxectivo dar a coñecer unha habitual forma patrimonial do medio rural, pero que pasa inadvertida para a maioría da sociedade. ¿A que se debe isto? É a cuestión que tento responder, en primeiro lugar, demostrando que a musealización da tecnoloxía agraria pasa desapercibida para boa parte dos profesionais do Patrimonio Cultural da Galicia. ¿Que significado hai detrás desta musealización? É outro dos obxectivos que se formulan nesta comunicación, polo que en segundo lugar, dende o punto de vista da Agroecoloxía e da Antropoloxía simbólica, tentarase elaborar unha hipótese que responda ó obxectivo xa mencionado. Por último, e en terceiro lugar, tamén se presentarán os resultados do traballo de campo que se realizou para demostrar, mediante o fotografado de distintos modelos de tecnoloxía agraria, esta nova forma patrimonial. A parte disto, tamén se realizaron máis de vinte entrevistas coa xente que musealizou estes apeiros para intentar comprender o por que desta práctica popular. Palabras clave: tecnoloxía agraria, musealicación popular, patrimonio, agroecoloxía, antropoloxía simbólica. Abstract: Recognizing new ways of heritage has been always a difficult pedagogical issue of assimilation by society. The aim of this communication is to bring out a usual, although unnoticed for most of the society, form or rural heritage. So, what is the explanation of this reality? This is the question I will try to answer. Firstly, I will show that agricultural technology musealization is an unnoticed phenomenon for most of the researchers in the field of the Galician Cultural Heritage. According to this, what lies
Bruno Esperante Paramos 684 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 behind the notion of musealization? This is another goal of my task: trying to formulate a hypothesis which, from the point of view Agroecology and Symbolic Anthropology, may answer to the question above. Finally, results of the field work will be presented. This work, which had been done by photographing several models of agricultural technology, tends to prove this new way of assets. Apart from this, with the target of understand the reasons of this popular practice, more than 20 interviews have been carried out with people who had musealizated these tools. Key words: agricultural technology, popular musealization, heritage, agroecology, symbolic anthropology. Limiar Este traballo xorde a raíz dunha práctica popular que se pode ver por boa parte de Galicia actualmente. Xeralmente nos xardíns, pero tamén noutros lugares como nos patios, ou nos portais de moitas casas; a xente restaura, recupera e musealiza tecnoloxía agraria dotándoa dun valor patrimonial. Trátase de catro tipos de tecnoloxía principalmente: vesos, sachadoras, sementadoras e en moita menor medida, escarpadoras datadas de entre 1890 e 1940. Como se verá, é necesario destacar a súa data de produción debido ó orixinal que resulta a musealización de tecnoloxía que pertence a última fase da innovación tecnolóxica dentro da agricultura orgánica, isto é, antes da revolución verde (FERNÁNDEZ PRIETO, 1992: 311). Os obxectivos son dous: describir o que entendemos como unha práctica habitual, pero que pasa desapercibida para a maioría da xente, e tentar aproximarnos a unha primeira valoración das lóxicas que hai detrás desta práctica popular, é dicir, explicar por qué o fan. Para alcanzar eses obxectivos formulámonos unha serie de cuestións básicas: ¿que se musealiza?, ¿quen o musealiza?, ¿onde se musealiza?, xa que como ben sinalaba o antropólogo Marcel Mauss, todo obxecto debe ser estudado: primeiro, en si mesmo; segundo, en relación ós individuos que o utilizan, e, terceiro, en relación á totalidade do sistema observado (MAUSS, 1971).
Monográfico, nº 9 (2014), págs. 683-712. Musealización popular da tecnoloxía agraria... 685 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 Fig. 1. Modelo de veso Brabant, de antetrén de dúas rodas. Trasouteiro (Brión) 6/4/2013. Santiago Mouriño. O punto de partida é a suposición de que si se musealiza é porque existe unha preocupación, un interese para dotarlle a trebellos abandonados un simbolismo ou un valor determinado. Desta suposición acercariámonos a outra cuestión importante do traballo, ¿cal ou que tipo de valor lle dá a sociedade a esa tecnoloxía? Con esta cuestión entraríase de cheo no concepto de patrimonio, xa que nunha definición básica do mesmo sería todo aquilo de valor que a xente quere conservar. A idea central seria a de indagar acerca dun novo concepto do patrimonio cultural que englobaría esta novidade. A tecnoloxía que se musealiza hoxe en día pertence a un período moi concreto das transformacións produtivas da agricultura galega. Para contextualizalo tomamos a cronoloxía que David Soto Fernández 1 propón para a agricultura orgánica en Galicia, marcando un período concreto para a aplicación da ciencia á agricultura orgánica (19001936). Dentro desta fase o historiador Lourenzo Fernández Prieto estabelece á súa vez 1 David Soto Fernández ofrece unha división cronolóxica que se pode consultar na súa tese: SOTO Fernández, D. Transformacións produtivas na agricultura galega contemporánea. Da agricultura orgánica á revolución verde (1752-1986). Unha aproximación a partir de macromagnitudes. Tese do autor, Universidade de Santiago de Compostela, 2002.
