Full text
VICERREITORÍA DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA, CULTURA E SOCIEDADE Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade Grao en Dereito Fundamentos Históricos do Dereito Mª Teresa Bouzada Gil Dereito Público Especial Facultade de Dereito 8 Codificación
Codificación 8 Mª Teresa Bouzada Gil Dereito Público Especial Facultade de Dereito
ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicacion, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos editores. © Universidade de Santiago de Compostela, 2010 Deseño Unidixital Edita Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago de Compostela Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela Imprime Unidixital Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela Dep. Legal: C 3973-2010 ISBN 978-84-9887-540-9
UNIDADE DIDÁCTICA VIII: Codificación - 3 MATERIA: Fundamentos Históricos do Dereito TITULACIÓN: Dereito PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica UNIDADE DIDÁCTICA 1.Dereito romano en Hispania Romanización xurídica de Hispania. Vulgarización do Dereito romano. Pervivencia da tradición romana no Regnum visigodo . UNIDADE DIDÁCTICA 2. Pluralismo xurídico altomedieval Orixes e expansión dos reinos e condados cristiáns. Pervivencia da tradición xurídica romano-vulgar. O novo dereito privilexiado. Os intentos de unificación xurídica. UNIDADE DIDÁCTICA 3. Ius commune Pervivencia do Dereito romano xustinianeo. A Escola de Boloña e o Ius commune. O Dereito canónico. UNIDADE DIDÁCTICA 4. Iura propria O concepto de Dereito. A formación e aplicación do Dereito. Caracteres do novo orde xurídico. Ius commune e Iura propria nos reinos hispanos. O proceso recompilador nos distintos reinos da Monarquía española dentro do contexto europeo. UNIDADE DIDÁCTICA 5. Absolutismo xurídico O triunfo do absolutismo rexio e a unificación xurídica da Monarquía. Novas concepcións políticas e xurídicas. Os inicios do proceso codificador en Europa. UNIDADE DIDÁCTICA 6. Constitucionalismo Os novos principios políticos. Concepto de Constitución. A parte dogmática das constitucións. A parte orgánica das constitucións. As Leis Fundamentais da Ditadura do xeneral Franco. UNIDADE DIDÁCTICA 7. O ordenamento xurídico contemporáneo O concepto de Dereito. Fontes do Dereito. Influencia do Dereito internacional. A doutrina xurídica. O coñecemento do Dereito: periódicos oficiais e coleccións normativas. UNIDADE DIDÁCTICA 8. Codificación Concepto de Código. Tradición e renovación xurídica. Os debates xurídicos na Europa do século XIX. O proceso codificador en Europa ó longo do século XIX. Ramas xurídicas codificadas en España. Ramas xurídicas no codificadas en España. Lexislación especial. A proxección do Dereito español nos novos estados americanos.
4 - UNIDADE DIDÁCTICA VIII: Codificación UNIDADE DIDÁCTICA 9. Estruturas políticas superiores Fundamentos políticos da potestade real no marco do Ius commune. Estado e soberanía. A súa evolución. Unións supraestatais. Trazos esenciais na evolución en España das estruturas administrativas centrais, territoriais e municipais. UNIDADE DIDÁCTICA 10. Parlamentarismo O nacemento dos parlamentos en Europa. As Cortes dos reinos hispanos. O poder lexislativo na etapa constitucional. Os sistemas representativos contemporáneos. UNIDADE DIDÁCTICA 11. Persoa Persoa física e capacidade no seu desenvolvemento histórico. División social: o privilexio e a súa proxección en ordes ou estamentos. Dereitos da persoa. O principio de igualdade na época contemporánea. Persoa xurídica. As corporacións e as súas normas. O Ius mercatorum. UNIDADE DIDÁCTICA 12. Familia Concepto e evolución histórica dos aspectos básicos da familia. A constitución do matrimonio e as súas formas de disolución. Trazos fundamentais dos réximes económico-matrimoniais históricos. A filiación e as súas clases. Patria potestade e a adopción. UNIDADE DIDÁCTICA 13. Propiedade As cousas e as súas clasificacións históricas. A propiedade e as súas clases. O dominio. Modos de adquisición e perda da propiedade. As limitacións ó dereito de propiedade. A posesión e os seus efectos. Protección da propiedade e da posesión na súa proxección histórica. UNIDADE DIDÁCTICA 14. Obrigación e contrato Concepto e evolución histórica da obrigación. Clasificación das obrigacións. Evolución histórica das fontes das obrigacións. O contrato: concepto, evolución histórica e formación. Clasificacións dos contratos. Extinción das obrigacións. UNIDADE DIDÁCTICA 15. Sucesión Evolución histórica del Dereito sucesorio. Testamento: requisitos de outorgamento e modalidades. Posición xurídica dos herdeiros e distribución da herdanza:o maiorazgo. Concepto e fundamento da sucesión intestada.
