scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Instrución II/2020 da Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela pola que se regula a dotación de vestiario profesional ao persoal laboral de administración e servizos para o ano 2020

Universidade de Santiago de Compostela. Xerencia

Abstract

Instrución II/2020 da Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela pola que se regula a dotación de vestiario profesional ao persoal laboral de administración e servizos para o ano 2020

Full text

Casa da Balconada. Rúa Nova, 6. 15782 Santiago de Compostela Tel 881811010Fax:881 811210 Correo electrónico: [email protected] XERENCIA INSTRUCIÓN II/2020 DA XERENCIA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA POLA QUE SE REGULA A DOTACIÓN DE VESTIARIO PROFESIONAL AO PERSOAL LABORAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS A disposición adicional quinta do vixente Convenio Colectivo para o persoal laboral da USC, establece que en materia de roupa de traballo e vestiario a Universidade proporcionaralles anualmente aos/ás traballadores/as as pezas de roupa necesarias para o desenvolvemento das súas funcións. A subministración de vestiario implica o seu uso obrigatorio durante a xornada de traballo. Co fin de que a dotación e recollida das prendas se leve a cabo coa debida coordinación e puntualidade, e unha vez negociado co Comité Intercentros, o xerente , en uso das competencias atribuídas pola resolución reitoral do 20 de xuño de 2018 (DOG do 29 de xuño de 2018), dispón: 1. SOLICITUDE DE PRENDAS DE TRABALLO O impreso de solicitude de prendas de traballo correspondentes ao ano 2020 cubrirase e presentarase persoalmente no Servizo de Xestión de Persoal (Casa da Balconada, Rúa Nova 6, Santiago de Compostela) e na Vicexerencia do Campus de Lugo (Servizos Centrais, Campus Universitario, 27002-Lugo). Os postos de traballo con dereito a prenda de traballo son os que se relacionan no anexo á presente instrución. Exclúense dela o persoal coa categoría de condutor e o que presta servizos en actos oficiais. 2. PRAZO DE SOLICITUDE O prazo de solicitude será dende o de 13 abril ata o 17 de xullo do ano 2020 en horario de 9 a 14 horas. 3. PROCEDEMENTO 3.1 Ao/Á traballador/a entregaráselle un resgardo selado polo Servizo de Xestión de Persoal ou pola Vicexerencia do Campus de Lugo no momento en que presente a solicitude. 3.2 Os/As traballadores/as destinados/as en Santiago, deberán acudir co resgardo á Empresa VESLA, S.L., Rúa José Villar Granjel, 4. Polígono de Boisaca, (Fronte ao Tanatorio) Santiago de Compostela, para que esta anote o vestiario solicitado e tome as medidas para a tallaxe das prendas e do calzado e os/as destinados/as en Lugo serán avisados pola Vicexerencia do día en que a Empresa se desprazará a esa cidade. 3.3 O/A traballador/a entregaralle o resgardo asinado á empresa concesionaria única e exclusivamente no momento de recibir as prendas solicitadas. A perda ou entrega indebida do resgardo, quedará baixo a Responsabilidade total do/da traballador/a solicitante /a solicitante Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EF0E-09A2-4683-A850 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EF0E-09A2-4683-A850 1 / 6 Casa da Balconada. Rúa Nova, 6. 15782 Santiago de Compostela Tel 881811010Fax:881 811210 Correo electrónico: [email protected] XERENCIA 4. OBRIGA DE USO DA ROUPA DE TRABALLO A subministración de vestiario de traballo implica o seu uso obrigatorio durante a xornada de traballo. 5. FACTURACIÓN DA EMPRESA CONCESIONARIA A empresa concesionaria facturará á Universidade os importes correspondentes, acompañando os resgardos que deben estar debidamente asinados polos/as traballadores/as e co selo do Servizo de Xestión de Persoal ou da Vicexerencia. En todo o non regulado nesta instrución estarase ao disposto na xa mencionada disposición adicional quinta do Convenio Colectivo. Santiago de Compostela, O xerente Antonio Javier Ferreira Fernández Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EF0E-09A2-4683-A850 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EF0E-09A2-4683-A850 2 / 6 XERENCIA Casa da Balconada. Rúa Nova, 6. 