scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Estimación do impacto socioeconómico das DOP vitivinícolas de Galicia

López Iglesias, Edelmiro; Andrade Calvo, José Manuel; Ribas Álvarez, Alfonso; Fernández Piñeiro, Ángela

Abstract

Os resultados da estimación realizada poden resumirse así: • A cadea de produción vitivinícola xeraba en 2020 en Galicia unha produción de 361,6 millóns de euros, un VEB de 229,1 millóns e ao redor de 4.300 postos de traballo. • Iso supón o 7,6% do VEB e o 6,8% do emprego do complexo agroalimentario. E algo máis do 0,4% do VEB e do emprego total da economía galega. • Dos dous compoñentes da cadea, a industria vitivinícola achega preto do 41% do VEB, mentres que en termos de emprego ten moita maior relevancia a viticultura, que xera 2/3 dos postos de traballo da cadea produtiva. As 5 DOP vitivinícolas achegan o 1,9% do PIB e o 2,2% do emprego dos seus territorios, porcentaxes moi superiores ao peso da cadea vitivinícola no conxunto de Galicia. A dependencia relativa das actividades da DOP é especialmente elevada no Ribeiro, onde supoñen o 3,98% do PIB e o 5,4% do emprego. Mentres que, no extremo contrario, ese peso limítase ao 1,68% tanto do PIB e do 1,4% do emprego no conxunto dos concellos que forman hoxe o ámbito da DOP Rías Baixas.

Full text

SECTOR VITIVINÍCOLA Estimación do impacto socioeconómico das DOP vitivinícolas de Galicia Fundación Juana de Vega 2023 INFORME SECTORIAL 8 SECTOR VITIVINÍCOLA 2 Estimación do impacto socioeconómico das DOP vitivinícolas de Galicia 1. Contextualización: a cadea vitivinícola na economía de Galicia 1.1. Metodoloxía e fontes estatísticas a. Delimitación da cadea produtiva vitivinícola; actividades consideradas Nos cálculos que se ofrecen a continuación só se considera a viticultura e a industria vitivinícola. Nunha visión máis ampla da cadea produtiva cabería incluír outras actividades: as que subministran insumos correntes, maquinaria e outros bens de capital fixo tanto ás explotacións vitícolas como ás adegas; as actividades de transporte, comercialización e distribución final dos produtos da cadea. Mesmo se poderían computar actividades económicas inducidas, como o enoturismo. SECTOR VITIVINÍCOLA 3 b. Resumo da metodoloxía e fontes estatísticas Establecida esa delimitación, non se conta con datos estatísticos referidos especificamente á produción, o Valor Engadido Bruto (VEB) e o emprego xerado polas explotacións vitícolas e as industrias vitivinícolas; polo que é preciso recorrer a estimacións indirectas. O procedemento que se segue está organizado en tres etapas: i. Pártese dos datos das Contas Económicas de Galicia publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), referidos ás macromagnitudes do sector agrario e da industria agroalimentaria; e dentro desta última as cifras da subrama “Fabricación de bebidas”. ii. A partir das diversas fontes dispoñibles calcúlase a parte do sector agrario que corresponde á viticultura, e tamén a proporción que supoñen as industrias vitivinícolas (a elaboración de viño) dentro da “Fabricación de bebidas”. iii. Aplicando esas porcentaxes ás cifras sinaladas no punto i) estímase a produción, o VEB e o emprego xerados pola viticultura, as adegas e o conxunto da cadea produtiva vitivinícola. 