UNIDADE DIDÁCTICA VIII: Codificación - 5 UNIDADE DIDÁCTICA 16. Estruturas xudiciais e proceso As transformacións históricas do concepto de Xustiza. Xuíces legos e xuíces togados. Asistencia e formación xurídica do xuíz. A administración de xustiza colexiada: os tribunais. Esquema histórico do proceso. Manifestacións históricas da discrecionalidade xudicial. UNIDADE DIDÁCTICA 17. Dereito penal Evolución da represión de condutas ilícitas. O delincuente e outras formas de participación criminal. A comisión do delito e o iter criminis. Responsabilidade criminal. Teorías sobre as circunstancias do delito. As penas e a súa evolución. Causas modificativas da pena.
UNIDADE DIDÁCTICA VIII: Codificación - 7 ÍNDICE Presentación ................................................................................................. 9 Os obxectivos ............................................................................................. 11 A metodoloxía ............................................................................................. 13 Os contidos ................................................................................................. 14 1. Concepto de código. Tradición e renovación xurídica ................ 14 2. Os debates xurídicos na Europa do século XIX .......................... 15 3. O proceso codificador en Europa ó longo do século XIX ............ 15 4. Ramas xurídicas codificadas en España..................................... 16 5. Ramas xurídicas non codificadas. Lexislación especial .............. 16 6. A proxección do Dereito español nos novos estados americanos ......................................................................... 17 Actividades propostas ............................................................................... 18 Avaliación da UD ........................................................................................ 24 Anexos Anexo 1 ............................................................................................ 25 Anexo 2 ............................................................................................ 26 Anexo 3 ............................................................................................ 27 Bibliografía .................................................................................................. 27
14 - UNIDADE DIDÁCTICA VIII: Codificación 3. Interrogativo Unha vez feitas as prácticas, individuais ou en grupo e expostas oralmente, os alumnos e/ou os grupos serán cuestionados nas súas opinións e conclusións dos seus traballos polos compañeiros e polo docente coa intención de favorecer o debate xurídico entre os alumnos. Dentro deste método interrogativo tamén se atopa un tipo de práctica moi axeitada para un alumno de Dereito: os debates xurídicos. Para iso, o profesor formula unha cuestión dubidosa e establece equipos na clase, obrigados a defender con argumentos xurídicos sempre (se lle facilitará bibliografía sinxela), a súas posicións, estean ou non de acordo con elas. OS CONTIDOS BÁSICOS 1. O Código: concepto. Entre a tradición e a renovación xurídica O Código é un novo tipo de libro xurídico nado na Idade Contemporánea que acompaña as constitucións como piares xurídico-políticos dos estados de Dereito que xorden a partir do século XIX. O Código recolle un Dereito baseado no principio de legalidade e na certeza xurídica, dun xeito sistemático e cunha vocación de totalidade, no que se refire á normalización de todos os problemas xurídicos que poden acadarse na materia obxecto de codificación. Neste apartado de contido, explícanse tamén as diferenzas entre un Código e unha Recompilación de Dereito (texto xurídico nado e morto na Idade Moderna e propio do Antigo Réxime). Con todo, a pesar de que o Código é un novo libro xurídico, o Dereito neles contidos non é novo. Ó contrario, é o resultado da tradición xurídica europea, encarnada no Dereito Romano da Recepción baixomedieval e no Dereito Canónico, sen esquecer, no noso caso en menor medida, o Dereito xermánico. O Dereito nunca é ruptura co período histórico precedente. Por iso, os códigos recollen tamén unha tradición xurídica, que quizais rexeiten, pero da que non poden evadirse. Así, por exemplo, o Dereito romano, obxecto de rexeitamento nas universidades europeas dende o século XVIII e desprestixiado polo Racionalismo, non obstante inflúe notablemente nos códigos civís dos diversos Estados europeos, inicialmente no francés de 1804, pero tamén no español, de 1889. O Código é un novo tipo de libro xurídico nado na Idade Contemporánea que acompaña ás Constitucións como piares xurídico-políticos dos estados de Dereito que xorden a partir do século XIX.
