Full text
A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico... ou como xorde a diversidade dialectal Francisco Dubert García Instituto da Lingua Galega Universidade de Santiago de Compostela IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico Santiago de Compostela, do 03 ao 04 de outubro de 2024 Comunicación no proxecto “O galego no seo do seu contexto xeolingüístico: os romances noroccidentais no ALPI”, financiado polo MCIU (PID2023-150684NB-I00) do Goberno de España.
Debido ó seu histórico descoñecemento entre os romanistas (Regueira 1996, 2008; Dubert-García 2021a), os primeiros pasos da lingüística galega buscaron describir coa maior precisión posible os datos do galego. O Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI) quedou inédito por moitos anos. No nacemento da lingüística galega, desde a segunda metade do século XX, déuselle un pulo excepcional ós estudos descritivos. Unha parte fundamental desta descrición realizouse desde unha perspectiva dialectolóxica; deste pulo naceu o Atlas Lingüístico Galego (ALGa). Hoxe é posible obter datos dos dous Atlas. https://ilg.usc.gal/gl/proxectos/atlas-linguistico-galego-alga http://alpi.cchs.csic.es Francisco Dubert García A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico...ou como xorde a diversidade dialectal
A dialectoloxía galega desa época centrouse sobre todo no establecemento •das fronteiras externas do galego co asturleonés e co portugués; e •das fronteiras internas, i.e., do establecemento dos bloques, áreas, subáreas dialectais do galego. Zamora Vicente (1953), Carballo Calero (1969), Fernández Rei (1990), Frías Conde (1997) Francisco Dubert García A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico...ou como xorde a diversidade dialectal
Fonte: Dubert García (2011) Que pasa máis alá dos puntos do ALGa?, como se integra o galego coas outras falas iberromances? Francisco Dubert García A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico...ou como xorde a diversidade dialectal
Pero: Unha vez que coñecemos o galego e os seus límites internos e externos, podemos •situalo nun marco xeolingüístico máis amplo? •E se nos liberamos das fronteiras? Isoglosas si, fronteiras non. Puntos do ALPI en que se recolle o radical fano presente de indicativo de FACER (Dubert García 2021b). https://doi.org/10.25364/19.2021.6.7 Puntos do ALPI onde se recollen formas tipo dea, día no presente de subxuntivo do verbo DAR (Dubert García 2023). http://hdl.handle.net/10347/33077 Francisco Dubert García A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico...ou como xorde a diversidade dialectal
fonte: https://dialektkarten.ch/dmviewer /alpi/index.fr.html Carta de similaridade (375 mapas de base) de Muros (A Coruña) co resto da rede do ALPI Carta de similaridade (375 mapas de base) de Pedrafita do Cebreiro (Lugo) co resto da rede do ALPI
Para comprendermos a historia das falas galegas actuais debemos analizar a extensión xeográfica (e social) dos fenómenos lingüísticos individuais,non centrarnos no establecemento de fronteiras entre linguas ou entre dialectos (Gimeno Menéndez 1993). Deixarmos as fronteiras e interesármonos polas isoglosas... •Por que en galego e asturleonés se di fas/fais e por que en portugués e castelán haces/fazes...? •Por que no noroeste se di dea/día/deia eno resto (castelán e portugués) de/dê? Estes conxuntos de formas responden a plans morfolóxicos compartidos: formas galaicoasturianas (linguas diferentes): fa+SNP; de/di+a-SNP formas lusocastelás (linguas diferentes): hac/faz+VT+SNP; de+SNP Isto mostra algún tipo de conexión do noroeste que explica a historia das súas falas. Francisco Dubert García A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico...ou como xorde a diversidade dialectal
As falas do noroeste son dialectos constitutivos: falados no territorio desde a latinización, tiveron tempo e liberdade para acumular mudanzas e variación (Dubert García 2023). Son falas que levan tamén en contacto desde a súa mesma orixe. Os contactos (e non só a polixénese) poden explicar moitas evolucións converxentes. Acostuma presentarse o galego e o portugués do norte como variedades conservadoras e, en certo modo, illadas, mal conectadas cos centros innovadores. Ninguén cuantificou e comparou os trazos conservadores ou innovadores do galego fronte a outras linguas. O noroeste presenta innovacións; o galego innovacións modernas autónomas do castelán. Francisco Dubert García A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico...ou como xorde a diversidade dialectal
footer Unha parte da gramática onde se produciron innovacións autónomas foi na expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo (PPI) dos verbos. C1, polo menos, 7 formas: cantaches, cantastes, cantèstes, cantache, cantèche, cantaste, cantèste; C2, polo menos, 8 formas: batiches, batiche, batiste, batistes, bateches, bateche, bateste, batestes. C3, polo menos, 4 formas: partiches, partiche, partistes, partistes. Non é pouca variación para unha lingua considerada conservadora (Carballo Calero 1979: 100)! •Aumento na complexidade da arquitectura das falas do noroeste. •Hipercaracterización: aumento na complexidade da estrutura? (Dubert García 2023) Francisco Dubert García A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico...ou como xorde a diversidade dialectal
Mapa 3. Engádega de /s/ analógico na 2Sg do PPI da C2; fonte ALGa I, mapa 53 “Colliches”. Datos en https://zenodo.org/records/13830031 colliche-S Francisco Dubert García A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico...ou como xorde a diversidade dialectal O incremento analóxico de /s/ parece unha innovación occidental, aparentemente mal conectada co centro peninsular.