1.2. Detalle dos cálculos realizados No cadro 1.1 pode verse o peso que ten na economía galega o complexo de produción agroalimentario, o conxunto formado polo sector agrario (Agricultura, gandería, caza e actividades dos servizos relacionados) e a industria agroalimentaria (rama de Alimentación, bebidas e tabaco, excluídos os derivados da pesca). Segundo os últimos datos publicados polo IGE, este complexo xeraba en 2020 o 8,21% da produción total da economía de Galicia, o 5,64% do VEB e o 6,06% do emprego. SECTOR VITIVINÍCOLA 4 Para estimar a parte do sector agrario que corresponde á viticultura cóntase con dúas fontes estatísticas: os datos sobre a composición da produción agraria ofrecidos nas Contas económicas da agricultura publicadas os últimos anos polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA); e as cifras procedentes dos Censos agrarios e as Encuestas sobre la Estructura de las Explotaciones Agrarias. Segundo os datos máis recentes da primeira das fontes, as uvas e o viño e mosto supoñían en 2020 o 3,15% do valor da produción agraria de Galicia (cadro 1.2). Cadro 1.1. Peso do complexo agroalimentario na economía galega 2020 Produción Valor Engadido Bruto (VEB) Emprego 1. Sector agrario (Agricultura, gandería e caza) 3.874.213 1.835.416 42.249 2. Industria agroalimentaria* 5.542.255 1.193.107 21.567 - Fabricación de bebidas 957.367 384.967 3.138 Complexo agroalimentario (1+2) 9.416.468 3.028.523 63.816 Total economía galega 114.747.925 53.677.146 1.052.481 Complexo agroalimentario/ Total economía galega (%) 8,21% 5,64% 6,06% Fabricación de bebidas/ Industria agroalimentaria (%) 17,27% 32,27% 14,55% * Industria de alimentación, bebidas e tabaco, excluída a pesqueira (Procesamento e conservación de peixes, crustáceos e moluscos). Fonte: Elaboración propia a partir de IGE. Contas económicas de Galicia. Revisión Estatística 2020. Cadro 1.2. Datos sobre o peso da viticultura no valor da produción agraria de Galicia 2020 Produción a prezos básicos (miles de euros) 1. Viño e mosto 7.861,8 2. Uvas 109.945,6 3. Uvas, viño e mosto (1+2) 117.807,5 4. Produción total da rama agraria (agricultura, gandería, caza e actividades dos servizos relacionados) 3.737.552,8 Uvas, viño e mosto/ Total rama agraria (3/4) (%) 3,15% Fonte: Elaboración propia a partir de MAPA (Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación). Cuentas Económicas de la Agricultura. Resultados regionales 2020. SECTOR VITIVINÍCOLA 5 Como fonte alternativa para estimar o peso actual da viticultura no sector agrario galego pódese empregar a Encuesta sobre la Estructura de las Explotaciones Agrarias de 2016 (EEEA 2016). De acordo cos seus resultados, as explotacións especializadas nesta rama (as pertencentes á Orientación Técnico Económica 35 Viticultura) supoñían en 2016 o 3,48% do total, contaban co 3,18% do emprego agrario e xeraban o 1,95% do valor da produción do sector. Os datos do Censo Agrario 2020 non son estritamente comparables cos anteriores, debido aos cambios metodolóxicos. Con esa advertencia, esta fonte indica que en 2020 as explotacións pertencentes á OTE 35 Viticultura supoñían o 17,14% das contabilizadas no agro galego e xeraban o 4,15% do valor da produción agraria. Sendo de salientar que a grande maioría das explotacións, e sobre todo do valor da produción, corresponde a viños con denominación de orixe (cadro 1.3). Cadro 1.3. Distribución das explotacións agrarias por Orientacións Técnico-Económicas (OTE). Peso das explotacións especializadas na viticultura GALICIA 2016 Orientación Técnico Económica (OTE) Nº de explotacións Emprego (UTA) Superficie agraria (SAU) (ha) Produción estándar (miles de euros) Produción/ ha de SAU (euros) Produción/ explotación (euros) 35 Viticultura 2.648 2.308 8.116 48.241 5.943,9 18.217,9 351 Viños con denominación de orixe 1.823 5.986 46.594 7.783,8 25.559,0 352 Outros viños 825 2.130 1.647 773,2 1.996,4 Total explotacións agrarias 76.042 72.648 621.080 2.468.551 3.974,6 32.463,0 35 Viticultura/ Total explotacións (%) 3,48% 3,18% 1,31% 1,95% GALICIA 2020 35 Viticultura 12.933 11.666 99.482 8.527,5 7.692,1 351 Viños con denominación de orixe 9.156 8.777 94.900 10.812,4 10.364,8 352 Outros viños 3.777 2.889 4.582 1.586,0 1.213,1 