15782 Santiago de Compostela Tel 881811010Fax:881 811210 Correo electrónico: [email protected] ANEXO Á INSTRUCIÓN DE ROUPA DE TRABALLO ROUPA TRABALLO 2020 CATEGORÍA Nº prendas ROUPA DE TRABALLO Vixiante 2 batas azuis Persoal limpeza 2 batas azuis ou pixamas de dúas pezas Cociñeiro/a 2 batas brancas ou pixamas de dúas pezas 1 gorro de cociñeiro/a Especialista de oficios (mantemento) 2 1 fundas ou traxes de mahón ou batas azuis. chuvasqueiro Técnico en instalacións. especialidade calefactor 2 1 fundas ou traxes de mahón ou batas azuis chuvasqueiro Especialista de oficios (electricistas) e Técnico en instalacións, especialidade electricista 2 1 fundas ou traxes de mahón ou batas azuis chuvasqueiro Especialista de oficios (Xardineiro/a) 2 traxes mahón verán 4 camisas, 2 verán e 2 inverno 8 pares de carpíns 4 verán e 4 inverno 1 gorro ou pasamontañas 1 traxes inverno tipo goretex (non plásticos) 1 viseira ou chapeo Técnico investigación da finca de prácticas. Terá as mesmas prendas que o especialista de oficios xardineiro/a Oficial servizos (de deportes) 2 batas azuis ou fundas ou traxes de mahón. - O que realice labores propias de xardinería, terá opción as mesmas prendas que o especialista de oficios xardineiro/a Socorrista 2 bañadores 1 albornoz ou toalla grande 2 gorros de baño Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EF0E-09A2-4683-A850 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EF0E-09A2-4683-A850 3 / 6 XERENCIA Casa da Balconada. Rúa Nova, 6. 15782 Santiago de Compostela Tel 881811010Fax:881 811210 Correo electrónico: [email protected] 1 gafas 3 camisetas laranxa co anagrama « socorrista » 2 pantalóns curtos cor azul Técnico especialista en actividades deportivas 2 chándal 1 par de tenis ou botas de monte 1 anorak (impermeable e de abrigo, cada dous anos, para os que desenvolvan o seu traballo no exterior) Mestre 2 1 batas brancas ou 2 chándal Par de tenis Técnico especialista escola infantil 2 batas brancas ou 2 chándal 1 par de tenis Médico 1 bata branca 1 calzado con sola antideslizante (1 par) Diplomado en enfermería 1 bata branca 1 calzado con sola antideslizante (1 par) Delineante 1 bata branca ATB, Aux. Técnico de Publicacións 2 fundas ou traxes de mahón ou batas azuis ATI, OFI e Aux. Servicios Centros (*) 1 traxe de augas (EN 343) para cada conserxería de cada centro 1 funda ou traxe de mahón ou bata azul Persoal de correos 1 1 bata azul anorak para o persoal que realiza tarefas de reparto (cada dous anos) Técnico investigación do forno incinerador 2 4 8 fundas ou traxes de mahón camisas( 2 verán 2 inverno) 4 pares carpíns de verán e 4 de inverno Responsable de Seguridade 1 1 chuvasqueiro botas auga Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EF0E-09A2-4683-A850 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EF0E-09A2-4683-A850 4 / 6 XERENCIA Casa da Balconada. Rúa Nova, 6. 15782 Santiago de Compostela Tel 881811010Fax:881 811210 Correo electrónico: [email protected] Tec.Invs.Veter. 1 4 8 traxe mahón verán camisas, (2 verán e 2 inverno) carpíns T.Inv.Dpto. Anat., Produc. Animal e CC.Clínicas Veterinarias 2 1 4 8 1 traxes mahon Veran traxe Inverno Frio/Agua camisas, (2 verán e 2 inverno) carpins (4 verán-4 inverno) traxe de pana Restaurador de Libros e Documentos 1 mandil impermeable Restaurador de arte 1 bata Técnico Especialista Imprenta 2 fundas ou traxes mahon ou batas azuis T. I. Area Biolox Saude (MedcOdn) 1 1 par de calzado sola antideslizante Ás persoas xubiladas parcialmente de forma anticipada daráselles a roupa de traballo cada 3 anos. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EF0E-09A2-4683-A850 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EF0E-09A2-4683-A850 5 / 6 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO JAVIER FERREIRA FERNANDEZ, XERENTE, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14/02/2020 12:54:04. CSV: EF0E-09A2-4683-A850 Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/EF0E-09A2-4683-A850 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: EF0E-09A2-4683-A850 6 / 6