Mapa 4. Desinencias da 2Sg do PPI da C2; fonte ALGa I, mapa 53 “Colliches”. Non se representan os puntos con respostas dobres (só se representa a primeira resposta recollida). Datos en https://zenodo.org/records/13830031 Colliches Francisco Dubert García A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico...ou como xorde a diversidade dialectal A suma de varias mudanzas autónomas: 8 variantes!!! Cada mudanza xera unha onda independente.
Mapa 4. /s/ analóxico na 2Sg do PPI no noroeste e no oeste da Península; fonte ALPI, Cuestión 385 “¿A qué hora has llegado?”. Datos en https://zenodo.org/records/13830031 chegache-S Extensión analóxica de /s/. Noroeste non tan conservador. Casos de polixénese? Vai na deriva? Contacto? Francisco Dubert García A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico...ou como xorde a diversidade dialectal
Mapa 5. Palatalización de /t/ no noroeste e no oeste da Península; fonte ALPI, Cuestión 385 “¿A qué hora has llegado?”. Datos en https://zenodo.org/records/13830031 chega-CH-es Palatalización Un fenómeno basicamente galego, pero non xeral en Galicia; Peso da fronteira? Máis innovación. Casos de polixénese (sur de Portugal). Un proceso fonolóxico natural. Francisco Dubert García A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico...ou como xorde a diversidade dialectal
Mapa 6. Vogal temática da 2Sg do PPI dos verbos regulares da C1 no noroeste e no oeste da Península; fonte ALPI, Cuestión 385 “¿A qué hora has llegado?”. Datos en https://zenodo.org/records/13830031 cheg-A-ches VT da C1 Novas mudanzas /a/ > /e, ej/, por exemplo. Peso da 1Sg. Francisco Dubert García A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico...ou como xorde a diversidade dialectal
Mapa 6. Vogal temática da 2Sg do PPI dos verbos regulares da C2 no noroeste e no oeste da Península; fonte ALPI, Cuestión 385 “¿A qué hora has llegado?”. Datos en https://zenodo.org/records/13830031 Varr-I-ches VT da C2 Noroeste dúas veces innovador /i/ > /e/ primeiro /e/ > /je/ despois En Galicia e Portugal, o nacemento e extensión de /e/ parece ser posmedieval. Progresa polo carreiro de moa > mó. Francisco Dubert García A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico...ou como xorde a diversidade dialectal
Todas estas formas son resultado de diferentes mudanzas: •Ocorreron en momentos diferentes; •Presentan extensións xeográficas diversas e autónomas; •Cada innovación conquista o seu espazo dialectal, ten a súa extensión; poden ser ➢mudanzas de área menor (solución rexional, Catalán 1989: 76): [t] > [tʃ] en parte do galego, VT[a] > VT[ej, e] (na zona norte); ➢mudanza de área maior (solución suprarrexional, Catalán 1989: 76): VT[i] > VT[e]; [Ø] > [s] analóxico (con polixénese?). Poden entrecruzarse unhas coas outras: a) [e]ste, [i]ste, Mudanza 3 (nivel. morf.) b) [e]che, [i]che, Mudanza 3 (nivel. morf.) e 2 (palatal.) c) [e]stes, [i]stes, Mudanza 3 (nivel. morf.) e 6 (extens. analox.) d) [e]ches, [i]ches, Mudanzas 3 (nivel. morf.), 2 (palatal.) e 6 (extens. analox.) Poden ter diferentes valores socioculturais: a) Mudanza 6 (increm. anal. de /s/): non marcado en galego. b) Mudanza 6 (increm. anal. de /s/): estereotipo/índice/marcador en portugués e castelán. Francisco Dubert García A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico...ou como xorde a diversidade dialectal