UNIDADE DIDÁCTICA VIII: Codificación - 15 2. Os debates xurídicos na Europa do século XIX Ó longo do século XIX desenvólvense en Europa os postulados dunha serie de escolas de pensamento xurídico, nadas ó carón das correntes filosóficas do Iluminismo e Racionalismo do século precedente, que inciden na elaboración dos códigos nos diferentes estados de Europa. Nomeadamente son tres as escolas que se abordan neste apartado: Escola Utilitarista inglesa, de J. Bentham; a Escola da Esexese francesa, e, sobre todas elas, a Escola Histórica do Dereito alemán, de F.C. von Savigny (no retrato). Acerca de todas elas iremos dando unha serie de nocións que permitan ó alumno comprender a transcendencia da súas doutrinas e opinións para o desenvolvemento de proceso codificador non só en Europa senón tamén en España, xa que tales correntes chegan ata nós, se ben de xeito máis intenso a partir da Constitución de 1812. Especialmente, a Escola Histórica do Dereito, enraizada co nacionalismo xermánico máis conservador, nun intre da historia de Alemaña tan determinante xa que a Nación aínda non se constituiría en Estado ata 1871, é de notable influencia no pensamento xurídico dalgunha das rexións forais españolas daquel tempo; en particular, Cataluña, onde a Escola Histórica do Dereito tivo importantes seguidores. Os postulados desta Escola alemá condicionaron o resultado final da Codificación do Dereito Civil en España. Ó longo do século XIX desenvólvense en Europa os postulados dunha serie de escolas de pensamento xurídico, xurdidas ó carón das correntes filosóficas do Iluminismo e Racionalismo do século precedente, que inciden na elaboración do códigos nos diferentes estados europeos. 3. O proceso codificador en Europa ó longo do século XIX Xa dixeramos que a Codificación é un proceso europeo. Por iso, antes de entrar na análise do caso español, trátase de presentar, brevemente, o proceso codificador nalgúns estados do noso contorno xurídico e cultural, cal é o caso de Portugal, Francia e Italia. Isto non impide facer alusións a outros estados, coma Alemaña ou Inglaterra. Debe terse en conta que a Codificación é, por un lado, o resultado xurídico do desenvolvemento do Dereito de épocas anteriores nunha concreto Estado (como xa dixeramos, o Dereito non se crea ex novo nunha época sen contar cos precedentes), pero, por outro lado, o Dereito codificado é innovador, sobre todo, na forma
16 - UNIDADE DIDÁCTICA VIII: Codificación ou nos principios, que se ben existiron con anterioridade, non foran constitucionalizados. As peculiaridades históricas de cada Estado europeo determinan o senso do seu proceso codificador. 4. Ramas xurídicas codificadas en España Ó longo do século XIX prodúcese en España, a carón do proceso constitucional, o proceso codificador. Sen dúbida a invasión francesa de 1808, meteu o país no ambiente das constitucións e dos códigos que xa se percibía con claridade non só en Francia senón noutros estados. Por iso, xa na Constitución de Cádiz, de 1812 (art. 248, recollido nas sucesivas constitucións), establécese a necesidade de codificar tres ramas do Dereito: a civil, a penal e a mercantil. Ó longo do século, nuns procesos laboriosos e moi longos, con grande cantidade de proxectos, debates, participación dos distintos estamentos sociais (Cortes, comisións lexislativas, universidades, concellos, colexios de avogados, igrexa...) elabóranse varios códigos penais, cambiantes á luz dos acontecementos políticos, dous códigos de comercio, e un código civil, aínda vixente, se ben, cun articulado xa moitas veces modificado. O Código Civil, en unión coa Constitución, conformaban os piares básicos da estrutura político-xurídica do Estado decimonónico. A elaboración do Código Civil, que debera ser o primeiro dos textos xurídicos promulgados trala Constitución, foi, porén, o último de todos eles (en 1889), precisamente polos problemas e conflitos que polo mantemento do Dereito propio houbo coas distintas rexións forais. 5. Ramas xurídicas non codificadas en España. Lexislación especial As constitucións non se refiren á necesidade de codificación de determinadas ramas do Dereito, especialmente, o Dereito Procesual. Con todo, as leis de procedemento si se realizaron co formato de código ó longo do século XIX. Quedan fóra da codificación, incluso na actualidade, certas ramas do Dereito de nova formación: o Dereito laboral, o Dereito administrativo e o Dereito internacional carecen en España dun código propio. Á marxe do código existe a lexislación especial, isto é, lexislación que complementa os contidos do código e que en numerosas ocasións acaban sendo máis importantes e relevantes que o propio texto codificado, como sucede no Dereito mercantil) Axustizamento a garrote vil