Total explotacións agrarias 75.451 597.993 2.398.855 4.011,5 31.793,5 35 Viticultura/ Total explotacións (%) 17,14% 1,95% 4,15% Fonte: Elaboración propia a partir de INE, Encuesta sobre la Estructura de las Explotaciones Agrícolas 2016 e INE, Censo Agrario 2020. SECTOR VITIVINÍCOLA 6 Polo tanto, podemos concluír que a viticultura achega en Galicia en 2020 o 3,15% da produción agraria segundo as contas económicas do sector e o 4,15% tomando os datos do Censo Agrario 2020. Nós imos reter esta última porcentaxe. No que respecta ao emprego, dado que os resultados publicados do Censo Agrario 2020 non ofrecen esta información por OTE, apoiámonos na Encuesta sobre la Estructura de las Explotaciones Agrícolas 2016. Con esa base empírica, estimamos que a viticultura supón o 4,15% da produción e o 6,77% do emprego do sector agrario galego1. Por outro lado, para a ratio VEB/produción tómanse os resultados referidos ás explotacións vitícolas de Galicia incluídas na Red Contable Agraria Nacional (RECAN) que para o ano 2020 e para a OTE 35 de Explotacións especializadas en viticultura é de 0,85. Estas son as hipóteses retidas para as estimacións sobre as principais magnitudes da viticultura (produción, VEB e emprego) que se ofrecen máis adiante (cadro 1.6). No que respecta á industria vitivinícola, cóntase como punto de partida cos datos das Contas Económicas de Galicia do IGE para a subrama “Fabricación de bebidas”. Partindo diso, queda por precisar que parte corresponde á elaboración de viño. Unha primeira fonte para estimar isto é a Encuesta industrial de productos do Instituto Nacional de Estadística (INE), segundo a cal a elaboración de viño vén supoñendo nos últimos anos ao redor do 15% da produción da subrama “Fabricación de bebidas” (cadro 1.4). 1 Os datos da EEEA 2016 indican que a OTE 35 Viticultura supoñía o 1,95% da produción e o 3,18% do emprego (UTA). Polo tanto, o seu peso no emprego multiplicaba por 1,63 o peso na produción. No Censo agrario 2020 non temos datos de emprego por OTE. Polo tanto, partindo do peso desta OTE na produción (4,15%) supoñemos que o seu peso no emprego multiplica por 1,63 o peso na produción (a relación constatada na EEEA 2016). Deste modo, temos o peso da OTE no emprego no censo: 4,15% * 1,63 = 6,77% SECTOR VITIVINÍCOLA 7 Cadro 1.4. Produción da subrama "Fabricación de bebidas" desagregada por produtos. Galicia 2009-2020 (miles de euros) Ano 11.01 Destilación, rectificación e mestura de bebidas alcohólicas 11.02 Elaboración de viño 11.04 Elaboración doutras bebidas non destiladas, procedentes da fermentación 11.05 Cervexa 11.07 Fabricación de bebidas non alcohólicas; augas minerais e outras augas embotelladas 11 Bebidas Elaboración de viño/ Bebidas (%) 2009 37.408 74.664 x 136.568 306.213 556.203 13,4% 2010 12.805 77.796 x 144.872 295.009 531.686 14,6% 2011 12.768 77.444 x 153.152 288.554 533.281 14,5% 2012 12.102 90.519 x x 263.147 532.053 17,0% 2013 12.443 86.508 x x 239.489 536.699 16,1% 2014 14.156 90.127 x x 292.650 635.495 14,2% 2015 16.816 97.987 x x 234.178 629.417 15,6% 2016 20.445 105.323 x x 235.297 689.364 15,3% 2017 17.537 118.814 x x 243.531 2018 21.331 129.662 829 x 225.697 873.527 14,8% 2019 32.496 139.029 946 x 226.522 953.009 14,6% 2020 26.094 132.247 994 x 185.017 882.517 15,0% Notas aclaratorias: - A Encuesta industrial de productos cubre como mínimo o 90% da produción de cada actividade a 4 díxitos da CNAE 2009. Inclúe a produción nos establecementos industriais con 20 ou máis empregados e unha mostra dos de menos de 20 empregados nos casos necesarios para asegurar o mínimo do 90%. - (X) Segredo estatístico. Fonte: IGE: Explotación microdatos da Encuesta industrial de produtos (EIP, INE). Porén, a metodoloxía desa fonte (sobre todo o feito de centrarse nos establecementos de 20 ou máis empregados2) leva probablemente a subestimar o peso da industria vitivinícola. Neste aspecto considéranse máis fiables os datos do Marco Input-Output de Galicia 2018, que indican que o viño supón ao redor de 1/5 (20,98%) da produción da subrama “Fabricación de bebidas” (cadro 1.5). En consecuencia, é esta porcentaxe a que se retén para estimar as macromagnitudes da industria vitivinícola. 