Bruno Esperante Paramos 686 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 unha cronoloxía concreta para o proceso de introdución da tecnoloxía que tratamos aquí: 1897-1927 para as primeiras etapas do proceso de difusión por Galicia; e segundo, 1928-1945 para marcar o pulo innovador e o freo da posguerra. Esta cronoloxía debería valernos para entender un pouco mellor a natureza do obxecto central do traballo. Nese contexto de mudanza e de rápidas transformacións, os labregos a través das sociedades agrarias principalmente, pero tamén de forma individual acudían ós centros que como na granxa agrícola da Baña (LIÑARES GIRAUT, 1986: 112), demostraban as novidades que podían achegar ó traballo agrícola os vesos, sachadoras, sementadoras ou escarpadoras que hoxe en dia se musealizan. Con ese primeiro contacto moitos labregos acabaron mercando esa tecnoloxía agraria que se movía coa forza animal, e que acabou sendo substituída por outra tecnoloxía que requiría dunha fonte de enerxía non renovable como é o caso do motor a explosión. En conclusión, si mudamos o punto de vista cara un que comprenda a magnitude da transición do modelo de agricultura orgánica ó da revolución verde, creo que se poderíase comprender mellor porque agora en non antes se musealiza esta tecnoloxia. E ademais disto, comprender que non estamos sinxelamente ante unha nova moda estética. Para alcanzar os obxectivos presentados, a investigación partiu dende unha primeira sondaxe da bibliografía acerca do Patrimonio Cultural, para comprender si estabamos ou non ante unha nova forma patrimonial percibida por moi poucos. Neste sentido vai o libro de Xurxo Ayán e Manuel Gago (AYÁN y GAGO, 2012), no que non se atopa ningunha referencia ó noso obxecto de estudo. A labor de busca tamén se fixo pola internet, máis en tódalas web consultadas sobre patrimonio galego en ningunha se encontrou unha referencia ou mención con respecto ó noso obxecto de estudo (http://cultura.xunta.es/interior_idioma.php?txt=gallega_museo, 4 de marzo de 2013). Non obstante, no mesmo tempo no que redactaba este traballo encontrei a excepción nun blog dun Instituto de Boiro, o IES Praia de Barraña onde se expoñen algunhas fotos de tecnoloxía agraria do período que trato (http://25aniversarioiespraiabarrana.blogspot.com.es/2012/02/cubertos-apeiros-ealdeas-3-parte-por.html (visitada el 6 de mayo de 2013). No traballo de campo, primeiro localizouse a tecnoloxía agraria musealizada o longo dun ano no que se foi anotando ó que en principio non se percibía, xa que como explicarei unha das características dunha nova forma patrimonial é que, ata que non pasa a formar parte do concepto dominante de patrimonio, moita xente nin repara nin tan sequera no que a cotío está a ver. Por isto a localización de apeiros musealizados fíxose máis fácil co tempo. Unha vez localizada a tecnoloxía o seguinte paso foi a realización das fotografías e o uso da historia oral mediante as entrevistas á xente que expuña. Tódalas entrevistas foron gravadas en formato audio previa autorización do entrevistado ó que se lle ofertou á posibilidade de facela con nomes e apelidos, ou de forma anónima. Tralas entrevistas púidose identificar tres modelos de entrevistados fundamentalmente: Primeiro, xente maior que traballou toda a vida coa tecnoloxía; segundo, xente que traballou nos seus anos mozo coa tecnoloxía, pero que xa non o fan e, por último e terceiro, xente nova que nunca viu como traballa a tecnoloxía.