UNIDADE DIDÁCTICA VIII: Codificación - 17 6. A proxección do Dereito español nos novos estados americanos. O Dereito español, sinaladamente o castelán (isto é, as Partidas de Afonso X, o Ordenamento de Alcalá, as Leis de Toro, o Foro Real, o Foro Juzgo, entre outros textos xurídicos), foran levados a Latinoamérica dende a conquista no século XV, convivindo dende aquela co costume local e indíxena. A estes textos de orixe castelá vanse unindo outros nados da vontade rexia na Idade Moderna: a Nova Recompilación, Pragmáticas Reais...Ó longo da Idade Moderna o dereito da Monarquía española é unha parte moi importante do dereito dos distintos territorios americanos. As institucións de dereito indíxena que atoparon os conquistadores españois baseábanse no costume, e, por iso, non viñan recollidas en textos xurídicos –o que permitiría a súa mellor conservación histórica–, ademais de seren costumes moi rudimentarias. Esta realidade do costume indíxena non impediu a súa influencia, sobre todo, vulgarizándoo, no Dereito castelán e no Dereito rexio que se aplicaba nos tribunais de xustiza americanos. É a época histórica do “acátese mais non se cumpra”, tendo conta das enormes diferenzas sociais e de ambiente entre a Metrópole e as colonias.
18 - UNIDADE DIDÁCTICA VIII: Codificación Ante os séculos de conquista, os territorios americanos de Monarquía acabaron interiorizando un Dereito para eles novo, pero moito máis avanzado que o costumario que eles tiñan. Por iso, cando ó longo do século XIX comezan as distintas colonias a obter a súa independencia de España, vense na obriga de dotarse dun Dereito, e acoden, como non podía ser doutro xeito, ó Dereito español do século XIX, agora en proceso de codificación. Os códigos civís, os primeiros penais, as leis procesuais do século XIX en Lationamérica, son, descendentes directísimos dos dereitos español e portugués (no caso do Brasil). ACTIVIDADES PROPOSTAS PRÁCTICA 1. TRABALLO INDIVIDUAL. CODIFICACIÓN CIVIL: “EXTINCIÓN DAS SERVIDUMES” Obxectivos Mediante esta práctica preténdese que o alumno: o Manexe textos histórico-xurídicos, o Analice o desenvolvemento e cambio na regulación histórica dunha concreta institución de Dereito Civil cal é a “extinción das servidumes”. Actividades que debe desenvolver o alumno o Consultar os textos históricos propostos na práctica. o Ler atentamente a regulación en sede de “extinción de servidumbres”. Estes textos, ó pertenceren a períodos históricos diferentes, teñen vocabulario, expresións e construcións diversas. o Elaborar un traballo escrito no que responda as cuestión que se lle formulan no seguinte cuestionario: 1.- Indica cales son as clases de servidumes en Dereito romano. 2.- Cales son os “modos de extinción” das servidumes en Dereito Romano, e explícalos brevemente. 3 .- Indica que clases de servidumes cita Afonso X en P. 3, 31 4.- Consulta o Proxecto de Código Civil de 1851 (a través da obra de Florencio García Goyena, Concordancias, motivos y comentarios al Código Civil español) e sinala cales son os modos de extinción das servidumes que alí se citan (arts. 545-547). 5.- Segundo o que se di no Proxecto, sinala:
UNIDADE DIDÁCTICA VIII: Codificación - 19 a) as leis das Partidas relacionadas cos arts. 545-547 do Proxecto. b) Cales son os artigos do C.Civil francés relacionados cos arts. 545-547 do Proxecto. c) Sinala as semellanzas ou diferenzas que observa García Goyena entre Partidas, Código francés e Proxecto. 6.- Que tipos de servidumes recolle o Código Civil de 1889? Indica os seus artigos. 7.- Acude ó noso Código Civil e indica artigos/s nos que se regula a extinción das servidumes. 8.- Observa as diferenzas ou semellanzas entre o Código Civil e o recollido polo Proxecto de 1851 sobre a extinción das servidumes? Indica que aprecias. 9.- Acude á Compilación de Dereito Civil Especial de Galicia, de 1963, e sinala que tipos de servidumes se regulan na Compilación e o que regula en relación cos modos de extinción das servidumes. 