Estes feitos mostran A) Como o pasar do tempo produce “complexificación de arquitectura” (Dubert-García 2023): moita variación xeolectal. B) Algunhas mudanzas pódense interpretar como formas de bregar coa “complexificación da estrutura”: formas hipercaracterizadas, por exemplo, co -s analóxico ou con vogais temáticas diverxentes. C) Como variedades lingüísticas cubertas durante séculos polo castelán puideron pasar por mudanzas e innovacións autónomas: bateches, batestes; D) O noroeste non parece tan conservador como se afirma; E) As diferentes evolucións diverxentes exemplifican as diversas posibilidades de mudanza lingüística a partir de bases comúns compartidas. F) Como da autonomía das mudanzas nace a diversidade dialectal. Francisco Dubert García A expresión da 2Sg do pretérito perfecto de indicativo no noroeste ibérico...ou como xorde a diversidade dialectal
footer MOITAS GRAZAS!! Especialmente a Marta Negro, que realizou con moita habelencia os mapas...
Referencias ALGa 1 = Instituto da Lingua Galega (1990): Atlas Lingüístico Galego. Vol. 1. Morfoloxía verbal. A. Coruña: Barrié de la Maza. ALPI = García Mouton, Pilar (coord.), Inés Fernández-Ordóñez, David Heap, Maria Pilar Perea, João Saramago, Xulio Sousa, 2016, ALPI-CSIC [www.alpi.csic.es], edición dixital de Navarro Tomás, Tomás (dir.), Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, Madrid, CSIC. Carballo Calero, Ricardo (1969): “Sobre os dialectos do galego”, Grial 23, 1-15. Carballo Calero, Ricardo (1979): Gramática elemental del gallego común, Vigo: Galaxia. Catalán, Diego (1989): Las lenguas circunvecinas del castellano. Madrid: Parninfo. DIALEKTKARTEN.CH https://dialektkarten.ch/index.en.html (consultado o 23/09/2024) Dubert García, Francisco (2011): “Developing a database for dialectometric studies: the ALGa phonetic data. Dialectometrical analysis of 230 working maps”, Dialectologia et Geolinguistica 19,23-61. http://hdl.handle.net/10347/33777. Dubert García, Francisco (2021a):“Lo que el ALPI le ofrecía a la lingüística gallega en 1962”, Dialectologia. Special issue IX,39-67. ISSN 2013-2247. https://dx.doi.org/10.1344/dialectologia2021.2021.3 Dubert García, Francisco (2021b) “Las formas reducidas de FACĔRE en el noroeste de la península ibérica: convergencia y divergencia geolingüísticas”, Studia Linguistica Romanica 6, 163-191. ISSN 2663-9815. DOI: https://doi.org/10.25364/19.2021.6.7 Dubert-García, Francisco (2023): “Tempo e liberdade: galego e complexidade de arquitectura nos dialectos iberorrománicos noroccidentais”, en Aroldo Andrade, Elisângela Gonçalves e Pablo Faria (eds.) A mudança linguística em várias perspectivas. Volume I,85-110, Campinas: Mercado de Letras. http://hdl.handle.net/10347/33077 Fernández Rei, Francisco (1990): Dialectoloxía da lingua galega, Vigo: Xerais. Ferreiro, Manuel (1995): Gramática histórica galega, Santiago de Compostela: Laiovento. Frías Conde, Xavier (1997): “Sobre os bloques dialectais do galego: unha nova proposta”, Revista de Filología Románica 1(14), 241-256.