Monográfico, nº 9 (2014), págs. 683-712. Musealización popular da tecnoloxía agraria... 687 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 O obxectivo das entrevistas foi coñecer que podiamos indagar sobre o uso e a importancia do que se musealiza. Buscouse tamén coñecer o tratamento específico da restauración e a forma da exposición. Tamén se tivo en conta á tipoloxía concreta do apeiro -marca, modificacións,singularidades-. A parte disto tamén se tivo en conta ás características da casa na que se expuña, xa que se interpretou que podería concluír cuestións interesantes dependendo de si as casas que expuñan eran casas antigas, ou máis ben chalés modernos. Por último, tamén se foi elaborando unha táboa de estatísticas do musealizado 2 , para así, poder analizar a información que podía ofertar a súa análise e tamén, as conclusións das entrevistas. 1.- Unha nova forma patrimonial vida do medio rural Calquera obxecto dunha sociedade é potencialmente un ben patrimonial, pero só baixo unhas características concretas, algúns obxectos específicos chegan a constituír realmente bens patrimoniais para unha sociedade. Neste apartado indagarase nesta dirección. ¿Estamos ante unha nova forma patrimonial? Antes de que os castro prehistóricos foran asumidos pola sociedade como un ben patrimonial, xa existían, non eran novos, o problema é que pasaban desapercibidos. O que compre é decatarse de que o que vemos a miúdo, ten detrás un enorme peso patrimonial para a Cultura Galega. Un feito que demostraría que na actualidade non se ten asimilado esta nova forma patrimonial sería a obra de X. Ayán e M. Gago (AYAN y GAGO, 2012). No seu libro, un pode darse de conta de que o suxeito deste traballo está ausente nas percepción dos profesionais da xestión e do patrimonio de Galicia. Esta nova forma patrimonial é exhibida por parte da sociedade dedicada a unha determinada actividade económica, a agraria, nun tempo cronolóxico específico, aproximadamente entre 1890 e 1960, e nun agroecosistema concreto, o orgánicotradicional de Galicia. Do que se trataría agora, é que toda a sociedade no seu conxunto, incluída a que non estivo relacionada con esa tecnoloxía, por exemplo, a urbana ou industrial, asimile tamén unha forma patrimonial que en principio lles foi allea a súa experiencia vital. ¿Como se debe achegar un ó análise dun símbolo patrimonial? A tecnoloxía musealizada non deixa de ser un obxecto moble e polo tanto material. Como xa dixen, o feito de restaurar eses apeiros e exhibilos provocaría a súa vez que ese obxecto adquira unha carga simbólica entendida dentro dunha cultura concreta, polo que sería neste punto onde me atopo co concepto de “cultura” e “símbolo”, coa conseguinte necesidade de acercarme ó vocabulario máis propio que dá a antropoloxía. Como dicía, ese valor simbólico que adquiren os apeiros musealizados explícase non só dende o obxecto en si, se non que tamén responde á forma de interactuar dese obxecto co 2 Ver Anexos: Táboa estatística do musealizado.
Bruno Esperante Paramos 688 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 inmediato espazo que o rodea. Por exemplo, si só observamos o veso, e só o veso de forma descontextualizada, calquera persoa podería percibir as curvas, as rectas, e as partes do artefacto unidas por parafusos e sen función aparente, nembargante, si se observa o veso nunha leira, unido a un xugo do cal tiran catro vacas, e polo cal provoca o movemento do obxecto observado co conseguinte efecto na terra; poderíase concluír que o obxecto observado é un tipo de tecnoloxía agraria cunha función determinada: romper a terra. Se mudaramos outra vez máis a relación do obxecto observado co espazo e o colocamos nun xardín -lugar visible e de ocio das casas-, xunto a outro tipo de tecnoloxía restaurada e disposta dunha maneira visible cara fóra, diante da casa, para que se vexa ben; poderíamos deducir como a relación de todo este conxunto simbólico outórganos un significado que vai na dirección dun ben decorativo. Tendo en conta tamén a propia disposición dos símbolos no espazo, tal como coñecer que a tecnoloxía musealizada está diante da casa, e non gardada no pallal, axudaríanos a entender que a complexidade analítica chegaría ó punto sinalado por Marcel Mauss: o análise da totalidade do sistema observado, elementos e disposición. En consecuencia, si se realizara un simple cambio na disposición, como é o feito de restaurar a mesma tecnoloxía pero non exhibila, o sentido podería cambiar. O conxunto entón de relacións próximas a un signo e o que determina o seu sentido, constituíndo o que se denomina unha relación sintagmática (CASTAINGTS TEILLERY, 2011: 42). Segundo a teoría da bricolaxe de Levi-Strauss en orde ó pensamento primitivo (CASTAINGTS TEILLERY, 2011: 40), a tecnoloxía namentres non está exposta, é un significante sen o significado patrimonial. Polo que só na medida en que é restaurado e exhibido, é dicir, en que sexa útil como operador simbólico, toma o significado dirixido cara ó ben patrimonial. Así, poderíase comprender porque se gardan sempre obxectos e ideas vellas, xa que poderían