10.- Acude á Lei de Dereito Civil de Galicia, de 14 de xuño de 2006 (DOGA de 29 de xuño de 2006. BOE de 11 de agosto de 2006), e sinala que tipos de servidumes se regulan e o que recolle acerca dos modos de extinción das servidumes. Duración o 1 hora presencial (obtención dos textos na Biblioteca Concepción Arenal o 1 hora de lectura dos textos o 2 horas de elaboración do traballo coas respostas as cuestións formuladas. Avaliación A práctica participará da nota final do curso, xunto coas outras prácticas que se realicen, constituíndo, en conxunto, o 30% desa nota final. No canto desta Proposta de Práctica 1, podería facer o alumno esta segunda proposta:
20 - UNIDADE DIDÁCTICA VIII: Codificación PRÁCTICA 2. TRABALLO INDIVIDUAL. CODIFICACIÓN PENAL: DELITO DE PARRICIDIO Obxectivos Mediante esta práctica preténdese que o alumno: o Manexe textos histórico-xurídicos, o Analice o desenvolvemento e cambio na regulación histórica dunha concreta institución de Dereito Penal cal é o delito de parricidio. A elección deste delito explícase polos nulos coñecementos penais dos alumnos de Primeiro no primeiro cuadrimestre, o que esixe a elección dunha figura xurídica próxima a eles por simple cultura xeral. Actividades que debe desenvolver o alumno o Buscar en manuais de Dereito Romano que traten da materia criminal como evoluciona o senso do delito de parricidio neste sistema xurídico. o Consultar os textos históricos propostos na práctica. o Elaborar un traballo escrito no que responda as cuestión que se lle formulan no seguinte cuestionario: 1. En D.48,9 como entenderon os xuristas romanos o parricidio?. Expón as súas ideas. 2.- Na Partida de Afonso X que corresponda, busca a lei na que se castiga o parricidio. Explícaa 3.- Nos códigos penais de 1822, 1848, 1932 y 1967, busca os artigos relativos ó delito de parricidio. Sinala as súas diferenzas e semellanzas (autores, vítimas, conduta que se castiga, penas que se impoñen...), e trata de dar unha explicación de tales semellanzas e diferenzas. 4.- Como se castigaría un suposto de parricidio no vixente Código Penal. 5.- Observa e comenta as diferenzas da actual regulación coa dos outros códigos penais anteriores. Duración o 1 hora presencial (obtención dos textos na Biblioteca Concepción Arenal o 1 hora de lectura dos textos o 2 horas de elaboración do traballo coas respostas ás cuestión formuladas.
UNIDADE DIDÁCTICA VIII: Codificación - 21 Avaliación A práctica participará da nota final do curso, xunto coas outras prácticas que se realicen, constituíndo, en conxunto, o 30% desa nota final. PARA REALIZAR ESTAS PRACTICAS É NECESARIO CONSULTAR: MANUAL DE DEREITO ROMANO MANUAL DE DEREITO PENAL DIXESTO DE XUSTINIANO. Na Biblioteca “Concepción Arenal” atopase a versión traducida ó castelán coordinada por Álvaro D’Ors. Florencio GARCIA GOYENA,, “Concordancias, motivos y comentarios del Código civil español”, Madrid, 1852; o, Zaragoza, 1974. Tamén se pode consultar online na Biblioteca dixital do Congreso do Deputados: http://www.congreso.es/cgibin/absys/abweb/G0. En el link “Biblioteca Digital”, buscar por “Autor”: Garcia Goyena. Aparecerá o libro de Concordancias, motivos y comentarios... Ir a “Texto Completo v. 1”, “pp. 390-509”. COMPILACIÓN DE DERECHO ESPECIAL GALICIA, 1963. Exemplares na Biblioteca “Concepción Arenal”. Tamén a Lei 147/1963, de 2 de decembro, sobre Compilación do Dereito Civil Especial de Galicia podese consultar a través de http://www.boe.es/g/es/bases_datos/gazeta.php. No título, teclear “compilación galicia”. CÓDIGO CIVIL. Exemplares na Biblioteca “Concepción Arenal”. DIARIO OFICIAL DE GALICIA da data indicada. Tamén se pode consultar on-line ó través da dirección electrónica: http://www.avogaciagalega.org/w3/article.php3?id_article=1214. Y tamén na páxina web do BOE: http://www.boe.es/g/es/boe/dias/2006/08/11/ PARTIDAS AFONSO X. Podese consultar a través da ligazón “Textos histórico-xurídicos” da páxina web do Área de Historia do Dereito da USC: http://www.usc.es/histoder. Tamén na Biblioteca dixital PIXELEGIS. En papel, pódese consultar na Biblioteca “Concepción Arenal” a edición do Boletín Oficial del Estado, Madrid, 1974. Noutras bibliotecas da USC existen diferentes edicións en papel. CODIGOS PENAIS HISTÓRICOS, na Biblioteca dixital PIXELEGIS e na páxina de IUSTEL.