2 Ver as notas aclaratorias no cadro 1.4. SECTOR VITIVINÍCOLA 8 Cadro 1.5. Principais produtos da subrama de Fabricación de bebidas. Galicia 2018 Produción a prezos básicos (miles de euros) % sobre o total Viño 182.135,0 20,98% Outras bebidas alcohólicas 438.082,0 50,45% Augas minerais e bebidas sen alcohol 214.579,0 24,71% Outros produtos 33.928,0 3,91% Total R11. Fabricación de bebidas 868.324,0 100,0% Fonte: Elaboración propia a partir de IGE: Marco Input-Output de Galicia 2018. Para a estimación do VEB da industria vitícola pártese da relación VEB/produción na rama de “Fabricación de Bebidas” que para o ano 2020 foi segundo as Contas Económicas de Galicia foi para o ano 2020 de 0,40. Este rateo increméntase para o calculo do VEB na industria vitivinícola a 0,46 por considerar por outras fontes que a rateo e algo superior. 1.3. Resultados da estimación: produción, VEB e emprego da cadea vitivinícola Os resultados finais da estimación realizada con base nos datos anteriores aparecen recollidos no cadro 1.6 e poden resumirse así: • A cadea de produción vitivinícola xeraba en 2020 en Galicia unha produción de 361,6 millóns de euros, un VEB de 229,1 millóns e ao redor de 4.300 postos de traballo. • Iso supón o 7,6% do VEB e o 6,8% do emprego do complexo agroalimentario. E algo máis do 0,4% do VEB e do emprego total da economía galega. • Dos dous compoñentes da cadea, a industria vitivinícola achega preto do 41% do VEB, mentres que en termos de emprego ten moita maior relevancia a viticultura, que xera 2/3 dos postos de traballo da cadea produtiva. SECTOR VITIVINÍCOLA 9 1.4. Datos adicionais derivados do Marco Input-Output: produción de viño, demanda interna e comercio interrexional e internacional Para completar a imaxe macroeconómica da cadea vitivinícola empréganse algúns datos ofrecidos polo IGE no Marco Input-Output de Galicia, concretamente nas catro estimacións máis recentes (2008, 2011, 2016 e 2018). Da información que pode extraerse desta fonte ten especial interese a referida á produción e demanda interna; e, ligado a iso, o comercio exterior, incluíndo tanto o interrexional (co resto de España) como o internacional (co resto da Unión Europea e co resto do mundo –países de fóra da UE-). O feito básico a destacar é que, aínda que a situación tendeu a mellorar na última década, a produción de viño en Galicia é moi inferior á demanda interna, o que orixina unhas elevadas importacións netas. Isto non é sinalado habitualmente, ao centrar as análises no comercio internacional; pero ponse de manifesto cando temos en conta tamén os fluxos interrexionais, co resto de España. Cadro 1.6. Estimación da produción, o VEB e o emprego da cadea vitivinícola e do seu peso no complexo agroalimentario e no conxunto da economía galega 2020 Produción (miles de euros) Valor Engadido Bruto (VEB) (miles de euros) Emprego (nº de postos de traballo) 1. Viticultura (explotacións vitícolas) 160.780 136.666 2.860 2. Industria vitivinícola 200.856 92.392 1.450 3 Cadea vitivinícola (1+2) 361.635 229.058 4.310 Complexo agroalimentario (1+2) 9.416.468 3.028.523 63.816 Total economía galega 114.747.925 53.677.146 1.052.481 Cadea vitivinícola/ Total economía galega (%) 0,32% 0,43% 0,41% Cadea vitivinícola/ Complexo agroalimentario (%) 3,84% 7,56% 6,75% Cálculos: Viticultura: Produción= 4,15%*3.874.213 (sector Agrario); VEB= 160.780*84%; Emprego=6,77*42.249 (sector agrario) Industria vitivinícola: Produción: 957.367* 20,98%; VEB=200.856*46%. Fonte: Elaboración propia a partir de IGE. Contas económicas de Galicia. Revisión Estatística 2020 e os datos dos cadros anteriores. SECTOR VITIVINÍCOLA 16 Para estimar que parte dese montante económico corresponde ao Valor Engadido Bruto (VEB) xerado polos axentes das DOP (viticultores e adegas), deducindo polo tanto o valor doutros insumos utilizados no proceso produtivo, suponse que a ratio VEB/Produción é igual en todas elas á que se obtivo para a cadea vitivinícola galega no cadro 1.6 (63.43%). Aplicando esta ratio resulta un VEB para o conxunto das cinco DOP de 163,9 millóns de euros; 100,9 millóns achegados por Rías Baixas, 20,7 polo Ribeiro, 15,9 pola Ribeira Sacra, 15,2 por Valdeorras e 11,2 millóns por Monterrei (cadro 2.4). Cadro 2.4. Valor económico da produción das 5 DOP vitivinícolas de Galicia, media 20202021. Estimación do VEB xerado e do seu peso no PIB total dos territorios (miles de euros) D.O.P . Ribeiro D.O.P . Rías Baixas D.O.P . Valdeorras D.O.P . Monterrei D.O.P . Ribeira Sacra Total DO vitivinícolas Galicia a. Valor económico da produción da DOP. Media 20202021 (miles de euros) 32.685 159.143 23.937 17.600 25.043 258.408 Peso de cada DOP (%) 12,6% 61,6% 9,3% 6,8% 9,7% 100,0% b. Estimación do VEB xerado polas DOP (miles de euros) 20.732 100.944 15.183 11.164 15.885 163.908 c. PIB global dos concellos da DOP 2018 (miles de euros)* 519.048 5.999.802 577.711 340.839 1.243.093 8.680.493 Peso da DOP no PIB de cada territorio (b/c) (%) 3,99% 1,68% 2,63% 3,28% 1,28% 1,89 % * No PIB do territorio da DO Ribeiro excluímos o concello de Ourense. Fonte: Elaboración propia a partir de: Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación: Datos de las Denominaciones de Origen Protegidas de Vinos – DOPs. Campañas 2000-2001 a 2020/2021; IGE. Produto Interior Bruto municipal. Revisión estatística 2020. SECTOR VITIVINÍCOLA 17 De acordo cos cálculos máis recentes publicados polo IGE sobre o Produto Interior Bruto a nivel municipal, o PIB xerado nos concellos que integran o territorio das cinco DOP vitivinícolas alcanzaba en 2020 un valor de 8.680.493 millóns de euros. En consecuencia, das estimacións realizadas despréndese que estas DOP aportan o 1,89% do PIB dos seus territorios (cadro 2.4); un peso económico máis de catro veces superior ao que ten a cadea vitivinícola no conxunto da economía galega (0,40% do VEB; ver cadro 1.6). Esta última cifra non fai máis que confirmar o que cabería esperar: a forte especialización vitivinícola que presentan os territorios das cinco DOP. Como se acaba de indicar, o peso das actividades ligadas ao viño na economía destes territorios multiplica case por seis a media galega. Ese peso económico difire, porén, de modo notable entre os territorios das cinco Denominacións de Orixe. O valor máis elevado encóntrase no Ribeiro, onde as actividades da DOP achegan de forma directa o 3,99% do PIB comarcal. Veñen a continuación Monterrei, onde esa contribución é do 3,28%, e Valdeorras co 2,63%. En Rías Baixas, a pesar de ser con moita diferenza a DOP de maior dimensión económica (xera máis da metade da produción e do VEB das cinco DOP), o peso relativo no PIB comarcal sitúase no 1,68%. O que se explica por dous factores: i) a inclusión de moitos concellos nos que o viñedo ocupa unha parte moi pequena, case insignificante, da superficie; ii) o maior dinamismo e diversificación da base económica de boa parte do territorio, sobre todo da subzona do Salnés. Finalmente, na Ribeira Sacra a contribución das actividades da DOP ao PIB limítase ao 1,28% (cadro 2.4); dato condicionado