volverse útiles en algún momento no que ese significante axude a comprender ou a explicar algo, ou axude a tomar decisións, ou á inducir algunha actividade. O símbolo que representa o veso restaurado, estaría entón inxerido nun sistema simbólico entendido como un relato que o home crea e que lle serve para comprender o mundo social e natural que o rodea. Asemade, por medio destes relatos míticos, o home podería a través desta clasificación, comprender e valorar, e en definitiva ter a posibilidade de tomar o seu lugar nesta estrutura clasificatoria e, por ende, adquirir a súa identidade social e individual (CASTAINGTS TEILLERY, 2011: 11). Tendo en conta a relación do agroecosistema coa tecnoloxía exposta, unha das hipóteses que cabería contrastar coas entrevistas orais é sobre si a tecnoloxía exposta funciona ou non como un dotador de significado do espazo, manténdose vivo así un relato histórico familiar que determina a súa orixe. A clave da cuestión, sería si como en Andalucía, dende unha iniciativa da Consellería de Cultura se investiga sobre a perda do patrimonio cultural vinculado ó coñecemento labrego. Isto viría relacionado co que xa
Monográfico, nº 9 (2014), págs. 683-712. Musealización popular da tecnoloxía agraria... 689 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 viñemos dicindo ata aquí, a transición da agricultura orgánica á revolución verde produciría en consecuencia un proceso de desagrarización das nosas sociedades; polo que se perdería o saber xerado e transmitido durante séculos que supón a supervivencia non só de biodiversidade, senón que tamén da propia especie humana. Paralelamente a este proceso de abandono da actividade agraria -coméntase no proxecto andaluzxurdirían dende o propio ámbito rural respostas que teñen como eixo a posta en valor do patrimonio cultural (SOLER MONTIEL y GUERRERO QUINTERO, 2009). Aquí estaría entón, como dixen, a clave da cuestión. 2.- Análise do material de campo: entrevistas e fotografías O material que vamos a analizar neste punto foi recollido dun total de 9 concellos diferentes 3 : A Baña, Negreira, Val do Dubra, Santiago de Compostela, Ames, Brión, Santa Comba, Mazaricos e Cabana de Bergantiños. Excepto o último concello pode dicirse que o estudo estivo focalizado en dúas grandes comarcas, como son fundamentalmente a da Terra de Santiago e Xallas. O análise da tipoloxía mostrou que o máis restaurado e exhibido fora o veso cun total de 32 pezas expostas. Logo, as sachadoras cun total de 27 exposicións, seguida das sementadoras con 17 unidades restauradas. Por último, de feito máis marxinal púidose atopar 2 escarpadoras restauradas e tan só 1 grade de ferro exposta. A continuación, móstranse nos cadros a relación de entrevistas realizadas, coas idades, ocupación e procedencia da tecnoloxía restaurada: Idade dos/das entrevistados/as Menores de 30 anos 2 Entre 30 e 60 anos 5 6 Maiores de 60 anos 10 6 Muller Home ¿Quen musealiza? O entrevistado 2 12 Un familiar 1 9 Muller Home Segundo o lugar onde se expuxo Casas vellas 17 Casas novas 10 Supermercado 1 Bar 1 3 Toda a información estatística que mostrarei, está recollida nunha táboa que se pode ver en: Anexos.
Bruno Esperante Paramos 690 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 Procedencia da tecnoloxía musealizada Apeiros da casa, herdados 21 Compraron os apeiros para restaurar 3 Déronllos uns amigos/coñecidos 5º ¿O/a entrevistado/a traballou coa tecnoloxía musealizada? Traballaron coa tecnoloxía 16 Non traballaron pero viron 6 Nunca viron como traballaba 3 ¿A familia dedicouse á actividade agraria? Nunca se dedicaron á actividade agraria 2 Seguen dedicándose á actividade agraria 3 Xa non se dedican á actividade agraria 20 As cuestións formuladas son resultado do traballo de campo, e non ó revés. Así, púidose dividir basicamente en tres os eixos de idade dos entrevistados. A división ten reflexo nun certo paralelismo con outras das cuestións que se formulan nos cadros como, por exemplo, a cuestión referida a de si traballou coa tecnoloxía musealizada ou non. Por este motivo, non é casual que case coincida o número de menores entrevistados de 30 anos, e o número de persoas que nunca viron como traballaba a tecnoloxía restaurada 4 . Outras conclusións, é o feito de que sexan maioría as casas vellas as que teñan máis tecnoloxía restaurada. Isto en parte era previsible, debido á que se entende que esas casas dedicáronse a actividade agraria e polo tanto, hoxe en dia teñen nos seus pallais a tecnoloxía que agora restauran. De calquera xeito, tamén é interesante ver como moitas das casas novas -moitas delas feitos por emigrantes retornadostamén posuían tecnoloxía restaurada, o cal, non deixa de estar relacionado polo traballo no agro que moitos mozos principalmente, facían na casa antes de collelas maletas 5 . Outra das conclusións é o indicativo baixo número de casas que se dedicaban, pero xa non o fan á actividade agraria. Só tres contestaron afirmativamente neste 4 Entrevista a Álvaro Pazos, Alberto Silva e Anónimo en Cirro (Brión). 5 Entrevista a Manuel en As Travesas (Santa Comba) e Herminio Vieito.