22 - UNIDADE DIDÁCTICA VIII: Codificación PRÁCTICA 3. TRABALLO EN GRUPO. “XUÍZO DA RÚA FUENCARRAL (1888)” Obxectivos Mediante esta práctica preténdese que o grupo, e cada uno dos seus integrantes, poida: o Coñecer algunha causa célebre da historia xudicial e criminal española o Manexar textos histórico-xurídicos (lexislación, doutrina de época, documentos de aplicación do Dereito...) o Analizar os aspectos xurídicos, nomeadamente, procesais, da causa proposta. o Xerar un debate xurídico entre todos eles sobre os distintos elementos do xuízo desenvolvido. Actividades que debe desevolver o alumno/grupo o Acudir á Biblioteca Universitaria e localizar os textos indicados pola profesora. o Lelos e entendelos. o Facer unha análise dos contidos xurídicos, poñéndoos en relación coa lexislación vixente. o Facer un traballo por escrito e presentarllo á profesora na data indicada. o Facer unha exposición oral diante dos compañeiros na clase por un tempo de 30 minutos, como máximo. O grupo presentará o relato dos feitos, e un breve excursus da investigación policial; e, sobre todo, o desenvolvemento procedemental do xuízo: partes intervenientes, acusacións, práctica de probas, sentenza, recursos...).Os alumnos deberán por en relación o caso real cas figuras xurídicas do seu coñecemento así como cos artigos das distintas leis (penais, procesuais, civís, mercantís...) que eles vexan aplicables, e facer un breve comentario. A práctica será presentada por escrito ó profesor. E oralmente, na clase, ó resto de compañeiros. Coas mesmas exixencias, darase un caso célebre a cada grupo de alumnos para que o comenten. A profesora sinalará os membros dos distintos grupos de traballo, onde poden obter a bibliografía necesaria para facer a investigación, sempre, sinxela (non debe esquecerse que se trata de alumnos de Primeiro no primeiro cuadrimestre da súa carreira) e fundamentalmente existente na nosa Biblioteca Universitaria compostelá.
UNIDADE DIDÁCTICA VIII: Codificación - 23 Duración o 2 horas presenciais (obtención dos textos na Biblioteca Concepción Arenal) o 2 horas de lectura dos textos o 4 horas de elaboración do traballo. Avaliación A práctica participará da nota final do curso, xunto coas outras prácticas que se realicen, constituíndo, en conxunto, o 30% desa nota final. PRÁCTICA 4: VOCES OU MONOGRÁFICO DE INSTITUCIÓNS Obxectivo Mediante as “VOCES” preténdese que o alumno poida: o Establecer por escrito os contornos xurídicos dun concepto importante da Unidade Didáctica, nunha definición reducida, pero completa. Mediante o “MONOGRÁFICO DA INSTITUCIÓN” preténdese que o alumno poida o Facer un estudo histórico-xurídico, moi sinxelo, dunha institución ou dun aspecto concreto dunha institución relacionada coa Unidade Didáctica. Actividades que debe facer o alumno/grupo o Acudir á Biblioteca Universitaria e localizar os textos indicados pola profesora. o Lelos e entendelos. o Facer ou ben unha “voz”, ou ben un traballo históricoxurídico. o Presentarllos por escrito á profesora na data indicada. Duración o 2 horas presenciais (obtención dos textos na Biblioteca Concepción Arenal) o 2 horas de lectura dos textos o 4 horas de elaboración do traballo. Avaliación A práctica participará da nota final do curso, xunto coas outras prácticas que se realicen, constituíndo, en conxunto, o 30% desa nota final.