tamén polo peso moi reducido da superficie de viñedo na maioría dos concellos da comarca. En suma, pois, as actividades das cinco DOP vitivinícolas xeran en conxunto o 1,89% do PIB dos seus territorios; oscilando entre o 3,99% no Ribeiro e o 1,28 na Ribeira Sacra. Hai que reiterar que esas cifras refírense ao VEB xerado directamente polas explotacións vitícolas e as adegas. O impacto na economía comarcal sería moito maior se se tiveran en conta os encadeamentos con outras actividades (as que subministran insumos intermedios e bens de capital a viticultores e adegas, as relacionadas co transporte, comercialización e distribución final do viño, e os efectos inducidos sobre a hostalería e o turismo). Pero a información dispoñible non permite cuantificar eses encadeamentos e efectos inducidos en cada un dos territorios. Por outro lado, as cifras para cada DOP esconden grandes diferenzas internas, con concellos nos que a dependencia da cadea vitivinícola é moito maior. SECTOR VITIVINÍCOLA 18 2.2. Estimación do emprego xerado polas explotacións vitícolas e as adegas e do seu peso no emprego comarcal Para estimar o emprego directo xerado polas cinco DOP vitivinícolas e o seu peso no emprego total tómanse como base os datos de afiliacións á Seguridade Social, única fonte que ofrece información actualizada sobre o emprego a nivel municipal4. No referido á industria vitivinícola, cóntase cos datos, subministrados directamente polo IGE, sobre as afiliacións á Seguridade Social na actividade CNAE 1102 - "Elaboración de viños” en empresas localizadas nos concellos de cada DOP. Estas cifras non distinguen se as empresas están ou non inscritas na DOP, polo que poden sobreestimar o emprego nas adegas da Denominación de Orixe. Pero constitúen unha aproximación máis que aceptable5. No cadro 2.5 recóllense os datos para 2018, 2019 e 2020. Pode observarse que as contratacións presentan importantes oscilacións mensuais, cunha punta no mes de setembro, coincidindo coa vendima. Tomando as medias anuais, o emprego nas adegas das cinco DOP situouse tanto en 2018 como en 2019 en torno a 1.125 persoas, sendo algo superior en 2020 acadando as 1.208. A distribución por DOP mostra un panorama similar ao constatado para o valor da produción e o VEB: a metade do emprego das adegas concéntrase en Rías Baixas (622 traballadores), seguida do Ribeiro con 233 e Ribeira Sacra con 186, Valdeorras con 103 e Monterrei con 65 (cadro 2.5). 4 A fonte alternativa serían os Censos de poboación. Pero a información que estes ofrecen sobre a estrutura do emprego a nivel municipal é menos detallada, e ademais as cifras máis recentes dispoñibles con as do Censo de 2011. 5 En sentido contrario, parte das persoas que traballan na elaboración de viño da DOP poden non figurar nesas cifras (por exemplo, no caso dos colleiteiros, que transforman só uva de produción propia). SECTOR VITIVINÍCOLA 19 Non é posible dispoñer de información similar para a viticultura, posto que os datos da Seguridade Social non diferencian esta actividade das restantes incluídas no sector agrario. En consecuencia foi preciso recorrer a unha estimación, para a que se seguiu este procedemento: I. Partiuse do total de afiliacións á Seguridade Social no sector agrario nos concellos que integran o territorio das cinco DOP, en concreto a media do último ano (2019)6. II. Para estimar a porcentaxe do emprego agrario que corresponde á viticultura das DOP utilízanse as cifras a nivel municipal do Censo agrario de 2009. Concretamente, tómase a porcentaxe da man de obra das explotacións agrarias (en Unidades de Traballo Ano, UTA) que estaba en 2009 nas explotacións con viñedo para viños de calidade. 