Monográfico, nº 9 (2014), págs. 683-712. Musealización popular da tecnoloxía agraria... 691 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 sentido, polo que é bastante significativo do devir histórico do traballo no agro en Galicia. Outras conclusións destes cadros, son o feito de que quen máis restaura e musealiza sexa homes de entre 30 e 60 anos, aínda que haxa máis mulleres que homes entrevistados. Isto seguramente dáse polos comportamentos sociais acordes os roles dominantes da masculinidade nas labores relacionadas co agro, así como tamén hoxe en dia o estar alleos eles ás tarefas do fogar. Si atendemos agora á musealización feita por alguén que non era o propio entrevistado, a resposta máis común das que obtiven foi: “un familiar” 6 . Concretamente, nos casos nos que puiden verificalo desa maneira, os que musealizan soen ser tamén o home no caso de que a entrevistada sexa a súa muller 7 . Só nunha excepción quen musealizou foi unha muller, en particular a nai dun entrevistado 8 . Algo interesante na liña do escrito foi que en tres casos, quen musealizou foi o fillo da entrevistada, dos cales dous 9 eran menores de 30 anos. En conclusión, pódese dicir que a vontade musealizadora ten un eixo de idade que empeza dende a xente máis nova, e que case se extingue na xente maior de 60 anos. A xente que máis restaura e mostra unha vontade de musealizar a tecnoloxía agraria son homes de entre 30 e 60 anos. Pódese dicir entón que non é a xente que viviu a súa idade moza e madura no agroecosistema relacionado coa tecnoloxía, a que mostra unha maior vontade de recuperar os apeiros do pallal e exhibilos no xardín. Tampouco está moi interesada a xente que non coñeceu o agroecistema referido, e que nunca viu como traballaban o campo con eses apeiros 10 . Un exemplo neste sentido foi a falta de interese da xente que non traballara coa tecnoloxía a falar nas entrevistas 11 . Por todo o anterior, conclúese con que é a xente que viviu a súa idade moza durante a transición entre dous agroecosistemas distintos, dúas agriculturas distintas -a orgánica e a da revolución verde-, a que mellor expresa unha vontade de outorgar unha simboloxía a unha tecnoloxía coa que a máis das veces viron traballar ós seus pais, e incluso avós, e que só traballaron eles de mozos abandonando a actividade agraria para o resto da súa vida na idade madura. Pode establecerse das anteriores argumentacións a afirmación de que a musealización popular pode responder a unha necesidade de recobrar, de rememorar e de reforzar unha identidade que se entende debe conservarse 12 . Incluso coincídese na maioría das entrevistas que os homes de entre 30 e 60 anos que restauran a tecnoloxía 6 Entrevistas a Álvaro Pazos, Anónimo en As Maroñas (Mazaricos), Blandina, Anónimo en Gándara (Negreira), Salvador Raul Vieito, Jose Manuel Rei Paramos, Manuel en As Travesas (Santa Comba) e Anónimo en Canduas (Cabana de Bergantiños). 7 Entrevistas a Blandina, Anónimo en Gándara (Negreira), Jose Manuel Rei Paramos, Maria Josefa Nieto Pazos. 8 Entrevista a Álvaro Pazos e Anónimo en Borneiro (Cabana de Bergantiños). 9 Entrevista a Anónimo en Canduas (Cabana de Bergantiños), e a Anónimo en As Maroñas (Mazaricos). 10 Entrevista a Alberta Silva e a Anónimo en Cirro (Brión). 11 Entrevista a Anónimo en Cirro (Brión). 12 A idea de conservar a memoria do pasado aparece de forma repetida nas entrevistas feitas a Áurea Ponte, Vitoria, Lola, Blandina e Manuela Dacunha e Rosalino Dacunha.
Bruno Esperante Paramos 698 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 Fig. 9. Modelo semellante á Sachadora de Ajuria y Aranzabal, coñecido como cultivador moderno, (Catálogo nº 23, 1926). Trasmonte (Ames), 17/5/2013, Manuel Trigo. Fig. 10. Modelo descoñecido. Borneiro (Cabana de Bergantiños), 27/3/2013. Anónimo.
