scieee AI-readable full text Open interactive document viewer

Instrución III/2022 da xerencia, do 31 de maio de 2022, pola que se regula a dotación de vestiario profesional ao persoal laboral de administración e servizos que ten a categoría de condutor e para o persoal de actos oficiais

Universidade de Santiago de Compostela. Xerencia

Abstract

Instrución III/2022 da xerencia, do 31 de maio de 2022, pola que se regula a dotación de vestiario profesional ao persoal laboral de administración e servizos que ten a categoría de condutor e para o persoal de actos oficiais

Full text

Casa da Balconada. Rúa Nova, 6. 15782 Santiago de Compostela Tel 881811010 Correo electrónico: [email protected] XERENCIA INSTRUCIÓN III/2022 DA XERENCIA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA POLA QUE SE REGULA A DOTACIÓN DE VESTIARIO PROFESIONAL AO PERSOAL LABORAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS QUE TEN A CATEGORÍA DE CONDUTOR E PARA O PERSOAL DE ACTOS OFICIAIS A disposición adicional quinta do vixente Convenio Colectivo para o persoal laboral da USC establece que en materia de roupa de traballo e vestiario, a Universidade proporcionaralles anualmente aos/ás traballadores/as as pezas de roupa necesarias para o desenvolvemento das súas funcións. A subministración de vestiario implica o seu uso obrigatorio durante a xornada de traballo. Co fin de que a dotación e recollida das prendas se leve a cabo coa debida coordinación e puntualidade, e unha vez negociado co Comité Intercentros, o xerente, en uso das competencias atribuídas pola resolución reitoral do 30 de abril de 2020 (DOG do 11 de maio de 2020), dispón: 1. SOLICITUDE DE PRENDAS DE TRABALLO As solicitudes hai que presentalas usando o seguinte formulario en liña: https://aplicacions.usc.es/intranet/solicitudes/roupaCondutoresActosOficiais2021.htm O persoal con dereito ao vestiario que se relaciona no anexo I desta instrución é o que presta servizos en actos oficiais e o que ten a categoría de condutor. 2. PRAZO DE SOLICITUDE O prazo de solicitudes será dende o 1 de xuño ata o 31 de xullo de 2022 3. PROCEDEMENTO (FORMULARIO) Unha vez recibida a solicitude no Servizo de Xestión de Persoal/Unidade de administración do Campus de Lugo e feitas as comprobacións oportunas, remitirase á dirección de correo electrónico da persoa interesada a credencial asinada pola Xefa do Servizo de Xestión de Persoal ou a administradora do Campus de Lugo segundo o caso. Unha vez recibida a credencial: 3.1 Os/As traballadores/as deberán acudir coa credencial á empresa JOSÉ RODRÍGUEZ GÓMEZ, rúa Hórreo, 25. 15702 - Santiago de Compostela, para que esta anote o vestiario solicitado e tome as medidas para a tallaxe das prendas e do calzado. 3.2 O/A traballador/a entregaralle a credencial asinada á empresa concesionaria única e exclusivamente no momento de recibir as prendas solicitadas. A perda ou entrega indebida da credencial, quedará baixo a responsabilidade total do/da traballador/a solicitante. 3.3 No caso das gravatas seguirase o mesmo procedemento, pero o/a traballador/ a terá que acudir coa credencial a UNITENDA, Edificio de Fonseca, s/n, Santiago de Compostela, para recoller as prendas e entregar o resgardo 4. OBRIGA DE USO DA ROUPA DE TRABALLO A subministración de vestiario de traballo implica o seu uso obrigatorio durante a xornada de traballo. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1EB0-09AF-4842-8DDD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1EB0-09AF-4842-8DDD 1 / 4 Casa da Balconada. Rúa Nova, 6. 15782 Santiago de Compostela Tel 881811010 Correo electrónico: [email protected] XERENCIA 5. FACTURACION DA EMPRESA CONCESIONARIA A empresa concesionaria facturará á Universidade os importes correspondentes, acompañando os resgardos que deben estar debidamente asinados polos/as traballadores/as e pola xefa do Servizo de Xestión de Persoal ou da administradora do Campus de Lugo. En todo o non regulado nesta instrución estarase ao disposto na xa mencionada disposición adicional quinta do Convenio Colectivo. Santiago de Compostela, O xerente Antonio Javier Ferreira Fernández Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1EB0-09AF-4842-8DDD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1EB0-09AF-4842-8DDD 2 / 4 Casa da Balconada. Rúa Nova, 6. 15782 Santiago de Compostela Tel 881811010 Correo electrónico: [email protected] XERENCIA ANEXO I ROUPA TRABALLO 2022 CONDUTORES E PERSOAL DE ACTOS OFICIAIS CATEGORÍA Nº prendas ROUPA DE TRABALLO Condutores 1 funda 1 gabardina ou abrigo 2 traxes 4 camisas 2 pares de carpíns 2 pares de zapatos Persoal actos oficiais (Cada 2 anos) traxe 1 2 camisas 1 gravata Ás persoas xubiladas parcialmente de forma anticipada daráselles a roupa de traballo cada 3 anos. Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1EB0-09AF-4842-8DDD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1EB0-09AF-4842-8DDD 3 / 4 Sinatura dixital / Firma digital / Digital signature Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO JAVIER FERREIRA FERNANDEZ, XERENTE, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31/05/2022 13:53:29. CSV: 1EB0-09AF-4842-8DDD Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/1EB0-09AF-4842-8DDD Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: 1EB0-09AF-4842-8DDD 4 / 4