6 As cifras publicadas polo IGE refírense ao conxunto do sector agricultura e pesca. Para aproximarse ao emprego no sector agrario o que se fixo foi deducir desas cifras as persoas que continúan afiliadas no Réxime especial de traballadores do mar. Cadro 2.5. Número de afiliacións á Seguridade Social na actividade CNAE 1102 - "Elaboración de viños" en empresas localizadas nos concellos das 5 DOP vitivinícolas D.O.P . Ribeiro* D.O.P . Rías Baixas D.O.P . Valdeorras D.O.P . Monterrei D.O.P . Ribeira Sacra Total 5 DOP 2018/Marzo 193 517 76 49 130 965 2018/Xuño 206 523 84 47 140 1.000 2018/Setembro 307 780 160 82 211 1.540 2018/Decembro 196 528 81 44 140 989 2019/Marzo 195 550 89 48 147 1.029 2019/Xuño 200 553 94 56 160 1.063 2019/Setembro 258 615 155 68 262 1.358 2019/Decembro 209 548 84 53 156 1.050 2020/Marzo 234 611 100 64 188 967 2020/Xuño 231 603 101 68 183 959 2020/Setembro 237 681 116 66 199 1.034 2020/Decembro 229 593 94 60 174 929 Media anual 2018 226 587 100 56 155 1.123 2019 216 566 106 56 181 1.125 2020 233 622 103 65 186 1.208 * Excluído o concello deOurense. Fonte: IGE. SECTOR VITIVINÍCOLA 20 No cadro 2.6 recóllense esas cifras do Censo agrario de 2009 para o territorio de cada DOP; e no cadro 2.7 a estimación resultante sobre o número de afiliacións á Seguridade Social en 2019 que se pode atribuír á viticultura das DOP7. 7 Estes datos a nivel municipal non están publicados; foron obtidos a partir dunha explotación orixinal dos microdatos do Censo agrario. Cadro 2.6. Peso relativo das explotacións con viñedo para viño de calidade no total de explotacións agrarias nos concellos das DOP vitivinícolas de Galicia 2009 Explotacións Man de obra (UTA) Produción (€) RIBEIRO 1. Total explotacións agrarias 1.326 1.345 28.409.528 2. Explotacións con viñedo para viño DOP 553 704 8.269.884 % Explotacións con viñedo para viño DOP (2/1) 41,7% 52,3% 29,1% RÍAS BAIXAS 1. Total explotacións agrarias 9.525 11.009 245.117.50 1 2. Explotacións con viñedo para viño DOP 1.558 2.216 29.488.693 % Explotacións con viñedo para viño DOP (2/1) 16,4% 20,1% 12,0% RIBEIRA SACRA 1. Total explotacións agrarias 5.934 6.822 176.963.66 0 2. Explotacións con viñedo para viño DOP 1.040 1.201 17.811.823 % Explotacións con viñedo para viño DOP (2/1) 17,5% 17,6% 10,1% MONTERREI 1. Total explotacións agrarias 1.072 912 16.043.976 2. Explotacións con viñedo para viño DOP 195 210 5.741.502 % Explotacións con viñedo para viño DOP (2/1) 18,2% 23,0% 35,8% VALDEORRAS 1. Total explotacións agrarias 881 786 10.292.021 2. Explotacións con viñedo para viño DOP 313 315 5.281.035 % Explotacións con viñedo para viño DOP (2/1) 35,5% 40,0% 51,3% TOTAL 5 DOP 1. Total explotacións agrarias 18.738 20.874 476.826.68 6 2. Explotacións con viñedo para viño DOP 3.659 4.645 66.592.938 % Explotacións con viñedo para viño DOP (2/1) 19,5% 22,3% 14,0% Fonte: Elaboración propia a partir de INE, Microdatos Censo agrario de 2009. SECTOR VITIVINÍCOLA 21 Cadro 2.7. Número de afiliacións á Seguridade Social no sector agrario e estimación das correspondentes á viticultura. Concellos das 5 DOP vitivinícolas 20 D.O.P . Ribeiro* D.O.P . Rías Baixas D.O.P . Valdeorras D.O.P . Monterrei D.O.P . Ribeira Sacra Total 5 DOP Afiliacións á Seg. Social no sector agrario 2020/Marzo 353 3.659 276 288 2.606 7.069 2020/Xuño 412 3.760 286 297 2.614 7.268 2020/Setembro 375 3.705 274 300 2.605 7.129 2020/Decembro 353 3.624 252 272 2.526 6.944 1. Afiliacións no sector agrario; media anual 2020 373 3.624 272 289 2.588 7.103 2. % da man de obra agraria nas explotacións de viñedo de DOP (Censo agrario 2009) 52,3% 20,1% 40,0% 23,0% 17,6% 22,3% 3. Estimación das afiliacións na viticultura (1*2) 195 728 109 66 455 1.553 * Excluído o concello deOurense. Fonte: Elaboración propia a partir de datos do IGE e cifras do cadro 2.6. De acordo con eses