Monográfico, nº 9 (2014), págs. 683-712. Musealización popular da tecnoloxía agraria... 699 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 Fig. 11. Escarpadora da casa Ajuria Aranzabal. Seilán (A Baña),13/4/2013, María Josefa). Fig. 12. Modelo descoñecido. Duomes de Arriba (A Baña), 13/4/2013, Fernando Forjá.
Bruno Esperante Paramos 700 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 Pasamos agora a valorar o análise dende un enfoque sintagmático. Como xa se puido observar quizais nas anteriores fotos, vemos como a situación do apeiro restaurado se encontra frecuentemente diante das casas. Un bo exemplo é o da sementadora da figura 13. Fig. 13. Modelo descoñecido, caixón único de madeira. A Pereira (Santa Comba),27/3/2013, Áurea Ponte. A situación da sementadora nun espazo tan visible como é o xardín de diante da casa, transmite por razóns obvias unha determinada intención encamiñada cara o exterior. Con isto, preténdese dar unha imaxe debido a situación do apeiro que nos fala dun pasado familiar vinculado á actividade agraria. Aínda que a construción da casa pareza nova, e así o é, no lado dereito da foto pódese observar un pallal cunha columna central que nos fala do pasado dedicado a unha explotación agraria que, neste caso, estaba rexentada por Áurea Ponte e o seu home 21 . A sementadora foi comprada pola propia Áurea Ponte que contaba no dia da entrevista con máis de 60 anos. O recordo do traballo duro, e o gusto polas cousas antigas foi polo xeral o motivo polo cal decidiron colocar a sementadora no xardín. Como moitas outras, a familia de Áurea xa non se dedica á actividade agraria, mais teñen moi presente o seu pasado a través da 21 Entrevista a Áurea Ponte.
Monográfico, nº 9 (2014), págs. 683-712. Musealización popular da tecnoloxía agraria... 701 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 sementadora familiar. Outros casos onde se pode ver a especial situación dunha sementadora é na figura 14. Fig. 14. Modelo descoñecido, caixón único de madeira. Trasouteiro (Brión),6/4/2013, Santiago Mouriño. Todo isto, indica que non só hai unha intención decorativa detrás desta práctica musealizadora, se non que tamén de orgullo e de valoración por parte dun traballo que xa non se practica, o do agro. Por último, unha das cousas que máis me pareceron interesantes foi a relación dos vesos, ou das sementadoras co resto de obxectos que están relacionados coa idiosincrasia galega. Isto pon de manifesto que detrás dunha intención decorativa, e detrás dunha intención de rememorar o traballo no campo, existe ademais outra intención que a xente estabelece de forma indirecta, como é a musealización de tecnoloxía agraria e a identidade galega, a través de símbolos culturais tales como o hórreo, ou os potes típicos presente no folclore galego. Xa se puido apreciar anteriormente en algunha foto, a existencia de algún pote o lado de algunha sachadora, ou algunha roda dun carro o lado dun veso. Neste caso, como mostra a figura 15 a relación é máis que evidente.
Bruno Esperante Paramos 702 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 Fig. 15. Modelo de veso, Brabant de antetrén de dúas rodas. Rúa de Fonte de Santo Antonio (Santiago de Compostela), 22/5/2013. Anónimo. Este caso é especialmente paradigmatico debido á súa musealización no medio urbano. Pero como se pode apreciar, a exposición do veso toma un significado distinto cando está acompañado de dous potes, xa que rapidamente se conecta coa idea do tradicional, co de antes, e con tódalas expresións que a xente utilizaba para explicar as razóns polas cales se lles daba por restaurar e musealizar estes apeiros. Outro caso paradigmatico, é o da figura 16 onde se pon outra vez de manifesto a relación entre esta tecnoloxía e a identidade galega. Neste caso a foto fala por si soa xa que se sitúa un veso no medio dun supermercado coñecido do centro de Santiago de Compostela. Hai que sinalar especialmente a relación que se estabelece entre o veso, e os produtos da terra, algo lóxico por outra parte, aínda que dende logo a súa relación co produto galego reforza o lazo de identidade galega. No caso da figura 17 vemos todo un exercicio de interrelación de símbolos cuxa idea proxecta sen dúbida a exaltación da tradición labrega galega.
Monográfico, nº 9 (2014), págs. 683-712. Musealización popular da tecnoloxía agraria... 703 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 Fig. 16. Modelo de veso Brabant, de antetrén de dúas rodas. Supermercado da rúa da república do salvador (Santiago de Compostela), 11/1/2013, Anónimo. Na figura 17 pódese apreciar en primeira instancia o hórreo. Como se pode ver o propio hórreo está restaurado, e decorado cunhas flores en macetas o pé da escada. Na parte inferior, pódese observar o pote, e xa logo a sachadora. Esta foto creo que demostra que a xente que musealiza isto, pensa cun triplo enfoque. Por unha parte a intención decorativa, por outra a conservación do seu pasado e, por extensión a exaltación da identidade cultural galega. O pote como dixen, mailo o hórreo son logo símbolos que axudan a construír un esquema simbólico que responde a unha necesidade humana, esta é, a conservación da súa identidade, e a creación dun discurso histórico sobre o pasado familiar en relación cun determinado agroecosistema tradicional que se perdeu, pero que se ten presente a través, neste caso, da sementadora que se mostra a figura 18. 3.- Conclusión Xa vimos en parte na lectura do artigo varias das conclusións desta investigación. Aquí repasaremos as máis importantes. Identificado claramente o que se
Bruno Esperante Paramos 704 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 musealiza puidemos apreciar conclusións tipolóxicas como por exemplo a popularidade do modelo Branbant, entre os demais tipos de vesos. Por outra parte, tamén constatouse a variabilidade de modelos en canto a sachadoras e sementadoras se refire. Isto deixa translucir dúas cousas. Por unha parte, que moita xente compraba o Brabant directamente ou por intermediarios á casa Ajuria y Aranzabal. Por outra, que no caso das sementadoras e sachadoras, os encargos específicos a ferreiros locais eran máis comúns, así como tamén os arranxos propios, e as manipulacións que cada quen lle facía segundo as súas necesidades. Fig. 17. Modelo de sachadora descoñecido, na parte inferior dereita da foto. Bertamiráns (Ames), 17/5/2013. Anónimo. Outra das conclusións, é que o feito de que sexan homes de mediana idade ós que máis musealizen: Xente que traballou de mozos coa tecnoloxía agraria pero que logo emigran para volver máis tarde e atoparse coa vella sachadora no pallal; creo que fala da vontade tanto decorativa como tamén vehicular do discurso identitario da persoa, da familia, e incluso tamén, de toda a sociedade galega. Isto significa que aínda habendo unha indubidable vontade estética, se nos fixamos nas historias de vida e as relacionamos co agroecosistema; comprobamos a existencia de vontades de conservación do pasado e por conexión, da identidade. Por isto, moitas casas que se dedicaron á actividade agraria musealizan agora a tecnoloxía ó darlle un valor simbólico que lles serve para saber de onde veñen, e quen son no presente.
Monográfico, nº 9 (2014), págs. 683-712. Musealización popular da tecnoloxía agraria... 705 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 Non obstante, ¿esqueceu a xente que restaura e recupera esa tecnoloxía unha determinada relación co agroecosistema, ou pola contra o feito de dotalo de valor simbólico quere dicir que hoxe en dia o teñen máis presente que nunca? O feito de que restauren esa tecnoloxía agraria é sinónimo de que aínda conservan moi presente o pasado agrario da familia, e do país. Como vimos, este ben patrimonial pode entenderse dende un punto de vista familiar, e incluso a nivel identidade con Galicia. Está claro que os efectos da Revolución Verde fixéronse sentir na agricultura tradicional galega. A raíz disto, unha nova reestruturación das actividades agrarias provocou unha notable baixada do número de labregos en Galicia, coa conseguinte desagrarización do campo. Como xa se falou neste traballo, en situación de rápidas mutacións sociais -o que se chamou como a crise do tempo acumulativoprovoca a necesidade de reafirmar a identidade e o pasado concreto de cada quen, neste caso, do grupo social do labrego galego que necesita dun símbolo que o axude a definirse. Claro que neste sentido, para eles sempre será unha cousa bonita que se puxo no xardín porque no pallal estorbaba. Pero de calquera xeito, seguiríase sen contestar a cuestións relacionadas co evidente apego sentimental que moitos lle teñen a estes apeiros. Apego, que explica porque non se libran da chatarra vella que se oxida no pallal a ollos de moitos netos que non saben para que valía o veso, a sachadora ou a sementadora. Fig. 18. Modelo descoñecido. Sementadora de caixón de madeira único. A Pereira (Santa Comba), 27/3/2013, Áurea Ponte. A musealización desa chatarra sérvelles para explicar o seu pasado, e para entendelo. A súa vez, tamén se rememora unha antiga relación harmónica co