cálculos, que deben tomarse só como unha aproximación, o emprego nas explotacións vitícolas das 5 DOP ascende a algo máis de 1.553 persoas. Delas, preto da metade corresponden a Rías Baixas (728), seguida neste caso da Ribeira Sacra (455) e O Ribeiro (195); quedando con cifras menores Valdeorras (109) e Monterrei (66) (cadro 2.7). Integrando os datos parciais da viticultura e as adegas chégase finalmente á estimación recollida no cadro 2.8 sobre o peso en termos de emprego de cada unha das DOP. Os resultados poden resumirse así: • As cinco DOP vitivinícolas xeran en conxunto preto de 2.761 postos de traballo directos, o que supón o 2,2% do emprego total nos seus territorios; porcentaxe esta que multiplica case por cinco a media galega (o peso da cadea vitivinícola no emprego de Galicia). • A maior parte dese emprego (o 56%) corresponde á viticultura e o resto ás adegas. • A metade aproximadamente dos postos de traballo xerados (uns 1.350) concéntranse na DOP Rías Baixas. Pero o peso relativo no emprego comarcal é aquí relativamente modesto (1,44%), debido a presenza de moitos SECTOR VITIVINÍCOLA 22 concellos cun peso moi reducido do viñedo, maior diversificación da economía comarcal. • O maior peso relativo do emprego derivado da DOP rexístrase no Ribeiro 2.3. Recapitulación final A modo de recapitulación, o gráfico 2.1 recolle as estimacións que obtivemos sobre o impacto económico directo de cada DOP no seu territorio, indicando a porcentaxe que supoñen no PIB e no emprego. Cadro 2.8. Estimación do emprego directo xerado polas actividades das DOP vitivinícolas e do seu peso no emprego total de cada territorio 2019 (afiliacións á Seguridade Social) D.O.P . Ribeiro* D.O.P . Rías Baixas D.O.P . Valdeorras D.O.P . Monterrei D.O.P . Ribeira Sacra Total 5 DOP Número de afiliacións á Seguridade Social 1. Viticultura 195 728 109 66 455 1.553 2. Adegas 233 622 103 65 186 1.208 3. Emprego nas DOP (1+2) 428 1.350 212 131 641 2.761 Emprego total 7.875 94.065 7.451 5.059 15.436 127.278 % no emprego total de cada territorio 1. Viticultura 2,48% 0,77% 1,46% 1,30% 2,95% 1,22% 2. Adegas 2,96% 0,66% 1,38% 1,28% 1,20% 0,95% 3. Emprego nas DOP (1+2) 5,43% 1,44% 2,85% 2,59% 4,15% 2,17% * Excluído o concello de Ourense. Fonte: Elaboración propia a partir dos cadros anteriores. 6% 4,0% 5,4% 1,7% 1,4% 2,6%2,9% 3,3% 2,6% 1,3% 4,2% 1,9%2,2% 5% 4% 3% 2% 1% 0% O Ribeiro Rías Baixas Valdeorras % do PIB % do emprego Monterrei Ribeira Sacra Total 5 DOP Gráfico 2.1. Estimación do impacto económico directo das DOP vitivinícolas nos seus territorios 201720192020 Fonte: Elaboración propia a partir dos cadros anteriores. SECTOR VITIVINÍCOLA 23 Globalmente as DOP vitivinícolas achegan o 1,9% do PIB e o 2,2% do emprego dos seus territorios, porcentaxes moi superiores ao peso da cadea vitivinícola no conxunto de Galicia. A dependencia relativa das actividades da DOP é especialmente elevada no Ribeiro, onde supoñen o 3,98% do PIB e o 5,4% do emprego. Mentres que, no extremo contrario, ese peso limítase ao 1,68% tanto do PIB e do 1,4% do emprego no conxunto dos concellos que forman hoxe o ámbito da DOP Rías Baixas. Nunha posición intermedia e con cifras similares aparecen Monterrei e Valdeorras, en Monterrei a DOP xera ao redor do 3,28% do PIB e o 2,6% do emprego e en Valdeorras o 2,63% do PIB e o 2,9% do emprego. Finalmente, as estimacións para a Ribeira Sacra seguramente deben tomarse con especial cautela, posto que indican o peso económico máis baixo da DOP (1,28% do PIB) e en cambio un notable peso en termos sociais (4,2% do emprego) (gráfico 2.1). INFORME SECTORIAL DA FUNDACIÓN JUANA DE VEGA ISSN: 2792-3789 Autores: Edelmiro López Iglesias | José Manuel Andrade Calvo Alfonso Ribas Álvarez | Angela Fernández Piñeiro.