Bruno Esperante Paramos 706 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 agroecosistema tradicional. Significa tamén unha liberalización dunha carga de traballo, e unha mellora nas súas condicións de vida. Por isto, moitos dos entrevistados reaccionaban con onomatopeas ó estilo de “buff”, e “puff”, seguido dun “carallo si traballei co veso”. En canto o de si é ou non unha forma patrimonial, pois é evidente que si o é, dada a identificación desa tecnoloxía coa identidade e coa cultura galega. Como dixen, o que se require é o exercicio pedagóxico de asimilación por todo o conxunto da sociedade. Para iso, requírese facer o que se fixo co castro, que ata que non foi recoñecido como un ben patrimonial, só era un lugar para ir collela pedra. Ten que logo ser asumido pola sociedade e expresado mediante as institucións públicas que a pretenden representar. Unha vez feito isto, o que hoxe en día pasa desapercibido terase en conta. Con todo o anterior, creo que se consigue dar resposta á meirande parte das cuestións que presentei ó inicio deste escrito. Nembargante, non quixera rematar sen facer aquí unha pequena reflexión ó redor da metodoloxía utilizada neste traballo. Unha cuestión que me preocupou especialmente foi si a mostra do material de campo, tanto fotografías como entrevistas eran representativas ou non. A colección fotográfica que se logrou reunir, foi moito máis ampla que a que se mostrou neste traballo. O que se fixo, foi escoller as fotos máis representativas de todo o conxunto, xa que chegado a un punto, podíase observar como se repetían a relación de símbolos e as súas características. Por exemplo, un caso que xa evidenciamos foi a relación que se establece entre a tecnoloxía agraria e os potes ou os hórreos. A parte disto, tamén houbo outros elementos que se repetían como as rodas dos carros, os propios carros tradicionais restaurados, ou tamén incluso, arados de madeira. Toda esta repetición, creo que era o suficientemente representativa como para deter a compilación do material de campo. En conclusión, creo que o problema da representatividade o pecharía, non tanto o espazo de estudo, se non que a propia representatividade da mostra. Anexos Relación dos entrevistados, lugar, data e duración da entrevista: - Áurea Ponte, A Pererira (Mazaricos), 27/3/2013. Duración da entrevista: 00:02:23. - Alberto Silva, Vesía (A Baña), 14/4/2013. Duración da entrevista: 00:01:28. - Álvaro Pazos, A Carballeira (A Baña), 14/4/2013. Duración da entrevista: 00:01:15.
Monográfico, nº 9 (2014), págs. 683-712. Musealización popular da tecnoloxía agraria... 707 | P á g i n a I S S N : 1988-8430 - Anónimo, Borneiro (Cabana de Bergantiños), 27/3/2013. Duración da entrevista: 00:01:38. - Anónimo, Canduas (Cabana de Bergantiños), 27/2013. Duración da entrevista: 00:00:54. - Anónimo, Cirro (Brión), 6/4/2013. Duración da entrevista: 00:01:49. - Anónimo, Gándara (Negreira), 4/5/2013. Duración da entrevista: 00:02:44. - Anónimo, Portela de Villestro (Santiago de Compostela), 17/5/2013. Duración da entrevista: 00:05:31. - Antonio Mouriño Mourelle, Trasouteiro (Brión), 6/4/2013. Duración da entrevista: 00:03:34. - Anónimo, As Maroñas (Mazaricos), 27/3/2013. Duración da entrevista: 00:02:28. - Blandina, As Maroñas (Mazaricos), 27/3/2013. Duración da entrevista: 00:04:11. - Consuelo, Borneiro (Cabana de Bergantiños), 27/3/2013. Duración da entrevista: 00:03:11. - Eduardo Fernández, Bertamiráns (Ames), 6/4/2013. Duración das entrevistas: 00:06:50. - Fernando Forján Novo, Duomes de Arriba (A Baña), 13/4/2013. Duración da entrevista: 00:03:33. - Herminio Vieito, Cantalarrana (A Baña), 14/4/2013. Duración da entrevista: 00:06:22. - José Abelenda, San Salvador de Bastavales (Brión), 6/4/2013. Duración da entrevista: 00:06:50. - José Manuel Rei, Paramos (Val do Dubra), 14/4/2013. Duración das entrevistas: 00:03:13. - Lola, As Travesas (Santa Comba), 27/3/2013. Duración da entrevista: 1 Parte (00:01:16), 2 parte (00:01:01). - Manuel Trigo, Trasmonte (Ames), 17/5/2013. Duración da entrevista: 00:04:11. - Manuel, As Travesas (Santa Comba), 27/3/2013. Duración da entrevista: 1 Parte (00:03:08), 2 Parte (00:00:47). - Manuela Dacunha e Rosalino Dacunha, Corneira (A Baña), 14/4/2013. Duración da entrevista: 00:03:44. - Maria Josefa Nieto Pazos, Seilán (A Baña), 6/4/2013. Duración dan entrevista: 00:04:42. - Maria Oreiro, Corneira (A Baña), 14/4/2013. Duración da entrevista: 00:04:46. - María Teresa Baliña Crespo, Pontemaceira (Negreira), 6/4/2013. Duración da entrevista: 00:04:37.